1 00:00:10,678 --> 00:00:12,555 Non podo seguir mentindo. 2 00:00:12,638 --> 00:00:14,390 Si que podes. 3 00:00:14,473 --> 00:00:16,892 Diraslle a Antivicio que me deixen en paz. 4 00:00:16,976 --> 00:00:18,185 Hostia puta! 5 00:00:18,269 --> 00:00:21,522 Se te volves achegar a ela, rebéntote. 6 00:00:22,523 --> 00:00:24,442 Ultimamente non durmo moito. 7 00:00:24,525 --> 00:00:26,026 Que estiveches cavilando? 8 00:00:26,110 --> 00:00:27,778 Tentei escribirlle unha carta. 9 00:00:27,862 --> 00:00:29,113 Chegará a abrila? 10 00:00:29,196 --> 00:00:30,531 Shane coñéceme. 11 00:00:30,614 --> 00:00:33,659 Léoa en alto. O que pase despois é cousa del. 12 00:00:33,743 --> 00:00:37,204 Oliver St. Ledger vive coa miña irmá pequena. 13 00:00:37,288 --> 00:00:38,122 Megan? 14 00:00:38,205 --> 00:00:41,375 Chámao. Fixo algo moi estúpido e debes amañalo. 15 00:00:41,459 --> 00:00:43,544 É Megan Martin. 16 00:00:43,627 --> 00:00:45,463 Ela e a súa familia están tolas. 17 00:00:45,713 --> 00:00:46,881 Síntoo. 18 00:00:46,964 --> 00:00:50,217 Teu irmán non fixo nada malo. Fun eu. 19 00:00:50,718 --> 00:00:52,428 Necesitaba moito que mo dixeses. 20 00:00:52,511 --> 00:00:54,346 E estou moi namorada de ti. 21 00:00:54,430 --> 00:00:55,639 E eu moi namorado de ti. 22 00:00:56,307 --> 00:01:00,227 Debemos pensar que Megan Martin estará nalgunha parte 23 00:01:00,311 --> 00:01:02,813 con ou sen Oliver Kennedy? 24 00:01:14,909 --> 00:01:19,497 137 DÍAS ANTES 25 00:01:26,170 --> 00:01:28,714 Pedícheslle unha mediación previa ao embargo? 26 00:01:28,798 --> 00:01:30,090 AVISO DE EMBARGO 27 00:01:30,174 --> 00:01:31,592 Non sei o que significa iso. 28 00:01:31,675 --> 00:01:35,095 O banco debe darnos a oportunidade de buscar unha solución 29 00:01:35,179 --> 00:01:37,056 antes de sacar a casa a poxa. 30 00:01:37,139 --> 00:01:38,808 Como os bancos son tan razoables. 31 00:01:38,890 --> 00:01:41,602 Isto tanto ten, mamá. Obrígaos a lei. 32 00:01:41,811 --> 00:01:45,439 Botan xente da casa para gañar cartos. 33 00:01:45,523 --> 00:01:46,357 Non é certo. 34 00:01:46,440 --> 00:01:48,067 Paras xa de defendelos? 35 00:01:48,150 --> 00:01:50,902 Seica marchou de San Francisco. Está en Boston. 36 00:01:50,985 --> 00:01:52,947 Vannos quitar a casa. Onde imos? 37 00:02:22,393 --> 00:02:23,853 MELLOR XOGADOR SHANE MARTIN 38 00:04:10,834 --> 00:04:16,839 56 DÍAS 39 00:04:18,007 --> 00:04:22,137 HOXE 40 00:04:23,472 --> 00:04:24,807 Foi Linus. 41 00:04:26,684 --> 00:04:28,018 Sei que foi el. 42 00:04:29,311 --> 00:04:30,396 Vícheslle a cara? 43 00:04:30,479 --> 00:04:32,856 Non, pero era o coche del. 44 00:04:32,940 --> 00:04:36,568 Era o coche do tiroteo da feira do ano pasado. 45 00:04:36,652 --> 00:04:38,237 Foi cando o coñecín. 46 00:04:38,320 --> 00:04:43,450 Dixo que non fora el, pero fíxoo para que soubese que si. 47 00:04:45,327 --> 00:04:48,414 Esta vez, o tirador usou a arma equivocada para o choio. 48 00:04:51,125 --> 00:04:55,462 Dixéchesme que lles vende pastillas aos rapaces de The Crossings? 49 00:04:55,546 --> 00:04:58,632 Vende, si. Pero isto é por outra cousa. 50 00:04:58,716 --> 00:05:00,592 Isto non ten que ver co caso. 51 00:05:02,469 --> 00:05:06,598 Vaime matar. Son unha puta parva! 52 00:05:06,682 --> 00:05:09,810 Non digas iso. Non es unha parva. 53 00:05:10,978 --> 00:05:12,146 É a forense. 54 00:05:13,689 --> 00:05:14,857 Reardon. 55 00:05:15,816 --> 00:05:17,109 Si, alí estaremos. 56 00:05:19,153 --> 00:05:21,905 A autopsia preliminar estará mañá ás 08:00. 57 00:05:24,783 --> 00:05:27,995 Mitch, leva a Reardon á casa. 58 00:05:29,204 --> 00:05:31,081 Rexistra a casa ao chegar. 59 00:05:31,165 --> 00:05:35,127 Despois chama a Freddy e que vixíe a casa toda a noite. 60 00:05:35,210 --> 00:05:39,381 - Non fai falta. - Escoita, si que fai falta. 61 00:05:40,966 --> 00:05:41,884 Veña. 62 00:05:42,885 --> 00:05:43,927 Grazas. 63 00:05:56,523 --> 00:06:02,529 DÍA 34 64 00:06:26,303 --> 00:06:27,930 Entón agora chámoche Megan? 65 00:06:29,264 --> 00:06:30,224 Queres? 66 00:06:31,558 --> 00:06:32,392 Non. 67 00:06:32,476 --> 00:06:34,645 Non? Vale. 68 00:06:35,145 --> 00:06:36,230 Se cadra é mellor. 69 00:06:36,313 --> 00:06:38,941 É raro, pero agora síntome máis Ciara. 70 00:06:39,566 --> 00:06:41,443 Sabes que te recordo? 71 00:06:41,527 --> 00:06:42,778 Vagamente. 72 00:06:42,861 --> 00:06:44,404 Nunca estiven na túa casa, 73 00:06:44,488 --> 00:06:47,658 pero recordo verte unha vez dende o coche. 74 00:06:47,741 --> 00:06:51,453 Tentabas usar o patinete nun camiño de grava. 75 00:06:51,995 --> 00:06:54,832 Teus pais non fixeran un burato no xardín de diante 76 00:06:54,915 --> 00:06:56,667 para instalar unha piscina? 77 00:06:56,750 --> 00:06:58,836 Si, é incrible que recordes iso. 78 00:06:58,919 --> 00:07:01,588 Túa irmá vendíanos marihuana. Shyla. 79 00:07:02,047 --> 00:07:04,007 Seguro que lla roubaba a meu pai. 80 00:07:05,551 --> 00:07:08,053 Aínda vive na casa, meu pai marchou hai moito. 81 00:07:09,388 --> 00:07:10,514 Falas con el? 82 00:07:11,598 --> 00:07:16,728 Si, no Nadal, nos aniversarios e iso. Se lle acorda. 83 00:07:19,314 --> 00:07:20,983 Sinto que perdeses a teu pai. 84 00:07:21,775 --> 00:07:24,653 Non o perdín. Sempre estivo ausente. 85 00:07:27,531 --> 00:07:28,365 Oliver! 86 00:07:29,950 --> 00:07:31,076 Oliver, son eu! 87 00:07:34,079 --> 00:07:34,997 Oliver! 88 00:07:36,832 --> 00:07:37,666 Oliver! 89 00:07:39,835 --> 00:07:40,961 Oliver! 90 00:07:43,797 --> 00:07:47,509 Grazas a Deus. Estaba preocupado. Ao chamarte saltaba o contestador. 91 00:07:47,593 --> 00:07:48,760 Si, apagueino. 92 00:07:49,553 --> 00:07:50,470 Apagáchelo? 93 00:07:52,639 --> 00:07:54,474 Que carallo está pasando? 94 00:07:55,100 --> 00:07:56,435 Que fai ela aquí? 95 00:07:58,187 --> 00:08:00,272 É a miña moza, Dan. Vive aquí. 96 00:08:03,400 --> 00:08:04,234 Vale. 97 00:08:05,944 --> 00:08:07,446 Non me invitas a pasar? 98 00:08:15,787 --> 00:08:16,788 Vaia. 99 00:08:18,165 --> 00:08:19,124 Que bonito. 100 00:08:19,666 --> 00:08:22,294 Só o mellor para Oliver St. Ledger. 101 00:08:25,088 --> 00:08:26,381 Ti debes ser Megan. 102 00:08:27,382 --> 00:08:31,178 Megan Martin. Son Dan Troxler. Creo que falamos por teléfono. 103 00:08:31,261 --> 00:08:34,431 Ben sei quen é. Miña irmá faloume de vostede. 104 00:08:34,514 --> 00:08:35,765 Xa vexo. 105 00:08:36,767 --> 00:08:38,184 Se te pareces a ela, 106 00:08:38,268 --> 00:08:40,895 diría que Oliver se meteu nun grave problema. 107 00:08:40,979 --> 00:08:44,191 Dan, isto non ten nada que ver con ela. 108 00:08:45,234 --> 00:08:46,401 Debín… 109 00:08:48,111 --> 00:08:50,697 Debín dicirche o que pasaba dende o inicio. 110 00:08:50,781 --> 00:08:52,699 Que pasaba? Que pasa? 111 00:08:53,742 --> 00:08:57,162 Polo que sei, esta muller entrou na túa vida cun pseudónimo, 112 00:08:57,246 --> 00:08:59,623 - coma unha espía do KGB. - Non esaxeres. 113 00:08:59,706 --> 00:09:01,416 …e así é como reaccionas? 114 00:09:01,500 --> 00:09:04,461 Apagando o móbil e preparándolle o almorzo? 115 00:09:06,088 --> 00:09:07,881 O almorzo preparouno ela. 116 00:09:08,799 --> 00:09:12,678 Cando teu pai mais falamos de que marchaches de Narragansett 117 00:09:12,761 --> 00:09:14,471 para evitar o acoso constante, 118 00:09:14,554 --> 00:09:17,891 advertino dos riscos de vivir baixo unha identidade falsa. 119 00:09:19,184 --> 00:09:24,523 Un único erro grave anularía a túa identidade. 120 00:09:25,148 --> 00:09:26,775 Pensaba en aspectos prácticos. 121 00:09:26,858 --> 00:09:31,238 Como conseguirías traballo? Como ías formar unha familia? 122 00:09:33,407 --> 00:09:34,658 Ter unha vida normal. 123 00:09:37,411 --> 00:09:39,788 Pero nunca pensei en algo coma isto. 124 00:09:40,956 --> 00:09:45,085 Con isto quéroche dicir que en parte é culpa miña. 125 00:09:45,168 --> 00:09:46,962 "En parte" culpa súa? 126 00:09:47,045 --> 00:09:50,799 Impórtache se falo un momento a soas co meu cliente? 127 00:09:50,882 --> 00:09:54,136 O que teñas que dicirme, podes dicirmo diante dela. 128 00:09:54,219 --> 00:09:56,722 Non pasa nada. Non preciso oír nada disto. 129 00:10:05,981 --> 00:10:06,815 Sentemos. 130 00:10:11,111 --> 00:10:11,945 Non. 131 00:10:13,822 --> 00:10:14,656 Non. 132 00:10:15,574 --> 00:10:17,409 Acabemos dunha vez con isto. 133 00:10:17,492 --> 00:10:19,870 Xa non son o teu cliente. 134 00:10:21,413 --> 00:10:23,707 Levas anos facéndome crer 135 00:10:23,790 --> 00:10:26,543 que eras a única persoa que me coñecía de verdade. 136 00:10:26,626 --> 00:10:28,462 Tivéchesme illado e asustado. 137 00:10:30,881 --> 00:10:31,798 Ciara 138 00:10:33,216 --> 00:10:34,509 coñéceme de verdade. 139 00:10:35,052 --> 00:10:37,054 Refírome a que o sabe todo de min. 140 00:10:38,889 --> 00:10:39,973 E aquí segue. 141 00:10:40,057 --> 00:10:43,935 Non se chama Ciara. E está aquí polo teu diñeiro. 142 00:10:44,019 --> 00:10:47,189 Non. Non tal, Dan. 143 00:10:47,731 --> 00:10:49,107 Estás de puta broma? 144 00:10:49,191 --> 00:10:50,942 Non estás aquí por cartos? 145 00:10:53,862 --> 00:10:54,988 Ou? 146 00:10:55,072 --> 00:11:00,494 Polo menos ela non gaña cartos coa miña inestabilidade mental. 147 00:11:01,995 --> 00:11:07,501 Deus, síntome tan aliviado… 148 00:11:08,627 --> 00:11:10,295 de que isto acabase. 149 00:11:10,379 --> 00:11:12,923 Terminamos con isto e eu terminei contigo. 150 00:11:13,006 --> 00:11:15,133 Nese caso, advírtoche 151 00:11:15,217 --> 00:11:17,636 que debo contarlle a verdade á policía. 152 00:11:23,058 --> 00:11:24,309 Lembras isto? 153 00:11:25,102 --> 00:11:27,896 A carta que lle escribiches ao irmán da túa moza 154 00:11:27,979 --> 00:11:29,773 confesando que mataches a Paul. 155 00:11:29,856 --> 00:11:31,400 Gardáchela? 156 00:11:32,609 --> 00:11:34,861 Non lla enviaches? Gardáchela! 157 00:11:34,945 --> 00:11:36,696 Tentaba protexerte e fíxeno. 158 00:11:36,780 --> 00:11:38,740 Tentabas protexerte a ti mesmo! 159 00:11:38,824 --> 00:11:40,992 Manipuláchesme durante anos. 160 00:11:41,076 --> 00:11:43,412 Manipuláchesme a min, despois a Shane 161 00:11:43,495 --> 00:11:45,247 e tamén a toda a súa familia. 162 00:11:45,330 --> 00:11:49,835 Todos vivimos na túa mentira, na realidade que máis che convén. 163 00:11:49,918 --> 00:11:51,670 Tiña boas intencións, 164 00:11:51,753 --> 00:11:56,341 a miña responsabilidade era contigo e con teu pai. Con ninguén máis. 165 00:11:56,425 --> 00:12:00,220 Agora que non contas coa guía dun terapeuta, 166 00:12:00,303 --> 00:12:03,890 teño motivos para crer que es un perigo para ti e para os demais. 167 00:12:03,974 --> 00:12:05,600 Teño moitísimas probas. 168 00:12:05,684 --> 00:12:11,022 Non só esta, tamén gravei anos de conversas. 169 00:12:12,232 --> 00:12:13,066 Aquí está. 170 00:12:15,277 --> 00:12:16,194 Escoita: 171 00:12:16,278 --> 00:12:21,199 "Non teño escusa para seguir vivindo unha mentira creada para culparte." 172 00:12:21,283 --> 00:12:24,453 Por que fas isto, Dan? Queres que acabe no cárcere? 173 00:12:24,536 --> 00:12:27,873 "Debo asumir a responsabilidade polo crime que cometín 174 00:12:27,956 --> 00:12:30,959 debido exclusivamente á miña ira descontrolada…" 175 00:12:32,627 --> 00:12:35,338 Queda con ela. Teño unha copia. 176 00:12:38,300 --> 00:12:39,801 Sinto acabar así. 177 00:12:41,636 --> 00:12:45,140 Se o sentises, non estarías tan preparado. 178 00:12:47,434 --> 00:12:48,393 Certo. 179 00:12:49,936 --> 00:12:51,646 Certo. 180 00:12:53,648 --> 00:12:57,235 O certo é que, ben mirado, hai outro xeito de resolver isto. 181 00:12:57,903 --> 00:12:59,404 Vouche facer unha pregunta: 182 00:13:00,447 --> 00:13:03,283 canto valen as ferramentas que che dei? 183 00:13:03,366 --> 00:13:06,411 As que seguirás usando para gobernar a túa vida? 184 00:13:08,038 --> 00:13:09,831 Non o sei. Dimo ti, Dan. 185 00:13:11,875 --> 00:13:13,502 Cinco millóns de dólares? 186 00:13:15,170 --> 00:13:16,713 Dez millóns de dólares? 187 00:13:16,796 --> 00:13:18,715 Seguirías aguantando a respiración 188 00:13:18,798 --> 00:13:21,843 de non ensinarche a función humana básica de inhalar. 189 00:13:21,927 --> 00:13:23,595 Non só iso, pensa nisto: 190 00:13:23,678 --> 00:13:27,557 canto vale levar a carga que levas sendo para min tantos anos? 191 00:13:27,641 --> 00:13:32,312 Canto vale o meu silencio a cambio dunha vida en liberdade que non mereces? 192 00:13:39,069 --> 00:13:40,529 Non podemos fiarnos del. 193 00:14:14,396 --> 00:14:15,230 HOXE 194 00:14:15,313 --> 00:14:17,315 A causa da morte foi traumatismo. 195 00:14:17,399 --> 00:14:20,026 Levou un golpe na cabeza que fracturou o parietal 196 00:14:20,110 --> 00:14:21,653 e causou unha hemorraxia. 197 00:14:21,736 --> 00:14:24,364 O calor favoreceu a descomposición química, 198 00:14:24,447 --> 00:14:26,658 pero o tempo foi o principal factor. 199 00:14:27,576 --> 00:14:29,202 Cando tivo lugar? 200 00:14:29,869 --> 00:14:31,204 Haberá dúas semanas. 201 00:14:31,288 --> 00:14:33,540 O grao de descomposición impide sabelo. 202 00:14:34,290 --> 00:14:36,668 Pero hai boas noticias. 203 00:14:37,836 --> 00:14:39,504 O ADN está na base de datos. 204 00:14:42,716 --> 00:14:46,595 Daniel Troxler. É un psicólogo de Narragansett. 205 00:14:46,678 --> 00:14:48,221 Mellor dito, era. 206 00:14:48,305 --> 00:14:50,015 Está en liberdade condicional. 207 00:14:50,098 --> 00:14:52,809 Perdeu a licenza por pagarlle a unha enfermeira 208 00:14:52,892 --> 00:14:55,979 para transportar propofol roubado entre estados. 209 00:14:56,980 --> 00:14:58,898 Logo exerce sen licenza. 210 00:14:58,982 --> 00:15:01,443 En realidade non tiña licenza. 211 00:15:01,526 --> 00:15:03,361 Non ten titulo, é unha fraude. 212 00:15:03,445 --> 00:15:05,447 A ver, o seu coche está na cidade. 213 00:15:05,530 --> 00:15:09,200 Leva no depósito dende o 18 do mes pasado. 214 00:15:09,284 --> 00:15:10,535 Iremos ata alí? 215 00:15:11,036 --> 00:15:12,704 Pensaba volver a The Crossings 216 00:15:12,787 --> 00:15:14,623 para ver as gravacións dese día 217 00:15:14,706 --> 00:15:18,251 e pedirlle á Científica que bote luminol no chan. 218 00:15:18,335 --> 00:15:21,171 Vale. Vou ver que lle saco á irmá de Shane, Megan. 219 00:15:21,254 --> 00:15:24,174 Falamos de St. Ledger. Marcharon hai moito. 220 00:15:24,257 --> 00:15:25,258 Un momento. 221 00:15:26,509 --> 00:15:28,678 Oín o que pasou, menos mal que estades ben. 222 00:15:29,846 --> 00:15:31,181 Xa falaremos. 223 00:15:37,228 --> 00:15:38,647 Que lle vas dicir? 224 00:15:41,983 --> 00:15:43,860 Eu que sei. A verdade? 225 00:15:46,696 --> 00:15:48,907 Non sei se é o que máis che convén. 226 00:15:48,990 --> 00:15:52,035 Aínda así, non me queda outra. 227 00:15:57,040 --> 00:15:58,917 Axúdame a entendelo. 228 00:16:02,003 --> 00:16:03,963 Por que fixeches algo así? 229 00:16:05,882 --> 00:16:07,592 Preciso que me axudes a entendelo. 230 00:16:08,259 --> 00:16:09,135 Non tal. 231 00:16:09,803 --> 00:16:12,806 Ti enténdelo. Enténdelo mellor ca ninguén. 232 00:16:20,355 --> 00:16:21,439 Estás farta de ti. 233 00:16:25,610 --> 00:16:26,695 Váleche esa razón? 234 00:16:30,824 --> 00:16:31,658 Si. 235 00:16:37,664 --> 00:16:38,498 Si. 236 00:16:47,382 --> 00:16:48,717 Vou necesitar 237 00:16:50,009 --> 00:16:51,594 que me axudes con algo. 238 00:16:56,307 --> 00:16:58,727 Quiteillo do pescozo ao cabrón do teu mozo. 239 00:16:58,810 --> 00:16:59,811 Non o chames así. 240 00:16:59,894 --> 00:17:02,480 Quítame esa merda de diante. Tira con el. 241 00:17:03,732 --> 00:17:05,483 Se cadra o vou necesitar. 242 00:17:05,567 --> 00:17:06,568 Para que? 243 00:17:10,571 --> 00:17:14,367 DÍA 34 244 00:17:14,659 --> 00:17:15,910 Agora que facemos? 245 00:17:17,369 --> 00:17:18,371 Estou pensando. 246 00:17:22,459 --> 00:17:24,544 Vou facer unha chamada. Sei de alguén. 247 00:17:28,464 --> 00:17:31,926 Eu tamén sei de alguén, pero é muller. 248 00:17:37,515 --> 00:17:39,309 Merda, miña irmá. Hostia. 249 00:17:39,392 --> 00:17:41,519 - Que lle dean… - Teño que collelo. 250 00:17:41,603 --> 00:17:43,188 A ver, ho! Cona! 251 00:17:45,482 --> 00:17:47,442 Si, un momento, Meg. 252 00:17:50,361 --> 00:17:52,489 Dime, que pasou? 253 00:17:55,909 --> 00:17:58,286 Merda. Máis amodo. Que estás…? 254 00:18:03,333 --> 00:18:05,001 Meg, escóitame atentamente. 255 00:18:05,084 --> 00:18:06,252 Oe, 256 00:18:06,336 --> 00:18:08,463 queres que te axude ou non? 257 00:18:10,131 --> 00:18:11,049 Vale. 258 00:18:12,759 --> 00:18:15,386 Recordas que hai cinco anos 259 00:18:15,470 --> 00:18:18,723 Andrew Delaney roubou nasas para lagostas en Casco Bay? 260 00:18:19,891 --> 00:18:22,310 Atoparon o seu cadáver nunha bañeira. 261 00:18:23,269 --> 00:18:27,899 Quen o fixese disolveuno en limpador de forno ata os putos ósos, 262 00:18:27,982 --> 00:18:30,944 se cadra era limpador de desaugadoiro ou lixivia. 263 00:18:31,027 --> 00:18:32,487 Sería unha mestura. 264 00:18:32,570 --> 00:18:33,655 Non o descubriron 265 00:18:33,738 --> 00:18:37,408 porque foi listo e non mercou nada nunha tenda. 266 00:18:38,451 --> 00:18:41,746 Puxo un calefactor para acelerar o proceso. 267 00:18:43,081 --> 00:18:45,333 Nunha semana estaba desfeito. 268 00:18:47,168 --> 00:18:49,629 Á poli levoulle moito identificar o corpo 269 00:18:49,712 --> 00:18:52,090 porque puxo unha serie de cousas arredor, 270 00:18:52,173 --> 00:18:55,426 como roupa e obxectos que non eran del. 271 00:18:57,178 --> 00:18:59,389 Para cando descubriron quen era, 272 00:18:59,472 --> 00:19:01,140 a ninguén lle importaba. 273 00:19:02,517 --> 00:19:05,353 Porque aquel tipo tíñao ben merecido. 274 00:19:07,021 --> 00:19:08,815 Colleron o asasino? 275 00:19:09,399 --> 00:19:11,776 Fuxiu. Ninguén sabe onde está. 276 00:19:17,365 --> 00:19:18,867 Non sei o que pasará. 277 00:19:18,950 --> 00:19:20,827 Meg, non volvas usar ese móbil. 278 00:19:20,910 --> 00:19:24,372 Faite cun desbotable. E non podes vir á casa. 279 00:19:24,455 --> 00:19:25,582 Seino, si. 280 00:19:28,668 --> 00:19:30,128 Chámame, vale? 281 00:19:30,211 --> 00:19:31,212 Fareino. 282 00:19:58,907 --> 00:20:01,492 Coido que isto se che dá mellor a ti ca a min. 283 00:20:01,576 --> 00:20:04,454 Fuxir dos meus problemas? Son un puto experto. 284 00:20:05,413 --> 00:20:08,124 Podes sacar todo o que hai na caixa forte? 285 00:20:08,666 --> 00:20:11,127 O código é 13-73-24. 286 00:20:12,295 --> 00:20:14,213 - Telo? Vale. - Si. 287 00:20:18,551 --> 00:20:19,677 Ola, Sykes. 288 00:20:20,511 --> 00:20:22,430 Si, necesito un favor. 289 00:20:24,015 --> 00:20:26,851 Envías alguén a reunirse hoxe comigo en Marshfield? 290 00:20:28,102 --> 00:20:29,687 Si. 291 00:20:31,314 --> 00:20:34,525 Si, comezo de cero, pero vou cunha amiga. 292 00:20:36,903 --> 00:20:38,947 Necesitamos desaparecer un tempo. 293 00:20:39,030 --> 00:20:40,198 Non sei canto. 294 00:20:40,823 --> 00:20:41,658 Si. 295 00:20:42,283 --> 00:20:43,368 Si. 296 00:20:44,285 --> 00:20:45,328 Grazas. 297 00:20:46,329 --> 00:20:47,664 Vale, alí estaremos. 298 00:20:49,123 --> 00:20:50,583 Ás 17:00, vale. 299 00:20:53,795 --> 00:20:56,756 O máis recomendable é desprenderse do anterior. 300 00:20:56,839 --> 00:20:59,342 Mete o imprescindible, compraremos o demais. 301 00:20:59,425 --> 00:21:03,596 Pero creo que debes ver a túa irmá para despedirte. 302 00:21:03,680 --> 00:21:05,139 Paréceche ben? Podo? 303 00:21:05,223 --> 00:21:06,975 Non quededes nun lugar habitual. 304 00:21:07,058 --> 00:21:09,811 - Non lle digas onde vas. - Non sei onde vou. 305 00:21:09,894 --> 00:21:11,688 Saberalo máis tarde hoxe. 306 00:21:12,271 --> 00:21:15,358 Vémonos ás 17:00 en Marshfield, vale? 307 00:21:15,441 --> 00:21:18,403 Colle un autobús en Logan que te levará ata alí. 308 00:21:18,486 --> 00:21:19,529 Que é Marshfield? 309 00:21:19,612 --> 00:21:21,239 Unha pista para avións privados. 310 00:21:21,322 --> 00:21:23,491 O meu está no hangar 36. 311 00:21:24,867 --> 00:21:28,162 Ten. Tráea cando nos vexamos. 312 00:21:28,871 --> 00:21:29,872 É a túa maleta. 313 00:21:29,956 --> 00:21:32,625 Non pasa nada, vale? Confío en ti. 314 00:21:47,265 --> 00:21:48,141 HOXE 315 00:21:48,224 --> 00:21:49,892 Isto é do día do crime. 316 00:21:49,976 --> 00:21:53,438 A xente cre que podes avanzar un mes de gravacións, pero non. 317 00:21:53,521 --> 00:21:56,232 Leva o mesmo tempo velo que vivilo. 318 00:21:56,315 --> 00:21:57,734 É unha metáfora da vida. 319 00:21:57,817 --> 00:22:00,862 Por moito que dure, axiña pasa. Se pestanexas, pérdela. 320 00:22:04,073 --> 00:22:05,116 Oe, cres que…? 321 00:22:07,201 --> 00:22:09,078 Cres que sería un bo poli? 322 00:22:11,122 --> 00:22:12,081 Queres ser poli? 323 00:22:12,165 --> 00:22:13,374 Non. 324 00:22:15,084 --> 00:22:17,754 Se cadra. Ata agora, non o pensara moito. 325 00:22:17,837 --> 00:22:20,173 Que quede claro: odio a poli. Pero a ti non. 326 00:22:20,631 --> 00:22:21,799 Verás, ti… 327 00:22:22,633 --> 00:22:24,302 Ti fixéchesme pensar, meu. 328 00:22:24,385 --> 00:22:26,220 Se cadra non todos son malos. 329 00:22:27,138 --> 00:22:29,390 Sempre quixeches ser detective? 330 00:22:29,474 --> 00:22:31,684 Non estou seguro de querer selo agora. 331 00:22:31,768 --> 00:22:33,603 - En serio? - Abofé. 332 00:22:33,686 --> 00:22:35,772 Medrei odiando os polis, coma ti. 333 00:22:36,606 --> 00:22:39,067 Acabei choiando de garda de seguridade 334 00:22:39,150 --> 00:22:42,236 e moitos compañeiros eran expolis con bos motivos. 335 00:22:42,320 --> 00:22:44,614 Xa sabes, verdade, xustiza… 336 00:22:44,697 --> 00:22:49,994 E a policía de Boston está sindicada, así que decidín probar. 337 00:22:50,078 --> 00:22:51,204 Tamén conta. 338 00:22:51,788 --> 00:22:53,623 Un par de ascensos e aquí estou. 339 00:22:53,706 --> 00:22:58,419 Pero a miña compañeira sempre quixo ser detective, sabes? 340 00:22:58,503 --> 00:22:59,670 Dende que era nena. 341 00:23:02,840 --> 00:23:03,925 Parece legal. 342 00:23:06,761 --> 00:23:07,887 Si, é tal. 343 00:23:13,476 --> 00:23:14,477 Coñeces a este? 344 00:23:18,064 --> 00:23:22,151 A ver, ho. Non me mintas, meu. E menos despois disto. 345 00:23:24,821 --> 00:23:25,822 É Finch. 346 00:23:27,824 --> 00:23:30,243 Véndeme benzos, HHC, ás veces, oxicodona. 347 00:23:30,326 --> 00:23:32,161 Pero non lle digas que cho dixen. 348 00:23:32,245 --> 00:23:34,580 Non. Algunha vez o ves por aquí? 349 00:23:36,249 --> 00:23:37,375 Si. 350 00:23:37,458 --> 00:23:39,752 Viches que tivese propofol inxectable? 351 00:23:40,378 --> 00:23:42,964 Non che sei nada diso, meu. Non vai comigo. 352 00:23:43,047 --> 00:23:44,215 Pero velo factible. 353 00:23:44,298 --> 00:23:46,884 Vexo factible todo despois do que vin aquí. 354 00:23:46,968 --> 00:23:50,263 Xa. Sabes onde aparece nestas gravacións? 355 00:23:53,224 --> 00:23:54,100 É posible. 356 00:23:55,685 --> 00:23:58,813 Se o atopases por min, extraoficialmente, 357 00:24:00,148 --> 00:24:01,566 serías o meu informante. 358 00:24:02,150 --> 00:24:05,236 Non serías poli, pero está relacionado coa poli. 359 00:24:07,029 --> 00:24:09,657 - Iso é territorio perigoso. - É perigoso. 360 00:24:09,740 --> 00:24:11,200 Se o fixese, 361 00:24:11,993 --> 00:24:13,870 recibiría algunha compensación? 362 00:24:13,953 --> 00:24:15,037 - Demo, Kevin. - Que? 363 00:24:15,121 --> 00:24:17,790 - Mira que es predicible. - Son fiel a min mesmo. 364 00:24:17,874 --> 00:24:20,293 - Co ben que iamos, meu. - Son de fiar. 365 00:24:20,376 --> 00:24:21,502 Teño que gañar o pan. 366 00:24:23,004 --> 00:24:26,674 Non podo enfadarme contigo. Agarda, un momento, para aí. 367 00:24:27,592 --> 00:24:28,843 Ese non é Finch. 368 00:24:28,926 --> 00:24:33,055 Non, é o doutor Dan, o puto psicólogo da cabeza minguante 369 00:24:33,139 --> 00:24:36,058 subindo no ascensor por última vez cara á bañeira. 370 00:24:36,142 --> 00:24:38,936 Parece que foi ás 07:48 no quinto andar, 371 00:24:39,020 --> 00:24:41,105 que é onde está o apartamento 11. 372 00:24:41,189 --> 00:24:43,608 - Imprímemo, vale? - Vale. 373 00:24:43,691 --> 00:24:47,361 Ao final ata vai resultar que hoxe será un bo día. 374 00:24:47,445 --> 00:24:49,739 - Onde vas? - Teño que facer unha cousa. 375 00:24:49,822 --> 00:24:52,658 Xa sabes o que tes que facer, verdade, axente Kev? 376 00:24:53,910 --> 00:24:55,036 Sei, señor. 377 00:24:55,786 --> 00:24:56,621 Sabes tal. 378 00:25:00,208 --> 00:25:01,375 "Axente Kev." 379 00:25:03,961 --> 00:25:07,673 Vale, tranquilo. Reláxate. 380 00:25:08,591 --> 00:25:12,136 DÍA 34 381 00:25:50,675 --> 00:25:53,094 Non sei que dicir. Todo isto é tan raro. 382 00:25:54,845 --> 00:25:55,721 Si. 383 00:25:58,432 --> 00:25:59,684 Que hai na maleta? 384 00:26:00,768 --> 00:26:04,188 É de Oliver. Só hai cousas del e miñas. 385 00:26:05,815 --> 00:26:08,067 Quedei con el ás 17:00, 386 00:26:08,150 --> 00:26:10,486 pero non quería marchar sen verte antes. 387 00:26:12,905 --> 00:26:14,115 Onde ides? 388 00:26:16,909 --> 00:26:18,661 Direicho cando chegue. 389 00:26:23,833 --> 00:26:25,084 Non o podo crer. 390 00:26:26,752 --> 00:26:28,629 O puto Dan Troxler. 391 00:26:32,466 --> 00:26:33,676 Merecía morrer. 392 00:26:34,302 --> 00:26:35,386 Ben o sabes. 393 00:26:37,054 --> 00:26:38,472 Non sei o que lembras, 394 00:26:38,556 --> 00:26:41,058 pero merece estar baixo a puta terra. 395 00:26:42,935 --> 00:26:46,772 Lembro canto o odiabas 396 00:26:49,275 --> 00:26:52,486 e que pediu unha orde de afastamento contra ti. 397 00:26:57,491 --> 00:26:58,534 Si. 398 00:26:59,577 --> 00:27:02,788 Cando esta mañá veu comprobar se Oliver estaba ben, 399 00:27:02,872 --> 00:27:06,459 traía unha carta que Oliver lle escribiu a Shane. 400 00:27:12,757 --> 00:27:14,842 Quería asumir toda a responsabilidade 401 00:27:14,925 --> 00:27:16,677 e Dan non lle deixou facelo. 402 00:27:19,305 --> 00:27:20,389 Tiñas razón. 403 00:27:22,224 --> 00:27:25,353 Non pretendo escusar a Oliver para nada. 404 00:27:28,022 --> 00:27:31,942 E creo que deixar de odialo axudoume moito. 405 00:27:40,409 --> 00:27:42,912 - Pensas que estou tola. - Sei que o estás. 406 00:27:46,248 --> 00:27:47,875 Pero fixeches o que debías. 407 00:27:52,088 --> 00:27:53,964 Oxalá non tiveses que marchar. 408 00:27:55,841 --> 00:27:56,967 Que lle dirás a mamá? 409 00:27:58,969 --> 00:28:00,054 De momento, nada. 410 00:28:01,514 --> 00:28:03,974 Está totalmente cambiada 411 00:28:04,058 --> 00:28:06,143 dende que non vai quedar sen casa. 412 00:28:10,564 --> 00:28:11,899 Creo que o entenderá. 413 00:28:13,192 --> 00:28:16,779 O último que queremos é que acabes no cárcere coma Shane. 414 00:28:20,741 --> 00:28:22,910 Sei que isto é o mellor para Ciara. 415 00:28:25,955 --> 00:28:27,957 O máis difícil vai ser perder a Megan. 416 00:28:29,333 --> 00:28:31,794 - Iso non é así. - É tal. 417 00:28:32,920 --> 00:28:34,588 Xa non estás. 418 00:28:35,381 --> 00:28:37,174 Por que non marchamos nós? 419 00:28:38,551 --> 00:28:43,848 Refírome a ti mais eu. Podemos marchar lonxe disto. 420 00:28:43,931 --> 00:28:46,559 Será como dicías sempre no instituto. 421 00:28:46,642 --> 00:28:49,353 Comezaremos de cero noutra parte, nun lugar mellor. 422 00:28:50,855 --> 00:28:53,816 Na maleta hai cartos abondos para un Mercedes novo… 423 00:28:53,899 --> 00:28:55,693 Para. Non sigas, vale? 424 00:28:57,570 --> 00:28:58,612 Iso non me axuda. 425 00:29:06,287 --> 00:29:07,913 Teño que ir para a casa. 426 00:29:10,916 --> 00:29:15,963 Pero irei visitarte onde queira que esteas. 427 00:29:16,922 --> 00:29:18,007 Promételo? 428 00:29:19,884 --> 00:29:20,759 Si. 429 00:29:22,344 --> 00:29:23,304 Si. 430 00:29:25,306 --> 00:29:27,433 Mercareiche un billete en primeira. 431 00:29:27,516 --> 00:29:29,685 Váleme de turista. 432 00:29:54,668 --> 00:29:55,503 Ola. 433 00:29:57,213 --> 00:29:58,047 Ola. 434 00:30:01,509 --> 00:30:02,343 Como estás? 435 00:30:04,720 --> 00:30:05,846 Mal. 436 00:30:10,559 --> 00:30:11,393 Xa. 437 00:30:13,604 --> 00:30:14,438 Si. 438 00:30:18,651 --> 00:30:21,070 Quería darche as grazas… 439 00:30:23,155 --> 00:30:24,198 por todo. 440 00:30:25,533 --> 00:30:26,534 Sempre… 441 00:30:27,618 --> 00:30:30,996 Sempre miraches por min. Sempre fun como da familia… 442 00:30:31,080 --> 00:30:32,039 Es tal. 443 00:30:35,334 --> 00:30:40,005 Sei que vir aquí 444 00:30:40,798 --> 00:30:42,925 traballar contigo foi duro para Alison 445 00:30:43,008 --> 00:30:45,219 e creou moita tensión no matrimonio. 446 00:30:45,302 --> 00:30:49,223 Así que só quería pedirche perdón por iso. 447 00:30:49,306 --> 00:30:53,185 Quería ter a oportunidade de desculparme. 448 00:30:58,232 --> 00:31:00,067 Se cadra tiña razón sobre min. 449 00:31:00,150 --> 00:31:02,069 Se cadra tiña razón sobre min. 450 00:31:02,152 --> 00:31:03,112 Que está pasando? 451 00:31:21,589 --> 00:31:25,009 HOXE 452 00:31:34,059 --> 00:31:40,065 SALA DE PROBAS 453 00:31:41,692 --> 00:31:44,695 Deitácheste con el logo de que che fixese regalos? 454 00:31:44,778 --> 00:31:50,326 Si, o cal fai que soe aínda peor, pero así foi. 455 00:31:50,409 --> 00:31:53,829 O meu primeiro encontro con el foi no seu apartamento. 456 00:31:56,290 --> 00:32:01,545 Fun alí para facerlle unhas preguntas, pero púxose a flirtear comigo. 457 00:32:01,629 --> 00:32:05,966 Así que cando volveu aparecer, eu sabía o que el quería. 458 00:32:06,550 --> 00:32:08,761 Non me estaba manipulando. Eu… 459 00:32:13,432 --> 00:32:15,851 pensaba que cando lle dixese que se acabara, 460 00:32:15,934 --> 00:32:18,437 asustaríase e deixaríame en paz. 461 00:32:18,520 --> 00:32:22,316 Pero agora xa sei que non, 462 00:32:22,399 --> 00:32:24,485 e que fun eu quen se asustou. 463 00:32:32,826 --> 00:32:34,828 Só che digo que falarei con Antivicio. 464 00:32:34,912 --> 00:32:38,499 Pero non che podemos manter a vixilancia o resto da vida. 465 00:32:38,582 --> 00:32:40,501 Seino. É problema meu, non teu. 466 00:32:41,126 --> 00:32:44,213 Namentres, sería bo que arranxases as cousas con Connolly. 467 00:32:45,464 --> 00:32:46,882 Non depende de min. 468 00:32:46,965 --> 00:32:49,843 Non é rancoroso, e menos contigo. 469 00:32:49,927 --> 00:32:53,055 É moi bo, Lee. É insubstituíble. 470 00:32:54,723 --> 00:32:56,308 Xa o sei. 471 00:32:56,392 --> 00:32:59,978 Todos queremos o mesmo. Volve ao traballo. 472 00:33:00,437 --> 00:33:01,647 Fareino. 473 00:33:01,730 --> 00:33:02,773 Un último favor. 474 00:33:03,315 --> 00:33:05,693 Ademais de manter lonxe a Asuntos Internos? 475 00:33:07,736 --> 00:33:10,322 Karl mais eu queremos deixar o caso. 476 00:33:10,948 --> 00:33:11,990 Non estabades cerca? 477 00:33:12,074 --> 00:33:13,075 Estamos. 478 00:33:13,158 --> 00:33:16,286 Pero teño relación cun dos sospeitosos. 479 00:33:17,913 --> 00:33:19,164 Finch é sospeitoso. 480 00:33:20,708 --> 00:33:21,834 Podería selo. 481 00:33:32,636 --> 00:33:35,889 Ves ese paxaro negro no alto dese poste telefónico? 482 00:33:35,973 --> 00:33:36,807 Vexo, si. 483 00:33:36,890 --> 00:33:37,808 Si? 484 00:33:37,891 --> 00:33:38,851 Véxolle a cara. 485 00:33:39,601 --> 00:33:41,019 - É feo, ou? - Si. 486 00:33:41,103 --> 00:33:43,397 Vale, que máis ves? 487 00:33:44,106 --> 00:33:45,065 Un avión. 488 00:33:46,442 --> 00:33:47,276 Ola, rapaces. 489 00:33:48,527 --> 00:33:51,989 Ola, tía Lee. Papá deume os seus prismáticos vellos. 490 00:33:53,198 --> 00:33:54,992 Eses prismáticos son meus. 491 00:33:56,285 --> 00:33:57,494 Podo quedar con eles? 492 00:33:57,578 --> 00:33:59,037 Teño elección? 493 00:34:00,873 --> 00:34:02,875 Fechei a porta de diante. Estaba aberta. 494 00:34:03,333 --> 00:34:04,501 A miña neveira tamén? 495 00:34:05,836 --> 00:34:07,296 Fágoche unha transferencia. 496 00:34:07,671 --> 00:34:09,130 Queres un bolo con salchicha? 497 00:34:11,175 --> 00:34:12,259 Como che foi? 498 00:34:13,010 --> 00:34:14,803 Ti primeiro. 499 00:34:15,679 --> 00:34:16,597 Ben. 500 00:34:16,929 --> 00:34:20,184 Russo accedeu a pasarlle o caso a Flynn Shannon. 501 00:34:21,726 --> 00:34:23,603 Como lle chamaches cando ascendeu? 502 00:34:23,687 --> 00:34:25,731 Chameille "pailán preguiceiro". 503 00:34:25,813 --> 00:34:27,024 Si. 504 00:34:27,107 --> 00:34:29,693 Mira, el non fai moitas preguntas. 505 00:34:30,194 --> 00:34:31,360 É ideal para o caso. 506 00:34:31,445 --> 00:34:33,489 Só por esta vez, é certo. 507 00:34:36,074 --> 00:34:39,870 Troxler entra no edificio e nunca volve saír. 508 00:34:40,829 --> 00:34:45,208 Quen cres que o liquidou? O rapaz ou a rapaza? 509 00:34:45,292 --> 00:34:46,627 Foi Megan Martin. 510 00:34:47,585 --> 00:34:48,587 Por que o cres? 511 00:34:48,670 --> 00:34:50,547 Troxler era o psicólogo de Oliver. 512 00:34:50,630 --> 00:34:55,427 Sabía demasiado acerca del. Supoñía unha ameaza para a súa liberdade. 513 00:34:55,511 --> 00:34:57,094 Por iso penso que foi el. 514 00:34:57,179 --> 00:34:58,180 Non. 515 00:35:00,182 --> 00:35:01,183 Foi ela. 516 00:35:02,643 --> 00:35:03,560 Creme. 517 00:35:05,270 --> 00:35:06,605 Non quería perdelo. 518 00:35:08,732 --> 00:35:11,235 - En que datos te baseas? - No instinto. 519 00:35:12,569 --> 00:35:13,987 O meu instinto nunca falla. 520 00:35:15,239 --> 00:35:16,323 Vale. 521 00:35:28,043 --> 00:35:30,546 Sei que non teño dereito a preguntar, 522 00:35:32,381 --> 00:35:34,258 pero debo facelo. 523 00:35:34,341 --> 00:35:37,678 Esta situación é moi triste, refírome a traballar a diario 524 00:35:37,761 --> 00:35:40,848 contigo dicíndome que non podes máis. 525 00:35:40,931 --> 00:35:43,684 Que queres marchar, que odias este sitio. 526 00:35:45,310 --> 00:35:47,396 Karl, se é así… 527 00:35:51,316 --> 00:35:52,276 enténdoo. 528 00:35:54,403 --> 00:35:55,487 Vale? Enténdote. 529 00:35:56,530 --> 00:35:58,657 Pero necesito saber… 530 00:36:00,951 --> 00:36:02,327 o que vas facer. 531 00:36:16,383 --> 00:36:20,053 Vou poñer a salchicha na grella e queimala 532 00:36:20,929 --> 00:36:22,264 como che gusta a ti. 533 00:36:25,267 --> 00:36:26,101 Si? 534 00:36:26,184 --> 00:36:27,144 Si. 535 00:36:28,562 --> 00:36:32,482 E vou poñer o bolo aquí e tamén o vou queimar. 536 00:36:34,526 --> 00:36:35,903 Porque é o que queres. 537 00:36:38,989 --> 00:36:40,657 Sempre consegues o que queres. 538 00:36:44,244 --> 00:36:45,120 Ben. 539 00:36:46,288 --> 00:36:47,748 Que non che esqueza. 540 00:36:54,796 --> 00:36:58,675 DÍA 34 541 00:37:01,303 --> 00:37:05,682 POLICÍA DE BOSTON 542 00:37:08,894 --> 00:37:11,021 Seguro que queres facer isto? 543 00:37:12,356 --> 00:37:13,440 Si. 544 00:37:14,858 --> 00:37:15,734 Ciara… 545 00:37:17,903 --> 00:37:21,740 Megan merece volver á súa vida. 546 00:37:21,823 --> 00:37:23,325 Esta vez non é culpa túa. 547 00:37:23,408 --> 00:37:24,242 É tal. 548 00:37:25,452 --> 00:37:26,453 Todo é culpa miña. 549 00:37:28,497 --> 00:37:31,667 Sei que pensas que devolves o equilibrio ao universo 550 00:37:31,750 --> 00:37:33,293 sacrificándote por ela, 551 00:37:33,377 --> 00:37:36,713 pero é isto o que realmente quere ela? 552 00:37:41,927 --> 00:37:42,928 Mira para min. 553 00:37:44,304 --> 00:37:45,806 Tivemos os nosos problemas, 554 00:37:46,765 --> 00:37:51,520 pero estar con Alison foi o mellor que me pasou na vida. 555 00:37:52,437 --> 00:37:54,481 Nunca renunciaría a iso. 556 00:37:55,482 --> 00:37:57,859 Mesmo se pensase que era o correcto. 557 00:38:04,700 --> 00:38:08,537 Oe, grazas. Por todo. 558 00:38:17,379 --> 00:38:18,255 Ei! 559 00:38:19,464 --> 00:38:22,300 Cando chame a fiscalía, direi que non nos vimos. 560 00:38:25,512 --> 00:38:26,680 Deica. 561 00:39:20,525 --> 00:39:22,152 Señorita Wyse? 562 00:39:22,235 --> 00:39:23,111 Si? 563 00:39:23,195 --> 00:39:24,905 O señor St. Ledger chega tarde. 564 00:39:24,988 --> 00:39:27,657 Quere embarcar? Case é hora de engalar. 565 00:39:29,910 --> 00:39:33,121 Dáme un par de minutos? Espero a chamada del. 566 00:39:34,581 --> 00:39:37,292 De feito, sei que esta pregunta soa rara, 567 00:39:37,375 --> 00:39:42,047 pero non saberá por casualidade onde vai o noso avión, verdade? 568 00:39:42,881 --> 00:39:45,217 A Reikiavik. Estivo algunha vez? 569 00:39:47,385 --> 00:39:50,180 Estiven, si. 570 00:39:50,263 --> 00:39:53,058 Sempre imos polo Nadal, un sitio precioso. 571 00:39:54,726 --> 00:39:56,353 Teñen casa alí? 572 00:39:56,436 --> 00:39:59,022 Temos. 573 00:40:00,065 --> 00:40:02,400 Mellor dito, creo que a casa é nosa. 574 00:40:03,610 --> 00:40:06,571 Sempre me confundo. Agora vou. 575 00:40:06,655 --> 00:40:07,823 Grazas. 576 00:40:46,444 --> 00:40:47,529 Perdoa polo atraso. 577 00:40:47,612 --> 00:40:49,030 Ai, Deus. 578 00:40:49,865 --> 00:40:52,409 Grazas a Deus. Asustáchesme. 579 00:40:53,493 --> 00:40:55,328 Si? Pensabas que non viría? 580 00:40:56,621 --> 00:40:58,415 Non, sabía que virías. 581 00:41:03,753 --> 00:41:08,216 - A Reikiavik? - Si. 582 00:41:08,300 --> 00:41:11,553 Teño acceso a un complexo privado nunha zona termal. 583 00:41:11,636 --> 00:41:14,639 Chef Michelin, seguridade privada, todo cinco estrelas. 584 00:41:14,723 --> 00:41:16,516 É unha puta marabilla. 585 00:41:17,893 --> 00:41:19,102 Que opinas? 586 00:41:23,064 --> 00:41:24,316 Opino… 587 00:41:26,902 --> 00:41:30,363 que iso soa fatal. 588 00:41:31,448 --> 00:41:34,326 Síntoo moito. Iso non me vai. 589 00:41:34,409 --> 00:41:37,287 Vale, non temos por que ir a Reikiavik. 590 00:41:38,788 --> 00:41:39,915 Onde queres ir? 591 00:41:55,013 --> 00:41:56,806 MAMÁ 592 00:42:00,477 --> 00:42:05,190 Querida mamá: Espero que poidas perdoarme como eu perdoei a Oliver. 593 00:42:05,273 --> 00:42:07,651 Seméllase máis a nós do que imaxinaba. 594 00:42:07,734 --> 00:42:10,862 DETECTIVE FLYNN SHANNON 595 00:42:13,281 --> 00:42:14,950 Todo o mundo ten segredos. 596 00:42:17,077 --> 00:42:18,828 Todo o mundo conta mentiras. 597 00:42:20,830 --> 00:42:24,626 Por algunha razón, o destino parece estar agora do meu lado. 598 00:42:26,211 --> 00:42:28,672 Quizais o universo cre no karma. 599 00:42:34,261 --> 00:42:36,346 Pagou Oliver polos meus erros? 600 00:42:36,429 --> 00:42:39,015 CAMELO ARRESTADO POR ASASINATO EN SEAPORT 601 00:42:39,099 --> 00:42:40,892 Eu sei que paguei polos del. 602 00:42:41,643 --> 00:42:42,852 Todos nós. 603 00:42:43,812 --> 00:42:45,438 Pagámolo caro durante anos. 604 00:42:49,609 --> 00:42:52,195 PAGADOIRO A KRISTINE MARTIN DOUS MILLÓNS DE DÓLARES 605 00:42:52,279 --> 00:42:56,449 Pero espero que concordes comigo en que todo vai mellor. 606 00:43:16,678 --> 00:43:19,139 Hai persoas destinadas a estar xuntas. 607 00:43:20,265 --> 00:43:22,600 Mesmo nas peores circunstancias. 608 00:43:36,740 --> 00:43:38,533 Cando fun na busca de Oliver, 609 00:43:38,616 --> 00:43:41,202 nunca imaxinei que acabariamos onde estamos. 610 00:43:42,704 --> 00:43:46,458 Que percorreriamos un camiño escuro e tortuoso para chegar aquí. 611 00:43:46,541 --> 00:43:49,794 Ignorou todos os sinais de alerta e seguiu o seu corazón. 612 00:43:49,878 --> 00:43:53,965 E eu ignorei o pasado, esperando que o futuro fose distinto. 613 00:43:54,049 --> 00:43:57,719 Fomos moi inxenuos ao pensar que todo o mal se convertería en ben. 614 00:43:57,802 --> 00:44:00,180 Pero esta vez, así foi. 615 00:44:00,805 --> 00:44:04,559 Todos din que estou tola, pero o certo é que el tamén o está. 616 00:44:08,229 --> 00:44:10,648 Ás veces miro para o noso pequeno Shane 617 00:44:10,732 --> 00:44:11,858 e pregúntolle: 618 00:44:13,735 --> 00:44:18,531 "Estás tolo coma mamá ou tolo coma papá?" 619 00:44:21,368 --> 00:44:24,079 Devezo por ver o que pasará mañá. 620 00:44:24,162 --> 00:44:27,540 E ao día seguinte, e ao seguinte. 621 00:44:34,047 --> 00:44:36,299 Quérote. Eu. 622 00:46:39,130 --> 00:46:41,132 Subtítulos: Beatriz Rivas Pazos