1 00:00:21,604 --> 00:00:25,692 Vincho na cara, todo o que lle querías facer, 2 00:00:26,484 --> 00:00:27,861 todo o que merecía. 3 00:00:29,404 --> 00:00:30,905 O karma é un cabrón. 4 00:00:46,296 --> 00:00:48,048 MÉRCORES, 29 DE OUTUBRO 5 00:01:05,857 --> 00:01:07,358 PODE SER: AGATHA WIGGS 6 00:01:07,442 --> 00:01:08,443 Erika. 7 00:01:09,152 --> 00:01:11,446 Dixéronme que querías falar comigo. 8 00:01:12,030 --> 00:01:14,532 Si, pero pode esperar. 9 00:01:14,616 --> 00:01:16,993 Seguro? Como viñeches aquí para dicirmo… 10 00:01:17,077 --> 00:01:18,995 Cres que Agatha Wiggs fixo isto? 11 00:01:20,038 --> 00:01:21,498 Isto é de tolos. 12 00:01:22,082 --> 00:01:25,085 Wiggs seica o leva acosando catro anos. 13 00:01:25,168 --> 00:01:27,754 Culpouno do accidente en que morreu o fillo. 14 00:01:28,254 --> 00:01:29,964 Nile Jarvis chamou a policía? 15 00:01:31,299 --> 00:01:32,884 Wiggs escribía un libro sobre el. 16 00:01:32,967 --> 00:01:36,054 Denunciou un posible secuestro, 17 00:01:36,137 --> 00:01:38,848 por iso a policía chamou o FBI. 18 00:01:38,932 --> 00:01:42,519 E cadra cos arquivos de vídeo atopados no portátil de Wiggs. 19 00:01:43,603 --> 00:01:44,521 Deus. 20 00:01:44,604 --> 00:01:47,732 Si. Gravou horas de vídeo minutado. 21 00:01:47,816 --> 00:01:50,151 Mantívoo vivo ata hai un par de horas. 22 00:01:55,240 --> 00:01:56,157 Cólleo. 23 00:01:57,992 --> 00:01:58,993 Quérelo coller? 24 00:01:59,077 --> 00:02:00,120 Impórtache? 25 00:02:00,745 --> 00:02:01,955 Non, cólleo. 26 00:02:02,956 --> 00:02:04,040 Vou abaixo. 27 00:02:07,001 --> 00:02:09,003 Si. Aggie? 28 00:02:09,504 --> 00:02:10,672 Onde estás? 29 00:02:11,297 --> 00:02:12,132 Aggie? 30 00:02:12,215 --> 00:02:13,341 Merda. 31 00:02:57,886 --> 00:02:59,512 Aggie, onde está? 32 00:03:01,556 --> 00:03:02,390 Aggie! 33 00:03:03,558 --> 00:03:04,684 Aggie! 34 00:03:31,669 --> 00:03:33,588 - Aggie? - Shelley, Deus. 35 00:03:33,671 --> 00:03:34,839 Deus, menos mal. 36 00:03:34,923 --> 00:03:36,883 Onde estás? Que pasa? 37 00:03:36,966 --> 00:03:38,593 Tiña razón eu. Foi Nile. 38 00:03:38,676 --> 00:03:42,305 Matou a Teddy Fenig e deixou o cadáver no cuarto de Cooper, 39 00:03:42,388 --> 00:03:44,432 para que parecese que o fixen eu… 40 00:03:44,515 --> 00:03:46,559 Para, amodo. 41 00:03:46,643 --> 00:03:47,852 Eu tiña a proba. 42 00:03:47,936 --> 00:03:51,356 Deilla a alguén que non podo contactar. Tes que chamala ti. 43 00:03:51,439 --> 00:03:53,274 Aggie, fose o que fose, 44 00:03:53,358 --> 00:03:56,027 tes que explicarllo á policía canto antes. 45 00:03:56,110 --> 00:03:57,570 Fose o que fose? Que…? 46 00:03:58,154 --> 00:03:59,197 Mira… 47 00:03:59,280 --> 00:04:01,324 Que queres dicir? Cres que minto? 48 00:04:01,407 --> 00:04:06,162 Non, quero dicir que tes que dicirme onde estás 49 00:04:06,788 --> 00:04:08,206 para podermos axudarche. 50 00:04:08,790 --> 00:04:10,708 Poderdes? Con quen estás? 51 00:04:12,210 --> 00:04:13,711 Estás coa policía? 52 00:04:15,755 --> 00:04:17,257 Estás con eles, non si? 53 00:04:17,340 --> 00:04:19,217 Aggie, quero axudarche. 54 00:04:19,801 --> 00:04:20,718 Merda. 55 00:04:21,302 --> 00:04:22,470 Aggie! 56 00:04:25,265 --> 00:04:27,100 Merda! 57 00:04:34,440 --> 00:04:37,026 Lévoo eu. Fago a entrevista no coche. 58 00:04:37,110 --> 00:04:38,987 - Non o entendes. - O que? 59 00:04:39,070 --> 00:04:41,572 Só dixen que tiña unha entrevista co Times. 60 00:04:41,656 --> 00:04:43,741 E quéixaste de que non te apoio. 61 00:04:43,825 --> 00:04:47,537 Fas o que queres sen preguntar polos plans de Cooper e os meus. 62 00:04:47,620 --> 00:04:51,124 Pois vai ao estudio e que che fagan unha masaxe. 63 00:04:51,207 --> 00:04:52,834 E levo eu a Cooper. 64 00:04:52,917 --> 00:04:54,419 Que máis queres que diga? 65 00:04:54,502 --> 00:04:56,170 Non quero ir. 66 00:04:56,254 --> 00:05:00,091 Cooper, non fagas iso. Colle os zapatos e ponos. 67 00:05:00,174 --> 00:05:02,552 - Aggie. - Queres que o leve, pois lévoo. 68 00:05:02,635 --> 00:05:04,429 Aggie, onde vai Cooper? 69 00:05:27,577 --> 00:05:29,537 CAPÍTULO 8 70 00:05:29,620 --> 00:05:31,998 A ÚLTIMA PALABRA 71 00:05:39,630 --> 00:05:41,966 - Erika. - Jack, perdoa por molestarte. 72 00:05:42,050 --> 00:05:43,801 Preciso un favor. É urxente. 73 00:05:43,885 --> 00:05:45,094 Si. Que foi? 74 00:05:45,178 --> 00:05:47,722 - Lembras a Madison Jarvis? - Si. 75 00:05:47,805 --> 00:05:51,809 A nota de suicidio. Quero que a collas no arquivo de probas. 76 00:05:53,144 --> 00:05:54,687 Valería a versión dixital? 77 00:05:55,188 --> 00:05:58,816 Podo entrar na base de datos nunha hora e sacarche unha copia. 78 00:06:01,694 --> 00:06:02,612 Erika? 79 00:06:03,154 --> 00:06:04,030 Estás aí? 80 00:06:04,739 --> 00:06:05,907 Chámote agora. 81 00:06:06,407 --> 00:06:07,325 Vale. 82 00:06:18,711 --> 00:06:19,796 Mala idea. 83 00:06:20,922 --> 00:06:23,049 Mans na cabeza. Xa! 84 00:06:58,209 --> 00:07:00,294 Tiña a impresión de que me mentías. 85 00:07:00,795 --> 00:07:04,715 Cando dixeches que Brian Abbott non andaba en nada. Intuíao. 86 00:07:05,758 --> 00:07:08,302 Pensei que tiñamos un acordo. 87 00:07:09,971 --> 00:07:11,514 Eu respecteino. 88 00:07:19,856 --> 00:07:22,024 Tes que dicirme algo máis? 89 00:07:22,108 --> 00:07:23,818 Que lle fixestes a Brian? 90 00:07:24,569 --> 00:07:26,612 Non sei de que falas. 91 00:07:28,156 --> 00:07:29,991 Eu non me comprometín a isto. 92 00:07:30,992 --> 00:07:32,660 Isto non tiña que pasar. 93 00:07:32,743 --> 00:07:34,203 Pero pasou. 94 00:07:34,829 --> 00:07:36,080 E ti estás implicada. 95 00:07:36,581 --> 00:07:37,665 Igual ca min. 96 00:07:38,624 --> 00:07:42,336 Ti decidiches protexer a túa familia. Eu farei o mesmo. 97 00:07:42,920 --> 00:07:45,214 Farei o que teña que facer, carallo! 98 00:07:46,716 --> 00:07:48,342 Se ocultas algo… 99 00:07:48,426 --> 00:07:49,427 Non oculto nada. 100 00:07:49,927 --> 00:07:51,179 Perdóame, 101 00:07:51,262 --> 00:07:53,431 pero esta vez non te creo. 102 00:08:00,563 --> 00:08:01,564 O que saibas, 103 00:08:01,647 --> 00:08:02,940 ou creas que sabes, 104 00:08:04,025 --> 00:08:04,901 esquéceo. 105 00:08:07,820 --> 00:08:10,072 Polo menos dime que lle pasou a Brian. 106 00:08:12,825 --> 00:08:14,327 Se estivese no teu sitio, 107 00:08:14,827 --> 00:08:18,456 preocuparíame só pola miña familia. 108 00:08:26,797 --> 00:08:28,716 DEPRAVADO CARTA A MEU PAI 109 00:08:35,640 --> 00:08:38,267 CAPÍTULO DOCE DÓ POLA MORTE DUNHA MENTIRA 110 00:08:57,203 --> 00:08:58,955 Como está o meu tío favorito? 111 00:08:59,539 --> 00:09:01,666 Fíxenlle unha visita a Erika Breton. 112 00:09:02,750 --> 00:09:04,001 Non poñerá problemas. 113 00:09:04,877 --> 00:09:05,836 Estás seguro? 114 00:09:06,337 --> 00:09:07,588 Quérelles aos fillos. 115 00:09:07,672 --> 00:09:09,507 Sabe que imos en serio. 116 00:09:11,259 --> 00:09:12,468 Todo ben, logo. 117 00:09:12,969 --> 00:09:13,886 Xa veremos. 118 00:09:14,595 --> 00:09:16,806 Agora vou á casa de teu pai. 119 00:09:17,390 --> 00:09:18,641 Para dicirlle que? 120 00:09:18,724 --> 00:09:20,560 O mínimo posible. 121 00:09:20,643 --> 00:09:23,729 Hai que dicirlle que o seu fillo volverá aos titulares. 122 00:09:23,813 --> 00:09:25,439 - Teño que colgar. - Nile? 123 00:09:27,233 --> 00:09:28,401 Cabrón. 124 00:09:29,777 --> 00:09:32,154 Hai helicópteros por aquí arredor. 125 00:09:32,238 --> 00:09:35,199 E hai un control policial en Mill River Road. 126 00:09:35,992 --> 00:09:37,368 Sabes que pasa? 127 00:09:39,203 --> 00:09:40,997 Será mellor que sentes. 128 00:09:42,957 --> 00:09:47,211 Meten o zume de uva en barrís grandes, 129 00:09:47,295 --> 00:09:49,255 bótanlle algo chamado fermento 130 00:09:49,338 --> 00:09:51,173 e déixano repousar moito tempo. 131 00:09:51,257 --> 00:09:52,758 Que é o fermento? 132 00:09:52,842 --> 00:09:53,759 O fermento? 133 00:09:53,843 --> 00:09:54,885 O fermento… 134 00:09:56,846 --> 00:09:58,598 non sei o que é. 135 00:09:59,181 --> 00:10:02,935 Pero converte o zume de uva en algo que os adultos beben 136 00:10:03,019 --> 00:10:05,813 cando están moi contentos ou moi tristes. 137 00:10:05,896 --> 00:10:07,148 Queres un grolo? 138 00:10:14,030 --> 00:10:15,031 Tío Rick! 139 00:10:15,114 --> 00:10:16,407 Non interrompo nada? 140 00:10:16,490 --> 00:10:20,328 Non, xa debía estar na cama. Veña, é hora de marchar. 141 00:10:22,872 --> 00:10:23,914 Veña. 142 00:10:25,583 --> 00:10:27,710 Mira, Ricky, hai dez anos, 143 00:10:27,793 --> 00:10:31,505 paguei 3000 dólares por isto e agora vale 15 000. 144 00:10:31,589 --> 00:10:33,341 Se o dás atopado. 145 00:10:33,841 --> 00:10:34,967 Pero… 146 00:10:35,509 --> 00:10:41,098 vai moi ben coa cura de humildade que lle metín a Benitez. 147 00:10:42,266 --> 00:10:45,353 Imos facer o anuncio xuntos no consistorio. 148 00:10:45,436 --> 00:10:46,646 Escoita, Marty. 149 00:10:48,272 --> 00:10:50,149 Valo oír axiña. 150 00:10:50,232 --> 00:10:53,527 - A veciña de Nile, Agatha Wiggs… - Ao carallo o libro. 151 00:10:53,611 --> 00:10:56,656 Búscana por asasinato. 152 00:10:58,658 --> 00:10:59,533 - Que? - Si. 153 00:11:00,326 --> 00:11:04,830 Desapareceu un rapaz de alí. Saíu nas noticias hai un par de semanas. 154 00:11:04,914 --> 00:11:07,291 Pensaron que se afogara. 155 00:11:07,375 --> 00:11:11,754 Hoxe a policía atopou o seu cadáver na casa de Wiggs. 156 00:11:11,837 --> 00:11:13,422 Ela escapara cando foron. 157 00:11:14,298 --> 00:11:17,677 Así que o libro non vai ser un problema. 158 00:11:17,760 --> 00:11:21,305 É unha lección para Nile sobre a xente en quen confía. 159 00:11:21,389 --> 00:11:23,307 Ten un ollo infalible. 160 00:11:23,391 --> 00:11:24,392 Si. 161 00:11:25,267 --> 00:11:27,478 Atoparon o cadáver na súa casa? 162 00:11:28,270 --> 00:11:29,105 Como? 163 00:11:30,356 --> 00:11:32,983 Nile avisou a policía. 164 00:11:33,484 --> 00:11:34,610 Supoño 165 00:11:35,736 --> 00:11:37,822 que debeu ver algo. 166 00:11:39,073 --> 00:11:40,908 Méntesme, Ricky. 167 00:11:41,992 --> 00:11:43,202 Non, ho. 168 00:11:43,786 --> 00:11:45,579 - Si tal. - Por que ía mentir? 169 00:11:45,663 --> 00:11:46,914 - Ves? - Que? 170 00:11:46,997 --> 00:11:48,624 Pasas o dedo polo nariz. 171 00:11:48,708 --> 00:11:50,418 - É típico de ti. - Veña, ho. 172 00:11:50,501 --> 00:11:53,087 Non me digas que non mentes, hostia! 173 00:11:53,170 --> 00:11:56,882 Cálmate. Pensei que o quererías saber. É unha animalada. 174 00:11:56,966 --> 00:11:58,175 Mírame! 175 00:12:00,136 --> 00:12:02,513 Dime que collóns está pasando. 176 00:12:03,723 --> 00:12:06,142 Foi Nile? Fíxoo outra vez? 177 00:12:06,726 --> 00:12:09,979 - Se me mentes, xúroche… - Arranxeino eu, vale? 178 00:12:13,691 --> 00:12:15,651 Fillo de puta. 179 00:12:15,735 --> 00:12:18,446 Ei, escoita, Marty. 180 00:12:18,529 --> 00:12:19,822 Non para. 181 00:12:20,406 --> 00:12:22,533 - Non empeces. - Non para. 182 00:12:22,616 --> 00:12:24,744 - Ei, escóitame. - Non vai parar. 183 00:12:24,827 --> 00:12:26,829 Escóitame! Non hai problema, vale? 184 00:12:26,912 --> 00:12:30,791 - Ti víalo vir, decatácheste. - Iso é igual. 185 00:12:30,875 --> 00:12:33,878 O que importa é que veu onda min e arranxámolo. 186 00:12:33,961 --> 00:12:37,757 Faime caso. Nile non está implicado no dese rapaz. 187 00:12:37,840 --> 00:12:38,758 En absoluto. 188 00:12:38,841 --> 00:12:40,801 Entón, por que o fixo, Ricky? 189 00:12:40,885 --> 00:12:42,803 Porque está enfermo, Marty! 190 00:12:43,512 --> 00:12:45,598 Non pode evitalo! 191 00:12:47,975 --> 00:12:49,977 - Tes que confiar en min. - Non. 192 00:12:50,478 --> 00:12:52,730 - Protexinte a ti e a todos nós. - Non. 193 00:12:52,813 --> 00:12:54,482 Non tes que facer nada. 194 00:12:54,565 --> 00:12:56,776 Non tes que dicir nadiña. 195 00:12:57,902 --> 00:13:00,446 Marty, que pasa? Marty, ei. 196 00:13:02,072 --> 00:13:03,657 Marty! Ei! 197 00:13:04,158 --> 00:13:05,117 Marty! 198 00:13:07,077 --> 00:13:09,830 Pensei que era imaxinación miña ao principio. 199 00:13:11,290 --> 00:13:14,835 Beberamos unhas copas. Eu estaba pasado. 200 00:13:14,919 --> 00:13:17,880 Fun ao baño ao piso de arriba. 201 00:13:18,964 --> 00:13:20,299 E oín un ruído. 202 00:13:20,800 --> 00:13:24,178 Uns golpes que viñan do cuarto do seu fillo. 203 00:13:25,095 --> 00:13:28,474 Abrín a porta e vén ela por detrás: "Non podes entrar aí." 204 00:13:29,975 --> 00:13:31,644 Vinllo nos ollos. 205 00:13:31,727 --> 00:13:32,895 Non era dor. 206 00:13:33,479 --> 00:13:34,313 Era medo. 207 00:13:35,648 --> 00:13:38,776 E tiven unha espiñada. 208 00:13:39,527 --> 00:13:43,197 Non o daba quitado da cabeza e chamei a policía esta mañá. 209 00:13:44,323 --> 00:13:45,366 A min… 210 00:13:46,534 --> 00:13:48,661 non me cabe na cabeza. 211 00:13:49,161 --> 00:13:50,663 A xente descontrola. 212 00:13:50,746 --> 00:13:53,457 Ou ao mellor foi sempre así. 213 00:13:54,416 --> 00:13:56,585 Nunca se sabe o que levamos dentro. 214 00:13:58,045 --> 00:14:03,008 Por que te convidou á casa se o tiña a el así no piso de arriba? 215 00:14:04,718 --> 00:14:07,179 Igual quería o meu ADN. Quen sabe? 216 00:14:07,680 --> 00:14:09,265 Queríame pór unha trampa. 217 00:14:10,140 --> 00:14:13,060 Usarme a min e o libro para encubrir o que fixera. 218 00:14:15,187 --> 00:14:19,608 Eu era a vítima propiciatoria perfecta. É un papel que coñezo ben. 219 00:14:19,692 --> 00:14:21,068 O tolo da casa do lado. 220 00:14:21,694 --> 00:14:23,654 Ti sábelo mellor ca ninguén. 221 00:14:31,704 --> 00:14:32,830 Estás ben? 222 00:14:33,706 --> 00:14:34,540 Si. 223 00:14:35,624 --> 00:14:36,792 Estou cansa. 224 00:14:38,043 --> 00:14:40,838 Déitate. Foi un día longo. 225 00:14:40,921 --> 00:14:41,881 Si. 226 00:14:46,510 --> 00:14:48,929 Dixeches aquilo en serio? 227 00:14:50,556 --> 00:14:51,849 Que querías o bebé? 228 00:14:53,893 --> 00:14:55,227 Claro que si. 229 00:14:57,396 --> 00:14:59,148 Non estaba nos nosos plans. 230 00:14:59,732 --> 00:15:01,150 Os plans cambian. 231 00:15:01,233 --> 00:15:03,068 Hai que tomalo como veña. 232 00:15:09,241 --> 00:15:10,284 Que? Que pasa? 233 00:15:10,367 --> 00:15:11,702 É Lila. 234 00:15:11,785 --> 00:15:12,620 Si. 235 00:15:16,123 --> 00:15:17,082 Que hospital? 236 00:15:54,703 --> 00:15:58,582 Paramos a hemorraxia, pero é importante controlar a inflamación. 237 00:15:58,666 --> 00:16:00,417 Que pasa? Son o seu fillo. 238 00:16:00,501 --> 00:16:04,046 - Estaba explicando o estado de seu pai… - Volva empezar. 239 00:16:04,129 --> 00:16:06,632 Seu pai tivo un ictus hemorráxico. 240 00:16:06,715 --> 00:16:10,594 As arterias rotas causaron unha hemorraxia no hemisferio esquerdo. 241 00:16:10,678 --> 00:16:13,514 Tentamos conter a inflamación cun coma inducido. 242 00:16:13,597 --> 00:16:16,058 Ten riscos, por suposto, 243 00:16:16,141 --> 00:16:18,686 pero a presión no cerebro pode ser mortal. 244 00:16:29,613 --> 00:16:30,698 Grazas. 245 00:16:50,384 --> 00:16:52,720 MÉRCORES, 29 DE OUTUBRO 246 00:16:55,556 --> 00:16:57,307 CONTACTOS 247 00:16:57,391 --> 00:16:58,726 ERIKA BRETON 248 00:16:59,268 --> 00:17:00,477 Merda. 249 00:17:01,061 --> 00:17:03,355 Cago na cona! 250 00:17:09,570 --> 00:17:11,113 Espera, falta o piloto. 251 00:17:11,196 --> 00:17:15,576 Cooper, basta. Perdón, estou levando o fillo ao médico. 252 00:17:15,659 --> 00:17:16,994 Cal era a pregunta? 253 00:17:17,077 --> 00:17:20,748 Cando entrevistei a seu pai, dixo que non se falan. Quería… 254 00:17:20,831 --> 00:17:23,208 Tampouco falabamos moito antes do libro. 255 00:17:23,292 --> 00:17:25,002 Pero falábanse. 256 00:17:25,085 --> 00:17:27,629 - Chamábao dúas veces ao ano. - O piloto! 257 00:17:27,713 --> 00:17:29,548 No Nadal e no aniversario. 258 00:17:29,631 --> 00:17:31,717 - Non podo voar. - El non lembraba o meu. 259 00:17:31,800 --> 00:17:34,053 - A ver, cariño… - Quero o piloto! 260 00:17:34,136 --> 00:17:35,888 Collémolo logo, xa cho dixen. 261 00:17:35,971 --> 00:17:38,432 - Se non é bo momento… - Non, está ben. 262 00:17:40,392 --> 00:17:43,896 - De que falabamos? - Por que deixou de falar con seu pai. 263 00:17:43,979 --> 00:17:45,731 O piloto perdeuse. 264 00:17:45,814 --> 00:17:47,566 El denuncioume. 265 00:17:47,649 --> 00:17:50,819 Dixo que tiraba beneficio da súa vida. Para! 266 00:19:08,480 --> 00:19:09,439 Que? 267 00:19:24,997 --> 00:19:26,123 Bos días. 268 00:19:27,624 --> 00:19:28,917 Ola, Jim. Que tal? 269 00:19:30,294 --> 00:19:33,213 Tommy, axúdame a mover estes palés. 270 00:19:33,297 --> 00:19:35,424 Si, espera, xa vou. 271 00:19:39,887 --> 00:19:41,889 Imos mandar estes palés hoxe. 272 00:19:49,521 --> 00:19:52,357 Colle estes dous e méteos no cuberto. 273 00:20:34,733 --> 00:20:35,567 Si. 274 00:20:35,651 --> 00:20:37,611 - Erika? - Si. 275 00:20:37,694 --> 00:20:38,737 Son Aggie Wiggs. 276 00:20:39,238 --> 00:20:42,616 Por que non chamaches? Mostrácheslle o caderno de Madison ao xefe? 277 00:20:44,660 --> 00:20:45,577 Ola? 278 00:20:46,411 --> 00:20:47,537 Óesme? 279 00:20:48,413 --> 00:20:49,289 Perdoe. 280 00:20:49,790 --> 00:20:50,958 Quen é? 281 00:20:51,458 --> 00:20:54,294 Xa o dixen. Son Agatha Wiggs. 282 00:20:54,878 --> 00:20:58,799 Búscame a policía e preciso a túa axuda. 283 00:21:00,717 --> 00:21:02,803 Non sei de que fala. 284 00:21:04,137 --> 00:21:06,056 Arre carallo! Que pasa? 285 00:21:06,640 --> 00:21:07,516 Por que…? 286 00:21:13,522 --> 00:21:14,356 Xa. 287 00:21:14,940 --> 00:21:16,191 Téñente collida, non? 288 00:21:18,110 --> 00:21:19,820 Ameazáronte? 289 00:21:21,029 --> 00:21:21,905 A ver. 290 00:21:22,739 --> 00:21:25,325 Escóitame, por favor. 291 00:21:25,909 --> 00:21:27,786 Polo menos devólveme o caderno. 292 00:21:28,829 --> 00:21:31,456 Para mostrarllo á policía cando me entregue. 293 00:21:32,749 --> 00:21:34,209 É o único que teño. 294 00:21:34,293 --> 00:21:35,419 Desculpe, non podo. 295 00:21:35,502 --> 00:21:36,670 Erika, por favor… 296 00:21:36,753 --> 00:21:38,297 Erika! 297 00:22:09,578 --> 00:22:12,456 Pensaba estar mañá cando… 298 00:22:13,915 --> 00:22:15,625 Benitez faga o anuncio. 299 00:22:15,709 --> 00:22:18,337 Entón, irei eu en vez del. 300 00:22:19,046 --> 00:22:20,839 Á prensa encantaralle. 301 00:22:29,556 --> 00:22:31,475 Hai algo que queiras contarme? 302 00:22:31,558 --> 00:22:35,645 Teu pai corre perigo. E ti pensas nunha puta conferencia de prensa. 303 00:22:35,729 --> 00:22:38,940 - Eu penso no seu legado. - Está aquí por culpa túa. 304 00:22:39,483 --> 00:22:40,817 Entendes? 305 00:22:43,111 --> 00:22:44,738 Decatouse de que eu mentía. 306 00:22:45,530 --> 00:22:46,990 E de que te encubría. 307 00:22:47,866 --> 00:22:51,745 Como fixen toda a túa putísima vida. 308 00:22:52,871 --> 00:22:54,414 Ten tino, tío Rick. 309 00:22:54,498 --> 00:22:57,834 Desde que naciches, intentaches matar a teu pai. 310 00:22:57,918 --> 00:23:01,171 Levoulle 50 anos decatarse de quen es realmente. 311 00:23:01,254 --> 00:23:02,881 Eu sempre o souben. 312 00:23:05,008 --> 00:23:09,596 El apoioute unha vez e outra. 313 00:23:09,679 --> 00:23:11,932 Mesmo cando eu aconsellei non facelo. 314 00:23:18,021 --> 00:23:19,439 Ti non es digno del. 315 00:23:19,940 --> 00:23:20,774 En absoluto. 316 00:23:28,740 --> 00:23:30,075 Senta, Rick. 317 00:23:30,659 --> 00:23:31,743 Ola. 318 00:23:31,827 --> 00:23:34,246 Ola. Que tal o levas? 319 00:23:34,329 --> 00:23:36,123 Estou ben. 320 00:23:36,206 --> 00:23:37,207 Mira… 321 00:23:38,917 --> 00:23:40,752 Durmín unhas horas. 322 00:23:41,670 --> 00:23:44,089 Moi ben. E teu pai? 323 00:23:44,631 --> 00:23:45,674 Hai novas? 324 00:23:46,174 --> 00:23:51,012 Non saberán nada ata saír do coma. Poden ser semanas ou mesmo meses. 325 00:23:52,597 --> 00:23:55,434 Vou ir ver a Lila antes de volver ao hospital. 326 00:23:56,601 --> 00:23:58,687 Non precisas vir, Nina. 327 00:23:59,938 --> 00:24:01,356 Quero estar contigo. 328 00:24:01,440 --> 00:24:04,734 Non quedaras cun artista na galería? 329 00:24:04,818 --> 00:24:08,822 Estamos instalando unha exposición, pero substitúeme Elise. 330 00:24:08,905 --> 00:24:10,323 Non, vai. 331 00:24:10,407 --> 00:24:12,993 Vai. Aquí só estamos esperando. 332 00:24:13,076 --> 00:24:16,872 E meu tío apropiouse da cadeira ao pé da cama de meu pai. 333 00:24:17,497 --> 00:24:19,207 Seguro que non me precisas? 334 00:24:20,250 --> 00:24:22,043 Vémonos na casa á noite. 335 00:24:22,544 --> 00:24:23,378 Quérote. 336 00:24:25,464 --> 00:24:26,381 Eu tamén. 337 00:24:35,724 --> 00:24:36,725 Máis arriba. 338 00:24:38,226 --> 00:24:39,936 Si, claro, se queres. 339 00:24:40,020 --> 00:24:42,063 - Si, señora. - Si, aí vale. 340 00:24:45,734 --> 00:24:51,072 Preocúpalle que Dachau sexa un tema demasiado incómodo para os coleccionistas? 341 00:24:51,156 --> 00:24:54,451 Para algúns, se cadra si. Pero por iso é tan potente. 342 00:24:55,535 --> 00:24:58,747 Meus pais vivían en Baviera no 1933. 343 00:24:59,748 --> 00:25:02,250 A menos de dous quilómetros do campo. 344 00:25:02,918 --> 00:25:04,461 Vían o fume, 345 00:25:04,961 --> 00:25:06,296 oían os berros, 346 00:25:06,379 --> 00:25:10,759 pero dicían que non tiñan nin idea do que pasaba. 347 00:25:10,842 --> 00:25:14,012 É incrible o que escollemos ver. 348 00:25:15,263 --> 00:25:17,974 Vou facer un café. Quere un? 349 00:25:18,058 --> 00:25:19,309 Si, por favor. 350 00:25:32,822 --> 00:25:34,574 Que emerxencia ten? 351 00:25:35,575 --> 00:25:38,286 Son Agatha Wiggs. Búscame a policía. 352 00:25:40,205 --> 00:25:42,332 Quero entregarme. 353 00:25:54,469 --> 00:25:56,179 - Deus. - Non che farei nada. 354 00:25:56,263 --> 00:25:57,305 Quero falar. 355 00:25:57,389 --> 00:25:59,307 Vén aí a policía. Chameina eu. 356 00:25:59,391 --> 00:26:03,687 Compróbao, pero temos pouco tempo antes de viren. 357 00:26:03,770 --> 00:26:06,815 Escoita. Eu non matei a Teddy Fenig. Xúroo. 358 00:26:06,898 --> 00:26:10,443 Xúroo polo meu defunto fillo. 359 00:26:13,196 --> 00:26:14,823 Os inocentes non foxen. 360 00:26:15,490 --> 00:26:17,033 Sei que ninguén me crería. 361 00:26:18,285 --> 00:26:19,703 E queres que te crea eu. 362 00:26:20,287 --> 00:26:22,789 Porque creo que, no fondo, 363 00:26:22,872 --> 00:26:27,586 hai unha parte de ti que sabe que foi Nile. 364 00:26:28,169 --> 00:26:29,045 Matou a Teddy, 365 00:26:29,129 --> 00:26:32,465 como matou a Madison, e quen sabe cantos máis. 366 00:26:32,549 --> 00:26:34,467 - Madison suicidouse. - Non. 367 00:26:34,551 --> 00:26:39,180 Non. A nota que deixou, que Nile lle deu á policía, escribiuna dous anos antes. 368 00:26:39,264 --> 00:26:40,140 Tiña eu a proba. 369 00:26:40,223 --> 00:26:43,768 Deilla a unha axente do FBI, pero atrapárona. 370 00:26:43,852 --> 00:26:46,354 Nile, seu pai ou seu tío. 371 00:26:46,438 --> 00:26:48,440 - Non. - Estano protexendo. 372 00:26:49,024 --> 00:26:50,817 Como fixeron sempre. 373 00:26:51,401 --> 00:26:55,030 Ao mellor ti tamén o encobres, pero non o creo. 374 00:26:57,574 --> 00:27:00,076 Porque vin como te mira. 375 00:27:01,161 --> 00:27:02,579 Como che fala. 376 00:27:03,413 --> 00:27:06,666 Non te respecta o suficiente para mostrarse como é. 377 00:27:08,835 --> 00:27:09,669 Creo… 378 00:27:11,546 --> 00:27:14,299 Creo que ti cres a mentira 379 00:27:15,592 --> 00:27:17,218 e que iso o amola. 380 00:27:19,346 --> 00:27:20,305 Mira, 381 00:27:21,181 --> 00:27:25,185 sei o que é aferrarse a unha versión. 382 00:27:25,268 --> 00:27:29,397 Pasei catro anos convencéndome de que Teddy Fenig matara o meu fillo. 383 00:27:29,481 --> 00:27:34,069 Porque el igual ía bebido, pero eu… 384 00:27:34,569 --> 00:27:36,529 Eu tamén tiven responsabilidade. 385 00:27:37,739 --> 00:27:42,994 Conteime a min mesma a historia que quería oír para sobrevivir. 386 00:27:43,078 --> 00:27:44,871 Como fas ti. 387 00:27:44,954 --> 00:27:47,290 Pero iso non te salvará. 388 00:27:50,960 --> 00:27:54,798 Nina, por favor, hai unha parte de ti que sabe que teño razón. 389 00:27:55,382 --> 00:27:57,050 E xa sabes como remata isto. 390 00:28:02,681 --> 00:28:03,723 Agatha Wiggs! 391 00:28:04,224 --> 00:28:07,477 Queda detida por asasinato. Ten dereito a gardar silencio. 392 00:28:07,560 --> 00:28:10,230 O que diga poderá usarse contra vostede. 393 00:28:10,313 --> 00:28:12,899 Se non ten avogado, asignaráselle un. 394 00:28:32,502 --> 00:28:33,461 Ola. 395 00:28:34,129 --> 00:28:36,756 - Ola. - Xa está. Acabouse. 396 00:28:39,634 --> 00:28:41,261 Pasáronche moitas cousas. 397 00:28:42,011 --> 00:28:44,431 - Estás tremendo. - Si. 398 00:28:47,434 --> 00:28:51,938 A… policía dixo que chamou ela mesma. 399 00:28:53,106 --> 00:28:54,566 Non mo dixeches. 400 00:28:55,775 --> 00:28:57,861 Entón, que quería? 401 00:29:01,948 --> 00:29:04,159 Teño que sacar esta roupa. 402 00:29:29,476 --> 00:29:31,978 Vasme contar que pasou? 403 00:29:36,399 --> 00:29:37,484 Detivérona. 404 00:29:40,737 --> 00:29:42,906 Antes diso. 405 00:29:45,408 --> 00:29:48,369 Si, presentouse alí sen máis. 406 00:29:50,079 --> 00:29:53,708 Fun á oficina facer un café e… 407 00:29:54,417 --> 00:29:58,880 dei a volta e alí estaba, bloqueando a porta. 408 00:29:59,589 --> 00:30:00,965 Deus. 409 00:30:03,551 --> 00:30:05,553 Dixo que xa chamara a policía. 410 00:30:06,429 --> 00:30:09,432 Quería falar comigo antes de chegaren. 411 00:30:10,266 --> 00:30:11,684 Para dicir que? 412 00:30:14,437 --> 00:30:15,772 Que non foi ela. 413 00:30:18,691 --> 00:30:19,943 Que fuches ti. 414 00:30:26,449 --> 00:30:30,411 A mesma historia que lle contará á policía. 415 00:30:32,205 --> 00:30:34,207 Dixo que tamén mataches a Madison. 416 00:30:42,215 --> 00:30:46,010 E pensaba que ti ías crer iso? 417 00:30:49,097 --> 00:30:49,973 Nina? 418 00:30:54,936 --> 00:30:57,647 Había algo que non tiña sentido. 419 00:30:58,982 --> 00:31:00,817 A noite que desapareceu Maddie, 420 00:31:01,442 --> 00:31:02,652 tivemos unha liorta. 421 00:31:03,862 --> 00:31:05,113 Moi grande. 422 00:31:06,698 --> 00:31:08,116 Díxome… 423 00:31:09,242 --> 00:31:10,743 unhas cousas horribles. 424 00:31:11,327 --> 00:31:13,329 Estaba enferma. 425 00:31:14,914 --> 00:31:17,166 - Non era ela mesma. - Xa sei. 426 00:31:17,250 --> 00:31:19,586 Xa sei. Era a outra Madison. 427 00:31:20,712 --> 00:31:22,714 A que aparecía cando… 428 00:31:23,214 --> 00:31:24,507 perdía o control. 429 00:31:25,967 --> 00:31:27,886 Pero a súa nota era… 430 00:31:29,220 --> 00:31:30,388 o contrario. 431 00:31:31,306 --> 00:31:32,473 Era… 432 00:31:33,474 --> 00:31:34,475 serena 433 00:31:35,184 --> 00:31:36,394 e cariñosa. 434 00:31:39,230 --> 00:31:40,982 Citaba a Emily Dickinson. 435 00:31:42,901 --> 00:31:44,485 Non sei se entendo. 436 00:31:44,569 --> 00:31:49,115 Dicir o que me dixo a min, ser tan cruel, e logo suicidarse. 437 00:31:50,116 --> 00:31:54,287 Que iso fose o último que… 438 00:31:58,166 --> 00:31:59,834 Iso nunca o entendín. 439 00:32:04,881 --> 00:32:06,215 Ata agora. 440 00:32:10,637 --> 00:32:12,472 Escribiuna aquela noite? 441 00:32:14,974 --> 00:32:16,476 Aggie dixo que non. 442 00:32:18,686 --> 00:32:19,687 Díxoo Aggie? 443 00:32:19,771 --> 00:32:22,732 Dixo que a nota que atopei fora escrita antes, 444 00:32:22,815 --> 00:32:25,568 cando Maddie tomaba pastillas. 445 00:32:25,652 --> 00:32:27,445 Dixo que atopara a proba. 446 00:32:27,528 --> 00:32:29,322 Proba? Que proba? 447 00:32:32,200 --> 00:32:33,242 Ten razón? 448 00:32:36,162 --> 00:32:37,205 Fuches ti? 449 00:32:37,789 --> 00:32:39,123 Fun eu o que? 450 00:32:43,169 --> 00:32:44,337 Matáchela ti? 451 00:32:50,718 --> 00:32:53,137 Por que me preguntas iso… 452 00:32:53,846 --> 00:32:54,973 agora? 453 00:32:57,225 --> 00:32:58,851 Porque nunca cho preguntei. 454 00:33:00,937 --> 00:33:02,647 Porque merezo sabelo. 455 00:33:08,861 --> 00:33:10,029 Isto si que non. 456 00:33:11,239 --> 00:33:12,073 Non fuxas! 457 00:33:12,156 --> 00:33:13,992 Queres discutir, pero non pico. 458 00:33:14,075 --> 00:33:17,453 É unha pregunta moi fácil. Contéstama. 459 00:33:18,663 --> 00:33:21,749 Xa sabes a resposta. Sempre a soubeches. 460 00:33:23,209 --> 00:33:26,462 - Que quere dicir iso? - Nina, ti non es parva. 461 00:33:26,546 --> 00:33:28,965 Ou igual es. 462 00:33:34,929 --> 00:33:36,055 Matáchela. 463 00:33:38,725 --> 00:33:40,018 Matáchela ti, hostia. 464 00:33:40,518 --> 00:33:41,644 Mírame! 465 00:33:42,770 --> 00:33:46,024 Dío. Polo menos, ten os collóns de dicirmo á cara. 466 00:33:46,107 --> 00:33:48,151 Claro que a matei, hostia! 467 00:33:48,776 --> 00:33:50,987 Fixen o que ti querías que fixese! 468 00:33:53,281 --> 00:33:56,075 Por que me contaches o dela e Abbott? 469 00:33:56,159 --> 00:33:58,995 Que hostia pensabas que ía pasar? 470 00:34:00,538 --> 00:34:02,290 Eu non quería iso. 471 00:34:02,373 --> 00:34:03,708 Ti non querías iso? 472 00:34:04,292 --> 00:34:09,464 Non querías? 473 00:34:09,547 --> 00:34:12,008 Querías tal, hostia! 474 00:34:13,051 --> 00:34:15,595 Porque a odiabas, carallo! 475 00:34:16,929 --> 00:34:20,224 Era unha cabrona egoísta e mexericas 476 00:34:20,308 --> 00:34:23,269 que se aproveitou de ti e traizoounos aos dous. 477 00:34:23,352 --> 00:34:26,105 Cago na puta hostia! Pareces Aggie. 478 00:34:26,189 --> 00:34:30,902 Dicindo seguido que quería que Fenig sufrise como sufrira ela. 479 00:34:30,985 --> 00:34:32,862 - Coma se dicilo non importase. - Deus. 480 00:34:32,945 --> 00:34:36,908 E logo finxir que non quería que levase o seu merecido, hostia. 481 00:34:38,534 --> 00:34:39,786 Mataches a Fenig. 482 00:34:42,497 --> 00:34:45,249 Nina, non son o único que ten isto dentro. 483 00:34:45,333 --> 00:34:48,252 Porque temos ollos na cara e dentes afiados. 484 00:34:48,336 --> 00:34:49,962 Somos depredadores. 485 00:34:50,046 --> 00:34:53,716 Fodemos, cazamos, matamos, cagamos e ben que nos gusta. 486 00:34:53,800 --> 00:34:55,093 A todos e a todas. 487 00:34:55,176 --> 00:34:58,096 Se me queres xulgar, espetar a cabeza na area 488 00:34:58,179 --> 00:35:02,391 e dicir que non o sabías, vale, pero non me mires así. 489 00:35:02,475 --> 00:35:06,479 Non me veñas con lerias hipócritas de superioridade moral. 490 00:35:06,562 --> 00:35:09,232 Coma se ti non conseguises todo o que querías. 491 00:35:09,315 --> 00:35:10,441 Todo. 492 00:35:22,036 --> 00:35:23,454 Deus. 493 00:35:34,841 --> 00:35:36,717 Estou moi canso. 494 00:35:37,468 --> 00:35:39,011 Estou moi canso. 495 00:35:41,681 --> 00:35:44,392 Porque toda a miña vida 496 00:35:44,892 --> 00:35:49,021 non fixen máis ca pelexar e pelexar. 497 00:35:53,651 --> 00:35:55,236 Es a miña muller. 498 00:35:58,489 --> 00:36:00,908 Es a nai do meu fillo. 499 00:36:04,412 --> 00:36:06,622 Non me quero agachar máis. 500 00:36:07,123 --> 00:36:08,040 Non. 501 00:36:11,210 --> 00:36:12,378 Fronte a ti non. 502 00:36:24,599 --> 00:36:25,892 Non tes que facelo. 503 00:36:37,111 --> 00:36:39,488 Por favor, presten atención un momento. 504 00:36:39,572 --> 00:36:40,615 Grazas. 505 00:36:41,532 --> 00:36:45,286 A Sra. Benitez contestará as súas preguntas despois do anuncio, 506 00:36:45,369 --> 00:36:49,749 pero antes pediulle ao Sr. Jarvis que lles explique os antecedentes. 507 00:36:55,254 --> 00:36:57,131 Seguro que moitos xa saben 508 00:36:57,215 --> 00:37:01,010 que meu pai sufriu un ictus grave. 509 00:37:02,220 --> 00:37:06,515 Grazas a todos por desexarlle unha pronta recuperación 510 00:37:06,599 --> 00:37:09,310 e por vir avisándoos con tan pouca antelación. 511 00:37:09,393 --> 00:37:12,897 - Estou aquí para reafirmar… - Canto lle pagas? 512 00:37:12,980 --> 00:37:14,649 Escoitade, é unha vendida! 513 00:37:15,358 --> 00:37:17,026 Isto é corrupción! 514 00:37:17,109 --> 00:37:19,237 É unha vendida! 515 00:37:20,196 --> 00:37:22,531 - Isto é corrupción! - Veña, home. 516 00:37:25,993 --> 00:37:28,829 - Isto é corrupción! Veña, home! - Miren… 517 00:37:30,623 --> 00:37:33,125 Iso é un exemplo perfecto do que ocorre 518 00:37:33,209 --> 00:37:38,381 cando nos atrincheiramos e nos polarizamos tanto 519 00:37:39,257 --> 00:37:41,217 que non podemos chegar a acordos. 520 00:37:41,968 --> 00:37:45,680 Si, é certo que o sector privado é parte do problema. 521 00:37:45,763 --> 00:37:49,350 Pero os nosos representantes tamén teñen que render contas. 522 00:37:49,850 --> 00:37:54,772 Sobre todo, os políticos profesionais que carecen de coraxe para ser coherentes. 523 00:37:55,898 --> 00:37:58,484 Olivia Benitez, en cambio, 524 00:37:59,068 --> 00:38:03,281 é unha líder que non teme dicir o que pensa. 525 00:38:03,364 --> 00:38:07,118 A súa oposición inicial a Jarvis Yards 526 00:38:07,201 --> 00:38:08,995 non sempre resultou cómoda, 527 00:38:09,078 --> 00:38:10,788 pero chamoume a atención 528 00:38:11,289 --> 00:38:14,333 e inspiroume para facer algo concreto. 529 00:38:15,001 --> 00:38:17,753 Hoxe anuncio a miña doazón 530 00:38:18,254 --> 00:38:22,008 dun soar non construído á cidade de Manhattan 531 00:38:22,508 --> 00:38:28,055 para a construción de ata 300 vivendas accesibles. 532 00:38:36,105 --> 00:38:40,860 Olivia falaralles sobre os prazos e os detalles. 533 00:38:40,943 --> 00:38:43,279 Grazas por escoitar e grazas a vostede, 534 00:38:43,779 --> 00:38:45,698 concelleira Benitez por… 535 00:38:47,074 --> 00:38:48,200 polo seu liderado. 536 00:38:59,378 --> 00:39:00,629 É certo. 537 00:39:01,714 --> 00:39:07,428 Nile Jarvis e eu non concordamos en moitas cousas e comezamos con mal pé, 538 00:39:07,511 --> 00:39:09,472 pero encontramos cousas en común. 539 00:39:10,431 --> 00:39:12,266 Díxenche que non tiñas que vir. 540 00:39:12,975 --> 00:39:14,226 Quería vir. 541 00:39:15,478 --> 00:39:17,146 Atopamos puntos en común. 542 00:39:17,229 --> 00:39:19,190 Canto oíches do que dixen? 543 00:39:19,774 --> 00:39:20,733 Todo. 544 00:39:24,987 --> 00:39:26,405 E que tal o fixen? 545 00:39:27,365 --> 00:39:28,407 O Nile de sempre. 546 00:39:30,117 --> 00:39:32,661 Igual me pasei entoando o mea culpa, 547 00:39:32,745 --> 00:39:36,165 pero é o prezo que se paga por volver. Xa estou de volta. 548 00:39:36,248 --> 00:39:38,209 - Nina, estamos de volta. - Non. 549 00:39:45,049 --> 00:39:46,509 Mira o teléfono, Nile. 550 00:39:47,927 --> 00:39:48,886 E logo? 551 00:39:50,137 --> 00:39:51,764 Deixeiche unha mensaxe. 552 00:39:53,140 --> 00:39:54,642 ADXUNTO: 1 AUDIO 553 00:39:54,725 --> 00:39:55,935 NOVA GRAVACIÓN 554 00:40:04,193 --> 00:40:05,569 Matáchela ti, hostia. 555 00:40:06,237 --> 00:40:07,196 Mírame! 556 00:40:07,780 --> 00:40:10,449 Polo menos ten os collóns de dicirmo á cara. 557 00:40:10,533 --> 00:40:12,410 Claro que a matei, hostia! 558 00:40:12,910 --> 00:40:15,246 Fixen o que ti querías que fixese! 559 00:40:15,746 --> 00:40:17,623 Por que me dixeches o dela…? 560 00:40:19,208 --> 00:40:20,543 Os últimos días… 561 00:40:20,626 --> 00:40:23,462 Que hostia pensabas que pasaría? 562 00:40:24,463 --> 00:40:26,424 Non me volverás tocar. 563 00:40:27,466 --> 00:40:28,884 E ao meu fillo tampouco. 564 00:40:30,803 --> 00:40:34,432 Nile Jarvis, queda detido. Ten dereito a gardar silencio. 565 00:40:34,515 --> 00:40:37,309 O que diga poderase usar contra vostede. 566 00:40:46,485 --> 00:40:48,821 Sr. Jarvis, quere manifestar algo? 567 00:40:49,447 --> 00:40:51,365 Sr. Jarvis, quere dicir algo? 568 00:41:19,226 --> 00:41:22,313 Ao comezo, Nile declarouse inocente. 569 00:41:23,314 --> 00:41:27,443 Insistiu en que a gravación fora manipulada e quixo limpar o seu nome. 570 00:41:27,526 --> 00:41:28,986 A BESTA EN MIN 571 00:41:29,069 --> 00:41:32,573 Pero a súa versión derrubouse porque Rick colaborou coa xustiza 572 00:41:32,656 --> 00:41:35,075 a cambio dunha sentenza inferior. 573 00:41:37,786 --> 00:41:41,207 Rick declarou cousas suficientes para encarcerar a Nile. 574 00:41:42,291 --> 00:41:46,837 Pero antes asegurouse de que seu irmán non vise o seu legado destruído. 575 00:41:55,596 --> 00:41:57,223 Policía! Mans á vista! 576 00:41:58,098 --> 00:42:01,810 Ao final, Nile non impugnou os cargos. 577 00:42:03,395 --> 00:42:07,691 Foi condenado a tres cadeas perpetuas sen liberdade condicional. 578 00:42:09,193 --> 00:42:11,654 O único que podía matar alí era o tempo. 579 00:42:12,279 --> 00:42:15,407 E só tiña unha visita para axudarlle. 580 00:42:25,543 --> 00:42:26,919 Ola, veciña. 581 00:42:36,387 --> 00:42:37,471 Que tal estás? 582 00:42:38,639 --> 00:42:40,224 Mellor ca ti, supoño. 583 00:42:40,307 --> 00:42:44,270 Non sei. Lin moito e meditei. Non está tan mal. 584 00:42:45,104 --> 00:42:46,730 Que tal Oyster Bay? 585 00:42:49,024 --> 00:42:50,943 Vendín a casa. 586 00:42:51,569 --> 00:42:53,153 Si, xa era hora. 587 00:42:53,779 --> 00:42:54,947 Vendíchela ben? 588 00:42:57,491 --> 00:42:59,702 Si que precisaba moitas reformas. 589 00:43:04,081 --> 00:43:06,166 O libro aínda non está rematado. 590 00:43:09,003 --> 00:43:13,966 Pero pensei que igual querías dicir algo, agora que… 591 00:43:15,843 --> 00:43:20,514 Pensei que debía ofrecerche a última palabra. 592 00:43:21,599 --> 00:43:23,726 Carallo, que xenerosa! 593 00:43:28,355 --> 00:43:29,565 Impórtache se gravo? 594 00:43:31,525 --> 00:43:34,570 A primeira vez iso non me saíu moi ben. 595 00:43:36,071 --> 00:43:37,740 Pero está ben que preguntes. 596 00:43:42,202 --> 00:43:43,078 É ético. 597 00:43:44,163 --> 00:43:45,706 Non coma Nina, dis? 598 00:43:48,417 --> 00:43:49,793 Non é unha heroína. 599 00:43:50,294 --> 00:43:51,211 Sabes? 600 00:43:51,962 --> 00:43:55,633 O que quería eran os meus cartos. A historia de sempre. 601 00:43:55,716 --> 00:43:58,719 É unha sobrevivente, coma un gato da rúa. 602 00:43:58,802 --> 00:43:59,803 Ben, 603 00:44:00,929 --> 00:44:02,556 dubido que sexa tan simple. 604 00:44:03,140 --> 00:44:05,476 Viu unha ocasión e aproveitouna. 605 00:44:05,559 --> 00:44:07,895 Igual foi a súa conciencia. 606 00:44:07,978 --> 00:44:09,897 Ti non es tan inxenua, Aggie. 607 00:44:10,522 --> 00:44:11,690 E ela tampouco, 608 00:44:12,983 --> 00:44:14,360 como se viu. 609 00:44:21,784 --> 00:44:25,954 Entón, que máis se pode dicir a estas alturas? 610 00:44:26,038 --> 00:44:28,540 Que queres saber que non saibas xa? 611 00:44:28,624 --> 00:44:31,001 Parece que xa me tes ben calado. 612 00:44:36,507 --> 00:44:38,509 Quero saber que ves 613 00:44:40,135 --> 00:44:41,720 cando te miras no espello. 614 00:44:46,725 --> 00:44:48,143 Vouche preguntar algo. 615 00:44:51,855 --> 00:44:54,191 Que sentiches ao ver a Teddy? 616 00:44:54,274 --> 00:44:55,609 Sorprendeuche? 617 00:45:00,072 --> 00:45:01,573 Estaba horrorizada. 618 00:45:03,534 --> 00:45:04,576 E que máis? 619 00:45:10,332 --> 00:45:11,417 E tiven náuseas. 620 00:45:14,795 --> 00:45:16,422 Aínda teño pesadelos. 621 00:45:19,341 --> 00:45:20,926 Nada máis? 622 00:45:23,470 --> 00:45:25,013 Ai, Aggie. 623 00:45:27,808 --> 00:45:29,476 Fixémolo os dous. 624 00:45:30,185 --> 00:45:31,186 Xuntos. 625 00:45:31,270 --> 00:45:32,354 Os dous. 626 00:45:38,944 --> 00:45:42,281 De verdade pensas que somos iguais. 627 00:45:44,408 --> 00:45:45,534 Pero non somos. 628 00:45:49,455 --> 00:45:50,831 Mais aquí estás. 629 00:45:52,916 --> 00:45:55,043 Nunca cansas de min, non? 630 00:45:57,337 --> 00:45:58,756 Por que? 631 00:46:00,924 --> 00:46:03,343 Non che importa o que eu vexo no espello. 632 00:46:05,220 --> 00:46:07,973 Ti queres saber que se sente, non si? 633 00:46:19,610 --> 00:46:20,819 Cóntasmo? 634 00:46:28,327 --> 00:46:30,204 Falamos case tres horas. 635 00:46:30,704 --> 00:46:33,499 Ata que o garda interrompeu a visita. 636 00:46:33,999 --> 00:46:35,501 As normas son as normas. 637 00:46:36,001 --> 00:46:37,836 E quedamos en volver falar. 638 00:46:38,420 --> 00:46:40,756 Pero non puido ser. 639 00:46:42,466 --> 00:46:43,884 Resulta 640 00:46:43,967 --> 00:46:48,722 que Rick non se conformaba con que Nile pasase a vida en uniforme de preso. 641 00:46:51,183 --> 00:46:53,101 Unha gaiola non bastaba. 642 00:46:54,478 --> 00:46:58,649 E pediulles un último favor a uns vellos amigos. 643 00:47:01,944 --> 00:47:04,947 Como interpretar a súa morte? 644 00:47:06,281 --> 00:47:08,158 É xustiza kármica? 645 00:47:08,700 --> 00:47:10,077 Un final feliz? 646 00:47:11,411 --> 00:47:14,164 A vinganza ten o atractivo 647 00:47:14,248 --> 00:47:17,501 de prometer unha distinción clara entre o ben e o mal. 648 00:47:18,085 --> 00:47:19,378 Pero é un espellismo. 649 00:47:19,962 --> 00:47:22,965 Seino porque sentín o seu engado. 650 00:47:24,174 --> 00:47:26,009 Despois de perder o meu fillo, 651 00:47:26,510 --> 00:47:30,389 alimentei a vinganza coma un segundo dó. 652 00:47:31,098 --> 00:47:33,016 Unha compañeira sagrada. 653 00:47:35,602 --> 00:47:39,231 Conteime a min mesma unha historia sobre o ben e o mal. 654 00:47:40,148 --> 00:47:43,360 Sobre castigar o culpable. 655 00:47:44,611 --> 00:47:46,864 Nile cheirou a miña sede de sangue 656 00:47:47,364 --> 00:47:50,868 e axudou a traer esa historia ao mundo. 657 00:47:55,873 --> 00:47:57,833 Absorbeu a miña carraxe 658 00:47:58,333 --> 00:48:05,215 e, coma un anxo negro, sacou á luz un desexo demasiado horrible para nomealo, 659 00:48:06,300 --> 00:48:09,636 deixando outra nai de loito polo seu fillo. 660 00:48:10,262 --> 00:48:13,765 Outra carraxe a medrar sen control. 661 00:48:15,225 --> 00:48:18,562 Unha vinganza dando lugar a outra vinganza. 662 00:48:21,023 --> 00:48:22,357 Unha ferida… 663 00:48:24,693 --> 00:48:26,445 que nunca cura. 664 00:48:33,493 --> 00:48:36,747 Eu son cómplice deste círculo vicioso. 665 00:48:38,624 --> 00:48:41,209 Non teño as mans limpas. 666 00:48:42,127 --> 00:48:43,128 Ei. 667 00:48:43,629 --> 00:48:44,963 - Viñeches. - Claro. 668 00:48:46,214 --> 00:48:47,799 Aggie, esta é Meg. 669 00:48:47,883 --> 00:48:50,135 Alégrome de coñecerte por fin. 670 00:48:50,218 --> 00:48:52,679 - Igualmente. Parabéns. - Grazas. 671 00:48:52,763 --> 00:48:55,265 É fantástico. Xa sei que o sabes, pero… 672 00:48:55,349 --> 00:48:58,268 Pero nunca se cansa de escoitalo. 673 00:48:58,352 --> 00:49:00,771 Meg, esta é a miña editora, Carol. 674 00:49:00,854 --> 00:49:02,230 - Ola. Encantada. - Ola. 675 00:49:02,314 --> 00:49:04,274 Todo final é un comezo. 676 00:49:04,900 --> 00:49:08,695 Pasamos páxina, pero non podemos fuxir da nosa historia. 677 00:49:09,196 --> 00:49:12,282 Iso é o que significa o karma dos budistas. 678 00:49:12,783 --> 00:49:15,994 Para eles, o karma non é unha vinganza cósmica. 679 00:49:16,495 --> 00:49:19,706 O universo vingándose desde arriba. 680 00:49:21,041 --> 00:49:22,042 Para eles, 681 00:49:22,709 --> 00:49:26,213 o karma é máis ben coma a semente que plantamos. 682 00:49:26,755 --> 00:49:27,881 Que tal o meu neno? 683 00:49:28,382 --> 00:49:30,258 Semente que transmitimos. 684 00:49:30,342 --> 00:49:31,218 Si. 685 00:49:32,135 --> 00:49:33,804 Recollemos o que sementamos 686 00:49:34,304 --> 00:49:36,473 nesta vida ou na próxima. 687 00:49:38,225 --> 00:49:40,060 O karma é a nosa herdanza… 688 00:49:40,143 --> 00:49:41,228 A BESTA EN MIN 689 00:49:41,311 --> 00:49:42,896 …e o dereito de nacemento. 690 00:49:42,980 --> 00:49:44,022 Si. 691 00:49:44,106 --> 00:49:46,149 Pero, definámolo como o definamos, 692 00:49:47,150 --> 00:49:48,986 Nile tiña razón nunha cousa. 693 00:49:51,363 --> 00:49:53,073 O karma é un cabrón. 694 00:49:53,615 --> 00:49:56,201 A BESTA EN MIN MEMORIAS 695 00:50:06,545 --> 00:50:07,379 Tranquilo. 696 00:50:08,463 --> 00:50:09,589 Non é nada. 697 00:51:43,141 --> 00:51:46,061 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa