1 00:00:14,208 --> 00:00:16,708 - Espera, queres salvar a Madre? - Si. 2 00:00:16,791 --> 00:00:18,291 Non, temos un plan. 3 00:00:18,375 --> 00:00:21,625 O plan é salvarte e matar a Madre. 4 00:00:21,708 --> 00:00:24,625 - Pois cambio repentino. - Xa houbo un. Non queremos outro. 5 00:00:24,708 --> 00:00:26,500 Podédesme dicir que raios pasa aquí? 6 00:00:26,583 --> 00:00:29,666 - É unha historia longa e moi rara. - Pois resumídea. 7 00:00:29,750 --> 00:00:31,333 Estamos de merda ata as orellas. 8 00:00:31,416 --> 00:00:36,000 A ver, resumindo, un home chamado Edward entrou na miña casa 9 00:00:36,083 --> 00:00:38,875 e díxome que había un moucho nas paredes. 10 00:00:38,958 --> 00:00:40,083 Que pasa? 11 00:00:40,166 --> 00:00:41,500 De todo. Onde andas? 12 00:00:41,583 --> 00:00:43,708 Polos camiños secundarios. A ver, que pasa? 13 00:00:43,791 --> 00:00:45,041 Por onde empezo? 14 00:00:45,125 --> 00:00:49,958 Fixen algo un pouco impulsivo e armeina de carallo. 15 00:00:50,541 --> 00:00:51,500 Que queres dicir? 16 00:00:51,583 --> 00:00:53,166 Digamos que secuestrei a Madre. 17 00:00:53,250 --> 00:00:54,500 O que? 18 00:00:54,583 --> 00:00:57,875 Oe, intento salvar o mundo, así que cambia ese ton. 19 00:00:57,958 --> 00:00:59,458 …foi á súa casa pola noite… 20 00:00:59,541 --> 00:01:01,541 Vale, vai ó centro social. 21 00:01:01,625 --> 00:01:03,875 Cerrárono polo aniversario. Verémonos alí. 22 00:01:03,958 --> 00:01:05,916 Vale. Espera, ti e quen máis? 23 00:01:06,000 --> 00:01:08,458 Xuntámonos un grupiño de traballo interesante. 24 00:01:09,041 --> 00:01:09,875 Cambio e corto. 25 00:01:09,958 --> 00:01:12,083 Vale, seguro que… Será posible! 26 00:01:12,166 --> 00:01:13,958 E Art roubou a furgoneta da lavandería. 27 00:01:14,041 --> 00:01:14,916 E ben roubada. 28 00:01:15,000 --> 00:01:19,125 Veredes, teño boas e malas noticias. 29 00:01:19,208 --> 00:01:21,291 Wally ten a Madre. 30 00:01:21,875 --> 00:01:22,750 En serio? 31 00:01:22,833 --> 00:01:25,125 Si. Díxenlle de quedar no centro social. 32 00:01:25,208 --> 00:01:26,041 Art. 33 00:01:26,125 --> 00:01:27,875 Triplo cambio de plans. Agarrádevos. 34 00:01:32,125 --> 00:01:35,125 Madre estaba aquí cando fixen a rolda hai unhas horas. 35 00:01:35,208 --> 00:01:36,750 Wally non puido levala lon… 36 00:01:36,833 --> 00:01:38,666 - Cala. - Vale. 37 00:01:39,625 --> 00:01:42,916 Os canallas dos amigos de Sam Cooper sacárono da Mansión. 38 00:01:43,666 --> 00:01:44,875 Están fuxindo. 39 00:01:47,208 --> 00:01:51,041 Pero non te preocupes. Puxen os meus mellores homes… 40 00:01:55,625 --> 00:01:58,166 Puxen os meus mellores homes nas saídas. 41 00:01:59,083 --> 00:02:02,208 Ninguén vai escapar de The Boroughs. 42 00:02:02,708 --> 00:02:04,208 E mentres tanto… 43 00:02:06,833 --> 00:02:10,416 E mentres tanto, temos que manter as aparencias. 44 00:02:10,500 --> 00:02:12,916 Teño que dar o meu discurso e ti tes que… 45 00:02:13,875 --> 00:02:15,708 Danme igual os discursos. 46 00:02:16,833 --> 00:02:18,416 E Sam Cooper. 47 00:02:19,833 --> 00:02:21,625 O único que importa é Madre. 48 00:02:23,916 --> 00:02:25,333 Atopareina. 49 00:02:27,458 --> 00:02:28,958 Tes que confiar en min. 50 00:02:35,208 --> 00:02:37,166 Acaso non sufrimos abondo? 51 00:02:38,791 --> 00:02:40,250 Tranquila, meu amor. 52 00:02:40,333 --> 00:02:42,916 O tempo está da nosa parte. 53 00:04:03,708 --> 00:04:05,541 Ola a todos. 54 00:04:05,625 --> 00:04:07,083 Moi boas. 55 00:04:07,958 --> 00:04:09,458 Ola. 56 00:04:10,833 --> 00:04:13,041 Ai, Deus. 57 00:04:13,125 --> 00:04:14,916 Canta xente. 58 00:04:17,500 --> 00:04:18,666 Ola. 59 00:04:20,666 --> 00:04:21,666 A ver. 60 00:04:25,666 --> 00:04:27,291 Ai, non. 61 00:04:27,375 --> 00:04:30,416 Temos que ir en modo incógnito. 62 00:04:32,375 --> 00:04:34,541 Por aí non. 63 00:04:35,041 --> 00:04:39,833 Grazas por acompañarnos nesta noite sorprendentemente fresca. 64 00:04:39,916 --> 00:04:43,625 Imos deixar quietiñas as extremidades para que ninguén… 65 00:04:43,708 --> 00:04:45,583 Desculpe, señor. Onde van? 66 00:04:45,666 --> 00:04:49,083 Ah, a miña dona e mais eu só estabamos desfrutando da festa. 67 00:04:49,166 --> 00:04:50,375 A súa dona ten nome? 68 00:04:50,458 --> 00:04:53,500 Si, home. Claro que ten nome. 69 00:04:53,583 --> 00:04:55,500 Chámase Petunia. 70 00:05:00,666 --> 00:05:02,125 Véxoo ocupado. 71 00:05:02,208 --> 00:05:06,041 Vamos, Prudence, mellor imos a outro sitio. 72 00:05:11,000 --> 00:05:12,583 Teño que falar co xefe. 73 00:05:12,666 --> 00:05:15,666 Aquí estaremos a salvo mentres non chega Wally. 74 00:05:15,750 --> 00:05:17,250 Lúgubre é un anaco. 75 00:05:18,166 --> 00:05:20,083 Mellor non chamar a atención. 76 00:05:20,166 --> 00:05:21,166 Certo. 77 00:05:22,333 --> 00:05:25,041 Hai obxectos perdidos baixo esa mesa. 78 00:05:25,125 --> 00:05:28,375 Por se queredes intentar pasar desapercibidos. 79 00:05:35,875 --> 00:05:36,916 Papá… 80 00:05:37,583 --> 00:05:38,708 Estás ben? 81 00:05:40,958 --> 00:05:42,041 Papá? 82 00:05:43,083 --> 00:05:44,125 Que pasa? 83 00:05:47,416 --> 00:05:48,500 Está aquí. 84 00:05:53,416 --> 00:05:56,208 Ola. Sentimos a tardanza. 85 00:06:09,958 --> 00:06:12,208 E sen máis dilación, 86 00:06:12,291 --> 00:06:17,000 é un pracer para min presentar o home do momento. 87 00:06:17,083 --> 00:06:21,083 Todos o coñecedes e todos o queredes. Eu tamén o quero. 88 00:06:21,166 --> 00:06:25,500 O noso condenadamente atractivo CEO, Blaine Shaw. 89 00:06:28,208 --> 00:06:31,625 Ola, amigos. Grazas. Moitas grazas. Sodes moi amables. 90 00:06:31,708 --> 00:06:36,416 É un pracer para min darvos a benvida ó 75.º aniversario de The Boroughs. 91 00:06:39,791 --> 00:06:45,041 Os aniversarios dannos a oportunidade de reflexionar sobre o pasado 92 00:06:45,125 --> 00:06:47,166 e de pensar no futuro. 93 00:06:47,250 --> 00:06:51,708 Como dixo Robert Browning: "O mellor aínda non chegou." 94 00:06:55,583 --> 00:06:56,708 En realidade… 95 00:06:57,708 --> 00:06:59,250 Iso é mentira. 96 00:06:59,333 --> 00:07:04,833 A frase completa é: "Envellece ó meu carón. 97 00:07:05,750 --> 00:07:07,500 O mellor aínda non chegou." 98 00:07:10,708 --> 00:07:12,083 Esa é outra mentira. 99 00:07:14,375 --> 00:07:18,791 A única certeza que temos neste universo incerto 100 00:07:18,875 --> 00:07:20,916 é que todo ten un fin. 101 00:07:23,375 --> 00:07:25,375 O tempo é coma un ladrón na noite. 102 00:07:25,458 --> 00:07:30,833 Róubanos a xuventude. A alegría. O amor. 103 00:07:32,083 --> 00:07:35,833 Vainos desgastando pouco a pouco ata que… 104 00:07:36,750 --> 00:07:38,500 o único que queda é po. 105 00:07:48,666 --> 00:07:49,916 Pero aquí non. 106 00:07:52,458 --> 00:07:55,250 The Boroughs é unha fortaleza. 107 00:07:56,875 --> 00:08:00,166 Unha cidadela que resplandece na escuridade. 108 00:08:02,708 --> 00:08:07,000 The Boroughs é unha promesa transformada en ladrillo e pedra que di: 109 00:08:07,916 --> 00:08:09,750 "O mellor non está por chegar. 110 00:08:11,166 --> 00:08:12,291 Xa o temos. 111 00:08:13,708 --> 00:08:14,875 Está aquí. 112 00:08:15,500 --> 00:08:16,583 Xuntos." 113 00:08:25,958 --> 00:08:28,958 Temos que poñela a salvo, ben lonxe de The Boroughs. 114 00:08:29,041 --> 00:08:31,666 Debería vela un médico. Non ten bo aspecto. 115 00:08:31,750 --> 00:08:33,208 Non, eu son médico. 116 00:08:33,833 --> 00:08:35,833 - Que hai do noso plan? - Queres matala? 117 00:08:35,916 --> 00:08:38,333 A verdade é que xa non. 118 00:08:38,416 --> 00:08:40,208 - É un milagre. - Está comendo xiz. 119 00:08:40,291 --> 00:08:41,916 O seu sangue é a clave. 120 00:08:42,000 --> 00:08:43,166 Dáme iso, cariño. 121 00:08:43,250 --> 00:08:45,916 O seu sangue é a clave para curar enfermidades. 122 00:08:46,000 --> 00:08:47,166 Toma, colle isto. 123 00:08:47,250 --> 00:08:49,708 Adeus ás doenzas, adeus ó sufrimento. 124 00:08:49,791 --> 00:08:50,916 Adeus á morte. 125 00:08:51,000 --> 00:08:52,916 Daquela todo o mundo sería inmortal? 126 00:08:53,000 --> 00:08:54,458 Os milagres teñen un prezo. 127 00:08:54,541 --> 00:08:56,750 E quen o está pagando? Ti? 128 00:08:57,583 --> 00:08:58,583 Ti? 129 00:08:59,458 --> 00:09:01,791 É moi doado falar de hipóteses 130 00:09:01,875 --> 00:09:04,333 cando non son os vosos pacientes os que están a morrer. 131 00:09:04,416 --> 00:09:07,041 Cando non é o voso marido o que morre da puta sida. 132 00:09:07,125 --> 00:09:08,916 Ou non vos atacan as vosas células. 133 00:09:09,583 --> 00:09:12,916 Blaine e o seu persoal autómata atoparon a fonte da xuventude 134 00:09:13,000 --> 00:09:15,208 e eu penso usala, vale? 135 00:09:16,083 --> 00:09:18,416 Usareina para facer o ben, para buscar terapias, 136 00:09:18,500 --> 00:09:21,875 para atopar o xeito de curar as persoas, de sandalas. 137 00:09:21,958 --> 00:09:23,833 Persoas que… 138 00:09:23,916 --> 00:09:25,458 Temos que axudala. 139 00:09:25,541 --> 00:09:27,333 Xenial. Por fin alguén o entende. 140 00:09:27,416 --> 00:09:29,583 Como a sacamos de aquí para que sexa libre? 141 00:09:29,666 --> 00:09:31,791 Non, iso non é o que quere. 142 00:09:31,875 --> 00:09:33,875 - Como o sabes? - Díxomo ela. 143 00:09:33,958 --> 00:09:35,333 Estache falando? 144 00:09:35,833 --> 00:09:36,833 Na miña mente. 145 00:09:37,541 --> 00:09:39,166 E que quere, Sam? 146 00:09:39,916 --> 00:09:41,791 Quere morrer. 147 00:09:44,500 --> 00:09:46,583 Temos que levala á cova de Art. 148 00:09:47,666 --> 00:09:49,375 Alí foi onde naceu. 149 00:09:49,458 --> 00:09:52,375 Os seus fillos estivérona preparando para este momento. 150 00:09:52,458 --> 00:09:54,541 Para o seu final. 151 00:09:56,083 --> 00:09:57,583 Ten que ser alí e agora. 152 00:09:57,666 --> 00:09:59,000 Nin de broma. 153 00:09:59,583 --> 00:10:00,958 A decisión é dela. 154 00:10:01,041 --> 00:10:03,208 Non. Non a deixarei morrer. 155 00:10:03,291 --> 00:10:04,666 Wally, enténdote. 156 00:10:05,583 --> 00:10:08,500 Hai moito que asimilar e sei que é moito pedir, 157 00:10:08,583 --> 00:10:13,208 pero Blaine non vai deixar de usar The Boroughs como o seu bufete persoal. 158 00:10:13,875 --> 00:10:16,625 Cre que a ninguén lle importan os vellos. 159 00:10:16,708 --> 00:10:18,041 Nin ós propios vellos. 160 00:10:18,916 --> 00:10:20,541 Debemos demostrar que se equivoca. 161 00:10:20,625 --> 00:10:22,250 Temos que facerlle fronte. 162 00:10:23,625 --> 00:10:27,125 Por Madre, por The Boroughs, por todos. 163 00:10:28,500 --> 00:10:30,125 Jack poderá ter xustiza. 164 00:10:31,083 --> 00:10:34,041 E nós poderemos ser heroes e arranxalo todo. 165 00:10:40,375 --> 00:10:41,750 Déixaa ir. 166 00:10:43,541 --> 00:10:44,500 Non. 167 00:10:45,875 --> 00:10:46,875 Wally. 168 00:10:47,458 --> 00:10:48,875 Non podo. Non o farei. 169 00:10:50,083 --> 00:10:51,291 Temos que facelo. 170 00:10:53,500 --> 00:10:54,583 Non quero morrer. 171 00:10:54,666 --> 00:10:56,375 Seino, cariño. 172 00:10:56,458 --> 00:10:57,458 Xa o sei. 173 00:10:57,541 --> 00:10:59,583 E se pensase por un segundo 174 00:10:59,666 --> 00:11:03,791 que torturar eternamente esta anciá te salvaría, 175 00:11:03,875 --> 00:11:05,875 poríame da túa parte. 176 00:11:06,916 --> 00:11:08,041 Pero non o fará. 177 00:11:11,625 --> 00:11:12,833 Xa, pero… 178 00:11:13,708 --> 00:11:15,041 estaría vivo. 179 00:11:15,125 --> 00:11:19,083 Pero non serías… ti mesmo. 180 00:11:20,541 --> 00:11:23,333 Así que déixame que te salve 181 00:11:24,541 --> 00:11:25,958 agora que aínda podemos. 182 00:11:32,458 --> 00:11:33,583 Vale… 183 00:11:34,166 --> 00:11:35,416 Está ben. 184 00:11:36,833 --> 00:11:38,291 Pero voute perseguir. 185 00:11:38,375 --> 00:11:39,666 Iso espero. 186 00:11:39,750 --> 00:11:41,583 - O resto da túa vida. - Vale. 187 00:11:44,166 --> 00:11:46,333 Sam, estamos contigo. 188 00:11:46,916 --> 00:11:50,000 - Como chegamos á cova? - As saídas están bloqueadas. 189 00:11:53,083 --> 00:11:54,333 Teño unha idea. 190 00:11:54,416 --> 00:11:57,375 Un, dous, tres. 191 00:11:58,958 --> 00:12:01,458 Un momento, hai un túnel baixo a aula de cociña? 192 00:12:01,541 --> 00:12:03,333 Dende aquí podemos chegar á cova. 193 00:12:03,416 --> 00:12:05,416 - Que profundo. - Lanzamos unha moeda? 194 00:12:05,500 --> 00:12:08,458 Antes de baixar aí, esqueciches mencionar algo máis? 195 00:12:08,541 --> 00:12:09,916 Non. Ah, espera. 196 00:12:10,416 --> 00:12:12,583 Wally extraeume líquido cefalorraquídeo 197 00:12:12,666 --> 00:12:14,791 e Renee tiroulle un coche enriba a Hank. 198 00:12:14,875 --> 00:12:16,291 Creo que iso é todo. 199 00:12:19,250 --> 00:12:22,500 - Ola! Hai alguén na casa? - Merda, é Blaine. 200 00:12:23,000 --> 00:12:25,958 Metédevos nos túneles. Gañarei tempo para que escapedes. 201 00:12:26,041 --> 00:12:28,250 Por que tes que ser ti a salvadora? 202 00:12:28,333 --> 00:12:29,500 Pedino primeiro. 203 00:12:29,583 --> 00:12:31,000 Hai alguén na casa? 204 00:12:31,916 --> 00:12:33,791 - Baixade xa. - Axúdame con Madre. 205 00:12:33,875 --> 00:12:35,791 - Eu quedo contigo. - Colle. 206 00:12:35,875 --> 00:12:37,291 Metede a Madre… 207 00:12:50,000 --> 00:12:52,083 Sabemos que estades aquí. 208 00:13:31,583 --> 00:13:33,791 Diantre. Quero saber que acabo de pisar? 209 00:13:33,875 --> 00:13:35,125 Non queres, non. 210 00:13:35,208 --> 00:13:37,875 Credes que Judy e Art estarán ben? 211 00:13:37,958 --> 00:13:40,208 Vin a Judy enfadada. Eu mesmo a fixen enfadar. 212 00:13:40,291 --> 00:13:43,000 Creme, quen debería preocuparse é Blaine. 213 00:13:48,708 --> 00:13:52,666 - Que lle pasa? - Os seus fillos están por aí. 214 00:13:53,791 --> 00:13:56,291 Blaine tenos encerrados baixo o centro de seguridade. 215 00:13:59,083 --> 00:14:01,916 - Di que temos que rescatalos. - Non podemos rescatar a todos. 216 00:14:02,000 --> 00:14:03,625 Son os seus fillos, Wally. 217 00:14:04,750 --> 00:14:05,875 Iremos Paz e eu. 218 00:14:05,958 --> 00:14:07,250 Por que nós? 219 00:14:08,083 --> 00:14:09,375 Porque sabes onde están. 220 00:14:10,458 --> 00:14:14,125 E porque Judy se puxo en plan heroína e agora tócache a ti. 221 00:14:15,416 --> 00:14:16,500 Por iso tamén. 222 00:14:22,708 --> 00:14:24,250 Liberaremos os teus nenos. 223 00:14:25,041 --> 00:14:26,083 Prometido. 224 00:14:28,958 --> 00:14:30,541 Veña, vémonos na cova. 225 00:14:31,750 --> 00:14:33,541 Vale, e nós que facemos? 226 00:14:33,625 --> 00:14:34,916 Ir nesa dirección. 227 00:14:35,791 --> 00:14:36,875 Vale. 228 00:14:45,791 --> 00:14:46,791 Onde está Madre? 229 00:14:46,875 --> 00:14:48,833 A de quen? A túa? 230 00:14:48,916 --> 00:14:52,000 Perdiches a túa nai? Moi mal, tío. 231 00:14:52,583 --> 00:14:54,666 Ah, xa vexo cal é o problema. 232 00:14:54,750 --> 00:14:59,625 A vosa pequena aventura alterouvos o sangue, alporizouvos. 233 00:14:59,708 --> 00:15:02,833 Sentídesvos invencibles, pero, por desgraza, non o sodes, 234 00:15:02,916 --> 00:15:07,083 así que dicídeme dunha vez onde está Madre. 235 00:15:07,166 --> 00:15:08,916 Miraches no Señor Cocinas? 236 00:15:10,541 --> 00:15:12,000 A todos lles gusta ese sitio. 237 00:15:16,541 --> 00:15:23,500 Moi ben, por que non collemos todos un pouco de aire e nos calmamos, si? 238 00:15:23,583 --> 00:15:26,125 - Onde está Madre? - Mala chispa te leve, Blaine. 239 00:15:27,708 --> 00:15:29,166 Que vas facer? 240 00:15:29,666 --> 00:15:30,916 Apártate dela! 241 00:15:31,000 --> 00:15:32,125 Déixaa en paz! 242 00:15:40,166 --> 00:15:42,958 A pesar de todo o que che fixo, 243 00:15:43,041 --> 00:15:44,541 séguela querendo. 244 00:15:46,458 --> 00:15:47,666 Que tenro. 245 00:15:53,041 --> 00:15:55,250 Judy! 246 00:15:55,333 --> 00:15:57,291 Non. Tranquilo. 247 00:15:57,375 --> 00:15:58,583 A folla está cravada 248 00:15:58,666 --> 00:16:02,541 nunha zona do intestino relativamente inofensiva. 249 00:16:03,125 --> 00:16:05,958 Tardaría un día en desangrarse. 250 00:16:06,458 --> 00:16:09,625 Cunha soa operación e se cadra unha pequena extirpación, 251 00:16:10,208 --> 00:16:11,750 quedará como nova. 252 00:16:11,833 --> 00:16:15,291 Así que dime… onde está Madre? 253 00:16:15,875 --> 00:16:17,208 Vale, xa está ben. 254 00:16:19,083 --> 00:16:20,333 Para! 255 00:16:20,416 --> 00:16:22,541 A cousa estase poñendo interesante. 256 00:16:22,625 --> 00:16:28,083 Agora a folla está a uns milímetros de certos órganos vitais. 257 00:16:28,166 --> 00:16:32,875 Xa falamos de dúas ou tres operacións. Necesitará unha bolsa de colostomía, 258 00:16:32,958 --> 00:16:36,166 pero o que máis me preocupa é a hemorraxia interna. 259 00:16:36,250 --> 00:16:37,125 Non. 260 00:16:37,208 --> 00:16:40,041 En menos dunha hora afogará no seu propio sangue. 261 00:16:40,125 --> 00:16:42,208 Por que fas isto? 262 00:16:42,291 --> 00:16:44,250 Por que facemos todos as cousas? 263 00:16:45,500 --> 00:16:46,500 Por amor. 264 00:16:48,250 --> 00:16:51,708 Dime onde está Madre. 265 00:16:52,208 --> 00:16:53,833 O forno está arrancado. 266 00:16:56,291 --> 00:16:57,250 Están nos túneles. 267 00:16:58,458 --> 00:17:00,458 - Vana levar á cova? - Si! 268 00:17:02,291 --> 00:17:04,666 Judy… Xa te teño, nena. 269 00:17:04,750 --> 00:17:05,916 Imos tras os outros? 270 00:17:06,000 --> 00:17:09,416 Non. Ide ó centro de seguridade. Acurraládeos na súa rúa. 271 00:17:09,500 --> 00:17:12,208 Estes veñen con nós por se necesitamos unha moeda de cambio. 272 00:17:18,375 --> 00:17:19,541 Non hai ninguén. 273 00:17:26,791 --> 00:17:27,791 Dáme a man. 274 00:17:27,875 --> 00:17:29,041 Ten coidado. 275 00:17:30,166 --> 00:17:31,625 Xa te teño. Iso é. 276 00:17:36,750 --> 00:17:38,250 Deus, aquí fede. 277 00:17:47,791 --> 00:17:50,166 Estannos mirando. 278 00:17:51,125 --> 00:17:54,333 Xa, terán curiosidade. 279 00:17:56,125 --> 00:17:58,625 Ei, o panel de control. 280 00:18:03,416 --> 00:18:06,208 Non funciona. As gaiolas non se abren. 281 00:18:06,291 --> 00:18:08,375 - Fai falta unha chave. - Si. 282 00:18:08,458 --> 00:18:10,333 Ola, parelliña. 283 00:18:12,916 --> 00:18:14,833 Benvidos ó meu humilde fogar. 284 00:18:17,416 --> 00:18:21,208 A rede de túneles máis longa do mundo está baixo Disney World. 285 00:18:21,291 --> 00:18:22,666 Chámanlle Utilidor. 286 00:18:22,750 --> 00:18:25,708 Non, esa non é a rede de túneles máis longa do mundo. 287 00:18:25,791 --> 00:18:29,333 - Si que o é. - Non, é a do acueduto de Delaware. 288 00:18:29,416 --> 00:18:30,750 Non son túneles de servizo. 289 00:18:30,833 --> 00:18:33,416 Non dixeches nada de servizo, só túneles. 290 00:18:33,500 --> 00:18:36,416 Deixamos este tremendo debate sobre túneles para cando morra? 291 00:18:36,500 --> 00:18:38,250 E agora por onde? 292 00:18:39,208 --> 00:18:41,583 - Por aí. - Estás seguro? 293 00:18:42,333 --> 00:18:43,458 Ela si. 294 00:18:46,625 --> 00:18:48,083 Que carallo? 295 00:18:49,375 --> 00:18:51,666 - Saben que estamos aquí. - É unha trampa. 296 00:18:51,750 --> 00:18:54,083 Non, estannos guiando. 297 00:18:54,583 --> 00:18:55,875 Si, a unha trampa. 298 00:18:55,958 --> 00:18:58,250 Seguramente, pero non temos outra opción. 299 00:18:58,333 --> 00:19:00,083 - Pois… - Vamos. 300 00:19:00,916 --> 00:19:03,333 Sempre foi tan cabezón? 301 00:19:03,958 --> 00:19:05,708 Non te fas unha idea. 302 00:19:09,625 --> 00:19:11,750 Ei, esperádeme. 303 00:19:13,250 --> 00:19:15,208 Tranquilo, fenómeno. 304 00:19:15,875 --> 00:19:19,041 Non creo que poida pelexar moito despois da miña pequena colisión, 305 00:19:19,125 --> 00:19:21,833 pero non me apetece comprobalo. 306 00:19:25,541 --> 00:19:27,458 Como era a banda na que estabas? 307 00:19:28,666 --> 00:19:30,166 Cowboy Renegade? 308 00:19:31,333 --> 00:19:33,708 Vós si que sabiades facer rock and roll. 309 00:19:34,666 --> 00:19:37,125 - Non sabía que eras o noso fan. - Si. 310 00:19:38,041 --> 00:19:41,416 Pensei que ti e mais eu podiamos ser amigos. 311 00:19:41,500 --> 00:19:44,916 Sabes? En plan… homes. 312 00:19:46,583 --> 00:19:48,250 Non é fácil cando es o xefe. 313 00:19:48,833 --> 00:19:49,666 Xa. 314 00:19:51,166 --> 00:19:54,250 E agora quitáronme o meu traballo 315 00:19:54,875 --> 00:19:59,000 e encerráronme aquí abaixo cos nenos ata que estea "presentable". 316 00:20:01,208 --> 00:20:06,333 Xa, o mínimo por parte de Blaine sería conseguirche un bo hotel. 317 00:20:07,166 --> 00:20:09,083 Éche ben certo. 318 00:20:11,875 --> 00:20:17,750 Sabedes que? Pasei de traballar nunha prisión a vivir nunha. 319 00:20:18,500 --> 00:20:20,250 Todo grazas a Blaine. 320 00:20:22,375 --> 00:20:24,791 Por que non nos axudas? 321 00:20:27,000 --> 00:20:30,041 Por que ía facer iso? 322 00:20:31,041 --> 00:20:35,500 Porque non hai nada mellor que devolverlle a xogada 323 00:20:35,583 --> 00:20:37,583 a quen cha fixo primeiro. 324 00:20:54,166 --> 00:20:56,000 Que lle dean a Blaine. 325 00:21:00,208 --> 00:21:01,625 E ti que? 326 00:21:01,708 --> 00:21:02,791 Eu? 327 00:21:03,541 --> 00:21:06,458 Deixarei que o tempo faga o que mellor sabe facer. 328 00:21:07,791 --> 00:21:09,458 Borralo todo. 329 00:21:20,791 --> 00:21:23,000 Seguro que esas cousas non nos van esnaquizar? 330 00:21:24,625 --> 00:21:25,625 Non. 331 00:21:44,625 --> 00:21:46,333 - Despexado. - Wally, axúdame. 332 00:21:46,416 --> 00:21:48,875 Ben. Cóllelle o brazo. 333 00:21:48,958 --> 00:21:50,125 Non, o teu. 334 00:21:50,708 --> 00:21:51,833 Onde a poño? 335 00:21:51,916 --> 00:21:53,250 Na cadeira. 336 00:21:53,916 --> 00:21:55,250 - Vale. - Pona aquí. 337 00:21:58,708 --> 00:22:00,541 Ola? Alguén me bota unha man? 338 00:22:00,625 --> 00:22:01,750 Estás ben? 339 00:22:01,833 --> 00:22:03,375 Ei? Ola? 340 00:22:03,458 --> 00:22:05,625 Vale. Xa vou. 341 00:22:05,708 --> 00:22:07,958 - Agárrate. Xa estou aquí. - Xenial. 342 00:22:09,000 --> 00:22:12,500 Rapaces, temos que supoñer que Blaine estará de camiño. 343 00:22:12,583 --> 00:22:13,958 Non hai tempo que perder. 344 00:22:14,041 --> 00:22:15,291 Collamos o meu coche. 345 00:22:15,375 --> 00:22:17,750 Para ir a onde? Seguiremos atrapados en The Boroughs. 346 00:22:17,833 --> 00:22:19,583 Non, farémoslles fronte. 347 00:22:19,666 --> 00:22:21,958 Que fronte? Non temos armas, 348 00:22:22,041 --> 00:22:24,708 a non ser que sexan alérxicos ó deseño moderno. 349 00:22:24,791 --> 00:22:27,291 - Temos unha arma. - Non funciona. 350 00:22:27,375 --> 00:22:28,333 Si que funciona. 351 00:22:28,416 --> 00:22:31,458 Cambiei o transformador para evitar a sobrecarga dos amplificadores. 352 00:22:31,541 --> 00:22:34,250 Engadín máis bobina para aumentar a potencia do feixe, pero… 353 00:22:34,333 --> 00:22:36,000 E os picos de tensión? 354 00:22:36,083 --> 00:22:37,875 Condensadores de mica prateada. 355 00:22:42,000 --> 00:22:45,500 Sinto interromper este momento friki entre pai e filla, pero veñen os malos. 356 00:22:45,583 --> 00:22:48,458 Certo. Levemos as teles ó garaxe. Teño un plan. 357 00:22:51,791 --> 00:22:53,208 - Vale. - Oh. 358 00:23:08,916 --> 00:23:10,208 Vale. 359 00:23:12,666 --> 00:23:14,458 Espero que isto funcione, Sam. 360 00:23:23,958 --> 00:23:24,958 Ola. 361 00:23:28,916 --> 00:23:31,666 - Hai algo que debedes saber. - Ah, si? 362 00:23:31,750 --> 00:23:34,041 Si, eu… 363 00:23:37,375 --> 00:23:40,208 Eu… dimito. 364 00:23:56,916 --> 00:23:58,333 Benvidos a The Boroughs. 365 00:23:58,416 --> 00:24:00,583 Onde viviredes o mellor das vosas vidas. 366 00:24:07,791 --> 00:24:09,958 Correde! 367 00:24:27,291 --> 00:24:28,833 Temos que axudarlles! 368 00:24:29,333 --> 00:24:30,458 Non! 369 00:24:32,500 --> 00:24:33,500 Eu marcho. 370 00:24:48,208 --> 00:24:52,083 Quérote. 371 00:25:40,416 --> 00:25:41,458 Acabouse? 372 00:25:43,791 --> 00:25:45,041 Iso creo. 373 00:25:45,875 --> 00:25:46,958 Axuda! 374 00:25:48,000 --> 00:25:49,125 É Judy, axudádeme! 375 00:25:52,250 --> 00:25:54,166 - Déitaa. - Está todo ben. 376 00:25:55,000 --> 00:25:56,500 Estou aquí, nena. 377 00:25:56,583 --> 00:25:59,083 Estou contigo. Chamade a emerxencias. 378 00:25:59,166 --> 00:26:00,250 O meu móbil morreu. 379 00:26:00,333 --> 00:26:02,208 A explosión das teles fritiunos todos. 380 00:26:02,291 --> 00:26:06,416 Traédeme unha toalla. Necesito unha toalla. Vale. Grazas. A ver. 381 00:26:07,333 --> 00:26:10,208 Vale, vouche mover as mans, Judy. Dáme a man. 382 00:26:10,291 --> 00:26:13,875 Teño que movercha para ver que temos aquí, vale? 383 00:26:13,958 --> 00:26:15,125 Vale. 384 00:26:17,958 --> 00:26:20,708 Vale. Meu Deus. 385 00:26:24,875 --> 00:26:27,125 Ten que ir ó hospital. Eu non podo… 386 00:26:27,208 --> 00:26:28,833 - Pois levémola. - Non… 387 00:26:31,041 --> 00:26:32,458 Non lle queda tempo. 388 00:26:33,041 --> 00:26:35,166 Non! 389 00:26:35,250 --> 00:26:36,916 - Eu… - Non! 390 00:26:37,000 --> 00:26:38,208 - Non! - Ei. 391 00:26:38,958 --> 00:26:41,208 Vamos, nena. Estou aquí. 392 00:26:41,291 --> 00:26:42,416 Non te vaias. 393 00:26:42,500 --> 00:26:44,875 Aguanta comigo. Non te vaias. 394 00:26:45,583 --> 00:26:46,583 Lémbraste… 395 00:26:48,666 --> 00:26:53,916 de cando fomos ó Gran Canón cos rapaces? 396 00:26:55,083 --> 00:26:58,000 Lembro que intentamos ir ó Gran Canón. 397 00:26:59,791 --> 00:27:01,791 Perdémonos pola túa culpa. 398 00:27:03,333 --> 00:27:05,166 Sabía onde estaba. 399 00:27:07,416 --> 00:27:10,666 Pero non sabía como chegar a onde queriamos chegar. 400 00:27:12,500 --> 00:27:16,791 Paramos nun vello e enorme lago baleiro… 401 00:27:17,625 --> 00:27:19,083 no medio do nada. 402 00:27:19,583 --> 00:27:20,833 Metémonos dentro. 403 00:27:22,416 --> 00:27:24,708 Bañámonos con roupa. 404 00:27:26,375 --> 00:27:29,041 Ai, nena, estabas fermosa. 405 00:27:30,708 --> 00:27:33,958 Alí de pé na auga, rindo cos nosos nenos. 406 00:27:35,875 --> 00:27:37,958 Foi un gran día. 407 00:27:39,541 --> 00:27:43,625 Pero non conseguimos chegar ó Gran Canón. 408 00:27:45,875 --> 00:27:48,791 Non, Judy, non! 409 00:27:48,875 --> 00:27:51,333 Non, Judy! 410 00:27:51,416 --> 00:27:53,791 Vamos, nena. 411 00:27:53,875 --> 00:27:55,333 Por favor, cariño! 412 00:27:58,208 --> 00:28:01,000 Judy. 413 00:28:13,958 --> 00:28:15,291 Que quere? 414 00:28:15,375 --> 00:28:16,833 Quere axudar. 415 00:28:18,000 --> 00:28:21,500 Art, tranquilo. Podes confiar nela. 416 00:29:01,250 --> 00:29:03,416 É un milagre. 417 00:29:13,291 --> 00:29:14,750 É un milagre. 418 00:29:22,916 --> 00:29:25,083 Teño que levala á cova. Xa. 419 00:29:25,750 --> 00:29:26,791 Vale. 420 00:29:35,458 --> 00:29:37,375 - Con coidado. - Téñoas. 421 00:29:37,458 --> 00:29:39,375 Ben. 422 00:29:39,458 --> 00:29:41,416 Xa case está. Un, dous, amodo. 423 00:29:43,583 --> 00:29:45,875 - Xenial. - Eu vou contigo. 424 00:29:45,958 --> 00:29:48,458 - Dixo que teño que ir só. - Dáme igual. 425 00:29:48,541 --> 00:29:51,916 - Es o meu pai. Non vou deixar que… - Claire… 426 00:29:55,416 --> 00:29:57,083 Non puiden axudar a túa nai. 427 00:29:58,750 --> 00:30:00,375 E a ti tampouco che axudei moito. 428 00:30:01,583 --> 00:30:03,166 Pero podo axudarlle a ela. 429 00:30:05,750 --> 00:30:07,833 Tes que confiar en min, Claire. 430 00:30:09,416 --> 00:30:10,416 Por favor. 431 00:30:13,875 --> 00:30:16,208 Vale, pero fágoo de mala gana. 432 00:30:22,041 --> 00:30:23,416 Vémonos axiña, xoubiña. 433 00:30:25,458 --> 00:30:27,291 Chau, chau, bacallau. 434 00:30:30,833 --> 00:30:33,375 Oe, vaqueiro, ten coidado. 435 00:30:38,458 --> 00:30:39,916 Non te perdas. 436 00:30:41,375 --> 00:30:42,791 Chama cando chegues. 437 00:30:45,166 --> 00:30:46,166 Grazas. 438 00:31:39,208 --> 00:31:40,375 Con coidadiño. 439 00:31:42,250 --> 00:31:43,625 Iso é. 440 00:31:47,541 --> 00:31:48,750 Conseguíchelo. 441 00:31:52,166 --> 00:31:53,250 De nada. 442 00:31:57,791 --> 00:32:00,375 Estoupar? A que te refires con "estoupar"? 443 00:32:00,958 --> 00:32:03,166 Epa, refíreste a que ti vas estoupar? 444 00:32:03,250 --> 00:32:05,416 Espera, aínda non. Déixame marchar. 445 00:32:10,791 --> 00:32:13,333 Sabes que? Penseino mellor… 446 00:32:16,125 --> 00:32:19,958 Decidín rescindirche o contrato. 447 00:32:21,375 --> 00:32:25,166 Non es carne de The Boroughs, Sam. 448 00:32:27,125 --> 00:32:28,583 Arrebatáchesme a miña muller. 449 00:32:29,833 --> 00:32:33,291 Isto non tiña que acabar así, Sam. 450 00:32:34,916 --> 00:32:36,208 Vouna traer de volta. 451 00:32:36,291 --> 00:32:40,833 Non tes nin idea do que é Madre… 452 00:32:41,333 --> 00:32:43,333 Do que é capaz. 453 00:32:45,166 --> 00:32:49,958 Todo o que cres que conseguiches pódese desfacer. 454 00:32:53,166 --> 00:32:54,083 Non pasa nada. 455 00:32:55,708 --> 00:32:56,833 Sé libre. 456 00:32:56,916 --> 00:32:58,125 Nunca. 457 00:33:10,208 --> 00:33:12,500 Non! 458 00:33:12,583 --> 00:33:13,833 Sóltame! 459 00:33:21,083 --> 00:33:22,083 Non… 460 00:33:25,208 --> 00:33:26,541 Non, non podo… 461 00:33:27,416 --> 00:33:28,875 Non podo morrer! 462 00:33:28,958 --> 00:33:30,708 Todo o mundo morre. 463 00:33:31,208 --> 00:33:32,708 Benvido ó club. 464 00:34:37,250 --> 00:34:38,208 Lilly? 465 00:34:39,833 --> 00:34:41,458 Ola, vello rosmón. 466 00:34:46,625 --> 00:34:47,791 Es ti de verdade? 467 00:34:49,000 --> 00:34:50,000 Son eu. 468 00:34:52,750 --> 00:34:53,750 Como? 469 00:34:54,375 --> 00:34:56,166 É a súa forma de agradecercho. 470 00:34:57,375 --> 00:34:59,541 O tempo é un agasallo. 471 00:35:03,708 --> 00:35:04,958 Canto tempo temos? 472 00:35:06,541 --> 00:35:09,583 Vas quedar aí facendo preguntas ou… 473 00:35:11,000 --> 00:35:13,125 vas bailar coa túa fermosa muller? 474 00:36:03,250 --> 00:36:04,916 Volveremos estar xuntos. 475 00:36:07,458 --> 00:36:11,041 Ti e mais eu estamos xuntos sempre. 476 00:36:36,458 --> 00:36:37,416 Sam! 477 00:36:39,125 --> 00:36:40,166 Sam. 478 00:36:41,125 --> 00:36:42,125 Sam. 479 00:36:43,750 --> 00:36:44,666 Ei. 480 00:36:47,833 --> 00:36:49,333 Que facedes vós aquí? 481 00:36:49,416 --> 00:36:51,791 Iamos vernos todos na cova, recordas? 482 00:36:51,875 --> 00:36:52,916 Ah, si. 483 00:36:54,083 --> 00:36:56,291 Esa é Madre? 484 00:36:56,791 --> 00:36:57,875 Si. 485 00:37:00,083 --> 00:37:01,375 Agora está en paz. 486 00:37:04,458 --> 00:37:06,125 Que tal se volvemos á casa? 487 00:37:07,416 --> 00:37:08,875 Por min ben. 488 00:37:25,916 --> 00:37:27,291 Veña, a cea está lista. 489 00:37:28,500 --> 00:37:30,583 - Papá. A ver, que che axudo. - Si, queima. 490 00:37:30,666 --> 00:37:32,208 - Vale. - Tela? 491 00:37:32,958 --> 00:37:37,458 Art, hoxe hai nenos, así que nada de cogomelos máxicos. 492 00:37:37,541 --> 00:37:43,208 Tesouro, o único máxico que necesito es ti. 493 00:37:45,625 --> 00:37:47,125 Traio embutido. 494 00:37:47,208 --> 00:37:49,708 Ah, grazas. Xa teño algo para picar aquí. 495 00:37:49,791 --> 00:37:53,041 - A ver, que temos por aquí? - Salchichón, queixo, froita. 496 00:37:53,125 --> 00:37:54,000 - Proba. - Tomade. 497 00:37:54,083 --> 00:37:54,958 Si. 498 00:37:56,333 --> 00:37:57,708 - Estás sangrando. - Eh? 499 00:37:58,375 --> 00:38:00,833 - Que noxo. - Vaite limpar. Quedo eu aquí. 500 00:38:00,916 --> 00:38:03,125 Espera. Teño algo para ti. 501 00:38:09,583 --> 00:38:11,625 - Acordácheste? - Acordeime. 502 00:38:14,958 --> 00:38:16,000 Grazas. 503 00:38:16,500 --> 00:38:18,333 - Imos unha semana a Roma. - Que ben. 504 00:38:18,416 --> 00:38:21,666 - E despois a Florencia. - Deus, encántame Florencia. 505 00:38:22,375 --> 00:38:23,875 - Tes que vir! - En serio? 506 00:38:23,958 --> 00:38:25,500 Claro que si. 507 00:38:26,791 --> 00:38:30,250 Un aviso. Creo que Wally vos vai estragar a gran viaxe. 508 00:38:30,333 --> 00:38:31,958 Non me sorprende. 509 00:38:33,666 --> 00:38:35,500 De que estades falando? 510 00:38:35,583 --> 00:38:38,041 - Da nosa gran viaxe. - A nosa gran viaxe… 511 00:38:47,625 --> 00:38:50,625 Papá, queres hamburguesa ou bocadillo de salchicha? 512 00:38:52,750 --> 00:38:54,458 Un de cada, por favor. 513 00:38:54,958 --> 00:38:56,000 Marchando. Bule. 514 00:38:56,083 --> 00:38:57,833 Vale. 515 00:41:57,166 --> 00:42:01,000 Subtítulos: Noelia Collazo