1 00:00:16,934 --> 00:00:20,813 ENTRANDO NO EPISODIO VIOLETA: VINTE E CATRO ANOS ANTES DO ATRACO 2 00:00:37,038 --> 00:00:39,123 Hei de confesarche algunhas cousas. 3 00:00:41,542 --> 00:00:43,461 Non che son fáciles de explicar. 4 00:00:46,964 --> 00:00:49,467 Gustaríame dicir que as decisións que tomei 5 00:00:50,301 --> 00:00:51,552 foron pensando en ti… 6 00:00:53,846 --> 00:00:54,972 mais en túa nai, 7 00:00:56,307 --> 00:00:58,101 pero non sei se sería verdade. 8 00:00:59,060 --> 00:01:00,895 Ás veces, remataron ben. 9 00:01:01,938 --> 00:01:03,689 Outras, fatal. 10 00:01:04,690 --> 00:01:08,111 Quero deixar de ter que tomar ese tipo de decisións, 11 00:01:08,736 --> 00:01:10,196 mais non sei se poderei. 12 00:01:11,405 --> 00:01:13,032 Abofé que non che sei. 13 00:01:13,116 --> 00:01:16,244 Vai un millonario vello e dille a un banqueiro noviño: 14 00:01:16,327 --> 00:01:20,706 "Estaba case sen branca e, co peso que me quedaba, merquei unha mazá. 15 00:01:21,332 --> 00:01:23,751 Saqueille brillo e vendina por dez pesos. 16 00:01:23,835 --> 00:01:27,380 O vindeiro día merquei dúas, lustreinas e saquei 20 pesos." 17 00:01:27,463 --> 00:01:30,091 O banqueiro di: "Reinvestiches máis e triunfaches." 18 00:01:30,174 --> 00:01:33,553 E responde: "O pai da muller atragoouse coa mazá e deixoume unha fortuna." 19 00:01:33,636 --> 00:01:35,012 Así se fai. 20 00:01:36,430 --> 00:01:37,723 - Dúas máis. - Claro. 21 00:01:40,059 --> 00:01:45,398 Agora me dirás que es a persoa ideal para xestionar os meus investimentos. 22 00:01:45,481 --> 00:01:47,567 Ocórreseme algo mellor que facer. 23 00:02:25,062 --> 00:02:27,523 Mamá, papá, tróuxeno de volta á casa! 24 00:02:29,358 --> 00:02:31,694 Isto si é vida, colega! 25 00:02:32,320 --> 00:02:33,237 Veña. 26 00:02:35,281 --> 00:02:36,240 Iso é! 27 00:02:37,867 --> 00:02:40,912 Quen quere un dos meus famosos martinis? 28 00:02:40,995 --> 00:02:42,330 - Un para min. - Si? 29 00:02:58,554 --> 00:03:00,014 Vou ao baño. 30 00:03:00,514 --> 00:03:01,641 Eu tomaría un. 31 00:03:02,225 --> 00:03:03,309 Vamos, logo. 32 00:03:04,560 --> 00:03:06,187 - Estás preparada? - Estou. 33 00:03:06,270 --> 00:03:09,315 Un dobre! 34 00:03:09,398 --> 00:03:11,234 Lista? 35 00:03:26,040 --> 00:03:27,750 Veña, axiña. Vante escoitar. 36 00:03:27,833 --> 00:03:29,460 Temos 30 segundos, axúdame. 37 00:03:29,961 --> 00:03:32,546 - Non a abriches? - Non os mantiveches fóra? 38 00:03:33,130 --> 00:03:35,716 Que subnormal ten unha TL-30 no armario? 39 00:03:35,800 --> 00:03:37,009 Un ricacho. 40 00:03:37,093 --> 00:03:39,887 Mira, un Audemars Piguet de 5000 polo menos. 41 00:03:39,971 --> 00:03:41,180 Ti bótame unha man. 42 00:03:50,606 --> 00:03:52,108 Xa o teño. 43 00:03:56,070 --> 00:03:56,904 Que carallo? 44 00:03:56,988 --> 00:03:58,990 Colle ese pé de cabra e axúdame. 45 00:03:59,073 --> 00:03:59,907 Xa está. 46 00:03:59,991 --> 00:04:01,409 Ben, fíncao aí. 47 00:04:01,492 --> 00:04:03,160 - Un, dous, tres. - Vamos. 48 00:04:03,869 --> 00:04:04,870 Iso é! 49 00:04:06,998 --> 00:04:07,832 Vamos, logo. 50 00:04:10,668 --> 00:04:11,919 Moi ben. 51 00:04:15,423 --> 00:04:19,093 Claro! Non, baixo agora. 52 00:04:19,176 --> 00:04:21,262 - Poñédevos outra copa. - Vamos! 53 00:04:22,596 --> 00:04:24,140 - Ei. - Que fas aquí? 54 00:04:24,223 --> 00:04:26,559 Terás baños arreo e non dou atopado un. 55 00:04:28,144 --> 00:04:30,980 Vamos canda as rapazas, vese que xa as entoaches. 56 00:04:31,063 --> 00:04:32,773 Vou poñerme algo máis cómodo. 57 00:04:40,281 --> 00:04:42,825 Deberías valorar o de Chicago. 58 00:04:43,617 --> 00:04:47,621 Has de aturar o inverno, pero podes facer moitos cartos aquí. 59 00:04:48,706 --> 00:04:49,582 Seguro. 60 00:04:50,166 --> 00:04:54,045 Dime, e o baño? 61 00:04:55,421 --> 00:04:58,174 - Ao final do corredor á esquerda. - Ao fondo? 62 00:04:58,257 --> 00:05:00,051 Cal deles? Hai tantos… 63 00:05:02,053 --> 00:05:03,554 - Ese de aí. - Ese entón. 64 00:05:06,891 --> 00:05:11,520 Rapazas, que vou! 65 00:05:19,111 --> 00:05:20,112 Oe, Ray. 66 00:05:20,196 --> 00:05:21,405 Veña. 67 00:05:22,073 --> 00:05:23,157 Sácame de aquí. 68 00:05:24,492 --> 00:05:25,785 Merda! 69 00:05:26,744 --> 00:05:27,661 Agarda. 70 00:05:30,456 --> 00:05:31,707 - Aguanta. - Axiña! 71 00:05:31,791 --> 00:05:32,792 Bule! 72 00:05:33,667 --> 00:05:35,795 Ben, está cedendo. 73 00:05:43,594 --> 00:05:44,470 Estás ben? 74 00:05:46,347 --> 00:05:48,307 - Hostia. - Estás ben? 75 00:05:48,891 --> 00:05:50,393 Estou. Veña, bule. 76 00:05:50,476 --> 00:05:52,061 Estás tolo de remate. 77 00:05:55,564 --> 00:05:56,732 Hostia. 78 00:06:36,939 --> 00:06:39,942 SALCHICHA E TENREIRA CON PEMENTOS MOEGAS - SALCHICHAS AO MARSALA 79 00:06:40,025 --> 00:06:42,611 Quero voar. 80 00:06:43,821 --> 00:06:45,823 Veña, saborea o filete da vitoria. 81 00:06:47,783 --> 00:06:49,160 Coidado co ombro. 82 00:06:49,243 --> 00:06:50,453 Hostia, mancácheste? 83 00:06:50,536 --> 00:06:52,288 Só foi un golpe, nada grave. 84 00:06:52,872 --> 00:06:54,415 Canto conseguimos, 50 000? 85 00:06:55,458 --> 00:06:58,419 Uns 70, quizais 40 cando o coloquemos. 86 00:06:59,003 --> 00:07:00,045 E á parte… 87 00:07:02,173 --> 00:07:03,007 temos isto. 88 00:07:03,090 --> 00:07:04,508 Que cabrón! 89 00:07:05,593 --> 00:07:07,511 E dicíasme que deixase o reloxo. 90 00:07:08,345 --> 00:07:13,976 O meu socio non vai pasearse cun Casio, cando pescamos un cachalote coma Max. 91 00:07:14,059 --> 00:07:15,811 Es un puto diamante, tío. 92 00:07:15,895 --> 00:07:18,439 Póñente baixo presión e saes relucente. 93 00:07:18,522 --> 00:07:21,317 Se a porta chega a pechar dous centímetros máis, 94 00:07:21,817 --> 00:07:23,444 os bulóns deslizaríanse e… 95 00:07:23,527 --> 00:07:24,945 pecharía hermeticamente. 96 00:07:26,030 --> 00:07:30,618 Imaxíname intentando abrila, se non dou aberto un tarro. Estariamos fodidos. 97 00:07:37,791 --> 00:07:38,792 Non o vas comer? 98 00:07:39,960 --> 00:07:41,128 Non, todo teu. 99 00:07:42,713 --> 00:07:43,839 Con permiso. 100 00:08:07,905 --> 00:08:08,739 Ola. 101 00:08:10,032 --> 00:08:10,866 Bo día. 102 00:08:16,580 --> 00:08:18,999 - Como foi por Chicago? - Foi ben. 103 00:08:21,502 --> 00:08:22,628 Moi ben. 104 00:08:27,675 --> 00:08:29,635 - Ray. - Heille levar unhas a Ava. 105 00:08:29,718 --> 00:08:31,554 Decidín gardarche unha. 106 00:08:31,637 --> 00:08:33,973 Irá perfecta cos pendentes de Memphis. 107 00:08:35,516 --> 00:08:36,767 Xesús, é preciosa. 108 00:08:37,518 --> 00:08:39,770 Moitas grazas, amor meu. 109 00:08:45,150 --> 00:08:45,985 Bo día. 110 00:08:46,068 --> 00:08:49,405 Este esquío cativeiro, agardou a papá onte ata ben tarde. 111 00:08:49,488 --> 00:08:51,782 Queres contarlle que pasou? 112 00:08:51,865 --> 00:08:53,576 Conseguín o cinto amarelo. 113 00:08:54,618 --> 00:08:57,454 Parabéns! Ensínalle a este vello eses movementos. 114 00:09:02,376 --> 00:09:03,836 Moi ben, ponte firme. 115 00:09:03,919 --> 00:09:05,546 Mostra orgullo. 116 00:09:06,130 --> 00:09:07,548 Mira á fronte. 117 00:09:07,631 --> 00:09:09,133 Concéntrate. 118 00:09:09,758 --> 00:09:11,176 Amósame onde es afouta. 119 00:09:13,887 --> 00:09:15,264 Amósame onde es forte. 120 00:09:17,850 --> 00:09:19,977 E agora, dálle unha aperta a papá. 121 00:09:22,813 --> 00:09:27,484 Por que non saídes almorzar e deixades que mamá se erga tranquilamente? 122 00:09:27,568 --> 00:09:28,485 Moi ben. 123 00:09:30,404 --> 00:09:31,947 - Quérote. - E eu a ti. 124 00:09:32,031 --> 00:09:35,242 H-A-N-N-A-H. 125 00:09:37,202 --> 00:09:38,996 Lese igual do revés. 126 00:09:40,956 --> 00:09:42,291 Podemos xogar a algo? 127 00:09:42,374 --> 00:09:44,918 Vexamos, ás sete en punto. 128 00:09:46,503 --> 00:09:47,546 É unha familia. 129 00:09:48,422 --> 00:09:51,091 A nai, o fillo e os avós. 130 00:09:52,718 --> 00:09:53,844 E a súa historia? 131 00:09:55,387 --> 00:09:59,725 Os avós viñeron de visita dende Wisconsin. 132 00:10:00,225 --> 00:10:04,313 Están ledos porque non adoitan ver o seu neto dende o divorcio. 133 00:10:05,773 --> 00:10:07,191 Que sabes dos divorcios? 134 00:10:08,192 --> 00:10:10,110 Os pais de Sammy divorciáronse. 135 00:10:10,194 --> 00:10:13,864 Súa nai quería un can e seu pai tivo que mercarlle outro a ela. 136 00:10:14,365 --> 00:10:16,867 Os maiores consenten todo cando se separan. 137 00:10:17,368 --> 00:10:18,369 Podo ter un can? 138 00:10:18,452 --> 00:10:20,829 Dareille de comer e xogaremos no xardín. 139 00:10:21,622 --> 00:10:23,123 A nosa cancela non serve. 140 00:10:23,207 --> 00:10:25,751 Pois mercamos unha! 141 00:10:25,834 --> 00:10:27,795 Con flores, que sexa bonita. 142 00:10:29,505 --> 00:10:31,757 Consegue o cinto verde e logo falamos. 143 00:10:32,466 --> 00:10:33,634 Gústame como vés. 144 00:10:33,717 --> 00:10:35,302 Es unha monada. 145 00:10:35,386 --> 00:10:37,554 Queren algo máis? 146 00:10:37,638 --> 00:10:39,515 Eu unha torta de chocolate. 147 00:10:39,598 --> 00:10:41,350 Ben xogado, pequena. 148 00:10:41,934 --> 00:10:43,102 A conta, por favor. 149 00:10:49,775 --> 00:10:52,695 - Hei facer unha chamada. - Dillo á man. 150 00:11:10,129 --> 00:11:11,380 Vai todo ben? 151 00:11:11,463 --> 00:11:13,507 Mete un par de monos nunha maleta. 152 00:11:13,590 --> 00:11:15,175 Ímonos ás Vegas, socio. 153 00:11:18,971 --> 00:11:20,389 Tío, acabamos de chegar. 154 00:11:20,472 --> 00:11:23,142 Veña, é a COMDEX no hotel Sands. 155 00:11:23,225 --> 00:11:25,602 Eses ordenadores son cartos fáciles. 156 00:11:25,686 --> 00:11:29,398 Logo pasamos polo Strip e dobrámolo, veña. 157 00:11:29,481 --> 00:11:31,233 Deixa que remate de almorzar. 158 00:11:38,782 --> 00:11:40,242 Dixen que nada de torta. 159 00:11:40,325 --> 00:11:42,411 Deuma ela. 160 00:11:44,329 --> 00:11:48,542 Dixen que me gustaba o seu mandil de gatos e preguntoume se me gustaban. 161 00:11:48,625 --> 00:11:53,255 Díxenlle que si, pero que me poñía triste pensar neles dende o accidente. 162 00:11:54,089 --> 00:11:55,340 Que accidente? 163 00:11:55,924 --> 00:11:57,718 No que morreu o noso gato. 164 00:11:57,801 --> 00:11:58,635 Hannah! 165 00:11:58,719 --> 00:12:00,804 Sonche un esquío astuto, non si? 166 00:12:20,324 --> 00:12:22,826 Cómpre mellorar esa patada de crol. 167 00:12:22,910 --> 00:12:24,787 Métete e amósame como se fai. 168 00:12:24,870 --> 00:12:26,830 Colle unha toalla, o tempo corre. 169 00:12:30,751 --> 00:12:31,585 Precioso. 170 00:12:38,300 --> 00:12:41,512 Que opinas? Corenta, cincuenta? 171 00:12:41,595 --> 00:12:43,388 Hei de falar con Zanetti. 172 00:12:44,264 --> 00:12:45,766 Isto é máis do normal. 173 00:12:45,849 --> 00:12:51,146 - Móveo a través da empresa, como adoitas. - O goberno púxose serio co branqueo. 174 00:12:51,814 --> 00:12:56,109 Precisarás unhas S. L. de tipo S de fóra de Delaware, sabes? 175 00:12:56,193 --> 00:12:58,111 Aprendiches trucos en Dereito. 176 00:12:58,195 --> 00:13:01,406 Se vives baixo o mar, mellor nadar cos peixes. 177 00:13:02,866 --> 00:13:05,661 - E iso que significa? - Soa mellor en castelán. 178 00:13:06,703 --> 00:13:07,830 En fin. 179 00:13:09,039 --> 00:13:11,917 Deixa que o monte todo, dobrarás os cartos. 180 00:13:15,295 --> 00:13:16,588 Xa arrisco dabondo. 181 00:13:16,672 --> 00:13:20,342 Se apunto alto, trincaranme. Non llo podo facer á miña familia. 182 00:13:20,425 --> 00:13:23,929 Escoita, este é o teu maior botín en anos. 183 00:13:24,012 --> 00:13:29,810 Logo de repartilo, quedarás cuns 20 ou 25 000. 184 00:13:32,229 --> 00:13:37,317 A maioría dos tipos aos que lles movo a mercancía non teñen familia nin vida, 185 00:13:38,902 --> 00:13:39,736 mais ti… 186 00:13:42,281 --> 00:13:45,158 has de ver o que queres realmente. 187 00:13:45,742 --> 00:13:46,952 Xa te chamarei. 188 00:13:50,622 --> 00:13:52,749 Dixen que o de Chicago fora moi ben, 189 00:13:53,625 --> 00:13:54,459 mais… 190 00:13:56,336 --> 00:13:57,462 case acaba fatal. 191 00:13:59,089 --> 00:14:00,048 Entendo. 192 00:14:01,633 --> 00:14:03,760 Dende que era novo como Hannah, 193 00:14:05,262 --> 00:14:10,601 sinto que estou ao bordo dun precipicio. 194 00:14:13,896 --> 00:14:15,689 Mírote a ti e a Hannah e… 195 00:14:17,024 --> 00:14:21,320 sei que non é sinxelo pedirvos que quededes canda min. 196 00:14:21,987 --> 00:14:24,990 Quero ter algo real que nos sustente. 197 00:14:28,619 --> 00:14:33,123 Pensei nunha tenda de recambios de coches, agora que sei como manexarme. 198 00:14:33,206 --> 00:14:36,627 Podería vender recambios e, á parte, reparar vehículos. 199 00:14:36,710 --> 00:14:38,962 Montar un negocio é complicado, Ray. 200 00:14:39,046 --> 00:14:41,715 É dicir, habería que apertar o cinto. 201 00:14:41,798 --> 00:14:45,719 A vida é curta. Non me importa a cantidade se gañamos en calidade. 202 00:14:47,346 --> 00:14:48,931 Buscaría algo de contable. 203 00:14:49,014 --> 00:14:52,100 Non tan rápido, eu precisaría unha contable. 204 00:14:54,102 --> 00:14:55,687 Estou fóra do teu alcance. 205 00:15:03,987 --> 00:15:05,405 Serías capaz de deixalo? 206 00:15:14,498 --> 00:15:16,249 Quen quere pasalo ben? 207 00:15:16,333 --> 00:15:19,711 Mírate, ía unha chea que non nos viamos, non si? 208 00:15:19,795 --> 00:15:21,463 - Abofé. - Ola! 209 00:15:21,546 --> 00:15:22,381 Vésete ben. 210 00:15:24,216 --> 00:15:25,968 Vaia MasterChef estás feito! 211 00:15:26,760 --> 00:15:27,803 Leva todo o día. 212 00:15:28,387 --> 00:15:30,806 Courtney, os famosos Lily e Ray Vernon. 213 00:15:30,889 --> 00:15:33,642 A casa é preciosa, grazas por convidarnos. 214 00:15:33,725 --> 00:15:35,936 Coñecéstesvos nunha convención? 215 00:15:36,019 --> 00:15:39,648 No club de golf Rolling Greens, que non queda lonxe de aquí. 216 00:15:39,731 --> 00:15:42,484 Así é, Graham era membro e eu traballaba alí. 217 00:15:42,567 --> 00:15:44,403 - Meus pais eran membros. - Iso. 218 00:15:44,486 --> 00:15:47,698 Meu pai traballaba o dobre para podelo pagar, mais… 219 00:15:48,615 --> 00:15:51,702 Non pegabamos nin con cuspe nese sitio, ou? 220 00:15:51,785 --> 00:15:54,121 Agochabamos boliños de pan no peto 221 00:15:54,204 --> 00:15:56,373 e os fodidos ricachos mirábannos. 222 00:15:56,456 --> 00:15:59,418 Este tiña unha boa montada na tenda de golf. 223 00:15:59,501 --> 00:16:01,503 Non, era máis un baleiro. 224 00:16:01,586 --> 00:16:02,796 Que é un baleiro? 225 00:16:03,964 --> 00:16:04,923 Boa pregunta. 226 00:16:05,007 --> 00:16:08,677 Poñamos que túa nai dita a lei 227 00:16:08,760 --> 00:16:11,555 e diche que non podes coller máis boliños. 228 00:16:12,889 --> 00:16:16,893 Un baleiro dáse cando me pides a min que os colla para logo darchos. 229 00:16:16,977 --> 00:16:17,811 Daquela… 230 00:16:18,812 --> 00:16:20,313 quebrantaches a lei? 231 00:16:22,315 --> 00:16:26,737 Non, colleuno outra persoa, eu só o comín. 232 00:16:26,820 --> 00:16:28,780 Es moi lista, velaí un baleiro. 233 00:16:28,864 --> 00:16:29,698 Que chulo. 234 00:16:29,781 --> 00:16:31,992 Mais aínda estás en problemas. 235 00:16:32,075 --> 00:16:33,785 Iso xa depende dos tribunais. 236 00:16:34,411 --> 00:16:36,079 Iso facedes no traballo? 237 00:16:36,163 --> 00:16:40,917 - Non, traballamos con cartos. - Eu monto todo e teu pai faino funcionar. 238 00:16:41,001 --> 00:16:44,880 Ceo, por que non sobes e prepáraste para ir á cama? 239 00:16:44,963 --> 00:16:47,382 Pero quero saber máis dos baleiros. 240 00:16:48,383 --> 00:16:49,384 Arrea. 241 00:16:53,305 --> 00:16:55,807 Talvez deberiamos tomar un respiro. 242 00:16:57,517 --> 00:17:01,730 Talvez, tras o das Vegas, deberiamos… 243 00:17:02,397 --> 00:17:05,025 tomar un par de meses e acougar. 244 00:17:06,651 --> 00:17:09,154 Hannah está medrando e comeza a decatarse. 245 00:17:09,237 --> 00:17:12,199 E Lily encárgase ela soa de todo cando non estamos. 246 00:17:12,783 --> 00:17:14,451 Xa o sei, enténdote. 247 00:17:14,534 --> 00:17:18,497 Creo que haberiamos de acougar, pensar as cousas e ser intelixentes. 248 00:17:25,045 --> 00:17:30,342 E, cando sexa o momento axeitado, volvemos ao noso, compañeiro. 249 00:17:33,386 --> 00:17:34,387 Toma esa. 250 00:17:39,101 --> 00:17:40,644 Escoita, eu ábrome. 251 00:17:42,187 --> 00:17:43,313 Déixoo… 252 00:17:44,940 --> 00:17:45,899 definitivamente. 253 00:17:50,070 --> 00:17:53,698 - Canto o levas pensando? - Sempre dixemos que sería temporal. 254 00:17:55,200 --> 00:17:57,494 Xa, hai 15 anos. 255 00:17:57,577 --> 00:18:00,247 Dixéchelo ti, o de Chicago puido torcerse. 256 00:18:00,330 --> 00:18:02,457 - Estás a castigarme? - Non é iso. 257 00:18:02,541 --> 00:18:04,709 O de Chicago non volverá pasar. 258 00:18:04,793 --> 00:18:06,545 Non podo seguir salvándote. 259 00:18:07,921 --> 00:18:09,089 Salvándome? 260 00:18:10,340 --> 00:18:13,176 Que queres dicir? Corro o mesmo risco ca ti. 261 00:18:13,260 --> 00:18:18,056 Que cres que pasaría se collesen un negro violando a casa dun branco? 262 00:18:20,225 --> 00:18:24,980 Son eu quen lisca pola fiestra, ti saes pola porta principal. 263 00:19:20,410 --> 00:19:22,370 AUTORECAMBIOS ROCKET MOTORS 264 00:19:47,896 --> 00:19:49,522 Os brazos, estirados. 265 00:19:51,066 --> 00:19:53,235 Queres as boas ou as malas novas? 266 00:19:53,318 --> 00:19:54,819 Quen vai querer as malas? 267 00:19:56,029 --> 00:19:59,783 Este mes só estamos 6000 en negativo. 268 00:20:00,533 --> 00:20:02,160 O préstamo está a matarnos. 269 00:20:02,244 --> 00:20:03,870 Se puidésemos refinancialo… 270 00:20:03,954 --> 00:20:06,623 Avalei os nove e medio con todo o que tiñamos, 271 00:20:06,706 --> 00:20:08,875 non lle dan cartos a xente coma min. 272 00:20:08,959 --> 00:20:10,585 Precisamos ter clientes. 273 00:20:11,795 --> 00:20:12,671 Marcho. 274 00:20:12,754 --> 00:20:14,339 Vas ao club? 275 00:20:15,882 --> 00:20:19,552 Preferiría mil veces estar aquí contigo que nunha adega escura. 276 00:20:19,636 --> 00:20:22,180 - Recólleme cando peches, queres? - Claro. 277 00:20:22,264 --> 00:20:25,058 Ben, e ti coida de teu pai mentres non estou. 278 00:20:25,141 --> 00:20:28,061 - Podo ir? Gústame o club. - Deixa a mamá co seu. 279 00:20:28,144 --> 00:20:30,188 - Por favor. - Sabes que? Vamos. 280 00:20:30,814 --> 00:20:32,691 Saiamos da tenda un ratiño. 281 00:20:32,774 --> 00:20:34,901 - Segura? - Deixámoste ao teu aire. 282 00:20:34,985 --> 00:20:37,862 Pasarémolo ben. Serás a miña pequena axudante. 283 00:20:37,946 --> 00:20:40,323 - Iso! - Vamos, logo. Quérote. 284 00:20:40,407 --> 00:20:42,200 - Adeus. - Adeus, meu esquío. 285 00:20:53,420 --> 00:20:56,673 - Bo día. - Preciso tres copias das chaves de casa. 286 00:20:57,757 --> 00:21:01,011 Por suposto. Quere volver nuns 30 minutos? 287 00:21:06,683 --> 00:21:07,517 Manda carallo. 288 00:21:10,353 --> 00:21:12,105 Veña, queda cunha copia. 289 00:21:13,106 --> 00:21:14,774 Mais sería ilegal, non si? 290 00:21:16,443 --> 00:21:17,986 - Como vai, socio? - Ben. 291 00:21:18,570 --> 00:21:22,824 Andaba preto de aquí e pasei ver o local. 292 00:21:22,907 --> 00:21:24,909 - Fará oito meses o martes. - Vaia. 293 00:21:26,703 --> 00:21:30,206 Fixéchelo, socio. Estou orgulloso de ti. 294 00:21:30,290 --> 00:21:33,251 Teño algún cliente habitual e vaise correndo a voz. 295 00:21:33,335 --> 00:21:36,212 - Hai que pagarlle ao banco, non? - Non vai mal. 296 00:21:36,296 --> 00:21:40,008 Se entrases na casa dese mamón, pagarías a débeda ben rápido. 297 00:21:42,302 --> 00:21:46,014 Que sistema de alarma pensas que ten ese tipo? 298 00:21:46,097 --> 00:21:47,974 Unha básica de dobre vía. 299 00:21:48,058 --> 00:21:50,560 - Desas cunha central de detección. - Xa. 300 00:21:50,643 --> 00:21:54,022 - Pódese desactivar cunha ponte. - Caixa forte encaixada? 301 00:21:54,105 --> 00:21:56,066 - De pé. - Ha de ser. 302 00:21:56,149 --> 00:21:59,235 Con apertura dixital e garda a combinación na axenda. 303 00:22:00,028 --> 00:22:02,614 - Cartos fáciles. - Fáciles… 304 00:22:05,033 --> 00:22:06,034 ata que non. 305 00:22:06,826 --> 00:22:07,660 Xa. 306 00:22:08,495 --> 00:22:10,538 E casualmente pasabas polo barrio? 307 00:22:12,749 --> 00:22:13,583 Vaia. 308 00:22:14,834 --> 00:22:15,668 Pilláchesme. 309 00:22:16,628 --> 00:22:18,797 Non, a verdade é que… 310 00:22:22,592 --> 00:22:24,636 Ben, estou en problemas. 311 00:22:26,054 --> 00:22:26,888 Graves? 312 00:22:26,971 --> 00:22:29,641 Debo 250 000, case 300 000 cos… 313 00:22:29,724 --> 00:22:31,643 Carallo, quen che prestou tanto? 314 00:22:31,726 --> 00:22:35,105 Escoita, preciso saír do burato… 315 00:22:35,647 --> 00:22:38,650 conseguir cartos da hostia e axiña. 316 00:22:38,733 --> 00:22:42,779 - Non podo, atopa outro. - Intenteino, pero ninguén fai o que ti. 317 00:22:44,197 --> 00:22:45,031 Ray… 318 00:22:47,492 --> 00:22:49,411 precísote, carallo. 319 00:23:04,426 --> 00:23:05,427 Hannah. 320 00:23:06,761 --> 00:23:08,304 Ceo, podes levar iso fóra? 321 00:23:09,013 --> 00:23:10,014 Claro cristalino. 322 00:23:44,966 --> 00:23:47,469 Mamá, estou no calabozo. 323 00:24:32,013 --> 00:24:33,056 Podo axudarlle? 324 00:24:33,139 --> 00:24:35,642 Veño pola muller, Lily Vernon, de compras. 325 00:24:35,725 --> 00:24:38,436 Agora a chamo, una segundo, señor. 326 00:24:39,646 --> 00:24:43,566 Ola, podes dicirlle a Lily que seu marido está aquí? 327 00:24:45,276 --> 00:24:46,110 Grazas. 328 00:24:46,194 --> 00:24:48,696 - Ben, vou… - Pode tomar asento. 329 00:24:50,990 --> 00:24:52,617 Temos auga de cogombro. 330 00:25:20,812 --> 00:25:23,773 POXA CARITATIVA DE NADAL EN GLEN HILLS 331 00:25:29,946 --> 00:25:31,781 A ORQUÍDEA DE RAPPACCINI C. 1926 332 00:25:31,864 --> 00:25:33,491 Fasme dano! 333 00:25:33,575 --> 00:25:35,243 - Hannah? - Sóltame. 334 00:25:36,160 --> 00:25:38,830 - Hannah! - Señor! 335 00:25:39,622 --> 00:25:42,125 - Para, sóltame! - Manden a seguridade. 336 00:25:42,208 --> 00:25:44,669 - Hannah! - Déixame, fasme dano. 337 00:25:45,336 --> 00:25:48,131 Saque esas mans da miña cativa. 338 00:25:48,715 --> 00:25:50,425 Entrou na propiedade do club. 339 00:25:50,508 --> 00:25:53,094 Que carallo lle pasa? É unha cativa. 340 00:25:53,177 --> 00:25:57,015 - Isto non é un parque, hai unhas normas. - Fíxoche dano? 341 00:25:57,098 --> 00:26:02,562 - Talvez non as haxa na súa casa. - Vamos, saiamos de aquí. 342 00:26:03,771 --> 00:26:05,273 Que foi? Ray? 343 00:26:05,356 --> 00:26:09,235 Isto é un negocio, non unha grellada no xardín do gueto. 344 00:26:09,319 --> 00:26:11,404 - Que carallo dixo? - Ray, para. 345 00:26:11,487 --> 00:26:16,117 - Non, repítao, veña! - Kyle, síntoo. É culpa miña. 346 00:26:16,200 --> 00:26:17,702 - De que? - Debín vixiala. 347 00:26:17,785 --> 00:26:19,871 - Non debiches traela. - O carallo. 348 00:26:19,954 --> 00:26:24,500 - Prométoche que non volverá pasar. - Abofé que non, recolle as túas cousas. 349 00:26:24,584 --> 00:26:27,295 - Non a pode castigar a ela! - Non, Kyle! 350 00:26:30,298 --> 00:26:32,550 E xa está? Vas deixar se saia coa súa? 351 00:26:40,183 --> 00:26:41,517 Síntoo, papá. 352 00:26:45,855 --> 00:26:47,106 Tranquila, ceo. 353 00:26:49,525 --> 00:26:50,485 Non é culpa túa. 354 00:26:50,568 --> 00:26:53,112 Tan só quería xogar ás agochadas. 355 00:26:57,659 --> 00:26:58,576 Xa. 356 00:27:00,745 --> 00:27:02,997 Veña, agardemos no coche, meu esquío. 357 00:27:03,081 --> 00:27:03,956 De acordo. 358 00:27:11,714 --> 00:27:13,049 Acabemos con eles. 359 00:27:13,132 --> 00:27:14,676 A ORQUÍDEA DE RAPPACCINI 360 00:27:18,763 --> 00:27:22,183 Nunha poxa caritativa de Nadal, terán seguridade arreo. 361 00:27:22,266 --> 00:27:23,685 Abofé, estiven nalgunha. 362 00:27:23,768 --> 00:27:28,189 As mozas locen as xoias, os maridos póñense chispos e quentes e sobe a poxa. 363 00:27:28,272 --> 00:27:29,816 Máis distracción para nós. 364 00:27:29,899 --> 00:27:32,110 Habemos saber cando chegan as xoias. 365 00:27:32,193 --> 00:27:35,279 Estudaremos onde as poden gardar e mostrar. 366 00:27:36,197 --> 00:27:37,532 E para entrar e saír? 367 00:27:37,615 --> 00:27:42,328 Como decotío, xa sabes. Pos un traxe, un sorriso e entras pola porta principal. 368 00:27:42,412 --> 00:27:43,413 Eu farei o meu. 369 00:27:46,457 --> 00:27:49,085 E… dálle. Sacamos as xemas reais. 370 00:27:54,048 --> 00:27:55,425 Poñemos as falsas. 371 00:28:00,096 --> 00:28:00,930 E… 372 00:28:02,014 --> 00:28:04,183 - Listo. - Dezasete segundos. 373 00:28:05,727 --> 00:28:09,689 Ben, terei uns catro minutos entre roldas para sacar tódalas xemas. 374 00:28:09,772 --> 00:28:13,359 Co xeitosa que é a bixutería, para que gastar en xoias? 375 00:28:13,443 --> 00:28:17,864 Non pasará pola lupa, mais pasará por vez tempo dabondo. 376 00:28:17,947 --> 00:28:19,365 E que pasa coa Orquídea? 377 00:28:20,867 --> 00:28:22,285 Imposible de vender. 378 00:28:24,203 --> 00:28:25,705 Veña, outra vez. 379 00:28:28,708 --> 00:28:29,625 E Lily? 380 00:28:32,003 --> 00:28:33,004 Contareillo. 381 00:28:36,924 --> 00:28:38,050 Direillo. 382 00:28:39,969 --> 00:28:43,306 Levo unha hora organizando mostras de pintura. 383 00:28:43,389 --> 00:28:45,516 Creo que estou daltónica. 384 00:28:46,559 --> 00:28:51,022 - Oe, estás ben? - Estou, mais doulle voltas a… 385 00:28:51,105 --> 00:28:51,939 Aos cartos? 386 00:28:53,775 --> 00:28:55,234 - A Glen Hills. - Non! 387 00:28:55,318 --> 00:28:59,947 Non malgastes nin un segundo pensando neles, Ray. 388 00:29:00,031 --> 00:29:02,742 - Van celebrar unha poxa… - Esquece o club! 389 00:29:05,411 --> 00:29:06,829 Apostaches por ti. 390 00:29:08,539 --> 00:29:10,416 Has de confiar no teu instinto. 391 00:29:21,469 --> 00:29:26,057 Xa, de acordo. 392 00:29:26,682 --> 00:29:31,854 Hei de sacar por aí o representante de Airtex, a ver se me fai prezo, 393 00:29:31,938 --> 00:29:34,357 así que se cadra chego tarde á casa. 394 00:29:34,440 --> 00:29:37,109 Ben, vémonos pola noite. 395 00:30:19,819 --> 00:30:21,487 Desculpe, grazas. 396 00:30:25,950 --> 00:30:27,910 Non me creo que vaia perder. 397 00:30:29,787 --> 00:30:31,455 Puxéchesmo moi difícil. 398 00:30:31,539 --> 00:30:34,000 Non fun eu, Pepper escolleu o código. 399 00:30:34,083 --> 00:30:35,960 Vaia, en serio? 400 00:30:37,420 --> 00:30:41,674 Pois probemos isto. Téñoo, podo sentilo. 401 00:30:42,508 --> 00:30:46,053 - Erraches. - Veña! 402 00:30:46,888 --> 00:30:49,390 - Á túa propia nai, Pepper? - Non. 403 00:30:49,473 --> 00:30:51,642 Es a súa avoa. 404 00:30:51,726 --> 00:30:54,145 - Así de súpeto son avoa? - Exacto. 405 00:30:58,524 --> 00:30:59,483 Ola? 406 00:31:09,911 --> 00:31:10,745 De acordo. 407 00:31:11,913 --> 00:31:13,664 Tardo 45 minutos. 408 00:31:17,460 --> 00:31:20,296 Ceo, hei ir ao club, 409 00:31:20,379 --> 00:31:24,300 así que vou chamar a Beverley a ver se pode vir e coidar de ti, eh? 410 00:31:24,383 --> 00:31:25,718 Mais botáronte. 411 00:31:25,801 --> 00:31:31,390 Xa, e agora meu xefe vai e chama porque precisa da miña axuda. 412 00:31:32,058 --> 00:31:35,603 Queda aquí lendo ata que chegue Beverley. 413 00:31:35,686 --> 00:31:36,938 - De acordo? - Ben. 414 00:31:37,021 --> 00:31:38,397 - Quérote. - E eu a ti. 415 00:31:43,069 --> 00:31:44,153 Como vai? 416 00:31:44,737 --> 00:31:45,571 Moita xente? 417 00:31:46,739 --> 00:31:47,573 Moita pasta. 418 00:31:48,074 --> 00:31:49,367 Vou cara a aí. 419 00:31:55,998 --> 00:31:56,874 Oe! 420 00:31:58,793 --> 00:32:02,338 Veña, arrea, temos 200 cubertos esta noite. 421 00:32:14,475 --> 00:32:15,309 Ola. 422 00:32:25,486 --> 00:32:26,404 Cabaleiro. 423 00:32:27,238 --> 00:32:28,155 Non grazas… 424 00:32:29,240 --> 00:32:30,074 Que carallo? 425 00:32:31,158 --> 00:32:33,160 Quere un destes? 426 00:32:34,787 --> 00:32:36,414 - Está ben. - Colle un pano. 427 00:33:09,697 --> 00:33:10,573 Vou entrar. 428 00:33:19,665 --> 00:33:21,667 PECHADO POR EVENTO NO CLUB 429 00:33:44,190 --> 00:33:45,107 Desculpen. 430 00:33:47,526 --> 00:33:48,861 Vai a primeira. 431 00:33:58,162 --> 00:33:59,497 Perigo ás seis. 432 00:34:45,793 --> 00:34:47,294 Despexado, está alerta. 433 00:34:53,592 --> 00:34:57,513 Jen di que tivo un choque na estrada ou algo así, xusto esta noite. 434 00:34:57,596 --> 00:35:01,433 Non digo que minta, mais tivo moitos accidentes ultimamente. 435 00:35:01,517 --> 00:35:03,769 Descoida, alégrame ser de axuda. 436 00:35:04,270 --> 00:35:08,315 Preciso que alguén cotexe as compras coas facturas. 437 00:35:08,399 --> 00:35:11,819 O papelame da última poxa que tivemos así foi un pesadelo. 438 00:35:12,862 --> 00:35:14,280 Sen problema, Kyle. Eu… 439 00:35:14,905 --> 00:35:19,827 Ti vai atender os convidados que eu me encargo de todo. 440 00:35:19,910 --> 00:35:23,038 De acordo, pois… grazas. 441 00:36:15,925 --> 00:36:18,135 Non cre que é demasiado? 442 00:36:18,219 --> 00:36:21,472 Non, coma moito dálle un matiz. 443 00:36:21,972 --> 00:36:23,766 Un matiz di? Grazas. 444 00:36:23,849 --> 00:36:26,185 - Vaites, descúlpanme? - Claro. 445 00:36:28,771 --> 00:36:30,481 Convidados en dous, Ray. 446 00:36:33,943 --> 00:36:35,569 - Recibes? - Non podo parar. 447 00:36:35,653 --> 00:36:36,654 Dáme máis tempo. 448 00:36:38,781 --> 00:36:40,199 Desculpe, señorita. 449 00:36:40,282 --> 00:36:42,368 A miña nai encantaríalle ollar… 450 00:36:42,451 --> 00:36:44,411 - Por favor, deixe paso. - …a iso. 451 00:36:45,329 --> 00:36:46,455 É moi adiñeirada. 452 00:36:47,456 --> 00:36:49,124 - E está bébeda. - Señor. 453 00:36:49,208 --> 00:36:50,501 - Está ben. - Grazas. 454 00:36:53,337 --> 00:36:55,130 Ray, sae de aí xa. 455 00:37:25,828 --> 00:37:29,290 Ben, poñamos este de aquí. 456 00:37:45,347 --> 00:37:47,349 - Non se mova! - Agarde. 457 00:37:47,433 --> 00:37:49,935 - Non se levante. Ao chan. - Agarde. 458 00:37:50,019 --> 00:37:52,980 - Escoite, isto é un malentendido. - Que fai aquí? 459 00:37:53,063 --> 00:37:55,899 - Señores, que pasa aquí? - Volva á festa, quere? 460 00:37:55,983 --> 00:37:57,693 Preciso reforzos… 461 00:38:13,000 --> 00:38:14,626 David, responde. 462 00:38:14,710 --> 00:38:17,338 Merda, carallo. 463 00:38:20,716 --> 00:38:22,634 David, estás aí? 464 00:38:23,260 --> 00:38:25,637 - Estás ben? - Lisquemos cagando hostias. 465 00:38:27,473 --> 00:38:29,892 - Ben, méteas na bolsa. - Habemos largar. 466 00:38:29,975 --> 00:38:30,893 Marchamos. 467 00:38:32,269 --> 00:38:33,354 Temos que marchar. 468 00:38:40,194 --> 00:38:42,279 - Que fas? - Conseguir máis tempo. 469 00:38:48,160 --> 00:38:49,119 - Merda. - Xesús. 470 00:38:52,664 --> 00:38:54,958 - Santo Deus! - Veña! 471 00:38:56,835 --> 00:38:59,171 Marcha, carallo. Xa me encargo eu. 472 00:39:00,506 --> 00:39:01,548 Veña! 473 00:39:20,067 --> 00:39:23,487 CASA DE KARATE KEN 474 00:39:34,498 --> 00:39:36,375 - Onde vas? - Está aquí. 475 00:39:36,458 --> 00:39:38,794 - Quen? - Lily. Vin seu coche no garaxe. 476 00:39:38,877 --> 00:39:41,130 - Cría que a botaran. - Pois está aquí. 477 00:39:41,213 --> 00:39:42,464 Vou mirar por aí. 478 00:39:43,132 --> 00:39:44,174 Merda. 479 00:39:44,258 --> 00:39:45,092 Socorro! 480 00:39:46,051 --> 00:39:47,845 - Socorro! - Lily! 481 00:39:47,928 --> 00:39:48,762 Ray? 482 00:39:50,013 --> 00:39:52,641 - Axúdame, estou dentro! - Lily! 483 00:39:52,724 --> 00:39:53,559 Hostia! 484 00:39:56,270 --> 00:39:57,479 Lily! 485 00:39:58,063 --> 00:40:00,065 - Lily! - Axúdame! 486 00:40:02,067 --> 00:40:02,901 Axuda! 487 00:40:03,986 --> 00:40:04,820 Lily! 488 00:40:06,405 --> 00:40:07,364 Axuda! 489 00:40:07,448 --> 00:40:10,826 Lily, mírame. Móvete, cariño, por favor! 490 00:40:10,909 --> 00:40:17,207 Lily, mantente tombada. Voute salvar. 491 00:40:17,291 --> 00:40:19,251 Mantente tombada. 492 00:40:21,587 --> 00:40:22,838 Graham? 493 00:40:22,921 --> 00:40:26,758 Graham, está xusto aí! 494 00:40:26,842 --> 00:40:30,053 - Onde? - Graham, está xusto aí, veña! 495 00:40:30,137 --> 00:40:31,263 Graham, sálvaa. 496 00:40:31,346 --> 00:40:33,474 Lily, vaite sacar. 497 00:40:34,183 --> 00:40:35,184 Mantente tombada. 498 00:40:35,767 --> 00:40:38,896 Tranquilos, a axuda está en camiño. 499 00:40:41,523 --> 00:40:44,568 Graham, non! 500 00:40:49,156 --> 00:40:51,241 Hei de confesarche algunhas cousas. 501 00:40:52,326 --> 00:40:54,453 Non che son fáciles de explicar. 502 00:40:55,370 --> 00:40:57,331 Gustaríame dicir que as decisións que tomei… 503 00:40:57,414 --> 00:40:58,248 Lily! 504 00:40:58,999 --> 00:41:02,544 …foron pensando en ti mais en túa nai… 505 00:41:04,838 --> 00:41:06,632 pero non sei se sería verdade. 506 00:41:10,219 --> 00:41:12,054 Ás veces, remataron ben. 507 00:41:15,933 --> 00:41:17,309 Outras… 508 00:41:17,392 --> 00:41:18,227 Non. 509 00:41:18,310 --> 00:41:19,353 …remataron fatal. 510 00:41:19,436 --> 00:41:20,437 Lily! 511 00:41:21,605 --> 00:41:23,232 Axuda! 512 00:41:26,652 --> 00:41:28,695 Axuda! 513 00:41:28,779 --> 00:41:31,782 Quero deixar de ter que tomar ese tipo de decisións, 514 00:41:32,699 --> 00:41:34,451 mais non sei se poderei. 515 00:41:35,786 --> 00:41:37,162 Abofé que non che sei. 516 00:41:38,872 --> 00:41:41,124 Talvez mañá todo estea mellor. 517 00:41:45,921 --> 00:41:47,923 Porase ben mamá? 518 00:41:51,301 --> 00:41:52,261 Non che sei. 519 00:41:53,637 --> 00:41:55,055 Cando poderemos vela? 520 00:42:03,564 --> 00:42:04,398 Non che sei. 521 00:42:16,952 --> 00:42:19,079 - Díganme. - Inspector Tony Barrelli. 522 00:42:19,162 --> 00:42:20,998 Busco a Ray Vernon. 523 00:42:27,838 --> 00:42:29,089 Ven aquí, meu esquío. 524 00:42:30,465 --> 00:42:31,717 Deixa que te abroche. 525 00:42:37,723 --> 00:42:38,557 As cousas… 526 00:42:41,351 --> 00:42:43,228 pode que cambien por un tempo. 527 00:42:45,314 --> 00:42:46,440 Que queres dicir? 528 00:42:50,777 --> 00:42:55,449 Pode que o mundo non sexa como agardabas. 529 00:42:58,201 --> 00:43:00,412 Talvez a xente non actúe como debe, 530 00:43:01,288 --> 00:43:02,122 mais… 531 00:43:08,003 --> 00:43:12,007 quero que te manteñas firme e… 532 00:43:12,966 --> 00:43:15,135 que rectifiques as cousas. 533 00:43:29,858 --> 00:43:31,318 Ves esa muller de aí? 534 00:43:33,528 --> 00:43:34,738 Chámase Ava. 535 00:43:35,405 --> 00:43:36,323 Vai canda ela 536 00:43:37,449 --> 00:43:40,535 e fai o que che diga. 537 00:43:43,997 --> 00:43:45,123 Ti segue a camiñar… 538 00:43:47,292 --> 00:43:50,837 e non mires atrás, pase o que pase. 539 00:43:53,090 --> 00:43:55,592 Pero eu quero quedar canda ti. 540 00:43:56,468 --> 00:44:00,180 Xa o sei, ceo, mais preciso que aguantes ti soa por un tempo. 541 00:44:01,306 --> 00:44:02,140 E sexa afouta? 542 00:44:04,267 --> 00:44:05,102 Exacto. 543 00:44:06,103 --> 00:44:07,938 Lembras o que dixemos diso? 544 00:44:13,110 --> 00:44:14,528 Amósame onde es afouto. 545 00:44:24,788 --> 00:44:26,498 Amósame onde es forte. 546 00:45:17,674 --> 00:45:20,510 Ray Vernon, ten dereito a permanecer en silencio. 547 00:45:21,136 --> 00:45:24,806 O que diga poderá e será usado na súa contra ante un tribunal. 548 00:45:25,515 --> 00:45:28,059 Ten dereito a un avogado… 549 00:47:15,584 --> 00:47:20,589 Subtítulos: Bruno Martínez Pita