1 00:00:09,134 --> 00:00:15,181 HAI 75 MILLÓNS DE ANOS 2 00:00:15,682 --> 00:00:17,767 Nas profundidades do espazo, 3 00:00:18,727 --> 00:00:20,603 axexa unha ameaza. 4 00:00:22,647 --> 00:00:26,526 Entre as órbitas de Xúpiter e Marte… 5 00:00:28,778 --> 00:00:30,947 o cinto de asteroides. 6 00:00:33,324 --> 00:00:37,454 Un millón e medio de anacos de rochas antigas 7 00:00:38,329 --> 00:00:40,206 que orbitan ao redor do Sol. 8 00:00:43,626 --> 00:00:46,129 Eternamente á deriva. 9 00:00:55,680 --> 00:00:59,768 Pero, nun momento de pura casualidade… 10 00:01:04,731 --> 00:01:08,943 un asteroide é expulsado da súa órbita. 11 00:01:11,029 --> 00:01:12,864 Un instante fugaz, 12 00:01:13,615 --> 00:01:16,451 a millóns de quilómetros da Terra, 13 00:01:17,077 --> 00:01:19,913 desvía a súa traxectoria 14 00:01:20,830 --> 00:01:25,001 cara ao centro do noso sistema solar. 15 00:01:35,553 --> 00:01:40,433 Pero a súa viaxe rematará de xeito repentino e violento 16 00:01:42,268 --> 00:01:48,066 nunha das peores catástrofes na historia da Terra. 17 00:01:51,277 --> 00:01:53,154 E o capítulo final 18 00:01:54,405 --> 00:01:56,282 da grandiosa historia 19 00:01:57,492 --> 00:01:59,536 dos dinosauros. 20 00:03:06,728 --> 00:03:13,610 CAPÍTULO 4: CAÍDA 21 00:03:15,486 --> 00:03:22,035 HAI 72 MILLÓNS DE ANOS CRETÁCEO SUPERIOR 22 00:03:23,661 --> 00:03:25,246 Hai tres millóns de anos 23 00:03:25,330 --> 00:03:29,042 que o asteroide iniciou a súa viaxe cara á Terra. 24 00:03:31,169 --> 00:03:34,631 E os dinosauros reinan no planeta. 25 00:03:35,715 --> 00:03:41,512 Dominan a terra e comezan a se adentrar no océano. 26 00:03:44,599 --> 00:03:49,979 O alto nivel do mar dividiu América do Norte en dúas, 27 00:03:54,609 --> 00:03:56,653 creando así costas interminables… 28 00:04:00,573 --> 00:04:03,534 centos de illas tropicais… 29 00:04:05,828 --> 00:04:08,039 e oportunidade. 30 00:04:20,551 --> 00:04:23,304 Pero estas illas non son paraíso ningún. 31 00:04:27,016 --> 00:04:30,019 Son o fogar dun depredador temible. 32 00:04:34,983 --> 00:04:40,571 Un dos dinosauros máis rápidos e áxiles da súa especie. 33 00:04:44,075 --> 00:04:48,538 A resposta norteamericana ao espinosauro. 34 00:04:59,716 --> 00:05:03,303 Só que non do xeito que un esperaría. 35 00:05:04,512 --> 00:05:06,681 Nin de lonxe. 36 00:05:09,183 --> 00:05:11,853 Este é o Hesperornis. 37 00:05:13,396 --> 00:05:18,443 É temible e rápido. 38 00:05:20,570 --> 00:05:26,284 Pero é practicamente o contrario dos seus aterradores curmáns xigantes. 39 00:05:36,294 --> 00:05:37,628 É estraño 40 00:05:38,338 --> 00:05:39,922 e torpe. 41 00:05:42,050 --> 00:05:44,010 E ten uns dentes diminutos. 42 00:05:44,802 --> 00:05:48,431 Non precisamente os trazos dun cazador feroz. 43 00:05:50,183 --> 00:05:53,519 Pero o que ten en común co espinosauro 44 00:05:54,187 --> 00:05:57,732 é que non está confinado en terra firme. 45 00:06:05,281 --> 00:06:10,995 En realidade, é o dinosauro acuático máis avanzado da historia. 46 00:06:18,294 --> 00:06:21,422 Unha sorte de pingüín prehistórico, 47 00:06:22,465 --> 00:06:27,804 capaz de internarse en mar aberto para acceder a zonas de caza 48 00:06:28,429 --> 00:06:31,849 que antes eran inaccesibles. 49 00:06:51,953 --> 00:06:56,541 Eis a recompensa do seu novo reino azul. 50 00:07:05,967 --> 00:07:11,305 Aquí abaixo, os grandes pés torpes funcionan coma potentes propulsores. 51 00:07:15,309 --> 00:07:21,315 E os seus 94 dentes afiados atrapan peixes sen esforzo. 52 00:07:38,583 --> 00:07:40,376 Pero, como respira aire, 53 00:07:41,294 --> 00:07:44,213 está atado á superficie. 54 00:07:56,350 --> 00:08:00,813 E na superficie non é seguro quedar. 55 00:08:04,275 --> 00:08:05,610 Porque abaixo, 56 00:08:06,944 --> 00:08:09,155 hai bestas 57 00:08:09,822 --> 00:08:13,159 que miden o dobre dunha candorca. 58 00:08:20,500 --> 00:08:22,502 Un Mosasaurus. 59 00:08:29,342 --> 00:08:33,429 O superdepredador destes mares. 60 00:08:41,771 --> 00:08:45,399 O Hesperornis debe regresar á beira. 61 00:08:50,530 --> 00:08:54,033 Pero o Mosasaurus móvese a unha velocidade aterradora. 62 00:08:57,036 --> 00:09:01,582 Por sorte, o Hesperornis é moito máis áxil. 63 00:09:08,297 --> 00:09:09,840 Pero está exhausto, 64 00:09:13,219 --> 00:09:18,224 o que lle dá ao Mosasaurus unha última oportunidade. 65 00:09:36,492 --> 00:09:39,954 O Hesperornis é todo un supervivente 66 00:09:41,122 --> 00:09:46,877 que se interna máis no océano ca calquera outro dinosauro. 67 00:09:49,589 --> 00:09:55,052 Pero estas augas son traizoeiras, ata para os nadadores máis expertos. 68 00:10:03,311 --> 00:10:07,106 Malia a prosperidade dos dinosauros en augas pouco profundas, 69 00:10:07,690 --> 00:10:09,734 o Mosasaurus 70 00:10:09,817 --> 00:10:11,736 é o amo das ondas. 71 00:10:19,910 --> 00:10:23,831 A case 1300 quilómetros, en terra firme, 72 00:10:24,332 --> 00:10:26,250 a historia é ben distinta. 73 00:10:38,095 --> 00:10:41,641 Grazas a un clima cálido e estable, 74 00:10:41,724 --> 00:10:46,145 o dominio dos dinosauros aquí non ten rival. 75 00:10:53,944 --> 00:10:58,699 Os grandes saurópodos prosperan entre árbores altas, 76 00:10:58,783 --> 00:11:02,453 como levan facendo desde o Xurásico. 77 00:11:08,626 --> 00:11:12,380 Pero máis abaixo ten lugar unha revolución. 78 00:11:18,969 --> 00:11:22,306 Unha Hadrosaurus femia. 79 00:11:25,434 --> 00:11:29,605 Aínda que pareza anana en comparación co resto, 80 00:11:29,689 --> 00:11:33,526 en realidade é máis grande ca un elefante. 81 00:11:34,568 --> 00:11:38,155 E estes xigantes non a deterán, 82 00:11:39,532 --> 00:11:43,452 porque nada pode parar unha nai cunha misión. 83 00:11:45,871 --> 00:11:47,707 E esa misión… 84 00:11:48,207 --> 00:11:50,751 é alimentar a súa familia… 85 00:11:52,920 --> 00:11:54,588 que está algures 86 00:11:56,132 --> 00:11:57,466 aí abaixo. 87 00:12:07,893 --> 00:12:11,772 Hai moito, os seus devanceiros que almacenaban comida nas fazulas 88 00:12:11,856 --> 00:12:14,108 eran escasos e estaban espallados. 89 00:12:16,986 --> 00:12:20,698 Pero agora o Hadrosaurus é tan próspero 90 00:12:20,781 --> 00:12:23,701 que nas súas mandas hai milleiros de exemplares. 91 00:12:26,245 --> 00:12:31,751 As meirandes concentracións de dinosauros que xamais se viron. 92 00:12:34,128 --> 00:12:38,549 Pero a familia desta femia non viaxa coa manda. 93 00:12:40,342 --> 00:12:43,637 Alá, na seguridade da gardería 94 00:12:44,138 --> 00:12:48,976 para centos de crías de Hadrosaurus… 95 00:12:51,187 --> 00:12:54,315 incluídas as súas. 96 00:12:58,986 --> 00:13:03,699 Aos seis meses teñen un apetito insaciable 97 00:13:04,492 --> 00:13:08,412 e comen case todo o que lles trae. 98 00:13:11,457 --> 00:13:12,708 Calquera cousa. 99 00:13:24,929 --> 00:13:29,475 Para alimentalos ao xeito das aves cómpren moitas viaxes, 100 00:13:30,142 --> 00:13:35,022 así que marcha a cada pouco en busca de comida. 101 00:13:36,816 --> 00:13:39,193 E, cando as nais non están, 102 00:13:39,276 --> 00:13:42,196 os pequenos xogan. 103 00:14:06,053 --> 00:14:08,931 Coa envergadura dun caza, 104 00:14:09,473 --> 00:14:13,310 os pterosauros son máis grandes ca nunca. 105 00:14:15,938 --> 00:14:19,567 E as gardarías son o couto de caza perfecto 106 00:14:20,067 --> 00:14:24,405 onde os niños sen vixiar son a presa máis doada. 107 00:14:44,216 --> 00:14:46,886 Malia a ameaza deste monstro xigante, 108 00:14:46,969 --> 00:14:50,848 as nais defenden as súas crías a todo custo. 109 00:15:07,781 --> 00:15:13,412 Pero o enorme pterosauro está decidido a alimentarse. 110 00:15:20,044 --> 00:15:25,090 Para o depredador, os berros do niño son coma unha chamada a cear. 111 00:15:41,190 --> 00:15:44,485 Pero os pequenos non berran só polo medo, 112 00:15:45,611 --> 00:15:47,905 piden axuda. 113 00:16:07,216 --> 00:16:11,136 Este instinto feroz de protexer as crías 114 00:16:12,179 --> 00:16:17,017 é crucial para a excepcional prosperidade do Hadrosaurus. 115 00:16:19,144 --> 00:16:24,692 Pero outros dinosauros levan a defensa a outro nivel, 116 00:16:26,151 --> 00:16:31,490 porque a carreira armamentista entre depredador e presa está a escalar. 117 00:16:33,993 --> 00:16:39,748 E dará lugar ao dinosauro máis icónico de todos os tempos. 118 00:16:45,879 --> 00:16:48,132 Levará tanto tempo 119 00:16:48,632 --> 00:16:52,803 que o continente norteamericano cambiará. 120 00:16:54,013 --> 00:16:57,433 Unha terra que se alza cara ao ceo. 121 00:17:06,900 --> 00:17:09,028 As Montañas Rochosas. 122 00:17:11,488 --> 00:17:15,034 É aquí, nos contrafortes, 123 00:17:16,744 --> 00:17:20,497 onde se nota o impacto dos dinosauros. 124 00:17:28,797 --> 00:17:30,883 O Pachycephalosaurus. 125 00:17:32,384 --> 00:17:35,804 Usando eses cranios extragrosos… 126 00:17:38,640 --> 00:17:41,602 para baterse en duelo pola supremacía. 127 00:17:47,024 --> 00:17:48,776 E, canda eles, 128 00:17:49,985 --> 00:17:53,906 un dinosauro cun casco aínda máis impresionante. 129 00:18:00,120 --> 00:18:02,122 O Triceratops. 130 00:18:10,631 --> 00:18:13,092 Pode semellar un rinoceronte, 131 00:18:13,926 --> 00:18:16,637 pero mide o dobre. 132 00:18:20,057 --> 00:18:25,104 E ten unhas cornas coma lanzas que miden máis dun metro de lonxitude. 133 00:18:32,778 --> 00:18:38,283 O Triceratops e o Pachycephalosaurus teñen armas impresionantes. 134 00:18:40,661 --> 00:18:43,205 Pero aquí aínda hai algúns 135 00:18:43,288 --> 00:18:47,126 que van máis armados e que son máis perigosos. 136 00:18:58,303 --> 00:19:00,639 Protexido pola escuridade, 137 00:19:01,223 --> 00:19:04,893 o último guerreiro armado e o meirande de todos. 138 00:19:07,437 --> 00:19:11,775 Seis metros de lonxitude e territorial en extremo. 139 00:19:15,070 --> 00:19:18,782 O Ankylosaurus magniventris. 140 00:19:27,082 --> 00:19:29,626 Patrulla en busca de intrusos 141 00:19:31,461 --> 00:19:32,796 tan ousados 142 00:19:33,297 --> 00:19:35,424 como para entrar nos seus dominios. 143 00:19:43,265 --> 00:19:48,812 O seu dorso semella un tanque e está recuberto de grosas placas óseas. 144 00:19:55,235 --> 00:19:56,862 E aínda hai máis, 145 00:19:57,696 --> 00:20:00,532 ten unha potente arma nova. 146 00:20:05,037 --> 00:20:08,957 Unha cola en forma de pau que pesa media tonelada 147 00:20:09,750 --> 00:20:14,338 e que usa para enfrontarse ao que apareza nesta foresta. 148 00:20:20,469 --> 00:20:22,221 Percibe algo… 149 00:20:52,000 --> 00:20:54,253 Alguén invadiu o seu territorio… 150 00:20:56,463 --> 00:20:59,716 e é o peor intruso posible. 151 00:21:12,604 --> 00:21:14,940 Un Tyrannosaurus rex. 152 00:22:39,483 --> 00:22:41,443 Ankylosaurus 153 00:22:42,402 --> 00:22:43,653 contra tiranosauro. 154 00:22:53,538 --> 00:22:55,874 Un punto morto evolutivo 155 00:22:56,875 --> 00:22:59,378 fraguado durante millóns de anos. 156 00:23:20,232 --> 00:23:22,234 Pero nesta carreira armamentista, 157 00:23:24,069 --> 00:23:28,198 hai algo que distingue estes dous dinosauros. 158 00:23:31,410 --> 00:23:33,161 A intelixencia. 159 00:24:15,078 --> 00:24:20,667 O tiranosauro é un dos depredadores máis temibles. 160 00:24:23,211 --> 00:24:26,256 E, para estar en plena forma, 161 00:24:27,466 --> 00:24:33,138 debe comer o equivalente a 200 bistés ao día. 162 00:24:35,307 --> 00:24:40,562 Con todo, por agora, non probou bocado. 163 00:24:43,565 --> 00:24:49,154 Porque ten plans especiais para esta comida para levar. 164 00:24:54,326 --> 00:24:58,955 Pero o Ankylosaurus é unha comida pesada. 165 00:25:05,712 --> 00:25:08,423 Seis toneladas de músculo e óso 166 00:25:08,924 --> 00:25:13,178 con gornición de vultos e protuberancias. 167 00:25:25,398 --> 00:25:27,359 Mesmo para un tiranosauro, 168 00:25:28,109 --> 00:25:29,986 pode ser un peso. 169 00:26:04,312 --> 00:26:05,564 Por fin, 170 00:26:06,690 --> 00:26:08,567 remata a súa viaxe. 171 00:26:17,659 --> 00:26:22,122 E o motivo de tan grande esforzo… 172 00:26:35,176 --> 00:26:37,887 Cinco crías esfameadas. 173 00:26:51,610 --> 00:26:53,445 Unha asasina implacable, 174 00:26:54,112 --> 00:26:55,238 si. 175 00:26:56,364 --> 00:26:57,824 Pero, tamén, 176 00:26:58,366 --> 00:27:00,076 unha nai entregada. 177 00:27:16,468 --> 00:27:18,219 Asegurarase… 178 00:27:19,304 --> 00:27:21,723 de que os pequenos estean ben alimentados 179 00:27:25,644 --> 00:27:29,564 para lles dar o mellor comezo na vida. 180 00:27:34,235 --> 00:27:36,905 Algo co que os seus devanceiros 181 00:27:37,405 --> 00:27:39,324 nin soñaban. 182 00:27:42,661 --> 00:27:48,667 Moito antes, no Triásico, o Marasuchus naceu nun inferno. 183 00:27:50,168 --> 00:27:53,046 Dinosauros en potencia 184 00:27:54,172 --> 00:27:56,925 obrigados a vivir nas sombras. 185 00:27:57,759 --> 00:28:01,596 Agochados dos réptiles dominantes. 186 00:28:03,890 --> 00:28:06,184 Pero, cando interveu o destino… 187 00:28:08,311 --> 00:28:10,105 transformaron a catástrofe 188 00:28:11,523 --> 00:28:13,817 en oportunidade… 189 00:28:16,403 --> 00:28:19,197 e comezaron o seu ascenso monumental. 190 00:28:22,659 --> 00:28:27,539 Facéndose máis grandes, máis fortes e máis temibles ca nunca. 191 00:28:34,212 --> 00:28:35,463 Co tempo, 192 00:28:36,840 --> 00:28:40,135 acabarían triunfando, non só en terra firme, 193 00:28:41,636 --> 00:28:42,721 senón tamén no mar 194 00:28:44,472 --> 00:28:45,974 e no ceo. 195 00:28:47,976 --> 00:28:51,020 Após 160 millóns de anos, 196 00:28:52,605 --> 00:28:55,316 os dinosauros agora son tan dominantes 197 00:28:56,818 --> 00:29:00,321 que nada na Terra se interporá no seu camiño. 198 00:29:06,828 --> 00:29:09,539 Pero algo que non é desta Terra, 199 00:29:10,123 --> 00:29:11,332 si. 200 00:29:13,209 --> 00:29:17,922 Porque, ao tempo que comeza a viaxe desta familia, 201 00:29:19,215 --> 00:29:20,675 outra viaxe 202 00:29:21,176 --> 00:29:23,344 chega á súa fin. 203 00:29:27,932 --> 00:29:34,522 O asteroide, que se dirixe cara á Terra a 50 veces a velocidade do son, 204 00:29:36,024 --> 00:29:40,028 terá por fin a súa cita co destino. 205 00:30:13,561 --> 00:30:18,483 Impacta no océano, xunto a costa de México, 206 00:30:19,234 --> 00:30:23,613 coa potencia de mil millóns de bombas atómicas. 207 00:30:24,823 --> 00:30:27,951 A temperatura é tan alta que vaporiza o leito mariño… 208 00:30:30,995 --> 00:30:35,667 xunto con todo ser vivo en centos de quilómetros á redonda. 209 00:30:44,676 --> 00:30:48,096 Lonxe, nos contrafortes das Rochosas, 210 00:30:49,055 --> 00:30:55,144 estes grandes dinosauros non saben a que se lles vén encima. 211 00:31:17,125 --> 00:31:20,795 Os terremotos máis fortes da historia. 212 00:31:29,596 --> 00:31:32,307 Pero o peor aínda está por chegar. 213 00:31:35,602 --> 00:31:41,065 Un enorme muro de detritos incandescentes sae despedido á atmosfera. 214 00:31:58,499 --> 00:32:03,254 Os dinosauros, atrapados baixo esta nube mortal, 215 00:32:03,338 --> 00:32:05,465 quedan sepultados. 216 00:32:08,051 --> 00:32:13,222 O seu mundo está tan quente que literalmente arde en chamas. 217 00:32:22,357 --> 00:32:24,442 Nin a armadura máis forte 218 00:32:24,943 --> 00:32:26,778 serve de protección. 219 00:32:36,162 --> 00:32:39,749 A nube engole rápido o planeta enteiro, 220 00:32:40,249 --> 00:32:42,418 sufocándoo con cinsa. 221 00:32:44,504 --> 00:32:46,923 Sumíndoo na escuridade. 222 00:33:32,844 --> 00:33:37,890 Os poucos que aínda quedan ao final do día 223 00:33:39,642 --> 00:33:41,602 viven un pesadelo. 224 00:33:43,104 --> 00:33:46,399 Abafados nas tebras. 225 00:34:12,675 --> 00:34:14,218 Á noite, 226 00:34:14,886 --> 00:34:20,475 a cifra de dinosauros mortos é catastrófica. 227 00:34:45,083 --> 00:34:47,585 DÚAS SEMANAS DESPOIS 228 00:34:47,668 --> 00:34:50,338 Sen a radiación solar, 229 00:34:50,838 --> 00:34:54,759 un inverno de impacto descende sobre a Terra. 230 00:35:01,140 --> 00:35:05,937 As temperaturas globais caen 25 graos. 231 00:35:09,148 --> 00:35:15,363 As condicións son demasiado frías para case todos os dinosauros. 232 00:35:27,041 --> 00:35:29,460 Os enormes saurópodos 233 00:35:29,961 --> 00:35:31,671 xacen… 234 00:35:32,171 --> 00:35:37,677 sobre as cinsas das árbores que os fixeron tan grandes. 235 00:35:53,484 --> 00:35:55,778 Nas súas colonias multitudinarias, 236 00:35:56,529 --> 00:35:58,614 os que vivían xuntos, 237 00:35:59,407 --> 00:36:00,950 morreron xuntos. 238 00:36:08,708 --> 00:36:12,295 As nais protectoras non poden gorecer as crías 239 00:36:12,378 --> 00:36:14,505 das temperaturas xélidas. 240 00:36:20,636 --> 00:36:24,765 O frío implacable tamén lle pasa factura 241 00:36:25,391 --> 00:36:28,728 ao dinosauro máis famoso de todos. 242 00:36:37,528 --> 00:36:39,530 O rei tirano 243 00:36:40,448 --> 00:36:41,866 cae. 244 00:37:01,802 --> 00:37:05,223 Nin o poderoso Tyrannosaurus rex 245 00:37:05,848 --> 00:37:08,351 sobrevivirá a isto. 246 00:37:40,007 --> 00:37:42,551 O reinado dos dinosauros 247 00:37:44,095 --> 00:37:48,474 remata por fin. 248 00:38:17,003 --> 00:38:20,298 Pero ao cabo de 66 millóns de anos… 249 00:38:22,717 --> 00:38:26,262 os dinosauros volven ascender. 250 00:38:30,891 --> 00:38:32,268 Desta, 251 00:38:32,351 --> 00:38:34,270 nas nosas mans. 252 00:38:42,153 --> 00:38:47,908 Hoxe en día, os seus fósiles son monumentos a un mundo perdido. 253 00:38:49,076 --> 00:38:50,536 Pero, alén diso, 254 00:38:51,787 --> 00:38:58,210 son a chave para descifrar os segredos da súa historia. 255 00:39:00,004 --> 00:39:04,884 Agora sabemos máis da súa vida ca nunca. 256 00:39:06,302 --> 00:39:08,471 Desde os primeiros momentos 257 00:39:09,638 --> 00:39:11,265 ata o derradeiro. 258 00:39:15,019 --> 00:39:20,024 E revélasenos que, no día máis escuro da Terra, 259 00:39:20,608 --> 00:39:23,361 non morreron todos os dinosauros. 260 00:39:25,363 --> 00:39:30,743 Algúns eran pequenos abondo para se refuxiaren da apocalipse. 261 00:39:33,496 --> 00:39:35,373 E sobrevivir 262 00:39:36,040 --> 00:39:38,459 ata hoxe en día. 263 00:39:40,961 --> 00:39:46,384 Os dinosauros voadores que hoxe chamamos aves. 264 00:39:50,846 --> 00:39:56,936 E as pistas do seu pasado agóchanse a plena vista. 265 00:40:18,416 --> 00:40:24,588 Esta viaxe extraordinaria que comezou hai 235 millóns de anos 266 00:40:25,798 --> 00:40:29,427 segue avanzando canda nós. 267 00:40:31,554 --> 00:40:33,722 Son o último elo que queda… 268 00:40:36,016 --> 00:40:38,644 a un reino perdido 269 00:40:40,646 --> 00:40:42,231 que unha vez foi 270 00:40:43,232 --> 00:40:44,733 a era 271 00:40:45,526 --> 00:40:47,445 dos dinosauros. 272 00:42:45,396 --> 00:42:49,358 Subtítulos: Jeiry Castellano