1 00:00:11,970 --> 00:00:14,222 UN DÍA, UN HABITANTE DA TERRA PENSOU... 2 00:00:21,646 --> 00:00:24,190 SE A POBOACIÓN HUMANA FOSE 100 VECES MENOR, 3 00:00:24,190 --> 00:00:26,818 DIMINUIRÍA O SEU VELENO EN IGUAL MEDIDA? 4 00:00:37,996 --> 00:00:39,789 SE SE REDUCISE Á METADE, 5 00:00:40,457 --> 00:00:42,375 CANTOS BOSQUES SOBREVIVIRÍAN? 6 00:00:48,006 --> 00:00:50,383 UN DÍA, UN HABITANTE DA TERRA PENSOU 7 00:00:50,383 --> 00:00:52,969 QUE CÓMPRE PROTEXER TODOS OS SERES VIVOS. 8 00:00:56,306 --> 00:00:58,391 Que dixeches, fillo de puta? 9 00:00:58,391 --> 00:00:59,601 Vai tomar polo cu! 10 00:00:59,601 --> 00:01:02,062 Credes que non son quen de matar alguén? 11 00:01:02,062 --> 00:01:03,521 ÍDELO FACER CHORAR 12 00:01:04,397 --> 00:01:05,607 A puta que me pariu. 13 00:01:08,318 --> 00:01:09,152 Xa veredes. 14 00:01:11,029 --> 00:01:12,781 Que cabróns. 15 00:03:11,858 --> 00:03:12,775 Mimá. 16 00:03:13,693 --> 00:03:16,863 Esperta. Para iso vés? Para durmir? 17 00:03:16,863 --> 00:03:19,115 Ven bailar. 18 00:03:20,408 --> 00:03:21,868 Vai, érguete! 19 00:03:22,994 --> 00:03:24,495 Vaia prosma estás feito. 20 00:03:25,079 --> 00:03:26,164 Ala, pois durme. 21 00:04:08,081 --> 00:04:09,499 Home! 22 00:04:09,499 --> 00:04:12,210 Que? Xa durmiches a mona un pouco? 23 00:05:31,789 --> 00:05:33,041 UNHA HORA ANTES 24 00:05:36,127 --> 00:05:36,961 Que? 25 00:05:37,754 --> 00:05:38,921 Fallou outra vez. 26 00:05:39,672 --> 00:05:40,798 Agarde un momento. 27 00:05:51,267 --> 00:05:53,186 Xefe, volveu fallar. 28 00:05:53,186 --> 00:05:54,812 Estame a pór dos nervios. 29 00:05:56,064 --> 00:05:56,981 Quere bolsa? 30 00:05:58,441 --> 00:06:02,153 Ten tarxeta de puntos? Se non, son 44 990 won. 31 00:06:08,034 --> 00:06:11,704 Señor, ten que ir á carnizaría a que lle pesen a carne. 32 00:06:13,539 --> 00:06:14,707 Señor. 33 00:06:15,625 --> 00:06:16,501 Señor! 34 00:06:22,465 --> 00:06:25,134 Téñenlle que pesar a carne na carnizaría. 35 00:06:25,968 --> 00:06:27,637 Déronma así. 36 00:06:28,304 --> 00:06:30,390 Vaia a que lla pesen, por favor. 37 00:06:30,973 --> 00:06:35,019 Mira, iso non é problema meu. Facédeo vós. 38 00:06:35,520 --> 00:06:37,688 Disto encárganse os da carnizaría. 39 00:06:37,688 --> 00:06:41,109 - Ten que... - Que o fagades vós, hostia! 40 00:06:41,859 --> 00:06:45,696 Que carallo facedes dándolle ordes a un cliente? 41 00:06:54,205 --> 00:06:58,459 Puta merda. 42 00:06:58,459 --> 00:07:00,169 Debería matarvos a todos. 43 00:07:00,169 --> 00:07:03,464 Cago na cona. Vounos matar. 44 00:07:07,593 --> 00:07:08,428 Seguinte. 45 00:07:21,899 --> 00:07:23,818 Vou marchando xa. 46 00:07:23,818 --> 00:07:26,279 Vale. Boa noite, Su-in. Grazas por todo. 47 00:07:26,279 --> 00:07:27,280 A ti. 48 00:07:29,991 --> 00:07:31,242 Até mañá. 49 00:08:50,363 --> 00:08:51,572 Ei, puta. 50 00:08:52,323 --> 00:08:53,908 Que me dicías antes? 51 00:08:53,908 --> 00:08:55,993 Dimo de novo, pendanga do carallo! 52 00:08:57,328 --> 00:08:59,247 Ven aquí, hostia. 53 00:09:04,001 --> 00:09:05,962 Merda! Pécora noxenta! 54 00:09:09,799 --> 00:09:12,134 Escoitádeme, fillos de puta! 55 00:09:12,677 --> 00:09:15,972 Pensabades que non era quen de matar alguén? 56 00:09:17,181 --> 00:09:18,891 Vou matar esa puta. 57 00:09:19,392 --> 00:09:21,060 Voute matar! 58 00:09:23,521 --> 00:09:24,730 Merda. 59 00:09:25,231 --> 00:09:28,526 Pensas que se te agochas non te vou matar? 60 00:09:29,777 --> 00:09:31,237 Xa verás, puta. 61 00:09:33,281 --> 00:09:34,740 A nai que te pariu. 62 00:10:00,933 --> 00:10:02,018 Ola. 63 00:10:02,018 --> 00:10:04,812 Estou no cruce da central de Namcheon. 64 00:10:04,812 --> 00:10:06,647 Creo que houbo un accidente. 65 00:10:06,647 --> 00:10:09,150 Hai unha moto tirada e mais un coche. 66 00:10:15,740 --> 00:10:17,617 Infórmoo mañá a primeira hora. 67 00:10:17,617 --> 00:10:19,035 Si, entendido, señor. 68 00:10:19,535 --> 00:10:21,203 - Ola. - Ola. 69 00:10:21,704 --> 00:10:23,456 Estou até o carallo disto. 70 00:10:23,456 --> 00:10:24,874 Dígollo eu. 71 00:10:24,874 --> 00:10:27,043 É o terceiro delito violento hoxe. 72 00:10:27,043 --> 00:10:29,128 Veñen todos xuntos. E Won-seok? 73 00:10:29,128 --> 00:10:30,921 O inspector Kang xa vén. 74 00:10:31,422 --> 00:10:34,383 Por que sempre chega tarde cando pasa algo? 75 00:10:34,383 --> 00:10:35,718 Quen é o sospeitoso? 76 00:10:35,718 --> 00:10:37,136 Lee Kyung-chun, 77 00:10:37,136 --> 00:10:39,639 43 anos, antecedentes de crimes violentos 78 00:10:39,639 --> 00:10:41,390 e de esquizofrenia. 79 00:10:42,308 --> 00:10:43,851 - Esquizofrenia? - Si. 80 00:10:44,935 --> 00:10:48,064 Tivo un pequeno altercado coa vítima no supermercado. 81 00:10:48,064 --> 00:10:50,775 Xa interrogamos o resto de empregados. 82 00:10:50,775 --> 00:10:52,860 Seguiu a moto da vítima co coche, 83 00:10:52,860 --> 00:10:55,404 chocou contra ela e ameazouna cunha arma. 84 00:10:55,404 --> 00:10:56,864 Vaia tolo. Que máis? 85 00:10:59,450 --> 00:11:00,284 Que máis? 86 00:11:01,077 --> 00:11:02,078 A cousa é que... 87 00:11:02,078 --> 00:11:02,995 Pois... 88 00:11:03,579 --> 00:11:07,291 Seguiu a vítima cunha arma e morreu no acto. 89 00:11:07,792 --> 00:11:09,585 - Desangrouse. - Quen? 90 00:11:10,586 --> 00:11:11,420 O sospeitoso? 91 00:11:11,420 --> 00:11:14,215 Si. Sufriu un corte cun instrumento afiado 92 00:11:14,215 --> 00:11:15,966 desde o peito até a cara. 93 00:11:15,966 --> 00:11:17,760 Pero non chocara coa vítima? 94 00:11:17,760 --> 00:11:20,805 - Que queres dicir? - Non hai nada claro. 95 00:11:20,805 --> 00:11:23,182 Non sabemos se se feriu na colisión 96 00:11:23,182 --> 00:11:25,226 ou se se cortou despois con algo. 97 00:11:25,935 --> 00:11:27,561 Precisaremos autopsia. 98 00:11:27,561 --> 00:11:29,980 Que parvada. Esquecédeo! 99 00:11:31,691 --> 00:11:32,775 - E a vítima? - Si. 100 00:11:32,775 --> 00:11:35,611 Chámase Jeong Su-in e ten 29 anos. 101 00:11:40,199 --> 00:11:41,742 Coñécea? 102 00:11:47,665 --> 00:11:48,749 Coñezo. 103 00:11:54,630 --> 00:11:55,464 Como está? 104 00:11:56,465 --> 00:11:57,591 Está inconsciente. 105 00:11:57,591 --> 00:11:59,260 Pero din que está ben. 106 00:12:00,261 --> 00:12:03,639 Pero bateu cun coche. Como vai estar ben? 107 00:12:04,724 --> 00:12:06,225 Iso tampouco ten sentido. 108 00:12:06,225 --> 00:12:10,104 A vítima ten cicatrices nas costas, coma se a acoitelasen. 109 00:12:10,604 --> 00:12:13,733 Ademais, tiña a roupa cuberta do seu propio sangue, 110 00:12:13,733 --> 00:12:16,652 pero din que as cicatrices non son de hoxe. 111 00:12:40,593 --> 00:12:43,304 Non podes volver aquí nunca máis. 112 00:12:55,775 --> 00:12:57,318 Desculpe, que ocorreu? 113 00:12:57,318 --> 00:12:58,778 Atópase mellor? 114 00:13:02,782 --> 00:13:03,783 Señor Chul-min. 115 00:13:03,783 --> 00:13:04,992 Su-in. 116 00:13:06,702 --> 00:13:07,536 Estás ben? 117 00:13:09,663 --> 00:13:11,165 Que fago aquí? 118 00:13:11,165 --> 00:13:12,708 Lembra algo 119 00:13:13,375 --> 00:13:15,336 do ataque que sufriu hoxe? 120 00:13:16,796 --> 00:13:18,839 Si, foi o home do supermercado. 121 00:13:18,839 --> 00:13:20,174 Ah, ese. Entendo. 122 00:13:20,174 --> 00:13:23,135 Vin por iso. De verdade que estás ben? 123 00:13:23,844 --> 00:13:27,181 Tivemos unha pequena discusión no supermercado. 124 00:13:27,181 --> 00:13:28,808 Supoño que me seguiu. 125 00:13:29,308 --> 00:13:32,269 Bateume co coche e atacoume cun coitelo... 126 00:13:33,771 --> 00:13:36,649 Apuñaloume... co coitelo... 127 00:13:36,649 --> 00:13:39,068 Por sorte, parece que non a feriu. 128 00:13:39,652 --> 00:13:40,486 Como? 129 00:13:41,487 --> 00:13:42,738 Pero se me apuñalou... 130 00:13:42,738 --> 00:13:45,491 Os médicos din que as cicatrices son antigas. 131 00:13:46,075 --> 00:13:48,160 O que? Eu non teño cicatrices. 132 00:13:48,661 --> 00:13:50,496 Que nos pode dicir do agresor? 133 00:13:50,496 --> 00:13:53,040 Estaba ferido no momento do suceso? 134 00:13:53,874 --> 00:13:54,708 Non. 135 00:13:56,126 --> 00:13:58,212 Perseguiume cun coitelo. 136 00:13:59,547 --> 00:14:01,465 Eu sangraba moitísimo. 137 00:14:02,675 --> 00:14:04,218 Non me lembro moi ben... 138 00:14:06,554 --> 00:14:07,763 Dérono atrapado? 139 00:14:08,722 --> 00:14:09,932 Morreu alí. 140 00:14:10,516 --> 00:14:13,435 - Sufriu un corte do peito á cara. - Un momento. 141 00:14:13,435 --> 00:14:16,146 Xa falo eu con ela. Vós agardade fóra. 142 00:14:16,730 --> 00:14:17,773 - Si? - Á orde. 143 00:14:17,773 --> 00:14:19,275 Si, agardade fóra. 144 00:14:28,325 --> 00:14:29,869 Non o entendo. 145 00:14:29,869 --> 00:14:31,871 Ese home apuñaloume cun coitelo 146 00:14:32,621 --> 00:14:35,124 e perseguiume e, de súpeto, morreu? 147 00:14:36,792 --> 00:14:39,169 Cando pasamos por algo traumático, 148 00:14:39,169 --> 00:14:42,423 os nosos recordos poden volverse confusos e alterarse. 149 00:14:42,423 --> 00:14:45,426 Non te forces a recordar máis por agora, si? 150 00:14:46,093 --> 00:14:46,927 Pero... 151 00:14:48,095 --> 00:14:49,972 estou certa de que me apuñalou. 152 00:14:52,057 --> 00:14:52,892 E iso? 153 00:14:53,893 --> 00:14:55,269 Por que estás segura? 154 00:14:56,854 --> 00:14:59,106 Mentres me apuñalaba, pensei: 155 00:14:59,982 --> 00:15:01,358 "Outra vez". 156 00:15:03,611 --> 00:15:06,071 - Outra vez? - Si. 157 00:15:06,906 --> 00:15:08,657 Outra desgraza máis. 158 00:15:10,868 --> 00:15:12,912 Xa estou afeita a esa sensación. 159 00:15:15,080 --> 00:15:17,207 "Outra desgraza máis." 160 00:15:19,084 --> 00:15:21,629 Su-in, non che volverá pasar nada coma isto. 161 00:15:21,629 --> 00:15:24,798 Foi como cando meu pai abusaba de min con dez anos. 162 00:15:25,382 --> 00:15:27,551 Cando me berrou cunha prancha na man 163 00:15:28,052 --> 00:15:30,012 ou me bateu até partirme os ósos. 164 00:15:31,639 --> 00:15:33,140 Daquela, pensaba o mesmo. 165 00:15:34,975 --> 00:15:36,936 "Outra desgraza máis." 166 00:15:38,979 --> 00:15:40,564 En canto me apuñalou, 167 00:15:41,690 --> 00:15:44,401 volveume ese pensamento á cabeza. 168 00:15:47,154 --> 00:15:50,366 Non, non che volverá pasar. Estamos? 169 00:15:51,283 --> 00:15:53,535 Se non me chega a salvar do meu pai, 170 00:15:53,535 --> 00:15:55,287 nin sequera seguiría viva. 171 00:15:56,997 --> 00:15:58,749 Ti chamaches a policía. 172 00:16:00,334 --> 00:16:04,713 Cres que é fácil para unha nena denunciar o seu propio pai á policía? 173 00:16:05,714 --> 00:16:07,633 Non fun eu quen te salvou: 174 00:16:08,634 --> 00:16:10,219 salvácheste ti. 175 00:16:12,721 --> 00:16:13,555 E... 176 00:16:14,640 --> 00:16:17,559 iso é o que seguirás facendo a partir de agora. 177 00:16:21,313 --> 00:16:22,314 Éche así. 178 00:16:23,983 --> 00:16:27,319 Cando o recordes, cóntame o que che pasou hoxe. 179 00:16:28,153 --> 00:16:30,406 Estou moi aliviado de que esteas ben. 180 00:16:31,156 --> 00:16:31,991 Si? 181 00:16:32,783 --> 00:16:35,786 Se precisas algunha cousa ou lembras algo, chámame. 182 00:16:39,123 --> 00:16:39,957 Descansa. 183 00:16:56,432 --> 00:16:57,599 Capitán. 184 00:16:57,599 --> 00:17:00,060 Mimá, sinto chegar tarde. 185 00:17:00,060 --> 00:17:01,603 Non era sen tempo. 186 00:17:01,603 --> 00:17:03,147 Que estabas, na misa? 187 00:17:03,147 --> 00:17:05,149 Non te vexo eu moito de rezar. 188 00:17:05,149 --> 00:17:06,233 Cala, ho. 189 00:17:06,233 --> 00:17:07,317 Vas á igrexa? 190 00:17:08,610 --> 00:17:09,820 Xa podes marchar. 191 00:17:09,820 --> 00:17:11,405 Xa falastes coa vítima? 192 00:17:11,405 --> 00:17:13,782 - Eu tamén quería. - Por hoxe abonda. 193 00:17:13,782 --> 00:17:15,242 Volvede mañá pola maña. 194 00:17:15,242 --> 00:17:16,243 - Si. - Si. 195 00:17:16,243 --> 00:17:18,996 Se resolvemos algún dos casos de hoxe, 196 00:17:18,996 --> 00:17:21,874 temos o ascenso asegurado, non si? 197 00:17:40,851 --> 00:17:43,771 UNS MESES MÁIS TARDE 198 00:17:53,947 --> 00:17:55,074 Boa noite, xefe. 199 00:17:55,074 --> 00:17:56,158 - Señor. - Señor. 200 00:18:03,916 --> 00:18:06,668 Algún movemento novo da banda Mangnani? 201 00:18:06,668 --> 00:18:07,961 Non, nada. 202 00:18:08,670 --> 00:18:12,007 Aínda que lle roubásemos o negocio, non poden facer nada. 203 00:18:12,007 --> 00:18:14,635 - Non son ninguén. - Ben, bo traballo. 204 00:18:14,635 --> 00:18:15,969 - Ola, señor. - Ei. 205 00:18:31,110 --> 00:18:32,694 Está no cuarto oito. 206 00:18:58,387 --> 00:18:59,429 Fillo de puta. 207 00:19:17,322 --> 00:19:18,949 Eh, hai alguén aí? 208 00:19:22,411 --> 00:19:23,787 Collede ese cabrón. 209 00:19:23,787 --> 00:19:25,789 - Ven aquí! - Fillo de puta! 210 00:19:25,789 --> 00:19:27,624 - Quieto! - Para, cabrón! 211 00:19:27,624 --> 00:19:29,376 - Collédeo! - Para aí! 212 00:19:47,519 --> 00:19:49,605 Xa chegamos. Baixen, por favor. 213 00:20:07,789 --> 00:20:10,709 Ten unha mensaxe de voz nova. 214 00:20:10,709 --> 00:20:14,296 Prema un para escoitar as mensaxes. Prema dous para ir á... 215 00:20:14,796 --> 00:20:16,215 Ola, son Jong-do. 216 00:20:16,215 --> 00:20:18,634 Os de Yeongdeungpo están moi cabreados. 217 00:20:18,634 --> 00:20:20,594 Intenta pasar desapercibido. 218 00:20:20,594 --> 00:20:22,638 E, se podes, non uses o móbil. 219 00:20:23,388 --> 00:20:24,723 É máis, desfaite del. 220 00:20:25,224 --> 00:20:27,100 Falaremos cando isto se calme. 221 00:20:27,100 --> 00:20:31,563 Prema un para ir á seguinte mensaxe. Prema dous para repetir a anterior. 222 00:21:18,694 --> 00:21:20,237 Que pasa? Asustáchesme. 223 00:21:23,365 --> 00:21:26,118 Xa te esqueciches do teu irmán pequeno? 224 00:21:27,160 --> 00:21:29,496 Tranquila, non vou quedar moito tempo. 225 00:21:30,831 --> 00:21:34,042 Jin-hee dixo que tiñas un tumor cerebral, 226 00:21:34,042 --> 00:21:35,294 pero eu véxote ben. 227 00:21:36,920 --> 00:21:38,046 Que está, a durmir? 228 00:21:39,298 --> 00:21:40,757 Marchou moi lonxe. 229 00:21:43,218 --> 00:21:44,136 Lonxe, onde? 230 00:21:44,636 --> 00:21:45,846 Eu tampouco o sei. 231 00:21:52,436 --> 00:21:53,895 Que carallo leva posto? 232 00:22:27,637 --> 00:22:30,223 Jin-hee nunca deixa a tenda sen atender. 233 00:22:30,223 --> 00:22:31,933 E disque marchou moi lonxe? 234 00:22:32,476 --> 00:22:33,602 Que non sabe onde? 235 00:22:37,814 --> 00:22:38,648 Ki-seok? 236 00:22:40,859 --> 00:22:44,946 O número ao que chama suspendeuse temporalmente. 237 00:22:44,946 --> 00:22:48,617 IGREXA SAEJIN REUNIÓN DE REAVIVAMENTO 238 00:23:32,244 --> 00:23:35,330 CHUL-MIN 239 00:23:36,915 --> 00:23:37,999 Señor Chul-min. 240 00:23:37,999 --> 00:23:39,418 Ola. Todo ben? 241 00:23:39,918 --> 00:23:43,171 Si, coma sempre. Sigo traballando. 242 00:23:43,171 --> 00:23:46,758 Moi ben, pero tómao con calma. Tes que coidarte. 243 00:23:46,758 --> 00:23:48,468 Podías ir de vacacións. 244 00:23:49,052 --> 00:23:51,012 Dixéronme que estaba ben. 245 00:23:52,097 --> 00:23:54,266 Ademais, non quero ir a ningures. 246 00:23:54,266 --> 00:23:55,225 De verdade? 247 00:23:55,809 --> 00:23:58,478 Vale, pero non te esixas demasiado, si? 248 00:23:58,979 --> 00:24:00,439 Si, entendido. 249 00:24:02,607 --> 00:24:04,025 Grazas, señor Chul-min. 250 00:24:04,526 --> 00:24:06,945 Non tes por que mas dar. Abur. 251 00:24:08,321 --> 00:24:12,659 Mercado de Gyeongjin. Próxima parada... 252 00:24:47,319 --> 00:24:48,862 Abra a porta, por favor. 253 00:25:25,357 --> 00:25:27,609 Podo reservar un cuarto nun hotel. 254 00:25:28,818 --> 00:25:30,028 Prefiro a miña casa. 255 00:25:30,529 --> 00:25:32,656 Xa. Eu tamén, meu amor. 256 00:25:32,656 --> 00:25:35,659 Pero non é que as mulleres prefiren os hoteis? 257 00:25:36,618 --> 00:25:39,329 Non. Eu prefiro ir á miña casa. 258 00:25:40,038 --> 00:25:41,289 - En serio. - Moi ben. 259 00:25:41,790 --> 00:25:44,751 Encántanme as mulleres coma ti, as que van ao gran. 260 00:25:45,961 --> 00:25:47,796 Es algo informal de máis, pero... 261 00:25:55,428 --> 00:25:59,140 Mimá, cariño. Si que vives lonxe. 262 00:25:59,891 --> 00:26:01,309 Isto está que cae. 263 00:26:01,810 --> 00:26:03,520 De verdade vive xente aquí? 264 00:26:04,187 --> 00:26:07,107 Non digo que estea mal, eh? Anoxácheste? 265 00:26:07,107 --> 00:26:10,944 Refírome a que non sabía que aínda había sitios así habitados. 266 00:26:11,570 --> 00:26:14,698 Imaxino que estarán reurbanizando a zona. 267 00:26:17,158 --> 00:26:21,955 Este sitio non che pega moito, non cres, meu amor? 268 00:26:25,584 --> 00:26:27,752 A ver. 269 00:26:29,713 --> 00:26:31,590 Tes un gusto moi particular. 270 00:26:31,590 --> 00:26:33,675 Non digo que sexa raro, eh? 271 00:26:37,470 --> 00:26:39,556 Non estou moi afeito a isto. 272 00:26:42,434 --> 00:26:43,268 Xa? 273 00:26:43,893 --> 00:26:45,562 Podo asearme antes? 274 00:26:49,024 --> 00:26:50,275 Por que está...? 275 00:26:53,194 --> 00:26:54,279 Que raio é isto? 276 00:26:56,114 --> 00:26:57,907 Son familiares teus? 277 00:26:59,909 --> 00:27:02,078 Este humano consumiu alcol de máis. 278 00:27:02,871 --> 00:27:04,080 É o teu pai? 279 00:27:04,956 --> 00:27:08,376 Se o mantés vivo, o alcol metabolizarase. 280 00:27:08,376 --> 00:27:12,380 - Que? - E como evitamos que faga ruído? 281 00:27:13,923 --> 00:27:14,799 Quen sodes? 282 00:27:14,799 --> 00:27:18,219 Vós debedes pensar que son un miñaxoia calquera. 283 00:27:18,219 --> 00:27:20,096 Amputámoslle os brazos? 284 00:27:20,096 --> 00:27:22,098 Non, non llos amputes. 285 00:27:22,766 --> 00:27:26,019 É mellor deixalo inconsciente e atalo. 286 00:27:26,019 --> 00:27:27,062 Un momento. 287 00:27:28,605 --> 00:27:29,564 Mi madriña. 288 00:27:29,564 --> 00:27:32,651 Xa veredes! Vós non sabedes quen son eu. 289 00:27:35,695 --> 00:27:37,030 Non me mates! 290 00:27:53,546 --> 00:27:56,091 Non te me achegues! 291 00:28:01,930 --> 00:28:02,972 Socorro. 292 00:28:06,434 --> 00:28:07,727 Un eliminado! 293 00:28:15,694 --> 00:28:17,195 Disparade ao obxectivo! 294 00:28:29,874 --> 00:28:31,292 Obxectivo 2, eliminado! 295 00:28:47,016 --> 00:28:48,435 Obxectivo 3, eliminado! 296 00:29:30,268 --> 00:29:31,352 Es un de nós? 297 00:29:39,569 --> 00:29:40,945 Capturáronte? 298 00:29:41,780 --> 00:29:42,781 Non o toques. 299 00:29:46,868 --> 00:29:47,827 É meu. 300 00:30:05,970 --> 00:30:08,223 Escapou un cara ao oeste do tellado! 301 00:30:08,223 --> 00:30:09,766 Capitá, está ben? 302 00:30:09,766 --> 00:30:11,518 Merda, quería collelo vivo. 303 00:30:11,518 --> 00:30:13,228 Intentou collelo vivo? 304 00:30:13,895 --> 00:30:15,730 Estaría ben atrapalo vivo. 305 00:30:16,689 --> 00:30:18,358 Fáltannos cans de caza. 306 00:30:18,858 --> 00:30:20,401 Amor, ti estás ben, non? 307 00:30:21,903 --> 00:30:22,987 Como van dentro? 308 00:30:22,987 --> 00:30:25,281 Despexado. Matáronos a todos. 309 00:30:26,616 --> 00:30:27,826 E o imbécil ese que? 310 00:30:27,826 --> 00:30:30,578 Estaba en choque. Levámolo ao hospital. 311 00:30:30,578 --> 00:30:33,039 Ben. Mandastes alguén para vixialo? 312 00:30:33,039 --> 00:30:33,957 Mandamos. 313 00:30:39,379 --> 00:30:41,881 Conque agora colaboran entre eles. 314 00:30:42,382 --> 00:30:44,968 Tiñan unha xuntanza ou que? 315 00:30:45,718 --> 00:30:47,136 Non hai moita cousa. 316 00:30:47,136 --> 00:30:49,347 Isto debe ser das vítimas. 317 00:30:58,940 --> 00:30:59,858 Abride a porta. 318 00:31:32,140 --> 00:31:33,308 Que é iso? 319 00:31:33,975 --> 00:31:35,268 Chamade os forenses. 320 00:31:40,356 --> 00:31:42,066 Que pensa que significa iso? 321 00:31:42,609 --> 00:31:44,193 É o símbolo da despensa. 322 00:31:44,694 --> 00:31:45,528 Como? 323 00:31:47,030 --> 00:31:49,157 Os cabróns teñen unha organización. 324 00:32:05,506 --> 00:32:07,467 Estás certo de que é unha de nós? 325 00:32:12,597 --> 00:32:15,350 Nese caso, debemos levala á nosa organización. 326 00:32:18,186 --> 00:32:19,020 De acordo. 327 00:32:19,812 --> 00:32:20,897 Agora vou. 328 00:32:26,653 --> 00:32:29,781 Moita xente sofre de problemas para durmir. 329 00:32:31,324 --> 00:32:34,243 Se as preocupacións non che deixan durmir, 330 00:32:34,243 --> 00:32:37,538 como a persoa que nos enviou esta mensaxe tan tarde, 331 00:32:38,039 --> 00:32:41,125 proba a beber algo morno. Que pases unha boa noite. 332 00:33:41,811 --> 00:33:42,937 CHUL-MIN 333 00:34:30,485 --> 00:34:31,402 Quen sodes vós? 334 00:34:32,570 --> 00:34:33,946 Por que facedes isto? 335 00:34:38,242 --> 00:34:40,161 Dáseche moi ben facer de humana. 336 00:34:40,161 --> 00:34:42,830 Como? Que queres dicir? 337 00:34:43,498 --> 00:34:44,874 Es unha de nós? 338 00:34:45,458 --> 00:34:46,793 Parece diferente. 339 00:34:47,418 --> 00:34:49,045 Que queredes de min? 340 00:34:50,630 --> 00:34:52,173 Comprobémolo. 341 00:34:56,594 --> 00:34:57,428 Hostia! 342 00:35:15,488 --> 00:35:16,864 Son unha de vós. 343 00:35:27,125 --> 00:35:29,544 Nese caso, únete á nosa organización. 344 00:35:30,628 --> 00:35:33,589 Debemos xuntar forzas para sobrevivirmos. 345 00:35:37,552 --> 00:35:39,971 IGREXA SAEJIN REUNIÓN DE REAVIVAMENTO 346 00:35:39,971 --> 00:35:43,182 Como es unha de nós, sempre serás benvida. 347 00:36:25,683 --> 00:36:27,018 Non verías un canciño? 348 00:36:27,727 --> 00:36:29,854 Merry! Onde andas? 349 00:36:31,063 --> 00:36:32,064 Merry... 350 00:36:41,908 --> 00:36:43,826 Víchelo todo, non si? 351 00:36:45,870 --> 00:36:48,247 Non quería chamar a atención, 352 00:36:48,956 --> 00:36:50,791 pero agora terei que matarte. 353 00:36:51,542 --> 00:36:52,752 Pois mátame xa! 354 00:36:52,752 --> 00:36:53,669 Síntoo. 355 00:36:55,504 --> 00:36:57,298 Por que nos vixiabas? 356 00:36:59,091 --> 00:37:02,178 A miña irmá actuaba de forma rara, así que a seguín. 357 00:37:04,472 --> 00:37:06,724 Dis que a túa irmá é da nosa especie? 358 00:37:07,225 --> 00:37:08,226 Si, iso. 359 00:37:12,605 --> 00:37:13,564 Dáme a carteira. 360 00:37:20,571 --> 00:37:24,742 CARNÉ DE IDENTIDADE SEOL KANG-WOO 361 00:37:29,664 --> 00:37:31,832 Escóitame con atención. 362 00:37:32,333 --> 00:37:34,085 Se non fas o que che digo, 363 00:37:35,795 --> 00:37:38,005 buscareite e matareite. 364 00:37:41,592 --> 00:37:42,677 Entendido? 365 00:38:11,914 --> 00:38:13,082 Jeong Su-in? 366 00:38:17,962 --> 00:38:19,755 O puto monstro tiña razón. 367 00:38:22,925 --> 00:38:24,176 Quen es ti? 368 00:38:25,386 --> 00:38:26,637 Serei breve. 369 00:38:27,138 --> 00:38:31,058 Vés notando unhas ondas cerebrais desagradábeis en certas persoas? 370 00:38:32,893 --> 00:38:35,396 Evita esa xente, si? Son todos monstros. 371 00:38:35,896 --> 00:38:37,148 Esa era a mensaxe. 372 00:38:38,149 --> 00:38:39,525 De que falas? 373 00:38:40,026 --> 00:38:42,445 Seica case te mata un tolo, 374 00:38:42,445 --> 00:38:43,696 que te apuñalou. 375 00:38:44,196 --> 00:38:47,366 Cando ocorreu, entrouche... Non sei nin como chamarlle. 376 00:38:47,366 --> 00:38:52,038 Entrouche a larva dun monstro no corpo, Jeong Su-in. 377 00:38:52,038 --> 00:38:54,915 Normalmente, come todo o cerebro. 378 00:38:54,915 --> 00:38:56,208 Ti estabas tan mal 379 00:38:56,208 --> 00:38:58,961 que, ao curarte, non puido paparche o cerebro. 380 00:38:58,961 --> 00:39:00,713 Tiñas que mutar en... 381 00:39:01,505 --> 00:39:03,758 Non sei nin que carallo digo! 382 00:39:05,676 --> 00:39:08,387 Resumindo, o conto é 383 00:39:08,387 --> 00:39:10,306 que es unha mutante, vale? 384 00:39:11,349 --> 00:39:13,351 Sóache Dr. Jekyll e Mr. Hyde? Si? 385 00:39:14,352 --> 00:39:16,937 - Quen che dixo iso? - Ti, Mr. Hyde. 386 00:39:16,937 --> 00:39:20,483 Mr. Hyde, estás aí, non si? Xa llo contei todo, de acordo? 387 00:39:20,483 --> 00:39:21,525 Agora marcho. 388 00:39:24,653 --> 00:39:25,613 Dáme iso. 389 00:40:28,259 --> 00:40:30,845 DE VERDADE HAI ALGUÉN MÁIS NO MEU CORPO...? 390 00:41:28,569 --> 00:41:30,571 Todo o que che dixo é verdade. 391 00:41:31,071 --> 00:41:32,531 Créeo todo. 392 00:41:33,032 --> 00:41:35,576 Explicareiche a nosa situación en detalle. 393 00:41:36,535 --> 00:41:38,662 Escribe todas as dúbidas que teñas. 394 00:41:51,258 --> 00:41:54,178 QUEN ES? QUE ES EXACTAMENTE? 395 00:42:03,062 --> 00:42:06,941 COMISARÍA DE NAMIL 396 00:42:14,657 --> 00:42:15,741 Que é todo isto? 397 00:42:23,082 --> 00:42:25,251 Estenda os brazos e vaia xirando. 398 00:42:27,795 --> 00:42:28,629 Pode pasar. 399 00:42:30,089 --> 00:42:31,882 - Ei, capitán. Bo día. - Ola. 400 00:42:32,424 --> 00:42:34,718 E isto? Vén alguén importante, ou que? 401 00:42:34,718 --> 00:42:36,512 - Estenda os brazos... - Pois... 402 00:42:37,054 --> 00:42:39,348 Disque veu un corpo especial de Seúl. 403 00:42:39,348 --> 00:42:40,808 Bastante especiais, si. 404 00:42:41,308 --> 00:42:43,310 Que? Que clase de corpo especial? 405 00:42:43,310 --> 00:42:45,312 Un moi, moi especial. 406 00:42:45,312 --> 00:42:47,940 Seica no lo van explicar nunha reunión. 407 00:42:47,940 --> 00:42:48,857 Pare. 408 00:42:49,358 --> 00:42:52,152 Estenda os brazos e vaia xirando. 409 00:42:57,116 --> 00:42:58,033 Pode pasar. 410 00:42:59,827 --> 00:43:00,661 Todo correcto? 411 00:43:01,829 --> 00:43:02,830 Si, pode pasar. 412 00:43:08,043 --> 00:43:08,961 Bo día. 413 00:43:09,878 --> 00:43:12,298 Oe, que é todo isto? 414 00:43:12,298 --> 00:43:14,633 Odio empezar o día rodeado de armas. 415 00:44:01,055 --> 00:44:03,932 REUNIÓN DA UNIDADE ESPECIAL DE INVESTIGACIÓN 416 00:44:08,479 --> 00:44:10,731 Cando prepararon todo isto? 417 00:44:23,452 --> 00:44:25,162 Ladróns de corpos? 418 00:44:26,038 --> 00:44:28,207 Ostras, pero que é todo iso? 419 00:44:28,207 --> 00:44:29,958 Si que prepararon cousas. 420 00:44:29,958 --> 00:44:31,251 Mimá! 421 00:44:40,969 --> 00:44:43,931 RESPOSTA DE EMERXENCIA AO PARASITO 422 00:44:44,431 --> 00:44:47,768 Doulles a benvida a todos. 423 00:44:49,269 --> 00:44:52,147 Xefe, moitas grazas por estar hoxe aquí. 424 00:44:52,815 --> 00:44:56,318 Veña, deámoslle todos un aplauso ao xefe. 425 00:45:01,156 --> 00:45:03,701 Empezarei presentándome. 426 00:45:05,202 --> 00:45:09,081 Eu son Choi Jun-kyung, capitá 427 00:45:09,081 --> 00:45:11,959 da unidade especial antiparasito, o Equipo Gris. 428 00:45:13,711 --> 00:45:15,045 Debeu ser molesto 429 00:45:15,045 --> 00:45:17,548 que os rexistrasen esta mañá. 430 00:45:17,548 --> 00:45:21,093 En fin, antes de nada, explicareilles o que ocorreu. 431 00:45:21,093 --> 00:45:26,181 Esta mañá, fixemos radiografías dos seus corpos. 432 00:45:27,349 --> 00:45:28,392 Entre vostedes, 433 00:45:29,226 --> 00:45:31,270 atopamos... 434 00:45:31,937 --> 00:45:33,522 cero parasitos! Aplausos! 435 00:45:35,566 --> 00:45:38,110 Que é isto, un concurso para nenos? 436 00:45:38,736 --> 00:45:41,405 Temos que facer isto todos os días? 437 00:45:41,405 --> 00:45:42,322 Claro que non. 438 00:45:42,823 --> 00:45:45,117 O rexistro só era hoxe. 439 00:45:45,868 --> 00:45:49,663 Isto débese a que os parasitos apareceron todos á vez 440 00:45:49,663 --> 00:45:53,041 e parece que xa se sincronizaron cos hóspedes humanos. 441 00:45:53,542 --> 00:45:57,713 O rexistro de hoxe confirma 442 00:45:57,713 --> 00:45:59,840 que ningún de vostedes é un deles. 443 00:45:59,840 --> 00:46:03,093 Se cadra, estráñalles que fale de parasitos. 444 00:46:04,052 --> 00:46:06,305 Deixen que llelo explique. 445 00:46:10,976 --> 00:46:12,603 Imaxino que lembran 446 00:46:12,603 --> 00:46:16,648 o caso dos homicidios sen motivo aparente do festival de EDM, non? 447 00:46:17,524 --> 00:46:20,819 A verdade detrás deste suceso que todos coñecen... 448 00:46:22,821 --> 00:46:23,697 é esta. 449 00:46:24,406 --> 00:46:29,536 O monstro que ven aquí tallando xente sen compaixón 450 00:46:29,536 --> 00:46:30,788 é un parasito. 451 00:46:32,331 --> 00:46:35,626 Pode que se pregunten onde anda agora o noso amiguiño. 452 00:46:37,544 --> 00:46:39,671 Pois... 453 00:46:41,924 --> 00:46:42,841 velaquí está! 454 00:46:46,887 --> 00:46:48,972 Para evitar que se estenda o caos, 455 00:46:48,972 --> 00:46:53,352 formamos un equipo para restrinxir o acceso dos medios de comunicación 456 00:46:53,352 --> 00:46:57,940 e levar un control estrito de toda a información sobre o parasito. 457 00:47:00,442 --> 00:47:01,443 Hai uns meses, 458 00:47:01,443 --> 00:47:06,406 empezaron a aparecer larvas deste parasito por toda Corea, 459 00:47:06,406 --> 00:47:08,283 así como no resto do mundo. 460 00:47:09,076 --> 00:47:12,955 Aínda descoñecemos a orixe destas larvas. 461 00:47:13,539 --> 00:47:16,250 Unha vez que penetran no corpo humano 462 00:47:16,250 --> 00:47:19,878 polas orellas, o nariz ou a boca, toman o control do cerebro. 463 00:47:20,587 --> 00:47:23,382 Consomen o cerebro. 464 00:47:24,383 --> 00:47:27,845 Cando os parasitos completan a súa mutación, 465 00:47:27,845 --> 00:47:31,515 seguen os seus instintos e intentan comer humanos. 466 00:47:31,515 --> 00:47:33,475 Velaquí un trazo importante: 467 00:47:34,518 --> 00:47:37,646 poden transformar a cabeza a vontade. 468 00:47:37,646 --> 00:47:42,651 Estes parasitos poden cambiar de rixidez e forma 469 00:47:42,651 --> 00:47:45,821 e tornar as cabezas en follas afiadas, por exemplo. 470 00:47:45,821 --> 00:47:47,781 As súas células 471 00:47:47,781 --> 00:47:50,868 son organismos capaces de procesar ideas. 472 00:47:51,493 --> 00:47:53,370 Estas temíbeis criaturas 473 00:47:53,370 --> 00:47:58,333 infiltráronse na sociedade humana e estannos atacando. 474 00:48:00,961 --> 00:48:02,713 Ao principio, era unha larva. 475 00:48:03,505 --> 00:48:05,799 Seguín o instinto de tomar un cerebro 476 00:48:05,799 --> 00:48:07,259 e cheguei até ti. 477 00:48:23,609 --> 00:48:26,987 Tentei comerche o cerebro e parasitarche o corpo, 478 00:48:26,987 --> 00:48:30,824 pero decateime de que estabas ferida de gravidade. 479 00:48:31,825 --> 00:48:34,202 Tentei sincronizarme con todo o corpo 480 00:48:34,202 --> 00:48:36,121 para curar as feridas primeiro. 481 00:48:36,622 --> 00:48:39,249 Como resultado, logrei salvar o teu corpo, 482 00:48:39,249 --> 00:48:43,295 pero non din controlado por completo o teu cerebro. 483 00:48:43,295 --> 00:48:44,212 Despois, 484 00:48:44,212 --> 00:48:45,631 o parasito 485 00:48:46,924 --> 00:48:48,759 toma o control do cerebro. 486 00:48:48,759 --> 00:48:54,014 Os parasitos tamén absorben por completo a consciencia dos humanos, 487 00:48:54,014 --> 00:48:57,643 polo que deixan de ser as persoas que eran antes. 488 00:48:58,518 --> 00:49:00,270 Absorbéronlles o cerebro. 489 00:49:01,480 --> 00:49:03,899 O único que queda é o corpo, 490 00:49:04,483 --> 00:49:08,320 que se converte apenas nunha fonte de alimento para os parasitos. 491 00:49:09,404 --> 00:49:11,740 Como non logrei controlar o cerebro, 492 00:49:13,033 --> 00:49:15,494 só tomo o control cando estás en perigo 493 00:49:16,995 --> 00:49:18,789 para protexer o noso corpo. 494 00:49:21,750 --> 00:49:24,127 Segundo os meus experimentos, 495 00:49:24,628 --> 00:49:28,632 só podo facerme coa túa consciencia durante uns 15 minutos ao día. 496 00:49:30,217 --> 00:49:33,512 Por iso, procuro usar o mínimo tempo posíbel 497 00:49:33,512 --> 00:49:36,139 para protexer este corpo e sobrevivir. 498 00:49:37,724 --> 00:49:38,558 Desculpe. 499 00:49:39,476 --> 00:49:42,938 Que podemos facer para matar os parasitos? 500 00:49:42,938 --> 00:49:46,858 Pois verá: os parasitos murchan e morren 501 00:49:46,858 --> 00:49:48,443 sen un hóspede humano. 502 00:49:49,236 --> 00:49:52,823 Polo tanto, para atacar o parasito, 503 00:49:52,823 --> 00:49:55,826 precisamos destruír o corpo humano. 504 00:49:55,826 --> 00:49:59,287 Hai que acabar cos corpos en que habitan. 505 00:49:59,287 --> 00:50:01,873 Deben causar unha hemorraxia masiva 506 00:50:01,873 --> 00:50:04,292 ou destruír o corazón dunha soa vez. 507 00:50:05,544 --> 00:50:09,006 Por iso, no canto dun fusil cun punto de impacto reducido 508 00:50:09,006 --> 00:50:11,091 ou un coitelo... 509 00:50:16,221 --> 00:50:19,099 este tipo de escopetas 510 00:50:19,099 --> 00:50:21,518 resultan máis efectivas 511 00:50:22,269 --> 00:50:26,565 á hora de destruír o corazón dun só tiro. 512 00:50:28,900 --> 00:50:32,779 A radiografías son a única forma de identificar os parasitos? 513 00:50:33,530 --> 00:50:38,201 Estes parasitos están mesturándose con nós, finxindo ser humanos. 514 00:50:38,201 --> 00:50:42,497 Porén, non podemos ir sempre cunha máquina de raios X ás costas, non? 515 00:50:44,708 --> 00:50:46,710 Pero podemos quitarlles un pelo. 516 00:50:47,586 --> 00:50:50,797 Os parasitos están feitos dunha soa masa celular. 517 00:50:50,797 --> 00:50:53,383 {\an8}Sobreviven un tempo cortados en anacos, 518 00:50:53,383 --> 00:50:55,886 {\an8}pero, canto máis pequenos son os anacos, 519 00:50:55,886 --> 00:50:57,345 {\an8}menos intelixentes son 520 00:50:57,345 --> 00:50:59,681 {\an8}e xa non dan recuperado a súa forma. 521 00:51:01,224 --> 00:51:05,562 Se son tan pequenos coma un pelo, murchan e desfanse. 522 00:51:06,271 --> 00:51:09,149 Por iso, se sospeitan de alguén, 523 00:51:09,733 --> 00:51:12,235 arrínquenlle un pelo. 524 00:51:14,488 --> 00:51:16,782 Pasemos á seguinte parte. 525 00:51:17,866 --> 00:51:20,494 Por sorte ou por desgraza, no noso país 526 00:51:20,494 --> 00:51:22,913 os parasitos apareceron nun festival 527 00:51:23,497 --> 00:51:27,584 e causaron un masacre, como viron antes. 528 00:51:27,584 --> 00:51:29,878 O gran número de probas que deixaron 529 00:51:29,878 --> 00:51:32,047 revelou a súa existencia. 530 00:51:32,047 --> 00:51:34,966 En consecuencia, formamos un corpo antiparasitos 531 00:51:34,966 --> 00:51:37,636 moito antes que ningún outro país. 532 00:51:37,636 --> 00:51:40,388 As nosas investigacións saíron máis rápido. 533 00:51:40,889 --> 00:51:45,227 E quen o fixo posíbel? 534 00:51:54,820 --> 00:51:55,904 Pois o meu marido. 535 00:51:55,904 --> 00:51:57,864 - Como? O marido? - Meu Deus. 536 00:51:58,532 --> 00:52:02,619 Ou, para ser máis precisos, o parasito que se apoderou do seu cerebro. 537 00:52:03,995 --> 00:52:04,955 Non se asusten. 538 00:52:04,955 --> 00:52:09,334 Este casco ten instalado un dispositivo especial. 539 00:52:09,334 --> 00:52:12,629 O dispositivo pulveriza 540 00:52:12,629 --> 00:52:15,382 unha substancia que os parasitos odian. 541 00:52:15,382 --> 00:52:19,928 Se prememos o botón deste mando a distancia... 542 00:52:22,180 --> 00:52:24,099 pulverízase a substancia 543 00:52:24,099 --> 00:52:26,768 e o parasito queda inmobilizado. 544 00:52:26,768 --> 00:52:30,063 Ademais, dentro do casco hai un sensor. 545 00:52:30,063 --> 00:52:33,024 Se intenta transformar a cabeza e fuxir, 546 00:52:33,024 --> 00:52:36,278 o sensor libera a substancia automaticamente 547 00:52:36,278 --> 00:52:38,405 e cáusalle unha dor insoportábel. 548 00:52:39,698 --> 00:52:40,532 Desculpe. 549 00:52:41,199 --> 00:52:44,953 Por que manteñen esa cousa con vida? 550 00:52:45,620 --> 00:52:48,915 Unha das cousas que descubrimos dos parasitos é 551 00:52:48,915 --> 00:52:53,962 que usan ondas cerebrais para detectar outros parasitos nas proximidades. 552 00:52:54,462 --> 00:52:56,798 Estamos usando este 553 00:52:57,299 --> 00:53:01,094 como radar para atopar outros coma el. 554 00:53:01,595 --> 00:53:06,057 A este parasito chamámoslle o Can de Caza. 555 00:53:07,559 --> 00:53:11,313 As persoas que che causan unha sensación estraña son coma nós. 556 00:53:12,314 --> 00:53:14,858 Elas tamén senten que es unha delas. 557 00:53:15,400 --> 00:53:19,529 Porén, se descobren que es unha mutante, pode que intenten eliminarte. 558 00:53:20,322 --> 00:53:22,908 Por iso, non debes achegarte a elas 559 00:53:22,908 --> 00:53:25,911 se queres sobrevivir. 560 00:53:26,620 --> 00:53:29,122 Isto é unha advertencia. 561 00:53:29,789 --> 00:53:32,292 Como é vital que nos coñezamos ben, 562 00:53:32,292 --> 00:53:34,502 deixeiche un vídeo meu no móbil. 563 00:54:03,240 --> 00:54:05,492 O noso Can de Caza informounos 564 00:54:05,492 --> 00:54:09,704 de que a maior concentración de parasitos atópase en Namil-gun, 565 00:54:09,704 --> 00:54:11,915 onde se atopa a comisaría de Namil. 566 00:54:13,416 --> 00:54:18,421 Quedaremos uns días por aquí para atrapar os parasitos. 567 00:54:18,922 --> 00:54:23,551 Se se produciron asasinatos sen resolver ou casos sospeitosos ultimamente, 568 00:54:23,551 --> 00:54:24,928 infórmennos. 569 00:54:24,928 --> 00:54:29,766 É posíbel que estean relacionados cos parasitos. 570 00:54:29,766 --> 00:54:30,934 Entendido? 571 00:54:32,143 --> 00:54:32,978 Unha cousa: 572 00:54:33,812 --> 00:54:37,190 non é pouco ético atormentar un humano desa maneira? 573 00:54:37,899 --> 00:54:38,733 Como di? 574 00:54:47,242 --> 00:54:48,618 Se pensa iso, 575 00:54:49,703 --> 00:54:51,037 mesmo por un momento... 576 00:55:00,964 --> 00:55:02,674 acabará así. 577 00:55:13,310 --> 00:55:16,730 Esta cousa xa non é o meu marido. 578 00:55:17,772 --> 00:55:21,276 É só un monstro, un becho, un virus que debemos exterminar! 579 00:55:21,776 --> 00:55:23,445 Cando se volven parasitos, 580 00:55:23,445 --> 00:55:25,864 xa non se poden considerar humanos! 581 00:55:27,198 --> 00:55:28,283 Entendido? 582 00:55:29,117 --> 00:55:29,951 Si? 583 00:58:28,004 --> 00:58:33,009 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso