1 00:00:16,893 --> 00:00:20,813 ENTRANDO NO EPISODIO VERMELLO: A MAÑÁ TRAS O ATRACO 2 00:00:38,289 --> 00:00:41,417 Ninguén sabe o momento exacto no que todo se esboroou. 3 00:00:44,378 --> 00:00:46,297 Cando as emocións se dispararon… 4 00:00:48,674 --> 00:00:50,176 cando as armas apuntaron… 5 00:00:52,386 --> 00:00:54,013 cando se impuxo o medo… 6 00:00:57,266 --> 00:00:59,102 cando o líder fraqueou. 7 00:01:14,075 --> 00:01:15,201 Cada mala decisión… 8 00:01:18,830 --> 00:01:19,956 cada paso en falso… 9 00:01:25,253 --> 00:01:26,671 repíteo todo, se gustas. 10 00:01:31,425 --> 00:01:36,097 A sospeita, a culpa, as mentiras. 11 00:02:26,480 --> 00:02:29,609 Ninguén sabe o momento exacto no que todo se esboroou. 12 00:03:03,559 --> 00:03:08,314 Levo case 30 anos cubrindo tormentas, e case nunca vira unha híbrida tal… 13 00:03:08,397 --> 00:03:10,566 …unha destrución tripla. 14 00:03:10,650 --> 00:03:12,568 Chámana a tormenta perfecta. 15 00:03:12,652 --> 00:03:14,320 Veñen marusías ciclónicas… 16 00:03:14,403 --> 00:03:17,073 Mentres Ignacio deixa a cidade e vai ao norte, 17 00:03:17,156 --> 00:03:20,493 chégannos informacións dun estoupido no Center Mall. 18 00:03:21,077 --> 00:03:25,039 Vese unha devastación total por toda a cidade. 19 00:03:25,122 --> 00:03:27,792 Cada rúa, cada lugar que ollamos… 20 00:03:27,875 --> 00:03:32,171 Aquí, en Times Square, vemos gran parte da cidade na penumbra, 21 00:03:32,255 --> 00:03:37,343 mais, de lonxe, a súa silueta segue brillando coma sempre. 22 00:03:42,556 --> 00:03:45,810 - Onde carallo pensas que vas? - Estamos fodidos. 23 00:03:45,893 --> 00:03:50,314 - Lago Tupper, 3 días. Aquí non é seguro. - Levemos os bonos ao receptador. 24 00:03:52,525 --> 00:03:53,526 Onde están? 25 00:03:53,609 --> 00:03:55,736 Na camioneta, onde deben estar. 26 00:03:55,820 --> 00:04:00,658 Eu debía poñelos no ascensor e fíxeno, mais subín e non estaban, nin a camioneta. 27 00:04:01,492 --> 00:04:04,996 - E Ava? Non estabas con ela? - E Bob? Non estabas con el? 28 00:04:06,414 --> 00:04:09,959 Si, mais separámonos. Pensaba que estaría de volta aquí. 29 00:04:10,042 --> 00:04:11,544 Pois non está ninguén. 30 00:04:11,627 --> 00:04:14,088 Collamos estes pasaportes e lisquemos. 31 00:04:17,675 --> 00:04:21,137 Non fixen todo o que fixen para marchar sen nada. 32 00:04:21,220 --> 00:04:23,556 Non iremos a ningures ata ter os bonos. 33 00:04:23,639 --> 00:04:27,226 - Cres que alguén nola xogou? - Co honestos que somos todos? 34 00:04:29,353 --> 00:04:31,772 - E o do FBI? - Escoitarían as alarmas. 35 00:04:31,856 --> 00:04:34,066 Non, escoiteinos pola radio. 36 00:04:34,150 --> 00:04:38,029 Apareceron antes de saltaren as alarmas, así que alguén os avisou. 37 00:04:41,073 --> 00:04:42,783 É dicir, temos unha toupa. 38 00:05:02,303 --> 00:05:03,137 Leo! 39 00:05:05,723 --> 00:05:06,557 Entra! 40 00:05:07,183 --> 00:05:08,142 Tío, acouga! 41 00:05:09,268 --> 00:05:11,270 - Quen era? - Quen, Damarion? 42 00:05:11,354 --> 00:05:12,772 Quen carallo é Damarion? 43 00:05:12,855 --> 00:05:15,733 Acouga, é húngaro. Deume esta pera. 44 00:05:15,816 --> 00:05:18,027 - Tróuxote un amigo? - Abofé que non. 45 00:05:21,155 --> 00:05:22,114 Stan, non… 46 00:05:25,242 --> 00:05:26,869 Viñeches en Uber á reunión? 47 00:05:27,828 --> 00:05:31,165 Era un Lyft, porque os prezos subiron que flipas. 48 00:05:31,248 --> 00:05:33,501 Eu non sei pontear un coche, sabes? 49 00:05:33,584 --> 00:05:37,254 Non son ti. Teño unha conta falsa que uso para facer entregas. 50 00:05:37,338 --> 00:05:41,092 - E non colles a camioneta? - Non estaba, pero direiche quen si. 51 00:05:44,720 --> 00:05:46,347 Mira quen decidiu aparecer. 52 00:05:48,182 --> 00:05:49,183 E teu marido? 53 00:05:50,518 --> 00:05:51,352 Non o sei. 54 00:05:53,687 --> 00:05:54,980 E RJ? 55 00:05:56,857 --> 00:05:57,983 Onde está RJ, Judy? 56 00:06:05,157 --> 00:06:06,867 Leo non ten os bonos. 57 00:06:10,037 --> 00:06:11,622 Estás de chola. 58 00:06:11,705 --> 00:06:13,040 Todo foi para nada? 59 00:06:13,124 --> 00:06:17,128 Toda a montaxe da hostia, merecente dun galardón, foi para nada? 60 00:06:17,211 --> 00:06:19,630 - Alguén ten os bonos… - Abofé que os ten! 61 00:06:20,256 --> 00:06:22,341 - Estará camiño das Fiji. - Non. 62 00:06:22,425 --> 00:06:26,679 Alguén irá nun avión cun mimosa nunha man e un corte de manga na outra. 63 00:06:26,762 --> 00:06:28,264 Bob non levou os bonos. 64 00:06:28,347 --> 00:06:32,935 Intentou matarnos pero non levou os bonos? Como o carallo o sabes? 65 00:06:44,113 --> 00:06:47,116 Roger, vin tan rápido como puiden. 66 00:06:47,741 --> 00:06:49,952 Vinos por vídeo. 67 00:06:50,035 --> 00:06:51,495 Non poden estar lonxe. 68 00:06:51,579 --> 00:06:55,499 Quero saber quen son e como entraron na miña cámara acoirazada. 69 00:06:56,417 --> 00:06:59,211 Olla cada gravación e cada rexistro das alarmas. 70 00:06:59,295 --> 00:07:01,005 Fai un varrido dos sistemas. 71 00:07:01,505 --> 00:07:03,591 - Ben. - E trae uns forenses. 72 00:07:05,092 --> 00:07:06,677 Carlos, que carallo pasou? 73 00:07:06,760 --> 00:07:07,803 Eu… 74 00:07:07,887 --> 00:07:09,263 tiña a un deles. 75 00:07:09,346 --> 00:07:10,347 Recoñecíchelo? 76 00:07:11,432 --> 00:07:12,266 Drogáronos. 77 00:07:12,349 --> 00:07:15,227 - Ai si? - Faltan as últimas seis horas de vídeo. 78 00:07:55,226 --> 00:07:57,728 Chama uns buzos, quero ver o interior. 79 00:07:57,811 --> 00:08:01,482 As caixas dos bonos resisten a auga, así que estarán a salvo. 80 00:08:01,565 --> 00:08:05,569 Sabes que se supoñía que resistía a auga tamén? Toda a cámara! 81 00:08:10,950 --> 00:08:12,326 Temos invitados. 82 00:08:12,826 --> 00:08:14,745 - Que fai aquí o FBI? - Non sei. 83 00:08:14,828 --> 00:08:16,789 - Que marchen. - Poden virnos ben… 84 00:08:16,872 --> 00:08:20,251 Stefan Thiele ten oídos en todas partes, incluso no FBI. 85 00:08:20,334 --> 00:08:24,004 Non quero que se decate ata saber que os bonos están ben. Veña. 86 00:08:32,137 --> 00:08:34,431 Vou baixar, temos unha causa probable. 87 00:08:36,225 --> 00:08:39,061 Axente Abbassi, do FBI. Procuramos a Roger Salas. 88 00:08:39,603 --> 00:08:44,233 Síntoo, mais o señor Salas está ocupado. Hannah Kim, de seguridade dixital. 89 00:08:44,316 --> 00:08:46,443 Sospeitamos que atracaron a cámara. 90 00:08:46,527 --> 00:08:47,695 Que dramático, 91 00:08:48,696 --> 00:08:51,490 se nos roubasen, eu sería a primeira en sabelo. 92 00:08:51,574 --> 00:08:53,993 Temos informadores na banda. 93 00:08:55,619 --> 00:08:59,957 Xa vexo. Mais, desafortunadamente, todo está ben e a salvo en SLS. 94 00:09:00,040 --> 00:09:03,377 Pero están todos aquí. ás catro da mañá e cun furacán. 95 00:09:03,460 --> 00:09:05,129 Se tentasen roubar a cámara… 96 00:09:05,212 --> 00:09:08,841 - Cosa que non pasou. - Non o dicir sería obstruír a xustiza. 97 00:09:10,968 --> 00:09:13,804 A non ser que volvan cunha orde xudicial… 98 00:09:13,887 --> 00:09:16,849 Axentes! Son Roger Salas. 99 00:09:16,932 --> 00:09:19,560 Grazas for viren comprobar se todo ía ben. 100 00:09:19,643 --> 00:09:22,938 Por sorte, foi unha falsa alarma por uns danos pola auga. 101 00:09:23,022 --> 00:09:27,651 - Gustaríanos baixar a botar unha ollada. - Estarei encantado, previo aviso. 102 00:09:27,735 --> 00:09:32,156 Meus clientes son moi reservados. Non podo deixar entrar a calquera, sabe? 103 00:09:32,239 --> 00:09:34,325 Non somos un calquera, senón o FBI. 104 00:09:34,408 --> 00:09:37,411 Chegados a uns niveis, todos somos uns calquera. 105 00:09:45,169 --> 00:09:46,962 Xa o fixemos perder moi tempo. 106 00:09:52,092 --> 00:09:54,219 Non teñen nada, só tiran a cana. 107 00:10:02,811 --> 00:10:06,732 Non poderemos entrar en SLS, mais si procurar os que os atracaron. 108 00:10:06,815 --> 00:10:09,526 Mercer vai na camioneta, gravaríana en tráfico. 109 00:10:09,610 --> 00:10:11,612 - Rastrexarémola. - Ata o encontro. 110 00:10:13,739 --> 00:10:16,700 Síntoo, mais logo do desta noite non confío en vós. 111 00:10:18,952 --> 00:10:22,873 Canto máis cres coñecer a alguén, máis fácil te engana. 112 00:10:26,377 --> 00:10:28,212 En tres días, no lago Tupper. 113 00:10:32,216 --> 00:10:33,467 Sen os bonos, ou? 114 00:10:35,260 --> 00:10:38,389 Aquí non estamos seguros, que non entendedes? 115 00:10:38,472 --> 00:10:42,142 - Non marchamos sen os cartos. - Sen bonos, non hai pasaportes. 116 00:10:42,226 --> 00:10:44,269 - Se Salas nos atopa… - Como? 117 00:10:44,353 --> 00:10:46,730 - Sen vídeo nin impresións. - E a cámara? 118 00:10:46,814 --> 00:10:48,816 Ha de ser un acuario agora. 119 00:10:49,400 --> 00:10:51,777 E se deixamos algo que nos conecte? 120 00:10:52,361 --> 00:10:55,280 Foi limpo, é imposible que Salas nos identifique. 121 00:11:01,870 --> 00:11:06,542 - E o amplificador? - Xenérico de RadioShack, irrastrexable. 122 00:11:08,752 --> 00:11:11,547 Stan, onde están os teus anteollos? 123 00:11:14,758 --> 00:11:15,592 Non, eu… 124 00:11:17,010 --> 00:11:17,928 Probablemente… 125 00:11:24,935 --> 00:11:25,936 Merda! 126 00:11:31,233 --> 00:11:36,572 É Ava Mercer, ou? Saíu ás 3:23 e 5 minutos despois estaba na Essex coa Delancey. 127 00:11:36,655 --> 00:11:41,160 Ás 3:41, na zona alta, na 58 coa Segunda. 128 00:11:41,243 --> 00:11:42,578 Está por todas partes. 129 00:11:42,661 --> 00:11:44,538 Está ferida, confusa? 130 00:11:46,373 --> 00:11:49,126 Son as pontes de entrada, intenta saír da illa. 131 00:11:49,209 --> 00:11:52,129 Continúa procurando, levaranos ao resto da banda. 132 00:12:11,231 --> 00:12:14,485 Uns laboratorios tecnolóxicos están analizando o ADN. 133 00:12:25,788 --> 00:12:27,831 Stefan, alégrame escoitalo. 134 00:12:27,915 --> 00:12:30,751 Teño entendido que houbo un problema na cámara. 135 00:12:30,834 --> 00:12:32,044 Non que eu saiba. 136 00:12:32,961 --> 00:12:37,216 Señor Thiele, son Hannah Kim. O furacán non a afectou. 137 00:12:37,299 --> 00:12:39,134 Non é o que se me indica. 138 00:12:39,218 --> 00:12:42,387 - Non sei onde o escoitaría. - Vixío os meus cartos. 139 00:12:42,471 --> 00:12:45,766 Podo asegurarlle que os seus bonos están a salvo, Stefan. 140 00:12:49,061 --> 00:12:52,147 É bo sabelo. Irei á primeira hora da mañá. 141 00:12:56,693 --> 00:12:58,362 Quen é Roger Salas? 142 00:12:58,987 --> 00:13:01,323 Polo seu currículo, naceu en Venezuela, 143 00:13:01,406 --> 00:13:04,409 aos trinta estaba no Xapón e aos corenta nos EE. UU. 144 00:13:06,620 --> 00:13:07,955 Olla isto. 145 00:13:08,038 --> 00:13:12,209 O pasaporte venezolano de Salas, de 1994, e o estadounidense. 146 00:13:12,292 --> 00:13:14,002 Non é o mesmo tipo. 147 00:13:14,086 --> 00:13:17,381 E nada concorda cos datos que lles deu aos de Valores. 148 00:13:22,594 --> 00:13:25,681 Oe, na banda todos están conectados con Vernon, non? 149 00:13:26,682 --> 00:13:30,477 RECLUSO FOXE DE PRISIÓN ACHADO CULPABLE DO INCENDIO EN GLEN HILLS 150 00:13:32,896 --> 00:13:34,731 Vellos amigos, que interesante. 151 00:13:43,740 --> 00:13:44,992 Todo o que construín… 152 00:13:47,411 --> 00:13:48,996 todo polo que traballei… 153 00:13:51,373 --> 00:13:53,000 Gozarán destruíndome. 154 00:13:53,876 --> 00:13:56,795 Acharemos a xente que fixo isto. Están en algures. 155 00:13:56,879 --> 00:13:58,255 Recuperarei os bonos 156 00:13:59,089 --> 00:14:02,759 e asegurareime de que consiga todo o que merece. 157 00:14:31,747 --> 00:14:33,582 É o tipo da revisión dos ollos. 158 00:14:33,665 --> 00:14:36,919 Chegou ás 12:35 e marchou ás 13:18. 159 00:14:37,002 --> 00:14:38,045 Cámaras de fóra. 160 00:14:47,262 --> 00:14:48,096 Aí. 161 00:15:01,151 --> 00:15:05,405 Abofé, deixei as gafas, pero Salas non pode rastrexar iso, non? 162 00:15:05,489 --> 00:15:07,449 Non sabes do que é capaz. 163 00:15:09,868 --> 00:15:14,039 Se cadra ten razón. É un risco, talvez debamos marchar. 164 00:15:15,749 --> 00:15:17,125 Talvez debamos marchar? 165 00:15:22,756 --> 00:15:25,509 Xa vexo, estades xuntos nisto. 166 00:15:25,592 --> 00:15:26,510 Desculpa? 167 00:15:26,593 --> 00:15:29,554 Ti telo a el, el ten a Ava e Ava ten o receptador. 168 00:15:33,433 --> 00:15:36,019 Stan, nunca pensaches que cha está a xogar? 169 00:15:36,728 --> 00:15:40,440 Que o pai subrogado lévate polo camiño que el quere? 170 00:15:40,524 --> 00:15:42,526 Non o levo a ningunha parte. 171 00:15:42,609 --> 00:15:44,987 Non che sei, tes segredos ás cheas. 172 00:15:45,070 --> 00:15:49,324 Pensas que cha metería así, logo de oito anos? 173 00:15:49,408 --> 00:15:51,785 A todo isto, que che contou, Stan? 174 00:15:52,995 --> 00:15:54,788 Canto sabes de verdade? 175 00:15:56,790 --> 00:15:57,666 Ten razón. 176 00:15:58,792 --> 00:16:02,295 O único que sei é de cando chorabas ao durmir en Washington. 177 00:16:02,921 --> 00:16:04,131 Vin que eras humano. 178 00:16:04,214 --> 00:16:08,385 - Ao menos non vou detrás dunha casada. - Non tes nin idea do que nós… 179 00:16:08,468 --> 00:16:10,012 Só sei o que vexo. 180 00:16:11,388 --> 00:16:12,723 Tivemos o que tivemos. 181 00:16:14,516 --> 00:16:18,186 Cando isto remate, irei pola miña conta e vós iredes pola vosa. 182 00:16:18,270 --> 00:16:20,313 E pensar que sería diferente. 183 00:16:20,397 --> 00:16:21,732 Pensas que cha xogo? 184 00:16:22,441 --> 00:16:25,777 - Quedade coa miña parte e dividídea. - Dividir o que? 185 00:16:25,861 --> 00:16:27,946 Danlle igual os cartos. 186 00:16:30,198 --> 00:16:32,659 Nunca foi polos cartos, verdade? 187 00:16:35,662 --> 00:16:37,122 Por que foi, Leo? 188 00:16:38,832 --> 00:16:40,542 Por que arriscamos a vida? 189 00:16:57,017 --> 00:16:58,143 Estamos pechados. 190 00:17:05,025 --> 00:17:07,235 - É a muller de Stan Loomis? - Sonlle. 191 00:17:09,821 --> 00:17:13,200 Son o inspector Miguel Fuentes e procuro o seu esposo. 192 00:17:14,409 --> 00:17:17,037 Hai anos que cumpriu a condicional. 193 00:17:17,913 --> 00:17:19,706 Non se meteu en problemas. 194 00:17:20,207 --> 00:17:24,461 O señor Loomis traballa connosco provéndonos información 195 00:17:25,045 --> 00:17:27,214 e pensamos que pode estar en perigo. 196 00:17:28,924 --> 00:17:30,133 Quero axudar. 197 00:17:34,513 --> 00:17:36,431 Di que Stan é un informador? 198 00:17:37,891 --> 00:17:39,351 Nunca o amentara. 199 00:17:39,434 --> 00:17:41,103 Iso faino bo informante. 200 00:17:41,686 --> 00:17:44,648 Está ilocalizable e agardabamos que estivese aquí. 201 00:17:44,731 --> 00:17:45,565 Pois non está. 202 00:17:46,900 --> 00:17:47,776 Nin ninguén. 203 00:17:47,859 --> 00:17:48,693 Ola? 204 00:17:49,319 --> 00:17:50,403 Barbara? 205 00:17:50,487 --> 00:17:52,697 Non pasa nada, Barbara, volve á cama! 206 00:17:52,781 --> 00:17:55,075 Falades do meu Stan? 207 00:17:55,742 --> 00:17:56,993 Ninguén? 208 00:18:01,623 --> 00:18:05,085 Este cabaleiro di que procura a Stan. 209 00:18:05,710 --> 00:18:09,005 Son o inspector Fuentes e vostede ha de ser súa nai. 210 00:18:09,089 --> 00:18:10,465 Fala moito de vostede. 211 00:18:10,549 --> 00:18:14,219 É un bo rapaz. Seu pai, que en paz descanse… 212 00:18:14,302 --> 00:18:16,847 Intentamos localizalo, estamos preocupados. 213 00:18:16,930 --> 00:18:20,016 Díxenlle ao inspector que non sabemos onde está Stan. 214 00:18:20,100 --> 00:18:23,603 Tes a cousa esa do móbil, "Acha o meu móbil" ou non sei que. 215 00:18:25,814 --> 00:18:26,648 Abofé. 216 00:18:29,359 --> 00:18:30,610 Deixa que a olle. 217 00:18:38,160 --> 00:18:40,912 A Stan daralle rabia non estar. 218 00:18:45,375 --> 00:18:46,209 Vaia. 219 00:18:47,377 --> 00:18:51,089 Non o atopo, ha de ser pola tormenta. 220 00:18:51,590 --> 00:18:52,966 Tombaría o sinal. 221 00:18:53,049 --> 00:18:55,385 Xa, agardo que non estea aí fóra soíño. 222 00:18:56,219 --> 00:19:00,140 Sobre todo coa xente coa que está metido. Poden ser impredicibles. 223 00:19:01,057 --> 00:19:05,478 Tamén o teño no meu móbil, seguro que está xogando ao póker cos amigos. 224 00:19:26,958 --> 00:19:28,460 Ben, grazas, Carlos. 225 00:19:31,421 --> 00:19:35,091 Carlos rastrexouno ata un taller de coches en Red Hook. 226 00:19:36,468 --> 00:19:37,802 Reunirá os seus homes. 227 00:19:38,303 --> 00:19:39,846 Que fará? 228 00:19:40,513 --> 00:19:43,767 Carlos fará o que adoita facer. 229 00:19:46,394 --> 00:19:48,438 É a mellor opción? 230 00:19:49,189 --> 00:19:50,941 Esgotáronse as opcións. 231 00:20:02,452 --> 00:20:04,704 Teño dabondo de Salas para ir ao xuíz. 232 00:20:04,788 --> 00:20:06,289 Mercer chegou a Brooklyn. 233 00:20:06,373 --> 00:20:08,083 Se bulimos, podemos cachalos. 234 00:20:09,501 --> 00:20:11,127 Imposible estar nos dous sitios. 235 00:20:14,422 --> 00:20:15,507 Precisamos axuda. 236 00:20:16,424 --> 00:20:18,051 En canto faga esta chamada, 237 00:20:19,594 --> 00:20:22,722 todo o que fixemos por libre sairá á luz. 238 00:20:23,974 --> 00:20:26,059 Levo metida nisto demasiado… 239 00:20:26,768 --> 00:20:28,979 perdín demasiado como para o deixar. 240 00:20:29,479 --> 00:20:30,355 Mais ti… 241 00:20:31,481 --> 00:20:32,899 tes unha carreira. 242 00:20:32,983 --> 00:20:37,612 A min dáme igual o que me pase, máis ti non has porqué caer comigo. 243 00:20:45,161 --> 00:20:47,622 Fai esa chamada, manda unha brigada. 244 00:21:15,233 --> 00:21:17,235 Podemos discutilo canto queirades. 245 00:21:17,861 --> 00:21:21,573 - Cando Roger mande a Carlos, acabouse. - Agás se é a túa toupa. 246 00:21:21,656 --> 00:21:24,492 - Non pensas claro. - Penso claro coma o día. 247 00:21:24,576 --> 00:21:29,039 Tes a toupa, tes a Ava e ela ten o receptador. Tes todo o preciso. 248 00:21:29,122 --> 00:21:31,458 Se non te parase antes, deixaríasnos. 249 00:21:46,097 --> 00:21:49,642 - Ava, déronche. Estás ben? - Tes unha pinta horrible. 250 00:21:49,726 --> 00:21:51,436 - Veña, apóiate en min. - Ben. 251 00:21:55,398 --> 00:21:56,691 - Vas ben? - Lévoa eu. 252 00:21:56,775 --> 00:21:58,818 - Estou ben. - Sabes se é grave? 253 00:21:58,902 --> 00:22:00,570 Só me rozou, estou ben. 254 00:22:01,863 --> 00:22:03,490 Amodiño. 255 00:22:07,202 --> 00:22:09,788 - Ben, ti queda aí. - Estou ben, vou sentar. 256 00:22:10,497 --> 00:22:11,414 Quen che deu? 257 00:22:12,999 --> 00:22:15,794 Os gardas de SLS, non paraban de chegar. 258 00:22:16,628 --> 00:22:18,880 Viron a camioneta, estamos fodidos. 259 00:22:18,963 --> 00:22:21,216 Carguemos os coches e lisquemos. 260 00:22:21,299 --> 00:22:24,386 E eu que te imaxinaba a medio camiño de México. 261 00:22:24,469 --> 00:22:27,847 - Son arxentina. - Verdade, unha tenreira excelente. 262 00:22:29,641 --> 00:22:33,812 - Por que colliches a camioneta? - Tiña os bonos e non quedaba ninguén. 263 00:22:33,895 --> 00:22:37,023 Estaban a camioneta e os bonos, mais ninguén de vós. 264 00:22:37,107 --> 00:22:37,941 E RJ? 265 00:22:39,442 --> 00:22:40,276 E Bob? 266 00:22:42,487 --> 00:22:43,696 Ficou, Judy. 267 00:22:43,780 --> 00:22:45,031 Como que ficou? 268 00:22:45,532 --> 00:22:46,991 Vino na estrada. 269 00:22:48,368 --> 00:22:49,536 Bob morreu. 270 00:22:53,665 --> 00:22:54,499 Síntoo. 271 00:23:00,296 --> 00:23:01,297 Como morreu? 272 00:23:01,798 --> 00:23:04,759 Nin idea, só o vin alí. 273 00:23:05,301 --> 00:23:06,636 Sangraba ou… 274 00:23:06,719 --> 00:23:09,097 Estaba morto, máis que morto. 275 00:23:09,180 --> 00:23:12,475 - Non digo iso. Disparáronlle? - Cala a puta boca, Stan! 276 00:23:19,315 --> 00:23:20,442 Non! 277 00:23:21,526 --> 00:23:22,360 Non. 278 00:23:27,157 --> 00:23:28,825 Cago en diola! 279 00:23:35,457 --> 00:23:38,001 - Sabíao, xogáchesnola! - E veño cos falsos? 280 00:23:38,084 --> 00:23:40,336 - Así pareces inocente. - Están xuntos. 281 00:23:40,420 --> 00:23:42,213 Leváchelos ti ao ascensor. 282 00:23:42,297 --> 00:23:44,924 Ti tivéchelos dúas horas, non veñas con esas. 283 00:23:45,008 --> 00:23:46,759 Onde estabas cando veu o FBI? 284 00:23:46,843 --> 00:23:49,888 Logo, apuñalo polas costas ou son unha toupa do FBI? 285 00:23:49,971 --> 00:23:51,389 Por que non as dúas? 286 00:23:51,473 --> 00:23:53,850 E RJ? É o único que non está aquí. 287 00:23:53,933 --> 00:23:56,186 - Se cadra ten os bonos. - Non foi RJ. 288 00:23:56,269 --> 00:24:01,441 Sabedes que? Vou coller os bonos reais e o meu pasaporte falso e escapo de vós. 289 00:24:01,983 --> 00:24:05,069 - É propiedade comunitaria. - Non ouses apuntala. 290 00:24:05,153 --> 00:24:07,614 Parade todos. 291 00:24:32,889 --> 00:24:35,892 - Dinos onde os puxeches. - Ela non ten os bonos. 292 00:24:35,975 --> 00:24:37,977 Como o sabes de certo? 293 00:24:39,270 --> 00:24:40,396 Se cadra foi Salas. 294 00:24:40,480 --> 00:24:42,315 - E alguén o alertou. - Que non. 295 00:24:44,692 --> 00:24:46,194 A cuberto! Fóra do medio! 296 00:24:47,529 --> 00:24:48,363 Veña! 297 00:25:13,179 --> 00:25:14,681 Soltade as armas. 298 00:25:14,764 --> 00:25:15,598 Merda. 299 00:25:18,935 --> 00:25:20,520 Soltádeas ou morrerá. 300 00:25:24,649 --> 00:25:27,193 Soltádeas agora mesmo. 301 00:25:29,320 --> 00:25:30,488 Apartádeas co pé. 302 00:25:37,412 --> 00:25:38,663 Que carallo é isto? 303 00:25:42,250 --> 00:25:43,918 Onde está o resto dos bonos? 304 00:25:44,002 --> 00:25:45,378 Non os temos. 305 00:25:46,254 --> 00:25:47,338 Oe! 306 00:25:47,922 --> 00:25:48,756 Os bonos. 307 00:25:49,674 --> 00:25:53,970 O primeiro disparo será nos nocellos, o segundo nos xeonllos 308 00:25:54,053 --> 00:25:57,640 e irei subindo ata que me digades onde están os bonos. 309 00:25:58,308 --> 00:25:59,976 E agardo que tardedes moito… 310 00:26:00,059 --> 00:26:02,061 Direivos todo, non lle fagas dano. 311 00:26:02,145 --> 00:26:02,979 Cala, Judy! 312 00:26:03,730 --> 00:26:06,899 Nun almacén en Bensonhurst. Puxen a chave no despacho. 313 00:26:06,983 --> 00:26:09,944 - Amosareivos onde, non o manquedes. - Arreando. 314 00:26:10,486 --> 00:26:12,447 Merda, carallo. 315 00:26:21,080 --> 00:26:22,790 Hai unha caixa trala cama. 316 00:26:43,019 --> 00:26:44,103 Lisquemos de aquí. 317 00:27:35,988 --> 00:27:36,823 Veña. 318 00:28:03,141 --> 00:28:05,768 - Podo quedar ata que drenen a cámara. - Non. 319 00:28:06,602 --> 00:28:07,854 Témolo baixo control. 320 00:28:09,063 --> 00:28:10,356 Pasou a tormenta. 321 00:28:12,859 --> 00:28:14,026 Tes como marchar? 322 00:28:14,110 --> 00:28:15,903 Si, miña irmá está preto. 323 00:28:17,405 --> 00:28:20,199 Bo día, Glen. Que sorpresa verte aquí! 324 00:28:20,825 --> 00:28:22,368 A cidade nunca para. 325 00:28:30,626 --> 00:28:32,336 Vivos para loitar outro día. 326 00:28:32,420 --> 00:28:33,963 Abofé que si. 327 00:28:54,192 --> 00:28:55,026 Como foi? 328 00:28:55,610 --> 00:28:57,570 Ti conduce. 329 00:29:03,159 --> 00:29:09,040 CARLOS: TÉÑOOS. ROGER: FOI BEN? RESULTADOS? ONDE ESTÁS? 330 00:29:10,958 --> 00:29:11,793 Axentes. 331 00:29:11,876 --> 00:29:12,710 Señor Salas. 332 00:29:14,003 --> 00:29:17,298 Alégrome de volver velos, mais falamos dunha orde. 333 00:29:19,091 --> 00:29:22,887 Isto danos dereito a rexistrar calquera propiedade súa ou de SLS, 334 00:29:22,970 --> 00:29:24,514 caixas privadas incluídas. 335 00:29:28,392 --> 00:29:29,352 É correcto. 336 00:29:30,478 --> 00:29:36,776 Daquela estarei encantado de amosarllas todas. 337 00:29:57,547 --> 00:30:01,843 Como dixen, houbo danos leves pola auga. 338 00:30:02,844 --> 00:30:06,222 Nada do que preocuparse, agás se o FBI ten un fontaneiro. 339 00:30:13,813 --> 00:30:14,730 Están baleiras. 340 00:30:14,814 --> 00:30:19,193 Levamos os bens dos clientes a un lugar seguro para protexelos do temporal. 341 00:30:27,159 --> 00:30:28,369 E esa? 342 00:30:29,203 --> 00:30:31,497 É a miña cámara privada. 343 00:30:32,832 --> 00:30:36,460 - Prometo que ninguén entrou nela. - Abrámola para verificalo. 344 00:30:39,171 --> 00:30:40,006 Está ben. 345 00:31:23,174 --> 00:31:26,677 Importaríalle dicirme por que está iso na súa caixa privada? 346 00:31:31,515 --> 00:31:33,142 Quero chamar o meu avogado. 347 00:34:24,021 --> 00:34:29,026 Subtítulos: Bruno Martínez Pita