1 00:00:17,726 --> 00:00:18,560 Jin-hee. 2 00:00:19,185 --> 00:00:22,814 Cultivas hortalizas e substitúes a túa irmá na tenda. 3 00:00:23,606 --> 00:00:24,607 Non te cansas? 4 00:00:25,108 --> 00:00:27,652 Non, só o fago de cando en vez. 5 00:00:28,778 --> 00:00:30,405 Marcho agora para a casa. 6 00:00:31,448 --> 00:00:33,033 Xa. Por certo, 7 00:00:33,033 --> 00:00:34,325 o señor Kim di 8 00:00:34,826 --> 00:00:37,495 que a túa irmá xa está mellor, que xa sae. 9 00:00:37,996 --> 00:00:39,581 Ah, si. 10 00:00:40,790 --> 00:00:43,043 De súpeto, disque xa se atopa ben. 11 00:00:43,043 --> 00:00:45,170 Pero pode que volva empeorar. 12 00:00:45,170 --> 00:00:46,963 Deberías levala ao médico. 13 00:00:47,714 --> 00:00:50,175 Ela teima en non ir, 14 00:00:50,175 --> 00:00:52,802 pero mañá lévoa si ou si. 15 00:00:53,553 --> 00:00:55,638 Sería xenial que estivese mellor. 16 00:00:55,638 --> 00:00:58,725 Kyung-hee foi como unha nai para ti e o teu irmán. 17 00:01:00,518 --> 00:01:02,103 Que pícaro, ese Kang-woo. 18 00:01:02,103 --> 00:01:04,064 Debería vir e axudarte. 19 00:01:04,564 --> 00:01:06,733 Vaia inútil está feito, meu Deus. 20 00:01:08,359 --> 00:01:11,780 Marchou a Seúl para pagar os gastos médicos de Kyung-hee. 21 00:01:11,780 --> 00:01:14,741 Pois espera sentada. Como se o fose facer. 22 00:01:15,784 --> 00:01:18,119 Debe ser duro estares ti soa. 23 00:01:19,746 --> 00:01:20,705 En fin, marcho. 24 00:01:21,289 --> 00:01:23,374 Ben. Abur. 25 00:01:23,374 --> 00:01:24,292 Abur. 26 00:01:37,305 --> 00:01:38,932 Ola, Ki-seok. 27 00:01:39,432 --> 00:01:40,266 Son Jin-hee. 28 00:01:40,266 --> 00:01:42,102 Ola, Jin-hee. Como estás? 29 00:01:42,102 --> 00:01:43,228 Que me contas? 30 00:01:43,228 --> 00:01:45,939 Pois o tema é... 31 00:01:46,481 --> 00:01:49,526 Ti tes falado con Kang-woo ultimamente? 32 00:01:49,526 --> 00:01:50,443 Non. 33 00:01:51,402 --> 00:01:53,780 Perdemos o contacto hai tempo. 34 00:01:54,864 --> 00:01:58,284 - Non tes o seu número? - Leva un tempo sen chamar. 35 00:01:59,744 --> 00:02:01,246 Mándalle unha mensaxe. 36 00:02:02,247 --> 00:02:03,081 Unha mensaxe? 37 00:02:03,790 --> 00:02:05,792 Si, coa aplicación esa. 38 00:02:06,459 --> 00:02:08,837 Ah, xa. E aínda a usará? 39 00:02:09,879 --> 00:02:11,965 Non sei se a ve, 40 00:02:11,965 --> 00:02:14,008 pero igual a ve e te chama. 41 00:02:14,509 --> 00:02:15,677 Xa. 42 00:02:16,803 --> 00:02:19,139 Vale, probarei. 43 00:02:19,139 --> 00:02:20,807 Si, chama cando queiras. 44 00:02:21,307 --> 00:02:22,684 Vale, abur. 45 00:02:32,318 --> 00:02:33,153 Merry! 46 00:02:35,655 --> 00:02:37,282 Que tes? Que pasa? 47 00:02:46,541 --> 00:02:47,375 Quen é? 48 00:02:49,043 --> 00:02:50,879 É o pastor da miña igrexa. 49 00:02:52,046 --> 00:02:54,674 O pastor que non che deixa ir ao médico? 50 00:02:55,592 --> 00:02:57,969 Merry, cala. Como estás ultimamente, eh? 51 00:03:00,138 --> 00:03:01,264 Irmá Jin-hee, 52 00:03:02,557 --> 00:03:04,559 a túa irmá faloume moito de ti. 53 00:03:05,602 --> 00:03:07,687 Veu á casa para rezar por min. 54 00:03:08,938 --> 00:03:09,856 Non cres 55 00:03:10,565 --> 00:03:12,984 que debería mandarte ao hospital? 56 00:03:12,984 --> 00:03:14,319 De que serve rezar? 57 00:03:15,403 --> 00:03:18,865 En fin, non esquezas que mañá imos ao hospital. 58 00:03:19,365 --> 00:03:21,367 Vanche facer unha resonancia. 59 00:03:21,367 --> 00:03:23,286 Non preciso ir ao hospital. 60 00:03:24,120 --> 00:03:25,038 Irmá Jin-hee. 61 00:03:26,414 --> 00:03:28,625 Non te preocupes pola túa irmá. 62 00:03:30,543 --> 00:03:33,213 - Polo poder de Deus... - Desculpe. 63 00:03:34,130 --> 00:03:36,257 Estea mellor ou non, 64 00:03:37,091 --> 00:03:38,343 temos que comprobalo. 65 00:03:41,137 --> 00:03:44,766 - Non precisa ir. - Isto non é cousa súa, pastor. 66 00:03:58,571 --> 00:04:00,740 Debemos librarnos dela xa. 67 00:04:01,824 --> 00:04:04,118 Facelo aquí podería dar problemas. 68 00:04:04,619 --> 00:04:06,287 Aquí non vive ninguén. 69 00:04:07,705 --> 00:04:08,706 Kyung-hee, 70 00:04:09,457 --> 00:04:10,416 de que falas? 71 00:04:12,877 --> 00:04:15,380 Queres saber o que teño na cabeza? 72 00:04:25,848 --> 00:04:27,016 Merry, corre! 73 00:04:27,016 --> 00:04:28,559 Merry! Non! 74 00:04:33,731 --> 00:04:36,025 Socorro! Que alguén me axude! 75 00:05:31,456 --> 00:05:34,208 {\an8}SEOL KANG-WOO AMIGO 76 00:05:45,678 --> 00:05:46,846 KI-SEOK AMIGO KANG-WOO 77 00:05:48,139 --> 00:05:50,350 Non se puido facer a chamada. Deixe... 78 00:05:51,100 --> 00:05:53,061 Por que non contesta? 79 00:05:55,104 --> 00:05:59,275 SON KANG-WOO. COLLE O TELÉFONO, PAPÁN. 80 00:06:06,115 --> 00:06:08,534 - Diga? - Que fas co móbil de Jin-hee? 81 00:06:09,035 --> 00:06:10,119 Xa cho contarei. 82 00:06:10,661 --> 00:06:12,038 Segues en Cheonan? 83 00:06:12,038 --> 00:06:15,041 Non, mudeime a Jinyang por traballo. 84 00:06:15,041 --> 00:06:17,377 Jinyang? Como marchaches tan lonxe? 85 00:06:18,169 --> 00:06:20,630 En fin, podo quedar na túa casa uns días? 86 00:06:20,630 --> 00:06:21,756 Cando vés? 87 00:06:21,756 --> 00:06:22,924 Agora. 88 00:06:22,924 --> 00:06:25,551 En dúas horas se marcho xa. 89 00:06:25,551 --> 00:06:28,763 Non estou na casa. Ando fóra por un asunto. 90 00:06:28,763 --> 00:06:31,349 Se non queres que vaia, dimo. 91 00:06:32,183 --> 00:06:35,061 Envíoche o enderezo e a clave e vas entrando ti. 92 00:06:35,061 --> 00:06:36,229 Vale. Grazas, meu. 93 00:06:42,527 --> 00:06:43,361 Vale. 94 00:06:50,243 --> 00:06:51,077 Ei. 95 00:06:52,245 --> 00:06:53,579 Xa te cambiaches? 96 00:06:55,790 --> 00:06:56,916 Temos que marchar. 97 00:06:58,709 --> 00:07:00,670 Prepárate e sae. 98 00:07:03,506 --> 00:07:04,632 Vamos, ho. 99 00:07:37,415 --> 00:07:39,959 402, APARTAMENTOS CHANGJIN CLAVE 0823 100 00:08:35,097 --> 00:08:38,768 Os vídeos publicados polas testemuñas xa se fixeron virais. 101 00:08:39,352 --> 00:08:42,480 É unha pena que fose xusto antes do festival de folk. 102 00:08:42,480 --> 00:08:44,232 É un gran problema. 103 00:08:44,732 --> 00:08:46,817 Entendo a situación de Namil-gun, 104 00:08:47,527 --> 00:08:49,362 pero a diferenza doutras zonas, 105 00:08:50,196 --> 00:08:53,157 os parasitos de aí están organizados, 106 00:08:53,157 --> 00:08:56,160 así que se precisa unha operación a grande escala. 107 00:08:57,036 --> 00:09:00,248 Se nos dan máis tempo, recuperaremos a Jeong Su-in. 108 00:09:03,167 --> 00:09:05,336 Que opina a policía de Namil? 109 00:09:06,295 --> 00:09:07,672 Facemos todo o posíbel, 110 00:09:07,672 --> 00:09:10,633 pero como apoio do Equipo Gris estamos limitados. 111 00:09:10,633 --> 00:09:12,593 Estamos nunha posición 112 00:09:12,593 --> 00:09:15,513 en que só seguimos as ordes da capitá Choi. 113 00:09:15,513 --> 00:09:18,057 Non podemos actuar libremente. 114 00:09:18,057 --> 00:09:19,892 Estamos limitados. 115 00:09:19,892 --> 00:09:21,227 Escoite, capitá Choi. 116 00:09:22,478 --> 00:09:25,398 O traslado fallou por traballaren unilateralmente, 117 00:09:25,398 --> 00:09:27,817 sen compartir a información. 118 00:09:28,776 --> 00:09:30,820 É hora de informar a poboación 119 00:09:30,820 --> 00:09:33,322 sobre os parasitos, recibir denuncias 120 00:09:33,823 --> 00:09:37,285 e colaborar coa policía local para erradicalos. 121 00:09:37,285 --> 00:09:38,536 Está claro? 122 00:09:38,536 --> 00:09:39,537 Si, señor. 123 00:09:40,037 --> 00:09:42,623 E que pasa co Festival de Folk Coreano? 124 00:09:42,623 --> 00:09:46,127 {\an8}Non é posíbel até destruírmos a organización dos parasitos. 125 00:09:46,627 --> 00:09:48,796 {\an8}O Equipo Gris e a policía de Namil 126 00:09:49,297 --> 00:09:51,549 farán canto poidan por erradicalos 127 00:09:51,549 --> 00:09:53,342 antes do evento. 128 00:09:53,843 --> 00:09:56,345 Pensa que o festival é unha broma calquera? 129 00:09:56,345 --> 00:09:58,472 O festival celebra 130 00:09:58,472 --> 00:10:01,892 a inauguración do Salón Conmemorativo de Choi Yong-jae! 131 00:10:02,393 --> 00:10:06,147 Foi o líder do exército civil na batalla de Cheonryongsan! 132 00:10:06,147 --> 00:10:09,734 É unha atracción turística que levou anos completar. 133 00:10:09,734 --> 00:10:12,945 Hai moitos comerciantes que fan o ano no festival. 134 00:10:12,945 --> 00:10:15,114 E din que temos que cancelalo 135 00:10:15,114 --> 00:10:17,366 por culpa deses monstros? 136 00:10:17,366 --> 00:10:19,660 É ridículo. 137 00:10:20,328 --> 00:10:22,121 Sobre todo este ano, 138 00:10:22,121 --> 00:10:24,582 que vai vir o alcalde de Namcheon. 139 00:10:24,582 --> 00:10:26,167 Vouno informar disto! 140 00:10:26,167 --> 00:10:28,294 Gobernador, acougue. 141 00:10:28,294 --> 00:10:31,547 {\an8}Farase o que se poida. 142 00:10:31,547 --> 00:10:33,924 {\an8}Este é o seu último ano no Goberno. 143 00:10:34,425 --> 00:10:37,553 {\an8}É un candidato clave nas eleccións presidenciais. 144 00:10:37,553 --> 00:10:42,433 {\an8}O Festival de Folk Coreano é o seu último grande acto como alcalde. 145 00:10:42,433 --> 00:10:45,227 {\an8}Non podemos cancelalo así sen máis! 146 00:10:47,063 --> 00:10:48,022 Capitá Choi. 147 00:10:48,522 --> 00:10:50,733 Doulle tres días. Serán suficientes? 148 00:10:52,151 --> 00:10:52,985 Si, señor. 149 00:10:52,985 --> 00:10:55,404 Non temos moito tempo. A traballar. 150 00:11:03,537 --> 00:11:07,291 Van ser días duros, pero din que crise é igual a oportunidade. 151 00:11:07,291 --> 00:11:09,043 Iso é bo, non? 152 00:11:09,585 --> 00:11:11,295 Os humanos son dramáticos. 153 00:11:11,295 --> 00:11:13,464 Agarde. Por aquí. 154 00:11:19,512 --> 00:11:20,346 Mire, 155 00:11:21,597 --> 00:11:23,641 cando capturamos a Jeong Su-in, 156 00:11:24,642 --> 00:11:27,395 a radiografía saíu normal. Como é posíbel? 157 00:11:30,314 --> 00:11:31,315 É unha mutante. 158 00:11:32,191 --> 00:11:33,484 E iso que significa? 159 00:11:33,484 --> 00:11:36,320 Debo descubrir que clase de mutante é. 160 00:11:43,577 --> 00:11:47,915 Localizamos o home que acompaña a rapaza da nosa especie. 161 00:11:47,915 --> 00:11:50,626 É unha mutante, unha mestura cunha humana. 162 00:11:50,626 --> 00:11:52,044 Precisas reforzos? 163 00:11:52,545 --> 00:11:53,421 Non. 164 00:11:53,963 --> 00:11:55,214 É moi poderosa. 165 00:11:56,048 --> 00:11:57,675 Podo eu soa con ela. 166 00:11:58,175 --> 00:11:59,009 De acordo. 167 00:11:59,009 --> 00:12:01,303 Ven ao punto de encontro ao acabares. 168 00:12:07,601 --> 00:12:09,437 Faga o que faga ela, 169 00:12:10,396 --> 00:12:13,315 deberiamos poñernos co noso, non cre? 170 00:12:18,487 --> 00:12:19,488 Pastor. 171 00:12:19,989 --> 00:12:21,741 Quero dicir, capitán. Mire. 172 00:12:22,616 --> 00:12:26,996 En momentos coma este, debe responder cunha expresión axeitada. 173 00:12:28,289 --> 00:12:30,666 Intente copiarme. 174 00:12:32,418 --> 00:12:33,711 Sería así. 175 00:12:34,503 --> 00:12:36,630 Así, moi ben. Sorría máis. 176 00:12:38,215 --> 00:12:40,342 Cos ollos tamén. Cos ollos... 177 00:12:40,342 --> 00:12:41,385 Arre demo! 178 00:12:58,110 --> 00:12:59,570 Vale, é por aquí. 179 00:13:18,714 --> 00:13:20,090 É a casa dun amigo? 180 00:13:20,591 --> 00:13:23,719 É máis coma un irmán que un amigo. 181 00:13:24,220 --> 00:13:27,556 Eu son o irmán maior fiábel e el, o pequeno choromicas. 182 00:13:28,057 --> 00:13:29,266 Aquí, 402. 183 00:13:37,274 --> 00:13:41,737 Ki-seok era un miñaxoia, así que os outros nenos pegábanlle. 184 00:13:42,613 --> 00:13:43,948 Eu sempre o salvaba. 185 00:13:45,699 --> 00:13:47,535 - Que amábel. - Que é isto? 186 00:13:48,410 --> 00:13:49,495 Este é Ki-seok? 187 00:13:57,586 --> 00:13:59,088 Por que viñemos aquí? 188 00:14:01,048 --> 00:14:03,217 Eu tamén estou canso, eh? 189 00:14:04,718 --> 00:14:07,388 Quero descansar e cargar o móbil. 190 00:14:10,140 --> 00:14:13,936 E o máis importante: somos fuxitivos e precisamos diñeiro. 191 00:14:19,441 --> 00:14:20,442 Ola, Ki-seok. 192 00:14:21,151 --> 00:14:22,361 Estou na túa casa. 193 00:14:23,028 --> 00:14:23,863 Si. 194 00:14:24,697 --> 00:14:26,031 Cando volvas, 195 00:14:27,074 --> 00:14:30,077 saca un millón e medio de won. Non, dous mellor. 196 00:14:31,453 --> 00:14:33,122 É unha historia moi longa. 197 00:14:35,875 --> 00:14:37,376 Quero ir ao ximnasio. 198 00:14:38,335 --> 00:14:39,712 Ti trae o diñeiro. 199 00:14:43,924 --> 00:14:45,426 Deberías descansar. 200 00:14:50,681 --> 00:14:52,641 Cando Ki-seok traia os cartos, 201 00:14:53,851 --> 00:14:56,395 fuxamos ben lonxe e pasemos desapercibidos. 202 00:14:59,648 --> 00:15:00,900 Eu non vou fuxir. 203 00:15:02,818 --> 00:15:03,652 Por que non? 204 00:15:06,155 --> 00:15:07,656 Vas loitar contra eles? 205 00:15:08,407 --> 00:15:09,325 Debo contalo. 206 00:15:10,576 --> 00:15:11,535 O que? 207 00:15:13,287 --> 00:15:15,331 Moitos policías serán monstros. 208 00:15:15,998 --> 00:15:16,916 A quen llo dis? 209 00:15:17,833 --> 00:15:18,709 A esa muller. 210 00:15:19,209 --> 00:15:21,921 Temos que conseguir que se fíe de nós. 211 00:15:21,921 --> 00:15:23,047 Ti toleaches. 212 00:15:25,382 --> 00:15:28,844 Isto non é cousa túa, así que podes liscar se queres. 213 00:15:32,640 --> 00:15:34,141 Hasme volver tolo. 214 00:15:36,143 --> 00:15:39,063 Acábase o tempo. Tedes que... 215 00:15:39,063 --> 00:15:42,024 {\an8}Onte, produciuse un enfrontamento na autoestrada 216 00:15:42,024 --> 00:15:44,735 {\an8}entre a policía e uns seres descoñecidos. 217 00:15:44,735 --> 00:15:46,987 {\an8}Moitas persoas presenciaron o suceso 218 00:15:46,987 --> 00:15:49,406 {\an8}e están aparecendo vídeos do ocorrido 219 00:15:49,406 --> 00:15:53,118 {\an8}nas redes sociais e varios portais en liña. 220 00:15:53,118 --> 00:15:55,663 {\an8}A policía emitiu un comunicado 221 00:15:55,663 --> 00:15:58,499 {\an8}no que di que axiña resolverá o problema. 222 00:15:58,999 --> 00:16:02,378 {\an8}Neste momento, sabemos practicamente todo o necesario 223 00:16:02,378 --> 00:16:04,838 {\an8}sobre as criaturas monstruosas 224 00:16:04,838 --> 00:16:08,008 {\an8}e estamos en proceso de erradicalas en masa. 225 00:16:08,008 --> 00:16:10,219 {\an8}Para evitar que se estendese o caos, 226 00:16:10,219 --> 00:16:12,680 {\an8}levamos a cabo a operación en segredo. 227 00:16:13,180 --> 00:16:14,556 {\an8}Pedímoslles desculpas. 228 00:16:16,183 --> 00:16:18,769 {\an8}Decidimos cambiar de estratexia 229 00:16:18,769 --> 00:16:20,479 {\an8}e facelo todo público. 230 00:16:20,479 --> 00:16:23,357 {\an8}Prometemos erradicalas permanentemente 231 00:16:23,357 --> 00:16:25,401 {\an8}cunha operación a grande escala 232 00:16:25,401 --> 00:16:28,195 {\an8}e coa axuda da cidadanía. 233 00:16:28,821 --> 00:16:29,655 Mira para aí. 234 00:16:30,239 --> 00:16:33,200 Como sabemos se o poli ese é un monstro? 235 00:16:35,244 --> 00:16:37,037 Que pensas dicirlles? 236 00:16:46,839 --> 00:16:48,841 - Verémolo. - Agora o confirmo. 237 00:16:48,841 --> 00:16:50,759 Quero confirmar a localización. 238 00:16:50,759 --> 00:16:52,261 Cal é o seu nome? 239 00:16:53,470 --> 00:16:54,430 Si, entendido. 240 00:17:01,186 --> 00:17:02,312 Desculpe, capitá. 241 00:17:02,312 --> 00:17:03,480 Que precisa? 242 00:17:04,440 --> 00:17:06,150 Recibimos unha denuncia. 243 00:17:06,150 --> 00:17:08,652 Alguén viu algo ás aforas de Namil-gun. 244 00:17:09,153 --> 00:17:11,530 Podería ser o seu agocho. 245 00:17:11,530 --> 00:17:14,033 Agora mesmo hai unha chea de denuncias. 246 00:17:14,033 --> 00:17:17,202 Houbo algo que lles chamase a atención? 247 00:17:18,620 --> 00:17:20,622 Esta información é pública? 248 00:17:24,793 --> 00:17:27,296 Isto chegou antes de emitir o comunicado. 249 00:17:27,296 --> 00:17:29,298 Enviamos un equipo a investigar. 250 00:17:29,923 --> 00:17:31,550 O equipo confirmou 251 00:17:31,550 --> 00:17:35,637 que hai xente reuníndose no almacén que ten ese símbolo na porta. 252 00:17:36,221 --> 00:17:39,767 Por agora, informáronnos da presenza dunhas 20 persoas. 253 00:17:39,767 --> 00:17:41,560 Tras fuxir da Igrexa Saejin, 254 00:17:41,560 --> 00:17:44,396 parece que están usando este sitio como base. 255 00:17:45,397 --> 00:17:50,069 Teñen que saber que estamos concentrando os nosos esforzos en Namil-gun. 256 00:17:50,903 --> 00:17:53,238 Por que non marchan da zona, entón? 257 00:17:53,906 --> 00:17:56,450 Pensarán que é mellor non precipitarse. 258 00:17:56,950 --> 00:17:57,785 Coincido. 259 00:17:58,494 --> 00:18:01,413 Reforzamos os controis nas principais estradas. 260 00:18:01,413 --> 00:18:02,498 Pode ser iso. 261 00:18:03,040 --> 00:18:05,042 Fano á mantenta. 262 00:18:06,502 --> 00:18:08,504 Dubido que sexan tan espelidos. 263 00:18:11,799 --> 00:18:15,135 Capitá Choi, son máis listos do que vostede pensa. 264 00:18:15,719 --> 00:18:18,097 Aprenden rápido. Analizaron a humanidade 265 00:18:18,097 --> 00:18:21,350 e crearon unha organización para pasar desapercibidos. 266 00:18:21,350 --> 00:18:23,685 Penso que os subestima. 267 00:18:24,186 --> 00:18:26,313 O gobernador de Namil-gun e a xente 268 00:18:26,814 --> 00:18:29,191 esixen unha solución rápida ao problema. 269 00:18:30,150 --> 00:18:32,027 Tome unha decisión canto antes. 270 00:18:35,239 --> 00:18:38,784 Iniciaremos a operación de limpeza mañá pola mañá. 271 00:19:19,783 --> 00:19:21,326 Non é asunto meu. 272 00:19:55,569 --> 00:19:56,403 Diga? 273 00:19:59,948 --> 00:20:00,782 Jeong Su-in? 274 00:20:01,909 --> 00:20:04,620 Es a muller que quere atraparme, non si? 275 00:20:05,370 --> 00:20:06,580 Pois si, Su-in. 276 00:20:07,706 --> 00:20:09,374 Onde estás agora mesmo? 277 00:20:09,374 --> 00:20:10,834 Primeiro, escóitame. 278 00:20:12,544 --> 00:20:15,839 Hai parasitos infiltrados na policía. 279 00:20:16,340 --> 00:20:18,133 Xa, claro. 280 00:20:18,675 --> 00:20:19,760 O señor Chul-min 281 00:20:20,469 --> 00:20:23,263 e o seu compañeiro son parasitos. 282 00:20:24,348 --> 00:20:26,683 Entendo. Sabes que pasa? 283 00:20:27,726 --> 00:20:31,188 Temos unhas cousiñas chamadas probas de seguridade. 284 00:20:31,897 --> 00:20:35,275 Hai que pasalas para conseguir unha tarxeta de acceso. 285 00:20:35,275 --> 00:20:36,568 Dáme igual. 286 00:20:36,568 --> 00:20:38,570 Examinádeos de novo. 287 00:20:40,489 --> 00:20:42,115 Se o que dis é certo, 288 00:20:42,616 --> 00:20:44,451 por que non me axudas? 289 00:20:45,077 --> 00:20:47,079 Así todo sería moito máis fácil. 290 00:20:49,039 --> 00:20:52,668 Despois de todo, ti tamén queres acabar con eles, non? 291 00:20:56,088 --> 00:20:58,465 E se nos vemos en persoa e falamos? 292 00:21:01,718 --> 00:21:03,387 Café Gukil, Shingwan-dong, 293 00:21:04,012 --> 00:21:04,930 en Jinyang-si. 294 00:21:19,611 --> 00:21:20,862 Escóitasme, non si? 295 00:21:22,572 --> 00:21:24,074 Deixemos isto claro. 296 00:21:25,242 --> 00:21:27,327 Non vou fuxir, pase o que pase. 297 00:21:46,471 --> 00:21:47,472 Que fas, tío? 298 00:21:49,558 --> 00:21:51,310 Como tardaches tanto? 299 00:21:53,103 --> 00:21:53,937 Vai. 300 00:21:54,938 --> 00:21:56,023 Que pasa? 301 00:21:57,149 --> 00:21:59,359 En que lea te metiches esta vez? 302 00:22:00,485 --> 00:22:02,446 Por un intre, salvei o mundo. 303 00:22:03,530 --> 00:22:06,033 En fin, grazas por isto. Heicho devolver. 304 00:22:06,616 --> 00:22:07,534 Tanto ten, meu. 305 00:22:08,535 --> 00:22:10,537 Por certo, estiveches con Jin-hee? 306 00:22:12,039 --> 00:22:12,873 Con Jin-hee? 307 00:22:13,457 --> 00:22:16,710 Chamoume de súpeto aí atrás e pediume o teu número. 308 00:22:17,210 --> 00:22:18,420 Cando foi iso? 309 00:22:18,420 --> 00:22:20,088 Haberá dúas semanas. 310 00:22:21,048 --> 00:22:23,633 Como eu tampouco sabía nada de ti, 311 00:22:23,633 --> 00:22:25,385 díxenlle que che escribise, 312 00:22:25,886 --> 00:22:29,222 que igual vías a mensaxe máis tarde. 313 00:22:32,351 --> 00:22:34,061 MENSAXE GARDADA, HAI 15 DÍAS 314 00:22:34,061 --> 00:22:35,729 ENVIAR MENSAXE 315 00:22:38,357 --> 00:22:39,733 NON VEÑAS Á CASA PASE... 316 00:22:41,276 --> 00:22:44,738 NON VEÑAS Á CASA PASE... 317 00:22:46,656 --> 00:22:49,743 Sabes por que te traizoou a túa banda e andas á fuga? 318 00:22:50,327 --> 00:22:52,329 Porque non es máis que un covarde. 319 00:22:52,329 --> 00:22:53,246 Non cres? 320 00:22:54,039 --> 00:22:56,291 Os monstros mataron a túa irmanciña. 321 00:22:56,875 --> 00:22:58,377 A túa irmá tornouse nun. 322 00:22:58,877 --> 00:23:00,921 Su-in, que te salvou, vai morrer. 323 00:23:01,505 --> 00:23:03,090 E ti vas e liscas? 324 00:23:04,341 --> 00:23:06,343 Está claro que es un cagón. 325 00:23:13,016 --> 00:23:15,352 Vanme foder ben fodido. 326 00:23:16,478 --> 00:23:17,771 Que queres dicir? 327 00:23:18,855 --> 00:23:22,192 Oe, teño que ir ao centro. Préstame o coche. 328 00:23:33,120 --> 00:23:34,204 Benvida. 329 00:23:40,168 --> 00:23:42,129 Viu unha rapaza nova por aquí? 330 00:23:42,629 --> 00:23:43,547 É esta. 331 00:23:44,631 --> 00:23:46,758 Ah, dixo que agardaba na azotea. 332 00:23:47,968 --> 00:23:51,388 Desculpe, tamén dixo que vostede tiña a súa carteira 333 00:23:52,139 --> 00:23:55,016 e que lle pagaría o café. Son 5000 won. 334 00:24:08,780 --> 00:24:09,698 Jeong Su-in! 335 00:24:10,699 --> 00:24:11,575 Onde estás? 336 00:24:13,493 --> 00:24:14,327 Su-in! 337 00:24:16,204 --> 00:24:17,289 Onde andas? 338 00:24:19,541 --> 00:24:20,375 Su-in! 339 00:24:22,127 --> 00:24:22,961 Jeong Su-in! 340 00:24:28,300 --> 00:24:29,134 Que? 341 00:24:30,010 --> 00:24:31,803 Crías que traería a policía? 342 00:24:32,304 --> 00:24:33,722 Tiña que ser precavida. 343 00:24:35,849 --> 00:24:36,933 Que lista. 344 00:24:37,517 --> 00:24:40,854 Non fagas parvadas ou aparecerá Heidi. 345 00:24:41,813 --> 00:24:42,647 Heidi? 346 00:24:45,984 --> 00:24:48,320 Intentas dicirme 347 00:24:48,320 --> 00:24:50,780 que agora mesmo aínda es humana 348 00:24:50,780 --> 00:24:53,408 e que o parasito... Non, como era? Heidi? 349 00:24:53,408 --> 00:24:55,494 Dis que ti e iso coexistides? 350 00:24:55,994 --> 00:24:57,496 Poderíase dicir que si. 351 00:24:58,830 --> 00:25:00,499 Xa, claro. 352 00:25:02,334 --> 00:25:04,461 Que querías dicir antes? 353 00:25:04,461 --> 00:25:05,795 O que oíches. 354 00:25:05,795 --> 00:25:09,132 O señor Chul-min e o seu compañeiro son parasitos. 355 00:25:11,134 --> 00:25:13,845 Digamos que o que dis de Kang é certo. 356 00:25:14,804 --> 00:25:18,683 Pero o inspector Kim intentou protexerte até o final. 357 00:25:19,392 --> 00:25:21,353 Por que dis isto agora? 358 00:25:23,855 --> 00:25:24,689 El... 359 00:25:28,318 --> 00:25:29,152 morreu. 360 00:25:30,445 --> 00:25:31,863 Diante de min. 361 00:25:32,822 --> 00:25:33,657 Que? 362 00:25:34,908 --> 00:25:36,493 Intentaba protexerme, 363 00:25:37,786 --> 00:25:41,289 pero o pastor que trouxo Kang Won-seok cortoulle a cabeza. 364 00:25:41,790 --> 00:25:45,710 Ese cabrón apoderouse do seu corpo e agora finxe ser el! 365 00:25:45,710 --> 00:25:47,379 Por que non me cres? 366 00:25:51,508 --> 00:25:55,512 En realidade, hoxe recibimos información do agocho dos parasitos. 367 00:25:56,596 --> 00:25:58,139 As persoas das que falas, 368 00:25:58,139 --> 00:26:02,686 os inspectores Kim e Kang, insistiron en iniciar a operación de limpeza. 369 00:26:03,603 --> 00:26:05,397 Se o que dis é verdade, 370 00:26:05,897 --> 00:26:10,694 significa que son impostores que tentan sabotar as nosas operacións. 371 00:26:11,695 --> 00:26:13,488 Por que suxerirían facer iso? 372 00:26:14,155 --> 00:26:16,199 É evidente! É unha trampa! 373 00:26:16,825 --> 00:26:19,786 Se ides alí, mataranvos a todos. 374 00:26:20,912 --> 00:26:22,706 Só hai unha forma de sabelo. 375 00:26:24,416 --> 00:26:25,584 Ven con nós. 376 00:26:26,501 --> 00:26:27,335 Con nós? 377 00:26:31,798 --> 00:26:33,216 Se estás do noso lado, 378 00:26:33,216 --> 00:26:36,970 ven con nós e descubriremos se é unha trampa ou non. 379 00:26:39,180 --> 00:26:42,809 Non queremos facerche dano. 380 00:26:42,809 --> 00:26:44,769 Vas cooperar? 381 00:26:45,562 --> 00:26:47,772 Podes convencer a Heidi? 382 00:26:47,772 --> 00:26:49,441 Comunícate con ela. 383 00:26:49,441 --> 00:26:50,358 Si? 384 00:26:55,322 --> 00:26:56,448 Collédea! 385 00:26:59,075 --> 00:27:01,119 Merda! Jeong Su-in! 386 00:27:05,332 --> 00:27:06,207 Que foi iso? 387 00:27:24,309 --> 00:27:25,268 Son eu. Sube! 388 00:27:38,406 --> 00:27:39,658 Dividídevos. 389 00:27:39,658 --> 00:27:40,742 - Á orde. - Si. 390 00:27:42,619 --> 00:27:44,621 A onde demo foi? 391 00:27:54,339 --> 00:27:55,173 A túa amiga 392 00:27:56,508 --> 00:27:59,052 está a facer unha cousa moi perigosa. 393 00:28:00,178 --> 00:28:03,306 Dille que non é bo para a nosa supervivencia. 394 00:28:04,432 --> 00:28:07,977 Su-in está facendo todo o que pode para sobrevivir. 395 00:28:10,063 --> 00:28:12,273 Non entendo o que dis. 396 00:28:14,734 --> 00:28:18,613 Para vós, sobrevivir consiste só en estar vivos e respirar, non? 397 00:28:19,406 --> 00:28:20,824 Para nós é distinto. 398 00:28:20,824 --> 00:28:21,741 Para nós, 399 00:28:22,659 --> 00:28:24,744 sobrevivir implica vivir coa xente. 400 00:28:25,495 --> 00:28:27,831 Pero agora, Su-in non pode facer nada. 401 00:28:28,331 --> 00:28:29,165 Por iso, 402 00:28:30,208 --> 00:28:31,835 para sobrevivir, 403 00:28:33,128 --> 00:28:35,547 intenta que máis xente confíe nela. 404 00:28:37,507 --> 00:28:40,135 É o método de supervivencia que elixiu. 405 00:28:46,474 --> 00:28:49,436 Mesmo se é o método que elixiu, 406 00:28:50,353 --> 00:28:52,105 non deixes que se poña 407 00:28:52,105 --> 00:28:54,357 en perigo nas próximas tres horas. 408 00:28:55,567 --> 00:28:56,401 Por que? 409 00:28:57,026 --> 00:29:00,155 Desde onte, tomei o control demasiado tempo. 410 00:29:01,281 --> 00:29:02,866 Non me queda máis remedio 411 00:29:03,658 --> 00:29:06,327 que durmir durante polo menos tres horas. 412 00:29:07,579 --> 00:29:10,540 Pase o que pase, non a poderei axudar. 413 00:29:11,875 --> 00:29:14,002 - Vale. - Vai en serio. 414 00:29:14,711 --> 00:29:17,046 Que non se poña en perigo. 415 00:29:17,922 --> 00:29:19,132 Entón... 416 00:29:22,260 --> 00:29:24,053 Sempre ten a última palabra. 417 00:29:25,889 --> 00:29:27,390 Tras o anuncio da policía 418 00:29:27,390 --> 00:29:29,976 que confirma a existencia dos monstros, 419 00:29:29,976 --> 00:29:32,979 os parasitos, que até entón só eran un rumor, 420 00:29:32,979 --> 00:29:36,649 comezaron a circular máis vídeos e historias por Internet... 421 00:29:36,649 --> 00:29:37,567 Pero que...? 422 00:29:37,567 --> 00:29:39,068 ...que se confirmaron. 423 00:29:39,569 --> 00:29:41,863 A xente ten amosado a súa preocupación 424 00:29:41,863 --> 00:29:44,157 nas redes sociais e varios portais 425 00:29:44,157 --> 00:29:46,493 desde que se fixo o anuncio. 426 00:29:46,493 --> 00:29:47,452 Mimá. 427 00:29:47,452 --> 00:29:48,828 En concreto, dise... 428 00:29:48,828 --> 00:29:51,331 Quen me ía dicir que vería algo así. 429 00:29:52,999 --> 00:29:53,833 Kang-woo? 430 00:29:54,584 --> 00:29:56,669 Como raiases o coche mátote. 431 00:30:02,801 --> 00:30:03,676 Kyung-hee? 432 00:30:04,385 --> 00:30:06,805 Kang-woo saíu. 433 00:30:13,394 --> 00:30:14,229 Que? 434 00:30:15,188 --> 00:30:16,022 Bo día. 435 00:30:18,149 --> 00:30:21,945 Heidi di que quedou sen enerxía e ten que durmir tres horas, 436 00:30:22,487 --> 00:30:24,739 así que non fagas parvadas nese tempo. 437 00:30:25,698 --> 00:30:28,201 Acouga un pouco, salvadora. 438 00:30:37,418 --> 00:30:39,879 Tranquilo, xa vou. O coche está ben. 439 00:30:39,879 --> 00:30:42,799 Apura, que veu a túa irmá. 440 00:30:46,719 --> 00:30:48,763 - Que? - Di que agora vén. 441 00:30:49,722 --> 00:30:52,350 Por que non sentas? 442 00:30:53,977 --> 00:30:56,271 - Ki-seok, está contigo? - Está. 443 00:30:56,855 --> 00:30:59,607 Escoita: pon unha escusa e lisca de aí. 444 00:31:00,358 --> 00:31:01,609 Pero que dis? 445 00:31:03,319 --> 00:31:06,573 Non é a miña irmá. Lisca de aí xa. 446 00:31:06,573 --> 00:31:09,659 Pero que dis? Ven dunha vez, anda. 447 00:31:20,211 --> 00:31:22,380 Estás coa da nosa especie, non? 448 00:31:23,798 --> 00:31:25,425 Tes 15 minutos. 449 00:31:26,926 --> 00:31:28,887 Tráea. 450 00:31:28,887 --> 00:31:34,267 Se non vés en 15 minutos, decapitarei o teu amigo. 451 00:31:38,354 --> 00:31:39,689 Quérenme a min. 452 00:31:39,689 --> 00:31:40,940 Vamos. 453 00:31:42,233 --> 00:31:43,860 Non escoitaches o de Heidi? 454 00:31:44,360 --> 00:31:46,571 Non pode facer nada en tres horas. 455 00:31:47,113 --> 00:31:48,781 Non saben que está durmida. 456 00:31:49,365 --> 00:31:51,326 Pensarán que son unha deles. 457 00:31:51,951 --> 00:31:55,121 Parece que son quen de se detectar entre eles. 458 00:31:55,121 --> 00:31:57,290 Pensarán que son unha dos seus. 459 00:31:58,791 --> 00:32:01,628 Cal é o plan? E se te matan? 460 00:32:03,671 --> 00:32:06,883 Neste momento, o que precisan é máis apoio. 461 00:32:06,883 --> 00:32:10,845 Finxirei cooperar con eles para gañar tempo. 462 00:32:13,556 --> 00:32:14,390 Si? 463 00:32:14,390 --> 00:32:16,809 Vas deixar que a túa amiga morra? 464 00:32:19,812 --> 00:32:21,105 Veña, ho. 465 00:32:52,637 --> 00:32:54,013 Vin, como me pediches. 466 00:32:54,681 --> 00:32:55,682 Deixa o humano. 467 00:32:57,934 --> 00:32:59,268 Son unha dos vosos. 468 00:33:00,103 --> 00:33:01,729 Quero axudarvos. 469 00:33:02,981 --> 00:33:03,940 Que graciosa. 470 00:33:05,441 --> 00:33:07,318 Apenas sinto as túas ondas. 471 00:33:08,194 --> 00:33:09,696 Estás a durmir? 472 00:33:10,613 --> 00:33:11,447 Que? 473 00:33:11,948 --> 00:33:13,992 Sei que a policía che fixo probas. 474 00:33:24,377 --> 00:33:26,087 Ti, a de dentro da humana... 475 00:33:29,757 --> 00:33:32,093 escóitasme aínda que esteas a durmir? 476 00:33:34,345 --> 00:33:38,057 Aínda que me provocas curiosidade, 477 00:33:39,892 --> 00:33:41,561 es unha ameaza para nós. 478 00:33:43,646 --> 00:33:44,772 Teño que matarte. 479 00:33:46,274 --> 00:33:48,234 Non precisamos unha mutante. 480 00:33:50,486 --> 00:33:52,030 Seica es moi poderosa. 481 00:33:54,198 --> 00:33:56,200 Se queres protexer a túa hóspede, 482 00:33:57,326 --> 00:33:59,662 terás que loitar comigo e gañar. 483 00:34:04,333 --> 00:34:05,168 Abaixo! 484 00:34:07,253 --> 00:34:08,337 Ki-seok, sae! 485 00:34:12,842 --> 00:34:14,135 Ki-seok! 486 00:34:16,012 --> 00:34:17,263 Bule, sae xa! 487 00:34:18,973 --> 00:34:20,058 Non, Ki-seok! 488 00:34:22,602 --> 00:34:24,812 Idiota, que fas? 489 00:34:24,812 --> 00:34:26,439 Vamos! 490 00:34:26,439 --> 00:34:28,232 Vaite matar a ti tamén! 491 00:34:28,232 --> 00:34:29,192 Ki-seok! 492 00:34:33,821 --> 00:34:35,198 Temos que marchar! 493 00:34:36,449 --> 00:34:37,283 Bule! 494 00:34:40,244 --> 00:34:42,080 Sube! 495 00:35:05,645 --> 00:35:08,314 Vounos matar! Nunca llelo perdoarei! 496 00:35:25,665 --> 00:35:31,129 Temos tres equipos infiltrados controlando a zona do seu agocho. 497 00:35:31,129 --> 00:35:32,672 Nós estamos listos. 498 00:35:33,297 --> 00:35:35,675 - Pois preparádevos. - Si. 499 00:35:37,176 --> 00:35:40,972 Cando o noso equipo saia, unídesvos a nós? 500 00:35:42,098 --> 00:35:45,768 Bloquearemos a zona e prepararémonos para continxencias. 501 00:35:46,894 --> 00:35:47,895 Algún problema? 502 00:35:51,065 --> 00:35:51,899 Non. 503 00:35:53,192 --> 00:35:54,026 Vamos. 504 00:36:35,193 --> 00:36:39,197 Pode que sexa a última operación do Equipo Gris na rexión. 505 00:36:40,323 --> 00:36:43,534 É posíbel. Teremos que esperar os resultados de hoxe. 506 00:36:54,128 --> 00:36:56,547 Vaian indo. Esquecín unha cousa. 507 00:37:40,800 --> 00:37:41,759 Sen novidades. 508 00:37:48,724 --> 00:37:49,558 Capitá Choi. 509 00:37:50,434 --> 00:37:53,980 Evacuamos a zona e empezamos a pechar as estradas. 510 00:37:54,563 --> 00:37:55,648 Ah, 511 00:37:55,648 --> 00:37:57,149 estamos listos. 512 00:37:57,733 --> 00:37:59,902 Ben. Agardade ordes. 513 00:38:19,130 --> 00:38:21,257 - Quen es esta vez? - Escoita. 514 00:38:21,924 --> 00:38:24,010 A operación de limpeza esa 515 00:38:24,010 --> 00:38:25,177 é unha trampa. 516 00:38:26,095 --> 00:38:27,096 Quen es? 517 00:38:27,596 --> 00:38:29,890 Es Seol Kang-woo, da banda Mangnani? 518 00:38:31,517 --> 00:38:32,351 Es ti. 519 00:38:33,769 --> 00:38:35,062 Está Jeong Su-in? 520 00:38:36,439 --> 00:38:37,273 Estou. 521 00:38:38,107 --> 00:38:39,150 A operación 522 00:38:39,150 --> 00:38:41,110 é unha trampa. Tes que parala. 523 00:38:41,902 --> 00:38:45,489 Xa, o tema é que iso é máis fácil dicilo que facelo. 524 00:38:46,449 --> 00:38:50,661 Os de Namil-gun toman moi en serio o Festival de Folk Coreano. 525 00:38:50,661 --> 00:38:52,747 Queren que destruamos os parasitos 526 00:38:52,747 --> 00:38:55,041 para seguiren co festival. 527 00:38:55,041 --> 00:38:56,792 Xa sei que é ridículo. 528 00:38:58,377 --> 00:38:59,754 Pero que merda é esa? 529 00:38:59,754 --> 00:39:01,797 Esquéceo. Queredes morrer todos? 530 00:39:02,381 --> 00:39:04,842 Xa che dixen que hai monstros na policía. 531 00:39:05,343 --> 00:39:06,177 Xa. 532 00:39:06,761 --> 00:39:11,557 Resulta que os inspectores que mencionou Jeong Su-in non son parasitos. 533 00:39:13,184 --> 00:39:14,018 Non pode ser. 534 00:39:14,894 --> 00:39:16,729 Fíxolle a proba aos dous? 535 00:39:16,729 --> 00:39:18,314 Aos dous non, 536 00:39:18,314 --> 00:39:20,608 pero Kang non é un parasito. 537 00:39:20,608 --> 00:39:21,525 Como? 538 00:39:22,026 --> 00:39:23,194 Ese cabrón 539 00:39:23,194 --> 00:39:26,113 foi quen matou o teu monstro, 540 00:39:27,239 --> 00:39:28,699 o do casco de ferro. 541 00:39:29,200 --> 00:39:32,453 Vin como mataba o monstro cun coitelo de ferro moi raro. 542 00:39:33,454 --> 00:39:35,081 Por que tiña ese coitelo? 543 00:39:35,664 --> 00:39:37,958 Con todo, mesmo se é humano, 544 00:39:37,958 --> 00:39:39,835 está do lado dos monstros. 545 00:39:41,587 --> 00:39:43,672 Grava a chamada a partir de agora. 546 00:39:45,341 --> 00:39:46,634 Se é unha trampa, 547 00:39:46,634 --> 00:39:48,886 morrerei en canto entre aí. 548 00:39:48,886 --> 00:39:50,679 Se pasa, collede a gravación 549 00:39:50,679 --> 00:39:53,307 e levádella ao superintendente da policía. 550 00:39:54,308 --> 00:39:56,727 - Estamos listos. - Procedede. 551 00:39:57,228 --> 00:39:58,521 Grupo 1, adiante! 552 00:39:59,146 --> 00:40:01,107 Grupo 1, imos ao punto de ataque. 553 00:40:11,158 --> 00:40:12,076 Entramos! 554 00:40:13,911 --> 00:40:14,745 Localizados! 555 00:40:16,205 --> 00:40:17,039 Abride fogo! 556 00:40:17,540 --> 00:40:19,041 Vamos! Atacade! 557 00:40:22,002 --> 00:40:23,254 Un ás nove! 558 00:40:25,548 --> 00:40:27,133 - Eliminado! - Arriba! 559 00:40:39,145 --> 00:40:41,939 A todas as unidades, entrade no edificio. 560 00:40:41,939 --> 00:40:45,693 Vía libre. Todas as unidades en posición. 561 00:41:13,971 --> 00:41:14,805 Pasen. 562 00:41:16,640 --> 00:41:17,725 Sigan. 563 00:41:37,953 --> 00:41:39,538 Ei, que fai? 564 00:41:40,289 --> 00:41:42,124 Hai demasiada xente. 565 00:41:43,083 --> 00:41:44,043 Normalmente, 566 00:41:44,752 --> 00:41:47,713 canta máis xente, máis divertido é o festival. 567 00:41:47,713 --> 00:41:49,632 Non os asustemos aínda. 568 00:42:04,480 --> 00:42:06,190 É esta a emoción... 569 00:42:08,234 --> 00:42:09,777 que chaman "traizón"? 570 00:42:19,078 --> 00:42:20,663 Pero que carallo fan? 571 00:42:20,663 --> 00:42:21,580 Eliminado. 572 00:42:25,167 --> 00:42:26,669 Despexado. 573 00:42:27,795 --> 00:42:28,879 Escoitastes iso? 574 00:42:30,256 --> 00:42:31,966 A operación foi un éxito. 575 00:42:32,716 --> 00:42:33,759 Que eu saiba, 576 00:42:33,759 --> 00:42:36,053 es o único parasito que queda aquí, 577 00:42:36,053 --> 00:42:37,555 Jeong Su-in. 578 00:42:40,933 --> 00:42:41,767 Merda. 579 00:42:42,768 --> 00:42:45,145 Que ocorre? Non entendo nada. 580 00:42:45,729 --> 00:42:47,106 Que pasa co que vimos? 581 00:42:47,773 --> 00:42:49,191 Pero a situación aquí... 582 00:42:52,027 --> 00:42:53,862 Non ten sentido. 583 00:42:53,862 --> 00:42:55,948 Por que se matan entre eles? 584 00:42:59,451 --> 00:43:02,496 FESTIVAL PARA A APERTURA DO SALÓN DE CHOI YONG-JAE 585 00:43:02,496 --> 00:43:06,458 Xa cho explico eu. Os da miña banda acoiteláronme polas costas. 586 00:43:07,793 --> 00:43:11,213 Dis que ese monstro pasou ao corpo do teu amigo poli, non? 587 00:43:12,923 --> 00:43:13,841 E se... 588 00:43:15,009 --> 00:43:18,012 non busca só controlar outro cerebro humano, 589 00:43:19,221 --> 00:43:22,474 senón o cerebro de alguén que estea nunha organización? 590 00:43:24,476 --> 00:43:25,311 Que? 591 00:43:26,061 --> 00:43:28,063 Quere o cerebro do alcalde. 592 00:43:34,778 --> 00:43:40,284 VISITA SORPRESA DO ALCALDE DE NAMCHEON 593 00:46:00,424 --> 00:46:05,429 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso