1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX
2
00:00:07,757 --> 00:00:09,592
A animación converteuse,
3
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX
4
00:00:10,093 --> 00:00:12,971
para o consumidor, nun xénero.
5
00:00:13,638 --> 00:00:16,016
Mais tamén é un medio artístico
6
00:00:16,516 --> 00:00:18,852
e, de entre todos os da animación,
7
00:00:18,935 --> 00:00:21,563
para min, o máis sagrado e máxico
8
00:00:21,646 --> 00:00:22,814
é o stop-motion,
9
00:00:23,314 --> 00:00:26,401
porque é a unión
entre animador e monicreque.
10
00:00:28,319 --> 00:00:30,989
Normalmente, un filme captura a realidade.
11
00:00:31,531 --> 00:00:35,577
A animación créaa e simula a captura.
12
00:00:35,660 --> 00:00:40,832
Dáslle vida e esa é
a expresión artística máis elevada.
13
00:00:42,876 --> 00:00:44,878
O que nos vai facer únicos é
14
00:00:44,961 --> 00:00:48,465
aportarlle a este filme
a estética dos filmes de Guillermo.
15
00:00:48,548 --> 00:00:51,092
A sofisticación propia da cinematografía,
16
00:00:51,176 --> 00:00:56,097
cando se aplica ao stop-motion,
que é intrinsecamente artesanal,
17
00:00:56,181 --> 00:00:59,434
resulta nunha combinación moi potente.
18
00:00:59,517 --> 00:01:02,020
Pinocchio é un filme cun corazón enorme.
19
00:01:02,103 --> 00:01:05,440
Trata de quen somos,
de ser fieis a nós mesmos
20
00:01:05,523 --> 00:01:08,985
e de non cambiar para sermos aceptados.
21
00:01:10,862 --> 00:01:15,283
Tamén trata de ser pai e de ser fillo,
22
00:01:15,784 --> 00:01:17,744
de aprender a querer aos teus
23
00:01:17,827 --> 00:01:20,080
tal e como son e polo que son.
24
00:01:20,163 --> 00:01:23,958
O Pinocchio de Guillermo
é absolutamente sorprendente.
25
00:01:24,834 --> 00:01:30,173
É quen de introducir
temas importantes agochados
26
00:01:30,256 --> 00:01:33,218
nunha película familiar moi entretida.
27
00:01:35,720 --> 00:01:38,473
Sempre analiza en que consiste ser humano
28
00:01:38,556 --> 00:01:40,934
e formar parte dunha sociedade.
29
00:01:41,017 --> 00:01:44,896
É a súa especialidade
e este filme vai sobre iso.
30
00:01:45,480 --> 00:01:48,608
É volver contar unha historia
que cres que xa sabes,
31
00:01:48,691 --> 00:01:49,567
mais non tal.
32
00:01:54,280 --> 00:01:58,701
A faceta marxinal de Pinocho
foi o que me atraeu da historia.
33
00:01:58,785 --> 00:02:01,162
Identifícome coas criaturas marxinadas,
34
00:02:01,246 --> 00:02:03,623
o monstro de Frankenstein ou Pinocho,
35
00:02:03,706 --> 00:02:06,334
coa idea de entender
o mundo por nós mesmos
36
00:02:06,960 --> 00:02:10,088
e de que non abonda co que che contan.
37
00:02:10,171 --> 00:02:13,258
Queres saber por que isto está ben
e estoutro mal,
38
00:02:13,341 --> 00:02:16,010
se a ti che parece mal isto
e ben estoutro.
39
00:02:17,011 --> 00:02:21,391
Para min, a fraxilidade de Pinocho
reside na súa aparencia irreal
40
00:02:21,474 --> 00:02:24,519
e en que xente non pode
aceptalo como neno real,
41
00:02:24,602 --> 00:02:28,565
porque non encaixa na idea
que teñen de neno real.
42
00:02:28,648 --> 00:02:29,983
Son de verdade!
43
00:02:30,483 --> 00:02:31,943
Demo!
44
00:02:32,026 --> 00:02:33,319
Meigaría!
45
00:02:33,403 --> 00:02:36,781
O máxico é que é a interpretación
de Pinocho de Guillermo,
46
00:02:36,865 --> 00:02:40,243
así que ten a estética propia
dun filme de Guillermo.
47
00:02:40,326 --> 00:02:44,038
Aportoulle ese aspecto de criatura
48
00:02:44,122 --> 00:02:47,500
que un espera
que Guillermo lle dea a Pinocho.
49
00:02:47,584 --> 00:02:52,797
Pero a historia tamén ten
un lado emocional moi sincero,
50
00:02:52,881 --> 00:02:54,591
Pinocho!
51
00:02:56,176 --> 00:02:57,510
O amor manca.
52
00:02:57,594 --> 00:03:00,555
Levou uns 15 anos rematar o filme
53
00:03:00,638 --> 00:03:04,893
e tivemos que xuntar
o mellor equipo de stop-motion.
54
00:03:05,560 --> 00:03:08,146
Por favor, mirade os botóns de miniatura.
55
00:03:08,730 --> 00:03:10,440
- Xa.
- Son xeitosos de raio.
56
00:03:11,024 --> 00:03:12,233
Son, non si?
57
00:03:12,317 --> 00:03:16,321
Establecemos un triángulo
entre Londres, Portland e Guadalajara.
58
00:03:17,238 --> 00:03:20,700
Levo desde os anos 80
apoiando a animación mexicana
59
00:03:20,783 --> 00:03:23,953
e queriamos que houbese
unha conexión con México.
60
00:03:24,037 --> 00:03:27,790
Quería animadores mexicanos
para Pinocho e o grilo.
61
00:03:27,874 --> 00:03:33,713
Personaxes principais, para amosar
a gran capacidade artística e técnica
62
00:03:33,796 --> 00:03:36,341
dos estudos mexicanos en animación.
63
00:03:37,008 --> 00:03:39,844
Temos dos mellores animadores do mundo,
64
00:03:39,928 --> 00:03:42,222
guiados por Shadowmachine.
65
00:03:42,722 --> 00:03:47,602
Comezamos un proceso alucinante
para formarmos un equipo de stop-motion
66
00:03:48,186 --> 00:03:51,064
á altura da visión que tiña Guillermo.
67
00:03:51,147 --> 00:03:54,317
O grado de experiencia
no noso proxecto era enorme.
68
00:03:54,400 --> 00:03:57,362
Foi moi emocionante,
69
00:03:57,445 --> 00:04:00,990
porque conseguimos
estar ao nivel máis alto.
70
00:04:01,074 --> 00:04:06,037
Esperaba un deses guións
que se eleva e ao que queres servir,
71
00:04:06,120 --> 00:04:08,039
e esta experiencia foi así.
72
00:04:08,623 --> 00:04:11,751
Chamoume a atención inmediatamente
73
00:04:11,834 --> 00:04:15,713
que non se parecía
a ningún outro filme animado
74
00:04:15,797 --> 00:04:17,006
xa visto.
75
00:04:17,715 --> 00:04:23,429
A estética de Guillermo está tecida
en case cada fotograma do filme.
76
00:04:23,513 --> 00:04:29,018
Hai unha diferencia significativa
entre o stop-motion coma arte e o dixital.
77
00:04:29,102 --> 00:04:32,772
O stop-motion ten avanzado
desde os seus comezos,
78
00:04:32,855 --> 00:04:36,776
cando se usaba o moiré
e o escintileo de peles e teas,
79
00:04:36,859 --> 00:04:39,570
mesmo o po atmosférico dos decorados,
80
00:04:39,654 --> 00:04:42,949
e o resultado imperfecto
era algo fermosísimo,
81
00:04:43,032 --> 00:04:45,618
porque che contaba como se fixera.
82
00:04:46,536 --> 00:04:49,789
Eu quería que o resultado deste filme
83
00:04:49,872 --> 00:04:54,335
transmitise esa natureza material
das obras de animación feitas á man,
84
00:04:54,419 --> 00:05:00,049
un exercicio fermoso e artesanal
de tallar, pintar e esculpir,
85
00:05:00,133 --> 00:05:02,343
mais coa sofisticación de movemento
86
00:05:02,427 --> 00:05:07,181
que permiten os avances en soportes
e elaboración de monicreques.
87
00:05:09,434 --> 00:05:13,730
Como supervisora
da fabricación de monicreques
88
00:05:13,813 --> 00:05:17,400
o meu papel é facer
que un director coma Guillermo
89
00:05:17,483 --> 00:05:20,695
me confíe a imaxe que ten do seu filme.
90
00:05:20,778 --> 00:05:23,031
E tamén está o elemento práctico,
91
00:05:23,114 --> 00:05:25,783
como transformamos
eses obxectos inanimados
92
00:05:25,867 --> 00:05:28,786
en monicreques que se poden animar?
93
00:05:29,412 --> 00:05:32,790
Hai que planificar como se vai mover,
94
00:05:32,874 --> 00:05:36,544
que precisa facer no arco da súa historia.
95
00:05:36,627 --> 00:05:39,630
Que soporte vai usar
96
00:05:39,714 --> 00:05:41,007
e mesmo canto pesa.
97
00:05:41,090 --> 00:05:43,176
É algo que hai que ter en conta.
98
00:05:43,259 --> 00:05:46,220
É un equilibrio difícil,
sobre todo nas criaturas,
99
00:05:46,304 --> 00:05:51,476
que son máis problemáticas
ca os personaxes humanos.
100
00:05:51,559 --> 00:05:55,521
Hai tantos elementos fantásticos,
marabillosos,
101
00:05:55,605 --> 00:05:57,815
que todos son difíciles de crear,
102
00:05:57,899 --> 00:06:00,651
mais hai que montalos
e que funcionen xuntos.
103
00:06:01,611 --> 00:06:05,406
Cómpre moito tempo
até que o monicreque está listo.
104
00:06:05,490 --> 00:06:07,742
Pode levar un ano
105
00:06:07,825 --> 00:06:09,827
até dar por rematado un monicreque
106
00:06:09,911 --> 00:06:12,789
que satisfaga a todos
e que poida saír a escena,
107
00:06:12,872 --> 00:06:14,332
e entón podes animalo.
108
00:06:15,083 --> 00:06:19,754
Guillermo prefería que isto
fose mecánico a substitución.
109
00:06:19,837 --> 00:06:22,882
Temos ambos tipos
de monicreques neste filme.
110
00:06:22,965 --> 00:06:26,636
Na substitución,
cada expresión e forma da boca
111
00:06:26,719 --> 00:06:28,304
é un transplante.
112
00:06:28,388 --> 00:06:32,016
É dicir, cada forma da boca
é unha máscara facial distinta
113
00:06:32,100 --> 00:06:34,060
que se pon na cara do monicreque.
114
00:06:34,143 --> 00:06:37,688
Pinocho é de substitución
porque é un cativo de madeira.
115
00:06:37,772 --> 00:06:41,234
Queremos que actúe
como se fose de madeira.
116
00:06:41,317 --> 00:06:44,362
A súa cara é sempre do mesmo tamaño.
117
00:06:44,445 --> 00:06:45,988
Non ten as fazulas gordas.
118
00:06:46,072 --> 00:06:49,992
As vetas de madeira da cara
non se moven para nada.
119
00:06:50,076 --> 00:06:51,661
Soamente se abre.
120
00:06:51,744 --> 00:06:55,832
Describino como usar
un cicel para abrir a boca.
121
00:06:55,915 --> 00:06:59,627
Dás un golpe, a parte de atrás amortéceo.
122
00:07:00,211 --> 00:07:02,130
Pam! Aberta.
123
00:07:02,213 --> 00:07:05,299
Foi xenial cando se nos ocorreu.
124
00:07:05,383 --> 00:07:06,634
Pensei: "Toma!"
125
00:07:07,677 --> 00:07:13,182
Era un monicreque complicado,
desde o punto de vista técnico.
126
00:07:13,266 --> 00:07:16,894
Tivemos que atopar técnicas novas
para que se vise o personaxe
127
00:07:17,395 --> 00:07:20,773
en toda a súa forma de madeira,
coas xuntas bastas.
128
00:07:20,857 --> 00:07:23,776
Queriamos que fose
tan práctico e duradeiro
129
00:07:23,860 --> 00:07:27,572
como exixe un filme
para un monicreque dese tamaño.
130
00:07:28,072 --> 00:07:31,951
Pinocho é o primeiro monicreque
131
00:07:32,034 --> 00:07:34,745
completamente impreso cunha impresora 3D.
132
00:07:34,829 --> 00:07:39,083
Mais Volpe e Geppetto
son animacións mecánicas,
133
00:07:39,167 --> 00:07:42,128
que é cando tes unha funda de silicona
134
00:07:42,211 --> 00:07:47,467
sobre un mecanismo que é,
en esencia, un reloxo suízo.
135
00:07:48,134 --> 00:07:51,345
Así o animador move,
fotograma a fotograma,
136
00:07:51,429 --> 00:07:55,016
cada elemento desde o exterior
e a través da funda.
137
00:07:55,099 --> 00:07:57,602
Foi longo, traballar
co equipo de animación
138
00:07:57,685 --> 00:08:01,564
para ver como desenvolver
as técnicas usadas para cada personaxe.
139
00:08:01,647 --> 00:08:04,317
Con Geppetto funciona de marabilla,
140
00:08:04,400 --> 00:08:08,279
porque ten o bigote e a barba longos
e as cellas moi espesas.
141
00:08:08,362 --> 00:08:12,074
E todo iso préstase
para as caras mecánicas.
142
00:08:12,617 --> 00:08:15,745
Mais co primeiro monicreque de Carlo
143
00:08:15,828 --> 00:08:17,872
foi unha loita para o animador.
144
00:08:17,955 --> 00:08:19,957
Canto máis delicada é a cara,
145
00:08:20,041 --> 00:08:23,252
máis difícil é facerlle
cambiar as expresións.
146
00:08:23,336 --> 00:08:26,756
Os animadores comezaron
a usar as pálpebras inferiores,
147
00:08:26,839 --> 00:08:29,550
as cellas e a linguaxe corporal.
148
00:08:29,634 --> 00:08:31,469
E, sobre todo con Carlo,
149
00:08:31,552 --> 00:08:33,888
unha cousa que queriamos facer
150
00:08:33,971 --> 00:08:36,682
era animar xestos innecesarios.
151
00:08:36,766 --> 00:08:39,477
E este de aquí foi o máximo expoñente,
152
00:08:39,560 --> 00:08:43,272
porque ninguén fai
máis xestos innecesarios ca un neno.
153
00:08:44,482 --> 00:08:48,236
Xa desde o comezo,
Guillermo propuxérase asegurar
154
00:08:48,319 --> 00:08:50,988
que o stop-motion resultase real e táctil
155
00:08:51,072 --> 00:08:54,367
e insistiu na idea de animar erros.
156
00:08:54,909 --> 00:08:59,539
Para el era moi importante
o realismo das actuacións,
157
00:08:59,622 --> 00:09:02,959
cos pequenos erros que cometemos arreo.
158
00:09:03,042 --> 00:09:07,421
Se van coller o prato da cea,
pode que non atinen
159
00:09:07,505 --> 00:09:09,215
e vólveno intentar.
160
00:09:09,924 --> 00:09:12,760
En filmes de imaxe real,
un rabia por un erro,
161
00:09:13,469 --> 00:09:16,681
por unha frase interpretada
dun xeito inesperado.
162
00:09:16,764 --> 00:09:21,185
É moi complicado invocar
esa realidade no stop-motion,
163
00:09:21,769 --> 00:09:26,148
porque estás a animala,
así que cómpre simular os accidentes.
164
00:09:26,232 --> 00:09:27,191
Levanta a perna.
165
00:09:27,275 --> 00:09:30,111
Como é director de imaxe real,
166
00:09:30,194 --> 00:09:34,949
sabe o tempo que lle leva á xente procesar
167
00:09:35,449 --> 00:09:37,577
as caras e os obxectos na pantalla.
168
00:09:38,494 --> 00:09:41,622
Neste filme, Guillermo
tivo paciencia para dicir,
169
00:09:42,123 --> 00:09:43,499
cómpre ir máis lento.
170
00:09:43,583 --> 00:09:46,669
Cómpre ver a Pinocho pensando.
171
00:09:46,752 --> 00:09:49,130
Dixen: "Se o personaxe está a pensar,
172
00:09:49,213 --> 00:09:52,258
quero velo mover os ollos,
procesando a información.
173
00:09:52,341 --> 00:09:55,011
Quero ver un cambio sutil."
174
00:09:55,094 --> 00:09:56,679
Se animas o ordinario,
175
00:09:56,762 --> 00:09:59,307
acadarás algo extraordinario.
176
00:10:02,935 --> 00:10:05,187
Codirixín con Mark Gustafson,
177
00:10:05,271 --> 00:10:09,609
que para min é un director
e animador mítico.
178
00:10:09,692 --> 00:10:12,320
Foi incrible traballar con Guillermo,
179
00:10:12,403 --> 00:10:16,157
porque é un artista do máis alto nivel.
180
00:10:16,240 --> 00:10:20,202
E iso obrígate a porte ao seu nivel.
181
00:10:20,286 --> 00:10:24,415
Guillermo é fantástico,
porque confía plenamente no animador,
182
00:10:24,498 --> 00:10:26,500
como confía nos seus actores.
183
00:10:27,084 --> 00:10:31,130
Un filme de imaxe real
faise entre un "acción" e un "corten",
184
00:10:31,213 --> 00:10:32,965
o actor é dono da toma.
185
00:10:33,049 --> 00:10:36,052
Estableces este vencello cos animadores
186
00:10:36,135 --> 00:10:40,139
e dálles moito poder
para pensar polo monicreque,
187
00:10:40,723 --> 00:10:44,644
non representar unha acción
sen máis, evitar a pantomima
188
00:10:45,144 --> 00:10:47,188
e darnos unha interpretación real.
189
00:10:47,271 --> 00:10:50,566
Os animadores son os nosos actores.
190
00:10:51,317 --> 00:10:54,320
A animación é un proceso moi elaborado,
191
00:10:54,403 --> 00:10:57,948
queriamos que os animadores
fosen donos das súas actuacións.
192
00:10:58,032 --> 00:11:00,159
Un dos principios fundamentais
193
00:11:00,242 --> 00:11:03,120
que propuxemos Guillermo
e mais eu ao comenzarmos
194
00:11:03,204 --> 00:11:08,376
foi devolverlle a interpretación
aos animadores na medida do posible.
195
00:11:08,959 --> 00:11:13,422
Parte diso eran os vídeos de imaxe real.
196
00:11:13,506 --> 00:11:19,762
"Non mintas
ou vaiche crecer o nariz moito."
197
00:11:19,845 --> 00:11:22,473
Antes de rodar unha toma, como animador,
198
00:11:22,556 --> 00:11:24,141
tes que investigar
199
00:11:24,225 --> 00:11:26,435
que forma vai ter a toma,
200
00:11:26,519 --> 00:11:29,271
que movementos e velocidade.
201
00:11:29,355 --> 00:11:32,400
Un xeito rápido e sinxelo
é filmarse a un mesmo.
202
00:11:32,900 --> 00:11:34,568
Así que os animadores viñan
203
00:11:34,652 --> 00:11:37,738
con vídeos curtos deles
representando a acción.
204
00:11:38,322 --> 00:11:39,949
A Guillermo encantáballe.
205
00:11:40,032 --> 00:11:43,035
Sempre que os ve,
di cun sorriso de orella a orella,
206
00:11:43,119 --> 00:11:45,162
"Iso! Xusto así! Xenial"
207
00:11:46,789 --> 00:11:48,082
Spazzatura.
208
00:11:49,834 --> 00:11:52,920
Grimly deseñou un Pinocho incrible.
209
00:11:53,003 --> 00:11:58,759
Para min, o mellor Pinocho que vin,
pola súa sinxeleza e fermosura.
210
00:11:58,843 --> 00:12:01,095
Cando comecei a deseñar a Pinocho,
211
00:12:01,178 --> 00:12:03,597
só quería que fose mangallón e raro,
212
00:12:04,181 --> 00:12:06,600
coma un monicreque sen fíos.
213
00:12:06,684 --> 00:12:09,353
Posto que Pinocho era o protagonista
214
00:12:09,437 --> 00:12:11,021
queriamos comezar por el.
215
00:12:11,105 --> 00:12:14,650
Guillermo tivo a xenial idea
de darlle un toque Frankenstein,
216
00:12:14,734 --> 00:12:16,986
cunha metade rematada e a outra non.
217
00:12:19,196 --> 00:12:21,115
Fixémolo asimétrico,
218
00:12:21,198 --> 00:12:23,784
porque Geppetto tállao estando borracho.
219
00:12:24,285 --> 00:12:27,997
E a idea é que comeza pola orella e o pelo
220
00:12:28,539 --> 00:12:31,751
e con iso é moi coidadoso,
mais logo cansa e…
221
00:12:32,251 --> 00:12:34,462
e remátao decontado.
222
00:12:37,923 --> 00:12:41,719
Geppetto foi un dos personaxes
que máis deseño implicou.
223
00:12:41,802 --> 00:12:43,846
Puxémoslle capas de roupa.
224
00:12:44,430 --> 00:12:48,100
Era esencial
que fose vestido con farrapos.
225
00:12:48,184 --> 00:12:52,354
Non é o tipo de home
que pode comprar moitos pantalóns.
226
00:12:53,230 --> 00:12:54,398
Meu fillo.
227
00:12:54,482 --> 00:12:57,943
Levámolo a un lugar
no que deixa de ser agradable.
228
00:12:58,027 --> 00:13:02,031
É dicir, este tipo bebe, enfádase.
229
00:13:02,114 --> 00:13:04,700
Non entende a Pinocho.
230
00:13:04,784 --> 00:13:06,994
E lévalle tempo decatarse
231
00:13:07,077 --> 00:13:10,915
de que os seu amor polo rapaz
é moito máis importante
232
00:13:10,998 --> 00:13:14,335
que facer algo socialmente aceptable.
233
00:13:14,418 --> 00:13:17,046
Pode actuar aínda que estea morto.
234
00:13:17,129 --> 00:13:21,550
Como se atreve! Amose algo de respecto.
235
00:13:22,051 --> 00:13:24,553
O vilán de moitas destas historias,
236
00:13:24,637 --> 00:13:26,263
chamado Mangiafuoco,
237
00:13:26,347 --> 00:13:28,682
é un personaxe moi acorporado
238
00:13:28,766 --> 00:13:31,519
e a min iso non me acababa,
non me gustaba.
239
00:13:31,602 --> 00:13:33,437
Parecíame un clixé.
240
00:13:33,521 --> 00:13:36,398
Guillermo xuntou o equipo
que había nese momento,
241
00:13:36,482 --> 00:13:38,526
mirounos e díxonos: "Meus,
242
00:13:38,609 --> 00:13:42,196
non me gusta o noso vilán
e quero cambialo."
243
00:13:42,780 --> 00:13:46,200
E dixen: "Acho que debería ser este.
244
00:13:46,283 --> 00:13:49,286
Podemos convertelo
no antagonista principal?"
245
00:13:49,370 --> 00:13:52,873
E foi un pouco…
"Vale, pero o vilán xa o fixemos."
246
00:13:53,541 --> 00:13:55,334
E que facemos?
247
00:13:55,417 --> 00:13:57,545
Cal foi a túa resposta?
248
00:13:57,628 --> 00:14:00,840
Pois unha vez que o ves
non quitas a idea da cabeza
249
00:14:00,923 --> 00:14:03,467
e contas cun equipo incrible para logralo.
250
00:14:03,551 --> 00:14:07,513
Pasamos moito tempo
a deseñar a Mangiafuoco,
251
00:14:07,596 --> 00:14:11,016
cunha barba enorme,
252
00:14:11,100 --> 00:14:14,645
rematámolo e agora é
un personaxe de recheo do circo.
253
00:14:16,230 --> 00:14:19,692
Non vos é un espectáculo!
254
00:14:19,775 --> 00:14:21,318
Claro que o é!
255
00:14:21,402 --> 00:14:26,490
Volpe é un dos personaxes máis exaxerados.
256
00:14:26,574 --> 00:14:28,951
É moi divertido, é algo así coma o demo.
257
00:14:29,535 --> 00:14:30,703
É moi interesado.
258
00:14:30,786 --> 00:14:32,454
El é o que é mellor para el.
259
00:14:32,538 --> 00:14:34,748
Queda unha cousiña de nada.
260
00:14:37,126 --> 00:14:38,919
Cando pensabamos no grilo,
261
00:14:39,003 --> 00:14:42,756
eu pensaba nun
que viaxara por todo o mundo
262
00:14:42,840 --> 00:14:45,426
e vivira cun escultor e un avogado.
263
00:14:46,010 --> 00:14:47,803
E ocorréuseme o nome,
264
00:14:47,887 --> 00:14:50,848
Sebastián J. Grilo.
265
00:14:50,931 --> 00:14:54,018
Soaba moi sofisticado.
266
00:14:54,101 --> 00:14:57,438
Grilo ten moito de Guillermo.
267
00:14:57,521 --> 00:15:01,108
Colle este personaxe,
que é un pouco arrogante,
268
00:15:01,191 --> 00:15:04,028
e fai que che caia ben
e que queiras seguilo.
269
00:15:04,612 --> 00:15:08,407
A animación do grilo é
moi sinxela en aparencia,
270
00:15:08,490 --> 00:15:12,494
mais iso quere dicir
que tes que ser prudente.
271
00:15:12,578 --> 00:15:14,330
Usa moito as mans
272
00:15:14,955 --> 00:15:16,290
para explicar, para…
273
00:15:16,373 --> 00:15:18,042
Xa sabes, é moi recto,
274
00:15:18,125 --> 00:15:21,420
así que usa as mans
para pedir explicacións,
275
00:15:21,503 --> 00:15:23,422
para acusar alguén,
276
00:15:23,505 --> 00:15:24,548
para acenar.
277
00:15:24,632 --> 00:15:27,384
Usa todo o corpo como se fose unha cara.
278
00:15:27,468 --> 00:15:29,178
Non son unha institutriz.
279
00:15:29,261 --> 00:15:31,555
E logo, é o deseño dunha criatura,
280
00:15:31,639 --> 00:15:33,682
que é outro mundo,
281
00:15:33,766 --> 00:15:36,769
e a verdadeira especialidade de Guillermo.
282
00:15:49,823 --> 00:15:53,535
O escualo, Morte, o Espírito,
283
00:15:54,036 --> 00:15:56,163
o grilo, os coellos,
284
00:15:56,246 --> 00:15:59,458
teñen todos esa pel azulada doutro mundo,
285
00:15:59,541 --> 00:16:01,335
porque están relacionados.
286
00:16:01,418 --> 00:16:05,089
Os coellos levan os mortos ao outro lado.
287
00:16:05,172 --> 00:16:08,717
Son unha extensión de Morte,
a irmá da vida,
288
00:16:08,801 --> 00:16:10,052
que é o Espírito.
289
00:16:10,552 --> 00:16:15,933
Non eran deseños limpos nin estilizados,
o aspecto dos personaxes non era pulido.
290
00:16:16,016 --> 00:16:18,060
Podían levar as unllas sucias.
291
00:16:18,143 --> 00:16:19,895
Tiñan imperfeccións,
292
00:16:19,979 --> 00:16:24,400
era como se quixese que tivesen
unha vida anterior no filme.
293
00:16:24,483 --> 00:16:26,652
Creabamos un personaxe,
294
00:16:26,735 --> 00:16:30,739
faciamos roupas fermosas
para Geppetto, por exemplo,
295
00:16:30,823 --> 00:16:32,825
ou outro personaxe
296
00:16:32,908 --> 00:16:34,618
e recibías unha mensaxe.
297
00:16:34,702 --> 00:16:36,245
"Xa o viu Guillermo…
298
00:16:36,829 --> 00:16:38,497
Ten que estar sucio."
299
00:16:38,580 --> 00:16:40,290
Fas un monicreque fermoso,
300
00:16:40,374 --> 00:16:43,210
e cando o rematas, parece saído da tenda.
301
00:16:43,293 --> 00:16:47,172
Non parece o personaxe dunha historia.
302
00:16:47,256 --> 00:16:50,259
Non tes que crer que son persoas reais,
303
00:16:50,342 --> 00:16:52,636
senón crer neles como personaxes
304
00:16:52,720 --> 00:16:57,349
e queriamos combinar
a forma e o personaxe.
305
00:16:57,433 --> 00:16:58,976
Queriamos fusionalos.
306
00:16:59,059 --> 00:17:03,772
Volpe con esas ás demoníacas,
que parecen cornos no cabelo.
307
00:17:03,856 --> 00:17:06,608
A inocencia de Pinocho,
a súa simplicidade.
308
00:17:06,692 --> 00:17:11,363
A sinxeleza de Geppetto
e o seu encanto do Vello Mundo.
309
00:17:11,447 --> 00:17:15,492
Queriamos que o labor
de deseño contase a historia.
310
00:17:17,202 --> 00:17:22,708
Estridulacións da miña mocidade
por Sebastian J. Cricket.
311
00:17:24,168 --> 00:17:25,919
En termos de escala,
312
00:17:26,003 --> 00:17:30,132
usamos monicreques de tamaños distintos
para distintas necesidades.
313
00:17:30,215 --> 00:17:35,971
Este é o Pinocho que interactúa
con grilo, que é deste tamaño.
314
00:17:36,472 --> 00:17:37,931
Sebastián J. Grilo.
315
00:17:38,432 --> 00:17:42,811
E para ter o tamaño adecuado
en moi poucas tomas
316
00:17:42,895 --> 00:17:46,440
precisabamos o grilo
e o ombreiro de Pinocho,
317
00:17:46,523 --> 00:17:48,567
mentres lle musita ao oído.
318
00:17:48,650 --> 00:17:50,861
Así que usamos este Pinocho grande.
319
00:17:50,944 --> 00:17:54,990
E nalgunhas tomas usamos este Pinochiño.
320
00:17:55,574 --> 00:17:56,909
E logo temos isto,
321
00:17:57,534 --> 00:17:58,827
grilos pequenos
322
00:17:59,495 --> 00:18:00,579
para outras tomas,
323
00:18:01,163 --> 00:18:02,748
sobre todo, ao esmagalo.
324
00:18:04,625 --> 00:18:06,043
A dor.
325
00:18:06,126 --> 00:18:08,962
Pódese construír
un monicreque así de pequeno
326
00:18:09,046 --> 00:18:11,924
e ter bo control sobre el
en termos de animación.
327
00:18:12,508 --> 00:18:16,762
Así que construímos un Pinocho
tan pequeno como puidemos
328
00:18:16,845 --> 00:18:18,764
e aínda así tiñamos bo control.
329
00:18:18,847 --> 00:18:22,601
E as escalas dos demais
eran proporcionais a iso.
330
00:18:22,684 --> 00:18:24,686
E o decorado tamén.
331
00:18:28,607 --> 00:18:30,192
Hai que construílo todo.
332
00:18:30,275 --> 00:18:33,403
É a beizón e a maldición do stop-motion.
333
00:18:33,487 --> 00:18:37,324
Podes facer que as cousas
sexan exactamente como precisas.
334
00:18:37,407 --> 00:18:38,700
É emocionante,
335
00:18:38,784 --> 00:18:40,577
porque creas un mundo
336
00:18:40,661 --> 00:18:43,831
que é distinto de todos,
mais que se asemella a todos.
337
00:18:43,914 --> 00:18:46,875
E iso é moi potente.
338
00:18:46,959 --> 00:18:49,169
Axuda a contar mellor a historia.
339
00:18:49,753 --> 00:18:54,007
Vimos moitos filmes de Guillermo
e identificamos aspectos chave.
340
00:18:54,883 --> 00:18:57,344
Cores, texturas,
341
00:18:57,427 --> 00:19:00,889
formas de fiestras e atmosfera xeral.
342
00:19:01,640 --> 00:19:05,811
Bástanche tres segundos
para saberes que é un filme de Guillermo,
343
00:19:05,894 --> 00:19:07,646
e queriamos ser fieis a iso.
344
00:19:08,230 --> 00:19:10,440
Os decorados evocan
345
00:19:10,524 --> 00:19:14,444
a beleza desas vilas italianas,
346
00:19:14,528 --> 00:19:16,321
coñezo lugares así.
347
00:19:16,405 --> 00:19:18,574
Investigamos moito.
348
00:19:18,657 --> 00:19:22,536
Fotografías e pósters,
copiamos a tipografía
349
00:19:22,619 --> 00:19:24,872
porque quería que fose un mundo real.
350
00:19:24,955 --> 00:19:27,332
Todas as estruturas da vila
351
00:19:27,416 --> 00:19:29,501
teñen os restos das súas orixes,
352
00:19:29,585 --> 00:19:32,588
como ruínas medievais e enriba
353
00:19:32,671 --> 00:19:34,590
tes tallas do século XVIII
354
00:19:34,673 --> 00:19:40,637
e logo tes murais
que eran frescos do 1500 e 1400.
355
00:19:41,305 --> 00:19:43,015
Dá a sensación de ter capas.
356
00:19:43,098 --> 00:19:46,518
Cando traduces o guión ao storyboard,
357
00:19:46,602 --> 00:19:49,646
esas decisións definen
a enormidade da visión,
358
00:19:49,730 --> 00:19:52,691
e no story tomas decisións,
onde vai a cámara,
359
00:19:52,774 --> 00:19:54,443
canto se move, cousas así.
360
00:19:55,027 --> 00:19:57,654
Un dos retos máis especiais
361
00:19:57,738 --> 00:20:00,032
é que o animador caiba,
362
00:20:00,115 --> 00:20:01,783
para animar aos monicreques.
363
00:20:01,867 --> 00:20:04,453
Así que temos de deseñar estes decorados
364
00:20:04,536 --> 00:20:07,998
de tal xeito que poidamos
separalos de distintas formas.
365
00:20:08,081 --> 00:20:11,585
É un gran traballo en equipo,
sentamos todos xuntos
366
00:20:11,668 --> 00:20:13,545
para falar de como vai quedar.
367
00:20:14,254 --> 00:20:15,756
O filme ten unha estética
368
00:20:15,839 --> 00:20:19,551
e a animación ten de encaixar
nese mundo tamén.
369
00:20:20,677 --> 00:20:23,513
Ao primeiro, tes de atopar a estética,
370
00:20:23,597 --> 00:20:25,224
como vai ser exactamente
371
00:20:25,307 --> 00:20:27,976
e basearémolo en algo moi sinxelo.
372
00:20:28,060 --> 00:20:30,312
No filme temos unha piña
373
00:20:30,395 --> 00:20:32,940
que é un obxecto pequeno e encantador
374
00:20:33,023 --> 00:20:36,860
e pasamos meses a mirala,
en diferentes intervalos,
375
00:20:36,944 --> 00:20:39,863
e mirabamos outras cousas
desde a óptica de…
376
00:20:39,947 --> 00:20:42,824
como fixemos esta piña?
Gústanos esta estética.
377
00:20:42,908 --> 00:20:46,578
Se sabes como son
as liñas dunha piña orgánica,
378
00:20:46,662 --> 00:20:48,664
aprendes a linguaxe das liñas
379
00:20:48,747 --> 00:20:52,584
e o nivel de detalle e de realidade
380
00:20:52,668 --> 00:20:54,670
que intentamos infundir no filme.
381
00:20:54,753 --> 00:20:57,547
Comezas a entender como é este mundo.
382
00:20:58,257 --> 00:21:03,053
O monicreque de Morte
permitía explorar certos aspectos.
383
00:21:03,136 --> 00:21:06,848
Si, coido que ao primeiro
Morte tiña rabo de serpe,
384
00:21:06,932 --> 00:21:09,059
e ti e mais Toby
385
00:21:09,142 --> 00:21:14,523
désteslle a textura das escamas
dunha piña e foi unha idea brillante.
386
00:21:14,606 --> 00:21:17,442
Foi un gran xeito de relacionalo coa piña,
387
00:21:17,526 --> 00:21:20,028
de que Morte representase a todo ser vivo.
388
00:21:21,238 --> 00:21:25,117
As raias dos pantalóns
que leva Spazzatura…
389
00:21:25,200 --> 00:21:27,744
- Facíanse á man.
- Facíanse á man.
390
00:21:27,828 --> 00:21:31,331
Mais non queriamos que fose evidente.
391
00:21:31,415 --> 00:21:33,333
Queriamos que parecese real
392
00:21:33,417 --> 00:21:36,211
e iso reflectiuse en todo o demais,
393
00:21:36,295 --> 00:21:38,547
esa idea de que non é perfecto.
394
00:21:39,047 --> 00:21:40,841
Dálle personalidade.
395
00:21:40,924 --> 00:21:43,844
Mackinnon and Saunders
mandara a táboa de mostras.
396
00:21:43,927 --> 00:21:48,181
Había nove xeitos de facer as raias
e esas eran as que lles gustaban,
397
00:21:48,265 --> 00:21:49,933
e dixemos todos: "Esa".
398
00:21:50,017 --> 00:21:51,518
E botámonos a rir.
399
00:21:51,601 --> 00:21:54,104
"Coincidimos todos. Xenial, ha ser esa."
400
00:21:54,187 --> 00:21:56,648
O seguinte paso foi falar da razón.
401
00:21:56,732 --> 00:21:58,567
Porque se o falas,
402
00:21:58,650 --> 00:22:01,445
se cadra, esas normas
inflúen en outras cousas.
403
00:22:01,528 --> 00:22:03,739
Verás, hai regras.
404
00:22:03,822 --> 00:22:05,699
Tivemos que atopar a linguaxe,
405
00:22:05,782 --> 00:22:08,577
canto ten de animación, canto de real.
406
00:22:08,660 --> 00:22:11,538
E chegamos a un punto óptimo.
407
00:22:12,122 --> 00:22:14,750
Cun elemento máxico coma Pinocho
408
00:22:15,292 --> 00:22:19,755
cumpríanos rodealo dun mundo máis sólido.
409
00:22:19,838 --> 00:22:22,382
Se todo é máxico, nada o é.
410
00:22:22,466 --> 00:22:26,219
O mundo debía ser sólido
e as proporcións, correctas.
411
00:22:26,303 --> 00:22:28,180
A física debía ser correcta.
412
00:22:28,263 --> 00:22:32,434
Dálle estabilidade á historia emocional
e ao arco de Pinocho.
413
00:22:32,517 --> 00:22:34,603
Guillermo ten bo ollo para iso.
414
00:22:34,686 --> 00:22:39,316
Decátase cando algo
non vai encaixar no mundo.
415
00:22:39,900 --> 00:22:42,444
Non é distinto de deseñar
416
00:22:42,527 --> 00:22:46,823
e preparar un decorado
para imaxe real e a tamaño real.
417
00:22:47,324 --> 00:22:49,993
Esa é a beleza da animación stop-motion.
418
00:22:50,077 --> 00:22:52,662
Preparar e deseñar o decorado, decoración
419
00:22:52,746 --> 00:22:56,291
e cinematografía, todo é
coma nun filme de imaxe real.
420
00:22:56,375 --> 00:22:59,419
Guillermo preocúpase
de que as cousas parezan reais.
421
00:22:59,503 --> 00:23:03,465
Por iso buscamos referencias
en imaxes de época se as atopamos.
422
00:23:03,548 --> 00:23:05,092
Coma neste interior.
423
00:23:05,175 --> 00:23:08,095
Se pensas que a fonte principal de enerxía
424
00:23:08,178 --> 00:23:13,141
eran o carbón e a madeira,
as paredes han ter manchas de carbón.
425
00:23:13,225 --> 00:23:16,686
Así que non serve un deseño artificial,
426
00:23:16,770 --> 00:23:19,189
cómpre unha máquina de realidade.
427
00:23:19,773 --> 00:23:23,193
Nunha das súas primeiras visitas
púxose a mirar a igrexa
428
00:23:23,276 --> 00:23:26,947
que acababamos de montar cando chegou
429
00:23:27,030 --> 00:23:29,908
e dixo: "Habería que avellentalo de raio."
430
00:23:29,991 --> 00:23:36,456
Comezamos por que levaba décadas,
cando non séculos, construír unha igrexa.
431
00:23:36,540 --> 00:23:41,378
Así que a madeira sería máis clara
ca os frescos das paredes
432
00:23:41,461 --> 00:23:46,258
ou as vidreiras serían
doutra década ou século,
433
00:23:46,341 --> 00:23:49,469
e tallar o Cristo levaría un tempo.
434
00:23:49,553 --> 00:23:52,180
Tíñase que notar a mesma man
435
00:23:52,264 --> 00:23:55,058
que nas outras cousas da casa de Geppetto.
436
00:23:55,600 --> 00:23:59,396
Tíñanse que notar as lascas
da madeira, a forma,
437
00:23:59,896 --> 00:24:04,067
quería que houbese un paralelismo
con Pinocho, tamén tallado,
438
00:24:04,151 --> 00:24:07,028
e que a Pinocho lle custase entender
439
00:24:07,112 --> 00:24:09,448
por que os aldeáns o odian
440
00:24:09,531 --> 00:24:12,409
se el é de madeira e a El adórano,
441
00:24:12,492 --> 00:24:14,369
como di, e tamén é de madeira.
442
00:24:14,453 --> 00:24:17,164
Ese argumento só se podía dar na igrexa.
443
00:24:28,633 --> 00:24:31,094
A miña preocupación principal
444
00:24:31,178 --> 00:24:34,306
era se abondaría
co equipo de control de movemento
445
00:24:34,389 --> 00:24:39,686
para facer todos os movementos
que Guillermo esperaba neste filme.
446
00:24:39,769 --> 00:24:43,482
Porque nos seus últimos filmes
a cámara non para.
447
00:24:43,565 --> 00:24:47,527
Queriamos que os personaxes
e a cámara se movesen,
448
00:24:47,611 --> 00:24:50,280
como cando se roda
con actores no decorado.
449
00:24:50,363 --> 00:24:53,158
Ás veces, movemos bastante a cámara.
450
00:24:53,241 --> 00:24:56,703
Por exemplo, unha única toma
levou tres meses.
451
00:24:57,287 --> 00:25:00,582
Hai unha toma
na que Spazzatura volve ao circo,
452
00:25:00,665 --> 00:25:03,335
baixa correndo e a cámara sígueo
453
00:25:03,418 --> 00:25:05,629
mentres atravesa o campo da feira
454
00:25:05,712 --> 00:25:07,839
até chegar ao carro de Volpe.
455
00:25:09,007 --> 00:25:11,009
Unha toma así cóntache moito,
456
00:25:11,092 --> 00:25:14,554
porque ves como se move Spazzatura.
457
00:25:14,638 --> 00:25:17,098
Dáche información sobre o personaxe
458
00:25:17,182 --> 00:25:20,685
e o ambiente do que procede.
459
00:25:20,769 --> 00:25:22,312
Fálache do circo.
460
00:25:22,395 --> 00:25:25,440
E tamén coñecemos outros personaxes
461
00:25:25,524 --> 00:25:28,693
que aparecen de fondo mentres el pasa.
462
00:25:29,277 --> 00:25:32,948
Moitos filmes de Guillermo
son hiperrealidade.
463
00:25:33,031 --> 00:25:35,075
Así que usas a luz
464
00:25:35,158 --> 00:25:38,954
para acentuar
o contido emocional dunha escena,
465
00:25:39,037 --> 00:25:43,375
polo que o movemento das nubes
é de gran axuda para contar a historia.
466
00:25:43,458 --> 00:25:47,629
Como cando Geppetto está a talar a árbore.
467
00:25:47,712 --> 00:25:51,758
Axuda a reflectir a agonía de Geppetto
468
00:25:51,841 --> 00:25:54,135
e o drama intensifícase,
469
00:25:55,220 --> 00:25:58,181
Algo que non fixeramos nunca
470
00:25:58,723 --> 00:26:04,104
é cando Volpe está a queimar a Pinocho.
471
00:26:04,187 --> 00:26:08,692
Tiñamos unha facha
con luces LED no seu interior,
472
00:26:08,775 --> 00:26:12,487
así cando Volpe movía a facha
473
00:26:12,571 --> 00:26:17,409
podiamos facer unha toma só para esa luz
e darlle múltiples exposicións.
474
00:26:18,368 --> 00:26:19,786
Dáme o fachuzo!
475
00:26:20,370 --> 00:26:22,872
Normalmente, iso hai que simulalo
476
00:26:22,956 --> 00:26:24,499
con luces que se moven
477
00:26:24,583 --> 00:26:26,167
e esta era a oportunidade
478
00:26:26,251 --> 00:26:29,004
de ter un control real en postprodución.
479
00:26:29,087 --> 00:26:31,047
Podiamos ter a lúa por un lado
480
00:26:31,131 --> 00:26:34,634
e as luces da facha e do lume por outro,
481
00:26:34,718 --> 00:26:36,094
en tomas separadas.
482
00:26:36,177 --> 00:26:38,513
O teu lume brillará…
483
00:26:39,222 --> 00:26:40,849
como unha estrela!
484
00:26:42,892 --> 00:26:44,060
Socorro!
485
00:26:44,144 --> 00:26:47,897
É incrible como o deseño de personaxes
e os propios actores
486
00:26:47,981 --> 00:26:49,399
se inflúen mutuamente,
487
00:26:49,482 --> 00:26:52,652
e logo vén o animador e tamén inflúe.
488
00:26:52,736 --> 00:26:55,322
Cando o animador recibe o monicreque,
489
00:26:55,405 --> 00:26:57,657
ten as pistas de voz.
490
00:26:58,241 --> 00:27:00,785
O que adoro de Pinocho
491
00:27:00,869 --> 00:27:03,538
é a idea de que representa
492
00:27:03,622 --> 00:27:06,374
calquera neno de catro, seis anos…
493
00:27:06,458 --> 00:27:09,336
que son bolas de enerxía incontrolables.
494
00:27:09,836 --> 00:27:11,963
Cando están tristes, nótase,
495
00:27:12,047 --> 00:27:14,674
e xa poden estar para chorar,
496
00:27:14,758 --> 00:27:17,093
que aos dous segundos están ledísimos.
497
00:27:17,761 --> 00:27:20,555
Con Gregory quedou claro
498
00:27:20,639 --> 00:27:24,476
que o tempo é pouco
nas sesións de gravación,
499
00:27:24,559 --> 00:27:25,769
mais era todo real.
500
00:27:25,852 --> 00:27:28,813
Ao primeiro, estaba moi nervioso.
501
00:27:28,897 --> 00:27:29,814
Nunca fixera
502
00:27:30,398 --> 00:27:34,235
un filme no que eu tivese
un papel importante.
503
00:27:34,319 --> 00:27:36,404
Foi como rodar un documental.
504
00:27:36,488 --> 00:27:38,573
Cando comezaba a actuar,
505
00:27:38,657 --> 00:27:40,825
faciamos algo
506
00:27:41,826 --> 00:27:45,038
que lle facía moi doado
desprenderse da actuación.
507
00:27:45,121 --> 00:27:48,291
Díxenlle que me chamase parvo.
508
00:27:48,375 --> 00:27:51,544
Díxome que se lle chamaba
"parvo" ao final da frase,
509
00:27:51,628 --> 00:27:54,297
mesmo se non o incluían na versión final,
510
00:27:54,381 --> 00:27:58,551
eu poría moito máis énfase,
sobre todo, nas frases chistosas.
511
00:27:58,635 --> 00:28:01,471
E cada vez que actuaba un pouco de máis,
512
00:28:01,554 --> 00:28:03,473
dicía: "Cala, parvo!"
513
00:28:03,556 --> 00:28:06,101
E despois botábase a rir e seguía.
514
00:28:06,184 --> 00:28:09,354
Son de carne e óso,
e teño anacos carnosos.
515
00:28:09,437 --> 00:28:10,605
Un neno de verdade!
516
00:28:11,106 --> 00:28:13,233
Dáselle moi ben ser natural,
517
00:28:13,316 --> 00:28:16,569
mais é moi íntimo cando murmura
518
00:28:16,653 --> 00:28:18,697
ou fala co grilo
519
00:28:18,780 --> 00:28:20,365
ou con Pabío.
520
00:28:20,949 --> 00:28:24,369
Hai unha emoción absolutamente pura.
521
00:28:24,452 --> 00:28:26,996
Ás veces, os pais
desespéranse, coma todos.
522
00:28:27,539 --> 00:28:31,084
E din cousas que pensan sentir no momento,
523
00:28:31,835 --> 00:28:33,670
pero no fondo quérente.
524
00:28:34,337 --> 00:28:37,966
Coido que con David Bradley
xa é o meu terceiro proxecto,
525
00:28:38,049 --> 00:28:40,969
e é porque o admiro moitísimo.
526
00:28:41,052 --> 00:28:45,348
Acho que é un actor
cun son facilmente identificable.
527
00:28:45,432 --> 00:28:48,309
Ninguén lle fala así ao Podestà.
528
00:28:49,102 --> 00:28:55,316
A miña estratexia co guión
foi atopar un tipo de calidade vocal
529
00:28:55,400 --> 00:28:57,819
que fose crible e sincera,
530
00:28:57,902 --> 00:29:02,323
pero que contase a historia
e fose máis vívida,
531
00:29:02,407 --> 00:29:05,076
e cativase mellor
532
00:29:05,160 --> 00:29:08,288
a esencia deste personaxe.
533
00:29:08,371 --> 00:29:12,250
Pasa de agudos a graves moi rápido.
"Por que o dis?"
534
00:29:12,333 --> 00:29:13,877
É moi…
535
00:29:14,711 --> 00:29:17,756
Ten algo case musical.
536
00:29:17,839 --> 00:29:21,050
Un fillo sabe cando seu pai está vivo.
537
00:29:21,760 --> 00:29:23,845
Vainos buscar, xa verás.
538
00:29:23,928 --> 00:29:25,930
Non tes por que te preocupar.
539
00:29:26,514 --> 00:29:28,183
Para ti é fácil dicilo.
540
00:29:28,933 --> 00:29:32,187
Cando comezamos o filme,
o grilo non me convencía.
541
00:29:32,270 --> 00:29:33,646
Como personaxe.
542
00:29:33,730 --> 00:29:38,359
Cando Ewan comezou a pórlle voz,
dixen: "Contade comigo."
543
00:29:40,028 --> 00:29:42,655
Conseguímolo!
544
00:29:44,157 --> 00:29:45,617
Non o podo crer!
545
00:29:45,700 --> 00:29:48,495
Son un gran fan de Ewan McGregor,
546
00:29:48,578 --> 00:29:51,873
e cando fala é cálido,
é doado identificarse con el.
547
00:29:51,956 --> 00:29:55,502
E pensei que non se cansa un desa voz.
548
00:29:55,585 --> 00:29:57,337
Fíxeno o mellor que puiden,
549
00:29:57,420 --> 00:29:59,380
que é o mellor que un pode facer.
550
00:29:59,464 --> 00:30:00,840
Aprendino de Pinocho.
551
00:30:00,924 --> 00:30:04,469
E decidín que debía ser
o personaxe principal do filme,
552
00:30:04,552 --> 00:30:06,387
o narrador.
553
00:30:06,471 --> 00:30:09,682
Reescribimos as escenas
para darlle máis protagonismo,
554
00:30:09,766 --> 00:30:11,559
mesmo se só aparecía mirando.
555
00:30:12,143 --> 00:30:16,773
Acho que as sesións con Ewan
foron as mellores sesións de voz
556
00:30:16,856 --> 00:30:18,358
da miña vida.
557
00:30:18,441 --> 00:30:21,736
Son o conde Volpe e ti es o elixido.
558
00:30:21,820 --> 00:30:25,573
Únete á vida do circo,
rexoubeira, prodixiosa, lixeira,
559
00:30:25,657 --> 00:30:29,077
como estrela do meu show de monicreques!
560
00:30:29,160 --> 00:30:34,791
Sabiamos que Volpe había ser
ostentoso, cosmopolita, atraente,
561
00:30:34,874 --> 00:30:36,751
e soar coma un home de mundo.
562
00:30:36,835 --> 00:30:39,295
Queriamos que tivese acento,
563
00:30:39,379 --> 00:30:42,423
mais cunha voz
que pronunciase perfectamente
564
00:30:42,507 --> 00:30:45,718
unha palabra en francés,
italiano ou alemán.
565
00:30:45,802 --> 00:30:49,556
Meu neno, os monicreques son
le meilleur qui soit! O mellor!
566
00:30:50,473 --> 00:30:51,391
Arriba o brazo.
567
00:30:51,474 --> 00:30:54,352
Son respectados
en todas as etapas da vida.
568
00:30:54,435 --> 00:30:58,606
A única voz que me veu
á cabeza foi a de Christoph Waltz.
569
00:30:58,690 --> 00:31:01,526
Alguén que pode mudar
570
00:31:01,609 --> 00:31:04,487
o ritmo e a intención dun son
no medio da frase.
571
00:31:04,571 --> 00:31:07,699
É unha función dramática.
572
00:31:08,283 --> 00:31:12,120
Sempre busco a función na historia.
573
00:31:12,203 --> 00:31:14,622
Sabe como dar variedade
574
00:31:14,706 --> 00:31:16,833
e golpea no momento axeitado.
575
00:31:16,916 --> 00:31:19,919
Que foi? Que fas ti aquí?
576
00:31:22,338 --> 00:31:26,134
A voz de Spazzatura,
que é unha gran sorpresa,
577
00:31:26,217 --> 00:31:31,264
foi unha beizón e un accidente
que non podía prever.
578
00:31:31,347 --> 00:31:33,099
Rodabamos Nightmare Alley.
579
00:31:33,182 --> 00:31:35,685
Cate Blanchett e mais pasabámolo tan ben,
580
00:31:36,227 --> 00:31:39,439
que me dixo: "Tes que me dar
un papel en Pinocchio."
581
00:31:39,522 --> 00:31:42,317
E vou eu e digo: "Só queda o mono."
582
00:31:44,944 --> 00:31:45,820
E dígolle:
583
00:31:45,904 --> 00:31:50,575
"O que sexa.
Faría de lapis nun filme para ti."
584
00:31:50,658 --> 00:31:53,703
E amoseille o deseño
de Spazzatura e díxome:
585
00:31:53,786 --> 00:31:56,247
"Coido que é o meu animal espiritual."
586
00:31:56,331 --> 00:31:59,042
Cando lanzan a Spazzatura polo ceo,
587
00:31:59,125 --> 00:32:00,251
queres un pouco…
588
00:32:01,544 --> 00:32:03,212
Como na distancia?
589
00:32:03,296 --> 00:32:05,882
Coido que hai algo da risa de Guillermo…
590
00:32:07,300 --> 00:32:09,010
en Spazzatura.
591
00:32:09,093 --> 00:32:11,804
Mais con todos os personaxes
dos seus filmes,
592
00:32:11,888 --> 00:32:15,558
sentimos que xa son a visión
quen ten deles Guillermo.
593
00:32:15,642 --> 00:32:18,686
Así que probablemente haxa
calidades de Guillermo
594
00:32:18,770 --> 00:32:22,732
en todos os personaxes,
e Spazzatura é un claro exemplo.
595
00:32:23,608 --> 00:32:27,362
Ciao, Papa. Mio papa…
596
00:32:27,445 --> 00:32:29,739
Ao ver un filme de animación
597
00:32:29,822 --> 00:32:31,199
que contén música,
598
00:32:31,282 --> 00:32:33,534
un xa sabe cando vén a canción.
599
00:32:33,618 --> 00:32:36,746
É como se o diálogo
fose unha rampla para a música.
600
00:32:36,829 --> 00:32:40,333
O futuro incerto é.
601
00:32:40,416 --> 00:32:45,129
Mentres que en Pinocchio
as cancións brotan
602
00:32:45,213 --> 00:32:46,923
completamente por sorpresa.
603
00:32:48,633 --> 00:32:51,260
Estes monicreques non me inspiraban
604
00:32:52,136 --> 00:32:56,933
un filme de animación,
senón un filme de imaxe real.
605
00:32:57,016 --> 00:32:59,143
Para min é igual, parecen vivos.
606
00:32:59,227 --> 00:33:01,270
Parecen persoas reais.
607
00:33:01,980 --> 00:33:05,149
Así que tentei que a música
soase como a das persoas.
608
00:33:05,233 --> 00:33:09,946
Non é necesariamente un musical,
senón un filme con momentos musicais.
609
00:33:10,029 --> 00:33:12,490
Non son cancións tradicionais nin pop.
610
00:33:12,573 --> 00:33:15,368
Son o que esperarías
611
00:33:15,451 --> 00:33:17,412
de Alexandre, Guillermo e Mark.
612
00:33:17,495 --> 00:33:20,915
É algo único,
todas esas mentes brillantes xuntas.
613
00:33:20,999 --> 00:33:25,169
Cando falei con Alexandre
pensei que sería interesante
614
00:33:25,253 --> 00:33:28,214
comezar o filme cos personaxes que cantan,
615
00:33:28,297 --> 00:33:29,549
mais rematalo…
616
00:33:29,632 --> 00:33:34,053
A segunda parte do filme
ten cancións e marchas da era fascista.
617
00:33:34,137 --> 00:33:35,763
Foi un proceso moi longo,
618
00:33:35,847 --> 00:33:38,975
porque a animación leva tempo,
619
00:33:39,058 --> 00:33:40,435
mais tamén porque
620
00:33:40,518 --> 00:33:43,229
Guillermo quería cancións
para os personaxes,
621
00:33:43,896 --> 00:33:46,649
e as cancións teñen esa capacidade
622
00:33:46,733 --> 00:33:50,820
de explicar en poucos segundos a súa vida.
623
00:33:51,612 --> 00:33:53,781
Aportan o ton musicalmente.
624
00:33:53,865 --> 00:33:57,326
Tamén proporcionan información
sobre quen son, onde están,
625
00:33:57,410 --> 00:33:59,579
de onde veñen e onde van.
626
00:33:59,662 --> 00:34:03,041
Admiro a Alexandre Desplat.
627
00:34:03,124 --> 00:34:06,961
É un compositor consumado
de música para filmes.
628
00:34:07,045 --> 00:34:10,840
Fai o mesmo ca min cos papeis.
629
00:34:10,923 --> 00:34:12,675
Analiza a historia.
630
00:34:13,342 --> 00:34:17,388
Decidín usar só instrumentos de madeira.
631
00:34:17,972 --> 00:34:21,225
Tes guitarras, a mandolina,
632
00:34:21,309 --> 00:34:24,395
o piano, a arpa e o vento de madeira.
633
00:34:24,479 --> 00:34:26,814
Fagots, clarinetes, óboes, frautas.
634
00:34:26,898 --> 00:34:28,399
Son todos de madeira
635
00:34:28,483 --> 00:34:32,445
o que crea un ambiente estraño
que pertence a Pinocho.
636
00:34:34,489 --> 00:34:36,365
Non!
637
00:34:39,952 --> 00:34:42,288
Poderías ver este filme en sesión dobre
638
00:34:42,371 --> 00:34:44,457
con Laberinto ou Devil's Backbone.
639
00:34:46,084 --> 00:34:49,545
Ten moitos elementos
dunha alma pura posta a proba
640
00:34:49,629 --> 00:34:52,340
que sae fortalecida.
641
00:34:52,423 --> 00:34:55,426
Na miña opinión, impuxéronte unha carga.
642
00:34:56,010 --> 00:34:58,221
É un filme sobre a morte.
643
00:34:58,304 --> 00:35:01,390
Non tes un filme sobre a vida sen a morte.
644
00:35:02,141 --> 00:35:03,059
Moi ben, logo.
645
00:35:03,851 --> 00:35:06,187
Cando comezamos con este Pinocchio,
646
00:35:06,270 --> 00:35:08,940
eu sabía que quería facer a miña versión.
647
00:35:09,023 --> 00:35:12,568
Non quería que fose unha mera adaptación.
648
00:35:13,069 --> 00:35:17,365
Quería falar de cousas
que me afectasen persoalmente.
649
00:35:17,448 --> 00:35:21,202
A maioría dos meus filmes
falan de meu pai e de min,
650
00:35:21,285 --> 00:35:23,329
e esta non é unha excepción.
651
00:35:23,913 --> 00:35:28,876
Ves como medra este rapaz
que non cambia fisicamente
652
00:35:29,418 --> 00:35:30,670
e aínda así,
653
00:35:30,753 --> 00:35:34,382
decátaste de que pode
facer máis ca ninguén.
654
00:35:34,966 --> 00:35:37,218
Aproveita todo o que poidas.
655
00:35:37,301 --> 00:35:41,055
Normalmente, Pinocho fala
do que aprende Pinocho no mundo,
656
00:35:41,139 --> 00:35:44,267
de que se fai bo e así,
vólvese un neno de verdade.
657
00:35:44,350 --> 00:35:46,185
O noso Pinocho, non.
658
00:35:46,269 --> 00:35:49,647
El fai que todos cambien,
porque é moi puro.
659
00:35:50,648 --> 00:35:51,858
Cambia a Geppetto.
660
00:35:52,567 --> 00:35:53,818
Cambia o grilo.
661
00:35:54,402 --> 00:35:57,113
Cambia a Spazzatura,
fainos cambiar a todos.
662
00:35:57,196 --> 00:36:01,367
E aprende quen é coma ser humano.
663
00:36:06,414 --> 00:36:08,916
Coido que o filme excedeu o que buscaba.
664
00:36:09,917 --> 00:36:12,378
É un filme que me gustaría ver de neno
665
00:36:12,879 --> 00:36:15,423
e que me gustaría ver de adulto,
666
00:36:15,506 --> 00:36:18,551
do que me gustaría falar coa familia,
667
00:36:18,634 --> 00:36:21,846
e poder velo sempre que queira
668
00:36:21,929 --> 00:36:24,223
despois desa primeira vez
669
00:36:24,307 --> 00:36:28,269
crea un vencello íntimo
entre o espectador e o filme.
670
00:36:28,352 --> 00:36:31,939
Para min crece con cada visión
671
00:36:32,023 --> 00:36:34,525
e espero que á audiencia lle pase o mesmo.
672
00:36:37,236 --> 00:36:40,114
Subtítulos: Jeiry Castellano