1 00:00:02,000 --> 00:00:07,000 Downloaded from YTS.MX 2 00:00:08,000 --> 00:00:13,000 Official YIFY movies site: YTS.MX 3 00:00:38,160 --> 00:00:42,440 ALEMAÑA, PRIMAVERA DE 1945 4 00:00:58,600 --> 00:00:59,600 Aí está! 5 00:01:08,360 --> 00:01:09,480 Dálle! 6 00:01:34,720 --> 00:01:35,560 Vale. 7 00:01:36,480 --> 00:01:37,720 Acabáronse os xogos. 8 00:02:11,720 --> 00:02:12,960 Merda! 9 00:02:13,040 --> 00:02:16,320 Movédevos! Ide a por ese fillo de puta! 10 00:02:16,400 --> 00:02:17,600 Os demais tamén! 11 00:02:18,280 --> 00:02:19,120 Seguide! 12 00:02:32,280 --> 00:02:33,720 Pilleite, soldado. 13 00:02:33,800 --> 00:02:35,240 Quéroo vivo. 14 00:02:36,920 --> 00:02:38,640 A nosa misión pode esperar. 15 00:02:49,320 --> 00:02:50,960 Sarxento… 16 00:03:02,000 --> 00:03:05,440 Desertar considérase traizón, soldado. 17 00:03:06,800 --> 00:03:10,960 Traizón contra o Führer, traizón contra a patria… 18 00:03:12,640 --> 00:03:13,640 Traizón. 19 00:03:20,400 --> 00:03:26,960 "Polonia, Francia, Italia, Rusia." Si que te moviches. 20 00:03:27,720 --> 00:03:30,440 Hostia, Köhler. Ten coidado, pámpano. 21 00:03:33,760 --> 00:03:35,440 "Cruz de Ferro. 22 00:03:35,960 --> 00:03:38,160 Insignia de Destrución de Tanques." 23 00:03:39,800 --> 00:03:41,720 Broche de combate corpo a corpo. 24 00:03:43,040 --> 00:03:47,320 E, aínda por enriba, unha cara digna dunha escultura de Arno Breker. 25 00:03:47,400 --> 00:03:51,440 Tes sangue ario polas veas, mais o corazón dun covarde. 26 00:03:52,960 --> 00:03:54,360 Es unha deshonra. 27 00:03:55,160 --> 00:03:58,000 Cal foi a túa razón para traizoares a patria? 28 00:03:58,600 --> 00:04:00,120 Nunca quixen esta guerra. 29 00:04:03,720 --> 00:04:05,000 Ninguén me preguntou. 30 00:04:05,080 --> 00:04:08,560 Puxéronme este uniforme e, aínda así, loitei. 31 00:04:10,400 --> 00:04:13,520 Durante seis anos. Seis anos sen sentido. 32 00:04:15,360 --> 00:04:17,000 Estou farto desta tolemia. 33 00:04:17,600 --> 00:04:22,960 Todos temos levado moitos paus, e si, estamos afundidos na miseria, 34 00:04:23,040 --> 00:04:24,400 mais seguimos en pé. 35 00:04:24,480 --> 00:04:27,680 Alzarémonos de novo e contraatacaremos. 36 00:04:27,760 --> 00:04:30,600 Levámolo no sangue! 37 00:04:31,720 --> 00:04:38,000 Loitamos, sufrimos, sangramos e morremos. 38 00:04:39,880 --> 00:04:43,080 Mais somos un pobo de vencedores. 39 00:04:44,880 --> 00:04:46,600 Somos un pobo de asasinos. 40 00:05:01,920 --> 00:05:04,240 Admito que es un cabrón ben duro. 41 00:05:06,000 --> 00:05:07,920 Tardará en romperche o pescozo. 42 00:05:17,200 --> 00:05:19,120 Así, sufrirás un pouquiño máis. 43 00:05:19,640 --> 00:05:22,400 Cando mexes e cagues por ti 44 00:05:22,480 --> 00:05:25,560 e teñas a lingua inchada e colgando coma un farrapo, 45 00:05:25,640 --> 00:05:27,560 aledaraste de espichala por fin. 46 00:05:27,640 --> 00:05:29,200 Dörfler, que puto sádico! 47 00:05:33,520 --> 00:05:34,680 Todo listo. 48 00:05:34,760 --> 00:05:37,400 - Agora, a polo ouro. - Non era sen tempo! 49 00:06:26,800 --> 00:06:27,880 Velaí está papá! 50 00:06:28,720 --> 00:06:30,480 Papá, ven con nós. 51 00:06:30,560 --> 00:06:33,240 Non pode, Karl. Papá ten que quedar aquí. 52 00:06:33,320 --> 00:06:35,600 Agora ten que coidar de Lottchen. 53 00:06:36,400 --> 00:06:40,160 - Adeus. - Mamá, Karl! Agardade por min! 54 00:06:40,240 --> 00:06:41,560 Lottchen… 55 00:06:44,480 --> 00:06:45,320 Papá? 56 00:06:46,760 --> 00:06:47,680 Papá? 57 00:06:49,800 --> 00:06:51,720 Papá, non me deixes aquí soíña. 58 00:07:10,720 --> 00:07:15,320 AQUÍ XACE O NOSO QUERIDO FILLO FRIEDHELM MOSNER 59 00:07:41,240 --> 00:07:42,080 Soldados! 60 00:09:37,120 --> 00:09:39,000 Papá, soldados! 61 00:09:40,080 --> 00:09:44,680 O que? Aquí, na nosa vila? Brigitte, chegaron os estadounidenses! 62 00:09:44,760 --> 00:09:47,800 Non, papá. Son dos nosos. As SS, creo. 63 00:09:48,400 --> 00:09:49,240 Como? 64 00:09:50,440 --> 00:09:54,080 Ai, meu Deus. Colle o retrato no soto e pendúrao de novo. 65 00:09:54,160 --> 00:09:55,840 Non son unha criada, Robert. 66 00:10:05,840 --> 00:10:07,160 Elisabeth… 67 00:10:09,160 --> 00:10:11,080 Chámome Elsa, soldado. 68 00:10:16,960 --> 00:10:19,400 Ei! Sóltaa! 69 00:10:19,480 --> 00:10:20,840 Non pasa nada, Paule. 70 00:10:23,560 --> 00:10:24,640 Ese é o meu irmán. 71 00:10:25,200 --> 00:10:26,360 Esta pasta alivia. 72 00:10:27,240 --> 00:10:28,720 Preparouna Elsa. 73 00:10:47,800 --> 00:10:49,920 Paule ten un don moi especial. 74 00:10:56,160 --> 00:10:59,440 Es bastante forte, igual que o Mariscal Gustav. 75 00:11:00,040 --> 00:11:01,000 Era o noso boi. 76 00:11:09,280 --> 00:11:12,920 Ala, agora xa te podemos atar ao arado. 77 00:11:19,240 --> 00:11:22,720 Iso non che é boa idea. Precisas descansar. 78 00:11:24,080 --> 00:11:25,640 Has de ter fame, soldado. 79 00:11:27,160 --> 00:11:30,200 Chámome… Heinrich. 80 00:11:35,760 --> 00:11:36,600 Heil Hitler! 81 00:11:41,680 --> 00:11:42,800 Tenente coronel! 82 00:11:44,560 --> 00:11:45,480 Robert Schlick, 83 00:11:46,280 --> 00:11:49,360 alcalde e xefe da vila. Ao seu servizo. 84 00:11:50,560 --> 00:11:52,280 Johannes Löwenstein. 85 00:11:54,640 --> 00:11:57,800 Dille algo ese nome, alcalde? 86 00:11:59,360 --> 00:12:02,800 Si, era un xudeu que vivía aquí na vila. 87 00:12:04,920 --> 00:12:06,600 Os pais e os irmáns, digo. 88 00:12:06,680 --> 00:12:10,120 Löwenstein vivía en Essen, pero viña visitalos a miúdo. 89 00:12:10,920 --> 00:12:13,520 Lévenos á casa dos Löwenstein. 90 00:12:16,160 --> 00:12:17,720 Pero xa non viven aquí. 91 00:12:18,280 --> 00:12:21,880 Esta vila está libre de xudeus desde novembro do 38… 92 00:12:21,960 --> 00:12:24,200 Lévenos á casa. 93 00:12:25,800 --> 00:12:26,920 Como desexe. 94 00:12:27,000 --> 00:12:29,680 Sígame pola nosa bonita vila, por favor. 95 00:12:31,280 --> 00:12:34,680 Era unha casa ben fermosa, pero tamén o foi o lume. 96 00:12:36,120 --> 00:12:39,120 Foi uns días despois de botarmos esa escoura. 97 00:12:39,200 --> 00:12:40,440 Se xogas con lume… 98 00:12:40,520 --> 00:12:44,600 Que pasou coas pertenzas dos xudeus? Levaron algo con eles? 99 00:12:44,680 --> 00:12:47,760 Deixámoslles levar algo de roupa, máis nada. 100 00:12:47,840 --> 00:12:49,080 Saquearon a casa? 101 00:12:49,680 --> 00:12:52,480 Pois Möller colleu algúns mobles 102 00:12:52,560 --> 00:12:56,000 e algunhas mulleres levaron pratos, roupa de cama e así, 103 00:12:56,080 --> 00:12:57,080 pero nada máis. 104 00:13:02,200 --> 00:13:03,400 Avións americanos. 105 00:13:03,920 --> 00:13:07,480 Levan días por aquí zoando coma mosquitos. Cada vez hai máis. 106 00:13:07,560 --> 00:13:08,560 Pode retirarse. 107 00:13:09,520 --> 00:13:13,600 - Se o precisamos, mandareino chamar. - Por suposto, tenente coronel. 108 00:13:15,240 --> 00:13:18,040 Ah, só quería dicir 109 00:13:18,120 --> 00:13:22,200 que tamén rexento a pensión Kronprinz Rudolf aquí na vila. 110 00:13:22,280 --> 00:13:24,880 Non temos moita cousa, 111 00:13:24,960 --> 00:13:28,560 mais compartirémolo con gusto con vostede e os seus homes… 112 00:13:28,640 --> 00:13:30,480 - Iso por descontado. - Claro. 113 00:13:37,360 --> 00:13:40,600 Haberá que desmontala pedra por pedra. Que pesadelo. 114 00:13:40,680 --> 00:13:42,920 Se se controlase un pouco máis, 115 00:13:43,000 --> 00:13:45,800 o xudeu diríanos onde o agachou exactamente. 116 00:13:46,600 --> 00:13:47,720 Queren o ouro. 117 00:13:51,160 --> 00:13:53,080 - Dimo, Robert. - Si, si, si. 118 00:13:54,960 --> 00:13:58,520 Pois lisquemos de aquí. Podemos empezar de cero noutro sitio. 119 00:13:59,200 --> 00:14:02,680 E como pensas facer iso? Non che é tan sinxelo. 120 00:14:03,800 --> 00:14:04,800 Eu teño fillos. 121 00:14:06,000 --> 00:14:09,200 Xa, éche ben raro tendo en conta que non tes collóns. 122 00:14:09,720 --> 00:14:10,560 Sonja! 123 00:14:15,240 --> 00:14:16,640 Por que me axudas? 124 00:14:17,880 --> 00:14:19,920 Porque odio eses putos nazis. 125 00:14:26,000 --> 00:14:27,840 Eses cabróns matáronnos o pai. 126 00:14:29,040 --> 00:14:32,000 Levárono hai dous anos por afirmacións subversoras. 127 00:14:32,880 --> 00:14:33,800 Nunca volveu. 128 00:14:38,520 --> 00:14:42,120 Logo, os mesmos que o delataron expulsáronnos da nosa granxa. 129 00:14:42,720 --> 00:14:45,920 Non quero que ninguén repare moito en Paule. 130 00:14:46,000 --> 00:14:47,920 Xa, porque son moi guapo! 131 00:14:51,320 --> 00:14:53,240 Si, estamos aquí desde aquela. 132 00:14:58,440 --> 00:15:00,520 Quiteiche o apetito, non? 133 00:15:02,520 --> 00:15:05,560 - Cóntoche un chiste de papá sobre Hitler? - Si! 134 00:15:08,960 --> 00:15:12,880 Veña, Brigitte. Bule, que estes señores teñen sede. 135 00:15:12,960 --> 00:15:14,800 Pois terás que apurar, logo. 136 00:15:16,880 --> 00:15:18,960 "Querida pendanga ianqui miña…" 137 00:15:19,040 --> 00:15:21,360 - Aquí ten… - Que hostia dis, Dörfler? 138 00:15:21,440 --> 00:15:24,480 Que? Cómella a calquera por unhas medias de nailon. 139 00:15:26,440 --> 00:15:27,880 Contrólense, cabaleiros. 140 00:15:34,000 --> 00:15:36,360 Non tedes nada mellor que esta bazofia? 141 00:15:36,440 --> 00:15:37,960 Laméntoo, sarxento. 142 00:15:38,040 --> 00:15:40,640 Nós tamén estamos dos nabos até as orellas. 143 00:15:42,600 --> 00:15:45,800 Para pasar fame, o teu rapaz estache en boa forma. 144 00:15:45,880 --> 00:15:47,360 - Pois si. - A ver. 145 00:15:48,080 --> 00:15:50,680 Un rapaz graúdo coma ti e non estás na fronte 146 00:15:50,760 --> 00:15:52,760 defendendo a patria. Como é iso? 147 00:15:52,840 --> 00:15:54,800 Micha, a pelar patacas á cociña. 148 00:15:56,960 --> 00:16:00,920 Organice unha expedición a todos os currais mañá pola mañá. 149 00:16:01,000 --> 00:16:02,840 Precisamos víveres canto antes. 150 00:16:03,800 --> 00:16:06,400 Quen sabe cando poderemos conseguir máis. 151 00:16:14,280 --> 00:16:15,320 Heil Hitler. 152 00:16:20,480 --> 00:16:21,320 Tres cervexas. 153 00:16:28,000 --> 00:16:31,160 Desde agora, esta pensión é o meu cuartel xeral. 154 00:16:32,560 --> 00:16:34,880 Os civís non teñen permitido o acceso. 155 00:16:53,760 --> 00:16:54,600 Mira. 156 00:16:55,920 --> 00:16:57,280 Creo que é Dresden. 157 00:16:58,120 --> 00:17:00,840 Merda. A miña tía vive alí. 158 00:17:03,480 --> 00:17:05,440 Vamos! O tempo é ouro! 159 00:17:08,600 --> 00:17:09,680 Falando de ouro… 160 00:17:10,200 --> 00:17:13,800 O desfigurado ese non pensará levarllo ao Führer, non? 161 00:17:14,880 --> 00:17:15,720 Un segundo. 162 00:17:18,640 --> 00:17:22,880 Reunín a todos os que podían usar unha pa. Estamos facendo progresos. 163 00:17:24,080 --> 00:17:25,840 Non hai tempo que perder. 164 00:17:25,920 --> 00:17:27,960 Os franceses cruzaron o Rin 165 00:17:28,040 --> 00:17:30,720 e os americanos achéganse polo sur e o oeste. 166 00:17:34,640 --> 00:17:36,080 Tenente coronel! 167 00:17:46,680 --> 00:17:47,920 Que? 168 00:17:49,960 --> 00:17:52,760 De verdade daremos atravesado as liñas inimigas? 169 00:17:52,840 --> 00:17:54,960 Buscaremos unha forma. 170 00:17:56,360 --> 00:17:58,120 Os homes están exhaustos. 171 00:17:58,200 --> 00:18:00,720 Recuperarán as forzas na Fortaleza Alpina. 172 00:18:00,800 --> 00:18:03,320 Nas montañas tamén estaremos rodeados. 173 00:18:03,400 --> 00:18:07,920 Cuestiona vostede o Führer, sarxento? 174 00:18:08,640 --> 00:18:11,440 - Perdeu a fe na vitoria final? - Non… 175 00:18:11,520 --> 00:18:13,960 Ou está pensando en desertar tamén? 176 00:18:14,920 --> 00:18:16,320 Coma aquel soldado. 177 00:18:24,200 --> 00:18:25,120 Claro que non! 178 00:18:25,920 --> 00:18:27,120 A vitoria… 179 00:18:29,080 --> 00:18:30,520 ou a morte. 180 00:18:32,720 --> 00:18:35,040 Non hai outra opción. 181 00:18:44,200 --> 00:18:46,960 Pedinlle que conseguise provisións. 182 00:18:49,320 --> 00:18:51,400 Rogge, bule. Vai buscar provisións. 183 00:18:51,480 --> 00:18:53,480 Ocuparase vostede mesmo. 184 00:18:55,120 --> 00:19:01,160 - Non sería mellor que quedase aquí nas…? - É unha orde, sarxento. 185 00:19:04,760 --> 00:19:05,840 Ás súas ordes! 186 00:19:32,720 --> 00:19:34,320 Es a mellor, Rita. 187 00:19:48,080 --> 00:19:49,080 Bo día. 188 00:19:54,880 --> 00:19:55,720 Debo marchar. 189 00:19:55,800 --> 00:19:57,480 Precisabas durmir. 190 00:19:58,080 --> 00:20:00,160 E imaxino que un bo almorzo, tamén. 191 00:20:03,120 --> 00:20:04,840 Paule foi por ovos frescos. 192 00:20:06,800 --> 00:20:07,720 Non fai falta. 193 00:20:20,280 --> 00:20:21,840 E esa présa por marchar? 194 00:20:23,280 --> 00:20:24,120 Debo marchar. 195 00:20:38,920 --> 00:20:40,640 Recupera as forzas primeiro. 196 00:20:48,080 --> 00:20:48,920 Grazas. 197 00:20:53,760 --> 00:20:55,360 Viríame ben unha axuda. 198 00:21:17,200 --> 00:21:21,080 A miña muller e o meu fillo morreron nun bombardeo en Hagen. 199 00:21:23,240 --> 00:21:25,160 Elisabeth estaba de sete meses. 200 00:21:29,160 --> 00:21:30,480 Lottchen sobreviviu. 201 00:21:31,240 --> 00:21:33,720 Os veciños escribíronme que a acolleran. 202 00:21:51,400 --> 00:21:53,800 Nese caso, cambia a roupa, polo menos. 203 00:21:55,600 --> 00:21:58,440 Se non, hante colgar de novo en calquera esquina. 204 00:22:05,920 --> 00:22:08,480 Elsa, vén xente aí! Nun camión! 205 00:22:13,760 --> 00:22:14,600 As SS. 206 00:22:15,440 --> 00:22:16,400 Son os mesmos? 207 00:22:16,880 --> 00:22:17,720 Son. 208 00:22:45,040 --> 00:22:47,440 Krause, Niemann, aos currais. 209 00:22:47,520 --> 00:22:48,360 Á orde! 210 00:22:58,240 --> 00:22:59,600 Vide aquí, pitas. 211 00:23:00,920 --> 00:23:03,480 Churras, churras. Ven aquí. Veña! 212 00:23:04,960 --> 00:23:06,080 Que pámpano. 213 00:23:08,480 --> 00:23:10,840 Colle dunha vez a puta galiña, Niemann! 214 00:23:19,520 --> 00:23:20,680 Que pasa aquí? 215 00:23:31,000 --> 00:23:34,680 Estou collendo provisións para as miñas tropas. Algún problema? 216 00:23:35,800 --> 00:23:37,600 Ben, Niemann. Coma un raposo! 217 00:23:40,920 --> 00:23:44,320 Ben, pero non as levedes todas. Nós tamén temos que comer. 218 00:23:46,280 --> 00:23:48,160 Ti es das perigosas, non si? 219 00:24:00,920 --> 00:24:01,760 Paule. 220 00:24:05,160 --> 00:24:08,920 Por que matan os nosos animais? Non poden facer iso. 221 00:24:09,000 --> 00:24:09,840 Tranquilo. 222 00:24:10,920 --> 00:24:12,280 Axiña marchan. 223 00:24:25,360 --> 00:24:28,400 Pensei que xa erradicaran eses parasitos hai tempo. 224 00:24:28,480 --> 00:24:31,320 - Parade de matar os animais. - Cala, subnormal. 225 00:24:31,400 --> 00:24:32,800 Non son subnormal! 226 00:24:37,680 --> 00:24:41,120 - Quen máis vive aquí? - Ninguén, só o meu irmán e mais eu. 227 00:24:44,360 --> 00:24:45,640 Hai tres cuncas. 228 00:24:49,560 --> 00:24:52,120 Non lle gusta beber dúas veces da mesma. 229 00:24:52,200 --> 00:24:53,320 Entón é subnormal. 230 00:25:11,920 --> 00:25:13,640 Sucedáneo de café. Que noxo. 231 00:25:15,040 --> 00:25:18,640 O que eu daría por un bo café en grans! 232 00:25:29,840 --> 00:25:31,080 Non tes home? 233 00:25:31,720 --> 00:25:33,040 Vai na guerra. 234 00:25:33,120 --> 00:25:36,040 Ai, si? Cando foi a última vez que che escribiu? 235 00:25:37,080 --> 00:25:39,920 Hai moito xa, non si? Non vai volver. 236 00:25:40,720 --> 00:25:42,400 Sábelo tan ben coma min. 237 00:25:50,440 --> 00:25:51,320 É ben guapo, 238 00:25:51,400 --> 00:25:53,480 pero xa o están comendo os vermes. 239 00:25:55,800 --> 00:25:56,640 Devólvemo. 240 00:25:57,600 --> 00:25:58,800 Ven por el. 241 00:26:05,440 --> 00:26:06,560 Elsa! 242 00:26:06,640 --> 00:26:09,000 Veña, sacádeo de aquí! 243 00:26:10,080 --> 00:26:12,480 Pendanga miserábel! 244 00:26:22,160 --> 00:26:23,840 Queda aí fóra, subhumano. 245 00:26:23,920 --> 00:26:25,040 Non, non, non, non. 246 00:26:30,960 --> 00:26:34,320 Que fas aí parado coma un parvo? Terma da puta esta! 247 00:26:34,400 --> 00:26:37,600 - Dörfler, non podes facer isto. - Veña, amiga. 248 00:26:37,680 --> 00:26:38,760 Para! 249 00:26:39,640 --> 00:26:41,080 Sóltame, porco! 250 00:26:41,160 --> 00:26:42,800 Rapaces, parade, por favor. 251 00:26:42,880 --> 00:26:45,560 Veña, ho. Ti tamén levas a hostia sen foder. 252 00:26:45,640 --> 00:26:47,520 Pero vou eu primeiro. 253 00:26:47,600 --> 00:26:50,960 - Non somos o Exército Vermello. - Cala a boca, maricón! 254 00:26:51,040 --> 00:26:56,400 - Se isto sae á luz, vannos executar. - Se isto sae á luz, execútote eu a ti. 255 00:26:59,000 --> 00:27:02,440 Mira, imaxina que son el. 256 00:27:02,960 --> 00:27:04,720 Baixa esas calzas! 257 00:27:36,680 --> 00:27:37,920 Estás morta! 258 00:27:39,440 --> 00:27:40,760 Que pasa aí? 259 00:28:10,040 --> 00:28:11,040 Ah, hostia. 260 00:28:31,960 --> 00:28:33,040 Puta que me pariu! 261 00:29:11,360 --> 00:29:12,200 Paule. 262 00:29:14,040 --> 00:29:14,960 Non pasa nada. 263 00:29:15,920 --> 00:29:16,840 Non pasa nada. 264 00:29:33,320 --> 00:29:34,680 Grazas pola roupa. 265 00:29:42,160 --> 00:29:44,480 Están de vacacións en Sonnenberg. 266 00:30:00,280 --> 00:30:01,480 Chamábase Hans. 267 00:30:05,840 --> 00:30:07,720 Coñeciámonos desde nenos. 268 00:30:11,680 --> 00:30:12,760 Temos que marchar. 269 00:30:28,840 --> 00:30:30,560 Hai que levar a Rita con nós! 270 00:30:31,280 --> 00:30:32,120 Agora non. 271 00:30:59,800 --> 00:31:01,200 Pasaremos a noite aquí. 272 00:31:05,600 --> 00:31:07,600 - Que tes? - Temos que volver. 273 00:31:08,680 --> 00:31:09,760 Non podemos. 274 00:31:09,840 --> 00:31:12,200 Teño que muxir a Rita. Se non, berrará. 275 00:31:12,280 --> 00:31:13,600 Deixa a parva da vaca! 276 00:31:13,680 --> 00:31:16,240 Rita non é parva. Vai ter un xatiño! 277 00:31:21,920 --> 00:31:23,920 Querían matarnos. Non o entendes? 278 00:31:28,600 --> 00:31:31,120 Xa está. Este era o último punto. 279 00:31:31,200 --> 00:31:34,680 - Como puido sobrevivir o soldado? - Nin idea. 280 00:31:35,920 --> 00:31:38,880 Debeuno baixar da árbore a rapaza da granxa. 281 00:31:43,880 --> 00:31:47,080 - Aínda teño que pórlle as vendas. - Vai tomar polo cu! 282 00:31:50,120 --> 00:31:51,920 Ten máis feridas? 283 00:31:52,520 --> 00:31:53,360 Non. 284 00:31:59,920 --> 00:32:00,760 Tranquilo. 285 00:32:03,320 --> 00:32:06,280 Mañá pola mañá volvo á puta granxa. 286 00:32:06,840 --> 00:32:09,320 Para deixalo escapar por terceira vez? 287 00:32:10,120 --> 00:32:11,520 Collerei a ese cabrón. 288 00:32:31,280 --> 00:32:33,240 Veña, Paule, tes que comer algo. 289 00:32:46,400 --> 00:32:47,280 Descansa. 290 00:33:14,880 --> 00:33:15,840 Todo ben? 291 00:33:17,360 --> 00:33:18,760 Paule estraña a vaca. 292 00:33:20,960 --> 00:33:22,560 Referíame a ti. 293 00:33:25,200 --> 00:33:26,280 Si, todo ben. 294 00:33:32,680 --> 00:33:33,520 Grazas. 295 00:33:58,080 --> 00:34:01,040 Só vin unha vez a miña filla desde que naceu. 296 00:34:07,200 --> 00:34:09,040 Non ten nin idea de quen son. 297 00:34:16,840 --> 00:34:18,720 Se cadra, está mellor sen min. 298 00:34:20,720 --> 00:34:21,840 Estás de broma? 299 00:34:23,080 --> 00:34:26,040 Corres semanas polo bosque e agora acollóaste? 300 00:34:26,840 --> 00:34:29,880 Para que te baixei da árbore? Xoguei a vida por ti. 301 00:34:40,560 --> 00:34:45,040 Ei… A túa filla é a razón pola que segues vivo. 302 00:34:52,560 --> 00:34:54,360 Seguro que es un bo pai. 303 00:35:00,600 --> 00:35:01,600 Elsa? 304 00:35:04,160 --> 00:35:05,120 Acouga, Paule. 305 00:35:06,600 --> 00:35:07,800 Que fas? 306 00:35:08,600 --> 00:35:10,280 Nada. Vai durmir. 307 00:35:35,320 --> 00:35:36,400 Bo día. 308 00:35:37,920 --> 00:35:39,040 Bo día. 309 00:35:45,760 --> 00:35:47,440 Aínda segues aí sentado? 310 00:35:50,520 --> 00:35:52,040 Pechei os ollos un anaco. 311 00:35:55,560 --> 00:35:56,680 Pestanexaches, ou? 312 00:35:58,960 --> 00:36:00,680 Aínda non deu un chío Paule? 313 00:36:01,240 --> 00:36:02,080 Aínda non. 314 00:36:03,560 --> 00:36:05,920 Paule? E o meu café? 315 00:36:08,680 --> 00:36:09,520 Paule? 316 00:36:22,120 --> 00:36:23,080 Merda. 317 00:36:41,440 --> 00:36:43,200 Hai que marchar axiña, Rita. 318 00:36:45,240 --> 00:36:46,400 Como corre. 319 00:36:50,720 --> 00:36:52,440 Mirade para ese subnormal. 320 00:37:00,880 --> 00:37:03,000 Onde están? Onde anda o soldado? 321 00:37:03,520 --> 00:37:05,200 Fíxenos desaparecer. 322 00:37:05,280 --> 00:37:06,480 Merda de subnormal. 323 00:37:08,440 --> 00:37:11,560 Podes matalo, Dörfler. Non vai cantar. 324 00:37:31,760 --> 00:37:32,600 Rita! 325 00:37:34,680 --> 00:37:35,600 Rita! 326 00:37:35,680 --> 00:37:38,440 Sube a besta ao camión. E a vaca tamén. 327 00:37:38,520 --> 00:37:40,120 Esta noite temos goulash! 328 00:37:41,400 --> 00:37:45,240 Rita! 329 00:38:32,200 --> 00:38:33,160 Paule! 330 00:38:46,200 --> 00:38:47,320 Ímolo salvar. 331 00:38:59,400 --> 00:39:02,960 Rexistrámolo todo, até debaixo das pedras. Non hai ouro. 332 00:39:09,200 --> 00:39:11,600 - Tráeme o alcalde. - Si, señor. 333 00:39:36,200 --> 00:39:37,640 Atopou o ouro? 334 00:39:42,240 --> 00:39:43,080 Que é iso? 335 00:39:46,360 --> 00:39:47,840 O irmán da granxeira. 336 00:39:49,120 --> 00:39:50,280 E o soldado? 337 00:39:51,720 --> 00:39:53,560 - Nin rastro. - Tenente coronel… 338 00:39:54,160 --> 00:39:57,840 Tenente coronel, como podo axudalo? 339 00:39:57,920 --> 00:39:58,840 E o ouro? 340 00:40:00,000 --> 00:40:00,840 O ouro? 341 00:40:00,920 --> 00:40:04,680 O xudeu Löwenstein quixo pagar para que o soltasen. 342 00:40:05,520 --> 00:40:08,160 - Do campo de concentración. - Non sei nada. 343 00:40:10,360 --> 00:40:15,320 Sabemos que o xudeu agochou unha caixa con 31 lingotes nesta casa. 344 00:40:25,320 --> 00:40:28,480 Todos os habitantes desta vila de mala morte, á praza. 345 00:40:29,400 --> 00:40:30,840 Ás 12 en punto. 346 00:40:44,000 --> 00:40:44,920 Preparados… 347 00:40:46,800 --> 00:40:48,440 - Sieg… - Heil! 348 00:40:51,720 --> 00:40:52,640 Ti non mires. 349 00:41:11,000 --> 00:41:13,120 Veña, por aí. 350 00:41:15,760 --> 00:41:18,320 Alto, no nome de Deus! 351 00:41:22,560 --> 00:41:24,200 Vida indigna? 352 00:41:27,080 --> 00:41:29,680 Ningunha vida é indigna. 353 00:41:30,280 --> 00:41:31,800 Apártese. 354 00:41:40,720 --> 00:41:46,000 O teu querido Xesús, santón do carallo, non era máis que o fillo dunha puta xudía 355 00:41:46,080 --> 00:41:47,640 e non te vai protexer. 356 00:41:52,440 --> 00:41:54,000 Que lle van facer? 357 00:41:54,720 --> 00:41:56,920 - Hai outra entrada? - Por aí. 358 00:41:57,000 --> 00:41:58,760 Vós, os da casa, saíde! 359 00:41:58,840 --> 00:42:00,200 - Á praza. - Elsa? 360 00:42:00,840 --> 00:42:01,920 A SS ten a Paule. 361 00:42:02,000 --> 00:42:03,080 Veña, bulide! 362 00:42:08,800 --> 00:42:09,760 Que ocorre? 363 00:42:10,880 --> 00:42:11,760 Veña con nós. 364 00:42:12,720 --> 00:42:13,800 Apura! 365 00:42:16,880 --> 00:42:18,840 Sabes facer un nó para aforcar? 366 00:42:19,840 --> 00:42:22,400 A ver se lle arranca a cabeza ou se colga. 367 00:42:30,720 --> 00:42:37,040 Señores e señoras, preséntolles o Chepudo de Sonnenberg! 368 00:42:37,120 --> 00:42:39,240 O chepudo tiña chepa, subnormal! 369 00:43:02,760 --> 00:43:03,600 Corre! 370 00:43:04,640 --> 00:43:06,040 Vida indigna? 371 00:43:07,160 --> 00:43:09,800 Vouvos ensinar quen si que non merece vivir! 372 00:43:17,800 --> 00:43:19,480 Fóra! Buscade outro sitio. 373 00:43:25,040 --> 00:43:26,800 Levaron a Paule arriba. 374 00:43:33,000 --> 00:43:34,600 Non me deixedes aquí! 375 00:43:35,600 --> 00:43:36,440 O meu fusil! 376 00:43:38,560 --> 00:43:42,360 Vamos, Köhler. A ver que aprendiches na Napola. 377 00:43:48,840 --> 00:43:49,960 Veña, movédevos! 378 00:43:51,080 --> 00:43:52,920 Ides ver! 379 00:43:56,760 --> 00:43:58,360 Quen é o subnormal agora? 380 00:44:07,440 --> 00:44:09,600 Paule! 381 00:44:09,680 --> 00:44:10,680 Elsa? 382 00:44:13,920 --> 00:44:14,760 Non! 383 00:44:16,640 --> 00:44:17,480 Paule! 384 00:44:19,480 --> 00:44:22,600 Paule… 385 00:44:30,360 --> 00:44:31,720 Temos que saír de aquí. 386 00:44:44,880 --> 00:44:45,720 Xa o levo eu. 387 00:44:53,240 --> 00:44:55,400 Dígame xa onde está o ouro do xudeu 388 00:44:55,480 --> 00:44:58,320 ou empezo a dispararlle a todos, un a un, 389 00:44:58,400 --> 00:45:00,560 até que fale! 390 00:45:00,640 --> 00:45:01,480 Non o faga! 391 00:45:02,080 --> 00:45:04,640 - Empezando polo papán do seu fillo! - Elsa. 392 00:45:04,720 --> 00:45:06,640 - Non, por favor! - Por favor! 393 00:45:06,720 --> 00:45:08,480 Elsa, non… 394 00:45:15,720 --> 00:45:16,640 Non disparen! 395 00:45:51,440 --> 00:45:52,640 Soldado! 396 00:45:58,920 --> 00:46:00,800 Bulide, cabróns! 397 00:46:07,000 --> 00:46:08,960 Subiu polas escaleiras. Entrade! 398 00:46:09,040 --> 00:46:09,880 - Si! - Axiña! 399 00:46:24,840 --> 00:46:26,520 Veña, collédeo! 400 00:46:37,640 --> 00:46:38,720 Coidado! 401 00:46:40,520 --> 00:46:41,360 Merda! 402 00:46:41,440 --> 00:46:43,920 - Veña, seguimos! - E Schröder? 403 00:46:56,760 --> 00:46:59,520 Soldado! 404 00:47:18,200 --> 00:47:19,400 Dáme a túa arma! 405 00:47:27,680 --> 00:47:31,320 Soldado! Que pasa, quedaches sen munición? 406 00:47:32,000 --> 00:47:33,160 Está atrapado. 407 00:47:33,240 --> 00:47:35,120 Vamos, a por ese fillo de puta! 408 00:47:36,280 --> 00:47:38,520 Move ese cu, covarde do carallo. 409 00:47:41,880 --> 00:47:43,280 Velo por algures? 410 00:47:46,720 --> 00:47:47,680 Hostia! 411 00:47:51,040 --> 00:47:52,080 Morre, cabrón! 412 00:48:20,680 --> 00:48:21,760 Merda, xa! 413 00:48:22,720 --> 00:48:24,560 Vai entrar na casa. Collédeo! 414 00:49:01,480 --> 00:49:02,560 Ola, soldado. 415 00:50:31,960 --> 00:50:33,240 Soldado! 416 00:51:04,640 --> 00:51:06,080 A cuberto! 417 00:51:26,760 --> 00:51:29,120 Vamos! Todo o mundo por aquí! 418 00:51:32,320 --> 00:51:34,520 Correde, panda de camándulas! 419 00:51:51,680 --> 00:51:53,200 Vós os dous por aí! 420 00:51:54,560 --> 00:51:55,560 Ti ven comigo! 421 00:51:58,040 --> 00:52:00,960 Rexistrade todo. Ese verme debe andar por algures. 422 00:52:14,280 --> 00:52:15,120 Ai, meu Deus. 423 00:52:15,640 --> 00:52:18,160 Xa miramos nas cortes. Non está. 424 00:52:19,320 --> 00:52:22,280 Acordoade as rúas para que non escape polos campos. 425 00:52:22,360 --> 00:52:23,200 Si, señor. 426 00:52:23,280 --> 00:52:24,960 - Ti ven comigo. - Á orde. 427 00:52:51,760 --> 00:52:55,320 Listo. Espero que resista un tempo. 428 00:52:57,680 --> 00:52:58,520 Grazas. 429 00:53:00,560 --> 00:53:01,640 É soldado? 430 00:53:03,720 --> 00:53:04,720 Era soldado. 431 00:53:08,560 --> 00:53:09,480 Os meus fillos. 432 00:53:10,200 --> 00:53:13,160 Friedhelm morreu en Italia e Peter en Stalingrado. 433 00:53:17,600 --> 00:53:18,440 Irmgard? 434 00:53:21,360 --> 00:53:22,400 Agarde. 435 00:53:27,920 --> 00:53:30,880 Onde estabas? Busqueite por todas as partes. 436 00:53:31,640 --> 00:53:32,640 Que pasou? 437 00:53:44,880 --> 00:53:49,240 Este é Heinrich. Intentou axudar a Elsa a liberar o seu irmán. 438 00:53:50,600 --> 00:53:52,280 Xa enterrei a Paule. 439 00:53:55,680 --> 00:53:56,520 E Elsa? 440 00:53:58,640 --> 00:54:00,640 As SS levárona á pensión. 441 00:54:02,320 --> 00:54:04,000 Pare. 442 00:54:04,720 --> 00:54:06,760 É mellor que non force a perna. 443 00:54:13,320 --> 00:54:17,040 Podería volver sangrar en calquera momento. Ten que descansar. 444 00:54:21,600 --> 00:54:23,520 Sabe que fan aquí as SS? 445 00:54:34,960 --> 00:54:35,800 Ouro. 446 00:54:38,720 --> 00:54:40,280 Viñeron polo ouro. 447 00:54:51,880 --> 00:54:53,160 Van en serio. 448 00:54:54,360 --> 00:54:56,080 É unha situación complicada. 449 00:55:01,400 --> 00:55:05,040 Xa os oístes. Van dispararlle a todos, un por un. 450 00:55:05,880 --> 00:55:07,480 E que imos facer? 451 00:55:09,440 --> 00:55:13,000 Estás tolo. Non fixen isto para perdelo todo agora. 452 00:55:13,080 --> 00:55:17,200 Robert, a guerra axiña vai rematar e despois seremos ricos. 453 00:55:17,960 --> 00:55:20,840 Íanlle disparar ao meu fillo. Fóisenos das mans. 454 00:55:20,920 --> 00:55:22,440 Robert, agarda! 455 00:55:23,240 --> 00:55:25,520 Vas ter a boca ben pechada, estamos? 456 00:55:25,600 --> 00:55:28,720 Non o entendedes. Vós non tedes familia! 457 00:55:28,800 --> 00:55:31,840 Para aí. Nin se che ocorra irlles co conto! 458 00:55:31,920 --> 00:55:34,160 Robert, podemos conseguilo! 459 00:55:35,640 --> 00:55:36,840 Acabouse. 460 00:55:46,880 --> 00:55:52,280 Que pasa aquí? Andades a xogar a indios e vaqueiros sen a vosa Sonja? 461 00:55:54,360 --> 00:55:57,360 Coma de nenos, que tampouco me deixabades xogar? 462 00:56:07,200 --> 00:56:09,000 Non deixes que sufra moito. 463 00:56:14,880 --> 00:56:15,720 Trae aquí. 464 00:56:18,400 --> 00:56:20,640 Non, Wilhelm, por favor! 465 00:56:26,760 --> 00:56:27,600 Xa está. 466 00:56:28,400 --> 00:56:29,240 Agora que? 467 00:56:32,840 --> 00:56:34,080 Agora imos polo ouro. 468 00:56:37,000 --> 00:56:40,360 …chegou ás aforas da capital. 469 00:56:40,440 --> 00:56:43,080 Berlín pasa a estar na fronte de batalla. 470 00:56:43,840 --> 00:56:45,120 Defensores de Berlín, 471 00:56:46,040 --> 00:56:51,560 as esperanzas das súas mulleres, nais e fillos están postas en vostedes! 472 00:56:59,360 --> 00:57:00,840 Por que non comes? 473 00:57:03,080 --> 00:57:04,760 A carne está moi tenra. 474 00:57:05,960 --> 00:57:08,280 Debeu ser unha vaca moi feliz. 475 00:57:25,040 --> 00:57:26,360 - Hofer. - Si, señor. 476 00:57:27,720 --> 00:57:28,640 Retire isto. 477 00:57:42,400 --> 00:57:43,240 Agarde. 478 00:57:47,480 --> 00:57:48,520 Leve isto tamén. 479 00:57:56,320 --> 00:57:58,520 Non tes por que terme medo. 480 00:58:06,400 --> 00:58:09,560 Lémbrasme a unha rapaza que coñecía. 481 00:58:11,840 --> 00:58:13,320 Queríaa moito. 482 00:58:14,960 --> 00:58:17,320 Pero non puiden facela a miña esposa. 483 00:58:19,440 --> 00:58:20,920 Rebecca era xudía. 484 00:58:27,120 --> 00:58:29,400 Non podía estar con ela… 485 00:58:38,200 --> 00:58:39,640 así que lle disparei. 486 00:58:46,360 --> 00:58:49,160 Non quería que a mandasen a un campo. 487 00:58:52,560 --> 00:58:53,920 Quería… 488 00:58:59,120 --> 00:59:00,520 que fose rápido. 489 00:59:20,160 --> 00:59:21,920 Pero agora vou emendalo. 490 00:59:26,480 --> 00:59:28,600 Non te abandonarei nunca. 491 00:59:30,000 --> 00:59:32,080 Sempre te protexerei. 492 00:59:33,520 --> 00:59:34,600 Ven comigo… 493 00:59:37,800 --> 00:59:39,080 Rebecca. 494 01:00:00,880 --> 01:00:04,320 Os Löwenstein eran a única familia xudía da vila. 495 01:00:06,400 --> 01:00:08,520 Eran moi boas persoas. 496 01:00:08,600 --> 01:00:10,760 Entón, empezaron a levantar odios. 497 01:00:11,360 --> 01:00:14,560 O alcalde era o que máis baza metía nas reunións. 498 01:00:15,760 --> 01:00:19,360 Disque debiamos cumprir o noso deber como nacionalsocialistas. 499 01:00:20,160 --> 01:00:23,040 "Esta escoura xudía non debe estar aquí." 500 01:00:23,120 --> 01:00:27,720 …queren ir á guerra contra os alemáns. Andan pegándolle tiros aos oficiais. 501 01:00:27,800 --> 01:00:28,640 Iso é! 502 01:00:28,720 --> 01:00:31,280 Por iso esixo vinganza para Rath! 503 01:00:31,360 --> 01:00:32,720 Vinganza para Rath! 504 01:00:33,960 --> 01:00:37,400 E no outono do ano 38, pouco despois do pogrom de novembro, 505 01:00:38,920 --> 01:00:41,320 o seu fillo Johannes volveu á vila. 506 01:00:41,400 --> 01:00:42,600 El vivía en Essen. 507 01:00:44,320 --> 01:00:48,200 Casara alí cunha moza dunha familia adiñeirada de comerciantes. 508 01:00:49,200 --> 01:00:50,840 Fixéranse cargo da empresa. 509 01:00:53,800 --> 01:00:55,240 E veu a Kristallnacht. 510 01:00:55,800 --> 01:01:00,200 Saíde! Rápido! A vosa peste xa contaminou abondo a nosa vila! 511 01:01:00,280 --> 01:01:04,280 A vosa vila? Os meus antepasados axudaron a construír a vosa vila. 512 01:01:04,360 --> 01:01:06,920 Ou xa o esqueceu, señor Robert Schlick? 513 01:01:07,000 --> 01:01:08,360 Non vos entendo. 514 01:01:09,120 --> 01:01:11,080 Nunca vos fixemos mal ningún. 515 01:01:11,680 --> 01:01:14,240 Vós! Vós fostes os que matastes a Xesús! 516 01:01:14,320 --> 01:01:16,400 A escoura coma ti! Si! 517 01:01:17,320 --> 01:01:20,200 Desde cando che importa Deus, Wilhelm Reinkober? 518 01:01:20,280 --> 01:01:22,520 Levas anos sen vir á igrexa. 519 01:01:22,600 --> 01:01:24,920 Preocúpame o benestar do pobo alemán. 520 01:01:25,000 --> 01:01:27,640 Exacto! Morre, xudeu! 521 01:01:27,720 --> 01:01:31,360 Johannes sabía que aquí se enfrontarían a un futuro terríbel. 522 01:01:31,440 --> 01:01:33,720 El e a súa muller venderon a empresa. 523 01:01:33,800 --> 01:01:37,680 Querían emigrar a Palestina cos Löwenstein, 524 01:01:37,760 --> 01:01:41,320 pero… os seus pais non querían ir. 525 01:01:41,840 --> 01:01:43,040 Negáronse. 526 01:01:46,080 --> 01:01:47,440 O seu fogar era aquí. 527 01:01:49,080 --> 01:01:50,160 Eles eran alemáns. 528 01:01:50,240 --> 01:01:51,720 Puta xudía! 529 01:01:53,600 --> 01:01:57,040 Pero vós toleastes? Que facedes? Polo amor de Deus! 530 01:02:05,040 --> 01:02:08,480 O ouro debía vir da venda da empresa. 531 01:02:09,000 --> 01:02:11,360 A turba non reparou nel, 532 01:02:12,000 --> 01:02:15,160 agás Sonja e eses outros canallas. 533 01:02:15,240 --> 01:02:16,160 Ven aquí! 534 01:02:16,760 --> 01:02:18,000 Como é posíbel iso? 535 01:02:18,640 --> 01:02:21,160 Algunha vez viches alguén cegado pola ira? 536 01:02:21,960 --> 01:02:23,720 Levo seis anos na guerra. 537 01:02:24,680 --> 01:02:26,640 Eu mesmo estiven cegado pola ira. 538 01:02:26,720 --> 01:02:27,960 Morre, porco! 539 01:02:35,920 --> 01:02:36,960 Vinme paralizado. 540 01:02:37,480 --> 01:02:40,080 Non podía crer que estivese a pasar aquilo. 541 01:02:40,840 --> 01:02:43,080 Ninguén volveu falar daquela noite. 542 01:02:44,960 --> 01:02:47,600 É coma se nunca ocorrese. 543 01:02:49,760 --> 01:02:52,120 Coma se os Löwenstein nunca existisen. 544 01:02:52,640 --> 01:02:56,480 Rumoreouse que arrestaran a Johannes Löwenstein e a súa muller 545 01:02:56,560 --> 01:02:58,560 antes de embarcaren a Palestina. 546 01:02:59,120 --> 01:03:04,640 Iso explicaría por que as SS non deixaron pedra sen mover na casa dos Löwenstein. 547 01:03:04,720 --> 01:03:05,560 E o ouro? 548 01:03:06,160 --> 01:03:09,880 Agochárono o alcalde, Reinkober e Wirtz. 549 01:03:11,000 --> 01:03:14,880 Quererían esperar a que se calmase a cousa. Logo veu a guerra. 550 01:03:15,560 --> 01:03:19,520 - E, agora, as SS levarán o ouro. - Non, diso nada. 551 01:03:29,200 --> 01:03:30,400 Non pode ser. 552 01:03:31,880 --> 01:03:32,920 Aquí… 553 01:03:34,960 --> 01:03:35,840 non hai nada. 554 01:03:39,200 --> 01:03:40,040 Onde está? 555 01:03:41,640 --> 01:03:45,160 Que pasa? Pensas que o colleu un de nós? 556 01:03:45,840 --> 01:03:46,760 Ti dirás. 557 01:03:48,520 --> 01:03:51,680 Robert. Só puido ser Robert. 558 01:03:52,440 --> 01:03:53,400 E está morto. 559 01:03:55,400 --> 01:03:56,520 Onde vai o ouro? 560 01:03:56,600 --> 01:03:58,040 Estás moi trabucada. 561 01:03:58,680 --> 01:04:02,880 Ai, si? E de onde sacaches o diñeiro para arranxar o tellado? 562 01:04:03,480 --> 01:04:08,080 Pero isto que é? Agora vésme ti co mesmo conto? Pois se cadra telo ti! 563 01:04:08,160 --> 01:04:10,360 Non te me achegues, aproveitado! 564 01:04:10,440 --> 01:04:11,800 Cala a boca, tollido! 565 01:04:16,400 --> 01:04:19,520 Parvo do carallo. Devólveme a perna agora mesmo! 566 01:04:22,880 --> 01:04:24,600 Agarda, aquí hai algo! 567 01:04:25,120 --> 01:04:27,160 Que é? O ouro? 568 01:04:37,760 --> 01:04:39,240 "Non roubarás. 569 01:04:40,040 --> 01:04:41,320 Non matarás." 570 01:04:52,240 --> 01:04:53,520 O puto corvo negro. 571 01:04:55,320 --> 01:04:56,560 Onde está agora? 572 01:05:01,920 --> 01:05:02,880 Na igrexa. 573 01:05:03,480 --> 01:05:06,080 Non queriamos que eses asasinos o levasen. 574 01:05:10,680 --> 01:05:12,320 Móstreme onde está. 575 01:05:12,400 --> 01:05:13,520 Que pensa facer? 576 01:05:14,640 --> 01:05:16,400 Darlles ás SS o que queren. 577 01:05:21,640 --> 01:05:24,680 Se a xente soubese que levaba aquí todo este tempo… 578 01:07:52,080 --> 01:07:53,880 Que fas aí tirada? 579 01:07:56,880 --> 01:08:00,000 Saíuseme o anel do dedo. Éme un pouco grande. 580 01:08:01,720 --> 01:08:03,160 Axustarémolo. 581 01:08:07,040 --> 01:08:09,040 Iso que dixeches ía en serio? 582 01:08:09,520 --> 01:08:10,640 O que? 583 01:08:12,720 --> 01:08:14,520 O de que sempre me protexerás. 584 01:08:20,880 --> 01:08:22,840 Até o fin das nosas vidas. 585 01:08:37,440 --> 01:08:38,280 Grazas. 586 01:09:02,800 --> 01:09:05,440 Que fixeches? 587 01:09:30,840 --> 01:09:33,160 Eu quería o meu irmán, fillo de puta. 588 01:09:39,280 --> 01:09:41,080 Veña, que durmades ben, si? 589 01:09:41,160 --> 01:09:43,640 Diso nada! Sacaremos o corvo da cama agora. 590 01:09:47,960 --> 01:09:48,920 Non fará falta. 591 01:10:03,280 --> 01:10:05,640 A este non o malles, que o precisamos. 592 01:10:05,720 --> 01:10:07,320 Ha de aguantar ben. 593 01:10:07,400 --> 01:10:08,360 Non si, santón? 594 01:10:17,200 --> 01:10:18,040 Velaquí ten. 595 01:10:21,920 --> 01:10:23,160 - Tome. - Grazas. 596 01:10:26,440 --> 01:10:27,480 Merda! 597 01:10:29,480 --> 01:10:33,120 Os ianquis atravesaron a fronte. Chegarán en cousa de horas. 598 01:10:33,720 --> 01:10:36,800 - Non marcharemos sen o ouro. - Perdemos a guerra. 599 01:10:36,880 --> 01:10:40,120 E que? Mentres ese tolo vestido de desenfeluxador estea… 600 01:10:40,920 --> 01:10:41,760 Ao chan! 601 01:10:58,080 --> 01:10:59,160 Ei, vós! 602 01:11:00,960 --> 01:11:02,760 O carallo do soldado. 603 01:11:22,040 --> 01:11:23,640 Que queres? 604 01:11:23,720 --> 01:11:24,560 A moza. 605 01:11:25,720 --> 01:11:27,400 A cambio, dareivos o ouro. 606 01:11:28,320 --> 01:11:29,320 Ten o ouro. 607 01:11:31,080 --> 01:11:32,080 Non me digas. 608 01:11:36,320 --> 01:11:38,120 Vouna buscar, soldado! 609 01:11:38,200 --> 01:11:39,200 Que sexa rápido! 610 01:11:53,640 --> 01:11:55,040 Tenente coronel! 611 01:11:57,040 --> 01:11:58,640 Tenente coronel! 612 01:12:02,800 --> 01:12:05,920 Tenente coronel! Está aquí o soldado! 613 01:12:06,760 --> 01:12:07,920 Ten o ouro! 614 01:12:10,240 --> 01:12:11,440 Tenente coronel? 615 01:12:17,560 --> 01:12:18,560 Que pasa? 616 01:12:39,240 --> 01:12:40,080 Merda. 617 01:12:49,720 --> 01:12:51,040 E von Starnfeld? 618 01:12:51,120 --> 01:12:54,000 O moi cagón tomou a cápsula de cianuro 619 01:12:54,080 --> 01:12:56,000 tras o sermón da vitoria final. 620 01:12:56,080 --> 01:12:57,040 Puto imbécil. 621 01:12:57,560 --> 01:12:59,720 - E a rapaza? - Desapareceu. 622 01:13:00,920 --> 01:13:01,760 E agora que? 623 01:13:03,760 --> 01:13:05,160 Agora estou ao mando. 624 01:13:08,920 --> 01:13:10,200 Que pasa coa moza? 625 01:13:20,120 --> 01:13:21,240 Está aquí comigo! 626 01:13:22,480 --> 01:13:24,040 Vou saír con ela agora! 627 01:13:33,640 --> 01:13:34,480 Para! 628 01:13:35,320 --> 01:13:36,800 Que veña soa. 629 01:13:37,400 --> 01:13:39,360 Veña, move o cu, granxeira! 630 01:13:43,120 --> 01:13:45,760 Máis rápido, Elsa. Bule. 631 01:13:49,960 --> 01:13:50,960 Saca a chaqueta. 632 01:13:55,920 --> 01:13:57,280 Ao chan! 633 01:14:09,160 --> 01:14:11,200 Braun! Que fai? 634 01:14:11,800 --> 01:14:13,080 Nin idea. 635 01:14:13,160 --> 01:14:14,280 Cúbreme. 636 01:14:14,880 --> 01:14:15,720 Entendido. 637 01:14:27,640 --> 01:14:28,720 Grazas a Deus! 638 01:14:33,640 --> 01:14:34,640 E Heinrich? 639 01:14:35,880 --> 01:14:38,440 - Que? - Quería pagar para que te liberasen. 640 01:14:39,280 --> 01:14:41,960 Oín unha explosión e disparos. 641 01:14:43,080 --> 01:14:44,160 Teño que volver. 642 01:14:45,800 --> 01:14:46,880 Así non. 643 01:14:47,880 --> 01:14:48,720 Ven comigo. 644 01:15:06,360 --> 01:15:08,200 Quen pensas que os cazou? 645 01:15:09,240 --> 01:15:14,600 Cervos, corzos, xabaríns… Tívenos todos a tiro. 646 01:15:14,680 --> 01:15:17,480 Se só feres o animal, pode ser perigoso. 647 01:15:17,560 --> 01:15:20,400 Nese caso, tes que sacar o coitelo e achegarte. 648 01:15:20,960 --> 01:15:23,920 Unha vez, un xabarín ferido viña cara a min. 649 01:15:24,480 --> 01:15:26,920 - Pareino con isto. - Encantaríame oílo. 650 01:15:27,000 --> 01:15:29,200 Pero hai uns porcos nazis que cazar. 651 01:15:32,280 --> 01:15:33,360 Onde está o ouro? 652 01:15:35,480 --> 01:15:38,240 Que pasou con aquela rapaciña tan boa? 653 01:15:39,280 --> 01:15:40,680 A que bauticei eu. 654 01:15:41,520 --> 01:15:42,800 Non roubarás? 655 01:15:44,000 --> 01:15:45,640 Fala, ladrón de merda! 656 01:15:45,720 --> 01:15:48,280 Oístes ese estalido? Que foi iso? 657 01:15:48,800 --> 01:15:50,520 Bátelle co pico no xeonllo. 658 01:15:51,480 --> 01:15:55,440 Sonja, para, por favor. Vai espertar a toda a vila cos seus berros. 659 01:15:55,520 --> 01:15:56,720 Fai o que queiras. 660 01:16:00,320 --> 01:16:01,480 Vamos onda Irmgard. 661 01:16:04,600 --> 01:16:06,840 Sei que compartes cama con esa viúva. 662 01:16:07,960 --> 01:16:10,120 Que foi do celibato? 663 01:16:16,240 --> 01:16:17,920 Estanlle a pór vendas. 664 01:16:20,120 --> 01:16:22,840 Non imos cancelar a cacería por iso. 665 01:16:27,000 --> 01:16:28,120 "Querido Heinrich: 666 01:16:28,680 --> 01:16:31,680 Dóeme na alma ter que escribirche estas palabras. 667 01:16:32,440 --> 01:16:35,840 Lisbeth e Karl non sobreviviron ao ataque. 668 01:16:37,080 --> 01:16:39,080 Quedaron sepultados no soto. 669 01:16:39,840 --> 01:16:43,000 Porén, Lotte está sa e salva. 670 01:16:43,080 --> 01:16:45,080 Acollémola na casa. 671 01:16:46,000 --> 01:16:47,080 Cóidate moito. 672 01:16:48,480 --> 01:16:49,320 Grete." 673 01:16:55,440 --> 01:16:57,360 Rómpelle a un o corazón, non si? 674 01:16:57,440 --> 01:16:58,840 Voume botar a chorar. 675 01:17:06,600 --> 01:17:08,440 Que ben terte aquí, soldado. 676 01:17:15,400 --> 01:17:18,000 Por sorte, somos do mesmo grupo sanguíneo. 677 01:17:24,840 --> 01:17:27,080 Agora dime onde está o ouro. 678 01:17:31,800 --> 01:17:33,280 Se non, irei a Hagen 679 01:17:34,320 --> 01:17:36,400 e atoparei a túa mocosa. Xúrocho. 680 01:17:37,160 --> 01:17:39,440 Despois afogareina nun caldeiro. 681 01:17:41,400 --> 01:17:42,720 En fin… 682 01:17:43,320 --> 01:17:44,840 Onde está o ouro? 683 01:17:52,880 --> 01:17:53,880 Vale, onde? 684 01:17:54,480 --> 01:17:55,600 No altar. 685 01:17:56,160 --> 01:17:58,080 A cuberta de mármore móvese. 686 01:17:59,440 --> 01:18:00,760 Veña, a que esperades? 687 01:18:00,840 --> 01:18:02,200 Si… 688 01:18:04,040 --> 01:18:05,400 Que pensabas facer? 689 01:18:08,640 --> 01:18:11,080 Ter unha boa vida coa viúva? 690 01:18:11,960 --> 01:18:14,360 Se cadra non todos somos coma ti, Sonja. 691 01:18:16,960 --> 01:18:18,400 Déixate de leccións. 692 01:18:22,240 --> 01:18:23,480 Móvete, soldado. 693 01:18:23,560 --> 01:18:25,800 Non finxas estar canso. 694 01:18:25,880 --> 01:18:27,200 Á igrexa! 695 01:18:27,720 --> 01:18:28,960 Agarda. 696 01:18:29,040 --> 01:18:30,960 Van levar unha boa sorpresa. 697 01:18:33,920 --> 01:18:34,760 Si! 698 01:18:35,680 --> 01:18:36,680 O ouro está aquí. 699 01:18:42,120 --> 01:18:43,400 Isto que é? 700 01:18:47,480 --> 01:18:48,320 Fillo de puta. 701 01:19:07,000 --> 01:19:08,360 Que carallo foi iso? 702 01:19:09,480 --> 01:19:11,720 A saber. Igual foi a ira de Deus. 703 01:19:30,800 --> 01:19:32,160 Bo día, corvo! 704 01:19:37,640 --> 01:19:39,720 Xusto a tempo para a misa da mañá! 705 01:19:48,000 --> 01:19:49,960 A cona que me pariu. 706 01:20:01,680 --> 01:20:04,400 Que par de desalmados fillos de puta. 707 01:20:04,480 --> 01:20:05,920 Unha bomba trampa? 708 01:20:09,200 --> 01:20:10,400 - Heinrich. - Elsa! 709 01:20:12,560 --> 01:20:13,880 Elsa, para. 710 01:20:40,320 --> 01:20:42,960 Braun, colle unha caixa no camión. 711 01:20:43,040 --> 01:20:43,880 Á orde. 712 01:20:45,200 --> 01:20:46,120 E ti… 713 01:20:47,720 --> 01:20:48,560 ven aquí. 714 01:20:55,640 --> 01:20:59,600 Igual ao final lle fago unha visita á túa filla. Que che parece? 715 01:21:01,600 --> 01:21:02,640 Soldado? 716 01:21:03,840 --> 01:21:04,920 Non te oio. 717 01:21:12,760 --> 01:21:14,040 A cuberto! 718 01:21:18,840 --> 01:21:20,400 Tremendo. 719 01:21:23,600 --> 01:21:24,600 Merda. 720 01:21:25,640 --> 01:21:26,600 Corre! 721 01:22:01,520 --> 01:22:03,400 A cona que me botou. 722 01:22:10,680 --> 01:22:12,800 - Que foi iso? - Quen disparou? 723 01:22:14,640 --> 01:22:15,760 Non! 724 01:22:26,200 --> 01:22:27,040 Heinrich. 725 01:22:33,920 --> 01:22:34,880 Dáme unha arma! 726 01:22:42,160 --> 01:22:43,320 Puta merda! 727 01:23:03,600 --> 01:23:06,920 Non es máis que unha vella puta. 728 01:23:24,040 --> 01:23:27,080 Díxencho. Os xabaríns feridos son os máis perigosos. 729 01:23:29,280 --> 01:23:30,120 Hostia. 730 01:23:35,760 --> 01:23:36,600 Non! 731 01:23:39,840 --> 01:23:40,680 Elsa. 732 01:23:42,560 --> 01:23:43,400 Elsa. 733 01:23:45,800 --> 01:23:47,520 Elsa. 734 01:24:30,200 --> 01:24:31,040 Merda! 735 01:24:44,520 --> 01:24:45,360 Elsa. 736 01:24:58,680 --> 01:25:00,040 Que, parelliña? 737 01:25:01,800 --> 01:25:03,400 Estouvos estragando a voda? 738 01:25:21,560 --> 01:25:22,800 Ai, soldado. 739 01:25:31,480 --> 01:25:33,480 Ti es das perigosas. 740 01:26:44,880 --> 01:26:46,000 Queres o ouro? 741 01:26:47,680 --> 01:26:48,600 Come ouro! 742 01:29:00,040 --> 01:29:00,880 Vamos. 743 01:29:18,720 --> 01:29:20,440 En directo desde Londres. 744 01:29:21,800 --> 01:29:23,480 Noticia de última hora: 745 01:29:23,560 --> 01:29:28,120 a radio alemá acaba de anunciar que Hitler morreu. 746 01:29:29,080 --> 01:29:30,480 Repito: 747 01:29:30,560 --> 01:29:35,440 a radio alemá acaba de anunciar que Hitler morreu. 748 01:29:52,160 --> 01:29:53,160 Diana! 749 01:29:54,080 --> 01:29:57,200 Non deberiamos dar un tiro de advertencia ou algo? 750 01:29:57,280 --> 01:30:01,280 Quero dicir, a guerra xa rematou. Renderíanse, non? 751 01:30:01,800 --> 01:30:04,000 Que tes, Baker? Vaste pór sentimental 752 01:30:04,080 --> 01:30:07,000 porque uns kartoffels levaron o seu merecido? 753 01:30:07,520 --> 01:30:09,760 - Non, só digo… - Cala a boca, Baker. 754 01:30:12,200 --> 01:30:13,560 Hostia! 755 01:30:20,560 --> 01:30:23,280 Sarxento, veña ver isto. 756 01:30:24,120 --> 01:30:25,040 Que é? 757 01:30:25,640 --> 01:30:27,920 Ten que velo cos seus propios ollos! 758 01:30:32,000 --> 01:30:33,320 Hai un monte deles. 759 01:30:34,080 --> 01:30:36,200 Alguén vai bañarse en ouro. 760 01:30:36,840 --> 01:30:37,800 A cona. 761 01:30:38,920 --> 01:30:39,880 Premio. 762 01:30:41,440 --> 01:30:43,400 Haberá que informar disto, non? 763 01:30:44,560 --> 01:30:45,440 Si, claro. 764 01:30:48,800 --> 01:30:51,520 Ou, se cadra, non… 765 01:30:52,520 --> 01:30:53,640 Boa decisión. 766 01:30:54,800 --> 01:30:57,720 - Collede un par de caixas do tanque. - Á orde! 767 01:30:58,640 --> 01:31:00,000 Recollede os lingotes. 768 01:31:00,080 --> 01:31:02,760 Colle ese de aí, tío. Ah, e esoutro tamén. 769 01:31:03,280 --> 01:31:05,880 Veña, máis rápido! Hai que liscar de aquí! 770 01:31:05,960 --> 01:31:10,080 Encántame Alemaña, meu. É o mellor sitio do mundo. 771 01:31:12,360 --> 01:31:15,960 HAGEN, ALEMAÑA 772 01:31:38,560 --> 01:31:39,400 Sr. Wahrlich? 773 01:31:40,040 --> 01:31:41,240 Heinrich? 774 01:31:41,320 --> 01:31:42,480 Grete, mira. 775 01:31:42,560 --> 01:31:43,520 Veu Heinrich. 776 01:31:44,480 --> 01:31:47,440 Mira, Lottchen. É o teu papá. 777 01:31:58,200 --> 01:31:59,200 Ola, Lottchen. 778 01:32:02,520 --> 01:32:03,440 Papá! 779 01:32:10,400 --> 01:32:11,400 Papá. 780 01:34:34,200 --> 01:34:37,120 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso