1 00:00:24,958 --> 00:00:29,291 {\an8}SAINT-MALO FRANCIA OCUPADA POLOS NAZIS - AGOSTO 1944 2 00:00:32,375 --> 00:00:35,625 {\an8}FORZAS AÉREAS DOS EUA ESCUADRÓN DE BOMBARDEO 565 3 00:01:08,041 --> 00:01:10,458 Papá, tío Etienne, 4 00:01:10,458 --> 00:01:13,541 se me oídes, volvede para a casa, por favor. 5 00:01:13,541 --> 00:01:14,958 Agora caen bombas. 6 00:01:14,958 --> 00:01:18,125 Creo que os americanos por fin viñeron liberarnos. 7 00:01:18,916 --> 00:01:22,708 Tío Etienne, non é só que estea aquí soa. 8 00:01:22,708 --> 00:01:25,208 É que tamén estou moi preocupada por ti. 9 00:01:26,291 --> 00:01:30,875 Dixeches que ías estar fóra unha hora, pero xa pasaron días. 10 00:01:31,750 --> 00:01:37,166 Se te agachas dos soldados alemáns, aproveita os bombardeos para volver. 11 00:01:38,791 --> 00:01:39,875 E, papá, 12 00:01:41,208 --> 00:01:44,083 dixeches que estarías fóra seis días, 13 00:01:45,916 --> 00:01:47,666 pero xa pasou máis dun ano. 14 00:01:49,333 --> 00:01:51,041 Onde queira que esteas, 15 00:01:52,833 --> 00:01:54,125 se me oes, 16 00:01:55,750 --> 00:01:56,666 quéroche. 17 00:02:21,833 --> 00:02:25,458 E agora, para os que escoitades a miña emisión por pracer, 18 00:02:25,458 --> 00:02:27,166 continuarei a lectura 19 00:02:27,166 --> 00:02:31,166 de Vinte mil leguas baixo dos mares de Xulio Verne. 20 00:02:32,208 --> 00:02:35,625 Regaloumo meu pai polo meu aniversario 21 00:02:36,500 --> 00:02:40,125 cando estabamos en París, en paz. 22 00:02:44,958 --> 00:02:48,208 "As grandes profundidades do océano sonnos descoñecidas. 23 00:02:49,000 --> 00:02:50,833 Os sons non chegan alí. 24 00:02:50,833 --> 00:02:54,208 O que pasa nesas profundidades remotas, 25 00:02:54,208 --> 00:02:58,791 que seres viven ou poden vivir a 12 ou 15 millas 26 00:02:58,791 --> 00:03:01,958 da superficie da auga, non o sabemos. 27 00:03:02,541 --> 00:03:04,500 {\an8}Nese caso, debíase admitir..." 28 00:03:04,500 --> 00:03:08,208 {\an8}HOTEL DAS ABELLAS. CUARTEL XERAL ALEMÁN DE VIXILANCIA DE RADIO 29 00:03:08,208 --> 00:03:12,541 "Ou coñecemos todas as variedades de seres que habitan o noso planeta 30 00:03:12,541 --> 00:03:14,083 ou non as coñecemos. 31 00:03:14,083 --> 00:03:15,791 Se non as coñecemos todas, 32 00:03:16,291 --> 00:03:20,291 se a natureza aínda garda segredos nas profundidades, 33 00:03:21,208 --> 00:03:25,833 nada lle resulta máis cómodo á razón ca admitir a existencia de peixes 34 00:03:25,833 --> 00:03:28,125 ou cetáceos doutros tipos. 35 00:03:29,166 --> 00:03:33,583 Se, polo contrario, xa coñecemos todos os tipos de seres vivos, 36 00:03:33,583 --> 00:03:36,875 cómprenos identificar o animal en cuestión 37 00:03:36,875 --> 00:03:39,750 entre os seres mariños xa clasificados. 38 00:03:40,625 --> 00:03:45,750 Se non as coñecemos todas, se a natureza aínda garda segredos, 39 00:03:45,750 --> 00:03:48,583 debemos pensar que algunha especie de monstro 40 00:03:48,583 --> 00:03:53,375 se pode atopar na escuridade desas profundidades." 41 00:03:53,375 --> 00:03:54,541 Werner. 42 00:03:59,875 --> 00:04:01,416 Un trago antes de morrer? 43 00:04:02,791 --> 00:04:03,708 É coñac. 44 00:04:04,291 --> 00:04:05,625 É máis vello ca nós. 45 00:04:07,416 --> 00:04:08,958 Máis do que seremos nunca. 46 00:04:09,625 --> 00:04:11,875 Ningún dos dous volverá ver Alemaña. 47 00:04:12,375 --> 00:04:13,250 Bebe. 48 00:04:16,791 --> 00:04:18,166 Imos morrer, Werner, 49 00:04:18,166 --> 00:04:20,333 e ti estás a escoitar a puta radio. 50 00:04:20,833 --> 00:04:23,000 - Que é o que escoitas, logo? - Pois... 51 00:04:24,208 --> 00:04:26,291 escoito unha nena que le un libro. 52 00:04:29,541 --> 00:04:32,875 Cando cae unha bomba aí fóra, óioa na radio. 53 00:04:34,666 --> 00:04:37,375 Iso significa que a nena que escoito está aquí. 54 00:04:42,333 --> 00:04:43,708 Aquí, en Saint-Malo. 55 00:04:53,875 --> 00:04:57,750 Antes de poñérenme este uniforme, escoitaba unha emisora francesa. 56 00:05:00,250 --> 00:05:01,250 O que? 57 00:05:01,833 --> 00:05:03,666 Incumprín as normas do Führer. 58 00:05:03,666 --> 00:05:07,958 Había unha voz que eu escoitaba desde que era neno. 59 00:05:08,833 --> 00:05:10,000 A voz dun profesor. 60 00:05:11,083 --> 00:05:12,083 Aprendín francés 61 00:05:12,666 --> 00:05:14,875 e moitas verdades sobre o mundo. 62 00:05:14,875 --> 00:05:17,375 Escoitar emisións estranxeiras castígase coa morte. 63 00:05:17,375 --> 00:05:18,458 E que? 64 00:05:20,666 --> 00:05:23,083 Dez segundos, un cento, total morreremos. 65 00:05:30,416 --> 00:05:34,333 A emisora que me ensinou francés era: onda curta, frecuencia 13.10. 66 00:05:35,291 --> 00:05:38,708 Desde que marchamos de Ucraína, sintonicei esa frecuencia. 67 00:05:41,250 --> 00:05:42,250 E agora, 68 00:05:44,125 --> 00:05:48,041 que xa é tarde, reaparece a emisión e oio unha nena lendo un libro. 69 00:05:51,000 --> 00:05:52,666 E nunca saberei quen é. 70 00:05:58,250 --> 00:05:59,750 Adeus, amigo. 71 00:06:03,541 --> 00:06:04,416 Adeus. 72 00:06:27,458 --> 00:06:31,166 Ataques confirmados a albos alemáns. Hora de entregar o correo. 73 00:06:39,833 --> 00:06:41,833 Aquí remata a emisión de hoxe. 74 00:06:42,416 --> 00:06:46,416 Sei que a emisión me pode custar a vida, pero non me calarán. 75 00:06:48,333 --> 00:06:50,333 Papá, tío Etienne, 76 00:06:51,041 --> 00:06:54,041 prego que esteades ben e que mañá á mañá 77 00:06:54,041 --> 00:06:56,916 poidamos comer xuntos como faciamos antes. 78 00:06:58,666 --> 00:07:01,375 E aos demais, 79 00:07:03,416 --> 00:07:05,541 agardo que nos volvan escoitar mañá. 80 00:07:13,250 --> 00:07:14,708 Se é que hai mañá. 81 00:07:51,083 --> 00:07:55,583 OS BOMBARDEOS CONTINUARÁN MAÑÁ A MEDIA NOITE. MARCHEN INMEDIATAMENTE. 82 00:08:54,000 --> 00:08:56,250 {\an8}BASEADA NA NOVELA DE ANTHONY DOERR 83 00:10:38,958 --> 00:10:39,875 Ven. 84 00:10:43,500 --> 00:10:45,875 Cóntame o que din os americanos. 85 00:11:12,125 --> 00:11:13,291 Lemo. 86 00:11:17,916 --> 00:11:20,000 Di que volverán mañá á medianoite. 87 00:11:20,000 --> 00:11:22,083 E que marchen todos da cidade. 88 00:11:23,083 --> 00:11:28,250 Bravo. Entón, acabouse. O principio da fin. 89 00:11:29,500 --> 00:11:32,750 Din que marchemos e vostedes pechan as portas da cidade. 90 00:11:33,875 --> 00:11:36,375 Cabróns, péchanas para non deixarnos saír. 91 00:11:36,375 --> 00:11:37,541 Non é culpa miña. 92 00:11:38,416 --> 00:11:42,541 Eu non estou aquí para facer a guerra. Son xoieiro. 93 00:11:42,541 --> 00:11:48,291 O meu traballo é localizar e identificar as mellores xoias de Europa 94 00:11:48,291 --> 00:11:50,208 para entregarllas ao Führer. 95 00:11:51,458 --> 00:11:56,333 Como case todos os xoieiros de Alemaña eran xudeus 96 00:11:56,333 --> 00:12:01,375 e, como o Reich, na súa sapiencia infinita, decidiu 97 00:12:02,208 --> 00:12:08,208 gasear, fusilar, colgar ou matar de fame todos os xudeus de Europa, 98 00:12:12,375 --> 00:12:15,708 son o único da miña profesión que queda solto. 99 00:12:17,875 --> 00:12:19,708 Para realizar a miña misión, 100 00:12:20,833 --> 00:12:23,750 estou aquí, nesta desgraciada cidade, 101 00:12:32,833 --> 00:12:36,708 para atopar alguén que creo 102 00:12:38,416 --> 00:12:40,000 que ten algo que eu quero. 103 00:12:41,458 --> 00:12:42,333 Unha rapaza. 104 00:12:44,083 --> 00:12:49,166 Unha rapaza cega, que sei que está en Saint-Malo. 105 00:12:50,541 --> 00:12:52,500 Que sei que está en Saint-Malo. 106 00:12:56,083 --> 00:12:59,083 Cando cheguei, díxenche 107 00:12:59,875 --> 00:13:02,083 que che daría o tempo que preciso 108 00:13:02,083 --> 00:13:05,666 para comer unha ducia de ostras e beber a botella de viño. 109 00:13:06,375 --> 00:13:09,833 O viño acabouse, as ostras coméronse. 110 00:13:16,708 --> 00:13:21,666 Tes dez segundos máis para darme o enderezo de Marie-Laure LeBlanc. 111 00:13:22,958 --> 00:13:24,333 Unha rapaza cega 112 00:13:25,291 --> 00:13:27,291 que toda a cidade debe coñecer, 113 00:13:28,000 --> 00:13:31,083 pero que ninguén lembra! 114 00:13:33,000 --> 00:13:33,958 Xa llo dixen. 115 00:13:35,541 --> 00:13:38,583 Non teño nin idea de quen me fala. 116 00:13:47,958 --> 00:13:48,875 Dez... 117 00:13:52,500 --> 00:13:53,375 nove... 118 00:13:55,333 --> 00:13:56,291 oito... 119 00:14:00,291 --> 00:14:01,375 sete... 120 00:14:03,625 --> 00:14:05,083 - seis... - Vaia ó inferno. 121 00:14:06,416 --> 00:14:09,041 Amigo, non digas parvadas. 122 00:14:09,041 --> 00:14:11,875 Está clarísimo que xa estamos no inferno. 123 00:14:13,541 --> 00:14:14,458 Cinco... 124 00:14:16,791 --> 00:14:17,750 catro... 125 00:14:19,916 --> 00:14:20,833 tres, dous, un. 126 00:14:25,708 --> 00:14:27,833 Atopareina sen a túa axuda. 127 00:16:20,291 --> 00:16:23,166 Papá, onde estás? 128 00:16:26,291 --> 00:16:27,666 Estou escoitando. 129 00:16:32,333 --> 00:16:36,375 - Baixa por aquí, onde lle pedín casar. - É a nosa casa? 130 00:16:36,375 --> 00:16:38,833 Non, a nosa casa é... máis cara a aquí. 131 00:16:39,416 --> 00:16:41,375 {\an8}Non nos distraiamos con iso. 132 00:16:41,375 --> 00:16:43,125 {\an8}ABRIL 1934 - DEZ ANOS ANTES 133 00:16:43,125 --> 00:16:45,083 {\an8}Vamos ao que temos entre mans. 134 00:16:45,083 --> 00:16:47,125 Entre mans. Fixen un chiste. 135 00:16:47,125 --> 00:16:50,750 Papá, para que sexa un chiste, ten que ter graza. 136 00:16:53,041 --> 00:16:58,375 Ves? Por ríreste de papá, caíches na fonte. 137 00:16:58,375 --> 00:17:00,750 Ven por aquí, imos empezar de novo. 138 00:17:01,958 --> 00:17:06,250 Lembra que nós estamos aquí. Esta é a nosa casa. 139 00:17:06,250 --> 00:17:09,250 Ben, agora colle á esquerda, 140 00:17:09,250 --> 00:17:13,625 a primeira á dereita, para. Para antes de cruzar a rúa. 141 00:17:13,625 --> 00:17:20,125 Despois cruza e sigue, sigue, sigue ata chegares ao parque. 142 00:17:20,125 --> 00:17:21,625 Que parque? 143 00:17:21,625 --> 00:17:23,500 Onde lle pedín casar a mamá. 144 00:17:24,166 --> 00:17:25,125 Cóntamo. 145 00:17:26,708 --> 00:17:28,333 Xa cho contei moitas veces. 146 00:17:28,333 --> 00:17:29,916 Cóntamo outra vez. 147 00:17:29,916 --> 00:17:34,500 Sempre paras cando mamá dixo que si, despois calas. 148 00:17:35,958 --> 00:17:40,000 Marie, estamos facendo un percorrido e xa pasamos o parque. 149 00:17:40,750 --> 00:17:44,916 Agora a ver se o dás feito ti soa. 150 00:17:44,916 --> 00:17:49,583 Estás soa en París cunha mensaxe moi importante para papá. 151 00:17:49,583 --> 00:17:52,208 Vai buscarme. Como fas? 152 00:17:52,208 --> 00:17:55,375 Primeiro viro á dereita, despois sigo andando. 153 00:17:56,000 --> 00:17:58,083 Non, así non. 154 00:17:58,083 --> 00:18:01,666 Viro á esquerda e logo sigo andando, andando. 155 00:18:01,666 --> 00:18:03,416 Para antes de cruzar. 156 00:18:03,416 --> 00:18:04,833 Paro antes de cruzar. 157 00:18:04,833 --> 00:18:09,500 Iso é. E despois que fas? Segues andando, andando... 158 00:18:09,500 --> 00:18:13,208 Andando, andando... 159 00:18:13,750 --> 00:18:16,875 Seguimos andando, andando. 160 00:18:17,375 --> 00:18:21,458 - Non se acaba o de andar? - Si. E agora que facemos? 161 00:18:21,458 --> 00:18:23,958 Cómprasme unha crêpe polo aniversario. 162 00:18:24,791 --> 00:18:26,916 Claro. Non unha crêpre calquera, 163 00:18:26,916 --> 00:18:30,000 unha crêpe de chocolate con crema e logo imos ao... 164 00:18:30,000 --> 00:18:31,041 Ao museo. 165 00:18:33,375 --> 00:18:38,791 Seguimos andando, andando ata chegar ao museo. 166 00:18:38,791 --> 00:18:39,875 Bravo. 167 00:18:40,666 --> 00:18:44,750 Ao chegarmos, por ser o teu aniversario, exploramos 168 00:18:44,750 --> 00:18:47,625 todas as marabillas que contén. 169 00:18:49,083 --> 00:18:51,208 - Paréceche ben? - Parece. 170 00:18:56,208 --> 00:18:59,916 Para, cambiastes cousas desde a última vez que viñemos. 171 00:18:59,916 --> 00:19:01,333 Como o sabes? 172 00:19:02,708 --> 00:19:07,083 A primeira sala pola que pasamos sempre cheira a area. Agora cheira a... 173 00:19:07,083 --> 00:19:11,041 Plumas, peteiros e garras. Está chea de paxaros. 174 00:19:11,041 --> 00:19:12,541 Paxaros de verdade? 175 00:19:12,541 --> 00:19:15,583 Non. Disecados. Levan mortos moitos anos. 176 00:19:15,583 --> 00:19:18,125 Pero como sabía que viñas de visita, 177 00:19:18,708 --> 00:19:22,041 decidín insuflarlles vida, con isto. 178 00:19:32,208 --> 00:19:34,750 Papá, cousas vivas. 179 00:19:34,750 --> 00:19:37,125 Case. Os seus cantos están vivos. 180 00:19:37,125 --> 00:19:39,916 Todo ten voz, só tes que escoitar. 181 00:19:48,833 --> 00:19:49,916 Escoita. 182 00:20:10,416 --> 00:20:13,250 E agora, despois de deleitarche as orellas, 183 00:20:13,250 --> 00:20:15,125 un agasallo para as túas mans. 184 00:20:21,208 --> 00:20:24,500 Isto apalpáchelo antes, lembras que é? 185 00:20:24,500 --> 00:20:26,416 Pensaba que non era a escola. 186 00:20:26,416 --> 00:20:28,333 Todo é unha escola. 187 00:20:29,333 --> 00:20:31,500 - Para ti non. - Sobre todo para min. 188 00:20:35,000 --> 00:20:35,916 Esmeralda? 189 00:20:36,458 --> 00:20:37,541 Bravo. 190 00:20:38,250 --> 00:20:40,250 Marie, o mundo é como é, 191 00:20:40,250 --> 00:20:41,833 véxalo ti ou non. 192 00:20:41,833 --> 00:20:43,583 Os dedos son os teus ollos. 193 00:20:43,583 --> 00:20:47,791 Tes dez dedos, a maioría da xente só ten dous ollos. 194 00:20:47,791 --> 00:20:51,083 Sácaslles cinco de vantaxe porque cinco por dous son... 195 00:20:51,083 --> 00:20:52,083 Dez. 196 00:20:52,083 --> 00:20:54,166 - Si. - Hai diamantes? 197 00:20:54,166 --> 00:20:55,416 Hai. 198 00:21:04,375 --> 00:21:06,833 Ten un tacto precioso. 199 00:21:06,833 --> 00:21:08,541 Ti es preciosa. 200 00:21:09,500 --> 00:21:11,458 Parabéns polo aniversario, Marie. 201 00:21:12,375 --> 00:21:16,666 Esta é a cousa máis valiosa de todo o museo? 202 00:21:16,666 --> 00:21:17,708 Non. 203 00:21:18,541 --> 00:21:22,958 Hai outra pedra que é máis valiosa ca todas as outras xuntas. 204 00:21:24,375 --> 00:21:26,375 Chámase Mar de Chamas. 205 00:21:26,375 --> 00:21:27,875 Pódelo traer? 206 00:21:28,833 --> 00:21:30,416 Non se pode. 207 00:21:30,416 --> 00:21:31,916 Por que non se pode? 208 00:21:33,041 --> 00:21:36,541 Porque está na súa caixa forte noutra parte da cámara. 209 00:21:37,291 --> 00:21:40,125 E ademais xa é hora de xantar, 210 00:21:40,125 --> 00:21:42,625 que significa... Sabes que significa, non? 211 00:21:42,625 --> 00:21:44,125 Un pouco de torta. 212 00:21:44,125 --> 00:21:45,583 Unha chea de torta. 213 00:21:47,291 --> 00:21:48,500 E ti. 214 00:21:54,416 --> 00:21:57,708 Por que non podo tocar o Mar de Chamas? 215 00:21:57,708 --> 00:21:59,250 Que queres comer? 216 00:21:59,250 --> 00:22:02,416 Papá, por que? Non como ata que mo contes. 217 00:22:03,541 --> 00:22:05,791 Es implacable, non es? Vale, veña. 218 00:22:07,500 --> 00:22:09,333 É unha lenda absurda, Marie. 219 00:22:10,416 --> 00:22:15,041 A lenda di que a pedra chamada Mar de Chamas está maldita. 220 00:22:15,041 --> 00:22:15,958 Xa está. 221 00:22:16,916 --> 00:22:19,666 Hai máis. Noto na túa voz que agachas algo. 222 00:22:19,666 --> 00:22:23,125 Cóntamo, por favor. 223 00:22:23,125 --> 00:22:27,250 A lenda é dun tempo en que a xente cría cousas que non eran certas. 224 00:22:28,416 --> 00:22:32,750 Di que quen toque a pedra tamén recibirá a maldición. 225 00:22:34,041 --> 00:22:35,416 Cal é a maldición? 226 00:22:36,958 --> 00:22:40,541 A maldición é que, se tocas a pedra, 227 00:22:40,541 --> 00:22:43,708 as persoas que queres sufrirán terribles desgrazas. 228 00:22:44,375 --> 00:22:47,916 Pero se posúes a pedra, nunca morrerás. 229 00:22:47,916 --> 00:22:51,291 Así que, como ves, inmediatamente, 230 00:22:51,291 --> 00:22:53,541 partindo de dúas cousas imposibles, 231 00:22:53,541 --> 00:22:55,250 a lenda é absurda. 232 00:22:56,166 --> 00:22:58,666 Tocaches algunha vez o Mar de Chamas? 233 00:23:06,875 --> 00:23:08,666 Ven, Marie, vamos comer. 234 00:23:19,750 --> 00:23:23,000 {\an8}SAINT-MALO AGOSTO 1944 235 00:23:49,125 --> 00:23:50,125 Pan. 236 00:24:38,541 --> 00:24:39,541 O cable. 237 00:25:06,875 --> 00:25:07,875 Ei. 238 00:25:09,250 --> 00:25:11,958 Por que non abren as portas para podermos saír? 239 00:25:11,958 --> 00:25:13,458 Non hai comida. 240 00:25:13,458 --> 00:25:17,375 Queredes que nos derretamos todos convosco, nazis fillos de puta! 241 00:26:17,708 --> 00:26:18,625 Ola. 242 00:26:19,458 --> 00:26:20,833 Hoxe aquí non hai pan. 243 00:26:21,333 --> 00:26:23,833 Non hai pan en ningures hoxe. Marie... 244 00:26:23,833 --> 00:26:26,041 Non sabía cando te volvería ver. 245 00:26:26,041 --> 00:26:29,875 Monsieur Caron, teño moita fame. Non lle queda nada de pan? 246 00:26:30,541 --> 00:26:31,541 Garda os cartos. 247 00:26:32,416 --> 00:26:35,750 Só teño unha codia resesa, pero lévaa. 248 00:26:35,750 --> 00:26:38,166 - Toma. - Grazas. 249 00:26:38,166 --> 00:26:41,958 Tamén teño a alguén que oíu a túa mensaxe na radio onte á noite. 250 00:26:55,291 --> 00:26:56,166 Marie. 251 00:26:56,750 --> 00:26:57,833 Tío Etienne. 252 00:26:57,833 --> 00:26:59,083 Viñeches. 253 00:27:00,958 --> 00:27:03,666 Oínche pregar que comésemos xuntos. 254 00:27:03,666 --> 00:27:05,166 Sen moito pan, pero vin. 255 00:27:05,833 --> 00:27:09,333 - Boa idea dicirme onde vérmonos. - Onde estiveches? 256 00:27:10,500 --> 00:27:13,458 Traballando. Facendo un traballo importante 257 00:27:13,458 --> 00:27:16,708 para os americanos e británicos que virán liberarnos. 258 00:27:16,708 --> 00:27:19,416 Pero os alemáns decatáronse 259 00:27:19,416 --> 00:27:22,291 e, se fose á casa, poríate a ti en serio perigo. 260 00:27:26,208 --> 00:27:27,375 Segues emitindo? 261 00:27:27,375 --> 00:27:29,625 Claro, leo o libro que me deu papá. 262 00:27:29,625 --> 00:27:31,375 As páxinas que che dixen eu? 263 00:27:31,375 --> 00:27:33,625 Si, capítulo 16. 264 00:27:33,625 --> 00:27:36,916 Creo que xa sabes que non estás só lendo a Xulio Verne. 265 00:27:37,416 --> 00:27:41,750 Estás mandando mensaxes cifradas que axudarán a gañar a guerra. 266 00:27:42,458 --> 00:27:45,625 Agora quero que saltes ao capítulo 20, 267 00:27:45,625 --> 00:27:49,000 le só a páxina un. Logo, capítulo 21, le a páxina dúas. 268 00:27:49,000 --> 00:27:51,375 Vinte, vinte e un, primeira e segunda. 269 00:27:51,375 --> 00:27:53,458 Vaite para a casa, axiña. 270 00:27:53,458 --> 00:27:55,875 Ten razón. Aquí non é seguro. 271 00:27:55,875 --> 00:28:00,041 Un oficial alemán ofrece comida e cartos a cambio de información 272 00:28:01,208 --> 00:28:02,625 sobre ti, Marie. 273 00:28:02,625 --> 00:28:04,541 - Sobre min? - Que quere saber? 274 00:28:04,541 --> 00:28:06,416 Non sei. Ninguén o sabe. 275 00:28:07,000 --> 00:28:09,083 Por agora, ninguén falou. 276 00:28:09,916 --> 00:28:12,541 Cando chegues á casa, pecha todas as portas. 277 00:28:12,541 --> 00:28:16,083 - De acordo. - Haberá máis bombardeos hoxe á noite. 278 00:28:38,791 --> 00:28:42,666 Que fas, soldado? Os saqueadores serán fusilados. 279 00:28:43,791 --> 00:28:45,416 Cabo Werner Pfennig, señor. 280 00:28:46,000 --> 00:28:48,958 Son da unidade de vixilancia de radio do Wehrmacht. 281 00:28:49,916 --> 00:28:53,750 A unidade está en Saint-Malo para localizar emisións ilegais. 282 00:28:53,750 --> 00:28:58,250 Onte o meu transceptor estragouse. Preciso cable para seguir traballando. 283 00:29:13,791 --> 00:29:14,958 Es moi débil. 284 00:29:18,958 --> 00:29:20,041 Viches isto? 285 00:29:22,500 --> 00:29:25,166 Onte os americanos tiraron folletos en francés 286 00:29:25,166 --> 00:29:27,041 dicíndolle á xente que marche. 287 00:29:28,791 --> 00:29:29,791 Xa. 288 00:29:31,916 --> 00:29:36,041 Dille á túa unidade que ninguén sairá nin se lle deixará saír. 289 00:29:36,750 --> 00:29:38,875 Seguimos aquí mentres quede un vivo. 290 00:29:39,708 --> 00:29:41,541 Na miña unidade morreron todos. 291 00:29:43,250 --> 00:29:44,750 Eu son o único que queda. 292 00:29:50,208 --> 00:29:51,458 Onde te hospedas? 293 00:29:51,958 --> 00:29:53,208 No Hotel das Abellas. 294 00:29:54,291 --> 00:29:55,416 Place de Concord. 295 00:29:59,416 --> 00:30:00,958 Ese traballo é importante. 296 00:30:02,375 --> 00:30:04,166 Farei o que poida para axudar. 297 00:30:57,000 --> 00:31:01,041 Lembrade, nenos e nenas, Werner fixo este aparello de radio 298 00:31:01,041 --> 00:31:03,375 con cousas que outros guindaron. 299 00:31:03,875 --> 00:31:06,708 Ás veces a xente tira cousas que non lle serven, 300 00:31:06,708 --> 00:31:08,791 {\an8}pero que outros estiman moito. 301 00:31:08,791 --> 00:31:11,208 {\an8}Como eu estimo a Werner e a todos vós. 302 00:31:11,208 --> 00:31:13,125 {\an8}ORFANATO VIKTORIASTRASSE ALEMAÑA 303 00:31:13,125 --> 00:31:15,000 Ninguén lle ensinou que facer. 304 00:31:15,875 --> 00:31:20,416 Werner é unha mestura de xenio, persistencia e pedaciños dos libros. 305 00:31:21,000 --> 00:31:22,916 Se funciona, será un milagriño. 306 00:31:24,375 --> 00:31:25,708 Está listo, Werner? 307 00:31:26,458 --> 00:31:28,000 Espero que si, Frau Elena. 308 00:31:29,208 --> 00:31:30,375 Entón, acéndeo. 309 00:32:11,208 --> 00:32:15,416 De feito, a luz escintilante que se emite ao queimar carbón... 310 00:32:15,416 --> 00:32:17,375 As nenas non poden estar aquí. 311 00:32:17,375 --> 00:32:21,833 Cala. Son túa irmá. Que atopaches? 312 00:32:22,333 --> 00:32:24,708 Atopei o mundo enteiro, Jutta. 313 00:32:24,708 --> 00:32:30,791 Viena, 65. Dresden, 88. Londres, 100. 314 00:32:30,791 --> 00:32:34,583 Pero de madrugada, escoito isto de Francia. 315 00:32:35,291 --> 00:32:37,666 Onda curta 13.10. 316 00:32:37,666 --> 00:32:40,083 Un profesor extraordinario 317 00:32:40,083 --> 00:32:42,333 que di cousas extraordinarias. 318 00:32:45,000 --> 00:32:48,833 O cerebro humano está encerrado na escuridade absoluta. 319 00:32:50,375 --> 00:32:51,583 Isto está prohibido. 320 00:32:51,583 --> 00:32:54,083 Se escoitas, aprenderás. 321 00:32:56,875 --> 00:33:02,250 O cerebro flota nun líquido transparente dentro do cranio, nunca á luz. 322 00:33:02,250 --> 00:33:06,833 Pero, na escuridade, o mundo que o cerebro constrúe está cheo de luz. 323 00:33:06,833 --> 00:33:09,666 Reborda cor e movemento. 324 00:33:09,666 --> 00:33:13,666 Pode ser o obxecto máis complexo que existe, 325 00:33:13,666 --> 00:33:18,750 un quilogramo húmido dentro do que xira o universo. 326 00:33:18,750 --> 00:33:22,708 Entón, nenos, como constrúe o cerebro, que vive sen chisco de luz, 327 00:33:23,291 --> 00:33:25,000 un mundo cheo de luz? 328 00:33:25,000 --> 00:33:26,500 É moi tarde, Marie. 329 00:33:27,875 --> 00:33:30,500 Só emite cando é tarde. 330 00:33:31,541 --> 00:33:32,500 Quen? 331 00:33:32,500 --> 00:33:36,625 O profesor que explica a escuridade e a luz. 332 00:33:36,625 --> 00:33:41,708 Iso é fascinante, pero é tarde e mañá tes que ir á escola. 333 00:33:41,708 --> 00:33:45,041 - É hora de descansar un pouco. - Vale. 334 00:33:46,625 --> 00:33:47,791 Boa noite, cariño. 335 00:33:48,416 --> 00:33:52,958 El di que a luz máis importante é a que non se pode ver. 336 00:33:52,958 --> 00:33:54,083 Que quere dicir? 337 00:33:54,083 --> 00:33:57,583 Se non me interrompeses, agora xa o sabería. 338 00:34:03,416 --> 00:34:05,166 Se el cho explica a ti, 339 00:34:05,166 --> 00:34:08,916 ao mellor ti pódesmo explicar a min pola mañá. 340 00:34:10,208 --> 00:34:11,208 Dez minutos máis. 341 00:34:13,541 --> 00:34:18,375 ...trillonésima parte de toda a luz do universo é visible aos nosos ollos. 342 00:34:19,250 --> 00:34:24,208 E, mesmo na escuridade total, segue habendo luz na túa mente. 343 00:34:25,708 --> 00:34:28,916 Profesor, segue habendo luz na miña mente. 344 00:34:34,583 --> 00:34:35,958 Señoras e señores, 345 00:34:36,875 --> 00:34:41,708 antes de comezar a emisión de hoxe, teño que dicir algo. 346 00:34:42,916 --> 00:34:44,916 Algo do meu propio corazón. 347 00:34:49,125 --> 00:34:50,583 Hai moitos anos, 348 00:34:50,583 --> 00:34:53,500 un gran profesor agasallaba con palabras sabias 349 00:34:53,500 --> 00:34:57,125 os nenos nesta mesma frecuencia. 350 00:34:59,208 --> 00:35:02,041 Faláballes aos nenos de toda Europa. 351 00:35:03,125 --> 00:35:09,333 E, cando falaba, sempre poñía unha peza musical concreta. 352 00:35:10,583 --> 00:35:11,416 Era esta. 353 00:35:17,750 --> 00:35:21,166 Neste tempo de estúpida escuridade, 354 00:35:22,250 --> 00:35:27,333 neste tempo de vellos ridículos que invaden cidades 355 00:35:28,000 --> 00:35:32,083 e rouban vilas enteiras coma nenos abusóns que rouban xoguetes, 356 00:35:33,083 --> 00:35:38,541 ocorréuseme intentar lembrar algunhas das cousas que dixo o profesor 357 00:35:39,583 --> 00:35:40,791 para contárllelas. 358 00:35:42,666 --> 00:35:47,666 Porque sempre falaba da luz. 359 00:35:52,125 --> 00:35:56,250 Eu non falo tan ben como falaba o profesor, pero intentareino. 360 00:35:56,833 --> 00:36:01,416 El dicía que a luz que xorde de queimar carbón, 361 00:36:02,416 --> 00:36:05,458 carbón vexetal ou turba, 362 00:36:05,458 --> 00:36:10,541 el dicía que a luz que se obtén dun pedazo de carbón... 363 00:36:13,416 --> 00:36:15,500 é en realidade luz solar. 364 00:36:15,500 --> 00:36:19,375 O importante é que a luz dura para sempre. 365 00:36:19,375 --> 00:36:22,666 Un billón de anos dentro dun pedazo de carbón. 366 00:36:22,666 --> 00:36:26,166 Pero a escuridade, dixo o profesor, 367 00:36:27,291 --> 00:36:31,666 non dura nin un segundo 368 00:36:32,458 --> 00:36:33,916 cando acendes a luz. 369 00:36:36,833 --> 00:36:39,375 Isto é todo o que quería dicir. 370 00:36:45,250 --> 00:36:48,625 Vinte mil leguas baixo dos mares de Xulio Verne. 371 00:36:49,583 --> 00:36:50,625 Cabo Pfennig! 