1 00:00:31,041 --> 00:00:33,458 Por fin atopeite. 2 00:00:36,250 --> 00:00:37,250 Marie! 3 00:00:37,750 --> 00:00:40,375 Non tes para onde fuxir. 4 00:00:47,291 --> 00:00:49,083 Sei que estás aí, Marie. 5 00:00:51,083 --> 00:00:52,708 Non hai escapatoria. 6 00:00:54,458 --> 00:00:58,875 Estou débil e son lento, pero teño unha gran necesidade. 7 00:01:16,708 --> 00:01:18,541 Vou por ti, Marie. 8 00:02:01,666 --> 00:02:04,500 Seguro que bloqueaches a entrada. 9 00:02:05,583 --> 00:02:06,708 Moi lista. 10 00:02:09,500 --> 00:02:11,208 Pero isto ten que acabar. 11 00:02:14,833 --> 00:02:16,333 Teño unha arma, Marie. 12 00:02:17,833 --> 00:02:19,750 E tamén unha granada de man. 13 00:02:22,083 --> 00:02:24,458 Non fará falta 14 00:02:25,625 --> 00:02:27,958 gastar máis enerxía 15 00:02:28,916 --> 00:02:30,916 nin usar o explosivo, 16 00:02:31,625 --> 00:02:34,833 se me contestas unha simple pregunta. 17 00:02:36,208 --> 00:02:38,708 Os americanos están nas murallas da cidade. 18 00:02:38,708 --> 00:02:40,958 Non hai tempo para xogos. 19 00:02:42,041 --> 00:02:46,541 O único que tes que facer é dicirme onde está o Mar de Chamas. 20 00:02:46,541 --> 00:02:48,416 Etienne, teño medo. 21 00:02:49,333 --> 00:02:51,041 Preciso que veñas á casa. 22 00:02:52,000 --> 00:02:53,541 Por favor, ven á casa. 23 00:03:24,291 --> 00:03:25,416 Profesor. 24 00:03:29,416 --> 00:03:30,541 Está ben? 25 00:03:31,833 --> 00:03:32,791 Non. 26 00:03:34,166 --> 00:03:38,250 Non, o profesor non está ben. 27 00:03:51,916 --> 00:03:53,541 Este é bo sitio para isto. 28 00:03:55,375 --> 00:03:56,375 Para que? 29 00:03:58,625 --> 00:04:02,458 A última lección que aprenderás do profesor. 30 00:04:04,041 --> 00:04:06,875 Cando a túa alma marcha da Terra, 31 00:04:08,750 --> 00:04:09,791 sábelo. 32 00:04:10,791 --> 00:04:14,875 Ves pasar toda a túa vida nun instante. 33 00:04:17,625 --> 00:04:20,333 {\an8}CATRO MESES ANTES 34 00:04:20,333 --> 00:04:25,000 {\an8}Aquí Londres, chamando a xente de Francia. 35 00:04:26,791 --> 00:04:29,416 Para enviar unha mensaxe moi persoal. 36 00:04:31,208 --> 00:04:34,291 Os longos choros dos violíns de outono. 37 00:04:35,500 --> 00:04:36,416 Repito. 38 00:04:37,708 --> 00:04:40,875 Os longos choros dos violíns de outono. 39 00:04:47,083 --> 00:04:48,083 Grazas. 40 00:04:50,375 --> 00:04:53,000 Antes de comer, tes que tomar a pastilla. 41 00:04:53,583 --> 00:04:56,166 Xa tomei a pastilla, querida. Xa me oíches. 42 00:04:56,166 --> 00:05:00,083 Non, eu oínte coller o bote de pastillas e batelo, 43 00:05:00,083 --> 00:05:02,166 pero non tomaches a pastilla. 44 00:05:05,500 --> 00:05:07,041 Xa sei que son moi pesada. 45 00:05:07,041 --> 00:05:09,875 Non, o que es é incrible. 46 00:05:10,666 --> 00:05:15,500 Pero estas pastillas, xúrocho, son para cabalos. 47 00:05:15,500 --> 00:05:19,500 Se non as tomas, o médico dixo que o corazón fraquearía. 48 00:05:19,500 --> 00:05:22,333 Quen me ía facer despois esta marabillosa sopa? 49 00:05:22,333 --> 00:05:25,166 Así. Agora podes comer. 50 00:05:27,250 --> 00:05:30,125 Paréceche, Madame Manec, que no ceo 51 00:05:30,125 --> 00:05:32,875 veremos a Deus de fronte? 52 00:05:33,458 --> 00:05:34,375 Quizais. 53 00:05:34,375 --> 00:05:35,708 E se es cego? 54 00:05:39,875 --> 00:05:41,083 Supoño 55 00:05:42,208 --> 00:05:44,625 que, se Deus quere que vexamos algo, 56 00:05:45,958 --> 00:05:47,333 verémolo. 57 00:05:50,708 --> 00:05:53,708 Etienne? Que foi? 58 00:05:53,708 --> 00:05:57,625 A BBC de Londres acaba de ler a "Canción de outono". 59 00:05:57,625 --> 00:05:59,916 Os tres primeiros versos da canción. 60 00:05:59,916 --> 00:06:03,625 - "Canción de outono"? - De Paul Verlaine. É o sinal convido. 61 00:06:03,625 --> 00:06:05,333 É que veñen os americanos. 62 00:06:06,083 --> 00:06:07,083 E os británicos. 63 00:06:07,083 --> 00:06:09,166 Indica que temos moito que facer. 64 00:06:09,166 --> 00:06:12,166 Tranquilo, Etienne. Farei o que haxa que facer. 65 00:06:12,166 --> 00:06:14,125 Vixiar o porto, zonas de clasificación, 66 00:06:14,125 --> 00:06:15,375 - estradas. - Fágoo. 67 00:06:15,375 --> 00:06:19,666 Non, Sophie. O médico dixo que tes que descansar, que a ansiedade... 68 00:06:19,666 --> 00:06:21,291 podía ser perigosa. 69 00:06:21,291 --> 00:06:24,375 Xa leron o poema, como farás o que hai que facer? 70 00:06:24,375 --> 00:06:27,833 - Non lle fago caso ao médico. - Fago eu o que digades. 71 00:06:27,833 --> 00:06:29,208 Marie, non podes. 72 00:06:29,875 --> 00:06:31,916 Como vixías os barcos que entran e saen? 73 00:06:31,916 --> 00:06:34,083 Marie pode recoller mensaxes. 74 00:06:39,750 --> 00:06:40,750 E ti? 75 00:06:42,166 --> 00:06:43,208 Ti que vas facer? 76 00:06:45,000 --> 00:06:46,083 Etienne. 77 00:06:46,750 --> 00:06:49,583 Non queres vivir antes de morrer? 78 00:06:53,708 --> 00:06:54,541 - Marie. - Si. 79 00:06:54,541 --> 00:06:57,791 Cando acabes a sopa, vai á maqueta de teu pai 80 00:06:57,791 --> 00:07:00,708 e aprende todas as rúas 81 00:07:00,708 --> 00:07:03,250 que van á igrexa e á panadaría. 82 00:07:03,250 --> 00:07:05,833 Terás moito que facer os próximos días. 83 00:07:23,250 --> 00:07:24,458 Vólvemo pedir. 84 00:07:26,250 --> 00:07:27,083 O que? 85 00:07:30,958 --> 00:07:34,041 Unha vez díxenche que, se mo pedías ti, 86 00:07:35,708 --> 00:07:37,666 igual un día ía contigo. 87 00:07:39,083 --> 00:07:41,291 Por favor, pídemo outra vez. 88 00:07:43,708 --> 00:07:44,916 Tío Etienne, 89 00:07:46,125 --> 00:07:49,541 saes comigo a fóra? 90 00:07:53,000 --> 00:07:54,000 Si. 91 00:07:56,083 --> 00:07:57,291 Si, saio. 92 00:07:59,791 --> 00:08:00,791 Madame Manec! 93 00:08:00,791 --> 00:08:03,291 Madame Manec, nós imos saír. 94 00:08:03,291 --> 00:08:04,750 "Vós", dixeches? 95 00:08:06,333 --> 00:08:07,583 Si, dixo "nós". 96 00:08:07,583 --> 00:08:09,500 Imos dar unha volta. 97 00:08:09,500 --> 00:08:11,083 É tan raro ou que? 98 00:08:14,458 --> 00:08:15,625 Moi ben. 99 00:08:16,416 --> 00:08:17,625 A gorra, Etienne. 100 00:08:17,625 --> 00:08:20,416 Nunca saías da casa sen a gorra. 101 00:08:30,958 --> 00:08:32,291 Aínda a hai. 102 00:08:33,125 --> 00:08:34,125 Aínda a hai. 103 00:08:40,500 --> 00:08:41,833 Que tal lle queda? 104 00:08:43,791 --> 00:08:47,000 Parece meu irmán pequeno. 105 00:09:28,791 --> 00:09:32,500 Papá dixo que antes eras un tigre. 106 00:09:34,708 --> 00:09:35,708 Un tigre. 107 00:09:37,166 --> 00:09:40,000 Si que era un tigre. 108 00:09:40,708 --> 00:09:42,291 E volveralo ser. 109 00:09:46,666 --> 00:09:48,166 Volveralo ser. 110 00:09:54,833 --> 00:09:55,916 Grazas. 111 00:10:01,250 --> 00:10:02,541 Recoiro! 112 00:10:03,375 --> 00:10:06,208 Si, é Etienne. 113 00:10:07,416 --> 00:10:08,416 O que queda del. 114 00:10:09,250 --> 00:10:12,666 De agora en diante, virei eu buscar o pan. 115 00:10:13,458 --> 00:10:14,916 Agora sei que gañaremos. 116 00:10:20,416 --> 00:10:22,958 É a queimada, que non é para comer. 117 00:10:25,458 --> 00:10:26,666 Benvido, señor. 118 00:10:38,458 --> 00:10:40,458 Sophie, xa volvemos. 119 00:10:47,291 --> 00:10:48,458 É a queimada. 120 00:10:50,958 --> 00:10:51,916 Estás ben? 121 00:10:53,333 --> 00:10:55,500 Non é o momento de estar ben ou non. 122 00:11:05,333 --> 00:11:06,750 Dezaseis grupos. 123 00:11:07,708 --> 00:11:08,625 Vale. 124 00:11:10,125 --> 00:11:11,041 Tes fame? 125 00:11:11,041 --> 00:11:12,333 Si, grazas. 126 00:11:12,333 --> 00:11:14,625 - Colle o pau, para ir rápido. - A onde ides? 127 00:11:14,625 --> 00:11:16,708 - Temos moito que facer. - Moito! 128 00:11:29,666 --> 00:11:33,583 Un que acaba de chegar de Rotterdam con bandeira neerlandesa. 129 00:11:34,375 --> 00:11:37,791 Un buque mercante, o Batista May. 130 00:11:38,500 --> 00:11:42,125 Leva cemento, os reforzos, supoño. 131 00:11:42,708 --> 00:11:44,500 Que matrícula ten? 132 00:11:44,500 --> 00:11:46,958 R-D-1-1-2-3. 133 00:11:50,416 --> 00:11:51,833 Botas. Puntas metálicas. 134 00:11:55,250 --> 00:11:56,166 Pescaron algo? 135 00:11:57,208 --> 00:11:58,166 Aínda non. 136 00:12:03,916 --> 00:12:04,750 Que é iso? 137 00:12:12,333 --> 00:12:14,166 Que é isto? 138 00:12:14,958 --> 00:12:16,333 Son os meus deberes. 139 00:12:16,333 --> 00:12:18,875 Son cega, está escrito en braille. 140 00:12:18,875 --> 00:12:20,875 E que pon neste papel? 141 00:12:22,833 --> 00:12:24,041 Lemo en alto. 142 00:12:34,875 --> 00:12:39,125 "O capitán Nemo falaba cunha elocuencia engaiolante. 143 00:12:39,125 --> 00:12:45,041 O lume dos seus ollos e a paixón dos seus xestos transformábano. 144 00:12:45,041 --> 00:12:48,333 Amaba o barco como un pai ama un fillo." 145 00:12:49,291 --> 00:12:52,291 É dun libro. Vinte mil leguas baixo dos mares. 146 00:12:52,291 --> 00:12:56,500 Estámolo lendo agora na escola e ademais escribiuno un francés. 147 00:12:59,458 --> 00:13:00,791 Boa sorte cos peixes. 148 00:13:02,375 --> 00:13:03,208 Grazas. 149 00:13:13,458 --> 00:13:16,666 Marie, ás veces asusta ver o ben que se che dá isto. 150 00:13:24,458 --> 00:13:27,125 Se fan iso, terán a miña irmá en fronte. 151 00:13:29,375 --> 00:13:30,375 Fume? 152 00:13:31,083 --> 00:13:32,333 Merda. 153 00:13:32,333 --> 00:13:33,916 Sophie? 154 00:13:33,916 --> 00:13:35,500 Sophie! Onde estás? 155 00:13:38,875 --> 00:13:39,958 Sophie! 156 00:13:47,541 --> 00:13:49,416 Ai, Sophie. 157 00:13:49,416 --> 00:13:50,750 Non, non, non. 158 00:13:52,000 --> 00:13:53,333 - Etienne. - Aquí. 159 00:13:55,333 --> 00:13:56,333 Que pasou? 160 00:14:03,375 --> 00:14:04,791 Foi o corazón. 161 00:14:06,500 --> 00:14:10,041 Esperou ata saber que a podía substituír eu. 162 00:14:11,791 --> 00:14:15,875 Nunca perdeu a esperanza comigo, mesmo despois de perdela eu. 163 00:14:17,875 --> 00:14:21,125 Remataremos o que ti empezaches. 164 00:14:22,166 --> 00:14:24,791 Remataremos o teu traballo. Prométoo. 165 00:14:24,791 --> 00:14:26,500 Rematarémolo. 166 00:14:33,833 --> 00:14:34,958 Sophie... 167 00:14:36,375 --> 00:14:40,083 Etienne, intento rematar o que comezou Madame Manec, 168 00:14:40,083 --> 00:14:42,375 pero non dou sen ti. 169 00:14:43,416 --> 00:14:46,833 Precísote aquí comigo. Por favor. 170 00:14:46,833 --> 00:14:48,916 Xa abonda, Marie! 171 00:14:50,291 --> 00:14:51,500 Por fin. 172 00:14:53,041 --> 00:14:54,333 Atopeite. 173 00:14:55,458 --> 00:14:56,458 Hoxe. 174 00:14:57,208 --> 00:14:58,208 Agora. 175 00:15:00,583 --> 00:15:02,083 Aquí é onde acaba. 176 00:15:06,541 --> 00:15:08,958 Os alemáns están desesperados. 177 00:15:09,708 --> 00:15:11,125 Marie non está a salvo. 178 00:15:11,958 --> 00:15:16,750 Vaite onda ela e protéxea ata que veñan os americanos. 179 00:15:19,416 --> 00:15:20,416 De acordo. 180 00:15:21,541 --> 00:15:22,958 Cando vexas a Marie, 181 00:15:24,291 --> 00:15:29,375 dille que un tigre prefire estar morto ca nunha gaiola. 182 00:15:31,125 --> 00:15:32,541 Ela liberoume. 183 00:15:35,875 --> 00:15:37,291 Dálle as grazas. 184 00:15:41,333 --> 00:15:42,333 Está ben. 185 00:15:47,875 --> 00:15:50,083 Ti es bo rapaz, Werner Pfennig. 186 00:15:51,666 --> 00:15:52,875 Es bo rapaz. 187 00:15:55,125 --> 00:15:57,208 Non deixes que a guerra te destrúa. 188 00:16:00,125 --> 00:16:01,375 Protéxea. 189 00:16:03,416 --> 00:16:04,416 Prométoo. 190 00:16:19,000 --> 00:16:23,166 Papá, se estás escoitando, preciso a túa forza. 191 00:16:23,750 --> 00:16:25,333 Por que falas con teu pai? 192 00:16:28,416 --> 00:16:30,916 Queres saber que lle pasou? 193 00:16:32,708 --> 00:16:33,875 Dígocho eu. 194 00:16:35,458 --> 00:16:37,083 Despois de marchar de aquí, 195 00:16:37,083 --> 00:16:39,500 {\an8}foi a París para despistar a Gestapo. 196 00:16:39,500 --> 00:16:40,500 {\an8}PARÍS XULLO 1943 197 00:16:41,541 --> 00:16:46,125 Desgraciadamente para teu pai, a Gestapo tiña outros plans. 198 00:16:52,000 --> 00:16:53,375 Siga andando. 199 00:16:53,958 --> 00:16:54,958 Non dubide. 200 00:16:56,833 --> 00:17:00,791 Non se lle dá moi ben este traballo, Monsieur LeBlanc. 201 00:17:01,833 --> 00:17:04,250 Agora, sen que se note moito, 202 00:17:08,958 --> 00:17:10,333 vai vir comigo. 203 00:17:25,916 --> 00:17:29,791 Xa sei, sorrí porque son as súas vellas amigas. 204 00:17:30,666 --> 00:17:35,125 Antes era o gardián das chaves de todos os pechos. 205 00:17:37,208 --> 00:17:39,958 Pero agora só precisa unha chave. 206 00:17:47,000 --> 00:17:48,000 Pódea coller. 207 00:17:48,833 --> 00:17:50,250 É súa, cóllaa. 208 00:17:52,791 --> 00:17:56,083 Cóllaa, abra a porta e saia. 209 00:17:57,458 --> 00:17:58,833 Vaia a onde lle pete. 210 00:17:58,833 --> 00:18:01,083 Vaia a un restaurante caro, 211 00:18:01,083 --> 00:18:04,166 pida unha botella de viño. 212 00:18:05,333 --> 00:18:06,666 Respire algo de vida. 213 00:18:06,666 --> 00:18:12,583 Prefiro un viño barato na mesa da cociña e pódese respirar vida en calquera sitio. 214 00:18:12,583 --> 00:18:15,875 A súa valentía éme indiferente. 215 00:18:17,083 --> 00:18:20,250 Na guerra, a valentía é coma... 216 00:18:21,083 --> 00:18:25,208 as follas dunha árbore, abundantes e inútiles. 217 00:18:28,458 --> 00:18:29,875 Lévaas o aire. 218 00:18:29,875 --> 00:18:31,708 Vostede tanto me ten. 219 00:18:32,375 --> 00:18:34,625 Non me importa se vive ou se morre. 220 00:18:34,625 --> 00:18:37,500 Vostede é un alto mando. Que quere de min? 221 00:18:37,500 --> 00:18:38,708 Eu son 222 00:18:39,708 --> 00:18:43,083 o mando máis alto nunha unidade de un home. 223 00:18:44,000 --> 00:18:47,916 A miña tarefa é xuntar todas as pedras preciosas de Europa 224 00:18:47,916 --> 00:18:49,708 para entregarllas ao Reich. 225 00:18:51,916 --> 00:18:53,333 Fago ben o meu traballo. 226 00:18:54,458 --> 00:18:56,541 Saíume todo moi ben, 227 00:18:58,458 --> 00:18:59,875 menos unha cousa. 228 00:19:01,458 --> 00:19:03,666 Busco un diamante concreto. 229 00:19:06,208 --> 00:19:08,250 Para a colección privada de Hitler? 230 00:19:09,541 --> 00:19:12,166 Ou será para vostede? 231 00:19:12,166 --> 00:19:13,708 Vostede está enfermo. 232 00:19:14,375 --> 00:19:15,750 Cheira a enfermo. 233 00:19:19,708 --> 00:19:22,375 O que vai pasar este tarde é o seguinte. 234 00:19:23,625 --> 00:19:25,750 A partir de agora, ata o solpor... 235 00:19:25,750 --> 00:19:27,583 Vai desobedecer as ordes 236 00:19:27,583 --> 00:19:31,416 e logo intentará apropiarse desa pedra preciosa. 237 00:19:36,916 --> 00:19:38,583 Se non me di onde está, 238 00:19:39,458 --> 00:19:40,500 dispárolle. 239 00:19:41,500 --> 00:19:45,875 Á cabeza, neste cuarto, antes de anoitecer. 240 00:19:45,875 --> 00:19:47,375 Entón xa estou morto. 241 00:19:48,333 --> 00:19:50,166 E non se pode ameazar un morto. 242 00:19:56,666 --> 00:20:01,750 A vostede parécelle que non me dixo nada, pero xa me dixo moito 243 00:20:02,416 --> 00:20:04,333 nun período curto de tempo. 244 00:20:05,041 --> 00:20:09,833 Investigando sobre vostede, dixéronme que é moi racional. 245 00:20:09,833 --> 00:20:12,250 Por exemplo, non cre en parvadas, 246 00:20:12,250 --> 00:20:13,875 coma diamantes malditos. 247 00:20:14,583 --> 00:20:19,500 Aínda que, por posuír un diamante concreto, a súa filla viva ás escuras. 248 00:20:20,291 --> 00:20:22,916 Entón, como home racional, 249 00:20:24,541 --> 00:20:28,375 non creo que dea a vida por unha simple pedra. 250 00:20:34,250 --> 00:20:36,458 Pero si daría a vida por ela. 251 00:20:38,125 --> 00:20:41,375 Iso significa que o diamante o ten a súa filla. 252 00:20:42,291 --> 00:20:44,708 Se atopo a súa filla, atoparei a pedra. 253 00:20:53,375 --> 00:20:58,375 Hai campás silentes en cuartos coma este que só oímos os homes coma min. 254 00:21:01,291 --> 00:21:02,708 Acabo de oír un toque. 255 00:21:02,708 --> 00:21:05,583 Si, todo ten unha voz. 256 00:21:05,583 --> 00:21:07,166 Só hai que escoitar. 257 00:21:08,000 --> 00:21:11,208 Cre que o Mar de Chamas lle dará a vida eterna? 258 00:21:13,666 --> 00:21:14,875 Sinto dicirllo. 259 00:21:17,458 --> 00:21:18,875 A morte virao buscar. 260 00:21:20,625 --> 00:21:22,291 Pero se quere a alguén, 261 00:21:23,541 --> 00:21:26,791 o amor sobrevive á morte. 262 00:21:27,708 --> 00:21:31,333 Por iso a milla filla vive na luz, non na escuridade. 263 00:21:37,916 --> 00:21:41,750 Estas eran as miñas ferramentas para examinar pedras preciosas. 264 00:21:41,750 --> 00:21:43,166 Pero descubrín 265 00:21:44,625 --> 00:21:47,583 que son moi útiles en ocasións coma esta. 266 00:21:52,250 --> 00:21:54,041 Temos máis de tres horas 267 00:21:55,458 --> 00:21:57,333 para que me dea un enderezo. 268 00:21:58,666 --> 00:22:01,500 Aprendín, en situacións coma esta, 269 00:22:02,416 --> 00:22:05,583 que a dor é máis forte ca a lealdade e o patriotismo. 270 00:22:05,583 --> 00:22:08,000 Pero a pregunta desta tarde é... 271 00:22:11,125 --> 00:22:13,333 se a dor é máis forte ca o amor. 272 00:22:24,375 --> 00:22:25,708 Esa era a pregunta. 273 00:22:26,875 --> 00:22:29,708 É a dor máis forte ca o amor? 274 00:22:31,458 --> 00:22:33,666 Queres saber a resposta á pregunta? 275 00:22:34,791 --> 00:22:36,375 A resposta é que non. 276 00:22:37,416 --> 00:22:39,291 Non me dixo nada. 277 00:22:40,166 --> 00:22:47,125 Tortureino durante tres horas, pero non me dixo nada. 278 00:22:48,833 --> 00:22:50,541 Negouse a darme un enderezo. 279 00:22:52,000 --> 00:22:53,500 Non te entregou. 280 00:22:54,000 --> 00:22:55,000 E entón... 281 00:23:08,791 --> 00:23:11,333 Non. Non. 282 00:23:11,333 --> 00:23:14,416 Si, Marie. Teu pai está morto. 283 00:23:15,291 --> 00:23:17,250 Mateino eu. 284 00:23:35,958 --> 00:23:38,291 Papá, ti non marchas... 285 00:23:40,375 --> 00:23:41,708 ata que eu marche. 286 00:23:48,458 --> 00:23:51,250 Marie, entendes a situación en que estás? 287 00:23:51,916 --> 00:23:53,750 Podo rebentar esta porta... 288 00:23:54,916 --> 00:23:57,041 - Eu non marcho... - ...en calquera momento. 289 00:23:57,041 --> 00:23:58,250 ...ata que marche el. 290 00:24:03,458 --> 00:24:07,583 Dime onde agachou teu pai o diamante e déixote en paz. 291 00:24:07,583 --> 00:24:09,416 Non estou soa. 292 00:24:14,000 --> 00:24:17,250 Vostede terá unha granada, pero eu teño unha arma. 293 00:24:17,250 --> 00:24:21,291 Que parvada! A quen se lle ocorre darlle unha arma a unha cega? 294 00:24:24,000 --> 00:24:27,041 Meu tío Etienne deume a arma e ensinoume a usala. 295 00:24:31,000 --> 00:24:32,750 Se entra por esa porta, 296 00:24:32,750 --> 00:24:36,333 disparareille como me ensinou meu tío Etienne. 297 00:24:36,333 --> 00:24:41,166 Teres o revólver de teu tío complica as cousas. 298 00:24:41,750 --> 00:24:43,083 Pero só un chisco. 299 00:24:43,083 --> 00:24:45,125 - Que dixo? - Dixen... 300 00:25:03,875 --> 00:25:05,500 Terás unha arma, Marie. 301 00:25:06,583 --> 00:25:08,791 Pero o que non tes son ollos. 302 00:25:08,791 --> 00:25:10,083 E axiña 303 00:25:11,125 --> 00:25:13,625 tampouco terás orellas. 304 00:25:15,125 --> 00:25:17,250 Contarei desde dez ata cero. 305 00:25:18,458 --> 00:25:22,833 Despois tirarei polo cable enganchado á chaveta da granada. 306 00:25:25,250 --> 00:25:27,958 O explosivo está cheo de metralla, 307 00:25:27,958 --> 00:25:30,625 recoméndoche que arredes. 308 00:25:31,500 --> 00:25:35,875 Quero asegurarme de que esteas viva despois de rebentar a porta. 309 00:25:36,875 --> 00:25:38,875 A explosión vaite deixar xorda. 310 00:25:39,791 --> 00:25:42,416 Durante 30 segundos, non oirás nada. 311 00:25:42,416 --> 00:25:45,125 Nese momento entrarei eu no cuarto 312 00:25:45,125 --> 00:25:48,125 e probarei sorte cunha neniña semiconsciente 313 00:25:48,125 --> 00:25:50,708 que non ten máis ca o sentido do olfacto. 314 00:25:50,708 --> 00:25:54,500 Esta é a túa última oportunidade. Fálame. 315 00:26:17,208 --> 00:26:18,041 Werner! 316 00:26:56,833 --> 00:26:58,958 Non imos morrer hoxe. 317 00:27:02,708 --> 00:27:04,125 Xa vou, Marie. 318 00:27:09,291 --> 00:27:10,166 Dez... 319 00:27:10,166 --> 00:27:13,083 Aínda que quede xorda, seguirei oíndo a túa voz. 320 00:27:13,083 --> 00:27:14,083 ...nove... 321 00:27:18,500 --> 00:27:19,791 oito... 322 00:27:22,791 --> 00:27:23,875 sete... 323 00:27:27,125 --> 00:27:28,083 seis... 324 00:27:30,750 --> 00:27:31,625 cinco... 325 00:27:35,666 --> 00:27:36,875 catro... 326 00:27:44,583 --> 00:27:45,666 tres... 327 00:27:47,166 --> 00:27:48,000 dous... 328 00:27:52,541 --> 00:27:53,625 un. 329 00:29:15,166 --> 00:29:17,250 Marie! Estás ben? 330 00:29:18,958 --> 00:29:20,666 Marie! Onde estás? 331 00:29:22,875 --> 00:29:24,333 Mándame teu tío Etienne. 332 00:29:58,291 --> 00:29:59,791 - Marie! - Estou aquí! 333 00:29:59,791 --> 00:30:00,750 Quen es? 334 00:30:00,750 --> 00:30:02,041 Chámome Werner. 335 00:30:02,041 --> 00:30:06,416 Un soldado alemán, pero son amigo teu. Teu tío Etienne foi profesor meu. 336 00:30:06,416 --> 00:30:09,125 A túa historia é irrelevante, traidor! 337 00:30:09,791 --> 00:30:13,875 Tranquilo, que axiña morrerá contigo. 338 00:30:15,458 --> 00:30:18,000 Marie, a túa arma leva seis balas. 339 00:30:18,708 --> 00:30:20,083 Xa contei cinco. 340 00:30:21,041 --> 00:30:22,458 Así que, queda una bala. 341 00:30:22,458 --> 00:30:27,416 Primeiro encárgome deste traidor e despois irei por ti. 342 00:30:57,083 --> 00:30:58,666 Baixa polas escaleiras. 343 00:30:58,666 --> 00:31:01,625 Chegou á metade. Coñezo o ruído de cada banzo. 344 00:31:06,541 --> 00:31:09,333 Está chegando ao primeiro piso. 345 00:31:10,500 --> 00:31:11,875 Fáltanlle cinco banzos. 346 00:31:21,541 --> 00:31:23,166 Está case no fondo. 347 00:31:26,666 --> 00:31:29,500 Está no relanzo, onda a porta. 348 00:32:22,708 --> 00:32:24,250 Todo ten unha voz. 349 00:32:27,375 --> 00:32:29,125 Só hai que escoitar. 350 00:32:51,833 --> 00:32:53,666 Ti es un soldado alemán. 351 00:32:59,083 --> 00:33:00,583 Eu xa non son nada, 352 00:33:02,916 --> 00:33:04,333 só sigo vivo. 353 00:33:04,833 --> 00:33:06,041 Grazas a ti. 354 00:33:13,583 --> 00:33:14,625 Que é iso? 355 00:33:15,208 --> 00:33:16,041 O que? 356 00:33:16,041 --> 00:33:20,583 - Estaría na maqueta. Parece un diamante. - Non o toques. 357 00:33:22,250 --> 00:33:23,208 Por que? 358 00:33:24,250 --> 00:33:25,333 Déixao. 359 00:33:31,416 --> 00:33:32,666 Dixeches 360 00:33:33,791 --> 00:33:36,625 que meu tío tamén era profesor teu. 361 00:33:38,791 --> 00:33:39,791 Si. 362 00:34:04,333 --> 00:34:07,000 Dixeches antes... 363 00:34:10,875 --> 00:34:13,000 que te mandara vir o profesor. 364 00:34:15,666 --> 00:34:16,666 Pois... 365 00:34:18,333 --> 00:34:19,708 pediume que che dixese... 366 00:34:21,125 --> 00:34:22,375 Dicirme o que? 367 00:34:26,791 --> 00:34:29,458 Un tigre prefire morrer ca estar nunha gaiola. 368 00:34:32,541 --> 00:34:35,500 Pero... morreu. 369 00:34:38,458 --> 00:34:40,000 Dixo que ti o liberaras. 370 00:34:43,416 --> 00:34:46,000 Que prefería morrer. 371 00:34:49,666 --> 00:34:50,875 Iso é o que dixo. 372 00:34:51,958 --> 00:34:53,541 Eu... 373 00:35:00,041 --> 00:35:01,791 Aquí é onde sentaba el? 374 00:35:06,166 --> 00:35:07,500 Ti escoitábalo? 375 00:35:09,333 --> 00:35:10,875 El era meu pai. 376 00:35:11,958 --> 00:35:14,666 É coma se o fose. 377 00:35:16,833 --> 00:35:18,041 Son orfo. 378 00:35:22,166 --> 00:35:24,791 Eu vía este sitio cando pechaba os ollos. 379 00:35:25,875 --> 00:35:27,083 Eu tamén o vía. 380 00:35:31,250 --> 00:35:33,166 Eu non tiña que pechar os ollos. 381 00:35:38,000 --> 00:35:39,458 A luz máis importante 382 00:35:39,458 --> 00:35:42,291 - é a que non se ve. - é a que non se ve. 383 00:35:51,416 --> 00:35:52,791 Parece que tes fame. 384 00:35:53,541 --> 00:35:54,541 Non a teño. 385 00:35:55,666 --> 00:35:56,541 Eu si. 386 00:35:58,916 --> 00:36:00,166 Gústanche os pexegos? 387 00:36:01,625 --> 00:36:03,250 Gustan. 388 00:36:13,750 --> 00:36:14,958 Abre a man. 389 00:36:15,541 --> 00:36:16,375 Grazas. 390 00:36:47,833 --> 00:36:49,041 Que fas? 391 00:36:50,375 --> 00:36:52,208 Arranxar a radio. 392 00:37:08,875 --> 00:37:11,375 A música que sempre poñía o profesor, 393 00:37:12,708 --> 00:37:13,916 aínda a tes? 394 00:38:02,666 --> 00:38:04,083 Querida irmá, Jutta, 395 00:38:05,458 --> 00:38:08,291 non sei se me estás escoitando, 396 00:38:09,541 --> 00:38:10,750 pero, se estás, 397 00:38:11,708 --> 00:38:13,333 que saibas que estou vivo 398 00:38:14,833 --> 00:38:17,666 e que sigo na mesma frecuencia de cabeza. 399 00:38:19,791 --> 00:38:21,166 Estou en Francia. 400 00:38:21,875 --> 00:38:23,500 Intentarei ir á casa. 401 00:38:24,625 --> 00:38:27,291 Cando volva, contareiche todo. 402 00:38:27,291 --> 00:38:28,958 Hai moitísimas cousas. 403 00:38:30,125 --> 00:38:32,750 Pero o máis importante 404 00:38:35,125 --> 00:38:38,208 é que coñecín o profesor. En serio. 405 00:38:39,291 --> 00:38:40,708 Salvoume a vida. 406 00:38:41,916 --> 00:38:43,750 Estou sentado na súa cadeira. 407 00:38:46,208 --> 00:38:48,416 Cunha rapaza cuns ollos bonitísimos. 408 00:38:54,541 --> 00:38:55,666 Teño que marchar. 409 00:38:57,333 --> 00:38:58,458 Un forte abrazo. 410 00:41:06,000 --> 00:41:07,208 Están preto. 411 00:41:08,208 --> 00:41:11,875 Coñezo ben a cidade. Coñezo os camiños secretos. 412 00:41:11,875 --> 00:41:14,083 Pódote acompañar ás murallas. 413 00:41:15,208 --> 00:41:16,041 Non. 414 00:41:18,291 --> 00:41:22,125 Non. Se te collen comigo, fusilarante por colaborar co inimigo. 415 00:41:24,250 --> 00:41:26,083 Pero volveremos vernos. 416 00:41:26,958 --> 00:41:27,958 Onde? 417 00:41:29,416 --> 00:41:30,916 Na onda curta 13.10. 418 00:41:31,583 --> 00:41:34,208 Se ti transmites, eu estarei escoitando. 419 00:41:34,208 --> 00:41:37,125 Cando acabe a guerra, se queres que veña, veño. 420 00:41:37,916 --> 00:41:39,458 Igual cambias de idea. 421 00:41:39,458 --> 00:41:40,541 Non tal. 422 00:41:42,125 --> 00:41:43,083 Non tal. 423 00:41:44,541 --> 00:41:46,041 Entón, ti escoita. 424 00:41:46,916 --> 00:41:47,916 De acordo. 425 00:41:49,416 --> 00:41:50,750 Como fixen sempre. 426 00:42:04,166 --> 00:42:07,583 Tes que entregarte aos americanos. 427 00:42:09,041 --> 00:42:11,208 A xente de aquí matarate, 428 00:42:11,208 --> 00:42:15,375 pero os americanos daranche botas e comida 429 00:42:16,083 --> 00:42:18,125 e unha oportunidade. 430 00:42:21,375 --> 00:42:22,250 De acordo. 431 00:42:24,041 --> 00:42:24,916 De acordo. 432 00:42:25,666 --> 00:42:26,708 Vou contigo. 433 00:42:55,666 --> 00:43:00,083 Quero asegurarme de que esta zona está completamente varrida e é segura. 434 00:43:00,958 --> 00:43:02,458 Eu escoitarei. 435 00:43:07,583 --> 00:43:10,750 Sarxento! Agarren a este home! 436 00:44:21,791 --> 00:44:25,208 Conseguímolo, Marie! Conseguímolo! 437 00:48:51,791 --> 00:48:55,291 BASEADA NA NOVELA DE ANTHONY DOERR 438 00:52:06,458 --> 00:52:11,458 {\an8}Subtítulos: Manuel Puga Moruxa