1 00:00:15,557 --> 00:00:18,518 ENTRANDO NO EPISODIO ROSA: SEIS MESES TRAS O ATRACO 2 00:00:38,329 --> 00:00:41,750 Este é Bob Goodwin, un ladrón de pouca monta de Filadelfia, 3 00:00:41,833 --> 00:00:44,878 famoso por roubar caixas fortes e tropezar el só. 4 00:00:44,961 --> 00:00:47,130 É exaltado e gústalle a camorra. 5 00:00:47,839 --> 00:00:52,302 O atraco na vía Diamante pégalle. Ten grandes ambicións, mais é torpe. 6 00:00:52,886 --> 00:00:56,723 Teño a teoría de que o da vía Diamante financiou outra operación, 7 00:00:56,806 --> 00:00:59,976 o atraco a SLS, levado a cabo pola mesma banda. 8 00:01:00,060 --> 00:01:00,894 CÁMARA ACOIRAZADA 9 00:01:00,977 --> 00:01:02,437 Canda Bob, a súa muller… 10 00:01:02,520 --> 00:01:04,147 JUDY GOODWIN: EXPLOSIVOS 11 00:01:04,230 --> 00:01:06,357 AVA MERCER: ARMAS 12 00:01:06,441 --> 00:01:08,818 STAN LOOMIS: CONTRABANDISTA 13 00:01:08,902 --> 00:01:11,071 RJ ACOSTA: CONDUTOR 14 00:01:11,571 --> 00:01:13,490 RAY VERNON: CEREBRO 15 00:01:13,573 --> 00:01:15,617 …tamén coñecido como Leo Pap, 16 00:01:16,701 --> 00:01:18,995 o cerebro da operación. 17 00:01:19,537 --> 00:01:22,040 Se Bob é o aceite, Leo é a auga. 18 00:01:22,540 --> 00:01:24,626 É frío, calmo, preciso. 19 00:01:25,460 --> 00:01:26,294 Merda. 20 00:01:26,377 --> 00:01:28,505 O líder ten un amplo historial, 21 00:01:29,464 --> 00:01:31,925 con cargos múltiples por furto maior, 22 00:01:32,008 --> 00:01:34,969 estafa telemática, incendio provocado e homicidio. 23 00:01:35,678 --> 00:01:39,224 Creo que catro semanas tras o roubo das xoias na vía Diamante 24 00:01:39,307 --> 00:01:41,643 esta banda atracou a acoirazada de SLS, 25 00:01:41,726 --> 00:01:45,230 a cámara privada máis segura de Nova York e talvez do mundo. 26 00:01:45,939 --> 00:01:50,235 Miles de millóns en bonos ao portador sen garantía desapareceron esa noite 27 00:01:50,318 --> 00:01:52,153 e non temos idea de onde están. 28 00:01:53,905 --> 00:01:56,116 O que si temos son varios cadáveres 29 00:01:56,199 --> 00:01:59,327 e unha banda que se esfumou e segue desaparecida. 30 00:02:00,620 --> 00:02:03,289 Pasemos ás vítimas, os Trixemelgos. 31 00:02:04,124 --> 00:02:08,044 Stefan Thiele, Suzanne Grosvenor, e Cho-Young Woo. 32 00:02:08,545 --> 00:02:11,381 Estes banqueiros gardaban activos na cámara. 33 00:02:11,881 --> 00:02:14,134 Unha semana tras a operación en SLS, 34 00:02:14,217 --> 00:02:17,804 reclamaron ao seguro o pago dos bonos que perderon no atraco. 35 00:02:18,471 --> 00:02:21,516 Desafortunadamente, son reticentes a falar connosco. 36 00:02:21,599 --> 00:02:26,896 E, finalmente, Graham Davies, tamén coñecido como Roger Salas, 37 00:02:27,522 --> 00:02:30,859 propietario de SLS e da cámara acoirazada que roubaron. 38 00:02:30,942 --> 00:02:35,905 Cumpre condena por furto agravado, suplantación de identidade e asasinato. 39 00:02:37,949 --> 00:02:41,161 Quero saber como se saíron coa súa no atraco do século. 40 00:02:41,870 --> 00:02:44,956 Quero saber quen se enriqueceu e a quen lla xogaron. 41 00:02:58,845 --> 00:03:02,515 Esta é unha chamada automatizada do correccional de Washington. 42 00:03:02,599 --> 00:03:04,976 A súa solicitude para visitar o recluso… 43 00:03:05,059 --> 00:03:10,565 21800-905. 44 00:03:10,648 --> 00:03:12,025 …foi aprobada. 45 00:03:12,692 --> 00:03:15,236 Por favor, chegue pola porta sur de visitas. 46 00:03:43,806 --> 00:03:45,433 Suponse que te coñezo? 47 00:03:52,607 --> 00:03:53,566 Que é iso? 48 00:04:10,250 --> 00:04:13,586 Ola, Graham, chámome Bob. 49 00:04:13,670 --> 00:04:17,966 Formaba parte da banda que atracou a túa cámara e roubou todo o que tiñas. 50 00:04:18,591 --> 00:04:23,805 Meu compañeiros liscaron coa miña parte, tentaron matarme e roubáronme miña esposa. 51 00:04:24,389 --> 00:04:26,766 Viven coma porcos na casa dos manxares, 52 00:04:26,849 --> 00:04:30,103 mentres ti podreces no cárcere e eu chucho cubos de xeo. 53 00:04:31,646 --> 00:04:32,814 Que queres de min? 54 00:04:35,817 --> 00:04:37,193 Quero a miña parte. 55 00:04:37,277 --> 00:04:38,903 Quero a miña esposa. 56 00:04:38,987 --> 00:04:42,240 Pásame 50 000 e recuperarei os teus cartos. 57 00:04:42,865 --> 00:04:44,659 Repartirémolo a partes iguais. 58 00:04:46,077 --> 00:04:48,454 Que carallo vou facer cos cartos? 59 00:04:48,538 --> 00:04:50,081 Cumpro 20 anos de condena. 60 00:04:50,581 --> 00:04:53,626 Devolverasme a miña maldita vida? Podes facer iso? 61 00:04:54,752 --> 00:04:57,839 Miña esposa, meu rapaz, a miña empresa. Perdino todo. 62 00:05:04,178 --> 00:05:06,556 Aínda podes conseguir unha cousa. 63 00:05:08,224 --> 00:05:09,058 O que? 64 00:05:17,442 --> 00:05:18,609 Vingarte. 65 00:05:24,699 --> 00:05:26,326 Dareiche 20 000 dólares, 66 00:05:27,493 --> 00:05:28,536 cunha condición. 67 00:05:37,503 --> 00:05:40,840 Mata a Leo Pap. 68 00:06:14,957 --> 00:06:19,212 …o mes pasado, pensabamos que serían uns retoques estéticos aquí e acolá 69 00:06:19,962 --> 00:06:23,174 e algunha cousiña estrutural, mais isto foise das mans. 70 00:06:23,257 --> 00:06:26,511 A casa, no seu estado actual, está nos cimentos. 71 00:06:26,594 --> 00:06:30,223 Conseguimos abrir o muro que… 72 00:06:30,306 --> 00:06:32,642 Ao parecer non era de carga. 73 00:06:32,725 --> 00:06:35,019 Comezamos co armazón, para podermos… 74 00:06:35,103 --> 00:06:36,354 Ola, Leo, son Stan. 75 00:06:36,437 --> 00:06:37,355 NÚMERO DESCOÑECIDO 76 00:06:37,438 --> 00:06:39,774 Agardo que collas o teléfono algún día. 77 00:06:39,857 --> 00:06:43,986 Eu e Jude queremos saír do país e precisamos pasaporte e documentación. 78 00:06:44,070 --> 00:06:46,572 Acábansenos os cartos, coma a ti, imaxino, 79 00:06:46,656 --> 00:06:50,576 mais saber onde están os bonos sería de gran axuda, sabes? Adeus. 80 00:06:50,660 --> 00:06:53,663 NÚMERO DESCOÑECIDO FOLLY BEACH, CAROLINA DO SUR 81 00:06:59,377 --> 00:07:00,294 Un, dous… 82 00:07:04,173 --> 00:07:07,802 Isto é todo? Tres míseras pistolas? Estás de chola, ou? 83 00:07:08,803 --> 00:07:10,346 De que carallo nos serve? 84 00:07:10,430 --> 00:07:14,058 Os documentos falsos son 5 e o resto non dá para cavar tombas. 85 00:07:17,228 --> 00:07:22,108 Volve con máis pistolas e cazaremos a quen queiras e cortarémolo en anaquiños. 86 00:07:22,191 --> 00:07:23,359 Ao estilo cosaco. 87 00:07:23,443 --> 00:07:25,403 - Non has parar? - Que tes? 88 00:07:25,486 --> 00:07:27,405 Ninguén sabe que significa. 89 00:07:27,488 --> 00:07:31,617 Eu que sei, talvez aprenderon algo. Os cosacos eran brutos de carallo. 90 00:07:33,619 --> 00:07:34,745 - Oe! - Que? 91 00:07:35,371 --> 00:07:36,747 Impórtache? 92 00:07:37,498 --> 00:07:39,250 Precisas uns bluetooths, tío. 93 00:07:39,333 --> 00:07:40,501 - Blueteeth. - Que? 94 00:07:41,586 --> 00:07:43,713 Blueteeth. Teeth, dente en plural! 95 00:07:43,796 --> 00:07:46,424 - Claro, dentes. - Ou dis rabaño de "ovella"? 96 00:07:47,592 --> 00:07:51,721 Eu encárgome da caza e da matanza, vós cubrídesme. 97 00:07:51,804 --> 00:07:55,308 Cando rematemos, quedaredes con parte do que recupere. 98 00:08:00,688 --> 00:08:03,107 - Canto sacastes da cámara esa? - Iso. 99 00:08:07,570 --> 00:08:11,824 Sete, cero, cero, cero, 100 00:08:11,908 --> 00:08:17,622 cero, cero, cero, cero, cero, ce… 101 00:08:19,665 --> 00:08:25,379 Este é unha marabilla, con notas picantes de bálsamo e un aloumiño salgado. 102 00:08:26,923 --> 00:08:28,341 Este e de Colares, 103 00:08:29,800 --> 00:08:33,513 onde as vides medran nas dunas de area, bañadas pola sal do mar. 104 00:08:35,723 --> 00:08:36,557 Saboréaa? 105 00:08:38,184 --> 00:08:39,227 Estou alí. 106 00:08:39,310 --> 00:08:41,562 É un Adega Regional do 1968. 107 00:08:41,646 --> 00:08:42,939 Canto pide? 108 00:08:43,022 --> 00:08:44,440 Só me queda unha caixa, 109 00:08:44,524 --> 00:08:48,444 así que podo venderlle tres botellas a 300 cada unha. 110 00:08:49,320 --> 00:08:50,738 - E a 100? - Desculpe. 111 00:08:50,821 --> 00:08:53,449 Perdón por escoitalos, é un Adega Regional? 112 00:08:53,533 --> 00:08:55,576 - Abofé. - Do 1968? Podo? 113 00:09:01,040 --> 00:09:04,835 Non sei como conseguiu unha caixa enteira, dubido que legalmente. 114 00:09:04,919 --> 00:09:07,964 Talvez o delito sexa desperdicialo neste minibar. 115 00:09:08,047 --> 00:09:11,092 Perdoe, mais estamos nunha negociación privada. 116 00:09:11,175 --> 00:09:16,097 Xa o sei, descoide. Escoite, pagareille 200 por compartir esta botella comigo 117 00:09:16,180 --> 00:09:18,891 e 2000 dólares pola caixa enteira. 118 00:09:18,975 --> 00:09:20,935 Tres mil pola caixa enteira. 119 00:09:22,478 --> 00:09:23,312 Eu… 120 00:09:24,897 --> 00:09:25,731 Vendida. 121 00:09:26,357 --> 00:09:28,985 Mais escriba a carallada das dunas de area. 122 00:09:29,068 --> 00:09:32,113 O meu socio ten un restaurante, porao no menú. 123 00:09:32,905 --> 00:09:33,739 No menú? 124 00:09:38,828 --> 00:09:41,706 Síntoo moito, mais non podo. 125 00:09:46,961 --> 00:09:49,964 Oe, Stan. Que carallo, tío? Veña, volvamos. 126 00:09:50,047 --> 00:09:51,924 - Ía vendelo. - Xa. 127 00:09:52,008 --> 00:09:55,761 E se unha vella ve que paga 300 por unha copa de Two Buck Chuck? 128 00:09:55,845 --> 00:10:00,016 - Canto tardarán en atoparnos? - Notan o que lles dis, así é o viño. 129 00:10:00,099 --> 00:10:02,768 - Para nada. - Cambia o acento e todo irá ben. 130 00:10:02,852 --> 00:10:05,521 Eu non critico o teu británico ou o que fagas. 131 00:10:10,234 --> 00:10:11,068 RJ? 132 00:10:14,572 --> 00:10:15,948 Que dis? 133 00:10:17,408 --> 00:10:19,910 Jude, estás ben? 134 00:10:21,662 --> 00:10:22,913 Oe. 135 00:10:26,917 --> 00:10:28,252 Pronto sairemos desta. 136 00:10:28,836 --> 00:10:29,754 Como? 137 00:10:29,837 --> 00:10:33,215 Chamei a Leo, só temos que aguantar. 138 00:10:33,299 --> 00:10:36,552 Traerá os pasaportes, a documentación e todo. 139 00:10:37,470 --> 00:10:39,221 Falaches con Leo de verdade? 140 00:10:42,266 --> 00:10:44,101 Envieille unha mensaxe potente. 141 00:10:44,185 --> 00:10:46,520 Escoita, non nos vai deixar tirados. 142 00:10:46,604 --> 00:10:48,064 - Prométocho. - Ó, Stan. 143 00:10:49,565 --> 00:10:53,444 Iso non pasará, sábelo? O teu mellor amigo non virá rescatarte. 144 00:10:53,527 --> 00:10:57,740 Nin sequera sabes onde está ou se nola leva xogando todo este tempo. 145 00:10:57,823 --> 00:11:03,663 Benvido ao marabilloso mundo do crime. Bótalle un par de collóns, carallo! 146 00:11:16,717 --> 00:11:19,387 Veña, señor McCauley, levante ben os xeonllos. 147 00:11:22,723 --> 00:11:25,393 Non agardaba que a patada de crol fose a peor. 148 00:11:25,476 --> 00:11:28,771 - Non podías esperar no vestíbulo? - Quería ver como ías. 149 00:11:28,854 --> 00:11:31,190 - Pregunta ao Hitler do jacuzzi. - Como? 150 00:11:33,234 --> 00:11:36,195 - E logo? - A curación é unha viaxe, Sra. McCauley. 151 00:11:36,278 --> 00:11:37,113 Ao carallo! 152 00:11:38,781 --> 00:11:40,032 Xa non volvo aquí. 153 00:11:41,742 --> 00:11:43,536 Non te tomaba por un desertor. 154 00:11:44,912 --> 00:11:46,872 Non se deserta do que xa rematou. 155 00:11:48,582 --> 00:11:54,839 Cando eu e Cindy cortamos o ano pasado, cría que era a fin do mundo. 156 00:11:56,006 --> 00:11:59,844 Non a culpo, son difícil de levar. Queres saber como a recuperei? 157 00:12:02,722 --> 00:12:03,556 Cun podcast. 158 00:12:04,306 --> 00:12:10,938 Elena Stremlin é unha conselleira de parellas e é dura de carallo. 159 00:12:11,021 --> 00:12:13,691 Mais xúrocho, axudoume a arranxalo coa moza. 160 00:12:13,774 --> 00:12:16,068 - Sempre se vos vira moi ben. - Grazas. 161 00:12:16,152 --> 00:12:20,239 - Por iso me sorprendeu escoitar que… - Xa, grazas. 162 00:12:20,322 --> 00:12:24,660 - É moito traballo… mais paga a pena. - Claro. 163 00:12:27,246 --> 00:12:28,497 O da chaqueta marrón? 164 00:12:28,581 --> 00:12:30,416 - Beixe. - Son o mesmo. 165 00:12:30,499 --> 00:12:31,459 Non son o mesmo. 166 00:12:31,542 --> 00:12:34,545 - Ese é o receptador, saberá onde están. - É marrón. 167 00:12:34,628 --> 00:12:37,339 - Como vai ser marrón? - Sempre igual, déixame… 168 00:12:37,423 --> 00:12:38,257 Color camelo. 169 00:12:45,556 --> 00:12:46,974 Agarda. 170 00:12:47,975 --> 00:12:48,934 Diola. 171 00:13:03,532 --> 00:13:05,075 Estraguei a vida por isto. 172 00:13:06,243 --> 00:13:07,411 Barbara, mamá, 173 00:13:08,746 --> 00:13:09,747 a carnizaría. 174 00:13:12,041 --> 00:13:13,292 A onde volvería? 175 00:13:14,627 --> 00:13:18,422 Non culpo a ninguén das miñas decisións nin polo que fixen. 176 00:13:19,507 --> 00:13:22,092 Se o conseguimos, podería vivir con iso… 177 00:13:24,512 --> 00:13:25,930 sempre que sexa contigo. 178 00:13:27,598 --> 00:13:32,436 Se temos outra oportunidade, non a caguemos cunha estafiña, vamos ao grande. 179 00:13:33,479 --> 00:13:36,857 Un banco ou unha xoiaría luxosa. O que sexa, tanto me ten. 180 00:13:36,941 --> 00:13:40,194 Só dime o que hei de facer e fareino. 181 00:13:42,196 --> 00:13:43,864 Vivamos o noso final feliz. 182 00:13:47,451 --> 00:13:51,372 Canto cres que precisaremos para o noso final feliz? 183 00:13:51,997 --> 00:13:54,124 Un pouco rende moito en Angangueo. 184 00:13:56,585 --> 00:13:57,795 Un cuarto de millón? 185 00:14:06,554 --> 00:14:09,765 Canto cres que é o máximo que saquei roubando un banco? 186 00:14:10,891 --> 00:14:11,767 Non che sei. 187 00:14:11,851 --> 00:14:14,812 Sobre 19 000… repartido entre dous. 188 00:14:14,895 --> 00:14:19,066 Ata hai pouco, o máis que levaramos dun golpe foran 80 000 dólares 189 00:14:19,149 --> 00:14:21,986 e, ao colocar a mercancía voou un terzo, así que… 190 00:14:25,656 --> 00:14:29,577 non teño nin idea de como roubar un cuarto de millón de dólares. 191 00:14:48,596 --> 00:14:49,471 Gardáchelo? 192 00:14:49,555 --> 00:14:53,851 Vai á Terceira e non aceptes menos de 2000, dará para unhas semanas. 193 00:14:53,934 --> 00:14:54,977 E logo que? 194 00:14:55,936 --> 00:14:58,105 Alguén ha de facer magas. 195 00:15:00,524 --> 00:15:02,943 Gardáchelo porque cho dera el? 196 00:15:08,240 --> 00:15:10,951 Bob é do único do que non habemos preocuparnos. 197 00:15:16,874 --> 00:15:19,418 Acende a luz do teu corazón, 198 00:15:20,252 --> 00:15:23,422 fai que brille onde vaias, 199 00:15:24,214 --> 00:15:27,426 fai que resplandeza con ledicia 200 00:15:27,509 --> 00:15:30,262 para que todo o mundo o vexa. 201 00:15:33,641 --> 00:15:37,269 Que foi? Falou? Tes un enderezo? 202 00:15:45,235 --> 00:15:46,111 Está ben? 203 00:15:49,448 --> 00:15:50,658 Onde imos agora? 204 00:15:50,741 --> 00:15:52,618 Bellefontaine, Ohio. 205 00:15:53,118 --> 00:15:55,079 Ohio? Contra, encántame Ohio. 206 00:15:56,872 --> 00:15:59,917 A BANDA - OS TRIXEMELGOS 207 00:16:02,920 --> 00:16:05,381 Fóra do medio! Ava, alto! 208 00:16:05,464 --> 00:16:08,425 Dixen que alto! Fáloche a ti, Ava! 209 00:16:11,804 --> 00:16:15,140 Acaba de chamar o equipo legal de Stefan Thiele. 210 00:16:16,850 --> 00:16:18,352 Tiña un par de preguntas. 211 00:16:19,144 --> 00:16:23,273 Non podes investigar os Trixemelgos, queren involucrar o goberno suízo. 212 00:16:23,357 --> 00:16:24,650 Veña, van de farol. 213 00:16:24,733 --> 00:16:27,778 - Estás tocando temas sensibles. - Iso indica algo. 214 00:16:27,861 --> 00:16:29,655 Podo financiarte dúas semanas. 215 00:16:29,738 --> 00:16:34,451 Atrapa un deles e atopa os malditos bonos, mais deixa estar os Trixemelgos. 216 00:16:35,327 --> 00:16:38,998 Volve ir por libre e nin informarei, baleirarei o teu despacho. 217 00:16:46,672 --> 00:16:48,173 Éche unha preciosidade. 218 00:16:48,966 --> 00:16:51,760 Quero que olle o meu xoieiro, virá o luns. 219 00:16:51,844 --> 00:16:53,971 Esquece o do luns, que me dás agora? 220 00:16:54,054 --> 00:16:55,347 Talvez 500. 221 00:16:55,931 --> 00:16:56,807 Cincocentos? 222 00:16:57,349 --> 00:17:01,562 Se me deches 1250 polo anel do rubí, isto han de ser 2000 polo menos. 223 00:17:02,646 --> 00:17:04,106 O dito, falla o xoieiro. 224 00:17:04,189 --> 00:17:07,484 Deixas o teu nome e un teléfono? Chamareite cando chegue. 225 00:17:10,237 --> 00:17:11,071 Ata o luns. 226 00:17:11,155 --> 00:17:14,074 Seguro que non queres deixar un teléfono nin nada? 227 00:17:17,161 --> 00:17:20,164 Non me gustou como te ollaba o tipo da piscina. 228 00:17:22,291 --> 00:17:26,503 Se cadra deberiamos volvernos mudar, a Georgia, por exemplo, ou Florida? 229 00:17:26,587 --> 00:17:28,422 - Non, podo eu. - De acordo. 230 00:17:32,843 --> 00:17:34,845 Non lle tes que envexar a Houdini. 231 00:17:36,013 --> 00:17:38,849 Ei, acouga! 232 00:17:40,559 --> 00:17:41,393 Ben. 233 00:17:43,228 --> 00:17:44,063 Oe. 234 00:17:47,983 --> 00:17:50,861 Acouga, respira fondo. 235 00:17:55,657 --> 00:17:59,995 Creo que é hora de falar do próximo paso. 236 00:18:00,746 --> 00:18:03,999 Agarda ata que poda erguerme e talvez mexar. 237 00:18:04,083 --> 00:18:05,501 O noso próximo traballo. 238 00:18:06,752 --> 00:18:11,673 Estamos a dúas horas de Cincinnati, o segundo centro bancario do Medio Oeste. 239 00:18:13,300 --> 00:18:15,594 Catorce grandes cámaras acoirazadas. 240 00:18:18,931 --> 00:18:20,182 Canto conseguiriamos? 241 00:18:21,767 --> 00:18:25,145 Uns 500 000 millóns? Precisaremos unha banda. 242 00:18:25,229 --> 00:18:26,563 E alguén dentro. 243 00:18:30,692 --> 00:18:33,821 Engancharei un banqueiro, metereino na suite dun hotel 244 00:18:35,072 --> 00:18:36,657 e ti botarás unhas fotos. 245 00:18:38,200 --> 00:18:41,495 - As chantaxes logran marabillas. - Como o dividimos? 246 00:18:42,579 --> 00:18:43,539 A partes iguais. 247 00:18:47,417 --> 00:18:49,878 - Que estamos a facer, Ava? - Non pares. 248 00:18:51,672 --> 00:18:52,965 Que queres de min? 249 00:19:00,889 --> 00:19:02,099 Quero a Ray. 250 00:19:03,392 --> 00:19:04,768 Ray marchou hai tempo. 251 00:19:06,186 --> 00:19:10,232 Cres que a morea de cartas da túa filla poden traelo de volta? 252 00:19:11,441 --> 00:19:13,652 Sabes que nalgún momento has chamala. 253 00:19:17,364 --> 00:19:18,198 Oe. 254 00:19:18,991 --> 00:19:23,620 Coñézote dende hai tempo dabondo para saber que es máis que isto. 255 00:19:30,836 --> 00:19:33,672 - Non respondas, Ava. - Si. 256 00:19:37,301 --> 00:19:38,427 - Ola? - Stan. 257 00:19:38,510 --> 00:19:39,595 Ava? 258 00:19:40,762 --> 00:19:41,847 Leo está aí? 259 00:19:45,017 --> 00:19:46,101 E se falas comigo? 260 00:19:46,685 --> 00:19:47,519 De acordo. 261 00:19:50,856 --> 00:19:52,107 Pode que a cagase. 262 00:19:53,025 --> 00:19:57,029 Intentei empeñar unha cousa que viña… de algures, 263 00:19:57,112 --> 00:19:59,323 e pode que o comerciante o fichase. 264 00:20:00,115 --> 00:20:03,243 Este algo de algures pode rastrexarse? 265 00:20:07,706 --> 00:20:09,958 Como contactamos? Basta de móbiles. 266 00:20:10,042 --> 00:20:13,670 Podes chamarme a The Smashing Crab. 267 00:20:13,754 --> 00:20:17,132 Está na rúa do sitio de tacos de lingua onde vou sempre. 268 00:20:17,216 --> 00:20:19,218 - Poden darme unha mensaxe. - Ben. 269 00:20:19,968 --> 00:20:20,802 Oe, Ava. 270 00:20:23,597 --> 00:20:24,431 Como está? 271 00:20:28,769 --> 00:20:29,937 Mándache recordos. 272 00:20:37,194 --> 00:20:38,570 Como podes dicir iso? 273 00:20:38,654 --> 00:20:43,325 Recoñezo ter culpa de moitas cousas, mais como podes dicir que non te quero? 274 00:20:43,408 --> 00:20:44,826 E por que me fas dano? 275 00:20:44,910 --> 00:20:47,496 Ben, paremos. Este é o patrón. 276 00:20:47,579 --> 00:20:53,210 - Escoitaches o que dixo, meu? Patróns. - Se queres recuperar a Judy, has romper… 277 00:20:53,293 --> 00:20:56,338 Abofé que quere, é o punto desta discusión. 278 00:20:56,421 --> 00:20:59,007 É unha pregunta retórica, achanta. 279 00:20:59,091 --> 00:21:02,177 Se queres recuperar a Judy, has de crebar os patróns. 280 00:21:02,261 --> 00:21:04,763 - É a única maneira de avanzar. - Cólloo. 281 00:21:06,682 --> 00:21:10,686 Se non logra a túa atención conectando contigo, recorre á destrución. 282 00:21:10,769 --> 00:21:13,480 A señora é lista de carallo, intentei dicirche… 283 00:21:13,563 --> 00:21:20,362 Querida Judy, quero ser mellor persoa. 284 00:21:21,196 --> 00:21:26,076 Quero esforzarme e crebar os patróns, 285 00:21:26,827 --> 00:21:30,831 logo de matar a Stan. 286 00:21:41,174 --> 00:21:46,555 Querida Judy, quero ser mellor persoa. 287 00:21:46,638 --> 00:21:48,015 Quero esforzarme… 288 00:21:52,561 --> 00:21:53,437 Abbasi. 289 00:21:55,188 --> 00:21:56,023 Onde? 290 00:21:56,982 --> 00:21:58,108 Envíame o enderezo. 291 00:22:02,612 --> 00:22:03,697 - Ola? - Boas. 292 00:22:03,780 --> 00:22:06,700 Véxote no JFK nunha hora, imos a Carolina do Sur. 293 00:22:07,617 --> 00:22:11,580 "Judy, quero render contas do que fixen, para poder volver contigo 294 00:22:11,663 --> 00:22:14,791 e ulirte na miña roupa pola mañá." Que carallo é iso? 295 00:22:14,875 --> 00:22:17,461 É algo real, transferencia polo cheiro. 296 00:22:17,544 --> 00:22:18,545 De que falas? 297 00:22:18,628 --> 00:22:21,423 Os humanos escollen parellas que olen parecido. 298 00:22:21,506 --> 00:22:24,134 Está probado. E, co tempo, poden mesturarse. 299 00:22:24,217 --> 00:22:27,054 Ti e as túas probas. Eu nunha cheirei coma Diane. 300 00:22:27,137 --> 00:22:29,973 Sabes quen cheira coma Diane? O carteiro. 301 00:22:30,057 --> 00:22:31,892 - Dáme iso. - Non teño carteiro. 302 00:22:32,809 --> 00:22:35,187 "Quero aprender a non asumir as cousas, 303 00:22:35,270 --> 00:22:39,983 como cando penso que, se quero chiscar, ti tamén queres, e non é así." 304 00:22:40,067 --> 00:22:42,986 É que ten razón, trátase de… 305 00:22:55,415 --> 00:22:59,711 CANDO ESTEAS PREPARADO, CHAMA, POR FAVOR. BICOS, HANNA E… 306 00:23:04,383 --> 00:23:05,509 Stan tiña razón. 307 00:23:07,010 --> 00:23:11,723 O da casa de empeños activou as alarmas. Direille a Teresa que che faga a maleta. 308 00:23:17,729 --> 00:23:20,690 O FBI está camiño de Folly Beach. 309 00:23:20,774 --> 00:23:22,526 É dicir, Abbasi. 310 00:23:22,609 --> 00:23:25,028 Stan e Judy han liscar de alí. 311 00:23:25,112 --> 00:23:28,073 - Que sigan con sorte. - Javier Zanetti está morto. 312 00:23:28,156 --> 00:23:30,826 - Acharon o teu receptador? - Onte na oficina. 313 00:23:32,411 --> 00:23:33,662 Tiña o noso enderezo. 314 00:23:34,830 --> 00:23:37,332 Irei polo que queda na caixa de seguridade. 315 00:23:37,416 --> 00:23:39,126 - Habemos bulir. - Ben. 316 00:23:43,880 --> 00:23:45,632 - Non lle soa ningún? - Non. 317 00:23:46,383 --> 00:23:47,759 E non chamei a ninguén. 318 00:23:48,969 --> 00:23:52,973 - Gústalle traballar para unha muller? - Desculpe? É axente federal. 319 00:23:53,056 --> 00:23:53,890 {\an8}Ó, eu tamén. 320 00:23:53,974 --> 00:23:55,517 {\an8}INSPECTOR FEDERAL DE BUFAS 321 00:23:56,351 --> 00:23:58,854 Entón chamaría alguén que estaba aquí onte? 322 00:23:58,937 --> 00:23:59,855 Imaxino que si. 323 00:24:00,480 --> 00:24:02,732 - Ten un nome? - Non. 324 00:24:03,942 --> 00:24:06,278 É o único na Terra sen un maldito nome. 325 00:24:06,361 --> 00:24:07,404 Vixíe esa lingua… 326 00:24:07,487 --> 00:24:12,325 Non pasa nada. Grazas polo seu tempo e polo seu servizo. 327 00:24:12,909 --> 00:24:13,743 Grazas. 328 00:24:15,245 --> 00:24:17,622 Veña, arrea. 329 00:24:17,706 --> 00:24:22,294 COSTA DOURADA, XOIARÍA E CASA DE EMPEÑOS ALTA XOIARÍA E PRÉSTAMOS CON GARANTÍA 330 00:24:22,377 --> 00:24:25,172 - Non terías de aturalo. - Benvido ao meu mundo. 331 00:24:25,255 --> 00:24:28,717 Volveremos pola mañá, o outro tipo comeza a xeira ás 9:00. 332 00:24:29,384 --> 00:24:30,802 Estaba no mostrador. 333 00:24:30,886 --> 00:24:34,556 Quen intentou empeñalo saberá de onde o sacou e ese tipo tamén. 334 00:24:35,640 --> 00:24:37,017 Vaiamos por un batido. 335 00:24:38,768 --> 00:24:41,980 - Ben, pois un vodka. - En realidade prefiro un batido. 336 00:24:44,191 --> 00:24:47,944 Esta parella demostrounos que a contención pode axudarnos moito. 337 00:24:48,028 --> 00:24:53,658 Pregúntate cara a onde vas e non se xa chegaches. 338 00:24:53,742 --> 00:24:56,203 Ben, isto é todo por hoxe. 339 00:24:56,286 --> 00:24:57,829 Chámome Elena Strem… 340 00:25:33,156 --> 00:25:35,325 - Que foi? Está pechada? - Abofé. 341 00:25:35,408 --> 00:25:36,326 Quita, carallo. 342 00:25:38,870 --> 00:25:40,330 Ao estilo cosaco. 343 00:25:52,926 --> 00:25:53,885 Hostia! 344 00:26:26,209 --> 00:26:27,043 Veña… 345 00:27:38,865 --> 00:27:41,159 Ola, Ava. Botáchesme en falla? 346 00:27:41,242 --> 00:27:43,745 Pasei visitar o teu colega Zanetti. 347 00:27:43,828 --> 00:27:46,539 Vexamos se respondes as preguntas mellor ca el. 348 00:27:51,753 --> 00:27:55,882 Queres minutos ilimitados de texto a voz? Por 3,99, obteña MacawPro, 349 00:27:55,965 --> 00:27:59,094 con voces para calquera personalidade e situación. 350 00:28:00,095 --> 00:28:02,263 Vimos do Planeta Diversión. 351 00:28:03,014 --> 00:28:04,724 Son o mellor do mellor. 352 00:28:04,808 --> 00:28:07,185 Veña, cóntamo, tía! 353 00:28:07,268 --> 00:28:09,479 Escríbeo, fálao, Macáwao! 354 00:28:12,190 --> 00:28:13,525 Onde está miña muller? 355 00:28:14,067 --> 00:28:15,026 Onde está Stan? 356 00:28:15,777 --> 00:28:18,279 Onde están os meus 100 millóns de dólares? 357 00:28:19,531 --> 00:28:23,118 Teño pinta de ter 100 millóns de dólares? 358 00:29:50,038 --> 00:29:53,249 Ten Vicodin, oxicodona 359 00:29:53,333 --> 00:29:56,044 e algo que pon apomorfina. 360 00:29:56,127 --> 00:29:57,337 Ten B12. 361 00:29:57,420 --> 00:29:59,672 É unha farmacia andante, colega. 362 00:30:08,681 --> 00:30:09,682 Onde está Leo? 363 00:30:42,924 --> 00:30:43,800 Chamareino. 364 00:30:58,481 --> 00:30:59,649 Bob. 365 00:31:01,192 --> 00:31:02,694 Hai 177 000. 366 00:31:04,153 --> 00:31:05,864 É todo o que nos queda. 367 00:31:15,456 --> 00:31:16,875 E os bonos? 368 00:31:16,958 --> 00:31:18,084 Non os temos. 369 00:31:18,167 --> 00:31:20,503 Os cartos que hai aquí é todo, Bob. 370 00:31:21,713 --> 00:31:22,547 Para todos. 371 00:31:22,630 --> 00:31:27,552 Eran para conseguir documentación nova e pasaportes, para saír do país. 372 00:31:29,220 --> 00:31:30,054 Cólleo. 373 00:31:31,472 --> 00:31:32,307 É teu. 374 00:31:35,518 --> 00:31:36,519 Onde está Stan? 375 00:31:37,896 --> 00:31:40,690 Nunca é polos cartos, non si? 376 00:31:42,066 --> 00:31:43,401 Onde está miña muller? 377 00:31:43,484 --> 00:31:44,652 Esquéceos. 378 00:31:46,529 --> 00:31:47,864 Veña, tío. 379 00:31:49,032 --> 00:31:50,950 Déixao, Judy fixo unha elección. 380 00:31:55,413 --> 00:31:58,416 Elixiu mal. 381 00:32:03,171 --> 00:32:05,214 Tes moito odio dentro de ti. 382 00:32:06,507 --> 00:32:09,218 Non é que estea mal, é unha maneira de vivir. 383 00:32:11,012 --> 00:32:16,225 Túa muller marchou e iso non cambiará, tanto dá o que fagas. 384 00:32:16,935 --> 00:32:18,937 Sábelo ti e seino eu. 385 00:32:19,896 --> 00:32:21,731 Agora mesmo es unha pantasma. 386 00:32:23,191 --> 00:32:27,320 Pensa que estás morto. Continúa estando morto e comeza de novo. 387 00:32:36,537 --> 00:32:41,834 Ti elixes, Stan e Judy ou Ava e a avoa. 388 00:32:49,050 --> 00:32:49,884 De acordo, 389 00:32:51,386 --> 00:32:52,595 ti gañas. 390 00:32:53,471 --> 00:32:55,014 Están en Carolina do Sur. 391 00:33:00,228 --> 00:33:01,396 Queda con eles. 392 00:33:02,647 --> 00:33:05,483 Ten unha libretiña negra con números en clave. 393 00:33:06,067 --> 00:33:07,151 Olla no seu bolso. 394 00:33:13,658 --> 00:33:14,492 Esta? 395 00:33:19,539 --> 00:33:21,165 Dilles que levas os cartos. 396 00:33:31,342 --> 00:33:34,095 Unha volta carniceiro, carniceiro por sempre. 397 00:33:44,147 --> 00:33:47,984 Ola, son Leo. Teño os cartos, vou canda vós. 398 00:33:48,067 --> 00:33:51,237 Vémonos en The Smashing Crab mañá pola mañá, ás 10. 399 00:33:51,320 --> 00:33:53,656 A carón da praia, vémonos. 400 00:34:01,456 --> 00:34:05,376 Se non chamo antes das 10:15 mata as mulleres primeiro. 401 00:34:05,460 --> 00:34:06,753 Fai que mire. 402 00:34:06,836 --> 00:34:09,047 Saúdos de Graham Davies. 403 00:34:38,659 --> 00:34:39,619 Que collóns? 404 00:35:06,187 --> 00:35:09,190 Xa tiven dabondo, non quero ese can vicioso na casa. 405 00:35:10,483 --> 00:35:14,612 - Non debiches facer esa chamada. - Crin que era o máis intelixente. 406 00:35:16,739 --> 00:35:19,742 Cando foi a última vez que fixemos algo intelixente? 407 00:35:21,994 --> 00:35:22,829 Xa. 408 00:35:24,831 --> 00:35:26,415 Leámola ben, non si? 409 00:35:27,125 --> 00:35:29,210 Abofé que a leamos. 410 00:35:38,678 --> 00:35:39,971 Non vou marchar. 411 00:35:42,932 --> 00:35:45,017 Mentres sigas atada, abofé que non. 412 00:35:47,270 --> 00:35:48,521 Tamén fixemos iso. 413 00:35:52,733 --> 00:35:54,068 BENVIDOS A FOLLY BEACH 414 00:35:54,152 --> 00:35:57,071 Son as 9:40 en Folly Beach. Sabedes que significa? 415 00:35:57,155 --> 00:36:01,075 Quedan 20 minutos para o Kenny Rogers Roast, un continuo… 416 00:36:01,159 --> 00:36:03,786 Polo amor de Deus, imos chegar tarde, veña. 417 00:36:03,870 --> 00:36:06,330 Tardarei o que tarde, carallo, Stan! 418 00:36:06,414 --> 00:36:07,248 Calade! 419 00:36:07,331 --> 00:36:09,667 Vén e obrígame, arrincareiche as bólas. 420 00:36:09,750 --> 00:36:10,751 Quedamos ás 10. 421 00:36:10,835 --> 00:36:12,336 …refregareiche o meu cu… 422 00:36:12,420 --> 00:36:14,964 Sei onde vives, fodido vello bocalán. 423 00:36:35,443 --> 00:36:39,280 Stan, relaxa, carallo. Non pasa nada por dous minutos. 424 00:36:54,212 --> 00:36:58,341 FOLLY BEACH, CAROLINA DO SUR DENDE 1998. TENDA DE SURF 425 00:37:30,164 --> 00:37:32,625 Veña, Judy, bule. Chegamos tarde. 426 00:37:35,002 --> 00:37:36,963 Ola, dígame que aínda ten lingua. 427 00:37:37,046 --> 00:37:38,965 - Aínda a temos. - Grazas a Deus. 428 00:37:39,632 --> 00:37:43,594 Esgotóusevos ás 10 a última volta. Ponme catro? 429 00:37:43,678 --> 00:37:46,305 - Non, seis. Queres unha? - Quero. 430 00:37:46,889 --> 00:37:48,766 Oito tacos, por favor. 431 00:38:06,867 --> 00:38:08,619 Manda carallo, é Bob Goodwin. 432 00:38:08,703 --> 00:38:11,247 Ese é Bob? Xesús, está enchoupado de sangue. 433 00:38:14,458 --> 00:38:16,794 - Dixeches que Leo viría só. - Iso dixo. 434 00:38:16,877 --> 00:38:20,298 Dixo: "Son Leo, vou cos cartos. Vai a The Smashing Crab." 435 00:38:20,881 --> 00:38:23,718 - Leva algo na chaqueta. - Sospeitoso na praia. 436 00:38:23,801 --> 00:38:27,054 De verde e negro, sangue no ombro. Probablemente armado. 437 00:38:32,101 --> 00:38:33,019 Vai. 438 00:39:13,684 --> 00:39:14,685 Goodwin! 439 00:39:18,147 --> 00:39:19,023 Ó, Stan. 440 00:39:36,290 --> 00:39:37,583 Non! 441 00:39:39,835 --> 00:39:41,629 Todos a terra! 442 00:39:49,678 --> 00:39:50,888 Nazan! 443 00:40:00,231 --> 00:40:02,233 FALO A MIÑA LINGUA! 444 00:41:07,756 --> 00:41:09,675 FBI 445 00:41:35,326 --> 00:41:37,328 {\an8}JUDY, ADOITABA… 446 00:42:46,522 --> 00:42:48,482 "O día remata e repousa a cabeza, 447 00:42:49,900 --> 00:42:51,902 o mar acurúxase mainamente na cama 448 00:42:52,987 --> 00:42:58,242 e a pequena esquío lidera a banda á fronte do bote, que se adentra no mar, 449 00:42:59,243 --> 00:43:01,161 e, mentres as nubes abren paso…" 450 00:43:16,302 --> 00:43:18,512 Hannah, óesme? 451 00:43:19,638 --> 00:43:22,266 Óiote… Vaites, ola. 452 00:43:22,349 --> 00:43:26,812 Ocorréuseme chamar, se non é mal momento. 453 00:43:26,895 --> 00:43:30,566 É bo, xusto me colles na casa. 454 00:43:31,150 --> 00:43:32,693 Alégrame moito que chames. 455 00:43:33,944 --> 00:43:36,572 Non sabía se chegaban as miñas cartas. 456 00:43:36,655 --> 00:43:37,656 Quería verte. 457 00:43:38,782 --> 00:43:42,620 e dicirche que aínda sigo por aquí. 458 00:43:44,288 --> 00:43:45,122 Sigo tirando. 459 00:43:46,290 --> 00:43:47,291 E tamén… 460 00:43:52,212 --> 00:43:54,548 As cousas que debín dicir, 461 00:43:55,716 --> 00:43:57,718 as decisións que tomei… 462 00:43:59,053 --> 00:44:00,471 Fixen moitas cousas mal. 463 00:44:02,806 --> 00:44:05,309 Mais todas elas, oxalá… 464 00:44:07,269 --> 00:44:10,064 non as fixese mal contigo. 465 00:44:11,565 --> 00:44:13,942 Non pasa nada, agora estou ben. 466 00:44:14,818 --> 00:44:18,280 - Estalo? - Estou. Vou con calma é… 467 00:44:18,864 --> 00:44:21,700 aquí hai calma, só temos o océano e os paxaros. 468 00:44:21,784 --> 00:44:23,577 Ti odiaríalo. 469 00:44:24,495 --> 00:44:27,289 A da cidade precisa sirenas para manterse aguda. 470 00:44:30,167 --> 00:44:32,628 Aí está, déixote. 471 00:44:32,711 --> 00:44:35,089 Por favor, non marches. Só un segundiño. 472 00:44:41,345 --> 00:44:43,555 Ola, dille ola ao avó. 473 00:44:46,684 --> 00:44:48,143 Aí che está! 474 00:44:49,812 --> 00:44:50,979 Chameina Lily. 475 00:44:51,563 --> 00:44:52,690 Dislle ola, Lil? 476 00:44:54,692 --> 00:44:55,818 É preciosa, Hannah. 477 00:45:00,280 --> 00:45:01,573 Vese… 478 00:45:03,033 --> 00:45:03,867 afouta, 479 00:45:04,952 --> 00:45:05,786 forte. 480 00:45:08,580 --> 00:45:11,750 E estes están tan tolos coma sempre. 481 00:45:14,044 --> 00:45:15,462 Están ben. Disllo a Ava? 482 00:45:19,466 --> 00:45:20,300 Claro. 483 00:45:20,884 --> 00:45:22,386 Virás visitarnos? 484 00:45:23,387 --> 00:45:24,555 Cando esteas… 485 00:45:24,638 --> 00:45:26,724 - Gustaríame. - Cando se poida. 486 00:45:27,433 --> 00:45:31,145 Hei de facer unhas cousas antes. 487 00:45:32,229 --> 00:45:33,439 Pensei en… 488 00:45:33,522 --> 00:45:34,398 Pensei en… 489 00:45:36,108 --> 00:45:40,362 comezar por dicir ola. 490 00:45:41,613 --> 00:45:42,573 Moi ben, logo. 491 00:45:44,575 --> 00:45:45,617 Ola. 492 00:46:02,468 --> 00:46:04,762 Parabéns, axentes. 493 00:46:06,930 --> 00:46:08,056 Acaso o leu? 494 00:46:08,140 --> 00:46:09,224 Xogáronnola. 495 00:46:10,809 --> 00:46:12,895 Goodwin está morto, Ava está morta. 496 00:46:12,978 --> 00:46:15,272 É cuestión de tempo atopar os demais. 497 00:46:15,355 --> 00:46:18,275 Recobramos os diamantes da caixa forte de Zanetti. 498 00:46:18,776 --> 00:46:20,360 Seméllame ben atado. 499 00:46:20,444 --> 00:46:21,528 Non rematou. 500 00:46:21,612 --> 00:46:23,155 Alguén zafouse con… 501 00:46:24,156 --> 00:46:27,159 algo e seguimos andando en círculos. 502 00:46:28,035 --> 00:46:31,830 Se non lle importa, non entendo nada deste maldito traballo. 503 00:46:33,874 --> 00:46:35,292 Iso é o que me preocupa. 504 00:46:41,089 --> 00:46:42,758 Chamemos a Stefan Thiele. 505 00:46:42,841 --> 00:46:45,052 Diremos que Woo recoñeceu o roubo. 506 00:46:45,135 --> 00:46:46,386 - Mesmo pica. - Nazan… 507 00:46:47,513 --> 00:46:48,514 acabouse. 508 00:46:49,932 --> 00:46:52,643 Ben, marcha. Chamarei eu. 509 00:47:34,142 --> 00:47:37,271 Non había de tenreira italiana na máquina expendedora. 510 00:47:56,123 --> 00:47:57,791 Leo era? 511 00:47:58,917 --> 00:48:01,086 Estou afacéndome a Ray. 512 00:48:07,009 --> 00:48:09,428 Un amigo teu veu visitarme o outro día. 513 00:48:10,637 --> 00:48:12,097 Non o volverás ver. 514 00:48:12,806 --> 00:48:14,766 Unha mágoa, era encantador. 515 00:48:17,102 --> 00:48:20,939 Sabes que, con que abra a boca estarás aquí, canda min. 516 00:48:22,232 --> 00:48:23,066 Pois adiante. 517 00:48:24,526 --> 00:48:25,777 Pero deixa a Hannah. 518 00:48:25,861 --> 00:48:28,113 Ao carallo por pensar que a mancaría. 519 00:48:28,196 --> 00:48:29,698 Máis do que o fixeches? 520 00:48:32,576 --> 00:48:34,536 Sabes canto anos a procurei? 521 00:48:34,620 --> 00:48:36,413 - Non tiñas dereito. - Quizais. 522 00:48:37,623 --> 00:48:40,626 Deille algo que ambicionar, algo real. 523 00:48:41,793 --> 00:48:44,254 De non apareceres, a saber onde estaría. 524 00:48:44,338 --> 00:48:45,547 Vaille ben. 525 00:48:46,673 --> 00:48:48,091 Atopou o camiño ela soa. 526 00:48:51,178 --> 00:48:52,554 Condenáronme a 20 anos. 527 00:48:53,931 --> 00:48:55,807 O avogado di que serán oito. 528 00:48:58,143 --> 00:48:59,144 Canto che queda? 529 00:49:04,316 --> 00:49:06,068 Debiches vir comigo, Ray. 530 00:49:07,194 --> 00:49:08,528 Seriamos ricos xuntos. 531 00:49:08,612 --> 00:49:10,489 Ti precisas ser rico, eu non. 532 00:49:10,572 --> 00:49:13,825 - Iso che dis a ti mesmo? - Roubáchesme todo o que tiña. 533 00:49:15,619 --> 00:49:19,790 Polo tanto, pasaches 25 anos obsesionado coa maneira de quitarme o meu. 534 00:49:22,209 --> 00:49:24,211 - Hostia, Ray. Por que? - Xustiza? 535 00:49:24,294 --> 00:49:25,629 Son a túa escusa, Ray. 536 00:49:25,712 --> 00:49:29,675 Culpáchesme a min por facer exactamente o que querías facer, concho. 537 00:49:31,051 --> 00:49:31,927 Es un ladrón. 538 00:49:32,010 --> 00:49:34,972 Poderás mudar o nome, mais tanto ten. Es o que es. 539 00:49:35,472 --> 00:49:36,890 Por un tempo, non o fun. 540 00:49:37,391 --> 00:49:39,267 Se cadra durante un chisco. 541 00:49:41,812 --> 00:49:44,731 Pois aquí estou, 542 00:49:45,440 --> 00:49:47,609 arruinado e encarcerado, e ti… 543 00:49:49,945 --> 00:49:50,904 Pagou a pena? 544 00:49:53,615 --> 00:49:55,242 Todos eses condenados anos. 545 00:49:57,202 --> 00:49:58,203 Para isto? 546 00:50:01,415 --> 00:50:03,333 Podías salvala esa noite? 547 00:50:04,418 --> 00:50:05,711 Podías salvar a Lily? 548 00:50:09,756 --> 00:50:10,590 Non o sei. 549 00:50:18,223 --> 00:50:19,057 Non o sei. 550 00:50:22,728 --> 00:50:24,813 E cando estará dispoñible? 551 00:50:25,897 --> 00:50:27,566 Non quero que me chame logo. 552 00:50:27,649 --> 00:50:31,903 Dígalle á xefa que o atrase canto queira, teño preguntas e non pararei. 553 00:50:32,446 --> 00:50:33,447 Xa, de acordo. 554 00:50:35,532 --> 00:50:39,453 Perdoe, sabe onde está a estación de tren máis próxima? 555 00:50:39,536 --> 00:50:40,537 Si, por aí. 556 00:50:41,538 --> 00:50:44,583 Moitas grazas, alégrome de estar aquí. 557 00:51:01,349 --> 00:51:05,979 ARMAS - EXPLOSIVOS - LADRÓN DE CAIXAS CONTRABANDISTA - CONDUTOR - CEREBRO 558 00:51:06,063 --> 00:51:07,731 OS TRIXEMELGOS 559 00:51:07,814 --> 00:51:09,816 CORPO CALCINADO, CAMPAMENTO DE INDIXENTES 560 00:51:11,359 --> 00:51:13,153 {\an8}ANEGADA?? 561 00:51:16,156 --> 00:51:17,783 Xa o vira antes, sabes? 562 00:51:19,201 --> 00:51:21,244 Este traballo pode atraparte. 563 00:51:22,913 --> 00:51:24,081 Non te culpes. 564 00:54:26,721 --> 00:54:31,726 Subtítulos: Bruno Martínez Pita