1 00:00:45,625 --> 00:00:47,041 Ola, Harper. 2 00:00:51,166 --> 00:00:53,875 Vaia, isto parece unha reunión do instituto. 3 00:00:57,250 --> 00:00:58,375 Onde está Laura? 4 00:00:59,625 --> 00:01:00,708 Quero vela. 5 00:01:06,083 --> 00:01:07,250 Laura! 6 00:01:07,333 --> 00:01:09,000 Evelyn veute ver! 7 00:01:15,708 --> 00:01:18,208 Ía traer flores ou algo doce, 8 00:01:18,291 --> 00:01:22,041 pero pensei que igual che parecía mal. 9 00:01:27,083 --> 00:01:28,208 Onde vai Alex? 10 00:01:28,708 --> 00:01:31,416 Estará pegado a ti, agora que chega o bebé. 11 00:01:32,166 --> 00:01:33,250 Virá. 12 00:01:53,291 --> 00:01:54,791 Hoxe 13 00:01:55,416 --> 00:01:58,083 morre o noso antigo eu. 14 00:02:00,541 --> 00:02:03,791 Se alguén quere dicir unhas palabras, adiante. 15 00:02:06,500 --> 00:02:07,500 Leila. 16 00:02:10,875 --> 00:02:11,875 Non, grazas. 17 00:02:11,958 --> 00:02:13,208 Volvede ao choio. 18 00:02:21,000 --> 00:02:23,000 Un pouco máis rápido, por favor. 19 00:02:26,208 --> 00:02:28,666 Vexo o que estás a crear aquí. 20 00:02:29,416 --> 00:02:30,958 Que estou a crear? 21 00:02:31,458 --> 00:02:33,166 Un movemento. 22 00:02:35,291 --> 00:02:38,750 Ao principio alarmeime, pero despois decateime 23 00:02:39,458 --> 00:02:41,958 de que, dalgún xeito, é o que esperaba. 24 00:02:42,541 --> 00:02:45,000 É o camiño que preparei para ti. 25 00:02:45,625 --> 00:02:50,833 Laura, tes tantas calidades tan marabillosas… 26 00:02:52,250 --> 00:02:54,500 Pero tamén tes… 27 00:02:56,416 --> 00:02:59,583 unha escuridade inmensa. 28 00:03:01,541 --> 00:03:03,583 E pasaríaslla a este bebé 29 00:03:03,666 --> 00:03:07,375 se eu non cauterizase esa vea. 30 00:03:07,458 --> 00:03:10,833 Non podes cauterizar a calquera que queira ter un bebé. 31 00:03:10,916 --> 00:03:13,833 Este lugar evoluciona e estás a quedar atrás. 32 00:03:15,583 --> 00:03:16,916 Por que viñeches? 33 00:03:20,958 --> 00:03:21,875 Por Alex. 34 00:03:22,875 --> 00:03:23,916 Que lle pasa? 35 00:03:24,000 --> 00:03:26,916 Está atormentado. 36 00:03:28,083 --> 00:03:31,041 Medo, inseguridade, ira, 37 00:03:31,125 --> 00:03:32,458 violencia… 38 00:03:32,541 --> 00:03:36,166 Con eses puños apertados e esa cara crispada. 39 00:03:36,250 --> 00:03:37,958 Sóubeno dende que o coñecín. 40 00:03:40,750 --> 00:03:42,333 Déixame facerlle o salto 41 00:03:43,458 --> 00:03:45,166 para protexer o bebé. 42 00:03:45,750 --> 00:03:47,875 Despois podemos comezar de cero. 43 00:03:47,958 --> 00:03:49,041 "Podemos"? 44 00:03:52,958 --> 00:03:56,666 Se lle pos a man enriba a Alex, xuro por Deus que te mato. 45 00:04:08,916 --> 00:04:09,916 Pois… 46 00:04:11,541 --> 00:04:13,125 xa está en marcha. 47 00:04:30,750 --> 00:04:31,750 Harper! 48 00:04:35,750 --> 00:04:38,041 - Ola, eu son Michael. - Eu son Bree. 49 00:04:38,125 --> 00:04:39,791 Encantado de coñecerte. 50 00:04:41,000 --> 00:04:42,708 - Encantada. - Un pracer. 51 00:04:42,791 --> 00:04:44,500 - Imos? - Vale! 52 00:04:44,583 --> 00:04:45,791 Vamos. 53 00:05:36,666 --> 00:05:38,875 Non quería dicir o que dixen alí. 54 00:05:39,541 --> 00:05:41,750 - Nunca debín… - Tranquila. 55 00:05:43,500 --> 00:05:44,958 Sei que son un desastre. 56 00:05:45,041 --> 00:05:47,458 Xa, pero eu tamén. 57 00:05:47,958 --> 00:05:49,916 É normal. Somos nenas. 58 00:05:51,166 --> 00:05:55,500 Pero as miñas cagadas son meirandes ca as túas, Abbie. 59 00:05:57,083 --> 00:05:58,958 Se soubeses cousas que penso… 60 00:05:59,041 --> 00:06:01,125 Non sei o que che están a contar… 61 00:06:01,208 --> 00:06:02,375 Non o entendes. 62 00:06:04,750 --> 00:06:06,333 Eu matei a Jess. 63 00:06:09,083 --> 00:06:12,583 En terapia, con Evelyn, traballamos sobre esa noite 64 00:06:12,666 --> 00:06:15,833 e dixo que me estiven a protexer da verdade. 65 00:06:17,291 --> 00:06:18,875 Abbie, mateina. 66 00:06:20,833 --> 00:06:23,083 Ou empurreina. 67 00:06:23,583 --> 00:06:27,375 - Ou non a axudei. Non me lembro. - Eu lémbrome, Leila. 68 00:06:28,541 --> 00:06:30,833 Chamáchesme pola mañá e contáchesmo. 69 00:06:30,916 --> 00:06:31,958 Estabas desfeita. 70 00:06:32,041 --> 00:06:34,166 Unha parte de min queríaa morta. 71 00:06:34,250 --> 00:06:38,458 Ás veces desexaría cortarlle a cabeza a meu pai co cortacéspede. 72 00:06:38,958 --> 00:06:41,833 Visualízoo con todo detalle, cos miolos por aí, 73 00:06:41,916 --> 00:06:43,875 pero non quere dicir que o faría. 74 00:06:44,583 --> 00:06:46,333 Non a mataches. 75 00:06:46,833 --> 00:06:48,333 Estás esgotada. 76 00:06:48,416 --> 00:06:50,375 Evelyn metéuseche na cabeza. 77 00:06:52,208 --> 00:06:53,541 E se si que o fixen? 78 00:06:54,916 --> 00:06:56,583 E se son unha asasina? 79 00:07:00,291 --> 00:07:02,250 Pois son amiga dunha asasina. 80 00:07:11,916 --> 00:07:14,791 Veña, todos para dentro! 81 00:07:15,625 --> 00:07:16,750 Andando! 82 00:07:18,916 --> 00:07:20,875 Evelyn vaime facer o salto hoxe. 83 00:07:21,625 --> 00:07:23,750 Que? Non, non podes. 84 00:07:23,833 --> 00:07:25,958 Vin o que lle fixeron a Stacey aí. 85 00:07:26,041 --> 00:07:27,875 Non é terapia, é tortura. 86 00:07:27,958 --> 00:07:29,916 Imos liscar de aquí hoxe. 87 00:07:30,416 --> 00:07:32,125 Non podemos agardar máis. 88 00:07:33,041 --> 00:07:34,333 Teño un plan. 89 00:07:35,750 --> 00:07:37,916 Devolvede os equipos e para dentro. 90 00:07:38,000 --> 00:07:39,291 Veña, vamos! 91 00:07:39,375 --> 00:07:42,541 Entón Rory e ti saídes en serio xa ou…? 92 00:07:42,625 --> 00:07:44,250 Cala a boca. 93 00:07:45,500 --> 00:07:46,500 Andando! 94 00:07:57,541 --> 00:07:59,208 Sabes? Nunca me caíches ben. 95 00:07:59,958 --> 00:08:02,500 Talvez me caias mellor cando te arranxen, 96 00:08:02,583 --> 00:08:04,833 cando coñeza o teu verdadeiro eu. 97 00:08:06,208 --> 00:08:07,458 Dwayne. 98 00:08:08,458 --> 00:08:11,708 Déixoche espazo para pensar antes de que volva Evelyn. 99 00:08:11,791 --> 00:08:13,041 Dwayne. 100 00:08:16,125 --> 00:08:17,208 Dwayne! 101 00:08:17,875 --> 00:08:21,083 Estás tombado boca arriba chamando a berros pola túa nai. 102 00:08:21,166 --> 00:08:22,458 Dwayne! 103 00:08:26,958 --> 00:08:29,333 - Temos que liscar hoxe. - Hoxe? 104 00:08:29,958 --> 00:08:31,583 Vállame Deus. 105 00:08:31,666 --> 00:08:34,958 - Leila vai facer o salto. - Saben que tramamos algo. 106 00:08:35,833 --> 00:08:37,583 Escoitáronte. 107 00:08:37,666 --> 00:08:39,958 Pierce Brosnan tiña o mesmo problema. 108 00:08:40,666 --> 00:08:41,875 En Señora Doubtfire? 109 00:08:41,958 --> 00:08:43,458 Non. Que? 110 00:08:46,541 --> 00:08:47,666 Hostia. 111 00:08:48,166 --> 00:08:50,291 É para Mula? Parece de verdade. 112 00:08:50,791 --> 00:08:53,708 - O teu amigo poli trouxo os selos? - Trouxo. 113 00:08:57,791 --> 00:09:00,500 Están todos na allada, mesmo Beth Avea. 114 00:09:01,041 --> 00:09:02,458 Estás listo? 115 00:09:14,666 --> 00:09:15,875 Vedes? Mirade. 116 00:09:17,500 --> 00:09:18,500 Tres por diante. 117 00:09:19,500 --> 00:09:20,500 Ola. 118 00:09:21,250 --> 00:09:23,125 Íate buscar agora mesmo. 119 00:09:23,666 --> 00:09:25,708 - Onde andabas? - Podo saír? 120 00:09:26,541 --> 00:09:27,541 Preciso tombarme. 121 00:09:29,541 --> 00:09:33,041 Despréndeseme o endometrio. O meu corpo non quere bebés. 122 00:09:33,125 --> 00:09:38,666 Si, podes ir ao baño ou ao teu cuarto. 123 00:09:39,916 --> 00:09:41,750 Xenial. Grazas. 124 00:09:42,583 --> 00:09:45,250 Mula, podes ver se teño correo? 125 00:09:48,875 --> 00:09:50,958 - Oe, que é isto? Que fas? - Ei! 126 00:09:51,041 --> 00:09:53,208 - Practicar a firma. Trae. - Perdoa. 127 00:09:53,291 --> 00:09:55,375 - Chámaste Melanie? - Mula para ti. 128 00:09:55,458 --> 00:09:57,375 Xa. Perdoa, Mula. 129 00:10:04,500 --> 00:10:05,666 Non tedes correo. 130 00:10:06,166 --> 00:10:08,166 - Grazas por mirares. - Abur, Mula. 131 00:10:08,916 --> 00:10:11,666 Non lles quites ollo a Rory e Abbie. 132 00:10:11,750 --> 00:10:14,875 Evelyn di que poden intentar fuxir. 133 00:10:15,458 --> 00:10:17,500 Permiso para comer fóra do campus? 134 00:10:17,583 --> 00:10:20,333 É do meu prometido. Veu de París de sorpresa. 135 00:10:20,416 --> 00:10:21,958 Quéreme ver ás 13:00. 136 00:10:26,333 --> 00:10:28,125 Vale, vaite. 137 00:10:42,041 --> 00:10:43,541 Que fan? 138 00:10:46,291 --> 00:10:48,875 Merda, atoparon un punto cego. 139 00:10:48,958 --> 00:10:50,916 Bule, colle o desaparafusador. 140 00:10:51,000 --> 00:10:52,333 Agarda polo sinal. 141 00:10:52,416 --> 00:10:53,333 Entendido. 142 00:11:00,208 --> 00:11:03,041 Non lle quites ollo á pantalla. Argallan algo. 143 00:11:05,916 --> 00:11:07,250 Non! 144 00:11:07,333 --> 00:11:08,750 Volvede para dentro! 145 00:11:14,208 --> 00:11:15,333 Marchou a luz. 146 00:11:15,416 --> 00:11:17,166 As portas están abertas. 147 00:11:17,250 --> 00:11:18,750 Estade atentos. 148 00:11:20,291 --> 00:11:21,666 Ben, rapaces, vamos. 149 00:11:22,333 --> 00:11:23,916 Vamos, veña. 150 00:11:24,000 --> 00:11:25,791 Veña, bulide. 151 00:11:41,291 --> 00:11:42,666 PERIGO ALTA VOLTAXE 152 00:11:51,750 --> 00:11:52,833 Merda. 153 00:11:55,166 --> 00:11:57,291 Busca a Abbie e Rory! 154 00:11:58,166 --> 00:11:59,083 Ven aquí. 155 00:12:07,125 --> 00:12:08,875 - Onde están? - Merda. 156 00:12:08,958 --> 00:12:11,375 - Onde están? - Pato, temos un problema. 157 00:12:11,458 --> 00:12:13,208 Leila non está no seu cuarto. 158 00:12:18,833 --> 00:12:23,875 Non acabei con vós os dous e ídelo pagar pero ben! 159 00:12:25,625 --> 00:12:27,500 Atención, todos. 160 00:12:27,583 --> 00:12:30,083 Vide ao perímetro noroeste. 161 00:12:30,166 --> 00:12:33,250 Perímetro noroeste! Atopade a Abbie e Rory! 162 00:12:33,333 --> 00:12:34,666 Conseguirano? 163 00:12:38,333 --> 00:12:40,583 Non. Eu penso que van morrer. 164 00:12:41,500 --> 00:12:42,500 Xa. 165 00:12:57,708 --> 00:12:59,833 É moi pronto. Onde está? 166 00:12:59,916 --> 00:13:01,750 Quero que veña. 167 00:13:03,083 --> 00:13:04,083 Auga. 168 00:13:05,083 --> 00:13:07,166 Atoparémolo. Francis foino buscar. 169 00:13:07,250 --> 00:13:09,250 Teste que centrar neste momento. 170 00:13:09,333 --> 00:13:10,916 Xa vén o bebé. 171 00:13:11,416 --> 00:13:13,000 É moi pronto. 172 00:13:13,083 --> 00:13:14,208 Vai ir todo ben. 173 00:13:14,291 --> 00:13:15,541 Estamos contigo. 174 00:13:16,291 --> 00:13:17,291 Toca. 175 00:13:40,541 --> 00:13:41,708 Vasme matar? 176 00:13:42,708 --> 00:13:43,750 Abofé que non. 177 00:13:43,833 --> 00:13:46,666 Non somos asasinos de nenos malvados, Alex. 178 00:13:46,750 --> 00:13:47,916 Erin Wilds. 179 00:13:48,000 --> 00:13:49,000 Breanna Jacobs. 180 00:13:49,083 --> 00:13:51,666 - Hannah Iverson. - Por favor, para. 181 00:13:51,750 --> 00:13:53,666 Eses foron tráxicos accidentes 182 00:13:53,750 --> 00:13:55,666 no camiño da curación. 183 00:13:56,291 --> 00:13:57,791 "Tráxicos accidentes"? 184 00:13:58,541 --> 00:14:00,208 Foi tal o de Daniel? 185 00:14:00,291 --> 00:14:02,916 Guindastes o seu corpo nun monte de escoura. 186 00:14:04,500 --> 00:14:06,000 Inicia o proceso. 187 00:14:06,083 --> 00:14:10,000 Deberías facer unhas respiracións profundas e despexar a mente. 188 00:14:10,625 --> 00:14:11,916 Por favor, non. 189 00:14:12,416 --> 00:14:16,541 Debe de ser raro andar toda a vida buscándote a ti mesmo 190 00:14:16,625 --> 00:14:19,833 para acabar decatándote de que es un clixé violento. 191 00:14:20,333 --> 00:14:21,916 De que falas? 192 00:14:23,416 --> 00:14:25,291 A canta xente tes que mancar 193 00:14:25,375 --> 00:14:29,916 para que a defensa propia soe coma un retrouso baleiro? 194 00:14:31,416 --> 00:14:35,041 Pensas que queres a Laura, pero non. Nin sequera a coñeces. 195 00:14:36,125 --> 00:14:40,583 Queres a idea que tes dela porque te fai sentir un home de verdade. 196 00:14:40,666 --> 00:14:43,000 A túa fantasía do núcleo familiar… 197 00:14:43,083 --> 00:14:44,750 Ela non pode soster iso. 198 00:14:45,875 --> 00:14:49,333 É mellor que esteas aquí, e máis agora que está de parto. 199 00:14:49,416 --> 00:14:50,458 Está de parto? 200 00:14:50,541 --> 00:14:53,166 Si. Pódelo crer? Adiantouse tres semanas. 201 00:14:53,250 --> 00:14:54,333 Estará aterrada. 202 00:14:54,416 --> 00:14:57,000 - Teño que estar con ela. - Que pasa, Pato? 203 00:14:57,083 --> 00:14:58,250 Perdón. 204 00:14:58,333 --> 00:14:59,916 Faltan tres alumnos. 205 00:15:00,000 --> 00:15:01,750 Mobilizo a todo o mundo? 206 00:15:01,833 --> 00:15:04,375 - Chama a Walter Bartell. E a Dwayne. - Si. 207 00:15:04,458 --> 00:15:06,500 Coello, queda aquí. 208 00:15:14,875 --> 00:15:16,458 É distinto para cadaquén, 209 00:15:16,541 --> 00:15:20,333 pero do outro lado desa porta, atoparás paz absoluta. 210 00:15:20,416 --> 00:15:22,333 Ten fe en min, Alex. 211 00:15:49,750 --> 00:15:51,375 Merda! Agochádevos! 212 00:15:59,333 --> 00:16:00,250 Ola. 213 00:16:01,000 --> 00:16:03,375 Desapareceron tres nenos da academia. 214 00:16:03,458 --> 00:16:06,000 Estade atentos. Se os vedes, avisádenos. 215 00:16:06,083 --> 00:16:07,083 Estaremos alerta. 216 00:16:07,166 --> 00:16:08,333 Grazas, xefe. 217 00:16:08,416 --> 00:16:09,625 Van por nós. 218 00:16:09,708 --> 00:16:10,875 Que facemos? 219 00:16:11,875 --> 00:16:12,875 Mirade. 220 00:16:21,541 --> 00:16:23,375 Vamos. 221 00:16:35,041 --> 00:16:36,125 Ola? 222 00:16:42,958 --> 00:16:45,625 Non hai ninguén, temos que apurar. 223 00:16:45,708 --> 00:16:48,125 Vale, precisamos roupa e provisións. 224 00:16:48,208 --> 00:16:49,750 Collede o que poidades. 225 00:16:51,166 --> 00:16:53,291 A virxe. 226 00:16:54,250 --> 00:16:55,250 Mirade! 227 00:16:56,208 --> 00:16:57,458 O queixo. 228 00:16:58,416 --> 00:16:59,416 Abbie. 229 00:17:00,166 --> 00:17:02,000 Canto Brie teñen. 230 00:17:03,000 --> 00:17:04,375 Méteo aquí. 231 00:17:04,458 --> 00:17:06,666 Leila e eu imos coller roupa nova. 232 00:17:06,750 --> 00:17:09,083 Se oes alguén preto da entrada, berra. 233 00:17:26,375 --> 00:17:29,333 Leila, arriba! Atopei roupa! 234 00:17:30,666 --> 00:17:33,458 Se non che fago o salto, envelenarás ese neno. 235 00:17:34,125 --> 00:17:35,708 Eu nunca lle faría mal. 236 00:17:35,791 --> 00:17:39,333 Os nenos necesitan dúas cousas: vínculos e autenticidade. 237 00:17:39,416 --> 00:17:41,666 Lin o teu libro. É pretensioso. 238 00:17:49,625 --> 00:17:53,500 Hai tantas cousas que me berrarías neste momento… 239 00:17:53,583 --> 00:17:55,041 pero tes medo. 240 00:17:56,375 --> 00:18:00,000 Daquela murmúralas para dentro, moi dentro. 241 00:18:00,083 --> 00:18:02,500 Escúlpelas no teu interior. 242 00:18:02,583 --> 00:18:05,708 Os teus pais fixéronche dano, pero aínda os queres. 243 00:18:05,791 --> 00:18:10,291 O salto cortará ese lazo, e mais o da túa descendencia. 244 00:18:10,375 --> 00:18:11,500 Con Laura fíxoo. 245 00:18:12,500 --> 00:18:14,041 Non vai querer o bebé? 246 00:18:14,125 --> 00:18:16,500 Non, sentirá cousas por el, 247 00:18:17,000 --> 00:18:18,458 pero dun xeito distinto. 248 00:18:18,541 --> 00:18:22,333 Quererao como se quere unha flor 249 00:18:22,416 --> 00:18:23,583 ou un amencer. 250 00:18:23,666 --> 00:18:25,333 Eu quero querer o meu bebé. 251 00:18:25,416 --> 00:18:27,625 - Con todo o meu ser. - Listo, Alex? 252 00:18:27,708 --> 00:18:29,208 - Inhala. - Para! 253 00:18:29,291 --> 00:18:30,583 - Exhala. - Para! 254 00:18:30,666 --> 00:18:31,500 Respira. 255 00:18:44,666 --> 00:18:46,833 Toma a túa mochila. Hai que marchar. 256 00:18:48,500 --> 00:18:51,291 Eu non teño unha casa á cal volver. 257 00:18:51,833 --> 00:18:54,125 Menos mal que non imos á casa. 258 00:18:57,458 --> 00:18:59,708 Case estamos, pero hai que marchar xa. 259 00:19:03,166 --> 00:19:05,583 Alégrome de que Rory e ti vos teñades. 260 00:19:06,791 --> 00:19:08,125 Ao principio amolábame 261 00:19:08,208 --> 00:19:11,916 que che gustase un rapaz con vibras de Ace Ventura, 262 00:19:12,500 --> 00:19:13,458 pero véxote feliz. 263 00:19:14,333 --> 00:19:16,333 Oe, estamos xuntas ti e eu, si? 264 00:19:16,416 --> 00:19:18,666 É o noso soño, lembras? A costa oeste. 265 00:19:20,833 --> 00:19:22,250 Non o imaxino. 266 00:19:23,750 --> 00:19:25,958 Non imaxino o meu futuro. 267 00:19:26,041 --> 00:19:27,291 Está todo negro. 268 00:19:29,416 --> 00:19:31,583 Aquí coidan de min, Abbie. 269 00:19:33,833 --> 00:19:36,916 E todas esas cousas en que cremos, a vida hippy, 270 00:19:37,000 --> 00:19:41,000 a comunidade e o crecemento espiritual… 271 00:19:42,291 --> 00:19:44,375 Este sitio é iso. Viven así. 272 00:19:49,708 --> 00:19:51,833 Non quero seguir estando triste. 273 00:19:54,750 --> 00:19:56,333 Non quero ter medo. 274 00:19:58,083 --> 00:20:00,000 Só quero que pare. 275 00:20:00,083 --> 00:20:01,208 Doe moito. 276 00:20:05,458 --> 00:20:06,958 Eles pódenme axudar. 277 00:20:09,541 --> 00:20:13,750 Pero temos Vancouver e tesnos a Rory e a min e… 278 00:20:13,833 --> 00:20:15,125 Perdóame. 279 00:20:17,208 --> 00:20:19,333 Perdóame. Eu non vou. 280 00:20:27,708 --> 00:20:29,416 Eu non podo quedar. 281 00:20:32,041 --> 00:20:33,041 Pero… 282 00:20:35,083 --> 00:20:37,250 Non quero facer isto sen ti. 283 00:20:39,583 --> 00:20:41,541 Vanche facer o mesmo ca a Stacey. 284 00:20:41,625 --> 00:20:43,375 Non vas volver ser a mesma. 285 00:20:46,500 --> 00:20:47,750 Exacto. 286 00:20:49,000 --> 00:20:50,625 Rapazas! 287 00:20:52,166 --> 00:20:53,375 Rapazas! 288 00:20:55,208 --> 00:20:56,875 Vale, quérote. 289 00:20:56,958 --> 00:20:58,500 Quérote, si? 290 00:20:58,583 --> 00:20:59,958 Volverei por ti. 291 00:21:28,708 --> 00:21:30,125 Vamos. 292 00:21:48,250 --> 00:21:49,875 - Coello, o émbolo. - Evelyn! 293 00:21:49,958 --> 00:21:52,416 - Estás tombado boca arriba. - Para! 294 00:21:52,500 --> 00:21:54,791 - Chamando a berros pola túa nai. - Para. 295 00:21:54,875 --> 00:21:57,208 - Túa nai dáche as costas. - Non. 296 00:21:57,291 --> 00:21:59,583 Xírase e mírate. 297 00:22:00,083 --> 00:22:02,708 Ten a boca moi aberta. 298 00:22:08,583 --> 00:22:10,041 Traidora! 299 00:22:35,875 --> 00:22:36,875 Ten moita dor. 300 00:22:36,958 --> 00:22:39,958 - Dámoslle algo? - Non, quéroo sentir. 301 00:23:14,791 --> 00:23:16,791 Non! Iso é demasiado! 302 00:23:28,250 --> 00:23:29,666 Alex! 303 00:23:33,875 --> 00:23:35,958 É desapiadada. 304 00:23:36,750 --> 00:23:38,416 Non tes nin idea. 305 00:23:40,000 --> 00:23:41,291 Eu quéroa. 306 00:23:41,375 --> 00:23:42,791 Non queres tal. 307 00:23:42,875 --> 00:23:45,250 Sei o que fixeches. Matácheslle os pais! 308 00:23:45,333 --> 00:23:47,083 Iso che contou? 309 00:23:47,625 --> 00:23:48,875 Matounos ela. 310 00:23:49,375 --> 00:23:51,708 - Matou ela os seus pais. - Mentira. 311 00:23:51,791 --> 00:23:53,375 Por iso lle fixen o salto. 312 00:23:53,458 --> 00:23:54,833 É unha asasina. 313 00:23:54,916 --> 00:23:56,000 Coma ti. 314 00:23:57,833 --> 00:23:59,333 É mentira! 315 00:23:59,833 --> 00:24:01,250 Non, Alex. 316 00:24:02,083 --> 00:24:03,833 Matounos ela. 317 00:24:05,625 --> 00:24:06,875 Volveu. 318 00:24:06,958 --> 00:24:09,666 Esmagoulles a cabeza cunha pedra. 319 00:24:20,583 --> 00:24:21,875 Perdón. 320 00:24:23,875 --> 00:24:25,083 Perdón. 321 00:24:31,708 --> 00:24:32,791 Merda. 322 00:24:40,916 --> 00:24:42,250 Estannos rodeando. 323 00:24:44,916 --> 00:24:47,000 Cando eu che diga, tes que correr. 324 00:24:47,083 --> 00:24:48,958 Non fagas parvada ningunha. 325 00:24:50,416 --> 00:24:51,416 Xa. 326 00:24:55,583 --> 00:24:57,083 Pódoche dar un bico? 327 00:25:21,000 --> 00:25:22,166 Queda comigo. 328 00:25:24,333 --> 00:25:26,666 Este é o mellor día da miña vida. 329 00:25:33,125 --> 00:25:34,708 Vale, tes que marchar. 330 00:25:34,791 --> 00:25:36,000 Tes que marchar xa. 331 00:25:37,375 --> 00:25:38,375 Silencio. 332 00:25:44,041 --> 00:25:46,666 Vide e veredes, cabróns! 333 00:25:46,750 --> 00:25:47,750 Rory! 334 00:25:47,833 --> 00:25:48,666 - Oe! - Non! 335 00:25:48,750 --> 00:25:51,291 - Solta iso! - Solta! Non te quero mancar. 336 00:25:52,500 --> 00:25:53,375 Atrás! 337 00:25:53,458 --> 00:25:54,500 - Sóltao! - Atrás! 338 00:25:54,583 --> 00:25:55,708 Hostia. 339 00:26:47,625 --> 00:26:48,666 Alex. 340 00:26:51,458 --> 00:26:52,708 Enténdote. 341 00:27:14,666 --> 00:27:15,666 Tempo? 342 00:27:15,750 --> 00:27:17,291 Cada catro minutos. 343 00:27:19,500 --> 00:27:21,500 - Mi madriña. - Deus. 344 00:27:21,583 --> 00:27:23,250 Cariño, estás ben? 345 00:27:23,875 --> 00:27:25,208 Quérote. 346 00:27:27,708 --> 00:27:29,041 Quérote moito. 347 00:27:29,125 --> 00:27:31,208 - Mancoute? - Non. 348 00:27:31,291 --> 00:27:35,875 É que fixen moitas cousas horribles. 349 00:27:38,541 --> 00:27:39,791 Eu tamén. 350 00:27:42,250 --> 00:27:43,375 Xa sei. 351 00:27:44,125 --> 00:27:46,000 Pero imos ser unha familia. 352 00:27:52,208 --> 00:27:55,208 Xa vén. 353 00:27:55,875 --> 00:27:57,875 Xa vén. 354 00:28:13,875 --> 00:28:16,625 Pero ten a boca moi aberta. 355 00:28:17,125 --> 00:28:19,333 Na boca ten unha porta. 356 00:28:19,916 --> 00:28:23,625 Estás tombada boca arriba chamando a berros pola túa nai. 357 00:28:25,375 --> 00:28:27,791 Ela está de pé, mirando para a parede. 358 00:28:29,583 --> 00:28:31,458 Dáche as costas. 359 00:28:32,916 --> 00:28:34,666 Soa unha campá. 360 00:28:36,416 --> 00:28:38,583 A túa nai xírase e mírate. 361 00:28:39,208 --> 00:28:44,000 Está en silencio, pero ten a boca moi aberta. 362 00:28:44,083 --> 00:28:46,958 Na boca ten unha porta. 363 00:28:47,875 --> 00:28:50,958 Estás tombada boca arriba chamando a berros pola túa nai. 364 00:28:51,041 --> 00:28:52,750 Ela dáche as costas. 365 00:28:52,833 --> 00:28:54,416 Soa unha campá. 366 00:28:54,500 --> 00:28:56,958 A túa nai xírase e mírate. 367 00:28:57,041 --> 00:29:00,958 Está en silencio, pero ten a boca moi aberta. 368 00:29:01,041 --> 00:29:03,000 Na boca ten unha porta. 369 00:29:18,333 --> 00:29:21,791 Estás tombada boca arriba chamando a berros pola túa nai. 370 00:29:21,875 --> 00:29:24,250 Ela está de pé, mirando para a parede. 371 00:29:24,333 --> 00:29:26,500 Dáche as costas. 372 00:29:26,583 --> 00:29:28,166 Soa unha campá. 373 00:29:28,250 --> 00:29:30,875 A túa nai xírase e mírate. 374 00:29:30,958 --> 00:29:34,583 Está en silencio, pero ten a boca moi aberta. 375 00:29:37,250 --> 00:29:41,041 Estás tombada boca arriba chamando a berros pola túa nai. 376 00:29:41,125 --> 00:29:43,416 Ela está de pé, mirando para a parede. 377 00:29:43,500 --> 00:29:45,416 Dáche as costas. 378 00:29:45,500 --> 00:29:46,958 Soa unha campá. 379 00:29:47,041 --> 00:29:49,041 A túa nai xírase e mírate. 380 00:29:49,125 --> 00:29:52,500 Está en silencio, pero ten a boca moi aberta. 381 00:29:52,583 --> 00:29:54,583 Na boca ten unha porta. 382 00:30:28,458 --> 00:30:29,708 Que preciosidade! 383 00:30:30,833 --> 00:30:32,458 Que anxiño! 384 00:30:33,958 --> 00:30:37,458 Estás tombada boca arriba chamando a berros pola túa nai. 385 00:30:38,416 --> 00:30:40,791 Ela está de pé, mirando para a parede. 386 00:30:41,666 --> 00:30:43,541 Dáche as costas. 387 00:31:04,083 --> 00:31:06,166 Temos que facer pel con pel. 388 00:31:17,750 --> 00:31:18,750 Toca. 389 00:31:25,000 --> 00:31:28,125 Nos piñeiros, nos piñeiros, 390 00:31:28,208 --> 00:31:31,208 onde o sol é preguiceiro, 391 00:31:31,708 --> 00:31:36,250 tremo co zoar do frío vento. 392 00:31:38,000 --> 00:31:41,291 Nos piñeiros, nos piñeiros, 393 00:31:41,375 --> 00:31:45,250 nos solitarios piñeiros, 394 00:31:45,333 --> 00:31:49,250 tremo co zoar do frío vento. 395 00:31:51,416 --> 00:31:54,375 Rapaciña, rapaciña, 396 00:31:54,458 --> 00:31:57,625 esta noite onde a pasaches? 397 00:31:58,125 --> 00:32:02,791 Nin a túa nai o sabe. 398 00:32:04,083 --> 00:32:05,416 É o que ela quere. 399 00:32:05,500 --> 00:32:07,625 Durmín entre os piñeiros, 400 00:32:07,708 --> 00:32:10,333 onde o sol é preguiceiro… 401 00:32:10,416 --> 00:32:11,416 Laura. 402 00:32:12,208 --> 00:32:13,541 É de todos. 403 00:32:15,166 --> 00:32:17,500 É o único xeito de romper o padrón. 404 00:33:52,291 --> 00:33:53,666 Cumpriu! 405 00:33:54,166 --> 00:33:57,041 Ola, amigo! Como te chamas? 406 00:34:02,833 --> 00:34:04,583 Tamén vas marchar de aquí? 407 00:34:25,166 --> 00:34:26,250 Viñeches. 408 00:34:28,000 --> 00:34:30,041 Alex, de quen é ese bebé? 409 00:34:32,416 --> 00:34:33,416 Meu. 410 00:34:47,083 --> 00:34:48,750 Sabía que farías o correcto, 411 00:34:49,875 --> 00:34:52,666 que non te enredarían. Seguiches o teu instinto. 412 00:34:53,458 --> 00:34:57,250 Un amigo ten unha cabana no norte do estado de Nova York. 413 00:34:57,333 --> 00:35:00,833 Imos tirar para alí e logo xa pensamos o seguinte paso. 414 00:35:02,000 --> 00:35:04,916 Ti lévame á cidade e eu xa me apaño. 415 00:35:05,416 --> 00:35:08,291 Non son responsabilidade túa nin familia túa. 416 00:35:09,500 --> 00:35:10,625 Quen o di? 417 00:35:12,833 --> 00:35:14,375 Hai moitos tipos de familia. 418 00:35:19,250 --> 00:35:20,250 Abbie, 419 00:35:20,958 --> 00:35:22,291 quéroche dicir algo. 420 00:35:23,250 --> 00:35:25,000 Non es mala. 421 00:35:25,708 --> 00:35:27,791 Ningún neno é malo. 422 00:35:29,208 --> 00:35:31,083 Ti sabes ben quen es. 423 00:35:33,541 --> 00:35:35,166 Vai ir todo ben. 424 00:35:36,000 --> 00:35:37,000 Grazas. 425 00:35:38,625 --> 00:35:40,500 Ti tamén es boa persoa, Alex. 426 00:35:41,166 --> 00:35:43,666 - Xa. - Tes bo corazón. 427 00:35:44,500 --> 00:35:45,750 Es bo pai. 428 00:35:48,458 --> 00:35:50,166 Vasnos protexer sempre. 429 00:35:51,000 --> 00:35:53,500 Porque iso é o que es. 430 00:35:54,708 --> 00:35:56,125 O noso protector. 431 00:36:57,958 --> 00:37:01,416 ESTÁS SAÍNDO DE TALL PINES 432 00:38:36,750 --> 00:38:37,916 Subtítulos: Lucía Doval