1 00:00:11,011 --> 00:00:14,639 Sabemos que a organización que persegue o Equipo Gris 2 00:00:14,639 --> 00:00:18,101 estivo usando a Igrexa Saejin como base todo este tempo. 3 00:00:18,810 --> 00:00:23,189 Rexistramos a zona da que nos informaron, pero parece que fuxiron todos. 4 00:00:23,189 --> 00:00:26,860 Porén, cremos que os líderes seguen en Namil-gun. 5 00:00:26,860 --> 00:00:28,653 Quen deu o aviso? 6 00:00:30,363 --> 00:00:32,115 Jeong Su-in, 29 anos. 7 00:00:32,991 --> 00:00:35,326 {\an8}É caixeira nun supermercado. 8 00:00:35,326 --> 00:00:36,494 É? 9 00:00:37,579 --> 00:00:39,497 Era caixeira! 10 00:00:40,915 --> 00:00:42,876 Jeong Su-in xa non é humana. 11 00:00:43,460 --> 00:00:44,753 É un parasito. 12 00:00:45,920 --> 00:00:48,048 Eu mesma o vin. Captureina viva. 13 00:00:48,048 --> 00:00:49,174 Trabúcase. 14 00:00:52,552 --> 00:00:56,598 Son Kim Chul-min, capitán do Equipo 3 da policía de Namil. 15 00:00:57,098 --> 00:01:00,393 Jeong Su-in é un ser humano normal. 16 00:01:00,977 --> 00:01:03,855 Non é un monstro. Fixémoslle probas. 17 00:01:05,023 --> 00:01:05,857 Vostede tamén. 18 00:01:06,900 --> 00:01:07,859 Ou non? 19 00:01:09,360 --> 00:01:11,821 Por que non amosan os resultados? 20 00:01:11,821 --> 00:01:13,031 Por que? 21 00:01:13,031 --> 00:01:15,950 Que demostraron as probas? 22 00:01:16,701 --> 00:01:19,245 Pois o tema é que... 23 00:01:23,374 --> 00:01:26,211 {\an8}Fixemos unha radiografía e a proba do pelo. 24 00:01:26,211 --> 00:01:27,629 {\an8}Segundo os resultados, 25 00:01:28,630 --> 00:01:32,217 nos mostra ningunha das características dos parasitos. 26 00:01:36,513 --> 00:01:39,390 Cantas veces teño que repetir o que vin? 27 00:01:40,100 --> 00:01:42,393 É un puto parasito. 28 00:01:43,478 --> 00:01:46,231 Aínda non o sabemos todo sobre eles. 29 00:01:47,232 --> 00:01:49,818 Jeong Su-in podería ser unha mutante. 30 00:01:49,818 --> 00:01:53,238 Se cadra, os nosos métodos para distinguir os parasitos 31 00:01:54,364 --> 00:01:56,324 non o detectan todo! 32 00:01:56,324 --> 00:01:57,450 Iso é ridículo. 33 00:01:57,951 --> 00:01:59,285 Non está segura. 34 00:02:00,120 --> 00:02:02,789 E, aínda así, púxolle esa máquina horríbel 35 00:02:02,789 --> 00:02:04,582 e tortúraa sen sabelo? 36 00:02:04,582 --> 00:02:06,251 E se lle pasa algo? 37 00:02:06,251 --> 00:02:10,046 Quen se fará responsábel? Dígamo. Acaso non lle importa? 38 00:02:10,046 --> 00:02:12,632 - Decide vostede quen é un monstro? - Veña. 39 00:02:12,632 --> 00:02:15,051 Jeong Su-in é humana. Humana! 40 00:02:16,052 --> 00:02:19,139 - Señor, acougue, por favor. - En serio? 41 00:02:19,722 --> 00:02:22,851 Cal é o estado actual de Jeong Su-in? 42 00:02:24,811 --> 00:02:26,396 Está en coma. 43 00:02:26,396 --> 00:02:29,899 Desmaiouse ao capturala, aínda que apenas houbo contacto. 44 00:02:29,899 --> 00:02:32,277 As súas constantes vitais son febles. 45 00:02:32,277 --> 00:02:35,071 Pero todo podería cambiar en calquera momento, 46 00:02:35,071 --> 00:02:37,198 por iso a temos vixiada. 47 00:02:37,198 --> 00:02:39,492 Moi ben, fagamos o seguinte: 48 00:02:40,910 --> 00:02:44,038 cremos que é hora de informar a poboación 49 00:02:44,038 --> 00:02:46,541 sobre a existencia destes parasitos. 50 00:02:46,541 --> 00:02:50,128 Debemos prever que se estenda o caos polas historias falsas 51 00:02:50,128 --> 00:02:52,213 e a información sen verificar. 52 00:02:52,714 --> 00:02:55,466 Publicaremos unha descrición dos parasitos 53 00:02:55,466 --> 00:02:57,302 e tranquilizaremos a xente. 54 00:02:58,094 --> 00:02:59,345 Para conseguilo, 55 00:02:59,345 --> 00:03:02,974 o Equipo Gris debe comprender á perfección os parasitos 56 00:03:02,974 --> 00:03:05,935 e descubrir como contelos. 57 00:03:06,853 --> 00:03:07,937 Entendido? 58 00:03:08,563 --> 00:03:11,399 Primeiro, trasladen esa humana, parasita 59 00:03:11,399 --> 00:03:13,735 ou o que sexa ao cuartel xeral. 60 00:03:13,735 --> 00:03:16,362 Estudarémola máis a fondo. 61 00:03:16,362 --> 00:03:19,490 A capitá Choi Jun-kyung dirixirá a operación. 62 00:03:20,158 --> 00:03:20,992 A maiores, 63 00:03:21,701 --> 00:03:24,913 os axentes de Namil-gun colaborarán co Equipo Gris 64 00:03:24,913 --> 00:03:27,874 e traballarán arreo para erradicar os parasitos. 65 00:03:28,917 --> 00:03:31,878 Esta é unha cuestión de seguridade pública. 66 00:03:32,503 --> 00:03:36,883 Enviaremos dúas unidades tácticas da rexión veciña como apoio. 67 00:03:37,383 --> 00:03:40,428 Fagan o traslado en canto estean listos. 68 00:03:40,428 --> 00:03:42,305 Todo claro, capitá Choi? 69 00:03:43,223 --> 00:03:45,099 Si. Entendido. 70 00:03:48,186 --> 00:03:49,103 Iso é todo. 71 00:03:50,897 --> 00:03:51,814 Grazas, señor. 72 00:04:07,997 --> 00:04:09,666 Din que a estudarán a fondo, 73 00:04:09,666 --> 00:04:12,752 pero o que farán é abrirlle a cabeza e disecala. 74 00:04:12,752 --> 00:04:14,170 Que pasará se morre? 75 00:04:14,754 --> 00:04:17,715 Se morre... non ten familia, non? 76 00:04:19,634 --> 00:04:21,552 Pobriña. 77 00:04:24,264 --> 00:04:25,723 Pobre rapaza. 78 00:04:42,407 --> 00:04:45,618 - Algo estraño? - Non, nada. 79 00:04:45,618 --> 00:04:48,371 As ondas cerebrais e o pulso son normais. 80 00:04:48,371 --> 00:04:51,207 Xa a vixío eu. Ti descansa un pouco. 81 00:04:51,708 --> 00:04:53,376 Si? Non che importa? 82 00:04:55,586 --> 00:04:57,380 Grazas. Axiña volvo. 83 00:06:27,887 --> 00:06:29,013 Onde estou? 84 00:06:33,101 --> 00:06:34,060 Isto non é real. 85 00:06:37,146 --> 00:06:37,980 Quen es ti? 86 00:06:40,274 --> 00:06:42,193 O parasito que vive en ti. 87 00:06:42,944 --> 00:06:44,362 Chamádesme Heidi. 88 00:06:45,655 --> 00:06:46,489 O que? 89 00:06:46,989 --> 00:06:49,409 Na vida real, estás en perigo. 90 00:06:50,034 --> 00:06:51,744 Se estiveses consciente, 91 00:06:51,744 --> 00:06:55,081 sentirías pánico, sufrirías unha dor insoportábel 92 00:06:56,457 --> 00:06:57,917 e axiña morrerías. 93 00:06:58,709 --> 00:07:01,921 Por iso, desconectei a túa consciencia do mundo. 94 00:07:02,422 --> 00:07:04,924 Como? Entón onde...? 95 00:07:06,509 --> 00:07:08,886 Estamos na túa mente, 96 00:07:09,887 --> 00:07:11,347 nos teus pensamentos. 97 00:07:24,944 --> 00:07:28,698 Esta podería ser a única vez que falemos cara a cara, 98 00:07:29,574 --> 00:07:33,369 por iso te trouxen ao lugar que contén a verdade sobre ti. 99 00:07:33,870 --> 00:07:34,954 Ti non es eu. 100 00:07:35,746 --> 00:07:37,498 Non poñas a miña cara! 101 00:07:37,498 --> 00:07:40,585 Ti e mais eu non temos máis remedio que coexistir. 102 00:07:40,585 --> 00:07:44,213 Pensei que sería mellor falar contigo con esta cara. 103 00:07:44,714 --> 00:07:46,966 Se che resulta incómodo, usarei esta. 104 00:07:50,970 --> 00:07:52,305 Deberiamos informar? 105 00:07:53,055 --> 00:07:55,766 Non parece importante. 106 00:07:55,766 --> 00:07:57,185 Debe estar a soñar. 107 00:07:57,894 --> 00:07:58,728 Xa. 108 00:07:58,728 --> 00:08:01,898 Persoal da comisaría de Namil, 109 00:08:01,898 --> 00:08:04,233 diríxanse á sala de conferencias. 110 00:08:06,944 --> 00:08:08,529 - Capitán. - Si? 111 00:08:08,529 --> 00:08:12,158 Identificamos o home que estaba con Jeong Su-in onte á noite. 112 00:08:12,158 --> 00:08:13,409 - En serio? - Si. 113 00:08:14,202 --> 00:08:15,369 Ben, agora vou. 114 00:08:15,369 --> 00:08:16,787 Véxoo dentro. 115 00:08:16,787 --> 00:08:20,416 Actualizáronse os horarios do servizo de control de tráfico. 116 00:08:20,416 --> 00:08:22,877 Consulten a información máis recente. 117 00:08:29,967 --> 00:08:33,804 Non teño razóns para facerche dano. Non teñas medo. 118 00:08:43,523 --> 00:08:46,108 Recoñeces este lugar? 119 00:08:48,402 --> 00:08:49,362 Claro que si. 120 00:08:50,863 --> 00:08:51,864 É a miña casa. 121 00:08:56,160 --> 00:08:57,078 Ese é meu pai. 122 00:08:59,330 --> 00:09:02,124 É o día que o denunciei á policía. 123 00:09:04,585 --> 00:09:08,548 Cando a miña nai nos abandonou, comezou a pagalas comigo. 124 00:09:10,383 --> 00:09:11,801 Batíame todos os días. 125 00:09:13,052 --> 00:09:14,011 Constantemente. 126 00:09:17,056 --> 00:09:18,432 Entón, denuncieino. 127 00:09:20,268 --> 00:09:21,769 Quería sobrevivir. 128 00:09:23,479 --> 00:09:26,023 Ese foi o día que reunín o valor... 129 00:09:28,234 --> 00:09:29,277 para sobrevivir. 130 00:09:32,863 --> 00:09:33,698 Porén, 131 00:09:34,949 --> 00:09:37,451 a xente víame coma se fose un monstro. 132 00:09:39,412 --> 00:09:41,831 Non podían crer que denunciase o meu pai. 133 00:09:42,873 --> 00:09:44,959 Por iso me consideraban un monstro. 134 00:09:53,467 --> 00:09:54,302 Capitán. 135 00:09:56,887 --> 00:09:59,765 Chámase Seol Kang-woo. Ten dúas condenas previas. 136 00:09:59,765 --> 00:10:01,976 A comisaría de Guro enviounos isto. 137 00:10:01,976 --> 00:10:05,605 Forma parte dos Mangnani, unha banda activa da zona de Guro. 138 00:10:05,605 --> 00:10:09,817 Identificamos varios membros entre os cadáveres da Igrexa Saejin. 139 00:10:09,817 --> 00:10:11,777 Igual hai unha relación. 140 00:10:11,777 --> 00:10:14,322 Ah, segundo un inspector de Guro, 141 00:10:14,322 --> 00:10:17,283 había unha guerra entre os Mangnani de Guro 142 00:10:17,283 --> 00:10:18,868 e os Cheoli. 143 00:10:18,868 --> 00:10:21,162 Os Mangnani, a banda de Kang-woo, 144 00:10:21,162 --> 00:10:23,831 tentaron en van matar un subxefe dos Cheoli. 145 00:10:24,332 --> 00:10:27,168 Logo, debeu volver á súa vila natal, Namil-gun. 146 00:10:27,168 --> 00:10:31,130 Estivo causando problemas pola zona estes días. 147 00:10:31,130 --> 00:10:34,300 Usárono de chibo expiatorio para reconciliarse. 148 00:10:34,800 --> 00:10:38,346 Era tan pouca cousa que a súa banda usouno e vendeuno. 149 00:10:38,346 --> 00:10:39,347 Puto imbécil. 150 00:10:39,347 --> 00:10:43,976 Señor, onte saíron dous taxis do parque temático de Changseong. 151 00:10:44,560 --> 00:10:46,812 Un foi aos Apartamentos Cheonggun 152 00:10:46,812 --> 00:10:49,398 e o outro, aos moteis da terminal de Namil. 153 00:10:49,398 --> 00:10:53,152 A terminal? Que orixinal. Ben puido esforzarse un chisco máis. 154 00:10:53,152 --> 00:10:55,571 Pode que xa estea noutra rexión. 155 00:10:55,571 --> 00:10:58,658 - Enviamos xente á terminal? - Non, xa vou eu. 156 00:10:59,742 --> 00:11:00,743 Como? 157 00:11:00,743 --> 00:11:04,205 Por certo, o Equipo Gris vai trasladar a Su-in hoxe. 158 00:11:04,205 --> 00:11:06,207 Axudádelle se o precisan. 159 00:11:06,207 --> 00:11:08,709 - Á orde. - Ah, as esposas. 160 00:11:08,709 --> 00:11:09,669 - Si. - Bule. 161 00:11:09,669 --> 00:11:11,003 - Aquí ten. - Grazas. 162 00:11:11,003 --> 00:11:14,215 - Vai ben só? - Non lle faledes disto ao Equipo Gris. 163 00:11:14,215 --> 00:11:15,675 - Á orde. - Si, señor. 164 00:11:18,803 --> 00:11:21,430 O autobús acaba de chegar á terminal. 165 00:11:21,430 --> 00:11:27,478 Comproben os seus billetes e suban ao autobús antes da hora de saída. 166 00:11:29,980 --> 00:11:31,941 {\an8}ATROPELO E FUGA NA IGREXA SAEJIN 167 00:11:31,941 --> 00:11:33,359 {\an8}DESAPARECE UNHA ALUMNA 168 00:11:33,359 --> 00:11:36,153 {\an8}ATRAPAN O SOSPEITOSO DUN CRIME 8 ANOS DESPOIS 169 00:11:37,238 --> 00:11:38,614 Cabróns. 170 00:11:41,826 --> 00:11:45,746 {\an8}PARASITOS DE NAMIL-GUN 171 00:11:45,746 --> 00:11:47,623 {\an8}FESTIVAL ECOLÓXICO E SEN LIXO 172 00:11:47,623 --> 00:11:49,375 {\an8}FESTIVAL POR CHOI YONG-JAE 173 00:11:51,043 --> 00:11:53,129 Por iso non vexo as putas noticias. 174 00:12:04,807 --> 00:12:06,934 Ola. O billete, por favor. 175 00:12:32,585 --> 00:12:34,587 Os teus movementos son moi obvios. 176 00:12:38,340 --> 00:12:39,884 Non te movas. Quieto. 177 00:12:42,261 --> 00:12:43,095 Ben. 178 00:12:43,596 --> 00:12:45,389 Non montemos un espectáculo. 179 00:12:51,479 --> 00:12:52,980 Relaxa o brazo, imbécil. 180 00:12:58,527 --> 00:12:59,403 Merda. 181 00:13:01,489 --> 00:13:04,492 Non podes arrestarme sen seguir o protocolo. 182 00:13:04,492 --> 00:13:06,076 Non me les os dereitos? 183 00:13:08,204 --> 00:13:10,581 Sabes o que din? 184 00:13:12,124 --> 00:13:14,835 Que deberías calar a puta boca, idiota. 185 00:13:14,835 --> 00:13:16,003 Vale, vamos, 186 00:13:16,003 --> 00:13:19,423 pero a outra comisaría. Unha lonxe de aquí. 187 00:13:20,341 --> 00:13:22,176 Que carallo dis agora? 188 00:13:23,177 --> 00:13:25,930 Hai un monstro na túa comisaría. Un monstro. 189 00:13:25,930 --> 00:13:28,557 - Finxe ser policía. - O que? 190 00:13:28,557 --> 00:13:31,727 Sabes o monstro do casco de ferro do parque temático? 191 00:13:31,727 --> 00:13:33,312 Matouno un policía. 192 00:13:34,438 --> 00:13:36,857 O do casco era un monstro, non? 193 00:13:38,609 --> 00:13:40,236 Xa nos fixeron probas. 194 00:13:41,570 --> 00:13:43,447 Deixa de inventar merda. 195 00:13:43,447 --> 00:13:46,867 Pois as vosas putas probas non funcionan. 196 00:13:46,867 --> 00:13:48,953 Lembras o tipo do chuvasqueiro? 197 00:13:49,578 --> 00:13:51,831 Vin ese cabrón acoitelando o monstro. 198 00:13:51,831 --> 00:13:53,874 - Ai, si? - Dígoche que si. 199 00:13:55,709 --> 00:13:58,170 Vale. Que aspecto ten? Dime. 200 00:13:59,547 --> 00:14:00,923 Bota unha ollada. 201 00:14:01,924 --> 00:14:03,843 Sae aquí? 202 00:14:04,468 --> 00:14:06,262 Cal é? Dimo. 203 00:14:08,514 --> 00:14:10,808 Hostia, este. Este cabrón é o monstro. 204 00:14:11,475 --> 00:14:13,602 O fillo de puta finxe ser humano. 205 00:14:13,602 --> 00:14:16,897 Mimá, calquera diría que non é humano. 206 00:14:24,446 --> 00:14:25,447 Escóitame ben. 207 00:14:26,532 --> 00:14:28,868 Dime todo o que vos pasou a ti e Su-in. 208 00:14:29,368 --> 00:14:31,078 Non esquezas nin un detalle. 209 00:14:31,745 --> 00:14:32,580 Entendido? 210 00:14:42,006 --> 00:14:45,175 Ruta 39, non? Entendido. Grazas. 211 00:14:45,175 --> 00:14:46,594 Non hai de que, señor. 212 00:14:46,594 --> 00:14:48,679 Non saiades sós. Tede coidado. 213 00:14:48,679 --> 00:14:51,557 Eu só sigo ordes, señor. Vou ir marchando. 214 00:14:51,557 --> 00:14:53,642 A ver se imos comer un día. 215 00:14:53,642 --> 00:14:55,185 - Forzas especiais! - Si. 216 00:15:09,199 --> 00:15:10,701 Cando é o traslado? 217 00:15:10,701 --> 00:15:14,288 En dúas horas pola ruta 39. 218 00:15:14,288 --> 00:15:15,623 Entendido. 219 00:15:15,623 --> 00:15:17,750 Estou facéndoo todo ben. 220 00:15:17,750 --> 00:15:20,586 Como é que xorden tantos imprevistos? 221 00:15:21,086 --> 00:15:24,089 Todo vai segundo o plan, non? 222 00:15:24,840 --> 00:15:25,674 Si. 223 00:15:26,759 --> 00:15:27,843 Comeza hoxe. 224 00:16:36,203 --> 00:16:37,705 Rogueille a Chul-min 225 00:16:38,205 --> 00:16:40,874 que me deixase ver a miña nai, 226 00:16:40,874 --> 00:16:43,085 así que buscou o seu enderezo. 227 00:16:44,920 --> 00:16:45,921 Tiña curiosidade. 228 00:16:47,464 --> 00:16:49,174 Estrañaríame? 229 00:16:51,010 --> 00:16:55,139 "Son a súa filla, así que igual me estraña." 230 00:16:57,349 --> 00:17:00,269 Mostráballe tanto amor ao outro rapaz que parira 231 00:17:00,269 --> 00:17:02,604 mentres vivía feliz con outro home... 232 00:17:05,232 --> 00:17:06,483 Pero a min miroume 233 00:17:07,693 --> 00:17:09,486 coma se fose un becho. 234 00:17:13,741 --> 00:17:15,117 Como podía ser así? 235 00:17:17,411 --> 00:17:19,747 Por que? Eu tamén era filla súa. 236 00:17:20,914 --> 00:17:23,709 Como puido mirarme con tanto noxo? 237 00:17:26,086 --> 00:17:27,463 Entón, decateime... 238 00:17:29,548 --> 00:17:31,800 de que son un ser humano desprezábel. 239 00:17:34,011 --> 00:17:36,388 Ninguén me pode amar. 240 00:17:43,270 --> 00:17:45,898 Non podes volver aquí nunca máis. 241 00:18:09,630 --> 00:18:13,300 Os humanos non xulgan os obxectos como entidades independentes. 242 00:18:15,260 --> 00:18:18,555 A túa nai xúlgate en relación co contexto: 243 00:18:19,264 --> 00:18:21,183 o abuso por parte do seu marido. 244 00:18:23,352 --> 00:18:25,687 Non te odia como entidade independente. 245 00:18:26,271 --> 00:18:29,316 A súa experiencia no contexto do que ti formas parte 246 00:18:30,692 --> 00:18:32,945 faille crer que te odia. 247 00:18:34,488 --> 00:18:37,116 Non é que esteas maldita nin nada diso. 248 00:18:37,616 --> 00:18:38,450 Cala. 249 00:18:39,660 --> 00:18:42,287 Entón por que invadiches o meu corpo? 250 00:18:42,788 --> 00:18:45,124 Son unha puta desgraciada, por iso 251 00:18:45,124 --> 00:18:47,417 me entrou no corpo un monstro. 252 00:18:47,918 --> 00:18:50,587 Eu non nacín por vontade propia. 253 00:18:51,797 --> 00:18:53,882 Se non nos chegamos a fusionar, 254 00:18:53,882 --> 00:18:55,592 morreriamos as dúas. 255 00:18:55,592 --> 00:18:57,594 Pois deixárasme morrer! 256 00:18:58,345 --> 00:19:00,681 Por que me convertiches nun monstro? 257 00:19:21,118 --> 00:19:22,494 Estasme a dicir 258 00:19:23,245 --> 00:19:26,331 que Su-in está infectada por un parasito? 259 00:19:26,331 --> 00:19:27,374 Si. 260 00:19:27,374 --> 00:19:31,628 Pero Su-in... A ver como o digo... A súa humanidade está intacta. 261 00:19:31,628 --> 00:19:32,880 - É iso? - Meu Deus. 262 00:19:33,380 --> 00:19:35,048 Non é iso. 263 00:19:35,549 --> 00:19:37,551 Jeong Su-in segue aí. 264 00:19:38,135 --> 00:19:40,053 Ela é o ser principal. 265 00:19:40,053 --> 00:19:43,390 Pero, ás veces, sae o outro. Chamámoslle Heidi. 266 00:19:43,390 --> 00:19:44,433 Aparece Heidi. 267 00:19:45,726 --> 00:19:47,144 E cal é a meta de Heidi? 268 00:19:47,853 --> 00:19:49,229 Protexer a Jeong Su-in. 269 00:19:49,229 --> 00:19:51,273 Por que? Para poder sobrevivir. 270 00:19:54,109 --> 00:19:56,403 - Falemos na comisaría. - Veña, ho. 271 00:19:58,238 --> 00:20:00,699 Dígoche que tes un monstro na comisaría. 272 00:20:00,699 --> 00:20:02,409 Matarame. Iso é asasinato. 273 00:20:25,515 --> 00:20:26,433 E agora que? 274 00:20:35,359 --> 00:20:37,778 Hoxe trasladan a Su-in ao cuartel xeral. 275 00:20:37,778 --> 00:20:39,571 Pero, se vai alí, morrerá. 276 00:20:40,614 --> 00:20:42,616 Se a súa consciencia segue aí, 277 00:20:42,616 --> 00:20:44,243 significa que é humana, 278 00:20:44,243 --> 00:20:46,662 e, nese caso, non podo mandala alí. 279 00:20:47,371 --> 00:20:48,580 Vale, e? 280 00:20:49,581 --> 00:20:50,415 Ei. 281 00:20:51,750 --> 00:20:52,751 Axúdame. 282 00:20:54,336 --> 00:20:56,588 Vouna sacar de alí antes do traslado. 283 00:20:58,382 --> 00:21:00,550 - Como? - Escoita con atención. 284 00:21:01,134 --> 00:21:04,137 Se consegues sacar a Su-in, protexereivos aos dous. 285 00:21:04,805 --> 00:21:06,723 Si? Confía en min. 286 00:21:07,349 --> 00:21:09,476 Vou facer un trato co Equipo Gris. 287 00:21:09,476 --> 00:21:13,605 Creo que o Equipo Gris tampouco sabe moito dos parasitos. 288 00:21:14,189 --> 00:21:16,733 E o Can de Caza que usaban está morto. 289 00:21:16,733 --> 00:21:18,068 Dis que o viches. 290 00:21:18,068 --> 00:21:20,737 A información que tedes vós os dous 291 00:21:20,737 --> 00:21:23,699 é de vital importancia para o Equipo Gris. 292 00:21:23,699 --> 00:21:26,243 Usarei iso para facer un trato con eles. 293 00:21:26,743 --> 00:21:28,996 E se non me cren? 294 00:21:29,496 --> 00:21:30,789 O seu único obxectivo 295 00:21:30,789 --> 00:21:33,417 é acabar con eses monstros. 296 00:21:33,417 --> 00:21:36,003 Direilles que cooperaredes. 297 00:21:36,003 --> 00:21:39,631 A Igrexa Saejin e os seus parasitos serán erradicados. 298 00:21:40,132 --> 00:21:41,091 Asunto resolto! 299 00:21:41,717 --> 00:21:43,468 Dígoche que te protexerei! 300 00:21:45,137 --> 00:21:46,054 Vale, ben. 301 00:21:47,306 --> 00:21:48,932 Se as cousas se torcen, 302 00:21:48,932 --> 00:21:52,394 levareite a un lugar seguro, mesmo ilegalmente. De acordo? 303 00:21:57,441 --> 00:21:59,109 É elección miña, non? 304 00:22:01,778 --> 00:22:02,612 É. 305 00:22:03,280 --> 00:22:04,281 Elixe: 306 00:22:05,115 --> 00:22:08,327 fuxir agora ou axudarme con isto. 307 00:22:15,375 --> 00:22:16,460 Ei, tunante! 308 00:22:16,960 --> 00:22:20,339 Sabes por que te traizoou a túa banda e andas á fuga? 309 00:22:21,006 --> 00:22:23,216 Porque non es máis que un covarde. 310 00:22:23,925 --> 00:22:24,760 Non cres? 311 00:22:25,677 --> 00:22:28,055 Os monstros mataron a túa irmanciña. 312 00:22:28,555 --> 00:22:30,182 A túa irmá tornouse nun. 313 00:22:30,682 --> 00:22:31,516 É ou non é? 314 00:22:32,017 --> 00:22:34,519 Su-in, que te salvou, vai morrer. 315 00:22:35,020 --> 00:22:36,897 E ti vas e liscas? 316 00:22:37,939 --> 00:22:40,275 Está claro que es un cagón. 317 00:22:41,401 --> 00:22:44,446 Es a clase de cabrón que traizoa os que confían nel... 318 00:22:44,446 --> 00:22:45,405 Non. 319 00:22:45,989 --> 00:22:47,157 Non os traizoas. 320 00:22:47,657 --> 00:22:50,285 Non tes collóns para te fiar de ninguén. 321 00:22:51,161 --> 00:22:54,081 Por iso sempre estás a pensar en como fuxir. 322 00:22:55,082 --> 00:22:56,833 Os da banda Mangnani sabíano, 323 00:22:56,833 --> 00:22:59,878 por iso eras prescindíbel para eles, imbécil. 324 00:23:00,587 --> 00:23:01,463 Pois si. 325 00:23:03,048 --> 00:23:04,508 Moi ben. Lisca, logo. 326 00:23:05,717 --> 00:23:08,678 Non preciso un covarde coma ti para salvar a Su-in. 327 00:23:09,805 --> 00:23:13,642 Non ten sentido darche unha segunda oportunidade. Si. 328 00:23:15,352 --> 00:23:16,186 Vai. 329 00:23:17,270 --> 00:23:18,522 Lisca, paspán! 330 00:23:19,940 --> 00:23:22,943 Se te volvo pillar, esnaquízote. Estamos? 331 00:23:24,444 --> 00:23:26,071 Parvo do carallo. 332 00:23:27,239 --> 00:23:28,865 Vai tomar polo cu. 333 00:23:31,910 --> 00:23:33,954 Puta merda! 334 00:23:38,542 --> 00:23:39,376 Meu Deus. 335 00:23:40,752 --> 00:23:42,212 Vaia labia que tes. 336 00:23:42,212 --> 00:23:45,006 Non che iría mal como comercial ou político. 337 00:23:45,006 --> 00:23:47,217 Non te fagas o gracioso. 338 00:23:47,217 --> 00:23:49,719 Gústasme máis cando pechas o peteiro. 339 00:23:50,387 --> 00:23:52,055 Vale, e agora que? 340 00:23:54,641 --> 00:23:58,145 COMISARÍA DE NAMIL 341 00:23:59,688 --> 00:24:02,524 Escoita. Vouche dar unha tarxeta de acceso. 342 00:24:02,524 --> 00:24:05,193 Accede con ela ao segundo piso. Entendido? 343 00:24:09,072 --> 00:24:10,073 Pon isto. 344 00:24:10,574 --> 00:24:12,742 Ao final do corredor á dereita, 345 00:24:12,742 --> 00:24:15,036 está o vestiario do Equipo Gris. 346 00:24:15,036 --> 00:24:18,123 Cando cheguemos, será a hora do cambio de quenda. 347 00:24:18,123 --> 00:24:19,541 Entra no vestiario, 348 00:24:19,541 --> 00:24:22,252 reduce o garda e entra ti no contedor. 349 00:24:22,752 --> 00:24:23,962 E se me recoñecen? 350 00:24:24,963 --> 00:24:27,466 O corpo formouse hai menos dun mes. 351 00:24:27,466 --> 00:24:29,384 Non se coñecen moi ben. 352 00:24:29,885 --> 00:24:32,971 Só tes que actuar de forma natural, entendido? 353 00:24:34,848 --> 00:24:36,600 VESTIARIO 354 00:24:44,608 --> 00:24:46,818 Es quen de reducir un home, non? 355 00:24:46,818 --> 00:24:49,821 Ti que pensas? Claro que podo reducir un poli. 356 00:24:55,160 --> 00:24:56,119 Axente especial. 357 00:24:58,121 --> 00:24:59,080 Ti quen raio es? 358 00:25:00,207 --> 00:25:01,249 Eu fun mariño. 359 00:25:03,710 --> 00:25:05,587 Ei! Quen demo es? 360 00:25:06,213 --> 00:25:07,547 Como entraches aquí? 361 00:25:11,009 --> 00:25:13,512 Ei, pregunteiche quen es. 362 00:25:20,936 --> 00:25:21,770 Pero ti... 363 00:25:25,023 --> 00:25:26,399 Toma, leva isto. 364 00:25:27,609 --> 00:25:29,819 - Que é? - Un aerosol de pementa. 365 00:25:30,320 --> 00:25:31,821 Veña, ho. 366 00:25:31,821 --> 00:25:33,990 Queda con el. Sácame iso de diante. 367 00:25:34,991 --> 00:25:36,368 Tes que estar de broma. 368 00:25:37,994 --> 00:25:38,828 Cólleo. 369 00:25:40,038 --> 00:25:41,039 Merda, xa. 370 00:25:50,715 --> 00:25:52,592 Ei, tes un talle grande? 371 00:26:12,237 --> 00:26:14,197 Confirmen estado e localización. 372 00:26:15,282 --> 00:26:16,741 Confirmen estado agora. 373 00:26:28,086 --> 00:26:28,920 Ei. 374 00:26:31,965 --> 00:26:33,925 Que cabrón é. 375 00:26:41,016 --> 00:26:42,517 Cando entres no contedor, 376 00:26:43,018 --> 00:26:46,438 busca o mando para sacar a máquina da cabeza de Su-in. 377 00:26:46,438 --> 00:26:47,355 Chegas tarde. 378 00:26:48,023 --> 00:26:51,359 Non hai ningunha novidade. Vixía até que saiamos. 379 00:26:52,193 --> 00:26:53,778 - Grazas. - Grazas. 380 00:27:01,369 --> 00:27:02,370 Agarda. 381 00:27:07,667 --> 00:27:08,793 Xa ceaches? 382 00:27:09,669 --> 00:27:10,629 Que había? 383 00:27:15,508 --> 00:27:16,926 Ah, estaba bo, logo. 384 00:27:17,636 --> 00:27:19,012 Que era? 385 00:27:24,517 --> 00:27:26,478 Oe, ti de que base es? 386 00:27:36,655 --> 00:27:38,573 En fin, a cea estaba boa, non? 387 00:27:40,700 --> 00:27:42,035 Vale, grazas. 388 00:27:49,751 --> 00:27:54,297 Imos saír antes do previsto. Todos listos. 389 00:28:03,223 --> 00:28:05,350 Vou levar o mando eu. 390 00:28:09,854 --> 00:28:13,733 Un de vós ten que estar con ela e controlar o seu estado. 391 00:28:13,733 --> 00:28:17,153 Vai con ela no contedor. Entendido? 392 00:28:19,322 --> 00:28:21,324 Veña, a prepararse. 393 00:28:23,284 --> 00:28:26,413 Que? Non a escoitaches? Entra, bule. 394 00:28:27,747 --> 00:28:28,581 Por aí. 395 00:28:38,758 --> 00:28:40,760 Veña, bulide. 396 00:28:40,760 --> 00:28:41,886 Rápido. 397 00:28:43,221 --> 00:28:44,389 Preparádevos. 398 00:28:46,808 --> 00:28:48,435 Merda. 399 00:28:48,935 --> 00:28:49,894 Non. 400 00:28:50,478 --> 00:28:52,105 Para! 401 00:28:53,106 --> 00:28:53,940 Rápido. 402 00:28:54,983 --> 00:28:56,192 Todo correcto. 403 00:28:57,444 --> 00:28:58,361 Dálle. 404 00:29:06,119 --> 00:29:09,164 Todas as tropas aos vehículos. Esperen para saír. 405 00:29:15,462 --> 00:29:17,422 Non debín confiar nese pícaro. 406 00:29:17,422 --> 00:29:19,507 Ei, agarde. 407 00:29:19,507 --> 00:29:21,634 - Sabíao. - Que fas? 408 00:29:21,634 --> 00:29:26,389 Sabía que faría isto, así que informei o xefe de que ofreceriamos apoio. 409 00:29:26,389 --> 00:29:28,767 Había que avisalo, non? Fixen ben? 410 00:29:30,018 --> 00:29:31,394 Si, ben feito. 411 00:29:37,275 --> 00:29:38,109 Vamos. 412 00:29:54,793 --> 00:29:55,710 Su-in. 413 00:29:56,586 --> 00:29:58,505 Heidi, podes espertar? 414 00:30:12,352 --> 00:30:14,562 Mimá, como traballan. 415 00:30:24,739 --> 00:30:28,576 Tanta xente só para trasladar unha rapaza. 416 00:30:28,576 --> 00:30:30,286 Que esaxeración. 417 00:30:30,286 --> 00:30:31,371 Non lle parece? 418 00:30:36,042 --> 00:30:37,293 Está moi tenso. 419 00:30:39,045 --> 00:30:39,879 Eu? 420 00:30:41,840 --> 00:30:45,468 Xa o dixeches ti: non sabemos que será dela cando a trasladen. 421 00:30:46,302 --> 00:30:47,136 É por iso. 422 00:30:50,515 --> 00:30:51,349 Por certo, 423 00:30:52,600 --> 00:30:54,143 dixeches que ías á igrexa. 424 00:30:55,603 --> 00:30:57,105 A que igrexa vas? 425 00:31:01,860 --> 00:31:03,069 Por que o pregunta? 426 00:31:03,903 --> 00:31:04,737 Que? 427 00:31:05,613 --> 00:31:07,657 Porque é a hostia de gracioso. 428 00:31:08,825 --> 00:31:10,994 Non é que vaia vir comigo, ou si? 429 00:31:12,620 --> 00:31:13,746 Tes razón. 430 00:32:08,384 --> 00:32:10,470 Como está a situación máis adiante? 431 00:32:10,470 --> 00:32:13,264 Hai retencións a 100 metros. 432 00:32:14,057 --> 00:32:16,726 Mirade que pasa e permanecede alerta. 433 00:32:16,726 --> 00:32:19,062 Entendido. Mandamos dous homes. 434 00:32:27,236 --> 00:32:28,279 Por que paramos? 435 00:32:32,408 --> 00:32:34,118 - Que ocorre? - Que pasa? 436 00:32:34,118 --> 00:32:36,287 - É un corpo especial? - Que é isto? 437 00:32:36,788 --> 00:32:38,247 Houbo un accidente? 438 00:32:38,247 --> 00:32:40,124 - E iso? - Que pasa? 439 00:32:46,631 --> 00:32:48,091 Chegamos. 440 00:32:48,091 --> 00:32:49,008 Que é isto? 441 00:32:49,592 --> 00:32:51,761 - Houbo un accidente. - Que lle pasa? 442 00:32:54,138 --> 00:32:55,932 Parece que houbo un accidente. 443 00:33:04,023 --> 00:33:05,692 Emerxencia! 444 00:33:07,026 --> 00:33:09,320 Home caído! Solicitamos reforzos! 445 00:33:17,954 --> 00:33:20,331 Temos un home ferido! Atácannos! 446 00:33:20,331 --> 00:33:21,791 Queren o Can de Caza. 447 00:33:21,791 --> 00:33:23,292 Dá a volta. Marchamos. 448 00:33:23,292 --> 00:33:25,962 Hai varios obxectivos entre os civís! 449 00:33:39,851 --> 00:33:41,227 Evacúen! 450 00:33:41,227 --> 00:33:42,311 - Atrás! - Vamos! 451 00:33:42,311 --> 00:33:44,188 Atrás! Evacúen! 452 00:33:44,188 --> 00:33:45,189 Merda. 453 00:33:46,190 --> 00:33:47,025 Evacúen xa! 454 00:33:49,360 --> 00:33:50,319 Evacúen xa! 455 00:34:08,296 --> 00:34:09,881 Temos que evacuar a xente. 456 00:34:11,174 --> 00:34:14,135 Hai varios parasitos! Solicitamos reforzos! 457 00:34:19,849 --> 00:34:20,767 Que ocorre? 458 00:34:21,434 --> 00:34:24,228 Evacúa a xente antes. Merda. 459 00:34:24,228 --> 00:34:25,521 Saian do coche! 460 00:34:26,439 --> 00:34:27,273 Saian! 461 00:34:27,273 --> 00:34:29,150 Saian do coche! Axiña! 462 00:34:29,150 --> 00:34:31,069 Vaian cara a atrás. Rápido! 463 00:34:31,903 --> 00:34:33,529 Non queden no coche. Axiña! 464 00:35:14,195 --> 00:35:17,031 Vehículo escolta, recibídesme? Vehículo escolta... 465 00:35:40,471 --> 00:35:41,681 Non! 466 00:35:54,360 --> 00:35:56,112 Ei, estás ben? 467 00:35:57,113 --> 00:35:57,947 Jeong Su-in. 468 00:35:58,656 --> 00:35:59,490 Heidi! 469 00:36:45,161 --> 00:36:46,704 Quen carallo es, cabrón? 470 00:37:49,767 --> 00:37:50,601 Capitá! 471 00:37:58,359 --> 00:37:59,443 Merda! 472 00:38:20,298 --> 00:38:23,092 Sempre houbo xente que tentou axudarte, 473 00:38:23,092 --> 00:38:25,720 aínda cando te consideras un monstro. 474 00:38:30,558 --> 00:38:31,934 Só recoñecendo 475 00:38:33,311 --> 00:38:36,689 que hai xente que pensa neles e se preocupa, 476 00:38:37,189 --> 00:38:39,108 os humanos nunca están sós. 477 00:38:40,985 --> 00:38:42,111 Fixéchelo moi ben. 478 00:38:42,862 --> 00:38:44,447 Es moi valente, Su-in. 479 00:38:45,281 --> 00:38:47,658 Salvácheste, verdade? 480 00:39:01,088 --> 00:39:02,256 Marchamos. 481 00:39:03,132 --> 00:39:04,467 A cal lle dou? A este? 482 00:39:04,967 --> 00:39:05,968 Hostia. 483 00:39:09,138 --> 00:39:10,056 Pois ao chou. 484 00:39:15,144 --> 00:39:16,228 Ah! Funcionou! 485 00:39:17,438 --> 00:39:19,231 É hora de volver. 486 00:39:30,159 --> 00:39:31,160 Ei. 487 00:39:38,209 --> 00:39:39,043 Que? 488 00:39:39,043 --> 00:39:40,920 Non hai tempo. Hai que liscar. 489 00:39:41,420 --> 00:39:42,254 Arriba. 490 00:39:51,847 --> 00:39:53,182 Eh, pare. 491 00:39:54,100 --> 00:39:55,184 Agarda aquí. 492 00:39:55,893 --> 00:39:57,686 - Preciso ver o coche. - Que? 493 00:39:57,686 --> 00:39:59,855 É que roubaron un vehículo. 494 00:40:00,439 --> 00:40:01,732 Saia do coche. 495 00:40:07,279 --> 00:40:08,114 Merda. 496 00:40:16,414 --> 00:40:17,498 Para! 497 00:40:18,374 --> 00:40:19,208 Para! 498 00:40:24,839 --> 00:40:27,716 Capitán! Arriba. Vamos! 499 00:40:28,217 --> 00:40:29,051 Axiña! 500 00:40:42,481 --> 00:40:45,568 - Ese monstro disparounos. - Monstro? 501 00:40:46,068 --> 00:40:47,486 Que pasa? 502 00:40:47,486 --> 00:40:49,780 E o señor Chul-min? Que facía aquí? 503 00:40:50,531 --> 00:40:54,493 Ah, trazamos un plan xuntos para sacarte de aí. 504 00:40:55,077 --> 00:40:56,662 Xa case o conseguimos. 505 00:40:57,663 --> 00:41:00,040 Mencionaches un monstro. De que falabas? 506 00:41:01,000 --> 00:41:03,961 O compañeiro do teu colega poli. É un monstro. 507 00:41:04,462 --> 00:41:07,214 Vin como mataba o monstro do casco de ferro. 508 00:41:07,798 --> 00:41:09,383 Xa cho expliquei. 509 00:41:33,073 --> 00:41:33,949 Que demo...? 510 00:41:34,742 --> 00:41:35,784 Que fas? 511 00:41:45,002 --> 00:41:47,171 Que? Rendéronse? 512 00:41:47,171 --> 00:41:49,089 O teu amigo debeu facer algo. 513 00:41:52,343 --> 00:41:53,761 Hai outro monstro aquí. 514 00:41:53,761 --> 00:41:55,721 - Que? - Está en perigo. Para! 515 00:41:55,721 --> 00:41:57,973 - Estás tola? - Dixen que pares! 516 00:42:06,482 --> 00:42:07,316 Eh! 517 00:42:09,693 --> 00:42:10,528 Merda. 518 00:42:12,530 --> 00:42:14,198 Ei! Eu fixen o que puiden! 519 00:42:15,032 --> 00:42:16,242 A tomar polo cu. 520 00:42:28,879 --> 00:42:30,005 Que fas? 521 00:42:33,425 --> 00:42:34,969 Acabemos con isto. 522 00:42:45,938 --> 00:42:48,691 Que carallo fas, cabrón? 523 00:42:52,403 --> 00:42:53,237 Capitán. 524 00:42:56,448 --> 00:42:59,702 Como policías, perseguimos criminais todos os días, 525 00:42:59,702 --> 00:43:02,371 apenas sen durmir, e que gañamos a cambio? 526 00:43:02,371 --> 00:43:03,289 Conteste. 527 00:43:03,872 --> 00:43:06,959 Insúltannos, bátennos, acoitélannos. 528 00:43:06,959 --> 00:43:10,796 E, a pesar do noso traballo, apenas nos soben o soldo. 529 00:43:11,463 --> 00:43:15,217 É unha vida lamentábel. Non podemos pagar os estudos dos fillos. 530 00:43:15,968 --> 00:43:17,970 Ti toleaches? 531 00:43:19,847 --> 00:43:23,017 "Se soubese como era isto, elixiría outro camiño." 532 00:43:23,017 --> 00:43:25,019 É o que sempre di vostede, non? 533 00:43:26,729 --> 00:43:30,816 Pois as oportunidades hai que aproveitalas. 534 00:43:33,193 --> 00:43:34,862 Es o Won-seok que coñezo? 535 00:43:36,822 --> 00:43:38,949 Preguntoume a que igrexa vou. 536 00:43:42,703 --> 00:43:43,787 Á Igrexa Saejin. 537 00:43:53,505 --> 00:43:56,467 Capitán, baixe a arma e escóiteme. 538 00:43:58,010 --> 00:43:59,053 A Igrexa Saejin 539 00:44:00,179 --> 00:44:01,013 é diferente. 540 00:44:02,139 --> 00:44:03,349 Como explicalo? 541 00:44:05,184 --> 00:44:07,144 Son moito máis racionais. 542 00:44:07,144 --> 00:44:10,731 Entenden a nosa sociedade. Ademais, son moi obxectivos, 543 00:44:11,231 --> 00:44:13,317 non irracionais coma os humanos. 544 00:44:14,318 --> 00:44:15,319 Mire, capitán. 545 00:44:16,570 --> 00:44:19,239 Aproveitei a oportunidade que levaba esperando 546 00:44:19,907 --> 00:44:22,076 toda a vida. 547 00:44:24,286 --> 00:44:27,122 Non a desaproveite vostede, si? 548 00:44:27,122 --> 00:44:28,040 Capitán. 549 00:44:28,957 --> 00:44:32,127 Confíe en min por unha vez. 550 00:44:33,337 --> 00:44:34,630 Non quero matalo. 551 00:44:35,673 --> 00:44:36,632 Confíe en min. 552 00:44:37,174 --> 00:44:39,426 Por iso mataches o Can de Caza? 553 00:46:23,530 --> 00:46:26,325 Jeong Su-in! Sube! 554 00:46:39,797 --> 00:46:41,173 Non imos tras eles? 555 00:46:42,090 --> 00:46:44,176 Vendo como escapou, 556 00:46:44,176 --> 00:46:46,720 é un ser racional que busca sobrevivir. 557 00:46:48,263 --> 00:46:50,224 Non será unha ameaza. 558 00:46:54,144 --> 00:46:56,438 Ademais, debo afacerme a este corpo. 559 00:47:05,531 --> 00:47:07,991 Non parece que haxa máis parasitos. 560 00:47:07,991 --> 00:47:10,953 Avaliade os danos e traede os forenses. 561 00:47:20,963 --> 00:47:22,339 Jeong Su-in, estás ben? 562 00:47:23,423 --> 00:47:24,675 Supoño que es Heidi. 563 00:47:25,425 --> 00:47:26,802 Como está Su-in? 564 00:47:28,053 --> 00:47:30,264 Su-in precisa tempo. 565 00:47:34,142 --> 00:47:35,352 Moito tempo. 566 00:47:53,287 --> 00:47:55,455 Cámbiese. Manchou a roupa de sangue. 567 00:50:25,480 --> 00:50:30,485 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso