1 00:00:23,583 --> 00:00:24,625 Son eu. 2 00:00:25,500 --> 00:00:26,708 Si. 3 00:00:26,791 --> 00:00:28,791 Xa revisaron a foto. 4 00:00:28,875 --> 00:00:30,541 Non está manipulada. 5 00:00:31,541 --> 00:00:33,791 Trata o asunto coa máxima confidencialidade. 6 00:00:35,083 --> 00:00:36,958 A alumna está no último curso. 7 00:00:38,375 --> 00:00:39,458 Graham Sutton. 8 00:00:40,083 --> 00:00:42,208 Promocionárono coa miña recomendación. 9 00:00:49,166 --> 00:00:50,791 Non quero nin pensar niso. 10 00:00:52,333 --> 00:00:54,250 Se non resolvemos isto axiña… 11 00:00:56,083 --> 00:00:57,125 estou acabado. 12 00:01:11,791 --> 00:01:16,666 MAXTON HALL: UN MUNDO ENTRE NÓS 13 00:01:17,166 --> 00:01:20,250 BASEADA NA NOVELA SAVE YOU DE MONA KASTEN 14 00:01:20,333 --> 00:01:25,541 Maxton Hall! 15 00:01:34,666 --> 00:01:35,666 Veña, rapaces. 16 00:01:40,250 --> 00:01:42,416 É incrible que teu pai che deixe xogar. 17 00:01:42,500 --> 00:01:44,958 Non era hoxe a reunión cos investidores? 18 00:01:47,458 --> 00:01:49,833 - Non llo dixeches? - Que lle dean. 19 00:01:52,250 --> 00:01:53,625 Estou aquí por Cyril. 20 00:01:54,166 --> 00:01:56,250 Maxton Hall! 21 00:02:11,833 --> 00:02:13,041 Chegou a hora. 22 00:02:13,583 --> 00:02:16,083 O noso último partido. 23 00:02:19,291 --> 00:02:20,583 É agora ou nunca. 24 00:02:22,041 --> 00:02:23,958 Trátase da vitoria, rapaces. 25 00:02:24,833 --> 00:02:26,958 E de pensar por que estamos aquí. 26 00:02:27,041 --> 00:02:29,875 - O que queremos é gañar! - Si! 27 00:02:29,958 --> 00:02:31,000 Veña, rapaces! 28 00:02:31,750 --> 00:02:35,583 Para algúns de vós, a admisión na universidade está en xogo. 29 00:02:37,791 --> 00:02:39,125 Cyril! 30 00:02:39,208 --> 00:02:43,500 Se Beaufort non estivese, non teriamos as mesmas posibilidades. 31 00:02:45,041 --> 00:02:48,583 Pero grazas ao noso capitán Vega, estamos de volta! 32 00:02:48,666 --> 00:02:50,125 Si! 33 00:02:50,208 --> 00:02:51,333 Si! 34 00:02:52,541 --> 00:02:53,958 Cyril, rapaz, 35 00:02:54,041 --> 00:02:56,208 loitaches coma unha fera polo equipo. 36 00:02:56,291 --> 00:02:58,083 Podes estar orgulloso de ti mesmo. 37 00:02:58,166 --> 00:02:59,041 Grazas. 38 00:02:59,583 --> 00:03:02,083 Ei, eses son os cazatalentos? 39 00:03:06,166 --> 00:03:09,625 Estades máis en forma ca nunca, rapaces! 40 00:03:09,708 --> 00:03:13,500 Quero ver paixón, determinación e un equipo no campo! 41 00:03:14,541 --> 00:03:16,000 A por ese trofeo! 42 00:03:18,333 --> 00:03:19,333 A por eles, capitán. 43 00:03:26,083 --> 00:03:27,791 - Maxton! - Hall! 44 00:03:27,875 --> 00:03:29,416 - Maxton! - Hall! 45 00:03:29,500 --> 00:03:34,166 Benvidos á final do campionato entre institutos. 46 00:03:35,916 --> 00:03:37,083 Eastview 47 00:03:38,500 --> 00:03:40,250 contra Maxton Hall. 48 00:03:41,083 --> 00:03:43,916 Quen abandonará o campo convertido en campión? 49 00:03:49,250 --> 00:03:50,791 Vamos! 50 00:03:56,125 --> 00:03:57,666 Eastview! 51 00:04:01,166 --> 00:04:03,458 Chega o empate! 52 00:04:04,208 --> 00:04:05,500 Tira! 53 00:04:06,416 --> 00:04:07,250 Cyril! 54 00:04:08,708 --> 00:04:10,416 - Veña! Sigue! - Corre! 55 00:04:11,041 --> 00:04:11,875 James! 56 00:04:19,125 --> 00:04:21,750 James! Estou só! 57 00:04:35,582 --> 00:04:36,791 Que? 58 00:04:38,125 --> 00:04:44,291 Maxton Hall! 59 00:04:48,416 --> 00:04:50,416 Tes que empezar xa. Están esperando. 60 00:04:50,500 --> 00:04:51,500 De acordo. 61 00:04:55,500 --> 00:05:00,333 Damas e cabaleiros, quero agradecerlles a súa presenza. 62 00:05:00,958 --> 00:05:03,958 Sei que as flutuacións no prezo das accións 63 00:05:04,041 --> 00:05:08,500 e os recentes acontecementos familiares provocaron unha grande inquedanza. 64 00:05:08,583 --> 00:05:12,125 É por iso que lles presento hoxe unha serie de decisións 65 00:05:12,208 --> 00:05:15,125 coas que queremos reorientar a estratexia corporativa 66 00:05:15,208 --> 00:05:18,791 e recuperar o noso liderado no mercado. 67 00:05:19,791 --> 00:05:22,916 - Non imos falar de Novo Beaufort? - Claro que si. 68 00:05:23,000 --> 00:05:24,750 Logo onde está James? 69 00:05:28,166 --> 00:05:29,791 Vaia intercambio de golpes. 70 00:05:29,875 --> 00:05:32,416 O marcador está 11 a 10 e gaña Eastview. 71 00:05:32,500 --> 00:05:33,791 Pode pasar de todo. 72 00:05:44,666 --> 00:05:47,000 - Os dous están no chan. - Cyril. 73 00:05:47,082 --> 00:05:48,957 - Estás ben? - Si. 74 00:05:49,957 --> 00:05:51,291 Estás ben? Vamos. 75 00:05:51,375 --> 00:05:52,207 Tranquilo. Veña! 76 00:05:52,291 --> 00:05:53,625 Vega recuperouse. 77 00:05:54,291 --> 00:05:56,541 Borgmann precisa atención médica. 78 00:05:57,332 --> 00:06:00,250 Os demais xogadores ocupan as súas posicións. 79 00:06:00,333 --> 00:06:02,833 - Axiña retomarán o partido. - Veña, Maxton Hall! 80 00:06:03,875 --> 00:06:06,250 Non poñeremos foto do partido no anuario, non? 81 00:06:06,333 --> 00:06:07,875 - Non. - Vale. 82 00:06:07,958 --> 00:06:11,958 Gustaríame ter no anuario a foto de Graham Sutton en acción. 83 00:06:13,125 --> 00:06:15,125 - De que falas? - Non o sabes? 84 00:06:15,208 --> 00:06:18,082 Disque Sutton ten un amorío cunha alumna. 85 00:06:18,166 --> 00:06:21,332 E alguén lle mandou unha foto a Lexington. 86 00:06:21,416 --> 00:06:22,707 - Que? - Que? 87 00:06:23,207 --> 00:06:24,832 Vaia loucura. 88 00:06:24,916 --> 00:06:26,041 - Sutton non. - Non. 89 00:06:26,125 --> 00:06:28,166 - Que alumna? - Quen che contou iso? 90 00:06:28,250 --> 00:06:29,791 Todo o mundo fala diso. 91 00:06:30,375 --> 00:06:31,625 Non pode ser. 92 00:06:33,791 --> 00:06:34,750 Vou ao baño. 93 00:06:34,832 --> 00:06:37,582 - Queres que te acompañe? - Non, tranquila. 94 00:06:41,082 --> 00:06:45,125 Mortimer, máis do 70 % dos axustes estratéxicos 95 00:06:45,207 --> 00:06:48,125 deste documento incumpren a ética de produción 96 00:06:48,207 --> 00:06:50,250 que Beaufort defendeu con Cordelia. 97 00:06:51,000 --> 00:06:56,666 E o teu novo CEO júnior non se presenta nesta reunión tan importante. 98 00:06:56,750 --> 00:07:00,208 - Harold, agora ía explicalo. - Non será necesario. 99 00:07:03,333 --> 00:07:04,166 Estou fóra. 100 00:07:05,250 --> 00:07:06,083 Que? 101 00:07:07,416 --> 00:07:10,125 Pero Harold, es o noso principal investidor. 102 00:07:11,000 --> 00:07:12,041 É unha broma? 103 00:07:12,125 --> 00:07:14,166 - Harold… - Vesme cara de broma? 104 00:07:16,250 --> 00:07:22,832 Non penso darlle máis cartos a un home que non pode controlar o seu propio fillo. 105 00:07:28,957 --> 00:07:29,791 Harold! 106 00:07:29,875 --> 00:07:33,707 Mortimer, sei que a túa familia está pasando por momentos duros, 107 00:07:33,791 --> 00:07:35,916 e acompáñote no sentimento. 108 00:07:36,000 --> 00:07:39,125 Non obstante, xa que Beaufort está en graves apuros, 109 00:07:39,207 --> 00:07:42,625 e debido especialmente á irrespectuosa conduta de James, 110 00:07:43,250 --> 00:07:46,000 vou ter que retirar o investimento. 111 00:07:46,916 --> 00:07:48,416 Harold, agarda! 112 00:07:49,457 --> 00:07:53,207 Ademais, podes dicirlle a James que cometeu un grande erro 113 00:07:53,291 --> 00:07:59,457 ao humillar a miña filla dese xeito por culpa desa nova amiguiña coa que anda. 114 00:08:00,500 --> 00:08:02,666 Despois de todo o que fixemos por vós. 115 00:08:02,750 --> 00:08:03,750 Harold, por favor. 116 00:08:04,375 --> 00:08:06,375 Se te retiras, todo se derrubará. 117 00:08:08,250 --> 00:08:09,375 Seino. 118 00:08:10,708 --> 00:08:12,750 - Bo día, Mortimer. - Harold! 119 00:08:25,832 --> 00:08:30,166 Seguen empatados e só quedan uns segundos para o final. 120 00:08:30,250 --> 00:08:31,832 O seguinte gol é decisivo. 121 00:08:31,916 --> 00:08:33,415 Aquí! 122 00:08:47,000 --> 00:08:49,875 - Pásaa, meu! - Pasa! 123 00:08:49,958 --> 00:08:51,208 James está libre! 124 00:08:51,708 --> 00:08:52,625 Pasa! 125 00:08:55,000 --> 00:08:56,583 Cyril! 126 00:09:04,708 --> 00:09:05,583 Cyril! 127 00:09:12,041 --> 00:09:13,583 Atrás! 128 00:09:13,666 --> 00:09:16,083 Contraataque! Atrás! 129 00:09:23,083 --> 00:09:24,791 Cyril, atrás! 130 00:09:26,250 --> 00:09:27,375 Contraataque! 131 00:09:38,040 --> 00:09:39,708 Atentos ao número 19! 132 00:09:49,583 --> 00:09:50,915 LOCAL: 14 VISITANTE: 15 133 00:09:56,958 --> 00:10:00,541 Eastview! 134 00:10:25,958 --> 00:10:27,791 Eastview! 135 00:10:27,875 --> 00:10:34,125 Eastview! 136 00:10:37,040 --> 00:10:41,708 Eastview! 137 00:10:42,625 --> 00:10:45,665 Eastiview! 138 00:11:05,750 --> 00:11:07,000 Merda. 139 00:11:32,000 --> 00:11:34,415 Nunca tal cousa me pasara con Beaufort. 140 00:11:34,500 --> 00:11:37,750 Ata na última crise económica, Cordelia mantivo isto en pé. 141 00:11:44,000 --> 00:11:45,540 Un día aciago, Mortimer. 142 00:11:47,165 --> 00:11:49,625 Menos mal que Cordelia non tivo que velo. 143 00:11:52,208 --> 00:11:54,290 Hoxe lese o testamento, non? 144 00:11:55,290 --> 00:11:58,125 Entón espero que James decida aparecer por alí. 145 00:11:59,375 --> 00:12:02,625 Mantennos informados do resultado. 146 00:12:05,291 --> 00:12:06,458 Mortimer! 147 00:12:06,541 --> 00:12:08,458 Manterémolos informados. 148 00:12:17,208 --> 00:12:18,250 Sabíao. 149 00:12:20,458 --> 00:12:22,541 Sabíao dende o comezo. 150 00:12:24,166 --> 00:12:26,708 Esa rapaza é a nosa ruína. 151 00:12:28,916 --> 00:12:30,000 Que dixeches? 152 00:12:31,125 --> 00:12:33,000 Ruby Bell. 153 00:12:36,375 --> 00:12:37,875 Todo é culpa súa. 154 00:12:43,250 --> 00:12:45,000 Todo ía ben ata que apareceu. 155 00:12:46,290 --> 00:12:48,083 Trouxéchela ás nosas vidas. 156 00:12:48,708 --> 00:12:51,040 Cres que perdemos por culpa de Ruby? 157 00:12:53,165 --> 00:12:54,250 O partido. 158 00:12:55,665 --> 00:12:57,125 A nosa amizade. Todo. 159 00:13:01,083 --> 00:13:02,291 Falas en serio? 160 00:13:10,250 --> 00:13:12,291 - Julia? - Dime. 161 00:13:13,625 --> 00:13:15,000 Búscame un número. 162 00:13:15,875 --> 00:13:17,041 De Gormsey. 163 00:13:17,958 --> 00:13:18,958 Agora mesmo. 164 00:13:26,791 --> 00:13:27,958 Ruby non ten culpa. 165 00:13:37,540 --> 00:13:38,583 Pero tes razón. 166 00:13:40,208 --> 00:13:42,333 Ultimamente descoidei a nosa amizade. 167 00:13:43,833 --> 00:13:45,500 Síntoo, Cyril. 168 00:13:46,208 --> 00:13:47,750 Só me preocupei por min 169 00:13:48,875 --> 00:13:51,875 e polos meus problemas, e esquecín todo o demais. 170 00:13:58,750 --> 00:14:01,875 Quero que as cousas volvan ir ben, vale? 171 00:14:14,083 --> 00:14:16,875 Deixa as apertas. Cheiras fatal. 172 00:14:42,125 --> 00:14:44,708 EN MEMORIA DE CORDELIA BEAUFORT 173 00:14:57,415 --> 00:14:59,665 Tiña medo de que non viñeses. 174 00:14:59,750 --> 00:15:01,250 Síntoo moito. 175 00:15:02,000 --> 00:15:03,041 Eu tamén. 176 00:15:04,708 --> 00:15:06,000 Pero de certa forma, 177 00:15:07,166 --> 00:15:08,375 síntome aliviado. 178 00:15:08,458 --> 00:15:10,291 Antes ou despois tiña que saberse. 179 00:15:13,708 --> 00:15:15,166 E que vai pasar agora? 180 00:15:16,416 --> 00:15:20,291 Seica teñen unha foto e vana presentar na xunta de pais. 181 00:15:20,375 --> 00:15:23,000 Mañá decidirán que vai pasar. 182 00:15:23,083 --> 00:15:24,500 Meu pai está nesa xunta. 183 00:15:25,708 --> 00:15:29,375 - Se llo din alí, mátame. - Logo debemos dicirllo nós primeiro. 184 00:15:30,125 --> 00:15:31,458 É mal momento. 185 00:15:32,500 --> 00:15:36,333 A lectura do testamento é nunha hora. James virame buscar axiña. 186 00:15:40,208 --> 00:15:42,083 Entendo que esteas nerviosa. 187 00:15:42,625 --> 00:15:45,000 Mamá sempre me quixo na dirección de Beaufort. 188 00:15:45,665 --> 00:15:48,250 Estou segura de que así o dispuxo. 189 00:15:48,333 --> 00:15:49,333 Que significa iso? 190 00:15:52,290 --> 00:15:56,000 Que James e eu teremos a maioría das accións da empresa. 191 00:15:56,958 --> 00:15:59,665 Pero, Lyd, iso é xenial. 192 00:15:59,750 --> 00:16:01,791 Mortimer que se anoxe canto queira. 193 00:16:01,875 --> 00:16:04,833 Por fin dirixirás Beaufort, como sempre quixeches. 194 00:16:06,916 --> 00:16:09,916 Pero a pregunta é: que facemos co dos bebés? 195 00:16:13,583 --> 00:16:17,250 Parece que axiña terei un lote de tempo libre. 196 00:16:22,750 --> 00:16:23,833 De verdade, Lyd. 197 00:16:24,708 --> 00:16:26,791 Se estamos xuntos, son feliz. 198 00:16:27,416 --> 00:16:31,041 E xa resolveremos todo o demais. 199 00:16:32,708 --> 00:16:33,583 Xuntos. 200 00:16:43,875 --> 00:16:44,915 Perdoade. 201 00:16:46,333 --> 00:16:47,540 Ai, James. 202 00:16:47,625 --> 00:16:49,083 Non quería interromper. 203 00:16:49,625 --> 00:16:52,458 A tía Ophelia espéranos na notaría en 20 minutos. 204 00:16:56,000 --> 00:16:56,833 Señor Sutton? 205 00:16:58,540 --> 00:17:01,166 Que che parece se nos atuamos? 206 00:17:16,500 --> 00:17:17,500 Espérote no coche. 207 00:17:22,540 --> 00:17:26,040 Unha cousa é perder o control da túa propia vida. 208 00:17:26,125 --> 00:17:29,333 E outra é deixar que a persoa que amas 209 00:17:29,416 --> 00:17:31,875 tome decisións que poñerán a súa vida do revés. 210 00:17:36,291 --> 00:17:37,500 Non intervir, 211 00:17:38,083 --> 00:17:41,583 confiar en que cada vivencia nos axuda a orientarnos na vida 212 00:17:41,666 --> 00:17:43,583 é todo un achado. 213 00:17:50,958 --> 00:17:54,000 Pero se a perfección sempre foi o único obxectivo, 214 00:17:54,583 --> 00:17:57,833 ata a máis leve desviación sabe a derrota. 215 00:18:09,833 --> 00:18:12,958 JAMES Falei con Lydia e Sutton. 216 00:18:13,041 --> 00:18:15,416 Imos camiño da notaría. J. 217 00:18:16,125 --> 00:18:22,291 RUBY Agora todo irá ben! R. 218 00:18:33,708 --> 00:18:34,625 Mamá? 219 00:18:39,500 --> 00:18:40,875 Ruby. 220 00:18:40,958 --> 00:18:42,333 Que pasou? 221 00:18:50,083 --> 00:18:51,916 Quedei sen traballo, ruliña. 222 00:18:56,125 --> 00:18:57,500 Despedíronme. 223 00:18:58,208 --> 00:18:59,208 Que? Por que? 224 00:18:59,750 --> 00:19:02,750 Hoxe o señor Smith chamoume ao despacho 225 00:19:02,833 --> 00:19:07,666 e entregoume unha carta de despedimento no canto dunha lista de tarefas. 226 00:19:08,416 --> 00:19:09,916 Por que razón? 227 00:19:14,833 --> 00:19:16,583 Vendeu a panadaría. 228 00:19:20,208 --> 00:19:21,458 A nosa panadaría. 229 00:19:26,375 --> 00:19:29,000 E o voso acordo? Non iades compralo? 230 00:19:29,083 --> 00:19:31,625 Non é posible. Non había nada por escrito. 231 00:19:32,791 --> 00:19:35,541 Dixo que recibiu unha oferta que non puido rexeitar. 232 00:19:42,041 --> 00:19:43,250 Unha oferta? 233 00:19:50,500 --> 00:19:51,541 De quen? 234 00:19:59,166 --> 00:20:00,375 Alégrome de vervos. 235 00:20:00,458 --> 00:20:03,375 Aínda que preferiría vervos noutras circunstancias, 236 00:20:03,458 --> 00:20:07,166 sempre lembraremos este día como o día en que todo foi a mellor. 237 00:20:07,833 --> 00:20:08,750 Iso espero. 238 00:20:09,291 --> 00:20:11,958 Túa nai sempre me falaba da túa paixón por Beaufort. 239 00:20:12,041 --> 00:20:13,541 E das túas incribles ideas. 240 00:20:14,500 --> 00:20:17,833 Contas con todo o meu apoio, Lydia. Tes a miña palabra. 241 00:20:17,916 --> 00:20:19,166 Grazas. 242 00:20:19,250 --> 00:20:20,166 Vamos. 243 00:20:22,500 --> 00:20:23,500 Esperaremos dentro. 244 00:20:24,541 --> 00:20:26,750 Ei, Ruby, non é bo momento. Estamos… 245 00:20:29,375 --> 00:20:30,208 Ruby? 246 00:20:33,875 --> 00:20:34,958 Que pasou? 247 00:20:39,916 --> 00:20:41,916 Cando a nosa forma de ver a vida 248 00:20:42,000 --> 00:20:44,125 encaixa coas nosas emocións e conduta, 249 00:20:44,208 --> 00:20:46,250 fálase de coherencia cognitiva, 250 00:20:46,333 --> 00:20:48,750 un estado que sempre quixen acadar. 251 00:20:49,625 --> 00:20:52,291 Un principio baixo o cal quero vivir. 252 00:20:53,583 --> 00:20:55,625 E sei que o conseguirei. 253 00:20:57,875 --> 00:21:02,166 Pero en momentos coma este, cando un sentimento supera os demais, 254 00:21:02,250 --> 00:21:04,875 cando o silencia todo, 255 00:21:05,583 --> 00:21:06,958 sei que aínda non o logrei. 256 00:21:08,583 --> 00:21:12,875 Pensar en canto sufrimento pode causar unha persoa nas vidas alleas 257 00:21:12,958 --> 00:21:17,000 só para mostrar os seus delirios de grandeza pode ser noxento. 258 00:21:20,333 --> 00:21:23,583 Se algo aprendín, é que nada está perdido 259 00:21:25,000 --> 00:21:26,500 mentres haxa esperanza. 260 00:21:26,583 --> 00:21:30,750 De acordo coa última vontade de dona Cordelia Imogen Beaufort, 261 00:21:31,375 --> 00:21:33,958 o seu patrimonio dispoñerase como segue. 262 00:21:34,875 --> 00:21:36,583 A señora Beaufort lega 263 00:21:36,666 --> 00:21:39,583 todas as súas propiedades, bens inmobles 264 00:21:39,666 --> 00:21:44,541 e sen todas as súas accións das empresas Beaufort… 265 00:21:47,666 --> 00:21:49,875 ao seu marido Mortimer Beaufort. 266 00:21:52,875 --> 00:21:54,000 Desculpe? 267 00:21:54,083 --> 00:21:57,500 Si, os activos, propiedades e accións. 268 00:21:57,583 --> 00:21:58,791 E que hai dos fillos? 269 00:21:58,875 --> 00:22:04,166 Non reciben ningún activo en particular. Non consta ningunha outra especificación. 270 00:22:04,250 --> 00:22:06,375 Isto é inaceptable. 271 00:22:06,458 --> 00:22:10,875 - Hai unha disposición de coidados. - Unha "disposición de coidados"? 272 00:22:10,958 --> 00:22:13,250 Concerten outra cita para falalo. 273 00:22:13,333 --> 00:22:15,833 Nosa nai nunca nos deixaría fóra. 274 00:22:15,916 --> 00:22:19,458 Probablemente vosa nai era máis intelixente do que pensas. 275 00:22:20,583 --> 00:22:22,541 - Impugnarémolo. - Ti e quen máis? 276 00:22:23,250 --> 00:22:25,791 Ti e os meus fillos malcriados? 277 00:22:25,875 --> 00:22:28,208 Pensas que vas saír coa túa? 278 00:22:28,291 --> 00:22:30,000 Mamá nunca faría algo así. 279 00:22:30,083 --> 00:22:33,583 Obrigáchela? Como fixeches con Alice para retirarlle a axuda a Ruby? 280 00:22:33,666 --> 00:22:36,083 Ou co Sr. Smith para acabar co soño de seus pais? 281 00:22:38,041 --> 00:22:40,458 Aviseite, fillo. 282 00:22:41,291 --> 00:22:42,541 Non quixeches escoitar. 283 00:22:43,791 --> 00:22:46,166 E terás que vivir coas consecuencias. 284 00:22:47,333 --> 00:22:48,166 Ti só. 285 00:22:56,750 --> 00:22:57,750 Que te fodan. 286 00:22:59,666 --> 00:23:00,916 Non estamos sós. 287 00:23:13,916 --> 00:23:16,875 PANADARÍA SMITH GORMSEY 288 00:23:45,083 --> 00:23:46,833 Non te preocupes, 289 00:23:48,375 --> 00:23:49,625 sé feliz. 290 00:23:51,958 --> 00:23:53,833 Non te preocupes, sé feliz. 291 00:23:58,666 --> 00:24:00,166 Non te preocupes, 292 00:24:02,125 --> 00:24:03,291 sé feliz. 293 00:24:05,375 --> 00:24:07,375 Non te preocupes, sé feliz. 294 00:24:12,166 --> 00:24:13,333 Non te preocupes, 295 00:24:15,500 --> 00:24:16,500 sé feliz. 296 00:24:18,791 --> 00:24:20,916 Non te preocupes, sé feliz. 297 00:24:21,000 --> 00:24:24,375 - Veña! Xogamos ao Jenga? - Teño que ir estudar. 298 00:24:25,166 --> 00:24:28,625 Os exames para a axuda son mañá. Se non aprobo, acabouse Oxford. 299 00:24:28,708 --> 00:24:30,583 Logo podes estar tranquila. 300 00:24:31,291 --> 00:24:33,875 Non te preocupes. Mañá será outro día. 301 00:24:35,916 --> 00:24:37,166 Advertíchesme. 302 00:24:38,833 --> 00:24:42,291 Debo ser quen de afrontar o mundo de James para estar con el. 303 00:24:43,500 --> 00:24:45,333 Pero non sabía que vos afectaría. 304 00:24:45,416 --> 00:24:49,791 Ruliña, ti queres ese rapaz. Iso é o único que importa. 305 00:24:50,416 --> 00:24:52,958 Teu pai mais eu superamos cousas peores. 306 00:24:53,666 --> 00:24:56,291 Mortimer Beaufort pode quitarnos a panadaría, 307 00:24:57,708 --> 00:24:59,125 pero non o noso soño. 308 00:25:03,333 --> 00:25:04,541 Grazas, mamá. 309 00:25:12,416 --> 00:25:14,541 - Mandácheslle o correo ao Dr. Fiber? - Si. 310 00:25:14,625 --> 00:25:15,666 Señora Campbell? 311 00:25:16,791 --> 00:25:20,875 Non escoitou o seu contestador? Deixeille unha mensaxe. 312 00:25:20,958 --> 00:25:23,583 Xurdiu algo importante. 313 00:25:23,666 --> 00:25:26,000 James, teño que marchar. Podemos pospoñelo? 314 00:25:26,083 --> 00:25:28,458 Meu pai fixo que lle retirase a axuda a Ruby. 315 00:25:31,291 --> 00:25:34,833 Quere arruinarlle a vida, e vostede vaille axudar a logralo? 316 00:25:34,916 --> 00:25:38,000 Iso vai en contra de todo o que defende como persoa. 317 00:25:50,208 --> 00:25:51,916 Miña nai tíñaa en alta estima. 318 00:25:52,833 --> 00:25:56,791 Dicía que non sabía de ninguén que loitase tanto pola xustiza social. 319 00:25:58,291 --> 00:26:01,041 Non é tan fácil como cres, James. 320 00:26:01,666 --> 00:26:05,375 Teu pai é un home moi influente que sabe como usar o seu poder. 321 00:26:05,458 --> 00:26:09,583 Non sei que fixo Ruby, pero volveuno na súa contra. 322 00:26:09,666 --> 00:26:11,458 E por iso a necesita. 323 00:26:11,541 --> 00:26:13,958 Vostede tamén loitou para abrirse camiño. 324 00:26:14,041 --> 00:26:16,875 Ten moi bos contactos, amigos na prensa, na política… 325 00:26:16,958 --> 00:26:20,250 Se alguén pode poñer a meu pai no seu sitio é vostede. 326 00:26:20,333 --> 00:26:22,833 Teu pai apóiame. 327 00:26:23,958 --> 00:26:27,291 Os meus principais proxectos, o meu último programa. 328 00:26:27,375 --> 00:26:30,750 Isto permite que centos de nenos que viven na pobreza 329 00:26:30,833 --> 00:26:34,083 asistan a programas educativos que non poderían pagar. 330 00:26:34,166 --> 00:26:36,916 Tiven que escoller entre o destino dunha muller nova 331 00:26:37,000 --> 00:26:39,791 e o de innumerables familias. 332 00:26:40,416 --> 00:26:42,333 Que farías ti no meu lugar? 333 00:26:48,875 --> 00:26:51,041 Hai moito tempo que coñezo a teu pai. 334 00:26:51,958 --> 00:26:56,250 É moi sociable, moi popular, e conta cunha ampla rede de contactos. 335 00:26:57,000 --> 00:26:59,333 Se alguén o anoxa… 336 00:27:01,791 --> 00:27:03,166 destrúeo. 337 00:27:07,208 --> 00:27:08,708 Ruby non lle fixo nada. 338 00:27:11,291 --> 00:27:13,500 Ela é a persoa máis valente que coñezo. 339 00:27:14,041 --> 00:27:15,166 Non se renderá. 340 00:27:17,958 --> 00:27:20,166 Vostede podería aprender moito dela. 341 00:27:35,791 --> 00:27:36,791 E agora que? 342 00:27:39,041 --> 00:27:40,000 Non o sei. 343 00:27:41,166 --> 00:27:43,208 Estaba seguro de que Alice nos axudaría. 344 00:27:46,083 --> 00:27:47,333 E o testamento? 345 00:27:48,416 --> 00:27:51,875 Ophelia di que debemos impugnalo e comprobar se é auténtico. 346 00:27:56,708 --> 00:27:59,541 - Cre que teu pai o alterou? - Non é a única. 347 00:28:01,750 --> 00:28:03,750 Agora creo que é capaz de todo. 348 00:28:03,833 --> 00:28:05,791 Gustaríache quedar na nosa casa? 349 00:28:07,166 --> 00:28:08,958 A meus pais non lles importará. 350 00:28:10,333 --> 00:28:13,000 Despois de todo o que vos fixo meu pai? 351 00:28:13,083 --> 00:28:15,083 Non é culpa túa. Nin de Lydia. 352 00:28:20,333 --> 00:28:21,958 Hoxe durmiremos na de Cyril. 353 00:28:22,583 --> 00:28:24,875 Para que te concentres no exame de mañá. 354 00:28:24,958 --> 00:28:26,708 Agora iso é o máis importante. 355 00:28:29,250 --> 00:28:33,041 E se consegues a bolsa de estudos, celebraremos a túa admisión en Oxford. 356 00:28:35,458 --> 00:28:36,458 Ti e mais eu, sós. 357 00:29:11,458 --> 00:29:13,500 Síntoo moito, rapaces. 358 00:29:13,583 --> 00:29:15,750 Ei, traédeme dous cócteis. 359 00:29:17,791 --> 00:29:21,291 Sen alcohol. Dous cócteis sen alcohol. 360 00:29:21,375 --> 00:29:24,750 Sentimos arruinarvos a festa. Podemos quedar uns días? 361 00:29:25,583 --> 00:29:26,875 Estades na vosa casa. 362 00:29:30,791 --> 00:29:32,458 Agora que vai pasar? 363 00:29:32,541 --> 00:29:34,666 Mortimer xa non vos dará cartos? 364 00:29:35,583 --> 00:29:38,833 A nosa tía ten bos avogados. Non llo poñeremos fácil. 365 00:29:38,916 --> 00:29:42,458 Creo que por unha vez, o primeiro premio á peor familia é voso. 366 00:29:43,250 --> 00:29:44,833 Cría que o compartiriamos. 367 00:29:53,583 --> 00:29:55,833 Veña. Polos compañeiros de piso, ou? 368 00:29:55,916 --> 00:29:56,916 Por nós. 369 00:29:57,000 --> 00:29:58,000 Saúde. 370 00:30:00,083 --> 00:30:03,333 Moi ben, estou esfameado. Alguén quere pizza Mai Tai? 371 00:30:03,416 --> 00:30:05,916 - A por el! - Bo lanzamento! 372 00:30:07,500 --> 00:30:09,083 Ide á merda! 373 00:30:10,458 --> 00:30:11,625 É igual. Pedirei pizza. 374 00:30:13,000 --> 00:30:15,875 Dende ben pequenos, dixéronnos que eramos especiais. 375 00:30:16,541 --> 00:30:21,625 Nacemos nunha liñaxe que marcou toda unha industria durante xeracións. 376 00:30:21,708 --> 00:30:26,125 Preservar a imaxe e as tradicións da nosa familia era o noso único deber. 377 00:30:26,833 --> 00:30:31,708 Hai pouco que entendín que a familia significa algo distinto para cada persoa. 378 00:30:43,916 --> 00:30:45,458 Grazas por acollernos. 379 00:30:55,500 --> 00:30:56,500 Síntoo. 380 00:31:01,041 --> 00:31:02,333 Eu tamén o sinto. 381 00:31:03,333 --> 00:31:04,166 Eu… 382 00:31:15,708 --> 00:31:18,166 A pizza de Maxton Hall 383 00:31:18,250 --> 00:31:19,583 é a pizza 384 00:31:19,666 --> 00:31:21,250 para os colegas. 385 00:31:21,333 --> 00:31:22,541 É a pizza… 386 00:31:23,208 --> 00:31:24,625 Creo que chegou a pizza. 387 00:31:24,708 --> 00:31:25,791 Quente e picante. 388 00:31:36,083 --> 00:31:37,541 Que fas? 389 00:31:38,333 --> 00:31:39,833 - Trae. - Para ti non hai… 390 00:33:06,375 --> 00:33:10,291 JAMES Que durmas ben, Ruby Bell. 391 00:33:10,375 --> 00:33:14,416 Vémonos nos nosos soños. 392 00:33:42,166 --> 00:33:44,958 O futuro perténcelle a quen cre nos seus soños. 393 00:33:46,416 --> 00:33:50,416 Hai só unhas semanas, pensaba que tería que renunciar a algúns soños, 394 00:33:51,333 --> 00:33:53,125 que non o podía ter todo. 395 00:33:53,958 --> 00:33:55,791 Quería aceptalo, 396 00:33:56,833 --> 00:33:59,875 malia que todo o meu ser se resistía á idea. 397 00:34:01,583 --> 00:34:06,500 Hoxe sei que esa sensación de resistencia é un sinal, 398 00:34:07,333 --> 00:34:09,750 a túa voz interior dicíndoche que te equivocas. 399 00:34:10,291 --> 00:34:11,125 Sigue soñando. 400 00:34:11,875 --> 00:34:13,000 Cre en ti mesmo. 401 00:34:13,083 --> 00:34:16,041 Sei que se a sigo, todo sairá ben. 402 00:34:42,250 --> 00:34:45,208 Pode explicar a natureza da súa relación coa alumna? 403 00:34:49,000 --> 00:34:50,250 Claro, señor. 404 00:34:53,416 --> 00:34:55,958 Levo tempo pensando en como explicarlles… 405 00:34:57,916 --> 00:34:59,375 a situación. 406 00:35:01,083 --> 00:35:03,625 Son consciente do que pode parecer, 407 00:35:03,708 --> 00:35:06,000 así que serei totalmente sincero. 408 00:35:08,375 --> 00:35:11,791 Coñecémonos fóra das instalacións do centro 409 00:35:13,166 --> 00:35:14,875 e namorámonos. 410 00:35:17,625 --> 00:35:18,750 Amor? 411 00:35:24,583 --> 00:35:25,833 Sen dúbida. 412 00:35:27,666 --> 00:35:32,291 Sinto moito que as actuais circunstancias dean outra impresión. 413 00:35:33,125 --> 00:35:37,541 Logo non nega que mantén unha relación íntima coa alumna? 414 00:35:43,416 --> 00:35:44,958 Gustaríame saber 415 00:35:45,041 --> 00:35:47,125 o que teñen que dicir os pais. 416 00:35:54,625 --> 00:35:57,541 Os pais, señor? 417 00:36:01,833 --> 00:36:05,000 Unha vez que soubemos con certeza que a foto era real, 418 00:36:05,083 --> 00:36:07,041 informámolos inmediatamente. 419 00:36:08,708 --> 00:36:10,375 A nai xa está de camiño. 420 00:36:14,208 --> 00:36:17,000 Non o entendo. 421 00:36:21,500 --> 00:36:24,291 Podo ver a foto? 422 00:36:28,708 --> 00:36:31,666 Estades preparados? Bolígrafo? Móbiles en silencio? 423 00:36:31,750 --> 00:36:35,708 Ben. Todos os que faredes o exame para a bolsa de estudos seguídeme. 424 00:36:37,666 --> 00:36:38,583 Ti podes. 425 00:36:39,875 --> 00:36:40,875 Grazas. 426 00:36:43,708 --> 00:36:46,791 Ruby Bell, acuda de inmediato ao despacho do director. 427 00:36:46,875 --> 00:36:49,083 Ruby Bell, acuda ao despacho do director. 428 00:36:51,791 --> 00:36:53,000 E que pasa co exame? 429 00:36:53,083 --> 00:36:56,916 Apura todo o que poidas. A ver se che consigo tempo extra, vale? 430 00:36:57,000 --> 00:36:57,875 Grazas. 431 00:37:09,000 --> 00:37:10,000 Mamá? 432 00:37:12,666 --> 00:37:13,875 Que pasou? 433 00:37:13,958 --> 00:37:17,125 Iso é o que esperamos que nos conte, señorita Bell. 434 00:37:17,208 --> 00:37:18,583 Ruby, cariño, senta. 435 00:37:46,708 --> 00:37:48,333 Sóache esta foto? 436 00:37:50,375 --> 00:37:53,000 Fíxose o día da festa de benvida. 437 00:37:53,083 --> 00:37:55,666 Unha testemuña afirma que a viu co Sr. Sutton. 438 00:37:55,750 --> 00:37:57,333 Confirma que a foto é real. 439 00:37:57,416 --> 00:38:00,583 Que? Mesmo se o fose, é unha foto moi inocente. 440 00:38:00,666 --> 00:38:02,625 Non é o que a testemuña transmitiu. 441 00:38:02,708 --> 00:38:05,250 - Só falamos! - Ruby… 442 00:38:05,333 --> 00:38:07,583 En 20 anos, nunca tal cousa vira. 443 00:38:08,208 --> 00:38:10,875 Non permitirei que este amorío dane a imaxe… 444 00:38:10,958 --> 00:38:12,666 Non teño ningún amorío! 445 00:38:16,666 --> 00:38:18,916 Traballei 11 anos para chegar ata aquí. 446 00:38:19,000 --> 00:38:21,750 Estou a piques de graduarme, teño praza en Oxford, 447 00:38:21,833 --> 00:38:24,166 e perderei a última oportunidade da bolsa. 448 00:38:24,250 --> 00:38:26,208 Este é un asunto serio, Srta. Bell. 449 00:38:30,750 --> 00:38:32,083 O Sr. Sutton e vostede 450 00:38:32,916 --> 00:38:35,541 serán expulsados de Maxton Hall con efecto inmediato. 451 00:38:37,125 --> 00:38:39,958 Nin graduación nin carreira. 452 00:38:41,541 --> 00:38:45,250 Xa pode ir esquecéndose de Oxford. 453 00:43:15,333 --> 00:43:17,333 Subtítulos: Beatriz Rivas Pazos 454 00:43:17,416 --> 00:43:19,416 Supervisora creativa: Paula Maneiro