1 00:00:06,000 --> 00:00:07,165 Anteriormente... 2 00:00:07,166 --> 00:00:09,874 Nan Hee está no sitio máis perigoso de Rusia. 3 00:00:09,875 --> 00:00:13,957 Para rescatar a túa dama en apuros, necesitamos saber onde está. 4 00:00:13,958 --> 00:00:15,790 Un recurso pode localizala. 5 00:00:15,791 --> 00:00:17,999 - Quen son? - Da CIA. Queren matarnos. 6 00:00:18,000 --> 00:00:20,040 Teñen experiencia en operacións? 7 00:00:20,041 --> 00:00:23,124 Queres que autorice unha misión encuberta en Rusia? 8 00:00:23,125 --> 00:00:26,207 Teño un equipo táctico ao mando de Dawn Gilbane. 9 00:00:26,208 --> 00:00:27,290 Faino. 10 00:00:27,291 --> 00:00:29,332 Temos que saír de Corea pero xa. 11 00:00:29,333 --> 00:00:33,083 Eu coñezo alguén con barco. Vamos rescatar a túa muller. 12 00:00:51,958 --> 00:00:55,083 VLADIVOSTOK, RUSIA 13 00:01:06,125 --> 00:01:07,790 Isto é o Pequod. 14 00:01:07,791 --> 00:01:09,625 Xa o pillo. 15 00:01:20,375 --> 00:01:22,333 Aviso, vén aí a garda costeira. 16 00:01:43,833 --> 00:01:44,915 Hostia! 17 00:01:44,916 --> 00:01:47,208 - Que fas? - É Nichka. Cala. 18 00:01:49,041 --> 00:01:50,957 Ola. Non é bo momento. 19 00:01:50,958 --> 00:01:53,832 Aquí estou, de camiño ao complexo da yakuza. 20 00:01:53,833 --> 00:01:57,375 Caralludo. Estamos no porto. Pega un berro cando chegues. 21 00:01:58,500 --> 00:01:59,916 - Un berro? - Eu que sei. 22 00:02:04,875 --> 00:02:05,958 Bo día, señor. 23 00:02:06,541 --> 00:02:08,125 Fala coreano? 24 00:02:11,625 --> 00:02:12,499 Inglés? 25 00:02:12,500 --> 00:02:15,041 Da, inglés. 26 00:02:18,500 --> 00:02:21,166 Cal é a finalidade dos seus negocios en Rusia? 27 00:02:21,666 --> 00:02:23,000 A pesca. 28 00:02:23,791 --> 00:02:26,582 Somos membros 29 00:02:26,583 --> 00:02:30,915 dun pequeno colectivo pesqueiro coreano 30 00:02:30,916 --> 00:02:34,707 para expandir mercado. 31 00:02:34,708 --> 00:02:37,333 E como van cubrir a miña cota? 32 00:02:37,916 --> 00:02:38,791 Cota? 33 00:02:40,166 --> 00:02:41,500 Dólar americano. 34 00:02:50,375 --> 00:02:51,541 Dáme cartos. 35 00:02:52,625 --> 00:02:54,375 Dáme un máis. Un máis. 36 00:02:58,875 --> 00:02:59,750 Pagamos. 37 00:03:08,166 --> 00:03:09,083 Grazas. 38 00:03:11,875 --> 00:03:12,791 Veña. 39 00:03:15,250 --> 00:03:16,166 Merda. 40 00:03:40,875 --> 00:03:42,125 Grazas por todo. 41 00:03:42,625 --> 00:03:44,916 - Que hai? Son Owen. - Nada de nomes. 42 00:03:45,500 --> 00:03:46,457 Vale. 43 00:03:46,458 --> 00:03:49,290 Ti vas ser "Carne Guisada", ti, "Fochiñas", 44 00:03:49,291 --> 00:03:52,291 "Sobrado" e "Corvette Vermello". 45 00:03:53,416 --> 00:03:55,040 Que? Fago o que podo. 46 00:03:55,041 --> 00:03:55,958 Non toques. 47 00:04:01,083 --> 00:04:03,332 Traeriades para todos. 48 00:04:03,333 --> 00:04:05,999 Se acaba en tiroteo, levamos as de perder. 49 00:04:06,000 --> 00:04:10,582 Necesitamos sixilo e rapidez. Entrar e saír sen que saiban que viñemos. 50 00:04:10,583 --> 00:04:15,416 Se Nichka nos fai un bo recoñecemento, igual ata o conseguimos. 51 00:04:16,041 --> 00:04:17,832 Será unha morte desagradable. 52 00:04:17,833 --> 00:04:21,082 Temos que protexernos a nós e a Axencia cando pase. 53 00:04:21,083 --> 00:04:24,291 Por iso Salazar nos vai desempapelar. 54 00:04:24,875 --> 00:04:25,791 Amelia? 55 00:04:27,791 --> 00:04:31,999 "Estes son os feitos na data indicada: Owen Hendricks e Lester Kitchens 56 00:04:32,000 --> 00:04:36,250 foron investigar un asunto de recursos humanos á República de Corea. 57 00:04:36,750 --> 00:04:41,416 A comunicación perdeuse hai 24 horas e, desde esa, van pola súa conta. 58 00:04:42,500 --> 00:04:44,874 Calquera acción levada a cabo desde onte 59 00:04:44,875 --> 00:04:49,166 non se pode considerar autorizada pola Axencia Central de Intelixencia." 60 00:05:11,500 --> 00:05:14,375 Agora que estamos cubertos legalmente... 61 00:05:16,833 --> 00:05:21,040 - que estás facendo para conter isto? - Buscar o paradoiro do axente Kim 62 00:05:21,041 --> 00:05:24,458 - e dos axentes americanos. - Non me veñas con lerias. 63 00:05:25,541 --> 00:05:29,957 O axente Kim e os americanos dirixiron a operación diante dos nosos fociños 64 00:05:29,958 --> 00:05:31,790 e ti permitíchelo. 65 00:05:31,791 --> 00:05:35,415 Si, señor. E estou vendo avances co avogado que temos detido. 66 00:05:35,416 --> 00:05:40,999 Pois vaia apurando. A CIA mandou outro avogado para levalo para a casa. 67 00:05:41,000 --> 00:05:43,833 Necesitamos solucionar isto antes. 68 00:05:44,333 --> 00:05:46,582 Entendido, directora adxunta Cho? 69 00:05:46,583 --> 00:05:49,125 - Non os defraudarei. - Fai o posible. 70 00:05:50,291 --> 00:05:54,541 Se non tes isto baixo control antes de termos que deixar ir o avogado, 71 00:05:56,250 --> 00:05:58,207 ocuparás ti esa cela. 72 00:05:58,208 --> 00:05:59,375 Entendido? 73 00:06:27,000 --> 00:06:28,249 Quen es? 74 00:06:28,250 --> 00:06:30,833 O meu nome non che incumbe. 75 00:06:31,333 --> 00:06:33,125 Pero o meu traballo si. 76 00:06:33,625 --> 00:06:36,707 Son Krysha. Sabes o que significa? 77 00:06:36,708 --> 00:06:38,832 Sicaria da mafia rusa. 78 00:06:38,833 --> 00:06:39,916 Si. 79 00:06:40,416 --> 00:06:44,541 A mesma mafia que che permite operar dentro do noso país. 80 00:06:45,375 --> 00:06:48,790 Mándame a obshchak a berrarlle ao teu xefe. 81 00:06:48,791 --> 00:06:53,582 Se non queres que os meus convertan o teu club nun cráter, 82 00:06:53,583 --> 00:06:55,291 terasme que levar onda el. 83 00:07:01,416 --> 00:07:03,207 É un malentendido. 84 00:07:03,208 --> 00:07:05,457 Informei o noso contacto na rexión... 85 00:07:05,458 --> 00:07:09,082 Iso dilo ti, pero, aínda que sexa certo, gardouno para el 86 00:07:09,083 --> 00:07:11,333 e agora descansa en pedazos. 87 00:07:11,833 --> 00:07:14,082 E a min déronme o seu territorio, 88 00:07:14,083 --> 00:07:16,707 incluída unha parte dos cooperantes coreanos 89 00:07:16,708 --> 00:07:19,291 que secuestrastes en territorio ruso. 90 00:07:20,125 --> 00:07:24,040 E, polos teus pecados, vou quedar cun 10 % máis do que me toca. 91 00:07:24,041 --> 00:07:25,499 Iso non é razoable. 92 00:07:25,500 --> 00:07:28,249 Non a secuestramos polo rescate. 93 00:07:28,250 --> 00:07:32,124 Sabía dunha entrega de drogas pendente. Había que mantela calada. 94 00:07:32,125 --> 00:07:34,290 E a entrega finalizouse? 95 00:07:34,291 --> 00:07:35,582 Si. 96 00:07:35,583 --> 00:07:39,166 Pois lévame onda ela, a ver se aínda vale algo. 97 00:08:33,333 --> 00:08:35,582 Estas condicións son deplorables. 98 00:08:35,583 --> 00:08:39,958 Case non teño banchan. E onde vai o kongjaban, polo amor de Deus? 99 00:08:40,666 --> 00:08:42,999 Doulle os acompañamentos que queira 100 00:08:43,000 --> 00:08:47,125 se me dá só unha miga de colaboración. 101 00:08:50,791 --> 00:08:55,250 Mira, cáesme ben, Grace, a pesar do drama actual. 102 00:08:56,166 --> 00:08:59,124 Noutra vida, faría uns grandes xestos románticos. 103 00:08:59,125 --> 00:09:01,874 Ti seguiríasme o conto para logo rexeitarme 104 00:09:01,875 --> 00:09:05,082 e eu tería que apandar para acabarmos sendo amigos. 105 00:09:05,083 --> 00:09:08,332 Pero non podemos ser amigos nesta vida, Grace. 106 00:09:08,333 --> 00:09:12,457 E encantaríame darche unha pílula de información útil pero inofensiva 107 00:09:12,458 --> 00:09:15,582 para compensar todos os subterfuxios, pero non podo, 108 00:09:15,583 --> 00:09:20,708 porque, en canto me puxestes as esposas, pasei a modo de "só recibir". 109 00:09:21,375 --> 00:09:23,791 Se non, iría ao cárcere ao volver á casa. 110 00:09:24,458 --> 00:09:30,791 Se es tan amable, gustaríame "recibir" máis acompañamentos na próxima comida, 111 00:09:31,291 --> 00:09:32,250 vale? 112 00:09:33,333 --> 00:09:34,250 Vale. 113 00:09:38,375 --> 00:09:39,291 Está ben bo. 114 00:09:43,458 --> 00:09:46,624 É de primeiro de misións. Nada de civís. 115 00:09:46,625 --> 00:09:48,249 A foderse. O barco é dela. 116 00:09:48,250 --> 00:09:51,750 E xa arriscou moito. Se quere quedar, queda. 117 00:09:52,333 --> 00:09:55,374 Ou pechamos a túa querida no baño ata que acabemos. 118 00:09:55,375 --> 00:09:56,540 Vaite foder. 119 00:09:56,541 --> 00:09:59,749 Vale, veña. Imos baixar revolucións, si? 120 00:09:59,750 --> 00:10:04,332 Nada nesta operación vai polo libro, así que haberá que adaptarse. 121 00:10:04,333 --> 00:10:06,540 Nin sequera podemos planear nada. 122 00:10:06,541 --> 00:10:08,000 - Ata que... - Chame Nichka. 123 00:10:09,333 --> 00:10:10,665 Que hai, loura? 124 00:10:10,666 --> 00:10:12,249 Tes problemas. 125 00:10:12,250 --> 00:10:15,290 - Atopaches a Nan Hee? - Si, pero é unha fortaleza. 126 00:10:15,291 --> 00:10:20,207 Só podedes entrar con armaduras e unha división de infantería. 127 00:10:20,208 --> 00:10:21,457 Está ben? 128 00:10:21,458 --> 00:10:25,499 Non. A cela é un cadaleito e claramente mallaron nela. 129 00:10:25,500 --> 00:10:29,166 O trauma será permanente, pero as feridas físicas non. 130 00:10:32,625 --> 00:10:36,915 Dános máis datos da localización. Ten que haber un xeito de chegar a ela. 131 00:10:36,916 --> 00:10:38,124 Non hai. 132 00:10:38,125 --> 00:10:42,707 É un edificio fortificado nun porto deportivo controlado por eles. 133 00:10:42,708 --> 00:10:46,707 Contei 30 homes, pero eu contaría con que haxa o dobre. 134 00:10:46,708 --> 00:10:51,207 Aínda que désedes entrado, é un labirinto de escaleiras e corredores. 135 00:10:51,208 --> 00:10:53,374 Nun tiroteo, quedariades atrapados. 136 00:10:53,375 --> 00:10:54,832 Sospeitan de ti? 137 00:10:54,833 --> 00:10:55,915 Non. 138 00:10:55,916 --> 00:10:59,915 Pedinlles unha parte do rescate, pero din que vos negastes a pagar. 139 00:10:59,916 --> 00:11:01,790 Pediron unha burrada... 140 00:11:01,791 --> 00:11:02,915 Tanto dá. 141 00:11:02,916 --> 00:11:07,624 Só nos queda volver como os do seguro dicindo que a empresa aceptou pagar máis. 142 00:11:07,625 --> 00:11:10,999 Pero podemos facer que nola traian. 143 00:11:11,000 --> 00:11:15,165 Os seguros de secuestros non poden facer negocios en territorio ruso. 144 00:11:15,166 --> 00:11:17,040 - Polas sancións. - Ten razón. 145 00:11:17,041 --> 00:11:19,624 Traedes a yakuza aquí cunha forza reducida, 146 00:11:19,625 --> 00:11:22,790 metémonos no barco, librámonos dos malos e salvámola. 147 00:11:22,791 --> 00:11:24,457 E saímos a mar aberto. 148 00:11:24,458 --> 00:11:28,665 Nichka, podes volver onda eles e avisarnos se as cousas se complican? 149 00:11:28,666 --> 00:11:30,749 Só se o meu diñeiro é de verdade. 150 00:11:30,750 --> 00:11:33,208 - Si que é. - Pois chama. 151 00:11:38,708 --> 00:11:43,082 Kenta, amigo meu. Son Mike Fisk, do seguro de secuestros. 152 00:11:43,083 --> 00:11:45,000 Teño moi boas novas para ti. 153 00:11:49,000 --> 00:11:52,624 Se che digo a verdade, eu xa facía o intercambio hoxe á noite. 154 00:11:52,625 --> 00:11:55,207 A luz do día multiplica o risco por cen. 155 00:11:55,208 --> 00:11:56,541 É o que hai. 156 00:12:00,500 --> 00:12:04,957 Imos falar de que vai pasar despois? Se conseguimos sobrevivir a isto? 157 00:12:04,958 --> 00:12:08,208 Refíreste a aquilo de intentares matarme? 158 00:12:09,125 --> 00:12:10,250 Si. 159 00:12:15,000 --> 00:12:15,958 Só digo isto: 160 00:12:18,833 --> 00:12:20,666 axúdame a asegurar o futuro 161 00:12:21,375 --> 00:12:23,750 e non me preocuparei polo pasado. 162 00:12:25,333 --> 00:12:26,291 Paréceme xusto. 163 00:12:27,416 --> 00:12:28,250 Pero... 164 00:12:30,916 --> 00:12:32,166 como algunha vez 165 00:12:32,791 --> 00:12:34,291 o volvas intentar, 166 00:12:35,583 --> 00:12:37,500 arríncoche a puta cabeza. 167 00:12:40,291 --> 00:12:41,375 Tamén é xusto. 168 00:12:51,625 --> 00:12:52,750 Tes medo? 169 00:12:55,791 --> 00:12:57,375 Si, claro que teño medo. 170 00:12:58,750 --> 00:13:01,666 Estamos moi lonxe da zona de confort dun avogado. 171 00:13:07,791 --> 00:13:09,666 Non te creo, Owen. 172 00:13:10,833 --> 00:13:14,040 O caos e o perigo sempre foron a túa zona de confort, 173 00:13:14,041 --> 00:13:16,916 sobre todo despois de morrer teu pai. 174 00:13:19,541 --> 00:13:22,416 Xa, pero iso non significa que non teña medo. 175 00:13:24,208 --> 00:13:25,583 O medo é mellor que... 176 00:13:26,958 --> 00:13:27,958 a tristeza. 177 00:13:44,333 --> 00:13:46,500 Unha persoa sabia dixo unha vez 178 00:13:47,000 --> 00:13:52,000 que o dó é todo o amor que nos quedou sen gastar por aqueles que perdemos. 179 00:13:55,125 --> 00:13:56,666 Estar triste está ben. 180 00:14:29,416 --> 00:14:31,833 Estou aquí. Estás a salvo. 181 00:14:33,583 --> 00:14:34,875 E se fracaso? 182 00:14:38,666 --> 00:14:42,166 Quero atopar a redención no amor de Jang Kyun, pero... 183 00:14:45,291 --> 00:14:48,708 e se o meu egoísmo acaba mancando a todos os que me rodean? 184 00:14:50,250 --> 00:14:53,000 Mellor loitar polo amor que abandonalo. 185 00:15:12,166 --> 00:15:13,041 Ei. 186 00:15:13,708 --> 00:15:14,708 Durmiches? 187 00:15:16,333 --> 00:15:18,083 Xa, pregunta parva. 188 00:15:23,333 --> 00:15:25,625 Non podo imaxinar o que estás pasando. 189 00:15:27,625 --> 00:15:29,582 Pero, como amigo... 190 00:15:29,583 --> 00:15:33,666 Corrixo, como avogado da axencia que estás chantaxeando, 191 00:15:34,458 --> 00:15:36,583 e que xa é como un amigo... 192 00:15:39,833 --> 00:15:42,082 creo que debías quedar aquí. 193 00:15:42,083 --> 00:15:45,165 O rescate ten que ser frío, non emocional. 194 00:15:45,166 --> 00:15:48,165 Dicímoslles que estás malo ou que perdiches o voo. 195 00:15:48,166 --> 00:15:51,707 Terías que matarme para impedirme ir pola miña muller. 196 00:15:51,708 --> 00:15:55,624 Imaxinaba que dirías iso, pero, se te delata... 197 00:15:55,625 --> 00:15:56,708 Non o fará. 198 00:15:57,416 --> 00:15:58,958 NON ME COÑECES 199 00:16:02,333 --> 00:16:03,875 Non son o teu amigo, Owen. 200 00:16:04,375 --> 00:16:06,999 Mataríate para salvala sen pensalo. 201 00:16:07,000 --> 00:16:07,916 Xa o sei. 202 00:16:11,333 --> 00:16:13,041 Iso só se lle di a un colega. 203 00:16:17,166 --> 00:16:19,957 Agradézoche moito que me axudes, 204 00:16:19,958 --> 00:16:23,166 pero só confío en min mesmo para rescatala. 205 00:16:24,791 --> 00:16:28,041 Ou a salvo ou morro no intento. 206 00:16:48,166 --> 00:16:49,000 Señor. 207 00:16:50,750 --> 00:16:52,791 Isto é unha non conversación. 208 00:16:53,791 --> 00:16:57,040 Os nosos contactos no lugar non acaban de mandar aviso 209 00:16:57,041 --> 00:16:59,416 de que queda unha hora para a non operación. 210 00:17:00,708 --> 00:17:01,833 Entendido. 211 00:17:02,458 --> 00:17:06,583 Creo. Vou un pouco perdida con tanta negativa. 212 00:17:07,791 --> 00:17:11,958 Como non vai pasar, non haberá supervisión operacional. 213 00:17:12,625 --> 00:17:16,540 Pero poida que haxa un enlace a un vídeo na SCIF-13B, 214 00:17:16,541 --> 00:17:18,958 que está pechada por mantemento. 215 00:17:20,375 --> 00:17:22,082 Agradezo o aviso, señor, 216 00:17:22,083 --> 00:17:25,457 pero xa me chegou de deixarme arrastrar pola corrente. 217 00:17:25,458 --> 00:17:27,375 Teño moito que facer. 218 00:17:28,125 --> 00:17:29,125 Será o mellor. 219 00:17:47,541 --> 00:17:48,375 O carallo. 220 00:18:18,458 --> 00:18:22,207 Perdes o tempo. Se abren o maletín, vai todo para o carallo. 221 00:18:22,208 --> 00:18:24,458 Pois máis vos vale aparecer antes. 222 00:18:24,958 --> 00:18:28,165 Prémeo cando vexas a refén e aparecemos en 45 segundos. 223 00:18:28,166 --> 00:18:29,375 Recibido. 224 00:18:36,333 --> 00:18:38,874 - Vémonos ao outro lado? - Máis che vale. 225 00:18:38,875 --> 00:18:42,665 Aínda que a tráxica morte do meu primeiro amor a mans da yakuza 226 00:18:42,666 --> 00:18:45,041 daría para unha historia ben orixinal. 227 00:18:45,875 --> 00:18:47,041 Ese é o espírito. 228 00:18:50,458 --> 00:18:52,458 Veña, Corvette, non a cagues. 229 00:20:00,416 --> 00:20:03,583 Ola, rapaces. Non fan falta os xoguetes. 230 00:20:07,750 --> 00:20:08,958 Moi ben. 231 00:20:12,666 --> 00:20:14,333 Os cartos cando a vexamos. 232 00:20:43,583 --> 00:20:44,750 Kenta. 233 00:20:46,916 --> 00:20:49,124 Alégrome de que isto vaia adiante. 234 00:20:49,125 --> 00:20:51,083 Vasme presentar a túa amiga? 235 00:20:52,333 --> 00:20:53,166 Non. 236 00:20:54,208 --> 00:20:57,250 - Ensíname os cartos. - Ensínanos a muller primeiro. 237 00:21:06,833 --> 00:21:07,791 Por favor. 238 00:21:16,416 --> 00:21:17,375 Vamos. 239 00:21:18,875 --> 00:21:22,166 Cooperante Kim, son Jung Si-Woo. 240 00:21:23,291 --> 00:21:25,082 NON ME COÑECES 241 00:21:25,083 --> 00:21:26,915 Viñemos para pagar o rescate. 242 00:21:26,916 --> 00:21:28,291 En inglés. 243 00:21:29,541 --> 00:21:32,666 Só lle dicía que viñemos pagar o seu rescate. 244 00:21:38,708 --> 00:21:40,125 Abortamos. 245 00:21:41,083 --> 00:21:42,332 Merda. 246 00:21:42,333 --> 00:21:43,915 Non pode paralo agora. 247 00:21:43,916 --> 00:21:46,999 Ten que ser! Non podemos disparar diante dos rusos. 248 00:21:47,000 --> 00:21:51,415 Mataríannos ou xulgaríannos por espionaxe e torturaríannos para os restos. 249 00:21:51,416 --> 00:21:52,707 Non podemos deixalo! 250 00:21:52,708 --> 00:21:56,708 Agora non podemos proceder. Dentro de dous minutos, será tarde. 251 00:21:58,708 --> 00:22:00,208 - Non o vou deixar. - Non. 252 00:22:05,750 --> 00:22:07,749 - Misión frustrada. - Xa. 253 00:22:07,750 --> 00:22:10,915 Mandei a Dodge e os demais á extracción. Marchamos. 254 00:22:10,916 --> 00:22:12,125 Pero que hostia...? 255 00:22:15,958 --> 00:22:17,833 Xa tedes o que viñades buscar. 256 00:22:19,791 --> 00:22:20,875 Dádenos os cartos. 257 00:22:21,458 --> 00:22:22,416 Claro. 258 00:22:22,916 --> 00:22:27,207 Pero antes gustaríame estender o noso máis sincero agradecemento 259 00:22:27,208 --> 00:22:30,790 por sermos capaces de acadar unha resolución pacífica. 260 00:22:30,791 --> 00:22:33,708 - Creo que foi Winston Churchill... - Cala a boca. 261 00:22:36,875 --> 00:22:37,791 Vale. 262 00:22:51,666 --> 00:22:52,791 Dádeme a muller. 263 00:23:54,125 --> 00:23:55,541 Non podiamos facer nada. 264 00:24:23,541 --> 00:24:27,416 Xogároncha. Os meus xefes non van quedar nada impresionados. 265 00:24:30,250 --> 00:24:31,208 Vamos. 266 00:25:00,250 --> 00:25:03,458 Mellor loitar polo amor que abandonalo. 267 00:25:07,500 --> 00:25:08,790 Como de grave é? 268 00:25:08,791 --> 00:25:09,957 Non o sei. 269 00:25:09,958 --> 00:25:13,290 Se o mellor dos casos é que estean mortos, importa algo? 270 00:25:13,291 --> 00:25:14,500 Claro que importa. 271 00:25:16,625 --> 00:25:18,500 Tes que empapelar a Owen. 272 00:25:19,000 --> 00:25:21,790 Señor, non. Busque outro. 273 00:25:21,791 --> 00:25:23,165 Non hai outro. 274 00:25:23,166 --> 00:25:26,165 O teu traballo agora mesmo é protexer a Axencia. 275 00:25:26,166 --> 00:25:28,000 - Non o vou facer. - Vas tal. 276 00:25:31,916 --> 00:25:34,958 Seguíchesme ata aquí para asegurar o teu futuro 277 00:25:35,625 --> 00:25:38,207 coas credenciais da seguridade nacional. 278 00:25:38,208 --> 00:25:42,916 Pero ese futuro ten un prezo e agora tócache pagalo. 279 00:25:43,416 --> 00:25:48,207 Así que plántateme abaixo agora mesmo e empeza a ampliar o expediente de Owen 280 00:25:48,208 --> 00:25:54,082 incluíndo os pecados que poidamos usar para colgarlle esta misión ao pescozo. 281 00:25:54,083 --> 00:25:56,415 Logo entérrao fóra dos rexistros 282 00:25:56,416 --> 00:26:00,833 para lle dicirmos a Contraespionaxe que se perdeu na maraña burocrática. 283 00:26:01,583 --> 00:26:02,708 Si, señor. 284 00:26:08,541 --> 00:26:12,333 Non sabía o que ía custar chegar ata aquí. 285 00:26:13,625 --> 00:26:14,708 Agora sábelo. 286 00:28:23,791 --> 00:28:25,374 Basicamente, estás fodida. 287 00:28:25,375 --> 00:28:26,625 Eu estou fodida? 288 00:28:27,708 --> 00:28:32,290 Mandastes persoal encuberto a Corea sen declaralo, 289 00:28:32,291 --> 00:28:34,582 facéndoos pasar por avogados. 290 00:28:34,583 --> 00:28:37,124 Incorrecto. Si que son avogados. 291 00:28:37,125 --> 00:28:38,999 Recrutaron un dos meus. 292 00:28:39,000 --> 00:28:40,749 O teu home chantaxéanos 293 00:28:40,750 --> 00:28:44,624 e o outro secuestrou unha estadounidense no Four Seasons de D. C. 294 00:28:44,625 --> 00:28:47,374 - Eu non sei nada diso. - Unha merda. 295 00:28:47,375 --> 00:28:49,582 Veña, Grace. Non tes nada que facer. 296 00:28:49,583 --> 00:28:52,999 As dúas sabemos que a CIA recuperará a Janus Ferber 297 00:28:53,000 --> 00:28:56,374 apoiándose en 50 anos de leis de intelixencia. 298 00:28:56,375 --> 00:28:59,624 Pero ti tes dous elementos imprevisibles no terreo. 299 00:28:59,625 --> 00:29:03,624 Un supervisor que vai por libre co dedo no gatillo 300 00:29:03,625 --> 00:29:06,415 e un neno rico que te obrigaron a usar 301 00:29:06,416 --> 00:29:10,875 e que non daba feito a soltar nomes cando o collemos. 302 00:29:22,333 --> 00:29:23,958 Que propós? 303 00:29:25,541 --> 00:29:27,250 Quen dixo que teña propostas? 304 00:29:28,458 --> 00:29:31,040 Con todo o poder que cres que tes, 305 00:29:31,041 --> 00:29:34,374 non perderías o tempo falando comigo se non as tiveses. 306 00:29:34,375 --> 00:29:37,999 Non o crerás, pero eu son a túa opción para salvar o choio. 307 00:29:38,000 --> 00:29:40,874 Está claro que a túa carreira está en perigo. 308 00:29:40,875 --> 00:29:44,416 A cousa podería chegar a unha sentenza de cárcere. 309 00:29:45,041 --> 00:29:47,957 Pero, se colaboras, 310 00:29:47,958 --> 00:29:52,207 axúdoche a darlle forma a un relato que te ille dos efectos colaterais. 311 00:29:52,208 --> 00:29:53,208 Como? 312 00:29:56,333 --> 00:30:00,291 Ímosche axudar a botarlle todo enriba a Owen Hendricks. 313 00:30:10,333 --> 00:30:11,250 Hostia. 314 00:31:14,000 --> 00:31:15,000 Nikolai. 315 00:31:19,500 --> 00:31:20,500 Nikolai. 316 00:32:45,083 --> 00:32:46,624 Hai que facer a chamada. 317 00:32:46,625 --> 00:32:48,291 Aínda non o sabemos todo. 318 00:32:49,041 --> 00:32:49,957 Deixádeme saír! 319 00:32:49,958 --> 00:32:53,375 Que máis queres? O desastre foi bíblico. Hai que chamar a Langley. 320 00:32:56,458 --> 00:32:57,791 É un número ruso. 321 00:32:58,916 --> 00:32:59,750 Diga. 322 00:33:00,375 --> 00:33:01,375 Estou vivo. 323 00:33:02,625 --> 00:33:05,374 Non che vou mentir, morto era moito máis fácil. 324 00:33:05,375 --> 00:33:07,833 Owen! Téñenme encerrada! 325 00:33:08,625 --> 00:33:09,457 Onde estás? 326 00:33:09,458 --> 00:33:11,208 Nunha casa flotante. 327 00:33:12,083 --> 00:33:13,583 Polo canal arriba. 328 00:33:16,875 --> 00:33:18,750 Peirao Ozernyy, 317. 329 00:33:19,333 --> 00:33:21,415 Pois levanta áncoras e para a casa. 330 00:33:21,416 --> 00:33:25,082 Non podo. Primeiro teño que rescatar a Jang Kyun e a muller. 331 00:33:25,083 --> 00:33:27,415 Estás tolo? Está tolo? 332 00:33:27,416 --> 00:33:32,332 Como vai facer un puto avogado da CIA sen puta formación nin apoio operacional 333 00:33:32,333 --> 00:33:34,207 o que non deron feito os meus? 334 00:33:34,208 --> 00:33:35,375 Non o sei. 335 00:33:36,666 --> 00:33:39,207 - Pero non os podo deixar aquí. - Podes, si. 336 00:33:39,208 --> 00:33:42,832 Seremos uns mercenarios, pero non podemos deixalos cos rusos. 337 00:33:42,833 --> 00:33:45,332 Revelarán os segredos. E, a nivel humano... 338 00:33:45,333 --> 00:33:46,874 Que lle dean polo cu! 339 00:33:46,875 --> 00:33:48,000 Non podo. 340 00:33:50,208 --> 00:33:51,208 Non o vou facer. 341 00:33:52,625 --> 00:33:55,125 Ti e Lester estades mortos por dentro. 342 00:33:55,833 --> 00:33:59,540 Non sei se xa erades así ou se o choio matou esa parte de vós. 343 00:33:59,541 --> 00:34:03,708 Se marcho agora, serei coma vós e non quero estar morto por dentro. 344 00:34:06,500 --> 00:34:11,458 Owen, toda esta leria da nobreza é inxenua de collóns. 345 00:34:14,000 --> 00:34:18,082 Se o vas facer, mándoche a Nichka a guiarte polo camiño equivocado. 346 00:34:18,083 --> 00:34:19,125 Vale. 347 00:34:20,416 --> 00:34:21,291 Grazas. 348 00:34:22,166 --> 00:34:24,083 - Puto parvo. - Parvo redondo. 349 00:34:29,000 --> 00:34:31,916 Por favor. Necesita un médico. Por favor! 350 00:34:38,583 --> 00:34:41,166 Grazas pola demostración de forza. 351 00:34:42,958 --> 00:34:44,208 Aí está o FSB. 352 00:34:44,791 --> 00:34:45,875 Así que eu marcho. 353 00:34:57,041 --> 00:34:59,374 Prometérasnos o espía americano. 354 00:34:59,375 --> 00:35:01,457 Aínda volo podo conseguir. 355 00:35:01,458 --> 00:35:04,249 Moscova manda un equipo polos prisioneiros. 356 00:35:04,250 --> 00:35:06,833 O avión chegará dentro de catro horas. 357 00:35:07,416 --> 00:35:10,625 Tes ese tempo para traernos o prometido. 358 00:35:11,125 --> 00:35:12,083 Se non... 359 00:35:31,958 --> 00:35:32,790 Da? 360 00:35:32,791 --> 00:35:33,915 Onde estás? 361 00:35:33,916 --> 00:35:36,957 Saíndo de aquí. Acaba de intervir o FSB local. 362 00:35:36,958 --> 00:35:39,499 Negativo. Tes que ir por Owen e traermo. 363 00:35:39,500 --> 00:35:41,707 Sabes onde está? Onde estás ti? 364 00:35:41,708 --> 00:35:45,208 Iso tanto che dá ata que o teñas a el. Peirao Ozernyy, 317. 365 00:35:45,791 --> 00:35:50,707 Terás que subirme a paga. Co FSB no medio, isto púxose moito máis perigoso. 366 00:35:50,708 --> 00:35:51,624 Vale. 367 00:35:51,625 --> 00:35:54,665 Tráeme a Owen e engádolle un cero ao total. 368 00:35:54,666 --> 00:36:00,041 Vaime por el ou o último que vou facer será catapultarte a través dun aramado. 369 00:36:04,625 --> 00:36:05,958 Que estou facendo? 370 00:36:06,458 --> 00:36:10,790 É de tolos. Non teño un plan, non teño formación, non teño cabeza. 371 00:36:10,791 --> 00:36:14,375 Non sei nin se falas inglés. Ou se tes un traumatismo. 372 00:36:16,375 --> 00:36:17,500 Igual é o calcetín. 373 00:36:18,250 --> 00:36:19,083 Ei! 374 00:36:27,208 --> 00:36:28,125 Cristo bendito! 375 00:36:30,208 --> 00:36:33,707 - Puto susto! - Lester mándame para levarte de volta. 376 00:36:33,708 --> 00:36:36,540 Non, ata que teña a Jang Kyun e a muller. 377 00:36:36,541 --> 00:36:38,582 É moi mala idea. 378 00:36:38,583 --> 00:36:42,416 Vas morrer, fixo. E vas facer que me maten a min. 379 00:36:43,000 --> 00:36:45,874 Ti pódesme meter no complexo. En ti confían. 380 00:36:45,875 --> 00:36:50,583 Os dous sabemos que, se a cousa se torce, vasme matar para que non te entregue. 381 00:36:51,083 --> 00:36:51,915 Certo. 382 00:36:51,916 --> 00:36:53,125 Feito, entón. 383 00:36:55,791 --> 00:36:57,000 Debías matalo. 384 00:36:58,041 --> 00:36:59,082 Non. 385 00:36:59,083 --> 00:37:02,958 Se o atopan ou dá fuxido, vaite delatar. 386 00:37:03,458 --> 00:37:04,874 Éche máis seguro matalo. 387 00:37:04,875 --> 00:37:06,790 Estou tendo un déjà vu. 388 00:37:06,791 --> 00:37:08,958 Túa nai e ti tedes ideas parecidas... 389 00:37:10,833 --> 00:37:11,791 Que hostia fas? 390 00:37:13,083 --> 00:37:17,290 Só porque ti non teñas estómago para matar non vai quedar sen facer. 391 00:37:17,291 --> 00:37:20,165 Non finxas que o que fas non ten consecuencias. 392 00:37:20,166 --> 00:37:22,458 - Agora pareces Lester. - Vamos. 393 00:37:23,833 --> 00:37:24,833 "Vamos." 394 00:37:25,791 --> 00:37:26,833 O carallo. 395 00:37:38,666 --> 00:37:40,291 - Owen. - Que? 396 00:37:43,916 --> 00:37:45,083 Ao maleteiro. 397 00:37:54,500 --> 00:37:55,708 Vendíchesnos. 398 00:37:57,333 --> 00:37:58,625 E estráñache? 399 00:37:59,833 --> 00:38:04,625 Díxenlle ao FSB que me recrutastes, pero que faría de axente dobre para eles. 400 00:38:05,125 --> 00:38:07,125 Veñen de camiño a buscarte. 401 00:38:07,708 --> 00:38:11,499 Dentro de dúas horas, cámbiolles un axente americano e un coreano 402 00:38:11,500 --> 00:38:13,916 por moitos cartos e un bo ascenso. 403 00:38:16,958 --> 00:38:18,875 Es cuspidiña á túa nai, sabíalo? 404 00:38:20,416 --> 00:38:22,125 Pero morto non lles sirvo. 405 00:38:24,333 --> 00:38:27,332 Así que non vas apertar ese gatillo. 406 00:38:27,333 --> 00:38:28,458 Non fagas iso. 407 00:38:29,250 --> 00:38:32,708 Non te poderei matar, pero pódoche rebentar os xeonllos. 408 00:38:33,291 --> 00:38:34,541 Ou os pés. 409 00:38:35,041 --> 00:38:36,166 Ou as pelotas. 410 00:38:40,000 --> 00:38:40,832 Xa o pillo. 411 00:38:40,833 --> 00:38:43,125 Tira a arma e métete no maleteiro. 412 00:39:23,791 --> 00:39:26,500 Só carguei tres balas, Owen. 413 00:39:27,166 --> 00:39:28,875 Quédache unha. 414 00:39:29,583 --> 00:39:31,500 E logo que vas facer? 415 00:40:42,375 --> 00:40:43,625 Estás con Nichka? 416 00:40:46,208 --> 00:40:47,750 Poderíase dicir, si. 417 00:40:48,250 --> 00:40:50,082 Vendeunos ao FSB. 418 00:40:50,083 --> 00:40:52,458 - Ala, hostia! Era visto! - Onde está? 419 00:40:54,250 --> 00:40:55,082 Nun maleteiro. 420 00:40:55,083 --> 00:40:59,041 Vén un equipo do FSB de camiño a recollernos ao aeródromo. 421 00:40:59,791 --> 00:41:00,666 Owen. 422 00:41:01,833 --> 00:41:04,957 Teño que marchar. Chámote cando os teña. 423 00:41:04,958 --> 00:41:05,916 Owen. 424 00:41:22,916 --> 00:41:23,999 Si, señor? 425 00:41:24,000 --> 00:41:28,499 Código do dispositivo coreano descifrado e ameaza desactivada. 426 00:41:28,500 --> 00:41:30,832 Cancelade o choio e volvede á casa. 427 00:41:30,833 --> 00:41:33,333 Que boas novas, señor. 428 00:41:33,958 --> 00:41:36,750 O problema é que Jang Kyun non está con nós. 429 00:41:37,458 --> 00:41:38,291 Onde está? 430 00:41:39,833 --> 00:41:41,208 Capturárono os rusos. 431 00:41:44,000 --> 00:41:44,833 A ver. 432 00:41:46,250 --> 00:41:47,333 A ver, escoita. 433 00:41:48,333 --> 00:41:52,415 Cando, non "se", os rusos o torturen e o fagan cantar, 434 00:41:52,416 --> 00:41:57,583 vai soltar todos os segredos que nos matamos vivos por gardar. 435 00:41:59,208 --> 00:42:02,707 Un de vós terá que pegarlle un tiro ao coreano para evitalo. 436 00:42:02,708 --> 00:42:05,040 Síntollo, pero non é posible. 437 00:42:05,041 --> 00:42:06,666 Si que é. 438 00:42:07,166 --> 00:42:09,790 Fágoo eu, señor, cunha condición. 439 00:42:09,791 --> 00:42:12,207 Teño opcións? Que teño para ofrecer? 440 00:42:12,208 --> 00:42:13,624 A oficina de Moscova. 441 00:42:13,625 --> 00:42:17,665 - E o de asegurar o meu futuro? - E o perdón dos meus pecados. 442 00:42:17,666 --> 00:42:19,540 - Feito. - Señor... 443 00:42:19,541 --> 00:42:22,374 Vaite, Walter. Isto ten que pasar. 444 00:42:22,375 --> 00:42:24,625 Queres negar coñecemento? Vaite xa. 445 00:42:41,416 --> 00:42:42,957 Gilbane, esta é a túa. 446 00:42:42,958 --> 00:42:45,957 Hendricks segue intentando rescatar a Jang Kyun. 447 00:42:45,958 --> 00:42:47,582 Non necesitamos rescatalo. 448 00:42:47,583 --> 00:42:51,249 E o avogado pode mandarnos ao caldeiro a todos se o collen. 449 00:42:51,250 --> 00:42:52,540 Nin un cabo solto. 450 00:42:52,541 --> 00:42:53,750 Si, señor. 451 00:42:57,708 --> 00:42:59,165 Es unha prea. 452 00:42:59,166 --> 00:43:02,082 Eu dedícome a conseguir resultados, Lester. 453 00:43:02,083 --> 00:43:04,415 O poder acaba de cambiar ao meu bando. 454 00:43:04,416 --> 00:43:07,375 Ou sobes ao carro ou pásache por riba. 455 00:43:20,708 --> 00:43:22,624 - Para a casa. - E se non quero? 456 00:43:22,625 --> 00:43:25,040 Levanta. Non estou para os teus dramas. 457 00:43:25,041 --> 00:43:28,041 - Pois vou de mala gana. - Impórtame unha merda. 458 00:43:33,333 --> 00:43:35,540 Lembrarei sempre este tempo xuntos. 459 00:43:35,541 --> 00:43:40,082 Ten prohibido volver a Corea. 460 00:43:40,083 --> 00:43:41,958 Xa o imaxinaba. 461 00:43:45,750 --> 00:43:47,124 Pero, cando isto remate 462 00:43:47,125 --> 00:43:51,083 e acabemos os dous queimados ou despedidos, 463 00:43:51,708 --> 00:43:52,625 búscame. 464 00:43:53,125 --> 00:43:54,541 E invítote a cear. 465 00:48:00,625 --> 00:48:02,500 A ver, tranqui. Teño que mexar. 466 00:48:05,708 --> 00:48:06,541 O carallo! 467 00:48:07,125 --> 00:48:08,166 Merda. 468 00:48:08,833 --> 00:48:09,750 Síntoo. 469 00:48:10,833 --> 00:48:13,874 A xefa mandoume ser discreto e non deixar superviventes. 470 00:48:13,875 --> 00:48:17,750 - Non supliques clemencia. - Suplicar eu? Coma unha neniña? 471 00:48:18,250 --> 00:48:21,250 Vale, cambiei de idea. Por favor, non me mates. 472 00:48:22,750 --> 00:48:23,875 Cago en todo! 473 00:48:24,375 --> 00:48:27,875 Acabo de ver a Deus! Es o meu anxo da garda, de verdade. 474 00:48:47,791 --> 00:48:48,750 Perdoa. 475 00:48:49,750 --> 00:48:51,625 Xa non importa. 476 00:48:52,916 --> 00:48:53,875 Si que importa. 477 00:48:56,916 --> 00:48:59,916 Perdín o norte. Esquecín o que importaba de verdade. 478 00:49:03,375 --> 00:49:04,250 Ti. 479 00:49:06,791 --> 00:49:07,791 O bebé. 480 00:49:13,708 --> 00:49:15,333 Cando cheguemos a Moscova, 481 00:49:16,708 --> 00:49:18,375 vannos separar. 482 00:49:23,583 --> 00:49:26,333 Cando vexan que non sabes nada de valor... 483 00:49:28,833 --> 00:49:31,166 irás a un campamento para prisioneiros. 484 00:49:33,333 --> 00:49:35,375 Non te volverei ver. 485 00:49:36,000 --> 00:49:39,666 O futuro non está escrito. Pódennos rescatar os teus amigos. 486 00:49:42,458 --> 00:49:44,666 Non son amigos meus. 487 00:49:46,125 --> 00:49:46,957 Non. 488 00:49:46,958 --> 00:49:48,749 - Non. - Non. 489 00:49:48,750 --> 00:49:50,666 Non vén ninguén salvarnos. 490 00:49:54,750 --> 00:49:55,625 Non. 491 00:49:57,708 --> 00:49:58,625 Ola. 492 00:50:12,458 --> 00:50:13,500 Owen? 493 00:50:15,583 --> 00:50:16,458 Ola. 494 00:50:18,041 --> 00:50:18,958 Podes andar? 495 00:50:20,291 --> 00:50:21,791 - Si. - Ben. 496 00:50:22,958 --> 00:50:23,958 Levanta. 497 00:50:25,250 --> 00:50:26,791 E a salvar a túa muller. 498 00:50:33,666 --> 00:50:34,500 Nan Hee. 499 00:50:35,375 --> 00:50:36,415 Encantado. 500 00:50:36,416 --> 00:50:37,708 Grazas. 501 00:51:10,416 --> 00:51:14,833 A quen lle disparo primeiro? 502 00:51:17,000 --> 00:51:19,416 Non os podes matar. Son meus. 503 00:52:54,291 --> 00:52:55,250 Ei. 504 00:53:05,041 --> 00:53:07,040 Imos saír de aquí neste coche 505 00:53:07,041 --> 00:53:09,000 e ninguén vai mirar para nós. 506 00:53:16,500 --> 00:53:19,208 Cago na puta! Agarrádevos. 507 00:53:22,083 --> 00:53:23,083 Ei! Aquí! 508 00:53:42,625 --> 00:53:45,333 - A onde imos? - Preparádevos para dar un baño. 509 00:53:49,541 --> 00:53:50,416 Vamos! 510 00:53:51,208 --> 00:53:54,583 Vamos! Vai! Veña! 511 00:54:09,583 --> 00:54:11,250 Chamade a garda costeira... 512 00:54:12,416 --> 00:54:14,750 Díxenche o que pasaría se fallabas. 513 00:54:41,916 --> 00:54:42,875 Veña! 514 00:54:48,125 --> 00:54:50,290 - Garda 3, alerta na baía leste. - Dime. 515 00:54:50,291 --> 00:54:52,041 - O barco coreano. - Imos. 516 00:54:53,000 --> 00:54:53,833 Vamos! 517 00:55:06,750 --> 00:55:08,666 Aí están! Collédeos! 518 00:55:13,458 --> 00:55:15,458 Les! Queda no chan, si? 519 00:55:18,500 --> 00:55:19,500 Vale. 520 00:55:21,208 --> 00:55:22,583 Desátame! 521 00:55:23,500 --> 00:55:24,333 Hostia! 522 00:55:25,666 --> 00:55:27,083 Grazas polo rescate. 523 00:55:30,000 --> 00:55:32,375 Vexo o barco. Achegámonos a bo ritmo. 524 00:55:44,000 --> 00:55:46,665 Acelera. Gáñalle distancia. 525 00:55:46,666 --> 00:55:48,375 Vamos. 526 00:55:49,875 --> 00:55:51,208 Abride fogo! 527 00:56:05,083 --> 00:56:05,916 Hostia! 528 00:56:20,125 --> 00:56:22,750 Equipo de Protección, preparádevos para saír. 529 00:56:39,833 --> 00:56:42,875 Dicídelle ola á armada dos Estados Unidos, cabróns! 530 00:56:43,375 --> 00:56:46,708 Abortamos. Vámonos de aquí pero xa. 531 00:56:51,291 --> 00:56:55,125 Garda Costeira 3, cal é a vosa situación? Garda Costeira 3? 532 00:56:59,500 --> 00:57:01,625 Vamos! Aí está! 533 00:57:19,750 --> 00:57:21,415 Moitas grazas pola axuda. 534 00:57:21,416 --> 00:57:23,750 Pásase ben meténdolles medo aos rusos. 535 00:57:26,208 --> 00:57:27,833 Pódesnos deixar un momento? 536 00:57:28,958 --> 00:57:31,875 Apurade. En breve estaremos no fondo do mar. 537 00:57:46,000 --> 00:57:47,375 "Grazas" soa... 538 00:57:48,333 --> 00:57:49,458 insuficiente. 539 00:57:50,666 --> 00:57:51,541 Pode ser. 540 00:57:53,666 --> 00:57:54,666 Pero acéptoo. 541 00:58:02,125 --> 00:58:04,708 Entón... agora que? 542 00:58:05,708 --> 00:58:06,708 Depende. 543 00:58:07,791 --> 00:58:11,708 Eu recomendo dicir que a ti e a Nan Hee vos mataron en Vladivostok. 544 00:58:12,208 --> 00:58:16,750 A Axencia prepáravos identidades novas e unha boa conta bancaria nos EUA. 545 00:58:18,166 --> 00:58:19,875 A cambio dos teus segredos. 546 00:58:21,916 --> 00:58:24,500 - Intentas recrutarme. - Si. 547 00:58:25,291 --> 00:58:26,416 Supoño que si. 548 00:58:28,875 --> 00:58:29,875 Que me dis? 549 00:58:30,958 --> 00:58:35,916 Ser feliz para sempre coa túa muller ou volver a Corea ao caldeiro por traizón? 550 00:58:36,958 --> 00:58:40,875 Visto así, non me queda moita opción, non? 551 00:58:46,166 --> 00:58:47,875 Mellor irmos baixando. 552 01:00:25,333 --> 01:00:30,250 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández