1 00:00:16,893 --> 00:00:20,730 ENTRANDO NO EPISODIO AZUL: CINCO DÍAS ANTES DO ATRACO 2 00:00:27,070 --> 00:00:28,821 Enfrontámonos a el, 3 00:00:28,905 --> 00:00:30,114 Roger Salas. 4 00:00:30,198 --> 00:00:34,285 Preside SLS, a maior empresa de seguridade financeira da costa leste. 5 00:00:35,536 --> 00:00:37,246 Cre que é intocable, 6 00:00:38,247 --> 00:00:39,499 mais está equivocado. 7 00:00:40,416 --> 00:00:43,503 A súa familia pensa que tivo unha boa vida, impoluta, 8 00:00:44,170 --> 00:00:45,546 mais está equivocada. 9 00:00:45,630 --> 00:00:48,382 O mundo pensa que é un titán na industria, 10 00:00:48,466 --> 00:00:50,259 un virtuoso, 11 00:00:50,343 --> 00:00:53,721 mais non ten nin idea de quen é en realidade. 12 00:00:54,347 --> 00:00:56,808 Precísanse sete traballos para derrotalo. 13 00:00:57,391 --> 00:01:02,146 Sete traballos son os que nos separan do que sempre ambicionamos. 14 00:01:02,230 --> 00:01:03,481 Se enfiamos a agulla, 15 00:01:04,649 --> 00:01:07,026 seremos reis e raíñas. 16 00:01:07,610 --> 00:01:11,447 Primeiro traballo, o 505 de Wall Street. 17 00:01:12,031 --> 00:01:16,828 SLS incorpora nos seus vehículos blindados transmisores de radio con codificación. 18 00:01:17,453 --> 00:01:23,000 Son a única forma de entrar na baía de carga e podemos clonalos estando preto. 19 00:01:24,252 --> 00:01:26,963 Se non obtemos o código antes de que entren… 20 00:01:30,800 --> 00:01:33,636 adeus ao segundo traballo. 21 00:01:49,569 --> 00:01:51,571 TRANSFERENCIA DE DATOS COBERTURA 22 00:01:54,699 --> 00:01:56,033 Se alguén nos ficha… 23 00:01:59,745 --> 00:02:01,539 pum, acabouse o que se daba. 24 00:02:01,622 --> 00:02:02,874 Circule. 25 00:02:02,957 --> 00:02:05,501 Roger gañará e nós perderemos. 26 00:02:08,713 --> 00:02:09,922 Apártese, veña. 27 00:02:10,006 --> 00:02:11,465 TRANSFERENCIA DE DATOS COBERTURA 28 00:02:13,968 --> 00:02:17,555 Segundo traballo, entrar en SLS. 29 00:02:21,851 --> 00:02:24,770 Hai unhas portas custodiadas por gardas armados 30 00:02:25,479 --> 00:02:28,232 e dous ascensores con acceso restrinxido. 31 00:02:28,900 --> 00:02:30,401 Un para obxectos de valor 32 00:02:31,736 --> 00:02:33,863 e outro para clientes. 33 00:02:35,865 --> 00:02:41,162 Todo está videovixiado e grávase e súbese as 24 horas do día. 34 00:02:41,871 --> 00:02:46,667 Terceiro traballo, dous gardas armados con adestramento militar no vestíbulo. 35 00:02:48,002 --> 00:02:52,173 Benvidos a SLS. Xa coñecen a Hannah Kim, que leva a seguridade dixital. 36 00:02:52,256 --> 00:02:54,133 Perdoa, Bob, distráiote? 37 00:02:57,386 --> 00:02:58,930 Os Chiefs gañan de seis. 38 00:02:59,013 --> 00:03:01,474 Vaites, os Chiefs gañan de seis? 39 00:03:02,683 --> 00:03:03,684 Abofé. 40 00:03:08,272 --> 00:03:11,275 Ben, xente. Aquí se complica a cousa. 41 00:03:11,359 --> 00:03:13,527 Vaites, aquí se nos complica. 42 00:03:17,490 --> 00:03:20,034 Aquí temos a entrada da cámara acoirazada. 43 00:03:25,122 --> 00:03:28,918 Cuarto traballo, a porta da entrada. A tarxeta que temos bastará. 44 00:03:29,001 --> 00:03:31,379 Unha vez aberta, virá o quinto traballo. 45 00:03:32,296 --> 00:03:34,423 Teremos o equipamento. 46 00:03:34,507 --> 00:03:36,842 Haberemos de ser silenciosos. 47 00:03:36,926 --> 00:03:40,221 O maior problema de todos será que, ao abrirse a porta, 48 00:03:40,304 --> 00:03:45,393 se activará unha unidade biométrica multimatriz de recoñecemento da marcha. 49 00:03:45,476 --> 00:03:49,480 - Que significa iso para os non friquis? - Que recoñece como camiñas. 50 00:03:49,563 --> 00:03:52,733 Se entra quen non debe, as cámaras o detectarán. 51 00:03:52,817 --> 00:03:57,697 - E non podemos cegalas ou fumealas? - Son de movemento e infravermellas. 52 00:03:57,780 --> 00:04:01,575 Daquela temos que ser invisibles e, se non podemos… 53 00:04:01,659 --> 00:04:07,123 - Pecharán as reixas, entrarán os gardas… - E acabouse, mais o que me preocupa é a… 54 00:04:07,206 --> 00:04:11,585 A entrada é o quinto traballo. Logo vén o sexto. 55 00:04:13,004 --> 00:04:16,841 Abrir a porta da cámara e apagar os sensores de temperatura. 56 00:04:16,924 --> 00:04:19,885 Roger usa seguridade tripla: algo que o identifica… 57 00:04:22,471 --> 00:04:23,389 Adiante, Roger. 58 00:04:23,472 --> 00:04:25,057 …algo que ten 59 00:04:26,434 --> 00:04:28,686 e algo que sabe. 60 00:04:29,270 --> 00:04:32,815 O código apaga os monitores de temperatura. 61 00:04:34,734 --> 00:04:36,110 Daquela como o obtemos? 62 00:04:41,073 --> 00:04:41,907 Non podemos. 63 00:04:42,825 --> 00:04:45,036 Só o sabe Roger e múdao tódolos días. 64 00:04:45,911 --> 00:04:49,623 Cando entremos, a temperatura comezará a subir 65 00:04:49,707 --> 00:04:52,501 e, se acada 73 graos Fahrenheit… 66 00:04:52,585 --> 00:04:53,669 - K.O. - Diabólico. 67 00:04:53,753 --> 00:04:55,004 Prisión de por vida. 68 00:04:55,087 --> 00:04:57,757 Exacto, podemos esquivar todo agás isto. 69 00:04:57,840 --> 00:05:00,843 A non ser que deixases unha porta traseira. 70 00:05:02,762 --> 00:05:05,056 Dixécheslles que deixaches unha? 71 00:05:07,600 --> 00:05:08,642 Deixeina. 72 00:05:10,644 --> 00:05:13,773 Un parche que desactivará os sensores de temperatura. 73 00:05:14,398 --> 00:05:17,276 Sen el, seríanos imposible entrar. 74 00:05:25,076 --> 00:05:29,330 Esta é a cámara acoirazada máis segura 75 00:05:30,081 --> 00:05:33,918 da costa leste dos Estados Unidos. 76 00:05:35,878 --> 00:05:37,088 Se cadra do mundo. 77 00:05:37,922 --> 00:05:40,007 A miña caixa de seguridade está aí. 78 00:05:42,676 --> 00:05:44,762 Non confiaría en tela noutro sitio. 79 00:05:57,525 --> 00:06:02,530 De agora en adiante, os seus bens estarán 100 % seguros. 80 00:06:02,613 --> 00:06:08,828 Ninguén nin nada pode entrar nesta cámara acoirazada, agás se eu quero. 81 00:06:17,753 --> 00:06:20,089 E, por último, o sétimo traballo. 82 00:06:21,132 --> 00:06:24,718 Abriremos as caixas fortes, extraeremos os bonos, 83 00:06:25,469 --> 00:06:27,888 e subirémolos ata a camioneta. 84 00:06:27,972 --> 00:06:29,849 Todo nunha hora escasa. 85 00:06:30,891 --> 00:06:32,226 E ninguén se decatará. 86 00:06:36,897 --> 00:06:38,816 Practicamente róubase soa. 87 00:06:41,318 --> 00:06:43,028 Podes devolverme o móbil? 88 00:06:48,242 --> 00:06:49,493 Hostia, perderon. 89 00:07:08,095 --> 00:07:10,181 Suzanne e Woo chegan mañá á cidade. 90 00:07:10,264 --> 00:07:13,184 Teño un cóctel na casa do concello, deberían vir. 91 00:07:13,267 --> 00:07:14,727 Ollarei a miña axenda. 92 00:07:22,485 --> 00:07:23,402 Conseguímolo. 93 00:07:23,486 --> 00:07:24,445 Conseguino. 94 00:07:25,863 --> 00:07:29,492 Ía esquivando coches e saltando os beirados, ao GTA. 95 00:07:29,575 --> 00:07:32,995 Entón achegouse un tipo armado ata os dentes. Ía matarme e… 96 00:07:34,788 --> 00:07:35,623 Ben. 97 00:07:40,461 --> 00:07:42,505 Queres ir traballar na camioneta? 98 00:07:43,547 --> 00:07:46,050 Claro, boa idea. 99 00:07:51,972 --> 00:07:54,058 Só buscaba unha palmadiña no lombo. 100 00:07:54,141 --> 00:07:57,144 Xa haberá tempo de palmadiñas cando rematemos. 101 00:07:58,062 --> 00:08:01,649 FORBES OS GARDIÁNS DE WALL STREET 102 00:08:15,663 --> 00:08:18,541 PARABÉNS POR ATRAPARES O PEIXE GORDO. 103 00:08:18,624 --> 00:08:21,669 QUEN É? 104 00:08:35,766 --> 00:08:37,101 De acordo, ben. 105 00:08:38,143 --> 00:08:40,771 RJ, amorea isto para que quede recto. 106 00:08:40,854 --> 00:08:42,481 Ha de medir máis dun metro. 107 00:08:42,565 --> 00:08:44,692 - Caerá e esmagarache os pés. - Ben. 108 00:08:44,775 --> 00:08:46,360 E se os levamos a peso? 109 00:08:47,069 --> 00:08:48,779 Cada bono vale 100 000, ben? 110 00:08:48,862 --> 00:08:51,115 Por tanto, hai 70 000 follas de papel. 111 00:08:51,198 --> 00:08:56,787 Poñamos que cada unha pesa cinco gramos. Iso son 350 000 gramos, ou 350 quilos. 112 00:08:56,870 --> 00:08:59,832 E se temos en conta as caixas, son case 450 quilos. 113 00:08:59,915 --> 00:09:03,502 Non atendín nadiña, do atractiva que estás cando calculas. 114 00:09:03,586 --> 00:09:05,254 Ai, si? Só cando calculo? 115 00:09:05,337 --> 00:09:07,464 - Sexa o que fagas. - E hai máis. 116 00:09:07,548 --> 00:09:10,593 - Máis cálculos? - De que tipo os queres? 117 00:09:10,676 --> 00:09:14,054 É bonito ver unha parella mostrar afecto tras tantos anos. 118 00:09:14,138 --> 00:09:20,019 Meus pais nin se tocaban, mais dubido que me cambiase a percepción. Difícil sabelo… 119 00:09:20,102 --> 00:09:21,228 Ha calar o melenas? 120 00:09:21,312 --> 00:09:23,147 - Déixao en paz. - Que o deixe? 121 00:09:23,230 --> 00:09:26,150 Dirás iso cando nos pillen polos seus chíos? 122 00:09:26,233 --> 00:09:27,484 Eh, periquiño? 123 00:09:29,486 --> 00:09:30,779 Mais teño dúas mans. 124 00:09:31,780 --> 00:09:33,490 Ah, tes dúas mans? 125 00:09:33,574 --> 00:09:35,117 Tes dúas putas mans? 126 00:09:35,200 --> 00:09:37,953 - Mais es un torpe cos pés. - Oe! 127 00:09:38,037 --> 00:09:39,371 Que pasa aquí? 128 00:09:39,455 --> 00:09:42,791 Síntoo, señor Jenkins, non xogaremos máis no patio! 129 00:09:42,875 --> 00:09:45,919 Todo ben, Leo. Teño todo baixo control, descoida. 130 00:09:46,003 --> 00:09:50,049 Rapaces, portádevos ben. Logo volvo. 131 00:09:52,051 --> 00:09:53,677 Xa, enténdoo, 132 00:09:54,386 --> 00:09:57,264 mais non podo darche información que non teño. 133 00:09:57,348 --> 00:10:00,184 Non hai nada do que informar, de acordo? Falamos. 134 00:10:00,851 --> 00:10:02,603 Vas á casa de Roger? 135 00:10:02,686 --> 00:10:05,648 Hei pinchar as cámaras e instalar o escáner facial. 136 00:10:06,482 --> 00:10:10,778 Se cadra deberías mandar a Judy e quedar aquí. 137 00:10:11,654 --> 00:10:14,239 Non, isto non llo podo confiar a ninguén. 138 00:10:19,495 --> 00:10:20,704 Isto xa é persoal. 139 00:10:21,789 --> 00:10:23,248 Cando non o foi? 140 00:10:40,766 --> 00:10:43,686 Agora son o teu puto problema. Abellas do carallo. 141 00:10:47,523 --> 00:10:49,650 ABELLARIZA NAJIMY 142 00:10:49,733 --> 00:10:52,695 A abella raíña é a femia líder da colonia. 143 00:10:53,487 --> 00:10:56,198 Comunícase coas súas directivas por feromonas 144 00:10:56,281 --> 00:10:59,118 e, onde vai ela, séguena o resto de abellas. 145 00:10:59,785 --> 00:11:02,037 As abellas obreiras son todas femias… 146 00:11:02,121 --> 00:11:02,955 Manda carallo. 147 00:11:03,956 --> 00:11:07,167 Non sei por que pido lingua, sempre a cagan. 148 00:11:13,132 --> 00:11:17,678 Quizais debería ir armado para o atraco, coma vós. 149 00:11:17,761 --> 00:11:18,595 Ti… 150 00:11:20,222 --> 00:11:23,559 Non precisas unha arma para isto, ceo. 151 00:11:24,435 --> 00:11:28,814 Xa, tedes razón, pero e se a cousa se complica? 152 00:11:28,897 --> 00:11:31,984 Que tipo de complicación vas ter no teu? 153 00:11:32,067 --> 00:11:37,072 Non sei, se vén un garda e solta: "Oe, que estás a facer?" 154 00:11:37,156 --> 00:11:38,657 Por que é británico? 155 00:11:38,741 --> 00:11:40,951 Non sei, podería ser de calquera… 156 00:11:41,034 --> 00:11:45,205 Ti has levarnos, cargar a camioneta e traernos. Esquece as armas. 157 00:11:45,289 --> 00:11:49,585 Ben, deixamos o das armas pendente e xa o volveremos discutir. 158 00:12:08,604 --> 00:12:09,772 Coñeces esta xente? 159 00:12:10,939 --> 00:12:12,191 Pronto a coñeceremos. 160 00:12:12,983 --> 00:12:15,486 Agardo axudar a causar unha boa impresión. 161 00:12:15,986 --> 00:12:18,572 Non podería ser mala nin aínda que quixeses. 162 00:13:14,336 --> 00:13:20,175 O meu final feliz, se o conseguimos, será mercar un viñedo en Portugal. 163 00:13:22,219 --> 00:13:23,554 Cultivarei uva. 164 00:13:24,680 --> 00:13:28,058 Venderei parte do viño a un restaurante e beberei o resto. 165 00:13:33,689 --> 00:13:35,023 Eu e alguén especial. 166 00:13:35,107 --> 00:13:36,567 Túa nai, daquela. 167 00:13:37,317 --> 00:13:39,027 Polo menos soño, paspán. 168 00:13:41,280 --> 00:13:43,490 Descoida, este paspán tamén soña. 169 00:13:43,574 --> 00:13:45,409 Mudareime ás Bahamas. 170 00:13:45,909 --> 00:13:49,121 Ás súas praias rosas, longas como acada a vista. 171 00:13:49,204 --> 00:13:54,918 Se o conseguimos, eu boteille o ollo a unha Ludwig 1965 de Butch Vig orixinal. 172 00:13:59,298 --> 00:14:02,426 - É unha batería. - Poderías mercar un millón delas. 173 00:14:02,509 --> 00:14:03,677 Mercareiche dez. 174 00:14:03,760 --> 00:14:06,722 Mais Butch tocaba esta cando estaba en Garbage. 175 00:14:07,389 --> 00:14:11,810 Está no museo histórico de Wisconsin, pero xa sabes que os cartos mandan. 176 00:14:11,894 --> 00:14:13,270 Imbécil. 177 00:14:14,980 --> 00:14:16,982 Pode soñar canto queira, sabes? 178 00:14:17,566 --> 00:14:19,026 E ti que farás, Judy? 179 00:14:21,153 --> 00:14:25,657 Hai unha pequena vila nunha montaña en México, 180 00:14:26,241 --> 00:14:27,075 Angangueo. 181 00:14:28,535 --> 00:14:30,954 Meu pai levoume alí cando era cativa. 182 00:14:31,038 --> 00:14:35,292 É onde van as bolboretas monarca no inverno. 183 00:14:35,375 --> 00:14:36,251 Elas… 184 00:14:37,836 --> 00:14:40,923 viaxan durante todo o ano, miles de quilómetros. 185 00:14:41,006 --> 00:14:44,217 Mais só viven tres semanas, dabondo para poñer un ovo. 186 00:14:44,301 --> 00:14:48,931 As últimas chegan a Angangueo 187 00:14:49,556 --> 00:14:52,434 e viven uns oito ou nove meses. 188 00:14:52,517 --> 00:14:56,980 Saben que son as últimas da estirpe e… 189 00:14:58,398 --> 00:15:00,901 han de levar o facho o máis lonxe posible. 190 00:15:05,197 --> 00:15:08,742 Así que alí é onde irei. 191 00:15:11,036 --> 00:15:11,912 Que fermoso. 192 00:15:15,415 --> 00:15:18,877 Semella que estarás tombado nesas areas rosas ti só, Bob. 193 00:15:24,633 --> 00:15:26,385 Tes algo que dicir, mamón? 194 00:15:27,844 --> 00:15:29,137 Se tes algo, sóltao! 195 00:15:29,221 --> 00:15:30,555 Borracho do carallo. 196 00:15:30,639 --> 00:15:33,642 Cavareiche unha tomba, puto maricas. Solta, hostia! 197 00:15:35,143 --> 00:15:37,270 - Que carallo? - Non, Judy. Veña, eu… 198 00:15:41,191 --> 00:15:42,025 Oe. 199 00:15:42,109 --> 00:15:44,569 Sempre o mesmo con este tío, diola. 200 00:15:44,653 --> 00:15:46,822 - Xa sei, acouga. - Sempre o mesmo. 201 00:15:46,905 --> 00:15:48,657 - El non importa. - Inténtoo. 202 00:15:48,740 --> 00:15:50,575 Oe, respira. 203 00:15:50,659 --> 00:15:52,077 - Eu inténtoo. - Eu… 204 00:15:52,619 --> 00:15:53,912 - Perdoa. - …quérote. 205 00:15:53,996 --> 00:15:56,123 - Quérote. - Síntoo, xa o sabes. 206 00:15:57,124 --> 00:15:57,958 Perdoa. 207 00:15:58,750 --> 00:16:00,168 Non me asustes así. 208 00:16:00,711 --> 00:16:02,921 Non me gusta cando me asustas así. 209 00:16:06,049 --> 00:16:08,051 Escóitame. 210 00:16:08,135 --> 00:16:10,137 Cando consigamos eses bonos… 211 00:16:11,722 --> 00:16:12,973 quedaremos con todos. 212 00:16:14,182 --> 00:16:16,018 - De acordo? - Ben. 213 00:16:16,101 --> 00:16:17,561 Mudarémonos xuntos. 214 00:16:19,104 --> 00:16:21,106 Sós ti mais eu, nena, eh? 215 00:16:22,524 --> 00:16:23,442 Sós ti mais eu. 216 00:16:23,942 --> 00:16:25,861 - Abofé que si. - Para sempre. 217 00:16:26,903 --> 00:16:29,906 Claro, quérote. 218 00:16:29,990 --> 00:16:31,033 Quérote. 219 00:16:34,411 --> 00:16:35,537 Ó, si. 220 00:16:53,096 --> 00:16:55,432 Semella un pouco perigoso. 221 00:16:55,515 --> 00:16:58,685 Non, é incriblemente sinxelo e xa está preparado. 222 00:16:58,769 --> 00:17:00,937 O risco para vostede será moi baixo. 223 00:17:03,565 --> 00:17:07,110 - Alégrame que puidese vir. - Claro. Miña esposa, Sakura. 224 00:17:07,194 --> 00:17:10,322 Comentáballe dos nosos plans de protección de activos. 225 00:17:10,822 --> 00:17:13,533 E eu que pensaba que sería unha noite de relax. 226 00:17:15,535 --> 00:17:17,454 - Acompáñame? - Por suposto. 227 00:17:44,064 --> 00:17:46,608 SÓ UNHA PINGA! 228 00:19:09,608 --> 00:19:12,485 Vaites, vostedes os tres no mesmo lugar. 229 00:19:16,364 --> 00:19:18,283 Daquela, aproveitando que están… 230 00:19:19,826 --> 00:19:22,329 quería comentarlles que estou valorando 231 00:19:22,412 --> 00:19:25,749 - expandirnos a Europa. - Queremos que coloque os bonos. 232 00:19:27,709 --> 00:19:33,340 - Acabo de colocalos na cámara. - Quere dicir que queremos que nos axude 233 00:19:33,423 --> 00:19:36,593 a trocalos por outro tipo de activos. 234 00:19:37,177 --> 00:19:39,137 Exacto, máis legais. 235 00:19:40,180 --> 00:19:43,391 A súa orixe é problemática. 236 00:19:44,517 --> 00:19:47,687 Apreciaríamos moito a súa discreción e rapidez. 237 00:19:50,357 --> 00:19:53,151 Non estou preparado para ese tipo de cousas. 238 00:19:53,902 --> 00:19:58,573 Desafortunadamente, neste momento hai moitos focos postos en nós. 239 00:19:58,657 --> 00:20:02,953 O Goberno olla con lupa cada transacción que facemos. 240 00:20:03,578 --> 00:20:05,372 Mais alguén coma vostede… 241 00:20:05,455 --> 00:20:10,710 Respectado, con conexións e a tiro de pedra… non si? 242 00:20:13,004 --> 00:20:17,342 Mais non podo facer desaparecer 7000 millóns de dólares da noite á mañá. 243 00:20:17,425 --> 00:20:23,598 Seguro que vostedes… entenden o difícil que é 244 00:20:24,766 --> 00:20:28,144 colocar esa contía sen disparar as alarmas. 245 00:20:30,605 --> 00:20:32,232 Vostede é enxeñoso. 246 00:20:34,609 --> 00:20:39,239 Confiamos en que atopará a maneira de axudarnos. 247 00:21:23,491 --> 00:21:25,493 NÚMERO DESCOÑECIDO 248 00:21:37,756 --> 00:21:39,674 - Quen é? - Mire o correo. 249 00:21:44,929 --> 00:21:46,181 XESTIÓN 250 00:21:49,559 --> 00:21:50,435 Que quere? 251 00:21:50,518 --> 00:21:53,646 Quero que saiba que nada do que ten está seguro. 252 00:21:53,730 --> 00:21:57,275 A súa familia, a súa identidade nin a súa prezada cámara. 253 00:21:58,401 --> 00:21:59,778 Estarei en contacto. 254 00:22:06,159 --> 00:22:09,996 Analizade tódolos sistemas. De SLS e de todo o 505 de Wall Street. 255 00:22:10,080 --> 00:22:12,082 Podes rastrexar un correo cifrado? 256 00:22:12,165 --> 00:22:14,417 Depende do número de proxis. Todo ben? 257 00:22:14,501 --> 00:22:16,586 Só protexo os activos dos clientes. 258 00:22:16,669 --> 00:22:20,507 - Vale máis ter contentos os Trixemelgos. - Semellaban agradables. 259 00:22:21,007 --> 00:22:23,760 Son da xente coa que, se non estás a boas, 260 00:22:23,843 --> 00:22:28,181 vas pola rúa, alguén te roza e aos tres pasos caes morto dun infarto. 261 00:22:28,264 --> 00:22:29,891 - Mantén a distancia. - Ben. 262 00:22:29,974 --> 00:22:31,643 Fai o varrido de seguridade. 263 00:22:32,644 --> 00:22:34,771 Liz. 264 00:22:35,397 --> 00:22:36,231 Liz. 265 00:22:36,731 --> 00:22:37,565 Ola. 266 00:22:39,442 --> 00:22:43,279 - Non me pases chamadas. - De parte da dirección, danllas a todos. 267 00:22:45,740 --> 00:22:47,409 Querida irmá, baila comigo. 268 00:22:52,539 --> 00:22:55,458 Vou cara a enriba e máis alá. 269 00:22:55,542 --> 00:22:58,002 Teño o meu recuncho, os papeis amoreados 270 00:22:58,086 --> 00:23:03,133 e cando vou aos almacéns da zona alta, collo máis caixas e póñoas na morea, vés? 271 00:23:03,216 --> 00:23:05,260 Velaquí unha abelliña ocupadiña. 272 00:23:05,343 --> 00:23:07,679 Traga horas para cebar a conta, ou? 273 00:23:08,179 --> 00:23:10,056 Aínda se me suicidará a Fitbit. 274 00:23:10,765 --> 00:23:12,559 Mentres o fagas ben… 275 00:23:13,518 --> 00:23:15,645 Temes que túa irmá te deixe tirada? 276 00:23:15,728 --> 00:23:18,940 Temo que a miña irmá pequena esqueza por que está aquí. 277 00:23:19,023 --> 00:23:20,817 - Deixa, ou! - Quérote. 278 00:23:22,152 --> 00:23:25,613 Vés? Só me quedan 137 despachos. 279 00:23:25,697 --> 00:23:27,407 Vémonos na casa. 280 00:23:28,116 --> 00:23:29,200 Ben. 281 00:23:48,178 --> 00:23:52,307 Señor Salas, Graham Davies pola liña principal. 282 00:23:53,266 --> 00:23:54,392 Di que é urxente. 283 00:23:55,351 --> 00:23:56,227 Pásamo. 284 00:24:01,733 --> 00:24:02,567 Quen é? 285 00:24:03,067 --> 00:24:04,736 4,3 millóns. 286 00:24:06,070 --> 00:24:09,240 Que? Non, toleou. Non podo… 287 00:24:09,324 --> 00:24:12,702 Cría que non ía doer, non coñece a dor de verdade. 288 00:24:13,244 --> 00:24:15,246 Ten un número de conta no correo. 289 00:24:15,330 --> 00:24:16,164 Escoite. 290 00:24:17,707 --> 00:24:18,833 Ten tres días. 291 00:24:19,834 --> 00:24:20,668 Ola? 292 00:24:26,716 --> 00:24:27,592 Si? 293 00:24:29,052 --> 00:24:29,886 Ola. 294 00:24:31,554 --> 00:24:33,223 Creo que achei algo. 295 00:24:33,306 --> 00:24:34,933 Estaba analizando o sistema 296 00:24:35,016 --> 00:24:39,354 e semella que, se se accede seguindo unha orde específica, 297 00:24:39,437 --> 00:24:42,565 os sensores de temperatura da cámara poden fallar. 298 00:24:43,983 --> 00:24:46,611 É coma unha porta traseira. 299 00:24:48,947 --> 00:24:53,076 - Dis que alguén a puxo a propósito? - Seméllame máis un fallo técnico. 300 00:24:54,536 --> 00:24:55,578 Seméllache? 301 00:24:55,662 --> 00:24:58,164 Entón que é, un erro ou unha maldita porta? 302 00:24:59,624 --> 00:25:04,128 Este sistema instalouse hai sete anos, cando construímos a cámara acoirazada. 303 00:25:04,963 --> 00:25:09,551 A non ser que crea que alguén botou a perder todo este tempo, 304 00:25:09,634 --> 00:25:13,137 agardando anos a sacar a relucir unha elaborada trampa, 305 00:25:14,556 --> 00:25:16,766 tan só é un microprograma defectuoso. 306 00:25:22,313 --> 00:25:24,274 - Arranxádeo. - Agora mesmo. 307 00:25:24,357 --> 00:25:25,191 Por certo. 308 00:25:26,401 --> 00:25:28,486 Podo pedirlle cita para o oculista? 309 00:25:29,362 --> 00:25:30,196 Claro. 310 00:25:31,281 --> 00:25:34,659 Teño un número de conta, rastrexaremos ese cabrón. 311 00:25:35,159 --> 00:25:36,369 Pedireillo a Hannah. 312 00:25:36,452 --> 00:25:37,620 Non. 313 00:25:38,329 --> 00:25:39,706 Non quero ninguén máis. 314 00:25:40,790 --> 00:25:41,958 Este tipo… 315 00:25:43,167 --> 00:25:44,252 sabe quen son. 316 00:25:44,335 --> 00:25:45,837 Todo o mundo sabe quen é. 317 00:25:45,920 --> 00:25:46,754 Non. 318 00:25:50,091 --> 00:25:51,134 Sabe quen son. 319 00:25:53,094 --> 00:25:54,512 Conségueme o seu nome. 320 00:26:00,602 --> 00:26:02,729 Manteña os ollos abertos, por favor. 321 00:26:10,612 --> 00:26:11,654 E o doutor Lowe? 322 00:26:13,573 --> 00:26:15,533 O doutor Lowe tivo unha urxencia, 323 00:26:16,117 --> 00:26:18,620 creo que na volta no golf, en Forest Park. 324 00:26:19,370 --> 00:26:20,496 Maldito afortunado. 325 00:26:25,877 --> 00:26:26,961 Mire á fronte. 326 00:26:32,425 --> 00:26:33,259 Ben. 327 00:26:36,471 --> 00:26:37,472 Acenda as luces. 328 00:26:42,185 --> 00:26:43,019 Ben. 329 00:26:44,187 --> 00:26:47,774 Semella unha simple infección por unha bacteria. 330 00:26:48,941 --> 00:26:51,194 Dúas pingas por ollo, cada dúas horas. 331 00:26:51,944 --> 00:26:54,447 Atoparase mellor pola mañá. Senón, chámeme. 332 00:26:55,365 --> 00:26:56,199 Grazas. 333 00:27:02,664 --> 00:27:04,123 A porta traseira pechou. 334 00:27:05,792 --> 00:27:06,876 Que dis? 335 00:27:06,959 --> 00:27:11,923 Estaba comprobando unhas cousas na oficina e o desvío desapareceu. 336 00:27:12,006 --> 00:27:16,594 Non pode ser. Planteino hai anos e pagueille máis de 50 000 ao fabricante. 337 00:27:16,678 --> 00:27:18,680 Non sei que dicirche. 338 00:27:20,556 --> 00:27:21,641 Esfumouse. 339 00:27:28,690 --> 00:27:30,942 Atoparíaa Salas e pechouna. 340 00:27:32,694 --> 00:27:35,279 Se cadra algo o asustou. 341 00:27:35,988 --> 00:27:36,948 Mírasme a min? 342 00:27:37,865 --> 00:27:40,243 Entrei e saín da casa sen deixar rastro. 343 00:27:43,287 --> 00:27:45,164 É imposible que o logremos. 344 00:27:45,748 --> 00:27:47,333 Habemos pechar o cotarro. 345 00:28:03,266 --> 00:28:04,809 Tiña fotos da súa familia. 346 00:28:06,602 --> 00:28:07,895 Na súa casa. 347 00:28:09,564 --> 00:28:10,690 Da súa muller, 348 00:28:11,190 --> 00:28:12,024 do seu fillo. 349 00:28:12,942 --> 00:28:13,776 Son… 350 00:28:15,737 --> 00:28:16,821 felices. 351 00:28:18,698 --> 00:28:21,659 Non saben quen era antes ou o que fixo. 352 00:28:23,911 --> 00:28:26,038 Pregúntome se aínda o lembra alguén. 353 00:28:27,498 --> 00:28:30,585 Teno todo, Ava, 354 00:28:30,668 --> 00:28:34,756 e todo o que me quedaba a min era unha maneira de axustar contas. 355 00:28:35,590 --> 00:28:36,591 E agora que? 356 00:28:40,511 --> 00:28:41,721 El gaña. 357 00:28:43,639 --> 00:28:46,768 Así que si é unha mala cousa, contra. 358 00:29:23,888 --> 00:29:26,682 Benvido a Recuperación de Datos Setec. Ten cita? 359 00:29:27,350 --> 00:29:29,227 Dubido que me agardásedes. 360 00:29:33,856 --> 00:29:34,982 Oe, Greg. 361 00:29:35,066 --> 00:29:38,528 Podes botarlle unha ollada ao envío de Tully? 362 00:29:40,530 --> 00:29:43,032 Es bo, diso non hai dúbida. 363 00:29:44,700 --> 00:29:45,952 Por iso te contratei. 364 00:29:46,536 --> 00:29:48,329 Son bo vendo o talento. 365 00:29:48,412 --> 00:29:50,456 Mais tentaches a sorte. 366 00:29:52,458 --> 00:29:54,335 4,3 millóns? 367 00:29:55,169 --> 00:29:57,421 É o meu patrimonio neto case exacto, 368 00:29:57,505 --> 00:30:00,341 se obviamos que estou endebedado ata as cellas. 369 00:30:00,424 --> 00:30:03,678 Tiña que ser un exempregado, alguén resentido 370 00:30:03,761 --> 00:30:07,598 que puidese conseguir información persoal relacionada con Jersey. 371 00:30:07,682 --> 00:30:10,977 Conectando os puntos, todo apuntaba a ti, Andrew. 372 00:30:13,896 --> 00:30:16,148 En serio crías 373 00:30:17,733 --> 00:30:20,444 que chantaxearme era unha boa opción? 374 00:30:20,528 --> 00:30:22,530 Crías que non me decataría? 375 00:30:22,613 --> 00:30:23,865 Que opción tiña? 376 00:30:24,949 --> 00:30:25,867 Ves onde estou? 377 00:30:27,201 --> 00:30:30,329 Non tiña outra, déchesme un mal nome en toda a cidade. 378 00:30:30,413 --> 00:30:33,291 - É o que lles pasa aos ladróns. - Christine. 379 00:30:33,374 --> 00:30:34,250 Lémbrala? 380 00:30:35,167 --> 00:30:36,002 Pois deixoume. 381 00:30:37,420 --> 00:30:38,504 Marchou co cativo. 382 00:30:39,297 --> 00:30:41,924 Debiches pensar niso antes de roubarme. 383 00:30:42,008 --> 00:30:44,176 Que non roubei nada! 384 00:30:44,260 --> 00:30:47,555 Alégrame termos a oportunidade de falar, sós ti mais eu. 385 00:30:47,638 --> 00:30:51,309 Sen chamadas, correos nin malditas mensaxes. De home a home. 386 00:30:51,392 --> 00:30:56,689 Vin dicirche que só che dou un aviso. 387 00:30:57,982 --> 00:30:59,233 Só unha oportunidade. 388 00:31:00,985 --> 00:31:02,069 Agardo que a uses. 389 00:31:05,573 --> 00:31:06,574 Deiche un número… 390 00:31:08,576 --> 00:31:11,412 un prazo e unha consecuencia. 391 00:31:13,998 --> 00:31:17,793 Que pensarán os Trixemelgos cando saiban quen es en realidade? 392 00:31:21,339 --> 00:31:22,715 Ó, Andrew. 393 00:31:23,257 --> 00:31:25,343 Contratáronte porque es legal. 394 00:31:26,302 --> 00:31:28,179 Un porto na tormenta. 395 00:31:28,262 --> 00:31:34,477 Mais se reciben unha chamada, unha mensaxe ou un correo… 396 00:31:35,895 --> 00:31:39,315 ou se alguén chama a Comisión da Bolsa e Valores ou o FBI. 397 00:31:40,775 --> 00:31:41,651 Andrew. 398 00:31:43,027 --> 00:31:46,322 4,3 millóns, tres días. 399 00:31:49,450 --> 00:31:51,327 - Ola. - Aténdoo nun segundiño. 400 00:31:51,410 --> 00:31:52,244 Ben. 401 00:31:53,037 --> 00:31:54,038 Oe. 402 00:31:58,125 --> 00:31:59,043 Se non sae ben… 403 00:32:01,295 --> 00:32:02,713 sempre precisamos xente. 404 00:32:35,162 --> 00:32:36,789 INFORMÁTICA SETEC ABERTO 405 00:32:36,872 --> 00:32:37,707 Vémonos. 406 00:32:42,211 --> 00:32:44,922 PECHADO SENTIMOS NON PODER ATENDELO! 407 00:34:11,592 --> 00:34:12,426 Ola. 408 00:34:13,135 --> 00:34:13,969 Boas. 409 00:34:16,055 --> 00:34:17,598 Viu a tormenta? 410 00:34:17,681 --> 00:34:19,058 Vina. É boa. 411 00:34:21,936 --> 00:34:23,938 Comezan en África, sabe? 412 00:34:27,024 --> 00:34:29,902 Unhas tormentas de po da hostia, no Sáhara. 413 00:34:31,112 --> 00:34:33,948 Convértense en monstros. 414 00:34:35,199 --> 00:34:39,328 De cando en vez, unha delas medra máis, 415 00:34:39,995 --> 00:34:43,499 recollendo vento, calor e choiva suficientes. 416 00:34:44,125 --> 00:34:47,044 Arrástrase miles de quilómetros, océano a través. 417 00:34:48,838 --> 00:34:50,464 Cando a vemos no telexornal 418 00:34:52,383 --> 00:34:54,677 semella ineludible. 419 00:34:56,095 --> 00:34:59,098 Tanto dá canto corras e o cedo que a viras vir, 420 00:34:59,181 --> 00:35:00,599 sempre te atrapará. 421 00:35:02,810 --> 00:35:04,478 Non se sabe cales van morrer 422 00:35:04,562 --> 00:35:09,525 e cales medrarán ata convertérense en xigantescos monstros do demo. 423 00:35:10,693 --> 00:35:11,694 Asexantes. 424 00:35:12,403 --> 00:35:14,363 Non hai nada que facer, só… 425 00:35:15,865 --> 00:35:17,575 saír ao vento e á choiva. 426 00:35:18,868 --> 00:35:20,202 Enfrontar a tormenta 427 00:35:21,912 --> 00:35:25,541 e pregar para que, cando marche, aínda sigamos en pé, sabe? 428 00:35:28,752 --> 00:35:29,879 Ou non? 429 00:35:35,009 --> 00:35:37,052 FURACÁN 430 00:35:37,136 --> 00:35:38,637 Aproveitaremos o furacán. 431 00:35:39,221 --> 00:35:40,723 Non sabemos do que falas. 432 00:35:40,806 --> 00:35:45,561 A porta traseira eludía os sensores de temperatura. Sen ela, non había maneira. 433 00:35:47,229 --> 00:35:48,105 Ata agora. 434 00:35:48,189 --> 00:35:49,023 Móstrallelo. 435 00:35:49,648 --> 00:35:53,485 Isto é un penique e isto azida de cesio. Mellor que vos apartedes. 436 00:35:55,112 --> 00:35:55,988 Aparta. 437 00:35:57,489 --> 00:35:58,574 Máis. 438 00:35:59,992 --> 00:36:02,912 Tíos, non levo gafas e guantes? Apartade, concho. 439 00:36:02,995 --> 00:36:05,664 Tres pasos. Máis. Ben. 440 00:36:21,639 --> 00:36:23,807 - Arre demo. - Abofé. 441 00:36:23,891 --> 00:36:25,726 Para que nos serve? 442 00:36:25,809 --> 00:36:28,062 Imaxinade peniques moito máis grandes. 443 00:36:28,145 --> 00:36:29,730 Entón é como unha pistola? 444 00:36:29,813 --> 00:36:32,733 Exacto, como disparar sete á vez. 445 00:36:35,611 --> 00:36:38,364 O cesio puro oxida da hostia, 446 00:36:38,447 --> 00:36:41,450 mais, ao ser demasiado inestable, fixen un derivado. 447 00:36:42,243 --> 00:36:46,497 Non oxida tan fácil, máis con enerxía de baixa ionización, a sublimación… 448 00:36:49,291 --> 00:36:50,960 Impórtavos un carallo, pois… 449 00:36:52,044 --> 00:36:53,796 precisamos unha chea de auga. 450 00:36:53,879 --> 00:36:56,006 - De onde sacas as movidas? - Etsy. 451 00:36:56,090 --> 00:36:58,968 A cidade de Nova York fíxonos un agasallo. 452 00:36:59,051 --> 00:37:00,594 O túnel de auga número un. 453 00:37:01,095 --> 00:37:05,516 Construíuse en 1917 e ten tres metros de diámetro. 454 00:37:05,599 --> 00:37:07,559 Leva décadas baleiro. 455 00:37:07,643 --> 00:37:12,481 Pasa xusto por embaixo da estación de metro de Wall Street. 456 00:37:12,564 --> 00:37:16,860 Nove centímetros de choiva tornarían a estación nas cataratas do Niágara. 457 00:37:16,944 --> 00:37:19,405 E un furacán cunha marusía ciclónica… 458 00:37:19,905 --> 00:37:21,115 Anegaríaa. 459 00:37:21,198 --> 00:37:24,868 Ese mesmo túnel pasa xusto por riba da cámara acoirazada. 460 00:37:26,203 --> 00:37:28,789 Agardaremos a que o metro se asolague 461 00:37:28,872 --> 00:37:33,419 e rebentaremos o solo con C4, 462 00:37:33,502 --> 00:37:38,132 canalizando a auga cara ao túnel, xusto enriba da cámara acoirazada. 463 00:37:38,215 --> 00:37:41,093 Topará co cesio que, medido e no lugar correcto, 464 00:37:41,176 --> 00:37:43,971 estourará e atravesará o teito da cámara, 465 00:37:44,054 --> 00:37:47,057 esnaquizando os cativeiros sensores de temperatura. 466 00:37:47,141 --> 00:37:49,143 Reabriremos a porta traseira. 467 00:37:49,643 --> 00:37:50,686 Éche… 468 00:37:52,062 --> 00:37:53,188 intricado. 469 00:37:54,064 --> 00:37:55,316 E se vos equivocades? 470 00:37:56,608 --> 00:38:00,904 Pois ben non fará gran cousa, ben estourará e mataranos a todos. 471 00:38:00,988 --> 00:38:03,782 Mais eu agardo fóra na camioneta, non si? 472 00:38:03,866 --> 00:38:04,950 Claro. 473 00:38:05,034 --> 00:38:06,452 Vémonos aquí ao rematar. 474 00:38:06,535 --> 00:38:10,164 Se as cousas se torcen, vémonos no lago Tupper en tres días. 475 00:38:11,957 --> 00:38:15,252 Imos en tromba. Non é calculado e non hai volta atrás. 476 00:38:16,253 --> 00:38:18,672 Ava daravos unha identidade nova entón 477 00:38:18,756 --> 00:38:22,843 e vos converteredes nesa persoa para sempre. 478 00:38:22,926 --> 00:38:28,057 Imos roubarlles os cartos a unhas das persoas máis poderosas do mundo. 479 00:38:29,725 --> 00:38:31,769 É a única maneira de gozar deles. 480 00:38:31,852 --> 00:38:34,813 - É de tolos, ou? Semella unha loucura. - Talvez. 481 00:38:35,731 --> 00:38:37,149 Paga a pena polo viñedo? 482 00:38:43,280 --> 00:38:44,823 A miña man non está lista. 483 00:38:44,907 --> 00:38:47,576 Apréndeslle a Stan a manexar o segundo dial? 484 00:38:57,044 --> 00:38:59,755 Isto vai custar e moito. 485 00:38:59,838 --> 00:39:00,923 Fagámolo agora 486 00:39:01,840 --> 00:39:02,674 ou… 487 00:39:04,301 --> 00:39:05,594 adeus para sempre. 488 00:39:07,429 --> 00:39:12,434 Podemos volver ao que sexa que tivésemos. 489 00:39:17,523 --> 00:39:22,027 Incido en que ordenamos estas evacuacións 490 00:39:22,111 --> 00:39:28,784 pola seguridade dos que residen nestas zonas da cidade de Nova York. 491 00:41:00,417 --> 00:41:03,795 Brad, mamá di que queres tomarte libre o próximo semestre. 492 00:41:04,421 --> 00:41:07,508 Non preciso ir a clase, tampouco é que aprenda nada. 493 00:41:09,551 --> 00:41:11,512 Poñédevos cómodos. 494 00:41:13,680 --> 00:41:16,099 O vento comeza a coller forza… 495 00:41:16,183 --> 00:41:18,685 Toby, vai ser esta noite. 496 00:41:18,769 --> 00:41:20,020 No medio dun furacán? 497 00:41:20,103 --> 00:41:23,774 Díxomo a nosa toupa favorita. Será no 505 de Wall Street, veña. 498 00:41:24,441 --> 00:41:27,110 É un edificio enorme. Algo máis concreto? 499 00:41:27,194 --> 00:41:28,737 Só teño iso. 500 00:41:28,820 --> 00:41:32,783 Fagamos unha lista cos posibles obxectivos e poñámoslles vixilancia. 501 00:41:34,284 --> 00:41:37,246 Esta é a única oportunidade de cachar os bastardos. 502 00:41:38,622 --> 00:41:39,623 Vamos! 503 00:41:43,794 --> 00:41:45,879 ASUNTOS OFICIAIS VEHÍCULO AUTORIZADO 504 00:41:52,886 --> 00:41:54,555 Están listos para actuar. 505 00:41:54,638 --> 00:42:00,227 Se a tormenta acada a súa forza máxima, podería tomar días reparar tódolos danos. 506 00:42:09,194 --> 00:42:13,365 - Señor Thiele, en que lle podo axudar? - Cavilou no que falamos? 507 00:42:13,949 --> 00:42:18,870 Cavilei, si, e creo que hai algo… 508 00:42:18,954 --> 00:42:21,790 Francamente, pensaba que alguén co seu historial 509 00:42:22,291 --> 00:42:24,209 tería menos reparos con isto. 510 00:42:26,837 --> 00:42:29,047 Co meu historial? 511 00:42:29,131 --> 00:42:32,801 Antes de que Roger Salas for Roger Salas. 512 00:42:33,302 --> 00:42:37,139 Pensaba que fariamos negocios con alguén sen saber todo del? 513 00:42:37,222 --> 00:42:38,765 Non sei que lle contarían, 514 00:42:40,809 --> 00:42:41,727 mais esa vida… 515 00:42:43,270 --> 00:42:45,188 deixeina atrás hai tempo. 516 00:42:45,272 --> 00:42:47,482 Comprendo que garde os seus segredos, 517 00:42:48,442 --> 00:42:51,737 sobre todo se os coñezo, así sei que pode gardar os meus. 518 00:42:53,030 --> 00:42:57,200 Falemos tras a tormenta, pode que entón me dea mellores novas. 519 00:43:35,614 --> 00:43:36,448 Oe. 520 00:43:37,824 --> 00:43:40,202 Haberías ter unha, por se as moscas. 521 00:43:41,244 --> 00:43:43,538 Claro, xenial. E grazas. 522 00:43:44,665 --> 00:43:46,083 Ollo, non é un xoguete. 523 00:43:46,625 --> 00:43:48,251 Xa, claro. 524 00:43:50,170 --> 00:43:51,254 Que…? 525 00:43:53,674 --> 00:43:55,133 Cóidate, queres? 526 00:43:56,677 --> 00:43:58,261 Claro, ti tamén. 527 00:44:22,077 --> 00:44:23,245 Que fas, Leo? 528 00:44:24,371 --> 00:44:25,997 Que hai de novo, vello? 529 00:44:31,962 --> 00:44:32,879 Arreando. 530 00:46:09,976 --> 00:46:14,981 Subtítulos: Bruno Martínez Pita