1 00:00:11,928 --> 00:00:15,265 Varón, 32 anos, choque cun tren nun paso a nivel. 2 00:00:15,348 --> 00:00:16,641 Dor dorsocervical aguda. 3 00:00:16,725 --> 00:00:20,145 Deformación na perna esquerda. Constantes estables. 4 00:00:20,228 --> 00:00:22,480 É Glenn Vogel, o tipo da liorta. 5 00:00:22,564 --> 00:00:23,398 Estás de broma. 6 00:00:23,481 --> 00:00:26,109 A esposa e o bebé veñen noutro helicóptero. 7 00:00:26,192 --> 00:00:28,069 Moi ben, levámolo abaixo. 8 00:00:39,581 --> 00:00:40,498 Que temos? 9 00:00:40,582 --> 00:00:44,377 Glenn Vogel, uns 30 anos, coche atropelado por un tren. 10 00:00:44,461 --> 00:00:46,254 - Glenn Vogel? - En serio? 11 00:00:46,337 --> 00:00:47,589 Non a quero aquí. 12 00:00:47,672 --> 00:00:50,925 Déitese. Aquí non decide vostede. 13 00:00:51,009 --> 00:00:52,385 Ti tampouco! Fóra! 14 00:00:52,469 --> 00:00:54,095 - Déixame en paz! - Non. 15 00:00:55,513 --> 00:00:59,184 - Reláxese. - Ten lesións moi graves. 16 00:00:59,267 --> 00:01:01,978 Se fractura unha vértebra, quedará parapléxico. 17 00:01:02,062 --> 00:01:03,772 O carallo! Sácateme de aí! 18 00:01:03,855 --> 00:01:05,940 Se non para atámolo á cama! 19 00:01:07,150 --> 00:01:11,571 A min non me mire. Se non para, largámolo e que veña alguén buscalo. 20 00:01:13,907 --> 00:01:15,033 De acordo. 21 00:01:15,617 --> 00:01:16,493 Curádeme. 22 00:01:17,327 --> 00:01:19,996 - Con que comezamos? - Danny, corazón e pulmóns. 23 00:01:20,080 --> 00:01:21,748 - E eco rápida. - Fágoa eu. 24 00:01:21,831 --> 00:01:23,708 Harper, examínaslle as pernas? 25 00:01:23,792 --> 00:01:25,835 Deformación na extremidade dereita. 26 00:01:25,919 --> 00:01:28,004 Dóelle algo máis á parte da perna? 27 00:01:28,797 --> 00:01:31,341 A miña muller? O meu fillo? Onde están? 28 00:01:31,424 --> 00:01:33,551 Veñen no próximo helicóptero. 29 00:01:33,635 --> 00:01:35,470 É grave? Van morrer? 30 00:01:35,553 --> 00:01:38,348 Se os traen aquí é porque seguen con vida. 31 00:01:38,431 --> 00:01:40,642 Van baixar agora a muller e o bebé. 32 00:01:40,725 --> 00:01:42,102 Quedo eu aquí. Vai ti. 33 00:01:42,185 --> 00:01:44,854 Non, esperade. Que lles pasou? Están ben? 34 00:01:44,938 --> 00:01:45,980 Vou ver. 35 00:01:46,064 --> 00:01:48,942 Non quero que os toque sen preguntarme antes… 36 00:01:49,025 --> 00:01:52,695 Sei que non lle caemos ben, pero ninguén coidará mellor deles. 37 00:01:53,488 --> 00:01:54,948 É a miña muller. 38 00:01:55,615 --> 00:01:56,658 O meu filliño. 39 00:01:57,492 --> 00:01:58,868 Non deixes que morran. 40 00:02:00,870 --> 00:02:02,539 Non poden morrer! 41 00:02:13,299 --> 00:02:14,634 {\an8}HAI UN ANO 42 00:02:14,717 --> 00:02:18,847 {\an8}Ei, Marco, fixeches a proba hepática e de coagulación da nove? 43 00:02:18,930 --> 00:02:21,975 {\an8}Perdoa, tío, non dou abasto. 44 00:02:22,058 --> 00:02:25,103 {\an8}Por certo, moito ollo coa doutora Broussard. 45 00:02:25,186 --> 00:02:27,272 {\an8}Rífalle a quen tarde en dar altas. 46 00:02:27,355 --> 00:02:29,315 {\an8}- Como lle baixen os números… - Xa. 47 00:02:29,399 --> 00:02:33,027 {\an8}Phillips e Morales, hai 27 pacientes na sala de espera. 48 00:02:33,111 --> 00:02:34,696 {\an8}Laretan do partido ou que? 49 00:02:34,779 --> 00:02:37,323 {\an8}Non. De feito, deille a alta á un e á tres. 50 00:02:37,407 --> 00:02:39,826 Pois atende as salas catro, seis e sete. 51 00:02:39,909 --> 00:02:44,080 - Doutora, teño moitos outros pacientes. - Pois bule, mozo marabilla. 52 00:02:49,043 --> 00:02:50,795 Julio, como vas, meu? 53 00:02:50,879 --> 00:02:53,423 - Ola, Doutor Phillips. - Que tal? 54 00:02:53,506 --> 00:02:55,133 Sandra, alégrome de verte. 55 00:02:55,216 --> 00:02:56,426 - Como vas? - Ben. 56 00:02:56,509 --> 00:02:59,596 Reteño moito líquido e hoxe dóeme bastante. 57 00:02:59,679 --> 00:03:01,097 A ver que temos aquí. 58 00:03:03,766 --> 00:03:06,561 Moita ascite. Notaches algún cambio no do ril? 59 00:03:06,644 --> 00:03:07,770 Non. 60 00:03:07,854 --> 00:03:10,690 Viches o doutor Forman? Tiveches cita con Gastro? 61 00:03:11,316 --> 00:03:15,778 É que empecei a uni e ando bastante apurado. 62 00:03:15,862 --> 00:03:19,532 Como que á uni? Dende cando? Se empezaches o insti hai nada. 63 00:03:19,616 --> 00:03:20,617 Dígamo a min. 64 00:03:21,201 --> 00:03:23,494 O primeiro universitario da familia. 65 00:03:23,578 --> 00:03:25,246 - Incrible. - Grazas, tío. 66 00:03:25,830 --> 00:03:29,083 Non hai dor á palpación. Tiveches algo de febre? 67 00:03:29,167 --> 00:03:31,836 Non, só noto moita presión. Cústame respirar. 68 00:03:31,920 --> 00:03:33,963 Non pode sacar o líquido? 69 00:03:34,839 --> 00:03:37,550 Deberían facerllo no servizo de Gastro 70 00:03:37,634 --> 00:03:39,427 e hoxe estamos ó tope. 71 00:03:41,221 --> 00:03:43,556 Pero deixa a ver se podo facer algo. 72 00:03:43,640 --> 00:03:45,058 Espera, agora volvo. 73 00:03:50,605 --> 00:03:53,900 Muller, 30 anos, ía de copiloto. O tren chocou do seu lado. 74 00:03:53,983 --> 00:03:56,319 Hipotensión e traumatismo torácico grave. 75 00:03:56,402 --> 00:03:58,571 Ó bebé atopámolo chorando no asento. 76 00:03:58,655 --> 00:04:01,991 - Membrana seca, dificultade respiratoria. - Levo eu a Benny. 77 00:04:02,075 --> 00:04:03,785 Actualízame. Cass, vai con ela. 78 00:04:03,868 --> 00:04:05,620 - Imos á sala tres. - Claro. 79 00:04:05,703 --> 00:04:07,372 - Levádea ó box un. - Vamos. 80 00:04:07,455 --> 00:04:10,583 - Señora, como se chama? - Kathryn. 81 00:04:10,667 --> 00:04:13,253 Kathryn, ímola coidar moi ben, de acordo? 82 00:04:14,003 --> 00:04:15,255 Que temos? 83 00:04:15,338 --> 00:04:17,423 Bebé, nove meses, accidente de tráfico. 84 00:04:17,507 --> 00:04:21,552 Taquipnea e membranas secas, pero constantes estables. 85 00:04:21,636 --> 00:04:24,931 Cal é o teu diagnóstico principal para a falla de peso? 86 00:04:25,014 --> 00:04:27,433 - Estenose pilórica? - Fagámoslle un TAC. 87 00:04:28,017 --> 00:04:29,185 Recibido. 88 00:04:31,271 --> 00:04:32,522 Ben… Benny? 89 00:04:32,605 --> 00:04:35,608 Está en boas mans. Agora ímola sandar a vostede. 90 00:04:35,692 --> 00:04:37,277 Kathryn, esperte. 91 00:04:37,360 --> 00:04:39,529 Ai, Deus! Non pinta ben. Vale. 92 00:04:39,612 --> 00:04:42,282 Trae o infusor rápido e catro unidades de sangue. 93 00:04:42,365 --> 00:04:43,908 - Sophie? - Que necesita? 94 00:04:43,992 --> 00:04:47,704 Os quirófanos non dan máis, así que vas operar comigo, vale? 95 00:04:48,204 --> 00:04:49,914 Definamos o plan de batalla. 96 00:04:57,880 --> 00:04:58,881 Ola. 97 00:04:59,382 --> 00:05:00,383 Boas. 98 00:05:01,301 --> 00:05:03,720 Oirías o que pasou con Soriano. 99 00:05:03,803 --> 00:05:05,888 - Oín. - Está moi mal a cousa? 100 00:05:06,806 --> 00:05:07,807 Para ti ou para min? 101 00:05:12,395 --> 00:05:14,439 Nin sequera pensaches en min, non? 102 00:05:14,939 --> 00:05:16,399 Que humillante. 103 00:05:16,983 --> 00:05:18,693 Sabes o parva que parezo? 104 00:05:19,360 --> 00:05:20,528 Por estar comigo? 105 00:05:21,237 --> 00:05:22,613 Por crer en ti. 106 00:05:23,906 --> 00:05:25,366 Mira, perdoa, eu… 107 00:05:26,993 --> 00:05:27,994 Tranquilo. 108 00:05:29,704 --> 00:05:32,498 Do meu esqueceranse rápido, pero do teu… 109 00:05:34,334 --> 00:05:36,878 O problema é que non tes nada no banco. 110 00:05:37,920 --> 00:05:38,921 En que banco? 111 00:05:44,177 --> 00:05:48,389 Cando tratas ben a xente, é como meter unha moediña no banco. 112 00:05:49,057 --> 00:05:52,477 Cando só miras por ti, sacas unha moediña. 113 00:05:55,521 --> 00:05:57,774 Sempre hai que ter algo no banco, Tom. 114 00:06:05,656 --> 00:06:08,785 Diso nada, non penso saír en cadeira de rodas. 115 00:06:08,868 --> 00:06:10,161 Política do hospital. 116 00:06:10,244 --> 00:06:12,455 Xa dei mil voltas por aquí co gotexador. 117 00:06:12,538 --> 00:06:13,831 O chan esvara moito. 118 00:06:13,915 --> 00:06:16,000 Veña, ho, podo andar de sobra. 119 00:06:16,709 --> 00:06:17,794 Mira. 120 00:06:19,504 --> 00:06:21,130 Para, Vero, nena… 121 00:06:23,007 --> 00:06:24,050 Ata podo bailar. 122 00:06:24,675 --> 00:06:25,510 Xa vexo. 123 00:06:25,593 --> 00:06:27,428 - Suave. - Suave. 124 00:06:27,512 --> 00:06:29,889 Coidado. Ben. Mira iso. 125 00:06:29,972 --> 00:06:31,474 Es moito! 126 00:06:32,058 --> 00:06:34,977 Entón, podo saír bailando? 127 00:06:35,895 --> 00:06:38,815 Mami, baila comigo. 128 00:06:38,898 --> 00:06:40,108 Veña. 129 00:06:40,191 --> 00:06:41,984 - Vale, pero abaixo. - Abaixo. 130 00:06:42,068 --> 00:06:44,237 Abaixo, si. Abaixo. 131 00:06:46,155 --> 00:06:47,448 Veña, sóltate. 132 00:06:48,074 --> 00:06:49,992 Iso é, mami! 133 00:06:52,662 --> 00:06:55,331 Vale, podes saír camiñando. 134 00:06:55,415 --> 00:06:56,874 Si? Privilexio especial. 135 00:06:57,458 --> 00:06:59,419 Si! Grazas, mami. 136 00:06:59,502 --> 00:07:01,796 O doutor Soriano darache a alta oficial. 137 00:07:03,756 --> 00:07:04,757 E logo marchamos. 138 00:07:04,841 --> 00:07:05,842 Ben. 139 00:07:08,845 --> 00:07:09,846 Doutora Cruz. 140 00:07:11,639 --> 00:07:12,765 Acósasme. 141 00:07:12,849 --> 00:07:15,476 Só quero falar contigo, pero posmo difícil. 142 00:07:15,560 --> 00:07:17,145 Non moito polo que vexo. 143 00:07:17,228 --> 00:07:19,272 É incómodo para os dous, vale? 144 00:07:19,355 --> 00:07:21,899 Se non queres deixalo, non che quitarei o posto. 145 00:07:21,983 --> 00:07:23,151 En serio? 146 00:07:23,234 --> 00:07:25,570 Non buscas activamente o meu posto? 147 00:07:25,653 --> 00:07:28,614 - Non para botarte. - Quero traballar contigo. 148 00:07:28,698 --> 00:07:30,908 De feito, viña preguntarche 149 00:07:30,992 --> 00:07:33,077 a quen elixiches como supervisor. 150 00:07:33,161 --> 00:07:37,498 Cando a xunta esixa o anuncio oficial, avisareite. 151 00:07:38,416 --> 00:07:39,834 Outra cousa. 152 00:07:40,460 --> 00:07:42,879 Glenn Vogel e a familia están en urxencias. 153 00:07:42,962 --> 00:07:45,631 Accidente de coche. Aténdeo Danny Simms. 