1 00:00:16,142 --> 00:00:19,937 ENTRANDO NO EPISODIO VERDE: SETE ANOS ANTES DO ATRACO 2 00:00:38,081 --> 00:00:39,874 Mereces saber o que son, 3 00:00:41,876 --> 00:00:42,960 por que estou aquí 4 00:00:44,545 --> 00:00:46,631 e non agardo estar noutro lugar. 5 00:00:53,846 --> 00:00:55,848 Hai moitas clases de delincuentes. 6 00:00:57,600 --> 00:01:01,521 Sexas dunha ou doutra, se non lle pos fin, nalgún momento caerás. 7 00:01:20,206 --> 00:01:23,709 Mais seguimos artellando novas formas de facer o de sempre. 8 00:01:40,977 --> 00:01:42,436 Cubrimos necesidades. 9 00:01:44,313 --> 00:01:46,023 Aproveitamos oportunidades. 10 00:01:52,822 --> 00:01:54,282 Vivimos no límite 11 00:01:55,158 --> 00:01:59,036 sabendo que, chegado o momento, o cruzaremos. 12 00:01:59,120 --> 00:02:00,329 TARDE CON ONE DIRECTION 13 00:02:17,346 --> 00:02:18,598 Cando sae ben… 14 00:02:20,183 --> 00:02:21,017 é pura maxia. 15 00:02:30,693 --> 00:02:31,611 Como vai? 16 00:02:32,236 --> 00:02:33,571 Están boas as papas? 17 00:02:34,572 --> 00:02:36,949 Son dunha clase nova, con grañóns. 18 00:02:40,077 --> 00:02:41,746 Tomei unha decisión. 19 00:02:41,829 --> 00:02:44,540 Están máis saborosas e fibrosas, viranche ben. 20 00:02:45,124 --> 00:02:46,292 Están que nindiola. 21 00:02:47,335 --> 00:02:48,336 Traizoáronme. 22 00:02:49,045 --> 00:02:50,129 Bo proveito, tíos. 23 00:02:50,630 --> 00:02:52,381 Levaron o seu traballo. 24 00:02:53,674 --> 00:02:55,968 Como vai, meu? Todo ben? 25 00:02:56,052 --> 00:02:56,886 O almorzo ben? 26 00:03:06,103 --> 00:03:07,021 Como vai, tío? 27 00:03:07,104 --> 00:03:10,066 - Ei, que tal todo? - Xenial, e ti? 28 00:03:10,149 --> 00:03:10,983 Xa mellor. 29 00:03:13,361 --> 00:03:14,779 Veña, falamos. 30 00:03:14,862 --> 00:03:15,988 - Grazas. - De nada. 31 00:03:34,006 --> 00:03:35,091 Boas, señoritas. 32 00:03:38,636 --> 00:03:39,720 Ola. 33 00:03:39,804 --> 00:03:42,598 Perdoa, Stan, a porta da despensa está atascada. 34 00:03:42,682 --> 00:03:44,433 Creo que alguén a forzou. 35 00:03:44,517 --> 00:03:47,228 As estrelas Michelin non se encargan diso. 36 00:04:00,366 --> 00:04:04,245 Cando teña a horta lista, faremos comercio do campo á mesa. 37 00:04:17,717 --> 00:04:20,469 Como vai, señores? Todo ben? 38 00:04:22,722 --> 00:04:26,225 Non che é un Sabatier, mais está ben afiado, así que… 39 00:04:26,309 --> 00:04:29,061 ten coidado, por favor. 40 00:04:30,938 --> 00:04:33,899 Vendes os meus minutos de teléfono a eses negratas? 41 00:04:33,983 --> 00:04:37,153 Vivir é compartir, meu. Hai dabondo para todos. 42 00:04:37,820 --> 00:04:40,364 Vese que tes un padal fino, 43 00:04:40,448 --> 00:04:42,783 has catar a sopa de cenoria e xenxibre. 44 00:04:42,867 --> 00:04:44,243 É unha sopa fría, como… 45 00:04:44,327 --> 00:04:47,079 - Hostia! - Comercia cos teus. 46 00:04:47,913 --> 00:04:52,001 E, o que saques, nolo traes aos Paifocos Brancos. 47 00:04:52,084 --> 00:04:54,337 Comenteivos do nome da vosa banda…? 48 00:04:56,255 --> 00:04:57,256 Hostia. 49 00:04:59,133 --> 00:05:00,634 Hai algún problema? 50 00:05:02,553 --> 00:05:04,013 Si, mais non te atinxe. 51 00:05:04,555 --> 00:05:05,765 É meu compa de cela. 52 00:05:07,224 --> 00:05:10,978 Se lle zoscas, estará choromicando toda a noite. 53 00:05:11,062 --> 00:05:15,066 Esmendrellarame o sono e poreime de mal xorne. 54 00:05:15,149 --> 00:05:19,403 Recoméndoche que vaias tomar polo cu ou o mates, 55 00:05:19,487 --> 00:05:21,238 así non terei que escoitalo. 56 00:05:21,822 --> 00:05:25,576 Oe, está de broma, é moi chistoso. 57 00:05:48,391 --> 00:05:49,517 Fillo dunha raposa. 58 00:05:52,603 --> 00:05:53,687 Estás ben? 59 00:05:54,688 --> 00:05:56,774 Estou, si. Grazas. 60 00:05:59,735 --> 00:06:02,238 A próxima vez, aparece antes, ou? 61 00:06:03,656 --> 00:06:06,450 Se o fago, xamais aprenderás. 62 00:06:12,790 --> 00:06:14,959 - Que nin diola! - Abofé. 63 00:06:16,460 --> 00:06:18,421 - Hostia, tío. - Ou non? 64 00:06:31,225 --> 00:06:32,476 Estiven pensando que… 65 00:06:33,269 --> 00:06:35,896 logo de todo o que está a facer Judy por min, 66 00:06:35,980 --> 00:06:37,773 hei facer o correcto, sabes? 67 00:06:37,857 --> 00:06:38,774 QUERIDA HANNAH 68 00:06:38,858 --> 00:06:42,778 Unha amiga miña, Choi, leva a kiss cam dos Mets. 69 00:06:43,279 --> 00:06:46,657 Pensei en levala a un partido e no descanso… paf! 70 00:06:47,491 --> 00:06:51,162 Posar para a pantalla e, cando quede dun pasmo, 71 00:06:51,829 --> 00:06:57,001 un vendedor de bocadillos de salchicha daralle un co anel dentro. Que opinas? 72 00:06:58,169 --> 00:06:59,920 Canto hai que a coñeces? 73 00:07:00,004 --> 00:07:02,214 O tempo non importa. 74 00:07:02,298 --> 00:07:03,132 É dicir… 75 00:07:04,758 --> 00:07:05,676 Judy… 76 00:07:07,678 --> 00:07:08,637 é a elixida. 77 00:07:09,430 --> 00:07:10,431 Benditos sexades. 78 00:07:10,514 --> 00:07:11,932 Conseguiches o de Dumas? 79 00:07:15,227 --> 00:07:16,437 Lembra o acordo. 80 00:07:18,272 --> 00:07:19,482 Claro, conta con el. 81 00:07:19,565 --> 00:07:21,400 O CONDE DE MONTECRISTO 82 00:07:26,739 --> 00:07:27,740 Contra. 83 00:07:39,710 --> 00:07:40,878 Ei, estás ben? 84 00:07:42,463 --> 00:07:44,256 Estou, si. 85 00:07:44,340 --> 00:07:47,885 Deixa que me encargue un anaco. Está baixo control, descoida. 86 00:07:47,968 --> 00:07:49,220 - Grazas. - Tranquilo. 87 00:08:10,157 --> 00:08:11,075 Luces fóra. 88 00:08:28,050 --> 00:08:30,678 Oe, Ray, estou intentando durmir. Cala. 89 00:08:30,761 --> 00:08:32,763 Ray, oe. 90 00:08:34,682 --> 00:08:36,308 Ei, Ray. 91 00:08:36,392 --> 00:08:37,851 Esperta, Ray. 92 00:08:38,602 --> 00:08:39,853 Esperta, tío! 93 00:08:39,937 --> 00:08:41,438 Deus Santo! 94 00:08:42,648 --> 00:08:44,108 Estás ben? Oe, mírame. 95 00:08:48,237 --> 00:08:49,321 Cambiamos de cama. 96 00:08:53,909 --> 00:08:56,036 As constantes están ben, Sr. Vernon. 97 00:08:56,120 --> 00:08:57,246 Como se atopa hoxe? 98 00:08:57,329 --> 00:08:59,582 Como se levase 17 anos no cárcere. 99 00:08:59,665 --> 00:09:01,875 Chamei o doutor Wagner para que veña. 100 00:09:03,961 --> 00:09:06,380 Deus quixo que nada funcionase aquí. 101 00:09:07,006 --> 00:09:08,340 Avísame cando estea. 102 00:09:08,424 --> 00:09:09,258 Ben. 103 00:09:17,516 --> 00:09:20,019 Hoxe vén sendo o noso aniversario, 104 00:09:20,102 --> 00:09:23,105 aínda que depende dende cando se conte. 105 00:09:23,188 --> 00:09:28,861 Para min, a primeira cita foi cando te vin por vez primeira, traballando na farmacia. 106 00:09:29,820 --> 00:09:30,863 É… 107 00:09:31,989 --> 00:09:33,157 moi detallada. 108 00:09:33,741 --> 00:09:35,868 Ray é un Miguel Anxo co xabón. 109 00:09:40,414 --> 00:09:42,291 Habemos de falar de negocios. 110 00:09:45,836 --> 00:09:47,379 Mickey deixou a oxicodona. 111 00:09:47,463 --> 00:09:50,382 Xenial por el, digo eu, sabes? 112 00:09:50,466 --> 00:09:51,342 Mais… 113 00:09:52,509 --> 00:09:57,514 - Acabouse o das tarxetas SIM. - Non pasa nada, pagámoslle en metálico. 114 00:09:58,223 --> 00:10:00,559 - Teremos menos beneficios… - Non, Stan… 115 00:10:01,977 --> 00:10:05,064 Díxolle a seu xefe que roubara as tarxetas e botouno. 116 00:10:05,689 --> 00:10:07,107 Botárono decontado. 117 00:10:09,151 --> 00:10:10,152 Síntoo. 118 00:10:12,446 --> 00:10:15,199 Hai xente que agarda as tarxetas. 119 00:10:19,119 --> 00:10:20,329 E non son pacientes. 120 00:10:35,594 --> 00:10:37,596 Bo día, cabaleiros. Como están? 121 00:11:00,285 --> 00:11:02,621 Ola, Ray, como vai a cousa? 122 00:11:02,705 --> 00:11:03,539 Ola, doutor. 123 00:11:07,167 --> 00:11:10,504 A enfermeira Clemmons púxome ao día, 124 00:11:10,587 --> 00:11:12,589 mais cóntasme ti que che pasou? 125 00:11:13,424 --> 00:11:14,758 Rifei co chan. 126 00:11:14,842 --> 00:11:15,926 E perdiches, ou? 127 00:11:16,969 --> 00:11:19,972 Teño os resultados da analítica aquí. 128 00:11:20,055 --> 00:11:21,140 As boas novas 129 00:11:21,974 --> 00:11:25,185 son que estás excelente para a túa idade e situación. 130 00:11:26,186 --> 00:11:27,146 Pero? 131 00:11:27,229 --> 00:11:31,942 É sobre os síntomas dos que me levas falando os últimos dous meses: 132 00:11:32,025 --> 00:11:34,987 a rixidez das extremidades, os tremores das mans, 133 00:11:35,070 --> 00:11:37,948 a dificultade para durmir e agora isto. 134 00:11:38,574 --> 00:11:40,534 Todos xuntos, son preocupantes. 135 00:11:41,618 --> 00:11:44,705 Non existe unha proba en si para confirmalo, 136 00:11:45,831 --> 00:11:47,666 mais semella párkinson. 137 00:11:50,711 --> 00:11:53,589 Non se sabe como comeza, o detonante. 138 00:11:53,672 --> 00:11:57,217 En verdade, sábese cando a persoa morre. É… polémico. 139 00:12:06,018 --> 00:12:08,729 Ei, que pasa, tío? Choca esa. 140 00:12:08,812 --> 00:12:10,898 - Veña, tío, quéreme. - Basta. 141 00:12:12,608 --> 00:12:13,567 Basta? 142 00:12:13,650 --> 00:12:15,903 "Son un home de negocios, basta." 143 00:12:30,793 --> 00:12:31,919 Precisas todo isto? 144 00:12:35,714 --> 00:12:36,924 Medias e lubricante. 145 00:12:37,800 --> 00:12:39,843 Eu apóiote, tío. Goza da vida. 146 00:12:43,055 --> 00:12:45,557 - Para aí, intentas fuxir? - Baixa a voz. 147 00:12:46,475 --> 00:12:50,896 O poliéster das medias para a corda e lubricante para coarte por un túnel. 148 00:12:50,979 --> 00:12:53,440 Que carallo, Ray! É unha tolada, tío. 149 00:12:54,024 --> 00:12:55,692 Ter esperanza é unha tolada. 150 00:12:56,527 --> 00:12:58,862 Levo 17 anos comportándome, 151 00:12:59,530 --> 00:13:01,907 agardando cambiar as cousas un mínimo. 152 00:13:02,616 --> 00:13:03,742 Iso é unha tolada. 153 00:13:05,702 --> 00:13:07,371 Isto é pensar con claridade. 154 00:13:09,623 --> 00:13:11,542 Quen coidou de ti, peixe cativo? 155 00:13:12,709 --> 00:13:16,129 Ti, tío, e estarei en débeda toda a vida. 156 00:13:17,631 --> 00:13:20,592 Mais se usas cousas de contrabando para fuxir, 157 00:13:22,010 --> 00:13:24,930 os gardas que suborno non farán ollos cegos. 158 00:13:25,013 --> 00:13:26,807 Todo apuntará cara a min. 159 00:13:27,307 --> 00:13:28,350 Pois ven comigo. 160 00:13:30,978 --> 00:13:32,187 Quédanme seis meses. 161 00:13:33,313 --> 00:13:36,775 Se me collen fuxindo, caeranme dez máis polo menos. 162 00:13:37,943 --> 00:13:39,528 Enténdote, tío, mais… 163 00:13:41,071 --> 00:13:41,989 non podo. 164 00:13:42,573 --> 00:13:43,407 Síntoo. 165 00:14:09,892 --> 00:14:11,351 Listo para saír de aquí? 166 00:14:11,435 --> 00:14:13,687 - Boas. Claro, vamos alá. - Andando. 167 00:14:20,903 --> 00:14:21,987 Pode pasar. 168 00:14:25,699 --> 00:14:28,201 Esa cacheoume todo, non quería soltarma. 169 00:14:28,911 --> 00:14:30,954 Tranquila, érache fea. Como vai? 170 00:14:31,038 --> 00:14:33,081 Ola, tío. Son Stan, encantado. 171 00:14:33,790 --> 00:14:35,792 Judy faloume do teu negocio. 172 00:14:35,876 --> 00:14:37,419 Píllote, en serio, 173 00:14:37,502 --> 00:14:42,633 mais hei dicirche que a trangallada das tarxetas SIM é de novatos. 174 00:14:43,800 --> 00:14:46,011 Con todo o respecto, Bob, 175 00:14:46,553 --> 00:14:49,681 dubido que o pilles, porque as tarxetas son ouro aquí. 176 00:14:50,265 --> 00:14:52,935 Se queres canela fina, e de seguro que queres, 177 00:14:53,018 --> 00:14:54,937 has de mover produto de verdade. 178 00:14:55,020 --> 00:14:58,065 Podo conseguirche herba, cocaína, a mellor éxtase… 179 00:14:58,148 --> 00:15:00,734 Non, tío, non trafico. Vou polo meu carril. 180 00:15:00,817 --> 00:15:03,153 Ah, si? E cal é, o lento? 181 00:15:07,616 --> 00:15:10,702 Has de ter un bo carallo aí abaixo ou algo, Stanley. 182 00:15:12,579 --> 00:15:15,040 Abofé que si, porque isto non me cadra. 183 00:15:15,832 --> 00:15:18,877 - Vai rañala! - Ei, Stan. 184 00:15:18,961 --> 00:15:20,462 - Está de chola. - Fódete. 185 00:15:20,545 --> 00:15:22,589 Veña, acouga, princesa. 186 00:15:23,423 --> 00:15:26,677 Conseguireite as tarxetiñas. O tío Bob coidará de ti. 187 00:15:28,845 --> 00:15:30,305 Rematou o tempo, Loomis. 188 00:15:31,223 --> 00:15:33,600 Oe, dixen que rematou. 189 00:15:38,647 --> 00:15:40,315 Volverei nun par de semanas. 190 00:15:41,358 --> 00:15:42,484 Marchemos de aquí. 191 00:15:50,867 --> 00:15:51,702 Apúntome. 192 00:15:53,996 --> 00:15:54,830 Seguro? 193 00:15:54,913 --> 00:15:56,790 Se quedo aquí seis meses máis, 194 00:15:56,873 --> 00:15:59,710 perderei todo o bo que me agarda fóra. 195 00:16:03,046 --> 00:16:04,756 Sé sincero, precisas de min. 196 00:16:13,181 --> 00:16:14,433 - De acordo. - Ben. 197 00:16:14,516 --> 00:16:16,643 Esquece o das medias e o lubricante. 198 00:16:17,561 --> 00:16:19,938 O que precisamos é unha boa distracción, 199 00:16:20,856 --> 00:16:22,274 un cogomelo máxico. 200 00:16:23,108 --> 00:16:26,778 Cultiveino para Harolds e os navaghos. É puramente sacramental. 201 00:16:27,696 --> 00:16:29,781 Pois non che me semella moi máxico. 202 00:16:29,865 --> 00:16:32,951 Xa me dirás cando nos axude a liscar desta porqueira. 203 00:16:36,663 --> 00:16:37,497 Que segue? 204 00:16:39,499 --> 00:16:41,084 Ir traballar no xardín. 205 00:17:12,324 --> 00:17:13,533 Que cabrón. 206 00:17:13,617 --> 00:17:16,453 Carallo, que é, do 71? 207 00:17:17,204 --> 00:17:18,413 Do 72. 208 00:17:18,497 --> 00:17:19,331 Manda carallo. 209 00:17:21,416 --> 00:17:23,585 Xa non se ven moitos. 210 00:17:24,711 --> 00:17:26,838 Podería arranxar ese cristal. 211 00:17:26,922 --> 00:17:28,006 Que? Como? 212 00:17:28,090 --> 00:17:29,424 No taller. 213 00:17:29,508 --> 00:17:32,219 Podería arranxalo de balde cos compañeiros. 214 00:17:32,302 --> 00:17:33,845 É o mínimo que podo facer. 215 00:17:34,429 --> 00:17:35,931 Non me tomas o pelo, non? 216 00:17:37,182 --> 00:17:38,600 Traballo ben. 217 00:17:39,226 --> 00:17:42,062 Pénseo, xa sabe onde atoparme. 218 00:17:45,649 --> 00:17:46,483 Xenial. 219 00:18:00,539 --> 00:18:04,918 Xesús, Vernon, veña. Está ben? 220 00:18:06,753 --> 00:18:07,796 Estou, si. 221 00:18:08,755 --> 00:18:10,549 Han ser as malditas pastillas. 222 00:18:11,216 --> 00:18:12,425 Manda carallo. 223 00:18:46,793 --> 00:18:48,461 - Vai ben, ou? - Vai. 224 00:18:50,088 --> 00:18:51,131 Sazonáchelas? 225 00:18:51,882 --> 00:18:52,966 Son papas. 226 00:18:54,259 --> 00:18:57,512 Non, é o almorzo, a comida máis importante do día. 227 00:18:59,347 --> 00:19:01,600 Colle un pouco de mel, imos adozalas. 228 00:19:01,683 --> 00:19:02,976 Estamos sen mel. 229 00:19:03,059 --> 00:19:05,478 Pois es ti o abelleiro, Najimy, fai máis. 230 00:19:05,562 --> 00:19:07,981 - E azucre de remolacha? - Fantástico. 231 00:19:32,797 --> 00:19:35,508 Hei ir á enfermaría para a terapia intravenosa. 232 00:19:46,603 --> 00:19:47,437 Oe! 233 00:19:48,021 --> 00:19:50,732 Agardas que cho pida por favor, cara cona? 234 00:19:50,815 --> 00:19:51,775 Non, señor. 235 00:19:52,442 --> 00:19:54,694 Aquí vai un pouco máis de enerxía. 236 00:19:54,778 --> 00:19:56,029 Síntoo. 237 00:20:01,493 --> 00:20:02,619 Moi ben. 238 00:20:02,702 --> 00:20:06,706 Para os meus amigos das extraordinarias tatuaxes na cara. Aquí tedes. 239 00:20:08,208 --> 00:20:09,709 Queres que quede? 240 00:20:09,793 --> 00:20:11,503 Como vexas, vai tardar. 241 00:20:12,295 --> 00:20:13,255 Estupendo. 242 00:20:51,084 --> 00:20:52,252 Ei, Stanny, 243 00:20:53,211 --> 00:20:54,879 son un pavo real. 244 00:20:56,840 --> 00:20:57,757 Un pavo real. 245 00:21:02,762 --> 00:21:04,097 De nada a todos. 246 00:21:05,265 --> 00:21:06,099 Ben. 247 00:21:10,770 --> 00:21:13,315 Veña, Stan. 248 00:21:14,649 --> 00:21:15,650 Dálle. 249 00:21:23,491 --> 00:21:24,326 Hostia! 250 00:21:32,500 --> 00:21:33,460 Que che pasou? 251 00:21:33,543 --> 00:21:35,211 Veume a regra. 252 00:21:36,629 --> 00:21:37,464 Coidado! 253 00:21:37,547 --> 00:21:40,050 Non maltrate un instrumento tan delicado. 254 00:21:40,133 --> 00:21:41,968 Precisarás suturas adhesivas. 255 00:21:42,052 --> 00:21:44,971 - Senta e intenta non anoxar a ninguén. - Era boa. 256 00:22:29,391 --> 00:22:30,225 Aquí Clemmons. 257 00:22:30,308 --> 00:22:31,935 Temos unha complicación. 258 00:22:32,560 --> 00:22:33,561 Alguén enfermo? 259 00:22:33,645 --> 00:22:35,397 É difícil de explicar… 260 00:22:35,480 --> 00:22:37,565 O alcaide quere que veñades axiña. 261 00:22:37,649 --> 00:22:41,152 Imos. Collede unha caixa de urxencias e o carro de paradas. 262 00:22:41,236 --> 00:22:42,153 E eles? 263 00:22:42,237 --> 00:22:43,863 Non irán a ningures. 264 00:22:49,536 --> 00:22:52,122 Manda carallo, funcionou. 265 00:23:10,765 --> 00:23:11,599 Que diaños! 266 00:23:11,683 --> 00:23:13,893 Oe, senta! Parade! 267 00:23:14,644 --> 00:23:15,812 Coidado, baixa! 268 00:23:15,895 --> 00:23:17,647 Baixa de aí. Para! 269 00:23:17,730 --> 00:23:19,441 Que todo o mundo pare! 270 00:23:20,400 --> 00:23:23,736 Atopade agora mesmo o que se meteron! 271 00:23:30,326 --> 00:23:32,620 Xa está, vía libre. 272 00:23:42,589 --> 00:23:43,590 Listo, veña. 273 00:23:43,673 --> 00:23:44,632 A outra man. 274 00:23:44,716 --> 00:23:47,177 Podemos acougar un minuto? 275 00:23:47,260 --> 00:23:48,178 Amodo. 276 00:23:50,972 --> 00:23:54,350 Veña, aclárate, peixe cativo. Vés ou non? 277 00:23:55,143 --> 00:23:56,644 Queres que quede con ela? 278 00:23:57,228 --> 00:24:00,899 - Por min, ben. - Diso nada, vou contigo. 279 00:24:02,650 --> 00:24:03,485 Listo. 280 00:24:29,385 --> 00:24:31,054 Non me creo que funcionase. 281 00:24:31,846 --> 00:24:33,014 Lino nunha revista. 282 00:24:42,273 --> 00:24:44,067 SAÍDA 283 00:24:53,201 --> 00:24:55,745 - Seguro que copiaches a que era? - Seguro. 284 00:24:57,247 --> 00:24:59,916 - Veña, móvea. - Non! Romperala e adeus plan. 285 00:24:59,999 --> 00:25:03,127 Dixeches que te encargabas das portas e eu das papas. 286 00:25:03,211 --> 00:25:05,505 Veña, Ray, dálle. 287 00:25:05,588 --> 00:25:06,923 Veña, tío, arrea. 288 00:25:07,715 --> 00:25:09,551 Veña, vamos. 289 00:25:09,634 --> 00:25:11,135 Atrás, que está a facer? 290 00:25:11,970 --> 00:25:14,806 Isto é un peche de emerxencia, todos ás celas! 291 00:25:14,889 --> 00:25:19,561 Josh, á esquerda. Nick, á dereita, á enfermaría. Todos ás súas celas. 292 00:25:20,937 --> 00:25:22,939 Peche de emerxencia. 293 00:25:23,815 --> 00:25:25,942 Comprobade os corredores e volvede. 294 00:25:26,025 --> 00:25:27,610 Todos ás súas celas. 295 00:25:27,694 --> 00:25:31,197 Axente! Menos mal que está aquí, perdinme. 296 00:25:31,281 --> 00:25:32,115 Recluso! 297 00:25:32,198 --> 00:25:34,284 - Levádeo á cela. - Que carallo fas? 298 00:25:34,367 --> 00:25:35,493 Veña. 299 00:25:36,411 --> 00:25:38,329 Recluso, está fóra dos límites. 300 00:25:38,413 --> 00:25:41,207 Xa, non sei se coller á dereita ou á esquerda. 301 00:25:41,291 --> 00:25:43,293 Xa sabe que aquí é fácil perderse. 302 00:25:45,003 --> 00:25:48,756 Invíteme a un grolo antes de pasar ao tema duro, non? 303 00:26:30,048 --> 00:26:34,469 Non hai dúbida, son cogomelos. 304 00:26:35,637 --> 00:26:38,139 A única cura é agardar. 305 00:26:38,222 --> 00:26:42,268 Pero axudaría cortar unhas rodas de laranxa e dárllelas. 306 00:26:42,810 --> 00:26:44,062 Laranxa? 307 00:26:44,145 --> 00:26:47,065 Así é, e un pouco de Pink Floyd tamén estaría ben. 308 00:26:47,815 --> 00:26:50,693 Volverán á normalidade nunhas tres horiñas. 309 00:26:51,319 --> 00:26:56,699 Seguro que a enfermeira Clemmons me chama se pasa algo raro. 310 00:27:08,294 --> 00:27:09,128 Listo. 311 00:27:33,778 --> 00:27:36,239 PRISIÓN DE WASHINGTON ESTADO DE NOVA YORK 312 00:29:28,893 --> 00:29:31,479 Ava, como estás? 313 00:29:34,649 --> 00:29:37,902 Pois un pouco decepcionada. 314 00:29:39,862 --> 00:29:41,864 Quería poder dispararlle a alguén. 315 00:29:43,825 --> 00:29:45,660 Pois grazas por aguantarte. 316 00:29:47,161 --> 00:29:48,579 Aínda queda noite. 317 00:29:51,290 --> 00:29:53,084 Non me gusta nada a túa roupa. 318 00:29:53,793 --> 00:29:55,628 - Saíume barata. - Obvio. 319 00:29:57,046 --> 00:29:57,880 Este é Pepper? 320 00:30:00,341 --> 00:30:02,802 Canto pensas que viven os cans, Ray? 321 00:30:14,021 --> 00:30:17,775 Imaxino que haberá unha boa razón pola que non está no cárcere. 322 00:30:18,776 --> 00:30:20,945 Ademais de seres un parvo. 323 00:30:30,121 --> 00:30:31,080 Canto che queda? 324 00:30:31,789 --> 00:30:32,915 Pode que dous anos, 325 00:30:34,000 --> 00:30:34,834 pode que dez. 326 00:30:37,211 --> 00:30:38,421 Non se sabe. 327 00:30:39,714 --> 00:30:40,548 Pero… 328 00:30:41,799 --> 00:30:43,885 atópome ben a maior parte dos días. 329 00:30:46,888 --> 00:30:49,891 E agora que vas, cruzar a fronteira? 330 00:30:51,183 --> 00:30:52,894 Xa pensei nalgún sitio. 331 00:30:53,978 --> 00:30:57,273 - Imaxino que precisarás cartos. - Falei cun vello amigo. 332 00:31:11,329 --> 00:31:12,788 Podo sacarte do país. 333 00:31:14,206 --> 00:31:15,291 Cando queres saír? 334 00:31:16,042 --> 00:31:17,293 Cando vexa a Hannah. 335 00:31:19,962 --> 00:31:20,796 Non. 336 00:31:20,880 --> 00:31:22,381 Miña filla precisa verme. 337 00:31:22,465 --> 00:31:26,427 Non o precisa, precísao a túa conciencia. 338 00:31:29,388 --> 00:31:30,431 Que máis che dá? 339 00:31:31,682 --> 00:31:34,977 Pedíchesme que lle atopase unha nova familia, lembras? 340 00:31:35,978 --> 00:31:37,146 Ela está ben, Ray. 341 00:31:39,106 --> 00:31:43,945 E agora vas e queres rebentalo todo? 342 00:31:44,028 --> 00:31:45,529 Non agardo que me perdoe. 343 00:31:47,990 --> 00:31:52,620 Mais non vou marchar a rastro e finar sen contarlle o porqué do que fixen. 344 00:31:52,703 --> 00:31:54,080 E logo marchar de novo? 345 00:31:56,082 --> 00:31:58,084 Cres que iso mellorará as cousas? 346 00:31:58,167 --> 00:32:00,628 Pois non sei o que penso, sabes? 347 00:32:01,754 --> 00:32:07,385 Só sei que… preciso vela e pensaba que ti o entenderías mellor ca ninguén. 348 00:32:12,306 --> 00:32:16,143 Ben, Hannah apelídase Kim. 349 00:32:16,811 --> 00:32:18,896 Traballa en seguridade informática. 350 00:32:19,814 --> 00:32:21,816 Polo que escoitei, vaille ben. 351 00:32:22,900 --> 00:32:24,527 Intenta non cagala. 352 00:32:24,610 --> 00:32:27,196 Estaste afacendo bastante ben a todo. 353 00:32:27,279 --> 00:32:32,243 É que estou aprendendo moito de Andrew e de vostede. 354 00:32:32,326 --> 00:32:35,454 - Ensinástesme moito. - Non todos aprenden tan rápido. 355 00:32:36,038 --> 00:32:37,915 Escollo á xente por unha razón. 356 00:32:38,416 --> 00:32:40,042 Cando sae ben, sae a conta. 357 00:32:40,876 --> 00:32:45,506 Poderemos crecer os vindeiros dous anos, pola cámara acoirazada que construín. 358 00:32:45,589 --> 00:32:47,842 Conte comigo para o que precise. 359 00:32:47,925 --> 00:32:49,260 Esa é a actitude. 360 00:33:01,689 --> 00:33:04,150 Benvida de novo, Abbasi. Estrañáchesnos? 361 00:33:04,233 --> 00:33:05,443 Nin chisca. 362 00:33:05,526 --> 00:33:07,653 - Tes fotos do bebé? - Só unha morea. 363 00:33:07,737 --> 00:33:12,825 - Canto leva tratándoo? - Dende que comecei na… ah, do párkinson! 364 00:33:12,908 --> 00:33:14,452 Pois arredor dun mes. 365 00:33:16,287 --> 00:33:18,539 Estaba anoxado polo diagnóstico? 366 00:33:18,622 --> 00:33:23,085 Home… é unha enfermidade terminal. Logo si, eu diría que si. 367 00:33:23,169 --> 00:33:25,254 E vostede considérase comprensivo. 368 00:33:26,714 --> 00:33:30,259 Non como para axudalo a fuxir, se é o que insinúa. 369 00:33:30,342 --> 00:33:32,428 Que carallo? Estades de chola? 370 00:33:35,097 --> 00:33:36,348 Só era unha pregunta. 371 00:33:37,224 --> 00:33:39,518 Que pregunta é esa? A vítima son eu. 372 00:33:39,602 --> 00:33:42,730 Rouboume o coche, utilizoume. 373 00:33:42,813 --> 00:33:45,691 - Non podo crer o que pasou. - Pídolle perdón. 374 00:33:45,775 --> 00:33:47,902 Hai dez anos que o coñezo… 375 00:33:52,823 --> 00:33:53,657 Confiei nel. 376 00:33:53,741 --> 00:33:55,242 Enténdoo, utilizouno. 377 00:34:00,498 --> 00:34:01,332 Ola, esquío. 378 00:34:10,341 --> 00:34:12,176 Xa o sei. 379 00:34:14,970 --> 00:34:18,182 Podemos falar un minuto? 380 00:34:20,935 --> 00:34:21,936 Só pido iso. 381 00:34:32,696 --> 00:34:33,906 Dezasete anos. 382 00:34:36,617 --> 00:34:39,578 Tiven 17 anos para ensaiar que diaño dicirche. 383 00:34:43,290 --> 00:34:45,709 Non imaxinaba 384 00:34:47,586 --> 00:34:50,464 que estarías tan maior, tan guapa. 385 00:34:51,799 --> 00:34:55,636 Na miña cabeza segues a ser a miña meniña. 386 00:34:58,973 --> 00:35:02,726 Túa nai dicíame que caladiño estaba máis guapo, e tiña razón… 387 00:35:02,810 --> 00:35:04,854 Non tes dereito de amentala. 388 00:35:05,980 --> 00:35:07,523 Non tras o que fixeches. 389 00:35:09,066 --> 00:35:09,900 Síntoo. 390 00:35:10,901 --> 00:35:11,944 Tes razón, eu… 391 00:35:12,027 --> 00:35:14,572 - Non quero saber nada de ti. - Agarda. 392 00:35:14,655 --> 00:35:16,073 Abandonáchesme. 393 00:35:17,158 --> 00:35:20,202 Apartáchesme cando te precisaba. Que pai fai iso? 394 00:35:20,286 --> 00:35:22,413 - Intentaba protexerte. - De que? 395 00:35:22,496 --> 00:35:23,330 De min. 396 00:35:23,956 --> 00:35:25,082 De quen era. 397 00:35:25,166 --> 00:35:26,959 Non quería que acabases igual. 398 00:35:27,543 --> 00:35:29,253 Intentei ir verte… 399 00:35:31,922 --> 00:35:33,257 cando tiña 13 anos. 400 00:35:34,258 --> 00:35:36,343 Deixei a escola. 401 00:35:37,052 --> 00:35:38,929 Fun en bici á estación de bus. 402 00:35:40,097 --> 00:35:43,017 Vendinlla a uns boy scouts para mercar un billete. 403 00:35:45,269 --> 00:35:46,937 Estaba moi emocionada. 404 00:35:49,648 --> 00:35:51,817 E sabes que pasou cando cheguei alí? 405 00:35:54,111 --> 00:35:57,198 Ao chegar, dixéronme que non me querías ver. 406 00:35:59,325 --> 00:36:02,745 Coma se non significase nada para ti, coma se fose un lixo. 407 00:36:03,329 --> 00:36:05,581 Habías vivir a túa vida, 408 00:36:06,665 --> 00:36:08,083 unha vida boa 409 00:36:08,167 --> 00:36:09,960 e iso implicaba esquecerme. 410 00:36:12,046 --> 00:36:13,505 Pois funcionou. 411 00:36:14,256 --> 00:36:17,384 - Esquecinte e fareino outra volta. - Hannah! 412 00:36:18,969 --> 00:36:22,139 Hannah, prégoche que me escoites. 413 00:36:23,557 --> 00:36:24,391 Hannah. 414 00:36:36,070 --> 00:36:37,363 - Ei. - Ola. 415 00:37:00,678 --> 00:37:02,638 Cando viu a Ray por última vez? 416 00:37:04,431 --> 00:37:07,184 Cando fun visitalo en marzo. 417 00:37:07,268 --> 00:37:09,103 Cal foi a razón da visita? 418 00:37:10,729 --> 00:37:13,732 Quería que o axudase para que o cambiasen de centro. 419 00:37:15,401 --> 00:37:16,860 Estaba canso das vistas? 420 00:37:18,153 --> 00:37:19,863 Cría que a súa vida perigaba. 421 00:37:21,573 --> 00:37:22,783 Por que perigaba? 422 00:37:24,118 --> 00:37:28,455 Tíñalle o ollo unha banda supremacista branca da prisión. 423 00:37:34,086 --> 00:37:37,339 Está a dicir que Vernon fuxiu de prisión tras 17 anos 424 00:37:37,423 --> 00:37:39,425 por medo duns cabezas rapadas? 425 00:37:40,217 --> 00:37:41,427 Faille graza? 426 00:37:41,510 --> 00:37:43,095 Semella moita casualidade. 427 00:37:44,888 --> 00:37:49,935 Os Paifocos Brancos trafican con armas e con persoas. 428 00:37:50,019 --> 00:37:53,022 Coan e moven droga nos cárceres de todo o país. 429 00:37:54,648 --> 00:37:55,482 Mais… 430 00:37:57,651 --> 00:38:00,821 sobre que lles fale de drogas, non si? 431 00:38:02,781 --> 00:38:05,242 - Que me acaba de dicir? - Ben, dabondo. 432 00:38:05,326 --> 00:38:08,412 Dígolle que o meu cliente temía pola súa vida e rise, 433 00:38:09,413 --> 00:38:12,458 o que quere dicir que non se toma este caso en serio 434 00:38:12,541 --> 00:38:15,169 ou que eu non debería tomala en serio. 435 00:38:16,211 --> 00:38:18,714 Sexa como for, este interrogatorio rematou. 436 00:38:20,591 --> 00:38:21,675 Grazas polo tempo. 437 00:38:23,093 --> 00:38:24,053 Veña, vamos. 438 00:38:26,180 --> 00:38:28,182 Aclárate a cabeza, contra! 439 00:38:50,245 --> 00:38:53,040 O coche do doutor mais un corpo sen identificar. 440 00:38:53,123 --> 00:38:54,833 Os bombeiros están de camiño. 441 00:39:05,260 --> 00:39:06,637 Segundo as autoridades, 442 00:39:06,720 --> 00:39:10,182 o corpo achado onte en West Nyack, cun tiro e calcinado, 443 00:39:10,766 --> 00:39:13,936 pertencía a Ray Vernon, un prisioneiro fuxido. 444 00:39:15,354 --> 00:39:18,357 Ese amigo mudou o meu rexistro dental co do cadáver. 445 00:39:19,149 --> 00:39:22,027 O amigo dun amigo que ten un amigo. 446 00:39:25,781 --> 00:39:28,575 Terei problemas con esa axente federal? 447 00:39:29,159 --> 00:39:30,160 Xa me encargo eu. 448 00:39:32,830 --> 00:39:35,624 Grazas, Ava, non o esquecerei. 449 00:39:42,506 --> 00:39:45,884 - Non pensas marchar, non si? - Non podo, aínda. 450 00:39:46,510 --> 00:39:49,221 - Pensas que non podes. - Pescou a Hannah. 451 00:39:49,304 --> 00:39:51,557 - Da universidade. - Traballa para el. 452 00:39:51,640 --> 00:39:53,892 - Non sei como a atopou. - Sorrille. 453 00:39:53,976 --> 00:39:56,353 Como o permitiches? Sabes o que me fixo. 454 00:39:57,354 --> 00:40:01,191 Pediches que a axudase a comezar de cero, non que controlase todo. 455 00:40:01,275 --> 00:40:03,986 Eu teño a miña vida e ela a súa. 456 00:40:04,653 --> 00:40:06,113 Sabe sequera quen é el? 457 00:40:06,613 --> 00:40:09,616 O seu nome real? Non a carallada esa de Roger Salas. 458 00:40:09,700 --> 00:40:11,410 Non vexo como habería sabelo. 459 00:40:13,871 --> 00:40:15,372 Quitoume todo o que tiña. 460 00:40:16,999 --> 00:40:18,792 Non pode quitarma a ela tamén. 461 00:40:53,035 --> 00:40:55,037 ESQUÍO 462 00:41:01,793 --> 00:41:03,003 Así que Leo Pap, eh? 463 00:41:03,670 --> 00:41:06,256 Morreu de neno, en 1970. 464 00:41:09,176 --> 00:41:13,805 Conseguireiche un pasaporte, un carné de conducir e todo o que precises. 465 00:41:13,889 --> 00:41:16,683 Non abonda con dicir que es Leo Pap, 466 00:41:17,434 --> 00:41:20,854 precisas seres Leo Pap de aquí en adiante. 467 00:41:24,191 --> 00:41:25,025 Ben. 468 00:41:27,069 --> 00:41:31,406 Querida Hannah, levo intentando escribirche esta carta os últimos 17 anos, 469 00:41:31,490 --> 00:41:34,868 e nestes 17 anos non conseguira facelo 470 00:41:35,536 --> 00:41:38,830 porque non sabía como comezar, mais agora si sei. 471 00:41:44,253 --> 00:41:45,254 Quérote… 472 00:41:46,129 --> 00:41:47,965 dende o día que naciches 473 00:41:48,048 --> 00:41:50,968 e mentinche dende o día que naciches. 474 00:41:52,135 --> 00:41:54,137 Mais has de saber doutras mentiras 475 00:41:55,013 --> 00:41:58,225 e doutros mentiráns que te menosprezan cun sorriso, 476 00:41:58,308 --> 00:42:00,561 finxindo que todo vai ben neste mundo. 477 00:42:01,937 --> 00:42:03,647 Hai erros que debo emendar, 478 00:42:04,523 --> 00:42:06,191 cousas que has de saber 479 00:42:06,275 --> 00:42:08,277 e xente que ha de pagar. 480 00:42:09,194 --> 00:42:11,530 Todo comeza con Roger Salas. 481 00:42:12,531 --> 00:42:14,116 Non é quen cres. 482 00:42:20,455 --> 00:42:23,500 Nin de lonxe todo vai ben neste mundo, 483 00:42:24,751 --> 00:42:27,754 por iso habemos de manternos firmes e rectificalo. 484 00:42:29,256 --> 00:42:32,843 Ti mais eu abondamos, meu esquío. 485 00:44:12,025 --> 00:44:17,030 Subtítulos: Bruno Martínez Pita