1 00:00:17,726 --> 00:00:20,812 Mire, é unha edición limitada. 2 00:00:24,274 --> 00:00:25,859 Xa, pero é bastante vello. 3 00:00:27,694 --> 00:00:29,654 Doulle un millón e medio de won. 4 00:00:30,780 --> 00:00:32,449 - Un millón e medio? - Si. 5 00:00:34,325 --> 00:00:35,827 Meu Deus. 6 00:00:38,872 --> 00:00:40,373 Ben, acepto a oferta. 7 00:00:45,420 --> 00:00:47,297 Aí vai un millón. 8 00:00:51,843 --> 00:00:53,803 Velaquí os 500 000 que faltaban. 9 00:00:55,263 --> 00:00:57,724 Moito cambiou isto desde que vivín aquí. 10 00:00:57,724 --> 00:00:58,683 Como? 11 00:00:59,267 --> 00:01:01,186 Digo que a vila cambiou moito. 12 00:01:01,686 --> 00:01:04,064 Quen leva un reloxo así hoxe en día? 13 00:01:04,064 --> 00:01:05,774 É falso. 14 00:01:06,274 --> 00:01:07,108 O que? 15 00:01:26,711 --> 00:01:28,755 Non vai a liña. Pode reconectalo? 16 00:01:28,755 --> 00:01:29,798 Por suposto. 17 00:01:29,798 --> 00:01:32,050 Agarde, hai contas por pagar. 18 00:01:32,050 --> 00:01:33,343 Son 80 000 won. 19 00:01:36,179 --> 00:01:37,013 Velaquí ten. 20 00:01:38,473 --> 00:01:40,100 Arránxeo rápido, por favor. 21 00:01:40,100 --> 00:01:41,226 Abofé. 22 00:02:04,916 --> 00:02:06,417 Vai tirar isto? 23 00:02:06,417 --> 00:02:09,087 Todo o que teño está á venda. Por que o ía...? 24 00:02:11,214 --> 00:02:13,007 Só precisa unha correa nova. 25 00:02:18,596 --> 00:02:19,597 Que? 26 00:02:20,807 --> 00:02:22,559 - Por que me fitas? - O que? 27 00:02:23,143 --> 00:02:24,394 Non se pode fumar? 28 00:02:25,562 --> 00:02:26,938 Non, pero adiante. 29 00:02:28,606 --> 00:02:30,191 Canto é coa correa nova? 30 00:02:30,191 --> 00:02:34,154 Pódolla deixar en 350 000 won. 31 00:02:36,072 --> 00:02:38,241 - Está a vila chea de ladróns. - Que? 32 00:02:40,785 --> 00:02:43,121 - Douche 200 000. - Nin de broma. 33 00:02:43,621 --> 00:02:46,166 Só cambiar a correa xa son 160 000 won. 34 00:02:46,166 --> 00:02:47,458 - Non. - Moi ben. 35 00:02:47,959 --> 00:02:50,420 Vou recoller o móbil. Tenma preparada. 36 00:02:51,629 --> 00:02:53,381 Claro. Pero volva, eh? 37 00:03:03,558 --> 00:03:05,602 - Está listo o móbil? - Está, si. 38 00:03:06,102 --> 00:03:07,020 Aquí o ten. 39 00:03:08,855 --> 00:03:10,106 KI-SEOK AMIGO KANG-WOO 40 00:03:13,776 --> 00:03:14,736 O número ao que... 41 00:03:14,736 --> 00:03:15,653 Desculpe. 42 00:03:17,655 --> 00:03:20,909 Hai unhas persoas que o están buscando desde esta mañá. 43 00:03:21,701 --> 00:03:24,579 Preguntaron por vostede. Tiñan unha foto súa. 44 00:03:27,540 --> 00:03:29,125 Ben, grazas. Unha propina. 45 00:03:29,125 --> 00:03:30,710 - Ai, grazas. - Nada. 46 00:03:32,337 --> 00:03:34,088 Está lista a miña moto? 47 00:03:34,589 --> 00:03:36,299 Aínda nin empezaches con ela. 48 00:03:36,799 --> 00:03:37,842 Xa está de volta? 49 00:03:37,842 --> 00:03:39,219 Ponte xa. Levo présa. 50 00:03:39,219 --> 00:03:41,930 Estanme traendo as pezas agora mesmo. 51 00:03:47,560 --> 00:03:49,604 Merda. Delatáchesme? 52 00:03:49,604 --> 00:03:50,521 Síntoo. 53 00:03:51,105 --> 00:03:52,190 Ei, Seol Kang-woo! 54 00:03:53,900 --> 00:03:55,652 Non, deixa iso! 55 00:04:25,181 --> 00:04:26,349 Ven aquí, cabrón! 56 00:04:27,767 --> 00:04:29,852 Ao coche! 57 00:04:50,498 --> 00:04:52,000 Apartade! 58 00:04:52,500 --> 00:04:53,584 Todo o mundo fóra! 59 00:04:57,005 --> 00:04:59,007 - Aí está! - A por el! 60 00:04:59,674 --> 00:05:00,508 Collédeo! 61 00:05:02,802 --> 00:05:04,595 - Ven aquí. - Fillo de puta! 62 00:05:05,096 --> 00:05:06,180 Que non fuxa! 63 00:05:11,227 --> 00:05:12,061 Collédeo! 64 00:05:13,062 --> 00:05:14,439 Rápido, que escapa! 65 00:05:16,899 --> 00:05:17,734 Bulide! 66 00:05:18,901 --> 00:05:19,902 Ei, cabrón! 67 00:05:23,156 --> 00:05:24,073 Merda! 68 00:05:24,073 --> 00:05:25,074 Abre o portal! 69 00:05:25,074 --> 00:05:27,535 - Fillo de puta! - Polo outro lado. 70 00:05:39,213 --> 00:05:40,131 Eh! 71 00:05:42,425 --> 00:05:43,760 Tes algo que dicir? 72 00:06:04,655 --> 00:06:08,201 Botei anos de repartidor nesta vila, parvos do carallo. 73 00:06:09,744 --> 00:06:10,578 Meu Deus. 74 00:06:21,381 --> 00:06:23,174 - Diga? - Ola, Kyu-min. Son eu. 75 00:06:23,174 --> 00:06:25,385 Ah, Kang-woo. Onde estás? Estás ben? 76 00:06:25,385 --> 00:06:27,428 Os de Yeongdeungpo móvense axiña. 77 00:06:27,428 --> 00:06:29,847 Pero onde estás, Kang-woo? Pasou algo? 78 00:06:29,847 --> 00:06:33,393 Viñeron en dúas furgonetas cheas de homes para atraparme. 79 00:06:33,393 --> 00:06:34,769 Non. En serio? 80 00:06:34,769 --> 00:06:36,521 Non podo quedar aquí. 81 00:06:37,021 --> 00:06:39,315 Vou marchar a algures. Mándame cartos. 82 00:06:39,816 --> 00:06:41,734 Como se fose só iso. 83 00:06:41,734 --> 00:06:44,445 Vas precisar un coche e demais. Vou para aí. 84 00:06:44,445 --> 00:06:46,239 Vale. Ei, grazas. 85 00:06:46,239 --> 00:06:47,198 E Jong-do? 86 00:06:47,198 --> 00:06:50,618 Está moi preocupado. Di que che mandou facer algo inútil. 87 00:06:50,618 --> 00:06:52,286 Non te preocupes por nós. 88 00:06:52,286 --> 00:06:54,747 Ti dime onde estás e vou para alá. 89 00:06:54,747 --> 00:06:58,292 Non, non podo quedar agora. Vémonos á noite. 90 00:06:58,292 --> 00:06:59,794 Teño un asunto pendente. 91 00:06:59,794 --> 00:07:01,921 Pero non dicías que ían por ti? 92 00:07:01,921 --> 00:07:04,382 Teño algo importante que facer, idiota. 93 00:07:04,382 --> 00:07:06,884 - Sen faltar. - Vémonos hoxe ás nove. 94 00:07:06,884 --> 00:07:08,678 - Ben. - Envíoche un enderezo. 95 00:07:08,678 --> 00:07:10,596 Vale, cóidate. 96 00:07:10,596 --> 00:07:12,223 Si. Garda o meu número. 97 00:07:12,223 --> 00:07:13,683 Claro. Até despois. 