372 00:36:55,000 --> 00:36:56,041 Pasa para arriba! 373 00:36:58,041 --> 00:36:59,000 Móvete! 374 00:37:18,083 --> 00:37:19,625 Por que te agachas abaixo? 375 00:37:20,291 --> 00:37:22,916 É un refuxio coma outro calquera, señor. 376 00:37:25,791 --> 00:37:29,541 A partir de agora traballarás aquí arriba. Á luz. 377 00:37:31,375 --> 00:37:32,500 Onde te vexamos. 378 00:37:33,208 --> 00:37:34,166 Si, señor. 379 00:37:36,583 --> 00:37:41,583 Confírmase que o bombardeo de onte á noite de Saint-Malo 380 00:37:45,500 --> 00:37:46,666 non foi aleatorio. 381 00:37:50,416 --> 00:37:52,875 O obxectivo fora escollido. 382 00:37:53,958 --> 00:37:58,833 Están golpeando as nosas posicións con gran precisión. 383 00:37:59,625 --> 00:38:01,666 Alguén pásalles información. 384 00:38:03,250 --> 00:38:08,083 Detectaches algunha transmisión de radio desde dentro da muralla da cidade? 385 00:38:08,791 --> 00:38:09,625 Non, señor. 386 00:38:09,625 --> 00:38:15,041 Mesmo mensaxes aparentemente inocentes poden conter información cifrada. 387 00:38:15,041 --> 00:38:18,166 Si, señor. Tamén sei descifrar códigos. 388 00:38:18,166 --> 00:38:19,208 Fun o número un 389 00:38:19,208 --> 00:38:22,708 no Instituto Político-Nacional de Educación de Berlín. 390 00:38:22,708 --> 00:38:25,791 E o Instituto de Berlín é o mellor de Alemaña. 391 00:38:25,791 --> 00:38:29,750 Si. O sarxento Schmidt tamén estivo no Instituto de Berlín. 392 00:38:29,750 --> 00:38:33,250 Número un da promoción de 1942, non? 393 00:38:35,291 --> 00:38:38,583 Schmidt acaba de chegar a París. 394 00:38:39,833 --> 00:38:41,458 A túa unidade desapareceu. 395 00:38:42,458 --> 00:38:47,875 Schmidt, a partir de agora, acompañarate e axudarache no teu traballo. 396 00:38:50,416 --> 00:38:53,166 A posesión de aparellos de emisión por radio 397 00:38:53,166 --> 00:38:56,541 dentro da muralla de Saint-Malo castígase coa morte. 398 00:38:58,500 --> 00:38:59,666 Si, señor. 399 00:39:00,833 --> 00:39:07,791 E a partir de agora non terás que usar cachos tirados de cable. 400 00:39:07,791 --> 00:39:09,208 Si, señor. Grazas. 401 00:39:14,125 --> 00:39:14,958 Heil Hitler. 402 00:39:16,166 --> 00:39:17,083 Heil Hitler. 403 00:39:31,333 --> 00:39:32,458 Queres tomar algo? 404 00:39:34,208 --> 00:39:35,583 Queres gañar a guerra? 405 00:39:35,583 --> 00:39:37,250 Xa oíches o capitán. 406 00:39:37,250 --> 00:39:40,125 Hai que atopar a quen pasa as nosas coordenadas. 407 00:39:43,666 --> 00:39:47,958 Pfennig, son o oficial de maior rango e non se pode beber na garda. 408 00:39:48,708 --> 00:39:49,791 Óesme? 409 00:39:50,500 --> 00:39:52,708 Cóntame como o pasaches no Instituto. 410 00:40:45,875 --> 00:40:48,125 Preparándote para un futuro feliz? 411 00:40:51,125 --> 00:40:54,500 A miña profesión era cortar e preparar flores. 412 00:40:55,291 --> 00:40:57,291 Espero que o volva ser algún día. 413 00:40:59,125 --> 00:41:04,375 Agora é recibir xente de todas as nacionalidades e culturas. 414 00:41:08,291 --> 00:41:09,375 Son dez francos. 415 00:41:10,125 --> 00:41:13,541 Non. Ese non é o motivo da miña visita. 416 00:41:15,208 --> 00:41:17,458 Xa non me interesa o sexo. 417 00:41:18,333 --> 00:41:23,250 Estou tomando medicación moi forte para unha enfermidade moi grave. 418 00:41:24,000 --> 00:41:27,000 A verdade, perder a libido 419 00:41:27,875 --> 00:41:31,250 foi como librarse dun tolo. 420 00:41:34,375 --> 00:41:35,333 Senta. 421 00:41:37,875 --> 00:41:40,083 Por favor, senta. 422 00:41:47,750 --> 00:41:52,083 Igual oíches rumores pola cidade sobre un oficial alemán concreto 423 00:41:52,083 --> 00:41:54,833 que veu aquí en busca dunha rapaza concreta. 424 00:41:56,083 --> 00:41:59,083 Pero agora que o resultado da guerra é moi dubidoso, 425 00:41:59,083 --> 00:42:02,666 teño problemas para que a xente me pase información. 426 00:42:03,583 --> 00:42:05,791 A xente non dubida do resultado. 427 00:42:06,375 --> 00:42:09,541 Os americanos volverán bombardear antes dunha hora. 428 00:42:11,958 --> 00:42:13,958 Vendo como protexen esta nena, 429 00:42:13,958 --> 00:42:18,416 intúo que a súa familia debía formar parte da resistencia. 430 00:42:19,125 --> 00:42:21,500 Seu pai, un tío chamado Etienne, 431 00:42:22,166 --> 00:42:23,916 que fai de espía. 432 00:42:24,791 --> 00:42:27,500 Eu esperto, traballo e durmo. 433 00:42:32,333 --> 00:42:35,833 A xente agora tenlle máis medo á resistencia ca a min. 434 00:42:35,833 --> 00:42:37,666 E non me contan nada. 435 00:42:38,833 --> 00:42:43,916 Por iso decidín pedirlle información a alguén 436 00:42:43,916 --> 00:42:49,416 para quen as transaccións financeiras francas 437 00:42:50,083 --> 00:42:53,250 non van acompañadas de consideracións morais. 438 00:42:59,166 --> 00:43:02,333 A nena chámase Marie-Laure LeBlanc. 439 00:43:02,333 --> 00:43:05,833 É cega. Preciso o seu enderezo. 440 00:43:08,333 --> 00:43:10,625 Non estou no mellor estado para isto. 441 00:43:11,958 --> 00:43:15,166 Non recomendo mesturar Beaujolais con morfina. 442 00:43:26,708 --> 00:43:27,958 Pero teño présa. 443 00:43:53,958 --> 00:43:58,541 Quérolle dicir outra cousa a meu pai. 444 00:43:59,125 --> 00:44:02,875 Papá, imaxínote nalgún sitio coa miña voz por única compañía. 445 00:44:03,750 --> 00:44:05,375 Non te podo deixar só. 446 00:44:05,875 --> 00:44:08,291 Prometín falarche sempre. 447 00:44:09,166 --> 00:44:10,208 E vouno facer. 448 00:44:10,791 --> 00:44:15,083 Vouche falar, para darche un motivo para a esperanza. 449 00:44:27,708 --> 00:44:28,708 Hai algo? 450 00:44:30,041 --> 00:44:31,041 Non. 451 00:44:32,541 --> 00:44:34,958 É a miña quenda. Vai durmir un pouco. 452 00:44:34,958 --> 00:44:38,333 Eu non durmo moito. Fágoche eu a túa quenda, se queres. 453 00:44:39,666 --> 00:44:40,791 É a miña quenda. 454 00:44:42,375 --> 00:44:44,625 Impórtame un carallo se dormes ou non. 455 00:45:00,625 --> 00:45:04,791 Merda. Non me estraña que non oias nada, o cable soltouse. Carallo! 456 00:45:06,541 --> 00:45:08,666 Sabes que? Fíxeno eu para probarte. 457 00:45:09,958 --> 00:45:12,791 Para ver se sabes algo de transceptores de radio. 458 00:45:16,958 --> 00:45:18,041 De que falas? 459 00:45:20,166 --> 00:45:23,583 Digo que non lembro verte no Instituto Político-Nacional. 460 00:45:23,583 --> 00:45:26,083 Dixeches que eras da promoción do 42. 461 00:45:26,083 --> 00:45:29,541 Lembro quen era o número un do 42 e non eras ti, merdento. 462 00:45:31,541 --> 00:45:33,166 Vale, non fun o número un. 463 00:45:35,583 --> 00:45:39,666 Eu non te lembro para nada. 464 00:45:41,583 --> 00:45:43,000 Canto tempo aguantaches? 465 00:45:47,916 --> 00:45:53,875 O Instituto Político-Nacional é unha escola de elite. O 63 % non acaban. 466 00:45:55,875 --> 00:45:57,666 Sei o que che pasou, Schmidt. 467 00:45:58,208 --> 00:46:00,000 Ti formas parte do 63 %. 468 00:46:04,041 --> 00:46:08,833 Todo aquel caos, papeis queimados, 469 00:46:10,541 --> 00:46:13,791 moitos rexeitados quentándolles as orellas aos oficiais. 470 00:46:15,583 --> 00:46:17,250 Mírame, Don 63. 471 00:46:21,750 --> 00:46:23,458 Ou mentías ou ías ao leste. 472 00:46:23,458 --> 00:46:25,375 Eu morría co frío, 473 00:46:26,750 --> 00:46:29,666 mallaron en min case ata matarme nesa puta escola. 474 00:46:31,666 --> 00:46:33,500 E saquei matrícula de honor. 475 00:46:35,708 --> 00:46:37,791 Aínda lle escribo ao comandante. 476 00:46:39,291 --> 00:46:40,791 Cunha palabra súa, 477 00:46:42,541 --> 00:46:44,208 vas dereitiño para o leste. 478 00:46:51,541 --> 00:46:54,208 Agora, ti e mais eu 479 00:46:54,916 --> 00:46:58,208 imos tomar unha copa de Schnapps á saúde do Führer. 480 00:47:01,458 --> 00:47:03,541 Logo sentámonos como compañeiros. 481 00:47:06,708 --> 00:47:08,166 Eu non bebo. 482 00:47:08,666 --> 00:47:11,500 Bebes, bebes. 483 00:47:14,000 --> 00:47:15,000 Polo Führer. 484 00:47:16,208 --> 00:47:17,250 E pola verdade. 485 00:47:37,791 --> 00:47:39,333 Grazas por escoitar. 486 00:47:40,708 --> 00:47:43,250 Aquí remata a emisión de hoxe. 487 00:48:44,666 --> 00:48:47,916 E a xente bebe isto para celebrar? Hostia! 488 00:48:52,250 --> 00:48:55,041 Canto tempo aguantaches no Instituto? 489 00:49:00,125 --> 00:49:01,291 Dúas semanas. 490 00:49:04,458 --> 00:49:06,541 Dúas sesións de cazaxabaríns. 491 00:49:10,333 --> 00:49:12,291 Eu era o xabarín as dúas veces. 492 00:49:16,833 --> 00:49:18,833 Coñeces o comandante Bastian? 493 00:49:19,625 --> 00:49:21,125 Lembro as súas normas. 494 00:49:21,125 --> 00:49:23,625 O que chega último na pista americana 495 00:49:24,458 --> 00:49:26,416 ten unha vantaxe de dez segundos. 496 00:49:34,583 --> 00:49:36,416 Dez segundos non me chegaron. 497 00:49:38,875 --> 00:49:40,458 Colléronme as dúas veces. 498 00:49:42,041 --> 00:49:45,416 Morres coma un león ou caes coma un vaso de leite derramado. 499 00:49:46,000 --> 00:49:48,208 Non nos ensinaron iso no Instituto? 500 00:49:49,041 --> 00:49:51,958 Meu pai non me falou máis desde que me rexeitaron. 501 00:50:04,791 --> 00:50:06,625 Son un vaso de leite derramado. 502 00:50:10,083 --> 00:50:11,250 Pero non son parvo. 503 00:50:34,041 --> 00:50:35,250 Eu teño un segredo. 504 00:50:37,458 --> 00:50:38,958 Ti tes un segredo. 505 00:50:42,375 --> 00:50:44,625 Cando a acendín, transmitía alguén. 506 00:50:48,000 --> 00:50:48,916 Quen? 507 00:51:24,750 --> 00:51:27,500 O transceptor indicaba onda curta 13.10. 508 00:51:28,291 --> 00:51:29,208 Que é iso? 509 00:51:29,708 --> 00:51:34,000 É unha frecuencia que eu escoitei desde que era neno. 510 00:51:34,000 --> 00:51:37,208 Era un profesor que nos contaba verdades. 511 00:51:38,500 --> 00:51:40,916 Feitos, cando o resto nos daba opinións. 512 00:51:45,666 --> 00:51:49,791 Dicía: "Abre os ollos e mira con eles antes de pechalos para sempre." 513 00:51:51,125 --> 00:51:52,416 Eu intentei facelo. 514 00:51:54,500 --> 00:51:58,666 Pero a maioría do que vin prefería esquecelo. 515 00:52:01,125 --> 00:52:06,083 Desde que son operador de radio, atopei centos de frecuencias e transceptores. 516 00:52:06,083 --> 00:52:08,416 Vin as SS fusilar... 517 00:52:09,750 --> 00:52:12,875 Fusilar os inimigos do Reich que os usaban. 518 00:52:15,541 --> 00:52:16,500 Si. 519 00:52:18,458 --> 00:52:20,000 Como me ensinaron a facer. 520 00:52:23,708 --> 00:52:26,541 Pero, cando estou só, 521 00:52:28,916 --> 00:52:30,083 estea onde estea, 522 00:52:31,083 --> 00:52:33,125 sintonizo a onda curta 13.10. 523 00:52:35,500 --> 00:52:39,875 Nunca se oía nada ata que cheguei a Saint-Malo. 524 00:52:41,208 --> 00:52:43,208 E oín unha rapaza lendo un libro. 525 00:52:44,333 --> 00:52:45,208 Que rapaza? 526 00:52:46,875 --> 00:52:47,833 Non sei. 527 00:52:50,916 --> 00:52:52,625 Igual é a filla do profesor. 528 00:52:54,541 --> 00:52:59,375 Se cadra é outra persoa que o escoitaba, coma min. 529 00:53:02,000 --> 00:53:04,708 Alguén da nosa xeración que pensou 530 00:53:05,708 --> 00:53:07,500 que, abrindo a frecuencia 531 00:53:08,958 --> 00:53:11,875 para dicir cousas razoables e sensatas, 532 00:53:13,666 --> 00:53:16,166 e ler literatura como facía o profesor, 533 00:53:16,166 --> 00:53:19,458 se cadra remataba a loucura da guerra do vello ese. 534 00:53:21,416 --> 00:53:22,708 Sexa ela quen sexa, 535 00:53:23,666 --> 00:53:24,708 é boa persoa. 536 00:53:30,708 --> 00:53:32,541 Creo que o deixou en boas mans. 537 00:53:39,708 --> 00:53:40,541 Entón, 538 00:53:43,041 --> 00:53:44,208 sei o teu segredo, 539 00:53:45,375 --> 00:53:47,291 pero non podo confiarche o meu. 540 00:53:48,375 --> 00:53:49,750 Non quero ir ao leste. 541 00:53:53,875 --> 00:53:54,750 É unha guerra. 542 00:53:56,791 --> 00:53:59,333 Un corpo máis engadido a 50 millóns. 543 00:54:01,791 --> 00:54:03,666 - Síntoo... - Localizarás a nena? 544 00:54:05,750 --> 00:54:07,375 Cumprirei co meu deber. 545 00:54:19,750 --> 00:54:20,750 Como dicían, 546 00:54:21,458 --> 00:54:24,458 "Morres coma un león ou caes coma un vaso de leite derramado." 547 00:54:25,125 --> 00:54:27,583 Por favor, perdóame a vida. 548 00:54:29,250 --> 00:54:31,166 Perdóolla á onda curta 13.10. 549 00:54:31,708 --> 00:54:32,541 Por favor... 550 00:55:34,791 --> 00:55:35,916 Ola, Marie. 551 00:55:37,250 --> 00:55:38,958 Non conseguín o teu enderezo. 552 00:55:39,833 --> 00:55:44,958 Díxome alguén que ti e teu pai viñades aquí. 553 00:55:46,791 --> 00:55:47,666 Terás fame. 554 00:55:49,708 --> 00:55:53,916 Pero todos deben ter fame en Saint-Malo agora. 555 00:55:55,250 --> 00:55:58,541 Síntoo moito, teño que marchar. Meu tío está esperando... 556 00:55:58,541 --> 00:56:00,166 Por favor, por favor! 557 00:56:04,375 --> 00:56:05,500 Quen é vostede? 558 00:56:05,500 --> 00:56:07,500 Alguén que non che fará dano. 559 00:56:08,000 --> 00:56:09,750 Se me dás o que eu quero. 560 00:56:09,750 --> 00:56:10,958 Que quere? 561 00:56:13,500 --> 00:56:17,541 Esta guerra, esta loucura, todas esas vidas, 562 00:56:18,125 --> 00:56:19,541 non son nada para min. 563 00:56:20,333 --> 00:56:21,750 Eu só quero vivir. 564 00:56:22,750 --> 00:56:24,791 E creo que ti podes axudarme. 565 00:56:29,208 --> 00:56:30,125 Que quere? 566 00:56:33,500 --> 00:56:36,958 Teu pai traballaba no museo en París, non si? 567 00:56:37,958 --> 00:56:40,583 Tiña ao seu coidado moitas pedras preciosas. 568 00:56:41,083 --> 00:56:43,500 Había unha pedra en particular. 569 00:56:47,875 --> 00:56:50,291 A visión é algo marabilloso. 570 00:56:50,291 --> 00:56:53,041 Vexo que sabes de que pedra falo. 571 00:56:54,125 --> 00:56:56,291 Chámase Mar de Chamas. 572 00:56:57,708 --> 00:57:00,625 A lenda di que cura todas as enfermidades. 573 00:57:02,041 --> 00:57:05,833 E que quen a posúe vivirá eternamente. 574 00:57:05,833 --> 00:57:09,000 Meu pai contoume a lenda. 575 00:57:09,708 --> 00:57:13,000 Pero é unha fábula. Só a cren os parvos. 576 00:57:13,000 --> 00:57:14,291 Xa. 577 00:57:16,083 --> 00:57:22,083 Este parvo está desenfundando unha pistola militar Walther PPK. 578 00:57:23,583 --> 00:57:26,041 Agora apúntoche á cabeza coa arma. 579 00:57:26,666 --> 00:57:29,791 Ti e teu pai fuxistes de París cando estalou a guerra. 580 00:57:30,375 --> 00:57:34,250 Levou moitas xoias para arredalas das mans dos nazis. 581 00:57:36,083 --> 00:57:39,375 Non me interesan os diamantes nin os zafiros. 582 00:57:41,458 --> 00:57:44,375 Só me interesa o Mar de Chamas, 583 00:57:44,875 --> 00:57:47,291 que creo que deixou nas túas mans. 584 00:57:48,041 --> 00:57:53,500 Marie-Laure, quero que me digas onde está. 585 00:57:54,166 --> 00:57:55,250 Tes dez segundos. 586 00:57:56,250 --> 00:57:57,250 - Eu non... - Dez... 587 00:57:58,166 --> 00:57:59,750 nove... 588 00:57:59,750 --> 00:58:00,833 oito... 589 00:58:01,458 --> 00:58:02,541 sete... 590 00:58:04,750 --> 00:58:06,125 Fala, Marie! 591 00:58:06,125 --> 00:58:07,916 Meu pai só me falou da pedra. 592 00:58:07,916 --> 00:58:10,708 - Seis... - Pensaba que ía estar aquí? 593 00:58:10,708 --> 00:58:13,958 - Cinco... - Non sei onde está. Non o sei! 594 00:58:13,958 --> 00:58:14,875 Catro... 595 00:58:14,875 --> 00:58:17,083 A luz máis importante de todas... 596 00:58:17,083 --> 00:58:19,125 - Tres... - Non sei onde está! 597 00:58:19,125 --> 00:58:21,125 - Dous. - Non o sei! 598 00:58:21,125 --> 00:58:22,833 ...é a luz que non se ve. 599 01:00:52,708 --> 01:00:57,708 {\an8}Subtítulos: Manuel Puga Moruxa