1 00:00:11,291 --> 00:00:15,125 {\an8}12 AGOSTO, 1944 2 00:00:41,625 --> 00:00:42,583 Pfennig. 3 00:00:47,833 --> 00:00:48,750 Veña. 4 00:00:57,291 --> 00:00:58,166 Entón, 5 00:00:59,583 --> 00:01:00,666 ti vas diante. 6 00:01:02,125 --> 00:01:04,541 Se ten cómplices, ti morrerás primeiro. 7 00:01:04,541 --> 00:01:09,291 Se está soa, terás o privilexio de matala. 8 00:01:12,625 --> 00:01:13,541 Toma. 9 00:01:15,000 --> 00:01:15,916 Cóllea! 10 00:01:22,916 --> 00:01:24,625 Cunha comunicación, 11 00:01:24,625 --> 00:01:28,333 podo ordenar que lle boten a túa irmá aos cans das SS. 12 00:01:30,708 --> 00:01:33,208 Ao acabaren con ela os coidadores dos cans. 13 00:01:35,916 --> 00:01:36,875 Andando. 14 00:01:38,708 --> 00:01:39,916 Móvete! 15 00:01:41,041 --> 00:01:42,125 Así me gusta. 16 00:01:58,416 --> 00:01:59,750 Alto! 17 00:02:31,333 --> 00:02:33,958 - Marie! - Está a salvo. Prométoo. 18 00:02:36,375 --> 00:02:38,958 Acabas de matar o teu comandante. 19 00:02:40,750 --> 00:02:42,083 É unha historia longa. 20 00:02:45,208 --> 00:02:48,208 Marie! Tranquila. Todo vai ben! 21 00:02:51,458 --> 00:02:53,500 O pecho da porta está roto. 22 00:02:54,166 --> 00:02:56,791 Terás que correr os pasadores por dentro. 23 00:02:58,541 --> 00:03:03,083 Os americanos están de camiño. Vai ser só cousa de días. 24 00:03:03,083 --> 00:03:06,208 As túas emisións axudan a orientar os bombardeos. 25 00:03:06,833 --> 00:03:09,125 Tes que seguir sendo forte algo máis. 26 00:03:09,125 --> 00:03:12,583 Apalpa a porta onda o pasador para a instrución de hoxe. 27 00:03:12,583 --> 00:03:14,375 Os aliados farán o resto. 28 00:03:18,416 --> 00:03:19,333 Axúdame. 29 00:03:30,000 --> 00:03:32,166 Imos deixar aquí os corpos? 30 00:03:32,166 --> 00:03:34,916 Teño amigos que virán recoller o lixo. 31 00:03:34,916 --> 00:03:38,000 Traen o vehículo e bótanlle os corpos ás gaivotas. 32 00:03:38,708 --> 00:03:39,708 Ben feito. 33 00:03:44,125 --> 00:03:45,750 Entón, chámase Marie. 34 00:03:51,958 --> 00:03:54,541 Non quero oír o seu nome en boca dun alemán. 35 00:03:55,541 --> 00:03:57,750 Non sei quen hostia es, 36 00:03:59,416 --> 00:04:02,083 pero quero oír a túa longa historia. 37 00:04:03,166 --> 00:04:04,583 Quita esa chaqueta. 38 00:04:05,708 --> 00:04:07,000 Vas vir comigo. 39 00:04:08,958 --> 00:04:12,125 Marie! Vou cerrar a porta de fóra! Baixa pechala. 40 00:04:17,750 --> 00:04:18,708 Vamos. 41 00:04:38,041 --> 00:04:39,458 Capítulo 22. 42 00:04:42,166 --> 00:04:43,166 Segunda parte. 43 00:05:13,375 --> 00:05:15,625 {\an8}BASEADA NA NOVELA DE ANTHONY DOERR 44 00:06:25,625 --> 00:06:26,708 {\an8}CATRO ANOS ANTES 45 00:06:26,708 --> 00:06:27,875 {\an8}Sorpresa! 46 00:06:29,750 --> 00:06:30,583 Daniel? 47 00:06:30,583 --> 00:06:35,458 Tía Manec, esta é a miña filla, Marie, da que tanto che falei nas cartas. 48 00:06:35,458 --> 00:06:37,708 Encantada de coñecerte, Madame Manec. 49 00:06:38,333 --> 00:06:41,416 Encantada de coñecerte tamén. 50 00:06:42,916 --> 00:06:45,916 - Pasade, pasade. - Grazas. 51 00:06:46,958 --> 00:06:48,375 - Grazas. - Collo isto. 52 00:06:51,250 --> 00:06:52,166 Unha máis. 53 00:06:53,291 --> 00:06:56,291 Xa sei que ao tío Etienne non lle gustan as visitas. 54 00:06:56,291 --> 00:06:58,416 Meu irmán adaptarase. Vinde! 55 00:06:59,416 --> 00:07:01,208 - Onde estamos? - Na cociña. 56 00:07:01,208 --> 00:07:03,500 - Está el? - Claro que está. 57 00:07:03,500 --> 00:07:06,500 Está no faiado, enredando coa radio. 58 00:07:09,166 --> 00:07:10,250 Etienne. 59 00:07:13,416 --> 00:07:14,833 Tío Etienne! 60 00:07:14,833 --> 00:07:18,125 Non te oe. Ten os cascos postos. 61 00:07:18,125 --> 00:07:20,250 Que tipo de radio ten? 62 00:07:21,500 --> 00:07:27,833 Unha moi irritante e absorbente, que controla a súa mente as 24 horas. 63 00:07:27,833 --> 00:07:32,208 Pero é mellor iso ca que paponee mirando o mar, 64 00:07:32,208 --> 00:07:34,333 que é a outra cousa que fai. 65 00:07:36,375 --> 00:07:37,416 Daniel. 66 00:07:40,125 --> 00:07:44,666 Espero que lle digas todos os días que é moi guapa. 67 00:07:46,125 --> 00:07:48,500 Tía Manec, é cega, non xorda. 68 00:07:52,375 --> 00:07:54,875 Eu serei un espello na parede para ela, 69 00:07:54,875 --> 00:07:58,166 e xa lle direi eu cando deixa de ser guapa, 70 00:07:59,083 --> 00:08:00,750 e comeza a ser fermosa. 71 00:08:01,583 --> 00:08:03,416 Tía, non quero ser maleducado, 72 00:08:03,416 --> 00:08:08,125 pero levamos tres días de viaxe comendo herbas guindadas e pan reseso. 73 00:08:08,125 --> 00:08:10,708 - E roubamos ovos e un coche. - Vale... 74 00:08:10,708 --> 00:08:12,125 Ata guiei eu o coche. 75 00:08:12,125 --> 00:08:14,166 Afórralle os detalles. 76 00:08:14,166 --> 00:08:17,666 Pois agora quero saber os detalles. Vide sentarvos. 77 00:08:29,916 --> 00:08:30,916 A cuberto! 78 00:08:35,166 --> 00:08:36,291 Vedes algo? 79 00:08:37,333 --> 00:08:38,750 - Iso é gas? - Que é iso? 80 00:08:38,750 --> 00:08:39,916 Gas! 81 00:08:43,875 --> 00:08:44,833 Etienne! 82 00:08:44,833 --> 00:08:48,458 Poñede a máscara! A máscara está no macuto. 83 00:08:48,458 --> 00:08:51,541 Etienne! Non sei que facer. Non sei como funciona. 84 00:08:51,541 --> 00:08:52,708 A ver! 85 00:08:54,000 --> 00:08:55,250 Vale! 86 00:09:00,416 --> 00:09:02,041 Poñede a máscara, hostia... 87 00:09:21,166 --> 00:09:22,208 Etienne! 88 00:09:23,000 --> 00:09:24,333 Tío Etienne! 89 00:09:25,041 --> 00:09:27,625 - Son eu, Daniel! - Si, si, estou aquí. 90 00:09:29,208 --> 00:09:30,583 Podo pasar? 91 00:09:33,166 --> 00:09:35,416 A porta está pechada. Espera. 92 00:09:44,208 --> 00:09:46,916 Xa sei que non che gustan as sorpresas. 93 00:09:47,541 --> 00:09:49,166 - Daniel. - Si. 94 00:09:50,000 --> 00:09:51,166 Pasou moito tempo. 95 00:09:51,750 --> 00:09:52,708 Podo pasar? 96 00:09:54,166 --> 00:09:55,041 Non. 97 00:09:55,625 --> 00:09:57,625 Ou sexa, éche mellor que non. 98 00:09:57,625 --> 00:10:00,291 Teño as ventás pechadas polo ruído. 99 00:10:00,291 --> 00:10:03,541 Asústome con calquera cousa. 100 00:10:03,541 --> 00:10:08,333 O ambiente debe estar cargado de estar eu aquí. 101 00:10:08,333 --> 00:10:10,541 Pois a min chéirame a lila. 102 00:10:11,916 --> 00:10:15,333 É a miña colonia. A única excentricidade que me queda. 103 00:10:15,833 --> 00:10:17,041 Xa baixo. 104 00:10:23,250 --> 00:10:25,166 Que escoitas todo o día? 105 00:10:26,000 --> 00:10:31,083 Pois o mundo falando só, coma un tolo furioso. 106 00:10:31,083 --> 00:10:32,875 Para que é o micrófono? 107 00:10:34,000 --> 00:10:37,666 Tío Etienne, facer emisións de radio é ilegal. 108 00:10:37,666 --> 00:10:40,250 - Castígase coa pena de morte. - Ai si? 109 00:10:40,750 --> 00:10:42,666 Non leo moito os xornais. 110 00:10:43,333 --> 00:10:44,208 Espera... 111 00:10:45,875 --> 00:10:49,333 Noto o cheiro dunha tortilla lendaria. 112 00:10:50,750 --> 00:10:52,250 É no teu honor. 113 00:10:52,250 --> 00:10:54,625 Botoulle romeu e tomiño. 114 00:10:54,625 --> 00:10:56,958 Non creo que sexa no meu honor. 115 00:10:56,958 --> 00:10:59,458 Non vin só. 116 00:11:04,041 --> 00:11:04,958 Aí vai. 117 00:11:06,500 --> 00:11:09,041 Vouche falar de meu irmán, Etienne. 118 00:11:09,666 --> 00:11:11,166 Disque lle gusta a radio. 119 00:11:13,125 --> 00:11:15,000 Vouche falar del. 120 00:11:15,708 --> 00:11:18,166 O tío Etienne foiche un heroe da guerra. 121 00:11:18,166 --> 00:11:22,958 Déronlle moitas medallas e tirounas todas ao mar. 122 00:11:22,958 --> 00:11:24,833 O mar que ves pola ventá. 123 00:11:24,833 --> 00:11:27,000 Eu non vexo o mar, Madame Manec. 124 00:11:27,583 --> 00:11:29,041 Vaia. Síntoo moito. 125 00:11:29,041 --> 00:11:31,041 Así que, é un heroe da guerra... 126 00:11:32,083 --> 00:11:35,416 As cousas que viu na guerra non as dá quitado da cabeza. 127 00:11:35,416 --> 00:11:37,375 Veas cando pecha os ollos, 128 00:11:38,125 --> 00:11:42,625 sobre todo cando hai moito ruído ou cousas inesperadas. 129 00:11:42,625 --> 00:11:45,375 Ou coches ou berros de gaivotas. 130 00:11:46,041 --> 00:11:49,250 Entón, durante 20 anos, 131 00:11:50,083 --> 00:11:52,916 case desde o día que veu da guerra, 132 00:11:53,791 --> 00:11:57,000 non saíu da casa. 133 00:11:57,666 --> 00:11:59,875 Nin sequera vai á praia? 134 00:11:59,875 --> 00:12:02,625 Nin sequera vai á praia. 135 00:12:02,625 --> 00:12:08,208 Di que viaxa polo mundo enteiro cos libros, pero non o vexo ler moito. 136 00:12:08,208 --> 00:12:12,875 E tamén coa radio, da que nunca se separa. 137 00:12:13,708 --> 00:12:18,916 Eu fálolle do aire libre e a luz, pero sabes o que di o parviño? 138 00:12:18,916 --> 00:12:20,458 - Que? - Di 139 00:12:21,041 --> 00:12:26,708 que a luz máis importante do mundo é a que non se pode ver. 140 00:12:33,291 --> 00:12:34,291 Marie, 141 00:12:35,416 --> 00:12:36,916 este é meu tío Etienne. 142 00:12:38,500 --> 00:12:41,000 Etienne, esta é a miña filla, Marie. 143 00:12:44,375 --> 00:12:46,375 Marie, todo ben? 144 00:12:47,583 --> 00:12:48,458 Si. 145 00:12:49,458 --> 00:12:52,375 Teu pai di que a viaxe foi interesante. 146 00:12:52,375 --> 00:12:53,708 Desculpa. 147 00:12:54,541 --> 00:12:57,291 Non oín. Podíalo repetir? 148 00:12:59,541 --> 00:13:02,250 Teu pai dixo que a viaxe foi interesante. 149 00:13:02,250 --> 00:13:04,166 Si que foi interesante. 150 00:13:05,750 --> 00:13:06,916 Tes unha radio? 151 00:13:07,875 --> 00:13:08,750 Si. 152 00:13:09,750 --> 00:13:11,250 Fas emisións desde aquí? 153 00:13:14,125 --> 00:13:17,583 Etienne, teñen moita fame. Corta un pouco pan. 154 00:13:21,375 --> 00:13:22,750 Benvida, Marie. 155 00:13:23,541 --> 00:13:25,041 O pan, Etienne. 156 00:13:26,250 --> 00:13:27,458 Todo ben? 157 00:13:27,458 --> 00:13:30,125 O almorzo está servido. Comede! 158 00:13:31,625 --> 00:13:35,041 O arrecendo a "por fin na casa", Marie. Veña, come. 159 00:13:43,458 --> 00:13:47,750 {\an8}SAINT-MALO AGOSTO 1944 160 00:13:54,291 --> 00:13:56,791 Tranquilo, Henri. Está comigo. 161 00:13:59,541 --> 00:14:00,625 Aparta isto. 162 00:14:05,916 --> 00:14:07,458 Arreda do forno, alemán. 163 00:14:09,500 --> 00:14:12,458 No teu país gústanvos os fornos, non si? 164 00:14:13,833 --> 00:14:16,666 Haberá máis bombardeos hoxe. Hai moito que facer. 165 00:14:16,666 --> 00:14:18,625 Debías ir durmir un pouco. 166 00:14:18,625 --> 00:14:22,250 - E ti, que? - Vou interrogar o prisioneiro. 167 00:14:40,250 --> 00:14:43,833 Cando che dixen que mataras o teu comandante, 168 00:14:44,583 --> 00:14:46,791 dixeches que era unha longa historia. 169 00:14:47,416 --> 00:14:51,291 Dixeches que che interesaba o nome da nena que estaba na casa. 170 00:14:52,166 --> 00:14:54,458 Marie, é un bo nome. 171 00:14:56,958 --> 00:14:58,791 Por que che interesa? 172 00:15:02,250 --> 00:15:03,791 Pola mesma longa historia. 173 00:15:06,916 --> 00:15:10,250 Localizaches o transmisor co que emitía ela. 174 00:15:10,833 --> 00:15:12,041 Onda curta 13.10. 175 00:15:12,625 --> 00:15:13,750 Que pasa con ela? 176 00:15:14,541 --> 00:15:17,625 De neno, onda curta 13.10 era a miña única esperanza. 177 00:15:19,375 --> 00:15:21,208 Onda curta 13.10... 178 00:15:22,625 --> 00:15:24,125 era a miña única evasión. 179 00:15:25,666 --> 00:15:27,041 O meu refuxio. 180 00:15:27,625 --> 00:15:29,583 Non creo que o entenda. 181 00:15:29,583 --> 00:15:30,708 Inténtao. 182 00:15:32,791 --> 00:15:35,125 Os bombardeiros non virán ata o solpor. 183 00:15:39,166 --> 00:15:42,166 Sempre me interesaron as radios. 184 00:15:44,791 --> 00:15:48,000 Cando era máis novo, ese interese causoume problemas. 185 00:15:49,500 --> 00:15:50,625 Que problemas? 186 00:15:54,958 --> 00:15:59,291 {\an8}INSTITUTO POLÍTICO-NACIONAL DE EDUCACIÓN MAIO 1942 187 00:16:02,958 --> 00:16:04,166 Non pensedes! 188 00:16:06,958 --> 00:16:08,416 Non paredes a pensar! 189 00:16:09,375 --> 00:16:13,833 Dásevos unha orde e cumprirédela con gusto! 190 00:16:13,833 --> 00:16:16,083 O pensamento destrúe a acción! 191 00:16:16,625 --> 00:16:20,583 Friedrich Nietzsche di que non hai que pensar as accións! 192 00:16:20,583 --> 00:16:24,083 Temos que limitarnos a facer, facer e facer! 193 00:16:28,500 --> 00:16:31,833 Voso pai é o Führer e mándavos saltar! 194 00:16:31,833 --> 00:16:32,916 Salta! 195 00:16:38,625 --> 00:16:39,458 Veña! 196 00:16:40,958 --> 00:16:42,458 Veña! 197 00:16:43,291 --> 00:16:45,916 Que é a dor? A dor non é nada! 198 00:16:47,000 --> 00:16:47,916 Non paredes! 199 00:17:02,666 --> 00:17:04,666 En cada unha destas caixas, 200 00:17:04,666 --> 00:17:09,291 atoparedes todos os compoñentes dun transceptor de radio simple. 201 00:17:09,291 --> 00:17:14,291 Tedes unha hora para construír unha radio que funcione, 202 00:17:14,291 --> 00:17:17,333 comezando xa. 203 00:17:26,083 --> 00:17:29,500 Somos cazadores, non cazados! 204 00:17:30,583 --> 00:17:33,208 O león non é libre de converterse nun año. 205 00:17:33,958 --> 00:17:35,416 Movédevos! 206 00:17:35,416 --> 00:17:38,166 Os fortes non son libres de seren débiles! 207 00:17:38,166 --> 00:17:40,208 Os fortes devoran os débiles! 208 00:17:42,166 --> 00:17:43,166 Movédevos! 209 00:17:43,958 --> 00:17:44,958 Movédevos! 210 00:17:45,750 --> 00:17:48,791 Mozart, Vivaldi, Bach, 211 00:17:48,791 --> 00:17:52,875 ningún deles fixo tanto pola humanidade coma Otto Grottingen, 212 00:17:52,875 --> 00:17:55,250 o inventor alemán da radio accesible. 213 00:17:55,250 --> 00:17:58,666 O propio Goebbels dixo que, sen a radio, 214 00:17:58,666 --> 00:18:01,458 o partido Nazi nunca chegaría ao poder. 215 00:18:02,458 --> 00:18:05,458 O que estades construíndo é unha arma de guerra. 216 00:18:16,375 --> 00:18:18,000 Cincuenta e tres segundos. 217 00:18:22,166 --> 00:18:24,541 Volkheimer, vaite para o bosque. 218 00:18:26,375 --> 00:18:29,750 Anda o que poidas en dez minutos e acende o transceptor. 219 00:18:30,458 --> 00:18:31,291 Vaite. 220 00:18:36,833 --> 00:18:37,958 Empeza. 221 00:19:11,458 --> 00:19:12,375 Non. 222 00:19:13,500 --> 00:19:14,458 Gárdao. 223 00:19:14,958 --> 00:19:17,125 Cando operes na fronte do leste, 224 00:19:17,125 --> 00:19:20,625 non sempre terás papel e lapis para facer os cálculos. 225 00:19:20,625 --> 00:19:22,958 A fronte do leste? Non son moi novo? 226 00:19:22,958 --> 00:19:25,125 Alemaña precisa xenios. 227 00:19:25,750 --> 00:19:27,875 Toma isto. 228 00:19:29,791 --> 00:19:31,750 Fai os cálculos na lama. 229 00:19:56,375 --> 00:19:58,750 Volkheimer está a 1,2 km 230 00:20:00,166 --> 00:20:02,250 ao sur-sueste desde este punto. 231 00:20:05,416 --> 00:20:06,583 Werner... 232 00:20:07,791 --> 00:20:09,500 a idade é só un número. 233 00:20:11,041 --> 00:20:12,708 O xenio é un don. 234 00:20:17,666 --> 00:20:19,666 Despois fun pola vía rápida. 235 00:20:20,250 --> 00:20:24,333 Entrei no corpo de sinais e logo mandáronme á fronte do leste. 236 00:20:25,041 --> 00:20:27,041 E no leste cazaches partisanos... 237 00:20:27,041 --> 00:20:30,583 O que pasou ao chegar á fronte é outra longa historia. 238 00:20:43,333 --> 00:20:45,166 As cousas que vin... 239 00:20:47,916 --> 00:20:50,875 perséguenme. 240 00:20:58,583 --> 00:21:00,208 Vaite para o soto. 241 00:21:02,750 --> 00:21:05,500 Os outros volven á noite e haberá un xuízo. 242 00:21:07,416 --> 00:21:10,541 Direi que te enviaron á fronte contra a túa vontade. 243 00:21:10,541 --> 00:21:14,125 Só lles interesa o que fixeches desde que es soldado. 244 00:21:22,541 --> 00:21:24,666 Fixen cousas malas. 245 00:21:27,916 --> 00:21:29,166 Moitas cousas malas. 246 00:21:33,500 --> 00:21:35,291 Eu tamén fixen cousas malas. 247 00:21:40,791 --> 00:21:41,666 Grazas. 248 00:22:06,333 --> 00:22:07,750 Nunca explicaches... 249 00:22:10,750 --> 00:22:13,333 por que che interesa esta nena cega 250 00:22:13,333 --> 00:22:15,041 que che meteu tal malleira. 251 00:22:15,041 --> 00:22:16,625 Non é tan nena. 252 00:22:17,541 --> 00:22:19,875 A moi cabrona case me parte a cabeza. 253 00:22:21,750 --> 00:22:24,208 Ten algo que non lle pertence. 254 00:22:25,416 --> 00:22:26,916 E que é, logo? 255 00:22:28,250 --> 00:22:29,583 É un diamante. 256 00:22:30,375 --> 00:22:32,708 Debe valer moito. 257 00:22:32,708 --> 00:22:34,708 Máis ca os cartos que custa. 258 00:22:36,541 --> 00:22:38,958 Hai tres anos, déronme o diagnóstico. 259 00:22:40,458 --> 00:22:42,250 O meu corpo cómese a si mesmo. 260 00:22:44,458 --> 00:22:46,208 Cada día un pouquiño. 261 00:22:48,500 --> 00:22:49,916 E curarate o diamante? 262 00:22:50,666 --> 00:22:52,166 Eu creo que si. 263 00:22:58,166 --> 00:23:01,291 Levo tres anos buscándoo. 264 00:23:03,291 --> 00:23:06,125 Tres anos, hostia. 265 00:23:10,541 --> 00:23:15,083 {\an8}MUSEO DE HISTORIA NATURAL PARÍS - MAIO 1941 266 00:23:26,500 --> 00:23:28,416 - Quen as levou? - Nin idea. 267 00:23:51,791 --> 00:23:53,125 Ide a este enderezo. 268 00:23:53,125 --> 00:23:57,375 Se hai mulleres e nenos, matádeos se este home non volve en 30 minutos. 269 00:23:57,375 --> 00:23:58,541 Non. 270 00:24:05,208 --> 00:24:07,041 Agora o reloxo é quen manda. 271 00:24:09,291 --> 00:24:10,708 Empezaremos outra vez. 272 00:24:16,750 --> 00:24:18,250 Se me di a verdade, 273 00:24:18,250 --> 00:24:20,750 chegará a tempo para salvar a familia. 274 00:24:23,291 --> 00:24:26,250 Quen levou as xoias que estaban nesta caixa forte? 275 00:24:28,916 --> 00:24:30,000 Chámase Daniel. 276 00:24:30,875 --> 00:24:32,125 Daniel LeBlanc. 277 00:24:32,125 --> 00:24:35,041 Conserxe do museo. Deus me perdoe. 278 00:24:36,416 --> 00:24:37,291 A onde foi? 279 00:24:37,916 --> 00:24:39,958 Xuro que non o sei. Non mo dixo. 280 00:24:41,083 --> 00:24:44,000 Pero as xoias que busca 281 00:24:44,000 --> 00:24:45,375 diríxense a Xenebra. 282 00:24:45,958 --> 00:24:48,625 Están agachadas na cabeza dun dinosauro. 283 00:24:49,875 --> 00:24:52,958 Se informa disto aos soldados dos controis 284 00:24:52,958 --> 00:24:54,916 nos accesos da cidade, 285 00:24:54,916 --> 00:24:57,583 as xoias que estaban nesta sala serán súas. 286 00:24:59,000 --> 00:25:01,541 Podo ir para a casa xa? 287 00:25:04,166 --> 00:25:05,000 Por favor. 288 00:25:05,916 --> 00:25:08,166 Segundo o arquivo, 289 00:25:08,166 --> 00:25:13,416 había unha pedra concreta nesta sala que valía máis ca todas as outras xuntas. 290 00:25:14,041 --> 00:25:15,916 Chamábanlle Mar de Chamas. 291 00:25:33,333 --> 00:25:34,541 Gardábase aquí, non? 292 00:25:34,541 --> 00:25:37,166 Si, nunca foi exposta. 293 00:25:37,166 --> 00:25:39,958 Hai unha superstición, unha maldición. 294 00:25:44,041 --> 00:25:48,333 Tocouna o Daniel LeBlanc este coas súas propias mans? 295 00:25:49,041 --> 00:25:52,500 Non cre nas maldicións. É un home de ciencia, coma min. 296 00:25:52,500 --> 00:25:54,833 Só el e eu manexamos esa pedra. 297 00:25:56,250 --> 00:25:58,125 - Só el e vostede. - Por favor. 298 00:25:59,666 --> 00:26:00,916 Déixeme ir á casa. 299 00:26:01,708 --> 00:26:04,666 - Estaba só cando levou as xoias? - Si. 300 00:26:04,666 --> 00:26:07,541 Non. Estaba coa súa filla. 301 00:26:08,916 --> 00:26:09,833 Unha muller? 302 00:26:10,416 --> 00:26:11,291 Unha nena. 303 00:26:11,875 --> 00:26:13,083 Está cega. 304 00:26:14,833 --> 00:26:18,583 Ten unha filla cega. 305 00:26:22,458 --> 00:26:26,541 Entón, quizais Daniel LeBlanc, home de ciencia, 306 00:26:27,541 --> 00:26:30,458 debía reconsiderar o seu desdén pola superstición. 307 00:26:31,708 --> 00:26:35,500 A onde foron Daniel LeBlanc e esta nena cega maldita? 308 00:26:35,500 --> 00:26:39,208 Díxenlle que non o sei. Xuro que non o sei. Xúroo por Deus! 309 00:26:39,208 --> 00:26:44,000 Xúroo polos meus bebés. Non sei, señor, a onde foi! 310 00:26:44,875 --> 00:26:47,291 Sabe cal é a maldición do Mar de Chamas? 311 00:26:47,291 --> 00:26:50,250 Por favor. Lévame 15 minutos chegar á casa. 312 00:26:50,250 --> 00:26:51,958 Por favor, déixeme marchar. 313 00:26:51,958 --> 00:26:54,625 Quen a posúa vive eternamente. 314 00:26:54,625 --> 00:26:55,708 Por favor... 315 00:26:55,708 --> 00:26:58,958 Pero os seres queridos sofren terribles desgrazas. 316 00:27:07,708 --> 00:27:10,083 Polo menos debían ter guantes quentes. 317 00:27:19,916 --> 00:27:23,125 Non! Aínda teño tempo de chegar á casa. 318 00:27:23,125 --> 00:27:26,375 Por favor, déixeme salvar a miña familia! A familia! 319 00:27:33,500 --> 00:27:35,333 Atopamos a cabeza de dinosauro. 320 00:27:36,916 --> 00:27:39,916 Pero o Mar de Chamas non estaba alí. 321 00:27:41,958 --> 00:27:43,791 Terao a nena cega? 322 00:27:46,625 --> 00:27:49,541 Cando veñan os americanos, 323 00:27:49,541 --> 00:27:54,208 estes arrastraranme á rúa por traidora, por deitarme con soldados alemáns. 324 00:27:56,750 --> 00:27:59,916 Raparanme a cabeza, cubriranme con alcatrán 325 00:27:59,916 --> 00:28:03,041 e logo guindaranme enriba almofadas cheas de plumas. 326 00:28:04,500 --> 00:28:06,708 Despois colgaranme. 327 00:28:12,875 --> 00:28:16,416 Todos nos enfrontaremos ao destino cando veñan os americanos. 328 00:28:18,166 --> 00:28:20,166 Pódesme sacar desta cidade? 329 00:28:24,708 --> 00:28:25,875 Por que ía facelo? 330 00:28:26,875 --> 00:28:29,750 Porque eu sei onde está a nena cega. 331 00:28:35,166 --> 00:28:41,041 Así remata o capítulo 22, segunda parte, de Vinte mil leguas baixo dos mares. 332 00:28:42,375 --> 00:28:44,833 Papá, se estás escoitando, 333 00:28:45,458 --> 00:28:48,791 onte á noite case me matan por unha pedra. 334 00:28:48,791 --> 00:28:51,875 Estou buscando o Mar de Chamas! Onde está? 335 00:28:53,125 --> 00:28:56,833 Non sei canto tempo terei ata que ese alemán me volva atopar. 336 00:28:56,833 --> 00:28:59,916 Pero, mentres non o faga, seguirei aquí, 337 00:29:01,000 --> 00:29:02,541 onde todo comezou. 338 00:29:04,250 --> 00:29:06,875 Despois de todas as bombas, 339 00:29:07,791 --> 00:29:09,208 todo o fume, 340 00:29:11,208 --> 00:29:13,041 aínda noto o cheiro a lilas. 341 00:29:20,250 --> 00:29:22,083 Hai cinco pasos aquí. 342 00:29:22,833 --> 00:29:24,333 Vírase á esquerda. 343 00:29:26,500 --> 00:29:29,875 Déixoche entrar aquí porque non ves a desorde que hai 344 00:29:29,875 --> 00:29:31,166 e non me vas xulgar. 345 00:29:32,833 --> 00:29:33,791 Lilas? 346 00:29:34,833 --> 00:29:37,583 O cheiro das lilas lembra tempos felices, 347 00:29:37,583 --> 00:29:39,958 cando era un mozo un pouco dandi. 348 00:29:39,958 --> 00:29:42,000 - Sabes o que é un dandi? - Non. 349 00:29:42,000 --> 00:29:43,708 Mellor. Senta aquí. 350 00:29:43,708 --> 00:29:44,791 Vale. 351 00:29:46,750 --> 00:29:50,208 Ben. Agora estás sentada en fronte da miña radio. 352 00:29:51,041 --> 00:29:52,500 Entón, acendo isto. 353 00:29:56,041 --> 00:29:59,000 Este é o receptor. 354 00:29:59,000 --> 00:30:03,666 e este dial lévame por todo o mundo nuns segundos. 355 00:30:04,250 --> 00:30:07,375 Paso de África a Cuba, logo a Australia, 356 00:30:07,375 --> 00:30:09,166 logo acábase a batería, 357 00:30:09,166 --> 00:30:12,083 e teño que baixar ao soto buscar outra. 358 00:30:17,666 --> 00:30:19,500 Para que é o micrófono? 359 00:30:21,750 --> 00:30:26,166 O micrófono está conectado a isto, o transmisor. 360 00:30:26,166 --> 00:30:30,208 Ás veces úsoo para contribuír coa miña voz ao barullo de voces. 361 00:30:30,208 --> 00:30:32,208 Que dis cando falas? 362 00:30:32,208 --> 00:30:36,166 Digo: "Non é o mundo un lugar marabilloso?" 363 00:30:36,166 --> 00:30:38,333 E logo preguntas: 364 00:30:39,083 --> 00:30:41,000 "Por que o estamos a destruír?" 365 00:30:41,958 --> 00:30:43,166 Non é iso o que dis? 366 00:30:45,250 --> 00:30:48,666 Ás veces, cando falo, as palabras escóllense a si mesmas. 367 00:30:53,666 --> 00:30:54,750 Etienne, 368 00:30:54,750 --> 00:30:56,250 pódoche chamar Etienne? 369 00:30:56,250 --> 00:31:00,416 Porque tío avó Etienne soa coma se foses un emperador. 370 00:31:02,666 --> 00:31:06,166 Emperador son, pero só deste faiado. 371 00:31:06,166 --> 00:31:11,083 Etienne, intúo que xa te coñezo, pero non por ese nome. 372 00:31:15,041 --> 00:31:16,666 Marie, tes que marchar. 373 00:31:16,666 --> 00:31:19,625 Teu pai dixo que te quería levar ao mar. 374 00:31:19,625 --> 00:31:21,791 - Por que non vés connosco? - Non. 375 00:31:21,791 --> 00:31:22,833 Por que? 376 00:31:26,750 --> 00:31:31,166 É porque ves cousas que non están diante, non si? 377 00:31:37,458 --> 00:31:39,166 Cousas que non dás esquecido. 378 00:31:40,750 --> 00:31:42,291 Teu pai está esperando. 379 00:31:42,291 --> 00:31:48,708 Cando te oín falar abaixo, sabía que coñecía a túa voz. 380 00:31:49,875 --> 00:31:54,541 Case toda a miña vida, escoitei as emisións dun home 381 00:31:54,541 --> 00:31:58,708 que se facía chamar o profesor na onda curta 13.10. 382 00:32:00,125 --> 00:32:01,958 Ti es o profesor. 383 00:32:03,666 --> 00:32:05,041 Iso é absurdo. 384 00:32:06,375 --> 00:32:08,166 Teño pinta de profesor? 385 00:32:08,166 --> 00:32:09,875 Non sei que pinta tes, 386 00:32:09,875 --> 00:32:12,375 pero coñezo as voces coma se fosen caras. 387 00:32:13,375 --> 00:32:15,458 Ti es o profesor. 388 00:32:25,583 --> 00:32:28,708 Nin sequera sabía se había alguén escoitando. 389 00:32:29,208 --> 00:32:31,208 Eu sempre escoitaba. 390 00:32:32,541 --> 00:32:34,000 Creo que eramos moitos. 391 00:32:35,083 --> 00:32:39,125 Pois xa non hai profesor, desfíxenme del. 392 00:32:39,125 --> 00:32:41,916 Agora uso a radio para cousas máis importantes. 393 00:32:42,500 --> 00:32:45,583 Hai algo máis importante ca todo o que nos contabas? 394 00:32:46,833 --> 00:32:47,833 Marie, escoita. 395 00:32:49,083 --> 00:32:51,583 Non lle contes isto a ninguén, entendes? 396 00:32:51,583 --> 00:32:52,750 Si. 397 00:32:55,958 --> 00:32:58,750 Teu pai está esperando. 398 00:33:02,416 --> 00:33:03,500 Toma. 399 00:33:03,500 --> 00:33:04,666 Grazas. 400 00:33:09,333 --> 00:33:11,125 - Coidado nas escaleiras. - Xa. 401 00:33:11,125 --> 00:33:13,416 - Cinco pasos. - Son seis. 402 00:33:14,458 --> 00:33:16,625 Á esquerda. 403 00:33:38,791 --> 00:33:40,750 Que che parece o mar? 404 00:33:41,250 --> 00:33:43,500 Soa á respiración de alguén durmindo. 405 00:33:43,500 --> 00:33:47,875 A min paréceme que é coma se o mundo recobrase o alento sen parar. 406 00:33:50,625 --> 00:33:51,875 Recobrar o alento? 407 00:33:52,708 --> 00:33:53,750 Iso gústame. 408 00:33:54,916 --> 00:33:58,708 Se cadra temos que estar aquí unha tempada. Paréceche ben? 409 00:33:58,708 --> 00:34:01,458 - Paréceme perfecto. - Alégrome. 410 00:34:02,750 --> 00:34:07,875 Madame Manec dixo que o tío Etienne era un heroe de guerra, 411 00:34:07,875 --> 00:34:11,041 pero a min non me parece un heroe de guerra. 412 00:34:11,041 --> 00:34:14,458 Se encerras un tigre nunha gaiola metálica, 413 00:34:14,458 --> 00:34:15,833 parecerase a ela. 414 00:34:17,416 --> 00:34:22,625 Pensaba empezar na estrada da costa e rematar na praza da cidade. 415 00:34:23,375 --> 00:34:24,458 Empezar o que? 416 00:34:25,291 --> 00:34:28,625 Farei unha maqueta da cidade para explorárela cos dedos. 417 00:34:28,625 --> 00:34:31,000 Se non, estarás encerrada na casa. 418 00:34:31,000 --> 00:34:32,916 Acabarás coma o tío Etienne. 419 00:34:34,416 --> 00:34:35,833 Cando aprenda a maqueta, 420 00:34:35,833 --> 00:34:40,208 sácoo eu e móstrolle a cidade. Xa verás. 421 00:34:40,208 --> 00:34:43,666 Seguro, pero agora teño que ir traballar. 422 00:34:50,625 --> 00:34:52,041 Aí, xa está. 423 00:34:54,083 --> 00:34:57,500 Como demo vas medir toda a cidade? 424 00:34:58,250 --> 00:34:59,666 Pouquiño e pouco. 425 00:35:02,083 --> 00:35:03,416 E chámanme tolo a min. 426 00:35:03,416 --> 00:35:06,458 312, 313, 314, 427 00:35:06,458 --> 00:35:12,833 315, 316, 317, 318, 319, 320, 321, 428 00:35:12,833 --> 00:35:15,708 322, 323, 324. 429 00:35:48,416 --> 00:35:50,583 Aquí está a madeira. Agárraa aquí. 430 00:35:50,583 --> 00:35:53,208 Ímola puír. Así. 431 00:36:59,083 --> 00:37:01,458 Non quero máis café. Estou rematando. 432 00:37:01,458 --> 00:37:02,708 É para min, 433 00:37:03,791 --> 00:37:05,125 e é coñac. 434 00:37:05,125 --> 00:37:08,708 Entón, a túa medición das rúas, está xa feita, non? 435 00:37:08,708 --> 00:37:10,000 Case. Por que? 436 00:37:12,791 --> 00:37:16,166 Madame Manec foi á carnicería. 437 00:37:17,541 --> 00:37:21,291 Oíulle á xente falar do home que conta os pasos que dá. 438 00:37:22,666 --> 00:37:24,458 É unha cidade pequena, Daniel. 439 00:37:24,458 --> 00:37:25,875 E que problema hai? 440 00:37:27,333 --> 00:37:30,666 Outra muller dixo que o home ten un acento de París, 441 00:37:31,500 --> 00:37:33,291 e unha terceira dixo que oíra 442 00:37:33,291 --> 00:37:37,458 que un misterioso home de París viñera axudar á resistencia. 443 00:37:38,708 --> 00:37:42,041 E que medía a cidade para os bombardeos americanos. 444 00:37:48,333 --> 00:37:51,125 É mellor que leves a Marie abaixo. 445 00:37:52,166 --> 00:37:53,291 Veu a Gestapo. 446 00:38:02,458 --> 00:38:04,083 - Merda! - Non te preocupes. 447 00:38:04,083 --> 00:38:06,666 Se fose pola radio, virían 100. 448 00:38:06,666 --> 00:38:09,666 Veñen comprobar o rumor sobre o parisiense raro. 449 00:38:10,416 --> 00:38:13,458 Di a verdade. Móstralles os papeis e todo irá ben. 450 00:38:13,458 --> 00:38:15,041 Non fixeches nada malo. 451 00:38:17,375 --> 00:38:18,708 Verdade, Daniel? 452 00:38:18,708 --> 00:38:21,000 Hai cousas que non che dixen. 453 00:38:21,708 --> 00:38:22,666 Que cousas? 454 00:38:23,250 --> 00:38:25,666 Algúns segredos é mellor non contalos. 455 00:38:25,666 --> 00:38:27,666 Non espero que o comprendas. 456 00:38:29,291 --> 00:38:31,416 Non es o único que ten segredos. 457 00:38:34,333 --> 00:38:36,750 Abre a porta antes de que a tiren abaixo. 458 00:38:38,708 --> 00:38:40,416 Non se fala de certas cousas. 459 00:38:40,416 --> 00:38:43,791 Non menciones o museo nin a radio nin o micrófono. 460 00:38:43,791 --> 00:38:45,916 Xa. Que non pareza que temos medo. 461 00:38:45,916 --> 00:38:47,208 Claro. 462 00:38:47,208 --> 00:38:49,083 - Porque non temos medo. - Non. 463 00:38:49,083 --> 00:38:51,541 Esta é a nena e el é seu pai. 464 00:39:00,416 --> 00:39:01,333 Es cega? 465 00:39:02,000 --> 00:39:02,916 Si, señor. 466 00:39:06,458 --> 00:39:08,458 - Ei! - Tranquilo, tranquilo. 467 00:39:09,208 --> 00:39:12,166 Os amigos alemáns só confirmarán a súa enfermidade. 468 00:39:15,000 --> 00:39:17,416 - Que teño na man? - Non sei, señor. 469 00:39:18,291 --> 00:39:21,375 Viron a teu pai na cidade medindo rúas e beirarrúas. 470 00:39:21,375 --> 00:39:24,625 - Si, señor. - "Si, señor." Que graciosa! 471 00:39:26,083 --> 00:39:29,791 Medindo para facer un mapa para xente que planea vir aquí. 472 00:39:29,791 --> 00:39:33,916 Estou facendo unha maqueta da cidade para que a filla coñeza as rúas. 473 00:39:35,458 --> 00:39:37,333 É certo o que dixo teu pai? 474 00:39:38,125 --> 00:39:42,833 Si, señor. Cando viviamos en París, tamén me fixo unha maqueta da cidade. 475 00:39:44,291 --> 00:39:45,291 Un, 476 00:39:47,500 --> 00:39:48,416 dous, 477 00:39:49,208 --> 00:39:50,625 dous ollos bonitos. 478 00:39:52,791 --> 00:39:54,458 Pero non funciona ningún. 479 00:39:57,000 --> 00:40:01,125 Primeira parte do rumor confirmada. Móstreme o que construíu. 480 00:40:07,666 --> 00:40:08,750 Marie. 481 00:40:20,625 --> 00:40:22,375 - Veu de París? - Si. 482 00:40:22,375 --> 00:40:23,750 Que facía en París? 483 00:40:23,750 --> 00:40:26,416 Era carpinteiro, como ve. 484 00:40:27,583 --> 00:40:28,791 Por que veu aquí? 485 00:40:30,166 --> 00:40:33,750 Para sacar a filla da cidade e que respirase aire fresco. 486 00:40:35,833 --> 00:40:36,750 Como se chama? 487 00:40:37,375 --> 00:40:39,958 Claude. Claude Dugarry. 488 00:40:44,125 --> 00:40:46,416 Móstreme os papeis, Sr. Dugarry. 489 00:40:54,708 --> 00:40:55,541 Xa. 490 00:41:27,208 --> 00:41:30,250 Mandarei os papeis a París para que os comproben. 491 00:41:30,250 --> 00:41:31,500 É moi habelencioso. 492 00:41:32,708 --> 00:41:34,125 Unha terrible desgraza. 493 00:41:35,000 --> 00:41:37,250 Non é unha desgraza. É unha beizón. 494 00:41:53,083 --> 00:41:57,291 Non dou creto. Décheslle papeis falsos á Gestapo. 495 00:41:57,291 --> 00:41:58,375 Están ben feitos. 496 00:41:58,375 --> 00:42:01,958 Fíxoos o director de restauración artística do museo. 497 00:42:03,625 --> 00:42:05,791 Iso non é demasiado tranquilizador. 498 00:42:08,250 --> 00:42:11,833 Preparádevos para a cea. Temos que falalo con Madame Manec. 499 00:42:13,041 --> 00:42:16,666 Entón, Etienne, canto sabe el? 500 00:42:17,291 --> 00:42:18,375 Saber de que? 501 00:42:22,083 --> 00:42:25,458 - Levo a Marie para a cama. - Non quero ir para a cama. 502 00:42:25,458 --> 00:42:27,500 - Marie. - Iso é un segredo. 503 00:42:27,500 --> 00:42:29,291 Xa sabes que o noto na voz. 504 00:42:29,291 --> 00:42:31,583 Por iso tes que ir para a cama. 505 00:42:31,583 --> 00:42:32,666 Marie, por favor. 506 00:42:33,375 --> 00:42:34,375 Ven. 507 00:42:45,958 --> 00:42:48,083 Como agora vives aquí, 508 00:42:48,083 --> 00:42:50,333 é mellor que saibas a verdade. 509 00:42:51,958 --> 00:42:55,375 En Saint-Malo, hai unha organización. 510 00:42:57,458 --> 00:43:01,291 Certa xente da cidade tráeme certa información 511 00:43:02,083 --> 00:43:07,625 sobre movementos de tropas, trens, barcos que entran e saen do porto. 512 00:43:08,750 --> 00:43:10,583 - E eu... - A radio. 513 00:43:15,166 --> 00:43:19,708 Antes de viren os alemáns, usaba a radio para predicar a paz. 514 00:43:20,916 --> 00:43:22,958 Agora é un instrumento de guerra. 515 00:43:24,583 --> 00:43:26,125 E moi valioso, por certo. 516 00:43:26,666 --> 00:43:30,041 Envío a información a Londres, usando códigos cifrados. 517 00:43:31,666 --> 00:43:33,958 Se o precisades, farei o que me digas. 518 00:43:33,958 --> 00:43:38,708 Agora, o que precisamos é que non atraias a atención a esta casa. 519 00:43:38,708 --> 00:43:40,000 Está claro? 520 00:43:42,416 --> 00:43:43,583 Entón, 521 00:43:43,583 --> 00:43:46,625 o tigre segue patrullando na gaiola metálica. 522 00:43:48,791 --> 00:43:51,333 Vive la France. 523 00:43:56,500 --> 00:44:01,125 - É coma se estivésemos debaixo do mar. - Si. Eu viña de vacacións 524 00:44:01,125 --> 00:44:04,458 e baixaba aquí ao Forte da Cova a coller ostras. 525 00:44:04,458 --> 00:44:08,500 - Estaba aquí Etienne cando eras neno? - Si, el era mozo. 526 00:44:08,500 --> 00:44:10,208 - Colle isto. - Vale. 527 00:44:11,083 --> 00:44:13,041 Antes de que a guerra o cambiase. 528 00:44:13,041 --> 00:44:14,625 Antes, si. 529 00:44:17,791 --> 00:44:18,875 Que é iso? 530 00:44:18,875 --> 00:44:22,166 Isto, querida, é a ostra máis fresca que probarás. 531 00:44:27,750 --> 00:44:29,416 Aínda mellor ca as de París. 532 00:44:31,833 --> 00:44:35,000 Como era? Etienne, quero dicir. 533 00:44:35,000 --> 00:44:36,458 Botaba colonia 534 00:44:37,166 --> 00:44:39,375 e levaba as rapazas na moto, detrás. 535 00:44:39,375 --> 00:44:41,833 Elas berraban. É o que lembro. 536 00:44:44,416 --> 00:44:46,083 Era un tipo magnífico. 537 00:44:50,416 --> 00:44:51,958 Que? Era unha onda. 538 00:44:51,958 --> 00:44:54,666 Non era unha onda. Eras ti. 539 00:44:54,666 --> 00:44:55,958 Eras ti. 540 00:44:55,958 --> 00:44:58,000 - Unha onda xigante. - Onde van? 541 00:44:58,000 --> 00:45:00,666 Onde están esas ostriñas? 542 00:45:00,666 --> 00:45:04,208 Xa ves que sacrifiquei toda a roupa por elas. 543 00:45:04,208 --> 00:45:05,333 Colle. 544 00:45:06,333 --> 00:45:10,666 As ostras do Forte da Cova eran as mellores do mundo. 545 00:45:20,541 --> 00:45:22,291 E seguen sendo. 546 00:45:22,291 --> 00:45:23,500 Perfección. 547 00:45:25,666 --> 00:45:27,166 Hai 20 anos, Daniel. 548 00:45:29,916 --> 00:45:34,666 Se che gustan tanto, por que non as vas coller ti? 549 00:45:34,666 --> 00:45:37,666 - É só un paseíño pola praia. - Marie, por favor. 550 00:45:37,666 --> 00:45:40,250 Se deixas de preguntar, vólvese normal. 551 00:45:41,250 --> 00:45:44,666 Ao mellor a próxima vez podes vir connosco. 552 00:45:45,250 --> 00:45:47,291 Cando coñeza as rúas, lévote eu. 553 00:45:47,291 --> 00:45:50,208 Desculpa, Etienne, a miña filla é moi directa. 554 00:45:50,208 --> 00:45:51,250 Marie, 555 00:45:52,875 --> 00:45:55,041 xa sabes a razón pola que non saio. 556 00:45:55,041 --> 00:45:57,583 Pero non é razoable. 557 00:45:57,583 --> 00:45:59,500 O pasado, pasado está. 558 00:45:59,500 --> 00:46:01,708 Eu pensaba que crías na ciencia. 559 00:46:01,708 --> 00:46:04,416 - Marie, por favor, para. - Non importa. 560 00:46:08,000 --> 00:46:12,416 Marie, por que non imaxinas que son coma unha destas ostras? 561 00:46:12,416 --> 00:46:16,291 - Estou encerrado na miña cuncha. - Pero non es unha ostra. 562 00:46:16,291 --> 00:46:19,333 Desde cando as ostras botan colonia 563 00:46:19,333 --> 00:46:22,041 e levan rapazas berrando na moto? 564 00:46:24,125 --> 00:46:27,916 Ala. Mira o que fixeches. Puxéchelo moi triste. 565 00:46:27,916 --> 00:46:29,541 Alguén ten que facelo. 566 00:46:31,166 --> 00:46:33,291 - Marie. - Que? 567 00:46:39,041 --> 00:46:42,958 Sigue pedíndome que vaia contigo. 568 00:46:46,666 --> 00:46:51,666 Un día, se mo pides ti, ao mellor vou. 569 00:46:53,166 --> 00:46:54,125 Así me gusta. 570 00:46:55,583 --> 00:46:56,750 Solucionado, entón. 571 00:46:58,833 --> 00:47:00,875 Si. 572 00:47:01,875 --> 00:47:05,750 Non comades máis ostras. Non queda ningunha para Madame Manec. 573 00:47:07,208 --> 00:47:11,500 Si, tes razón. Igual non debiamos comer máis. 574 00:47:13,000 --> 00:47:14,166 Óiovos. 575 00:47:14,166 --> 00:47:17,083 - É só a cuncha. - Son cega. Oio moi ben. 576 00:47:17,083 --> 00:47:19,958 - Vale. - Moitas grazas. 577 00:47:21,583 --> 00:47:23,750 Daniel, de aquí a un chisco 578 00:47:23,750 --> 00:47:27,708 coñecerás o Comité de Intelixencia da Resistencia de Saint-Malo. 579 00:47:28,500 --> 00:47:31,166 Sabes os nosos segredos. Imos saber os teus. 580 00:47:31,791 --> 00:47:33,416 Non debía marchar Marie? 581 00:47:34,375 --> 00:47:37,250 Marie demostrou ser máis lista ca nós os dous. 582 00:47:38,375 --> 00:47:39,958 Que quede. 583 00:47:39,958 --> 00:47:43,541 Traemos pasteis e sorpresas! 584 00:47:45,916 --> 00:47:47,041 - Ola. - Ola. 585 00:47:52,666 --> 00:47:56,000 Tía Manec, desculpa. 586 00:47:56,000 --> 00:47:58,208 Pero imos ter unha reunión delicada. 587 00:47:58,208 --> 00:47:59,791 Claro que imos. 588 00:48:04,583 --> 00:48:05,833 Ti es da resistencia? 589 00:48:07,083 --> 00:48:08,291 Que listo, o rapaz. 590 00:48:09,083 --> 00:48:13,583 Preséntovos o Club de Anciás da Resistencia de Saint-Malo. 591 00:48:16,375 --> 00:48:19,625 As mulleres gardan segredos mellor ca os homes, querida. 592 00:48:19,625 --> 00:48:21,708 Tamén vixían movementos de tropas 593 00:48:21,708 --> 00:48:24,625 e entradas e saídas de barcos no porto. 594 00:48:24,625 --> 00:48:29,375 Mercamos peixe no muro do porto. Tres anciás. Non levantamos sospeitas. 595 00:48:29,375 --> 00:48:32,000 A lista da compra son nomes de torpedeiros. 596 00:48:32,000 --> 00:48:34,250 Dámoslles café aos soldados alemáns 597 00:48:34,250 --> 00:48:36,458 e fálannos coma se fósemos as nais. 598 00:48:36,458 --> 00:48:37,791 Cóntannos todo. 599 00:48:37,791 --> 00:48:39,083 Unha xenialidade. 600 00:48:39,083 --> 00:48:41,375 Miña irmá convenceume para ser 601 00:48:41,375 --> 00:48:44,416 - membro honorario. - Un heroe nas trincheiras. 602 00:48:44,416 --> 00:48:47,166 Non é máis doado ser un heroe no teu faiado? 603 00:48:47,166 --> 00:48:50,333 Etienne di que temos un problema. 604 00:48:50,333 --> 00:48:51,458 Si. 605 00:48:54,208 --> 00:48:57,083 No Museo de Historia Natural, onde traballaba, 606 00:48:57,083 --> 00:49:01,416 collín as pedras preciosas e envieinas a Xenebra antes de collérenas os alemáns. 607 00:49:01,416 --> 00:49:02,583 Bravo! 608 00:49:02,583 --> 00:49:05,791 Pero seguro que o meu nome está nunha lista. 609 00:49:05,791 --> 00:49:08,708 Daniel deulle papeis falsos á Gestapo. 610 00:49:08,708 --> 00:49:10,791 El di que están moi ben feitos. 611 00:49:10,791 --> 00:49:13,958 Si, pero sigo sendo un parisiense cunha filla cega. 612 00:49:13,958 --> 00:49:18,125 Os alemáns estarán demasiado ocupados para decatarse desa conexión. 613 00:49:18,125 --> 00:49:19,541 Pero son alemáns. 614 00:49:19,541 --> 00:49:23,416 Designarán unha unidade para a recuperación das pedras preciosas. 615 00:49:23,416 --> 00:49:26,750 Aínda que non é a min a quen buscan. 616 00:49:26,750 --> 00:49:28,250 Buscan algo que eu teño. 617 00:49:28,250 --> 00:49:29,750 Unha xoia en concreto. 618 00:49:29,750 --> 00:49:31,625 A xoia máis famosa de Francia. 619 00:49:31,625 --> 00:49:34,500 A que din as revistas que ten unha maldición? 620 00:49:35,333 --> 00:49:37,458 O tipo de pedra que atrae tolos. 621 00:49:37,458 --> 00:49:41,083 Tela aquí, nesta casa? 622 00:49:42,083 --> 00:49:44,583 Si, non tiña outra opción. 623 00:49:45,416 --> 00:49:47,916 Se soubese o que facedes aquí, 624 00:49:47,916 --> 00:49:50,166 nunca vos traería este problema. 625 00:49:51,833 --> 00:49:54,333 Se queredes que marchemos, marchamos. 626 00:50:02,666 --> 00:50:05,083 En tempos de guerra, Daniel, 627 00:50:06,708 --> 00:50:08,291 cambian as prioridades. 628 00:50:09,541 --> 00:50:14,750 Sodes da familia, temos o mesmo sangue e iso é para sempre. 629 00:50:16,708 --> 00:50:21,125 Pero agora temos o deber de servir a Francia. 630 00:50:21,125 --> 00:50:24,708 Iso significa que hai que darlles pistas falsas aos alemáns. 631 00:50:24,708 --> 00:50:26,416 Non perdamos un minuto. 632 00:51:49,041 --> 00:51:53,958 Un billete de ida e volta a París, algo de cartos e un enderezo seguro. 633 00:51:55,958 --> 00:51:58,500 - Marie, non te preocupes. - Por que? 634 00:51:58,500 --> 00:52:01,416 Marie, teu pai volverá. Temos un plan. 635 00:52:01,416 --> 00:52:02,500 Que plan? 636 00:52:02,500 --> 00:52:06,166 Xa lles pedimos aos nosos amigos da Resistencia Parisiense 637 00:52:06,166 --> 00:52:11,333 que avisen polos seus informantes de que Daniel LeBlanc foi visto en París. 638 00:52:14,791 --> 00:52:15,958 Mañá 639 00:52:17,458 --> 00:52:21,500 vanme sacar unha foto nunha cafetería lendo o xornal de mañá. 640 00:52:22,416 --> 00:52:24,916 Logo daranlles un enderezo aos alemáns. 641 00:52:26,125 --> 00:52:28,458 Pero cando vaian a ese enderezo... 642 00:52:28,458 --> 00:52:31,458 Atoparán as miñas cousas e algunhas das túas. 643 00:52:31,458 --> 00:52:35,208 Téñoas na miña maleta. Deixareinas no piso para que as vexan. 644 00:52:35,208 --> 00:52:39,250 Despois serei visto e fotografado en Bordeos. 645 00:52:39,250 --> 00:52:40,250 Bordeos? 646 00:52:40,250 --> 00:52:43,041 - Está a tres horas en tren. - É só un día. 647 00:52:43,041 --> 00:52:45,458 E en Bordeos, os nosos amigos avisarán 648 00:52:45,458 --> 00:52:49,291 de que un home cunha filla cega foi pasado ilegalmente a España. 649 00:52:49,291 --> 00:52:54,125 E aos que o pasaron pagóuselles cun diamante, que tamén se pasou a España. 650 00:52:55,583 --> 00:52:58,083 - Se o plan funciona... - "Se" funciona, dis? 651 00:53:00,208 --> 00:53:02,833 Se o plan funciona, volverei en seis días. 652 00:53:02,833 --> 00:53:07,541 Se levas a xoia maldita a París e a deixas alí para atopárena os alemáns 653 00:53:07,541 --> 00:53:08,958 deixarán de buscala. 654 00:53:08,958 --> 00:53:13,458 Os alemáns son os nosos inimigos e a pedra non lles pertence. 655 00:53:13,458 --> 00:53:16,791 Perténcelle a Francia e nós somos franceses. 656 00:53:16,791 --> 00:53:21,375 Non lles podemos dar a xoia máis valiosa da nación a estes monstros. 657 00:53:21,375 --> 00:53:25,125 Teño que marchar para despistalos e que ti esteas a salvo. 658 00:53:25,125 --> 00:53:27,083 Marie, teño que coller o tren. 659 00:53:27,083 --> 00:53:29,375 Etienne deixarache usar a radio. 660 00:53:29,375 --> 00:53:33,541 Fálame e, estea onde estea, escoitarei e estarei contigo. 661 00:53:33,541 --> 00:53:34,708 De acordo. 662 00:53:35,583 --> 00:53:38,625 Seguireiche falando, tardes o que tardes en volver. 663 00:53:38,625 --> 00:53:40,458 E estarei contigo. 664 00:53:46,083 --> 00:53:50,333 Papá, sigo estando contigo, sigo falando contigo. 665 00:53:50,333 --> 00:53:51,625 Sei que me escoitas. 666 00:53:52,666 --> 00:53:54,000 {\an8}SAINT-MALO AGOSTO 1944 667 00:53:54,000 --> 00:53:57,500 {\an8}Esperas a que veñan os americanos e logo volverás á casa. 668 00:53:58,625 --> 00:53:59,625 Seino. 669 00:54:01,083 --> 00:54:02,291 Boas noites, papá. 670 00:54:03,583 --> 00:54:04,583 Quéroche. 671 00:54:22,500 --> 00:54:23,583 É a hora. 672 00:54:28,708 --> 00:54:30,875 Pensei que igual intentabas escapar. 673 00:54:30,875 --> 00:54:32,875 Quedei porque confío en vostede. 674 00:54:34,125 --> 00:54:35,541 Por que confías en min? 675 00:54:35,541 --> 00:54:38,291 Onte, recoñecín a súa voz. 676 00:54:39,083 --> 00:54:40,291 Despois decateime... 677 00:54:42,833 --> 00:54:46,708 Vostede coñece a rapaza que agora emite na 13.10. 678 00:54:46,708 --> 00:54:48,208 Coñece a casa. 679 00:54:50,250 --> 00:54:51,458 É vostede. 680 00:54:53,625 --> 00:54:55,125 Vostede é o profesor. 681 00:54:57,250 --> 00:55:01,625 Eu son soldado. Ti es soldado. Todo o anterior é irrelevante. 682 00:55:02,666 --> 00:55:03,583 Senta. 683 00:55:17,166 --> 00:55:18,041 Entón, que? 684 00:55:20,291 --> 00:55:22,375 É novo, operador de radio. 685 00:55:22,375 --> 00:55:25,083 - Chámase Werner... - Non me importan os nomes. 686 00:55:27,291 --> 00:55:31,375 Collérono no orfanato pola forza e metérono no rexemento de sinais. 687 00:55:31,375 --> 00:55:34,333 Cantos homes, mulleres e nenos mataches? 688 00:55:35,500 --> 00:55:39,416 O meu traballo era localizar radios que transmitían mensaxes. 689 00:55:39,416 --> 00:55:41,333 E ao que localizabas as radios? 690 00:55:41,333 --> 00:55:42,916 Dános unha estimación. 691 00:55:42,916 --> 00:55:46,208 Cantos homes, mulleres e nenos mataches? 692 00:55:46,208 --> 00:55:48,458 Dixo que podería acabar a historia. 693 00:55:49,625 --> 00:55:51,375 Quero explicar o que pasou. 694 00:55:51,375 --> 00:55:52,583 Iso xa o sabemos! 695 00:55:52,583 --> 00:55:55,666 Dixéronnolo os camaradas de Normandía e Bélxica. 696 00:55:55,666 --> 00:55:59,541 Aos que collían cunha radio executábaos o teu rexemento. 697 00:55:59,541 --> 00:56:04,333 Xunto coas súas familias e veciños, tamén executados. 698 00:56:04,333 --> 00:56:09,208 Homes, mulleres e nenos executados. 699 00:56:09,208 --> 00:56:11,583 O seu traballo era buscar frecuencias. 700 00:56:11,583 --> 00:56:13,541 - Profesor... - Profesor? 701 00:56:13,541 --> 00:56:16,041 Non nos interesa o que digas, alemán. 702 00:56:16,041 --> 00:56:18,625 E non temos capacidade de ter prisioneiros. 703 00:56:18,625 --> 00:56:20,000 Cóidoo eu. 704 00:56:20,000 --> 00:56:21,791 Non é o teu fillo! 705 00:56:21,791 --> 00:56:23,666 - Coidalo? - Responsabilízome. 706 00:56:23,666 --> 00:56:25,458 Por que ías facer iso? 707 00:56:25,458 --> 00:56:28,583 - O veredicto é pena de morte! - Non comprenden! 708 00:56:28,583 --> 00:56:32,166 - Quen vai executar a sentencia? - Eu. Dispárolle eu. 709 00:56:32,166 --> 00:56:35,125 - Non, Jacqueline! - Etienne, vai para a casa. 710 00:56:37,583 --> 00:56:39,208 Esa bomba non é dun avión. 711 00:56:40,458 --> 00:56:42,583 Non. Foi artillaría. 712 00:56:42,583 --> 00:56:44,250 Artillaría americana. 713 00:56:46,541 --> 00:56:48,375 Os americanos están á porta! 714 00:56:49,041 --> 00:56:54,375 - Son os americanos! - Papá, chegou a liberdade. Por fin. 715 00:57:03,083 --> 00:57:05,166 - Etienne, arreda! - É boa persoa! 716 00:57:05,166 --> 00:57:06,875 É o inimigo! Arreda. 717 00:57:06,875 --> 00:57:08,500 Arreda, Etienne! 718 00:57:13,708 --> 00:57:15,208 Etienne, veña! 719 00:57:15,208 --> 00:57:19,541 Non! Malgastei media vida agachándome dos meus medos. 720 00:57:20,333 --> 00:57:21,750 Tes que ser valente! 721 00:57:21,750 --> 00:57:23,416 Etienne, non o digo máis! 722 00:57:25,583 --> 00:57:27,250 - Arreda! - Rapaz... 723 00:57:27,250 --> 00:57:29,625 - Etienne! - Eu son o profesor. 724 00:57:30,708 --> 00:57:31,708 Marie! 725 00:57:31,708 --> 00:57:32,875 Non o volvo dicir! 726 00:57:34,125 --> 00:57:35,583 Sei que estás aí, Marie! 727 00:57:35,583 --> 00:57:37,208 Escóitame, coma antes. 728 00:57:37,208 --> 00:57:38,875 Arreda! 729 00:57:39,583 --> 00:57:40,833 Non hai escapatoria! 730 00:57:40,833 --> 00:57:42,125 Corre! 731 01:00:14,500 --> 01:00:19,500 {\an8}Subtítulos: Manuel Puga Moruxa