1 00:00:06,048 --> 00:00:08,592 ANTERIORMENTE EN SPIDER-NOIR 2 00:00:09,760 --> 00:00:10,761 Que é iso? 3 00:00:11,512 --> 00:00:14,347 Converte superheroes en parvos. 4 00:00:14,348 --> 00:00:16,975 Estás nun buraco desde que falta Ruby 5 00:00:16,976 --> 00:00:18,435 e cada vez máis fondo. 6 00:00:18,436 --> 00:00:21,147 Esta é a túa oportunidade de saír de aí. 7 00:00:21,439 --> 00:00:23,189 {\an8}Teño que picalos a todos. 8 00:00:23,190 --> 00:00:25,818 Cando estean ben, tocarame a min. 9 00:00:26,527 --> 00:00:28,361 Fin dos veteranos enfermos. 10 00:00:28,362 --> 00:00:30,281 Fin do sufrimento. Fin da Araña. 11 00:00:32,032 --> 00:00:33,324 Que é todo isto? 12 00:00:33,325 --> 00:00:34,618 Están mortos! 13 00:00:35,161 --> 00:00:36,619 Fomos ao laboratorio. 14 00:00:36,620 --> 00:00:38,538 - Non hai saída. - Non o sabes. 15 00:00:38,539 --> 00:00:41,166 Non llo direi a Silvermane, pero é listo. 16 00:00:41,167 --> 00:00:42,752 Acabará sabendo o que fixeches… 17 00:00:52,052 --> 00:00:53,220 Agora non. Veña! 18 00:00:57,892 --> 00:01:00,102 Subide. Veña! Vamos! 19 00:01:02,271 --> 00:01:03,855 Non necesita un médico? 20 00:01:03,856 --> 00:01:05,607 Non, só precisa descansar. 21 00:01:05,608 --> 00:01:06,900 Que carallo é iso? 22 00:01:06,901 --> 00:01:09,194 Sexa o que sexa, tombouno. 23 00:01:09,195 --> 00:01:10,737 Que imos facer, xefe? 24 00:01:10,738 --> 00:01:12,948 Imos atopar a Araña. 25 00:01:13,491 --> 00:01:14,950 Quero a Reilly. 26 00:01:20,873 --> 00:01:21,956 MOBLES CÁMARAS 27 00:01:21,957 --> 00:01:23,876 B. REILLY INVESTIGADOR PRIVADO 28 00:01:30,049 --> 00:01:31,217 Mira estes idiotas. 29 00:01:32,843 --> 00:01:33,803 Están perdidos. 30 00:01:34,929 --> 00:01:37,348 Sabes o que? Eu era coma eles outrora. 31 00:01:38,390 --> 00:01:40,267 Están cegos e nin o saben. 32 00:01:41,143 --> 00:01:44,605 Día a día, xogando a seguir o líder. 33 00:01:44,939 --> 00:01:46,564 Señor! Ti nunca calas? 34 00:01:46,565 --> 00:01:47,399 Non. 35 00:01:48,234 --> 00:01:51,319 E privar o mundo dun momento da miña grandeza? 36 00:01:51,320 --> 00:01:52,154 Xa, a ver, 37 00:01:53,197 --> 00:01:55,698 o colapso chegará, pero aínda non o ves. 38 00:01:55,699 --> 00:01:58,869 Iso pensas ti. Eu véxome cada vez máis forte. 39 00:02:05,876 --> 00:02:06,877 Momentos así… 40 00:02:09,088 --> 00:02:10,714 permítenme reflexionar. 41 00:02:11,674 --> 00:02:12,633 Non adoito facelo. 42 00:02:13,801 --> 00:02:16,303 Normalmente non son autocompracente, pero… 43 00:02:17,555 --> 00:02:19,431 Se soubeses onde me criei… 44 00:02:20,933 --> 00:02:23,519 Fame, escaseza… 45 00:02:25,729 --> 00:02:28,148 Perdín dous irmáns antes de nacer eu. 46 00:02:30,067 --> 00:02:31,819 Foi unha loucura o que vivín. 47 00:02:35,364 --> 00:02:36,865 Sabes a diferenza entre eu 48 00:02:36,866 --> 00:02:39,243 e tantos dexenerados que naceron daquela? 49 00:02:40,452 --> 00:02:42,746 Corazón de apostante. Así de simple. 50 00:02:43,622 --> 00:02:44,540 Non é fortaleza, 51 00:02:45,791 --> 00:02:47,334 astucia nin crueldade. 52 00:02:50,004 --> 00:02:51,088 É só coraxe. 53 00:02:55,217 --> 00:02:56,176 E inquietude. 54 00:02:56,844 --> 00:02:57,845 Nunca foi abondo. 55 00:02:58,804 --> 00:03:01,390 Non podía parar, nunca me acomodaba. 56 00:03:07,438 --> 00:03:08,898 É o meu consello para ti. 57 00:03:14,361 --> 00:03:15,737 "Nunca te acomodes." 58 00:03:15,738 --> 00:03:17,323 Nunca te conformes. 59 00:03:18,324 --> 00:03:19,782 Non aceptes o que che dean 60 00:03:19,783 --> 00:03:22,286 porque ninguén che vai dar o que queres. 61 00:03:22,786 --> 00:03:25,205 Daranche o que queren, polas súas razóns. 62 00:03:32,463 --> 00:03:34,840 Xa chegou. Fin do conto. 63 00:03:37,217 --> 00:03:38,552 Vou mexar. 64 00:04:00,240 --> 00:04:01,659 Son Cat. Temos que vernos. 65 00:04:17,299 --> 00:04:19,510 Grazas a Deus. Pensei que non ías… 66 00:04:21,387 --> 00:04:22,346 Esa polo de Ben. 67 00:04:23,222 --> 00:04:24,306 Esa merecíaa. 68 00:04:25,975 --> 00:04:27,184 E esa vai por min. 69 00:04:28,352 --> 00:04:30,354 Ben arriscouno todo por ti, 70 00:04:30,813 --> 00:04:32,647 e ti usáchelo para traizoalo. 71 00:04:32,648 --> 00:04:35,234 Esa doutora despezouno en anacos. 72 00:04:35,818 --> 00:04:37,945 Xuro que non sabía que o mancaría. 73 00:04:38,529 --> 00:04:40,405 Pensei que era para algo bo. 74 00:04:40,406 --> 00:04:42,282 Ben dixo que non quería ser a… 75 00:04:44,410 --> 00:04:46,829 E agora impórtache gardar o seu segredo? 76 00:04:47,663 --> 00:04:51,500 Contarlle a Faber o de Ben non era decisión túa. 77 00:04:52,793 --> 00:04:53,918 Podo compensarllo. 78 00:04:53,919 --> 00:04:56,713 - Ten graza. - Non, prométocho. Confía en min. 79 00:04:56,714 --> 00:04:58,257 Si, xa o intentei. 80 00:04:58,632 --> 00:04:59,842 Es unha mentirana. 81 00:05:00,259 --> 00:05:01,634 Unha manipuladora. 82 00:05:01,635 --> 00:05:03,052 Fíxeno por amor. 83 00:05:03,053 --> 00:05:04,304 Por amor a quen? 84 00:05:06,181 --> 00:05:07,224 A Flint. 85 00:05:12,438 --> 00:05:13,605 Ben é un bo home. 86 00:05:16,358 --> 00:05:18,068 Prometo que llo compensarei. 87 00:05:19,653 --> 00:05:20,487 Como? 88 00:05:21,488 --> 00:05:24,867 Se el me dá o antídoto, podo inxectárllelo a Flint e Dirk. 89 00:05:25,868 --> 00:05:28,454 Podo achegarme a eles sen que sospeiten. 90 00:05:29,580 --> 00:05:32,666 E non tes que decidir ti. Que o decida Ben. 91 00:05:38,756 --> 00:05:40,007 Estiven pensando. 92 00:05:40,799 --> 00:05:41,966 Quen cho pediu? 93 00:05:41,967 --> 00:05:43,844 Ves? Ese é o problema. 94 00:05:44,970 --> 00:05:47,264 Por que facemos recados para ese vello 95 00:05:48,015 --> 00:05:49,600 cando nós temos os poderes? 96 00:05:50,517 --> 00:05:52,226 Para que o necesitamos? 97 00:05:52,227 --> 00:05:54,353 Supoño que non cres na lealdade. 98 00:05:54,354 --> 00:05:56,398 "Lealdade." 99 00:05:57,316 --> 00:06:00,819 O que para ti é lealdade, para min é manipulación. 100 00:06:02,196 --> 00:06:04,948 Que gañamos con Silvermane e que gaña el con nós? 101 00:06:07,576 --> 00:06:11,371 Sería leal el contigo se non seguises as súas ordes? 102 00:06:12,289 --> 00:06:14,291 Sabes o que? Non respondas. 103 00:06:15,042 --> 00:06:17,001 Preguntámoslle ao teu amigo Winston. 104 00:06:17,002 --> 00:06:19,004 Ai, non podemos. Está morto. 105 00:06:23,509 --> 00:06:24,760 Non é a secretaria? 106 00:06:25,594 --> 00:06:27,888 Si. É agradable. 107 00:06:38,690 --> 00:06:40,775 Onde estabas? A xente buscábate. 108 00:06:40,776 --> 00:06:45,029 Que tipo de xente concretamente? 109 00:06:45,030 --> 00:06:47,825 Robbie, para empezar. Ben está na casa del. 110 00:06:48,367 --> 00:06:51,036 Robbie di que o "deixasen" feito po. 111 00:06:51,537 --> 00:06:54,247 Deixaron. 112 00:06:54,248 --> 00:06:55,707 - Que? - Deixaron. 113 00:06:56,208 --> 00:06:57,751 Aclárate dunha vez. 114 00:07:02,506 --> 00:07:03,966 - Investigacións… - Janet. 115 00:07:04,591 --> 00:07:06,426 - Ola, Hank. - Non cho contei eu, 116 00:07:06,844 --> 00:07:08,469 pero o teu xefe ten problemas. 117 00:07:08,470 --> 00:07:09,971 Non sei o que fixo, 118 00:07:09,972 --> 00:07:11,931 pero búscano nas comisarías. 119 00:07:11,932 --> 00:07:15,060 Vén directamente do alcalde. Cóidate, ruliña. 120 00:07:15,644 --> 00:07:16,478 Grazas, Hank. 121 00:07:17,855 --> 00:07:19,314 Para, e queda aí. 122 00:07:30,951 --> 00:07:33,120 Se eu dese indicacións escénicas, 123 00:07:33,579 --> 00:07:36,623 iso sería: "ter présa por ir ver alguén." 124 00:07:37,291 --> 00:07:38,292 Si. 125 00:07:50,345 --> 00:07:51,180 E o doente? 126 00:07:51,680 --> 00:07:52,722 Está vivo. 127 00:07:52,723 --> 00:07:56,267 Pero aínda non recuperou forzas. Precisa máis descanso. 128 00:07:56,268 --> 00:07:57,603 Segues coma un plátano. 129 00:07:58,729 --> 00:08:02,023 Un plátano pasado: eses negróns están collendo cor. 130 00:08:02,024 --> 00:08:03,692 Pois si. 131 00:08:04,359 --> 00:08:05,610 Como te sentes? 132 00:08:05,611 --> 00:08:07,111 Peor do que parece. 133 00:08:07,112 --> 00:08:08,196 E o outro tipo? 134 00:08:08,197 --> 00:08:10,741 De camiño ás cataratas do Niágara. Coa nai. 135 00:08:12,910 --> 00:08:15,287 Oe, teño que contarche algo. 136 00:08:16,163 --> 00:08:18,123 - Cat quixo verme. - Que? 137 00:08:18,832 --> 00:08:20,333 - Cando? - Esta noite. 138 00:08:20,334 --> 00:08:22,793 Quere o antídoto para pórllo a Flint. 139 00:08:22,794 --> 00:08:24,337 E ao outro, Leyden. 140 00:08:24,338 --> 00:08:26,465 Achegaríase e non a verían. 141 00:08:27,299 --> 00:08:28,133 Seguro que si… 142 00:08:28,550 --> 00:08:29,676 Non o sei. 143 00:08:30,469 --> 00:08:32,220 Non é tan mala idea. 144 00:08:32,221 --> 00:08:35,389 Cantas veces che bateu Lonnie? Esa muller traizooute. 145 00:08:35,390 --> 00:08:37,934 - E por que cres que o fixo? - Por Flint. 146 00:08:37,935 --> 00:08:40,561 - Contoumo ela. - É certo, quere salvalo. 147 00:08:40,562 --> 00:08:43,190 Se cre que isto axuda, aposto a que o fará. 148 00:08:46,360 --> 00:08:47,360 Quen é? 149 00:08:47,361 --> 00:08:50,363 - "Porquiños…" - É Leyden. 150 00:08:50,364 --> 00:08:52,406 - "…abride." - Que fai aquí? 151 00:08:52,407 --> 00:08:56,160 "Ou soprarei e soprarei 152 00:08:56,161 --> 00:08:58,288 ata derrubar a vosa casa!" 153 00:08:59,122 --> 00:09:01,166 Grazas! 154 00:09:01,708 --> 00:09:03,001 Grazas. 155 00:09:07,339 --> 00:09:08,714 Estás feito unha merda. 156 00:09:08,715 --> 00:09:11,884 - E que? - Si, "e que"? Dille iso a Gielgud. 157 00:09:11,885 --> 00:09:14,388 Dixo que teño o papo coma o cu dun burro. 158 00:09:17,641 --> 00:09:19,934 Por que me parece que xa te coñezo? 159 00:09:19,935 --> 00:09:23,271 Coñecémonos hai unhas noites, no ático de Silvermane. 160 00:09:23,272 --> 00:09:26,357 Canteiche unha canción. Que? Non che gustou? 161 00:09:26,358 --> 00:09:28,819 Non. Antes diso. 162 00:09:29,278 --> 00:09:31,196 Foderías a muller do tipo equivocado. 163 00:09:32,864 --> 00:09:34,865 E que carallo che pasou? 164 00:09:34,866 --> 00:09:36,868 Fotografei o marido correcto. 165 00:09:38,161 --> 00:09:39,870 Que é o que queredes? 166 00:09:39,871 --> 00:09:40,789 A el. 167 00:09:41,665 --> 00:09:44,042 Érguete. O xefe quere falar contigo. 168 00:09:44,960 --> 00:09:47,795 Falar comigo en serio ou falar "entre aspas"? 169 00:09:47,796 --> 00:09:50,798 Quero saber como despedirme dos meus amigos. 170 00:09:50,799 --> 00:09:53,968 Non empeces aínda a repartir as túas tres pertenzas. 171 00:09:53,969 --> 00:09:55,178 Agora, érguete. 172 00:09:59,308 --> 00:10:03,603 De acordo. Xa vou. Só quero recoller o abrigo antes. 173 00:10:12,487 --> 00:10:14,823 Non te preocupes, terémoste quentiño. 174 00:11:34,528 --> 00:11:36,905 {\an8}BASEADA EN MARVEL COMICS 175 00:12:06,893 --> 00:12:09,396 Ei, Reilly, estasme a escoitar? 176 00:12:10,439 --> 00:12:13,566 O tema é que puideches pedirmo. 177 00:12:13,567 --> 00:12:15,025 Non eramos amigos? 178 00:12:15,026 --> 00:12:16,360 Somos, si. 179 00:12:16,361 --> 00:12:18,488 Pero era un caso de certa urxencia. 180 00:12:19,322 --> 00:12:21,866 Non podo ter o teu amigo corricando pola cidade 181 00:12:21,867 --> 00:12:23,742 neutralizando a miña vantaxe. 182 00:12:23,743 --> 00:12:28,039 Así que che pido que collas o teléfono e que chames o teu amigo Araña. 183 00:12:38,842 --> 00:12:40,426 Creo que vou pasar. 184 00:12:40,427 --> 00:12:41,886 Perdoa? 185 00:12:41,887 --> 00:12:44,305 Non estou de humor para chamar a Araña. 186 00:12:44,306 --> 00:12:47,933 Custa moito falar con el, sobre todo por teléfono. 187 00:12:47,934 --> 00:12:51,146 Meu, podes sacar a máscara para que che entenda algo? 188 00:12:52,272 --> 00:12:55,816 É unha especie de broma? Un chiste que non entendo? 189 00:12:55,817 --> 00:12:56,734 Non, é así. 190 00:12:56,735 --> 00:13:00,362 Sinceramente, non entendo a metade do que solta pola boca. 191 00:13:00,363 --> 00:13:02,991 Xa o viches. Leva un calcetín ridículo na cabeza. 192 00:13:03,700 --> 00:13:05,659 Díxencho cando te coñecín: 193 00:13:05,660 --> 00:13:07,829 un día, esa boca fará que te maten. 194 00:13:09,706 --> 00:13:12,041 Hoxe podería ser ese día. 195 00:13:12,042 --> 00:13:15,628 Non, fágoche falta. Así é a negociación. 196 00:13:15,629 --> 00:13:18,672 Precisas a Araña, ipso facto, precísasme a min. 197 00:13:18,673 --> 00:13:20,717 Res ipsa loquitur… 198 00:13:21,176 --> 00:13:22,385 Non falo latín. 199 00:13:23,386 --> 00:13:26,764 Ademais, disque o alcalde Morris está interesado 200 00:13:26,765 --> 00:13:28,599 no señor Araña tamén. 201 00:13:28,600 --> 00:13:31,227 Así que, vaites, hai cartos en todas as partes. 202 00:13:31,228 --> 00:13:33,980 Que fará un detective con pouca sorte? 203 00:13:39,861 --> 00:13:41,613 Está ben. Entón, 500 dólares. 204 00:13:42,364 --> 00:13:44,323 O número que penso comeza por cinco, 205 00:13:44,324 --> 00:13:45,951 pero non remata en centos. 206 00:13:47,786 --> 00:13:48,995 Coidado, amigo meu. 207 00:13:49,788 --> 00:13:53,165 Queres que che pague, pero queres seguir vivo despois? 208 00:13:53,166 --> 00:13:54,542 Exactamente. 209 00:13:54,543 --> 00:13:57,044 Quero vivir normal, e iso custa cartos. 210 00:13:57,045 --> 00:14:00,214 Ao principio pensaba en Santorini, pero non. 211 00:14:00,215 --> 00:14:03,926 Agora penso que Francia parece romántico e seguro, 212 00:14:03,927 --> 00:14:05,554 ata para un coa miña boca. 213 00:14:06,137 --> 00:14:09,014 - Mil. - Nin o botarías en falta se dixese dez. 214 00:14:09,015 --> 00:14:12,102 Cuestión de principios, rapaz. Como dis, negociamos. 215 00:14:12,769 --> 00:14:13,686 - Tres. - Dous. 216 00:14:13,687 --> 00:14:14,979 Trato. 217 00:14:14,980 --> 00:14:17,731 Ben, xa estando acordado, Cat, sé boa rapaza 218 00:14:17,732 --> 00:14:21,069 e sírvenos ao Sr. Byrne e a min un vaso de Green Spot. 219 00:14:21,653 --> 00:14:22,862 Dádelle un teléfono. 220 00:14:29,286 --> 00:14:30,412 Habíao facer por mil. 221 00:14:31,204 --> 00:14:32,664 Habíache pagar dez mil. 222 00:14:37,168 --> 00:14:38,003 Está soando. 223 00:14:38,753 --> 00:14:39,670 Ola, son Ben. 224 00:14:39,671 --> 00:14:42,382 Si, ben o sei. Sinto chamar tan tarde, é que… 225 00:14:42,757 --> 00:14:43,592 O que? 226 00:14:44,384 --> 00:14:45,343 Fixeches o que? 227 00:14:46,261 --> 00:14:47,429 Iso é incrible. 228 00:14:47,929 --> 00:14:50,139 Ben. Oe, estou aquí con Silvermane… 229 00:14:50,140 --> 00:14:52,516 Non hai rancor polo outro día, dillo. 230 00:14:52,517 --> 00:14:55,102 O pasado debería ser pasado. Dillo. 231 00:14:55,103 --> 00:14:56,770 Di que quere que saibas 232 00:14:56,771 --> 00:14:59,440 que non che garda rancor polo do outro día… 233 00:14:59,441 --> 00:15:00,733 Dille iso do pasado. 234 00:15:00,734 --> 00:15:03,111 Que o pasado debería ser… 235 00:15:03,945 --> 00:15:04,821 algo, e eu… 236 00:15:05,155 --> 00:15:07,364 Dille que só quero falar. 237 00:15:07,365 --> 00:15:09,158 - Só quere falar. - Dille… 238 00:15:09,159 --> 00:15:10,869 Sabes o que? Dillo ti. 239 00:15:15,790 --> 00:15:17,167 Sr. Araña. 240 00:15:21,296 --> 00:15:23,672 É algo que debería considerar 241 00:15:23,673 --> 00:15:27,510 respecto de toda a información relevante ata agora comprobada. 242 00:15:28,386 --> 00:15:30,721 Por que demo falas así? 243 00:15:30,722 --> 00:15:32,098 Fago de Ben. 244 00:15:34,392 --> 00:15:36,769 A vida de Ben Reilly, e que máis? 245 00:15:36,770 --> 00:15:40,315 Non quero que sobreestime a importancia desa relación. 246 00:15:45,904 --> 00:15:47,197 Ben, paréceme xusto. 247 00:15:48,281 --> 00:15:49,199 Alí estarei. 248 00:15:51,451 --> 00:15:52,285 Que? 249 00:15:52,869 --> 00:15:54,162 Quere o antídoto, 250 00:15:55,038 --> 00:15:57,874 pero quere que llo leve a Araña. 251 00:15:58,958 --> 00:16:00,125 - Xa vén. - Xenial. 252 00:16:00,126 --> 00:16:02,878 Agora, se non che importa, dáme os meus 2000. 253 00:16:02,879 --> 00:16:06,965 Ou, como din en Francia, tomarei o meu Cecil B. deux mille. 254 00:16:06,966 --> 00:16:08,133 Boa esa. 255 00:16:08,134 --> 00:16:11,345 Pero os cartos eran por traer a Araña, non por chamala. 256 00:16:11,346 --> 00:16:13,807 De acordo. Nese caso, que tal outra rolda? 257 00:16:14,849 --> 00:16:17,935 Que máis tes aí que alguén normal non poida pagar? 258 00:16:17,936 --> 00:16:19,478 Que tal algo americano? 259 00:16:19,479 --> 00:16:22,273 Quizais un bourbon, ou non che gusta tanto? 260 00:16:22,607 --> 00:16:24,358 Tres a un que a Araña non vén. 261 00:16:24,359 --> 00:16:26,068 Sería o máis intelixente. 262 00:16:26,069 --> 00:16:29,530 Por que queres a Araña? Está algo baixo de forma, non? 263 00:16:29,531 --> 00:16:32,783 Non sei por que o dis, eu véxoo bastante áxil. 264 00:16:32,784 --> 00:16:35,453 Ademais, encargouse daquel pallaso sen problema. 265 00:16:36,913 --> 00:16:39,540 Oe, cres que a Araña tería interese 266 00:16:39,541 --> 00:16:41,458 en traballar para min? 267 00:16:41,459 --> 00:16:44,212 Perdoaríao por apostar polo cabalo equivocado. 268 00:16:44,713 --> 00:16:46,463 Non teño a máis mínima idea. 269 00:16:46,464 --> 00:16:48,674 A Araña adoita facer o que quere. 270 00:16:48,675 --> 00:16:50,802 De feito, non hai quen o ature. 271 00:16:53,012 --> 00:16:56,223 - Que demo pasa? - Estou gañando cartos para viaxar. 272 00:16:56,224 --> 00:16:58,601 Invitaríate, pero sabemos o que hai. 273 00:16:59,185 --> 00:17:01,520 Puiden dicirlle que es a Araña. 274 00:17:01,521 --> 00:17:03,398 E eu, que es a súa toupa. 275 00:17:03,773 --> 00:17:05,107 Aínda podo. 276 00:17:05,108 --> 00:17:07,068 Témonos polo pescozo. 277 00:17:10,155 --> 00:17:14,242 Cando veña a Araña, non fagades nada ata que volo diga. 278 00:17:15,285 --> 00:17:17,287 Xuraría que o coñezo de algo. 279 00:17:18,455 --> 00:17:22,041 Estade atentos. Non ocorrerá nada ata que eu dea a orde. 280 00:17:23,251 --> 00:17:24,085 Entendido? 281 00:17:24,961 --> 00:17:27,213 Si, mon capitaine. 282 00:17:27,630 --> 00:17:29,339 Entón vasme dar o antídoto? 283 00:17:29,340 --> 00:17:31,717 Es a distracción ideal, podo facelo xa. 284 00:17:31,718 --> 00:17:34,303 O curioso é que te creo, pero non o teño. 285 00:17:34,304 --> 00:17:37,973 - En serio? - De que andades a laretar vós os dous? 286 00:17:37,974 --> 00:17:40,642 Estáballe falando a Cat da illa francesa 287 00:17:40,643 --> 00:17:43,396 onde quero gastar os cartos que me vas pagar. 288 00:17:43,980 --> 00:17:46,106 Fermosas praias de area, 289 00:17:46,107 --> 00:17:49,194 vales frondosos, aldeas no alto dos outeiros… 290 00:17:49,903 --> 00:17:53,031 - Soa aburrido. - Certo. Lugar perfecto para estar só. 291 00:17:53,615 --> 00:17:54,532 - Saúde. - Sorte. 292 00:17:56,493 --> 00:17:58,620 Diso te coñezo. 293 00:17:59,204 --> 00:18:00,121 Francia. 294 00:18:00,705 --> 00:18:02,915 Non teño nin idea de que me falas, 295 00:18:02,916 --> 00:18:04,917 e son detective, así que lisca! 296 00:18:04,918 --> 00:18:07,170 Non, estou seguro. 297 00:18:07,670 --> 00:18:09,421 Meuse-Argonne. 298 00:18:09,422 --> 00:18:12,759 Es o que nos salvou do campo de prisioneiros. 299 00:18:13,760 --> 00:18:16,303 Para. Coñecédesvos? 300 00:18:16,304 --> 00:18:18,556 Si. Flint tamén o coñece. 301 00:18:19,516 --> 00:18:21,391 Estades borrachos. 302 00:18:21,392 --> 00:18:23,101 Non probei unha gota na vida. 303 00:18:23,102 --> 00:18:24,686 A ver se o entendín ben. 304 00:18:24,687 --> 00:18:29,399 O noso amigo detective estivo no mesmo campo de prisioneiros ca vós? 305 00:18:29,400 --> 00:18:30,692 E que Lonnie. 306 00:18:30,693 --> 00:18:31,611 E Addison. 307 00:18:33,571 --> 00:18:34,613 Noutras palabras, 308 00:18:34,614 --> 00:18:38,910 este home estivo nese lugar onde experimentaron con vós, 309 00:18:39,577 --> 00:18:43,122 e é o mesmo home que parece ser moi amigo da Araña? 310 00:18:44,916 --> 00:18:47,334 Creo que a Araña aínda non veu 311 00:18:47,335 --> 00:18:50,171 porque está sentado aquí mesmo nesta mesa. 312 00:18:55,510 --> 00:18:58,428 Estades agarrándovos a un cravo ardendo. 313 00:18:58,429 --> 00:19:01,766 O motivo polo que me levo ben con Le Araña é porque… 314 00:19:05,353 --> 00:19:09,857 Porque lle salvei o cu en Meuse-Argonne. 315 00:19:09,858 --> 00:19:13,318 Si, é certo. Non é unha gran conspiración. 316 00:19:13,319 --> 00:19:14,153 Entón é certo? 317 00:19:15,488 --> 00:19:16,990 É certo. 318 00:19:22,120 --> 00:19:23,996 Que é isto, un truco de maxia? 319 00:19:23,997 --> 00:19:25,289 Vaste concentrar, 320 00:19:25,290 --> 00:19:28,000 meter o dedo na orella e mirar na miña alma? 321 00:19:28,001 --> 00:19:31,044 Non, non creo que precisemos maxia ningunha. 322 00:19:31,045 --> 00:19:33,005 Iso, para aniversarios de nenos. 323 00:19:33,006 --> 00:19:35,799 Vasme buscar no peto billetes sen marcar? 324 00:19:35,800 --> 00:19:40,053 Poreicho fácil. Teño unha moeda e… 325 00:19:40,054 --> 00:19:44,434 Non só unha, cóntaas, senón dúas gomas de mascar. 326 00:19:47,353 --> 00:19:49,939 Es sereno baixo presión, pero mira. 327 00:19:50,607 --> 00:19:53,109 Son un pouco coma ti: un detective. 328 00:19:53,693 --> 00:19:55,612 Observo. Escoito. 329 00:19:56,237 --> 00:19:58,323 Sigo o rastro das cousas. 330 00:20:00,491 --> 00:20:01,784 Outra copa, podes? 331 00:20:03,077 --> 00:20:03,953 Por suposto. 332 00:20:09,334 --> 00:20:10,418 E ao igual ca ti, 333 00:20:11,085 --> 00:20:14,839 a única persoa á que lle son leal é a min mesmo. 334 00:20:15,548 --> 00:20:18,927 Así que se coñezo unha forma de descubrir definitivamente 335 00:20:19,469 --> 00:20:22,262 se ti, Ben Reilly, es ou non a Araña, 336 00:20:22,263 --> 00:20:24,514 fareino sen importar as consecuencias. 337 00:20:24,515 --> 00:20:27,518 - Entendes o que digo? - Non podo dicir que si. 338 00:20:28,394 --> 00:20:29,228 Senta. 339 00:20:31,522 --> 00:20:33,566 Así é como o vexo. 340 00:20:34,275 --> 00:20:36,234 Ben Reilly é un puto detective 341 00:20:36,235 --> 00:20:39,072 a quen non lle importa ninguén excepto el mesmo. 342 00:20:39,781 --> 00:20:42,824 Pero sei que á Araña lle importan os demais. 343 00:20:42,825 --> 00:20:45,453 Nunca ignorou as mortes de inocentes. 344 00:20:46,162 --> 00:20:49,373 Non mentres estea presente e se pode evitalo. 345 00:20:49,374 --> 00:20:50,541 Non sabería dicir. 346 00:20:51,125 --> 00:20:51,960 Eu si. 347 00:20:52,543 --> 00:20:53,962 Dáme a túa pistola. 348 00:20:56,839 --> 00:20:58,591 A que cres que ninguén nota. 349 00:21:00,426 --> 00:21:03,513 Mira, estou convencido. 350 00:21:04,389 --> 00:21:05,472 Pero non seguro. 351 00:21:05,473 --> 00:21:08,433 Ben. Eu estou convencido de que todos imos morrer, 352 00:21:08,434 --> 00:21:10,645 pero só hai un modo de estar seguros. 353 00:21:11,270 --> 00:21:13,272 Si. Xusto. Moi listo. 354 00:21:14,107 --> 00:21:18,318 Agora, miro ao meu redor e vexo uns cantos tipos duros: 355 00:21:18,319 --> 00:21:22,239 gánsteres, mafiosos e criminais curtidos. 356 00:21:22,240 --> 00:21:25,367 Non son dos que lle quitarían o sono á Araña. 357 00:21:25,368 --> 00:21:26,535 Verdade? 358 00:21:26,536 --> 00:21:27,745 Hai unha excepción. 359 00:21:28,246 --> 00:21:30,456 Unha testemuña inocente, 360 00:21:31,082 --> 00:21:35,795 unha persoa que a Araña non podería permitir que matasen. 361 00:21:36,796 --> 00:21:38,631 Para xa, non estou de humor. 362 00:21:39,007 --> 00:21:42,218 - Non é como para estalo. - En serio. Non ten graza. 363 00:21:42,760 --> 00:21:43,594 Ao contrario. 364 00:21:44,303 --> 00:21:45,972 Sería tráxico se te perdo. 365 00:21:46,931 --> 00:21:49,517 Malo para o negocio e para o meu corazón. 366 00:21:50,560 --> 00:21:52,270 Sabes canta alegría me traes. 367 00:21:53,312 --> 00:21:54,439 Pero tal como o vexo, 368 00:21:56,107 --> 00:21:58,276 só así podo estar seguro. 369 00:21:59,527 --> 00:22:01,654 Sóltame, Finn. Xa! 370 00:22:02,905 --> 00:22:06,200 Meu Deus, é o puto mellor espectáculo da cidade. 371 00:22:06,826 --> 00:22:08,578 Entón, se a mato, 372 00:22:09,245 --> 00:22:12,205 es só Ben Reilly, un detective privado moi listo 373 00:22:12,206 --> 00:22:13,791 que só se preocupa del. 374 00:22:14,208 --> 00:22:16,669 Pero podes ser realmente a Araña 375 00:22:16,961 --> 00:22:19,213 e impedirasme premer o gatillo. 376 00:22:26,345 --> 00:22:27,305 Escoita. 377 00:22:28,014 --> 00:22:29,640 El non me vai salvar. 378 00:22:30,433 --> 00:22:32,100 Pero non porque sexa malo. 379 00:22:32,101 --> 00:22:33,311 E logo por que? 380 00:22:34,687 --> 00:22:36,939 Calma, rula, agarda a absolución. 381 00:22:38,983 --> 00:22:40,109 Rompinlle o corazón. 382 00:22:43,988 --> 00:22:44,906 Por que? 383 00:22:45,531 --> 00:22:46,407 Xa o sabes. 384 00:22:48,493 --> 00:22:49,911 Quero oílo de ti. 385 00:22:52,497 --> 00:22:54,248 Porque quero a Flint. 386 00:22:55,583 --> 00:22:56,709 Estou namorada del. 387 00:22:57,251 --> 00:22:58,668 E quería salvalo, 388 00:22:58,669 --> 00:23:00,880 e non me importa mancar a quen sexa. 389 00:23:04,509 --> 00:23:07,053 Polo menos xa o admitiu. 390 00:23:07,512 --> 00:23:09,304 Si, xa o admitín. 391 00:23:09,305 --> 00:23:12,350 Estou cansa de ocultarme e de mentir. 392 00:23:13,559 --> 00:23:15,811 - Queres sabelo todo? - Cat, non. 393 00:23:15,812 --> 00:23:19,690 Fíxeno porque quería salvar a Flint e quería matarte a ti. 394 00:23:20,733 --> 00:23:22,109 Como fose. 395 00:23:22,110 --> 00:23:24,987 - Ti contrataches a Addison. - Si. 396 00:23:25,863 --> 00:23:28,281 E dixécheslle ao alcalde o do alcol. 397 00:23:28,282 --> 00:23:29,117 Si. 398 00:23:29,742 --> 00:23:30,992 Es o meu xudas. 399 00:23:30,993 --> 00:23:33,703 Así é. Así que veña, mátame. 400 00:23:33,704 --> 00:23:35,456 Pero faino porque queres, 401 00:23:36,541 --> 00:23:38,835 non para demostrar nada sobre Ben. 402 00:23:39,293 --> 00:23:43,047 Só é culpable de meterse en leas das que non pode saír. 403 00:23:45,508 --> 00:23:46,592 Ves, Reilly? 404 00:23:47,426 --> 00:23:48,511 Esa é a diferencia 405 00:23:49,804 --> 00:23:51,139 entre convencido 406 00:23:51,848 --> 00:23:53,432 - e seguro. - Non! 407 00:23:59,063 --> 00:24:00,814 Cheguei en mal momento? 408 00:24:00,815 --> 00:24:01,774 Para nada. 409 00:24:02,316 --> 00:24:06,237 Silvermane estaba explicando como matar unha muller indefensa. 410 00:24:06,821 --> 00:24:07,779 Síntoo. 411 00:24:07,780 --> 00:24:08,823 Vai cagar. 412 00:24:09,907 --> 00:24:13,619 Vaites, que sorpresa máis agradable. 413 00:24:14,203 --> 00:24:16,204 Faltou pouco para o meu gusto. 414 00:24:16,205 --> 00:24:18,165 - Que tal, Reilly? - De luxo. 415 00:24:18,166 --> 00:24:21,376 Querías que viñese, e aquí estou. Que queres? 416 00:24:21,377 --> 00:24:24,297 Gústame iso: directo ao gran. 417 00:24:25,173 --> 00:24:27,340 - Falemos de negocios. - Si, veña. 418 00:24:27,341 --> 00:24:31,179 Non crin nin por un momento que traballases para o alcalde. 419 00:24:31,721 --> 00:24:33,764 Ti es bo e el, demasiado parvo. 420 00:24:35,141 --> 00:24:37,018 Por que non traballas para min? 421 00:24:38,102 --> 00:24:39,937 Se non podes co inimigo, únete. 422 00:24:41,522 --> 00:24:42,939 Quen di que non podo? 423 00:24:42,940 --> 00:24:43,941 Eu, de entrada. 424 00:24:44,859 --> 00:24:46,068 E eu secúndoo. 425 00:24:46,652 --> 00:24:47,777 Desculpade… 426 00:24:47,778 --> 00:24:52,240 Esquecestes que son a Araña e que podo esnaquizarvos? 427 00:24:52,241 --> 00:24:56,913 Non quero excederme, pero suxíroche que escoites o Sr. Byrne. 428 00:24:57,997 --> 00:25:00,540 Perdoa. Queres que escoite a Silvermane? 429 00:25:00,541 --> 00:25:03,460 Só digo, sendo totalmente honestos, 430 00:25:03,461 --> 00:25:05,630 que xa non es tan novo coma antes. 431 00:25:07,673 --> 00:25:11,301 Estou en boa forma. Coma un buxo. E áxil que mete medo. 432 00:25:11,302 --> 00:25:12,719 Só che suxiro 433 00:25:12,720 --> 00:25:17,140 que quizais non mereza a pena comezar unha confrontación 434 00:25:17,141 --> 00:25:20,228 tan pronto despois da pelexa con Lonnie Lincoln. 435 00:25:22,355 --> 00:25:25,483 Si, vénche ben un descansiño. E estar relaxado. 436 00:25:26,776 --> 00:25:27,610 Si. 437 00:25:27,944 --> 00:25:31,154 E se me dás o antídoto, ti dásme os meus dous mil 438 00:25:31,155 --> 00:25:33,574 - e cada un polo seu lado? - Si. 439 00:25:34,116 --> 00:25:35,826 Arre demo. 440 00:25:36,410 --> 00:25:37,995 Que interesante. 441 00:25:38,788 --> 00:25:41,748 Hai demasiados xiros no argumento. 442 00:25:41,749 --> 00:25:43,584 E se engadimos un máis? 443 00:25:44,919 --> 00:25:46,920 Atopámola axexando fóra. 444 00:25:46,921 --> 00:25:49,340 - Síntoo, Ben, debería estar… - Silencio. 445 00:25:51,300 --> 00:25:53,094 E mire o que leva, xefe. 446 00:25:57,932 --> 00:26:01,643 Querías que trouxese iso enriba? Sería de parvos. 447 00:26:01,644 --> 00:26:04,522 Si, isto é moito mellor. 448 00:26:10,152 --> 00:26:14,197 Por isto se montou toda esta lea, ou? 449 00:26:14,198 --> 00:26:15,323 Tráemo aquí. 450 00:26:15,324 --> 00:26:17,576 Vou, pero un momentiño. 451 00:26:20,955 --> 00:26:21,914 Como te sentes? 452 00:26:23,749 --> 00:26:25,126 Por que demo o fixeches? 453 00:26:26,377 --> 00:26:27,837 Quería saber se funcionaba. 454 00:26:31,465 --> 00:26:33,258 Si, parece que si. 455 00:26:33,259 --> 00:26:34,634 Dáme iso, amigo. 456 00:26:34,635 --> 00:26:35,677 O que, isto? 457 00:26:35,678 --> 00:26:37,471 Si. Non estou xogando. 458 00:26:39,056 --> 00:26:41,892 E se eu si que quero xogar? 459 00:26:42,852 --> 00:26:45,895 E vaise chamar "por que debería facelo"? 460 00:26:45,896 --> 00:26:48,816 Non estou no negocio de dar explicacións. 461 00:26:49,984 --> 00:26:52,445 Nin a ti nin a ninguén. 462 00:26:52,987 --> 00:26:54,321 Dáme iso xa. 463 00:26:54,322 --> 00:26:55,906 A Araña xa non é unha ameaza. 464 00:26:56,657 --> 00:26:57,908 Entón pregúntome, 465 00:26:58,826 --> 00:27:03,331 por que ten tanto interese en ter o que hai aquí dentro? 466 00:27:03,873 --> 00:27:07,960 Eu creo que é porque quere controlarnos. 467 00:27:08,836 --> 00:27:12,422 Quere ter poder sobre nós. 468 00:27:12,423 --> 00:27:15,425 Flint, encárgate deste por min. 469 00:27:15,426 --> 00:27:19,054 E por que non esnaquizo as dúas últimas xiringas 470 00:27:19,055 --> 00:27:21,223 - e deixamos isto dunha vez? - Flint. 471 00:27:21,849 --> 00:27:24,060 Estás en débeda comigo. Os dous. 472 00:27:25,353 --> 00:27:27,980 Sabes que nunca lle faría nada a ela. 473 00:27:28,731 --> 00:27:30,149 Sabes o que tes que facer. 474 00:27:30,524 --> 00:27:31,816 Ai, si? 475 00:27:31,817 --> 00:27:35,987 A moza del si que sabía o que tiña que facer. 476 00:27:35,988 --> 00:27:40,117 Ti non tiveches collóns. 477 00:27:41,577 --> 00:27:42,745 Coidado. 478 00:27:43,329 --> 00:27:44,872 Non é o teu amigo, Flint. 479 00:27:45,206 --> 00:27:46,832 Non é nin o teu xefe. 480 00:27:49,543 --> 00:27:51,504 É o teu monicrequeiro, 481 00:27:52,171 --> 00:27:56,133 o que che move os fíos e te fai bailar. 482 00:27:59,136 --> 00:28:00,304 Por que llo permites? 483 00:28:00,888 --> 00:28:01,889 Mírao. 484 00:28:02,515 --> 00:28:03,682 Non é especial. 485 00:28:05,726 --> 00:28:10,021 Só é un vello cun traxe caro 486 00:28:10,022 --> 00:28:12,273 que loita por manter o poder. 487 00:28:12,274 --> 00:28:15,027 Elixe ben as palabras que dis, fillo. 488 00:28:15,277 --> 00:28:16,821 Poderían ser as últimas. 489 00:28:21,283 --> 00:28:24,954 Imos ver quen está detrás da máscara. 490 00:28:37,800 --> 00:28:39,552 - Que carallo? - O reporteiro. 491 00:28:49,520 --> 00:28:50,521 Cago… 492 00:29:02,283 --> 00:29:03,868 Robbie? Vamos. 493 00:29:15,337 --> 00:29:16,172 Abaixo! 494 00:29:32,146 --> 00:29:33,397 Ben, detrás! 495 00:29:41,113 --> 00:29:41,947 Ai, Ben. 496 00:29:42,656 --> 00:29:46,243 - Robbie! Está ben? - Si, creo que si. 497 00:29:47,578 --> 00:29:49,455 Xa vexo por que non che gusta isto. 498 00:30:03,719 --> 00:30:06,138 Ola, amigos. Queredes tomar algo? 499 00:30:47,596 --> 00:30:49,472 - É a Araña? - Que ocorre aí? 500 00:30:49,473 --> 00:30:54,060 Caeu a chuvia, que levou a araña. 501 00:30:54,061 --> 00:30:55,479 Mirade. 502 00:31:07,825 --> 00:31:08,866 Moi ben. 503 00:31:08,867 --> 00:31:10,077 Imos aló. 504 00:31:15,291 --> 00:31:16,625 Vide por min. 505 00:31:36,478 --> 00:31:37,313 Ai, non. 506 00:32:56,225 --> 00:32:57,350 Co que fixen por ti, 507 00:32:57,351 --> 00:32:59,977 dóeme moito que me traizoes así. 508 00:32:59,978 --> 00:33:02,731 Non, o que che doe é non saber que fora eu. 509 00:33:04,525 --> 00:33:06,150 Isto é polo dentista? 510 00:33:06,151 --> 00:33:08,277 Nunca serías feliz con el. 511 00:33:08,278 --> 00:33:11,365 Empastando nunha barriada de Nova Jersey. 512 00:33:11,865 --> 00:33:13,659 Salveiche a vida ao matalo. 513 00:33:15,202 --> 00:33:17,037 Primeiro o dentista e agora Flint. 514 00:33:18,247 --> 00:33:20,248 Si que sabes elixir, eh? 515 00:33:20,249 --> 00:33:21,083 Así é. 516 00:33:21,959 --> 00:33:23,209 Podo elixir homes, 517 00:33:23,210 --> 00:33:24,836 podo elixir vestidos 518 00:33:24,837 --> 00:33:26,255 e podo elixir cancións. 519 00:33:29,883 --> 00:33:32,468 Mentirana. Gústache que te controlen. 520 00:33:32,469 --> 00:33:34,263 Gústache que te coiden, 521 00:33:34,847 --> 00:33:38,183 te alimenten, te vistan e te pinten de arriba a abaixo. 522 00:33:38,559 --> 00:33:39,643 Co cabelo perfecto. 523 00:33:40,310 --> 00:33:43,271 Non che preocupa nada máis que o escenario. 524 00:33:43,272 --> 00:33:45,524 Centro de toda a admiración. 525 00:33:46,859 --> 00:33:49,653 Non me dixeches que non me conformase? 526 00:33:50,612 --> 00:33:52,364 "Non aceptes o que che dan." 527 00:34:00,539 --> 00:34:01,540 O que me doe 528 00:34:02,833 --> 00:34:04,752 é que só te podo matar unha vez. 529 00:34:15,387 --> 00:34:16,889 A verdade, rula, 530 00:34:18,932 --> 00:34:20,350 alégrame que sexas ti. 531 00:34:54,092 --> 00:34:55,676 Veña. 532 00:34:55,677 --> 00:34:58,679 E debería darche as grazas. 533 00:34:58,680 --> 00:35:01,140 Por salvarche a vida en Francia? 534 00:35:01,141 --> 00:35:02,434 Se che son sincero… 535 00:35:03,101 --> 00:35:04,727 arrepíntome. 536 00:35:04,728 --> 00:35:06,771 Non. 537 00:35:06,772 --> 00:35:10,234 Por darme o que sempre quixen. 538 00:35:11,235 --> 00:35:12,903 Mírame, mamá! 539 00:35:13,403 --> 00:35:15,571 Son unha estrela! 540 00:35:15,572 --> 00:35:16,864 Non es unha estrela. 541 00:35:16,865 --> 00:35:18,407 Estás enfermo. 542 00:35:18,408 --> 00:35:21,452 Canto máis forte é o teu poder, máis enfermas. 543 00:35:21,453 --> 00:35:22,662 Pero podo axudarche. 544 00:35:22,663 --> 00:35:24,248 Non, grazas, amigo. 545 00:35:24,581 --> 00:35:26,708 Garda a cura para os idiotas. 546 00:35:37,761 --> 00:35:38,762 Detrás de ti! 547 00:35:43,225 --> 00:35:44,560 Non pinta ben. 548 00:36:04,621 --> 00:36:06,707 A Araña, non? 549 00:36:09,334 --> 00:36:12,004 A min paréceme mais ben un can. 550 00:36:14,715 --> 00:36:17,092 Un cadelo malnacido. 551 00:36:19,595 --> 00:36:21,513 Mirade como se retorce. 552 00:36:22,347 --> 00:36:24,725 Vaia heroe nos saíu. 553 00:36:26,894 --> 00:36:28,477 Xa se viu que tes razón. 554 00:36:28,478 --> 00:36:29,563 Estás de broma? 555 00:36:30,022 --> 00:36:32,064 Levo toda a vida agardando isto. 556 00:36:32,065 --> 00:36:34,234 Son unha estrela de Broadway! 557 00:36:34,735 --> 00:36:36,527 Esgoto as localidades! 558 00:36:36,528 --> 00:36:39,071 Encho teatros. Só queda sitio de pé. 559 00:36:39,072 --> 00:36:42,326 - Boh! - "Boh" digo eu. 560 00:36:44,161 --> 00:36:46,788 Despedídevos todos da Araña. 561 00:36:55,464 --> 00:36:56,298 Para! 562 00:37:00,385 --> 00:37:01,386 Rula. 563 00:37:01,762 --> 00:37:05,223 Non creo que vaias premer o gatillo. 564 00:37:08,852 --> 00:37:10,187 Que mágoa! 565 00:37:11,521 --> 00:37:12,522 Non! 566 00:37:23,492 --> 00:37:25,284 Vaia. 567 00:37:25,285 --> 00:37:28,037 Damas e cabaleiros, están de sorte. 568 00:37:28,038 --> 00:37:31,123 Esta noite hai sesión continua: 569 00:37:31,124 --> 00:37:35,295 comigo como protagonista, Megawatt, 570 00:37:35,837 --> 00:37:39,049 contra Sandman. 571 00:37:42,678 --> 00:37:45,013 Parece que non lle gusta o novo alcume. 572 00:37:50,143 --> 00:37:54,105 Creo que o espectáculo chegou ao último acto. 573 00:37:54,106 --> 00:37:55,774 O desenlace. 574 00:38:03,323 --> 00:38:04,741 "Boa noite, amado príncipe, 575 00:38:05,701 --> 00:38:09,746 coros de anxos canten para o teu descanso." 576 00:38:41,945 --> 00:38:43,113 - Ben, Araña! - Bravo! 577 00:39:09,431 --> 00:39:10,974 Aínda me queda unha. 578 00:39:18,356 --> 00:39:20,817 - Por que? - Xa o sabes. 579 00:39:23,570 --> 00:39:24,613 E el tamén. 580 00:39:36,958 --> 00:39:37,876 Moi ben, Araña. 581 00:39:41,338 --> 00:39:43,339 - Benvido. - Moitas grazas. 582 00:39:43,340 --> 00:39:44,508 Grazas. 583 00:39:59,523 --> 00:40:04,027 Que Finn Silvermane Byrne descanse en paz. 584 00:40:23,463 --> 00:40:24,673 Véxote ben. 585 00:40:25,841 --> 00:40:26,800 Grazas a ti. 586 00:40:29,553 --> 00:40:30,720 Déixasnos sós? 587 00:40:31,763 --> 00:40:32,681 Si. 588 00:40:37,894 --> 00:40:38,854 Amo a Flint, 589 00:40:40,147 --> 00:40:42,524 pero noutro mundo fuxiría contigo. 590 00:40:45,235 --> 00:40:46,361 Sábelo, verdade? 591 00:40:47,612 --> 00:40:49,197 Unha cousa é usar un home 592 00:40:50,532 --> 00:40:53,325 e outra é tentar retelo 593 00:40:53,326 --> 00:40:55,453 cando ti xa marchaches hai tempo. 594 00:40:56,746 --> 00:40:58,582 - Vai ao inferno, Ben. - Irei. 595 00:40:59,166 --> 00:41:00,750 Gárdoche sitio. 596 00:41:28,028 --> 00:41:29,403 Grazas! 597 00:41:29,404 --> 00:41:30,780 Grazas, Nova York! 598 00:41:31,448 --> 00:41:33,741 Alégrame ser o alcalde! 599 00:41:33,742 --> 00:41:36,285 Crestes en min e estarei aí para vós! 600 00:41:36,286 --> 00:41:39,539 Aínda non sei se é republicano ou demócrata. 601 00:41:40,332 --> 00:41:42,625 Que dicía a papeleta do voto? 602 00:41:42,626 --> 00:41:44,669 Marquei onde dicía "votar merda". 603 00:41:48,340 --> 00:41:49,298 Vedes isto? 604 00:41:49,299 --> 00:41:52,343 Vedes que treme? Pois que non trema. 605 00:41:52,344 --> 00:41:54,553 Xa a oístes. Que non trema. 606 00:41:54,554 --> 00:41:57,724 Como vou estudar xeometría se treme a mesa? 607 00:41:59,476 --> 00:42:01,810 Volvo ás minas de sal. 608 00:42:01,811 --> 00:42:03,062 {\an8}ROBERTSON - EDITOR XEFE 609 00:42:03,063 --> 00:42:04,146 {\an8}ALCALDE MORRIS VENCE 610 00:42:04,147 --> 00:42:07,983 {\an8}Eu teño un xornal, Morris gaña, Flint leva a rapaza 611 00:42:07,984 --> 00:42:10,194 e Janet ten unha oficina nova. 612 00:42:10,195 --> 00:42:11,196 Ti que gañas? 613 00:42:13,156 --> 00:42:14,866 Unha mellor vida? 614 00:42:15,909 --> 00:42:20,455 Só quero un bo bocadillo de salchicha. 615 00:42:22,832 --> 00:42:24,376 O calcapapeis ten vida. 616 00:42:28,672 --> 00:42:30,215 Investigacións Reilly-Ruiz. 617 00:42:32,259 --> 00:42:35,470 Si, estamos abertos. Podemos atendelo… 618 00:42:36,972 --> 00:42:39,724 Está de sorte. Temos unha cancelación ás 14:00. 619 00:42:40,725 --> 00:42:41,685 Estupendo. 620 00:42:42,477 --> 00:42:43,478 Vémonos. 621 00:42:44,104 --> 00:42:44,980 Ás 14:00? 622 00:42:45,438 --> 00:42:46,773 Parecemos ocupados. 623 00:42:47,190 --> 00:42:49,817 E quero un bocadillo de salchicha. 624 00:42:49,818 --> 00:42:51,111 Invita Robbie. 625 00:42:51,778 --> 00:42:53,904 Que? Agora dirixes un xornal. 626 00:42:53,905 --> 00:42:56,199 Si, pero pagan peor que no Bugle. 627 00:42:59,327 --> 00:43:01,579 Veña, ho, non me queres invitar? 628 00:43:15,302 --> 00:43:18,972 REILLY E RUIZ INVESTIGADORES PRIVADOS 629 00:45:28,726 --> 00:45:30,811 Subtítulos: Antía López Cando 630 00:45:30,812 --> 00:45:32,814 Supervisora creativa: Paula Maneiro