154 00:07:45,715 --> 00:07:49,051 Pensei que debías sabelo tendo en conta os antecedentes. 155 00:07:56,767 --> 00:07:59,729 - A eco en cama pinta ben, corazón ó 60 %. - Vale. 156 00:08:01,689 --> 00:08:03,399 - Tes novas? - Non son boas. 157 00:08:03,483 --> 00:08:06,194 Estamos co bebé, pero a nai está pálida e hipotensa. 158 00:08:06,277 --> 00:08:07,612 Vale, grazas. 159 00:08:10,990 --> 00:08:13,284 Que pasa? Están ben? 160 00:08:14,076 --> 00:08:18,289 Están vivos e facemos todo o que podemos. 161 00:08:19,290 --> 00:08:23,628 Iso lle dixeron a meu pai en Gainesville antes de morrer dunha infección de SARM. 162 00:08:23,711 --> 00:08:27,507 Pero a factura de 170 000 $ si que chegou. Quedamos sen nada. 163 00:08:27,590 --> 00:08:28,758 Síntoo. 164 00:08:29,383 --> 00:08:32,762 Non fixestes nada por Benny hai uns días, debería crervos? 165 00:08:32,845 --> 00:08:35,014 Di que Benny empeorou na casa? 166 00:08:35,097 --> 00:08:36,390 Moito. 167 00:08:36,474 --> 00:08:40,228 Simms suplicoulle que quedara. Se fixese caso non estariamos aquí. 168 00:08:40,311 --> 00:08:42,522 Non pasa nada. Entendémolo. 169 00:08:44,273 --> 00:08:46,150 Ó mellor o empeorastes vós. 170 00:08:46,734 --> 00:08:48,819 Deixou de respirar moitas veces. 171 00:08:49,695 --> 00:08:52,365 Kathryin tiña medo e quixen levarllo a miña nai. 172 00:08:52,448 --> 00:08:54,200 É matrona. Sabe o que fai. 173 00:08:54,283 --> 00:08:56,369 Por iso ía tan rápido. 174 00:08:56,452 --> 00:08:57,703 Non foi culpa miña. 175 00:08:57,787 --> 00:09:02,124 Kathryn non paraba de berrar e Benny deixara de respirar outra vez. 176 00:09:03,042 --> 00:09:04,877 Por que non lle axudastes? 177 00:09:04,961 --> 00:09:05,962 Eu… 178 00:09:07,129 --> 00:09:09,549 Sinto moito o que lles está a pasar. 179 00:09:10,299 --> 00:09:14,595 Prométolle que facemos todo o posible por curalo. 180 00:09:16,138 --> 00:09:18,349 Non me diga que os matei, por favor. 181 00:09:21,602 --> 00:09:23,563 Ireino actualizando, de acordo? 182 00:09:24,146 --> 00:09:26,983 - Elijah, encárgaste ti? - Encargo. 183 00:09:28,359 --> 00:09:30,778 - Pulsacións baixas. - Ímola perder. 184 00:09:30,861 --> 00:09:33,447 - Podo axudar? - Hai que abrirlle o peito. 185 00:09:33,531 --> 00:09:36,117 - Non ten un traumatismo? - Pulsacións en 30. 186 00:09:36,200 --> 00:09:37,827 Pero é nova e está sa. 187 00:09:37,910 --> 00:09:39,495 Tes razón. Onde me poño? 188 00:09:39,579 --> 00:09:42,373 - Ti intubas e eu preparo? - Bandexa de intubación. 189 00:09:42,456 --> 00:09:43,457 Marchando. 190 00:09:44,834 --> 00:09:45,835 Imos alá. 191 00:09:48,087 --> 00:09:49,297 Merda, non hai pulso. 192 00:09:49,380 --> 00:09:52,174 Comezamos masaxe cardíaca. Preparados para abrir. 193 00:09:52,258 --> 00:09:54,010 Si, doutor. Preparámolo. 194 00:10:01,517 --> 00:10:04,353 Doutor Phillips, esta cama estaba libre na táboa. 195 00:10:04,437 --> 00:10:08,441 Julio é un antigo paciente meu. Precisa unha punción evacuadora. 196 00:10:08,524 --> 00:10:10,568 Ou sexa, que non é urxente. 197 00:10:10,651 --> 00:10:13,946 Dóelle moito. Non ten cita en Gastro ata a semana. 198 00:10:14,030 --> 00:10:17,283 Pois veña, faino rápido. E pitando. 199 00:10:17,366 --> 00:10:18,993 Xenial. Si. 200 00:10:19,076 --> 00:10:20,870 Donna, tráesme un ecógrafo? 201 00:10:20,953 --> 00:10:22,872 Están a usar os dous que hai. 202 00:10:22,955 --> 00:10:28,210 Ocórreseme unha idea. E se fas este procedemento tan básico sen eco? 203 00:10:28,294 --> 00:10:30,546 Nunca o fixen só con referencias. 204 00:10:30,630 --> 00:10:33,049 Hai pacientes que precisan a cama. 205 00:10:33,132 --> 00:10:36,093 Ou o fas agora mesmo ou lle dás a alta. 206 00:10:37,261 --> 00:10:40,431 Faino, tío, por favor. Non podo esperar outra semana. 207 00:10:41,265 --> 00:10:42,892 Claro, estás en boas mans. 208 00:10:51,025 --> 00:10:52,860 Está intubada. Gabe, sigo eu. 209 00:10:52,943 --> 00:10:56,113 - Imos alá. Bisturí do dez. - Bisturí do dez. 210 00:11:09,710 --> 00:11:10,711 Grazas. 211 00:11:12,588 --> 00:11:13,673 Que? 212 00:11:15,132 --> 00:11:18,886 Xa podes ir en bici sen rodiñas. Parabéns. 213 00:11:21,389 --> 00:11:23,766 - Sophie, separador de costelas. - Separador. 214 00:11:25,351 --> 00:11:26,352 Grazas. 215 00:11:32,650 --> 00:11:34,193 Vale, entrei. 216 00:11:34,944 --> 00:11:36,320 Seguimos coa masaxe. 217 00:11:37,655 --> 00:11:38,823 Que ves? 218 00:11:41,409 --> 00:11:43,744 Seguimos coa masaxe? Ves o corazón? 219 00:11:43,828 --> 00:11:46,414 Teño que atravesar o pericardio. Seguide. 220 00:11:46,497 --> 00:11:47,373 Vale. 221 00:11:48,165 --> 00:11:51,043 Dámoslle a alta á cinco en 15 minutos. 222 00:11:54,505 --> 00:11:58,968 Axuda! Que alguén nos axude! Aquí, por favor! 223 00:11:59,510 --> 00:12:00,594 Abride a porta. 224 00:12:03,806 --> 00:12:04,974 Sandra? 225 00:12:06,016 --> 00:12:07,643 - Que? - Está inconsciente. 226 00:12:07,727 --> 00:12:10,646 Estaba ben ó chegar á casa e logo desmaiouse. 227 00:12:10,730 --> 00:12:14,275 Julio! Óesme? Julio, podes oírme? 228 00:12:14,900 --> 00:12:15,943 Veña. 229 00:12:18,028 --> 00:12:20,448 - Encárgome eu. - Por favor, doutor Phillips. 230 00:12:20,531 --> 00:12:22,700 Vaise poñer ben. Dentro con el. 231 00:12:26,120 --> 00:12:27,663 Metédeo nun box. 232 00:12:32,209 --> 00:12:35,546 - Incisión no pericardio. - As constantes non estabilizan. 233 00:12:38,549 --> 00:12:40,676 Merda, perforouse o ventrículo. 234 00:12:41,260 --> 00:12:42,636 Hostia, pódese arranxar? 235 00:12:43,596 --> 00:12:45,055 Non lle queda moito. 236 00:12:46,474 --> 00:12:47,641 Xander, perdémola. 237 00:12:47,725 --> 00:12:48,976 Chamade a Cirurxía. 238 00:12:49,059 --> 00:12:52,146 Estou taponando un ventrículo co dedo. Necesito axuda. 239 00:12:52,688 --> 00:12:54,064 Hai que ir a quirófano. 240 00:12:54,148 --> 00:12:56,400 - E unha sonda de Foley? - Boa idea. 241 00:12:56,484 --> 00:12:57,359 Vou. 242 00:12:59,987 --> 00:13:01,238 Aguanta, Kathryn. 243 00:13:09,789 --> 00:13:12,041 Hai distensión abdominal. Debeu desangrarse. 244 00:13:12,124 --> 00:13:15,002 Ímolo perder. Non hai pulso. 245 00:13:15,920 --> 00:13:18,881 - Imos coa masaxe. Dáme o tallo. - Iniciamos masaxe. 246 00:13:49,703 --> 00:13:52,248 Sigue coa masaxe. Comprobamos pulso. 247 00:13:52,331 --> 00:13:54,166 Non hai pulso. Ritmo? 248 00:13:54,250 --> 00:13:56,919 Vese fibrilación ventricular. Carga a 200. 249 00:13:57,503 --> 00:13:58,838 Cargando a 200. 250 00:14:02,258 --> 00:14:03,717 Retomamos masaxe. 251 00:14:10,015 --> 00:14:11,100 Sigue coa masaxe. 252 00:14:11,183 --> 00:14:12,351 Comprobamos pulso. 253 00:14:19,316 --> 00:14:20,609 Asistolia. 254 00:15:23,130 --> 00:15:24,715 Súbelle a tensión. 255 00:15:24,798 --> 00:15:25,925 Estabilizouse. 256 00:15:26,008 --> 00:15:27,343 Conseguímolo. 257 00:15:28,302 --> 00:15:29,511 Salváchela. 258 00:15:40,356 --> 00:15:43,025 Imos a quirófano co monitor portátil. 259 00:15:54,203 --> 00:15:56,664 - Camila, dásnos un minuto? - Si, claro. 260 00:16:00,000 --> 00:16:02,836 Xander, vaise poñer ben. Salváchela. 261 00:16:04,505 --> 00:16:06,715 Aínda pode morrer no quirófano. 262 00:16:08,801 --> 00:16:10,511 Tesllo que dicir ó marido. 263 00:16:12,054 --> 00:16:13,514 Ata asegurármonos, non. 264 00:16:36,870 --> 00:16:39,039 Cole, que pintas ti aquí? 265 00:16:39,123 --> 00:16:40,708 Só veño ver que tal está. 266 00:16:40,791 --> 00:16:44,211 Non, xa non tes ese privilexio. 267 00:16:44,712 --> 00:16:48,090 E se aínda che interesa ser doutor, nin te lle achegues. 268 00:16:48,173 --> 00:16:49,967 En ningún sentido. 269 00:16:50,467 --> 00:16:51,468 Enténdoo. 270 00:16:51,552 --> 00:16:52,845 Si? Enténdelo? 271 00:16:52,928 --> 00:16:54,304 Porque está moi grave 272 00:16:54,388 --> 00:16:57,599 e a familia ten base legal para dubidar do noso tratamento 273 00:16:57,683 --> 00:16:59,268 polo que cren que tedes. 274 00:17:00,060 --> 00:17:03,522 O único que podes facer por Nia Washington é rezar. 275 00:17:04,023 --> 00:17:05,024 E liscar de aquí. 276 00:17:21,999 --> 00:17:23,000 Verás… 277 00:17:27,004 --> 00:17:29,298 Tiña un paciente, Julio. 278 00:17:30,132 --> 00:17:31,300 Tiña 20 anos. 279 00:17:31,884 --> 00:17:35,721 Ingresou unha noite que Urxencias estaba ó tope. 280 00:17:37,014 --> 00:17:40,059 A doutora Broussard quería que apurara, 281 00:17:40,142 --> 00:17:42,352 así que lle fixen caso e… 282 00:17:43,187 --> 00:17:45,064 debín perforar un vaso sanguíneo. 283 00:17:46,273 --> 00:17:49,068 Penso nel cada vez que entro nun box. 284 00:17:49,860 --> 00:17:52,362 Penso nel cada vez que atendo un paciente. 285 00:17:52,446 --> 00:17:53,572 Síntoo. 286 00:17:56,617 --> 00:17:58,535 Creo que podería superalo. 287 00:18:00,287 --> 00:18:02,414 Pero non, miña nai agochouno todo. 288 00:18:03,290 --> 00:18:06,126 Ó trasladarme ó Maguire, ninguén sabia o porqué. 289 00:18:06,794 --> 00:18:11,632 Supoño que de aí sairían os rumores das outras mulleres. 290 00:18:11,715 --> 00:18:14,885 Non podía negarcho, 291 00:18:14,968 --> 00:18:17,471 romper a confidencialidade sería a miña ruína. 292 00:18:17,554 --> 00:18:18,597 A da miña familia. 293 00:18:24,019 --> 00:18:25,521 Pero foi culpa miña. 294 00:18:27,397 --> 00:18:28,732 Deixei que pasara. 295 00:18:31,527 --> 00:18:32,986 E dáme vergoña. 296 00:18:34,113 --> 00:18:36,698 Segundo miña nai era para non estragar a miña carreira… 297 00:18:38,909 --> 00:18:41,620 pero o que non quería era manchar a súa. 298 00:18:42,121 --> 00:18:45,040 Meteume nunha situación sen saída. 299 00:18:53,298 --> 00:18:54,842 Cagueina a base de ben. 300 00:18:58,220 --> 00:18:59,388 Non foi culpa túa. 301 00:18:59,471 --> 00:19:00,472 Non. 302 00:19:01,014 --> 00:19:02,057 Cagueina contigo. 303 00:19:04,476 --> 00:19:07,437 Tiñas razón. Non debín insistir, non debín… 304 00:19:08,147 --> 00:19:10,232 Non debín poñerte nesa situación. 305 00:19:12,693 --> 00:19:14,570 Debín escoitarte. 306 00:19:16,071 --> 00:19:18,991 O que querías, o que precisabas. 307 00:19:23,078 --> 00:19:24,454 Síntoo moito, Danny. 308 00:19:27,374 --> 00:19:28,709 Síntoo moitísimo. 309 00:19:35,757 --> 00:19:37,426 Grazas por dicilo. 310 00:19:41,180 --> 00:19:43,432 E quero que saibas que te quero. 311 00:19:49,813 --> 00:19:51,440 Eu tamén te quero. 312 00:20:00,782 --> 00:20:03,327 Non esquezo as nosas ceas dos domingos. 313 00:20:04,578 --> 00:20:06,455 Vounas botar de menos. 314 00:20:18,967 --> 00:20:20,469 Ó mellor me despiden. 315 00:20:22,387 --> 00:20:25,224 Meus pais non te van despedir despois do que che contei. 316 00:20:25,307 --> 00:20:27,935 Ó mellor me despiden e xa non es o meu xefe. 317 00:20:31,480 --> 00:20:34,024 Podemos comezar de cero. 318 00:20:35,859 --> 00:20:37,277 Ver como vai a cousa. 319 00:20:40,364 --> 00:20:41,365 É o que queres? 320 00:20:42,699 --> 00:20:44,284 Soa bastante ben. 321 00:20:53,418 --> 00:20:54,711 Que tal a nai? 322 00:20:56,755 --> 00:20:57,965 Seguen operando. 323 00:20:58,590 --> 00:20:59,883 Aínda non se sabe. 324 00:20:59,967 --> 00:21:02,219 - E o bebé? - Vaise poñer ben. 325 00:21:02,719 --> 00:21:03,720 Estenose pilórica. 326 00:21:05,347 --> 00:21:08,267 Tiñas razón. Deberías estar orgullosa. 327 00:21:08,350 --> 00:21:10,978 Home, claro, que non che caiba dúbida. 328 00:21:11,979 --> 00:21:12,980 Oe. 329 00:21:13,480 --> 00:21:15,399 Que pensas que fan estes aí? 330 00:21:17,609 --> 00:21:19,152 O de sempre. 331 00:21:19,778 --> 00:21:21,822 Deberías dicirlle o que sentes. 332 00:21:24,908 --> 00:21:26,159 Non é iso. 333 00:21:27,995 --> 00:21:29,496 Danny e eu só somos amigos. 334 00:21:30,622 --> 00:21:32,666 Xa, ben te entendo. 335 00:21:39,506 --> 00:21:42,467 Chan, fixeches unha toracotomía con Phillips. 336 00:21:42,551 --> 00:21:45,429 Só asistín. Veño de deixala en quirófano. 337 00:21:46,013 --> 00:21:50,142 Saqueite do servizo de Cirurxía de mañá. Daranche un horario novo. 338 00:21:52,644 --> 00:21:55,272 Oe, ti que problema tes? 339 00:21:56,023 --> 00:21:57,190 - Problema? - Si. 340 00:21:57,274 --> 00:21:59,484 Cada vez que fago algo ben 341 00:21:59,568 --> 00:22:02,571 quítasme méritos e fasme de menos. 342 00:22:04,197 --> 00:22:06,783 Non me apoiaches nin unha soa vez. 343 00:22:07,367 --> 00:22:10,871 Non me animaches nunca. E sabes que? A xente nótao. 344 00:22:11,705 --> 00:22:15,584 Sabías que Camila prefire marchar a aturar as túas merdas? 345 00:22:15,667 --> 00:22:18,170 Poderiamos perdela, 346 00:22:18,253 --> 00:22:21,882 con toda a súa bondade e optimismo, e por que? 347 00:22:21,965 --> 00:22:24,509 Porque non podes co teu ego? 348 00:22:24,593 --> 00:22:25,802 Remataches? 349 00:22:29,181 --> 00:22:30,974 Estou de acordo contigo. 350 00:22:31,683 --> 00:22:35,062 Cambieiche o horario para non compartirmos quenda. 351 00:22:36,438 --> 00:22:38,815 Verás que é polo teu propio ben. 352 00:22:47,324 --> 00:22:48,992 - Ola. - Ola. 353 00:22:49,076 --> 00:22:52,537 Danny e Phillips queren saber como vai a cirurxía de Kathryn. 354 00:22:55,916 --> 00:22:57,918 Lista para a fuga. 355 00:22:58,001 --> 00:23:00,504 - Con coidado. - Iso, con coidado. 356 00:23:00,587 --> 00:23:01,546 Veña. 357 00:23:01,630 --> 00:23:02,798 - Oe. - Que? 358 00:23:02,881 --> 00:23:04,800 Chamáronte os directores? 359 00:23:04,883 --> 00:23:06,093 Chamaron. 360 00:23:06,176 --> 00:23:07,010 E? 361 00:23:07,552 --> 00:23:08,387 Boas tardes. 362 00:23:08,470 --> 00:23:10,138 - Como estás? - Que tal? 363 00:23:10,222 --> 00:23:11,973 Vero, non? Eu son Camila. 364 00:23:12,057 --> 00:23:13,016 Ola, Camila! 365 00:23:13,100 --> 00:23:15,811 Parabéns. Xa vas para a casa, que ben. 366 00:23:15,894 --> 00:23:18,855 Grazas. Estabas aquí cando cheguei? 367 00:23:18,939 --> 00:23:20,690 Claro, o meu primeiro día. 368 00:23:20,774 --> 00:23:22,275 Gústache estar aquí? 369 00:23:22,818 --> 00:23:23,944 Gusta, si. 370 00:23:24,444 --> 00:23:26,988 - Finxamos que non está Cruz. - É o que fago eu. 371 00:23:27,072 --> 00:23:29,950 Non, en serio. Si que me gusta estar aquí. 372 00:23:31,618 --> 00:23:33,412 Oxalá non marchases. 373 00:23:34,996 --> 00:23:36,915 Seica pediches ir a Miami South. 374 00:23:36,998 --> 00:23:38,875 - Natalia, déixaa. - Por favor. 375 00:23:38,959 --> 00:23:41,586 - Que? - Perdón. Non sabía que… 376 00:23:41,670 --> 00:23:43,755 …estou ó tanto dos meus estudantes? 377 00:23:43,839 --> 00:23:46,216 É difícil ignorar tanta gabanza. 378 00:23:46,299 --> 00:23:47,843 Todos cos que falei, 379 00:23:47,926 --> 00:23:51,054 o doutor Phillips, o doutor Elijah, Luis, os adxuntos, 380 00:23:51,138 --> 00:23:53,181 todos falan marabillas de ti. 381 00:23:54,057 --> 00:23:56,059 Sería unha mágoa perderte. 382 00:24:15,120 --> 00:24:17,038 Ai, Deus. Ola. 383 00:24:21,168 --> 00:24:22,377 Fixéchelo moi ben! 384 00:24:28,884 --> 00:24:31,136 - Alégrome moito. - Moitas grazas. 385 00:24:36,224 --> 00:24:39,060 - Ola. - Miña nai di que me salvaches a vida. 386 00:24:40,395 --> 00:24:41,396 Non… 387 00:24:41,480 --> 00:24:44,441 Non sexas modesta. Vero non sobreviviría sen ti. 388 00:24:46,193 --> 00:24:47,736 É un pracer axudar. 389 00:24:48,695 --> 00:24:49,863 Grazas. 390 00:25:06,129 --> 00:25:08,507 O malo é que agora non podo despedirte. 391 00:25:09,299 --> 00:25:11,134 Tampouco o tiña pensado, 392 00:25:12,344 --> 00:25:15,430 pero, como supervisora, lembra que lle faltou pouco. 393 00:25:18,642 --> 00:25:19,893 Non che quitarei ollo. 394 00:25:21,561 --> 00:25:22,395 Eu… 395 00:25:22,479 --> 00:25:24,648 Que non saia de aquí por agora. 396 00:25:26,233 --> 00:25:28,193 Anunciarémolo na festa de mañá. 397 00:25:30,987 --> 00:25:31,988 Pero… 398 00:25:32,489 --> 00:25:35,575 Non se lle van complicar moito máis as cousas? 399 00:25:36,159 --> 00:25:38,828 Non é cousa túa. Céntrate en ser boa doutora. 400 00:25:50,632 --> 00:25:52,175 Alégrome moito por ti. 401 00:25:52,676 --> 00:25:53,843 É incrible. 402 00:26:06,565 --> 00:26:09,943 Cando chegues á casa, non a apoies, aplica xeo e listo. 403 00:26:10,026 --> 00:26:12,112 De acordo? Con calma. 404 00:26:13,697 --> 00:26:16,116 Sophie, sabes algo? 405 00:26:21,705 --> 00:26:22,706 Que pasou? 406 00:26:22,789 --> 00:26:24,124 Están ben? 407 00:26:24,207 --> 00:26:27,252 O seu fillo padece estenose pilórica. 408 00:26:27,335 --> 00:26:29,671 Pódese tratar, vaise poñer ben. 409 00:26:29,754 --> 00:26:31,548 Tamén recibín novas de quirófano. 410 00:26:31,631 --> 00:26:34,718 Kathryin saíu da operación e todo foi moi ben. 411 00:26:37,220 --> 00:26:39,598 Todos cren que se recuperará. 412 00:26:53,194 --> 00:26:54,821 Oe! Camila! 413 00:26:55,572 --> 00:26:57,866 - O teu pendente. - Ai, Deus, en serio? 414 00:26:57,949 --> 00:27:00,410 - Si. - Hostia, grazas! 415 00:27:03,580 --> 00:27:06,833 - Dixeches que che gustaba… - Non, é moito máis. 416 00:27:06,916 --> 00:27:09,628 Deumo miña avoa antes de morrer. 417 00:27:09,711 --> 00:27:10,754 Síntoo. 418 00:27:10,837 --> 00:27:11,921 Grazas. 419 00:27:12,005 --> 00:27:14,549 Foi o ano pasado. E onde o atopaches? 420 00:27:15,467 --> 00:27:16,676 Verás, 421 00:27:16,760 --> 00:27:20,180 primeiro fun a onde almorzas sempre. 422 00:27:20,263 --> 00:27:24,684 Non será o almorzo, non sei, a madalena esa de arandos do carriño. 423 00:27:24,768 --> 00:27:27,520 Mirei na mesa a carón da árbore. 424 00:27:27,604 --> 00:27:29,105 Non estaba no chan. 425 00:27:29,189 --> 00:27:31,107 Falei co conserxe, non o tiña. 426 00:27:31,191 --> 00:27:32,400 Co conserxe? 427 00:27:32,484 --> 00:27:33,735 Pois si, eu… 428 00:27:34,736 --> 00:27:38,740 Pedinlle que mirara a mopa por se quedara aí. 429 00:27:38,823 --> 00:27:43,119 En fin, que ó final estaban no chan da sala de descanso. 430 00:27:44,704 --> 00:27:47,332 Déixasmo ver un segundiño? Grazas. 431 00:27:47,957 --> 00:27:51,336 Pois agora queda secuestrado porque… 432 00:27:53,046 --> 00:27:54,589 non quero que marches. 433 00:27:56,925 --> 00:27:59,719 O hospital non vai ser o mesmo sen ti. 434 00:27:59,803 --> 00:28:00,970 E… 435 00:28:01,888 --> 00:28:06,935 Gústame traballar contigo e fasme… 436 00:28:08,103 --> 00:28:09,270 rir. 437 00:28:09,354 --> 00:28:10,855 Fasme mellor persoa. 438 00:28:10,939 --> 00:28:15,110 Así que vou quedar con el ata que rectifiques. 439 00:28:16,486 --> 00:28:19,823 Pensas roubarme o pendente da miña defunta abuela? 440 00:28:21,491 --> 00:28:23,576 Si, ó 100 %. 441 00:28:25,203 --> 00:28:28,373 Pois que saibas que retirei a petición esta tarde. 442 00:28:29,082 --> 00:28:31,710 Decidín quedar, xa mo podes ir dando. 443 00:28:31,793 --> 00:28:35,714 Ai, Deus, e non me cortaches antes mentres daba o discurso este? 444 00:28:35,797 --> 00:28:37,257 Encantoume. 445 00:28:41,803 --> 00:28:42,804 Camila! 446 00:28:43,805 --> 00:28:45,724 - Ai, Deus! - Ola, meu amor! 447 00:28:45,807 --> 00:28:47,267 - Ola, meu ben. - Ola. 448 00:28:47,350 --> 00:28:50,770 - Como estás? Grazas. - Feliz último día. Toma, para ti. 449 00:28:53,106 --> 00:28:54,065 - Ola! - Ola! 450 00:28:54,149 --> 00:28:56,317 - Son Sophie. - Eu son Rodrigo. 451 00:28:56,401 --> 00:28:59,112 - Rodrigo, un pracer. - Igualmente. 452 00:28:59,195 --> 00:29:02,574 Non sabía que Camila tiña mozo. 453 00:29:02,657 --> 00:29:03,742 E non o ten. 454 00:29:04,325 --> 00:29:05,952 - Iso espero, non? - Cala. 455 00:29:06,035 --> 00:29:08,496 - Son o seu prometido. - Vaia! 456 00:29:09,497 --> 00:29:10,874 Que fantasía! 457 00:29:10,957 --> 00:29:13,126 Incrible. Xenial. 458 00:29:13,752 --> 00:29:16,212 Non che vira… Onde tes o… 459 00:29:16,296 --> 00:29:18,465 Non, xa, hai pouco que mo pediu 460 00:29:18,548 --> 00:29:20,467 e están a axustarmo. 461 00:29:20,550 --> 00:29:22,927 Bárbaro. Fantástico. Bárbaro. 462 00:29:23,803 --> 00:29:27,140 Pois nada, eu marcho á casa, así que… 463 00:29:27,223 --> 00:29:28,933 - Un pracer. - Rodrigo. 464 00:29:29,017 --> 00:29:30,143 - Si. - Xenial. 465 00:29:30,226 --> 00:29:32,020 - Vémonos o luns? - Si. 466 00:29:32,103 --> 00:29:35,064 - Grazas. - Pásao ben mañá na festa. 467 00:29:42,489 --> 00:29:43,823 Boas, doutor Sanchez. 468 00:29:43,907 --> 00:29:45,074 Doutor Phillips. 469 00:29:45,158 --> 00:29:47,494 - Parabéns ó novo adxunto. - Grazas. 470 00:29:47,577 --> 00:29:51,331 A verdade, sorprendeume. Creo que ós demais adxuntos tamén. 471 00:29:51,873 --> 00:29:53,500 - En serio? - Veña. 472 00:29:54,667 --> 00:29:56,669 Es un cabrón tocado pola variña. 473 00:29:57,170 --> 00:30:00,048 Permitíronseche moitas cousas só por ser quen es. 474 00:30:01,382 --> 00:30:02,675 Fuches un bo supervisor, 475 00:30:03,176 --> 00:30:06,638 pero cando sexas adxunto vas ir sen rede de seguridade. 476 00:30:06,721 --> 00:30:09,432 Calquera erro de calquera ó teu mando, 477 00:30:09,516 --> 00:30:12,644 dun estudante negado ou, non sei, da nova supervisora, 478 00:30:13,228 --> 00:30:14,813 será responsabilidade túa. 479 00:30:16,231 --> 00:30:17,565 Vaite preparando. 480 00:30:19,984 --> 00:30:21,694 Sabes que? Pílloo. 481 00:30:22,570 --> 00:30:24,322 Non es o meu maior fan. 482 00:30:24,405 --> 00:30:28,284 Diría que me prestará traballar canda ti, pero sendo sinceros, 483 00:30:28,368 --> 00:30:30,328 es o adxunto que menos me gusta. 484 00:30:30,411 --> 00:30:32,163 Vémonos o luns, Patrick. 485 00:30:42,298 --> 00:30:45,593 Refírome a se che sobran os cartos. 486 00:30:45,677 --> 00:30:47,053 Coma un adxunto? 487 00:30:47,554 --> 00:30:50,598 Non. Cartos de verdade. En plan, se foses rica. 488 00:30:51,933 --> 00:30:53,977 - Xapón. - Aí xa falamos. 489 00:30:54,060 --> 00:30:58,481 Directiña a Kioto. Sen pasar pola saída nin cobrar os 200. E… 490 00:30:58,565 --> 00:31:00,483 Levaría no peto 50 000 para compras. 491 00:31:00,567 --> 00:31:02,443 Boa. Danny, e ti? 492 00:31:03,987 --> 00:31:07,198 Sicilia. Visitaría unha bodega en Sicilia. 493 00:31:07,282 --> 00:31:11,828 Beberia viño tinto sentada a carón dunha piscina 494 00:31:11,911 --> 00:31:13,538 e non pensaría en débedas, 495 00:31:13,621 --> 00:31:17,166 xa que se esfumarían milagrosamente porque estaría forrada. 496 00:31:20,753 --> 00:31:21,713 Danny Simms. 497 00:31:23,423 --> 00:31:26,009 Querías saber a quen elixín. 498 00:31:26,092 --> 00:31:27,594 Ben. Grazas. 499 00:31:29,429 --> 00:31:33,266 E pódesme invitar a xantar de xeito estritamente profesional. 500 00:31:33,349 --> 00:31:36,394 - Xenial. Ti elixes. - Claro. 501 00:31:55,538 --> 00:31:58,041 - Non quero falar do tema. - De cal? 502 00:31:58,124 --> 00:32:00,752 Do de berrarme en Urxencias ou do de Nia? 503 00:32:03,129 --> 00:32:04,213 De ningún. 504 00:32:05,673 --> 00:32:08,468 Notábate máis cabrón do normal, xa sei por que. 505 00:32:08,551 --> 00:32:11,512 - Sírvolle algo? - Só unha auga, por favor. 506 00:32:14,057 --> 00:32:15,725 E agora que? 507 00:32:17,477 --> 00:32:21,189 Pode espertar, a familia denuncia e bótanme. 508 00:32:22,857 --> 00:32:26,486 Ou morre, a familia denuncia e bótanme. 509 00:32:28,446 --> 00:32:29,864 E eu quedaría desfeito. 510 00:32:31,199 --> 00:32:32,533 Impórtache de verdade. 511 00:32:33,159 --> 00:32:35,662 Non podo admitilo sen meterme en problemas. 512 00:32:39,457 --> 00:32:43,461 - Pedinche outro. - Grazas. Lesme a mente. 513 00:32:43,544 --> 00:32:46,464 De nada, supervisora. 514 00:32:47,799 --> 00:32:49,509 Non o sabes. É… 515 00:32:50,218 --> 00:32:52,136 A ver, vancho dar a ti. 516 00:32:52,804 --> 00:32:54,806 E merécelo. Sinceramente. 517 00:32:56,265 --> 00:32:57,642 Quero que o saibas. 518 00:33:00,269 --> 00:33:01,312 Grazas. 519 00:33:04,399 --> 00:33:06,317 Así que Sicilia, non? 520 00:33:07,860 --> 00:33:08,903 Si. 521 00:33:08,987 --> 00:33:10,571 Por que non? 522 00:33:11,864 --> 00:33:13,741 - A onde irías ti? - Non sei. 523 00:33:14,826 --> 00:33:16,828 Sicilia soa bastante ben. 524 00:33:16,911 --> 00:33:18,579 Ola a todos. 525 00:33:19,163 --> 00:33:20,707 Boa tarde. 526 00:33:21,207 --> 00:33:22,625 É un pracer vervos aquí. 527 00:33:23,376 --> 00:33:24,794 Foi un curso fantástico. 528 00:33:24,877 --> 00:33:29,048 Todos traballastes ata non poder máis e agradézovolo moito. 529 00:33:29,924 --> 00:33:33,845 Teño que anunciar que o curso que vén haberá cambios. 530 00:33:35,513 --> 00:33:40,852 A administración decidiu separar os departamentos de Urxencias e Cirurxía. 531 00:33:42,937 --> 00:33:46,190 Polo tanto, eu seguirei ó mando de Cirurxía 532 00:33:46,274 --> 00:33:49,068 e Urxencias terá un novo director temporal. 533 00:33:52,280 --> 00:33:54,657 Foi a honra máis grande da miña vida 534 00:33:55,241 --> 00:33:58,369 converter este centro de Urxencias no que é hoxe. 535 00:34:00,496 --> 00:34:02,790 Porén, toca pasar o testemuño. 536 00:34:04,208 --> 00:34:06,044 Estou encantada 537 00:34:06,544 --> 00:34:09,714 de cederlle o liderado de Urxencias a un dos nosos, 538 00:34:10,298 --> 00:34:12,800 ó experimentado adxunto Patrick Sanchez. 539 00:34:22,518 --> 00:34:23,853 Grazas, doutora Cruz. 540 00:34:25,188 --> 00:34:28,733 Acepto con humildade e honra o liderado de Urxencias, 541 00:34:29,525 --> 00:34:32,278 que convertiches nunha institución incrible. 542 00:34:33,321 --> 00:34:34,447 Como saberedes, 543 00:34:34,530 --> 00:34:37,658 gústame a sinxeleza e non me gusta falar en público. 544 00:34:37,742 --> 00:34:41,454 Porén, hoxe debo anunciar un tema moi importante. 545 00:34:41,537 --> 00:34:42,830 A designación 546 00:34:44,082 --> 00:34:46,000 da supervisión de residentes. 547 00:34:46,584 --> 00:34:50,129 Tras consultar con Cruz e coa xunta, decidín elixir… 548 00:34:53,841 --> 00:34:55,468 o doutor Samuel Elijah. 549 00:35:04,602 --> 00:35:06,646 - Parabéns. - Grazas. 550 00:35:08,856 --> 00:35:09,941 Elijah… 551 00:35:10,024 --> 00:35:11,109 Home! 552 00:35:12,485 --> 00:35:13,611 Si, tío. 553 00:35:14,112 --> 00:35:15,196 Alédome por ti. 554 00:35:16,197 --> 00:35:18,574 - Bo traballo, meu rei. - Grazas, tía. 555 00:35:19,450 --> 00:35:20,701 Valo facer xenial. 556 00:35:22,870 --> 00:35:24,205 Grazas. 557 00:35:39,971 --> 00:35:40,972 Boas. 558 00:35:42,390 --> 00:35:43,724 Danny, síntoo moito. 559 00:35:43,808 --> 00:35:45,560 Non sabía que ía facer iso. 560 00:35:46,519 --> 00:35:48,896 Non ten por que sentilo. 561 00:35:52,024 --> 00:35:55,194 Substituírona por Sanchez como represalia, non? 562 00:35:55,278 --> 00:35:56,737 Non é culpa túa. 563 00:36:00,950 --> 00:36:04,662 Ensináronme a aceptar os golpes, a non queixarme. 564 00:36:06,622 --> 00:36:09,542 O meu erro foi pensar que así os golpes cesarían, 565 00:36:11,544 --> 00:36:13,087 pero nunca cesan. 566 00:36:16,549 --> 00:36:18,134 Motivar non é o seu. 567 00:36:23,848 --> 00:36:24,974 Irame ben. 568 00:36:26,684 --> 00:36:27,977 E a ti tamén. 569 00:36:29,145 --> 00:36:32,190 Impresionaches a moita xente como supervisora, non só a min. 570 00:36:33,399 --> 00:36:35,610 Non te subestimes. 571 00:36:36,194 --> 00:36:38,863 Estas semanas fixécheste notar. 572 00:36:43,034 --> 00:36:44,577 Iso motívate algo máis? 573 00:36:57,548 --> 00:36:58,549 Non o creo. 574 00:36:58,633 --> 00:37:01,552 - Mira que había xente… - Cala, aí che vén. 575 00:37:01,636 --> 00:37:02,970 Boas, Patrick. 576 00:37:03,930 --> 00:37:04,764 Parabéns. 577 00:37:04,847 --> 00:37:06,974 Moitas grazas, doutor Phillips. 578 00:37:07,058 --> 00:37:11,687 Por certo, hai moitos adxuntos que me gustan menos ca ti. 579 00:37:14,607 --> 00:37:15,691 Ata luns, Xander. 580 00:37:17,443 --> 00:37:19,654 - Estou fodido. - Totalmente. 581 00:37:21,781 --> 00:37:23,532 Doeuche? Foi duro. 582 00:37:39,840 --> 00:37:40,841 Ola. 583 00:37:42,176 --> 00:37:43,177 Ola. 584 00:37:46,180 --> 00:37:48,474 Sinto moito o do posto. 585 00:37:49,767 --> 00:37:51,644 Alédame que llo deran a Elijah. 586 00:37:52,478 --> 00:37:54,438 A min alédame que non marches. 587 00:37:58,693 --> 00:37:59,860 E a min. 588 00:38:02,196 --> 00:38:03,781 - A verdade… - Mira, eu… 589 00:38:03,864 --> 00:38:05,491 - Dálle. - Ti primeiro. 590 00:38:09,662 --> 00:38:11,914 O que dixeches onte significa moito para min. 591 00:38:15,084 --> 00:38:18,337 Eu tamén vou botar de menos as ceas dos domingos. 592 00:38:23,467 --> 00:38:25,761 Quero que saibas que non vou… 593 00:38:25,845 --> 00:38:27,888 Non vou contar o do Kennedy. 594 00:38:30,099 --> 00:38:31,475 Xa daría igual. 595 00:38:31,559 --> 00:38:34,186 Esta tarde falei coa xunta do hospital. 596 00:38:35,187 --> 00:38:36,564 Contéillelo todo. 597 00:38:36,647 --> 00:38:38,232 - Que? - Iso. 598 00:38:38,316 --> 00:38:40,776 Se te denuncian non poderás exercer. 599 00:38:40,860 --> 00:38:42,945 - E teus pais? - Impórtame un carallo. 600 00:38:43,446 --> 00:38:45,072 Era o correcto. 601 00:38:45,573 --> 00:38:46,574 Por iso o fixen. 602 00:38:49,201 --> 00:38:51,912 É unha frase dunha rapaza que me gusta moito. 603 00:38:52,997 --> 00:38:54,749 Intento parecerme máis a ela. 604 00:39:11,223 --> 00:39:13,476 Pisoume o pé. 605 00:39:13,559 --> 00:39:14,393 Veña. 606 00:39:14,477 --> 00:39:17,355 - Aquí non se traballa ou que? - Que fas aquí? 607 00:39:19,273 --> 00:39:22,443 Pásasme a lista de residentes e internos deste curso? 608 00:39:22,526 --> 00:39:25,488 Quieto aí. Vas ser ti o supervisor? 609 00:39:25,571 --> 00:39:26,489 E tanto que si. 610 00:39:29,158 --> 00:39:30,451 Parabéns! 611 00:39:32,328 --> 00:39:33,829 - Parabéns. - Grazas. 612 00:39:33,913 --> 00:39:37,333 Non debías estar estreitando mans e papando tequila? 613 00:39:37,416 --> 00:39:40,795 Xa vos dixen que teño traballo, estamos? 614 00:40:59,457 --> 00:41:00,416 Elijah? 615 00:41:00,499 --> 00:41:02,835 Colisión de motora en Caio Biscaíño. 616 00:41:02,918 --> 00:41:04,670 Van mandar varios pacientes. 617 00:41:04,753 --> 00:41:07,590 Sei que non che toca, pero podes comezar antes? 618 00:41:09,216 --> 00:41:10,301 Para iso estamos. 619 00:43:20,389 --> 00:43:22,558 Subtítulos: Abraham Díaz López