1 00:00:30,713 --> 00:00:31,546 Si. 2 00:00:32,630 --> 00:00:35,755 Aquí estamos, na cabana onde escribo. 3 00:00:37,005 --> 00:00:39,838 Levo 30 anos nesta cabana. 4 00:00:40,755 --> 00:00:42,963 É importante, antes de comezar, 5 00:00:43,046 --> 00:00:46,380 asegurarse de que estea todo o que me vai facer falta. 6 00:00:48,088 --> 00:00:49,630 Tabaco, claro. 7 00:00:50,338 --> 00:00:52,213 Café, bombóns. 8 00:00:54,463 --> 00:00:57,963 Sempre teño que ter un lapis afiado antes de comezar. 9 00:00:59,921 --> 00:01:03,505 Teño seis lapis, e logo gústame limpar o caderno. 10 00:01:05,671 --> 00:01:07,296 Miren cantas migas de goma. 11 00:01:08,838 --> 00:01:09,671 Xa está. 12 00:01:12,005 --> 00:01:13,880 E logo empézase. 13 00:01:17,213 --> 00:01:20,755 Normalmente hai que facer algunhas correccións. 14 00:01:23,463 --> 00:01:24,296 Si. 15 00:01:29,255 --> 00:01:30,171 A ver… 16 00:01:34,255 --> 00:01:38,046 Henry Sugar tiña 41 anos, era solteiro e rico. 17 00:01:38,671 --> 00:01:41,630 Era rico porque seu pai, que xa morrera, era rico. 18 00:01:41,713 --> 00:01:45,796 E solteiro porque era moi egoísta para compartir os cartos coa muller. 19 00:01:45,880 --> 00:01:50,296 Medía 1,90 e igual non era tan guapo como a el lle parecía. 20 00:01:50,380 --> 00:01:52,963 Prestáballe moita atención á roupa. 21 00:01:53,046 --> 00:01:55,255 Facía os traxes nunha xastraría cara, 22 00:01:55,338 --> 00:01:58,671 as camisas nunha camisaría e os zapatos nunha zapataría. 23 00:01:58,755 --> 00:02:01,588 O barbeiro recortáballe o pelo cada dez días 24 00:02:01,671 --> 00:02:04,463 e sempre lle facían a manicura ao mesmo tempo. 25 00:02:04,546 --> 00:02:06,046 Tiña un Ferrari, 26 00:02:06,130 --> 00:02:09,088 que lle custara case tanto coma unha casa de campo. 27 00:02:10,296 --> 00:02:14,005 Todos os seus amigos eran ricos e el na vida pegara pau. 28 00:02:15,046 --> 00:02:19,630 Os homes coma Henry Sugar andan á deriva polo mundo coma as algas. 29 00:02:19,713 --> 00:02:23,380 Non son especialmente malos, pero tampouco son bos homes. 30 00:02:24,505 --> 00:02:26,463 Forman parte do decorado. 31 00:02:28,421 --> 00:02:30,630 Todos os ricos coma Henry 32 00:02:30,713 --> 00:02:34,963 teñen unha peculiaridade común: un terrible desexo de seren máis ricos. 33 00:02:35,838 --> 00:02:38,796 Dez millóns nunca chegan a nada, e 20 tampouco. 34 00:02:38,880 --> 00:02:41,713 Teñen un desexo insaciable de máis cartos 35 00:02:41,796 --> 00:02:45,255 e terror a espertar un día e non topar nada no banco. 36 00:02:45,338 --> 00:02:48,546 Usan varios métodos para aumentar a súa fortuna. 37 00:02:48,630 --> 00:02:51,338 Uns mercan accións e miran como soben e baixan. 38 00:02:51,421 --> 00:02:56,338 Outros mercan terra, arte ou diamantes. Ou apostan no casino ou aos cabalos. 39 00:02:56,421 --> 00:02:58,463 E outros apostan ao que sexa. 40 00:02:58,546 --> 00:03:02,546 Henry Sugar era un deles, e non lle torcía o bico a trampear. 41 00:03:03,505 --> 00:03:08,171 Unha fin de semana de verán, Henry foi ver a Sir William W. ao campo. 42 00:03:08,255 --> 00:03:10,588 A casa era espléndida, tamén o xardín. 43 00:03:10,671 --> 00:03:14,046 Pero cando Henry chegou aquel sábado, estaba arroiando. 44 00:03:14,130 --> 00:03:17,546 O anfitrión e os outros convidados pasaron a tarde xogando, 45 00:03:17,630 --> 00:03:21,255 mentres Henry miraba como petaba a choiva na ventá. 46 00:03:21,796 --> 00:03:24,380 Henry saíu do salón e foi cara ao vestíbulo. 47 00:03:25,255 --> 00:03:29,380 Paseou pola casa sen rumbo e finalmente entrou na biblioteca. 48 00:03:32,463 --> 00:03:36,130 O pai de William coleccionaba libros e as paredes da biblioteca 49 00:03:36,213 --> 00:03:39,380 estaban cubertas de libros anticuados e encadernados. 50 00:03:39,463 --> 00:03:40,796 Non lle interesaban. 51 00:03:40,880 --> 00:03:44,296 Só lía novela policial e negra, e alí non había diso. 52 00:03:44,380 --> 00:03:45,338 Xa ía marchar 53 00:03:45,421 --> 00:03:48,921 cando os seus ollos se pousaron en algo diferente. 54 00:03:49,005 --> 00:03:53,130 Era delgadiño, non o vería se non destacase entre os outros libros. 55 00:03:53,630 --> 00:03:54,963 Colleuno do estante. 56 00:03:55,463 --> 00:03:59,296 Era só un libro de exercicios dos que usan os nenos na escola. 57 00:03:59,380 --> 00:04:01,713 A cuberta era azul, sen nada escrito. 58 00:04:01,796 --> 00:04:05,755 A primeira páxina, escrita á man con letra negra e clara, dicía: 59 00:04:05,838 --> 00:04:08,630 INFORME SOBRE IMDAD KHAN O HOME QUE VE SEN OLLOS 60 00:04:08,713 --> 00:04:12,421 Que estraño! Que raro! Que é isto? 61 00:04:13,296 --> 00:04:16,380 Acomodouse nunha poltrona e comezou polo principio. 62 00:04:16,880 --> 00:04:19,880 Isto é o que Henry leu no caderno de exercicios. 63 00:04:25,088 --> 00:04:29,005 Son Z. Z. Chatterjee, xefe de cirurxía do Hospital de Calcuta. 64 00:04:29,088 --> 00:04:33,296 O 2 de decembro de 1935, estaba na sala de descanso tomando un té. 65 00:04:33,380 --> 00:04:37,005 Estaban outros tres doutores: Marshall, Mitra e Macfarlane. 66 00:04:37,088 --> 00:04:38,505 Chamaron á porta. 67 00:04:38,588 --> 00:04:39,755 "Adiante", dixen. 68 00:04:41,546 --> 00:04:44,380 Desculpen, señores. Pódolles pedir un favor? 69 00:04:44,963 --> 00:04:46,505 Este cuarto é privado. 70 00:04:46,588 --> 00:04:48,755 Xa sei. Perdón por entrar así, 71 00:04:48,838 --> 00:04:51,880 pero teño algo interesante para mostrarlles. 72 00:04:51,963 --> 00:04:54,213 Estabamos enfadados e non contestamos. 73 00:04:55,255 --> 00:04:59,380 Señores, eu vexo sen usar os ollos. 74 00:05:00,380 --> 00:05:01,671 Pequeno, uns 60 anos, 75 00:05:01,755 --> 00:05:05,380 bigote branco, saíalle un mato de pelo negro polas orellas. 76 00:05:05,463 --> 00:05:08,296 Aínda que me venden a cabeza con 50 vendas, 77 00:05:08,380 --> 00:05:10,213 podo lerlles un libro igual. 78 00:05:10,713 --> 00:05:14,296 Parecía dicilo en serio. A min picoume a curiosidade. 79 00:05:14,380 --> 00:05:15,338 Pase, por favor. 80 00:05:22,171 --> 00:05:26,463 - Cantos dedos mostra o doutor Marshall? - Sete. 81 00:05:26,546 --> 00:05:27,838 - E agora? - Nove. 82 00:05:27,921 --> 00:05:29,255 - Agora? - Tres. 83 00:05:29,338 --> 00:05:30,755 - Agora? - Tres de novo. 84 00:05:30,838 --> 00:05:31,671 - E agora? 85 00:05:32,338 --> 00:05:33,255 Ningún. 86 00:05:34,630 --> 00:05:36,296 Hum. Cal é o truco? 87 00:05:36,796 --> 00:05:40,338 Non ten truco. Aprendín a facelo tras anos de adestramento. 88 00:05:40,421 --> 00:05:41,713 Que adestramento? 89 00:05:41,796 --> 00:05:44,213 Desculpe, pero iso é asunto privado. 90 00:05:45,213 --> 00:05:46,296 Que quería, entón? 91 00:05:46,380 --> 00:05:49,421 Son dun teatro ambulante. Chegamos hoxe a Calcuta. 92 00:05:49,505 --> 00:05:52,880 Á noite estreámonos no Royal Palace Hall. 93 00:05:52,963 --> 00:05:54,338 A min preséntanme como: 94 00:05:54,421 --> 00:05:56,713 Imdad Khan, o home que ve sen ollos. 95 00:05:56,796 --> 00:06:00,255 Cando a compañía chega a unha cidade, vou a un hospital 96 00:06:00,338 --> 00:06:03,796 e pídolles aos médicos que me venden os ollos a conciencia. 97 00:06:03,880 --> 00:06:06,130 É importante que o fagan doutores 98 00:06:06,213 --> 00:06:08,213 para que non se pense que trampeo. 99 00:06:08,296 --> 00:06:11,046 Logo saio á rúa e fago algo perigoso. 100 00:06:11,130 --> 00:06:12,546 Mirei os outros tres. 101 00:06:12,630 --> 00:06:15,755 Mitra e Macfarlane tiñan que atender os pacientes. 102 00:06:15,838 --> 00:06:18,546 - Marshall dixo… - Por que non? Fagámolo ben. 103 00:06:18,630 --> 00:06:20,713 Asegurémonos de que non vexa nada. 104 00:06:20,796 --> 00:06:23,296 Son moi amables. Fagan o que queiran. 105 00:06:23,380 --> 00:06:27,296 Antes de vendalo, cubrímoslle os ollos con algo suave e duro. 106 00:06:27,380 --> 00:06:29,505 - Masa? - Xusto. Vai á panadaría. 107 00:06:29,588 --> 00:06:31,380 Eu voulle selar as pálpebras. 108 00:06:31,463 --> 00:06:34,005 Levei a Imdad polo corredor ao quirófano. 109 00:06:34,088 --> 00:06:35,296 Déitese aí. 110 00:06:35,380 --> 00:06:37,796 Collín un bote de colodión da lacena. 111 00:06:37,880 --> 00:06:39,921 Vou pegar as pálpebras con isto. 112 00:06:40,005 --> 00:06:41,296 E logo como o quito? 113 00:06:41,380 --> 00:06:44,838 Bótelle alcohol debaixo das pestanas para disolvelo. 114 00:06:44,921 --> 00:06:48,713 Peche os ollos mentres se pon duro. Pasaron dous minutos. 115 00:06:48,796 --> 00:06:51,171 "Abra os ollos", dixen. Non daba, claro. 116 00:06:51,255 --> 00:06:55,130 Collín a pasta do doutor Marshall e pegueilla nun ollo a Imdad. 117 00:06:55,213 --> 00:06:56,421 Enchín toda a cunca 118 00:06:56,505 --> 00:06:59,005 ata que a masa se solapou coa pel. 119 00:06:59,088 --> 00:07:00,755 Fixen o mesmo co outro ollo. 120 00:07:00,838 --> 00:07:02,630 Calquei forte nos bordes. 121 00:07:02,713 --> 00:07:05,588 - É moi incómodo? - Non, para nada. Grazas. 122 00:07:05,671 --> 00:07:07,463 "Véndao", díxenlle a Marshall. 123 00:07:07,546 --> 00:07:09,046 Teño os dedos pegañentos. 124 00:07:09,130 --> 00:07:11,838 Claro. Poñémoslle isto aquí… 125 00:07:11,921 --> 00:07:15,338 O Dr. Marshall púxolle algodón sobre a masa dos ollos. 126 00:07:15,421 --> 00:07:16,380 Quedou pegado. 127 00:07:16,463 --> 00:07:17,421 Incorpórese. 128 00:07:18,130 --> 00:07:21,421 O Dr. Marshall púxolle unha venda de 7 cm na cabeza. 129 00:07:21,505 --> 00:07:23,838 Descúbranme o nariz para respirar. 130 00:07:23,921 --> 00:07:24,838 Claro. 131 00:07:25,838 --> 00:07:28,671 Desculpe, vai quedar algo apertada. 132 00:07:31,255 --> 00:07:32,171 Que tal? 133 00:07:32,255 --> 00:07:33,255 Perfecto. 134 00:07:33,338 --> 00:07:35,713 Parece que tivo unha operación cerebral. 135 00:07:35,796 --> 00:07:36,671 Séntalle ben? 136 00:07:36,755 --> 00:07:37,838 Moi ben. 137 00:07:37,921 --> 00:07:40,921 Felicítoos polo seu meticuloso traballo, señores. 138 00:07:41,005 --> 00:07:43,588 Imdad Khan ergueuse e dirixiuse á porta. 139 00:07:51,296 --> 00:07:54,505 Manda truco! Viches iso? Puxo a man xusto no picaporte. 140 00:07:54,588 --> 00:07:55,963 Marshall deixou de rir. 141 00:07:56,546 --> 00:07:59,588 Imdad andaba normal, bastante rápido, polo corredor. 142 00:07:59,671 --> 00:08:03,005 Seguiámolo a uns cinco metros. Arrepiaba ver este home 143 00:08:03,088 --> 00:08:06,005 coa cabeza totalmente vendada andar coma se nada… 144 00:08:06,088 --> 00:08:07,213 "Viuno!", berrei. 145 00:08:07,296 --> 00:08:09,463 Viu ese carro. Isto é incrible! 146 00:08:09,963 --> 00:08:11,338 Marshall non contestou. 147 00:08:11,421 --> 00:08:13,755 Tiña a cara tesa de incredulidade. 148 00:08:14,255 --> 00:08:16,713 Imdad baixou as escaleiras sen problema. 149 00:08:16,796 --> 00:08:18,171 Nin agarrou a varanda. 150 00:08:18,255 --> 00:08:20,630 Subían varias persoas. Vexan a reacción. 151 00:08:21,880 --> 00:08:24,921 No fondo das escaleiras, virou e saíu á rúa. 152 00:08:25,796 --> 00:08:27,755 Marshall e eu seguímolo de preto. 153 00:08:28,255 --> 00:08:31,338 Abaixo, uns 100 nenos descalzos berraban e acenaban 154 00:08:31,421 --> 00:08:33,213 cara ao home da cabeza branca. 155 00:08:33,296 --> 00:08:35,505 Saudounos erguendo as dúas mans. 156 00:08:35,588 --> 00:08:38,921 Colleu unha bicicleta, subiu e fixo un oito no patio. 157 00:08:39,005 --> 00:08:41,713 Os nenos descalzos seguíano, animándoo e rindo. 158 00:08:41,796 --> 00:08:44,588 Saíu e meteuse nunha rúa con moito tráfico, 159 00:08:44,671 --> 00:08:47,546 con coches pitando e indo en todas direccións. 160 00:08:48,088 --> 00:08:49,338 Guiábaa de marabilla. 161 00:08:49,880 --> 00:08:51,338 Vímolo un minuto máis. 162 00:08:51,838 --> 00:08:53,796 Logo virou e perdémolo de vista. 163 00:08:53,880 --> 00:08:57,380 - "Non dou creto", dixo Marshall. - Non dou creto. 164 00:08:57,463 --> 00:08:58,963 "Eu tampouco", dixen. 165 00:08:59,046 --> 00:09:00,713 Acabamos de ver un milagre. 166 00:09:01,421 --> 00:09:03,880 O resto do día atendín pacientes. 167 00:09:03,963 --> 00:09:06,630 Ás seis da tarde, fun cambiarme ao piso. 168 00:09:06,713 --> 00:09:08,046 Ducheime en auga fría. 169 00:09:08,130 --> 00:09:11,505 Tomei un whisky na terraza cunha toalla na cintura. 170 00:09:11,588 --> 00:09:14,671 Ás sete menos dez, cheguei ao Royal Palace Hall. 171 00:09:14,755 --> 00:09:16,005 Durou dúas horas. 172 00:09:16,088 --> 00:09:19,755 Gustoume. O malabarista, o encantador de serpes, o tragalumes, 173 00:09:19,838 --> 00:09:22,755 o tragasabres que meteu un estoque ata o estómago. 174 00:09:22,838 --> 00:09:24,671 Con gran fanfarra de trompetas, 175 00:09:24,755 --> 00:09:27,005 Imdad Khan saíu facer o seu número. 176 00:09:27,088 --> 00:09:30,046 Chamaron espectadores para vendarlle os ollos. 177 00:09:30,130 --> 00:09:32,255 Espetou coitelos arredor dun rapaz 178 00:09:32,338 --> 00:09:34,546 e disparoulle a unha lata na cabeza. 179 00:09:34,630 --> 00:09:38,546 Logo, puxéronlle un barril metálico por riba da cabeza vendada. 180 00:09:38,630 --> 00:09:42,296 O rapaz púxolle unha agulla nunha man e un fío na outra. 181 00:09:42,380 --> 00:09:44,713 Puxéronlle unha lupa xigante diante 182 00:09:44,796 --> 00:09:46,380 e, sen dubidar, 183 00:09:46,463 --> 00:09:48,838 meteu o fío polo ollo da agulla. 184 00:09:54,213 --> 00:09:55,421 Quedei pasmado. 185 00:09:57,588 --> 00:10:00,130 No camerino, topei a Imdad sentado, 186 00:10:00,213 --> 00:10:01,630 quitando a maquillaxe. 187 00:10:01,713 --> 00:10:03,505 Ten curiosidade, doutor, non? 188 00:10:03,588 --> 00:10:04,671 "Moita", dixen. 189 00:10:04,755 --> 00:10:08,588 Chamoume a atención o mato de pelo negro que lle saía das orellas. 190 00:10:08,671 --> 00:10:10,963 Nunca vira nada semellante. 191 00:10:11,046 --> 00:10:13,588 Teño unha proposta. Non son escritor, 192 00:10:13,671 --> 00:10:17,130 pero, se me di como conseguiu o poder de ver sen ollos, 193 00:10:17,213 --> 00:10:18,838 eu anotareino fielmente 194 00:10:18,921 --> 00:10:23,213 e publicareino no British Medical Journal ou noutra revista famosa. 195 00:10:23,296 --> 00:10:25,255 Ser máis coñecido axudaríao? 196 00:10:25,338 --> 00:10:27,421 - Axudaríame moito. - Magnífico. 197 00:10:27,505 --> 00:10:30,338 Uso taquigrafía para escribir historiais médicos. 198 00:10:30,421 --> 00:10:33,505 Anotei todo o que Imdad me dixo, palabra por palabra. 199 00:10:33,588 --> 00:10:35,755 Cóntollelo tal como o contou. 200 00:10:37,046 --> 00:10:40,463 TODO O QUE ME DIXO IMDAD AQUELA TARDE (PALABRA POR PALABRA) 201 00:10:42,713 --> 00:10:45,796 Nacín no estado de Caxemira en 1873. 202 00:10:45,880 --> 00:10:48,963 Meu pai era revisor de tren. 203 00:10:49,046 --> 00:10:52,296 Un día, un mago veu actuar á nosa escola. 204 00:10:52,380 --> 00:10:53,838 Quedei abraiado. 205 00:10:53,921 --> 00:10:58,421 Ás dúas semanas, fuxín cos aforros cunha compañía de teatro ambulante. 206 00:10:58,505 --> 00:11:01,338 Iso foi no 1886, tiña eu 13 anos. 207 00:11:01,838 --> 00:11:02,921 Durante tres anos, 208 00:11:03,005 --> 00:11:05,505 viaxei coa compañía por todo o Punxab. 209 00:11:05,588 --> 00:11:08,130 Ao final, xa era a atracción principal. 210 00:11:08,213 --> 00:11:14,546 Fun aforrando cartos ata xuntar máis de 3000 rupias. 211 00:11:14,630 --> 00:11:19,963 Oín falar daquela dun iogui famoso que adquirira o poder de levitar. 212 00:11:20,046 --> 00:11:21,671 Dicíase que, cando rezaba, 213 00:11:21,755 --> 00:11:25,213 o seu corpo erguíase ata 45 centímetros do chan. 214 00:11:25,296 --> 00:11:27,255 Polo menos, un efecto tremendo. 215 00:11:28,380 --> 00:11:29,213 Bigote? 216 00:11:31,213 --> 00:11:33,213 Deixei a compañía de teatro 217 00:11:33,296 --> 00:11:36,380 e fun a unha vila na ribeira do Ganxes, 218 00:11:36,463 --> 00:11:38,380 onde dicían que vivía o iogui. 219 00:11:38,463 --> 00:11:40,838 Un día, un viaxeiro mencionou un ermitán 220 00:11:40,921 --> 00:11:44,588 que atopara preto de alí, na xungla profunda, só. 221 00:11:44,671 --> 00:11:46,005 Iso chegábame. 222 00:11:46,088 --> 00:11:48,171 Larguei alugar un carro de cabalos. 223 00:11:49,130 --> 00:11:50,796 Cando negociaba co cocheiro, 224 00:11:50,880 --> 00:11:53,380 apareceu un home que ía na mesma dirección 225 00:11:53,463 --> 00:11:55,963 e propuxo irmos xuntos, dividindo o custo. 226 00:11:56,463 --> 00:11:59,213 Vaia sortaza tiven! 227 00:11:59,296 --> 00:12:03,713 Falando co acompañante, souben que era discípulo do grande iogui 228 00:12:03,796 --> 00:12:06,546 e que precisamente ía visitar o seu mestre. 229 00:12:06,630 --> 00:12:07,505 Eu ceibei: 230 00:12:07,588 --> 00:12:10,421 "Ese é o home que eu busco. Podo coñecelo?" 231 00:12:10,505 --> 00:12:12,880 O acompañante miroume con calma. 232 00:12:13,380 --> 00:12:15,046 "Iso é imposible", dixo. 233 00:12:15,588 --> 00:12:18,755 Desde aquela, negouse a contestar as miñas preguntas. 234 00:12:18,838 --> 00:12:21,421 Pero si que souben un pequeno detalle: 235 00:12:21,505 --> 00:12:24,671 a hora do día en que o iogui comezaba a meditación. 236 00:12:24,755 --> 00:12:29,088 O acompañante acenou para deter o carro, baixou e marchou. 237 00:12:29,171 --> 00:12:31,671 Fixen que seguía, pero, tras unha curva, 238 00:12:31,755 --> 00:12:33,880 saltei e volvín polo mesmo camiño. 239 00:12:33,963 --> 00:12:36,380 O home xa desaparecera pola xungla. 240 00:12:37,088 --> 00:12:38,755 Oín renxer algo na maleza. 241 00:12:38,838 --> 00:12:41,130 Pensei: "Se non é el, é un tigre, 242 00:12:41,213 --> 00:12:43,755 que se abalanzará sobre min, esnaquizarame 243 00:12:43,838 --> 00:12:46,588 e comerame, arrancándome a carne a bocados." 244 00:12:48,005 --> 00:12:49,005 Era el. 245 00:12:51,171 --> 00:12:54,630 Non había miga de camiño por onde ía o home. 246 00:12:54,713 --> 00:12:57,005 Abría paso entre bambús altos 247 00:12:57,088 --> 00:12:58,880 e vexetación mesta e variada. 248 00:12:58,963 --> 00:13:02,880 Eu seguíao con sixilo, polo menos uns 100 metros por detrás. 249 00:13:02,963 --> 00:13:05,921 Cando o perdía de vista, que era case sempre, 250 00:13:06,005 --> 00:13:08,463 eu seguía o ruído dos seus pasos. 251 00:13:08,546 --> 00:13:11,755 Media hora durou o tenso xogo de seguir o líder. 252 00:13:11,838 --> 00:13:14,671 Logo, de súpeto, deixei de oílo. 253 00:13:14,755 --> 00:13:16,088 Parei e escoitei. 254 00:13:16,713 --> 00:13:18,588 De súpeto, a través da maleza, 255 00:13:18,671 --> 00:13:22,546 vin un claro e dúas pequenas cabanas. O corazón deume un chimpo. 256 00:13:22,630 --> 00:13:26,921 Había unha almofía ao pé da cabana, e unha alfombra para rezar. Encima, 257 00:13:27,005 --> 00:13:30,921 un gran baobab con preciosas pólas gordas e frondosas. 258 00:13:31,421 --> 00:13:33,713 Aguantei a gran calor do mediodía 259 00:13:33,796 --> 00:13:36,588 e a calor húmida e abafante da tarde, agardando. 260 00:13:36,671 --> 00:13:37,963 Preto das cinco, 261 00:13:38,046 --> 00:13:41,255 subín á árbore e agacheime entre as follas. 262 00:13:41,338 --> 00:13:45,671 Por fin, o iogui saíu da cabana e sentou coas pernas cruzadas na alfombra. 263 00:13:45,755 --> 00:13:48,255 Os seus movementos eran calmos e mainos. 264 00:13:48,338 --> 00:13:50,796 Puxo as mans nos xeonllos 265 00:13:50,880 --> 00:13:53,046 e respirou profundamente polo nariz, 266 00:13:53,130 --> 00:13:56,880 e xa vin que unha especie de resplandor se derretía sobre el. 267 00:13:56,963 --> 00:14:00,338 Durante 14 minutos, permaneceu inmóbil na mesma posición. 268 00:14:00,421 --> 00:14:04,005 Logo, vin, con toda certeza, 269 00:14:04,088 --> 00:14:06,463 o seu corpo erguerse do chan lentamente. 270 00:14:07,671 --> 00:14:11,380 30 cm, 40, 45, 50. 271 00:14:12,171 --> 00:14:13,838 60 cm por riba da alfombra. 272 00:14:14,338 --> 00:14:15,963 Na árbore, dixen para min: 273 00:14:16,046 --> 00:14:19,213 "Aí tes un home sentado no aire." 274 00:14:20,546 --> 00:14:24,463 46 minutos, polo meu reloxo, estivo suspendido o seu corpo. 275 00:14:24,546 --> 00:14:26,713 Logo baixou á terra amodo, 276 00:14:26,796 --> 00:14:29,338 ata pousar as nádegas na alfombra. 277 00:14:29,421 --> 00:14:31,921 Baixei da árbore e corrín cara a el. 278 00:14:32,005 --> 00:14:34,421 O grande iogui lavaba as mans e os pés. 279 00:14:34,505 --> 00:14:36,588 "Canto tempo levas aí?", preguntou. 280 00:14:36,671 --> 00:14:39,213 Colleu un ladrillo e tiroumo con tanta forza 281 00:14:39,296 --> 00:14:41,796 que o partiu en dous contra a miña perna. 282 00:14:41,880 --> 00:14:43,963 Aínda teño a cicatriz. Miren. 283 00:14:46,963 --> 00:14:48,713 Isto foi un golpe de sorte. 284 00:14:48,796 --> 00:14:51,921 O iogui non pode perder o control nin tirar ladrillos. 285 00:14:52,005 --> 00:14:56,255 O vello sentíase humillado, arrepentido e decepcionado consigo mesmo. 286 00:14:56,338 --> 00:14:59,630 Explicou que, aínda que non me collería de discípulo, 287 00:14:59,713 --> 00:15:02,546 ensinaríame algo informalmente 288 00:15:02,630 --> 00:15:04,630 para compensarme polo ataque, 289 00:15:04,713 --> 00:15:06,796 que eu tiña ben merecido. 290 00:15:07,296 --> 00:15:08,713 Isto foi no 1890. 291 00:15:09,213 --> 00:15:11,046 Eu tiña case 17 anos. 292 00:15:13,005 --> 00:15:15,255 Que ensinaba o grande iogui? 293 00:15:15,338 --> 00:15:16,505 Isto. 294 00:15:17,005 --> 00:15:18,463 A mente é dispersa. 295 00:15:18,546 --> 00:15:21,546 Ocúpase de miles de cousas á vez. 296 00:15:21,630 --> 00:15:24,255 Cousas que ves, que oes e que cheiras. 297 00:15:24,338 --> 00:15:27,296 Cousas que pensas e cousas que non queres pensar. 298 00:15:27,380 --> 00:15:29,255 Debes aprender a concentrarte 299 00:15:29,338 --> 00:15:33,130 en visualizar só unha cousa, nada máis. 300 00:15:33,213 --> 00:15:35,963 Esforzándote, podes concentrar a mente 301 00:15:36,046 --> 00:15:37,463 no obxecto que escollas 302 00:15:37,546 --> 00:15:39,546 durante uns tres minutos e medio. 303 00:15:39,630 --> 00:15:42,630 Isto leva uns 20 anos de intensa dedicación diaria. 304 00:15:42,713 --> 00:15:44,296 "Vinte anos!", berrei. 305 00:15:44,380 --> 00:15:46,088 Vinte anos ou máis. 306 00:15:46,171 --> 00:15:48,880 É o que leva normalmente, se é que o dás feito. 307 00:15:48,963 --> 00:15:50,546 Daquela xa serei vello! 308 00:15:50,630 --> 00:15:53,588 Depende. A algúns lévalles dez, a outros 30. 309 00:15:53,671 --> 00:15:56,338 En contadas ocasións, vén algunha persoa 310 00:15:56,421 --> 00:16:01,255 que adquire o poder nun ano ou dous, pero é un entre un millón, non ti. 311 00:16:01,338 --> 00:16:03,630 Tan difícil é concentrar a mente…? 312 00:16:03,713 --> 00:16:08,171 Case imposible. Inténtao, xa verás. Pecha os ollos e pensa en algo. 313 00:16:08,255 --> 00:16:11,421 Pensa só nun obxecto. Visualízao, veo diante de ti. 314 00:16:11,505 --> 00:16:13,546 Nuns segundos, a mente dispérsase. 315 00:16:13,630 --> 00:16:16,213 Coaranse outros pensamentos. É moi difícil. 316 00:16:16,713 --> 00:16:18,630 Así falou o grande sabio iogui. 317 00:16:20,796 --> 00:16:23,088 Entón, comecei os exercicios. 318 00:16:24,171 --> 00:16:25,463 Á noite, sentaba, 319 00:16:25,546 --> 00:16:28,921 pechaba os ollos e visualizaba a persoa que máis quería, 320 00:16:29,005 --> 00:16:32,421 que era meu irmán máis vello, que morreu aos dez anos. 321 00:16:32,505 --> 00:16:36,213 Concentrábame na súa cara, pero, se se me dispersaba a mente, 322 00:16:36,296 --> 00:16:39,171 paraba o exercicio, descansaba uns minutos 323 00:16:39,255 --> 00:16:40,546 e volvíao intentar. 324 00:16:40,630 --> 00:16:45,213 Practicando diariamente cinco anos, dábame concentrado só na cara de meu irmán 325 00:16:45,296 --> 00:16:46,880 durante un minuto e medio. 326 00:16:46,963 --> 00:16:48,171 Ía mellorando. 327 00:16:51,796 --> 00:16:52,630 Mentres tanto, 328 00:16:52,713 --> 00:16:55,838 comecei a gañar cartos facendo prestidixitación. 329 00:16:55,921 --> 00:16:58,046 Dánseme ben os xogos de man, 330 00:16:58,130 --> 00:17:00,713 pero nunca deixei de facer os exercicios. 331 00:17:00,796 --> 00:17:04,588 Á noite, onde estivese, sentaba nun curruncho tranquilo 332 00:17:04,671 --> 00:17:07,338 e concentraba a mente na cara de meu irmán. 333 00:17:07,421 --> 00:17:10,588 Ás veces, acendía unha candea e miraba a chama. 334 00:17:10,671 --> 00:17:14,171 A chama dunha candea, como saben, ten tres partes distintas: 335 00:17:14,255 --> 00:17:16,546 o amarelo na cima, o malva abaixo, 336 00:17:16,630 --> 00:17:17,921 e o negro dentro. 337 00:17:18,005 --> 00:17:20,838 Poñía a candea a 40 cm da cara, 338 00:17:20,921 --> 00:17:22,463 xusto á altura dos ollos, 339 00:17:22,546 --> 00:17:27,046 para non mover nin un músculo do ollo ao erguer ou baixar a vista. 340 00:17:27,130 --> 00:17:31,130 Miraba a parte negra do centro ata desaparecer o que tiña arredor. 341 00:17:31,213 --> 00:17:35,005 Logo, pechaba os ollos e concentrábame na cara de meu irmán. 342 00:17:36,005 --> 00:17:40,755 En 1907, aos 34 anos, podíame concentrar tres minutos 343 00:17:40,838 --> 00:17:43,130 sen dispersárseme a mente en absoluto. 344 00:17:43,213 --> 00:17:46,463 Daquela decateime de que tiña a capacidade, 345 00:17:46,546 --> 00:17:48,296 era só unha rara intuición, 346 00:17:48,380 --> 00:17:51,630 de que, pechando os ollos e mirando con atención algo, 347 00:17:51,713 --> 00:17:55,588 moi intensamente, podía ver o contorno do obxecto que miraba. 348 00:17:55,671 --> 00:17:57,588 Pensei no que me dixera o iogui: 349 00:17:57,671 --> 00:18:01,130 "Hai relixiosos que se concentran tan intensamente 350 00:18:01,213 --> 00:18:03,505 que poden ver sen usar os ollos." 351 00:18:04,171 --> 00:18:08,505 Todas as noites, tras facer os exercicios coa chama da candea, 352 00:18:08,588 --> 00:18:13,880 tomaba un té, vendaba os ollos, sentaba na cadeira e tentaba ver sen os ollos. 353 00:18:13,963 --> 00:18:16,130 Comecei cunha baralla de cartas. 354 00:18:16,213 --> 00:18:18,338 Estudábaas por detrás e adiviñábaas. 355 00:18:18,421 --> 00:18:20,671 Acertaba o 60 % das veces. 356 00:18:20,755 --> 00:18:22,963 Logo, merquei mapas e cartas náuticas 357 00:18:23,046 --> 00:18:24,755 e colgueinas no meu cuarto. 358 00:18:24,838 --> 00:18:29,088 Pasaba horas mirándoas cos ollos vendados, tentando ler a letra pequena. 359 00:18:29,171 --> 00:18:33,296 Todas as noites, durante oito anos, seguín exercitándome nisto. 360 00:18:33,380 --> 00:18:35,921 En 1915, podía ler un libro enteiro, 361 00:18:36,005 --> 00:18:38,088 de cabo a rabo, cos ollos vendados. 362 00:18:38,171 --> 00:18:39,296 Conseguírao! 363 00:18:39,380 --> 00:18:41,296 Por fin, tiña ese poder. 364 00:18:42,880 --> 00:18:45,588 Empecei a facelo nas miñas actuacións. 365 00:18:45,671 --> 00:18:48,796 Á xente gustáballe, pero ninguén cría que fose certo. 366 00:18:48,880 --> 00:18:52,338 Ata os doutores, que me vendaban os ollos a conciencia, 367 00:18:52,421 --> 00:18:55,046 se negan a crer que se poida ver sen ollos. 368 00:18:55,588 --> 00:18:58,713 Esquecen outros xeitos de enviar imaxes ao cerebro. 369 00:18:58,796 --> 00:19:00,213 Imdad Khan calou. 370 00:19:00,296 --> 00:19:01,213 Estaba canso. 371 00:19:01,296 --> 00:19:02,796 "Que xeitos?", preguntei. 372 00:19:04,838 --> 00:19:06,421 A verdade é que non sei. 373 00:19:08,088 --> 00:19:10,630 A visión faina outra parte do corpo. 374 00:19:11,130 --> 00:19:12,046 Que parte? 375 00:19:22,171 --> 00:19:23,671 Aquel día non fun á cama. 376 00:19:23,755 --> 00:19:26,838 Este home obrigaría os científicos a facer piruetas. 377 00:19:26,921 --> 00:19:28,921 Debe ser o home vivo máis valioso. 378 00:19:29,005 --> 00:19:32,630 Tiña que atopar por que medio, biolóxico, químico ou máxico, 379 00:19:32,713 --> 00:19:35,421 podía enviarse a imaxe ao cerebro sen os ollos. 380 00:19:35,505 --> 00:19:38,838 Os cegos poderían ver, os xordos oír. Quen sabe que máis? 381 00:19:38,921 --> 00:19:41,546 "Este home non se pode ignorar", pensei. 382 00:19:41,630 --> 00:19:45,338 Comecei a transcribir todo o que Imdad me dixera aquela noite. 383 00:19:45,421 --> 00:19:47,338 Escribín cinco horas seguidas. 384 00:19:50,255 --> 00:19:53,755 Ás oito da mañá seguinte rematei a parte máis importante: 385 00:19:53,838 --> 00:19:55,088 as páxinas que leron. 386 00:19:55,171 --> 00:20:00,421 Non vin o Dr. Marshall ata a hora do té. Díxenlle o que puiden en dez minutos. 387 00:20:00,505 --> 00:20:02,921 Hoxe ao teatro. Non o podemos perder. 388 00:20:03,005 --> 00:20:04,296 Vou contigo. 389 00:20:04,380 --> 00:20:09,130 Ás 6:45, fomos ao Royal Palace Hall. Aparquei o coche e fomos a pé ao teatro. 390 00:20:09,630 --> 00:20:11,255 "Algo non cadra", dixen. 391 00:20:11,338 --> 00:20:13,880 Non había ninguén fóra, as portas pechadas. 392 00:20:13,963 --> 00:20:17,671 O cartel do show estaba alí, pero alguén escribira por riba: 393 00:20:17,755 --> 00:20:19,838 "Cancélase a actuación de hoxe." 394 00:20:20,963 --> 00:20:24,213 Pregunteille a un porteiro vello: "¿Que pasou?" 395 00:20:24,296 --> 00:20:26,421 - Morreu alguén. - Quen? 396 00:20:26,505 --> 00:20:27,963 Eu xa o sabía. 397 00:20:28,046 --> 00:20:30,130 O home que ve sen os ollos. 398 00:20:30,713 --> 00:20:31,838 "Como?", berrei. 399 00:20:32,338 --> 00:20:34,421 Foi durmir e non espertou máis. 400 00:20:35,296 --> 00:20:36,421 Cousas que pasan. 401 00:20:39,755 --> 00:20:41,421 Volvemos amodo para o coche. 402 00:20:46,296 --> 00:20:48,505 Sentín unha enorme tristura e rabia. 403 00:20:48,588 --> 00:20:52,505 Non debín perdelo de vista, debinlle dar cama e coidados. 404 00:20:52,588 --> 00:20:54,130 Imdad Khan facía milagres. 405 00:20:54,213 --> 00:20:58,338 Comunicábase con forzas misteriosas fóra do alcance da xente normal. 406 00:20:58,421 --> 00:20:59,630 Agora estaba morto. 407 00:21:00,213 --> 00:21:01,838 "Acabouse", dixo Marshall. 408 00:21:02,630 --> 00:21:03,546 Acabouse. 409 00:21:04,630 --> 00:21:05,630 "Si", dixen eu. 410 00:21:06,838 --> 00:21:07,755 Acabouse. 411 00:21:12,713 --> 00:21:17,505 Esta é unha crónica verdadeira e fiel das miñas dúas reunións con Imdad Khan. 412 00:21:20,463 --> 00:21:21,630 Vaia, vaia! 413 00:21:22,713 --> 00:21:24,796 Isto é moi interesante. 414 00:21:26,296 --> 00:21:28,546 Este dato é fantástico. 415 00:21:29,963 --> 00:21:31,463 Poderíame cambiar a vida. 416 00:21:51,130 --> 00:21:53,546 O dato a que se refería Henry 417 00:21:53,630 --> 00:21:57,338 era que Imdad Khan aprendera a identificar as cartas 418 00:21:57,421 --> 00:21:58,838 mirándoas polo dorso. 419 00:21:58,921 --> 00:22:01,588 Sendo, como se dixo, un xogador trampón, 420 00:22:01,671 --> 00:22:04,671 Henry decatouse de que podía gañar unha fortuna. 421 00:22:05,671 --> 00:22:07,505 Baixou ao cuarto do mordomo 422 00:22:07,588 --> 00:22:10,296 e pediu unha candea, un candeeiro e unha regra. 423 00:22:10,380 --> 00:22:13,921 Foi ao seu cuarto, pechou porta e persianas e apagou a luz. 424 00:22:14,005 --> 00:22:16,796 Puxo a candea no toucador e colleu unha cadeira. 425 00:22:16,880 --> 00:22:20,088 Viu que os ollos lle quedaban xusto á altura da mecha. 426 00:22:20,671 --> 00:22:24,005 Coa regra, colocou a cara a 40 cm da candea, 427 00:22:24,088 --> 00:22:25,630 como se indica no libro. 428 00:22:25,713 --> 00:22:29,130 Imdad Khan visualizaba a cara da persoa que máis quería, 429 00:22:29,213 --> 00:22:31,671 que, no seu caso, era o seu finado irmán. 430 00:22:31,755 --> 00:22:33,463 Henry non tiña irmáns. 431 00:22:34,130 --> 00:22:37,046 Entón, decidiu visualizar a súa propia cara. 432 00:22:43,755 --> 00:22:46,880 Cando Henry miraba a zona negra do centro da chama, 433 00:22:46,963 --> 00:22:48,588 pasou algo extraordinario. 434 00:22:48,671 --> 00:22:51,796 A mente quedoulle en branco, o cerebro inmóbil, 435 00:22:51,880 --> 00:22:55,088 e, de súpeto, sentiu que o seu corpo estaba encerrado, 436 00:22:55,171 --> 00:22:56,005 comodamente, 437 00:22:56,088 --> 00:22:58,713 naquela pequena zona negra desa nada ardente. 438 00:22:59,338 --> 00:23:01,505 Certo que só durou 15 segundos. 439 00:23:01,588 --> 00:23:03,796 Logo, estivese onde estivese, 440 00:23:03,880 --> 00:23:07,296 esforzouse por practicar coa candea cinco veces ao día. 441 00:23:07,380 --> 00:23:11,588 Por primeira vez, púxose a facer algo con entusiasmo 442 00:23:11,671 --> 00:23:13,588 e fixo progresos considerables. 443 00:23:14,171 --> 00:23:15,171 Tras seis meses, 444 00:23:15,255 --> 00:23:18,630 concentrábase na imaxe da súa cara durante tres minutos 445 00:23:18,713 --> 00:23:21,130 sen que lle pasase pola cabeza nada máis. 446 00:23:21,630 --> 00:23:23,171 "Son eu", pensaba Henry. 447 00:23:23,255 --> 00:23:27,796 Son un entre un millón coa capacidade de adquirir poderes de ioga moi rápido. 448 00:23:28,380 --> 00:23:31,380 Ao cabo dun ano, pasaba de cinco minutos e medio. 449 00:23:32,338 --> 00:23:33,463 Xa chegara a hora. 450 00:23:37,588 --> 00:23:39,963 Salón de Henry en Londres. Medianoite. 451 00:23:40,046 --> 00:23:44,130 Treme de emoción cando, por primeira vez, coloca a baralla boca abaixo 452 00:23:44,213 --> 00:23:46,130 e concéntrase na primeira carta. 453 00:23:46,213 --> 00:23:49,880 O único que ve é o deseño de liñas finas e vermellas do dorso, 454 00:23:49,963 --> 00:23:52,755 quizais o deseño de cartas máis común do mundo. 455 00:23:52,838 --> 00:23:56,380 Agora concéntrase no outro lado da carta. 456 00:23:56,463 --> 00:24:00,546 Concéntrase intensamente na cara invisible do outro lado da carta. 457 00:24:00,630 --> 00:24:03,630 Pasan trinta segundos. Un minuto, dous, tres. 458 00:24:03,713 --> 00:24:04,921 Non move un músculo. 459 00:24:05,005 --> 00:24:07,505 A súa concentración é absoluta. 460 00:24:07,588 --> 00:24:09,505 Visualiza o reverso da carta. 461 00:24:09,588 --> 00:24:12,255 Ningún outro pensamento lle pode vir á cabeza. 462 00:24:12,338 --> 00:24:14,380 No cuarto minuto, ocorre algo. 463 00:24:14,463 --> 00:24:16,338 De xeito máxico, pero claro, 464 00:24:16,421 --> 00:24:20,255 unha mancha negra vólvese unha pica, un garabato vólvese un cinco. 465 00:24:20,338 --> 00:24:21,421 O cinco de picas. 466 00:24:21,921 --> 00:24:25,005 Cos dedos tremendo, colle a carta e dálle a volta. 467 00:24:26,171 --> 00:24:27,296 "Conseguino", dixo. 468 00:24:28,421 --> 00:24:32,088 Henry obsesiónase. Só sae da casa para mercar comida e bebida. 469 00:24:32,588 --> 00:24:36,588 Pasa o día, e ás veces a noite, enriba das cartas co cronómetro, 470 00:24:36,671 --> 00:24:38,880 reducindo o tempo, segundo a segundo. 471 00:24:38,963 --> 00:24:41,796 Nun mes, minuto e medio. Seis meses, 20 segundos. 472 00:24:41,880 --> 00:24:43,713 Sete meses máis, dez segundos. 473 00:24:43,796 --> 00:24:45,005 O obxectivo é cinco. 474 00:24:45,088 --> 00:24:47,713 Se non dá visto a carta en cinco segundos, 475 00:24:47,796 --> 00:24:49,755 non terá éxito nos casinos. 476 00:24:50,255 --> 00:24:53,505 Canto máis se achega, máis difícil é acadar o obxectivo. 477 00:24:54,088 --> 00:24:58,171 En catro semanas pasa de dez a nove segundos. En cinco de nove a oito. 478 00:24:58,255 --> 00:25:02,380 Non lle importa traballar duro. Fai doce horas seguidas sen problema. 479 00:25:02,463 --> 00:25:04,796 Sabe que ao final o conseguirá. 480 00:25:04,880 --> 00:25:07,380 Os últimos dous segundos lévanlle 11 meses. 481 00:25:07,463 --> 00:25:09,046 Pero un sábado á tarde… 482 00:25:16,755 --> 00:25:20,588 Cinco segundos. Pasa toda a baralla, cronometrando cada carta. 483 00:25:20,671 --> 00:25:24,463 Cinco segundos, cinco segundos, cinco segundos. 484 00:25:25,546 --> 00:25:27,713 Canto tempo lle levou acadalo? 485 00:25:28,671 --> 00:25:31,213 Tres anos e tres meses de esforzo constante. 486 00:25:33,213 --> 00:25:35,671 Había máis de 100 casinos en Londres. 487 00:25:35,755 --> 00:25:38,838 Henry era socio de dez. Lord's House era o favorito. 488 00:25:40,046 --> 00:25:42,880 O mellor do país, nunha gran mansión xeorxiana. 489 00:25:42,963 --> 00:25:43,921 Boas, Sr. Sugar. 490 00:25:44,005 --> 00:25:46,921 …dixo o home cuxo traballo era non esquecer caras. 491 00:25:47,005 --> 00:25:50,130 Subiu pola marabillosa escaleira ata a caixa. 492 00:25:50,213 --> 00:25:52,421 Fixo un cheque de 10 000 libras. 493 00:25:52,505 --> 00:25:56,505 Mulleres gordas rodeaban a ruleta, coma galiñas arredor do comedeiro. 494 00:25:56,588 --> 00:25:59,588 Homes con puro e cara encarnada contaban as fichas, 495 00:25:59,671 --> 00:26:01,505 con ollos brillantes de cobiza. 496 00:26:02,546 --> 00:26:03,380 Raro. 497 00:26:03,463 --> 00:26:07,421 Por primeira vez, Henry mirou con desagrado esa horrible xente rica. 498 00:26:07,921 --> 00:26:12,130 Henry buscou unha cadeira libre nunha mesa de blackjack. 499 00:26:12,213 --> 00:26:14,921 O croupier colleu a placa e meteuna nun burato. 500 00:26:15,421 --> 00:26:18,463 Era noveiro, de ollos negros e pel pálida. 501 00:26:18,546 --> 00:26:20,796 Non sorría e só falaba o necesario. 502 00:26:20,880 --> 00:26:23,588 Tiña mans delgadas e aritmética nos dedos. 503 00:26:23,671 --> 00:26:27,088 Colleu unha manda de fichas de 25 libras e púxoas na mesa. 504 00:26:27,171 --> 00:26:29,796 Non as contou. Eses dedos non se trabucaban. 505 00:26:29,880 --> 00:26:31,255 Púxoas fronte a Henry. 506 00:26:31,338 --> 00:26:32,713 Ao colocar as fichas, 507 00:26:32,796 --> 00:26:34,880 mirou a primeira carta da baralla. 508 00:26:34,963 --> 00:26:38,380 En cinco segundos viu un dez. Puxo oito fichas, 200 libras, 509 00:26:38,463 --> 00:26:40,588 o máximo permitido en Lord's House. 510 00:26:40,671 --> 00:26:43,088 Saíulle o dez. A segunda era un nove. 511 00:26:43,171 --> 00:26:44,338 Dezanove en total. 512 00:26:44,421 --> 00:26:45,463 Con 19, plantas. 513 00:26:45,546 --> 00:26:49,088 Paras e agardas que a banca non teña 20 ou 21. Clarísimo. 514 00:26:49,171 --> 00:26:51,796 - Ao chegar a Henry, o croupier dixo… - 19. 515 00:26:51,880 --> 00:26:54,338 Pasou ao seguinte. "Espere", dixo Henry. 516 00:26:54,421 --> 00:26:55,963 O croupier volveu a Henry. 517 00:26:56,046 --> 00:26:58,338 Ergueu as cellas e mirouno. 518 00:26:58,421 --> 00:27:00,588 - Pide carta con 19? - …preguntou. 519 00:27:00,671 --> 00:27:04,213 Só había dúas cartas coas que non se pasaría, o as e o dous. 520 00:27:04,296 --> 00:27:08,255 Só un parvo se arriscaría a pedir carta con 19, con 200 libras alí. 521 00:27:08,338 --> 00:27:11,380 Víase o revés da seguinte. O croupier non a tocara. 522 00:27:11,463 --> 00:27:14,838 "Si, outra carta", dixo Henry. O croupier deulla. 523 00:27:14,921 --> 00:27:18,088 O dous de trevos aterrou á beira do dez e o nove. 524 00:27:18,171 --> 00:27:19,713 - 21. - …dixo o croupier. 525 00:27:19,796 --> 00:27:21,755 Mirou a cara de Henry 526 00:27:21,838 --> 00:27:24,588 e detívose nela, calado, atento, abraiado. 527 00:27:25,755 --> 00:27:29,213 Henry descolocárao. Case ninguén pide carta con 19. 528 00:27:29,296 --> 00:27:33,505 El fíxoo cunha tranquilidade e unha seguridade abraiantes, e gañou. 529 00:27:34,088 --> 00:27:37,171 Mirou o croupier e decatouse de que se trabucara. 530 00:27:37,255 --> 00:27:39,213 Chamara a atención. "Desculpe." 531 00:27:39,713 --> 00:27:41,005 Iso nunca máis. 532 00:27:41,088 --> 00:27:44,130 Ten que ter tino, e mesmo deixarse perder ás veces. 533 00:27:44,213 --> 00:27:45,463 A partida seguiu. 534 00:27:45,546 --> 00:27:49,588 Tiña tanta vantaxe que lle custaba gañar só unha cantidade razoable. 535 00:27:49,671 --> 00:27:52,421 Nunha hora, gañara 30 000 libras. Aí parou. 536 00:27:52,505 --> 00:27:54,255 Podería ben ser un millón. 537 00:27:54,963 --> 00:27:55,796 Grazas. 538 00:27:56,296 --> 00:27:58,546 Henry agora era capaz de facer cartos 539 00:27:58,630 --> 00:28:01,255 máis rápido ca ninguén no mundo enteiro. 540 00:28:03,796 --> 00:28:04,630 Interesante. 541 00:28:09,171 --> 00:28:11,338 Se esta historia fose inventada, 542 00:28:11,421 --> 00:28:15,588 cumpriría inventar un final emocionante e con sorpresa. 543 00:28:15,671 --> 00:28:17,255 Algo dramático e inusual. 544 00:28:17,338 --> 00:28:20,421 Por exemplo, Henry podía ir contar o diñeiro á casa. 545 00:28:20,505 --> 00:28:23,338 Mentres o conta, podía de súpeto sentirse mal. 546 00:28:23,421 --> 00:28:24,880 Dóelle o peito. 547 00:28:25,963 --> 00:28:28,338 Decide ir para a cama e quita a roupa. 548 00:28:28,421 --> 00:28:30,255 Vai espido coller o pixama. 549 00:28:30,338 --> 00:28:33,546 Pasa por diante do espello de corpo enteiro e para. 550 00:28:33,630 --> 00:28:36,546 Polo costume, empeza a concentrarse. 551 00:28:36,630 --> 00:28:38,921 De súpeto, ve a través da súa pel. 552 00:28:39,005 --> 00:28:41,463 Coma os raios X, pero mellor. Ve todo. 553 00:28:41,546 --> 00:28:43,671 Arterias, veas, o sangue. 554 00:28:43,755 --> 00:28:46,421 Fígado, riles, intestinos. Ve bater o corazón. 555 00:28:46,921 --> 00:28:48,713 Mira onde lle doe no peito 556 00:28:48,796 --> 00:28:52,963 e ve un vulto na vea grande que vai ao corazón no lado dereito. 557 00:28:53,046 --> 00:28:56,005 Un coágulo de sangue. Ao primeiro, parece parado. 558 00:28:56,088 --> 00:28:59,171 Logo móvese, pero moi pouco, só un milímetro. 559 00:28:59,255 --> 00:29:01,713 O sangue empuxa por detrás e pasa, 560 00:29:01,796 --> 00:29:03,088 e o coágulo móvese. 561 00:29:03,171 --> 00:29:06,171 Avanza un centímetro. Henry mira, horrorizado. 562 00:29:06,255 --> 00:29:09,671 Sabe que un coágulo grande solto circulando pola vea 563 00:29:09,755 --> 00:29:11,130 chegará ao corazón. 564 00:29:11,213 --> 00:29:12,255 Vai morrer. 565 00:29:12,755 --> 00:29:16,421 Non é mal final de ficción, pero isto non é ficción, é real. 566 00:29:16,505 --> 00:29:19,338 O que non é certo é o nome, non era Henry Sugar. 567 00:29:19,421 --> 00:29:22,338 O seu nome había que protexelo, e aínda hai. 568 00:29:22,838 --> 00:29:24,880 Á parte diso, é un feito real. 569 00:29:24,963 --> 00:29:27,838 Como é real, o final ten que ser certo. 570 00:29:28,338 --> 00:29:29,588 Isto é o que pasou. 571 00:29:33,963 --> 00:29:36,880 Henry paseou unha hora. A noite estaba agradable, 572 00:29:36,963 --> 00:29:38,630 a cidade seguía esperta. 573 00:29:38,713 --> 00:29:41,630 Notaba o feixe de billetes no peto da chaqueta. 574 00:29:42,130 --> 00:29:43,505 Púxolle a man encima. 575 00:29:43,588 --> 00:29:47,713 Moitos cartos por unha hora de traballo. Pero estaba perplexo. 576 00:29:48,213 --> 00:29:51,588 Non entendía por que non estaba máis contento polo éxito. 577 00:29:51,671 --> 00:29:56,046 Se isto pasase hai tres anos, antes do ioga, tolearía de contento. 578 00:29:56,130 --> 00:29:58,671 Iría correndo celebralo a un local nocturno. 579 00:29:58,755 --> 00:30:00,421 Henry non estaba ledo. 580 00:30:00,921 --> 00:30:02,088 Estaba triste. 581 00:30:02,171 --> 00:30:04,921 Sempre que apostaba, estaba seguro de gañar. 582 00:30:05,005 --> 00:30:07,671 Non había emoción, suspense nin perigo. 583 00:30:08,171 --> 00:30:11,088 Sabía que podía viaxar polo mundo facendo millóns. 584 00:30:11,171 --> 00:30:12,796 Pero sería divertido? 585 00:30:12,880 --> 00:30:17,338 Ademais, ¿non era posible que a adquisición dos poderes do ioga 586 00:30:17,421 --> 00:30:20,421 cambiase totalmente a súa actitude ante a vida? 587 00:30:21,046 --> 00:30:22,046 Era posible. 588 00:30:22,755 --> 00:30:25,546 Ao día seguinte, Henry espertou tarde, ergueuse, 589 00:30:25,630 --> 00:30:28,921 viu o enorme feixe de billetes no toucador e… 590 00:30:29,421 --> 00:30:30,463 rexeitouno. 591 00:30:54,505 --> 00:30:55,338 Eh? 592 00:30:55,421 --> 00:30:58,880 Bos días, señor. É para vostede, é un presente. 593 00:30:58,963 --> 00:30:59,796 Pero… 594 00:31:01,005 --> 00:31:01,838 Un que? 595 00:31:02,630 --> 00:31:03,963 Métao no peto. 596 00:31:05,463 --> 00:31:06,296 Vale. 597 00:31:15,213 --> 00:31:16,255 Que é? 598 00:31:16,338 --> 00:31:18,046 - Son cartos. - Cóllanos. 599 00:31:24,588 --> 00:31:25,421 Ei! 600 00:31:28,880 --> 00:31:29,838 Veña… 601 00:32:04,546 --> 00:32:05,713 Soou o timbre. 602 00:32:05,796 --> 00:32:07,630 Que demo fai? 603 00:32:07,713 --> 00:32:10,005 Perdón, estaba repartindo cartos. 604 00:32:10,088 --> 00:32:11,505 Armou un disturbio. 605 00:32:11,588 --> 00:32:15,005 Tirei cartos. Perdón. Non o fago máis. Axiña marcharán. 606 00:32:15,088 --> 00:32:18,005 O policía sacou un billete de 50 libras. 607 00:32:18,088 --> 00:32:21,338 - Ah, colleu un. - É unha proba. De onde vén o diñeiro? 608 00:32:21,421 --> 00:32:24,171 Gañeino no casino. Tiven moitísima sorte. 609 00:32:24,255 --> 00:32:27,088 Henry deu o nome do casino e o policía anotouno. 610 00:32:27,171 --> 00:32:28,338 Compróbeo. É certo. 611 00:32:28,421 --> 00:32:30,255 Non me importa. 612 00:32:30,338 --> 00:32:31,963 - Ai, non? - En absoluto. 613 00:32:32,046 --> 00:32:33,588 De feito, creo o que di, 614 00:32:33,671 --> 00:32:36,546 pero non xustifica o que fixo para nada. 615 00:32:36,630 --> 00:32:38,963 Non fixen nada ilegal, non? 616 00:32:39,838 --> 00:32:40,755 Ilegal? 617 00:32:41,463 --> 00:32:42,588 Vostede é parvo! 618 00:32:43,338 --> 00:32:46,713 Se ten a sorte de gañar tal cantidade de diñeiro 619 00:32:46,796 --> 00:32:49,755 e quere regalalo, non pode guindalo pola ventá. 620 00:32:49,838 --> 00:32:54,130 Mándeo a onde sexa útil. A un hospital ou un orfanato. 621 00:32:54,213 --> 00:32:59,380 Hai hospitais e orfanatos que non teñen para mercar regalos de Nadal. 622 00:32:59,463 --> 00:33:01,213 Vén o babeco este, 623 00:33:01,296 --> 00:33:03,671 que non sabe o que é a necesidade, 624 00:33:03,755 --> 00:33:06,255 e guinda os cartos á rúa. 625 00:33:06,755 --> 00:33:09,671 Baixou as escaleiras con estrondo e marchou. 626 00:33:09,755 --> 00:33:10,880 Henry non se moveu. 627 00:33:10,963 --> 00:33:13,421 As verbas do policía, e o seu enfado, 628 00:33:13,505 --> 00:33:14,755 doéronlle moito. 629 00:33:14,838 --> 00:33:16,088 Estaba avergoñado. 630 00:33:16,588 --> 00:33:17,713 Sentíase fatal. 631 00:33:23,921 --> 00:33:25,005 Logo, de súpeto, 632 00:33:25,088 --> 00:33:28,546 Henry notou unha forte sacudida eléctrica por todo o corpo 633 00:33:28,630 --> 00:33:32,338 e ocorréuselle unha magnífica idea que cambiaría todo. 634 00:33:32,421 --> 00:33:36,671 Comezou a pasear, pensando nas cousas que farían posible a súa idea. 635 00:33:37,171 --> 00:33:39,338 Un. Vou gañar moitos cartos 636 00:33:39,421 --> 00:33:41,796 cada día da miña vida de aquí en diante. 637 00:33:42,505 --> 00:33:46,380 Dous. Só irei ao mesmo casino unha vez cada seis meses. 638 00:33:46,463 --> 00:33:49,005 Tres. Non farei demasiados cartos nun día. 639 00:33:49,088 --> 00:33:51,296 50 000 libras por noite como máximo. 640 00:33:51,380 --> 00:33:55,171 Catro. 50 000 libras por noite, por 365 días ao ano, 641 00:33:55,255 --> 00:33:57,921 son 18,25 millóns de libras. 642 00:33:58,005 --> 00:34:01,838 Cinco. Hai que moverse. Tres noites como moito na mesma cidade. 643 00:34:01,921 --> 00:34:04,463 Londres, Montecarlo, Cannes, Biarritz, Deauville, 644 00:34:04,546 --> 00:34:07,213 As Vegas, Cidade de México, Bos Aires, Nassau. 645 00:34:07,296 --> 00:34:11,421 Seis. Collo os cartos e monto hospitais e orfanatos en todo o mundo. 646 00:34:11,505 --> 00:34:13,796 Como soño, soa demasiado sentimental, 647 00:34:13,880 --> 00:34:16,088 pero na realidade pode funcionar. 648 00:34:16,171 --> 00:34:20,213 Non creo que sexa sentimental. Sería formidable e marabilloso. 649 00:34:20,296 --> 00:34:23,880 Sete. Necesito un socio que recolla o diñeiro 650 00:34:23,963 --> 00:34:25,546 e o mande a onde cumpra. 651 00:34:25,630 --> 00:34:28,588 Alguén en quen eu poida confiar cegamente. 652 00:34:29,088 --> 00:34:32,046 John Winston era o contable de Henry, e de seu pai. 653 00:34:32,130 --> 00:34:34,755 O pai de John fora contable do avó de Henry. 654 00:34:34,838 --> 00:34:36,630 Pode ser o máis rico do mundo. 655 00:34:38,838 --> 00:34:40,921 Non quero ser o máis rico do mundo. 656 00:34:43,755 --> 00:34:46,296 Non podo operar en Inglaterra polo fisco. 657 00:34:46,380 --> 00:34:48,505 Irei para Suíza, pero non mañá. 658 00:34:48,588 --> 00:34:51,130 Non estou solteiro, teño obrigas. 659 00:34:51,213 --> 00:34:54,005 Teño que falar coa familia e informar os socios. 660 00:34:54,088 --> 00:34:58,921 Teño que vender a casa, buscar unha en Suíza e sacar os nenos da escola. 661 00:34:59,005 --> 00:35:02,255 De alí a un ano, Henry mandáralle 120 millóns de libras 662 00:35:02,338 --> 00:35:03,963 a John Winston en Lausanne. 663 00:35:04,046 --> 00:35:08,505 Os cartos enviábanse cinco veces á semana á empresa suíza Winston Sugar. 664 00:35:08,588 --> 00:35:11,255 Só John e Henry sabían de onde viña o diñeiro 665 00:35:11,338 --> 00:35:12,713 e a onde ía. 666 00:35:12,796 --> 00:35:17,130 O envío do luns era o máis grande, ían cartos de venres, sábado e domingo, 667 00:35:17,213 --> 00:35:18,338 cos bancos pechados. 668 00:35:18,421 --> 00:35:22,880 Henry movíase moi rápido e cambiaba a identidade varias veces por semana. 669 00:35:22,963 --> 00:35:28,005 Ás veces John só sabía onde estaba Henry polo enderezo do banco que mandara cartos. 670 00:35:28,088 --> 00:35:29,255 Era tremendo. 671 00:35:49,546 --> 00:35:52,963 Henry morreu o ano pasado aos 63 anos, de embolia pulmonar. 672 00:35:53,046 --> 00:35:56,255 El viuno vir, pero estaba moi tranquilo. 673 00:35:56,338 --> 00:35:58,838 Executara o plan durante máis de 20 anos. 674 00:35:58,921 --> 00:36:01,463 Fixera 644 millóns de libras. 675 00:36:01,546 --> 00:36:06,213 Fundara e puxera en funcionamento 21 hospitais infantís e orfanatos, 676 00:36:06,296 --> 00:36:09,838 dirixidos e financiados por John Winston desde Lausanne. 677 00:36:10,463 --> 00:36:11,880 O traballo estaba feito. 678 00:36:16,130 --> 00:36:20,213 E como sei eu todo isto? Boa pregunta. Cóntollelo. 679 00:36:20,296 --> 00:36:23,921 Ao pouco de morrer Henry, John Winston chamoume desde Suíza. 680 00:36:24,005 --> 00:36:25,296 Presentouse 681 00:36:25,380 --> 00:36:31,005 como director de Winston Sugar S. L. e pediume que fose velo a Lausanne 682 00:36:31,088 --> 00:36:34,005 coa idea de escribir a historia da empresa. 683 00:36:34,713 --> 00:36:36,255 Non sei como me escolleu. 684 00:36:36,338 --> 00:36:39,171 Marcaríame ao chou nunha lista de escritores. 685 00:36:39,255 --> 00:36:41,380 Dixo que me pagaría ben e engadiu: 686 00:36:41,463 --> 00:36:45,338 "Morreu un home extraordinario. Chamábase Henry Sugar. 687 00:36:45,421 --> 00:36:48,713 A xente debía saber o que fixo polo mundo." 688 00:36:49,213 --> 00:36:50,338 Na miña ignorancia, 689 00:36:50,421 --> 00:36:54,546 preguntei se a historia merecía poñerse por escrito. 690 00:36:54,630 --> 00:36:58,046 Isto enfadou moito a John Winston, igual ata se ofendeu. 691 00:36:58,630 --> 00:37:03,046 En cinco minutos, por teléfono, faloume da carreira secreta de Henry Sugar. 692 00:37:03,130 --> 00:37:04,546 Xa non era secreta. 693 00:37:04,630 --> 00:37:07,755 Henry morrera e non volvería pisar un casino. 694 00:37:08,255 --> 00:37:09,713 "Alá vou", dixen. 695 00:37:10,213 --> 00:37:14,338 En Lausanne, coñecín a John Winston, que pasa dos 70, e a Max Engelman, 696 00:37:14,421 --> 00:37:17,296 un famoso maquillador que viaxaba con Henry 697 00:37:17,380 --> 00:37:20,171 para disfrazalo e ocultar a súa identidade. 698 00:37:20,255 --> 00:37:24,338 Os dous quedaron desfeitos pola morte de Henry. Max máis ca John. 699 00:37:24,421 --> 00:37:26,713 Queríalle moito. Era magnífico. 700 00:37:26,796 --> 00:37:29,671 John Winston mostroume o caderno azul orixinal 701 00:37:29,755 --> 00:37:32,671 escrito por Z. Z. Chatterjee en Calcuta en 1935. 702 00:37:32,755 --> 00:37:34,838 E eu copieino palabra por palabra. 703 00:37:34,921 --> 00:37:36,588 "A última pregunta," dixen. 704 00:37:36,671 --> 00:37:40,088 "Vostede chámalle Henry Sugar, pero ese non era o seu nome. 705 00:37:40,171 --> 00:37:43,338 Non quere que diga quen era cando escriba a historia?" 706 00:37:43,421 --> 00:37:44,796 - Non. - …dixo John. 707 00:37:44,880 --> 00:37:47,255 Nós prometemos non revelar a identidade. 708 00:37:47,338 --> 00:37:49,755 Xa se saberá, antes ou despois. 709 00:37:49,838 --> 00:37:52,130 Era dunha coñecida familia inglesa, 710 00:37:52,213 --> 00:37:54,505 pero prefiro que non tente descubrilo. 711 00:37:54,588 --> 00:37:56,921 Por favor, chámelle só Sr. Henry Sugar. 712 00:37:58,838 --> 00:38:00,296 E iso é o que fixen. 713 00:38:07,796 --> 00:38:09,838 The Wonderful Story of Henry Sugar 714 00:38:09,921 --> 00:38:13,546 foi escrita por Roald Dahl na cabana da súa casa, Gipsy House, 715 00:38:13,630 --> 00:38:16,255 en Great Missenden, no condado de Buckingham, 716 00:38:16,338 --> 00:38:18,338 entre febreiro e decembro de 1976. 717 00:39:34,963 --> 00:39:36,880 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa