1
00:00:38,160 --> 00:00:42,440
{\an8}ALEMAÑA, PRIMAVERA DE 1945
2
00:00:58,600 --> 00:00:59,600
Aí está!
3
00:01:08,360 --> 00:01:09,480
Dálle!
4
00:01:34,720 --> 00:01:35,560
Vale.
5
00:01:36,480 --> 00:01:37,720
Acabáronse os xogos.
6
00:02:11,720 --> 00:02:12,960
Merda!
7
00:02:12,960 --> 00:02:16,320
Movédevos! Ide a por ese fillo de puta!
8
00:02:16,320 --> 00:02:17,600
Os demais tamén!
9
00:02:18,280 --> 00:02:19,120
Seguide!
10
00:02:32,280 --> 00:02:33,720
Pilleite, soldado.
11
00:02:33,720 --> 00:02:35,240
Quéroo vivo.
12
00:02:36,920 --> 00:02:38,640
A nosa misión pode esperar.
13
00:02:49,320 --> 00:02:50,960
Sarxento...
14
00:03:02,000 --> 00:03:05,440
Desertar considérase traizón, soldado.
15
00:03:06,800 --> 00:03:10,960
Traizón contra o Führer,
traizón contra a patria...
16
00:03:12,640 --> 00:03:13,640
Traizón.
17
00:03:20,400 --> 00:03:26,960
"Polonia, Francia, Italia, Rusia."
Si que te moviches.
18
00:03:27,720 --> 00:03:30,440
Hostia, Köhler. Ten coidado, pámpano.
19
00:03:33,760 --> 00:03:35,440
"Cruz de Ferro.
20
00:03:35,960 --> 00:03:38,160
Insignia de Destrución de Tanques."
21
00:03:39,800 --> 00:03:41,720
Broche de combate corpo a corpo.
22
00:03:43,040 --> 00:03:47,320
E, aínda por enriba, unha cara
digna dunha escultura de Arno Breker.
23
00:03:47,320 --> 00:03:51,440
Tes sangue ario polas veas,
mais o corazón dun covarde.
24
00:03:52,960 --> 00:03:54,360
Es unha deshonra.
25
00:03:55,160 --> 00:03:58,000
Cal foi a túa razón
para traizoares a patria?
26
00:03:58,600 --> 00:04:00,120
Nunca quixen esta guerra.
27
00:04:03,720 --> 00:04:05,000
Ninguén me preguntou.
28
00:04:05,000 --> 00:04:08,560
Puxéronme este uniforme
e, aínda así, loitei.
29
00:04:10,400 --> 00:04:13,520
Durante seis anos. Seis anos sen sentido.
30
00:04:15,360 --> 00:04:17,000
Estou farto desta tolemia.
31
00:04:17,600 --> 00:04:22,960
Todos temos levado moitos paus,
e si, estamos afundidos na miseria,
32
00:04:22,960 --> 00:04:24,400
mais seguimos en pé.
33
00:04:24,400 --> 00:04:27,680
Alzarémonos de novo e contraatacaremos.
34
00:04:27,680 --> 00:04:30,600
Levámolo no sangue!
35
00:04:31,720 --> 00:04:38,000
Loitamos, sufrimos, sangramos e morremos.
36
00:04:39,880 --> 00:04:43,080
Mais somos un pobo de vencedores.
37
00:04:44,880 --> 00:04:46,600
Somos un pobo de asasinos.
38
00:05:01,920 --> 00:05:04,240
Admito que es un cabrón ben duro.
39
00:05:06,000 --> 00:05:07,920
Tardará en romperche o pescozo.
40
00:05:17,200 --> 00:05:19,120
Así, sufrirás un pouquiño máis.
41
00:05:19,640 --> 00:05:22,400
Cando mexes e cagues por ti
42
00:05:22,400 --> 00:05:25,560
e teñas a lingua inchada
e colgando coma un farrapo,
43
00:05:25,560 --> 00:05:27,560
aledaraste de espichala por fin.
44
00:05:27,560 --> 00:05:29,200
Dörfler, que puto sádico!
45
00:05:33,520 --> 00:05:34,680
Todo listo.
46
00:05:34,680 --> 00:05:37,400
- Agora, a polo ouro.
- Non era sen tempo!
47
00:06:26,800 --> 00:06:27,880
Velaí está papá!
48
00:06:28,720 --> 00:06:30,480
{\an8}Papá, ven con nós.
49
00:06:30,480 --> 00:06:33,240
Non pode, Karl. Papá ten que quedar aquí.
50
00:06:33,240 --> 00:06:35,600
Agora ten que coidar de Lottchen.
51
00:06:36,400 --> 00:06:40,160
- Adeus.
- Mamá, Karl! Agardade por min!
52
00:06:40,160 --> 00:06:41,560
Lottchen...
53
00:06:44,480 --> 00:06:45,320
Papá?
54
00:06:46,760 --> 00:06:47,680
Papá?
55
00:06:49,800 --> 00:06:51,720
Papá, non me deixes aquí soíña.
56
00:07:10,720 --> 00:07:15,320
AQUÍ XACE O NOSO QUERIDO FILLO
FRIEDHELM MOSNER
57
00:07:41,240 --> 00:07:42,080
Soldados!
58
00:09:37,120 --> 00:09:39,000
Papá, soldados!
59
00:09:40,080 --> 00:09:44,680
O que? Aquí, na nosa vila?
Brigitte, chegaron os estadounidenses!
60
00:09:44,680 --> 00:09:47,800
Non, papá. Son dos nosos. As SS, creo.
61
00:09:48,400 --> 00:09:49,240
Como?
62
00:09:50,440 --> 00:09:54,080
Ai, meu Deus. Colle o retrato
no soto e pendúrao de novo.
63
00:09:54,080 --> 00:09:55,840
Non son unha criada, Robert.
64
00:10:05,840 --> 00:10:07,160
Elisabeth...
65
00:10:09,160 --> 00:10:11,080
Chámome Elsa, soldado.
66
00:10:16,960 --> 00:10:19,400
Ei! Sóltaa!
67
00:10:19,400 --> 00:10:20,840
Non pasa nada, Paule.
68
00:10:23,560 --> 00:10:24,640
Ese é o meu irmán.
69
00:10:25,200 --> 00:10:26,360
Esta pasta alivia.
70
00:10:27,240 --> 00:10:28,720
Preparouna Elsa.
71
00:10:47,800 --> 00:10:49,920
Paule ten un don moi especial.
72
00:10:56,160 --> 00:10:59,440
Es bastante forte,
igual que o Mariscal Gustav.
73
00:11:00,040 --> 00:11:01,000
Era o noso boi.
74
00:11:09,280 --> 00:11:12,920
Ala, agora xa te podemos atar ao arado.
75
00:11:19,240 --> 00:11:22,720
Iso non che é boa idea.
Precisas descansar.
76
00:11:24,080 --> 00:11:25,640
Has de ter fame, soldado.
77
00:11:27,160 --> 00:11:30,200
Chámome... Heinrich.
78
00:11:35,760 --> 00:11:36,600
Heil Hitler!
79
00:11:41,680 --> 00:11:42,800
Tenente coronel!
80
00:11:44,560 --> 00:11:45,480
Robert Schlick,
81
00:11:46,280 --> 00:11:49,360
alcalde e xefe da vila. Ao seu servizo.
82
00:11:50,560 --> 00:11:52,280
Johannes Löwenstein.
83
00:11:54,640 --> 00:11:57,800
Dille algo ese nome, alcalde?
84
00:11:59,360 --> 00:12:02,800
Si, era un xudeu que vivía aquí na vila.
85
00:12:04,920 --> 00:12:06,600
Os pais e os irmáns, digo.
86
00:12:06,600 --> 00:12:10,120
Löwenstein vivía en Essen,
pero viña visitalos a miúdo.
87
00:12:10,920 --> 00:12:13,520
Lévenos á casa dos Löwenstein.
88
00:12:16,160 --> 00:12:17,720
Pero xa non viven aquí.
89
00:12:18,280 --> 00:12:21,880
Esta vila está libre de xudeus
desde novembro do 38...
90
00:12:21,880 --> 00:12:24,200
Lévenos á casa.
91
00:12:25,800 --> 00:12:26,920
Como desexe.
92
00:12:26,920 --> 00:12:29,680
Sígame pola nosa bonita vila, por favor.
93
00:12:31,280 --> 00:12:34,680
Era unha casa ben fermosa,
pero tamén o foi o lume.
94
00:12:36,120 --> 00:12:39,120
Foi uns días despois
de botarmos esa escoura.
95
00:12:39,120 --> 00:12:40,440
Se xogas con lume...
96
00:12:40,440 --> 00:12:44,600
Que pasou coas pertenzas dos xudeus?
Levaron algo con eles?
97
00:12:44,600 --> 00:12:47,760
Deixámoslles levar
algo de roupa, máis nada.
98
00:12:47,760 --> 00:12:49,080
Saquearon a casa?
99
00:12:49,680 --> 00:12:52,480
Pois Möller colleu algúns mobles
100
00:12:52,480 --> 00:12:56,000
e algunhas mulleres levaron
pratos, roupa de cama e así,
101
00:12:56,000 --> 00:12:57,080
pero nada máis.
102
00:13:02,200 --> 00:13:03,400
Avións americanos.
103
00:13:03,920 --> 00:13:07,480
Levan días por aquí zoando
coma mosquitos. Cada vez hai máis.
104
00:13:07,480 --> 00:13:08,560
Pode retirarse.
105
00:13:09,520 --> 00:13:13,600
- Se o precisamos, mandareino chamar.
- Por suposto, tenente coronel.
106
00:13:15,240 --> 00:13:18,040
Ah, só quería dicir
107
00:13:18,040 --> 00:13:22,200
que tamén rexento
a pensión Kronprinz Rudolf aquí na vila.
108
00:13:22,200 --> 00:13:24,880
Non temos moita cousa,
109
00:13:24,880 --> 00:13:28,560
mais compartirémolo con gusto
con vostede e os seus homes...
110
00:13:28,560 --> 00:13:30,480
- Iso por descontado.
- Claro.
111
00:13:37,360 --> 00:13:40,600
Haberá que desmontala
pedra por pedra. Que pesadelo.
112
00:13:40,600 --> 00:13:42,920
Se se controlase un pouco máis,
113
00:13:42,920 --> 00:13:45,800
o xudeu diríanos
onde o agachou exactamente.
114
00:13:46,600 --> 00:13:47,720
Queren o ouro.
115
00:13:51,160 --> 00:13:53,080
- Dimo, Robert.
- Si, si, si.
116
00:13:54,960 --> 00:13:58,520
Pois lisquemos de aquí.
Podemos empezar de cero noutro sitio.
117
00:13:59,200 --> 00:14:02,680
E como pensas facer iso?
Non che é tan sinxelo.
118
00:14:03,800 --> 00:14:04,800
Eu teño fillos.
119
00:14:06,000 --> 00:14:09,200
Xa, éche ben raro
tendo en conta que non tes collóns.
120
00:14:09,720 --> 00:14:10,560
Sonja!
121
00:14:15,240 --> 00:14:16,640
Por que me axudas?
122
00:14:17,880 --> 00:14:19,920
Porque odio eses putos nazis.
123
00:14:26,000 --> 00:14:27,840
Eses cabróns matáronnos o pai.
124
00:14:29,040 --> 00:14:32,000
Levárono hai dous anos
por afirmacións subversoras.
125
00:14:32,880 --> 00:14:33,800
Nunca volveu.
126
00:14:38,520 --> 00:14:42,120
Logo, os mesmos que o delataron
expulsáronnos da nosa granxa.
127
00:14:42,720 --> 00:14:45,920
Non quero que ninguén
repare moito en Paule.
128
00:14:45,920 --> 00:14:47,920
Xa, porque son moi guapo!
129
00:14:51,320 --> 00:14:53,240
Si, estamos aquí desde aquela.
130
00:14:58,440 --> 00:15:00,520
Quiteiche o apetito, non?
131
00:15:02,520 --> 00:15:05,560
- Cóntoche un chiste de papá sobre Hitler?
- Si!
132
00:15:08,960 --> 00:15:12,880
Veña, Brigitte. Bule,
que estes señores teñen sede.
133
00:15:12,880 --> 00:15:14,800
Pois terás que apurar, logo.
134
00:15:16,880 --> 00:15:18,960
"Querida pendanga ianqui miña..."
135
00:15:18,960 --> 00:15:21,360
- Aquí ten...
- Que hostia dis, Dörfler?
136
00:15:21,360 --> 00:15:24,480
Que? Cómella a calquera
por unhas medias de nailon.
137
00:15:26,440 --> 00:15:27,880
Contrólense, cabaleiros.
138
00:15:34,000 --> 00:15:36,360
Non tedes nada mellor que esta bazofia?
139
00:15:36,360 --> 00:15:37,960
Laméntoo, sarxento.
140
00:15:37,960 --> 00:15:40,640
Nós tamén estamos
dos nabos até as orellas.
141
00:15:42,600 --> 00:15:45,800
Para pasar fame,
o teu rapaz estache en boa forma.
142
00:15:45,800 --> 00:15:47,360
- Pois si.
- A ver.
143
00:15:48,080 --> 00:15:50,680
Un rapaz graúdo
coma ti e non estás na fronte
144
00:15:50,680 --> 00:15:52,760
defendendo a patria. Como é iso?
145
00:15:52,760 --> 00:15:54,800
Micha, a pelar patacas á cociña.
146
00:15:56,960 --> 00:16:00,920
Organice unha expedición
a todos os currais mañá pola mañá.
147
00:16:00,920 --> 00:16:02,840
Precisamos víveres canto antes.
148
00:16:03,800 --> 00:16:06,400
Quen sabe cando poderemos conseguir máis.
149
00:16:14,280 --> 00:16:15,320
Heil Hitler.
150
00:16:20,480 --> 00:16:21,320
Tres cervexas.
151
00:16:28,000 --> 00:16:31,160
Desde agora, esta pensión
é o meu cuartel xeral.
152
00:16:32,560 --> 00:16:34,880
Os civís non teñen permitido o acceso.
153
00:16:53,760 --> 00:16:54,600
Mira.
154
00:16:55,920 --> 00:16:57,280
Creo que é Dresden.
155
00:16:58,120 --> 00:17:00,840
Merda. A miña tía vive alí.
156
00:17:03,480 --> 00:17:05,440
Vamos! O tempo é ouro!
157
00:17:08,600 --> 00:17:09,680
Falando de ouro...
158
00:17:10,200 --> 00:17:13,800
O desfigurado ese
non pensará levarllo ao Führer, non?
159
00:17:14,880 --> 00:17:15,720
Un segundo.
160
00:17:18,640 --> 00:17:22,880
Reunín a todos os que podían
usar unha pa. Estamos facendo progresos.
161
00:17:24,080 --> 00:17:25,840
Non hai tempo que perder.
162
00:17:25,840 --> 00:17:27,960
Os franceses cruzaron o Rin
163
00:17:27,960 --> 00:17:30,720
e os americanos
achéganse polo sur e o oeste.
164
00:17:34,640 --> 00:17:36,080
Tenente coronel!
165
00:17:46,680 --> 00:17:47,920
Que?
166
00:17:49,960 --> 00:17:52,760
De verdade daremos atravesado
as liñas inimigas?
167
00:17:52,760 --> 00:17:54,960
Buscaremos unha forma.
168
00:17:56,360 --> 00:17:58,120
Os homes están exhaustos.
169
00:17:58,120 --> 00:18:00,720
Recuperarán as forzas na Fortaleza Alpina.
170
00:18:00,720 --> 00:18:03,320
Nas montañas tamén estaremos rodeados.
171
00:18:03,320 --> 00:18:07,920
Cuestiona vostede o Führer, sarxento?
172
00:18:08,640 --> 00:18:11,440
- Perdeu a fe na vitoria final?
- Non...
173
00:18:11,440 --> 00:18:13,960
Ou está pensando en desertar tamén?
174
00:18:14,920 --> 00:18:16,320
Coma aquel soldado.
175
00:18:24,200 --> 00:18:25,120
Claro que non!
176
00:18:25,920 --> 00:18:27,120
A vitoria...
177
00:18:29,080 --> 00:18:30,520
ou a morte.
178
00:18:32,720 --> 00:18:35,040
Non hai outra opción.
179
00:18:44,200 --> 00:18:46,960
Pedinlle que conseguise provisións.
180
00:18:49,320 --> 00:18:51,400
Rogge, bule. Vai buscar provisións.
181
00:18:51,400 --> 00:18:53,480
Ocuparase vostede mesmo.
182
00:18:55,120 --> 00:19:01,160
- Non sería mellor que quedase aquí nas...?
- É unha orde, sarxento.
183
00:19:04,760 --> 00:19:05,840
Ás súas ordes!
184
00:19:32,720 --> 00:19:34,320
Es a mellor, Rita.
185
00:19:48,080 --> 00:19:49,080
Bo día.
186
00:19:54,880 --> 00:19:55,720
Debo marchar.
187
00:19:55,720 --> 00:19:57,480
Precisabas durmir.
188
00:19:58,080 --> 00:20:00,160
E imaxino que un bo almorzo, tamén.
189
00:20:03,120 --> 00:20:04,840
Paule foi por ovos frescos.
190
00:20:06,800 --> 00:20:07,720
Non fai falta.
191
00:20:20,280 --> 00:20:21,840
E esa présa por marchar?
192
00:20:23,280 --> 00:20:24,120
Debo marchar.
193
00:20:38,920 --> 00:20:40,640
Recupera as forzas primeiro.
194
00:20:48,080 --> 00:20:48,920
Grazas.
195
00:20:53,760 --> 00:20:55,360
Viríame ben unha axuda.
196
00:21:17,200 --> 00:21:21,080
A miña muller e o meu fillo
morreron nun bombardeo en Hagen.
197
00:21:23,240 --> 00:21:25,160
Elisabeth estaba de sete meses.
198
00:21:29,160 --> 00:21:30,480
Lottchen sobreviviu.
199
00:21:31,240 --> 00:21:33,720
Os veciños escribíronme que a acolleran.
200
00:21:51,400 --> 00:21:53,800
Nese caso, cambia a roupa, polo menos.
201
00:21:55,600 --> 00:21:58,440
Se non, hante colgar
de novo en calquera esquina.
202
00:22:05,920 --> 00:22:08,480
Elsa, vén xente aí! Nun camión!
203
00:22:13,760 --> 00:22:14,600
As SS.
204
00:22:15,440 --> 00:22:16,400
Son os mesmos?
205
00:22:16,880 --> 00:22:17,720
Son.
206
00:22:45,040 --> 00:22:47,440
Krause, Niemann, aos currais.
207
00:22:47,440 --> 00:22:48,360
Á orde!
208
00:22:58,240 --> 00:22:59,600
Vide aquí, pitas.
209
00:23:00,920 --> 00:23:03,480
Churras, churras. Ven aquí. Veña!
210
00:23:04,960 --> 00:23:06,080
Que pámpano.
211
00:23:08,480 --> 00:23:10,840
Colle dunha vez a puta galiña, Niemann!
212
00:23:19,520 --> 00:23:20,680
Que pasa aquí?
213
00:23:31,000 --> 00:23:34,680
Estou collendo provisións
para as miñas tropas. Algún problema?
214
00:23:35,800 --> 00:23:37,600
Ben, Niemann. Coma un raposo!
215
00:23:40,920 --> 00:23:44,320
Ben, pero non as levedes todas.
Nós tamén temos que comer.
216
00:23:46,280 --> 00:23:48,160
Ti es das perigosas, non si?
217
00:24:00,920 --> 00:24:01,760
Paule.
218
00:24:05,160 --> 00:24:08,920
Por que matan os nosos animais?
Non poden facer iso.
219
00:24:08,920 --> 00:24:09,840
Tranquilo.
220
00:24:10,920 --> 00:24:12,280
Axiña marchan.
221
00:24:25,360 --> 00:24:28,400
Pensei que xa erradicaran
eses parasitos hai tempo.
222
00:24:28,400 --> 00:24:31,320
- Parade de matar os animais.
- Cala, subnormal.
223
00:24:31,320 --> 00:24:32,800
Non son subnormal!
224
00:24:37,680 --> 00:24:41,120
- Quen máis vive aquí?
- Ninguén, só o meu irmán e mais eu.
225
00:24:44,360 --> 00:24:45,640
Hai tres cuncas.
226
00:24:49,560 --> 00:24:52,120
Non lle gusta beber dúas veces da mesma.
227
00:24:52,120 --> 00:24:53,320
Entón é subnormal.
228
00:25:11,920 --> 00:25:13,640
Sucedáneo de café. Que noxo.
229
00:25:15,040 --> 00:25:18,640
O que eu daría por un bo café en grans!
230
00:25:29,840 --> 00:25:31,080
Non tes home?
231
00:25:31,720 --> 00:25:33,040
Vai na guerra.
232
00:25:33,040 --> 00:25:36,040
Ai, si? Cando foi
a última vez que che escribiu?
233
00:25:37,080 --> 00:25:39,920
Hai moito xa, non si? Non vai volver.
234
00:25:40,720 --> 00:25:42,400
Sábelo tan ben coma min.
235
00:25:50,440 --> 00:25:51,320
É ben guapo,
236
00:25:51,320 --> 00:25:53,480
pero xa o están comendo os vermes.
237
00:25:55,800 --> 00:25:56,640
Devólvemo.
238
00:25:57,600 --> 00:25:58,800
Ven por el.
239
00:26:05,440 --> 00:26:06,560
Elsa!
240
00:26:06,560 --> 00:26:09,000
Veña, sacádeo de aquí!
241
00:26:10,080 --> 00:26:12,480
Pendanga miserábel!
242
00:26:22,160 --> 00:26:23,840
Queda aí fóra, subhumano.
243
00:26:23,840 --> 00:26:25,040
Non, non, non, non.
244
00:26:30,960 --> 00:26:34,320
Que fas aí parado
coma un parvo? Terma da puta esta!
245
00:26:34,320 --> 00:26:37,600
- Dörfler, non podes facer isto.
- Veña, amiga.
246
00:26:37,600 --> 00:26:38,760
Para!
247
00:26:39,640 --> 00:26:41,080
Sóltame, porco!
248
00:26:41,080 --> 00:26:42,800
Rapaces, parade, por favor.
249
00:26:42,800 --> 00:26:45,560
Veña, ho. Ti tamén levas
a hostia sen foder.
250
00:26:45,560 --> 00:26:47,520
Pero vou eu primeiro.
251
00:26:47,520 --> 00:26:50,960
- Non somos o Exército Vermello.
- Cala a boca, maricón!
252
00:26:50,960 --> 00:26:56,400
- Se isto sae á luz, vannos executar.
- Se isto sae á luz, execútote eu a ti.
253
00:26:59,000 --> 00:27:02,440
Mira, imaxina que son el.
254
00:27:02,960 --> 00:27:04,720
Baixa esas calzas!
255
00:27:36,680 --> 00:27:37,920
Estás morta!
256
00:27:39,440 --> 00:27:40,760
Que pasa aí?
257
00:28:10,040 --> 00:28:11,040
Ah, hostia.
258
00:28:31,960 --> 00:28:33,040
Puta que me pariu!
259
00:29:11,360 --> 00:29:12,200
Paule.
260
00:29:14,040 --> 00:29:14,960
Non pasa nada.
261
00:29:15,920 --> 00:29:16,840
Non pasa nada.
262
00:29:33,320 --> 00:29:34,680
Grazas pola roupa.
263
00:29:42,160 --> 00:29:44,480
Están de vacacións en Sonnenberg.
264
00:30:00,280 --> 00:30:01,480
Chamábase Hans.
265
00:30:05,840 --> 00:30:07,720
Coñeciámonos desde nenos.
266
00:30:11,680 --> 00:30:12,760
Temos que marchar.
267
00:30:28,840 --> 00:30:30,560
Hai que levar a Rita con nós!
268
00:30:31,280 --> 00:30:32,120
Agora non.
269
00:30:59,800 --> 00:31:01,200
Pasaremos a noite aquí.
270
00:31:05,600 --> 00:31:07,600
- Que tes?
- Temos que volver.
271
00:31:08,680 --> 00:31:09,760
Non podemos.
272
00:31:09,760 --> 00:31:12,200
Teño que muxir a Rita. Se non, berrará.
273
00:31:12,200 --> 00:31:13,600
Deixa a parva da vaca!
274
00:31:13,600 --> 00:31:16,240
Rita non é parva. Vai ter un xatiño!
275
00:31:21,920 --> 00:31:23,920
Querían matarnos. Non o entendes?
276
00:31:28,600 --> 00:31:31,120
Xa está. Este era o último punto.
277
00:31:31,120 --> 00:31:34,680
- Como puido sobrevivir o soldado?
- Nin idea.
278
00:31:35,920 --> 00:31:38,880
Debeuno baixar da árbore
a rapaza da granxa.
279
00:31:43,880 --> 00:31:47,080
- Aínda teño que pórlle as vendas.
- Vai tomar polo cu!
280
00:31:50,120 --> 00:31:51,920
Ten máis feridas?
281
00:31:52,520 --> 00:31:53,360
Non.
282
00:31:59,920 --> 00:32:00,760
Tranquilo.
283
00:32:03,320 --> 00:32:06,280
Mañá pola mañá volvo á puta granxa.
284
00:32:06,840 --> 00:32:09,320
Para deixalo escapar por terceira vez?
285
00:32:10,120 --> 00:32:11,520
Collerei a ese cabrón.
286
00:32:31,280 --> 00:32:33,240
Veña, Paule, tes que comer algo.
287
00:32:46,400 --> 00:32:47,280
Descansa.
288
00:33:14,880 --> 00:33:15,840
Todo ben?
289
00:33:17,360 --> 00:33:18,760
Paule estraña a vaca.
290
00:33:20,960 --> 00:33:22,560
Referíame a ti.
291
00:33:25,200 --> 00:33:26,280
Si, todo ben.
292
00:33:32,680 --> 00:33:33,520
Grazas.
293
00:33:58,080 --> 00:34:01,040
Só vin unha vez a miña filla
desde que naceu.
294
00:34:07,200 --> 00:34:09,040
Non ten nin idea de quen son.
295
00:34:16,840 --> 00:34:18,720
Se cadra, está mellor sen min.
296
00:34:20,720 --> 00:34:21,840
Estás de broma?
297
00:34:23,080 --> 00:34:26,040
Corres semanas
polo bosque e agora acollóaste?
298
00:34:26,840 --> 00:34:29,880
Para que te baixei da árbore?
Xoguei a vida por ti.
299
00:34:40,560 --> 00:34:45,040
Ei... A túa filla
é a razón pola que segues vivo.
300
00:34:52,560 --> 00:34:54,360
Seguro que es un bo pai.
301
00:35:00,600 --> 00:35:01,600
Elsa?
302
00:35:04,160 --> 00:35:05,120
Acouga, Paule.
303
00:35:06,600 --> 00:35:07,800
Que fas?
304
00:35:08,600 --> 00:35:10,280
Nada. Vai durmir.
305
00:35:35,320 --> 00:35:36,400
Bo día.
306
00:35:37,920 --> 00:35:39,040
Bo día.
307
00:35:45,760 --> 00:35:47,440
Aínda segues aí sentado?
308
00:35:50,520 --> 00:35:52,040
Pechei os ollos un anaco.
309
00:35:55,560 --> 00:35:56,680
Pestanexaches, ou?
310
00:35:58,960 --> 00:36:00,680
Aínda non deu un chío Paule?
311
00:36:01,240 --> 00:36:02,080
Aínda non.
312
00:36:03,560 --> 00:36:05,920
Paule? E o meu café?
313
00:36:08,680 --> 00:36:09,520
Paule?
314
00:36:22,120 --> 00:36:23,080
Merda.
315
00:36:41,440 --> 00:36:43,200
Hai que marchar axiña, Rita.
316
00:36:45,240 --> 00:36:46,400
Como corre.
317
00:36:50,720 --> 00:36:52,440
Mirade para ese subnormal.
318
00:37:00,880 --> 00:37:03,000
Onde están? Onde anda o soldado?
319
00:37:03,520 --> 00:37:05,200
Fíxenos desaparecer.
320
00:37:05,200 --> 00:37:06,480
Merda de subnormal.
321
00:37:08,440 --> 00:37:11,560
Podes matalo, Dörfler. Non vai cantar.
322
00:37:31,760 --> 00:37:32,600
Rita!
323
00:37:34,680 --> 00:37:35,600
Rita!
324
00:37:35,600 --> 00:37:38,440
Sube a besta ao camión. E a vaca tamén.
325
00:37:38,440 --> 00:37:40,120
Esta noite temos goulash!
326
00:37:41,400 --> 00:37:45,240
Rita!
327
00:38:32,200 --> 00:38:33,160
Paule!
328
00:38:46,200 --> 00:38:47,320
Ímolo salvar.
329
00:38:59,400 --> 00:39:02,960
Rexistrámolo todo,
até debaixo das pedras. Non hai ouro.
330
00:39:09,200 --> 00:39:11,600
- Tráeme o alcalde.
- Si, señor.
331
00:39:36,200 --> 00:39:37,640
Atopou o ouro?
332
00:39:42,240 --> 00:39:43,080
Que é iso?
333
00:39:46,360 --> 00:39:47,840
O irmán da granxeira.
334
00:39:49,120 --> 00:39:50,280
E o soldado?
335
00:39:51,720 --> 00:39:53,560
- Nin rastro.
- Tenente coronel...
336
00:39:54,160 --> 00:39:57,840
Tenente coronel, como podo axudalo?
337
00:39:57,840 --> 00:39:58,840
E o ouro?
338
00:40:00,000 --> 00:40:00,840
O ouro?
339
00:40:00,840 --> 00:40:04,680
O xudeu Löwenstein quixo pagar
para que o soltasen.
340
00:40:05,520 --> 00:40:08,160
- Do campo de concentración.
- Non sei nada.
341
00:40:10,360 --> 00:40:15,320
Sabemos que o xudeu agochou
unha caixa con 31 lingotes nesta casa.
342
00:40:25,320 --> 00:40:28,480
Todos os habitantes desta vila
de mala morte, á praza.
343
00:40:29,400 --> 00:40:30,840
Ás 12 en punto.
344
00:40:44,000 --> 00:40:44,920
Preparados...
345
00:40:46,800 --> 00:40:48,440
- Sieg...
- Heil!
346
00:40:51,720 --> 00:40:52,640
Ti non mires.
347
00:41:11,000 --> 00:41:13,120
Veña, por aí.
348
00:41:15,760 --> 00:41:18,320
Alto, no nome de Deus!
349
00:41:22,560 --> 00:41:24,200
Vida indigna?
350
00:41:27,080 --> 00:41:29,680
Ningunha vida é indigna.
351
00:41:30,280 --> 00:41:31,800
Apártese.
352
00:41:40,720 --> 00:41:46,000
O teu querido Xesús, santón do carallo,
non era máis que o fillo dunha puta xudía
353
00:41:46,000 --> 00:41:47,640
e non te vai protexer.
354
00:41:52,440 --> 00:41:54,000
Que lle van facer?
355
00:41:54,720 --> 00:41:56,920
- Hai outra entrada?
- Por aí.
356
00:41:56,920 --> 00:41:58,760
Vós, os da casa, saíde!
357
00:41:58,760 --> 00:42:00,200
- Á praza.
- Elsa?
358
00:42:00,840 --> 00:42:01,920
A SS ten a Paule.
359
00:42:01,920 --> 00:42:03,080
Veña, bulide!
360
00:42:08,800 --> 00:42:09,760
Que ocorre?
361
00:42:10,880 --> 00:42:11,760
Veña con nós.
362
00:42:12,720 --> 00:42:13,800
Apura!
363
00:42:16,880 --> 00:42:18,840
Sabes facer un nó para aforcar?
364
00:42:19,840 --> 00:42:22,400
A ver se lle arranca a cabeza ou se colga.
365
00:42:30,720 --> 00:42:37,040
Señores e señoras, preséntolles
o Chepudo de Sonnenberg!
366
00:42:37,040 --> 00:42:39,240
O chepudo tiña chepa, subnormal!
367
00:43:02,760 --> 00:43:03,600
Corre!
368
00:43:04,640 --> 00:43:06,040
Vida indigna?
369
00:43:07,160 --> 00:43:09,800
Vouvos ensinar
quen si que non merece vivir!
370
00:43:17,800 --> 00:43:19,480
Fóra! Buscade outro sitio.
371
00:43:25,040 --> 00:43:26,800
Levaron a Paule arriba.
372
00:43:33,000 --> 00:43:34,600
Non me deixedes aquí!
373
00:43:35,600 --> 00:43:36,440
O meu fusil!
374
00:43:38,560 --> 00:43:42,360
Vamos, Köhler. A ver
que aprendiches na Napola.
375
00:43:48,840 --> 00:43:49,960
Veña, movédevos!
376
00:43:51,080 --> 00:43:52,920
Ides ver!
377
00:43:56,760 --> 00:43:58,360
Quen é o subnormal agora?
378
00:44:07,440 --> 00:44:09,600
Paule!
379
00:44:09,600 --> 00:44:10,680
Elsa?
380
00:44:13,920 --> 00:44:14,760
Non!
381
00:44:16,640 --> 00:44:17,480
Paule!
382
00:44:19,480 --> 00:44:22,600
Paule...
383
00:44:30,360 --> 00:44:31,720
Temos que saír de aquí.
384
00:44:44,880 --> 00:44:45,720
Xa o levo eu.
385
00:44:53,240 --> 00:44:55,400
Dígame xa onde está o ouro do xudeu
386
00:44:55,400 --> 00:44:58,320
ou empezo a dispararlle a todos, un a un,
387
00:44:58,320 --> 00:45:00,560
até que fale!
388
00:45:00,560 --> 00:45:01,480
Non o faga!
389
00:45:02,080 --> 00:45:04,640
- Empezando polo papán do seu fillo!
- Elsa.
390
00:45:04,640 --> 00:45:06,640
- Non, por favor!
- Por favor!
391
00:45:06,640 --> 00:45:08,480
Elsa, non...
392
00:45:15,720 --> 00:45:16,640
Non disparen!
393
00:45:51,440 --> 00:45:52,640
Soldado!
394
00:45:58,920 --> 00:46:00,800
Bulide, cabróns!
395
00:46:07,000 --> 00:46:08,960
Subiu polas escaleiras. Entrade!
396
00:46:08,960 --> 00:46:09,880
- Si!
- Axiña!
397
00:46:24,840 --> 00:46:26,520
Veña, collédeo!
398
00:46:37,640 --> 00:46:38,720
Coidado!
399
00:46:40,520 --> 00:46:41,360
Merda!
400
00:46:41,360 --> 00:46:43,920
- Veña, seguimos!
- E Schröder?
401
00:46:56,760 --> 00:46:59,520
Soldado!
402
00:47:18,200 --> 00:47:19,400
Dáme a túa arma!
403
00:47:27,680 --> 00:47:31,320
Soldado! Que pasa, quedaches sen munición?
404
00:47:32,000 --> 00:47:33,160
Está atrapado.
405
00:47:33,160 --> 00:47:35,120
Vamos, a por ese fillo de puta!
406
00:47:36,280 --> 00:47:38,520
Move ese cu, covarde do carallo.
407
00:47:41,880 --> 00:47:43,280
Velo por algures?
408
00:47:46,720 --> 00:47:47,680
Hostia!
409
00:47:51,040 --> 00:47:52,080
Morre, cabrón!
410
00:48:20,680 --> 00:48:21,760
Merda, xa!
411
00:48:22,720 --> 00:48:24,560
Vai entrar na casa. Collédeo!
412
00:49:01,480 --> 00:49:02,560
Ola, soldado.
413
00:50:31,960 --> 00:50:33,240
Soldado!
414
00:51:04,640 --> 00:51:06,080
A cuberto!
415
00:51:26,760 --> 00:51:29,120
Vamos! Todo o mundo por aquí!
416
00:51:32,320 --> 00:51:34,520
Correde, panda de camándulas!
417
00:51:51,680 --> 00:51:53,200
Vós os dous por aí!
418
00:51:54,560 --> 00:51:55,560
Ti ven comigo!
419
00:51:58,040 --> 00:52:00,960
Rexistrade todo.
Ese verme debe andar por algures.
420
00:52:14,280 --> 00:52:15,120
Ai, meu Deus.
421
00:52:15,640 --> 00:52:18,160
Xa miramos nas cortes. Non está.
422
00:52:19,320 --> 00:52:22,280
Acordoade as rúas
para que non escape polos campos.
423
00:52:22,280 --> 00:52:23,200
Si, señor.
424
00:52:23,200 --> 00:52:24,960
- Ti ven comigo.
- Á orde.
425
00:52:51,760 --> 00:52:55,320
Listo. Espero que resista un tempo.
426
00:52:57,680 --> 00:52:58,520
Grazas.
427
00:53:00,560 --> 00:53:01,640
É soldado?
428
00:53:03,720 --> 00:53:04,720
Era soldado.
429
00:53:08,560 --> 00:53:09,480
Os meus fillos.
430
00:53:10,200 --> 00:53:13,160
Friedhelm morreu en Italia
e Peter en Stalingrado.
431
00:53:17,600 --> 00:53:18,440
Irmgard?
432
00:53:21,360 --> 00:53:22,400
Agarde.
433
00:53:27,920 --> 00:53:30,880
Onde estabas?
Busqueite por todas as partes.
434
00:53:31,640 --> 00:53:32,640
Que pasou?
435
00:53:44,880 --> 00:53:49,240
Este é Heinrich. Intentou axudar
a Elsa a liberar o seu irmán.
436
00:53:50,600 --> 00:53:52,280
Xa enterrei a Paule.
437
00:53:55,680 --> 00:53:56,520
E Elsa?
438
00:53:58,640 --> 00:54:00,640
As SS levárona á pensión.
439
00:54:02,320 --> 00:54:04,000
Pare.
440
00:54:04,720 --> 00:54:06,760
É mellor que non force a perna.
441
00:54:13,320 --> 00:54:17,040
Podería volver sangrar
en calquera momento. Ten que descansar.
442
00:54:21,600 --> 00:54:23,520
Sabe que fan aquí as SS?
443
00:54:34,960 --> 00:54:35,800
Ouro.
444
00:54:38,720 --> 00:54:40,280
Viñeron polo ouro.
445
00:54:51,880 --> 00:54:53,160
Van en serio.
446
00:54:54,360 --> 00:54:56,080
É unha situación complicada.
447
00:55:01,400 --> 00:55:05,040
Xa os oístes. Van dispararlle
a todos, un por un.
448
00:55:05,880 --> 00:55:07,480
E que imos facer?
449
00:55:09,440 --> 00:55:13,000
Estás tolo. Non fixen isto
para perdelo todo agora.
450
00:55:13,000 --> 00:55:17,200
Robert, a guerra axiña vai rematar
e despois seremos ricos.
451
00:55:17,960 --> 00:55:20,840
Íanlle disparar ao meu fillo.
Fóisenos das mans.
452
00:55:20,840 --> 00:55:22,440
Robert, agarda!
453
00:55:23,240 --> 00:55:25,520
Vas ter a boca ben pechada, estamos?
454
00:55:25,520 --> 00:55:28,720
Non o entendedes. Vós non tedes familia!
455
00:55:28,720 --> 00:55:31,840
Para aí. Nin se che ocorra
irlles co conto!
456
00:55:31,840 --> 00:55:34,160
Robert, podemos conseguilo!
457
00:55:35,640 --> 00:55:36,840
Acabouse.
458
00:55:46,880 --> 00:55:52,280
Que pasa aquí? Andades a xogar
a indios e vaqueiros sen a vosa Sonja?
459
00:55:54,360 --> 00:55:57,360
Coma de nenos,
que tampouco me deixabades xogar?
460
00:56:07,200 --> 00:56:09,000
Non deixes que sufra moito.
461
00:56:14,880 --> 00:56:15,720
Trae aquí.
462
00:56:18,400 --> 00:56:20,640
Non, Wilhelm, por favor!
463
00:56:26,760 --> 00:56:27,600
Xa está.
464
00:56:28,400 --> 00:56:29,240
Agora que?
465
00:56:32,840 --> 00:56:34,080
Agora imos polo ouro.
466
00:56:37,000 --> 00:56:40,360
...chegou ás aforas da capital.
467
00:56:40,360 --> 00:56:43,080
Berlín pasa a estar na fronte de batalla.
468
00:56:43,840 --> 00:56:45,120
Defensores de Berlín,
469
00:56:46,040 --> 00:56:51,560
as esperanzas das súas mulleres,
nais e fillos están postas en vostedes!
470
00:56:59,360 --> 00:57:00,840
Por que non comes?
471
00:57:03,080 --> 00:57:04,760
A carne está moi tenra.
472
00:57:05,960 --> 00:57:08,280
Debeu ser unha vaca moi feliz.
473
00:57:25,040 --> 00:57:26,360
- Hofer.
- Si, señor.
474
00:57:27,720 --> 00:57:28,640
Retire isto.
475
00:57:42,400 --> 00:57:43,240
Agarde.
476
00:57:47,480 --> 00:57:48,520
Leve isto tamén.
477
00:57:56,320 --> 00:57:58,520
Non tes por que terme medo.
478
00:58:06,400 --> 00:58:09,560
Lémbrasme a unha rapaza que coñecía.
479
00:58:11,840 --> 00:58:13,320
Queríaa moito.
480
00:58:14,960 --> 00:58:17,320
Pero non puiden facela a miña esposa.
481
00:58:19,440 --> 00:58:20,920
Rebecca era xudía.
482
00:58:27,120 --> 00:58:29,400
Non podía estar con ela...
483
00:58:38,200 --> 00:58:39,640
así que lle disparei.
484
00:58:46,360 --> 00:58:49,160
Non quería que a mandasen a un campo.
485
00:58:52,560 --> 00:58:53,920
Quería...
486
00:58:59,120 --> 00:59:00,520
que fose rápido.
487
00:59:20,160 --> 00:59:21,920
Pero agora vou emendalo.
488
00:59:26,480 --> 00:59:28,600
Non te abandonarei nunca.
489
00:59:30,000 --> 00:59:32,080
Sempre te protexerei.
490
00:59:33,520 --> 00:59:34,600
Ven comigo...
491
00:59:37,800 --> 00:59:39,080
Rebecca.
492
01:00:00,880 --> 01:00:04,320
Os Löwenstein eran
a única familia xudía da vila.
493
01:00:06,400 --> 01:00:08,520
Eran moi boas persoas.
494
01:00:08,520 --> 01:00:10,760
Entón, empezaron a levantar odios.
495
01:00:11,360 --> 01:00:14,560
O alcalde era
o que máis baza metía nas reunións.
496
01:00:15,760 --> 01:00:19,360
Disque debiamos cumprir
o noso deber como nacionalsocialistas.
497
01:00:20,160 --> 01:00:23,040
"Esta escoura xudía non debe estar aquí."
498
01:00:23,040 --> 01:00:27,720
...queren ir á guerra contra os alemáns.
Andan pegándolle tiros aos oficiais.
499
01:00:27,720 --> 01:00:28,640
Iso é!
500
01:00:28,640 --> 01:00:31,280
Por iso esixo vinganza para Rath!
501
01:00:31,280 --> 01:00:32,720
Vinganza para Rath!
502
01:00:33,960 --> 01:00:37,400
E no outono do ano 38,
pouco despois do pogrom de novembro,
503
01:00:38,920 --> 01:00:41,320
o seu fillo Johannes volveu á vila.
504
01:00:41,320 --> 01:00:42,600
El vivía en Essen.
505
01:00:44,320 --> 01:00:48,200
Casara alí cunha moza
dunha familia adiñeirada de comerciantes.
506
01:00:49,200 --> 01:00:50,840
Fixéranse cargo da empresa.
507
01:00:53,800 --> 01:00:55,240
E veu a Kristallnacht.
508
01:00:55,800 --> 01:01:00,200
Saíde! Rápido! A vosa peste
xa contaminou abondo a nosa vila!
509
01:01:00,200 --> 01:01:04,280
A vosa vila? Os meus antepasados
axudaron a construír a vosa vila.
510
01:01:04,280 --> 01:01:06,920
Ou xa o esqueceu, señor Robert Schlick?
511
01:01:06,920 --> 01:01:08,360
Non vos entendo.
512
01:01:09,120 --> 01:01:11,080
Nunca vos fixemos mal ningún.
513
01:01:11,680 --> 01:01:14,240
Vós! Vós fostes os que matastes a Xesús!
514
01:01:14,240 --> 01:01:16,400
A escoura coma ti! Si!
515
01:01:17,320 --> 01:01:20,200
Desde cando che importa
Deus, Wilhelm Reinkober?
516
01:01:20,200 --> 01:01:22,520
Levas anos sen vir á igrexa.
517
01:01:22,520 --> 01:01:24,920
Preocúpame o benestar do pobo alemán.
518
01:01:24,920 --> 01:01:27,640
Exacto! Morre, xudeu!
519
01:01:27,640 --> 01:01:31,360
Johannes sabía que aquí
se enfrontarían a un futuro terríbel.
520
01:01:31,360 --> 01:01:33,720
El e a súa muller venderon a empresa.
521
01:01:33,720 --> 01:01:37,680
Querían emigrar
a Palestina cos Löwenstein,
522
01:01:37,680 --> 01:01:41,320
pero... os seus pais non querían ir.
523
01:01:41,840 --> 01:01:43,040
Negáronse.
524
01:01:46,080 --> 01:01:47,440
O seu fogar era aquí.
525
01:01:49,080 --> 01:01:50,160
Eles eran alemáns.
526
01:01:50,160 --> 01:01:51,720
Puta xudía!
527
01:01:53,600 --> 01:01:57,040
Pero vós toleastes?
Que facedes? Polo amor de Deus!
528
01:02:05,040 --> 01:02:08,480
O ouro debía vir da venda da empresa.
529
01:02:09,000 --> 01:02:11,360
A turba non reparou nel,
530
01:02:12,000 --> 01:02:15,160
agás Sonja e eses outros canallas.
531
01:02:15,160 --> 01:02:16,160
Ven aquí!
532
01:02:16,760 --> 01:02:18,000
Como é posíbel iso?
533
01:02:18,640 --> 01:02:21,160
Algunha vez viches alguén cegado pola ira?
534
01:02:21,960 --> 01:02:23,720
Levo seis anos na guerra.
535
01:02:24,680 --> 01:02:26,640
Eu mesmo estiven cegado pola ira.
536
01:02:26,640 --> 01:02:27,960
Morre, porco!
537
01:02:35,920 --> 01:02:36,960
Vinme paralizado.
538
01:02:37,480 --> 01:02:40,080
Non podía crer
que estivese a pasar aquilo.
539
01:02:40,840 --> 01:02:43,080
Ninguén volveu falar daquela noite.
540
01:02:44,960 --> 01:02:47,600
É coma se nunca ocorrese.
541
01:02:49,760 --> 01:02:52,120
Coma se os Löwenstein nunca existisen.
542
01:02:52,640 --> 01:02:56,480
Rumoreouse que arrestaran
a Johannes Löwenstein e a súa muller
543
01:02:56,480 --> 01:02:58,560
antes de embarcaren a Palestina.
544
01:02:59,120 --> 01:03:04,640
Iso explicaría por que as SS non deixaron
pedra sen mover na casa dos Löwenstein.
545
01:03:04,640 --> 01:03:05,560
E o ouro?
546
01:03:06,160 --> 01:03:09,880
Agochárono o alcalde, Reinkober e Wirtz.
547
01:03:11,000 --> 01:03:14,880
Quererían esperar a que se calmase
a cousa. Logo veu a guerra.
548
01:03:15,560 --> 01:03:19,520
- E, agora, as SS levarán o ouro.
- Non, diso nada.
549
01:03:29,200 --> 01:03:30,400
Non pode ser.
550
01:03:31,880 --> 01:03:32,920
Aquí...
551
01:03:34,960 --> 01:03:35,840
non hai nada.
552
01:03:39,200 --> 01:03:40,040
Onde está?
553
01:03:41,640 --> 01:03:45,160
Que pasa? Pensas que o colleu un de nós?
554
01:03:45,840 --> 01:03:46,760
Ti dirás.
555
01:03:48,520 --> 01:03:51,680
Robert. Só puido ser Robert.
556
01:03:52,440 --> 01:03:53,400
E está morto.
557
01:03:55,400 --> 01:03:56,520
Onde vai o ouro?
558
01:03:56,520 --> 01:03:58,040
Estás moi trabucada.
559
01:03:58,680 --> 01:04:02,880
Ai, si? E de onde sacaches
o diñeiro para arranxar o tellado?
560
01:04:03,480 --> 01:04:08,080
Pero isto que é? Agora vésme ti
co mesmo conto? Pois se cadra telo ti!
561
01:04:08,080 --> 01:04:10,360
Non te me achegues, aproveitado!
562
01:04:10,360 --> 01:04:11,800
Cala a boca, tollido!
563
01:04:16,400 --> 01:04:19,520
Parvo do carallo.
Devólveme a perna agora mesmo!
564
01:04:22,880 --> 01:04:24,600
Agarda, aquí hai algo!
565
01:04:25,120 --> 01:04:27,160
Que é? O ouro?
566
01:04:37,760 --> 01:04:39,240
"Non roubarás.
567
01:04:40,040 --> 01:04:41,320
Non matarás."
568
01:04:52,240 --> 01:04:53,520
O puto corvo negro.
569
01:04:55,320 --> 01:04:56,560
Onde está agora?
570
01:05:01,920 --> 01:05:02,880
Na igrexa.
571
01:05:03,480 --> 01:05:06,080
Non queriamos que eses asasinos o levasen.
572
01:05:10,680 --> 01:05:12,320
Móstreme onde está.
573
01:05:12,320 --> 01:05:13,520
Que pensa facer?
574
01:05:14,640 --> 01:05:16,400
Darlles ás SS o que queren.
575
01:05:21,640 --> 01:05:24,680
Se a xente soubese
que levaba aquí todo este tempo...
576
01:07:52,080 --> 01:07:53,880
Que fas aí tirada?
577
01:07:56,880 --> 01:08:00,000
Saíuseme o anel do dedo.
Éme un pouco grande.
578
01:08:01,720 --> 01:08:03,160
Axustarémolo.
579
01:08:07,040 --> 01:08:09,040
Iso que dixeches ía en serio?
580
01:08:09,520 --> 01:08:10,640
O que?
581
01:08:12,720 --> 01:08:14,520
O de que sempre me protexerás.
582
01:08:20,880 --> 01:08:22,840
Até o fin das nosas vidas.
583
01:08:37,440 --> 01:08:38,280
Grazas.
584
01:09:02,800 --> 01:09:05,440
Que fixeches?
585
01:09:30,840 --> 01:09:33,160
Eu quería o meu irmán, fillo de puta.
586
01:09:39,280 --> 01:09:41,080
Veña, que durmades ben, si?
587
01:09:41,080 --> 01:09:43,640
Diso nada! Sacaremos
o corvo da cama agora.
588
01:09:47,960 --> 01:09:48,920
Non fará falta.
589
01:10:03,280 --> 01:10:05,640
A este non o malles, que o precisamos.
590
01:10:05,640 --> 01:10:07,320
Ha de aguantar ben.
591
01:10:07,320 --> 01:10:08,360
Non si, santón?
592
01:10:17,200 --> 01:10:18,040
Velaquí ten.
593
01:10:21,920 --> 01:10:23,160
- Tome.
- Grazas.
594
01:10:26,440 --> 01:10:27,480
Merda!
595
01:10:29,480 --> 01:10:33,120
Os ianquis atravesaron a fronte.
Chegarán en cousa de horas.
596
01:10:33,720 --> 01:10:36,800
- Non marcharemos sen o ouro.
- Perdemos a guerra.
597
01:10:36,800 --> 01:10:40,120
E que? Mentres ese tolo
vestido de desenfeluxador estea...
598
01:10:40,920 --> 01:10:41,760
Ao chan!
599
01:10:58,080 --> 01:10:59,160
Ei, vós!
600
01:11:00,960 --> 01:11:02,760
O carallo do soldado.
601
01:11:22,040 --> 01:11:23,640
Que queres?
602
01:11:23,640 --> 01:11:24,560
A moza.
603
01:11:25,720 --> 01:11:27,400
A cambio, dareivos o ouro.
604
01:11:28,320 --> 01:11:29,320
Ten o ouro.
605
01:11:31,080 --> 01:11:32,080
Non me digas.
606
01:11:36,320 --> 01:11:38,120
Vouna buscar, soldado!
607
01:11:38,120 --> 01:11:39,200
Que sexa rápido!
608
01:11:53,640 --> 01:11:55,040
Tenente coronel!
609
01:11:57,040 --> 01:11:58,640
Tenente coronel!
610
01:12:02,800 --> 01:12:05,920
Tenente coronel! Está aquí o soldado!
611
01:12:06,760 --> 01:12:07,920
Ten o ouro!
612
01:12:10,240 --> 01:12:11,440
Tenente coronel?
613
01:12:17,560 --> 01:12:18,560
Que pasa?
614
01:12:39,240 --> 01:12:40,080
Merda.
615
01:12:49,720 --> 01:12:51,040
E von Starnfeld?
616
01:12:51,040 --> 01:12:54,000
O moi cagón tomou a cápsula de cianuro
617
01:12:54,000 --> 01:12:56,000
tras o sermón da vitoria final.
618
01:12:56,000 --> 01:12:57,040
Puto imbécil.
619
01:12:57,560 --> 01:12:59,720
- E a rapaza?
- Desapareceu.
620
01:13:00,920 --> 01:13:01,760
E agora que?
621
01:13:03,760 --> 01:13:05,160
Agora estou ao mando.
622
01:13:08,920 --> 01:13:10,200
Que pasa coa moza?
623
01:13:20,120 --> 01:13:21,240
Está aquí comigo!
624
01:13:22,480 --> 01:13:24,040
Vou saír con ela agora!
625
01:13:33,640 --> 01:13:34,480
Para!
626
01:13:35,320 --> 01:13:36,800
Que veña soa.
627
01:13:37,400 --> 01:13:39,360
Veña, move o cu, granxeira!
628
01:13:43,120 --> 01:13:45,760
Máis rápido, Elsa. Bule.
629
01:13:49,960 --> 01:13:50,960
Saca a chaqueta.
630
01:13:55,920 --> 01:13:57,280
Ao chan!
631
01:14:09,160 --> 01:14:11,200
Braun! Que fai?
632
01:14:11,800 --> 01:14:13,080
Nin idea.
633
01:14:13,080 --> 01:14:14,280
Cúbreme.
634
01:14:14,880 --> 01:14:15,720
Entendido.
635
01:14:27,640 --> 01:14:28,720
Grazas a Deus!
636
01:14:33,640 --> 01:14:34,640
E Heinrich?
637
01:14:35,880 --> 01:14:38,440
- Que?
- Quería pagar para que te liberasen.
638
01:14:39,280 --> 01:14:41,960
Oín unha explosión e disparos.
639
01:14:43,080 --> 01:14:44,160
Teño que volver.
640
01:14:45,800 --> 01:14:46,880
Así non.
641
01:14:47,880 --> 01:14:48,720
Ven comigo.
642
01:15:06,360 --> 01:15:08,200
Quen pensas que os cazou?
643
01:15:09,240 --> 01:15:14,600
Cervos, corzos, xabaríns...
Tívenos todos a tiro.
644
01:15:14,600 --> 01:15:17,480
Se só feres o animal, pode ser perigoso.
645
01:15:17,480 --> 01:15:20,400
Nese caso, tes que
sacar o coitelo e achegarte.
646
01:15:20,960 --> 01:15:23,920
Unha vez, un xabarín ferido
viña cara a min.
647
01:15:24,480 --> 01:15:26,920
- Pareino con isto.
- Encantaríame oílo.
648
01:15:26,920 --> 01:15:29,200
Pero hai uns porcos nazis que cazar.
649
01:15:32,280 --> 01:15:33,360
Onde está o ouro?
650
01:15:35,480 --> 01:15:38,240
Que pasou con aquela rapaciña tan boa?
651
01:15:39,280 --> 01:15:40,680
A que bauticei eu.
652
01:15:41,520 --> 01:15:42,800
Non roubarás?
653
01:15:44,000 --> 01:15:45,640
Fala, ladrón de merda!
654
01:15:45,640 --> 01:15:48,280
Oístes ese estalido? Que foi iso?
655
01:15:48,800 --> 01:15:50,520
Bátelle co pico no xeonllo.
656
01:15:51,480 --> 01:15:55,440
Sonja, para, por favor. Vai espertar
a toda a vila cos seus berros.
657
01:15:55,440 --> 01:15:56,720
Fai o que queiras.
658
01:16:00,320 --> 01:16:01,480
Vamos onda Irmgard.
659
01:16:04,600 --> 01:16:06,840
Sei que compartes cama con esa viúva.
660
01:16:07,960 --> 01:16:10,120
Que foi do celibato?
661
01:16:16,240 --> 01:16:17,920
Estanlle a pór vendas.
662
01:16:20,120 --> 01:16:22,840
Non imos cancelar a cacería por iso.
663
01:16:27,000 --> 01:16:28,120
"Querido Heinrich:
664
01:16:28,680 --> 01:16:31,680
Dóeme na alma
ter que escribirche estas palabras.
665
01:16:32,440 --> 01:16:35,840
Lisbeth e Karl non sobreviviron ao ataque.
666
01:16:37,080 --> 01:16:39,080
Quedaron sepultados no soto.
667
01:16:39,840 --> 01:16:43,000
Porén, Lotte está sa e salva.
668
01:16:43,000 --> 01:16:45,080
Acollémola na casa.
669
01:16:46,000 --> 01:16:47,080
Cóidate moito.
670
01:16:48,480 --> 01:16:49,320
Grete."
671
01:16:55,440 --> 01:16:57,360
Rómpelle a un o corazón, non si?
672
01:16:57,360 --> 01:16:58,840
Voume botar a chorar.
673
01:17:06,600 --> 01:17:08,440
Que ben terte aquí, soldado.
674
01:17:15,400 --> 01:17:18,000
Por sorte, somos do mesmo grupo sanguíneo.
675
01:17:24,840 --> 01:17:27,080
Agora dime onde está o ouro.
676
01:17:31,800 --> 01:17:33,280
Se non, irei a Hagen
677
01:17:34,320 --> 01:17:36,400
e atoparei a túa mocosa. Xúrocho.
678
01:17:37,160 --> 01:17:39,440
Despois afogareina nun caldeiro.
679
01:17:41,400 --> 01:17:42,720
En fin...
680
01:17:43,320 --> 01:17:44,840
Onde está o ouro?
681
01:17:52,880 --> 01:17:53,880
Vale, onde?
682
01:17:54,480 --> 01:17:55,600
No altar.
683
01:17:56,160 --> 01:17:58,080
A cuberta de mármore móvese.
684
01:17:59,440 --> 01:18:00,760
Veña, a que esperades?
685
01:18:00,760 --> 01:18:02,200
Si...
686
01:18:04,040 --> 01:18:05,400
Que pensabas facer?
687
01:18:08,640 --> 01:18:11,080
Ter unha boa vida coa viúva?
688
01:18:11,960 --> 01:18:14,360
Se cadra non todos somos coma ti, Sonja.
689
01:18:16,960 --> 01:18:18,400
Déixate de leccións.
690
01:18:22,240 --> 01:18:23,480
Móvete, soldado.
691
01:18:23,480 --> 01:18:25,800
Non finxas estar canso.
692
01:18:25,800 --> 01:18:27,200
Á igrexa!
693
01:18:27,720 --> 01:18:28,960
Agarda.
694
01:18:28,960 --> 01:18:30,960
Van levar unha boa sorpresa.
695
01:18:33,920 --> 01:18:34,760
Si!
696
01:18:35,680 --> 01:18:36,680
O ouro está aquí.
697
01:18:42,120 --> 01:18:43,400
Isto que é?
698
01:18:47,480 --> 01:18:48,320
Fillo de puta.
699
01:19:07,000 --> 01:19:08,360
Que carallo foi iso?
700
01:19:09,480 --> 01:19:11,720
A saber. Igual foi a ira de Deus.
701
01:19:30,800 --> 01:19:32,160
Bo día, corvo!
702
01:19:37,640 --> 01:19:39,720
Xusto a tempo para a misa da mañá!
703
01:19:48,000 --> 01:19:49,960
A cona que me pariu.
704
01:20:01,680 --> 01:20:04,400
Que par de desalmados fillos de puta.
705
01:20:04,400 --> 01:20:05,920
Unha bomba trampa?
706
01:20:09,200 --> 01:20:10,400
- Heinrich.
- Elsa!
707
01:20:12,560 --> 01:20:13,880
Elsa, para.
708
01:20:40,320 --> 01:20:42,960
Braun, colle unha caixa no camión.
709
01:20:42,960 --> 01:20:43,880
Á orde.
710
01:20:45,200 --> 01:20:46,120
E ti...
711
01:20:47,720 --> 01:20:48,560
ven aquí.
712
01:20:55,640 --> 01:20:59,600
Igual ao final lle fago unha visita
á túa filla. Que che parece?
713
01:21:01,600 --> 01:21:02,640
Soldado?
714
01:21:03,840 --> 01:21:04,920
Non te oio.
715
01:21:12,760 --> 01:21:14,040
A cuberto!
716
01:21:18,840 --> 01:21:20,400
Tremendo.
717
01:21:23,600 --> 01:21:24,600
Merda.
718
01:21:25,640 --> 01:21:26,600
Corre!
719
01:22:01,520 --> 01:22:03,400
A cona que me botou.
720
01:22:10,680 --> 01:22:12,800
- Que foi iso?
- Quen disparou?
721
01:22:14,640 --> 01:22:15,760
Non!
722
01:22:26,200 --> 01:22:27,040
Heinrich.
723
01:22:33,920 --> 01:22:34,880
Dáme unha arma!
724
01:22:42,160 --> 01:22:43,320
Puta merda!
725
01:23:03,600 --> 01:23:06,920
Non es máis que unha vella puta.
726
01:23:24,040 --> 01:23:27,080
Díxencho. Os xabaríns feridos
son os máis perigosos.
727
01:23:29,280 --> 01:23:30,120
Hostia.
728
01:23:35,760 --> 01:23:36,600
Non!
729
01:23:39,840 --> 01:23:40,680
Elsa.
730
01:23:42,560 --> 01:23:43,400
Elsa.
731
01:23:45,800 --> 01:23:47,520
Elsa.
732
01:24:30,200 --> 01:24:31,040
Merda!
733
01:24:44,520 --> 01:24:45,360
Elsa.
734
01:24:58,680 --> 01:25:00,040
Que, parelliña?
735
01:25:01,800 --> 01:25:03,400
Estouvos estragando a voda?
736
01:25:21,560 --> 01:25:22,800
Ai, soldado.
737
01:25:31,480 --> 01:25:33,480
Ti es das perigosas.
738
01:26:44,880 --> 01:26:46,000
Queres o ouro?
739
01:26:47,680 --> 01:26:48,600
Come ouro!
740
01:29:00,040 --> 01:29:00,880
Vamos.
741
01:29:18,720 --> 01:29:20,440
En directo desde Londres.
742
01:29:21,800 --> 01:29:23,480
Noticia de última hora:
743
01:29:23,480 --> 01:29:28,120
a radio alemá
acaba de anunciar que Hitler morreu.
744
01:29:29,080 --> 01:29:30,480
Repito:
745
01:29:30,480 --> 01:29:35,440
a radio alemá
acaba de anunciar que Hitler morreu.
746
01:29:52,160 --> 01:29:53,160
Diana!
747
01:29:54,080 --> 01:29:57,200
Non deberiamos dar
un tiro de advertencia ou algo?
748
01:29:57,200 --> 01:30:01,280
Quero dicir, a guerra xa rematou.
Renderíanse, non?
749
01:30:01,800 --> 01:30:04,000
Que tes, Baker? Vaste pór sentimental
750
01:30:04,000 --> 01:30:07,000
porque uns kartoffels
levaron o seu merecido?
751
01:30:07,520 --> 01:30:09,760
- Non, só digo...
- Cala a boca, Baker.
752
01:30:12,200 --> 01:30:13,560
Hostia!
753
01:30:20,560 --> 01:30:23,280
Sarxento, veña ver isto.
754
01:30:24,120 --> 01:30:25,040
Que é?
755
01:30:25,640 --> 01:30:27,920
Ten que velo cos seus propios ollos!
756
01:30:32,000 --> 01:30:33,320
Hai un monte deles.
757
01:30:34,080 --> 01:30:36,200
Alguén vai bañarse en ouro.
758
01:30:36,840 --> 01:30:37,800
A cona.
759
01:30:38,920 --> 01:30:39,880
Premio.
760
01:30:41,440 --> 01:30:43,400
Haberá que informar disto, non?
761
01:30:44,560 --> 01:30:45,440
Si, claro.
762
01:30:48,800 --> 01:30:51,520
Ou, se cadra, non...
763
01:30:52,520 --> 01:30:53,640
Boa decisión.
764
01:30:54,800 --> 01:30:57,720
- Collede un par de caixas do tanque.
- Á orde!
765
01:30:58,640 --> 01:31:00,000
Recollede os lingotes.
766
01:31:00,000 --> 01:31:02,760
Colle ese de aí, tío. Ah, e esoutro tamén.
767
01:31:03,280 --> 01:31:05,880
Veña, máis rápido! Hai que liscar de aquí!
768
01:31:05,880 --> 01:31:10,080
Encántame Alemaña, meu.
É o mellor sitio do mundo.
769
01:31:12,360 --> 01:31:15,960
{\an8}HAGEN, ALEMAÑA
770
01:31:38,560 --> 01:31:39,400
Sr. Wahrlich?
771
01:31:40,040 --> 01:31:41,240
Heinrich?
772
01:31:41,240 --> 01:31:42,480
Grete, mira.
773
01:31:42,480 --> 01:31:43,520
Veu Heinrich.
774
01:31:44,480 --> 01:31:47,440
Mira, Lottchen. É o teu papá.
775
01:31:58,200 --> 01:31:59,200
Ola, Lottchen.
776
01:32:02,520 --> 01:32:03,440
Papá!
777
01:32:10,400 --> 01:32:11,400
Papá.
778
01:34:34,200 --> 01:34:37,120
Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso