1 00:00:21,941 --> 00:00:24,701 THOMAS EDWARD BRENT FALECIDO O 22 DE ABRIL DE 1915 ÓS 18 ANOS 2 00:01:10,781 --> 00:01:11,621 Está vivo. 3 00:01:12,901 --> 00:01:16,061 Jimmy. Pensei que estabas morto. 4 00:01:16,141 --> 00:01:17,781 Quen foi? Quen che disparou? 5 00:01:17,861 --> 00:01:20,461 Se me permite, lady Eileen. Grazas. 6 00:01:22,621 --> 00:01:24,421 - Colleuno? - A quen, señor? 7 00:01:25,901 --> 00:01:26,981 O enmascarado. 8 00:01:28,701 --> 00:01:31,061 Oín un ruído, así que baixei 9 00:01:31,141 --> 00:01:33,901 e atopeino intentando escapar pola ventá. 10 00:01:33,981 --> 00:01:35,901 O individuo era forte coma un touro. 11 00:01:36,421 --> 00:01:37,901 Onde está o doutor Matip? 12 00:01:40,061 --> 00:01:42,221 Parece que non baixou. 13 00:01:44,621 --> 00:01:47,301 Lady Eileen, espere. 14 00:01:54,821 --> 00:01:55,661 Está morto? 15 00:01:55,741 --> 00:01:56,781 Non. 16 00:01:59,301 --> 00:02:04,021 Non o fulminaron, parece máis ben que o sedaron lixeiramente. 17 00:02:05,221 --> 00:02:07,741 É o mesmo somnífero que matou a Gerry. 18 00:02:08,381 --> 00:02:09,981 O que lady Coote lle deu a Emily. 19 00:02:11,741 --> 00:02:12,661 Non o ve? 20 00:02:13,621 --> 00:02:16,021 Outro envelenamento e un intento de asasinato. 21 00:02:17,101 --> 00:02:20,381 - Non é obvio o que está pasando? - Obvio non é, non. 22 00:02:20,461 --> 00:02:23,261 Creo que certas cousas non son o que parecen 23 00:02:23,341 --> 00:02:25,621 e outras cousas 24 00:02:26,661 --> 00:02:28,261 son exactamente o que parecen. 25 00:02:29,101 --> 00:02:30,741 Pero que me di con iso? 26 00:02:30,821 --> 00:02:32,781 As pertenzas do doutor Matip. 27 00:02:34,101 --> 00:02:35,301 Alguén as roubou. 28 00:02:48,701 --> 00:02:52,181 Damas e cabaleiros, o recinto está asegurado. 29 00:02:52,261 --> 00:02:55,581 Ninguén poderá saír sen o meu permiso. 30 00:02:55,661 --> 00:02:59,701 O doutor xa atendeu o señor Thesiger e está agora co doutor Matip. 31 00:02:59,781 --> 00:03:02,461 Battle, isto non pode quedar así. 32 00:03:02,981 --> 00:03:07,101 Asegureille ó doutor Matip que non había lugar máis seguro ca este. 33 00:03:07,181 --> 00:03:09,901 O primeiro ministro pedirá a miña cabeza. 34 00:03:09,981 --> 00:03:10,941 Faga algo. 35 00:03:11,021 --> 00:03:12,661 Xa o fixen, señor Lomax. 36 00:03:12,741 --> 00:03:15,741 Os meus homes detiveron unha delincuente que intentaba entrar. 37 00:03:15,821 --> 00:03:17,181 - Traédea. - Si, señor. 38 00:03:24,581 --> 00:03:25,981 - Loraine? - Loraine? 39 00:03:26,741 --> 00:03:29,301 Ola, Jimmy. Creo que fixen unha parvada. 40 00:03:29,381 --> 00:03:30,501 Coñece a señorita? 41 00:03:30,581 --> 00:03:32,741 - Si, os dous. - Estou aquí por Jimmy. 42 00:03:33,661 --> 00:03:36,941 Fuches o único que me tratou ben dende que morreu Gerry. 43 00:03:38,061 --> 00:03:41,221 Pensei que estarías en perigo e non puiden evitalo. 44 00:03:41,301 --> 00:03:43,221 Loraine, non tiña nin idea. 45 00:03:43,301 --> 00:03:45,861 Desculpen, alguén a rexistrou? 46 00:03:45,941 --> 00:03:47,661 Si, señor. Non temos nada contra ela. 47 00:03:47,741 --> 00:03:49,941 - Que ía facer eu? - Testificarei. 48 00:03:50,021 --> 00:03:51,861 O que intentou liquidarme era unha mole. 49 00:03:53,781 --> 00:03:55,261 Onde está sir Oswald? 50 00:03:55,901 --> 00:03:58,501 Moi boa pregunta, lady Eileen. 51 00:03:58,581 --> 00:04:00,541 - Iso creo. - Xuraría que o vin. 52 00:04:01,061 --> 00:04:04,301 Non, non baixou a pesar de todo este rebumbio. 53 00:04:04,381 --> 00:04:07,621 Non é propio del. Normalmente sería o primeiro en queixarse. 54 00:04:18,261 --> 00:04:20,101 Que fan todos aquí a pé? 55 00:04:20,661 --> 00:04:22,661 Onde estabas, Oswald? 56 00:04:22,741 --> 00:04:26,421 Ah, fun dar un paseo. E atopei isto. 57 00:04:34,101 --> 00:04:36,181 Vexo que dispararon o rapaz. 58 00:04:36,261 --> 00:04:37,221 Si. 59 00:04:37,901 --> 00:04:39,861 Si, atopeina no xardín. 60 00:04:39,941 --> 00:04:42,301 Si. Grazas. Xa a collo eu. 61 00:04:43,581 --> 00:04:45,341 Unha Mauser, parece. 62 00:04:45,421 --> 00:04:48,141 Permítame dicirlle que sería máis prudente 63 00:04:48,221 --> 00:04:50,101 deixala xusto como a atopou. 64 00:04:51,181 --> 00:04:52,661 Non sabe canto o sinto. 65 00:04:53,261 --> 00:04:55,461 Que facía no xardín, sir Oswald? 66 00:04:56,821 --> 00:05:00,101 Non podía durmir, fun dar un paseo e atopeina. 67 00:05:01,701 --> 00:05:02,861 - Ah, si? - Si. 68 00:05:03,741 --> 00:05:05,981 Caeríalle ó agresor de Jimmy 69 00:05:07,181 --> 00:05:09,181 cando saíu por patas. 70 00:05:11,141 --> 00:05:13,181 Vexo que me perdín un bo balbordo. 71 00:05:15,181 --> 00:05:17,341 E hai unha rapaza de máis. Quen é? 72 00:05:17,421 --> 00:05:20,341 Debo pedirlles que volvan ós seus cuartos 73 00:05:20,421 --> 00:05:24,021 mentres eu e os meus homes nos encargamos disto. 74 00:05:25,221 --> 00:05:29,341 Señor Lomax, aloxarei a recén chegada nun dos cuartos temporalmente. 75 00:05:29,421 --> 00:05:31,501 Permanecerá baixo supervisión. 76 00:05:31,581 --> 00:05:36,181 Ben, o recinto está completamente vixiado. Ninguén pode entrar ou saír. 77 00:05:36,261 --> 00:05:39,541 Espero poder darlles máis información tras o amencer, 78 00:05:39,621 --> 00:05:42,941 pero polo de agora, ós seus cuartos, por favor. 79 00:06:24,341 --> 00:06:25,181 Señor Lomax. 80 00:06:25,261 --> 00:06:29,141 Non se altere. Os policías seguen de servizo. 81 00:06:31,901 --> 00:06:33,741 Vexo que tampouco puido durmir. 82 00:06:33,821 --> 00:06:35,581 Os dous somos tan, 83 00:06:36,701 --> 00:06:39,181 perdón pola expresión, sympa. 84 00:06:40,781 --> 00:06:43,181 - Sómolo? - Non tema. Non cruzarei o límite. 85 00:06:43,261 --> 00:06:47,221 Nin soñaría con ir máis alá. Aínda que un é libre de soñar. 86 00:06:47,301 --> 00:06:49,981 - Quería algo? - Vexo que xa o intúe. 87 00:06:50,061 --> 00:06:51,421 Sabía que o faría. 88 00:06:51,501 --> 00:06:55,621 Posúe un instinto natural, por pouco adestrado que estea. 89 00:06:58,981 --> 00:07:00,861 A que veu ó meu cuarto? 90 00:07:00,941 --> 00:07:02,501 Debo ser directo. 91 00:07:02,581 --> 00:07:05,941 É o que vostede querería, forma parte da súa esencia. 92 00:07:07,221 --> 00:07:10,101 Sé directo, Lomax, ou todo sairá ó revés. 93 00:07:10,701 --> 00:07:12,141 Está ben? 94 00:07:14,501 --> 00:07:15,741 Espero estalo. 95 00:07:16,421 --> 00:07:17,581 Espéroo de corazón. 96 00:07:18,941 --> 00:07:21,021 Se me concedese o privilexio de tomar a súa... 97 00:07:22,901 --> 00:07:24,021 Santo ceo. 98 00:07:25,901 --> 00:07:27,421 Non pretenderá...? 99 00:07:27,501 --> 00:07:29,661 Xa o entendeu. Como era de esperar. 100 00:07:30,981 --> 00:07:33,981 - Señor Lomax, estame a pedir matrimonio? - Así é. 101 00:07:35,861 --> 00:07:37,581 O único que pido a cambio 102 00:07:37,661 --> 00:07:42,501 é un pequeno sinal de que acepta o amor e afecto que sinto por vostede. 103 00:07:45,461 --> 00:07:46,421 Lady Eileen? 104 00:07:50,061 --> 00:07:51,341 Lady Eileen? 105 00:08:09,301 --> 00:08:11,461 Bos días, lady Eileen. 106 00:08:11,541 --> 00:08:13,781 Confío en que todo estea en orde. 107 00:08:13,861 --> 00:08:15,421 Pois non de todo. 108 00:08:16,221 --> 00:08:19,341 Acabo de fuxir por pouco dunha proposta de matrimonio. 109 00:08:19,421 --> 00:08:20,741 De George Lomax. 110 00:08:21,581 --> 00:08:22,941 Que opina ó respecto? 111 00:08:23,021 --> 00:08:26,581 A pregunta máis pertinente sería que opina vostede. 112 00:08:26,661 --> 00:08:29,581 Non quero nin pensalo. Non me gusta nin o máis mínimo. 113 00:08:29,661 --> 00:08:30,981 En fin, que buscamos? 114 00:08:32,421 --> 00:08:34,581 Non buscamos nada. 115 00:08:34,661 --> 00:08:37,101 Está moi equivocado, superintendente. 116 00:08:37,781 --> 00:08:40,581 Por favor, explíqueme que lle preocupa do xardín. 117 00:08:40,661 --> 00:08:44,621 Preocúpame o asunto das pegadas. 118 00:08:44,701 --> 00:08:47,901 As de sir Oswald? Ou as do agresor de Jimmy? 119 00:08:50,101 --> 00:08:51,261 Non, espere. 120 00:08:52,661 --> 00:08:53,861 Só hai dunha persoa. 121 00:08:55,741 --> 00:08:56,581 Así é. 122 00:08:57,261 --> 00:08:58,781 Esa marca. 123 00:09:02,821 --> 00:09:04,821 Aí é onde atopou sir Oswald a pistola? 124 00:09:05,341 --> 00:09:06,821 Iso debemos presumir, si. 125 00:09:07,541 --> 00:09:09,941 E caeulle ó agresor de Jimmy cando fuxía. 126 00:09:12,741 --> 00:09:16,221 Pero se so hai pegadas dunha persoa, non é posible. 127 00:09:18,301 --> 00:09:21,261 Pero sir Oswald dixo que atopara a arma no xardín. 128 00:09:22,661 --> 00:09:24,261 Entendo a súa inquedanza. 129 00:09:25,421 --> 00:09:27,061 Só hai pegadas dunha persoa, 130 00:09:27,141 --> 00:09:29,901 pero fannos crer que houbo dúas persoas aquí fóra. 131 00:09:32,981 --> 00:09:34,661 Non ten sentido, non? 132 00:09:36,141 --> 00:09:37,821 Moitas cousas non o teñen. 133 00:09:40,261 --> 00:09:42,461 Deixou unha señora marca esa pistola. 134 00:09:43,941 --> 00:09:45,741 Estragou este fermoso céspede. 135 00:09:46,341 --> 00:09:49,781 Aínda que é raro se só se lle caeu a alguén que escapaba. 136 00:09:50,621 --> 00:09:52,741 Eu contemplo a teoría... 137 00:09:54,061 --> 00:09:55,541 de que alguén a tirou. 138 00:09:56,421 --> 00:09:58,421 Dende unha distancia considerable. 139 00:09:59,941 --> 00:10:01,581 Con bastante ímpeto. 140 00:10:08,021 --> 00:10:09,541 Que pensa de sir Oswald? 141 00:10:10,981 --> 00:10:13,021 Penso moitas cousas, lady Eileen, 142 00:10:13,101 --> 00:10:17,501 pero ata que pensar se converta en saber, prefiro non dicilas en alto. 143 00:10:18,541 --> 00:10:20,101 Que enfoque tan innovador. 144 00:10:22,741 --> 00:10:24,421 Espero que se poña de moda. 145 00:10:28,181 --> 00:10:33,621 Pedinlles ós meus homes que reunisen a todos dentro. 146 00:10:34,181 --> 00:10:35,781 Foi de grande axuda. 147 00:10:37,301 --> 00:10:40,181 En serio? En que sentido? 148 00:10:40,261 --> 00:10:42,301 Dúas balas. 149 00:10:43,141 --> 00:10:46,221 Unha apareceu neste cuarto, 150 00:10:46,301 --> 00:10:49,141 a outra, fóra. 151 00:10:49,221 --> 00:10:50,181 Ben... 152 00:10:50,261 --> 00:10:51,101 Señorita Wade... 153 00:10:51,741 --> 00:10:53,581 - Esta bala... - Señorita Wade. 154 00:10:53,661 --> 00:10:54,901 ...disparouse... 155 00:10:54,981 --> 00:10:56,781 Lady Coote, algún problema? 156 00:10:56,861 --> 00:10:57,701 Si. 157 00:10:58,661 --> 00:11:00,821 - Fáltalle un pendente. - Si? 158 00:11:00,901 --> 00:11:02,421 - E se nos concentramos...? - Si. 159 00:11:02,501 --> 00:11:05,581 Regaloumos meu irmán. Estará no meu cuarto. Teño que ir buscalo. 160 00:11:05,661 --> 00:11:07,901 Pode acompañarme un dos seus axentes? 161 00:11:07,981 --> 00:11:09,541 Non tardaremos nada. 162 00:11:11,181 --> 00:11:13,821 Turner, vai ti, rapaz. Que sexa rápido. 163 00:11:19,821 --> 00:11:21,501 Como se sente, doutor Matip? 164 00:11:22,341 --> 00:11:23,181 Enganado. 165 00:11:23,701 --> 00:11:26,261 Vin porque me prometeron seguridade absoluta. 166 00:11:27,461 --> 00:11:31,101 Drogáronme. Roubáronme o traballo de toda a miña vida. 167 00:11:31,181 --> 00:11:33,661 E alguén dos aquí presentes sabe máis do que di. 168 00:11:33,741 --> 00:11:35,981 A iso chegaremos, doutor Matip. 169 00:11:36,821 --> 00:11:39,621 E a fórmula non puido saír do recinto. 170 00:11:39,701 --> 00:11:42,381 Confío plenamente no superintendente. 171 00:11:42,461 --> 00:11:45,181 A min preocúpame quen me disparou onte á noite. 172 00:11:45,261 --> 00:11:47,421 - Xa... En fin... - Pode que volva? 173 00:11:47,501 --> 00:11:49,061 Ou está neste cuarto? 174 00:11:51,261 --> 00:11:54,581 Sentado entre nós, á vista de todos. 175 00:11:55,221 --> 00:11:56,261 Que? 176 00:11:56,901 --> 00:11:59,461 Que está insinuando, Thesiger? 177 00:11:59,541 --> 00:12:01,661 Cabaleiros, damas, por favor. 178 00:12:01,741 --> 00:12:06,261 Todo ó seu debido tempo. Como dicía, dúas balas... 179 00:12:06,341 --> 00:12:08,061 Que é isto, superintendente? 180 00:12:08,861 --> 00:12:11,061 Lady Eileen, encantaríame poder expl... 181 00:12:11,141 --> 00:12:12,541 Está ben. 182 00:12:16,421 --> 00:12:17,581 Proba Z. 183 00:12:18,101 --> 00:12:21,061 Isto é, ou máis ben foi no seu día, unha luva. 184 00:12:21,141 --> 00:12:26,301 Apareceu na cheminea. Case completamente queimada. 185 00:12:26,381 --> 00:12:29,421 Alguén se anima a probala? 186 00:12:36,941 --> 00:12:38,261 Próboa eu se quere. 187 00:12:38,341 --> 00:12:40,141 Grazas, señor. Moi amable. 188 00:12:42,061 --> 00:12:43,141 Aí a ten. 189 00:12:44,741 --> 00:12:46,061 Está moi resgada. 190 00:12:49,021 --> 00:12:52,341 Iso son marcas de dentes? Por que ía telas? 191 00:12:56,381 --> 00:12:58,501 Ven? Moi grande. 192 00:12:58,581 --> 00:13:01,341 Quédalle demasiado grande, señor. 193 00:13:01,421 --> 00:13:02,341 Grazas. 194 00:13:02,421 --> 00:13:03,741 De nada. 195 00:13:04,861 --> 00:13:08,341 E agora volvamos, por favor, ó asunto das dúas balas, 196 00:13:08,421 --> 00:13:11,781 unha atopada neste cuarto e a outra, fóra. 197 00:13:11,861 --> 00:13:16,701 Esta bala disparouse dende a Colt 11 do señor Thesiger. 198 00:13:16,781 --> 00:13:17,901 Leopold. 199 00:13:17,981 --> 00:13:18,981 Grazas. Leop... 200 00:13:20,381 --> 00:13:22,421 Rozou o marco da ventá 201 00:13:22,501 --> 00:13:25,901 e atopeina incrustada no tronco dese teixo. 202 00:13:25,981 --> 00:13:27,501 Porén, esta pequena 203 00:13:28,501 --> 00:13:31,941 disparouse dende a Mauser 32 semiautomática 204 00:13:32,541 --> 00:13:35,781 e, tras atravesar o brazo do señor Thesiger... 205 00:13:35,861 --> 00:13:37,781 Unha extremidade á que sigo moi apegado. 206 00:13:37,861 --> 00:13:40,261 - Vale, grazas, señor Thesiger. - Perdón. 207 00:13:40,781 --> 00:13:45,861 Acabou encaixada nesta butaca. 208 00:13:45,941 --> 00:13:49,901 Disparouse dende a arma atopada no xardín por sir Oswald, 209 00:13:49,981 --> 00:13:52,861 cuxas pegadas seguen sendo as únicas presentes nela. 210 00:13:52,941 --> 00:13:56,461 A menos que quenquera que a manipulase levase luvas, claro. 211 00:13:57,501 --> 00:14:00,501 Sigo sen entender o das marcas de dentes. Por que...? 212 00:14:01,101 --> 00:14:02,861 - Perdón. Continúe. - Grazas. 213 00:14:05,181 --> 00:14:09,741 Podería algún dos cabaleiros aquí presentes coller esta pistola 214 00:14:10,541 --> 00:14:13,421 e tirala? 215 00:14:13,501 --> 00:14:14,901 Sir Oswald, por exemplo? 216 00:14:16,421 --> 00:14:18,341 - Eu? - Ah, moi amable, señor. 217 00:14:18,941 --> 00:14:21,861 Veña por aquí, cara á ventá. 218 00:14:22,621 --> 00:14:23,461 Adiante. 219 00:14:25,981 --> 00:14:28,581 E láncea ó medio do xardín. 220 00:14:29,261 --> 00:14:31,221 - Que a lance? - Sé é tan amable. 221 00:14:31,301 --> 00:14:33,821 Láncea como Deus manda 222 00:14:33,901 --> 00:14:35,141 mentres eu saio fóra. 223 00:14:39,221 --> 00:14:40,941 Podémonos fiar deste policía? 224 00:14:41,701 --> 00:14:44,621 Quen é para pedirlle a sir Oswald que lance cousas así? 225 00:14:44,701 --> 00:14:47,221 Intentamos descubrir que pasou, lady Coote. 226 00:14:47,301 --> 00:14:48,341 Vale. 227 00:14:57,741 --> 00:14:59,061 Cando queira. 228 00:15:09,701 --> 00:15:11,501 Excelente lanzamento, sir Oswald. 229 00:15:12,021 --> 00:15:15,101 - Non fai falta que me gabes, Bateman. - Ten razón, señor. 230 00:15:15,181 --> 00:15:17,101 Non lles parece un pouco estraño 231 00:15:17,181 --> 00:15:20,581 poñerse a lanzar armas antes de nin sequera espertar o apetito? 232 00:15:25,021 --> 00:15:27,141 Satisfeito, superintendente? 233 00:15:27,221 --> 00:15:30,021 Si. Grazas, sir Oswald. 234 00:15:30,821 --> 00:15:35,221 A pistola deixou exactamente a mesma marca que antes. 235 00:15:36,141 --> 00:15:39,941 Aínda que logrou lanzala uns dez metros máis lonxe, 236 00:15:40,021 --> 00:15:43,981 pero é porque vostede é un home de complexión moi forte, non si? 237 00:15:44,061 --> 00:15:46,181 Non teño claro que insinúa, Battle. 238 00:15:46,261 --> 00:15:48,341 Nada, señor. Só comprobo os feitos. 239 00:15:48,421 --> 00:15:50,941 Eu véxoo bastante claro. 240 00:15:51,701 --> 00:15:54,381 O agresor, tras drogar a Matip, 241 00:15:54,461 --> 00:15:56,861 roubarlle os documentos e baixar pola hedra, 242 00:15:56,941 --> 00:15:58,621 atopouse con Thesiger, 243 00:15:58,701 --> 00:16:02,621 disparoulle, pum, deixouno incapacitado, 244 00:16:02,701 --> 00:16:04,461 despois lanzou a arma 245 00:16:04,541 --> 00:16:06,901 e saíu correndo pola terraza cara ó camiño de grava! 246 00:16:06,981 --> 00:16:11,021 Onde o capturarían os meus homes, como fixeron coa señorita Wade. 247 00:16:11,101 --> 00:16:13,581 A mesma señorita que segue ausente. 248 00:16:15,701 --> 00:16:18,301 Creo que vou ir buscala eu mesmo. 249 00:16:19,221 --> 00:16:21,381 Esperen todos aquí, por favor. 250 00:16:21,461 --> 00:16:23,901 Axente! Que ninguén marche. 251 00:16:23,981 --> 00:16:24,901 Por suposto. 252 00:16:25,541 --> 00:16:26,941 Obviamente eu non conto. 253 00:16:28,621 --> 00:16:29,941 Turner. 254 00:16:30,021 --> 00:16:31,821 Ai, non. 255 00:16:33,341 --> 00:16:36,461 Meu Deus, si que lle deron un bo golpe. 256 00:16:36,541 --> 00:16:37,901 Nin rastro de Loraine. 257 00:16:49,181 --> 00:16:52,581 E agora que pasa, superintendente? Oímos un coche. 258 00:16:52,661 --> 00:16:54,661 O seu, con Loraine Wade fuxindo nel. 259 00:16:54,741 --> 00:16:56,061 - Que? - Rapaces, vamos. 260 00:16:56,141 --> 00:16:57,221 - Que? - Que? 261 00:16:57,301 --> 00:16:59,461 Daquela foi Loraine quen te atacou? 262 00:16:59,541 --> 00:17:01,381 Sei diferenciar un home dunha muller. 263 00:17:01,461 --> 00:17:04,101 - Lady Eileen, é a miña investigación. - Pois apúrese. 264 00:17:04,181 --> 00:17:07,061 - Non. Superintendente, por aí non. - Que? 265 00:17:07,141 --> 00:17:09,141 Pedín que metesen o seu coche atrás. 266 00:17:09,221 --> 00:17:10,701 É un pouco antiestético. 267 00:17:11,301 --> 00:17:12,261 En serio? 268 00:17:17,621 --> 00:17:19,981 Irei pola estrada principal, quererá fuxir rápido. 269 00:17:20,061 --> 00:17:22,901 Se cadra vai á estación para cambiar de transporte. 270 00:17:22,981 --> 00:17:25,581 Falas coma un xenio do crime, Jimmy. 271 00:17:25,661 --> 00:17:27,061 Grazas, William. 272 00:17:27,861 --> 00:17:30,061 Coidado. Queremos sobrevivir a esta viaxe. 273 00:17:30,141 --> 00:17:32,341 Non critiques a miña condución, Jimmy. 274 00:17:32,421 --> 00:17:34,461 Xa levo un día bastante insufrible 275 00:17:34,541 --> 00:17:37,781 entre o de Loraine e a horrible proposta de matrimonio. 276 00:17:37,861 --> 00:17:40,941 - Que? Quen cho propuxo? - George Lomax. Atroz. 277 00:17:41,541 --> 00:17:44,541 - Pero non podes casar con Lomax. - Estou de acordo. 278 00:17:44,621 --> 00:17:47,781 - Terías unha vida moi cómoda. - Non quero unha vida cómoda. 279 00:17:47,861 --> 00:17:50,101 Visto como conduces, iso está claro. 280 00:17:55,061 --> 00:17:56,901 Bundle, frea! 281 00:18:01,101 --> 00:18:02,421 Vedes? Que vos dixen? 282 00:18:02,501 --> 00:18:04,101 ESTACIÓN DE MARKET BASING 283 00:18:06,381 --> 00:18:07,661 Mirade nas vías. 284 00:18:09,821 --> 00:18:13,741 - Aparten. Emerxencia nacional. - Mirade nestas! Eu vou á tres e á catro! 285 00:18:14,981 --> 00:18:16,221 Pasaxeiros ó tren! 286 00:18:17,261 --> 00:18:18,541 Non. Síntoo. 287 00:18:20,581 --> 00:18:23,701 Bundle, aí. Na vía un. Está subindo ó tren. Vamos! 288 00:18:23,781 --> 00:18:24,821 - Bundle. - Non. Fóra! 289 00:18:24,901 --> 00:18:25,901 - Síntoo. - Aparten. 290 00:18:25,981 --> 00:18:27,501 - Desculpen! - Non! 291 00:18:28,741 --> 00:18:30,621 - Jimmy. - Vou. Retén o tren! 292 00:18:30,701 --> 00:18:32,981 - Apúrese. - Grazas, señor. Grazas. 293 00:18:46,421 --> 00:18:49,501 Ola, non verían unha muller apresurada cun sobre na man? 294 00:18:49,581 --> 00:18:50,861 Ten cara de culpable. 295 00:18:50,941 --> 00:18:53,261 - Non? - Ninguén? Non? 296 00:18:54,021 --> 00:18:55,061 É moi guapa. 297 00:18:55,141 --> 00:18:58,781 Por que non me adianto un par de vagóns mentres revisades os asentos? 298 00:18:58,861 --> 00:19:01,621 - Os tres aquí non facemos nada. - Paréceche sensato? 299 00:19:01,701 --> 00:19:04,141 Xa viches que puido cun policía. 300 00:19:04,221 --> 00:19:06,101 Non lle teño medo, Jimmy. 301 00:19:07,061 --> 00:19:08,701 Bill, de onde sacaches iso? 302 00:19:08,781 --> 00:19:11,101 Collina cando escoitei o balbordo en Wyvern. 303 00:19:11,181 --> 00:19:12,181 É unha proba. 304 00:19:12,261 --> 00:19:14,061 Teño que protexerte, Bundle. 305 00:19:19,101 --> 00:19:23,701 É cousa miña ou aquí o amigo William está actuando un pouco raro? 306 00:19:23,781 --> 00:19:26,181 Por que tanto interese en adiantarse? 307 00:19:26,261 --> 00:19:27,701 Que intentas dicir? 308 00:19:29,541 --> 00:19:33,181 E se Bill drogou a Matip para roubarlle a fórmula 309 00:19:33,261 --> 00:19:37,381 e lla lanzou a Loraine, que estaba asexando nos xardíns, 310 00:19:37,461 --> 00:19:40,781 e logo me atacou para distraer a atención e que así ela escapase? 311 00:19:41,501 --> 00:19:43,141 Non estaba no seu cuarto cando fun. 312 00:19:43,221 --> 00:19:46,181 Coñecía o plan de vixilancia, sabía onde ía estar eu 313 00:19:46,261 --> 00:19:48,181 e sabía que tiña unha vía libre. 314 00:19:50,301 --> 00:19:53,101 Estaba comigo cando fun por primeira vez ás Sete Esferas, 315 00:19:53,181 --> 00:19:55,101 cando quedei encerrada naquel cuarto. 316 00:19:56,141 --> 00:19:59,781 Daquela cres que el e Loraine son cómplices? 317 00:19:59,861 --> 00:20:02,461 Creo que debemos ter coidado. 318 00:20:04,661 --> 00:20:05,501 Perdoa. 319 00:20:21,181 --> 00:20:23,261 - Bill? - Bundle? 320 00:20:24,021 --> 00:20:26,541 Estou aquí. Xa é miña. 321 00:20:26,621 --> 00:20:29,461 Que oportuno. Ten coidado, Bundle. 322 00:20:29,541 --> 00:20:32,621 Tiña a mostra e mais a fórmula. Iso demostra que é culpable. 323 00:20:32,701 --> 00:20:35,981 Xa lle intentei explicar que se equivoca. Podo explicalo. 324 00:20:36,061 --> 00:20:37,461 Vas ter que facelo. 325 00:20:40,141 --> 00:20:42,741 Por que fuxiches coa fórmula? 326 00:20:42,821 --> 00:20:43,821 Por Gerry. 327 00:20:44,701 --> 00:20:45,781 Matárono por iso. 328 00:20:45,861 --> 00:20:48,661 - Fágoo para honralo. - Non creo nada do que dis. 329 00:20:51,941 --> 00:20:54,141 Cres que podes confiar nestes homes? 330 00:20:54,221 --> 00:20:56,701 - Gerry non o facía. - Deixa de falar del. 331 00:20:57,461 --> 00:20:59,741 Cres que o podes usar para librarte? 332 00:21:05,181 --> 00:21:08,781 Drogaches o doutor Matip co mesmo somnífero que matou a Gerry. 333 00:21:09,621 --> 00:21:12,661 Pensaba que fora lady Coote, pero agora sei que fuches ti. 334 00:21:14,501 --> 00:21:16,141 Estabas na festa en Chimneys. 335 00:21:18,301 --> 00:21:19,661 Envelenaches a Gerry. 336 00:21:21,261 --> 00:21:22,381 Estás equivocada. 337 00:21:23,821 --> 00:21:25,821 Pero fáltame algo na ecuación. 338 00:21:27,221 --> 00:21:29,741 - Non puideches agredir a Jimmy. - Téñoo controlado. 339 00:21:29,821 --> 00:21:31,061 Bill, cala. 340 00:21:33,501 --> 00:21:35,581 - Ensíname o billete. - Que? 341 00:21:35,661 --> 00:21:36,621 Como dis? 342 00:21:36,701 --> 00:21:38,421 Que me ensines o billete. 343 00:21:41,421 --> 00:21:43,381 Se non, Bill dispararache. Non si? 344 00:21:43,981 --> 00:21:45,181 Si. 345 00:21:51,461 --> 00:21:54,101 Es unha persoa estraña a rabiar. 346 00:21:54,181 --> 00:21:56,341 Hai un encargado de comprobar os billetes. 347 00:21:56,421 --> 00:21:58,381 - Non entendo... - Jimmy, atende. 348 00:22:02,741 --> 00:22:04,101 Estaba todo planeado. 349 00:22:06,621 --> 00:22:09,661 Na abadía tivo tempo para planear a súa fuga. 350 00:22:11,181 --> 00:22:13,101 E así coller este tren en concreto. 351 00:22:16,421 --> 00:22:18,741 Pensei que alguén te esperaría ó final da liña, 352 00:22:18,821 --> 00:22:22,301 pero con este billete só podes ir ata a seguinte parada. 353 00:22:25,741 --> 00:22:27,821 É alí onde vas entregar a fórmula? 354 00:22:42,221 --> 00:22:43,581 Bótame unha man, Jimmy. 355 00:22:46,981 --> 00:22:48,461 Jimmy, baixa a arma. 356 00:22:51,301 --> 00:22:52,461 Jimmy, non. 357 00:22:52,541 --> 00:22:53,781 Loraine. 358 00:22:56,781 --> 00:23:00,341 Sinto dicirche que son eu o que falta na ecuación. 359 00:23:02,541 --> 00:23:04,021 A luva na cheminea. 360 00:23:06,661 --> 00:23:09,381 Por iso ó superintendente lle interesaba tanto. 361 00:23:11,061 --> 00:23:12,501 E as marcas de dentes. 362 00:23:15,021 --> 00:23:17,421 - Agora todo ten sentido. - Que dis? 363 00:23:18,141 --> 00:23:19,941 Colles a arma coa man esquerda. 364 00:23:21,381 --> 00:23:22,461 E que? 365 00:23:24,981 --> 00:23:26,941 Non houbo ningún agresor en Wyvern Abbey. 366 00:23:28,301 --> 00:23:29,381 Finxíchelo todo. 367 00:23:31,461 --> 00:23:35,341 Disparácheste a ti mesmo para que todos o oísemos. 368 00:23:36,901 --> 00:23:38,981 Puxeches unha luva na man esquerda. 369 00:23:39,621 --> 00:23:41,661 Unha que che quedaba moi grande. 370 00:23:41,741 --> 00:23:45,061 E para que non houbese pegadas, desgarráchela cos dentes. 371 00:23:47,181 --> 00:23:48,341 E tiráchela á cheminea. 372 00:23:50,021 --> 00:23:53,421 Lanzaches a pistola dende a biblioteca ó xardín. 373 00:23:55,141 --> 00:23:57,621 Fuches ti quen o fixo, non sir Oswald. 374 00:24:00,661 --> 00:24:01,781 Xa case o tiña. 375 00:24:02,581 --> 00:24:05,661 Raios. Non podo crer que sir Oswald lance mellor ca min. 376 00:24:06,301 --> 00:24:09,101 Se Lomax avivase o lume pola noite como debería, 377 00:24:09,181 --> 00:24:10,341 non quedarían restos. 378 00:24:10,421 --> 00:24:12,301 Fixéchelo só para distraernos 379 00:24:13,341 --> 00:24:17,261 e que ela puidese drogar a Matip e roubar a fórmula. 380 00:24:18,861 --> 00:24:20,821 A verdade é que es moi perspicaz. 381 00:24:21,701 --> 00:24:23,181 O xogo xa rematou. 382 00:24:24,541 --> 00:24:27,221 Baixa a arma, Jimmy. 383 00:24:27,941 --> 00:24:30,501 - Bill! - Bundle, non te movas, por favor. 384 00:24:31,821 --> 00:24:33,021 Grazas. 385 00:24:39,941 --> 00:24:41,581 Ela envelenou a Gerry. 386 00:24:44,701 --> 00:24:45,981 E ti disparaches a Ronny. 387 00:24:48,301 --> 00:24:50,141 Es unha boa persoa, Bundle. 388 00:24:51,061 --> 00:24:55,181 Pero es demasiado intelixente. E iso convértete nun inconveniente. 389 00:24:56,941 --> 00:25:01,421 E se queremos entregar esta fórmula e, o máis importante, cobrar, 390 00:25:02,141 --> 00:25:06,261 non podemos permitirnos ter máis inconvenientes. 391 00:25:06,341 --> 00:25:07,301 Jimmy. 392 00:25:09,021 --> 00:25:10,501 Gustaríame dicir unha cousa. 393 00:25:10,581 --> 00:25:12,901 - Agora que? - Cóllea. 394 00:25:19,581 --> 00:25:22,341 Bill. Bill, escóitasme? Bill. 395 00:25:25,301 --> 00:25:27,261 Onde...? Disparoume. 396 00:25:30,701 --> 00:25:33,101 A carcasa de Matip parou a bala. 397 00:25:33,181 --> 00:25:35,181 Este si que é un bo invento. 398 00:25:37,221 --> 00:25:38,381 Salvoume a vida. 399 00:25:38,461 --> 00:25:40,541 Vou ir tras Jimmy. Ten a fórmula. 400 00:25:40,621 --> 00:25:43,661 - Non, deixa que vaia eu. - Tes que parar o tren. 401 00:25:43,741 --> 00:25:45,781 Non poden chegar á súa cita. 402 00:25:45,861 --> 00:25:46,941 Pero como o fago? 403 00:25:47,021 --> 00:25:48,941 Menta o Ministerio de Asuntos Exteriores. 404 00:25:49,021 --> 00:25:52,181 Estamos en Inglaterra. É competencia do Ministerio do Interior. 405 00:25:58,941 --> 00:25:59,821 Desculpen. 406 00:26:20,421 --> 00:26:22,141 Para o tren, Bill. 407 00:26:30,261 --> 00:26:32,261 {\an8}SANCIÓN POR USO INADECUADO 5 ♪ 408 00:27:02,901 --> 00:27:04,181 Acabouse, Jimmy. 409 00:27:05,781 --> 00:27:07,341 Vale, todo o mundo fóra, xa! 410 00:27:07,421 --> 00:27:10,101 Veña, saíde, ou pégovos un tiro a todos! Fóra! 411 00:27:10,181 --> 00:27:11,461 Saíde máis rápido! 412 00:27:11,541 --> 00:27:12,741 - Fóra. - Non se paren. 413 00:27:13,741 --> 00:27:15,661 Saíde dunha vez. Vamos! 414 00:27:18,381 --> 00:27:19,861 Pensas dispararme? 415 00:27:21,101 --> 00:27:22,421 Como fixeches con Ronny? 416 00:27:23,381 --> 00:27:25,141 Vale, si. Confésoo. 417 00:27:26,981 --> 00:27:27,981 Fun eu. 418 00:27:29,581 --> 00:27:30,981 Pero non tiña elección. 419 00:27:32,061 --> 00:27:33,901 Descubrira demasiado. 420 00:27:34,661 --> 00:27:35,981 Quería falar comigo. 421 00:27:36,661 --> 00:27:39,021 Era moi dilixente o noso Ronald. 422 00:27:39,581 --> 00:27:40,981 De pouco lle serviu. 423 00:27:43,141 --> 00:27:46,661 Pero de verdade, Bundle, necesito que saibas 424 00:27:46,741 --> 00:27:48,621 que non lle fixen nada a Gerry. 425 00:27:48,701 --> 00:27:50,421 Levábame ben con el. 426 00:27:50,501 --> 00:27:53,741 Foi cousa de Loraine, que lle serviu champaña alterado toda a noite 427 00:27:53,821 --> 00:27:55,581 mentres lle sorría docemente. 428 00:27:58,021 --> 00:28:01,141 E despois deixou a botella na mesa de noite para que... 429 00:28:02,021 --> 00:28:04,021 parecese o que non era. 430 00:28:04,101 --> 00:28:05,741 Era o teu amigo, Jimmy. 431 00:28:08,181 --> 00:28:10,341 Que hai dos reloxos na repisa? 432 00:28:10,421 --> 00:28:11,781 Iso foi cousa miña. 433 00:28:12,421 --> 00:28:13,981 Fíxeno para despistar. 434 00:28:14,061 --> 00:28:16,941 Sabía que Ronny e Bill andaban a xogar cos reloxos. 435 00:28:17,021 --> 00:28:20,261 E escoitara a Gerry mencionar as Sete Esferas e logo arrepentirse. 436 00:28:20,341 --> 00:28:22,181 Así que foi coma un agasallo. 437 00:28:22,261 --> 00:28:24,581 Ronny intentou dicirme que foras ti. 438 00:28:24,661 --> 00:28:25,741 Mentres agonizaba. 439 00:28:26,541 --> 00:28:27,381 Dille... 440 00:28:27,941 --> 00:28:28,981 a Jimmy... 441 00:28:29,621 --> 00:28:30,821 Thesiger... 442 00:28:31,341 --> 00:28:32,301 Sete... 443 00:28:33,701 --> 00:28:34,741 Esferas. 444 00:28:35,501 --> 00:28:37,061 Pero non souben a que se refería. 445 00:28:40,221 --> 00:28:42,621 É unha mágoa que o descubrises todo agora. 446 00:28:42,701 --> 00:28:43,981 Estabamos tan cerca... 447 00:28:47,261 --> 00:28:49,861 Supoño que ofrecerche unha parte non arranxará nada? 448 00:28:50,421 --> 00:28:52,301 Así que todo isto foi por iso? 449 00:28:53,221 --> 00:28:55,021 - Por diñeiro? - Por que se non? 450 00:28:55,101 --> 00:28:56,941 Estou metido nun pequeno apuro. 451 00:28:57,021 --> 00:29:01,021 O caso é que debo máis do que teño e cada vez deberei máis. 452 00:29:01,101 --> 00:29:03,061 Iso non xustifica o que fixestes. 453 00:29:03,141 --> 00:29:04,541 Non me vas disparar. 454 00:29:04,621 --> 00:29:06,381 Ninguén chorará a túa morte. 455 00:29:06,461 --> 00:29:08,741 Non sexas cruel. Miña nai igual si. 456 00:29:08,821 --> 00:29:10,141 Por que non debería facelo? 457 00:29:11,741 --> 00:29:12,621 Por Ronny? 458 00:29:13,741 --> 00:29:14,941 E por Gerry? 459 00:29:16,021 --> 00:29:18,781 E por todos os que traizoaches co teu plan? 460 00:29:18,861 --> 00:29:20,701 Cres que eu podería idear isto? 461 00:29:20,781 --> 00:29:21,621 Bundle. 462 00:29:22,661 --> 00:29:26,141 Ambos sabemos que non teño nin a intelixencia nin os contactos. 463 00:29:27,341 --> 00:29:28,621 De que estás a falar? 464 00:29:28,701 --> 00:29:30,581 Baixa a arma e contareicho todo. 465 00:29:31,541 --> 00:29:34,061 - Deixa de mentir, Jimmy. - Dígoche a verdade. 466 00:29:34,141 --> 00:29:37,341 Báixaa. Se me disparas, só matarás un mero peón. 467 00:29:37,421 --> 00:29:39,061 Pero que estás dicindo? 468 00:29:40,181 --> 00:29:41,181 Explícamo. 469 00:29:43,861 --> 00:29:46,181 Loraine non quedou con ninguén na próxima estación. 470 00:29:47,861 --> 00:29:49,261 Ese non era o plan. 471 00:29:50,581 --> 00:29:52,861 A entrega non se fará na próxima estación, 472 00:29:54,421 --> 00:29:55,461 senón neste tren. 473 00:29:58,421 --> 00:30:01,981 A persoa que o planeou todo está na parte dianteira do tren. 474 00:30:04,941 --> 00:30:05,781 Mentireiro. 475 00:30:05,861 --> 00:30:08,541 No compartimento de primeira clase xunto á locomotora. 476 00:30:09,061 --> 00:30:11,621 Aí iamos quedar coa persoa que o ideou todo. 477 00:30:11,701 --> 00:30:14,741 Foi a que mediou. Tiña contactos aquí e no estranxeiro. 478 00:30:15,901 --> 00:30:18,581 Non podes dispararme agora que cho contei. Sería pasarse. 479 00:30:24,181 --> 00:30:26,301 Non me digas o que é pasarme. 480 00:30:29,781 --> 00:30:32,501 Non che aconsello que vaias adiante, Bundle. 481 00:30:32,581 --> 00:30:33,781 De verdade que non. 482 00:30:34,381 --> 00:30:35,221 Aparten. 483 00:30:42,661 --> 00:30:44,141 Hai un home buscado aí dentro. 484 00:30:44,221 --> 00:30:46,421 Que alguén o vixíe mentres non vén a policía. 485 00:31:11,941 --> 00:31:16,621 Ah, non, señorita Wade. Quede aí dentro ata que chegue a policía. 486 00:31:16,701 --> 00:31:18,941 Ten un tamaño similar a unha cela. 487 00:31:19,021 --> 00:31:22,261 Así que aproveite o tempo para ir acostumándose. 488 00:31:22,341 --> 00:31:23,381 Non. 489 00:31:29,141 --> 00:31:31,501 Bundle. Non vas crer o que pasou. 490 00:31:31,581 --> 00:31:34,301 - Espera aí, Bill. - Bundle? Bundle. 491 00:32:10,901 --> 00:32:11,741 Bundle. 492 00:32:12,781 --> 00:32:14,821 - Que fas aquí? - Mamá? 493 00:32:16,261 --> 00:32:17,381 Non, que fas ti? 494 00:32:20,461 --> 00:32:22,301 Parece ser que nos detivemos. 495 00:32:22,901 --> 00:32:24,341 Haberá vacas na vía? 496 00:32:25,541 --> 00:32:28,621 Deus nos libre dunha interrupción bovina. 497 00:32:30,621 --> 00:32:32,781 Que sorpresa tan grande. Senta. 498 00:32:46,981 --> 00:32:48,101 Estás nun tren. 499 00:32:49,541 --> 00:32:50,381 En efecto. 500 00:32:52,461 --> 00:32:54,061 Nunca colles o tren, mamá. 501 00:32:56,781 --> 00:32:58,141 Odias o mundo exterior. 502 00:33:00,661 --> 00:33:02,061 Odias a xente. 503 00:33:03,861 --> 00:33:06,061 Sempre me dis que debería saír máis. 504 00:33:06,621 --> 00:33:08,421 Aquí estou, saíndo. 505 00:33:09,421 --> 00:33:11,221 Enfronteime ó xentío. 506 00:33:12,901 --> 00:33:14,661 Direiche que non me gusta. 507 00:33:15,621 --> 00:33:16,941 Nin o máis mínimo. 508 00:33:17,781 --> 00:33:18,861 Fuches ti. 509 00:33:22,741 --> 00:33:23,781 Todo este tempo. 510 00:33:26,061 --> 00:33:27,021 Fuches ti. 511 00:33:28,421 --> 00:33:31,661 - Non te sigo, querida. - Non me insultes. 512 00:33:35,341 --> 00:33:36,821 Jimmy e Loraine 513 00:33:36,901 --> 00:33:39,741 ían entregar a fórmula neste compartimento, 514 00:33:40,981 --> 00:33:44,581 no que lla transferirían á persoa que ía vendela. 515 00:33:48,141 --> 00:33:49,821 A que estaba detrás de todo. 516 00:33:54,021 --> 00:33:56,581 Temo que finalmente debemos ter 517 00:33:57,741 --> 00:34:01,181 unha conversa real entre persoas adultas. 518 00:34:03,221 --> 00:34:05,821 Non espero que o entendas. Non de entrada. 519 00:34:05,901 --> 00:34:06,981 Mataches a Gerry. 520 00:34:07,061 --> 00:34:09,341 Eu non fixen tal. Foi cousa da rapaza. 521 00:34:11,141 --> 00:34:12,381 Demasiado impulsiva. 522 00:34:13,701 --> 00:34:18,061 Estaba convencida de que Gerry descubrira o noso plan. 523 00:34:18,141 --> 00:34:19,461 Tomou medidas drásticas, 524 00:34:19,541 --> 00:34:22,421 moito máis drásticas do que eu xamais suxeriría. 525 00:34:23,461 --> 00:34:24,781 A festa en Chimneys 526 00:34:25,501 --> 00:34:26,861 organizáchela 527 00:34:28,181 --> 00:34:30,661 para obter información sobre a fórmula. 528 00:34:32,021 --> 00:34:33,141 E despois que? 529 00:34:34,781 --> 00:34:36,621 Recrutaches a Jimmy e a Loraine 530 00:34:37,301 --> 00:34:38,861 para que che axudasen a roubala? 531 00:34:38,941 --> 00:34:41,781 Sempre tiveches a rapidez mental do teu pai. 532 00:34:41,861 --> 00:34:44,981 Mamá, esa fórmula pode axudar a protexer o noso país. 533 00:34:46,421 --> 00:34:48,461 E ti queres vendela por aí? 534 00:34:49,861 --> 00:34:51,541 A xente que pode prexudicarnos? 535 00:34:53,741 --> 00:34:57,181 - Estás traizoando o teu país. - O meu país traizooume. 536 00:34:57,261 --> 00:34:58,461 Traizoounos. 537 00:34:58,541 --> 00:35:00,501 O teu pai, o teu irmán, a todos. 538 00:35:01,901 --> 00:35:05,821 Esta familia fixo máis ó servizo deste país 539 00:35:05,901 --> 00:35:07,781 do que xamais saberás. 540 00:35:07,861 --> 00:35:12,581 Así que sei perfectamente como funciona. 541 00:35:13,621 --> 00:35:17,461 Permitiu que o teu irmán, o meu fillo, 542 00:35:18,941 --> 00:35:20,981 fose carne de canón, 543 00:35:22,181 --> 00:35:28,621 condenado a morte por un xeneral trastornado e borracho. 544 00:35:29,501 --> 00:35:34,301 E cres que houbo gloria ou honor no seu sacrificio? 545 00:35:34,381 --> 00:35:37,221 Porque che aseguro que non. 546 00:35:41,301 --> 00:35:44,101 Este país non o protexeu. 547 00:35:45,101 --> 00:35:47,741 Mandouno a un matadoiro... 548 00:35:50,021 --> 00:35:54,621 que non tivo absolutamente ningún efecto no curso da guerra. 549 00:35:56,861 --> 00:35:58,141 E tampouco fixo nada 550 00:35:59,261 --> 00:36:01,181 para protexer o teu pai. 551 00:36:04,621 --> 00:36:06,621 Por mor do meu país, 552 00:36:08,341 --> 00:36:11,861 perdín a todos os que quería. 553 00:36:20,701 --> 00:36:21,781 A min non. 554 00:36:28,301 --> 00:36:29,741 Non, a ti non. 555 00:36:34,341 --> 00:36:35,301 Pero si o meu... 556 00:36:36,501 --> 00:36:37,501 neno. 557 00:36:39,301 --> 00:36:40,541 O meu fillo... 558 00:36:41,901 --> 00:36:42,821 primoxénito. 559 00:36:45,981 --> 00:36:48,421 Non existe unha dor peor, Bundle. 560 00:36:51,501 --> 00:36:53,141 Segues téndome a min, mamá. 561 00:36:58,101 --> 00:36:59,581 É que non son suficiente? 562 00:37:04,141 --> 00:37:08,421 A ver, como cres que imos sobrevivir? 563 00:37:08,501 --> 00:37:11,221 Como queres que vivamos? Como queres que viva? 564 00:37:12,061 --> 00:37:15,901 Quen nos vai coidar agora que non están nin teu pai nin teu irmán? 565 00:37:15,981 --> 00:37:17,221 Todo isto... 566 00:37:19,221 --> 00:37:20,741 Todas estas mortes... 567 00:37:23,621 --> 00:37:24,541 só por diñeiro? 568 00:37:24,621 --> 00:37:26,461 Porque non temos nada! 569 00:37:26,541 --> 00:37:28,421 Non o entendes, nena? 570 00:37:30,821 --> 00:37:32,661 Que teño eu? Chimneys? 571 00:37:32,741 --> 00:37:34,461 Herdeina. Non ten valor. 572 00:37:34,541 --> 00:37:36,421 Mantela é imposible. 573 00:37:37,941 --> 00:37:40,781 E se a perdemos, non temos nada. 574 00:37:40,861 --> 00:37:42,381 Nin casa nin status. 575 00:37:42,461 --> 00:37:46,181 Isto proporcionaríanos unha solución 576 00:37:46,701 --> 00:37:48,861 dun só golpe. 577 00:37:48,941 --> 00:37:51,221 - Non te recoñezo, mamá. - Non. 578 00:37:52,861 --> 00:37:54,261 Non son unha boa nai. 579 00:37:55,981 --> 00:37:56,861 Eu... 580 00:37:58,381 --> 00:38:01,541 non podo albergar a esperanza que depositas en min. 581 00:38:02,661 --> 00:38:03,901 Teu pai si que podía. 582 00:38:05,421 --> 00:38:07,941 Sen el, corro sen control. 583 00:38:16,141 --> 00:38:19,061 Todo este tempo escondinme de ti 584 00:38:20,301 --> 00:38:21,421 e do mundo 585 00:38:22,501 --> 00:38:23,661 por unha boa razón. 586 00:38:29,381 --> 00:38:30,221 Oh. 587 00:38:33,221 --> 00:38:34,101 A miña... 588 00:38:35,261 --> 00:38:36,701 adorable Bundle. 589 00:38:37,221 --> 00:38:38,941 Verás, pensei 590 00:38:39,701 --> 00:38:41,621 que con Thesiger e a rapaza 591 00:38:42,261 --> 00:38:48,141 había suficiente distancia como para que ninguén chegase a min. 592 00:38:48,861 --> 00:38:51,941 Supuxen que a ninguén lle importaría tanto. 593 00:38:54,861 --> 00:38:59,221 Pero non contaba co teu ímpeto. 594 00:39:02,181 --> 00:39:03,981 Agora vexo que fun unha necia. 595 00:39:06,741 --> 00:39:08,381 Subestimáchesme. 596 00:39:11,381 --> 00:39:14,661 E ti sobreestimáchesme 597 00:39:15,501 --> 00:39:16,781 durante toda a vida. 598 00:39:20,061 --> 00:39:22,181 En fin, miña querida nena, 599 00:39:23,781 --> 00:39:27,141 permítesme que che faga unha pregunta? 600 00:39:28,981 --> 00:39:32,821 Permitiríasme escapulirme rapidamente antes de que cheguen as autoridades? 601 00:39:40,821 --> 00:39:41,821 Non serás quen... 602 00:39:42,341 --> 00:39:44,621 de pegarlle un tiro á túa propia nai? 603 00:39:47,541 --> 00:39:48,901 No corazón non. 604 00:39:51,781 --> 00:39:53,261 Pero quizais nun nocello, 605 00:39:54,181 --> 00:39:55,341 para así freala. 606 00:39:59,381 --> 00:40:00,581 Cres que o farías? 607 00:40:01,701 --> 00:40:02,861 De verdade? 608 00:40:02,941 --> 00:40:04,501 Ponme a proba, mamá. 609 00:40:15,341 --> 00:40:17,261 Bravo, miña nena. 610 00:40:18,861 --> 00:40:19,981 Bravo. 611 00:40:25,341 --> 00:40:27,501 Santo ceo. Lady Eileen. 612 00:40:28,581 --> 00:40:30,861 Lady... Caterham. 613 00:40:33,741 --> 00:40:34,981 Claro. 614 00:40:37,021 --> 00:40:38,421 Agora o entendo. 615 00:40:41,701 --> 00:40:42,861 Síntoo moito. 616 00:40:47,541 --> 00:40:48,821 Coñézoo de algo? 617 00:43:51,581 --> 00:43:52,461 Cyril? 618 00:44:26,301 --> 00:44:27,181 Alfred. 619 00:44:29,221 --> 00:44:30,341 Que fas aquí? 620 00:44:31,501 --> 00:44:33,901 Enviáronme a recollela, lady Eileen. 621 00:44:36,781 --> 00:44:37,661 Quen? 622 00:44:38,701 --> 00:44:41,621 Os meus xefes queren que lles conceda o pracer de acompañalos 623 00:44:42,141 --> 00:44:43,581 no club das Sete Esferas. 624 00:44:44,301 --> 00:44:48,301 Transmítalles as miñas sinceras desculpas por non poder asistir. 625 00:44:48,861 --> 00:44:50,501 Son moi insistentes. 626 00:44:51,021 --> 00:44:53,741 Por favor, non arme un escándalo nin pida axuda. 627 00:44:56,581 --> 00:44:59,261 Suba ó coche, por favor, lady Eileen. 628 00:45:02,301 --> 00:45:05,421 Isto porá en risco calquera futura referencia laboral. 629 00:45:57,341 --> 00:45:58,501 Sente. 630 00:46:22,461 --> 00:46:23,541 E agora que? 631 00:46:25,861 --> 00:46:27,821 Ídesme matar igual que ós demais? 632 00:46:30,941 --> 00:46:33,821 Polo menos ten a decencia de mostrarte, Número Sete. 633 00:46:50,981 --> 00:46:53,621 Hai algo que me gustaría explicarlle, lady Eileen. 634 00:46:53,701 --> 00:46:55,581 E tanto que mo ten que explicar. 635 00:46:57,701 --> 00:47:00,741 Non o entendo. Pensaba que eran os responsables destas mortes. 636 00:47:00,821 --> 00:47:02,221 Máis ben o contrario. 637 00:47:02,741 --> 00:47:06,861 A sociedade das Sete Esferas non é para nada unha organización maligna. 638 00:47:06,941 --> 00:47:10,581 Superintendente, por favor. Foi un día moi pero que moi longo. 639 00:47:14,421 --> 00:47:19,061 Este grupo é unha alianza informal 640 00:47:19,141 --> 00:47:21,901 que procura manter o mundo a salvo 641 00:47:22,541 --> 00:47:24,701 en tempos convulsos. 642 00:47:28,181 --> 00:47:30,701 Están a xurdir forzas escuras 643 00:47:31,581 --> 00:47:32,581 por todo o mundo. 644 00:47:33,661 --> 00:47:36,621 Facemos todo o posible para evitar que se impoñan, 645 00:47:36,701 --> 00:47:39,301 de aí a miña presencia en Wyvern 646 00:47:39,381 --> 00:47:42,741 para protexer o doutor Matip e a súa fórmula, 647 00:47:42,821 --> 00:47:48,261 a pesar dos grandes esforzos do señor Thesiger e da señorita Wade. 648 00:47:49,341 --> 00:47:51,421 Non sei por que me conta todo isto. 649 00:47:51,941 --> 00:47:55,101 Ou por que me trouxo aquí a punta de pistola, por certo. 650 00:47:55,181 --> 00:47:58,821 Supuxen que, de non ser así, non viría escoitar a nosa oferta. 651 00:48:00,421 --> 00:48:01,501 Que oferta? 652 00:48:04,261 --> 00:48:06,181 Queremos que se una a nós. 653 00:48:13,261 --> 00:48:14,741 Que queren que? 654 00:48:15,261 --> 00:48:17,141 Estívena vixiando e avaliando. 655 00:48:17,741 --> 00:48:18,581 Avaliando? 656 00:48:18,661 --> 00:48:20,501 Chegamos a conclusión de que sería 657 00:48:20,581 --> 00:48:23,301 unha incorporación máis que valiosa ás nosas filas. 658 00:48:23,381 --> 00:48:25,621 A iso se dedicou todo este tempo? 659 00:48:26,421 --> 00:48:27,421 A recrutarme? 660 00:48:29,901 --> 00:48:34,581 Necesitamos unha enorme cantidade de coraxe, lady Eileen, 661 00:48:34,661 --> 00:48:36,541 e a vostede sóbralle. 662 00:48:38,381 --> 00:48:39,381 Hai uns anos 663 00:48:39,461 --> 00:48:45,301 perdemos un dos nosos axentes máis importantes. 664 00:48:47,141 --> 00:48:47,981 O seu pai. 665 00:48:51,061 --> 00:48:53,741 Adoitaba sentarse nesa mesma cadeira. 666 00:48:56,541 --> 00:48:57,861 Non o entendo. 667 00:49:03,741 --> 00:49:06,261 Eu estaba con el cando morreu. 668 00:49:07,141 --> 00:49:10,781 Estaba nunha misión para as Sete Esferas. 669 00:49:11,541 --> 00:49:13,901 Ía de camiño a reunirse co doutor Matip. 670 00:49:27,861 --> 00:49:28,861 Non. 671 00:49:30,301 --> 00:49:32,421 Morreu de gripe española servindo fóra. 672 00:49:32,501 --> 00:49:33,701 Non morreu así. 673 00:49:33,781 --> 00:49:35,421 Os nosos inimigos enganárono. 674 00:49:35,501 --> 00:49:39,101 Descubriran a nosa existencia e os nosos plans. 675 00:49:39,661 --> 00:49:41,101 Estivo alí con el? 676 00:49:41,981 --> 00:49:43,341 Non cheguei a tempo. 677 00:49:45,541 --> 00:49:47,741 Intento protexer os que nos axudan. 678 00:49:48,741 --> 00:49:51,381 Pero temo que non sempre o consigo. 679 00:49:59,701 --> 00:50:01,301 Miña nai sabía isto? 680 00:50:01,381 --> 00:50:03,181 O de como morreu non. 681 00:50:05,021 --> 00:50:07,861 Pero creo que sabía que se dedicaba a traballos secretos 682 00:50:07,941 --> 00:50:10,461 e que sacou información sobre a fórmula 683 00:50:10,541 --> 00:50:15,461 ó cear nos últimos anos con aqueles que coñecían o teu pai. 684 00:50:16,301 --> 00:50:20,981 Os rumores poden ser poderosos se se interpretan correctamente. 685 00:50:21,061 --> 00:50:22,341 Por suposto. 686 00:50:23,821 --> 00:50:25,221 Lady Eileen, 687 00:50:25,301 --> 00:50:28,501 o seu pai era o noso mellor axente, 688 00:50:29,261 --> 00:50:32,781 pero creo que vostede ten o potencial 689 00:50:32,861 --> 00:50:34,941 para superalo por moito. 690 00:50:39,381 --> 00:50:41,341 Ninguén me dixo nada igual nunca. 691 00:50:41,421 --> 00:50:43,101 Dígoo de corazón. 692 00:50:47,941 --> 00:50:49,541 Está nunha encrucillada. 693 00:50:50,381 --> 00:50:53,061 Iso é pouco dicir, superintendente. 694 00:50:53,941 --> 00:50:55,021 Coma de costume. 695 00:50:59,421 --> 00:51:01,581 Este traballo é perigoso. 696 00:51:02,301 --> 00:51:06,621 Implicará viaxar a lugares remotos, 697 00:51:06,701 --> 00:51:10,621 espionaxe e un alto risco de ameaza. 698 00:51:11,781 --> 00:51:15,141 Precisámola, lady Eileen. 699 00:51:16,141 --> 00:51:20,701 Temos unha misión de máxima urxencia e perigo 700 00:51:20,781 --> 00:51:24,021 e necesitamos que empece de inmediato. 701 00:51:24,821 --> 00:51:26,061 Entón... 702 00:51:27,701 --> 00:51:28,781 que me di? 703 00:52:02,741 --> 00:52:04,061 Cóntemo todo. 704 00:53:54,741 --> 00:53:57,661 {\an8}Subtítulos: Noelia Collazo