1 00:00:08,217 --> 00:00:10,928 Anteriormente en Bolboreta... 2 00:00:11,011 --> 00:00:12,722 Díxenlle que fuches ti. 3 00:00:12,805 --> 00:00:15,224 Que fuches ti quen o traizoou hai nove anos. 4 00:00:15,307 --> 00:00:16,308 Hai un infiltrado. 5 00:00:16,392 --> 00:00:18,894 Vicky Linwood, a xefa de seguridade do meu equipo. 6 00:00:20,938 --> 00:00:22,106 Papá, lisquemos. 7 00:00:23,399 --> 00:00:26,026 Dawson ten unha "testemuña de alto nivel 8 00:00:26,110 --> 00:00:27,903 contra Juno Lund e Caddis". 9 00:00:27,987 --> 00:00:29,530 Oliver é un covarde. 10 00:00:29,613 --> 00:00:32,783 Se lle facemos pensar que Juno o quere matar, acudirá a Dawson. 11 00:00:32,867 --> 00:00:35,161 Queres facerlle crer que a nai o quere matar? 12 00:00:35,244 --> 00:00:37,872 Se queres que a traizoe, faino así. 13 00:00:37,955 --> 00:00:40,124 Quero saber que lle fixo ó meu fillo. 14 00:00:40,916 --> 00:00:42,126 Papá! 15 00:00:59,143 --> 00:01:00,311 Pare aí mesmo! 16 00:01:02,313 --> 00:01:03,147 O casco tamén. 17 00:03:29,793 --> 00:03:31,670 Juno quere falar. 18 00:04:34,191 --> 00:04:36,151 BOLBORETA 19 00:04:58,465 --> 00:04:59,967 Tesme medo? 20 00:05:00,050 --> 00:05:01,635 Sei mitigar riscos. 21 00:05:04,096 --> 00:05:05,723 Faleiche algunha vez de Baron? 22 00:05:07,307 --> 00:05:08,225 Quen? 23 00:05:08,308 --> 00:05:10,978 Oliver quería un can polo décimo aniversario. 24 00:05:11,562 --> 00:05:14,189 Un mastín tibetano. Algunha vez viches algún? 25 00:05:15,190 --> 00:05:17,151 Non parece un can de ter no colo. 26 00:05:17,693 --> 00:05:20,404 Durante unhas semanas, si. Chegou ós 80 quilos. 27 00:05:20,487 --> 00:05:22,656 Parecía un puto león. 28 00:05:22,740 --> 00:05:24,867 Déixame adiviñar. Vivía co teu ex. 29 00:05:25,659 --> 00:05:26,827 Era un can que impoñía. 30 00:05:26,910 --> 00:05:30,080 Ladraba todo o día, mataba os coellos da eira de Nick. 31 00:05:30,164 --> 00:05:31,832 Iso non me importaba 32 00:05:31,915 --> 00:05:34,543 ata que atacou a Oliver para quitarlle o xeado. 33 00:05:34,626 --> 00:05:36,462 De que sabor era o xeado? 34 00:05:39,840 --> 00:05:41,175 O problema era a raza. 35 00:05:42,009 --> 00:05:45,512 O mastín tibetano existe dende hai miles de anos, pero como mascota 36 00:05:45,596 --> 00:05:46,972 é bastante recente. 37 00:05:47,806 --> 00:05:49,933 Tivemos que sacrificalo. 38 00:05:50,017 --> 00:05:52,853 Ese can non perdera aínda o xene de lobo. 39 00:05:53,937 --> 00:05:57,024 Ti tampouco perdiches aínda o xene de loba, Rebecca. 40 00:05:59,777 --> 00:06:01,111 Vasme matar? 41 00:06:02,071 --> 00:06:03,280 Debería. 42 00:06:03,363 --> 00:06:04,490 Traizoáchesme. 43 00:06:04,573 --> 00:06:06,366 Estragáchesme a vida. 44 00:06:07,451 --> 00:06:09,286 Eu era unha nena sen nai, 45 00:06:09,369 --> 00:06:10,913 e ti sacáchesme a meu pai. 46 00:06:10,996 --> 00:06:12,831 Non quería danarvos a ningún. 47 00:06:12,915 --> 00:06:15,084 Non che importaba un carallo facelo. 48 00:06:15,501 --> 00:06:19,171 E tamén tentaches matarnos dende que soubeches que estaba vivo. 49 00:06:19,254 --> 00:06:20,255 David ía por min. 50 00:06:20,339 --> 00:06:22,925 Declaroulle a guerra a Caddis. Que debía facer eu? 51 00:06:23,008 --> 00:06:24,718 Seguro que era só por cartos. 52 00:06:24,802 --> 00:06:28,639 Que farías ti no meu lugar daquela, e como de rápido? 53 00:06:34,853 --> 00:06:36,814 - Como lle sentou a Oliver? - O que? 54 00:06:37,981 --> 00:06:39,733 A inxección letal ó seu can. 55 00:06:39,817 --> 00:06:42,653 Dixémoslle que Baron ía ir vivir a un mosteiro. 56 00:06:47,699 --> 00:06:49,368 Inventaches unha tapadeira. 57 00:06:51,203 --> 00:06:52,830 Cando lle dixeches a verdade? 58 00:06:53,539 --> 00:06:55,374 Algúns segredos son para sempre. 59 00:07:00,003 --> 00:07:01,213 Deberías contestar. 60 00:07:01,296 --> 00:07:02,673 Isto é máis importante. 61 00:07:03,507 --> 00:07:05,008 Dubídoo. 62 00:07:07,469 --> 00:07:08,929 Oliver cambiou de bando. 63 00:07:10,305 --> 00:07:13,308 Asinou un acordo con Dawson para ir de testemuña. 64 00:07:13,725 --> 00:07:15,811 Vai declarar na túa contra, 65 00:07:15,894 --> 00:07:17,688 e vas ir ó cárcere, 66 00:07:17,771 --> 00:07:21,441 e Caddis será disolta para sempre. 67 00:07:47,634 --> 00:07:48,760 Papá! 68 00:07:51,930 --> 00:07:53,265 A nosa princesa. 69 00:07:54,266 --> 00:07:55,767 Estás ferido? 70 00:07:56,518 --> 00:07:57,644 Estarei ben. 71 00:07:58,770 --> 00:08:01,356 Onde está Rebecca? Está ben? 72 00:08:04,776 --> 00:08:06,195 Xa falamos logo. 73 00:08:11,450 --> 00:08:13,911 Non sabía se te ía volver ver. 74 00:08:19,416 --> 00:08:22,169 Teño que falar dunha cousa co teu pai. 75 00:08:22,961 --> 00:08:23,962 Papá, 76 00:08:24,296 --> 00:08:25,589 preciso a túa axuda. 77 00:08:26,715 --> 00:08:28,050 Preciso homes, 78 00:08:28,258 --> 00:08:29,593 equipamento, 79 00:08:30,093 --> 00:08:31,178 vehículos 80 00:08:31,762 --> 00:08:33,931 e calquera cousa de repostos. 81 00:08:34,681 --> 00:08:36,725 Sei que queres dicir que non. 82 00:08:36,808 --> 00:08:40,437 Sei que non che importaría se desaparecese das vosas vidas. 83 00:08:42,606 --> 00:08:44,358 Pero levaron a Rebecca. 84 00:08:45,984 --> 00:08:47,694 É a miña filla. 85 00:08:52,449 --> 00:08:53,450 Querido. 86 00:08:57,913 --> 00:09:01,875 Non marcharei ata ter o que preciso para salvar a Rebecca. 87 00:09:14,096 --> 00:09:15,097 Axudareite. 88 00:09:17,140 --> 00:09:18,475 Pero esta vez, 89 00:09:18,558 --> 00:09:21,353 terás que facer algo por min. 90 00:09:21,436 --> 00:09:22,354 Papá. 91 00:09:22,437 --> 00:09:24,982 Sabes que David non quere traballar para ti. 92 00:09:25,065 --> 00:09:28,735 E David non está en posición de rexeitarme, ou? 93 00:09:29,695 --> 00:09:32,739 Nunca mostraches interese no que fago. 94 00:09:32,823 --> 00:09:34,825 Pero non é tan fácil. 95 00:09:34,908 --> 00:09:38,328 Teño moitas responsabilidades, moitas dores de cabeza. 96 00:09:40,205 --> 00:09:41,081 Si. 97 00:09:42,790 --> 00:09:46,962 Se prometes axudarme con algo, 98 00:09:48,046 --> 00:09:49,548 axudareite. 99 00:09:50,841 --> 00:09:52,467 Veña, querido, en serio... 100 00:09:56,430 --> 00:09:57,681 Cal é o favor? 101 00:09:58,307 --> 00:10:00,642 Non che recomendo deberlle favores a meu pai. 102 00:10:02,936 --> 00:10:04,354 Importa iso? 103 00:10:06,690 --> 00:10:07,858 Fareino. 104 00:10:08,775 --> 00:10:09,776 Ben. 105 00:10:11,695 --> 00:10:13,363 Que precisas? 106 00:10:25,792 --> 00:10:27,919 David puxo a Oliver na miña contra? 107 00:10:29,463 --> 00:10:31,673 De feito, foi un esforzo en familia. 108 00:10:32,466 --> 00:10:34,009 Foi idea súa, 109 00:10:34,092 --> 00:10:36,970 pero eu sabía como persuadilo. 110 00:10:37,679 --> 00:10:39,264 Destrozáchesme a familia? 111 00:10:39,890 --> 00:10:41,767 Pásase mal, non? 112 00:10:42,851 --> 00:10:46,605 Pode estar xogando a longo prazo contra Dawson, como o adestrei. 113 00:10:46,688 --> 00:10:47,522 Ti... 114 00:10:48,357 --> 00:10:49,608 Ti non o adestraches. 115 00:10:49,691 --> 00:10:51,234 Ti estragácheslle a vida. 116 00:10:51,318 --> 00:10:53,737 Oliver faría o que fose para protexerme. 117 00:10:53,820 --> 00:10:54,905 E protexer Caddis. 118 00:10:54,988 --> 00:10:57,074 A Oliver non lle importa Caddis. 119 00:10:57,949 --> 00:11:00,285 Meteuse aí só para estar preto de ti. 120 00:11:01,161 --> 00:11:02,662 Penso que odia Caddis. 121 00:11:02,746 --> 00:11:04,873 Queres máis a Caddis que a teu fillo. 122 00:11:05,582 --> 00:11:08,502 Rebecca, non sabes do que estás falando. 123 00:11:10,045 --> 00:11:11,463 Caddis é unha cousa. 124 00:11:12,130 --> 00:11:13,465 Quero a Oliver. 125 00:11:14,257 --> 00:11:16,426 Todo o que fixen foi por el. 126 00:11:16,510 --> 00:11:17,844 Caddis existe por el. 127 00:11:19,096 --> 00:11:20,514 El é brando, seino. 128 00:11:20,597 --> 00:11:22,974 Este mundo non é para xente coma el. 129 00:11:23,058 --> 00:11:25,143 Pero pensei que tanto tiña, 130 00:11:25,227 --> 00:11:26,728 que podía darllo eu todo. 131 00:11:28,188 --> 00:11:30,857 Estouramos o seu Porsche e pensa que fuches ti. 132 00:11:30,941 --> 00:11:33,318 Por iso foi onda Dawson. 133 00:11:33,402 --> 00:11:35,695 El pensa que súa nai tentou matalo. 134 00:11:42,452 --> 00:11:43,453 Érguete. 135 00:11:59,553 --> 00:12:01,054 Perdíchelo, Juno. 136 00:12:11,982 --> 00:12:14,526 Debes ocuparte do teu imperio en chamas. 137 00:12:15,318 --> 00:12:16,736 Xa non importa. 138 00:12:18,738 --> 00:12:20,115 Só te preciso a ti. 139 00:12:26,496 --> 00:12:28,165 Necesito saber algo, David. 140 00:12:28,832 --> 00:12:32,002 A Rebecca levárona ou...? 141 00:12:32,085 --> 00:12:33,628 Ou foi con eles? 142 00:12:36,131 --> 00:12:38,425 Antes de arriscares a vida salvándoa, 143 00:12:39,092 --> 00:12:41,219 debes saber seguro se virá contigo. 144 00:12:45,765 --> 00:12:47,184 Levárona. 145 00:12:48,018 --> 00:12:50,520 Levárona porque non a protexín. 146 00:12:52,606 --> 00:12:54,483 Preciso atopala de novo. 147 00:13:49,829 --> 00:13:51,581 Vaia. Que hospitalidade. 148 00:13:54,918 --> 00:13:57,045 Sabes que meu pai vai vir buscarme. 149 00:13:58,046 --> 00:13:59,756 Iso queres? 150 00:13:59,839 --> 00:14:01,800 Que teu papi te rescate? 151 00:14:03,009 --> 00:14:04,302 Quero ir para a casa. 152 00:14:04,844 --> 00:14:05,929 Onde está iso? 153 00:14:06,429 --> 00:14:09,391 Con David, a súa nova esposa e a súa nova filla? 154 00:14:10,559 --> 00:14:12,686 Pode que David sexa teu pai, 155 00:14:12,769 --> 00:14:14,020 pero eu, a túa familia. 156 00:14:15,355 --> 00:14:17,774 Sempre fuches coma unha filla para min. 157 00:14:21,194 --> 00:14:23,321 Debería darche as grazas por iso? 158 00:14:24,406 --> 00:14:26,658 Es a razón pola que non tiven pai. 159 00:14:26,741 --> 00:14:30,036 Eu? Traizoeino, vale, cómproche iso. 160 00:14:30,120 --> 00:14:31,997 Pero foi el quen finxiu morrer 161 00:14:32,080 --> 00:14:35,250 e seguiu desaparecido durante nove anos. 162 00:14:35,333 --> 00:14:38,044 Puido mandarche un home da súa confianza. 163 00:14:38,128 --> 00:14:39,296 Estaba protexéndome. 164 00:14:39,379 --> 00:14:42,757 Si, ou estaba protexendo a súa nova filla? 165 00:14:48,054 --> 00:14:49,681 Volveu por min. 166 00:14:50,348 --> 00:14:53,184 Arriscouno todo para afastarme de ti. 167 00:14:53,268 --> 00:14:55,312 Porque quería arranxar o teu. 168 00:14:58,690 --> 00:15:02,235 Escoita, Rebecca. Non tes nada de malo. 169 00:15:06,698 --> 00:15:07,907 Por suposto que si. 170 00:15:09,993 --> 00:15:12,287 Estou rota por dentro e iso benefíciate. 171 00:15:12,370 --> 00:15:15,248 Non estás rota por dentro. Es excepcional. 172 00:15:16,374 --> 00:15:19,294 E se el non ve iso, non te quere de verdade. 173 00:15:19,377 --> 00:15:23,006 Encantaríalle que seguises sendo a nena estúpida que eras. 174 00:15:29,638 --> 00:15:30,722 Ti quéresme? 175 00:15:34,142 --> 00:15:35,226 Si. 176 00:15:39,230 --> 00:15:42,484 Es quen sempre quixen que foses. 177 00:15:51,576 --> 00:15:53,995 E se eu non puidese facer o que fago? 178 00:15:54,579 --> 00:15:56,456 Se non puideses facelo, 179 00:15:56,539 --> 00:15:59,125 nin te recoñecerías a ti mesma no espello. 180 00:16:01,670 --> 00:16:03,922 Podes ser a ovella negra da familia Jung 181 00:16:04,005 --> 00:16:06,758 ou podes vir comigo. 182 00:16:10,011 --> 00:16:11,346 Hai un avión agardando. 183 00:16:11,930 --> 00:16:14,516 Subiremos e iremos onde Dawson non nos atope. 184 00:16:14,599 --> 00:16:16,434 Reagrupámonos e comezamos de novo. 185 00:16:17,602 --> 00:16:18,436 Xuntas. 186 00:16:27,237 --> 00:16:28,863 E que pasa se digo que non? 187 00:16:29,614 --> 00:16:31,241 Espero que non o fagas. 188 00:16:54,973 --> 00:16:56,349 Eu tamén te botei en falta. 189 00:16:58,309 --> 00:16:59,519 Juno. 190 00:17:00,103 --> 00:17:01,104 Si. 191 00:17:02,105 --> 00:17:03,648 O FBI diríxese a Caddis. 192 00:17:04,190 --> 00:17:05,942 Temos que marchar xa. 193 00:17:28,173 --> 00:17:29,591 Aínda estás aquí. 194 00:17:31,384 --> 00:17:32,927 O meu traballo non acabou. 195 00:18:23,895 --> 00:18:26,314 Os que levaron a túa filla... 196 00:18:26,397 --> 00:18:27,607 Sabes quen son? 197 00:18:27,690 --> 00:18:28,525 Si. 198 00:18:28,608 --> 00:18:33,613 Pero o máis importante é que sei onde van estar. 199 00:18:34,864 --> 00:18:37,951 Ela diríxese ó seu avión privado en Incheon. 200 00:18:41,287 --> 00:18:43,039 Pois mátaos a todos, 201 00:18:43,122 --> 00:18:46,960 e non fagas a miña filla agardar por ti tanto. 202 00:18:47,502 --> 00:18:49,546 Iso é no que penso. 203 00:19:01,015 --> 00:19:02,767 Chámome David Jung. 204 00:19:03,893 --> 00:19:06,229 Xente mala secuestrou a miña filla, 205 00:19:06,312 --> 00:19:07,856 e teño que recuperala. 206 00:19:09,148 --> 00:19:10,483 Preciso a vosa axuda. 207 00:19:23,329 --> 00:19:24,831 É un coitelo bonito. 208 00:19:26,875 --> 00:19:28,793 Mandouche ela afialo para min? 209 00:19:40,388 --> 00:19:41,973 Algunha vez soñas con eles? 210 00:19:43,308 --> 00:19:44,225 Con quen? 211 00:19:51,149 --> 00:19:52,066 Non. 212 00:19:54,319 --> 00:19:55,486 Non soño. 213 00:20:27,352 --> 00:20:28,770 Temos ao FBI. 214 00:20:34,734 --> 00:20:36,819 O senador Dawson asaltou a central. 215 00:20:47,372 --> 00:20:49,332 Levade todos os arquivos. 216 00:20:49,707 --> 00:20:51,793 Todos os discos duros e teléfonos. 217 00:21:01,344 --> 00:21:04,305 Todas as notas escritas en papel. 218 00:21:05,348 --> 00:21:06,599 Levámolo todo. 219 00:21:14,941 --> 00:21:15,775 Si. 220 00:21:19,362 --> 00:21:20,530 Xa llo digo. 221 00:21:22,699 --> 00:21:25,201 A Oliver puxéronlle protección como testemuña. 222 00:21:51,477 --> 00:21:52,687 Achégase o convoi. 223 00:21:52,770 --> 00:21:55,314 - Tres minutos da túa localización. - Recibido. 224 00:22:14,250 --> 00:22:16,169 Sinto o de Oliver. 225 00:22:17,670 --> 00:22:19,213 Non é verdade. 226 00:22:22,467 --> 00:22:25,803 Se che pregunto algo, diríasme a verdade? 227 00:22:30,099 --> 00:22:32,769 Lévasme para que me vingue do meu pai? 228 00:22:35,730 --> 00:22:37,190 Eu xa perdín a Oliver. 229 00:22:38,024 --> 00:22:39,734 Non te vou perder a ti tamén. 230 00:23:10,348 --> 00:23:11,766 Que problema hai aí diante? 231 00:23:11,849 --> 00:23:15,061 Parece que os semáforos non funcionan. Que facemos? 232 00:23:18,773 --> 00:23:20,024 Que queres facer? 233 00:23:20,108 --> 00:23:22,193 Non imos parar. Entendido? 234 00:23:22,276 --> 00:23:23,694 Precisamos outra ruta. 235 00:23:23,778 --> 00:23:27,657 Hai unha rúa á dereita que vai paralela a esta. Seguídeme. 236 00:23:56,102 --> 00:23:58,563 Agora van pola estrada secundaria. 237 00:23:58,646 --> 00:23:59,689 Equipo un, vamos. 238 00:23:59,772 --> 00:24:01,190 Cortade o tráfico. 239 00:24:50,281 --> 00:24:52,116 Ti quixeches a meu pai, non? 240 00:24:55,328 --> 00:24:56,662 Que ocorreu? 241 00:24:58,414 --> 00:25:02,168 David ten unha... visión inxenua do mundo. 242 00:25:02,877 --> 00:25:07,089 Cre que as cousas son mellores do que son. E coa xente, igual. 243 00:25:10,301 --> 00:25:12,428 Algúns deben afrontar a realidade. 244 00:25:20,561 --> 00:25:21,562 Preparádevos. 245 00:25:21,646 --> 00:25:22,772 Recibido. 246 00:25:27,777 --> 00:25:28,736 Infórmame, Shin. 247 00:25:28,819 --> 00:25:31,239 Efectivos en posición. Estamos listos. 248 00:25:31,781 --> 00:25:33,074 Adiante. 249 00:25:41,499 --> 00:25:42,541 Estamos atrapados. 250 00:25:42,625 --> 00:25:43,501 É David. 251 00:25:45,628 --> 00:25:47,463 Marcha atrás! 252 00:25:48,464 --> 00:25:49,715 Movédevos! 253 00:26:02,603 --> 00:26:04,063 Sácanos do atasco. 254 00:26:21,372 --> 00:26:24,542 Pasaron! Tentarei cortarlles o paso. 255 00:26:58,868 --> 00:26:59,994 Atrás! 256 00:27:53,881 --> 00:27:55,341 Algunha instrución? 257 00:27:55,841 --> 00:27:57,385 Non morras sen usalo todo. 258 00:28:26,205 --> 00:28:27,039 Mi madriña. 259 00:28:59,321 --> 00:29:00,823 Non te movas! 260 00:29:53,542 --> 00:29:56,921 Chegou o fin, fillo de puta. 261 00:32:04,965 --> 00:32:06,508 Fóra! 262 00:33:19,331 --> 00:33:20,374 Estás ben? 263 00:33:22,042 --> 00:33:22,918 Si. 264 00:33:25,254 --> 00:33:26,255 Onde está Pistola? 265 00:33:27,172 --> 00:33:28,173 Está morto. 266 00:33:33,095 --> 00:33:34,388 Estás acabada, Juno. 267 00:33:35,013 --> 00:33:36,432 Caddis está acabada. 268 00:33:39,143 --> 00:33:40,686 Pode que Caddis estea acabada. 269 00:33:41,520 --> 00:33:42,479 O nome. 270 00:33:43,230 --> 00:33:44,732 Pero é só un nome. 271 00:33:45,357 --> 00:33:46,567 Teño máis. 272 00:33:46,650 --> 00:33:48,110 Viñeches pola miña familia. 273 00:33:48,193 --> 00:33:49,737 E ti pola miña. 274 00:33:51,572 --> 00:33:53,532 Aínda podemos solucionalo. 275 00:33:54,366 --> 00:33:57,161 Pensa nas cousas incribles que podemos facer xuntos. 276 00:33:57,244 --> 00:33:59,955 Ti, eu e Rebecca 277 00:34:00,038 --> 00:34:01,248 seriamos imparables. 278 00:34:01,331 --> 00:34:02,708 A miña familia! 279 00:34:06,795 --> 00:34:08,755 Non me vas matar a sangue frío. 280 00:34:09,297 --> 00:34:11,467 E dubido que te vaias arriscar coa policía. 281 00:34:11,550 --> 00:34:13,177 - Rebecca, ponte detrás. - Non. 282 00:34:13,260 --> 00:34:14,219 Faino. 283 00:34:15,137 --> 00:34:16,472 Non quero que morra. 284 00:34:17,848 --> 00:34:20,601 Se a deixamos marchar, reagruparase e virá por nós. 285 00:34:20,726 --> 00:34:22,478 Nunca estaremos a salvo. Sábelo. 286 00:34:22,561 --> 00:34:23,978 É parte de min, papá. 287 00:34:25,397 --> 00:34:27,565 Sei que non ten ningún senso... 288 00:34:29,067 --> 00:34:30,569 pero ela é parte de min. 289 00:34:32,196 --> 00:34:33,405 Quero que viva. 290 00:34:35,908 --> 00:34:38,659 - Por favor. - Ela non che deixaría marchar. 291 00:34:39,661 --> 00:34:40,788 Quizais. 292 00:34:42,956 --> 00:34:44,333 Pero non son ela. 293 00:34:47,543 --> 00:34:48,754 Ti tampouco. 294 00:34:51,799 --> 00:34:53,382 Papá, por favor. 295 00:34:53,467 --> 00:34:54,842 Por favor, non o fagas. 296 00:35:06,688 --> 00:35:08,398 A oferta segue en pé. 297 00:35:12,236 --> 00:35:13,987 A miña resposta tamén. 298 00:35:16,156 --> 00:35:17,574 Vémonos, David. 299 00:35:22,496 --> 00:35:24,623 Non me fagas vir por ti, Juno. 300 00:36:11,587 --> 00:36:12,421 Oe. 301 00:36:17,426 --> 00:36:18,594 Esa é boa. 302 00:36:25,642 --> 00:36:27,144 Que che dixo ela? 303 00:36:28,061 --> 00:36:29,062 Juno. 304 00:36:29,813 --> 00:36:31,607 Cando te tiña secuestrada. 305 00:36:31,815 --> 00:36:34,943 Non quero estragarche a fantasía de papi salvador, 306 00:36:35,027 --> 00:36:36,403 pero non era un secuestro. 307 00:36:37,070 --> 00:36:40,115 Temos que dar parte deste evento coma profesionais. 308 00:36:40,198 --> 00:36:41,366 Non son túa. 309 00:36:42,075 --> 00:36:43,368 Es dela? 310 00:36:49,708 --> 00:36:51,043 Non mo tes que dicir. 311 00:36:51,835 --> 00:36:52,878 En serio. 312 00:36:57,215 --> 00:36:59,134 Juno non me dixo nada. 313 00:36:59,843 --> 00:37:01,845 Estiven nun calabozo unhas horas. 314 00:37:01,929 --> 00:37:03,847 Tívome esposada á mesa. 315 00:37:03,931 --> 00:37:06,183 Logo trasladáronme ó convoi. 316 00:37:07,893 --> 00:37:09,519 Sen as esposas. 317 00:37:15,025 --> 00:37:16,276 Grazas por exfiltrarme. 318 00:37:18,320 --> 00:37:19,780 Mellor tarde ca nunca. 319 00:37:54,147 --> 00:37:56,066 O senador Dawson xa canta vitoria. 320 00:37:56,149 --> 00:37:58,193 A CNN xa publica artigos disto. 321 00:37:58,777 --> 00:38:02,155 "Investigan a empresa de espionaxe Caddis por asasinatos." 322 00:38:04,199 --> 00:38:07,703 Vai usar todo canto poida para chegar á Casa Branca. 323 00:38:07,786 --> 00:38:10,998 Precisamos estratexia para cando cheguemos a Tánxer. 324 00:38:11,081 --> 00:38:12,791 Pode que Caddis desapareza. 325 00:38:14,167 --> 00:38:15,669 Construirei algo novo 326 00:38:16,753 --> 00:38:20,716 nalgún lugar mellor onde non teña que finxir cumprir a lei dos EUA. 327 00:38:28,682 --> 00:38:29,808 Oliver? 328 00:38:29,891 --> 00:38:30,976 Mamá? 329 00:38:33,478 --> 00:38:34,896 A chamada está gravada. 330 00:38:35,355 --> 00:38:36,356 Seino. 331 00:38:37,649 --> 00:38:39,818 - Preciso preguntarte... - Non fun eu. 332 00:38:41,319 --> 00:38:42,571 David manipulounos. 333 00:38:45,240 --> 00:38:47,242 Eu nunca che faría dano. 334 00:38:50,078 --> 00:38:51,705 Mamá, síntoo. 335 00:38:54,207 --> 00:38:57,169 Deus, síntoo moito. Non sei o que estou a facer. 336 00:38:58,253 --> 00:38:59,796 Non sei nin que dicir. 337 00:38:59,880 --> 00:39:01,339 Sinto o de Baron. 338 00:39:02,215 --> 00:39:03,050 Que? 339 00:39:03,133 --> 00:39:05,302 Perdón por non ser unha boa nai, 340 00:39:05,385 --> 00:39:07,512 por non ser todo o que necesitabas. 341 00:39:09,097 --> 00:39:10,682 Nin me acheguei a iso. 342 00:39:13,226 --> 00:39:14,811 Pero segues sendo o meu fillo. 343 00:39:16,271 --> 00:39:17,481 Dixeches "Baron"? 344 00:39:19,066 --> 00:39:21,693 Sei que son dura contigo, pero é... 345 00:39:21,777 --> 00:39:23,153 porque es meu. 346 00:39:23,236 --> 00:39:24,863 Porque te quero. 347 00:39:24,946 --> 00:39:26,448 Quizais non me creas, 348 00:39:26,531 --> 00:39:29,743 e iso que o que merezo. Merezo que me odies. 349 00:39:29,826 --> 00:39:31,411 Pero precisas saber algo. 350 00:39:31,495 --> 00:39:32,996 Mamá, non te oio. 351 00:39:33,955 --> 00:39:37,167 Podes traizoarme mil e unha veces... 352 00:39:37,250 --> 00:39:39,002 Ola? Mamá, sigo aquí. 353 00:39:39,086 --> 00:39:41,630 E non deixarei de ser túa nai. 354 00:39:45,258 --> 00:39:46,259 Ola? 355 00:39:49,971 --> 00:39:51,306 Oliver. 356 00:40:32,848 --> 00:40:34,683 Non pensaba ir á universidade. 357 00:40:37,644 --> 00:40:41,815 Vía os estudantes pola cidade cando me adestraban en Caddis, 358 00:40:41,898 --> 00:40:45,235 e pensaba para min mesma: "Deus, vaia parvos. 359 00:40:45,318 --> 00:40:48,780 Estes nenos inútiles chaman a seus pais despois de facer tarefas." 360 00:40:49,990 --> 00:40:51,366 Quizais tiña envexa. 361 00:40:52,200 --> 00:40:53,451 Aínda non é tarde. 362 00:40:53,535 --> 00:40:55,829 - Iso non é para min. - Oe. 363 00:40:55,912 --> 00:40:59,332 Es intelixente. Es capaz. Tes 23 anos. 364 00:40:59,916 --> 00:41:01,751 Hai pouco que non poidas facer. 365 00:41:03,837 --> 00:41:05,839 Quizais non debería ser presidenta. 366 00:41:06,339 --> 00:41:07,632 Eu votaríate. 367 00:41:30,947 --> 00:41:32,949 Gustaríame volver ós Estados Unidos. 368 00:41:33,033 --> 00:41:34,743 Poderiamos ir vivir ós Ánxeles. 369 00:41:37,037 --> 00:41:39,497 Coñeces algún famoso? 370 00:41:40,373 --> 00:41:41,416 Non. 371 00:41:41,917 --> 00:41:43,668 Coñeces veganos? 372 00:41:43,752 --> 00:41:46,379 Si, hai moitos onde eu vivo. 373 00:41:46,463 --> 00:41:49,299 Son os veganos débiles e delgados? 374 00:41:49,382 --> 00:41:50,383 O que? 375 00:41:50,467 --> 00:41:52,636 - Non o creo. - Onde oíches iso? 376 00:41:52,719 --> 00:41:53,845 - Ven aquí. - Si. 377 00:41:53,929 --> 00:41:55,931 Tes moitas preguntas. 378 00:41:56,473 --> 00:41:57,974 Si, é curiosa. 379 00:41:58,808 --> 00:41:59,893 Eu tamén o sería. 380 00:42:00,894 --> 00:42:02,187 Gústanche os tacos? 381 00:42:02,270 --> 00:42:04,022 Encántanme os tacos, si. 382 00:42:04,105 --> 00:42:05,774 Oíu falar moito dos tacos. 383 00:42:06,441 --> 00:42:09,653 Corea teno todo, pero custa topar boa comida mexicana. 384 00:42:10,779 --> 00:42:13,365 Papá di que sempre é doce. 385 00:42:14,324 --> 00:42:16,618 Si que digo iso. Como o sabías? 386 00:42:20,872 --> 00:42:22,666 Teño sono. 387 00:42:31,633 --> 00:42:33,260 Estás contento. 388 00:42:36,054 --> 00:42:38,014 Levaba moito desexando isto. 389 00:42:45,897 --> 00:42:47,065 Quérote. 390 00:42:52,988 --> 00:42:54,447 Vale. 391 00:43:02,539 --> 00:43:03,498 Marchamos? 392 00:43:05,083 --> 00:43:07,627 Vou ó baño antes de marchar. 393 00:43:11,006 --> 00:43:12,048 Vou con ela. 394 00:43:15,010 --> 00:43:16,428 Non tardedes moito. 395 00:43:31,943 --> 00:43:32,777 Minhee-ya. 396 00:43:33,403 --> 00:43:34,571 Minhee-ya. 397 00:43:36,156 --> 00:43:37,991 Queres ir para Estados Unidos? 398 00:43:38,074 --> 00:43:39,576 A Hawai. 399 00:43:39,659 --> 00:43:41,077 Hawai. 400 00:43:43,621 --> 00:43:45,123 É boa idea. 401 00:44:03,016 --> 00:44:04,642 Volvo agora, vale? 402 00:44:05,185 --> 00:44:08,897 Agarda aquí. Deita aquí un pouco. Así. 403 00:44:20,867 --> 00:44:21,868 Eunju? 404 00:44:25,080 --> 00:44:26,498 Ruliña, estás ben? 405 00:44:30,794 --> 00:44:31,795 Rebecca? 406 00:44:47,310 --> 00:44:49,062 Santo ceo! 407 00:44:49,896 --> 00:44:51,898 Eunju. 408 00:44:51,981 --> 00:44:54,526 Óesme? 409 00:44:55,276 --> 00:44:57,737 Déixame ver. 410 00:44:57,821 --> 00:44:59,989 Merda. Hostia! 411 00:45:08,832 --> 00:45:09,749 Xa está. 412 00:45:09,833 --> 00:45:13,878 Estou aquí. Ti respira, vale? Respira. 413 00:45:15,380 --> 00:45:16,589 Respira. 414 00:45:20,343 --> 00:45:21,928 Aguanta. 415 00:45:23,304 --> 00:45:24,514 Quen che fixo isto? 416 00:45:25,807 --> 00:45:27,308 Quen che fixo isto? 417 00:45:32,897 --> 00:45:34,190 Foi Rebecca? 418 00:45:36,151 --> 00:45:37,652 Foi Rebecca? 419 00:45:41,489 --> 00:45:43,074 Rebecca! 420 00:45:46,536 --> 00:45:48,204 Rebecca! 421 00:46:38,379 --> 00:46:40,381 Subtítulos: Antía López Cando 422 00:46:40,465 --> 00:46:42,467 Supervisora creativa: Estefanía Prol