1 00:00:15,600 --> 00:00:19,395 ENTRANDO NO EPISODIO AMARELO: SEIS SEMANAS ANTES DO ATRACO 2 00:00:31,032 --> 00:00:34,911 Canto máis levas neste xogo, máis sabes o que de verdade importa. 3 00:00:38,289 --> 00:00:40,625 Os lobos solitarios non chegan lonxe. 4 00:00:43,002 --> 00:00:44,295 Precisas dunha banda. 5 00:00:52,595 --> 00:00:54,931 Has de descubrir en quen podes confiar. 6 00:00:59,852 --> 00:01:02,188 Porque toda historia ten dúas versións. 7 00:01:12,031 --> 00:01:14,700 E ningunha é completamente a verdade. 8 00:01:19,914 --> 00:01:22,208 - Non te preocupes… - Síntoo moito. 9 00:01:22,291 --> 00:01:24,502 - Dickens. - Así é. 10 00:01:24,585 --> 00:01:26,629 Custa saber quen merece confianza. 11 00:01:26,712 --> 00:01:29,257 - Son Kate. - Eu Laura. 12 00:01:33,761 --> 00:01:35,138 CAFÉ PASTELARÍA 13 00:01:38,349 --> 00:01:39,183 Se tes sorte, 14 00:01:39,267 --> 00:01:43,229 atoparás alguén que ve o mundo coma ti… 15 00:01:54,323 --> 00:01:56,826 A PEQUENA DORRIT CHARLES DICKENS 16 00:02:02,331 --> 00:02:05,835 …que quere as mesmas cousas e do mesmo xeito. 17 00:02:15,303 --> 00:02:16,387 Seredes un equipo. 18 00:02:19,515 --> 00:02:21,517 As dúas, soas contra o mundo. 19 00:02:38,868 --> 00:02:39,869 Ou iso crerás. 20 00:02:43,372 --> 00:02:44,207 Que vaia ben. 21 00:02:57,428 --> 00:02:59,972 Porque a confianza pode gañarse, 22 00:03:01,724 --> 00:03:02,934 pode outorgarse… 23 00:03:12,985 --> 00:03:14,987 e pode roubarse. 24 00:03:35,174 --> 00:03:36,425 Mais cando se esfuma… 25 00:03:37,551 --> 00:03:41,555 O número marcado está apagado ou xa non existe. 26 00:03:47,270 --> 00:03:50,189 …desaparece para sempre. 27 00:04:03,452 --> 00:04:08,624 Collín todo o que puiden cargar. Se fose máis forte, serían máis pobres. 28 00:04:09,250 --> 00:04:11,627 Haberá uns dous millóns de dólares seus. 29 00:04:12,753 --> 00:04:16,465 Extraídos hai nove días da cámara acoirazada de Dunne & Company. 30 00:04:17,550 --> 00:04:18,926 Notaron que faltaban? 31 00:04:20,594 --> 00:04:23,264 Non que eu saiba. 32 00:04:23,347 --> 00:04:27,226 Pediume que avaliase a seguridade dos meus competidores. 33 00:04:28,519 --> 00:04:29,645 Acheina deficiente. 34 00:04:30,896 --> 00:04:32,648 E a súa recomendación é… 35 00:04:32,732 --> 00:04:36,485 Vostede e os seus socios teñen unhas necesidades específicas, 36 00:04:36,569 --> 00:04:40,948 unha carteira diversa que precisa certa opacidade 37 00:04:41,615 --> 00:04:45,828 e bens mobles a mercé dun roubo ou das inclemencias. 38 00:04:45,911 --> 00:04:50,750 Polo tanto, suxiro que a súa única opción real de seguridade e privacidade 39 00:04:50,833 --> 00:04:54,128 é a cámara que construín e perfeccionei aquí, en SLS. 40 00:04:56,047 --> 00:04:58,758 O tema é que Aldritch Dunne é amigo meu. 41 00:04:59,967 --> 00:05:01,969 Levo 30 anos co seu banco. 42 00:05:03,220 --> 00:05:04,597 A lealdade é vacua. 43 00:05:04,680 --> 00:05:05,723 A fe morreu. 44 00:05:07,141 --> 00:05:12,730 Ao final do día, só quedará vostede contra os que queren o que ten 45 00:05:14,106 --> 00:05:15,858 e o único que importará será 46 00:05:16,734 --> 00:05:20,946 se os pode manipular mellor ca eles a vostede. 47 00:05:57,566 --> 00:05:59,402 Como conseguir o imposible? 48 00:06:01,278 --> 00:06:03,072 Uníndote a xente de confianza. 49 00:06:13,624 --> 00:06:16,794 Ou na que confías en que o fará ben. 50 00:06:17,503 --> 00:06:18,629 MATERIAL: STAN 51 00:06:32,143 --> 00:06:36,397 Stan, a cociña volve estar con merda do teu loro. 52 00:06:36,480 --> 00:06:38,649 Non é meu e non é un loro, Barbara. 53 00:06:38,732 --> 00:06:41,402 É un dos últimos 50 tucanos de pico acanalado. 54 00:06:41,485 --> 00:06:44,780 E por que está na cociña? Ás seis teño a festa de mallas. 55 00:06:44,864 --> 00:06:48,701 Voullo cambiar a un tipo por unha caixa de Cheval Blanc do 47, 56 00:06:48,784 --> 00:06:51,996 que logo lle cambiarei a ese dentista por un Lotus. 57 00:06:52,079 --> 00:06:55,833 Stan, teño cita co oculista ás tres. 58 00:06:55,916 --> 00:06:57,460 - Lévote. - Que é un Lotus? 59 00:06:57,543 --> 00:06:59,211 - Chegamos tarde. - Un coche. 60 00:06:59,295 --> 00:07:02,423 - Mamá, non baixes, quedan horas. - Un coche para que? 61 00:07:02,506 --> 00:07:06,635 - Non lle gustará que chegue tarde. - É para un amigo. Chegarás á hora! 62 00:07:07,761 --> 00:07:10,806 Xenial. Eu non son de berrar. 63 00:07:12,600 --> 00:07:14,810 O loro irá á picadora de carne, Stan. 64 00:07:16,228 --> 00:07:17,104 Á picadora. 65 00:07:18,522 --> 00:07:20,941 Primeiro, vixía ese ton cando me falas. 66 00:07:21,025 --> 00:07:23,277 Segundo, vas limpar a merda do paxaro. 67 00:07:23,360 --> 00:07:25,696 E terceiro, vas durmir no sofá, Stan! 68 00:07:25,779 --> 00:07:27,698 Vas durmir no sofá! 69 00:07:27,781 --> 00:07:28,824 Quérote! 70 00:07:34,330 --> 00:07:37,583 Don Rossiño, don Rossón sempre xentil e nunca rosmón. 71 00:07:37,666 --> 00:07:39,335 Téñolle esa cousiña. 72 00:07:40,669 --> 00:07:45,799 Os de aduanas crerían que é parmesano. 73 00:07:46,383 --> 00:07:49,762 Eu non son de larvas, mais cada un ten os seus gustos. 74 00:07:49,845 --> 00:07:52,014 Se precisa algo máis, conte comigo. 75 00:07:52,097 --> 00:07:53,557 - Grazas. - Grazas, Stan. 76 00:07:59,605 --> 00:08:03,442 - Ten un quilo de cogomelos máxicos? - Canto teño para cultivalos? 77 00:08:03,526 --> 00:08:04,485 De dous a cinco. 78 00:08:05,903 --> 00:08:07,196 Acurtáronche a pena? 79 00:08:10,366 --> 00:08:11,492 Ven aquí, maldito! 80 00:08:14,328 --> 00:08:16,455 Que tal, xefe? Mimá, compañeiro. 81 00:08:17,081 --> 00:08:18,874 - Como che vai? - Aquí sigo. 82 00:08:18,958 --> 00:08:20,167 - Estás ben? - Estou. 83 00:08:25,339 --> 00:08:26,340 Cal é o botín? 84 00:08:26,423 --> 00:08:30,094 Por que habería de vir por iso? Se cadra vin por un entrecosto. 85 00:08:30,177 --> 00:08:31,178 Retireime, Leo. 86 00:08:33,222 --> 00:08:36,809 Miña nai está fatal da cabeza e Barbara non me deixa en paz. 87 00:08:36,892 --> 00:08:41,814 En serio que me encantaría evadirme deste circo e enrolarme contigo, 88 00:08:41,897 --> 00:08:43,691 mais, prepares o que prepares, 89 00:08:44,567 --> 00:08:46,277 hei de rexeitar a oferta. 90 00:08:48,988 --> 00:08:51,740 Son 7000 millóns, dólar arriba dólar abaixo. 91 00:08:57,955 --> 00:09:01,292 PECHADO, DESCULPEN AS MOLESTIAS 92 00:09:05,296 --> 00:09:06,714 A cámara está soterrada? 93 00:09:06,797 --> 00:09:11,010 Abofé, encastada ben fondo en formigón reforzado con aceiro. 94 00:09:11,760 --> 00:09:12,595 Interesante. 95 00:09:13,804 --> 00:09:14,930 Perforarás a porta? 96 00:09:15,014 --> 00:09:18,601 Hai tres portas chapadas en cobalto de aperitivo. 97 00:09:18,684 --> 00:09:20,394 - Trae o principal. - Non si? 98 00:09:20,477 --> 00:09:24,148 Para achegarse á porta, cómpre pasar por un corredor inferior, 99 00:09:25,149 --> 00:09:29,820 e superar uns sensores biométricos, conectados a unha fonte ininterrompida, 100 00:09:30,613 --> 00:09:34,742 ligada a uns equipos de seguridade armados e con adestramento militar, 101 00:09:35,242 --> 00:09:38,579 listos e dispostos a matar. 102 00:09:38,662 --> 00:09:40,789 Sigo agardando o prato forte. 103 00:09:41,999 --> 00:09:43,208 Os Trixemelgos. 104 00:09:43,292 --> 00:09:46,253 Os irmáns pirómanos do bloque D? 105 00:09:46,879 --> 00:09:49,965 - Concho, esquecera deles. - Estaban tolos de remate. 106 00:09:50,966 --> 00:09:54,470 Non son eses. Os Trixemelgos son uns criminais doutra pasta. 107 00:09:55,346 --> 00:09:56,639 Cho-Young Woo, 108 00:09:57,598 --> 00:10:01,560 accionista maioritario do Jongo, o maior banco privado de Corea. 109 00:10:02,311 --> 00:10:06,774 Dise que é sobriño ou curmán de Kim Jong-Un. 110 00:10:06,857 --> 00:10:08,233 Ninguén ousa preguntar. 111 00:10:09,360 --> 00:10:10,444 Suzanne Grosvenor, 112 00:10:11,362 --> 00:10:13,489 directora bancaria do Duncan-Welsh. 113 00:10:14,031 --> 00:10:16,367 Seica a Raíña a ten en favoritos. 114 00:10:17,660 --> 00:10:20,579 E Stefan Thiele, 115 00:10:21,413 --> 00:10:23,916 director executivo suízo do Banque Brünner, 116 00:10:23,999 --> 00:10:26,794 fundado polo seu tataravó en 1898. 117 00:10:26,877 --> 00:10:31,048 Pode que o seu ouro aínda teña unha ou dúas esvásticas. 118 00:10:32,383 --> 00:10:36,553 Entre os tres controlan medio billón de dólares. 119 00:10:37,846 --> 00:10:39,682 A maior parte téñena en Europa, 120 00:10:40,641 --> 00:10:41,892 mais, hai uns anos 121 00:10:42,726 --> 00:10:46,563 tomaron o control dunha fortuna en bonos ao portador sen garantía. 122 00:10:47,231 --> 00:10:50,776 - Como na Xungla de Cristal? - Exacto, como na película. 123 00:10:51,485 --> 00:10:54,363 Estes bonos impiden rastrexar quen os ten, 124 00:10:54,446 --> 00:10:57,116 por iso a xente os usaba para movidas ilegais. 125 00:10:57,866 --> 00:11:02,121 En 1982, o Goberno dos Estados Unidos plantouse e dixo: 126 00:11:02,705 --> 00:11:04,790 "Todo bono ha de estar rexistrado." 127 00:11:04,873 --> 00:11:09,044 Mais os bonos anteriores ao 82, que andan espallados polo mundo, 128 00:11:09,878 --> 00:11:11,797 aínda se poden cobrar. 129 00:11:11,880 --> 00:11:13,882 Xusto os que teñen os Trixemelgos. 130 00:11:15,008 --> 00:11:17,845 Por valor duns 7000 millóns de dólares. 131 00:11:18,721 --> 00:11:22,808 - E están todos nesa cámara acoirazada? - Aínda non, virán de Europa. 132 00:11:22,891 --> 00:11:27,020 Os Trixemelgos chegaron a un acordo co tipo da cámara para metelos aí. 133 00:11:27,104 --> 00:11:32,609 El asegura que resiste as inclemencias do tempo, as sacudidas e os ladróns. 134 00:11:34,862 --> 00:11:35,696 Xa, claro. 135 00:11:36,405 --> 00:11:38,574 Nun par de semanas atracarémola 136 00:11:38,657 --> 00:11:40,117 e desplumarémolo. 137 00:11:42,035 --> 00:11:43,162 Quen é o obxectivo? 138 00:11:43,704 --> 00:11:45,205 Roger Salas. 139 00:11:49,376 --> 00:11:50,210 Moi ben. 140 00:11:52,379 --> 00:11:54,006 Relaxade, compañeiros. 141 00:11:54,631 --> 00:11:56,967 É un gran éxito para o equipo. 142 00:11:57,634 --> 00:12:01,889 Un aplauso para Hannah, que fixo algo moi especial para nós. 143 00:12:02,556 --> 00:12:06,727 Se logramos contentar os Trixemelgos, o rabaño virá detrás. 144 00:12:06,810 --> 00:12:08,896 Senón, a traballar nunha panadaría. 145 00:12:08,979 --> 00:12:12,399 Carlos comprobará a fondo o historial do persoal clave. 146 00:12:12,483 --> 00:12:16,278 O equipo de Andrew inspeccionará os protocolos de seguridade. 147 00:12:16,361 --> 00:12:18,155 Se algo non cadra, dicídemo. 148 00:12:18,238 --> 00:12:22,034 Chegou a proba do algodón, sairemos vitoriosos ou fracasaremos. 149 00:12:22,117 --> 00:12:23,202 Escoitade. 150 00:12:24,328 --> 00:12:27,289 Hannah, revisa brechas no programa. Rajiv, o código fonte. 151 00:12:27,372 --> 00:12:28,624 Coser e cantar, xefe. 152 00:12:29,625 --> 00:12:30,542 Que opinas? 153 00:12:30,626 --> 00:12:31,960 Segue a ser imposible. 154 00:12:32,711 --> 00:12:35,506 Podería ser posible tendo alguén dentro. Talvez. 155 00:12:36,173 --> 00:12:37,382 Poñamos que o temos. 156 00:12:39,593 --> 00:12:43,931 - Podes conseguir o material? - Canto requirirá un traballo así? 157 00:12:45,682 --> 00:12:47,601 Medio millón de capital inicial? 158 00:12:48,268 --> 00:12:52,648 - Podes conseguilo? - Coñezo alguén de seguridade nas OTB. 159 00:12:52,731 --> 00:12:54,399 Incluámolo e poránolo fácil. 160 00:12:54,483 --> 00:12:56,860 - Un traballo para facer outro. - Exacto. 161 00:13:01,073 --> 00:13:02,616 Non é por nada, tío, mais… 162 00:13:04,868 --> 00:13:09,748 sempre che deron igual o coches, os iates e demais. 163 00:13:11,375 --> 00:13:12,376 Por que arriscar? 164 00:13:13,335 --> 00:13:17,965 - Núbranche a cabeza mil millóns? - Grande o botín, grande o risco. 165 00:13:18,757 --> 00:13:22,553 Temos a ocasión de rectificar todo o que foi mal na nosa vida. 166 00:13:22,636 --> 00:13:26,473 Diría que abondamos ti, eu, un condutor, 167 00:13:27,182 --> 00:13:31,353 un falsificador, alguén de seguridade e talvez un químico. 168 00:13:40,612 --> 00:13:43,824 DEPARTAMENTO DE POLICÍA DE FILADELFIA 169 00:13:50,455 --> 00:13:53,417 Intente sinalar o que viu saír correndo do almacén. 170 00:13:54,167 --> 00:13:57,045 É un pouco complicado, todos teñen a mesma pinta… 171 00:13:57,880 --> 00:13:59,381 de piollentos, sabe? 172 00:14:00,757 --> 00:14:02,676 Mais escoiteino falar. 173 00:14:02,759 --> 00:14:04,344 Creo que dixo, 174 00:14:04,428 --> 00:14:06,054 e perdoe a linguaxe, 175 00:14:06,763 --> 00:14:08,515 "son puto parvo". 176 00:14:09,308 --> 00:14:12,102 Se lles pedise que o dixesen, talvez eu podería… 177 00:14:15,063 --> 00:14:18,191 Quero que todos digan "son puto parvo". 178 00:14:18,275 --> 00:14:20,402 - Número un? - Grazas. 179 00:14:21,153 --> 00:14:22,487 Son puto parvo. 180 00:14:26,742 --> 00:14:27,618 Número dous. 181 00:14:28,660 --> 00:14:30,746 Son parvo, puto parvo. 182 00:14:32,331 --> 00:14:33,874 Non, se cadra o seguinte? 183 00:14:35,876 --> 00:14:37,085 Número tres? 184 00:14:38,295 --> 00:14:42,090 - Son puto parvo. - Foi un pouco rápido, non si? Podo? 185 00:14:43,050 --> 00:14:46,845 Número tres, gustaríame ver como nos vende o parvo que é. 186 00:14:46,929 --> 00:14:48,639 Quero ver que comprende 187 00:14:48,722 --> 00:14:53,060 a parvada supina que foi roubar un almacén de FedEx a plena luz do día, 188 00:14:53,143 --> 00:14:56,104 que debería escoitar cando alguén intenta paralo 189 00:14:56,188 --> 00:14:58,315 e que admite a súa ineptitude 190 00:14:58,398 --> 00:15:01,568 dunha maneira profunda, sincera e espiritual. 191 00:15:09,076 --> 00:15:13,372 Son puto parvo. 192 00:15:17,167 --> 00:15:19,336 Non, e o número catro? 193 00:15:21,964 --> 00:15:22,798 Número catro? 194 00:15:24,549 --> 00:15:27,094 Son puto parvo. 195 00:15:33,392 --> 00:15:36,228 Intenta ser algo menos imbécil a próxima vez, ou? 196 00:15:36,770 --> 00:15:39,439 A próxima vez dilles que non che soa ningún. 197 00:15:39,523 --> 00:15:40,440 Usa a cabeza. 198 00:15:40,524 --> 00:15:44,319 Á próxima estarei na casa rexeitando as túas chamadas do cárcere. 199 00:15:44,403 --> 00:15:47,948 - Rexeitando as miñas chamadas… - Isto non é… 200 00:15:48,031 --> 00:15:49,866 Hostia, non te aturo, Bob. 201 00:15:52,077 --> 00:15:52,911 Ven aquí. 202 00:15:58,917 --> 00:16:00,877 Agarda que fale con estes tipos. 203 00:16:01,545 --> 00:16:02,713 - Vas… - Un segundo. 204 00:16:04,506 --> 00:16:05,674 - Cabrón. - Quérote! 205 00:16:05,757 --> 00:16:06,591 Claro. 206 00:16:11,638 --> 00:16:12,723 Ola, Judy. 207 00:16:13,640 --> 00:16:14,599 Stan. 208 00:16:16,727 --> 00:16:17,686 Estás estupenda. 209 00:16:19,062 --> 00:16:19,896 Ti… 210 00:16:20,939 --> 00:16:21,773 Un pendente? 211 00:16:23,066 --> 00:16:23,900 Pégache. 212 00:16:26,862 --> 00:16:27,946 Xa choveu, eh? 213 00:16:28,030 --> 00:16:28,864 Abofé. 214 00:16:31,366 --> 00:16:33,535 Non quería deixar as cousas así… 215 00:16:33,618 --> 00:16:35,287 - Tranquila. - É que el… 216 00:16:35,370 --> 00:16:36,204 En serio. 217 00:16:36,997 --> 00:16:38,665 A ver, durante un tempo foi… 218 00:16:40,459 --> 00:16:42,836 Mais agora alégrome moito de verte. 219 00:16:42,919 --> 00:16:43,920 Vaites! 220 00:16:45,797 --> 00:16:47,174 Mira quen é. 221 00:16:48,341 --> 00:16:49,968 Que sorpresa tan agradable. 222 00:16:50,677 --> 00:16:52,095 O noso vello amigo Stan. 223 00:16:52,179 --> 00:16:53,764 - Boas, Bob. - Ola! 224 00:16:53,847 --> 00:16:55,640 Sabías que Stan ía estar aquí? 225 00:16:55,724 --> 00:16:56,933 - Non sabía… - Non. 226 00:16:57,017 --> 00:16:57,851 Non o sabía. 227 00:16:57,934 --> 00:17:00,562 Pois vaia sorpresa terte aquí, colega, 228 00:17:01,730 --> 00:17:03,899 sobre todo logo daquela conversa. 229 00:17:04,608 --> 00:17:07,277 Xa sabes, a de que debías quedar en Nova York. 230 00:17:07,819 --> 00:17:10,739 E, aínda así, aquí estás. Vaia detalle. 231 00:17:10,822 --> 00:17:11,656 En Filadelfia, 232 00:17:12,365 --> 00:17:13,200 a nosa cidade. 233 00:17:14,618 --> 00:17:16,995 - A miña. - Ben, dabondo. Que fas aquí? 234 00:17:17,079 --> 00:17:18,997 Teño un colega que quere verte. 235 00:17:19,623 --> 00:17:20,540 Coñézoo? 236 00:17:22,000 --> 00:17:23,668 Non, mais quererás. 237 00:17:30,467 --> 00:17:32,385 Claro que si, ven connosco, Bob. 238 00:17:34,721 --> 00:17:36,139 Panoco fillo de puta. 239 00:17:42,312 --> 00:17:44,940 Creo que precisaremos abrasar as pechaduras 240 00:17:45,816 --> 00:17:47,359 e talvez gasear os gardas. 241 00:17:47,442 --> 00:17:49,694 Eu xogueteo con derivados do fentanil. 242 00:17:52,030 --> 00:17:54,950 - Como se dividirá? - A partes iguais entre todos. 243 00:17:55,033 --> 00:17:55,951 E Bob? 244 00:17:57,244 --> 00:17:58,078 Bob de que? 245 00:17:59,287 --> 00:18:00,288 Que vos traio? 246 00:18:00,372 --> 00:18:04,167 Ola, Jenna, teño unha pregunta sobre as costeletas de porco. 247 00:18:04,251 --> 00:18:07,504 - Son de pasto ou granxa… - Unha hamburguesa, coma min. 248 00:18:08,630 --> 00:18:10,423 - Eu nada. - Non vas comer? 249 00:18:10,507 --> 00:18:12,384 - Non xanto. - Que queres dicir? 250 00:18:12,467 --> 00:18:13,885 Fago unha comida ao día. 251 00:18:14,678 --> 00:18:17,139 Mantenme agudo, sabes? Concentrado. 252 00:18:18,014 --> 00:18:19,766 Tamén dispara a testosterona. 253 00:18:20,433 --> 00:18:22,936 Pois a comida de hoxe é o xantar, carallo. 254 00:18:23,520 --> 00:18:25,105 Hamburguesas para todos. 255 00:18:28,733 --> 00:18:31,319 Eu e a muller somos inseparables, de acordo? 256 00:18:31,403 --> 00:18:34,531 Tedes sorte, as caixas fortes son o meu. Díllelo, ceo. 257 00:18:36,032 --> 00:18:37,117 É moi bo. 258 00:18:37,200 --> 00:18:40,120 Grazas, pero estamos cubertos. Encárgase Leo. 259 00:18:40,203 --> 00:18:41,454 Quen, o xelatina? 260 00:18:42,038 --> 00:18:45,125 Sen ánimo de ofender, contrataríaste para o traballo? 261 00:18:45,208 --> 00:18:46,543 Non tes nin puta… 262 00:18:46,626 --> 00:18:51,298 Unha parte para ela e outra para min, sen caralladas de propiedade colectiva. 263 00:18:52,090 --> 00:18:54,134 Fai o teu traballo e terás o teu. 264 00:18:55,594 --> 00:18:58,013 E o capital inicial? Preciso equipamento. 265 00:18:58,096 --> 00:19:00,891 Sacaría bastante clonando tarxetas de crédito. 266 00:19:00,974 --> 00:19:03,226 Para iso xa teño un traballo nas OTB. 267 00:19:04,978 --> 00:19:07,480 - Como sei que podes facelo? - Non o sabes. 268 00:19:07,981 --> 00:19:11,484 Queda coas chapuzas de aquí e salvándolle o cu a este parvo… 269 00:19:11,568 --> 00:19:12,694 Suposto parvo. 270 00:19:12,777 --> 00:19:16,448 …ou tírate á piscina e sae de apuros para sempre. 271 00:19:22,204 --> 00:19:27,500 Así que a cámara ten sensores biométricos e sistemas de alimentación ininterrompida… 272 00:19:27,584 --> 00:19:30,754 E unha chea de cousas máis que ignoramos, un pesadelo. 273 00:19:30,837 --> 00:19:32,714 Ben vendido, Leo. 274 00:19:34,549 --> 00:19:35,675 Mais preguntádevos: 275 00:19:36,635 --> 00:19:38,595 Como sei as cousas que xa sei? 276 00:19:41,640 --> 00:19:42,974 Tes alguén dentro. 277 00:19:48,521 --> 00:19:50,398 Alguén atravesou o cortalumes. 278 00:19:50,941 --> 00:19:54,027 Accederon cunha lista branca dun paquete informático. 279 00:19:54,110 --> 00:19:55,487 Moi ben pensado. 280 00:19:56,613 --> 00:20:00,867 Sería un sombreiro gris pola graza ou os Trixemelgos poñéndonos a proba. 281 00:20:00,951 --> 00:20:03,954 Pechei os portos e configurei alertas por se volven. 282 00:20:04,037 --> 00:20:06,331 Avisareino se hai novidades. 283 00:20:06,414 --> 00:20:09,292 Ben, dáme igual que sexa tarde. E bo traballo. 284 00:20:09,376 --> 00:20:10,335 Grazas. 285 00:20:10,418 --> 00:20:11,836 Por certo… 286 00:20:13,046 --> 00:20:18,718 - O posto de vicepresidente subalterno… - Decidiremos ao seu tempo, ti segue así. 287 00:20:19,302 --> 00:20:20,136 Claro. 288 00:20:25,517 --> 00:20:27,143 Temos vixiado a Andrew? 289 00:20:27,227 --> 00:20:29,479 Non, mais podemos telo. 290 00:20:36,569 --> 00:20:39,072 Non é o estrés, porque non estou estresada. 291 00:20:39,155 --> 00:20:39,990 Xa, claro. 292 00:20:40,073 --> 00:20:43,785 Xúntase moito e están pescudando os candidatos a vicepresidente. 293 00:20:43,868 --> 00:20:45,829 Así que, se chaman, podes…? 294 00:20:45,912 --> 00:20:48,164 Direilles que mataches a alguén. 295 00:20:50,333 --> 00:20:52,335 Non, prégocho, sé normal. Grazas. 296 00:20:52,419 --> 00:20:55,338 De acordo, pero es unha ladroa. 297 00:20:56,464 --> 00:20:57,924 A camiseta de Hot Topic? 298 00:20:58,008 --> 00:21:00,593 E mamá non para de recordarmo, 299 00:21:00,677 --> 00:21:03,054 o cal é totalmente delicioso. 300 00:21:05,640 --> 00:21:07,684 Para, queres? 301 00:21:07,767 --> 00:21:11,271 - Ti tamén me estresas. - Non estou estresada. 302 00:21:11,354 --> 00:21:15,191 - Traballas 18 horas por diversión? - O traballo é así, próbao ti. 303 00:21:15,275 --> 00:21:18,611 - Traballo en The Collective. - Nun sitio no que paguen. 304 00:21:19,612 --> 00:21:21,031 O de DJ en Berlín, que? 305 00:21:21,114 --> 00:21:25,827 É unha experiencia musical inmersiva, non che vou explicar de novo a diferenza. 306 00:21:25,910 --> 00:21:28,455 Como queiras, pero precísanse cartos 307 00:21:28,538 --> 00:21:31,291 e eu podo conseguirche un traballo no despacho. 308 00:21:31,374 --> 00:21:33,376 Gañarías ben e poderías aforrar. 309 00:21:41,593 --> 00:21:42,427 Que foi? 310 00:21:47,557 --> 00:21:50,727 O estrés? Agora si estou estresada. 311 00:22:02,197 --> 00:22:03,531 Haiche tres agora. 312 00:22:03,615 --> 00:22:06,493 Xa sei, sonche unha chea. 313 00:22:07,619 --> 00:22:10,038 A metade do tempo fochican ou pelexan. 314 00:22:10,121 --> 00:22:13,249 - E lles deixas? - Para que pelexar contra a natureza? 315 00:22:16,336 --> 00:22:19,214 Entón Salas conseguiu o acordo? 316 00:22:19,923 --> 00:22:23,343 Dentro dun mes, os Trixemelgos moverán os seus bonos a SLS. 317 00:22:24,969 --> 00:22:28,056 Precisamos dos mellores en todo para conseguilo. 318 00:22:28,640 --> 00:22:30,308 Ti consegue os documentos. 319 00:22:31,184 --> 00:22:33,895 Ben, conseguireinos 320 00:22:34,396 --> 00:22:37,357 e crearei unha empresa pantalla para mover o botín. 321 00:22:39,275 --> 00:22:41,194 E podo encargarme da seguridade. 322 00:22:44,656 --> 00:22:46,074 Non sei se é o teu. 323 00:22:47,409 --> 00:22:49,035 Queres ver algo chulo? 324 00:22:51,788 --> 00:22:54,374 Abofé que queres ver algo chulo, ven. 325 00:22:55,333 --> 00:22:56,918 Veña, canciños. Movede. 326 00:23:24,863 --> 00:23:25,905 A armería. 327 00:23:28,408 --> 00:23:29,742 Estás ben fornecida. 328 00:23:32,745 --> 00:23:34,664 Mírase cos ollos, Leo. 329 00:23:37,584 --> 00:23:40,211 - Cantas están rexistradas? - A nome de quen? 330 00:23:41,337 --> 00:23:42,797 Non quero ir a fogo. 331 00:23:42,881 --> 00:23:44,507 Claro, ninguén quere. 332 00:23:45,467 --> 00:23:50,597 Mais o éxito é 90 % de preparación e 10 % de munición. 333 00:23:51,389 --> 00:23:54,893 Escoita, podo prover a toda a banda. 334 00:23:57,812 --> 00:23:59,230 Por que o queres facer? 335 00:24:03,318 --> 00:24:04,152 E ti? 336 00:24:07,822 --> 00:24:09,157 Por cumprir un desexo, 337 00:24:10,074 --> 00:24:11,159 polos mil millóns 338 00:24:12,869 --> 00:24:16,122 e por unha nota promisoria pendente dende hai 25 anos. 339 00:24:16,873 --> 00:24:17,957 Quedaremos en paz. 340 00:24:19,334 --> 00:24:20,168 Quedaremos. 341 00:24:23,254 --> 00:24:24,756 - Falla o condutor. - Ben. 342 00:24:25,340 --> 00:24:27,634 A Teddy G trincárono en novembro. 343 00:24:27,717 --> 00:24:30,136 E o tipo ese da marca de nacemento? 344 00:24:30,720 --> 00:24:31,679 - Clyde? - Ese. 345 00:24:32,180 --> 00:24:34,307 - Ten cancro en fase catro. - Hostia. 346 00:24:34,807 --> 00:24:36,267 - Xa. - E Gav Bentley? 347 00:24:38,019 --> 00:24:38,937 Atopou a Deus. 348 00:24:39,020 --> 00:24:40,146 Que cabrón. 349 00:24:40,647 --> 00:24:42,190 - Aleluia. - Abofé. 350 00:24:45,902 --> 00:24:47,904 Que pensas do fochiqueo sen parar? 351 00:25:00,291 --> 00:25:01,751 Canto pode estar así? 352 00:25:02,377 --> 00:25:03,586 Para se llo ordenas. 353 00:25:04,546 --> 00:25:05,380 Un anaco. 354 00:25:06,381 --> 00:25:07,799 É bo rapaz. 355 00:25:07,882 --> 00:25:09,050 Traballa no taller. 356 00:25:09,926 --> 00:25:11,678 Deixo que viva na caravana. 357 00:25:11,761 --> 00:25:13,930 Sabe de coches e de tecnoloxía. 358 00:25:15,181 --> 00:25:17,809 - Confías nel? - Xa o levei a algún traballo. 359 00:25:18,851 --> 00:25:19,686 Dará o talle. 360 00:25:33,366 --> 00:25:34,867 Hostia, perdoe. Ola. 361 00:25:36,077 --> 00:25:40,665 Ola, o xefe non está aquí, pero… 362 00:25:40,748 --> 00:25:43,001 se puidese volver noutro momento, eu… 363 00:25:43,084 --> 00:25:44,294 Tranquilo, raparigo. 364 00:25:44,794 --> 00:25:45,628 Vén comigo. 365 00:25:46,462 --> 00:25:47,964 Ben. Vaia, Leo, ola. 366 00:25:48,047 --> 00:25:49,841 Leo díxome que podes conducir. 367 00:25:50,550 --> 00:25:51,843 Podes conducir, RJ? 368 00:25:52,468 --> 00:25:54,178 Por suposto que podo. 369 00:25:54,262 --> 00:25:56,931 Pero "sabes" conducir? 370 00:26:02,812 --> 00:26:06,316 Crecín coas motos nos 450 de Millville, invicto dende os 12. 371 00:26:06,399 --> 00:26:08,151 Que hai das catro rodas? 372 00:26:08,234 --> 00:26:11,237 Coches, camións, quads e o que sexa. 373 00:26:11,821 --> 00:26:14,449 E unha camioneta coa suspensión modificada? 374 00:26:15,074 --> 00:26:16,159 Por suposto. 375 00:26:16,242 --> 00:26:19,662 E unha camioneta coa suspensión modificada, 376 00:26:19,746 --> 00:26:23,041 con topes de sobrecarga, a 145 quilómetros por hora 377 00:26:23,124 --> 00:26:26,586 e cargada con case dúas toneladas de cargamento ceibo? 378 00:26:30,798 --> 00:26:32,508 Que contra estades a planear? 379 00:26:33,468 --> 00:26:35,720 Esa vella coiraza é grande de collóns. 380 00:26:36,429 --> 00:26:38,389 Ningunha cámara é impenetrable. 381 00:26:38,473 --> 00:26:41,851 Esquecede a cámara acoirazada, o preocupante é o de antes. 382 00:26:42,393 --> 00:26:46,147 E os rabudos armados que se anoxan cando te achegas demasiado. 383 00:26:47,940 --> 00:26:51,152 Dicídeslle que pare dunha puta vez? Teño a man inqueda. 384 00:26:51,235 --> 00:26:53,196 Déixao estar, tío, está pensando. 385 00:26:53,780 --> 00:26:54,614 Oe! 386 00:26:56,240 --> 00:26:58,326 Que significa RJ? 387 00:26:59,327 --> 00:27:00,578 Roy Junior. 388 00:27:00,662 --> 00:27:03,122 Chámaste Roy Junior Junior? 389 00:27:03,623 --> 00:27:08,044 Así é. É un pracer coñecervos a todos, semellades un bo grupo e… 390 00:27:09,921 --> 00:27:11,297 Que fai este aquí? 391 00:27:11,381 --> 00:27:13,341 Pregúntome o mesmo tódolos días. 392 00:27:13,424 --> 00:27:16,177 Para coarvos dentro da caixa, e ti? 393 00:27:17,136 --> 00:27:19,847 Para evitar que acabemos dentro doutra, 394 00:27:19,931 --> 00:27:21,140 onde deberías estar. 395 00:27:23,851 --> 00:27:24,769 En serio? 396 00:27:24,852 --> 00:27:26,729 - Bob. - Manda carallo. 397 00:27:28,481 --> 00:27:29,607 Salas é arrogante. 398 00:27:30,483 --> 00:27:34,404 Cre que os cartos e a tecnoloxía o protexerán e ese será o noso as. 399 00:27:35,154 --> 00:27:37,907 El vai por alto coa tecnoloxía, nós por baixo. 400 00:27:37,990 --> 00:27:42,036 Precisarei unha chea de ácidos, de acordo? Auga rexia, ácido de Caro… 401 00:27:42,120 --> 00:27:45,623 - Escribe a carta e farei de Papá Noel. - Así que Papá Noel. 402 00:27:45,707 --> 00:27:49,168 E como vai a cousa? Hei sentar no teu colo? 403 00:27:49,252 --> 00:27:52,463 Que? Non, quero dicir que… 404 00:27:53,423 --> 00:27:57,260 Xa, fai sentar os cativos no colo, pero non os obriga, porque iso… 405 00:27:57,343 --> 00:28:01,055 Oe, Papá Noel, ti procúrame unhas caixas fortes para practicar. 406 00:28:03,599 --> 00:28:04,517 Que máis? 407 00:28:04,600 --> 00:28:06,853 Precisamos cartos e moitos. 408 00:28:06,936 --> 00:28:08,146 Iso é sinxelo, 409 00:28:08,229 --> 00:28:10,022 onte falei co meu colega Taco. 410 00:28:10,106 --> 00:28:14,902 Sabedes que se esvaras nun dos locais de Wawa podes conseguir 20 000 dólares? 411 00:28:21,909 --> 00:28:23,619 - Que? - Oe… 412 00:28:23,703 --> 00:28:24,746 Vai ao carallo. 413 00:28:25,329 --> 00:28:28,040 Facede todos a vosa lista, logo continuaremos. 414 00:28:34,630 --> 00:28:37,216 Oe, Roger, tes un segundo? 415 00:28:37,300 --> 00:28:38,217 Claro. 416 00:28:38,301 --> 00:28:40,094 Revisei a brecha de seguridade 417 00:28:40,178 --> 00:28:43,639 e semella que o ataque veu de dentro da oficina. 418 00:28:44,432 --> 00:28:46,684 - Dun de aquí? - Estaría no rexistro. 419 00:28:46,768 --> 00:28:48,853 E se modificou a lista branca? 420 00:28:49,520 --> 00:28:53,900 - Tes outras cousas que facer. - Segue con isto, fíate do teu instinto. 421 00:28:59,238 --> 00:29:01,115 Andrew non semella raro hoxe? 422 00:29:01,199 --> 00:29:03,034 Non, é o mamón de sempre. 423 00:29:06,245 --> 00:29:07,205 Non sexas mamón. 424 00:29:07,288 --> 00:29:08,790 E que queres que diga? 425 00:29:08,873 --> 00:29:11,793 Cagouna coa canción e demandárono. É para tanto? 426 00:29:11,876 --> 00:29:13,169 De que falas? 427 00:29:13,252 --> 00:29:15,254 Ninguén lle pediu que a escribise! 428 00:29:16,130 --> 00:29:19,133 - É un clásico. - E. T. xa tiña unha canción. 429 00:29:19,217 --> 00:29:23,513 Se Neil Diamond quere escribirche un tema, acéptalo, ou non? Oe, apóiame. 430 00:29:23,596 --> 00:29:26,098 Veña, calmádevos todos. 431 00:29:26,682 --> 00:29:28,017 Como vai o das listas? 432 00:29:28,684 --> 00:29:29,894 Canto é entre todas? 433 00:29:30,478 --> 00:29:34,190 Son 350 000, moito para tan pouco tempo. 434 00:29:38,569 --> 00:29:39,987 Quen se sente con sorte? 435 00:29:41,322 --> 00:29:42,573 APOSTAS FÓRA DE PISTA 436 00:29:42,949 --> 00:29:47,036 As Apostas Fóra de Pista de Garden City recadan tres millóns a diario. 437 00:29:47,119 --> 00:29:48,621 A maioría volve ao curso, 438 00:29:48,704 --> 00:29:52,250 mais a oficina de seguridade sempre ten un millón en reserva. 439 00:29:52,333 --> 00:29:54,502 E sei como entrar fácil. 440 00:29:54,585 --> 00:29:56,045 O plan ten cinco partes. 441 00:29:56,128 --> 00:29:57,255 PECHE DE LOCAIS OTB 442 00:29:57,338 --> 00:30:00,925 - Haberá que conseguilos noutra parte. - Que putada. 443 00:30:01,008 --> 00:30:03,219 Que carallo lle pasa ao mundo? 444 00:30:03,302 --> 00:30:07,223 Se imos co esencial, podería reducir o montante a 300 000 dólares. 445 00:30:07,306 --> 00:30:09,308 Ninguén nos prestará eses cartos. 446 00:30:09,392 --> 00:30:10,768 - Ava? - Non. 447 00:30:10,852 --> 00:30:12,186 Non teño esa liquidez. 448 00:30:13,479 --> 00:30:14,772 Nun par de meses? 449 00:30:14,856 --> 00:30:16,190 Non temos tanto tempo. 450 00:30:19,443 --> 00:30:23,364 Vánsenos escapar 7000 millóns por non conseguirmos 300 000 axiña? 451 00:30:23,447 --> 00:30:24,574 Iso semella. 452 00:30:27,827 --> 00:30:29,620 Sempre temos a vía Diamante. 453 00:30:33,457 --> 00:30:35,668 Agora ben que escoitades, eh babecos. 454 00:30:37,962 --> 00:30:43,092 O 99 % dos diamantes que entran no país chegan á rúa 47, entre a Quinta e a Sexta. 455 00:30:43,968 --> 00:30:47,847 Chámana a vía Diamante e comezou na Segunda Guerra Mundial, 456 00:30:47,930 --> 00:30:51,392 cando os xudeus fuxiron co negocio de Ámsterdam á Midtown. 457 00:30:52,268 --> 00:30:56,355 Agora hai rusos, xudeus hasids, israelís, surasiáticos… 458 00:30:57,398 --> 00:30:58,482 METRO DE NOVA YORK 459 00:30:58,983 --> 00:31:03,070 Ingresan 24 000 millóns ao ano e teñen os collóns para avalalos. 460 00:31:06,324 --> 00:31:09,243 Hai 4000 cámaras de seguridade na rúa 461 00:31:10,077 --> 00:31:13,539 e gardas de paisano que se fan pasar por turistas. 462 00:31:13,623 --> 00:31:15,958 Nada semella de perfil baixo. 463 00:31:16,042 --> 00:31:18,920 Xefe, ás veces cómpre romper un par de pernas. 464 00:31:30,264 --> 00:31:31,557 Está ben bo o polo. 465 00:31:31,641 --> 00:31:35,186 O segredo está nun ingrediente da salsa branca, o sumagre. 466 00:31:35,269 --> 00:31:37,772 Vasme aprender que é o sumagre, branquiño? 467 00:31:39,023 --> 00:31:40,066 Ves os gardas? 468 00:31:40,733 --> 00:31:45,404 Un con camisa vermella, que nin disimula, e un con chaqueta gris, a tres metros. 469 00:31:48,616 --> 00:31:49,450 E en fronte? 470 00:31:51,452 --> 00:31:56,666 Un tipo coas mans nos petos, como cando estás completamente relaxado. 471 00:31:57,541 --> 00:32:00,753 E o amigo olla os escaparates de costas, o normal. 472 00:32:03,965 --> 00:32:05,633 Seguro que funcionará? 473 00:32:05,716 --> 00:32:07,635 Só hai unha maneira de sabelo. 474 00:32:15,685 --> 00:32:19,522 Veña, xente, seguide o plan. Entrade e saíde. 475 00:32:19,605 --> 00:32:20,815 Aí vai. 476 00:32:54,515 --> 00:32:56,684 Noventa segundos, arreando. 477 00:33:15,619 --> 00:33:17,621 Vamos! 478 00:33:20,958 --> 00:33:22,126 Setenta segundos. 479 00:33:30,384 --> 00:33:31,552 Poñendo as cargas. 480 00:33:33,304 --> 00:33:34,221 A cuberto! 481 00:33:36,682 --> 00:33:38,100 A cuberto! 482 00:33:47,026 --> 00:33:48,027 Trinta segundos! 483 00:33:54,116 --> 00:33:55,284 Dez segundos! 484 00:33:58,370 --> 00:33:59,747 Acabouse o tempo, fóra. 485 00:33:59,830 --> 00:34:04,168 Veña, xa está. Marchamos! 486 00:34:04,251 --> 00:34:05,878 Dáme un segundo, carallo. 487 00:34:05,961 --> 00:34:07,880 Bob, escóitao, sae de aí. 488 00:34:07,963 --> 00:34:11,217 Bob, xa temos polo que viñemos. Vamos. 489 00:34:11,884 --> 00:34:13,677 - Arreando. - Vou por el. 490 00:34:13,761 --> 00:34:15,513 - Stan. - Vou por el. 491 00:34:27,316 --> 00:34:30,069 Veña, hai que liscar! 492 00:34:30,152 --> 00:34:31,403 Non volvas tocarme! 493 00:34:38,619 --> 00:34:40,162 - Está aí. - Non se mova! 494 00:34:48,838 --> 00:34:49,922 Stan, vámonos xa! 495 00:34:53,509 --> 00:34:55,427 Aquí RJ, subindo pola Sexta. 496 00:35:00,182 --> 00:35:04,228 Tíos, paro na 47, non podo agardar moito. 497 00:35:05,855 --> 00:35:08,149 Ben, imos entrar no pasadizo do metro. 498 00:35:08,232 --> 00:35:09,567 Vémonos no outro lado. 499 00:35:11,944 --> 00:35:13,320 Veña. 500 00:35:15,406 --> 00:35:16,240 Están aquí. 501 00:35:16,866 --> 00:35:19,285 - Arreade. - Veña, vamos. 502 00:35:19,869 --> 00:35:22,454 Veña, entrade. 503 00:35:22,538 --> 00:35:24,707 Arreade a dentro! 504 00:35:24,790 --> 00:35:26,667 - Veña! - Vamos, cariño! 505 00:35:26,750 --> 00:35:28,127 Cago en diola, Bob! 506 00:35:41,599 --> 00:35:43,684 Aínda no respondeu. 507 00:35:43,767 --> 00:35:45,477 Estás mellor sen ese cabrón. 508 00:35:46,395 --> 00:35:49,231 Por algo durastes canto, dúas semanas? 509 00:35:49,315 --> 00:35:52,443 Podería amosar un mínimo interese pola súa cativa. 510 00:35:54,403 --> 00:35:55,321 Entón, vas… 511 00:35:56,780 --> 00:35:57,698 telo? 512 00:35:58,365 --> 00:35:59,450 Pois non sei. 513 00:36:01,035 --> 00:36:02,703 Tería que cambiar todo. 514 00:36:02,786 --> 00:36:05,789 Mudar de traballo, de vida… 515 00:36:07,499 --> 00:36:08,834 estar nun lugar calmo. 516 00:36:08,918 --> 00:36:10,628 Temos novas de última hora. 517 00:36:11,212 --> 00:36:17,843 Houbo disparos e usáronse granadas de fume na rúa 47, na Midtown de Manhattan, 518 00:36:17,927 --> 00:36:19,011 onde un descarado… 519 00:36:19,094 --> 00:36:23,140 Esa é a maneira de facer cartos. 520 00:36:23,224 --> 00:36:25,059 Que hai dun traballo decente? 521 00:36:26,393 --> 00:36:27,603 Decidiches algo? 522 00:36:28,354 --> 00:36:30,940 A naiciña vaime ensinar a tomar decisións? 523 00:36:31,482 --> 00:36:33,484 - Iso fas? - Ben. 524 00:36:34,777 --> 00:36:35,819 Non! 525 00:36:38,989 --> 00:36:40,282 Téñoo! 526 00:36:40,866 --> 00:36:41,784 Xa! 527 00:36:43,160 --> 00:36:44,495 Hostia. Vicodin. 528 00:36:44,578 --> 00:36:47,915 - Como foi? - Ben, moi ben. Sepárao. 529 00:36:47,998 --> 00:36:49,500 - Son tendóns? - Sonche. 530 00:36:49,583 --> 00:36:52,211 - Mi madriña, sonche. - Podes pechar a man? 531 00:36:52,294 --> 00:36:54,380 Ti que pensas? Cres que podo? 532 00:36:54,964 --> 00:36:58,342 - Pouco máis podo facer. - Dixeches que sabías que facías! 533 00:36:58,425 --> 00:37:01,262 - Falo ti? Adiante! - Non dixen que era cirurxiá. 534 00:37:01,345 --> 00:37:04,848 Non estariamos nesta situación se non fose un puto cobizoso. 535 00:37:04,932 --> 00:37:06,517 Cartos espesos, tíos! 536 00:37:07,851 --> 00:37:08,686 Hostia puta! 537 00:37:08,769 --> 00:37:12,022 - Pode abrir a caixa cunha man? - É a pregunta dos 7000. 538 00:37:17,278 --> 00:37:19,405 Queres que me plante aquí? 539 00:37:19,488 --> 00:37:23,659 "Ostras, Hannah, grazas. Que oportunidade! Vaime cambiar a vida." 540 00:37:23,742 --> 00:37:25,411 Eu non falo así. 541 00:37:26,078 --> 00:37:29,790 Ordena o correo e trae ao despacho os documentos de gran volume. 542 00:37:29,873 --> 00:37:32,918 Entón vou mover papel. Serei unha movedora de papel? 543 00:37:33,002 --> 00:37:36,547 Tal cal, ademais hai un ruído atronador aquí. 544 00:37:38,590 --> 00:37:39,842 Un regalo de benvida. 545 00:37:41,510 --> 00:37:43,554 Isto si é bo, abofé. 546 00:37:45,222 --> 00:37:46,849 Contra, que ben. 547 00:37:52,021 --> 00:37:54,189 Ola, Roger quere verte. 548 00:37:57,526 --> 00:37:58,360 Hei marchar. 549 00:37:58,902 --> 00:38:00,279 - Quérote! - Quérote! 550 00:38:07,578 --> 00:38:08,412 Sorte. 551 00:38:11,749 --> 00:38:15,961 Ben, vaiamos ao gran. Rajiv, parabéns. 552 00:38:16,045 --> 00:38:18,380 Hannah, responderás ante Rajiv. 553 00:38:18,464 --> 00:38:23,344 A primeira tarefa como vicepresidente subalterno é falarme dos parrulos de goma. 554 00:38:23,427 --> 00:38:25,679 Son teclados inxectables. 555 00:38:26,347 --> 00:38:28,474 Normalmente se meten nun pincho USB. 556 00:38:28,557 --> 00:38:29,600 Para que se usan? 557 00:38:29,683 --> 00:38:32,811 Para executar comandos automaticamente ao conectalos? 558 00:38:32,895 --> 00:38:36,482 Exacto, e empregouse un para extraer datos do noso servidor. 559 00:38:36,565 --> 00:38:41,403 Atopamos a IPv6 e cotexámola co enderezo MAC que achaches, a fonte da filtración. 560 00:38:41,487 --> 00:38:46,367 Rajiv, non che parece curioso que Hannah, experta en penetracións da seguridade, 561 00:38:46,950 --> 00:38:50,662 alertase dun dispositivo que podería programar e usar ela mesma? 562 00:38:51,246 --> 00:38:54,500 Lembra que agora es o seu supervisor, responde como tal. 563 00:38:55,876 --> 00:38:56,752 Si? 564 00:38:56,835 --> 00:38:59,129 Mais ignoraches a súa advertencia. 565 00:38:59,213 --> 00:39:02,341 Non, pensei que ser cautos… 566 00:39:02,424 --> 00:39:04,009 Non puido estar implicado. 567 00:39:04,093 --> 00:39:05,052 Xa o sei. 568 00:39:06,553 --> 00:39:08,806 Carlos estivo vixiándoos esta semana. 569 00:39:09,598 --> 00:39:12,309 Puxo unha pílula velenosa nos datos. 570 00:39:12,393 --> 00:39:17,439 Así, quen quere sacar algo é rastrexado automaticamente. E temos un nome. 571 00:39:18,065 --> 00:39:20,609 Carlos procurou no despacho do sospeitoso. 572 00:39:26,031 --> 00:39:27,116 Baleira a bolsa. 573 00:39:28,575 --> 00:39:31,245 Que? Non entendo. 574 00:39:32,746 --> 00:39:33,956 Isto é absurdo. 575 00:39:34,540 --> 00:39:37,042 Pois ben, adiante. 576 00:39:40,295 --> 00:39:42,172 Non sei que agardades atopar. 577 00:40:01,150 --> 00:40:02,651 Non sei que é iso. 578 00:40:06,405 --> 00:40:08,907 Levaron as túas cousas ao vestíbulo. 579 00:40:08,991 --> 00:40:12,202 Non, xúroche que non teño nada que ver con isto. 580 00:40:12,286 --> 00:40:14,121 Hannah, dillo. Rajiv… 581 00:40:14,204 --> 00:40:17,082 Diremos que marchaches pasar tempo coa familia. 582 00:40:17,166 --> 00:40:20,711 Dille o máis mínimo a alguén sobre a infiltración no sistema 583 00:40:21,253 --> 00:40:23,630 e arruinarei a vida a todo quen coñeces. 584 00:40:31,972 --> 00:40:33,223 Hannah, unha cousiña. 585 00:40:34,683 --> 00:40:35,517 Pecha a porta. 586 00:40:40,397 --> 00:40:41,440 Vaia semana, non? 587 00:40:42,691 --> 00:40:45,110 - Andrew, eu… - Reláxate, Hannah, respira. 588 00:40:46,403 --> 00:40:49,907 - Canto levamos traballando xuntos? - Case oito anos. 589 00:40:49,990 --> 00:40:53,994 Creo que chegou a hora de teres novas responsabilidades. 590 00:40:54,703 --> 00:40:56,413 Non conseguiu o posto Rajiv? 591 00:40:56,497 --> 00:41:00,209 O de subalterno. Andrew non está e falla un vicepresidente xefe. 592 00:41:00,292 --> 00:41:01,668 Alguén de confianza. 593 00:41:02,669 --> 00:41:06,507 - Non queres o posto? - Abofé que si. 594 00:41:06,590 --> 00:41:09,593 O do embarazo non é un problema, se non o é para ti. 595 00:41:11,595 --> 00:41:13,096 Mudaches ao descafeinado. 596 00:41:13,639 --> 00:41:15,599 Como Sakura cando estaba encinta. 597 00:41:17,976 --> 00:41:20,854 Non afectará a nada. 598 00:41:20,938 --> 00:41:22,356 A familia afecta a todo. 599 00:41:22,439 --> 00:41:24,441 Que non che nubre o xuízo. 600 00:41:24,942 --> 00:41:28,070 Carlos prepararache a nova autorización de seguridade. 601 00:41:28,946 --> 00:41:29,905 Grazas, Roger. 602 00:41:59,309 --> 00:42:01,103 Cada vez semella máis pequena. 603 00:42:02,229 --> 00:42:04,856 E os días pasan máis axiña. 604 00:42:06,191 --> 00:42:07,192 Camiña comigo. 605 00:42:09,778 --> 00:42:11,029 Cal é a súa historia? 606 00:42:11,113 --> 00:42:14,950 - Déixao. - Veña, adorábalo. Pregábasme que… 607 00:42:15,033 --> 00:42:15,909 Estou dentro. 608 00:42:17,661 --> 00:42:19,079 Son vicepresidenta xefa. 609 00:42:20,747 --> 00:42:23,709 Terei fotos e acceso coas tarxetas, mais non total. 610 00:42:24,334 --> 00:42:25,168 Sen problema. 611 00:42:25,752 --> 00:42:29,298 Nin os datos da alarma, a chave ou os códigos de temperatura. 612 00:42:29,798 --> 00:42:32,301 - Tenos Roger. - E nós a porta traseira. 613 00:42:32,384 --> 00:42:34,595 Estás no lugar e no momento precisos. 614 00:42:35,887 --> 00:42:37,014 Non é o bo momento. 615 00:42:37,097 --> 00:42:40,017 - É a única ocasión. - Sabes de quen son os bonos? 616 00:42:40,100 --> 00:42:42,019 É absurdo roubarlles aos pobres. 617 00:42:42,811 --> 00:42:47,566 Os Trixemelgos non son dos que lles podes roubar e logo desaparecer. Atoparante. 618 00:42:48,150 --> 00:42:48,984 Matarante. 619 00:42:49,860 --> 00:42:51,778 Dáseme ben evitar que me atopen. 620 00:42:53,905 --> 00:42:57,200 Poñamos que o conseguimos e non acabamos mortos. E logo? 621 00:42:57,284 --> 00:42:58,535 O mundo será mellor. 622 00:42:59,536 --> 00:43:02,205 - Case creo que o pensas. - Que ten de raro? 623 00:43:02,289 --> 00:43:04,207 Se Roger cae, SLS derrubarase… 624 00:43:04,291 --> 00:43:06,793 - Esa é a idea. - …e tamén a miña carreira. 625 00:43:07,794 --> 00:43:09,087 Non son coma ti, eu… 626 00:43:10,172 --> 00:43:13,675 - Como quedo se a atracan tras o ascenso? - Serás rica. 627 00:43:19,556 --> 00:43:20,807 Poderíate parar. 628 00:43:22,768 --> 00:43:23,894 Sei dos teus plans. 629 00:43:23,977 --> 00:43:25,771 Non se trata dos meus plans, 630 00:43:26,688 --> 00:43:28,482 senón dos nosos. 631 00:43:28,565 --> 00:43:32,235 Escoita, levamos sete anos argallando isto. 632 00:43:32,319 --> 00:43:34,488 En sete anos non dixeches nin mu 633 00:43:34,571 --> 00:43:37,199 e agora que xa estamos aquí, ao bordo, vés e… 634 00:43:40,869 --> 00:43:43,955 Se hai algo máis que habería saber… 635 00:43:48,835 --> 00:43:49,920 É o que vas facer. 636 00:43:50,921 --> 00:43:53,215 Non, o que imos facer. 637 00:44:56,069 --> 00:44:58,113 A lealdade non ten prezo. 638 00:44:58,822 --> 00:45:00,198 A fe morreu. 639 00:45:01,283 --> 00:45:04,995 Ao final do día, só quedarás ti 640 00:45:05,620 --> 00:45:08,039 contra os que queren o que tes. 641 00:45:09,207 --> 00:45:11,084 E o único que importará será 642 00:45:12,377 --> 00:45:17,007 se os podes manipular mellor ca eles a ti. 643 00:46:55,856 --> 00:47:00,861 Subtítulos: Bruno Martínez Pita