1 00:00:08,791 --> 00:00:11,333 Cinco, catro, 2 00:00:12,166 --> 00:00:16,083 tres, dous, un... 3 00:00:20,916 --> 00:00:22,916 Afortunadamente, non podo matarte. 4 00:00:23,625 --> 00:00:26,208 Precísote. Pero, Marie, non tes escapatoria. 5 00:00:26,208 --> 00:00:27,916 A marea está subindo 6 00:00:28,833 --> 00:00:31,041 e só eu te podo poñer a salvo, 7 00:00:32,125 --> 00:00:33,750 porque só eu teño a luz. 8 00:01:05,250 --> 00:01:09,041 Intenteino con tenrura. Agora vouno intentar coa razón. 9 00:01:10,333 --> 00:01:14,625 A túa vida está nas miñas mans, e a miña está nas túas. 10 00:01:14,625 --> 00:01:17,041 Estou buscando o Mar de Chamas. 11 00:01:17,041 --> 00:01:19,333 Como sabe do Mar de Chamas? 12 00:01:19,333 --> 00:01:21,166 Díxomo teu pai. 13 00:01:21,166 --> 00:01:23,458 Falou con meu pai? 14 00:01:23,458 --> 00:01:26,000 Dime onde está. 15 00:01:26,000 --> 00:01:27,666 Dígame que el está vivo. 16 00:01:28,458 --> 00:01:29,708 Sei que está vivo. 17 00:01:30,708 --> 00:01:32,625 Oio a súa voz. 18 00:01:33,500 --> 00:01:35,708 Escoita a miña voz. Escóitame. 19 00:01:35,708 --> 00:01:37,583 Pégate a min. Hai moita xente. 20 00:01:37,583 --> 00:01:39,000 {\an8}14 XUÑO, 1940 CATRO ANOS ANTES 21 00:01:39,000 --> 00:01:42,250 {\an8}É o teu aniversario, pero teño algo que facer. Ollo. 22 00:01:42,250 --> 00:01:45,416 - Dixeches que iamos de vacacións. - E imos. 23 00:01:45,416 --> 00:01:47,125 Por que temos tanta présa? 24 00:01:47,125 --> 00:01:51,291 Porque os alemáns escolleron o teu aniversario para invadir París. 25 00:01:53,625 --> 00:01:54,625 Desculpe. 26 00:02:31,250 --> 00:02:33,208 Que farán con Francia os alemáns? 27 00:02:33,208 --> 00:02:37,958 Pola vaidade dun home, saquearán cidades enteiras e levarán as cousas valiosas. 28 00:02:38,541 --> 00:02:41,083 Búscasme a chave da galería dos dinosauros? 29 00:02:41,083 --> 00:02:42,583 Es máis rápida ca min. 30 00:02:44,833 --> 00:02:48,125 Ven. Temos que salvar o que poidamos e salvarnos nós. 31 00:02:48,625 --> 00:02:50,000 Un caixón á dereita. 32 00:02:50,000 --> 00:02:52,083 - Daniel! Queres isto? - Si, xa. 33 00:02:52,083 --> 00:02:53,375 Volvo axiña. 34 00:03:01,750 --> 00:03:04,416 Sinto traerte, pero, se te deixaba no piso, 35 00:03:04,416 --> 00:03:07,291 non había garantía de que eu puidese volver. 36 00:03:07,291 --> 00:03:09,750 Pecharán as rúas, haberá toque de queda. 37 00:03:09,750 --> 00:03:14,208 Cando os nazis veñan ao museo, isto é o primeiro que buscarán. 38 00:03:18,000 --> 00:03:21,000 - Imos levar as pedras? - Non. Agarra aí. 39 00:03:21,875 --> 00:03:25,458 Dareillas a xente en quen confío para que as saquen de París. 40 00:03:26,958 --> 00:03:28,375 E se os cachan, que? 41 00:03:30,666 --> 00:03:31,750 Unha última cousa. 42 00:03:41,958 --> 00:03:45,833 Cando subamos ao tren, hai torta para celebrar o teu aniversario. 43 00:03:45,833 --> 00:03:47,833 Imos ao sur, á casa dun amigo. 44 00:03:49,916 --> 00:03:51,208 Que amigo? 45 00:03:52,541 --> 00:03:56,750 Un amigo en quen confío para gardar cousas valiosas. 46 00:03:59,333 --> 00:04:00,166 Coma ti. 47 00:04:02,833 --> 00:04:04,625 Encarta isto por ese lado. 48 00:04:04,625 --> 00:04:05,708 Xa está. 49 00:04:06,416 --> 00:04:08,416 Agora agárdannos os dinosauros. 50 00:04:09,875 --> 00:04:11,958 Dáme a man e alá imos. 51 00:04:14,166 --> 00:04:15,583 Dilles que é urxente. 52 00:04:15,583 --> 00:04:17,208 Menos mal que volviches. 53 00:04:17,208 --> 00:04:19,041 Os alemáns están na porta. 54 00:04:19,041 --> 00:04:22,291 Dixémoslles que está pechado, pero vana botar abaixo. 55 00:04:22,291 --> 00:04:26,208 Que veñan, dádelles café e tabaco. Entretédeos cinco minutos. 56 00:04:26,208 --> 00:04:28,750 Dálle a chave, que peche as portas que cruzamos. 57 00:04:28,750 --> 00:04:31,083 Á saída, fai que non atopas a chave. 58 00:04:31,083 --> 00:04:33,375 A quen só usa os ollos, élle difícil. 59 00:04:33,375 --> 00:04:35,250 Xa ves o ben que me coida. 60 00:04:35,250 --> 00:04:37,750 - A onde ides? - Tranquilo, irá ben. 61 00:04:37,750 --> 00:04:39,166 Cóidate. 62 00:04:42,500 --> 00:04:44,416 Señor Daly, ábralles as portas. 63 00:04:44,416 --> 00:04:47,000 - Xa vou eu agora. - Dime que pasa. 64 00:04:47,583 --> 00:04:49,625 Usarei a gabardina de dez francos 65 00:04:49,625 --> 00:04:53,958 para levar diamantes e xoias que valen máis ca a metade de París. 66 00:04:53,958 --> 00:04:57,791 E vounos mandar a Xenebra na cabeza dun Tyrannosaurus rex, 67 00:04:57,791 --> 00:05:01,041 un dos monstros máis terribles que pisaron a Terra, 68 00:05:01,625 --> 00:05:03,541 ata a chegada do Terceiro Reich. 69 00:05:03,541 --> 00:05:06,416 Ven, pégate a min. Hai unha columna á dereita. 70 00:05:06,916 --> 00:05:08,708 Coidado, coidado. Por aquí. 71 00:05:09,208 --> 00:05:13,083 Os alemáns xa están preto. Aquí. Para, para. 72 00:05:14,916 --> 00:05:17,791 Dáme a maleta. Vas sentar na maleta. 73 00:05:18,375 --> 00:05:19,875 Sube aquí. 74 00:05:21,750 --> 00:05:22,583 Aí estás. 75 00:05:22,583 --> 00:05:24,500 Vou correr. Confía en min. 76 00:05:25,250 --> 00:05:28,166 - Confío en ti. - Veña. Alá imos. 77 00:05:28,166 --> 00:05:30,333 Hai algo que sei seguro, Marie. 78 00:05:30,333 --> 00:05:32,541 Este aniversario non o esquecerás. 79 00:05:36,791 --> 00:05:38,125 Que pasou despois? 80 00:05:39,125 --> 00:05:41,833 Había un camión agardando polas xoias. 81 00:05:41,833 --> 00:05:44,625 Non sei se a que vostede busca estaba alí. 82 00:05:44,625 --> 00:05:45,958 Seino eu. 83 00:05:49,125 --> 00:05:50,291 Non me mintas máis. 84 00:05:50,291 --> 00:05:52,291 Sei que non estaba coas outras. 85 00:05:52,291 --> 00:05:55,500 Teu pai gardouna e deucha a ti. Onde está? 86 00:05:55,500 --> 00:05:57,166 Onde está meu pai? 87 00:06:02,458 --> 00:06:04,791 Marie, hai algo que debías saber. 88 00:06:05,291 --> 00:06:07,291 Estás cega por culpa de teu pai. 89 00:06:07,291 --> 00:06:10,166 O Mar de Chamas é unha beizón e unha maldición. 90 00:06:10,750 --> 00:06:14,875 Os seres queridos do posuidor sofren desgrazas terribles. 91 00:06:14,875 --> 00:06:18,333 A túa cegueira foi un presente do teu querido papá. 92 00:07:56,875 --> 00:07:59,125 {\an8}BASEADA NA NOVELA DE ANTHONY DOERR 93 00:09:14,166 --> 00:09:15,291 Cabo Pfennig. 94 00:09:19,125 --> 00:09:22,583 De novo, o albo do bombardeo planificouse coidadosamente. 95 00:09:25,291 --> 00:09:30,333 Viña ver se interceptaras transmisións que axuden a planificar os bombardeos, 96 00:09:32,000 --> 00:09:36,958 pero xa vexo que estás ocupado 97 00:09:38,458 --> 00:09:39,875 con tarefas domésticas! 98 00:09:43,583 --> 00:09:46,541 Por curiosidade, onde está Schmidt? 99 00:09:49,250 --> 00:09:53,458 Marchou a luz, fundiuse un fusible e foi buscar outro. 100 00:09:53,458 --> 00:09:56,333 Preocúpame se quedaría atrapado nunha explosión. 101 00:09:57,250 --> 00:10:00,166 Tan preocupado estás que decidiches fregar o chan. 102 00:10:07,333 --> 00:10:09,958 Se se fundiu o fusible, por que hai luz? 103 00:10:11,250 --> 00:10:15,000 - Por que funciona a radio? - Atopei outro fusible no soto. 104 00:10:16,375 --> 00:10:20,250 Alí aínda había sangue. Pegóuseme nas botas e decidín limpalo. 105 00:10:21,541 --> 00:10:22,458 Mira. 106 00:10:22,958 --> 00:10:24,541 Hai alguén transmitindo. 107 00:10:30,166 --> 00:10:33,291 A ver que din. 108 00:10:37,666 --> 00:10:40,125 "É coma nos vellos tempos, 109 00:10:40,125 --> 00:10:43,500 no meu despacho no Xardín Botánico en París. 110 00:10:44,375 --> 00:10:49,833 Pero gustaríame saber que queres dicir con Feliz Ano Novo." 111 00:10:56,208 --> 00:10:57,125 Unha rapaza. 112 00:11:03,166 --> 00:11:06,666 Unha rapaza é a que transmite. 113 00:11:15,750 --> 00:11:20,958 As bombas oriéntanas mensaxes cifradas, pero ti xa o sabías, non si, Pfennig? 114 00:11:23,041 --> 00:11:25,458 E cando Schmidt o descubriu, matáchelo. 115 00:11:30,041 --> 00:11:30,916 Por que? 116 00:11:33,541 --> 00:11:34,458 A arma. 117 00:11:43,541 --> 00:11:45,458 - Es un espía. - Non. 118 00:11:46,750 --> 00:11:48,125 Entón, explícamo! 119 00:11:50,333 --> 00:11:52,750 Fíxeno para protexer a memoria. 120 00:11:55,166 --> 00:11:56,500 Un lugar de esperanza. 121 00:11:59,000 --> 00:12:01,250 O único que o Reich non deu destruído. 122 00:12:04,541 --> 00:12:07,333 Podíate matar aquí mesmo, Pfennig. 123 00:12:10,791 --> 00:12:16,000 Pero es o único operador de radio que queda en Saint-Malo. 124 00:12:17,708 --> 00:12:19,500 Así que ti e eu 125 00:12:20,666 --> 00:12:24,500 imos localizar a persoa que transmite. 126 00:12:26,625 --> 00:12:31,375 Logo poñereiche unha arma na man e ti mesmo matarás esa rapaza. 127 00:12:32,208 --> 00:12:33,125 Comprendes? 128 00:12:34,958 --> 00:12:36,208 Si, señor. Comprendo. 129 00:12:48,083 --> 00:12:49,416 A transmisión parou. 130 00:12:56,791 --> 00:12:58,000 Temos todo o día. 131 00:13:01,291 --> 00:13:06,125 Os bombardeiros marcharon. A próxima vez que transmita, atoparémola. 132 00:13:09,000 --> 00:13:13,000 Púxenche a Schmidt ao lado porque desconfiaba de ti desde o comezo. 133 00:13:14,708 --> 00:13:18,208 Onte chamei o comandante do Instituto onde te formaches. 134 00:13:18,708 --> 00:13:22,166 Dixo que te escolleran para isto porque eras un xenio, 135 00:13:23,000 --> 00:13:25,333 un dos mellores de Alemaña, dixo. 136 00:13:28,750 --> 00:13:30,166 Recolle a ferramenta. 137 00:13:32,791 --> 00:13:33,708 Veña. 138 00:13:39,833 --> 00:13:41,708 Como puido chegar a pasar isto? 139 00:13:51,750 --> 00:13:55,041 {\an8}ORFANATO VIKTORIASTRASSE ESSEN, ALEMAÑA - 14 XUÑO, 1940 140 00:14:14,291 --> 00:14:15,916 Seguide traballando, nenos. 141 00:14:25,958 --> 00:14:28,083 Debe ser a policía da radio, 142 00:14:28,083 --> 00:14:31,125 que vén por ti por escoitar transmisións ilegais. 143 00:14:31,625 --> 00:14:33,166 Ti non sabes o que dis. 144 00:14:38,416 --> 00:14:39,500 Heil Hitler. 145 00:14:39,500 --> 00:14:40,458 Nenos. 146 00:14:43,166 --> 00:14:44,833 Heil Hitler. 147 00:14:51,000 --> 00:14:52,583 A que debemos esta visita? 148 00:14:56,083 --> 00:14:58,791 Nenos, cantos de vós escoitastes a radio hoxe? 149 00:15:06,291 --> 00:15:08,541 Se escoitastes a emisora nacional, 150 00:15:08,541 --> 00:15:10,291 oiriades a gloriosa noticia. 151 00:15:10,875 --> 00:15:13,541 Hoxe as tropas alemás entraron en París. 152 00:15:14,583 --> 00:15:16,833 Francia entregouna sen resistencia. 153 00:15:19,541 --> 00:15:22,916 Francia é unha nación moi decadente. 154 00:15:29,875 --> 00:15:32,000 O resto de Francia axiña irá detrás. 155 00:15:33,833 --> 00:15:36,000 Veu coa leña, comandante. 156 00:15:39,375 --> 00:15:40,583 Xa. 157 00:15:46,708 --> 00:15:51,250 Nenos, escoitou alguén de vós algo que non fose 158 00:15:52,458 --> 00:15:54,125 a emisora nacional hoxe? 159 00:16:00,916 --> 00:16:04,375 Ti ías erguer a man. 160 00:16:06,125 --> 00:16:09,333 Desde que ergueron as Antenas de Brandeburgo, 161 00:16:10,083 --> 00:16:12,666 só se recibe o sinal nacional. 162 00:16:13,791 --> 00:16:14,875 Heil Hitler. 163 00:16:17,500 --> 00:16:23,166 Si, esa é a teoría, pero hai listos que atopan formas de sorteala. 164 00:16:24,333 --> 00:16:27,833 Atopan maneiras de escoitar emisións estranxeiras. 165 00:16:33,583 --> 00:16:35,250 Listos coma ti, neno. 166 00:16:38,916 --> 00:16:41,083 - Ti es Werner Pfennig, non? - Son. 167 00:16:41,083 --> 00:16:43,791 Si, es. 168 00:16:45,000 --> 00:16:48,541 Claro que es. E ti es a razón pola que estou aquí. 169 00:16:49,708 --> 00:16:52,125 Porque a túa sona chegou aos meus oídos. 170 00:16:52,833 --> 00:16:55,208 Din que es un xenio. 171 00:16:56,166 --> 00:16:59,583 Din que es metade neno, metade transmisor de radio, 172 00:16:59,583 --> 00:17:04,041 que tes cables na cabeza que poden coller sinais de Nova York. 173 00:17:04,041 --> 00:17:06,958 Hai semanas que non poño emisións estranxeiras. 174 00:17:06,958 --> 00:17:08,416 Heil Hitler. 175 00:17:08,416 --> 00:17:09,875 - Xa hai meses... - Cala. 176 00:17:13,750 --> 00:17:17,333 Non vin por causa das emisións estranxeiras. 177 00:17:20,625 --> 00:17:21,625 Non. 178 00:17:23,666 --> 00:17:24,666 Vin... 179 00:17:26,166 --> 00:17:29,833 porque teño un amigo a quen se lle estragou a radio 180 00:17:30,708 --> 00:17:33,833 e quero que ti, Werner Pfennig, veñas arranxalo. 181 00:17:43,541 --> 00:17:47,208 E, nun momento, pode cambiar a vida de alguén. 182 00:17:54,250 --> 00:17:55,083 Imos? 183 00:18:15,333 --> 00:18:17,166 A casa máis bonita de Essen. 184 00:18:17,916 --> 00:18:21,083 Requisada a unha xudía que deixou as uñas no portal, 185 00:18:21,083 --> 00:18:23,041 de resistirse a marchar. 186 00:18:24,500 --> 00:18:26,583 Un presente que me deu o Führer. 187 00:18:44,458 --> 00:18:47,916 Querida, apaga a música e móstralle o aparato estragado. 188 00:18:59,416 --> 00:19:01,083 Quero que volva funcionar. 189 00:19:01,708 --> 00:19:03,333 Pfennig, arránxaa. 190 00:19:04,416 --> 00:19:06,416 Para iso, preciso ferramentas. 191 00:19:18,375 --> 00:19:22,416 Antes de collerte, fomos á túa escola, abrimos o teu armario 192 00:19:23,375 --> 00:19:26,500 e atopamos a ferramenta para facer radios ilegais. 193 00:19:26,500 --> 00:19:30,166 Atopamos unha co dial na frecuencia 13.10 de onda curta, 194 00:19:30,958 --> 00:19:34,250 unha emisora prohibida situada en Francia. 195 00:19:35,250 --> 00:19:37,333 Escoitaches un vello profesor 196 00:19:37,333 --> 00:19:41,958 que lles fala aos nenos de ciencia, luz, imaxinación e cousas así. 197 00:19:43,750 --> 00:19:44,666 Si. 198 00:19:45,833 --> 00:19:48,666 Só fala da verdade e de cousas fermosas, señor. 199 00:19:50,750 --> 00:19:52,750 - Heil Hitler. - Heil Hitler. 200 00:19:54,166 --> 00:19:58,791 Si, a verdade e cousas fermosas, todas prohibidas, Werner Pfennig. 201 00:20:00,083 --> 00:20:03,666 Eses oídos oíron palabras prohibidas, a túa mente está prohibida. 202 00:20:05,958 --> 00:20:06,833 Entón, 203 00:20:09,791 --> 00:20:11,500 sabemos o que fixeches, 204 00:20:12,583 --> 00:20:15,875 e xa sabes que se castiga coa morte. 205 00:20:19,000 --> 00:20:20,583 Eu propoño o seguinte. 206 00:20:23,666 --> 00:20:25,791 Ou arranxas a radio da miña muller... 207 00:20:28,000 --> 00:20:29,000 ou morres. 208 00:20:33,333 --> 00:20:34,333 Veña. 209 00:21:03,708 --> 00:21:07,041 A conexión estragouse. Teño que soldala. 210 00:21:07,875 --> 00:21:09,250 Aquí non hai soldadura. 211 00:21:17,541 --> 00:21:18,666 Arránxaa ou morres. 212 00:21:53,458 --> 00:21:57,583 Hoxe á unha, hora de Greenwich, tropas alemás, tanques e vehículos... 213 00:21:57,583 --> 00:22:01,166 A radio está arranxada, señor. Heil Hitler. 214 00:22:02,583 --> 00:22:03,958 Moi ben, Pfennig. 215 00:22:05,458 --> 00:22:08,458 Cambia esa puta canle antes de que nos envelene. 216 00:22:09,041 --> 00:22:10,666 Si, señor. Claro. 217 00:22:20,750 --> 00:22:24,583 {\an8}ESTACIÓN DE TREN GARE SAINT-LAZARE PARÍS - 14 XUÑO, 1940 218 00:22:24,583 --> 00:22:25,791 {\an8}Á dereita. 219 00:22:29,500 --> 00:22:32,250 Veña, rápido. Chegando ao descanso. Arriba. 220 00:22:33,458 --> 00:22:36,875 Coidado. Agárrame, Marie. Pégate a min. 221 00:22:39,500 --> 00:22:41,958 O último tren de París xa partiu. 222 00:22:41,958 --> 00:22:44,041 Perden o tempo. Achéguense atrás! 223 00:22:47,083 --> 00:22:51,208 Atrás. Teñen que dar a volta. Teñen que marchar da estación. 224 00:22:52,208 --> 00:22:53,625 Abandonen a estación! 225 00:22:55,375 --> 00:22:57,583 O último tren xa partiu! 226 00:22:58,500 --> 00:23:00,875 Abandonen a estación xa. 227 00:23:21,875 --> 00:23:22,791 Imos a andar. 228 00:23:22,791 --> 00:23:24,708 - A andar? - Ven, si. 229 00:23:25,625 --> 00:23:26,875 Non hai opción. Ven. 230 00:23:27,458 --> 00:23:30,791 Desculpe. Desculpe. Ven, Marie, agárrate a min. 231 00:23:31,458 --> 00:23:32,666 Agárrame. 232 00:23:47,416 --> 00:23:49,291 Cariño, lévoche eu a maleta. 233 00:23:51,666 --> 00:23:52,750 Pesa moito. 234 00:23:54,500 --> 00:23:55,500 Vai aquí a radio? 235 00:23:56,083 --> 00:23:57,333 Igual alá non a hai. 236 00:23:57,333 --> 00:24:00,083 Quero saber que pensa o profesor de todo isto. 237 00:24:00,083 --> 00:24:02,458 Síntoo, pero non a podemos levar. 238 00:24:03,041 --> 00:24:07,125 Explícasme por que a cidade enteira escapa sen ningures a onde ir? 239 00:24:07,125 --> 00:24:10,125 Por que os xudeus son os que máis corren? 240 00:24:10,125 --> 00:24:12,833 Por que un país quere apropiarse doutro? 241 00:24:12,833 --> 00:24:16,041 Non. Eu non me explico nada diso. 242 00:24:17,000 --> 00:24:22,541 Na radio din que os nazis odian a todos os diferentes 243 00:24:22,541 --> 00:24:24,750 e tamén odian aos que din a verdade. 244 00:24:24,750 --> 00:24:27,791 - Marie... - Escóitame. Escoita. 245 00:24:29,083 --> 00:24:31,500 Eu son diferente. Xa o sei. 246 00:24:31,500 --> 00:24:34,250 Ti intentaches protexerme, pero son diferente. 247 00:24:36,000 --> 00:24:37,458 Ti dis a verdade. 248 00:24:38,041 --> 00:24:40,375 Si. E calarei para pórte a salvo. 249 00:24:41,208 --> 00:24:43,125 O único que tes de diferente 250 00:24:43,125 --> 00:24:46,958 é que levas unha carga pesada para oír a verdade, 251 00:24:46,958 --> 00:24:51,166 e iso é unha das moitas cousas extraordinarias que tes, Marie. 252 00:24:51,166 --> 00:24:53,875 Na vida nunca podes ocultar quen es. 253 00:24:54,375 --> 00:24:57,708 Pero na guerra pasar desapercibido pódeche salvar a vida. 254 00:25:00,291 --> 00:25:01,541 Lévoche eu a maleta. 255 00:25:02,125 --> 00:25:05,208 O profesor só fala para a xente nova. 256 00:25:05,916 --> 00:25:08,958 Precisamos comprender a loucura deste mundo. 257 00:25:08,958 --> 00:25:13,291 - A miña carga lévoa eu. - Non, non tes que levala ti soa. 258 00:25:14,291 --> 00:25:15,166 Ven. 259 00:25:17,833 --> 00:25:20,166 Estou aquí. Aquí estou. 260 00:25:33,666 --> 00:25:39,291 Marie, escollín este hotel porque o servizo é extraordinario. 261 00:25:40,041 --> 00:25:42,875 Papá, oio polos vivos. 262 00:25:44,500 --> 00:25:46,958 Claro, os produtos son todos frescos. 263 00:25:48,250 --> 00:25:51,791 Os camareiros e camareiras, os mordomos 264 00:25:51,791 --> 00:25:55,416 e serventas son tan discretos que nin notas que os hai. 265 00:25:56,791 --> 00:25:58,708 Parece que refresca un pouco. 266 00:25:59,875 --> 00:26:01,750 Estamos na terraza, logo? 267 00:26:02,708 --> 00:26:05,291 Si, con vistas impresionantes ás papoulas. 268 00:26:06,125 --> 00:26:09,541 Espero que non haxa cousas burguesas coma mesa e cadeiras. 269 00:26:09,541 --> 00:26:13,375 Non, é de temática xaponesa. Comemos axeonllados. 270 00:26:13,375 --> 00:26:18,208 O cociñeiro con estrelas Michelin é famoso polos seus sándwichs de salame. 271 00:26:18,916 --> 00:26:20,208 - Toma. - Grazas. 272 00:26:21,916 --> 00:26:24,875 Pódeslle pedir un chal a un mordomo? 273 00:26:24,875 --> 00:26:26,541 - Si. - Vai algo de frío. 274 00:26:29,708 --> 00:26:30,666 Grazas. 275 00:26:31,375 --> 00:26:35,166 E que lle diga ao cociñeiro 276 00:26:35,166 --> 00:26:39,291 que abondará coa metade dun dos seus famosos sándwichs. 277 00:26:39,291 --> 00:26:41,375 - E logo? Non tes fame? - Non. 278 00:26:42,875 --> 00:26:44,916 Hai que aforrar comida, papá. 279 00:26:44,916 --> 00:26:46,916 Como non sabes a onde imos, 280 00:26:47,500 --> 00:26:49,208 non sabemos canto tardaremos. 281 00:26:49,208 --> 00:26:50,708 Si que sei a onde imos. 282 00:26:50,708 --> 00:26:52,916 Decidín ir a Saint-Malo. 283 00:26:54,875 --> 00:26:55,875 Onda o mar? 284 00:26:56,375 --> 00:26:58,666 Si, onda o mar. Come. 285 00:27:06,958 --> 00:27:08,666 A quen coñeces en Saint-Malo? 286 00:27:09,416 --> 00:27:10,750 Temos familia alí. 287 00:27:14,208 --> 00:27:15,958 Como imos chegar alí? 288 00:27:16,791 --> 00:27:17,750 Quero dicir... 289 00:27:19,000 --> 00:27:20,416 que non hai trens. 290 00:27:20,916 --> 00:27:24,250 Ninguén nos vai levar porque xa non hai xenerosidade 291 00:27:24,833 --> 00:27:27,875 e todo o mundo se volveu malvado ao mesmo tempo. 292 00:27:27,875 --> 00:27:29,416 Non todos. 293 00:27:38,875 --> 00:27:40,333 Marie, son case as dez. 294 00:27:41,458 --> 00:27:43,000 A hora do teu profesor. 295 00:27:45,750 --> 00:27:48,708 Se sabe o que está pasando, eu tamén quería sabelo. 296 00:27:50,958 --> 00:27:56,791 Hoxe creo que vai falar da natureza do tempo. 297 00:27:58,416 --> 00:28:03,416 Sexa o tema que sexa, sempre fala de todo. 298 00:28:11,541 --> 00:28:13,166 Boas noites, nenos. 299 00:28:14,083 --> 00:28:18,375 Vou comezar a emisión de hoxe cunhas palabras que, 300 00:28:18,375 --> 00:28:21,333 esteades onde esteades, vos parecerán oportunas. 301 00:28:21,333 --> 00:28:26,875 Foron escritas hai moitísimo tempo por un dramaturgo grego chamado Sófocles, 302 00:28:26,875 --> 00:28:30,875 pero eu creo que estas palabras mostran que as cousas non cambian, 303 00:28:30,875 --> 00:28:33,083 por moito tempo que pase. 304 00:28:34,250 --> 00:28:35,458 Isto é o que dixo: 305 00:28:35,958 --> 00:28:39,458 "O tirano é un fillo do orgullo 306 00:28:39,458 --> 00:28:45,041 que bebe da súa noxenta cunca de imprudencia e vaidade 307 00:28:45,041 --> 00:28:47,750 ata que desde o seu alto cumio 308 00:28:47,750 --> 00:28:51,708 cae de cabeza no po da esperanza." 309 00:28:51,708 --> 00:28:54,625 Xa sei que vivimos tempos escuros, rapaces, 310 00:28:54,625 --> 00:28:57,750 pero confiade sempre en que a luz sempre se impón. 311 00:28:58,500 --> 00:29:01,000 Falando da luz, vouvos falar sobre... 312 00:29:01,000 --> 00:29:01,958 Werner! 313 00:29:04,083 --> 00:29:07,166 Lévate a Gestapo á forza e segues escoitando iso? 314 00:29:07,166 --> 00:29:10,750 Unha hora ao día, quero escoitar a bondade e a razón. 315 00:29:11,500 --> 00:29:13,333 - Ai, doe! - Debíachas cortar. 316 00:29:13,333 --> 00:29:14,250 Iso doeu. 317 00:29:14,250 --> 00:29:17,291 Non tanto coma un balazo ou unha corda no pescozo. 318 00:29:19,125 --> 00:29:21,500 Werner, ti es todo o que teño. 319 00:29:21,500 --> 00:29:25,083 Es a única familia que teño, non te podo perder. 320 00:29:43,166 --> 00:29:45,791 - Perdón polo das orellas. - Tes moita forza. 321 00:29:47,750 --> 00:29:48,958 Moitísima. 322 00:29:54,458 --> 00:29:55,833 Atopei chocolate. 323 00:30:05,000 --> 00:30:07,250 - Entón, o profesor que...? - Werner! 324 00:30:07,833 --> 00:30:09,166 Viñeron uns soldados. 325 00:30:10,000 --> 00:30:11,708 Din que queren falar contigo. 326 00:30:28,166 --> 00:30:30,166 Werner, non te sacan de aquí. 327 00:30:30,166 --> 00:30:32,958 Escolléronte porque es moi listo. 328 00:30:33,583 --> 00:30:35,333 Dirán que es pouca cousa. 329 00:30:36,250 --> 00:30:40,166 Que non vés de ningures, que non podes ter grandes soños. 330 00:30:41,208 --> 00:30:45,416 Pero eu creo en ti. Sei que farás algo grande. 331 00:30:48,875 --> 00:30:50,083 Grazas. 332 00:30:57,625 --> 00:30:59,750 Sigue sendo como es, Werner Pfennig. 333 00:31:01,625 --> 00:31:03,666 Aínda que ás veces me irritas, 334 00:31:04,458 --> 00:31:06,875 - non cambies... - Máncasme outra vez. 335 00:31:11,041 --> 00:31:12,500 Non te deixes intimidar. 336 00:31:12,500 --> 00:31:14,166 Non te deixes convencer. 337 00:31:14,875 --> 00:31:17,375 Conserva a túa alma tal como é, vale? 338 00:31:24,125 --> 00:31:26,458 Coma unha das túas emisoras de radio. 339 00:31:31,833 --> 00:31:33,500 Mantén a mesma frecuencia. 340 00:31:36,958 --> 00:31:38,000 Prométoo. 341 00:31:38,833 --> 00:31:39,666 Si. 342 00:31:40,333 --> 00:31:41,375 Prométoo. 343 00:31:53,250 --> 00:31:55,291 Jutta. 344 00:31:57,041 --> 00:31:58,541 - Prométoo. - Jutta. 345 00:32:12,375 --> 00:32:13,375 Parabéns. 346 00:32:13,375 --> 00:32:17,958 Arranxar a radio era unha proba. Pasáchela con moi boa nota. 347 00:32:18,541 --> 00:32:19,708 A onde me leva? 348 00:32:19,708 --> 00:32:22,958 A un sitio onde farán un home do rapaz. 349 00:32:23,541 --> 00:32:25,166 E farán do home un soldado. 350 00:32:26,416 --> 00:32:27,458 Heil Hitler. 351 00:32:28,458 --> 00:32:29,500 Heil Hitler. 352 00:33:39,125 --> 00:33:41,958 Vale, veña, Marie. Alá imos. 353 00:33:42,625 --> 00:33:45,833 Vira á dereita, Marie. Vira á dereita. Iso é. 354 00:33:45,833 --> 00:33:47,791 Ben. Agora solta o embrague. 355 00:33:47,791 --> 00:33:51,666 - Que é o embrague? - O embrague! Ergue o pé esquerdo. Así. 356 00:33:51,666 --> 00:33:55,958 Aí. Ben. Pasa para o outro lado. 357 00:34:00,583 --> 00:34:02,375 Agora roubamos coches ou que? 358 00:34:02,375 --> 00:34:04,375 Non é un coche, é un Citroën. 359 00:34:04,375 --> 00:34:07,750 Non o roubamos, liberámolo para toda Francia. 360 00:34:18,333 --> 00:34:22,125 {\an8}INSTITUTO POLÍTICO-NACIONAL DE EDUCACIÓN 361 00:34:55,250 --> 00:34:59,625 Mira, Werner Pfennig, as casas ás que te levo son cada vez meirandes. 362 00:34:59,625 --> 00:35:02,250 O Instituto Político-Nacional de Educación. 363 00:35:02,958 --> 00:35:04,958 A escola máis elitista de Alemaña, 364 00:35:05,625 --> 00:35:08,708 para as mentes máis dotadas e os corpos máis rexos. 365 00:35:15,458 --> 00:35:17,708 Aquí só sobreviven os superhumanos. 366 00:35:26,916 --> 00:35:28,750 Les a Friedrich Nietzsche? 367 00:35:29,250 --> 00:35:30,541 Non, eu non leo. 368 00:35:31,666 --> 00:35:33,041 Só escoito. 369 00:35:33,541 --> 00:35:36,958 "O que non nos mata, fainos máis fortes." 370 00:35:57,375 --> 00:35:58,333 Heil Hitler. 371 00:35:59,125 --> 00:36:00,333 Quen é vostede? 372 00:36:01,458 --> 00:36:02,916 Tenente coronel Siedler. 373 00:36:03,666 --> 00:36:06,666 Teño un candidato do Departamento de Essen. 374 00:36:06,666 --> 00:36:07,958 Mandáronme vir aquí. 375 00:36:08,625 --> 00:36:09,833 Que é el? 376 00:36:11,083 --> 00:36:12,000 É un mago. 377 00:36:14,958 --> 00:36:16,125 É Werner Pfennig. 378 00:36:16,708 --> 00:36:19,125 Ten un talento especial para as radios. 379 00:36:22,500 --> 00:36:24,083 Xa, pero... 380 00:36:25,291 --> 00:36:28,750 Eu non preguntaba polo talento. 381 00:36:29,291 --> 00:36:32,666 Preguntei concretamente que é? 382 00:36:33,166 --> 00:36:34,083 É un neno. 383 00:36:35,708 --> 00:36:38,333 Cando se pregunta que es, 384 00:36:38,333 --> 00:36:40,833 pregúntase de que raza es. 385 00:36:41,416 --> 00:36:42,666 Un é a súa raza. 386 00:36:42,666 --> 00:36:45,291 Entón, por favor, que é? 387 00:36:46,458 --> 00:36:47,625 É ario alemán. 388 00:36:49,666 --> 00:36:54,583 Pero, segundo a solicitude que enviaron, 389 00:36:55,416 --> 00:36:58,125 a Werner Pfennig atopárono nun orfanato. 390 00:37:00,708 --> 00:37:02,083 Polo tanto, é orfo. 391 00:37:09,750 --> 00:37:12,750 Quen era teu pai, Werner Pfennig? 392 00:37:12,750 --> 00:37:15,291 Non sei quen era meu pai. 393 00:37:18,333 --> 00:37:19,375 Señor. 394 00:37:20,791 --> 00:37:21,708 Señor. 395 00:37:23,666 --> 00:37:24,625 E túa nai? 396 00:37:26,000 --> 00:37:26,875 Morreu, señor. 397 00:37:26,875 --> 00:37:28,083 Morreu e que máis? 398 00:37:29,375 --> 00:37:32,791 Morreu, señor. Heil Hitler. 399 00:37:32,791 --> 00:37:36,708 Quero dicir, era túa nai aria alemá? 400 00:37:37,916 --> 00:37:38,750 Si, señor. 401 00:37:38,750 --> 00:37:42,458 Pero teu pai, que veu e marchou, podía ser calquera cousa. 402 00:37:42,458 --> 00:37:44,041 Quita a roupa. 403 00:37:44,750 --> 00:37:48,791 Se un rapaz non ten papeis que indiquen a súa ascendencia, 404 00:37:48,791 --> 00:37:52,833 antes de pór un pé nesta sagrada institución, 405 00:37:52,833 --> 00:37:54,541 hai que examinalo a fondo, 406 00:37:54,541 --> 00:37:57,625 para sabermos a súa estrutura xenética racial. 407 00:37:57,625 --> 00:38:00,708 Dixen que quitases a roupa, hostia! 408 00:38:12,375 --> 00:38:16,166 Vou tomar medidas de todo o seu corpo. 409 00:38:17,083 --> 00:38:20,458 O grosor dos labios, ángulo de proxección do nariz, 410 00:38:20,458 --> 00:38:23,958 densidade ósea, cor dos ollos e da pel, 411 00:38:23,958 --> 00:38:28,666 distancia entre tempas, circunferencia da cabeza. 412 00:38:30,041 --> 00:38:34,916 E só se, ao rematar o recoñecemento, 413 00:38:34,916 --> 00:38:38,916 non hai dúbida de que non ten sangue xudeu... 414 00:38:38,916 --> 00:38:40,666 Quita todo. 415 00:38:41,583 --> 00:38:43,375 ... será admitido. 416 00:38:52,166 --> 00:38:55,375 Herr Siedler, grazas por pensar en nós. 417 00:38:55,375 --> 00:38:57,541 Agora, por favor, volva a Essen. 418 00:38:57,541 --> 00:39:01,416 Werner Pfennig agora está nas nosas mans. 419 00:39:04,125 --> 00:39:05,166 Heil Hitler. 420 00:39:29,375 --> 00:39:31,500 Boas novas, Werner Pfennig! 421 00:39:35,833 --> 00:39:37,750 Non es xudeu, 422 00:39:37,750 --> 00:39:41,250 polo que se che permite vivir 423 00:39:41,833 --> 00:39:44,541 e entrar nesta institución. 424 00:39:45,916 --> 00:39:47,041 Pero lembra algo. 425 00:39:47,708 --> 00:39:50,625 O rapaz que es agora axiña morrerá 426 00:39:51,416 --> 00:39:54,041 e será substituído por algo sobrehumano. 427 00:40:11,083 --> 00:40:11,958 Atención! 428 00:40:15,583 --> 00:40:17,708 - Heil Hitler! - Heil Hitler! 429 00:40:18,666 --> 00:40:19,666 Novato a proba. 430 00:40:28,250 --> 00:40:29,875 Este é o uniforme de campo. 431 00:40:31,625 --> 00:40:33,916 Este é o uniforme do ximnasio. 432 00:40:33,916 --> 00:40:36,541 Tirantes cruzados atrás, paralelos diante, 433 00:40:36,541 --> 00:40:37,916 mangas remangadas. 434 00:40:37,916 --> 00:40:40,916 Levarás un coitelo na funda da dereita do cinto. 435 00:40:40,916 --> 00:40:44,041 Libros, tabaco e efectos persoais están prohibidos. 436 00:40:46,583 --> 00:40:47,875 Este é o teu armario. 437 00:40:48,541 --> 00:40:51,541 Nel só podes ter uniformes, botas, coitelo e betume. 438 00:40:51,541 --> 00:40:55,458 Prohibido falar ao apagar as luces. As cartas envíanse o mércores. 439 00:40:58,791 --> 00:41:02,083 Quitarémosche a debilidade, a covardía, a dúbida. 440 00:41:02,083 --> 00:41:04,458 Serás unha fervenza, unha enxurrada de balas. 441 00:41:04,458 --> 00:41:07,333 Renunciarás ás comodidades en nome do deber. 442 00:41:07,333 --> 00:41:09,375 Comerás país e respirarás nación. 443 00:41:10,750 --> 00:41:11,916 Comprendes? 444 00:41:11,916 --> 00:41:13,666 Si, señor. Comprendo. 445 00:41:15,208 --> 00:41:16,041 Así me gusta. 446 00:41:25,666 --> 00:41:27,541 Dádelle a benvida tradicional. 447 00:41:32,458 --> 00:41:33,583 Corre. 448 00:41:58,000 --> 00:41:59,625 Queridísima irmá, Jutta, 449 00:42:00,416 --> 00:42:02,291 este sitio é moi interesante. 450 00:42:03,500 --> 00:42:07,708 Hai moitos bosques e campo aberto, e o aire é moi limpo. 451 00:42:09,541 --> 00:42:13,708 Os outros rapaces están ben, aínda que son máis grandes ca min. 452 00:42:14,583 --> 00:42:17,458 Aínda non agarrei unha radio, 453 00:42:17,458 --> 00:42:18,958 pero seguro que o farei. 454 00:42:19,750 --> 00:42:23,916 Dille a Frau Elena que non se preocupe por min, xa que estou ben, 455 00:42:25,333 --> 00:42:26,750 gozando do aire libre. 456 00:42:32,791 --> 00:42:34,625 Espero que todos esteades ben. 457 00:42:35,750 --> 00:42:37,666 Quérovos e estráñovos moito. 458 00:42:38,583 --> 00:42:41,166 Un abrazo e Heil Hitler, 459 00:42:41,166 --> 00:42:42,125 Werner. 460 00:42:44,458 --> 00:42:45,875 Xa abonda! Abonda! 461 00:42:50,125 --> 00:42:52,541 Ti debes ser o novo rapaz da radio. 462 00:42:54,125 --> 00:42:56,791 Érguete. Érguete, rapaz. 463 00:43:01,791 --> 00:43:03,291 Sede amables con este. 464 00:43:04,750 --> 00:43:08,500 O Reich espera grandes cousas del. 465 00:43:11,041 --> 00:43:12,041 Vamos. 466 00:43:13,916 --> 00:43:16,208 Ou morres coma un león 467 00:43:16,208 --> 00:43:19,375 ou caes coma un vaso de leite derramado. 468 00:43:21,333 --> 00:43:23,166 Érguete. Veña. 469 00:43:31,291 --> 00:43:34,708 {\an8}SAINT-MALO CATRO ANOS MÁIS TARDE 470 00:43:38,375 --> 00:43:39,458 Lembra, Pfennig, 471 00:43:40,791 --> 00:43:43,041 por se planeas que saia mal adrede, 472 00:43:43,041 --> 00:43:45,125 non só corre perigo a túa vida. 473 00:43:46,000 --> 00:43:48,125 Disque tes unha irmá, 474 00:43:50,125 --> 00:43:51,041 Jutta. 475 00:43:52,875 --> 00:43:56,958 Se non atopas a localización da onda curta 13.10, 476 00:43:56,958 --> 00:43:58,625 túa irmá tamén morrerá. 477 00:44:01,208 --> 00:44:03,291 E morrerá de moi mala maneira. 478 00:44:14,958 --> 00:44:18,041 Papá, hoxe lembrei a nosa viaxe... 479 00:44:18,041 --> 00:44:19,083 Arranca! 480 00:44:19,083 --> 00:44:20,375 ...a Saint-Malo. 481 00:44:20,875 --> 00:44:22,416 O coche roubado, 482 00:44:22,916 --> 00:44:27,333 como durmimos en palleiras e sebes e roubamos ovos polo camiño. 483 00:44:27,333 --> 00:44:32,500 Lembro como chegamos á cidade xusto cando se acabou a gasolina... 484 00:44:32,500 --> 00:44:35,000 Transmite a medio quilómetro ao oeste. 485 00:44:35,000 --> 00:44:36,625 Vira aquí á dereita. 486 00:44:36,625 --> 00:44:40,833 E lembro que estaba moi nerviosa cando chegamos aquí, 487 00:44:41,583 --> 00:44:45,583 sen saber que nos depararía o destino ou a quen atopariamos. 488 00:44:46,500 --> 00:44:49,875 Pero só atopamos amor e alegría. 489 00:44:52,625 --> 00:44:55,833 Todo iso agora soa moi distante. 490 00:45:00,833 --> 00:45:01,791 Papá, 491 00:45:02,791 --> 00:45:07,708 prego que este sinal de radio chegue a ti, esteas onde esteas, 492 00:45:07,708 --> 00:45:11,000 porque eu nunca, nunca perderei a esperanza. 493 00:45:11,000 --> 00:45:12,291 Endexamais. 494 00:45:14,875 --> 00:45:16,041 Un forte abrazo. 495 00:45:25,541 --> 00:45:26,750 Sae. 496 00:46:21,083 --> 00:46:22,583 Vas coñecer a túa amiga. 497 00:46:25,708 --> 00:46:28,708 Quen queira que sexas, perdóame, por favor. 498 00:49:09,708 --> 00:49:14,708 {\an8}Subtítulos: Manuel Puga Moruxa