98 00:07:21,649 --> 00:07:23,192 Onde estás, irmaciña? 99 00:07:36,664 --> 00:07:38,708 SAEJIN 100 00:08:20,541 --> 00:08:22,126 Bo traballo. 101 00:08:22,126 --> 00:08:23,794 - Son do Equipo 3. - Pase. 102 00:08:23,794 --> 00:08:25,129 Grazas. 103 00:08:38,726 --> 00:08:39,769 Ola. 104 00:08:42,480 --> 00:08:44,315 Grazas, inspector. Déixeme. 105 00:08:44,315 --> 00:08:45,566 Ah, non. Tanto ten. 106 00:08:45,566 --> 00:08:46,901 E a capitá Choi? 107 00:08:46,901 --> 00:08:48,486 Está dentro. 108 00:08:48,486 --> 00:08:49,403 Ah, vale. 109 00:08:59,372 --> 00:09:02,208 Ola, capitá. Bo día. 110 00:09:02,208 --> 00:09:03,292 Ah, ola. 111 00:09:03,292 --> 00:09:06,671 Aquí están os arquivos dos casos recentes que pediu. 112 00:09:06,671 --> 00:09:08,297 Grazas, inspector. 113 00:09:09,048 --> 00:09:10,716 Son o sarxento Kang Won-seok. 114 00:09:11,217 --> 00:09:13,219 Grazas, sarxento Kang Won-seok. 115 00:09:13,219 --> 00:09:15,763 Realmente podiamos revisar os casos nós. 116 00:09:15,763 --> 00:09:17,098 Revisarémolos nós. 117 00:09:17,098 --> 00:09:20,059 Temos moitos casos relacionados cos parasitos. 118 00:09:20,059 --> 00:09:21,894 Xa, entendo. 119 00:09:23,896 --> 00:09:26,482 Algo máis que queira dicirme? 120 00:09:26,482 --> 00:09:27,733 Ah, si. 121 00:09:28,234 --> 00:09:30,820 Verá, capitá, para serlle sincero... 122 00:09:32,989 --> 00:09:34,991 CHOI JUN-KYUNG PERFÍS CRIMINAIS 123 00:09:36,242 --> 00:09:37,451 Son fan seu. 124 00:09:38,411 --> 00:09:40,204 É a mellor no seu en Corea 125 00:09:40,204 --> 00:09:42,039 e profesora da academia. 126 00:09:42,039 --> 00:09:45,793 Se non lle importa, podería asinarme o libro? 127 00:09:45,793 --> 00:09:48,379 - Claro. - Grazas. 128 00:09:48,379 --> 00:09:50,006 Ai, moitas grazas. 129 00:09:51,841 --> 00:09:53,175 É vostede incríbel. 130 00:09:53,175 --> 00:09:55,761 Podería vivir comodamente como profesora, 131 00:09:55,761 --> 00:09:58,472 e aquí está, sobre o terreo. Admíroa moito. 132 00:09:59,056 --> 00:09:59,890 Non é nada. 133 00:09:59,890 --> 00:10:02,643 Debo facer algo beneficioso para a humanidade. 134 00:10:03,227 --> 00:10:05,479 Algo beneficioso para a humanidade? 135 00:10:06,564 --> 00:10:09,567 Por certo, como se une un ao Equipo Gris? 136 00:10:09,567 --> 00:10:10,484 Desculpe? 137 00:10:11,068 --> 00:10:14,739 Eu tamén quero facer algo beneficioso para a humanidade. 138 00:10:16,949 --> 00:10:19,035 Pois non estou segura. 139 00:10:19,035 --> 00:10:24,665 Se nos axuda moito a atopar os parasitos, 140 00:10:25,166 --> 00:10:27,251 podería falar co cuartel xeral. 141 00:10:27,251 --> 00:10:29,128 En serio? Moitísimas grazas. 142 00:10:29,837 --> 00:10:33,090 Se necesita calquera cousa, o que sexa, 143 00:10:33,090 --> 00:10:36,510 chámeme. Tome, a miña tarxeta. 144 00:10:37,720 --> 00:10:39,805 - Grazas. - A vostede. 145 00:10:40,556 --> 00:10:42,224 - En fin, marcho. - Vale. 146 00:10:43,225 --> 00:10:46,395 Ah, pola humanidade! Adiante, Equipo Gris! 147 00:10:48,856 --> 00:10:49,690 Abur, logo. 148 00:11:05,331 --> 00:11:11,045 ARQUIVO DO CASO: INTENTO DE HOMICIDIO DUNHA CAIXEIRA DE SUPERMERCADO 149 00:11:28,896 --> 00:11:30,106 Son 5500 won. 150 00:11:30,106 --> 00:11:33,526 Vale, déame recibo, que o preciso para que mo devolvan. 151 00:11:34,610 --> 00:11:36,028 Señor Chul-min! 152 00:11:36,028 --> 00:11:37,571 Cando vas ao descanso? 153 00:11:39,198 --> 00:11:40,700 En 15 minutos. 154 00:11:41,575 --> 00:11:43,577 Espérote na parte de atrás. 155 00:11:43,577 --> 00:11:45,079 - Tomamos un café? - Si. 156 00:11:56,048 --> 00:11:58,676 Está inconsciente, pero din que está ben. 157 00:11:58,676 --> 00:12:01,595 Tiña a roupa cuberta do seu propio sangue. 158 00:12:02,096 --> 00:12:03,806 Apuñaloume cun coitelo 159 00:12:03,806 --> 00:12:06,392 e perseguiume e, de súpeto, morreu? 160 00:12:10,563 --> 00:12:12,189 - Señor Chul-min. - Ei. 161 00:12:12,189 --> 00:12:13,524 Que fai por aquí? 162 00:12:14,608 --> 00:12:17,278 Que queres dicir? Vinte ver, pillabana. 163 00:12:18,112 --> 00:12:18,946 Ai, si? 164 00:12:19,488 --> 00:12:20,740 Deume un bo susto. 165 00:12:21,532 --> 00:12:22,408 Por que? 166 00:12:23,951 --> 00:12:25,453 Andaba pola zona. 167 00:12:38,299 --> 00:12:39,383 Agarda un segundo. 168 00:12:40,176 --> 00:12:41,010 Non te movas. 169 00:12:41,719 --> 00:12:43,262 Tes unha cana aquí. 170 00:12:43,262 --> 00:12:44,764 Eu non teño canas. 171 00:12:46,432 --> 00:12:48,184 Non é unha cana. 172 00:12:49,393 --> 00:12:50,478 Pensaba que si. 173 00:12:52,980 --> 00:12:53,814 Como vai todo? 174 00:12:58,486 --> 00:12:59,320 Eh? 175 00:13:01,280 --> 00:13:04,074 Todo ben. Sen novidade. 176 00:13:05,826 --> 00:13:06,911 Iso está ben. 177 00:13:07,995 --> 00:13:10,748 De todos os xeitos, chámame se pasa algo, si? 178 00:13:11,999 --> 00:13:13,292 Atópaste ben? 179 00:13:15,211 --> 00:13:16,045 Alégrome. 180 00:13:31,727 --> 00:13:32,686 Coñécelo? 181 00:13:34,188 --> 00:13:35,564 Non, só miraba. 182 00:13:38,484 --> 00:13:40,402 Que tal a muller e o seu fillo? 183 00:13:40,986 --> 00:13:42,488 Seguen nas Filipinas. 184 00:13:43,322 --> 00:13:44,740 Meu fillo estuda arreo. 185 00:13:44,740 --> 00:13:48,202 E pensar que xa levan tres anos fóra... 186 00:13:48,828 --> 00:13:52,706 Ándoche aburrido. Chámame se queres ir comer, 187 00:13:53,457 --> 00:13:55,835 non só se pasa algo, si? 188 00:13:55,835 --> 00:13:58,337 Ou se che pasa algo interesante. 189 00:14:02,675 --> 00:14:04,176 Grazas, señor Chul-min. 190 00:14:10,516 --> 00:14:13,602 Xa empezas cos "grazas". É hora de que marche. 191 00:14:14,103 --> 00:14:15,145 Veña, marcho. 192 00:14:15,646 --> 00:14:17,439 Non era a miña intención. 193 00:14:17,439 --> 00:14:18,357 Ah, é verdade. 194 00:14:19,608 --> 00:14:20,442 Toma. 195 00:14:23,445 --> 00:14:24,280 Que é? 196 00:14:24,864 --> 00:14:27,074 Un agasallo para que te animes. 197 00:14:28,033 --> 00:14:29,869 Non traballes moito, con calma. 198 00:14:30,911 --> 00:14:31,954 Abur. 199 00:15:20,169 --> 00:15:22,421 IGREXA SAEJIN 200 00:15:38,354 --> 00:15:40,356 O pastor quere falar contigo. 201 00:15:41,315 --> 00:15:42,483 Sube ao coche. 202 00:15:50,991 --> 00:15:52,785 Non quero armar un espectáculo 203 00:15:52,785 --> 00:15:55,371 cun dos nosos e con tantos humanos preto. 204 00:15:55,955 --> 00:15:56,872 Sube dunha vez. 205 00:16:13,472 --> 00:16:15,474 A que andades, monstros? 206 00:16:23,315 --> 00:16:25,985 Precisamos máis membros dos nosos con talento. 207 00:16:27,152 --> 00:16:29,321 Despois de apoderarnos dos cerebros, 208 00:16:30,155 --> 00:16:33,075 refinamos as nosas habilidades para sobrevivir. 209 00:16:33,075 --> 00:16:36,745 Díxenlle ao pastor que imitas moi ben as expresións humanas. 210 00:16:37,246 --> 00:16:38,831 Quere falar contigo. 211 00:16:40,708 --> 00:16:42,084 Por iso estás aquí. 212 00:17:00,561 --> 00:17:03,188 IGREXA SAEJIN 213 00:17:08,152 --> 00:17:09,361 É a mutante. 214 00:17:10,863 --> 00:17:13,615 Nena, díxenche que evitases os monstros. 215 00:17:13,615 --> 00:17:15,492 Ti non escoitas o que che din? 216 00:17:20,122 --> 00:17:21,081 E iso que é? 217 00:17:29,882 --> 00:17:31,842 KYU-MIN: ESTOU NA GASOLINEIRA. TI? 218 00:17:34,011 --> 00:17:36,138 AGORA VOU. 219 00:18:02,623 --> 00:18:04,917 Penso que xa estamos todos. Comecemos. 220 00:18:06,794 --> 00:18:08,712 Velaquí un dos nosos. Uniuse 221 00:18:09,755 --> 00:18:11,173 á igrexa hai cinco días. 222 00:18:18,180 --> 00:18:23,102 Hai unha organización policial que caza os da nosa especie. 223 00:18:24,561 --> 00:18:27,231 Esa organización conseguiu 224 00:18:27,231 --> 00:18:30,150 atrapar un dos nosos con vida. 225 00:18:31,401 --> 00:18:37,491 Estano a torturar e a utilizalo para nos dar caza. 226 00:18:38,992 --> 00:18:44,289 É só cuestión de tempo que nos descubra esa axente de policía. 227 00:18:46,416 --> 00:18:49,336 Precisamos un novo plan. 228 00:18:51,213 --> 00:18:54,007 Todos os da nosa especie 229 00:18:55,467 --> 00:19:00,139 seremos erradicados por esa axente. 230 00:19:10,232 --> 00:19:14,069 Chegamos á Terra hai pouco cunha misión: 231 00:19:16,405 --> 00:19:18,157 controlar o cerebro humano. 232 00:19:19,366 --> 00:19:22,619 Controlar o cerebro humano e comer humanos. 233 00:19:23,287 --> 00:19:24,580 Nacemos 234 00:19:25,455 --> 00:19:27,791 con ese mandato, con ese instinto. 235 00:19:28,709 --> 00:19:33,505 Por desgraza, un dos nosos levou a cabo ese mandato tras o seu nacemento 236 00:19:33,505 --> 00:19:35,382 e acabou morto a tiros 237 00:19:35,382 --> 00:19:38,010 mentres seguía o seu instinto nun festival. 238 00:19:38,594 --> 00:19:41,847 Revelou a súa auténtica forma ante innumerábeis humanos. 239 00:19:42,890 --> 00:19:44,224 Debido a ese suceso, 240 00:19:45,100 --> 00:19:47,936 os humanos axiña comezaron a nos investigar. 241 00:19:50,564 --> 00:19:53,442 Mesmo antes de cuestionarnos a nosa existencia, 242 00:19:54,985 --> 00:19:57,196 os humanos xa nos investigaban, 243 00:19:57,821 --> 00:19:59,156 perseguíannos 244 00:19:59,740 --> 00:20:03,243 e usaban outros coma nós para intentar aniquilarnos. 245 00:20:04,244 --> 00:20:05,078 Agora, 246 00:20:06,288 --> 00:20:09,416 infórmanme de que chegaron á nosa cidade. 247 00:22:42,778 --> 00:22:45,364 Pode que os consideremos máis febles, 248 00:22:45,364 --> 00:22:49,659 mais precisamos parasitar os seus corpos para sobrevivirmos. 249 00:22:50,827 --> 00:22:51,661 Con todo, creo 250 00:22:52,662 --> 00:22:56,249 que foron os humanos os que deron lugar á nosa existencia. 251 00:22:56,249 --> 00:22:57,292 E iso débese 252 00:22:58,085 --> 00:23:01,129 a que os humanos aseméllanse moito a nós. 253 00:23:02,672 --> 00:23:04,257 Eles tamén parasitan. 254 00:23:05,801 --> 00:23:09,054 Parasitan unha grande entidade chamada "organización". 255 00:23:09,054 --> 00:23:11,807 Parasitan esa entidade intanxíbel 256 00:23:11,807 --> 00:23:13,767 e sacrifícanse por ela. 257 00:23:13,767 --> 00:23:15,852 Fan cousas que non entendemos, 258 00:23:15,852 --> 00:23:18,480 que non teñen que ver coa súa supervivencia, 259 00:23:18,480 --> 00:23:20,941 só pola súa lealdade a esa organización. 260 00:23:24,986 --> 00:23:30,033 Ese é o motivo polo que os humanos son máis poderosos ca nós. 261 00:23:31,326 --> 00:23:32,953 Non podemos reproducirnos. 262 00:23:32,953 --> 00:23:35,414 Por iso, se queremos sobrevivir, 263 00:23:36,415 --> 00:23:39,668 debemos crear unha organización, como fan os humanos. 264 00:23:41,169 --> 00:23:43,088 E, polo ben desa organización, 265 00:23:43,588 --> 00:23:46,174 debemos combinar todos os nosos talentos. 266 00:23:48,885 --> 00:23:50,512 É o único xeito 267 00:23:52,139 --> 00:23:54,516 de evitarmos que nos aniquilen 268 00:23:56,143 --> 00:23:57,727 e lograr sobrevivir. 269 00:25:45,752 --> 00:25:48,255 Morre! 270 00:25:59,391 --> 00:26:01,601 Hai un humano nas proximidades. 271 00:26:05,313 --> 00:26:09,943 Usade as habilidades que perfeccionastes para acabar con el. 272 00:26:10,819 --> 00:26:12,237 Comecemos. 273 00:27:06,625 --> 00:27:08,877 Para xa, ho. Nós tamén estamos cansos. 274 00:27:08,877 --> 00:27:11,796 Ei! Dade a volta. Se quedamos, imos morrer todos. 275 00:27:11,796 --> 00:27:14,090 Pero que hostia dis? Toleaches? 276 00:27:14,966 --> 00:27:16,468 - Suxeitádeo. - Soltádeme! 277 00:27:16,468 --> 00:27:18,011 - Que cona...? - Deixádeme! 278 00:27:18,011 --> 00:27:19,471 Ei, deixádeme marchar! 279 00:27:22,057 --> 00:27:23,224 Son monstros. 280 00:27:23,725 --> 00:27:25,143 A ver, señores. 281 00:27:25,143 --> 00:27:27,520 Marchen. Isto non é cousa súa. 282 00:27:28,688 --> 00:27:31,399 Sodes os intrusos? 283 00:27:31,399 --> 00:27:33,485 Pero esta que di? 284 00:27:33,485 --> 00:27:34,653 Vai tomar polo cu! 285 00:27:36,154 --> 00:27:40,158 Sexa como for, non temos máis opción que matalos a todos. 286 00:27:44,120 --> 00:27:44,954 Mira, vello. 287 00:27:45,664 --> 00:27:47,707 Debes ter un seguro da hostia. 288 00:27:49,501 --> 00:27:50,877 A nai que me pariu! 289 00:27:51,419 --> 00:27:52,337 Que foi iso? 290 00:27:52,962 --> 00:27:53,963 Que cona é iso? 291 00:28:03,765 --> 00:28:04,599 Que é iso? 292 00:28:29,040 --> 00:28:29,958 Merda! 293 00:28:35,130 --> 00:28:37,298 Que? O intruso eras ti? 294 00:28:37,298 --> 00:28:39,342 Onde é a gasolineira de Namcheon? 295 00:28:40,218 --> 00:28:42,387 Non é por aí. Sígueme. 296 00:29:02,073 --> 00:29:03,575 Escapou un. 297 00:29:04,075 --> 00:29:07,579 Xa me ocupo eu del. Leva estes homes á despensa. 298 00:29:18,381 --> 00:29:23,511 GASOLINEIRA DE NAMCHEON 299 00:29:24,262 --> 00:29:29,392 O número ao que chama non está dispoñíbel. Inténteo de novo máis tarde. 300 00:29:31,519 --> 00:29:33,646 Por que raio non o collen? 301 00:29:39,444 --> 00:29:41,362 - Kang-woo! - Ei, Kyu-min! 302 00:29:42,071 --> 00:29:43,865 Dáme as chaves do coche! 303 00:29:43,865 --> 00:29:45,158 - As chaves? - Bule! 304 00:29:45,992 --> 00:29:46,826 Pero... 305 00:29:59,631 --> 00:30:00,924 Que pasa? 306 00:30:01,800 --> 00:30:03,510 Non o sei. Falamos logo. 307 00:30:03,510 --> 00:30:05,720 Quen hostia é esta? Que é todo isto? 308 00:30:05,720 --> 00:30:08,097 Pasou algo? Foron os de Yeongdeungpo? 309 00:30:09,891 --> 00:30:11,142 Chama a policía. 310 00:30:11,142 --> 00:30:13,561 Ti toleaches? Como que a policía? 311 00:30:15,146 --> 00:30:16,815 Para! Que demo fas? 312 00:30:17,524 --> 00:30:20,443 Nada de policía, si? Non podes chamar a poli. 313 00:30:21,694 --> 00:30:24,989 - Onde van os de Yeongdeungpo? - Están mortos, hostia! 314 00:30:26,449 --> 00:30:28,660 Como me atoparon? 315 00:30:28,660 --> 00:30:30,328 É coma se me delatasen. 316 00:30:39,212 --> 00:30:40,880 - Morre! - Cabrón. 317 00:30:44,551 --> 00:30:45,718 Morre, hostia! 318 00:31:01,025 --> 00:31:02,986 Fillo de puta! 319 00:31:12,704 --> 00:31:13,788 Estanos seguindo! 320 00:31:33,892 --> 00:31:36,019 Volviches. Fai algo, axiña. 321 00:31:36,561 --> 00:31:37,437 Fai algo! 322 00:31:45,653 --> 00:31:46,946 Polo amor de Deus. 323 00:32:51,719 --> 00:32:53,054 Kyu-min. 324 00:32:53,680 --> 00:32:55,264 Kyu-min, esperta! 325 00:32:57,558 --> 00:32:58,393 Ei. 326 00:32:59,227 --> 00:33:00,353 Podes erguerte? 327 00:33:00,937 --> 00:33:02,021 Temos que saír. 328 00:33:02,689 --> 00:33:04,774 Os de Yeongdeungpo enganáronte. 329 00:33:04,774 --> 00:33:07,360 - Estás atrapado? - Trabúcaste. 330 00:33:07,944 --> 00:33:09,654 Non foron os de Yeongdeungpo. 331 00:33:10,613 --> 00:33:13,032 Foi o noso xefe quen me ordenou matarte. 332 00:33:15,201 --> 00:33:16,035 Ei. 333 00:33:17,412 --> 00:33:18,621 Que merda dis? 334 00:33:20,123 --> 00:33:22,000 Vendeute para reconciliarse 335 00:33:22,792 --> 00:33:24,419 cos de Yeongdeungpo. 336 00:33:26,254 --> 00:33:29,507 Escoita, debes permanecer alerta. 337 00:33:40,018 --> 00:33:42,645 Por que todo o mundo intenta foderme? 338 00:33:48,109 --> 00:33:48,943 Sóltame! 339 00:33:59,662 --> 00:34:01,122 Non es unha de nós? 340 00:34:04,375 --> 00:34:05,460 Que es? 341 00:34:06,044 --> 00:34:08,004 Es unha mestura cunha humana? 342 00:34:09,672 --> 00:34:11,758 Es unha ameaza para nós. 343 00:34:12,550 --> 00:34:14,469 Debo informar o pastor sobre ti. 344 00:34:33,571 --> 00:34:35,698 Se fas manobras complexas como voar, 345 00:34:36,657 --> 00:34:39,452 a túa capacidade de combate redúcese a cero. 346 00:34:41,079 --> 00:34:42,622 É demasiado tarde para ti. 347 00:34:43,372 --> 00:34:46,918 Es unha inimiga para a nosa especie. 348 00:34:47,710 --> 00:34:48,544 Ademais, 349 00:34:49,253 --> 00:34:50,088 es... 350 00:34:52,215 --> 00:34:53,216 perversa. 351 00:35:09,357 --> 00:35:10,191 Vamos! 352 00:35:10,900 --> 00:35:11,943 Que me soltes! 353 00:35:11,943 --> 00:35:14,737 Sóltame, puto cabrón! Déixame! 354 00:35:14,737 --> 00:35:18,241 Non penso morrer. Vou sobrevivir, fillo de puta! 355 00:36:13,254 --> 00:36:14,380 Que fas? 356 00:36:17,717 --> 00:36:19,093 Queres morrer ti tamén? 357 00:36:19,677 --> 00:36:21,345 Bule! Cólleme a man! 358 00:36:25,433 --> 00:36:27,602 Non podo. Vas morrer ti tamén. 359 00:36:27,602 --> 00:36:29,478 Agárrate, rápido! 360 00:36:53,127 --> 00:36:55,671 El é inútil para a miña supervivencia. 361 00:37:29,080 --> 00:37:31,666 INTENTO DE HOMICIDIO DUNHA CAIXEIRA 362 00:37:34,001 --> 00:37:36,754 "Para matar unha caixeira dun supermercado, 363 00:37:36,754 --> 00:37:39,840 Lee Kyung-chun, 43 anos, con dúas condenas previas..." 364 00:37:41,092 --> 00:37:44,553 "Faleceu a causa das feridas dunha arma descoñecida. 365 00:37:45,054 --> 00:37:48,683 Non logrou asasinar a vítima." 366 00:37:48,683 --> 00:37:51,519 PERFIL DA VÍTIMA JEONG SU-IN 367 00:37:55,856 --> 00:37:57,400 É un parasito. 368 00:37:58,067 --> 00:37:58,901 Jeong Su-in. 369 00:40:22,253 --> 00:40:27,258 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso