1 00:00:18,916 --> 00:00:24,457 A Monica Kidder atopárona morta na cela no que semella un suicidio. 2 00:00:24,458 --> 00:00:27,624 {\an8}Un último xiro impactante nun día que xa... 3 00:00:27,625 --> 00:00:30,915 {\an8}...descubriuse que unha das empresarias máis exitosas 4 00:00:30,916 --> 00:00:34,374 {\an8}cometeu un dos máis terribles ataques da historia do país. 5 00:00:34,375 --> 00:00:38,165 {\an8}Crese que organizou o macroataque do Día Cero 6 00:00:38,166 --> 00:00:39,665 {\an8}en represalia... 7 00:00:39,666 --> 00:00:43,582 {\an8}Cita unha fonte do FBI coñecedora da investigación. 8 00:00:43,583 --> 00:00:44,707 De acordo. 9 00:00:44,708 --> 00:00:49,707 "O FBI observou con crecente preocupación a retórica radical de Kidder 10 00:00:49,708 --> 00:00:51,749 nas semanas previas ao Día Cero." 11 00:00:51,750 --> 00:00:56,790 A única explicación que se me ocorre é que Kidder decidiu acabar coa súa vida 12 00:00:56,791 --> 00:00:59,875 cando viu que as probas contra ela eran esmagadoras. 13 00:01:00,458 --> 00:01:03,291 - É case unha confesión... - Fixemos nós isto? 14 00:01:04,750 --> 00:01:06,458 {\an8}- Fomos nós? - Nós? 15 00:01:06,958 --> 00:01:08,333 Nós non fixemos nada. 16 00:01:09,791 --> 00:01:13,499 E, se che preocupa a morte dunha sociópata autista, 17 00:01:13,500 --> 00:01:15,124 non estás ben informada. 18 00:01:15,125 --> 00:01:16,124 Carafio! 19 00:01:16,125 --> 00:01:18,499 A nós convennos que a cousa pare nela. 20 00:01:18,500 --> 00:01:20,665 Cala a puta boca, Jerry! 21 00:01:20,666 --> 00:01:26,499 Pensades que alguén vai tragar iso? Que Monica Kidder o fixo soa? 22 00:01:26,500 --> 00:01:30,916 Tiña medios e un móbil. Ela fixo as cousas de que a acusan. 23 00:01:31,500 --> 00:01:33,415 É verosímil, que é o importante. 24 00:01:33,416 --> 00:01:36,957 Non é a verdade. Meu pai non vai tragar iso. 25 00:01:36,958 --> 00:01:39,082 - Sabes algo? - Coñézoo a el. 26 00:01:39,083 --> 00:01:42,124 Se hai algún cabo solto, tirará por el. 27 00:01:42,125 --> 00:01:46,583 - Témolo controlado. - Tivémolo controlado algunha vez? 28 00:01:47,083 --> 00:01:49,499 Un golpe dun minuto ao sistema, dixeches. 29 00:01:49,500 --> 00:01:54,332 Uns meses co poder nas mans adecuadas e o país volvería á normalidade no Nadal. 30 00:01:54,333 --> 00:01:57,040 Trabucácheste en todo. 31 00:01:57,041 --> 00:01:59,625 Admito que non saíu como pensaba. 32 00:02:00,541 --> 00:02:04,333 Pero aquí estamos. Non esquezamos cal era o noso obxectivo. 33 00:02:04,916 --> 00:02:07,583 Excluír os extremismos de ambos lados. 34 00:02:08,083 --> 00:02:11,707 Sacar á luz unha vulnerabilidade que se confundiu coa liberdade. 35 00:02:11,708 --> 00:02:15,290 Recuperar a fe perdida na nosa capacidade de gobernar. 36 00:02:15,291 --> 00:02:18,415 A pesar dos intentos de teu pai de escarallar todo, 37 00:02:18,416 --> 00:02:20,833 por fin estamos preto de conseguilo. 38 00:02:21,416 --> 00:02:23,207 Precisamos tomar un respiro. 39 00:02:23,208 --> 00:02:26,624 Mañá xa non quedará ningún cabo solto do que tirar. 40 00:02:26,625 --> 00:02:29,708 - Está controlado. - Xa, coma o de Monica Kidder. 41 00:02:31,041 --> 00:02:35,207 Temos que confesar. Todo o que fagamos empeorará a situación. 42 00:02:35,208 --> 00:02:38,208 Lémbroche, Alex, que temos máis socios. 43 00:02:38,791 --> 00:02:42,291 O que eles entenden por confesar non che vai gustar nada. 44 00:02:45,958 --> 00:02:48,458 Sei que é difícil, tamén o é para nós. 45 00:02:49,041 --> 00:02:52,541 Pero, polo pobo estadounidense, temos que levar isto a cabo. 46 00:02:54,875 --> 00:02:56,875 Chamo un coche que te leve á casa. 47 00:03:00,125 --> 00:03:00,958 Non. 48 00:03:02,916 --> 00:03:04,416 Non, xa me amaño eu. 49 00:03:13,833 --> 00:03:17,749 Temos información do FBI. Cito textualmente para non equivocarme. 50 00:03:17,750 --> 00:03:21,499 "O FBI observou con preocupación a retórica radical de Kidder 51 00:03:21,500 --> 00:03:23,915 nas semanas previas ao ataque do Día Cero, 52 00:03:23,916 --> 00:03:28,040 coa súa crítica reiterada á proposta de regulación de Panoply..." 53 00:03:28,041 --> 00:03:29,708 Canto levan desactivadas? 54 00:03:30,458 --> 00:03:33,500 Busca a persoa encargada das cámaras das celas. 55 00:03:34,541 --> 00:03:35,624 Está aquí. 56 00:03:35,625 --> 00:03:37,874 Pásoo e póñolle o altofalante. 57 00:03:37,875 --> 00:03:39,165 Adiante. 58 00:03:39,166 --> 00:03:42,124 No sistema de Panoply vese como Kidder modificou 59 00:03:42,125 --> 00:03:45,332 o deseño da NSA e como espallou o malware. 60 00:03:45,333 --> 00:03:48,290 As apps de Kidder están no 80 % dos móbiles. 61 00:03:48,291 --> 00:03:50,790 Espallaron o virus coas actualizacións. 62 00:03:50,791 --> 00:03:55,874 Logo salta aos dispositivos cos que ten contacto por Bluetooth, USB... 63 00:03:55,875 --> 00:03:58,540 O código é incriblemente elegante. 64 00:03:58,541 --> 00:04:01,665 Co motor de IA aprende sistemas operativos novos. 65 00:04:01,666 --> 00:04:03,624 Podería facelo ela soa? 66 00:04:03,625 --> 00:04:05,290 Ten coñecementos técnicos. 67 00:04:05,291 --> 00:04:07,999 Tivo axuda dos colaboradores máis próximos. 68 00:04:08,000 --> 00:04:10,875 - A capacidade tíñaa. - Non pregunto iso. 69 00:04:11,875 --> 00:04:14,374 Pode ser perfectamente o que parece que é. 70 00:04:14,375 --> 00:04:18,124 Á millonaria sociópata non lle gusta que o estado lle quite os xoguetes 71 00:04:18,125 --> 00:04:20,207 e entón derruba todo. 72 00:04:20,208 --> 00:04:23,958 E logo suicídase antes de que a interroguen. 73 00:04:24,541 --> 00:04:27,207 - Mantenme informado. - Si, señor. 74 00:04:27,208 --> 00:04:29,290 Todo o mundo se apunta a isto. 75 00:04:29,291 --> 00:04:32,249 Onte dixeches que ela era demasiado intelixente. 76 00:04:32,250 --> 00:04:34,333 Para asumir este risco, si. 77 00:04:36,208 --> 00:04:37,500 É Alex. 78 00:04:38,000 --> 00:04:40,250 - Mamá. - Teu pai tamén está aquí. 79 00:04:41,333 --> 00:04:45,250 Vou ir á casa. Teño que falar convosco. 80 00:04:46,875 --> 00:04:48,707 - Que pasa? Estás ben? - Si. 81 00:04:48,708 --> 00:04:52,166 Estou ben. Xa volo explicarei cando chegue. 82 00:04:54,708 --> 00:04:55,708 Ten tino. 83 00:05:01,958 --> 00:05:03,666 Alex. 84 00:05:10,958 --> 00:05:12,291 Alerta laranxa. 85 00:05:27,541 --> 00:05:28,375 Vai un minuto. 86 00:05:28,958 --> 00:05:31,749 - Esta vez non volve nada. - Señor, señora. 87 00:05:31,750 --> 00:05:35,124 Trouxemos os coches. Temos que levalo a outro sitio. 88 00:05:35,125 --> 00:05:37,040 Non fai falta. Hai un xerador. 89 00:05:37,041 --> 00:05:38,207 Houbo unha ameaza. 90 00:05:38,208 --> 00:05:40,540 Íao informar cando ocorreu isto. 91 00:05:40,541 --> 00:05:42,124 Xusto neste sitio. 92 00:05:42,125 --> 00:05:44,540 - Que tipo de ameaza? - Extremistas. 93 00:05:44,541 --> 00:05:45,915 Xa hai xente aí fóra. 94 00:05:45,916 --> 00:05:48,582 Os sensores e as cámaras non funcionan. 95 00:05:48,583 --> 00:05:52,083 Igual non funcionan aínda que veña a luz. Hai que marchar 96 00:05:53,916 --> 00:05:54,750 Vamos. 97 00:06:01,666 --> 00:06:03,082 Postos de escoita caídos. 98 00:06:03,083 --> 00:06:04,874 - Que temos? - Todo caído. 99 00:06:04,875 --> 00:06:07,457 Rede eléctrica, móbiles, aviación, tráfico. 100 00:06:07,458 --> 00:06:09,915 Igual cá outra vez, pero dura máis. 101 00:06:09,916 --> 00:06:12,790 Igual non. Agora sabemos como funciona o fallo. 102 00:06:12,791 --> 00:06:14,499 - E o parche? - Empezamos. 103 00:06:14,500 --> 00:06:16,624 Ao equipo faltáballe un día. 104 00:06:16,625 --> 00:06:18,291 - Temos unha hora. - Señor! 105 00:06:18,958 --> 00:06:21,874 Non todos os sistemas, só a luz. Primeiro a luz, 106 00:06:21,875 --> 00:06:23,625 logo o transporte. 107 00:06:24,125 --> 00:06:26,749 Imos solucionar isto á vella usanza. 108 00:06:26,750 --> 00:06:28,333 Un fallo de cada vez. 109 00:06:38,666 --> 00:06:39,749 A onde imos, Tom? 110 00:06:39,750 --> 00:06:41,749 Ao lugar seguro máis próximo. 111 00:06:41,750 --> 00:06:44,791 A base da Garda Nacional en Cortland, a 20 minutos. 112 00:06:49,708 --> 00:06:54,000 Puto cabrón! George Mullen ao caldeiro! 113 00:06:56,125 --> 00:07:00,083 - Imos pasar por aí? - Non temos opción, señor. 114 00:07:00,708 --> 00:07:01,832 Pasa con tino. 115 00:07:01,833 --> 00:07:03,416 Abride paso. 116 00:07:04,041 --> 00:07:05,082 Alex. 117 00:07:05,083 --> 00:07:06,083 Atoparémola. 118 00:07:11,250 --> 00:07:13,458 Aparten do camiño! 119 00:07:23,708 --> 00:07:25,083 - Abride. - Abrindo. 120 00:07:25,708 --> 00:07:28,250 - Gas lacrimóxeno preparado. - Gas non. 121 00:07:28,833 --> 00:07:30,875 Negativo o do gas lacrimóxeno. 122 00:07:39,208 --> 00:07:40,749 Mantede o cordón. 123 00:07:40,750 --> 00:07:43,416 Non podemos. Estano saltando! 124 00:07:44,750 --> 00:07:48,041 - Mantede o cordón. - Negativo. Romperon o cordón! 125 00:07:56,458 --> 00:07:58,290 - Sigue. - Non os atropeles. 126 00:07:58,291 --> 00:08:01,208 - Temos que pasar. - Non podes, Tom. 127 00:08:03,666 --> 00:08:04,582 É unha botella. 128 00:08:04,583 --> 00:08:06,791 Non vos vemos. Podedes saír? 129 00:08:11,750 --> 00:08:13,750 Tomade polo cu! 130 00:08:16,666 --> 00:08:18,000 Atrás! 131 00:08:18,500 --> 00:08:20,000 Aparten todos! 132 00:08:28,500 --> 00:08:30,540 Ei, non podo... 133 00:08:30,541 --> 00:08:31,999 - Para! Ei! - Non dou... 134 00:08:32,000 --> 00:08:33,083 Ei! 135 00:09:14,625 --> 00:09:15,666 Xa pasaron. 136 00:09:26,083 --> 00:09:27,083 Ola, George. 137 00:09:31,083 --> 00:09:32,916 Príncipe 594 confirma, cambio. 138 00:09:35,750 --> 00:09:37,250 Príncipe 594. 139 00:09:40,250 --> 00:09:42,791 Príncipe, Emmett Kelly foi retirado, cambio. 140 00:09:44,916 --> 00:09:46,333 Príncipe, recibes? 141 00:09:46,916 --> 00:09:49,500 Recibido. Emmett Kelly retirado, cambio. 142 00:09:50,291 --> 00:09:53,124 Seguimos coa limpeza, cambio. 143 00:09:53,125 --> 00:09:54,791 Afirmativo, cambio. 144 00:09:56,750 --> 00:09:58,166 Parece que o tragaron. 145 00:09:59,541 --> 00:10:00,625 Estás morto. 146 00:10:01,916 --> 00:10:03,416 De momento. 147 00:10:04,666 --> 00:10:06,165 Cando volva a luz, 148 00:10:06,166 --> 00:10:09,375 correremos a voz nas redes sociais, cun vídeo borroso. 149 00:10:10,500 --> 00:10:13,250 A CIA non pode operar dentro dos EUA. 150 00:10:16,625 --> 00:10:18,166 Deixareino pasar esta vez. 151 00:10:20,125 --> 00:10:20,957 Que fas aquí? 152 00:10:20,958 --> 00:10:24,708 Cando detiveches a Kidder, pensei que tiñamos que volver falar. 153 00:10:25,333 --> 00:10:26,957 Menos mal que o fixen. 154 00:10:26,958 --> 00:10:32,082 A presidenta Mitchell e eu non queriamos que che pasase nada. 155 00:10:32,083 --> 00:10:34,583 Tiñamos boas razóns para pensar 156 00:10:35,083 --> 00:10:38,500 que no complot do Día Cero participaran membros do goberno. 157 00:10:39,083 --> 00:10:40,500 Ao nivel máis alto. 158 00:10:41,666 --> 00:10:42,500 Dreyer? 159 00:10:43,291 --> 00:10:44,666 Era unha posibilidade. 160 00:10:47,666 --> 00:10:49,874 Ata onde chega? Quen máis? 161 00:10:49,875 --> 00:10:51,166 Non estamos seguros. 162 00:10:52,333 --> 00:10:54,707 Non podiamos fiarnos das canles normais. 163 00:10:54,708 --> 00:10:57,791 Precisabamos alguén de fóra coma ti para descubrilo. 164 00:10:58,291 --> 00:11:01,416 Eu xa pensaba que cometeramos un erro tremendo. 165 00:11:02,000 --> 00:11:05,916 En Langley, tentei dicircho, pero non me fixeches caso. 166 00:11:07,166 --> 00:11:09,499 Ante a prensa falaches de Proteus. 167 00:11:09,500 --> 00:11:12,500 Cando Valerie me veu ver, comecei a entender. 168 00:11:13,083 --> 00:11:13,916 George, 169 00:11:14,625 --> 00:11:18,458 se alguén usa Proteus contra ti, non somos nós, nunca fomos. 170 00:11:19,083 --> 00:11:20,041 Xa o sei. 171 00:11:20,666 --> 00:11:23,208 Nas próximas horas isto rematará. 172 00:11:24,083 --> 00:11:26,458 Preciso saber que estás ben, George. 173 00:11:41,041 --> 00:11:43,040 Lily, vai para o cuarto. 174 00:11:43,041 --> 00:11:45,000 - Que... Mamá? - Vaite. 175 00:11:51,791 --> 00:11:52,625 Ola. 176 00:11:54,083 --> 00:11:56,832 Estes homes protéxennos, pero temos que entrar. 177 00:11:56,833 --> 00:11:58,041 Onde vai George? 178 00:12:01,541 --> 00:12:03,083 Isto levará un segundo. 179 00:12:03,750 --> 00:12:06,208 Non é lonxe. É mellor ir a andar. 180 00:12:06,708 --> 00:12:08,915 - Estás tolo. - Eu vou detrás, señor. 181 00:12:08,916 --> 00:12:10,291 Vamos! 182 00:12:15,250 --> 00:12:17,582 Si. Axiña lanzaremos o parche da rede. 183 00:12:17,583 --> 00:12:20,957 - Esperemos que nunha hora. - Logo, as comunicacións. 184 00:12:20,958 --> 00:12:24,457 Información crible contra o pánico: a axuda vén de camiño. 185 00:12:24,458 --> 00:12:26,541 Señora, falando diso... 186 00:12:28,291 --> 00:12:32,208 Houbo escoitas de radio. Seica lle pasou algo ao presidente Mullen. 187 00:12:35,875 --> 00:12:37,375 Luz, logo comunicacións. 188 00:12:37,958 --> 00:12:39,666 Que o equipo non se despiste. 189 00:12:47,500 --> 00:12:48,832 Grazas, Daniel. 190 00:12:48,833 --> 00:12:51,207 - Acompáñoa. - Non, vou recoller algo. 191 00:12:51,208 --> 00:12:54,583 - Logo quero ir ao norte do estado. - Espero aquí. 192 00:12:55,250 --> 00:12:56,083 Grazas. 193 00:13:23,583 --> 00:13:24,625 Deus... 194 00:13:28,791 --> 00:13:30,125 Queríasme dicir algo, 195 00:13:30,833 --> 00:13:33,958 pero agora non creo que teña moito xeito. 196 00:13:41,791 --> 00:13:42,625 Vale. 197 00:13:51,250 --> 00:13:52,083 Nós... 198 00:13:55,000 --> 00:13:56,749 queriamos arranxar as cousas. 199 00:13:56,750 --> 00:13:59,000 Vós? Quen sodes vós? Ti e Dreyer? 200 00:14:01,291 --> 00:14:02,540 Non foi só Dreyer. 201 00:14:02,541 --> 00:14:06,290 Cando falou comigo, tiña 12 membros detrás, dos dous partidos. 202 00:14:06,291 --> 00:14:07,541 Foi idea deles? 203 00:14:09,291 --> 00:14:10,208 De Kidder. 204 00:14:11,666 --> 00:14:14,124 Dixo que podía asustar a xente. 205 00:14:14,125 --> 00:14:17,582 Nun minuto, podíanos lembrar o vulnerables que somos, 206 00:14:17,583 --> 00:14:20,582 o fráxiles que somos. E é certo, ten sentido. 207 00:14:20,583 --> 00:14:23,790 Se podes lembrarlle á xente o que é importante, 208 00:14:23,791 --> 00:14:27,582 igual pasa do ruído, as bobadas e as mentiras, 209 00:14:27,583 --> 00:14:30,041 e podemos volver escoitarnos mutuamente. 210 00:14:30,541 --> 00:14:33,790 E permitímolo porque significaba iso para nós. 211 00:14:33,791 --> 00:14:35,832 Iso parecía ter sentido, 212 00:14:35,833 --> 00:14:38,958 pero eu non sabía que ía morrer ninguén. En serio. 213 00:14:40,625 --> 00:14:41,458 Xa. 214 00:14:42,833 --> 00:14:45,708 Entón, asociácheste con Robert Lyndon. 215 00:14:46,583 --> 00:14:50,207 Lyndon é un puto parasito. Eu non sabía que estaba implicado. 216 00:14:50,208 --> 00:14:54,374 Cando foi a última vez que o país resolveu algún problema? 217 00:14:54,375 --> 00:14:57,708 Porque non aprobamos unha soa lei en 18 meses. 218 00:14:58,375 --> 00:15:02,374 Dreyer dixo que colaboraría comigo nun montón de cousas 219 00:15:02,375 --> 00:15:05,958 se non fose polos tarados do seu partido que ían por el. 220 00:15:07,708 --> 00:15:09,166 A cousa desmandouse. 221 00:15:10,416 --> 00:15:12,749 Cando Mitchell te nomeou, bloqueámonos. 222 00:15:12,750 --> 00:15:15,083 - Esa non é a solución. - Arriscámonos... 223 00:15:16,708 --> 00:15:18,499 para mellorar as cousas. 224 00:15:18,500 --> 00:15:20,540 Si, mellorar as cousas. 225 00:15:20,541 --> 00:15:23,874 - Para iso hai que pórse a traballar. - Mira o que pasa. 226 00:15:23,875 --> 00:15:27,583 O mundo que ti coñeces xa non existe. 227 00:15:28,166 --> 00:15:31,707 O peor é que eu pensaba que ti non podías facer nada, 228 00:15:31,708 --> 00:15:34,499 que nin sabías o estragado que está todo, 229 00:15:34,500 --> 00:15:36,707 pero enganábame. Creo que o sabes. 230 00:15:36,708 --> 00:15:39,915 - Pero non o queres ver. - Sempre hai problemas. 231 00:15:39,916 --> 00:15:42,040 - Sabichón... - Hai que arranxalos. 232 00:15:42,041 --> 00:15:45,290 Miras para outro lado, para non mancharte, hostia! 233 00:15:45,291 --> 00:15:48,249 Certo. Para non ter que axudar a ninguén. 234 00:15:48,250 --> 00:15:50,207 É máis fácil dicilo ca facelo. 235 00:15:50,208 --> 00:15:52,665 Non tes que resolver ningún problema. 236 00:15:52,666 --> 00:15:53,874 - Xa o fixen. - Non! 237 00:15:53,875 --> 00:15:56,457 - Fixen o que tiña que facer. - Tiñas que facer máis. 238 00:15:56,458 --> 00:15:57,957 Para ti todo é fácil! 239 00:15:57,958 --> 00:16:02,583 - Todos podiamos facer máis! - Home claro, pero faise o que se pode! 240 00:16:06,291 --> 00:16:08,540 Enténdote, vale? Enténdote. 241 00:16:08,541 --> 00:16:10,333 Dime que fago agora. 242 00:16:11,500 --> 00:16:14,415 Dime que fago agora. Perdón. 243 00:16:14,416 --> 00:16:17,708 Se me dis que teño que facer, fágoo. 244 00:16:18,500 --> 00:16:20,541 - Papá, por favor. - Si. 245 00:16:22,708 --> 00:16:25,666 Prométocho. Dime que teño que facer e fágoo. 246 00:16:27,166 --> 00:16:28,250 Fágoo. 247 00:16:48,250 --> 00:16:49,124 Volveu? 248 00:16:49,125 --> 00:16:50,125 Volveu! 249 00:16:52,041 --> 00:16:53,332 Volveu! 250 00:16:53,333 --> 00:16:55,249 Vale, hai que centrarse. 251 00:16:55,250 --> 00:16:57,166 Agora quero as comunicacións. 252 00:17:15,083 --> 00:17:18,665 Mentres a comisión segue recuperando os sistemas caídos, 253 00:17:18,666 --> 00:17:22,957 {\an8}os expertos din que o segundo ataque foi a última boqueada de Kidder, 254 00:17:22,958 --> 00:17:25,790 unha pílula velenosa activada desde a tumba. 255 00:17:25,791 --> 00:17:27,333 Quizais coa axuda de... 256 00:17:27,833 --> 00:17:30,041 Acabo de recibir unha última hora. 257 00:17:31,333 --> 00:17:33,375 Temos unha nova de última hora e... 258 00:17:34,083 --> 00:17:35,790 é terrible, se é verdade. 259 00:17:35,791 --> 00:17:38,540 Ao tempo que volve a luz en moitas cidades, 260 00:17:38,541 --> 00:17:41,749 {\an8}o presidente da comisión, George Mullen, 261 00:17:41,750 --> 00:17:45,207 {\an8}foi vítima dun ataque onda a súa casa, preto de Nova York. 262 00:17:45,208 --> 00:17:48,749 ...o adorado expresidente puido ser vítima dun ataque 263 00:17:48,750 --> 00:17:52,915 {\an8}dos seguidores radicalizados de Evan Green, que fora detido... 264 00:17:52,916 --> 00:17:56,540 {\an8}Descoñécese o estado da ex primeira dama, Sheila Mullen. 265 00:17:56,541 --> 00:17:58,457 Se acaban de incorporarse, 266 00:17:58,458 --> 00:18:02,874 o expresidente George Mullen está desaparecido e témese pola súa vida. 267 00:18:02,875 --> 00:18:04,624 "Témese pola súa vida"? 268 00:18:04,625 --> 00:18:05,541 Mamá! 269 00:18:06,458 --> 00:18:08,125 Lily, cariño... 270 00:18:09,166 --> 00:18:10,000 Ola. 271 00:18:10,916 --> 00:18:11,833 Son Sheila. 272 00:18:13,708 --> 00:18:16,249 Ven aquí. Esta é a miña amiga Sheila. 273 00:18:16,250 --> 00:18:18,582 Estamos mirando... 274 00:18:18,583 --> 00:18:22,415 Que diría, Jonathan, se esta información se confirma? 275 00:18:22,416 --> 00:18:26,999 Eu non sempre concordaba con Mullen, pero non hai dúbida do seu patriotismo. 276 00:18:27,000 --> 00:18:29,999 Este home volveu do seu retiro para axudar. 277 00:18:30,000 --> 00:18:33,332 Temos o presidente da Cámara Dreyer e imos con el. 278 00:18:33,333 --> 00:18:35,874 {\an8}- ...do expresidente Mullen? - Sr. Dreyer! 279 00:18:35,875 --> 00:18:39,458 {\an8}Estou apesarado, aflixido, se a información se confirma. 280 00:18:40,291 --> 00:18:42,874 George Mullen dedicouse a defender os EUA 281 00:18:42,875 --> 00:18:46,665 do extremismo desnortado que causou os ataques do Día Cero, 282 00:18:46,666 --> 00:18:49,040 e iso parece que lle custou a vida. 283 00:18:49,041 --> 00:18:51,708 George e eu eramos adversarios políticos. 284 00:18:52,708 --> 00:18:54,790 Temos discutido e mesmo pelexado, 285 00:18:54,791 --> 00:18:58,915 pero concordabamos nunha cousa, en que este é o mellor país do mundo 286 00:18:58,916 --> 00:19:01,915 {\an8}e que paga a pena dalo todo para defendelo. 287 00:19:01,916 --> 00:19:04,790 Desculpen, a presidenta chamoume á Casa Branca. 288 00:19:04,791 --> 00:19:07,874 - Que pasa coa comisión? - Sr. Dreyer... 289 00:19:07,875 --> 00:19:10,207 Falarei diso coa presidenta. 290 00:19:10,208 --> 00:19:12,790 {\an8}Solidarizámonos coa familia Mullen 291 00:19:12,791 --> 00:19:15,500 {\an8}e coas familias afectadas polo ataque. 292 00:19:16,458 --> 00:19:18,915 Se George Mullen foi asasinado, 293 00:19:18,916 --> 00:19:21,958 será unha perda terrible que levará tempo superar. 294 00:19:22,708 --> 00:19:23,875 Pero a súa morte 295 00:19:25,166 --> 00:19:28,208 é só unha máis da guerra contra os nosos inimigos. 296 00:19:28,708 --> 00:19:31,000 Unha guerra que só acaba de empezar. 297 00:19:32,166 --> 00:19:33,791 - Grazas. - Por aquí, señor. 298 00:19:48,958 --> 00:19:49,958 DESCOÑECIDO 299 00:19:52,625 --> 00:19:53,458 Si. 300 00:19:53,958 --> 00:19:55,041 Conmovedor. 301 00:19:55,875 --> 00:19:57,375 Ti e eu temos que vernos. 302 00:19:58,375 --> 00:19:59,250 En persoa. 303 00:20:24,291 --> 00:20:25,125 É moi bonito. 304 00:20:26,166 --> 00:20:27,374 Con esta luz, si. 305 00:20:27,375 --> 00:20:28,291 Ti e eu 306 00:20:29,666 --> 00:20:31,415 estamos do mesmo lado, sabes? 307 00:20:31,416 --> 00:20:34,249 O que sei é que vas ir á cadea moito tempo. 308 00:20:34,250 --> 00:20:38,082 Se fose hai dez anos, igual si. Hoxe non creo. 309 00:20:38,083 --> 00:20:41,291 - A traizón implica pena de morte. - Que traizón? 310 00:20:42,083 --> 00:20:44,083 Todo o que fixen foi por lealdade. 311 00:20:44,666 --> 00:20:47,749 Lealdade ás mesmas cousas que ti dis defender. 312 00:20:47,750 --> 00:20:50,749 E os miles de persoas que morreron nos ataques? 313 00:20:50,750 --> 00:20:54,207 Incumpriches o xuramento e causácheslle un dano irreparable ao país. 314 00:20:54,208 --> 00:20:56,749 Deille a última oportunidade de salvarse. 315 00:20:56,750 --> 00:20:59,082 Cantos anos cres que nos quedan? 316 00:20:59,083 --> 00:21:02,499 Medio país atrapado nun pesadelo de mentiras e conspiracións 317 00:21:02,500 --> 00:21:06,374 e o outro medio berrando por pronomes e xerarquizando demandas. 318 00:21:06,375 --> 00:21:08,040 Destruír a democracia non a salva. 319 00:21:08,041 --> 00:21:10,915 A quimioterapia destrúe o paciente se mata o cancro? 320 00:21:10,916 --> 00:21:12,749 Decides ti que é o cancro? 321 00:21:12,750 --> 00:21:14,332 Sabes o que é o cancro. 322 00:21:14,333 --> 00:21:17,040 Os nacionalistas brancos temen a substitución racial. 323 00:21:17,041 --> 00:21:19,207 Os anarquistas abolirían a policía. 324 00:21:19,208 --> 00:21:22,916 Hai tarados que desconfían dos resultados electorais. 325 00:21:23,500 --> 00:21:25,624 Por non falar de pallasos coma Evan Green 326 00:21:25,625 --> 00:21:29,415 que espallan veleno nas redes e na TV para facerse ricos. 327 00:21:29,416 --> 00:21:31,249 E a comisión resolve iso? 328 00:21:31,250 --> 00:21:35,290 Se se usan ben os seus poderes, si. De xeito temporal e atinado. 329 00:21:35,291 --> 00:21:37,874 Se Mitchell escollese a opción intelixente 330 00:21:37,875 --> 00:21:40,707 e me nomease a min, xa teriamos superado isto. 331 00:21:40,708 --> 00:21:45,040 Todos os ditadores que asaltan o poder din que é só de xeito temporal. 332 00:21:45,041 --> 00:21:47,915 E sabes que queda cando rematan? 333 00:21:47,916 --> 00:21:50,749 Tumbas e ruínas, sempre, sen excepción. 334 00:21:50,750 --> 00:21:53,457 Ti podes dicir o que queiras. 335 00:21:53,458 --> 00:21:56,165 Non estamos ante un problemiña pasaxeiro. 336 00:21:56,166 --> 00:22:00,040 É unha emerxencia. Sen tomar medidas drásticas, estamos acabados. 337 00:22:00,041 --> 00:22:01,915 A túa filla entendeuno. 338 00:22:01,916 --> 00:22:05,457 A miña filla cometeu moitos erros. O peor foi facerche caso 339 00:22:05,458 --> 00:22:08,124 e crer que che importa algo máis ca o poder. 340 00:22:08,125 --> 00:22:11,540 A túa filla é unha heroína. Sei o que pensa de min, 341 00:22:11,541 --> 00:22:14,832 pero estaba disposta a esquecer iso por un ben maior. 342 00:22:14,833 --> 00:22:18,790 Viu o que podiamos conseguir colaborando. Debías estar orgulloso. 343 00:22:18,791 --> 00:22:21,500 Chama un avogado. Dille que te van deter. 344 00:22:23,416 --> 00:22:24,416 Hoxe non. 345 00:22:25,083 --> 00:22:29,499 Se queres disolver a comisión para practicarlle a eutanasia ao país, 346 00:22:29,500 --> 00:22:30,665 non cho impedirei. 347 00:22:30,666 --> 00:22:32,707 Igual estás cego de verdade. 348 00:22:32,708 --> 00:22:34,665 Pero vouche dicir o que pasará. 349 00:22:34,666 --> 00:22:38,332 Deixareino ao final da lexislatura, e os demais tamén. 350 00:22:38,333 --> 00:22:41,124 Xa tes a Kidder e podes darlle bombo a Lyndon 351 00:22:41,125 --> 00:22:42,749 porque non vai volver. 352 00:22:42,750 --> 00:22:44,000 Aí acaba todo. 353 00:22:44,625 --> 00:22:48,207 - Perden os malos, todos contentos. - Non estamos negociando. 354 00:22:48,208 --> 00:22:49,125 Ai non? 355 00:22:52,416 --> 00:22:55,416 Pois... entón, 356 00:22:56,000 --> 00:22:58,791 estaslle poñendo a corda ao pescozo á túa filla. 357 00:23:00,416 --> 00:23:04,207 Como dixeches, George, a traizón implica pena de morte. 358 00:23:04,208 --> 00:23:06,625 Faríaslle iso á túa filla? 359 00:23:07,833 --> 00:23:09,750 Deixaríache a túa muller? 360 00:24:03,500 --> 00:24:07,165 Falamos agora coa voceira da comisión, Melissa Kornblau. 361 00:24:07,166 --> 00:24:08,665 Grazas por convidarme. 362 00:24:08,666 --> 00:24:12,999 Como se ve pola rápida recuperación dos servizos tralo segundo ataque, 363 00:24:13,000 --> 00:24:17,291 os americanos xa saben que o malware do Día Cero non é unha ameaza. 364 00:24:17,791 --> 00:24:21,874 O expresidente Mullen dará a coñecer o informe final da comisión mañá. 365 00:24:21,875 --> 00:24:25,207 Falará dos pasos que se deron para garantir 366 00:24:25,208 --> 00:24:27,249 a ciberseguridade futura do país, 367 00:24:27,250 --> 00:24:30,250 {\an8}ademais das conclusións sobre a autoría do ataque. 368 00:24:31,500 --> 00:24:33,957 Bo día, señor. Temos unha chamada. 369 00:24:33,958 --> 00:24:37,625 A presidenta Mitchell visitará hoxe algúns lugares afectados. 370 00:24:38,291 --> 00:24:40,999 Polo visto, quere vir visitalo. 371 00:24:41,000 --> 00:24:43,165 - Aquí na casa? - Si, ás 11:00. 372 00:24:43,166 --> 00:24:44,541 Non será a única. 373 00:24:45,333 --> 00:24:47,708 Alex quere falar comigo despois. 374 00:24:52,875 --> 00:24:55,790 - Que lle vas dicir? - O mesmo ca ti. Que a quero. 375 00:24:55,791 --> 00:24:57,957 Non, sobre o de mañá. 376 00:24:57,958 --> 00:25:01,416 Que levas días sen durmir nin comer e que non sei nada. 377 00:25:08,500 --> 00:25:12,333 George, fixese o que fixese, é filla nosa. 378 00:25:13,166 --> 00:25:15,541 E temos que responsabilizarnos diso. 379 00:25:19,250 --> 00:25:22,291 Non podo perder outra filla. 380 00:25:51,875 --> 00:25:52,708 Presidenta. 381 00:25:56,708 --> 00:25:58,791 Entón, o purgatorio é así? 382 00:25:59,375 --> 00:26:00,291 Si. 383 00:26:00,875 --> 00:26:02,875 Sente aí. 384 00:26:03,458 --> 00:26:05,625 Desculpe que me presente aquí. 385 00:26:06,208 --> 00:26:10,291 A miña oficina parece que non convida á franqueza. 386 00:26:11,833 --> 00:26:14,583 Nin aos convidados nin aos anfitrións, seica. 387 00:26:16,333 --> 00:26:18,791 Debérame contar máis na primeira reunión. 388 00:26:19,500 --> 00:26:20,333 Quizais. 389 00:26:21,041 --> 00:26:23,500 Pero, ao compartir información, 390 00:26:24,000 --> 00:26:25,833 o que agardamos, o que sabemos, 391 00:26:26,416 --> 00:26:30,040 o que podemos probar, todo iso son cousas moi diferentes, 392 00:26:30,041 --> 00:26:35,582 e ao final son menos importantes ca o que o receptor quere crer. 393 00:26:35,583 --> 00:26:38,457 Que quere crer o pobo americano? 394 00:26:38,458 --> 00:26:40,250 A pregunta do momento. 395 00:26:41,875 --> 00:26:47,000 Oín que o informe da comisión aínda se está redactando. 396 00:26:48,125 --> 00:26:51,208 Terá que tomar decisións moi delicadas. 397 00:26:52,208 --> 00:26:55,499 Veu para asegurarse de que non se me nubre o xuízo? 398 00:26:55,500 --> 00:26:58,291 Non, vin para desculparme. 399 00:26:59,333 --> 00:27:00,957 Si, ocultei certas cousas, 400 00:27:00,958 --> 00:27:05,291 pero non sabía que tería implicacións tan persoais. 401 00:27:07,541 --> 00:27:10,624 A xente confía en que vostede fará o correcto. 402 00:27:10,625 --> 00:27:15,166 O que vostede diga nese informe para eles será a verdade. 403 00:27:16,208 --> 00:27:18,541 - A verdade só ten un camiño. - Quizais. 404 00:27:22,291 --> 00:27:27,000 A última vez que se dirixiu ás cámaras anunciou que non iría á reelección. 405 00:27:27,750 --> 00:27:29,415 Daquela oíra rumores 406 00:27:29,416 --> 00:27:32,583 de que non fora só polo pasamento do seu fillo. 407 00:27:33,791 --> 00:27:34,833 Sobre un affaire. 408 00:27:36,166 --> 00:27:40,582 Cometer tal imprudencia, e coa súa xefa de gabinete, 409 00:27:40,583 --> 00:27:43,166 e logo mentirlle ao pobo americano, 410 00:27:44,041 --> 00:27:45,583 nunca me pareceu crible. 411 00:27:46,375 --> 00:27:47,500 En absoluto. 412 00:27:50,000 --> 00:27:52,541 Pero logo comecei a preguntarme 413 00:27:53,125 --> 00:27:56,000 se sería máis ca un simple affaire. 414 00:27:57,208 --> 00:28:01,000 Se non o ocultaría, non por vostede, 415 00:28:02,750 --> 00:28:05,416 senón para protexer a alguén inocente 416 00:28:06,541 --> 00:28:08,708 que non merecía todo ese sufrimento. 417 00:28:10,458 --> 00:28:12,333 E iso si que o creo. 418 00:28:13,333 --> 00:28:14,625 Porque a verdade 419 00:28:16,041 --> 00:28:17,416 só ten un camiño, 420 00:28:18,083 --> 00:28:20,708 pero non sempre é o máis importante. 421 00:28:26,458 --> 00:28:29,457 Unha vez vostede contoume algo que nunca esquecín. 422 00:28:29,458 --> 00:28:33,374 Dixo que o noso traballo é gobernar o país tal como é, 423 00:28:33,375 --> 00:28:35,541 non como nos gustaría que fose. 424 00:28:36,541 --> 00:28:39,957 Se a xente descobre o alcance real disto, 425 00:28:39,958 --> 00:28:41,583 neste momento, 426 00:28:42,625 --> 00:28:44,458 non creo que sobrevivamos. 427 00:28:45,666 --> 00:28:48,750 Temos a obriga de protexer o pobo americano. 428 00:28:49,750 --> 00:28:53,125 O cargo de conciencia é o mínimo que debemos soportar. 429 00:28:55,041 --> 00:28:56,540 Parou un golpe de estado. 430 00:28:56,541 --> 00:29:00,249 Culpando só a Kidder, non lle preocupa que non se saiba nunca? 431 00:29:00,250 --> 00:29:04,624 O gabinete de Dreyer xa lles está dicindo aos xornalistas que se retira, 432 00:29:04,625 --> 00:29:06,958 que sae pola porta grande. 433 00:29:08,125 --> 00:29:10,457 Eu si quero ser reelixida, 434 00:29:10,458 --> 00:29:13,332 e o camiño para logralo xa está máis despexado. 435 00:29:13,333 --> 00:29:16,082 Quedan moitas grandes cousas por facer. 436 00:29:16,083 --> 00:29:18,833 Aprender dos erros cometidos e corrixilos. 437 00:29:19,625 --> 00:29:22,166 Esa é a verdade que máis me importa. 438 00:29:26,500 --> 00:29:27,666 Catro anos máis. 439 00:29:30,333 --> 00:29:33,750 Serán suficientes para rematar os asuntos pendentes. 440 00:32:10,583 --> 00:32:11,583 Grazas. 441 00:32:12,166 --> 00:32:13,208 Sr. Dreyer. 442 00:32:14,541 --> 00:32:15,750 Sra. Whitesell. 443 00:32:19,791 --> 00:32:22,166 Servizo de reparto de primeira clase. 444 00:32:26,500 --> 00:32:31,375 "Informe da investigación sobre o ciberataque do Día Cero contra os EUA." 445 00:32:33,125 --> 00:32:34,750 - Pesa bastante. - Leao. 446 00:32:35,583 --> 00:32:36,458 Con calma. 447 00:33:02,458 --> 00:33:04,500 O teu xefe é sabio. 448 00:33:05,458 --> 00:33:06,833 Sempre o admirei. 449 00:33:08,583 --> 00:33:12,082 Mitchell propón unha sesión conxunta para presentalo. 450 00:33:12,083 --> 00:33:15,582 A aceptación dos resultados por parte dos dous partidos 451 00:33:15,583 --> 00:33:17,500 demostra que o país avanza. 452 00:33:20,083 --> 00:33:21,083 Paréceme ben. 453 00:33:25,500 --> 00:33:30,540 O expresidente Mullen virá aquí antes dar as grazas aos membros da comisión. 454 00:33:30,541 --> 00:33:32,415 Logo irá a Washington. 455 00:33:32,416 --> 00:33:35,374 Fontes do Capitolio coñecedoras do informe 456 00:33:35,375 --> 00:33:39,040 confirman que Monica Kidder foi quen organizou o ataque. 457 00:33:39,041 --> 00:33:42,457 Mullen tamén proporá novas medidas de ciberseguridade 458 00:33:42,458 --> 00:33:44,083 para discutir no Congreso. 459 00:34:01,500 --> 00:34:02,500 Bo día, señor. 460 00:34:31,041 --> 00:34:35,250 Hai algo máis dun mes, vostedes aceptaron prestar servizo. 461 00:34:36,250 --> 00:34:38,791 E a semana pasada, só nunhas poucas horas, 462 00:34:39,500 --> 00:34:43,708 rescatáronnos da catástrofe e salvaron moitos miles de vidas. 463 00:34:44,583 --> 00:34:46,332 Este país, e eu persoalmente, 464 00:34:46,333 --> 00:34:49,250 estámoslles enormemente agradecidos. 465 00:34:50,208 --> 00:34:53,125 Moitísimas grazas. 466 00:35:11,291 --> 00:35:12,125 Carl. 467 00:35:12,625 --> 00:35:15,083 - Presidente. - Como estás? 468 00:35:15,958 --> 00:35:17,249 - Mellor ca nunca. - Ben. 469 00:35:17,250 --> 00:35:18,958 Engadín unhas notas máis. 470 00:35:19,541 --> 00:35:20,749 Señor, con respecto, 471 00:35:20,750 --> 00:35:23,958 a investigación descubriu algúns aspectos máis. 472 00:35:24,541 --> 00:35:26,000 Isto é o que imos dicir. 473 00:35:30,875 --> 00:35:31,708 De acordo. 474 00:35:33,333 --> 00:35:35,375 - Foi un pracer. - Igualmente. 475 00:35:43,250 --> 00:35:45,375 - Examinouno o laboratorio. - E que? 476 00:35:46,416 --> 00:35:48,791 Restos de orixe descoñecida. 477 00:35:49,541 --> 00:35:52,374 Podería ser un dispositivo adherido ao comedeiro. 478 00:35:52,375 --> 00:35:56,750 Podería ser lixo que caeu por accidente nos grans na fábrica. 479 00:35:59,458 --> 00:36:01,833 O estrés, a presión, 480 00:36:02,333 --> 00:36:03,375 todo iso. 481 00:36:04,958 --> 00:36:08,000 Volver á Casa Branca, onde faleceu Nick. 482 00:36:09,250 --> 00:36:10,875 Podería ser a explicación. 483 00:36:12,291 --> 00:36:17,500 Arma neurolóxica secreta ou un vello canso con pantasmas na cabeza. 484 00:36:20,666 --> 00:36:21,500 Que máis ten. 485 00:36:22,708 --> 00:36:23,541 Xa. 486 00:36:25,166 --> 00:36:27,583 E... Lily? 487 00:36:29,958 --> 00:36:32,125 Conteille todo, a verdade. 488 00:36:33,166 --> 00:36:35,750 O que pase agora será cousa dela. 489 00:36:36,541 --> 00:36:37,375 Si. 490 00:36:40,125 --> 00:36:41,916 - Estás seguro? - Si. 491 00:36:43,375 --> 00:36:44,375 Mirareite na TV. 492 00:37:49,000 --> 00:37:50,707 - Presidente. - Está ela? 493 00:37:50,708 --> 00:37:53,208 Marchou hai unha hora, non sei a onde. 494 00:37:54,000 --> 00:37:55,415 Dixo que lle dese isto. 495 00:37:55,416 --> 00:37:56,832 PAPÁ 496 00:37:56,833 --> 00:37:59,458 Grazas. Sempre é un pracer. 497 00:38:00,125 --> 00:38:02,500 - Tommy. Congresista. - Ten un segundo? 498 00:38:03,000 --> 00:38:05,250 Vémonos dentro. Que tal, Bob? 499 00:38:06,583 --> 00:38:07,416 Marchou. 500 00:38:08,250 --> 00:38:09,083 Alex. 501 00:38:10,958 --> 00:38:13,375 Non quererá ver a seu pai mentir por ela. 502 00:38:13,958 --> 00:38:16,665 Como ven, a cámara está case chea. 503 00:38:16,666 --> 00:38:18,915 Congresistas, senadores, 504 00:38:18,916 --> 00:38:22,249 ese é o Secretario de Defensa, que está sentando, 505 00:38:22,250 --> 00:38:25,124 mentres esperamos polo expresidente Mullen 506 00:38:25,125 --> 00:38:29,290 e o informe definitivo sobre un momento tumultuoso deste país. 507 00:38:29,291 --> 00:38:30,749 - Sr. Dreyer. - Xa está. 508 00:38:30,750 --> 00:38:35,000 O expresidente dos EUA, George Mullen. 509 00:39:16,583 --> 00:39:19,832 Presidente, vicepresidente, presidente do Supremo, 510 00:39:19,833 --> 00:39:24,875 membros do Congreso dos EUA e do goberno e concidadáns americanos. 511 00:39:26,208 --> 00:39:28,999 Non hai moito, este país foi atacado, 512 00:39:29,000 --> 00:39:32,583 non por bombas nin avións, senón por programas informáticos, 513 00:39:33,375 --> 00:39:36,958 un novo tipo de guerra, á vez destrutiva e aterradora. 514 00:39:37,750 --> 00:39:39,957 Os responsables non levaban bandeira, 515 00:39:39,958 --> 00:39:43,250 non pediron rescate nin reivindicaron o atentado. 516 00:39:43,750 --> 00:39:46,041 Agacháronse coma covardes nas sombras. 517 00:39:47,208 --> 00:39:51,250 Pero este país, coma sempre, estivo á altura do desafío. 518 00:39:55,250 --> 00:39:57,832 Vostedes, os cidadáns, mobilizáronse 519 00:39:57,833 --> 00:40:01,665 e este Congreso autorizou inmediatamente un organismo especial, 520 00:40:01,666 --> 00:40:03,665 a Comisión do Día Cero, 521 00:40:03,666 --> 00:40:06,625 coa misión de buscar os responsables. 522 00:40:12,250 --> 00:40:16,416 Hoxe comparezo para dar a coñecer os resultados da comisión. 523 00:40:25,625 --> 00:40:28,291 ASASINATO ALGUÉN DEBÍA ESTAR ENFADADO 524 00:40:32,208 --> 00:40:33,875 QUEN MATOU A BAMBI? 525 00:40:47,500 --> 00:40:49,416 A nosa conclusión é 526 00:40:50,583 --> 00:40:52,499 que a arma usada o Día Cero 527 00:40:52,500 --> 00:40:55,875 foi creada pola Axencia de Seguridade Nacional. 528 00:40:56,625 --> 00:40:57,540 Esta semana, 529 00:40:57,541 --> 00:41:01,290 entregámoslles o informe á presidenta Mitchell e ao Sr. Dreyer, 530 00:41:01,291 --> 00:41:05,625 con toda a información e as probas que validan estas conclusións. 531 00:41:06,291 --> 00:41:10,750 Probas que apuntan ao papel xogado por Monica Kidder e Robert Lyndon. 532 00:41:32,333 --> 00:41:33,708 George, estás ben? 533 00:41:34,458 --> 00:41:37,750 Estes son... estes son os feitos. 534 00:41:44,125 --> 00:41:46,333 Os feitos, pero non a verdade. 535 00:41:50,833 --> 00:41:51,708 É curioso. 536 00:41:55,625 --> 00:41:56,958 Cando un perde alguén... 537 00:42:06,291 --> 00:42:08,791 alguén que un quere, algo que importa... 538 00:42:12,291 --> 00:42:15,041 nunca se van de todo, nunca se perden de todo. 539 00:42:15,791 --> 00:42:17,458 Non deixan que un os ignore. 540 00:42:18,250 --> 00:42:19,333 E saben que? 541 00:42:19,875 --> 00:42:21,333 A verdade é así. 542 00:42:21,958 --> 00:42:25,540 {\an8}Pode ser difícil de atopar e aínda máis difícil de enfrontar, 543 00:42:25,541 --> 00:42:28,000 pero sempre paga a pena. 544 00:42:28,583 --> 00:42:30,083 E a verdade hoxe... 545 00:42:32,250 --> 00:42:36,375 é que algunhas das persoas máis poderosas do país decidiron ignorala. 546 00:42:37,000 --> 00:42:40,290 Viron que había antagonismo e rancor, 547 00:42:40,291 --> 00:42:43,666 oíron contar innumerables mentiras flagrantes 548 00:42:44,250 --> 00:42:46,082 e convencéronse 549 00:42:46,083 --> 00:42:50,499 de que o único xeito de solucionalo era asustalos coa perda de liberdades. 550 00:42:50,500 --> 00:42:54,833 Pensaron que con máis poder poderían eliminar os nosos problemas. 551 00:42:56,000 --> 00:42:58,333 A miña propia filla tamén o pensou. 552 00:42:58,916 --> 00:43:00,500 E deixoume isto. 553 00:43:01,333 --> 00:43:03,833 E isto sei que é auténtico. 554 00:43:08,041 --> 00:43:11,457 "A maior honra da miña vida foi que a xente do meu distrito 555 00:43:11,458 --> 00:43:15,083 me elixise para representala no Congreso dos Estados Unidos. 556 00:43:16,541 --> 00:43:19,541 Do que máis me arrepinto é de non estar á altura 557 00:43:20,125 --> 00:43:22,332 da confianza depositada en min. 558 00:43:22,333 --> 00:43:25,958 Traizoei o meu xuramento e perdín o rumbo. 559 00:43:26,625 --> 00:43:31,249 Agora decátome de que o xeito de silenciar as voces que envelenan este país 560 00:43:31,250 --> 00:43:33,541 non é encerralas nunha cela. 561 00:43:34,125 --> 00:43:36,041 É deixar de escoitalas. 562 00:43:38,000 --> 00:43:42,333 O xeito de resolver os nosos problemas é buscar o ben común. 563 00:43:43,833 --> 00:43:44,916 Non o lucro. 564 00:43:46,166 --> 00:43:49,000 A solución é afrontar as verdades incómodas. 565 00:43:50,041 --> 00:43:51,375 Non evitalas. 566 00:43:53,125 --> 00:43:54,958 Por iso eu non me agacharei. 567 00:43:55,916 --> 00:43:57,750 Eu voume entregar 568 00:43:58,416 --> 00:44:00,208 á xustiza. 569 00:44:12,875 --> 00:44:16,708 O ataque do Día Cero foi unha conspiración liderada por Richard Dreyer. 570 00:44:21,583 --> 00:44:25,375 Contou co apoio de membros dos dous partidos. 571 00:44:27,208 --> 00:44:30,666 Entre eles, o congresista Jerry Benson. 572 00:44:32,750 --> 00:44:35,125 A congresista Barbara Rollins. 573 00:44:36,583 --> 00:44:38,499 O senador Max Trillin. 574 00:44:38,500 --> 00:44:39,541 Traidor! 575 00:44:40,125 --> 00:44:42,125 O senador Pat Bishop. 576 00:44:43,750 --> 00:44:46,125 E a congresista Alexandra Mullen. 577 00:44:48,333 --> 00:44:49,999 Pero non son os únicos. 578 00:44:50,000 --> 00:44:53,832 Hai con certeza máis conspiradores no goberno e fóra del. 579 00:44:53,833 --> 00:44:55,415 Temos que atopalos. 580 00:44:55,416 --> 00:44:58,916 A Comisión do Día Cero acaba hoxe, pero o seu traballo non. 581 00:44:59,416 --> 00:45:04,249 Agardo que a presidenta Mitchell use as ferramentas constitucionais 582 00:45:04,250 --> 00:45:07,207 para levar os inimigos deste país ante a xustiza, 583 00:45:07,208 --> 00:45:08,708 sexan quen sexan. 584 00:45:09,291 --> 00:45:12,457 Que Deus bendiga os que continúan a loita 585 00:45:12,458 --> 00:45:15,457 e que bendiga os Estados Unidos de América. 586 00:45:15,458 --> 00:45:18,374 Es un chulo e un fillo de puta. Estarás contento. 587 00:45:18,375 --> 00:45:20,249 Acabas de destruír o país. 588 00:45:20,250 --> 00:45:23,833 Obrar correctamente é a maneira de salvalo. 589 00:45:32,125 --> 00:45:37,957 Mullen ceibou unha auténtica bomba hoxe, transformando radicalmente o que... 590 00:45:37,958 --> 00:45:41,457 Especúlase que a congresista Alexandra Mullen 591 00:45:41,458 --> 00:45:43,249 {\an8}xa podería estar detida. 592 00:45:43,250 --> 00:45:46,624 {\an8}Fontes do FBI afirman que o director creará un comité 593 00:45:46,625 --> 00:45:48,790 {\an8}para investigar o Sr. Dreyer 594 00:45:48,791 --> 00:45:52,750 {\an8}e outros congresistas implicados na conspiración. 595 00:45:53,500 --> 00:45:57,040 O país afronta agora a difícil pero fundamental tarefa 596 00:45:57,041 --> 00:46:00,665 de enfrontarse ao inimigo interior e traelo ante a xustiza. 597 00:46:00,666 --> 00:46:03,999 Un xiro asombroso, pois Mullen non salvou a ninguén, 598 00:46:04,000 --> 00:46:06,875 nin sequera a súa propia filla... 599 00:46:53,541 --> 00:46:55,666 {\an8}MEMORIAS SEN TÍTULO DE GEORGE MULLEN 600 00:51:17,583 --> 00:51:22,583 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa