1 00:00:00,167 --> 00:00:01,961 Anteriormente en Sterling Point… 2 00:00:02,044 --> 00:00:03,129 Es o seu pai. 3 00:00:03,212 --> 00:00:05,798 Síntoo. Non quería que saíse así. 4 00:00:05,881 --> 00:00:07,967 E cal era o teu plan? Tiñas algún? 5 00:00:08,050 --> 00:00:09,593 Deus, odio volver aquí. 6 00:00:09,677 --> 00:00:11,637 Como non che dá medo isto? 7 00:00:11,721 --> 00:00:12,888 Porque te quero. 8 00:00:14,140 --> 00:00:15,141 Mi madriña! 9 00:00:16,308 --> 00:00:18,644 Fun a Barrie falar coa avogada. 10 00:00:19,437 --> 00:00:20,646 Quero que asines aí. 11 00:00:20,730 --> 00:00:21,814 Que é? 12 00:00:21,897 --> 00:00:23,774 Non te quero como titor. 13 00:00:23,858 --> 00:00:26,736 Unha vez que volvamos á cidade, sentiraste ti mesma. 14 00:00:26,819 --> 00:00:28,154 Igual quedo aquí. 15 00:00:28,237 --> 00:00:29,155 E que vas facer? 16 00:00:29,238 --> 00:00:30,781 Vivir. 17 00:00:30,865 --> 00:00:32,366 Dilles ós meus fillos 18 00:00:32,450 --> 00:00:34,744 que volvan á casa comigo, fai o favor. 19 00:00:34,827 --> 00:00:37,913 Prefiro morrer antes que deixar Sterling Point, a ti e… 20 00:00:37,997 --> 00:00:39,457 Ías dicir Ellis. 21 00:00:39,540 --> 00:00:40,624 - Non. - Ías, si. 22 00:00:40,708 --> 00:00:41,792 Bicámonos. 23 00:00:42,460 --> 00:00:43,294 Xa o sei. 24 00:00:43,377 --> 00:00:44,587 - Cala. - No armario. 25 00:00:44,670 --> 00:00:46,547 Por que lle revisas os calcetíns? 26 00:00:46,630 --> 00:00:49,633 Porque é daltónico e confunde azul mariño e negro. 27 00:00:49,717 --> 00:00:53,137 Creo que se che dá moi ben o de agocharte. 28 00:00:53,220 --> 00:00:55,139 E se vas e lle fas fronte? 29 00:00:55,222 --> 00:00:56,682 Tes que cuspir nun tubo. 30 00:00:56,766 --> 00:00:57,808 E iso por que? 31 00:00:57,892 --> 00:01:00,186 Creo que podes ser meu pai. 32 00:01:13,115 --> 00:01:15,284 Non podo crer que teña que marchar. 33 00:01:17,828 --> 00:01:20,956 Aquí é onde creo que teño que estar. 34 00:01:22,249 --> 00:01:23,667 - Enténdesme? - Si. 35 00:01:27,545 --> 00:01:29,340 E con quen debo estar. 36 00:01:30,132 --> 00:01:32,259 Síntoo. Debería dicilo máis seria. 37 00:01:34,386 --> 00:01:37,306 Podemos escribirnos cartas. Escribiches algunha? 38 00:01:38,223 --> 00:01:40,309 - Sempre quixen algo como… - Si? 39 00:01:40,392 --> 00:01:42,186 …Henrique VIII e Ana Bolena, 40 00:01:42,269 --> 00:01:44,646 pero diferente. A ela decapitárona. 41 00:01:45,648 --> 00:01:47,900 Entón tampouco é o ideal. 42 00:01:52,488 --> 00:01:53,405 Dime… 43 00:01:55,199 --> 00:01:57,743 Que queres facer estes últimos días? 44 00:02:03,332 --> 00:02:04,333 Pois isto. 45 00:02:41,662 --> 00:02:43,122 PROBABILIDADE DE PATERNIDADE 46 00:02:43,747 --> 00:02:44,915 RESULTADOS ADN PENDENTES 47 00:03:07,605 --> 00:03:08,606 RESULTADOS PENDENTES 48 00:03:14,403 --> 00:03:15,279 Estás ben? 49 00:03:18,032 --> 00:03:19,283 Si, só agoniada. 50 00:03:20,492 --> 00:03:21,994 Podes dicirme se pasa algo. 51 00:03:22,077 --> 00:03:22,912 Xa o sei. 52 00:03:23,787 --> 00:03:24,663 Vale. 53 00:03:29,084 --> 00:03:32,004 ATOPA OS TEUS PAIS BIOLÓXICOS 54 00:03:41,639 --> 00:03:42,473 - Saúde. - Saúde. 55 00:04:38,529 --> 00:04:39,822 - Ola. - Ola. 56 00:04:40,447 --> 00:04:41,281 Bo día. 57 00:04:49,832 --> 00:04:52,126 - Que? - Levantácheste lavar os dentes? 58 00:04:52,209 --> 00:04:53,168 Non. 59 00:04:54,086 --> 00:04:57,214 Dicir a verdade é liberador. Podes ir maquillado. 60 00:04:57,297 --> 00:05:00,009 - Non podo esquecelo. - Ninguén esperta así. 61 00:05:49,558 --> 00:05:50,642 Isto está ben? 62 00:06:16,502 --> 00:06:18,504 Non, non me interesa, grazas. 63 00:06:19,421 --> 00:06:20,255 Non. 64 00:06:21,840 --> 00:06:22,674 Vale. 65 00:06:40,651 --> 00:06:45,239 INFORME DA PROBA DE ADN COINCIDENCIA 66 00:06:53,455 --> 00:06:54,289 Merda. 67 00:07:20,065 --> 00:07:21,483 Pois o teu pene funciona. 68 00:07:21,984 --> 00:07:23,485 Xa… Vale. 69 00:07:23,569 --> 00:07:28,657 Entón é filla biolóxica túa e da mamá ó 100 %? 70 00:07:28,740 --> 00:07:32,077 Que quede claro que eu nin pensara nesa posibilidade. 71 00:07:32,161 --> 00:07:33,328 E, Annie, isto non… 72 00:07:33,954 --> 00:07:37,332 Isto non cambia nada entre nós nin… 73 00:07:37,416 --> 00:07:41,253 Por que non mo dixeches cando soubeches que podía ser certo? 74 00:07:41,336 --> 00:07:43,213 Non quería asustarte se non o era. 75 00:07:43,297 --> 00:07:46,133 Nin arruinar os teus últimos días aquí sen razón. 76 00:07:46,633 --> 00:07:49,469 Tampouco… Non quería que fose verdade. 77 00:07:50,554 --> 00:07:54,308 Non é que eu o tivese planeado. 78 00:07:55,726 --> 00:07:58,896 Debo facer a proba? Quizais sexa pai secreto de alguén. 79 00:07:58,979 --> 00:07:59,897 Veña, para. 80 00:08:00,480 --> 00:08:01,607 Estás anoxada comigo? 81 00:08:01,690 --> 00:08:03,275 Non, contigo non, Ramona. 82 00:08:04,234 --> 00:08:08,655 Só que… Non estou anoxada contigo. Só o estou procesando. 83 00:08:08,739 --> 00:08:10,949 Estou tentando facerme á idea… 84 00:08:12,743 --> 00:08:14,661 de que son os teus pais reais. 85 00:08:15,579 --> 00:08:18,707 Pero non dicías que teus pais son os que te criaron? 86 00:08:18,790 --> 00:08:21,001 Creo que todos teremos que ser 87 00:08:21,084 --> 00:08:23,795 o máis comprensivos posible con todo isto. 88 00:08:25,631 --> 00:08:26,506 Podemos falar? 89 00:08:28,967 --> 00:08:29,885 Si, vale. 90 00:08:39,061 --> 00:08:40,938 Creo que vou ir ó baño. 91 00:08:41,020 --> 00:08:41,980 Si, vai. 92 00:08:46,276 --> 00:08:47,277 Mira… 93 00:08:47,861 --> 00:08:49,613 Non… Si, está ben. 94 00:08:51,698 --> 00:08:56,161 De feito, dásme algo de pena. Isto é un xerro de auga fría. 95 00:08:56,245 --> 00:08:57,704 Si, por así dicilo. 96 00:08:58,830 --> 00:09:02,167 Non quero presupoñer o que poderías querer de min. 97 00:09:02,251 --> 00:09:05,128 Pero quero dicirche, se queres vir a Nova York… 98 00:09:09,508 --> 00:09:11,843 Moi amable. Pero non, grazas. 99 00:09:13,428 --> 00:09:16,348 E quero que asines para non ser o meu titor. 100 00:09:17,849 --> 00:09:19,351 E quen vai coidar de ti? 101 00:09:20,185 --> 00:09:21,144 Eu. 102 00:09:22,396 --> 00:09:24,273 Non, non é triste. Non… 103 00:09:24,356 --> 00:09:26,692 Non é así. Non tes que facelo. 104 00:09:27,276 --> 00:09:29,569 En serio, non fai falta. Estou afeita. 105 00:09:29,653 --> 00:09:32,531 Levo así un tempo e quero seguir así. 106 00:09:34,658 --> 00:09:36,118 Así todos pasamos páxina… 107 00:09:37,953 --> 00:09:40,539 Entón pensas pasar páxina e xa? 108 00:09:40,622 --> 00:09:41,623 Si. 109 00:09:47,254 --> 00:09:48,797 - De acordo. Vou… - Si. 110 00:10:03,562 --> 00:10:04,396 Oe. 111 00:10:09,735 --> 00:10:10,694 Quérote. 112 00:10:11,361 --> 00:10:12,279 Es a miña filla. 113 00:10:12,779 --> 00:10:14,489 Nada vai cambiar iso, vale? 114 00:10:17,075 --> 00:10:20,120 Vas dar a volta? Podemos falar ou…? 115 00:10:20,954 --> 00:10:23,165 Claro. Pero deixa de dicir que nada cambiou. 116 00:10:23,665 --> 00:10:25,042 Cambiou todo. 117 00:10:25,125 --> 00:10:27,085 Xa non sinto que sexa miña irmá. 118 00:10:27,210 --> 00:10:29,755 Agora sinto que ela é a túa filla e eu son a adoptada. 119 00:10:29,838 --> 00:10:31,840 Son a falsa irmá e a falsa filla, 120 00:10:31,923 --> 00:10:33,842 e ela é a que sempre quixeches. 121 00:10:34,343 --> 00:10:35,677 Esa nena milagre. 122 00:10:35,761 --> 00:10:37,804 Annie, veña. Nada diso é certo. 123 00:10:39,139 --> 00:10:41,183 Sorpréndeme que reacciones así. 124 00:10:41,266 --> 00:10:43,977 Sinto ter unha reacción algo complicada 125 00:10:44,811 --> 00:10:47,397 ante unha situación complicada e desastrosa, 126 00:10:48,023 --> 00:10:51,109 pero vou precisar que entendas que eu… 127 00:10:51,193 --> 00:10:54,863 Non podo estar ben agora mesmo. Non vou facer que todo vai ben. 128 00:10:54,946 --> 00:10:56,907 Nin eu. Perdín a vida de Ramona. 129 00:10:56,990 --> 00:10:59,534 Por Deus! Iso é xusto do que falo. 130 00:10:59,618 --> 00:11:03,330 - De que? - Ponme moi triste verte triste. 131 00:11:04,331 --> 00:11:05,957 Non o podo soportar. 132 00:11:06,792 --> 00:11:08,960 Faime dano e despois arránxoo. 133 00:11:09,044 --> 00:11:11,380 Pero esta vez non podo arranxalo. 134 00:11:11,463 --> 00:11:13,298 Non podo arranxar isto por ti. 135 00:11:13,882 --> 00:11:15,550 Eu quero que isto mellore 136 00:11:15,634 --> 00:11:18,178 e estar ben, pero non o estou porque son a filla. 137 00:11:19,888 --> 00:11:20,847 Entendes? 138 00:11:22,099 --> 00:11:23,100 Son a filla. 139 00:11:30,816 --> 00:11:31,817 Tes razón. 140 00:11:32,609 --> 00:11:33,610 Síntoo. 141 00:11:36,071 --> 00:11:37,072 Síntoo moito. 142 00:11:40,283 --> 00:11:41,159 Eu non… 143 00:11:43,286 --> 00:11:46,540 Sei que isto non se me dá ben… Pero si que… 144 00:11:47,040 --> 00:11:50,377 Só intentei protexerte e darche a mellor vida posible. 145 00:11:50,460 --> 00:11:52,295 Xa o sei, pero sinto… 146 00:11:54,631 --> 00:11:57,384 Igual a miña vida aquí é o mellor para min. 147 00:12:04,057 --> 00:12:06,101 A túa vida aquí? De verdade? 148 00:12:06,643 --> 00:12:08,520 Se non tes unha vida aquí. 149 00:12:08,603 --> 00:12:10,730 É moito máis real que a merda 150 00:12:10,814 --> 00:12:13,400 - que teño en Nova York. - É cousa do verán. 151 00:12:13,483 --> 00:12:14,985 Fixéchesme unha pregunta. 152 00:12:15,068 --> 00:12:18,029 Que carallo sabes ti do meu verán? O meu verán. 153 00:12:18,113 --> 00:12:20,615 Non creo que vaias obter o que buscas. 154 00:12:21,992 --> 00:12:24,327 Non creo que seguir os pasos da túa nai 155 00:12:24,411 --> 00:12:27,539 e intentar vivir a vida que ela cría que quería 156 00:12:27,622 --> 00:12:29,583 che vaia dar o que queres. 157 00:12:29,666 --> 00:12:31,251 Non a vai traer de volta. 158 00:12:31,334 --> 00:12:32,752 Non vai facer… 159 00:12:34,254 --> 00:12:35,505 Non vai arranxar nada. 160 00:12:38,341 --> 00:12:40,260 Cando a perdoarás por morrer? 161 00:12:43,597 --> 00:12:45,223 Por iso non miras a Ramona? 162 00:12:47,642 --> 00:12:49,186 Porque é cagadiña a ela? 163 00:13:01,281 --> 00:13:04,784 Xa sabes, Connor, que son unha figura materna. 164 00:13:04,868 --> 00:13:07,204 Son eu, Denise. 165 00:13:07,287 --> 00:13:10,290 Podes falar comigo sobre o que está a pasar. 166 00:13:11,625 --> 00:13:12,792 Grazas, xefaza. 167 00:13:13,543 --> 00:13:16,796 E se che digo a verdade de verdade, 168 00:13:17,464 --> 00:13:21,510 collín algúns dos cogomelos que gardas na mesa de noite. 169 00:13:22,469 --> 00:13:23,887 E agora vou polo aire. 170 00:13:23,970 --> 00:13:25,430 Deixáchesme algún? 171 00:13:31,770 --> 00:13:32,812 Non. 172 00:13:33,688 --> 00:13:35,857 Ten bastante graza. 173 00:13:35,941 --> 00:13:40,320 É que o meu pai e a miña nai morta teñen unha filla de verdade, hostia! 174 00:13:40,403 --> 00:13:42,656 É unha broma do máis psicótica. 175 00:13:43,698 --> 00:13:45,242 Ese mapache parece boíño. 176 00:13:45,325 --> 00:13:49,663 Connor, ruliño, non creo que iso che pareza tan gracioso. 177 00:13:52,999 --> 00:13:54,668 Eu creo que es a persoa… 178 00:13:55,794 --> 00:13:58,463 con máis intelixencia emocional da túa familia. 179 00:14:00,840 --> 00:14:03,969 E esa pode ser unha carga moi pesada, sabes? 180 00:14:04,511 --> 00:14:05,428 Grazas. 181 00:14:06,012 --> 00:14:07,472 Pero enténdote, amigo. 182 00:14:10,308 --> 00:14:12,227 Cres que o mapache ten moquillo? 183 00:14:15,230 --> 00:14:16,356 É a caixa do correo. 184 00:14:17,107 --> 00:14:18,692 Alégrome de que estea ben. 185 00:14:27,409 --> 00:14:28,243 Annie? 186 00:14:29,160 --> 00:14:30,704 - Ola. - Ola. 187 00:14:32,581 --> 00:14:33,748 Estiven buscándote. 188 00:14:47,304 --> 00:14:48,305 Estás ben? 189 00:15:14,289 --> 00:15:16,458 Annie vai necesitar un tempo. 190 00:15:17,542 --> 00:15:21,046 Si. Non sei, parece que… Agora nótoa moi diferente. 191 00:15:23,340 --> 00:15:26,092 Seguro que se eu quixese… 192 00:15:26,926 --> 00:15:29,971 non sei, coñecelo ou… 193 00:15:30,930 --> 00:15:31,765 visitar Nova York 194 00:15:31,848 --> 00:15:33,099 non podería facelo 195 00:15:33,183 --> 00:15:35,393 porque a ela pareceríalle mal. 196 00:15:35,477 --> 00:15:37,062 Pensa que lle roubo o pai. 197 00:15:38,146 --> 00:15:39,064 Pero entón ti…? 198 00:15:40,065 --> 00:15:43,401 Estás pensando en ir aló e ter relación con el? 199 00:15:43,902 --> 00:15:44,778 Non o sei. 200 00:15:47,405 --> 00:15:48,531 Que? 201 00:15:48,615 --> 00:15:49,699 Non, nada. 202 00:15:50,825 --> 00:15:52,118 Non, é importante. 203 00:15:52,202 --> 00:15:54,079 - Que…? - Non, só que… 204 00:15:54,162 --> 00:15:56,373 Non sabía que se che pasase pola cabeza 205 00:15:57,415 --> 00:16:00,085 - vivir en Nova York. - Non dixen que vaia ir. 206 00:16:00,168 --> 00:16:03,296 Se queres ter trato con el, deberías ir vivir alí. 207 00:16:04,339 --> 00:16:05,173 Verdade? 208 00:16:05,256 --> 00:16:07,133 Vale. Síntoo. Que está pasando? 209 00:16:07,217 --> 00:16:08,510 Non, non pasa nada. 210 00:16:09,094 --> 00:16:11,846 - Pareces… - Non, amor, só intento entender. 211 00:16:11,930 --> 00:16:12,889 - Síntoo. - Si. 212 00:16:12,972 --> 00:16:16,393 Hai nada sabías que non querías ter nada que ver con el. 213 00:16:16,476 --> 00:16:18,395 E estabas moi en contra diso. 214 00:16:18,895 --> 00:16:21,981 Ata falamos de mudarme contigo durante o inverno. 215 00:16:22,607 --> 00:16:24,693 - Aínda queres iso? - Si, só… 216 00:16:25,402 --> 00:16:29,489 Tía, acabo de descubrir que o meu pai biolóxico é Steven. 217 00:16:30,615 --> 00:16:31,950 Steven, que… 218 00:16:33,243 --> 00:16:35,745 - Só falo en voz alta. Non… - Si, xa o sei. 219 00:16:36,538 --> 00:16:38,498 - Vale. - Eu tamén falo en voz alta. 220 00:16:39,958 --> 00:16:41,418 Sei o que vai pasar. 221 00:16:41,501 --> 00:16:43,586 - Sabes o que vai pasar? - Si. 222 00:16:43,670 --> 00:16:45,839 - Vale, dime. - Vas ir a Nova York. 223 00:16:45,922 --> 00:16:48,383 Gustarache máis ca isto porque é Nova York, 224 00:16:48,466 --> 00:16:51,094 e é emocionante e xenial, e terás cartos, 225 00:16:51,177 --> 00:16:52,512 viaxarás e de todo, 226 00:16:52,595 --> 00:16:54,431 vivirás moitas cousas xeniais 227 00:16:54,514 --> 00:16:56,015 e esquecerasme. 228 00:16:56,099 --> 00:16:58,143 Non volverás. E está ben. 229 00:16:58,226 --> 00:17:00,979 Mona, moi ben, enténdoo. 230 00:17:01,646 --> 00:17:03,148 Non te podo culpar. 231 00:17:03,690 --> 00:17:05,275 Para nada. Moi ben. 232 00:17:07,402 --> 00:17:09,445 Pensei que me coñecías mellor. 233 00:17:11,281 --> 00:17:13,031 Oona, eu nunca faría algo así. 234 00:17:13,116 --> 00:17:15,577 - Xa. - Non o faría, de ningún xeito. 235 00:17:15,660 --> 00:17:16,661 Iso dilo agora. 236 00:17:20,707 --> 00:17:22,834 Que ben que teñas tan mala opinión. 237 00:17:22,916 --> 00:17:26,421 - Non, veña. Non é iso. - Xenial. Si. Marcho. 238 00:17:26,503 --> 00:17:30,592 Non marches, Ramona. Sabemos que iso é o peor que podes facer. 239 00:17:30,675 --> 00:17:32,761 - Non me importa. - Imos falar. 240 00:17:32,844 --> 00:17:34,471 - Non che importa? - Non. 241 00:17:34,554 --> 00:17:37,891 Agora mesmo teño claro que non che importa o que me pasa. 242 00:17:37,974 --> 00:17:40,268 A falta de empatía é esaxerada. 243 00:17:40,351 --> 00:17:43,229 Só che importa como che vai afectar a ti, 244 00:17:43,313 --> 00:17:45,815 á túa vida, á túa felicidade e ó teu benestar. 245 00:17:47,901 --> 00:17:50,904 Nada disto ten que ver comigo. 246 00:17:52,989 --> 00:17:54,240 Isto é por ti, 247 00:17:54,824 --> 00:17:56,826 polos problemas que tes coa túa nai. 248 00:17:56,910 --> 00:17:59,204 Pensas que te vou deixar coma ela. 249 00:17:59,287 --> 00:18:01,664 Nunca fixen nada para que penses así. 250 00:18:01,748 --> 00:18:03,958 - Encántame. - Eu nunca marchei. 251 00:18:04,042 --> 00:18:07,796 Moi ben. Acabas de apartarme o máximo posible. 252 00:18:08,379 --> 00:18:10,632 Gustouche? Sentícheste ben? 253 00:18:10,715 --> 00:18:12,175 - Que se me gustou? - Xenial. 254 00:18:13,343 --> 00:18:16,638 Deches no cravo. Si, ruliña. Grazas. Xenial. 255 00:18:17,472 --> 00:18:18,723 Oona, eu non… 256 00:18:19,265 --> 00:18:21,768 Non, está todo ben. En serio. 257 00:18:22,852 --> 00:18:24,604 - Deberiamos deixalo. - Síntoo. 258 00:18:24,687 --> 00:18:27,315 Paremos antes de facernos dano. Está ben. 259 00:18:31,027 --> 00:18:34,322 Que carallo significa iso? Non me fas dano. Non sei… 260 00:18:34,405 --> 00:18:38,368 Non sei, pero penso que agora non é o noso momento, e está ben. 261 00:18:38,451 --> 00:18:40,203 - Non é o noso momento? - Non. 262 00:18:40,787 --> 00:18:42,664 Está claro que non funciona. 263 00:18:42,747 --> 00:18:45,250 - Entón, deixámolo e xa? - Si, deberiamos. 264 00:18:46,417 --> 00:18:48,127 É o mellor para as dúas. 265 00:18:49,671 --> 00:18:51,589 Cres que é o mellor para…? 266 00:18:51,673 --> 00:18:54,676 Entón ditas ti o estado da nosa relación agora? 267 00:18:55,760 --> 00:18:58,513 - Vai ver mundo. - Eu non quero ir ver mundo. 268 00:18:58,596 --> 00:19:01,724 Queres tal. Vai. E cóntame como che vai por aí. 269 00:19:08,690 --> 00:19:09,691 Que o pases ben. 270 00:19:32,338 --> 00:19:34,632 E síntome mal por como tratei a Ramona. 271 00:19:35,592 --> 00:19:37,844 Todo vai saír ben. 272 00:19:38,845 --> 00:19:39,721 Ti cres? 273 00:19:43,600 --> 00:19:44,434 Si. 274 00:19:46,185 --> 00:19:49,898 Pasounos todo tipo de merda este verán, non si? 275 00:19:51,357 --> 00:19:53,109 Non sei de que falas. 276 00:19:53,192 --> 00:19:55,236 Se foi un verán moi tranquilo. 277 00:19:55,320 --> 00:19:56,738 Si, moi tranquilo. 278 00:19:56,821 --> 00:19:59,449 Mi madriña. Oxalá pasase algo. 279 00:19:59,949 --> 00:20:03,536 ¿Que foi máis aburrido, cando descubriches que o teu pai 280 00:20:03,620 --> 00:20:05,246 podía ser o da túa mellor amiga 281 00:20:05,330 --> 00:20:09,542 ou cando descubrimos que os nosos pais tiveron unha aventura? 282 00:20:09,626 --> 00:20:12,712 - Porque iso foi aburrido. - Si, foi xenial. 283 00:20:12,795 --> 00:20:13,630 Si. 284 00:20:16,716 --> 00:20:19,719 Pois ningunha. Creo que a parte máis aburrida foi 285 00:20:21,346 --> 00:20:22,931 ver o matrimonio dos meus pais… 286 00:20:23,014 --> 00:20:24,766 - Xa. - …romperse. 287 00:20:24,849 --> 00:20:26,726 - Iso foi unha carallada. - Brutal 288 00:20:27,977 --> 00:20:31,272 - É divertido. Si, moito. - Non o é. Por iso non me río. 289 00:20:31,356 --> 00:20:34,567 Non, por favor, ri. É o único que podemos facer. 290 00:20:34,651 --> 00:20:36,027 - Está ben. - Certo. 291 00:20:37,403 --> 00:20:38,363 É certo. 292 00:20:48,164 --> 00:20:49,123 Esta cara. 293 00:20:50,708 --> 00:20:54,212 - Quero mirala fixamente para sempre. Que? - Ellis, non. 294 00:20:54,295 --> 00:20:55,129 Que? 295 00:20:55,213 --> 00:20:56,547 Non, non temos que… 296 00:20:57,840 --> 00:20:59,801 Non temos que complicalo máis. 297 00:21:02,136 --> 00:21:06,516 Escribímonos, falamos e visitámonos. Está ben. 298 00:21:09,268 --> 00:21:10,269 Annie. 299 00:21:11,312 --> 00:21:12,146 Que? 300 00:21:18,403 --> 00:21:19,320 Ellis, non. 301 00:21:21,531 --> 00:21:22,740 Voute estrañar moito. 302 00:21:22,824 --> 00:21:25,451 Non fagas que isto doia máis do necesario. 303 00:21:26,452 --> 00:21:27,370 Por favor. 304 00:21:54,188 --> 00:21:55,023 Creo que… 305 00:21:55,565 --> 00:21:57,025 temos que deixar que doia. 306 00:22:04,782 --> 00:22:05,658 Vale? 307 00:22:07,243 --> 00:22:08,202 Si. 308 00:22:09,704 --> 00:22:10,621 Si. 309 00:22:12,665 --> 00:22:13,541 Non. 310 00:22:31,768 --> 00:22:32,894 Non quero marchar. 311 00:22:35,938 --> 00:22:38,024 Moi ben, sei que dixeches 312 00:22:38,107 --> 00:22:40,651 que querías probar outros cogomelos, 313 00:22:40,735 --> 00:22:43,905 así que che trouxen uns cogomelos rei, algún enoki 314 00:22:43,988 --> 00:22:45,156 e algo de lagosta. 315 00:22:45,239 --> 00:22:47,658 E cal me fará ver mapaches de novo? 316 00:22:48,242 --> 00:22:50,369 Que? Mapaches? 317 00:22:52,747 --> 00:22:53,915 - Acabouse. - O que? 318 00:22:53,998 --> 00:22:55,166 Que pasou? 319 00:22:56,501 --> 00:22:57,627 Oona rompeu comigo. 320 00:22:58,211 --> 00:22:59,837 - Non! Deus, rula. - Non! 321 00:22:59,921 --> 00:23:02,715 Que pasou? Erades unha icona, coma Bert e Ernie. 322 00:23:02,799 --> 00:23:05,009 Vale, senta. Volvo enseguida, vale? 323 00:23:05,093 --> 00:23:06,677 Sully, non traias comida. 324 00:23:06,761 --> 00:23:10,431 Vouche traer a que queira, porque sempre fai sentir mellor. 325 00:23:10,515 --> 00:23:12,266 - Vou vomitar. - Agora veño. 326 00:23:16,062 --> 00:23:17,396 Que vou facer agora? 327 00:23:18,648 --> 00:23:21,025 Annie está anoxada comigo e Oona ódiame. 328 00:23:21,943 --> 00:23:23,986 Nunca pensei que diría isto, pero… 329 00:23:25,696 --> 00:23:27,073 odio este sitio de merda. 330 00:23:28,491 --> 00:23:30,868 Todo doe moito. 331 00:23:35,164 --> 00:23:36,666 Sabes o que podes facer? 332 00:23:37,416 --> 00:23:38,292 Que? 333 00:23:40,920 --> 00:23:42,213 Vende esta puta illa. 334 00:23:43,005 --> 00:23:48,136 Se vendeses, poderías marchar e facer o que quixeses para sempre. 335 00:23:48,970 --> 00:23:51,180 Denise xa ten unha oferta. 336 00:23:51,681 --> 00:23:55,393 Deuma nunha carpeta elegante, así que sabemos que é de verdade. 337 00:23:56,310 --> 00:23:59,188 E dille a Annie o que queres facer. 338 00:23:59,272 --> 00:24:02,108 Ela prometeu respectar a túa decisión. 339 00:24:02,191 --> 00:24:06,904 Apartándome a min de todo este asunto, eu conecto contigo 340 00:24:07,488 --> 00:24:10,950 desde antes de saber que meu pai foi o teu doador de esperma, 341 00:24:11,033 --> 00:24:12,702 así que agora é o dobre. 342 00:24:14,162 --> 00:24:16,122 - Eu tamén conecto contigo. - Normal. 343 00:24:16,205 --> 00:24:17,999 - Gústolles ás lesbianas. - Xa. 344 00:24:19,167 --> 00:24:21,502 A ver, non queres viaxar? 345 00:24:21,586 --> 00:24:24,255 Ou estudar en sitios bonitos, como Italia. 346 00:24:24,755 --> 00:24:28,301 Es lista. Les libros, pero non para aparentar. 347 00:24:28,885 --> 00:24:31,554 E pareces italiana. Seguro que che iría ben. 348 00:24:32,388 --> 00:24:33,222 E, a ver, 349 00:24:34,348 --> 00:24:37,685 que tes que perder? Xa o perdiches case todo. 350 00:24:40,104 --> 00:24:41,731 Certo. De acordo. Merda. 351 00:24:41,814 --> 00:24:43,900 Síntoo. Igual me pasei un pouco. 352 00:24:52,867 --> 00:24:53,784 Entón, a ver… 353 00:24:54,952 --> 00:24:58,372 Hipoteticamente, se fixese iso… 354 00:25:01,626 --> 00:25:06,088 non lle podería pasar nada a Ellis nin ó porto deportivo. 355 00:25:08,549 --> 00:25:12,386 Hipoteticamente, podes eliminar o que queiras do acordo. 356 00:25:33,199 --> 00:25:34,033 Ola. 357 00:25:36,244 --> 00:25:37,078 Ola. 358 00:25:38,788 --> 00:25:40,790 Quero falarche dunha cousa. 359 00:25:41,374 --> 00:25:42,333 Podes sentar. 360 00:25:45,419 --> 00:25:46,254 De acordo. 361 00:25:48,673 --> 00:25:49,674 Vai todo ben? 362 00:25:50,925 --> 00:25:51,759 Si. 363 00:25:54,679 --> 00:25:55,554 Quero vender. 364 00:25:57,181 --> 00:25:58,766 - Vender… - Vender a illa. 365 00:26:03,521 --> 00:26:04,397 Que? 366 00:26:06,857 --> 00:26:08,150 Desculpa… 367 00:26:10,027 --> 00:26:11,779 Estou confusa. Desde cando? 368 00:26:11,862 --> 00:26:13,823 Vexo que non me queda nada aquí. 369 00:26:17,201 --> 00:26:18,327 - Que? - Gordon morreu. 370 00:26:18,411 --> 00:26:20,913 Joe é coma se estivese morto. Oona e eu rompemos. 371 00:26:21,580 --> 00:26:23,791 - Rompestes…? - Non queres ser a miña irmá. 372 00:26:23,874 --> 00:26:26,669 Era divertido, pero agora que é real, non. 373 00:26:27,169 --> 00:26:28,170 Estás alterada. 374 00:26:31,132 --> 00:26:33,217 De acordo. Nada diso é certo. 375 00:26:33,301 --> 00:26:35,803 Só parece que meu pai é máis teu ca meu. 376 00:26:35,886 --> 00:26:38,556 Sinto non ter unha reacción perfecta. 377 00:26:41,392 --> 00:26:43,769 Este é o teu fogar, Ramona. Encántache. 378 00:26:43,853 --> 00:26:46,397 E se me gusta porque non coñezo nada máis? 379 00:26:46,480 --> 00:26:49,191 É o mellor lugar do mundo. Sempre o dis. 380 00:26:49,275 --> 00:26:52,236 Ti víchelo todo, Annie. 381 00:26:53,446 --> 00:26:54,572 E Gordon estaba… 382 00:26:55,740 --> 00:26:59,827 traumatizado pola morte da súa filla, e ademais… 383 00:27:01,078 --> 00:27:03,164 estaba atrapado, non podía marchar, 384 00:27:03,247 --> 00:27:05,708 e inculcoume toda esta moral e valores, 385 00:27:05,791 --> 00:27:09,879 e non sei se eran importantes para min. 386 00:27:09,962 --> 00:27:12,673 No fondo do meu ser, non sei se creo niso. 387 00:27:14,925 --> 00:27:17,094 E vender este lugar… 388 00:27:19,180 --> 00:27:21,140 cambiaría a miña vida. 389 00:27:21,223 --> 00:27:22,641 Si. 390 00:27:23,893 --> 00:27:25,061 Enténdoo perfectamente. 391 00:27:26,937 --> 00:27:27,813 Síntoo. 392 00:27:29,231 --> 00:27:30,816 É que… 393 00:27:33,611 --> 00:27:36,655 Non sei se os cartos pagan que vendas o teu fogar 394 00:27:36,739 --> 00:27:39,992 - porque hai máis opcións, Ramona. - Ti tivéchelo todo! 395 00:27:40,701 --> 00:27:41,952 Tivéchelo todo! 396 00:27:42,995 --> 00:27:45,247 Vexo as cremas faciais. 397 00:27:46,332 --> 00:27:48,376 Nunca te preocupaches por nada. 398 00:27:50,544 --> 00:27:53,130 Non é malo que queira esa vida para min. 399 00:27:53,214 --> 00:27:54,340 Iso non está mal. 400 00:27:54,423 --> 00:27:56,467 Pero esa vida pode ser máis difícil. 401 00:27:56,550 --> 00:27:58,010 Igual que aquí! 402 00:28:00,262 --> 00:28:02,056 Se estás pensando en Nova York, 403 00:28:02,139 --> 00:28:04,642 non che vai gustar, Ramona. 404 00:28:04,725 --> 00:28:06,602 Non é fácil vivir alí nin para min. 405 00:28:06,685 --> 00:28:08,479 Por iso quizais queira quedar aquí. 406 00:28:10,064 --> 00:28:12,191 A mamá gustáballe isto e ela quería… 407 00:28:12,274 --> 00:28:14,318 Mamá está morta. 408 00:28:16,529 --> 00:28:19,240 Non podemos preguntarlle. Eu non o sei. Nin ti. 409 00:28:21,158 --> 00:28:23,285 Annie, ela medrou aquí e liscou. 410 00:28:27,164 --> 00:28:28,499 E despois volveu. 411 00:28:33,504 --> 00:28:35,131 Sabes o que? Imos… 412 00:28:35,798 --> 00:28:38,175 E se o deixamos e o pensamos esta noite? 413 00:28:38,259 --> 00:28:40,386 - Non, síntoo. Xa está. - E así… 414 00:28:42,513 --> 00:28:44,473 Non vou cambiar de opinión mañá. 415 00:28:46,058 --> 00:28:48,602 Non podes tomar unha decisión importante nun día. 416 00:28:48,686 --> 00:28:50,312 Toma un tempo. 417 00:28:52,481 --> 00:28:54,316 Porque só importa o que ti queres. 418 00:28:55,568 --> 00:28:58,779 Non queres que venda, pero tampouco me queres en Nova York. 419 00:29:00,573 --> 00:29:01,907 Prometíchelo, hostia. 420 00:29:12,251 --> 00:29:13,085 De acordo. 421 00:29:14,044 --> 00:29:14,920 De acordo? 422 00:29:15,463 --> 00:29:16,422 Prometincho, si. 423 00:29:18,048 --> 00:29:20,676 Dixen que faría o que queiras, e así será. 424 00:29:25,931 --> 00:29:26,807 Vale. 425 00:29:30,769 --> 00:29:31,604 Grazas. 426 00:30:23,531 --> 00:30:24,615 Ramona? 427 00:30:24,698 --> 00:30:25,533 Si? 428 00:30:26,534 --> 00:30:28,160 Vas durmir aí? 429 00:30:29,870 --> 00:30:30,704 Si. 430 00:30:45,094 --> 00:30:46,512 Non lembras nada? 431 00:30:48,639 --> 00:30:51,517 A ver, dunha cousa, pero é… 432 00:30:51,600 --> 00:30:54,395 Non sei moi ben se é unha lembranza real 433 00:30:54,478 --> 00:30:56,814 ou unha imaxe de algo que me contaron, 434 00:30:56,897 --> 00:30:59,650 así que probablemente non sexa real. 435 00:31:02,278 --> 00:31:04,613 Estamos deitadas na cama, e ela ráñame as costas. 436 00:31:04,697 --> 00:31:06,365 Eses rabuños, xa sabes. 437 00:31:07,741 --> 00:31:09,702 E sinto a súa respiración e é coma se… 438 00:31:10,828 --> 00:31:15,207 Sentíame moi querida, segura e todas esas cousas. 439 00:31:41,692 --> 00:31:42,735 Iso é. 440 00:32:06,091 --> 00:32:07,801 QUERIDO RATIÑO PÉREZ 441 00:32:19,938 --> 00:32:20,773 Grazas. 442 00:32:28,238 --> 00:32:30,658 FELIZ 11.º ANIVERSARIO 443 00:32:34,495 --> 00:32:35,454 Mamá? 444 00:32:39,291 --> 00:32:40,125 Non pasa nada. 445 00:32:44,129 --> 00:32:45,547 …polo río lento abaixo. 446 00:32:46,674 --> 00:32:47,508 Iso estaría ben. 447 00:32:47,591 --> 00:32:49,843 E logo podemos ir… 448 00:32:54,932 --> 00:32:55,766 Si! 449 00:33:15,327 --> 00:33:16,161 Ola. 450 00:33:22,584 --> 00:33:24,753 Veña, rula, ven aquí. 451 00:33:44,940 --> 00:33:45,858 Síntoo moito. 452 00:33:52,990 --> 00:33:53,824 Non é nada. 453 00:34:47,543 --> 00:34:48,378 Ramona? 454 00:34:49,670 --> 00:34:50,797 Non podo. Síntoo. 455 00:34:54,134 --> 00:34:55,135 Non podes que? 456 00:34:55,219 --> 00:34:56,428 Podes agardar un ano? 457 00:34:57,721 --> 00:35:00,140 Por favor. Agora comezo a coñecer a mamá. 458 00:35:00,224 --> 00:35:03,310 E non sabía canto necesitaba este lugar, pero é así. 459 00:35:05,479 --> 00:35:06,855 Non o podo crer. 460 00:35:06,939 --> 00:35:08,398 Só che pido un ano. 461 00:35:08,482 --> 00:35:11,068 Eu morro se paso outro ano aquí. 462 00:35:11,151 --> 00:35:14,154 Sei que estás moi ferida agora mesmo, e síntoo. 463 00:35:15,697 --> 00:35:18,534 Pero tes 16 anos, Ramona, e vender este sitio 464 00:35:18,617 --> 00:35:20,911 sería o maior erro da túa vida. 465 00:35:20,994 --> 00:35:24,331 Xúrocho por Deus. Por favor, ti pénsao ben. 466 00:35:25,123 --> 00:35:27,709 Xa o pensei ben. Moi ben. 467 00:35:27,793 --> 00:35:28,710 Eu tamén. 468 00:35:30,003 --> 00:35:35,801 Estou segura de que mamá quería que estivésemos as dúas aquí xuntas. 469 00:35:35,884 --> 00:35:38,262 De verdade? Ti cres? De verdade o cres 470 00:35:38,345 --> 00:35:41,139 ou quizais penses igual ca min? 471 00:35:41,223 --> 00:35:45,102 A ver, eu estou descubrindo que a miña vida é unha puta… 472 00:35:46,478 --> 00:35:49,606 argallada, e quero ver algo novo. 473 00:35:51,608 --> 00:35:54,528 E agora estou atrapada porque non queres vender? 474 00:35:56,446 --> 00:35:58,198 Non podo. Síntoo. 475 00:36:00,909 --> 00:36:02,703 Xa. 476 00:36:09,376 --> 00:36:10,919 Ramona, marcho hoxe… 477 00:36:23,891 --> 00:36:24,725 Diga? 478 00:36:25,392 --> 00:36:26,852 Ola, es Connor Jacobson? 479 00:36:28,020 --> 00:36:29,229 Si. 480 00:36:29,313 --> 00:36:32,608 Ola, Connor. Son Dawn Fisher, da axencia de adopción. 481 00:36:33,191 --> 00:36:36,862 Recibimos resposta da túa nai biolóxica. 482 00:36:36,945 --> 00:36:40,073 E estaría encantada de contactar contigo. 483 00:36:48,123 --> 00:36:49,041 Ola, Maple. 484 00:36:49,875 --> 00:36:50,709 Ola. 485 00:36:53,211 --> 00:36:55,881 Está aquí? Quero falar con ela. 486 00:36:57,799 --> 00:36:58,800 Non. 487 00:37:00,135 --> 00:37:01,428 Sabes cando volverá? 488 00:37:04,097 --> 00:37:05,182 Vale, pois… 489 00:37:07,643 --> 00:37:10,354 Se a ves, dille que estou atrapada aquí para sempre, 490 00:37:10,854 --> 00:37:12,105 por se quere falar. 491 00:37:16,026 --> 00:37:16,860 Grazas. 492 00:37:19,613 --> 00:37:20,530 Síntoo. 493 00:37:22,491 --> 00:37:23,533 Síntoo. 494 00:37:26,411 --> 00:37:27,287 Si. 495 00:37:29,247 --> 00:37:30,248 Si, eu tamén. 496 00:37:48,600 --> 00:37:50,936 Sabes que os nenos non deben mentir? 497 00:37:51,019 --> 00:37:51,853 Si, xa o sei. 498 00:37:53,021 --> 00:37:54,481 Síntoo. E grazas. 499 00:37:58,652 --> 00:38:00,195 Por que non falas con ela? 500 00:38:02,239 --> 00:38:05,075 Se sabe que estou, non fará o que ten que facer. 501 00:38:06,493 --> 00:38:08,912 E que ten que facer? 502 00:38:12,165 --> 00:38:13,750 O que sexa mellor para ela. 503 00:38:18,171 --> 00:38:19,047 Estás ben? 504 00:38:19,131 --> 00:38:20,090 Si. 505 00:38:21,842 --> 00:38:22,676 Si. 506 00:38:23,552 --> 00:38:25,804 - Estás segura? - Si, estou ben. 507 00:38:38,734 --> 00:38:39,568 Ola. 508 00:38:39,651 --> 00:38:40,652 Ola. 509 00:38:41,778 --> 00:38:44,990 Creo que Ellis está preparando o avión para vós. 510 00:38:47,409 --> 00:38:49,786 - Vale, grazas. Ben. - Volverá pronto. 511 00:39:04,092 --> 00:39:06,011 Esta noite soñei coa miña nai. 512 00:39:11,433 --> 00:39:12,267 Si? 513 00:39:13,935 --> 00:39:15,812 Arrepentiríase de destruír a súa vida? 514 00:39:17,981 --> 00:39:22,319 Quizais faría as cousas dun xeito diferente, pero non. 515 00:39:27,365 --> 00:39:28,575 Por fin… 516 00:39:30,077 --> 00:39:31,620 Por fin era feliz. 517 00:39:32,746 --> 00:39:36,083 De feito, díxome que lamentaba non facelo antes. 518 00:39:42,297 --> 00:39:45,675 Que pasou entre que o meu pai nos levou e a miña nai morreu? 519 00:39:47,344 --> 00:39:50,430 - Tiña pensado volver? - Claro que si. 520 00:39:52,099 --> 00:39:55,602 Tiña billete para Nova York dous días despois de marcharvos. 521 00:39:56,394 --> 00:39:57,938 O primeiro que conseguiu. 522 00:39:58,021 --> 00:39:59,356 - En serio? - Si. 523 00:40:00,232 --> 00:40:02,067 Foi o estrés de que nos levaran 524 00:40:02,150 --> 00:40:04,277 o que provocou un parto prematuro ou…? 525 00:40:04,361 --> 00:40:05,195 Non. 526 00:40:05,779 --> 00:40:08,031 - Pero iso tivo que… - Non. 527 00:40:10,325 --> 00:40:11,827 O médico dixo que non. 528 00:40:12,828 --> 00:40:13,662 Vale? 529 00:40:15,831 --> 00:40:17,165 Tiña un problema cardíaco. 530 00:40:19,709 --> 00:40:20,961 E ninguén o sabía. 531 00:40:23,421 --> 00:40:26,633 Entón, que pasou exactamente esa noite? 532 00:40:27,884 --> 00:40:28,969 Annie… 533 00:40:30,595 --> 00:40:31,429 Síntoo, pero… 534 00:40:32,639 --> 00:40:33,473 Vale. 535 00:40:35,934 --> 00:40:37,269 Tiña… 536 00:40:38,520 --> 00:40:39,479 Ela tiña dor. 537 00:40:41,314 --> 00:40:46,945 Non sabía se eran contraccións ou non, así que… 538 00:40:48,071 --> 00:40:49,531 Leveina rápido ó hospital. 539 00:40:51,449 --> 00:40:52,951 Lembro que pensei: 540 00:40:54,911 --> 00:40:58,039 "Como pode ir este barco tan amodo?" 541 00:40:58,123 --> 00:41:00,458 Pero o certo é que iamos voando sobre o lago. 542 00:41:01,710 --> 00:41:03,086 Ía forzando. 543 00:41:03,170 --> 00:41:06,214 Fun a todo o que daba 544 00:41:08,633 --> 00:41:09,759 e chegamos. 545 00:41:09,843 --> 00:41:14,347 E eu só lembro todos os médicos e enfermeiras. 546 00:41:14,973 --> 00:41:15,932 Había centos. 547 00:41:16,016 --> 00:41:18,476 E non paraban de botarme fóra. 548 00:41:18,560 --> 00:41:20,687 Eu estaba no corredor 549 00:41:21,813 --> 00:41:23,190 e oín un golpe. 550 00:41:23,815 --> 00:41:25,442 E vin ao fondo do corredor 551 00:41:26,818 --> 00:41:29,946 un médico maior ca todos os demais 552 00:41:30,739 --> 00:41:32,991 que apareceu a toda velocidade 553 00:41:33,617 --> 00:41:37,621 e subiu un carriño no que ía voando a todas partes. 554 00:41:38,205 --> 00:41:40,832 Pasou correndo polo meu carón e entrou na sala, 555 00:41:42,042 --> 00:41:44,669 e lembro que aí foi cando me dei conta 556 00:41:44,753 --> 00:41:47,130 de que algo ía mal, sabes? 557 00:41:49,883 --> 00:41:52,260 E fixéronlle unha cirurxía. 558 00:41:52,344 --> 00:41:56,181 Cirurxía? Que…? Non sabía que a operaran. 559 00:41:56,264 --> 00:41:58,600 Fixéronlle unha cesárea de urxencia. 560 00:41:58,683 --> 00:42:00,393 Non sabía o da cesárea. 561 00:42:05,774 --> 00:42:07,108 Tiña medo? 562 00:42:10,987 --> 00:42:12,405 A ver, a túa nai 563 00:42:13,865 --> 00:42:17,327 era a persoa máis valente e intrépida 564 00:42:18,328 --> 00:42:20,038 que coñecín. 565 00:42:20,872 --> 00:42:24,209 E cando a estaban sacando da sala, mirámonos 566 00:42:25,919 --> 00:42:27,921 e lembro que ela sorriu, 567 00:42:28,964 --> 00:42:31,383 como se tentase tranquilizarme. 568 00:42:41,059 --> 00:42:42,060 E logo que pasou? 569 00:42:42,143 --> 00:42:44,062 Non a volvín ver. 570 00:42:45,021 --> 00:42:46,439 Non saíu da cirurxía. 571 00:42:50,277 --> 00:42:52,112 Non chegou a coñecer a Ramona? 572 00:42:53,697 --> 00:42:55,115 A collela nin nada? 573 00:42:59,661 --> 00:43:00,495 Non. 574 00:43:00,620 --> 00:43:01,454 Non. 575 00:43:59,012 --> 00:43:59,929 Ola. 576 00:44:01,556 --> 00:44:03,141 Que ben que esteas aquí. Quería… 577 00:44:03,767 --> 00:44:07,312 Quería verte un momento antes de marchar. 578 00:44:07,854 --> 00:44:08,688 Xa. 579 00:44:10,273 --> 00:44:13,526 Non sei o que pensas nin se… 580 00:44:14,527 --> 00:44:16,071 hai un mundo no que… 581 00:44:17,614 --> 00:44:20,992 poderiamos pasar un tempo xuntos. Porque me encantaría… 582 00:44:50,939 --> 00:44:52,107 Ramona? 583 00:44:53,066 --> 00:44:55,110 Sempre fuches a rapaza sen nai. 584 00:44:56,945 --> 00:44:57,821 Vale. 585 00:44:57,904 --> 00:44:59,697 E tiveches isto e as súas… 586 00:45:00,448 --> 00:45:03,493 Todas as súas lembranzas e a Gordon, e… 587 00:45:03,576 --> 00:45:05,745 Durmías na súa cama todos os veráns. 588 00:45:07,872 --> 00:45:09,249 Iso é incrible. 589 00:45:10,375 --> 00:45:11,376 Eu quero iso. 590 00:45:12,168 --> 00:45:14,462 Tamén quero ser a rapaza sen nai. 591 00:45:15,255 --> 00:45:17,674 E ti nunca chegaches a ter un pai vivo. 592 00:45:18,174 --> 00:45:19,300 E eu tiven iso. 593 00:45:21,094 --> 00:45:22,512 Tíveno 18 anos. 594 00:45:28,101 --> 00:45:30,019 E é moi bo pai. 595 00:45:31,688 --> 00:45:33,148 E quero que teñas iso. 596 00:45:33,231 --> 00:45:35,567 De verdade cho digo: quero que o teñas. 597 00:45:50,039 --> 00:45:51,749 Mereces que te coiden. 598 00:45:52,625 --> 00:45:54,252 Si, sei que o merezo. 599 00:45:56,796 --> 00:45:58,798 Pero non sei se é o que quero. 600 00:46:01,759 --> 00:46:02,635 Pois creo… 601 00:46:04,304 --> 00:46:05,388 Creo que o necesitas. 602 00:46:07,974 --> 00:46:09,225 Como o sabes? 603 00:46:15,273 --> 00:46:16,483 Porque son túa irmá. 604 00:46:26,868 --> 00:46:27,952 E que facemos? 605 00:49:06,110 --> 00:49:08,112 Subtítulos: Antía López Cando 606 00:49:08,196 --> 00:49:10,198 Supervisora creativa: Paula Maneiro