1 00:00:06,006 --> 00:00:08,551 ANTERIORMENTE EN SPIDER-NOIR 2 00:00:09,051 --> 00:00:12,345 Silvermane. Dirixe o crime organizado desde hai 30 anos. 3 00:00:12,346 --> 00:00:15,181 Queimáronlle a mansión hai uns días. 4 00:00:15,182 --> 00:00:16,099 Addison! 5 00:00:16,100 --> 00:00:18,685 Se me segue perseguindo, non acabará como quere. 6 00:00:18,686 --> 00:00:20,688 Ten superpoderes coma ti? 7 00:00:22,690 --> 00:00:24,607 Fai o favor de agardar para sacalo. 8 00:00:24,608 --> 00:00:26,901 Vou avisar a Donegal antes de que o maten. 9 00:00:26,902 --> 00:00:28,361 Xa abonda. 10 00:00:28,362 --> 00:00:29,863 Vai ser unha batalla campal. 11 00:00:29,864 --> 00:00:31,906 A xente devece por un heroe. 12 00:00:31,907 --> 00:00:33,491 Pois agardo que atopen alguén. 13 00:00:33,492 --> 00:00:35,202 Pregúntome o que pensaría Ruby. 14 00:00:36,328 --> 00:00:37,747 Xa non son así. 15 00:00:38,664 --> 00:00:40,373 Por casualidade sabes quen é? 16 00:00:40,374 --> 00:00:43,084 É Cat Hardy. O espectáculo estrela en The Alcove. 17 00:00:43,085 --> 00:00:44,586 Imos falar a algures? 18 00:00:44,587 --> 00:00:45,712 - Negocios. - Flint? 19 00:00:45,713 --> 00:00:47,923 Non me gusta mancar as persoas. 20 00:00:53,220 --> 00:00:55,180 - Non lle faga dano. - Que pasa aquí? 21 00:00:55,181 --> 00:00:56,973 Déixenos, faga o favor. 22 00:00:56,974 --> 00:00:59,893 Se alguén che di o que é, debes escoitar. 23 00:00:59,894 --> 00:01:01,479 - E que é el? - Un xubilado. 24 00:01:02,605 --> 00:01:04,064 Viña ofrecerlle un traballo. 25 00:01:04,648 --> 00:01:06,984 O meu amigo que coñeceu onte desapareceu. 26 00:01:34,220 --> 00:01:35,929 Flint é o seu escolta. 27 00:01:35,930 --> 00:01:40,016 Si. Protéxeme e é fiel. Custa atopar alguén así agora. 28 00:01:40,017 --> 00:01:42,853 Si, ho. Eu non casei co meu home por guapo. 29 00:01:43,896 --> 00:01:45,980 Que máis? Ten familia e amigos? 30 00:01:45,981 --> 00:01:48,234 Non sei nada da súa vida persoal. 31 00:01:48,734 --> 00:01:49,693 Teño o enderezo. 32 00:01:50,861 --> 00:01:53,989 Imos falar de que se converteu nun monstro de area? 33 00:01:55,908 --> 00:01:57,076 Se eu o sei, ela tamén. 34 00:01:58,494 --> 00:02:00,453 Comezou hai uns seis meses. 35 00:02:00,454 --> 00:02:04,250 Antes era pouca cousa, pero vai indo a peor. 36 00:02:05,042 --> 00:02:07,252 E non se lembra cando lle pasa? 37 00:02:07,253 --> 00:02:08,254 Si que se lembra, 38 00:02:08,838 --> 00:02:11,131 a non ser que lle dean cun ferro na cabeza. 39 00:02:12,091 --> 00:02:15,802 E xa está? Convértese en area? Era area, non si? 40 00:02:15,803 --> 00:02:17,554 Parece algo importante. 41 00:02:17,555 --> 00:02:20,223 Ten idea de que pode estar causando isto? 42 00:02:20,224 --> 00:02:21,933 Case non nos dá información. 43 00:02:21,934 --> 00:02:23,727 Non cobra vostede para iso? 44 00:02:24,311 --> 00:02:26,730 É detective. Investigue. 45 00:02:28,274 --> 00:02:32,735 Un artista non pinta con aire. Necesita un lenzo, pinceis e pintura. 46 00:02:32,736 --> 00:02:35,154 Cre que lle oculto algo? 47 00:02:35,155 --> 00:02:37,782 - E se digo que si? - Preguntaría por que. 48 00:02:37,783 --> 00:02:39,826 - Por experiencia. - Con clientes? 49 00:02:39,827 --> 00:02:41,745 Con… mulleres. 50 00:02:43,330 --> 00:02:46,792 Aínda que este xogo é divertido, teño asuntos que atender. 51 00:02:48,085 --> 00:02:49,670 Póñase a pintar, Sr. Reilly. 52 00:02:58,721 --> 00:03:01,849 - Que che parece? - Que necesitas unha ducha fría. 53 00:03:02,516 --> 00:03:03,767 E quizais eu tamén. 54 00:03:07,104 --> 00:03:09,231 Pero tes razón: oculta algo. 55 00:03:09,857 --> 00:03:11,150 As divertidas, sempre. 56 00:03:11,775 --> 00:03:14,819 Vou revisar o piso de Flint. Achégate ti a… 57 00:03:14,820 --> 00:03:16,280 Rexistros Criminais? 58 00:03:16,947 --> 00:03:19,616 Si, había tempo que non tiñamos un caso real, 59 00:03:19,617 --> 00:03:20,784 pero non tanto. 60 00:04:01,533 --> 00:04:04,286 Mañá reúnome cun novo subministrador no porto. 61 00:04:05,621 --> 00:04:06,455 Canadense. 62 00:04:07,247 --> 00:04:09,583 - Non mo dixo. - Dígocho agora. 63 00:04:11,085 --> 00:04:14,672 Non é intelixente que saia sen saber quen quixo matalo. 64 00:04:15,255 --> 00:04:16,423 Irei onde queira. 65 00:04:17,007 --> 00:04:18,174 Con todo o respecto, 66 00:04:18,175 --> 00:04:21,053 non me paga polo meu encanto ou disposición. 67 00:04:21,637 --> 00:04:24,973 Págame por mantelo vivo, e dígolle que iso é mala idea. 68 00:04:24,974 --> 00:04:28,394 Se me interesase que morrese, xa tería pasado hai dez anos. 69 00:04:28,894 --> 00:04:31,479 Sei o que se me dá ben e o que non, 70 00:04:31,480 --> 00:04:33,607 e necesito que siga vivo e no poder. 71 00:04:34,233 --> 00:04:36,193 Así que rógolle de xeonllos 72 00:04:36,819 --> 00:04:39,654 que me deixe ir antes ao porto e, se todo está ben, 73 00:04:39,655 --> 00:04:42,533 aparece vostede despois para que todos o vexan. 74 00:04:44,201 --> 00:04:45,035 Acabaches? 75 00:04:48,580 --> 00:04:50,665 O problema non é ese tipo. 76 00:04:50,666 --> 00:04:53,627 O problema é que pensasen que podían matarme. 77 00:04:54,211 --> 00:04:58,215 Desde que desapareceu a Araña, todo foi moi cómodo. 78 00:04:58,716 --> 00:05:02,761 Algúns pensarán que son compracente e brando. 79 00:05:03,637 --> 00:05:04,763 Quizais ti tamén. 80 00:05:06,557 --> 00:05:08,392 Crías que podías acabar comigo. 81 00:05:09,393 --> 00:05:13,354 Se puideses prenderte lume coma Addison, terías unha oportunidade. 82 00:05:13,355 --> 00:05:16,400 Imaxina o que é controlar ese poder. 83 00:05:17,067 --> 00:05:20,611 E agora desaparece Flint, xusto despois. 84 00:05:20,612 --> 00:05:22,865 Ultimamente estaba algo raro. 85 00:05:23,574 --> 00:05:25,659 Se todo está relacionado… 86 00:05:26,702 --> 00:05:27,661 Buscade a Flint. 87 00:05:32,416 --> 00:05:34,084 Cando atopen o detective… 88 00:05:34,752 --> 00:05:35,586 Reilly. 89 00:05:36,086 --> 00:05:37,421 …que mo traian. 90 00:06:54,164 --> 00:06:56,834 {\an8}BASEADA NOS CÓMICS DE MARVEL COMICS 91 00:07:35,164 --> 00:07:35,998 Xenial. 92 00:07:47,843 --> 00:07:49,468 Ola, son Robbie Robertson. 93 00:07:49,469 --> 00:07:52,138 Señor, cantas veces teño que repetirllo? 94 00:07:52,139 --> 00:07:54,182 Non vai recuperar o seu traballo. 95 00:07:54,183 --> 00:07:56,976 Non sei se Walters viu o meu artigo en Gazette, 96 00:07:56,977 --> 00:07:58,728 - pero só… - Sr. Robertson. 97 00:07:58,729 --> 00:08:02,356 - Esta conversa non ten sentido. - Só quero reunirme con el. 98 00:08:02,357 --> 00:08:04,609 - Señor, por favor. - Pero podería… 99 00:08:04,610 --> 00:08:06,777 - Déixenme demostrar… - Vou colgar. 100 00:08:06,778 --> 00:08:10,364 Estou con algo sensacional. Vai ser o mellor en anos. 101 00:08:10,365 --> 00:08:12,576 Non houbo nada así desde a Araña! 102 00:08:15,287 --> 00:08:18,248 Prometo que lle pagará a pena. 103 00:08:21,752 --> 00:08:22,920 A ver que podo facer. 104 00:08:25,589 --> 00:08:26,423 Grazas. 105 00:08:27,507 --> 00:08:28,342 Grazas. 106 00:08:31,094 --> 00:08:32,221 Flint Marko? 107 00:08:32,888 --> 00:08:33,972 Teño unha entrega. 108 00:08:34,598 --> 00:08:35,641 Hai alguén aí? 109 00:09:13,262 --> 00:09:14,846 MEUSE-ARGONNE, FRANCIA 110 00:09:22,646 --> 00:09:23,689 Flint. 111 00:09:28,402 --> 00:09:29,236 Addison! 112 00:09:33,365 --> 00:09:35,950 Flint? Son Winston. 113 00:09:35,951 --> 00:09:37,577 Silvermane quere verte. 114 00:09:38,370 --> 00:09:39,454 Dáme as chaves. 115 00:09:52,801 --> 00:09:53,719 Mira no cuarto. 116 00:10:47,647 --> 00:10:48,648 Bonita casa. 117 00:10:50,650 --> 00:10:52,611 Moi elegante para o meu gusto. 118 00:10:53,737 --> 00:10:55,530 E xa sei o porqué. 119 00:10:56,823 --> 00:10:58,867 - Por que? - Vamos. 120 00:10:59,701 --> 00:11:01,744 Terá unha moza nova? 121 00:11:01,745 --> 00:11:04,039 Por iso non viña ao póker ultimamente? 122 00:11:20,180 --> 00:11:21,973 Janet! Canto tempo. 123 00:11:22,724 --> 00:11:24,600 Crin que foras lista e marcharas. 124 00:11:24,601 --> 00:11:28,063 Non, eu non, Hank. Sigo igual de panoca que sempre. 125 00:11:30,190 --> 00:11:33,610 {\an8}Atopei isto fóra. Non sabía se sería de alguén. 126 00:11:38,949 --> 00:11:40,950 A miña muller obrigoume a deixalo. 127 00:11:40,951 --> 00:11:45,122 - Pois logo… - Oe! Pero ti non es a miña muller, ou? 128 00:11:47,207 --> 00:11:49,208 - Nome? - Flint Marko. 129 00:11:49,209 --> 00:11:52,461 Vale, agora veño. Non te atrevas a tocar a bolsa. 130 00:11:52,462 --> 00:11:54,589 Non hai suborno se non o como. 131 00:11:56,466 --> 00:11:58,175 Janet, que alegría verte. 132 00:11:58,176 --> 00:11:59,636 Ola, Charlie, que tal? 133 00:12:03,056 --> 00:12:05,600 Vaia historial ten o noso Sr. Marko. 134 00:12:06,101 --> 00:12:09,353 Medrou en Brooklyn, clase traballadora, sen futuro. 135 00:12:09,354 --> 00:12:11,605 Delitos pequenos e despois grandes. 136 00:12:11,606 --> 00:12:14,316 Arresto, arresto, arresto. 137 00:12:14,317 --> 00:12:16,945 - Agora traballa para… - Silvermane. 138 00:12:17,821 --> 00:12:20,157 Apareceu Winston cando estaba no piso. 139 00:12:20,991 --> 00:12:23,326 - Escondícheste no armario? - Escondinme. 140 00:12:25,120 --> 00:12:28,205 "Meuse-Argonne." Ti non loitaches alí tamén? 141 00:12:28,206 --> 00:12:30,791 Si, foi das maiores batallas da guerra. 142 00:12:30,792 --> 00:12:32,293 Eramos un millón. 143 00:12:32,294 --> 00:12:34,588 - Agarda. Este é…? - Addison. 144 00:12:35,213 --> 00:12:39,383 - Parece que foron xuntos á guerra. - Será iso o que che oculta Cat? 145 00:12:39,384 --> 00:12:42,386 Sabería que Flint tiña un amigo con superpoderes. 146 00:12:42,387 --> 00:12:44,889 Supoño, pero non sei por que non mo dixo. 147 00:12:44,890 --> 00:12:46,765 Para que aceptases o caso. 148 00:12:46,766 --> 00:12:48,268 De sabelo, non aceptaría. 149 00:13:24,387 --> 00:13:27,516 - Creo que esa non a oíra nunca. - Diría que non. 150 00:13:28,558 --> 00:13:29,518 É miña. 151 00:13:31,978 --> 00:13:34,064 Fun ao piso de Flint hoxe. 152 00:13:36,733 --> 00:13:37,817 Sabe que é isto? 153 00:13:38,360 --> 00:13:39,611 Sei que foi á guerra. 154 00:13:40,695 --> 00:13:42,572 Cústame crer que fose tan novo. 155 00:13:43,114 --> 00:13:46,451 E este tipo? Veo? Este tipiño de aquí? 156 00:13:46,993 --> 00:13:49,454 Veu algunha vez por aquí visitar a Marko? 157 00:13:51,373 --> 00:13:52,457 Non o vin nunca. 158 00:13:53,833 --> 00:13:56,461 Chámase… Addison. 159 00:13:57,462 --> 00:13:59,297 Queimou a casa de Silvermane. 160 00:14:00,257 --> 00:14:03,343 Está morto. E o detective que lle disparou tamén. 161 00:14:04,177 --> 00:14:05,011 Que sei eu? 162 00:14:06,179 --> 00:14:07,681 O mundo é perigoso. 163 00:14:12,269 --> 00:14:15,187 - Leva ben a presión. - Non sabía que a houbese. 164 00:14:15,188 --> 00:14:18,482 - Non dixo que traballara para Silvermane. - Aceptaría? 165 00:14:18,483 --> 00:14:21,152 - Non quero sorpresas. - Anótoo para o aniversario. 166 00:14:25,240 --> 00:14:26,949 A escritura está ao meu nome, 167 00:14:26,950 --> 00:14:29,244 pero sábese que isto é de Silvermane. 168 00:14:29,953 --> 00:14:32,454 E Flint é quen protexe o investimento. 169 00:14:32,455 --> 00:14:34,332 - En vostede. - En min. 170 00:14:35,792 --> 00:14:38,919 Este club depende da xente que entra pola porta 171 00:14:38,920 --> 00:14:40,839 porque queren o que eu lles dou. 172 00:14:44,217 --> 00:14:46,011 Tenta captarme, Sr. Reilly? 173 00:14:46,511 --> 00:14:48,178 Captala? 174 00:14:48,179 --> 00:14:49,014 Entenderme. 175 00:14:49,723 --> 00:14:51,181 Cáptame vostede a min. 176 00:14:51,182 --> 00:14:53,309 Funo dominando cos anos. 177 00:14:53,310 --> 00:14:55,604 Fixo o mesmo con todos? 178 00:14:57,272 --> 00:14:58,314 É interesante. 179 00:14:58,315 --> 00:14:59,733 Si? E por que? 180 00:15:00,358 --> 00:15:03,236 A noite que nos coñecemos dixo que era covarde. 181 00:15:03,862 --> 00:15:05,989 Pero é máis valente do que di. 182 00:15:06,948 --> 00:15:08,158 Que boa é. 183 00:15:09,034 --> 00:15:12,537 - Véxoa vir ás leguas. - Son sutil se a situación o require. 184 00:15:13,163 --> 00:15:17,333 Teño negocios con Silvermane e con vostede, Sr. Reilly. 185 00:15:17,334 --> 00:15:18,877 Non teñen nada que ver. 186 00:15:19,461 --> 00:15:22,339 Convencino de que quede cos cartos que vén devolver? 187 00:15:23,548 --> 00:15:24,758 Ou errei con vostede? 188 00:15:25,467 --> 00:15:27,052 Non, vou seguir co caso. 189 00:15:27,969 --> 00:15:29,095 E non por valente. 190 00:15:30,221 --> 00:15:31,056 Por que logo? 191 00:15:31,640 --> 00:15:33,807 Unha cantante ten que saber as pezas. 192 00:15:33,808 --> 00:15:37,145 Igual un detective ten que saber as respostas. 193 00:16:37,080 --> 00:16:37,914 É… 194 00:16:39,541 --> 00:16:40,582 tai-chi. 195 00:16:40,583 --> 00:16:42,292 Si, é tai-chi. 196 00:16:42,293 --> 00:16:43,545 É moi bo. 197 00:16:44,045 --> 00:16:47,840 É bo para a respiración e a relaxación. 198 00:16:47,841 --> 00:16:48,675 Recoméndoo. 199 00:16:50,093 --> 00:16:52,761 Non temos nin idea do que fala. 200 00:16:52,762 --> 00:16:53,972 Nin nos importa. 201 00:17:02,230 --> 00:17:03,856 Unha torradora? En serio? 202 00:17:03,857 --> 00:17:05,859 Non debín lanzala con tanta forza. 203 00:17:16,161 --> 00:17:18,371 - Vamos! - Imos dar unha volta. 204 00:17:27,547 --> 00:17:29,715 Poden dicirme que fago aquí? 205 00:17:29,716 --> 00:17:31,425 Silvermane quere velo. 206 00:17:31,426 --> 00:17:33,635 Xa mo imaxinaba. Pregunto por que. 207 00:17:33,636 --> 00:17:35,512 A nós non nos pregunte. 208 00:17:35,513 --> 00:17:38,767 Quizais non estaría aquí se non tentase enganar o xefe. 209 00:17:39,267 --> 00:17:42,478 Foi Donegal. Eu non tiven nada que ver co seu plan. 210 00:17:42,479 --> 00:17:44,146 Intentei disuadilo. 211 00:17:44,147 --> 00:17:46,774 Xa dixen que o xefe quere falar con vostede. 212 00:17:46,775 --> 00:17:50,444 E non sei quen contratou a Addison para queimarlle a casa. 213 00:17:50,445 --> 00:17:51,987 Non sabe algo? 214 00:17:51,988 --> 00:17:54,114 Non sei por que pregunta así. 215 00:17:54,115 --> 00:17:57,493 - Non son tan bo detective. - Pois logo non se preocupe. 216 00:17:57,494 --> 00:17:58,745 Coma Donegal, non si? 217 00:17:59,370 --> 00:18:01,456 Si, coma Donegal. 218 00:18:01,956 --> 00:18:04,125 Por certo, sinto o do nariz. 219 00:18:04,709 --> 00:18:05,543 Eu? 220 00:18:06,044 --> 00:18:06,878 Se era el! 221 00:18:12,675 --> 00:18:13,885 Sae! 222 00:18:21,309 --> 00:18:22,185 Onde se meteu? 223 00:18:22,852 --> 00:18:23,770 Mira o lateral! 224 00:18:30,944 --> 00:18:32,611 Ao xefe non lle vai chistar. 225 00:18:32,612 --> 00:18:34,364 Si, quería que llo levaramos. 226 00:18:35,824 --> 00:18:36,866 Sube ao coche! 227 00:18:37,742 --> 00:18:38,785 Paiolo. 228 00:18:47,168 --> 00:18:49,003 Corren tempos difíciles. 229 00:18:49,879 --> 00:18:54,633 {\an8}Pero a calidade dunha cidade mídese na resposta aos tempos difíciles. 230 00:18:54,634 --> 00:18:57,219 {\an8}- Isto non é Topeka nin Kalamazoo. - Non creo. 231 00:18:57,220 --> 00:18:58,470 {\an8}REELIXIDE O ALCALDE 232 00:18:58,471 --> 00:18:59,680 {\an8}Isto é Nova York. 233 00:18:59,681 --> 00:19:04,143 {\an8}Imos unirnos e facer fronte todos xuntos á marea que sobe. 234 00:19:05,186 --> 00:19:07,604 É fácil vir aquí cando as rúas… 235 00:19:07,605 --> 00:19:08,772 Cal é o titular? 236 00:19:08,773 --> 00:19:10,023 QUERO BEBER 237 00:19:10,024 --> 00:19:13,277 "Un Morris desacougado desemboca en desastre." 238 00:19:13,278 --> 00:19:17,490 Prefiro con A: "A misiva do alcalde non atina no albo". 239 00:19:18,074 --> 00:19:20,033 Eu non confío nada en Hudson 240 00:19:20,034 --> 00:19:22,327 e vaille gañar a Morris por dez puntos. 241 00:19:22,328 --> 00:19:25,206 Ás veces a xente busca cambiar de estafador. 242 00:19:25,915 --> 00:19:28,751 Vasme explicar a túa cara logo? 243 00:19:29,460 --> 00:19:32,213 Deberías abandonar a reportaxe de Addison. 244 00:19:34,048 --> 00:19:35,048 Silvermane? 245 00:19:35,049 --> 00:19:36,842 Está doente co de Addison. 246 00:19:36,843 --> 00:19:40,597 Quere saber quen vai por el, así que anda con coidado. 247 00:19:41,180 --> 00:19:43,683 Eu non teño cara de carne de hamburguesa. 248 00:19:44,559 --> 00:19:46,269 Xa discutín con eles. 249 00:19:46,728 --> 00:19:48,937 Cando eras o da máscara e as lentes, 250 00:19:48,938 --> 00:19:51,773 o querido heroe de Nova York do momento. 251 00:19:51,774 --> 00:19:52,817 Non como Ben Reilly. 252 00:19:53,318 --> 00:19:54,943 Sabedes o que? Dáme iso. 253 00:19:54,944 --> 00:19:56,904 Vou facer declaracións. 254 00:19:56,905 --> 00:19:57,863 {\an8}FIN DA PROHIBICIÓN 255 00:19:57,864 --> 00:20:02,869 {\an8}Así é. Se saio reelixido, despedirémonos da prohibición! 256 00:20:03,453 --> 00:20:06,663 - Sabe ler o auditorio. - Ben o sabe Deus. 257 00:20:06,664 --> 00:20:08,833 Non volveredes pasar sede. 258 00:20:10,043 --> 00:20:13,004 Mira, só digo que agora estás nisto con Silvermane. 259 00:20:13,504 --> 00:20:15,465 Se só podes poñer o traxe ou morrer, 260 00:20:15,965 --> 00:20:17,674 quizais deberías lanzarte. 261 00:20:17,675 --> 00:20:20,135 De paso faríaslle un favor á cidade. 262 00:20:20,136 --> 00:20:21,595 Veña, Robbie. 263 00:20:21,596 --> 00:20:22,554 Deixa iso. 264 00:20:22,555 --> 00:20:24,473 - Sabes o que vou facer? - O que? 265 00:20:24,474 --> 00:20:25,308 Ser guapo. 266 00:20:25,892 --> 00:20:27,936 E traballar no tema de Addison. 267 00:20:28,728 --> 00:20:31,189 Se non publico, non como, amigo. 268 00:20:33,691 --> 00:20:35,777 Estiven pensando nos canadenses. 269 00:20:37,070 --> 00:20:38,529 Quere que me encargue? 270 00:20:39,030 --> 00:20:40,031 Non, fareino eu. 271 00:20:41,407 --> 00:20:42,742 Seguimos o plan, pero… 272 00:20:44,160 --> 00:20:45,995 ti adiántate. Investiga. 273 00:20:52,377 --> 00:20:54,503 Éche ben moderno. 274 00:20:54,504 --> 00:20:56,089 Ti que dis, Winston? 275 00:20:57,340 --> 00:20:58,757 Eu non sei de moda. 276 00:20:58,758 --> 00:21:00,885 Pero o conxunto paréceme algo… 277 00:21:02,011 --> 00:21:03,011 aburrido. 278 00:21:03,012 --> 00:21:05,682 E logo, Winston? Tes algunha queixa con ela? 279 00:21:07,517 --> 00:21:11,229 Non, pero hai mellores cousas que facer que vestir monecas. 280 00:21:12,355 --> 00:21:14,524 Unha cousa é a moda e outra o bo gusto. 281 00:21:15,274 --> 00:21:16,525 Levámolo. 282 00:21:16,526 --> 00:21:17,735 A ti gústache, ou? 283 00:21:18,820 --> 00:21:21,072 - A verdade é que me… - Si, é perfecto. 284 00:21:40,466 --> 00:21:42,802 Desculpe, señora, busco os Addison. 285 00:21:55,815 --> 00:21:56,649 Sra. Addison. 286 00:22:28,681 --> 00:22:29,682 Quen é vostede? 287 00:22:34,729 --> 00:22:36,689 - Ola, irmán. - Non somos irmáns. 288 00:22:37,231 --> 00:22:38,399 Fixen unha pregunta. 289 00:22:39,108 --> 00:22:40,192 Fixo tal. 290 00:22:40,193 --> 00:22:44,155 Como vexo que é un home moi grande e anoxado, 291 00:22:44,822 --> 00:22:45,740 vou contestar. 292 00:22:46,324 --> 00:22:47,533 Busco a Vera Addison. 293 00:22:48,367 --> 00:22:50,495 - Sabe onde está? - Por que a busca? 294 00:22:50,995 --> 00:22:54,916 Son reporteiro e traballo no caso da morte de James Addison. 295 00:22:56,000 --> 00:22:57,502 Quería falar coa viúva. 296 00:23:01,089 --> 00:23:02,256 Jimmy está morto? 297 00:23:04,634 --> 00:23:06,677 Síntoo. Era o seu amigo? 298 00:23:08,262 --> 00:23:09,347 Como morreu? 299 00:23:10,598 --> 00:23:12,058 Houbo unha explosión… 300 00:23:14,060 --> 00:23:15,770 no almacén de Standard Oil. 301 00:23:16,813 --> 00:23:18,230 E por que o investiga? 302 00:23:18,231 --> 00:23:21,067 Antes de morrer, queimou a casa equivocada. 303 00:23:21,567 --> 00:23:22,401 A de quen? 304 00:23:23,152 --> 00:23:23,986 Silvermane. 305 00:23:32,620 --> 00:23:35,373 - Ten que liscar de aquí. - Agarde. 306 00:23:36,290 --> 00:23:38,959 Non saíu de Addison queimar a casa 307 00:23:38,960 --> 00:23:41,963 do home máis perigoso da cidade. Alguén lle pagou. 308 00:23:42,630 --> 00:23:45,508 Era o seu amigo, así que non sería mala persoa. 309 00:23:46,175 --> 00:23:47,134 Estaba enfermo. 310 00:23:47,135 --> 00:23:50,679 E hoxe en día os homes usan as enfermidades para saír adiante. 311 00:23:50,680 --> 00:23:54,099 - Ata que acaban con eles. - Pero que enfermidade tiña? 312 00:23:54,100 --> 00:23:55,476 Non sei quen o contratou. 313 00:23:57,270 --> 00:23:59,856 Pero quizais a muller si o saiba. 314 00:24:00,356 --> 00:24:01,983 Sabe onde podo atopala? 315 00:24:02,608 --> 00:24:03,734 No Geoffrey Hotel. 316 00:24:04,318 --> 00:24:06,361 Sempre ía alí cando tiñan cartos. 317 00:24:06,362 --> 00:24:08,614 E cando volvía xa non quedaban cartos. 318 00:24:09,907 --> 00:24:10,908 Vaia sorpresa. 319 00:24:11,659 --> 00:24:12,493 Grazas. 320 00:24:13,619 --> 00:24:14,704 Vouna ir ver. 321 00:24:17,832 --> 00:24:19,124 B. REILLY DETECTIVE 322 00:24:19,125 --> 00:24:22,043 Xa lle dixen que non vén nada pola oficina. 323 00:24:22,044 --> 00:24:23,754 Non lembro nin cando o vin. 324 00:24:24,338 --> 00:24:26,549 Quizais isto lle refresque a memoria. 325 00:24:27,258 --> 00:24:28,968 Por favor, dígolle a verdade. 326 00:24:31,512 --> 00:24:33,014 Máis lle vale. 327 00:24:34,182 --> 00:24:35,057 Volveremos. 328 00:24:50,656 --> 00:24:53,159 Janet! Mancáronte? 329 00:24:54,535 --> 00:24:57,538 Desta vez, non. Pero dixeron que volverían. 330 00:24:58,998 --> 00:25:00,583 Apuntáronme cunha pistola. 331 00:25:01,584 --> 00:25:03,627 Dixeron que acabaría como Donegal, 332 00:25:03,628 --> 00:25:06,379 que se non lles dicía onde estabas ti, 333 00:25:06,380 --> 00:25:08,716 cruzariamos a lagoa Estixia xuntos. 334 00:25:09,884 --> 00:25:10,718 Que significa? 335 00:25:12,053 --> 00:25:13,304 Mataron a Donegal. 336 00:25:14,263 --> 00:25:15,389 Foi Silvermane. 337 00:25:16,265 --> 00:25:17,641 Pero xa me ocupo eu. 338 00:25:17,642 --> 00:25:21,229 Levo agardando a que cambies desde que morreu Ruby. 339 00:25:21,729 --> 00:25:24,941 Que volvas ser o home que sei que levas dentro. 340 00:25:25,900 --> 00:25:26,734 Cinco anos… 341 00:25:28,945 --> 00:25:29,946 e vai acabar así. 342 00:25:31,113 --> 00:25:34,241 Janet, vai para a casa e descansa. 343 00:25:34,242 --> 00:25:36,911 Mellorarás e xa te chamarei cando sexa seguro. 344 00:25:38,079 --> 00:25:39,288 Si, vou para a casa. 345 00:25:41,332 --> 00:25:42,708 Pero non penso volver. 346 00:25:43,542 --> 00:25:45,543 Preocúpasme, Ben. 347 00:25:45,544 --> 00:25:46,504 Moito. 348 00:25:48,839 --> 00:25:50,383 Pero non vou morrer por ti. 349 00:25:51,467 --> 00:25:52,301 Janet. 350 00:25:54,011 --> 00:25:54,887 Janet! 351 00:26:37,346 --> 00:26:41,350 MANTEMENTO 352 00:26:44,979 --> 00:26:48,315 Ola! Son Pete, de mantemento. Veño amañar a goteira. 353 00:26:48,316 --> 00:26:52,319 Deus, como está embaixo. Un desastre. Auga por todos os lados. 354 00:26:52,320 --> 00:26:54,112 - Que ocorre? - Unha goteira? 355 00:26:54,113 --> 00:26:55,822 Gústame como teñen o piso. 356 00:26:55,823 --> 00:26:57,991 Pero se moven a mesa onda a ventá, 357 00:26:57,992 --> 00:27:00,119 verán o atardecer mentres cean. 358 00:27:00,703 --> 00:27:02,996 - Díxencho. - Xa estivo aquí vostede? 359 00:27:02,997 --> 00:27:05,290 Coñezo o edificio, si. 360 00:27:05,291 --> 00:27:06,417 O baño está aí? 361 00:27:26,145 --> 00:27:28,314 Non quedes aí, di algo. 362 00:27:29,148 --> 00:27:31,484 Señor, que está arranxando? 363 00:27:32,568 --> 00:27:36,906 Si, xa atopei o problema. Teñen unha xuntura chapuceira rota. 364 00:27:37,490 --> 00:27:40,993 Está mal aliñada a viga de misión. 365 00:28:03,516 --> 00:28:05,601 Desculpe. Que ocorre aí? 366 00:28:06,811 --> 00:28:09,522 Unha crise existencial, a verdade. 367 00:28:11,190 --> 00:28:12,274 Polo meu baño? 368 00:28:30,126 --> 00:28:32,002 Non creo que fose fontaneiro. 369 00:28:44,140 --> 00:28:45,558 THE GEOFFREY HOTEL SÓ BRANCOS 370 00:28:54,692 --> 00:28:55,651 Escaleiras, aí. 371 00:28:57,903 --> 00:28:59,113 Grazas pola axuda. 372 00:29:00,781 --> 00:29:01,781 Grazas polo dólar. 373 00:29:01,782 --> 00:29:02,616 ENTREGAS 374 00:29:05,035 --> 00:29:05,870 Sra. Addison? 375 00:29:09,790 --> 00:29:10,791 Non pedín nada. 376 00:29:11,375 --> 00:29:13,461 Son Robbie Robertson, reporteiro. 377 00:29:14,545 --> 00:29:18,173 Agarde un momento… Só quero falar. 378 00:29:18,174 --> 00:29:20,758 Ou liscas en tres segundos ou berro. 379 00:29:20,759 --> 00:29:23,428 Non quererás que berre porque un negro 380 00:29:23,429 --> 00:29:25,097 quere entrar no cuarto. 381 00:29:26,974 --> 00:29:28,392 Eu tiña o presentimento 382 00:29:29,059 --> 00:29:32,312 de que non ía querer que o gánster máis cruel soubese 383 00:29:32,313 --> 00:29:35,441 que os cartos que lle pagaron ao seu home por matalo 384 00:29:35,941 --> 00:29:40,237 se gastan en lagosta e roupa de deseño. 385 00:29:40,821 --> 00:29:42,113 Si, berre se quere. 386 00:29:42,114 --> 00:29:44,741 Ou prefire que o faga eu? Teño boa voz. 387 00:29:44,742 --> 00:29:45,868 Chega lonxe. 388 00:30:09,391 --> 00:30:10,601 E xa está? 389 00:30:11,101 --> 00:30:12,436 - E logo? - Non chora? 390 00:30:13,020 --> 00:30:14,730 Acaba de saber que morreu. 391 00:30:15,439 --> 00:30:17,316 O dó é diferente para cada un. 392 00:30:19,568 --> 00:30:20,653 Xa o sabía. 393 00:30:22,863 --> 00:30:26,283 James era moitas cousas, pero non dos que foxe. 394 00:30:26,867 --> 00:30:29,703 Cando vin que non viña, souben que non volvería. 395 00:30:30,287 --> 00:30:32,580 - Cando comezou o do lume? - Hai seis meses. 396 00:30:32,581 --> 00:30:35,291 Descubriu que tiña un talento innato. 397 00:30:35,292 --> 00:30:36,919 Chamárono para o de Silvermane? 398 00:30:38,212 --> 00:30:41,298 Que non berrase non implica que sexa un libro aberto. 399 00:30:42,216 --> 00:30:43,508 Que eu saiba, 400 00:30:43,509 --> 00:30:46,011 James cavou a súa tumba e agora está nela. 401 00:31:03,070 --> 00:31:04,655 Isto parece embruxado. 402 00:31:05,406 --> 00:31:06,490 Porque o está. 403 00:31:09,285 --> 00:31:10,494 Falando de fantasmas… 404 00:31:12,746 --> 00:31:13,956 Jimmy Addison morreu. 405 00:31:14,832 --> 00:31:15,666 O que? 406 00:31:16,875 --> 00:31:17,959 Cando? 407 00:31:17,960 --> 00:31:20,879 Hai un par de días. Veu un reporteiro preguntando 408 00:31:21,380 --> 00:31:23,340 quen lle pagou para matar a Silvermane. 409 00:31:27,303 --> 00:31:30,180 - Non o sabías. - Se o soubese, pararíao. 410 00:31:39,189 --> 00:31:42,109 Flint, non tes boa cara. 411 00:31:43,569 --> 00:31:44,570 Volveu pasar. 412 00:31:45,821 --> 00:31:47,281 Mudei por completo. 413 00:31:47,906 --> 00:31:48,949 Non volvín ao meu. 414 00:31:49,742 --> 00:31:50,618 Non de todo. 415 00:31:52,828 --> 00:31:54,121 É como dixo o médico. 416 00:31:55,289 --> 00:31:56,457 O tempo corre. 417 00:31:58,709 --> 00:31:59,960 Cada vez máis rápido. 418 00:32:01,128 --> 00:32:02,504 Todo o que pasamos… 419 00:32:05,341 --> 00:32:07,176 Os dous merecemos algo mellor. 420 00:32:08,594 --> 00:32:11,263 Liscaremos de aquí. Podes durmir na miña casa. 421 00:32:12,181 --> 00:32:13,932 É mellor que esteamos xuntos. 422 00:32:16,310 --> 00:32:17,144 Si. 423 00:32:18,479 --> 00:32:21,939 Hai que revisar todas as caixas? É por ser canadenses? 424 00:32:21,940 --> 00:32:23,608 Si, é por ser canadenses. 425 00:32:23,609 --> 00:32:25,818 Non! O xefe non se fía de ninguén. 426 00:32:25,819 --> 00:32:26,862 Nin de min. 427 00:32:27,488 --> 00:32:29,239 Por iso dirixe a cidade. 428 00:32:29,990 --> 00:32:33,242 O envío está ben, xefe. Xa pode vir. 429 00:32:33,243 --> 00:32:34,828 Vale, vou agora mesmo. 430 00:33:08,654 --> 00:33:09,530 Que é iso? 431 00:33:16,286 --> 00:33:17,496 Ei, ide mirar! 432 00:33:17,996 --> 00:33:19,289 Vamos! 433 00:33:21,208 --> 00:33:22,418 Está no teito! 434 00:33:27,965 --> 00:33:28,882 Dispáralle! 435 00:33:40,269 --> 00:33:41,228 Ola. 436 00:34:00,873 --> 00:34:02,124 Onde se meteu? 437 00:34:09,923 --> 00:34:11,133 Por aí. 438 00:34:13,302 --> 00:34:14,553 Ven aquí. 439 00:34:16,221 --> 00:34:17,055 Grazas. 440 00:34:21,143 --> 00:34:22,519 Non se acaban as balas? 441 00:34:23,228 --> 00:34:24,271 Pois si! 442 00:34:34,239 --> 00:34:36,825 A que demo estades agardando? 443 00:34:38,702 --> 00:34:41,454 - Despois de ti. - Non, ti diante, por favor. 444 00:34:41,455 --> 00:34:42,664 Saíde do coche! 445 00:34:52,925 --> 00:34:54,009 Nin un paso máis. 446 00:34:57,846 --> 00:34:59,598 Vedes? Tai-chi. 447 00:35:12,611 --> 00:35:13,737 Canto tempo. 448 00:35:14,321 --> 00:35:16,990 Íalle ben sen min por aquí, non si? 449 00:35:17,574 --> 00:35:21,078 Non sabía que era sicario. Podo saber quen o contratou? 450 00:35:21,578 --> 00:35:24,456 Ninguén. Estou aquí por Ben Reilly. 451 00:35:25,415 --> 00:35:26,541 Reilly o poli? 452 00:35:26,542 --> 00:35:28,752 Si, ese mesmo. Débolle un favor. 453 00:35:29,336 --> 00:35:31,420 Desculpe as maneiras. Toma algo? 454 00:35:31,421 --> 00:35:34,507 Non! Quero que deixen en paz a Reilly. 455 00:35:34,508 --> 00:35:36,425 El non sabe quen quixo matalo. 456 00:35:36,426 --> 00:35:39,929 E ameazar a secretaria del non vai cambiar nada. 457 00:35:39,930 --> 00:35:43,058 Con deixar en paz o detective xa está? 458 00:35:43,642 --> 00:35:47,144 Se fose antes, non me deixaría vivir, non si? 459 00:35:47,145 --> 00:35:50,439 Non me está escoitando, Silvermane. 460 00:35:50,440 --> 00:35:52,692 Só o avisarei unha vez. 461 00:35:52,693 --> 00:35:58,198 Se lle fai algo a Reilly ou á súa xente, acabo con vostede. 462 00:36:49,833 --> 00:36:52,627 - Reilly. - Es ti? Fixéchelo ti? 463 00:36:52,628 --> 00:36:54,086 De que falas? 464 00:36:54,087 --> 00:36:55,797 Paraches ti a Silvermane? 465 00:36:56,465 --> 00:36:57,882 Como sabes iso? 466 00:36:57,883 --> 00:36:59,800 Teño malas novas para ti. 467 00:36:59,801 --> 00:37:02,011 A poli tiña unha emboscada para Silvermane. 468 00:37:02,012 --> 00:37:04,472 Alguén avisou dun intercambio de alcol. 469 00:37:04,473 --> 00:37:07,391 Avisaron a poli dun intercambio de Silvermane? 470 00:37:07,392 --> 00:37:09,810 Si, están detendo unha ducia dos seus. 471 00:37:09,811 --> 00:37:13,272 Os polis ían pillalo na allada, pero non apareceu. 472 00:37:13,273 --> 00:37:15,983 Saben por que non apareceu? 473 00:37:15,984 --> 00:37:16,943 Non, reláxate. 474 00:37:16,944 --> 00:37:21,114 A policía oíu que o pararan, pero non saben que fuches ti. 475 00:37:21,698 --> 00:37:24,158 Déixote. Non quero morrer nunha cabina. 476 00:37:24,159 --> 00:37:25,160 Vamos! 477 00:37:51,019 --> 00:37:52,896 Que carallo acabo de facer? 478 00:40:05,570 --> 00:40:07,655 Subtítulos: Antía López Cando 479 00:40:07,656 --> 00:40:09,658 Supervisora creativa: Paula Maneiro