1 00:00:15,183 --> 00:00:19,062 ENTRANDO NO EPISODIO LARANXA: TRES SEMANAS ANTES DO ATRACO 2 00:00:22,190 --> 00:00:24,650 Chámome Nazan e son adicta. 3 00:00:25,193 --> 00:00:26,194 Ola, Nazan. 4 00:00:32,283 --> 00:00:34,702 Levo limpa catro anos e unha semana. 5 00:00:35,578 --> 00:00:38,122 O traballo vai ben, volven a confiar en min. 6 00:00:38,748 --> 00:00:39,582 Normalmente. 7 00:00:43,044 --> 00:00:46,297 Aquí falamos moito de poñer límites, regras. 8 00:00:46,380 --> 00:00:48,424 - Parte norte despexada. - E aquí. 9 00:00:48,508 --> 00:00:51,052 Retirádevos todos e reagrupádevos fóra. 10 00:00:51,552 --> 00:00:53,513 Estou limpa grazas a esas regras. 11 00:00:54,180 --> 00:00:56,682 Cando consumía, todo semellaba desdebuxado, 12 00:00:57,183 --> 00:01:01,813 mais agora fíxome nos detalles, nas cousas que se me escapaban. 13 00:01:01,896 --> 00:01:03,397 Estrañara ese sentimento. 14 00:01:04,315 --> 00:01:06,067 Guíome por eses sentimentos. 15 00:01:06,818 --> 00:01:08,027 Ás veces, atinan. 16 00:01:08,528 --> 00:01:09,529 Só ás veces. 17 00:01:10,613 --> 00:01:14,158 Mais agora adoitan levarme polo bo camiño, 18 00:01:14,826 --> 00:01:16,619 aínda que non sempre o pareza. 19 00:01:56,242 --> 00:01:57,577 Creo que están aquí! 20 00:01:57,660 --> 00:01:59,453 Vamos! FBI! 21 00:02:00,079 --> 00:02:00,913 Non se mova! 22 00:02:01,747 --> 00:02:03,166 Por que tardastes tanto? 23 00:02:10,673 --> 00:02:13,885 Por iso me deron outra oportunidade co meu fillo, Reza. 24 00:02:13,968 --> 00:02:15,636 POLICÍA INMIGRACIÓN E ADUANAS 25 00:02:15,720 --> 00:02:18,973 Este será o noso primeiro fin de semana sen supervisión. 26 00:02:20,349 --> 00:02:23,144 Se cadra leva á custodia compartida, xa se verá. 27 00:02:23,811 --> 00:02:25,021 É un pasiño de bebé. 28 00:02:25,521 --> 00:02:26,898 Talvez máis pequeno. 29 00:02:27,607 --> 00:02:31,235 Un pasiño cativeiro, prenatal, non sei. 30 00:02:31,319 --> 00:02:33,029 O importante é que é un paso. 31 00:02:41,245 --> 00:02:42,663 E nesta esquina, 32 00:02:42,747 --> 00:02:45,833 a campioa de loita libre do baixo leste de Nova York. 33 00:02:47,168 --> 00:02:48,628 Veña, xente! 34 00:02:48,711 --> 00:02:53,007 Abbasi atrapou ela soa o cuarto ciberdelincuente máis buscado. Un aplauso. 35 00:02:53,090 --> 00:02:55,885 Está ben, tranquilos. 36 00:02:55,968 --> 00:02:58,763 Aprecio a excesivamente calorosa benvida, Toby. 37 00:03:00,389 --> 00:03:01,224 Celosos. 38 00:03:01,891 --> 00:03:03,100 Están todos celosos. 39 00:03:04,185 --> 00:03:06,312 Que, non podo estar impresionado? 40 00:03:06,395 --> 00:03:09,232 Podes, se me vas axudar co papelame. 41 00:03:09,315 --> 00:03:13,569 Ti mira que sedutores son estes formularios. 42 00:03:13,653 --> 00:03:16,113 R84, FT209. 43 00:03:17,406 --> 00:03:20,826 Es unha tentadora. É unha conduta desapropiada no traballo. 44 00:03:21,327 --> 00:03:26,874 Encantaríame que flipas, pero estamos enfrascados no atraco da vía Diamante. 45 00:03:26,958 --> 00:03:28,709 Ai, si? Que tedes? 46 00:03:28,793 --> 00:03:31,587 Identificamos a impresión dactilar dunha vaíña. 47 00:03:31,671 --> 00:03:32,713 Xenial. 48 00:03:32,797 --> 00:03:35,216 Entón, quen é o rateiro de diamantes? 49 00:03:41,764 --> 00:03:43,683 Ei, parabéns polo de Jagos. 50 00:03:43,766 --> 00:03:46,143 Non me iades dicir o de Ava Mercer? 51 00:03:46,227 --> 00:03:49,105 Non sabía que o noso boy scout era o pregoeiro. 52 00:03:49,188 --> 00:03:51,857 Teredes máis que unha impresión e unha bala. 53 00:03:51,941 --> 00:03:54,986 Senón, non a deteñades ou marearavos o peixe. 54 00:03:55,069 --> 00:03:57,571 Mira, entendo que ti e Mercer teñades un… 55 00:03:58,281 --> 00:03:59,991 - pasado. - Serei de axuda. 56 00:04:00,074 --> 00:04:01,784 Non hai nada no que axudar. 57 00:04:02,576 --> 00:04:03,619 Será un erro. 58 00:04:03,703 --> 00:04:05,997 É unha avogada da parte alta, concho. 59 00:04:06,080 --> 00:04:10,710 Mercer será corrupta, mais dubido que sexa a ladroa de xoias que buscamos. 60 00:04:10,793 --> 00:04:11,669 Foinos ben. 61 00:04:12,670 --> 00:04:13,504 Ti cres? 62 00:04:14,297 --> 00:04:18,926 - Hai dabondo para o vindeiro atraco? - Para o que queremos ou o que fai falla? 63 00:04:19,010 --> 00:04:21,679 Abrir a cámara requirirá equipamento especial. 64 00:04:22,638 --> 00:04:26,100 Mercaremos o que poidamos e amañarémonolas para que sirva. 65 00:04:26,183 --> 00:04:27,685 - Acompáñote? - Non. 66 00:04:28,436 --> 00:04:30,855 Xa sabes que Javier prefire que vaia soa. 67 00:04:30,938 --> 00:04:32,815 Máis razón para que vaia. 68 00:04:50,416 --> 00:04:51,417 Ava. 69 00:04:56,630 --> 00:04:57,965 Esqueces algo? 70 00:05:42,134 --> 00:05:43,219 Xusto a tempo. 71 00:05:44,470 --> 00:05:46,972 A puntualidade escasea nas mulleres guapas. 72 00:05:47,473 --> 00:05:50,434 Circula, Bob, vou soa. Ese é o trato. 73 00:05:50,518 --> 00:05:53,646 Non coñezo o teu socio e a ti e ao vello Joe, apenas. 74 00:05:54,188 --> 00:05:56,607 Xogo o pescozo nesta partida, arriscarei. 75 00:05:59,318 --> 00:06:01,821 Está detrás e non axites a mar, entendido? 76 00:06:02,655 --> 00:06:04,615 A mar abana o barco, nena. 77 00:06:04,698 --> 00:06:06,659 E iso que se supón que significa? 78 00:06:08,369 --> 00:06:09,578 Isto é todo? 79 00:06:09,662 --> 00:06:11,247 Agás un par de cousas. 80 00:06:13,541 --> 00:06:14,417 Tres centos. 81 00:06:14,500 --> 00:06:15,751 Tres? Estás que si. 82 00:06:19,004 --> 00:06:21,924 Calcularamos un pouco máis. 83 00:06:22,007 --> 00:06:24,885 Serán difíciles de colocar, pola súa procedencia. 84 00:06:24,969 --> 00:06:26,887 Hei atopar un comprador de fóra. 85 00:06:26,971 --> 00:06:29,682 Sei dun tipo de Filadelfia que daría un millón. 86 00:06:35,938 --> 00:06:39,191 Pois talvez sexa o lugar axeitado para esta transacción. 87 00:06:43,821 --> 00:06:45,614 Non comecedes coa carallada. 88 00:06:48,868 --> 00:06:50,119 Que dis? 89 00:06:51,871 --> 00:06:53,414 - Catro centos. - Catro? 90 00:06:54,623 --> 00:06:55,958 Quen é o ladrón agora? 91 00:06:56,584 --> 00:06:57,418 De acordo. 92 00:06:57,501 --> 00:06:59,128 Nunha hora terei os fondos. 93 00:07:19,648 --> 00:07:20,483 Agardo fóra. 94 00:07:26,822 --> 00:07:28,324 Podemos facer iso, claro. 95 00:07:28,407 --> 00:07:31,952 - Abriu unha xeadería nova. - Podo tomar un de pasas con ron? 96 00:07:32,036 --> 00:07:35,331 O que ti queiras e tamén podemos ir ao carrusel. 97 00:07:39,627 --> 00:07:43,130 A mamá raposa lle encantan. E ao raposiño, aínda lle gustan? 98 00:07:43,839 --> 00:07:45,841 Ao raposiño tamén lle encantan. 99 00:07:45,925 --> 00:07:48,135 - Moi ben. - Socio, despídete de mamá. 100 00:07:48,219 --> 00:07:49,261 Hora das tarefas! 101 00:07:49,845 --> 00:07:51,972 Papá di que hei facer o de Ciencias. 102 00:07:52,640 --> 00:07:54,892 Claro, as tarefas son importantes. 103 00:07:55,643 --> 00:07:58,771 Teño moitas ganas de verte, quérote. 104 00:07:58,854 --> 00:08:01,440 - Eu tamén, adeus! - Di a teu pai que vou… 105 00:08:06,862 --> 00:08:08,989 MAMÁ 106 00:08:14,537 --> 00:08:17,957 ACORDO DE CUSTODIA XULGADO DE FAMILIA DE NOVA YORK 107 00:08:22,086 --> 00:08:24,755 FBI RAY VERNON, AGOSTO-DECEMBRO 108 00:08:29,969 --> 00:08:32,012 Queres un vehículo blindado? 109 00:08:32,096 --> 00:08:34,431 Quero unha copia dun vehículo blindado. 110 00:08:34,515 --> 00:08:38,644 Unha réplica que nos permita traspasar a reixa de seguridade de SLS. 111 00:08:38,727 --> 00:08:43,941 Se pasa por vez, pode que logremos entrar na baía de carga sen disparar as alarmas. 112 00:08:44,024 --> 00:08:46,527 Cómpre comezar coa configuración da cabina. 113 00:08:46,610 --> 00:08:49,363 Fixo que as camionetas son unhas 132s, 114 00:08:49,446 --> 00:08:52,199 mais a suspensión é ríxida que flipas 115 00:08:52,283 --> 00:08:55,953 e, se levamos moita carga atrás, derraparemos sen parar. 116 00:08:56,036 --> 00:08:56,996 Mala cousa. 117 00:08:57,830 --> 00:09:04,420 Agarda, o pai dun baixista de Fairlawn tiña unha Chevy C4500 do 2003 cuspidiña. 118 00:09:04,503 --> 00:09:07,214 Atopa unha e modificarei e ampliarei a cabina. 119 00:09:07,298 --> 00:09:09,508 Agarda, teño o seu número en algures. 120 00:09:09,592 --> 00:09:10,968 Stan, podes conseguila? 121 00:09:12,928 --> 00:09:13,929 Stan! 122 00:09:15,139 --> 00:09:17,349 Stan, podes ir por esa camioneta? 123 00:09:17,433 --> 00:09:20,853 Unha Chevy do 2003 para modificala. Encárgome. 124 00:09:21,437 --> 00:09:24,064 Tecnicamente o rapaz non se graduou connosco, 125 00:09:24,148 --> 00:09:27,568 mais asinou o meu libro de graduación e apuntou o teléfono. 126 00:09:29,987 --> 00:09:32,197 Debuxou un pene. 127 00:09:37,036 --> 00:09:39,371 Osíxeno e gasolina, bonita combinación. 128 00:09:39,455 --> 00:09:40,539 Bo traballo, Judy. 129 00:09:40,623 --> 00:09:41,957 É estable? 130 00:09:42,041 --> 00:09:44,501 Eu non dispararía nin arredor, 131 00:09:44,585 --> 00:09:48,881 pero para máis de cinco centímetros de aceiro, precisaremos calor dabondo. 132 00:09:50,966 --> 00:09:55,387 Un tipo do Triángulo de Ferro pode conseguir unha caixa para practicar. 133 00:09:55,471 --> 00:09:58,474 Ti mais eu poderiamos ir xuntos. 134 00:09:59,183 --> 00:10:03,646 A quen lle apetece ir xantar ao Sizzler? Descoidade, o tío Bob invita. 135 00:10:04,438 --> 00:10:06,607 - Canto? - Máis que xusto, 400 000. 136 00:10:06,690 --> 00:10:10,069 Mamacita contentaba con tres, mais eu aperteille ao tipo. 137 00:10:10,152 --> 00:10:12,029 Que sería de nós sen ti? 138 00:10:12,112 --> 00:10:14,198 Quen come espaguetes con pauciños? 139 00:10:14,281 --> 00:10:15,658 Mil millóns de persoas. 140 00:10:19,995 --> 00:10:23,624 Lembrade o que nos custou conseguilo, non é un caixeiro. 141 00:10:23,707 --> 00:10:27,169 A camioneta, a tecnoloxía, as caixas fortes 142 00:10:27,753 --> 00:10:29,421 e os explosivos e a química. 143 00:10:29,505 --> 00:10:33,008 Debería cubrir todo o preciso para entrar na cámara da SLS. 144 00:10:33,092 --> 00:10:35,678 Axustádevos ao tempo e ao presuposto. 145 00:10:36,345 --> 00:10:38,097 Por que leva tanto ela? 146 00:10:38,889 --> 00:10:42,893 Isto é Nova York, querido, o mercado inmobiliario manda. 147 00:10:42,976 --> 00:10:46,814 O edificio ten un ximnasio e un balneario para tódolos inquilinos. 148 00:10:46,897 --> 00:10:51,652 Hai moitas grandes empresas da lista Fortune 500, institucións financeiras, 149 00:10:51,735 --> 00:10:56,990 e incluso algúns museos usan o edificio para gardar excedentes de obras de arte. 150 00:10:59,243 --> 00:11:01,870 - Ola, señor Salas. - Unha visita, Leighanne? 151 00:11:01,954 --> 00:11:05,499 Si, preséntolle a Roger Salas, leva sete anos de inquilino. 152 00:11:05,582 --> 00:11:07,251 Esta é Mallory… 153 00:11:07,334 --> 00:11:08,544 - Rosenthal. - Abofé. 154 00:11:09,294 --> 00:11:12,715 De Belgrano Industrial, optimización do usuario final. 155 00:11:13,799 --> 00:11:15,300 E vostede, señor Salas? 156 00:11:19,430 --> 00:11:23,058 Protexemos as cousas que paga a pena protexer. Goce da visita. 157 00:11:24,143 --> 00:11:26,311 ROGER SALAS DIRECTOR EXECUTIVO DE SLS 158 00:11:26,395 --> 00:11:29,773 Preguntou polas medidas de seguridade e temos as mellores. 159 00:11:30,941 --> 00:11:34,153 É moi difícil achar un espazo diáfano así en Manhattan. 160 00:11:35,904 --> 00:11:37,823 Gustaríame facer algúns cambios. 161 00:11:38,449 --> 00:11:41,660 Por suposto, cada empresa ten as súas necesidades. 162 00:11:43,036 --> 00:11:47,666 Dígame, señorita Rosenthal, exactamente que é a optimización do usuario final? 163 00:11:47,750 --> 00:11:48,709 Quedamos con el. 164 00:11:49,793 --> 00:11:51,795 Primeiro e último mes en metálico? 165 00:11:52,755 --> 00:11:54,465 Prepararei os papeis. 166 00:12:04,391 --> 00:12:06,518 AVA MERCER NOTAS DO INTERROGATORIO 167 00:12:27,080 --> 00:12:31,001 O meu instinto, o meu ollo e a miña percepción 168 00:12:31,084 --> 00:12:36,465 dinme que Ava Mercer coñece a Ray Vernon e sabe onde está. 169 00:12:36,548 --> 00:12:40,052 Está mentindo e chéirame algo… 170 00:13:14,837 --> 00:13:21,468 OFICINA FEDERAL DE INVESTIGACIÓN 171 00:13:26,265 --> 00:13:29,101 Ei, non deberías estar aquí. Ted porase furioso. 172 00:13:29,852 --> 00:13:31,395 Só eu a coñezo de verdade. 173 00:13:33,021 --> 00:13:34,106 Non direi nin mu. 174 00:13:39,570 --> 00:13:42,865 Sinto a demora, son o axente Gough. Falamos por teléfono. 175 00:13:42,948 --> 00:13:45,200 Impórtalle que grave o interrogatorio? 176 00:13:46,201 --> 00:13:47,202 Estou arrestada? 177 00:13:47,286 --> 00:13:49,538 Abofé que non, só son unhas preguntas. 178 00:13:49,621 --> 00:13:51,123 Pois grave o que queira. 179 00:13:51,206 --> 00:13:54,585 De familia española, pero veu da Arxentina como refuxiada? 180 00:13:55,168 --> 00:13:57,170 Hai anos, agora teño a residencia. 181 00:13:57,796 --> 00:13:59,006 Foi na Guerra Sucia? 182 00:13:59,882 --> 00:14:01,675 Así a chamaron. 183 00:14:02,467 --> 00:14:03,886 Nós chamámola xenocidio. 184 00:14:05,721 --> 00:14:08,807 Sen titor, padriño nin pais. 185 00:14:10,434 --> 00:14:11,643 Estivo soa de nena, 186 00:14:11,727 --> 00:14:15,439 non tiña ningún familiar vivo e estaba soa nun país estranxeiro, 187 00:14:16,732 --> 00:14:17,649 mais aquí está. 188 00:14:19,401 --> 00:14:20,485 Aquí estou? 189 00:14:20,569 --> 00:14:23,071 Unha muller con poder, contactos e cartos. 190 00:14:23,739 --> 00:14:24,698 Chegou lonxe. 191 00:14:24,781 --> 00:14:28,744 E, aínda así, chámanme para vir ao FBI sen motivo ningún. 192 00:14:28,827 --> 00:14:32,289 - Eu non diría tal. - Pois non sei por que non vai ao gran. 193 00:14:34,124 --> 00:14:36,084 Gústalle ser avogada, Mercer? 194 00:14:36,835 --> 00:14:39,671 Digamos que me gusta facer o que se me dá ben. 195 00:14:39,755 --> 00:14:42,090 Traballa para moita xente cuestionable. 196 00:14:42,966 --> 00:14:44,551 Podería dicirlle o mesmo. 197 00:14:45,928 --> 00:14:49,473 - Vería o do distrito Diamante nas novas. - Difícil non velo. 198 00:14:49,556 --> 00:14:52,768 No lugar, atopamos unha vaíña cunha impresión dactilar. 199 00:14:52,851 --> 00:14:56,480 Cotexámola coas bases de datos e saíu alguén curioso, vostede. 200 00:14:57,147 --> 00:14:59,274 Pregúntome que explicación hai. 201 00:15:00,275 --> 00:15:02,194 Non podo dicir que me sorprenda. 202 00:15:02,277 --> 00:15:07,908 Hai un mes, denunciei ante a policía que me roubaran dúas armas. 203 00:15:07,991 --> 00:15:13,330 Teño varias, polo dereito que me garante a Segunda Emenda ao ser cidadá dos EE. UU. 204 00:15:13,413 --> 00:15:18,251 E, ao igual que a xente responsable que ten armas, cárgoas eu mesma. 205 00:15:19,294 --> 00:15:23,966 Iso explicaría a miña impresión na vaíña. 206 00:15:25,717 --> 00:15:29,763 É horrible que se usasen para cometer un acto delituoso. 207 00:15:31,890 --> 00:15:34,142 Permíteme que o corrobore coa Policía? 208 00:15:56,039 --> 00:15:58,000 De certo que foi Abbasi. 209 00:15:58,583 --> 00:15:59,584 Mala cousa. 210 00:16:00,127 --> 00:16:01,878 Xa as tiveches con ela. 211 00:16:05,132 --> 00:16:08,051 Habemos de tomar precaucións e ver se nos seguen. 212 00:16:10,929 --> 00:16:14,933 - Non poden achar este lugar. - Usaremos teléfonos de prepago. 213 00:16:18,645 --> 00:16:19,980 Que di o teu instinto? 214 00:16:23,984 --> 00:16:25,193 Temos un problema? 215 00:16:27,696 --> 00:16:28,530 Non. 216 00:16:29,906 --> 00:16:30,824 Non? 217 00:16:30,907 --> 00:16:32,075 Non, non o temos. 218 00:16:34,536 --> 00:16:36,955 - Hai algo máis. - Xa estamos de novo. 219 00:16:37,039 --> 00:16:41,043 - Non sabe que podería estar en xogo. - Dixo por que o quere facer? 220 00:16:41,126 --> 00:16:41,960 Ted. 221 00:16:42,044 --> 00:16:44,671 É innegable que Abbasi ten experiencia nisto, 222 00:16:44,755 --> 00:16:46,923 mais, polo seu historial con Mercer, 223 00:16:47,007 --> 00:16:50,510 decidín que o mellor para o FBI é que manteña a distancia. 224 00:16:54,639 --> 00:16:58,518 Hai sete anos, Ava Mercer puxo unha queixa formal contra min. 225 00:16:59,478 --> 00:17:02,522 Alegou que eu estaba drogada nun interrogatorio 226 00:17:02,606 --> 00:17:05,650 no que dixo que un cliente estaba en perigo. 227 00:17:06,401 --> 00:17:10,280 Alegou que, como non tomei a información en serio, 228 00:17:10,363 --> 00:17:12,074 tiven culpa na súa morte. 229 00:17:12,157 --> 00:17:14,326 E iso ocorreu cando… 230 00:17:14,409 --> 00:17:16,912 Si, señora. Naquel entón consumía. 231 00:17:18,538 --> 00:17:19,915 Recoñezo que non… 232 00:17:19,998 --> 00:17:22,501 xulguei a situación como era debido. 233 00:17:24,294 --> 00:17:28,048 A súa queixa ocasionou, en parte, a miña suspensión. 234 00:17:28,131 --> 00:17:29,257 Xa vexo o problema. 235 00:17:29,341 --> 00:17:31,927 Isto non é un desquite, sei como pensa ela. 236 00:17:32,010 --> 00:17:33,553 - Ten coartada. - Manipula. 237 00:17:33,637 --> 00:17:36,598 - A información concorda. - Só pido poder asesorar. 238 00:17:40,393 --> 00:17:42,354 Entendo que a coñeces, 239 00:17:43,396 --> 00:17:44,731 mais tócache de preto. 240 00:17:45,774 --> 00:17:49,194 Ted levará o da vía Diamante e fará como vexa oportuno. 241 00:17:50,654 --> 00:17:51,738 Si, señora. 242 00:17:52,322 --> 00:17:53,198 Grazas. 243 00:17:57,536 --> 00:17:59,663 Tes máis que dabondo cos teus casos. 244 00:18:01,623 --> 00:18:04,334 Mantente afastada de Mercer, entendido? 245 00:18:04,417 --> 00:18:05,252 Ben. 246 00:18:06,711 --> 00:18:07,546 Entendido. 247 00:18:10,841 --> 00:18:13,677 Aquí está ben, poñédeas aí, a carón das outras. 248 00:18:14,719 --> 00:18:17,848 Fallan máis disipadores e protección de sobretensións. 249 00:18:17,931 --> 00:18:20,934 - E un transmisor satélite para o vídeo. - Escríbeo. 250 00:18:21,017 --> 00:18:24,104 E talvez unha PlayStation para os ratos mortos. 251 00:18:24,187 --> 00:18:25,522 Escríbeo. 252 00:18:25,605 --> 00:18:26,606 Perfecto. 253 00:18:27,649 --> 00:18:30,402 A transferencia de adicción é xusto iso. 254 00:18:30,986 --> 00:18:33,321 É trocar unha adicción por outra. 255 00:18:33,405 --> 00:18:36,074 Podemos sobrepoñernos ás drogas e o alcohol, 256 00:18:36,158 --> 00:18:38,994 mais substituímolos polo sexo ou o xogo. 257 00:18:40,453 --> 00:18:41,913 Se non nos sobrepoñemos 258 00:18:42,539 --> 00:18:45,333 e seguimos culpando a outra persoa, 259 00:18:45,959 --> 00:18:48,378 é fácil recaer nos vellos hábitos. 260 00:18:49,421 --> 00:18:52,215 Moi ben, rematemos coa oración do terceiro paso. 261 00:18:58,180 --> 00:19:00,599 Toma a miña vontade e a miña vida. 262 00:19:01,433 --> 00:19:05,270 Guíame na miña recuperación e amósame como vivir. 263 00:19:05,770 --> 00:19:07,814 Grazas a todos, vémonos á próxima. 264 00:19:16,823 --> 00:19:17,824 Bo traballo hoxe. 265 00:19:21,995 --> 00:19:23,455 Xa chegou teu fillo? 266 00:19:23,538 --> 00:19:24,539 En dúas semanas. 267 00:19:25,373 --> 00:19:26,791 Xa preparei o sofá. 268 00:19:28,168 --> 00:19:32,881 Está entusiasmado, e eu tamén. É raro que tamén estea… nerviosa. 269 00:19:33,548 --> 00:19:36,051 Estará contento con tal de estar canda ti. 270 00:19:36,551 --> 00:19:37,385 Xa sei. 271 00:19:38,220 --> 00:19:41,890 Pero preocúpame leala dalgunha maneira. 272 00:19:47,187 --> 00:19:49,898 Non hai un punto na recuperación no que hei de… 273 00:19:50,774 --> 00:19:51,858 confiar en min? 274 00:19:51,942 --> 00:19:53,944 É difícil confiar na persoa que es 275 00:19:54,027 --> 00:19:56,446 cando aínda estás amarrada a quen eras. 276 00:19:57,989 --> 00:19:59,366 Dáte unha oportunidade, 277 00:20:00,283 --> 00:20:02,285 seguro que non vas mal encamiñada. 278 00:20:05,372 --> 00:20:07,832 Non podemos obter os planos da cámara. 279 00:20:07,916 --> 00:20:10,085 Grazas a RJ, o que podemos é estudar 280 00:20:10,168 --> 00:20:13,463 os canos, a ventilación e os sistemas eléctricos arredor. 281 00:20:15,966 --> 00:20:19,261 - Ben. - Tíos, por favor, non foi nada. 282 00:20:20,762 --> 00:20:22,347 Vaites, un aplauso curto. 283 00:20:23,765 --> 00:20:25,809 Pois tan sinxelo non foi. 284 00:20:25,892 --> 00:20:27,894 Ben, vexamos os canos. 285 00:20:28,770 --> 00:20:32,440 O que usen para mover a auga, está illado dos canos principais, 286 00:20:39,239 --> 00:20:43,827 mais as augas residuais están conectadas á rede, que podemos rastrexar. 287 00:21:09,686 --> 00:21:12,397 O sistema de ventilación ten unha complicación. 288 00:21:12,480 --> 00:21:17,360 Ten menos de 30 cm de ancho e non cabemos, mais chega aos despachos de SLS. 289 00:21:25,035 --> 00:21:29,831 A cámara usa a súa fonte de electricidade, mais os despachos arredor usan a xeral. 290 00:21:29,914 --> 00:21:33,752 Perdoa, non te toquei adrede. 291 00:21:44,554 --> 00:21:45,930 Seguro que vai aí? 292 00:21:48,975 --> 00:21:53,104 - É o interior do edificio. - Iso xa o vexo, señor catedrático. 293 00:21:53,188 --> 00:21:55,899 - Non cabemos nos condutos. - Nin nos retretes. 294 00:21:55,982 --> 00:21:57,650 Nin nos retretes, ben visto. 295 00:21:59,486 --> 00:22:01,404 E onde conflúen tódolos sistemas 296 00:22:02,155 --> 00:22:02,989 está… 297 00:22:03,073 --> 00:22:03,907 A cámara. 298 00:22:04,699 --> 00:22:07,243 Aquí hai un corredor perimetral, unha porta, 299 00:22:07,327 --> 00:22:09,913 un conduto que leva a un nivel inferior 300 00:22:09,996 --> 00:22:12,374 e estas seccións son as caixas fortes. 301 00:22:12,457 --> 00:22:17,545 Podemos mapear as distancias, as alarmas, as posicións e os centros de seguridade. 302 00:22:17,629 --> 00:22:20,256 Que son esas cousas con forma de araña? 303 00:22:20,340 --> 00:22:23,635 Unha malla eléctrica? Hai cables de resistencia. 304 00:22:23,718 --> 00:22:25,261 E sensores de temperatura? 305 00:22:26,012 --> 00:22:29,057 Abofé, son termistores, e mirade a zona de aí. 306 00:22:29,140 --> 00:22:31,768 - Han ser biométricos. - Está todo cablado. 307 00:22:31,851 --> 00:22:34,687 Se é a entrada, podería ter recoñecemento facial… 308 00:23:49,471 --> 00:23:50,305 Oe! 309 00:23:51,014 --> 00:23:52,432 Vixíe as salchichas! 310 00:24:01,774 --> 00:24:04,611 Que ben. Besa o cadáver do seu home con ese bico? 311 00:24:16,164 --> 00:24:20,418 Ninguén vén á miña casa, oes? Se queres falar comigo, faino no taller. 312 00:24:24,464 --> 00:24:26,049 Quero falar da miña parte. 313 00:24:26,132 --> 00:24:27,300 Coméntallo a Leo. 314 00:24:27,383 --> 00:24:30,887 Veña, é ben sabido quen move os fíos. 315 00:24:31,804 --> 00:24:34,265 Dubido que mans xelatina manexe moito. 316 00:24:35,683 --> 00:24:36,726 Exacto. 317 00:24:37,352 --> 00:24:39,979 Non sei se tramaredes metérnola boa ao resto. 318 00:24:40,939 --> 00:24:41,856 Talvez non. 319 00:24:42,941 --> 00:24:46,819 Mais cun 10 % extra terei menos queixa. 320 00:24:46,903 --> 00:24:51,199 Fai que a min e a Judy nos mereza a pena quedar no equipo. 321 00:24:52,617 --> 00:24:55,078 Direiche o que mereces. 322 00:24:57,080 --> 00:24:57,956 Nada. 323 00:24:58,665 --> 00:25:01,626 Es un ladrón de caixas fortes cunha soa man. 324 00:25:02,293 --> 00:25:03,836 Es un apéndice. 325 00:25:04,462 --> 00:25:06,589 Non fas máis que botar leña ao lume, 326 00:25:07,423 --> 00:25:11,803 e, no momento no que caias, todos estaremos moito mellor. 327 00:25:12,595 --> 00:25:15,098 Mais precisamos da túa esposa 328 00:25:15,181 --> 00:25:18,893 e semella que vai atada a ti. 329 00:25:21,104 --> 00:25:23,648 Así que te darei o seguinte, 330 00:25:24,440 --> 00:25:27,443 dez mil e o teléfono dun especialista de mans. 331 00:25:28,486 --> 00:25:34,617 A cambio, non volverás poñer un pé na miña entrada, 332 00:25:35,952 --> 00:25:36,786 no meu bloque 333 00:25:38,830 --> 00:25:40,248 nin no meu barrio. 334 00:25:43,418 --> 00:25:45,670 GENE GLASSER: VAS VIR Á VISTA OU QUE? 335 00:25:45,753 --> 00:25:46,963 Merda. 336 00:25:55,221 --> 00:25:57,181 Chegaches unha hora tarde, e que? 337 00:25:57,682 --> 00:25:59,183 O avogado de Harsha dixo: 338 00:25:59,684 --> 00:26:02,770 "Non chega ao xulgado a tempo e vai coidar dun neno?" 339 00:26:04,564 --> 00:26:05,398 E terá razón. 340 00:26:06,441 --> 00:26:08,776 Veña, non te fustrigues con iso. 341 00:26:08,860 --> 00:26:11,237 Non, se xa o fan eles dabondo. 342 00:26:11,321 --> 00:26:15,742 O meu avogado manexouno… de momento, mais estou na corda frouxa. 343 00:26:19,329 --> 00:26:21,581 Que fas aquí, escoitándome latricar? 344 00:26:27,670 --> 00:26:28,880 Que é isto? 345 00:26:28,963 --> 00:26:31,341 É unha planta de desculpas. 346 00:26:31,841 --> 00:26:32,675 Por que? 347 00:26:34,010 --> 00:26:34,844 É que… 348 00:26:36,387 --> 00:26:39,766 quería pedirche perdón por como levei o de Mercer. 349 00:26:39,849 --> 00:26:43,519 - Non, en tal caso fun eu quen cruzou… - Hei ser máis discreto. 350 00:26:44,646 --> 00:26:46,022 Probablemente estivese… 351 00:26:46,522 --> 00:26:47,899 alardeando un pouco. 352 00:26:50,276 --> 00:26:51,110 Por ti. 353 00:26:52,945 --> 00:26:54,322 Non é preciso. 354 00:26:54,906 --> 00:26:58,284 Es un bo axente, por iso todos queren terte no seu equipo. 355 00:27:00,119 --> 00:27:01,621 Es unha axente excelente. 356 00:27:11,673 --> 00:27:13,925 Grazas pola planta de desculpas. 357 00:27:14,592 --> 00:27:15,426 Ben. 358 00:27:17,637 --> 00:27:18,554 Descoida iso. 359 00:27:18,638 --> 00:27:23,643 - Ía poñelo de volta no almacén. Estaba… - En serio cres que Mercer está metida? 360 00:27:35,738 --> 00:27:36,823 Pois ben. 361 00:27:38,783 --> 00:27:39,659 Amósamo. 362 00:27:41,202 --> 00:27:42,036 De acordo. 363 00:27:46,124 --> 00:27:48,543 - Esta é a casa de Ava. - Xesús, Nazan. 364 00:27:48,626 --> 00:27:52,088 É Bob Goodwin, rouba caixas fortes. Ten un historial longo. 365 00:27:52,171 --> 00:27:54,549 Olla de preto, ten a man dereita ferida. 366 00:27:55,800 --> 00:27:58,511 Pois aquí vén o gracioso. 367 00:27:59,011 --> 00:28:01,097 Bob está casado cunha tal Judy. 368 00:28:02,098 --> 00:28:05,393 Seu pai era o Dr. James Strauss, un profesor de Química. 369 00:28:06,644 --> 00:28:08,980 Levouna polo mundo ata os 11 anos. 370 00:28:09,063 --> 00:28:13,067 Só ten dúas tachas no seu historial, por tenza ilícita de artillería. 371 00:28:14,026 --> 00:28:15,737 Gústalle rebentar cousas. 372 00:28:15,820 --> 00:28:19,240 Rastrexei os alias de Bob e está nun motel de Queens. 373 00:28:19,323 --> 00:28:22,493 Levan aí dende dez días antes do da vía Diamante. 374 00:28:23,494 --> 00:28:25,913 O normal é vender a mercancía e liscar. 375 00:28:26,539 --> 00:28:28,458 - Agás… - Se planean outra cousa. 376 00:28:30,293 --> 00:28:33,379 As testemuñas viron seis sospeitosos na vía Diamante. 377 00:28:33,880 --> 00:28:35,214 Estes han de ser tres. 378 00:28:35,298 --> 00:28:38,968 O da vía Diamante tivo que ser para financiar algo máis grande. 379 00:28:39,051 --> 00:28:42,930 Helman e Ted só buscan entregarlle un par deles ao tribunal. 380 00:28:43,014 --> 00:28:47,185 Se lles vou con isto, pecharán o caso e estarei no lado erróneo. 381 00:28:47,769 --> 00:28:49,604 E no correcto na túa profesión. 382 00:28:51,606 --> 00:28:54,484 Sempre falas das regras, do branco e o negro. 383 00:28:55,276 --> 00:28:56,110 Xa. 384 00:28:57,361 --> 00:28:59,071 As regras sonche importantes. 385 00:29:00,114 --> 00:29:03,242 De pequena, todo eran regras e non podía rompelas. 386 00:29:03,326 --> 00:29:05,453 Cando había comer, traballar, rezar. 387 00:29:05,536 --> 00:29:09,081 Sacaba boas notas, corría e casei con quen querían meus pais. 388 00:29:09,749 --> 00:29:13,836 Tiña unha vida impoluta e as miñas decisións… tamén o eran. 389 00:29:17,006 --> 00:29:18,549 Tras os atentados do 11S, 390 00:29:19,175 --> 00:29:23,513 quería demostrar que non era coma eles, entendes? 391 00:29:24,347 --> 00:29:25,681 Por iso entrei no FBI. 392 00:29:26,891 --> 00:29:29,268 Entón, botáronme unha ollada 393 00:29:29,936 --> 00:29:32,939 e mandáronme a atrapar radicais a tódalas mesquitas, 394 00:29:34,190 --> 00:29:35,107 ás tendas, 395 00:29:36,067 --> 00:29:36,901 ás casas. 396 00:29:41,197 --> 00:29:44,534 Pasei catro anos arruinando unha chea de vidas, 397 00:29:46,244 --> 00:29:49,205 desfacendo os meus semellantes, os da miña terra. 398 00:29:50,748 --> 00:29:56,295 Intentei aplacar ese sentimento e non puiden, por iso comecei coas drogas. 399 00:29:57,713 --> 00:29:59,966 Agora sigo as regras para non consumir 400 00:30:00,675 --> 00:30:02,385 e para poder ver o meu fillo. 401 00:30:03,511 --> 00:30:06,889 As regras son importantes se teñen un porqué, senón… 402 00:30:06,973 --> 00:30:12,228 ás veces cómpre retorcelas para evitar que creben as cousas que realmente importan. 403 00:30:18,276 --> 00:30:19,193 Aquí tes. 404 00:30:21,529 --> 00:30:24,657 NERVIOS CON DANOS GRAVES IMPROBABLE RECUPERAR A MOBILIDADE TOTAL 405 00:30:28,160 --> 00:30:30,413 Algúns naceron para que lles roubasen. 406 00:30:30,496 --> 00:30:33,291 - Nin me sinto mal, foi xenial. - Pobre tipo. 407 00:30:33,374 --> 00:30:34,208 Ola, ceo. 408 00:30:35,209 --> 00:30:37,670 Posme unha Pilsner, por favor? 409 00:30:37,753 --> 00:30:39,046 E teño outra cousa. 410 00:30:40,298 --> 00:30:43,301 - Uns xalapeños de balde coa app Yelp. - Mi madriña. 411 00:30:43,801 --> 00:30:44,760 Son da elite. 412 00:30:47,013 --> 00:30:48,723 Mira ti, uña e carne. 413 00:30:49,223 --> 00:30:52,351 Foi un día incrible, sacamos a camioneta a bo prezo. 414 00:30:52,852 --> 00:30:56,397 O tipo tiña unha granxa de polos e usábao para transportalos. 415 00:30:56,480 --> 00:30:59,692 Quería 20 000, mais coñezo estes tipos. Son brandiños. 416 00:30:59,775 --> 00:31:03,613 - Dixemos que estabamos casados. - O típico, non foi para tanto. 417 00:31:03,696 --> 00:31:04,989 Sería unha ganga. 418 00:31:05,072 --> 00:31:09,577 E escoita, vai Jude e di: "Oe, Charlie…" Usamos eses nomes, Charlie e Amanda… 419 00:31:09,660 --> 00:31:11,454 Nomes de cans, adorable. 420 00:31:11,537 --> 00:31:14,790 Pois vai e di: "Deixa cartos para a cirurxía de Indigo." 421 00:31:14,874 --> 00:31:17,418 Como se tivésemos unha nena, ou sería neno…? 422 00:31:17,501 --> 00:31:20,338 Bla, bla, bla. Bravo, carallo! 423 00:31:20,963 --> 00:31:23,549 Posme unha ronda de chopos para os noivos? 424 00:31:23,633 --> 00:31:24,675 Ceo, vámonos. 425 00:31:24,759 --> 00:31:27,511 Que hai da noite de vodas? Desvirgáchela? 426 00:31:29,639 --> 00:31:32,391 Que? Non, tío, non é iso. Só foi un… 427 00:31:32,475 --> 00:31:34,977 Sería mellor que a noite que fuches preso. 428 00:31:36,938 --> 00:31:38,356 Contoumo todo. 429 00:31:38,439 --> 00:31:39,273 Non, eu… 430 00:31:39,357 --> 00:31:41,525 Un foguetiño por pena e xa namoras. 431 00:31:41,609 --> 00:31:43,861 - Nunca dixen tal. - Xa choveu diso… 432 00:31:43,945 --> 00:31:46,030 Igual ca ti, poñéndote do seu lado. 433 00:31:46,113 --> 00:31:47,615 - Non lle fales… - Fódete! 434 00:31:47,698 --> 00:31:48,699 Bob, que carallo? 435 00:31:49,992 --> 00:31:51,702 Podes traernos algo de xeo? 436 00:31:52,203 --> 00:31:54,330 - Iso é! - Inténtao de novo! 437 00:31:54,413 --> 00:31:56,123 Agora si! 438 00:31:57,750 --> 00:31:59,418 Que tes? Que vas facer? 439 00:32:00,503 --> 00:32:01,337 Nada. 440 00:32:03,965 --> 00:32:04,924 Síntoo. 441 00:32:08,678 --> 00:32:10,680 Saltáronme os puntos, vaia leria. 442 00:32:13,933 --> 00:32:14,767 Stan! 443 00:32:17,645 --> 00:32:18,479 Stan! 444 00:32:19,981 --> 00:32:22,441 Stan, agarda. Síntoo. 445 00:32:23,317 --> 00:32:24,235 Non dixen tal. 446 00:32:26,404 --> 00:32:29,699 El… só di trapalladas para sacarte do rego. 447 00:32:30,574 --> 00:32:32,243 A noite que ingresaches, eu… 448 00:32:33,160 --> 00:32:35,997 - Sabes que non é certo… - Lida ti con esa merda. 449 00:32:36,706 --> 00:32:39,041 - Sei que é un mamón. - Non falo de Bob. 450 00:32:39,125 --> 00:32:41,752 Refírome ao te impulsa a querer estar con el. 451 00:32:45,548 --> 00:32:48,050 Nena, veña, volve aquí. 452 00:32:48,801 --> 00:32:49,802 Veña, escóitame. 453 00:32:50,386 --> 00:32:52,054 Oe, Judy! 454 00:32:52,888 --> 00:32:54,223 Que, queres pegarme? 455 00:32:54,306 --> 00:32:57,143 Faino e amósame que es un home feito e dereito! 456 00:32:57,226 --> 00:32:59,145 Escóitame, por favor. 457 00:32:59,729 --> 00:33:01,313 Mira. 458 00:33:02,273 --> 00:33:04,275 Quería darte isto 459 00:33:04,900 --> 00:33:07,194 doutra maneira, mais… 460 00:33:10,573 --> 00:33:11,574 É unha bolboreta. 461 00:33:13,367 --> 00:33:14,827 Xa o vexo. 462 00:33:20,916 --> 00:33:23,210 Que carallo te pasa? 463 00:33:37,099 --> 00:33:41,645 - De acordo. - Sen poder abrir caixas, para que sirvo? 464 00:33:42,229 --> 00:33:44,065 Talvez… Non, só tes a esquerda. 465 00:33:44,148 --> 00:33:47,068 - Non é a fin do mundo. - É o único que sei facer. 466 00:33:50,529 --> 00:33:51,697 Non… 467 00:34:12,760 --> 00:34:15,221 Este é Stan Loomis. 468 00:34:15,304 --> 00:34:20,851 Ten unha tenda de delicatessen legal, mais é un contrabandista con antecedentes. 469 00:34:20,935 --> 00:34:25,564 Pasou tres anos en prisión por drogas, mais dende entón portouse bastante ben. 470 00:34:25,648 --> 00:34:28,651 Podemos ollar no rexistro quen o visitou no cárcere. 471 00:34:28,734 --> 00:34:29,735 Boa idea. 472 00:34:31,278 --> 00:34:32,279 Vexamos. 473 00:34:33,781 --> 00:34:34,615 Súa nai, 474 00:34:35,199 --> 00:34:36,033 súa nai, 475 00:34:36,992 --> 00:34:37,827 súa nai 476 00:34:38,702 --> 00:34:40,871 e aquí está, Judy Strauss. 477 00:34:40,955 --> 00:34:41,789 Para, mira. 478 00:34:42,748 --> 00:34:43,624 Bob Goodwin. 479 00:34:43,707 --> 00:34:44,834 Só unha vez. 480 00:34:46,418 --> 00:34:47,962 Na prisión de Washington… 481 00:34:49,046 --> 00:34:52,091 - Cando dis que saíu Loomis? - Hai seis anos. 482 00:34:54,385 --> 00:34:57,346 Sabes quen estaba tamén daquela nese correccional? 483 00:34:58,013 --> 00:34:59,306 Quen é? 484 00:34:59,390 --> 00:35:02,434 Ray Vernon, cliente de Ava Mercer e… 485 00:35:05,354 --> 00:35:07,064 compañeiro de cela de Loomis. 486 00:35:09,525 --> 00:35:11,443 Equivoqueime con Mercer. 487 00:35:11,527 --> 00:35:12,570 Non está nisto? 488 00:35:12,653 --> 00:35:16,657 Abofé que si, mais non é a cabeza, senón unha peza da engrenaxe. 489 00:35:16,740 --> 00:35:18,117 Pero Ray Vernon finou. 490 00:35:18,909 --> 00:35:23,664 Sospeitábase que tiña un cómplice e as xoias do último roubo non apareceron. 491 00:35:23,747 --> 00:35:27,168 Talvez quen ía con el aínda manda no galiñeiro. 492 00:35:27,251 --> 00:35:28,961 Precisamos ter ollos dentro. 493 00:35:29,044 --> 00:35:31,672 Ben, digámosllo a Ted, teremos máis apoio. 494 00:35:31,755 --> 00:35:34,884 Non, temos que achar unha fenda na armadura de Mercer. 495 00:35:34,967 --> 00:35:36,510 Como sabemos que ten unha? 496 00:35:37,178 --> 00:35:38,429 Todos a temos. 497 00:35:43,309 --> 00:35:44,143 Ben. 498 00:35:44,977 --> 00:35:45,811 Eu… 499 00:35:47,813 --> 00:35:49,315 nunca che diría que non. 500 00:35:52,693 --> 00:35:53,611 Píllano, ou? 501 00:36:00,117 --> 00:36:02,286 Non é que non… 502 00:36:04,288 --> 00:36:06,290 queira, é que non… 503 00:36:08,709 --> 00:36:09,835 Non podemos facelo. 504 00:36:15,174 --> 00:36:16,717 Cómpre retorcer as regras. 505 00:36:29,188 --> 00:36:30,064 Ben. 506 00:36:32,942 --> 00:36:33,817 Volvamos… 507 00:36:36,320 --> 00:36:37,363 ao traballo. 508 00:36:41,867 --> 00:36:43,494 Conseguíchela? 509 00:36:46,956 --> 00:36:50,501 Boas novas, temos unha réplica das pechaduras da cámara. 510 00:36:50,584 --> 00:36:52,002 Contra, deixa que vexa. 511 00:36:52,086 --> 00:36:55,339 Malas novas, cómpre xiralas á vez. 512 00:36:59,134 --> 00:37:00,386 Podería cortalas. 513 00:37:00,469 --> 00:37:04,556 - Por oxicombustión ou plasma. - É alta en carbono, levaría horas. 514 00:37:05,599 --> 00:37:06,600 Déixovos con iso. 515 00:37:10,354 --> 00:37:11,605 Stan non ía convosco? 516 00:37:18,445 --> 00:37:19,280 Dime. 517 00:37:20,990 --> 00:37:21,949 Ben, vamos alá. 518 00:37:23,867 --> 00:37:26,453 Xurdiu unha cousa, habemos vernos. 519 00:37:28,038 --> 00:37:30,165 Á medianoite, non tardes. 520 00:37:31,208 --> 00:37:32,042 De acordo. 521 00:37:39,800 --> 00:37:42,428 - Ola. - Collín unha conversa coa parabólica. 522 00:37:42,511 --> 00:37:45,597 Mercer quedou esta noite cun contacto en Bushwick. 523 00:37:45,681 --> 00:37:46,640 Que fai aí? 524 00:37:46,724 --> 00:37:49,059 Só hai matadoiros e galerías de arte. 525 00:37:49,143 --> 00:37:53,355 Viría mercar polos e mosaicos, non che sei. Quedou á medianoite. 526 00:37:53,439 --> 00:37:56,317 Ben, vaiamos por algo de cear e faremos garda. 527 00:37:56,400 --> 00:37:59,236 Hei de ir ao Bronx por unha emerxencia de Ted. 528 00:37:59,320 --> 00:38:00,696 Isto é unha emerxencia. 529 00:38:00,779 --> 00:38:03,032 Xa, pero non llo podo dicir a Ted, ou? 530 00:38:04,116 --> 00:38:05,534 Oe, por min quedaría… 531 00:38:05,617 --> 00:38:08,871 - Ben, envíame a información. Irei soa. - Nazan, agarda. 532 00:38:10,456 --> 00:38:11,582 E se é unha trampa? 533 00:38:13,876 --> 00:38:15,961 Mágoa que non esteas para salvarme. 534 00:39:26,949 --> 00:39:29,118 - Ves algo que che guste? - Non. 535 00:40:33,432 --> 00:40:34,433 Sóltame, hostia! 536 00:40:34,975 --> 00:40:36,101 Oe, onde vas? 537 00:40:36,185 --> 00:40:37,686 Fóra do medio! 538 00:40:43,358 --> 00:40:44,193 Merda! 539 00:40:44,276 --> 00:40:45,986 Ava, alto! 540 00:40:46,069 --> 00:40:47,321 Dixen que alto! 541 00:40:47,404 --> 00:40:48,864 As mans onde poda velas! 542 00:40:55,412 --> 00:40:56,497 Soltádeme! 543 00:40:57,122 --> 00:40:58,332 Soltádeme! 544 00:40:58,874 --> 00:41:01,710 - Ten máis armas? - Son do FBI, puto parvo. 545 00:41:01,793 --> 00:41:03,003 Señora, estea queda. 546 00:41:03,545 --> 00:41:06,423 Oe, Travis. Que é isto? 547 00:41:09,051 --> 00:41:10,010 Queda arrestada. 548 00:41:10,511 --> 00:41:12,304 Non debiches provocar a besta. 549 00:41:12,387 --> 00:41:15,140 Non a provoquei, abatina. 550 00:41:15,641 --> 00:41:16,850 Estás segura diso? 551 00:41:17,434 --> 00:41:19,520 Non tardará en conectalo todo. 552 00:41:19,603 --> 00:41:20,437 Entón que? 553 00:41:20,938 --> 00:41:22,356 Queres pechar o negocio? 554 00:41:23,273 --> 00:41:25,275 Non, estamos demasiado preto. 555 00:41:25,817 --> 00:41:28,904 Seremos coidadosos e tomaremos precaucións. 556 00:41:28,987 --> 00:41:30,572 É o que estamos a facer. 557 00:41:35,160 --> 00:41:36,286 E cal é a solución? 558 00:41:40,916 --> 00:41:42,042 Son eu. 559 00:41:43,293 --> 00:41:44,127 Non. 560 00:41:44,670 --> 00:41:47,548 Escoita, se me abro agora, 561 00:41:47,631 --> 00:41:50,133 Abbasi non terá nada contra ti 562 00:41:51,176 --> 00:41:53,679 e poderás acabar o que comezaches. 563 00:42:00,060 --> 00:42:00,894 De acordo. 564 00:42:05,732 --> 00:42:07,067 Escoita, Gene, has de… 565 00:42:07,150 --> 00:42:08,527 Enténdoo, escóitame. 566 00:42:08,610 --> 00:42:11,738 Dille ao xuíz que isto pasa acotío no meu traballo. 567 00:42:11,822 --> 00:42:13,532 Eu… 568 00:42:13,615 --> 00:42:16,243 Non poden. Nin sequera me imputaron. 569 00:42:16,326 --> 00:42:18,787 Non poden quitarme a custodia. 570 00:42:19,746 --> 00:42:20,998 Estou calmada, estou… 571 00:42:21,915 --> 00:42:25,210 De acordo, mais chámame de volta, queres? 572 00:42:27,546 --> 00:42:28,714 Merda. 573 00:43:24,311 --> 00:43:25,145 Teté? 574 00:43:36,114 --> 00:43:37,240 Teresa? 575 00:44:12,484 --> 00:44:14,569 Quitáronme a custodia do meu fillo. 576 00:44:15,112 --> 00:44:16,071 Nunca a tiveras. 577 00:44:19,032 --> 00:44:20,992 - O poder tela. - Onde a levaches? 578 00:44:33,004 --> 00:44:37,426 Para saberes de burocracia, sorpréndeme que non conseguises a súa cidadanía. 579 00:44:38,802 --> 00:44:40,470 Chama pola súa coelliña. 580 00:44:41,888 --> 00:44:42,973 E iso de coelliña? 581 00:44:45,058 --> 00:44:47,269 Cando era unha cativa, 582 00:44:49,396 --> 00:44:52,357 era difícil de atrapar. 583 00:44:55,694 --> 00:44:56,737 É familia túa? 584 00:44:57,988 --> 00:44:59,239 Era a miña coidadora. 585 00:44:59,823 --> 00:45:03,201 Axudoume a fuxir e coidou de min. 586 00:45:04,619 --> 00:45:08,915 Pensa que unha muller da súa idade volve a un país que non viu en 40 anos. 587 00:45:09,416 --> 00:45:11,877 Soa, sen familia. 588 00:45:13,628 --> 00:45:15,297 Ao menos o Goberno é mellor. 589 00:45:16,798 --> 00:45:18,759 Cres que hai algún bo? 590 00:45:19,968 --> 00:45:21,219 Algúns o intentan. 591 00:45:21,303 --> 00:45:22,137 Cales? 592 00:45:23,180 --> 00:45:26,016 O de España, no que Franco matou os meus curmáns? 593 00:45:27,809 --> 00:45:32,105 O de Arxentina, no que Videla fixo desaparecer os meus pais? 594 00:45:34,065 --> 00:45:35,484 Ou o dos Estados Unidos, 595 00:45:36,109 --> 00:45:40,030 no que os policías secuestran anciás para conseguir o que queren? 596 00:45:40,113 --> 00:45:44,367 Eu non secuestrei a ninguén, foron os de Inmigración facendo o que deben. 597 00:45:46,536 --> 00:45:47,370 Vas con esas? 598 00:45:48,789 --> 00:45:51,750 - Durmo pola noite. - E como lle vai á túa familia? 599 00:45:51,833 --> 00:45:53,376 Mellor que a Teresa. 600 00:45:59,174 --> 00:46:01,092 Teño amigos en Inmigración 601 00:46:01,176 --> 00:46:02,886 e débenme uns favores. 602 00:46:04,095 --> 00:46:06,598 Teresa ten a vista da deportación o martes. 603 00:46:06,681 --> 00:46:09,684 Pode que xa saquen do país nun voo a semana que vén, 604 00:46:10,936 --> 00:46:12,437 agás se fago esa chamada. 605 00:46:15,524 --> 00:46:16,691 Que queres? 606 00:46:17,734 --> 00:46:18,902 Quero que cantes. 607 00:46:20,403 --> 00:46:21,404 Non che sei nada. 608 00:46:21,488 --> 00:46:22,614 Deixa que o dubide. 609 00:46:23,198 --> 00:46:25,909 Aínda que fose así, poderías servirme de toupa. 610 00:46:26,493 --> 00:46:30,789 Os miles de dólares en diamantes non eran o obxectivo final da túa banda. 611 00:46:30,872 --> 00:46:32,999 Banda? 612 00:46:33,083 --> 00:46:33,959 De que falas? 613 00:46:34,042 --> 00:46:37,379 Bob Goodwin, Stan Loomis, Judy Strauss. 614 00:46:37,462 --> 00:46:39,214 Fixo que fago cantar a algún 615 00:46:39,297 --> 00:46:40,799 e te deixa co cu ao aire. 616 00:46:42,008 --> 00:46:43,260 Entón, Teresa… 617 00:46:50,141 --> 00:46:52,143 Saben que me estou baixo a lupa. 618 00:46:53,979 --> 00:46:56,022 Estou fóra. Teño a porta pechada. 619 00:46:56,523 --> 00:46:59,442 Sabemos dabondo que podes conseguir volver entrar. 620 00:47:04,364 --> 00:47:06,116 E amósame como vivir. 621 00:47:07,742 --> 00:47:10,203 Ben, moitas grazas a todos. 622 00:47:10,287 --> 00:47:13,456 Quero que saibades o afoutos que fostes hoxe. 623 00:47:31,057 --> 00:47:31,892 Ola. 624 00:47:33,351 --> 00:47:34,978 Que foi? Bulín o máximo. 625 00:48:45,423 --> 00:48:46,633 Quero volver entrar. 626 00:50:37,452 --> 00:50:42,457 Subtítulos: Bruno Martínez Pita