1 00:00:31,043 --> 00:00:38,001 XORNAL NOVAS "DO DÍA" 2 00:00:39,293 --> 00:00:42,501 Pola tarde, o cazarratas veu á gasolineira. 3 00:00:42,584 --> 00:00:45,168 Achegouse á entrada silenciosamente. 4 00:00:45,668 --> 00:00:47,918 Os seus pés non facían ruído na grava. 5 00:00:48,001 --> 00:00:50,543 Traía un macuto colgado nun ombreiro 6 00:00:50,626 --> 00:00:53,459 e chaqueta anticuada de pana, con petos grandes. 7 00:00:53,543 --> 00:00:57,084 Os pantalóns de pana estaban atados nos xeonllos cun cordel. 8 00:00:57,168 --> 00:00:58,126 - Ola. - Si. 9 00:00:58,209 --> 00:00:59,293 Operario antirroedores. 10 00:00:59,376 --> 00:01:02,084 Aqueles olliños escuros inspeccionaron o local. 11 00:01:02,168 --> 00:01:03,501 - O cazarratas? - Si. 12 00:01:03,584 --> 00:01:05,376 Delgado, faccións marcadas, 13 00:01:05,459 --> 00:01:09,418 dous dentes amarelos longos que sobresaían sobre o labio inferior. 14 00:01:09,501 --> 00:01:12,459 Orellas redondas e delgadas, preto da caluga. 15 00:01:12,543 --> 00:01:14,084 Os ollos eran case negros, 16 00:01:14,168 --> 00:01:17,209 pero, cando te miraban, tiñan un escintileo amarelo. 17 00:01:17,293 --> 00:01:19,834 - Veu rápido. - Ordes de Sanidade. 18 00:01:19,918 --> 00:01:22,126 Sanidade? E vai cazar todas as ratas? 19 00:01:22,209 --> 00:01:23,084 - Si. - Como? 20 00:01:23,168 --> 00:01:24,001 Si, como? 21 00:01:24,084 --> 00:01:27,293 Depende das ratas e de onde estean. Hai varios métodos. 22 00:01:27,376 --> 00:01:28,626 - Con trampas. - Que? 23 00:01:28,709 --> 00:01:29,668 - Trampas. - Que? 24 00:01:29,751 --> 00:01:30,668 El bufou. 25 00:01:30,751 --> 00:01:32,793 Non as cazo así. Non son coellos. 26 00:01:32,876 --> 00:01:34,126 Ergueu a cabeza, 27 00:01:34,209 --> 00:01:37,626 olfacteando o aire e movendo o nariz dun lado a outro. 28 00:01:37,709 --> 00:01:40,793 As ratas son listas. Para cazalas, hai que coñecelas. 29 00:01:41,459 --> 00:01:43,209 Hai que coñecer as ratas. 30 00:01:47,334 --> 00:01:49,668 Saben o que fan? Obsérvano a un. 31 00:01:49,751 --> 00:01:53,459 Cando un se prepara para exterminalas, estano observando. 32 00:01:53,543 --> 00:01:55,334 Non están nos sumidoiros, non? 33 00:01:55,418 --> 00:01:57,001 Non, nos sumidoiros, non. 34 00:01:57,084 --> 00:01:59,543 - Neles é delicado. - Pensaba que non. 35 00:01:59,626 --> 00:02:02,751 Ai, non? Gustaríame velo traballar no sumidoiro. 36 00:02:02,834 --> 00:02:05,293 Gustaríame saber como o faría exactamente. 37 00:02:05,376 --> 00:02:06,709 Envelenándoas, supoño. 38 00:02:06,793 --> 00:02:08,959 Onde poñería o veleno exactamente? 39 00:02:09,043 --> 00:02:09,876 No sumidoiro. 40 00:02:09,959 --> 00:02:11,459 Iluminóuselle a cara. 41 00:02:11,543 --> 00:02:13,251 Xa o sabía. "No sumidoiro." 42 00:02:13,334 --> 00:02:15,709 Sabe que? Arrastraríano os residuos. 43 00:02:15,793 --> 00:02:17,709 Todo. O sumidoiro é coma un río. 44 00:02:17,793 --> 00:02:20,959 Que faría vostede, Sr. Cazarratas, nun sumidoiro? 45 00:02:21,043 --> 00:02:22,876 O cazarratas achegouse un paso. 46 00:02:22,959 --> 00:02:25,043 A súa voz adoptou ton confidencial, 47 00:02:25,126 --> 00:02:27,876 a voz de quen revela segredos profesionais. 48 00:02:27,959 --> 00:02:30,959 Trabállase coa idea de que a rata é un roedor. 49 00:02:31,043 --> 00:02:33,501 Todo o que se lles dá, róeno. 50 00:02:33,584 --> 00:02:36,626 Se hai que traballar no sumidoiro, que se fai? 51 00:02:36,709 --> 00:02:39,543 A súa voz tiña o ton gutural do croar da ra, 52 00:02:39,626 --> 00:02:42,709 e el semellaba deleitarse na pronuncia das palabras, 53 00:02:42,793 --> 00:02:44,751 coma se gozase do seu sabor. 54 00:02:44,834 --> 00:02:48,501 Éntrase no sumidoiro cunhas cantas bolsas de papel castaño 55 00:02:48,584 --> 00:02:51,209 cheas de pasta de escaiola. Nada máis. 56 00:02:51,293 --> 00:02:53,626 Logo cólganse no teito do sumidoiro 57 00:02:53,709 --> 00:02:56,084 para quedaren colgadas sen tocar a auga, 58 00:02:56,168 --> 00:02:58,126 pero que lles cheguen as ratas. 59 00:02:58,209 --> 00:02:59,751 Claud escoitaba, abraiado. 60 00:02:59,834 --> 00:03:04,001 A rata vén nadando polo sumidoiro, ve a bolsa e para. 61 00:03:04,501 --> 00:03:06,626 Chéiraa, non cheira mal. 62 00:03:06,709 --> 00:03:08,209 - Que fai? - Róea. 63 00:03:08,293 --> 00:03:11,251 Si. Comeza a roer na bolsa e rómpea, 64 00:03:11,334 --> 00:03:14,334 e a rata morde un merecido bocado de masa. 65 00:03:14,834 --> 00:03:15,668 E logo? 66 00:03:15,751 --> 00:03:17,168 Iso chega. 67 00:03:17,918 --> 00:03:19,293 - Mátaa? - Cae redonda. 68 00:03:19,376 --> 00:03:21,501 - A escaiola… - Aumenta ao mollala. 69 00:03:21,584 --> 00:03:23,793 Ao entrar nos condutos, medra 70 00:03:23,876 --> 00:03:26,209 e mátaa máis rápido ca nada. 71 00:03:26,709 --> 00:03:28,209 Hai que coñecer as ratas. 72 00:03:28,293 --> 00:03:30,334 A cara iluminóuselle de orgullo. 73 00:03:30,418 --> 00:03:34,126 Xuntou os dedos longos e achegou as mans á cara. 74 00:03:35,959 --> 00:03:38,376 Onde están esas ratas, logo? 75 00:03:38,459 --> 00:03:43,043 A verba "ratas" saíulle cun son doce, coma se fixese gargarexos con manteiga. 76 00:03:43,126 --> 00:03:44,709 No palleiro, aí en fronte. 77 00:03:44,793 --> 00:03:47,168 - Dentro non? - Non, só no palleiro. 78 00:03:47,251 --> 00:03:51,668 Aposto a que as hai dentro, remexendo na comida e espallando enfermidades. 79 00:03:51,751 --> 00:03:54,959 - Hai enfermidades aquí? - Miroume a min, logo a Claud. 80 00:03:55,043 --> 00:03:56,751 - Estamos todos ben. - Seguro? 81 00:03:56,834 --> 00:03:58,418 - Seguro. - Nunca se sabe. 82 00:03:58,501 --> 00:04:01,126 Falaba coma un funcionario de Sanidade, 83 00:04:01,209 --> 00:04:04,001 decepcionado porque non tiñamos peste bubónica. 84 00:04:04,084 --> 00:04:07,543 As ratas están no palleiro. Como as vai eliminar? 85 00:04:08,126 --> 00:04:10,043 O cazarratas sorriu, renarte. 86 00:04:10,126 --> 00:04:14,793 Meteu a man no macuto e sacou unha lata, sopesándoa nas mans mentres falaba. 87 00:04:14,876 --> 00:04:17,334 Veleno. Veleno especial. Veleno mortal. 88 00:04:17,418 --> 00:04:21,168 Irían ao cárcere seis meses se os collen cunha cullerada disto. 89 00:04:21,251 --> 00:04:23,418 Chega para matar un millón de homes. 90 00:04:23,501 --> 00:04:24,793 - Queren ver? - Si. 91 00:04:24,876 --> 00:04:27,043 Sacou un penique e abriu a tapa. 92 00:04:27,126 --> 00:04:28,043 Aquí está. 93 00:04:28,126 --> 00:04:31,626 Falou con afecto daquilo e ensinoullo a Claud. 94 00:04:31,709 --> 00:04:33,251 É millo ou orxo? 95 00:04:33,334 --> 00:04:35,834 Avea mollada con veleno mortal. 96 00:04:35,918 --> 00:04:39,459 Se metes un gran na boca, morres en tres minutos. 97 00:04:39,543 --> 00:04:41,584 Non podo perder de vista a lata. 98 00:04:41,668 --> 00:04:44,001 Acariciou a lata e sacudiuna. 99 00:04:44,918 --> 00:04:47,126 Os grans de avea batéronse dentro. 100 00:04:47,209 --> 00:04:50,501 Hoxe non llelo damos, porque as ratas non o comerían. 101 00:04:50,584 --> 00:04:54,876 Hai que coñecelas. Son moi desconfiadas. 102 00:04:54,959 --> 00:04:59,418 Hoxe dáselle avea limpa e sabedeira para que non lles faga mal. 103 00:04:59,501 --> 00:05:02,251 Só para engordalas, e mañá o mesmo. 104 00:05:02,334 --> 00:05:04,709 E pasado mañá e mais o día despois. 105 00:05:04,793 --> 00:05:09,209 Gustaralles tanto que axiña virán todas as ratas do distrito. 106 00:05:09,293 --> 00:05:10,126 Moi listo. 107 00:05:10,209 --> 00:05:13,084 Hai que ser listo, máis listo ca as ratas. 108 00:05:13,168 --> 00:05:14,626 Que xa é dicir. 109 00:05:14,709 --> 00:05:16,834 "Case ten que ser unha rata", dixen. 110 00:05:16,918 --> 00:05:21,459 Escapoume, non o puiden evitar. Estaba mirando para el. 111 00:05:21,543 --> 00:05:23,251 Causoulle un grande efecto. 112 00:05:23,334 --> 00:05:24,418 - Xusto! - …berrou. 113 00:05:24,501 --> 00:05:26,543 Vostede entendeuno. Aí falou. 114 00:05:26,626 --> 00:05:29,584 Un bo cazarratas ten que parecerse a unha rata. 115 00:05:29,668 --> 00:05:33,834 Ser aínda máis listo ca unha rata, e iso non é doado. 116 00:05:34,834 --> 00:05:36,334 Veña, vamos. Teño présa. 117 00:05:36,418 --> 00:05:39,626 Leonora Benson chamoume ao pazo con urxencia. 118 00:05:39,709 --> 00:05:40,793 Tamén ten ratas? 119 00:05:40,876 --> 00:05:42,334 Todo o mundo ten ratas. 120 00:05:42,834 --> 00:05:45,168 O cazarratas foi cara á entrada. 121 00:05:45,251 --> 00:05:48,084 O seu andar parecíase moito ao dunha rata. 122 00:05:48,168 --> 00:05:51,668 Ese andar lento, suave, torcendo moito os xeonllos, 123 00:05:51,751 --> 00:05:54,209 sen faceren ruído na grava os seus pasos. 124 00:05:54,751 --> 00:05:57,876 Saltou a cancela e deu unha volta arredor do palleiro, 125 00:05:57,959 --> 00:06:00,084 ciscando mandas de avea polo chan. 126 00:06:00,584 --> 00:06:03,168 Ao día seguinte volveu e fixo o mesmo. 127 00:06:03,251 --> 00:06:06,126 O día despois volveu vir, e o seguinte tamén. 128 00:06:06,209 --> 00:06:09,543 Finalmente, no cuarto día, botou a avea envelenada. 129 00:06:09,626 --> 00:06:13,001 Pero non a ciscou, senón que a puxo en moreas 130 00:06:13,084 --> 00:06:14,501 arredor do palleiro. 131 00:06:17,418 --> 00:06:19,168 - Teñen can? - Si. 132 00:06:19,251 --> 00:06:23,043 Se queren que morra unha morte horrible, ábranlle a cancela. 133 00:06:23,126 --> 00:06:25,209 Ao outro día, veu coller os mortos. 134 00:06:25,293 --> 00:06:28,126 Déixenme un saco vello para metelos. 135 00:06:28,209 --> 00:06:31,584 Estaba todo gabancioso, os ollos brillábanlle de orgullo. 136 00:06:31,668 --> 00:06:35,084 Íalle mostrar ao público os resultados da captura. 137 00:06:35,168 --> 00:06:37,959 Claud colleu un saco e cruzamos o camiño. 138 00:06:38,043 --> 00:06:42,543 El andaba arredor do palleiro. Abaixouse para mirar unha morea de veleno. 139 00:06:42,626 --> 00:06:44,501 - Fallou algo. - …murmurou. 140 00:06:44,584 --> 00:06:46,168 Tiña voz suave e cabreada. 141 00:06:46,251 --> 00:06:49,584 Axeonllouse diante doutra morea para examinala. 142 00:06:49,668 --> 00:06:52,084 - Algo fallou, carallo. - Que pasou? 143 00:06:52,168 --> 00:06:55,251 Non contestou, pero as ratas non tocaran o cebo. 144 00:06:55,334 --> 00:06:57,459 "Estas ratas son moi listas", dixen. 145 00:06:57,543 --> 00:07:00,751 O home estaba cabreado, notábaselle na cara, no nariz 146 00:07:00,834 --> 00:07:04,168 e en que cravaba os dentes amarelos no labio inferior. 147 00:07:04,251 --> 00:07:06,793 - Déixese de caralladas. - …dixo, mirándome. 148 00:07:06,876 --> 00:07:09,751 O que pasa é que alguén lles dá de comer. 149 00:07:09,834 --> 00:07:12,584 Teñen comida rica en algures, e moita. 150 00:07:12,668 --> 00:07:16,751 As ratas non rexeitan a avea, non sendo que estean ben fartas. 151 00:07:16,834 --> 00:07:18,543 O home deu a volta, calado. 152 00:07:18,626 --> 00:07:22,043 Comezou a coller a avea envelenada cunha pa 153 00:07:22,126 --> 00:07:24,334 e meteuna nunha lata. 154 00:07:24,418 --> 00:07:27,543 Ao acabar, os tres volvemos cruzar o camiño. 155 00:07:29,126 --> 00:07:33,001 O cazarratas estaba onda o surtidor, triste e derrotado. 156 00:07:33,084 --> 00:07:35,668 O súa cara colleu aspecto taciturno. 157 00:07:35,751 --> 00:07:39,543 Encerrouse en si polo fracaso, cos ollos agachados e rabiosos, 158 00:07:39,626 --> 00:07:42,834 sacando a lingua a un lado dos dentes amarelos. 159 00:07:42,918 --> 00:07:46,209 Botoume unha mirada furtiva e logo outra a Claud. 160 00:07:46,293 --> 00:07:48,251 Moveu o nariz para cheirar o ar. 161 00:07:48,334 --> 00:07:51,334 Púxose na punta dos pés, balanceándose, 162 00:07:51,418 --> 00:07:53,959 e, con ton suave e confidencial, dixo: 163 00:07:54,043 --> 00:07:55,418 Queren ver algo? 164 00:07:55,501 --> 00:07:57,751 Quería recuperar a súa reputación. 165 00:07:57,834 --> 00:07:59,876 - Que? - Queren ver algo asombroso? 166 00:07:59,959 --> 00:08:03,043 Meteu a man dereita no peto de fóra da chaqueta 167 00:08:03,126 --> 00:08:06,668 e sacou unha rata viva grande, que agarraba ben cos dedos. 168 00:08:06,751 --> 00:08:07,668 Carafio! 169 00:08:08,334 --> 00:08:09,293 Ven? 170 00:08:09,376 --> 00:08:12,043 Abaixouse un pouco e estirou o pescozo, 171 00:08:12,126 --> 00:08:15,168 mirándonos lascivamente coa enorme rata na man, 172 00:08:15,251 --> 00:08:18,251 agarrándoa polo pescozo co polgar e outro dedo, 173 00:08:18,334 --> 00:08:20,543 trincándoa ben para que non mordese. 174 00:08:20,626 --> 00:08:22,459 Sempre leva ratas no peto? 175 00:08:22,543 --> 00:08:24,501 Sempre levo unha ou dúas encima. 176 00:08:24,584 --> 00:08:28,126 Meteu a outra man no peto e sacou algo pequeno e branco. 177 00:08:28,209 --> 00:08:30,834 - É un furón? - O cazarratas sorriu e bisbou. 178 00:08:30,918 --> 00:08:33,459 O furón parecía coñecelo e non se moveu. 179 00:08:33,543 --> 00:08:35,918 Nada mata ratas máis axiña ca o furón. 180 00:08:36,001 --> 00:08:38,418 Tiña os dous animais preto diante del. 181 00:08:38,501 --> 00:08:41,751 O nariz do furón estaba a 15 cm da cara da rata. 182 00:08:41,834 --> 00:08:44,418 Os ollos brillantes do furón miraban a rata. 183 00:08:44,501 --> 00:08:47,043 A rata tentaba arredarse do asasino. 184 00:08:47,126 --> 00:08:48,251 - E agora… - …dixo. 185 00:08:48,334 --> 00:08:49,168 …miren. 186 00:08:51,334 --> 00:08:53,251 Tiña a camisa caqui desabotoada. 187 00:08:53,334 --> 00:08:56,834 Colleu a rata e meteuna por dentro, pegada á pel. 188 00:08:56,918 --> 00:08:59,751 O cinto non a deixaba baixar da cintura. 189 00:08:59,834 --> 00:09:01,459 Logo meteu o furón. 190 00:09:01,543 --> 00:09:04,376 De súpeto, armouse un rebumbio debaixo da camisa. 191 00:09:04,459 --> 00:09:08,001 A rata corría arredor do corpo e o furón seguíaa. 192 00:09:08,084 --> 00:09:12,043 Deron seis ou sete voltas, o vulto pequeno seguindo o grande, 193 00:09:12,126 --> 00:09:15,126 achegándoselle cada vez máis, 194 00:09:15,209 --> 00:09:17,751 ata xuntárense os dous vultos. 195 00:09:17,834 --> 00:09:20,793 Houbo pelexa e uns berros estridentes. 196 00:09:20,876 --> 00:09:23,793 Mentres pasaba isto, o cazarratas estivo inmóbil, 197 00:09:23,876 --> 00:09:29,376 coas pernas separadas, os brazos colgados e os ollos mirando a cara tesa de Claud. 198 00:09:30,168 --> 00:09:33,793 Logo, meteu a man debaixo da camisa 199 00:09:33,876 --> 00:09:35,168 e sacou o furón. 200 00:09:35,668 --> 00:09:37,626 Coa outra, sacou a rata morta. 201 00:09:38,126 --> 00:09:41,001 Había restos de sangue no fociño do furón. 202 00:09:42,543 --> 00:09:44,834 "Non me deu moito gusto iso", dixen. 203 00:09:44,918 --> 00:09:47,418 Aposto a que nunca viron nada así antes. 204 00:09:47,918 --> 00:09:48,834 Pois non. 205 00:09:49,334 --> 00:09:52,043 Un día vano morder na barriga. 206 00:09:52,126 --> 00:09:56,043 …díxolle Claud, pero estaba intrigado, e o cazarratas púxose chulo. 207 00:09:56,126 --> 00:09:58,084 Queren ver algo máis asombroso? 208 00:09:58,168 --> 00:10:01,251 Algo que non crerían se non o visen cos seus ollos? 209 00:10:01,334 --> 00:10:03,876 Mirei a Claude con moita desconfianza. 210 00:10:06,001 --> 00:10:06,834 Si. 211 00:10:07,501 --> 00:10:11,001 {\an8}O cazarratas meteu a rata nun peto e o furón noutro. 212 00:10:11,084 --> 00:10:14,959 {\an8}Logo meteu a man no macuto e sacou outra rata viva. 213 00:10:15,043 --> 00:10:15,876 {\an8}Carafio! 214 00:10:15,959 --> 00:10:18,459 Sempre levo unha ou dúas ratas encima. 215 00:10:18,543 --> 00:10:20,084 Hai que coñecer as ratas. 216 00:10:20,168 --> 00:10:22,751 E, para coñecelas, hai que telas preto. 217 00:10:22,834 --> 00:10:26,459 Esta é de sumidoiro. Vella e lista coma un allo. 218 00:10:26,543 --> 00:10:29,959 Ven como me mira seguido, adiviñando que vou facer? 219 00:10:30,043 --> 00:10:31,543 - Ven? - Moi desagradable. 220 00:10:31,626 --> 00:10:32,959 Que vai facer? 221 00:10:33,043 --> 00:10:36,209 Esta demostración íame gustar menos aínda. 222 00:10:36,293 --> 00:10:39,334 - Pásenme un cordel. - Claud pasoullo. 223 00:10:39,418 --> 00:10:41,834 O cazarratas atoulle unha pata traseira. 224 00:10:41,918 --> 00:10:44,293 A rata remexeuse, pero el agarrouna ben. 225 00:10:44,834 --> 00:10:46,334 Teñen unha mesa dentro? 226 00:10:46,418 --> 00:10:48,459 Non queremos a rata dentro. 227 00:10:48,543 --> 00:10:50,876 Cómpreme unha mesa ou algo chan. 228 00:10:50,959 --> 00:10:54,168 Fomos ao surtidor e o cazarratas puxo a rata encima. 229 00:10:54,251 --> 00:10:57,751 Atou o cordel a un poste para amarrar a rata. 230 00:10:57,834 --> 00:11:00,334 Ela encolleuse, inmóbil e desconfiada, 231 00:11:00,418 --> 00:11:02,626 unha gran rata gris con ollos negros 232 00:11:02,709 --> 00:11:06,209 e rabo con escamas, enroscado sobre a superficie metálica. 233 00:11:06,293 --> 00:11:10,459 Miraba o cazarratas de esguello para ver que ía facer. 234 00:11:10,543 --> 00:11:14,209 O cazarratas arredouse uns pasos e a rata relaxouse ao momento. 235 00:11:14,293 --> 00:11:15,668 Sentou nas ancas 236 00:11:15,751 --> 00:11:18,001 e lambeu a pel gris do peito. 237 00:11:18,084 --> 00:11:20,626 Logo rañou o fociño coas garras de diante. 238 00:11:20,709 --> 00:11:23,918 Semellaba despreocupada dos homes que estaban alí. 239 00:11:24,001 --> 00:11:26,376 - Apostamos algo? - …dixo o cazarratas. 240 00:11:26,459 --> 00:11:27,959 "Non, grazas", dixen eu. 241 00:11:28,043 --> 00:11:31,251 - É máis divertido se se aposta. - A que quere apostar? 242 00:11:31,334 --> 00:11:34,293 Apóstolles a que mato esa rata sen usar as mans. 243 00:11:34,376 --> 00:11:36,668 Métoas no peto e non as uso. 244 00:11:36,751 --> 00:11:39,334 Estaba claro que el quería gañar cartos. 245 00:11:39,418 --> 00:11:42,876 Mirei á rata que ía morrer e empecei a sentirme mareado. 246 00:11:42,959 --> 00:11:44,751 Non porque a fose matar, 247 00:11:44,834 --> 00:11:47,251 senón pola maneira en que a ía matar, 248 00:11:47,334 --> 00:11:49,418 cun entusiasmo considerable. 249 00:11:49,501 --> 00:11:51,251 - Daralle patadas. - Non. 250 00:11:51,334 --> 00:11:54,043 - Cos brazos? - Nin brazos nin pernas nin mans. 251 00:11:54,126 --> 00:11:55,501 - Sentarase nela. - Non. 252 00:11:55,584 --> 00:11:57,751 - A ver, logo. - Aposten unha libra. 253 00:11:57,834 --> 00:11:59,543 Polo carallo. Por que? 254 00:11:59,626 --> 00:12:01,334 - Canto apostaría? - Cero. 255 00:12:01,418 --> 00:12:02,793 Vale. Entón, nada. 256 00:12:03,293 --> 00:12:05,668 - Fixo que ía ceibala. - Aposto un xilin. 257 00:12:05,751 --> 00:12:07,709 A sensación de mareo aumentaba, 258 00:12:07,793 --> 00:12:10,418 pero isto tiña unha inexplicable atracción. 259 00:12:10,501 --> 00:12:12,918 Eu era incapaz de marchar ou de moverme. 260 00:12:13,001 --> 00:12:14,084 - Vostede tamén? - Non. 261 00:12:14,168 --> 00:12:15,751 Quere que o faga por iso? 262 00:12:15,834 --> 00:12:17,834 - Eu non quero. - U-los cartos? 263 00:12:17,918 --> 00:12:19,668 Claud puxo un xilin. 264 00:12:19,751 --> 00:12:22,584 O cazarratas puxo dúas moedas de seis peniques. 265 00:12:22,668 --> 00:12:23,501 Feito. 266 00:12:23,584 --> 00:12:24,793 Nós arredamos. 267 00:12:24,876 --> 00:12:27,293 El achegouse, meteu as mans no peto 268 00:12:27,376 --> 00:12:29,959 e inclinou o corpo cara á rata. 269 00:12:30,043 --> 00:12:34,376 A rata encolleuse, asustada. Parecía que ía saltar á cara do cazarratas, 270 00:12:34,459 --> 00:12:38,543 pero empezou a cear atrás, arrastrando amodo o corpo, encollida, 271 00:12:38,626 --> 00:12:40,834 ata que o cordel da pata se tensou. 272 00:12:40,918 --> 00:12:45,668 Inclinouse máis cara á rata, seguíndoa cos ollos adiante e atrás. De súpeto… 273 00:12:45,751 --> 00:12:48,334 - Ela asustouse. - …e saltou polo aire. 274 00:12:51,251 --> 00:12:54,918 Quedou colgada do cordel, debeu derrancar a perna do tirón. 275 00:12:55,001 --> 00:12:58,376 Encolleuse no lateral do surtidor, no cabo do cordel, 276 00:12:58,459 --> 00:13:01,459 cos bigotes tremendo e o corpo longo teso co medo. 277 00:13:01,543 --> 00:13:04,793 Logo, o cazarratas comezou a mover a cara moi amodo, 278 00:13:04,876 --> 00:13:06,001 achegándose a ela. 279 00:13:06,084 --> 00:13:09,209 Eu quería berrarlle que parase, pero non daba falado. 280 00:13:09,293 --> 00:13:12,793 Ía pasar algo moi desagradable, diso estaba seguro. 281 00:13:12,876 --> 00:13:16,334 Algo sinistro e cruel, pero agora tiña que velo. 282 00:13:16,918 --> 00:13:19,709 Había menos dun palmo entre as dúas caras. 283 00:13:19,793 --> 00:13:22,501 A rata encolleuse, tensa e aterrorizada. 284 00:13:22,584 --> 00:13:23,959 El tamén estaba tenso, 285 00:13:24,043 --> 00:13:27,334 pero cunha tensión activa, coma un resorte aprisionado. 286 00:13:27,418 --> 00:13:30,168 Debuxóuselle un sorriso nos beizos. 287 00:13:30,251 --> 00:13:32,084 Logo, de súpeto, atacou, 288 00:13:32,168 --> 00:13:33,209 coma unha cobra, 289 00:13:33,293 --> 00:13:36,043 cun movemento da cabeza, rápido coma unha coitelada… 290 00:13:36,126 --> 00:13:38,168 …que saía dos músculos inferiores… 291 00:13:38,251 --> 00:13:40,793 …e eu albisquei a súa boca aberta de todo… 292 00:13:40,876 --> 00:13:41,918 …e dous dentes… 293 00:13:42,001 --> 00:13:44,668 …e a cara desfigurada coa boca aberta. 294 00:13:46,001 --> 00:13:47,918 Non quixen ver máis. 295 00:13:48,001 --> 00:13:51,459 Pechei os ollos e, cando os abrín, a rata estaba morta. 296 00:13:51,543 --> 00:13:54,084 O cazarratas meteu os cartos no peto 297 00:13:54,168 --> 00:13:55,876 e cuspiu para lavar a boca. 298 00:13:57,959 --> 00:13:59,918 Con iso é co que fan a regalicia. 299 00:14:00,001 --> 00:14:03,918 As fábricas de chocolate usan sangue de rata para facer regalicia. 300 00:14:04,001 --> 00:14:06,126 O sangue de rata non ten mal ningún. 301 00:14:08,834 --> 00:14:10,584 Vostede é repugnante. 302 00:14:10,668 --> 00:14:13,168 Pero vostede comeuno moitas veces. 303 00:14:13,251 --> 00:14:16,293 As regalicias fanse con sangue de rata. 304 00:14:16,376 --> 00:14:18,501 Non nos conte máis nada, grazas. 305 00:14:18,584 --> 00:14:21,334 Férveno en caldeiras, a burbullar e fumegar, 306 00:14:21,418 --> 00:14:23,459 que remexen homes con paus longos. 307 00:14:23,543 --> 00:14:26,001 É un segredo das fábricas de chocolate 308 00:14:26,084 --> 00:14:29,918 e ninguén o sabe, agás os cazarratas que fornecen o produto. 309 00:14:30,001 --> 00:14:32,418 Notou que os espectadores non o seguían. 310 00:14:32,501 --> 00:14:35,751 Notábasenos a hostilidade, repugnancia e enfado na cara. 311 00:14:36,751 --> 00:14:39,501 Parou e deu a volta sen dicir nada máis. 312 00:14:39,584 --> 00:14:43,751 Mirámolo marchar cara á estrada co seu andar lento, delicado e pausado. 313 00:14:44,251 --> 00:14:47,043 Os seus pasos non se oían, nin sequera na grava. 314 00:15:00,418 --> 00:15:01,251 Que raro! 315 00:15:02,126 --> 00:15:04,459 As ratas non comeron a avea envelenada. 316 00:15:05,418 --> 00:15:09,418 Debe haber algo nutritivo no palleiro. 317 00:15:25,793 --> 00:15:29,168 A finais dos 40, Dahl viviu en Wisteria Cottage, Amersham, 318 00:15:29,251 --> 00:15:31,001 onde escribiu Claud's Dog, 319 00:15:31,084 --> 00:15:34,834 unha colección de contos breves inspirados na vida desta zona. 320 00:15:34,918 --> 00:15:36,709 The Ratcatcher é un deles. 321 00:16:38,751 --> 00:16:43,751 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa