1 00:00:17,142 --> 00:00:20,770 Como carallo se escribe "desfalcamento"? 2 00:00:22,689 --> 00:00:28,028 "Se estades a ler isto, é porque librei o mundo dun problema máis. 3 00:00:29,487 --> 00:00:32,866 Moitos estaredes a preguntarvos por que quitei a vida. 4 00:00:32,949 --> 00:00:35,076 Quero confesar que roubei cartos 5 00:00:35,160 --> 00:00:38,580 de Monte Vista Point con facturas fraudulentas. 6 00:00:38,663 --> 00:00:42,500 A miña muller, Lindsay Crane, o cerebro que o argallou todo, 7 00:00:42,584 --> 00:00:44,961 ten a culpa de que non me entregase. 8 00:00:45,670 --> 00:00:49,841 Manipulou os socios para faceren intervencións innecesarias en Trochos 9 00:00:49,924 --> 00:00:54,220 e inflou o prezo para quedar coa diferenza. 10 00:00:54,304 --> 00:00:57,182 Se fose un home, enfrontábame a ela. 11 00:00:57,265 --> 00:01:01,019 Por desgraza, sempre fun un miñaxoia. 12 00:01:01,561 --> 00:01:02,395 Josh." 13 00:01:06,316 --> 00:01:09,652 Non é que faga isto moito, pero pasa factura. 14 00:01:11,613 --> 00:01:13,615 Non dou comido. 15 00:01:13,698 --> 00:01:14,783 Nin durmido. 16 00:01:14,866 --> 00:01:16,868 Paso moitos días a observar, 17 00:01:16,951 --> 00:01:19,454 e é moi curioso o rápido que se nota 18 00:01:19,537 --> 00:01:21,498 quen ten bo corazón. 19 00:01:22,207 --> 00:01:25,085 Arrincar unha vida así é unha perda tremenda. 20 00:01:26,795 --> 00:01:31,174 Pero é un alivio saber que non me sentirei así por ti. 21 00:02:50,003 --> 00:02:53,631 ASÍ SEGUIRÁ, E TI OBEDECRÁS 22 00:03:00,305 --> 00:03:02,223 Recuperarán os móbiles após a cea. 23 00:03:02,307 --> 00:03:04,976 A presidenta daralles a benvinda en persoa. 24 00:03:05,059 --> 00:03:07,937 Agarda por nós co doutor Kim no patio. 25 00:03:08,021 --> 00:03:10,523 VIP a máis non poder, non? 26 00:03:10,607 --> 00:03:12,734 Quería ver unha empresa coreana. 27 00:03:13,610 --> 00:03:15,528 - Mimá, estás ben? - Merda. 28 00:03:16,112 --> 00:03:17,572 Que dor, hostia. 29 00:03:17,655 --> 00:03:20,658 Coitadiña, levaches un bo golpe. 30 00:03:20,742 --> 00:03:21,701 Con isto chega. 31 00:03:34,797 --> 00:03:37,050 Que carallo lle pasa a Eunice? 32 00:03:48,144 --> 00:03:50,939 Ola, meu! Que tal? 33 00:03:52,106 --> 00:03:53,274 Estás ben? 34 00:03:53,775 --> 00:03:55,360 Éche tarde. 35 00:03:55,443 --> 00:03:57,237 Xa o sei, síntoo. 36 00:03:57,320 --> 00:03:58,363 É só que… 37 00:04:00,240 --> 00:04:01,699 Tes tempo para falar? 38 00:04:04,911 --> 00:04:06,537 Aquí tes. 39 00:04:07,580 --> 00:04:08,498 Que ben. 40 00:04:08,998 --> 00:04:09,958 - Saúde. - Saúde. 41 00:04:11,000 --> 00:04:14,295 Sabes o que estaba pensando? 42 00:04:14,379 --> 00:04:20,260 E se pillamos o avión privado e imos a Seúl? 43 00:04:22,345 --> 00:04:26,808 Dáslle unha sorpresa a Ava e gañas algúns puntos. 44 00:04:27,767 --> 00:04:28,935 Ai, si? 45 00:04:29,852 --> 00:04:34,941 Un paseíño de nada, 14 horas, para gañar puntos coa muller? 46 00:04:36,067 --> 00:04:40,613 Veña, ho. Facemos viaxes de último minuto arreo. 47 00:04:45,493 --> 00:04:47,662 LINDSAY: QUÍTANME O MÓBIL. RESPONDE. 48 00:04:47,787 --> 00:04:48,955 Vai todo ben? 49 00:04:50,498 --> 00:04:51,374 Si. 50 00:04:51,457 --> 00:04:53,209 Si, é só que… 51 00:04:53,918 --> 00:04:57,630 Teño algo de ansiedade posdivorcio. 52 00:04:57,714 --> 00:04:59,340 - Xa. - Si. 53 00:04:59,841 --> 00:05:02,635 E, mira, sabes que? 54 00:05:04,053 --> 00:05:05,888 Vale, a ver. 55 00:05:06,472 --> 00:05:07,765 Que quede entre nós, 56 00:05:08,433 --> 00:05:10,893 creo que Lindsay quedou cun tío en Corea. 57 00:05:10,977 --> 00:05:12,729 Xa, teño que deixalo ir. 58 00:05:12,812 --> 00:05:14,856 Debo sabelo, e non estou orgulloso. 59 00:05:14,939 --> 00:05:18,568 Pero, se me podes facer este favor, 60 00:05:19,319 --> 00:05:21,029 déboche unha ben gorda, 61 00:05:21,738 --> 00:05:22,905 mi amigo. 62 00:05:33,541 --> 00:05:36,461 Vou facer unhas chamadas para preparar o avión. 63 00:05:37,128 --> 00:05:40,381 Grazas! Apréciote moito. 64 00:05:40,465 --> 00:05:41,466 O mesmo digo. 65 00:05:41,549 --> 00:05:43,843 Que gana. Canto cres que tardaremos? 66 00:05:44,344 --> 00:05:46,220 Engalamos dentro de 30, 15…? 67 00:05:46,846 --> 00:05:48,473 - Farei o que poida. - Vale. 68 00:05:48,556 --> 00:05:50,808 - Ti agarda aquí. - Vale. 69 00:06:05,907 --> 00:06:08,659 É raro de collóns. Quen sae correndo así? 70 00:06:09,410 --> 00:06:10,953 Xa, moi raro. 71 00:06:11,621 --> 00:06:13,664 Austin, erades amigos, non? 72 00:06:15,124 --> 00:06:16,876 Non tanto, non. 73 00:06:16,959 --> 00:06:19,670 Era estritamente profesional, non? 74 00:06:19,754 --> 00:06:22,840 Si, de nove a cinco. Profesional. 75 00:06:22,924 --> 00:06:25,760 Unha vez no club Eunice dixo que non tiña fame. 76 00:06:25,843 --> 00:06:27,345 E despois vina comer. 77 00:06:27,845 --> 00:06:30,431 Non me esquecerá nunca. Que rara. 78 00:06:31,015 --> 00:06:34,852 Que Eunice non nos estrague a cea. 79 00:06:34,936 --> 00:06:36,979 Comede. 80 00:06:38,689 --> 00:06:41,359 Tráeme unha cunca de arroz e moito café? 81 00:06:42,151 --> 00:06:43,152 Moito café. 82 00:06:43,236 --> 00:06:45,613 Austin, tes que o probar todo. 83 00:06:45,696 --> 00:06:48,199 É o mellor cociñeiro de Corea. 84 00:06:52,703 --> 00:06:59,085 Non din a verdade, está claro. 85 00:07:00,378 --> 00:07:03,047 O meu home alégrase de que viñésedes. 86 00:07:05,591 --> 00:07:08,010 Non o empeores. O plan aínda vai ben. 87 00:07:08,094 --> 00:07:09,887 Está ben. 88 00:07:12,432 --> 00:07:14,016 Saúde. 89 00:07:14,100 --> 00:07:15,518 - Saúde. - Saúde. 90 00:07:15,601 --> 00:07:16,686 Saúde. 91 00:07:18,020 --> 00:07:22,066 Lindsay, disque Ava e Ashley están aquí por ti. 92 00:07:22,150 --> 00:07:25,903 Grazas por traer tantos clientes a Trochos. 93 00:07:25,987 --> 00:07:27,530 Ai, moi amable, 94 00:07:27,613 --> 00:07:32,326 pero, en realidade, os paquetes vendeunos Ashley. 95 00:07:32,410 --> 00:07:34,203 Ai, que modesta. 96 00:07:34,287 --> 00:07:38,332 Lindsay convenceu medio club para apuntarse. 97 00:07:38,416 --> 00:07:40,460 Calade. Fostes as dúas. 98 00:07:40,543 --> 00:07:43,629 Presidenta, deberían ser a imaxe de Trochos. 99 00:07:43,713 --> 00:07:44,964 Hai algún baño preto? 100 00:07:45,047 --> 00:07:46,340 El queda. 101 00:07:48,885 --> 00:07:54,599 Amor, se era amigo de Eunice, hai que volver rexistralo. 102 00:07:54,682 --> 00:07:56,392 Tes que calmarte. 103 00:07:57,310 --> 00:07:59,562 Doutor, non teño o móbil. 104 00:07:59,645 --> 00:08:01,689 Eunice deixouno en Montecito. 105 00:08:01,772 --> 00:08:05,318 Igual podemos pedirlle a alguén que o busque e nolo mande. 106 00:08:05,401 --> 00:08:08,654 O móbil dáme igual, xa comprarei un novo. 107 00:08:09,280 --> 00:08:15,745 Como Eunice tivese o móbil, estamos fodidos. 108 00:08:15,828 --> 00:08:17,538 Cala e come. 109 00:08:18,498 --> 00:08:23,669 Cada semana sae un iPhone novo. Non o aturo, basta xa. 110 00:08:25,755 --> 00:08:30,051 Sabedes que Steve Jobs e Sean Penn cearon aquí? 111 00:08:30,134 --> 00:08:31,552 Sean Penn? 112 00:08:33,554 --> 00:08:34,555 Contra! 113 00:08:36,807 --> 00:08:38,726 Parece que JB fallou. 114 00:09:08,506 --> 00:09:09,674 Si. 115 00:09:11,092 --> 00:09:14,095 Si, agora mesmo está na miña casa. 116 00:09:16,472 --> 00:09:20,977 Non, xa o sei, pero e se mandan alguén para que o interrogue? 117 00:09:22,019 --> 00:09:24,939 As facturas sospeitosas reenvieinas eu. 118 00:09:25,690 --> 00:09:29,777 Non sei quen as mandaba, pero Josh fodía a do carriño de bebidas, 119 00:09:29,860 --> 00:09:31,654 e creo que ela o delatou. 120 00:09:31,737 --> 00:09:32,822 Si. 121 00:09:32,905 --> 00:09:35,074 Mire, non está ben. 122 00:09:35,157 --> 00:09:36,867 Está roubando do club. 123 00:09:37,868 --> 00:09:39,954 Con todo o que fixemos por el. 124 00:09:40,037 --> 00:09:45,084 Págolle ao concello o que faga falta para que lle paren os pés. 125 00:09:45,668 --> 00:09:46,669 Si. 126 00:09:48,170 --> 00:09:50,381 Estaría moi ben que pasasen. 127 00:09:50,464 --> 00:09:52,675 Igual os acompaña á comisaría. 128 00:09:53,551 --> 00:09:55,553 Vale, a ver se o reteño. 129 00:09:55,636 --> 00:09:57,013 Grazas, shériff. 130 00:09:58,931 --> 00:10:01,892 En nada estou aí, vale? Levo o penso e os premios. 131 00:10:01,976 --> 00:10:04,353 Que coma amodo para que non vomite. 132 00:10:04,437 --> 00:10:08,482 Isto é unha loucura. Vou para aí e cóntasme o que pasa. 133 00:10:08,566 --> 00:10:10,651 - Non. - Josh. 134 00:10:10,735 --> 00:10:13,904 Non, tranquila. Vou eu onda ti, si? 135 00:10:13,988 --> 00:10:16,574 Xa me fas un bo favor ao coidares del. 136 00:10:16,657 --> 00:10:19,201 Sei que algo vai moi mal. 137 00:10:19,285 --> 00:10:21,454 Non, é unha viaxe de última hora. 138 00:10:21,537 --> 00:10:24,999 Chamáronme por unhas facturas fraudulentas a nome de mamá. 139 00:10:25,082 --> 00:10:26,792 - Tes problemas? - Non… Iso… 140 00:10:26,876 --> 00:10:28,919 Non teño tempo de explicarcho. 141 00:10:29,003 --> 00:10:30,963 Mira, non quero sabelo. 142 00:10:31,047 --> 00:10:33,382 Pero, sexa o que for, chama o tío Luis 143 00:10:33,466 --> 00:10:35,843 e colle un avión á Habana xa mesmo. 144 00:10:35,926 --> 00:10:39,180 Ten un cuarto extra. Podes quedar alá canto queiras. 145 00:10:39,263 --> 00:10:40,139 Eu… 146 00:10:42,308 --> 00:10:43,184 Si. 147 00:10:46,062 --> 00:10:50,149 Prométeme que irás. Alá estarás a salvo, si? 148 00:10:54,153 --> 00:10:55,488 Aquí teñen os móbiles. 149 00:10:55,571 --> 00:10:58,449 Mañá virán recollelos para levalos á clínica. 150 00:10:58,532 --> 00:11:00,368 - Que gana. - Descansen. 151 00:11:02,286 --> 00:11:05,498 Haberá gardas para garantir a súa seguridade. 152 00:11:05,581 --> 00:11:06,582 Grazas. 153 00:11:09,794 --> 00:11:11,879 Estamos fodidos de todo, Lindsay. 154 00:11:11,962 --> 00:11:13,964 Park vainos culpar do branqueo. 155 00:11:14,048 --> 00:11:16,759 JB tentou matarme e que parecese un suicidio. 156 00:11:16,842 --> 00:11:19,136 A poli ten as facturas. Non axudarán. 157 00:11:19,220 --> 00:11:21,263 Non podemos confiar en ninguén. 158 00:11:21,347 --> 00:11:22,640 Vou onda ti. 159 00:11:22,723 --> 00:11:25,101 Que Park non sospeite que o sabes. 160 00:11:25,184 --> 00:11:28,270 Non te poñas en perigo. Quérote. 161 00:11:32,400 --> 00:11:34,276 Chamas a Joshua Mar… 162 00:11:50,960 --> 00:11:52,169 Ava. 163 00:11:53,838 --> 00:11:55,047 Ava. 164 00:11:58,634 --> 00:12:00,720 Estás aí, Ava? 165 00:12:01,887 --> 00:12:02,930 Si? 166 00:12:03,431 --> 00:12:07,643 Deus, Ava, axúdame. Creo que estamos en perigo. 167 00:12:07,727 --> 00:12:12,231 Park usou o club para encubrir unha morte na clínica do home. 168 00:12:12,314 --> 00:12:13,607 - Ai, vaia. - Si. 169 00:12:13,691 --> 00:12:15,067 Que mágoa. 170 00:12:15,151 --> 00:12:18,279 Pero non sei como podo axudar, 171 00:12:18,362 --> 00:12:19,822 así que deixa de petar… 172 00:12:19,905 --> 00:12:21,115 Non, Ava, estamos… 173 00:12:21,198 --> 00:12:22,324 Ai, Ava! 174 00:12:23,325 --> 00:12:25,411 Pero que che pasa? 175 00:12:27,163 --> 00:12:29,540 Sabías que Josh roubaba? 176 00:12:30,291 --> 00:12:31,834 Sempre o soubeches? 177 00:12:32,418 --> 00:12:34,879 Non mintas, falei con Troy. Sábeno todos. 178 00:12:34,962 --> 00:12:35,880 Vale. 179 00:12:36,756 --> 00:12:41,093 Igual perdemos o siso por un día, e logo paramos. 180 00:12:41,177 --> 00:12:44,263 Park está a exaxeralo 181 00:12:44,346 --> 00:12:46,348 para culparnos do seu branqueo. 182 00:12:46,432 --> 00:12:49,643 Podes chamar a Troy e pedirlle que xunte os socios? 183 00:12:51,312 --> 00:12:54,315 Teño que ir durmir. Mañá será un día moi longo. 184 00:12:54,398 --> 00:12:55,316 Ava… 185 00:12:55,399 --> 00:12:58,235 Necesitamos a túa axuda, por favor. 186 00:12:58,319 --> 00:13:00,821 Podes chamar a Troy? Por unha amiga. 187 00:13:00,905 --> 00:13:03,240 Pensa en todo o que Josh fixo por vós. 188 00:13:04,325 --> 00:13:06,535 Home, era o seu traballo. 189 00:13:08,412 --> 00:13:10,414 Dilo en serio? 190 00:13:10,498 --> 00:13:11,499 Perdoa. 191 00:13:11,582 --> 00:13:14,251 Foi un día emocionalmente esgotador. 192 00:13:14,335 --> 00:13:16,337 Preferiría non meterme. 193 00:13:17,004 --> 00:13:18,506 - Ava… - Boa noite. 194 00:13:18,589 --> 00:13:19,423 Non… 195 00:13:19,507 --> 00:13:23,219 Creo que mañá irei á clínica nun coche á parte. 196 00:13:24,386 --> 00:13:25,387 Ai! 197 00:13:30,267 --> 00:13:35,648 BOAS NOVAS! EMBRIÓN VIABLE IDENTIFICADO. 198 00:13:36,232 --> 00:13:37,775 Non dou. 199 00:13:42,279 --> 00:13:44,782 Ponte de crequenas no váter. 200 00:13:47,368 --> 00:13:49,453 Tragalo foi unha boa xogada. 201 00:13:49,537 --> 00:13:52,081 Cala, estás a empeoralo. 202 00:13:55,501 --> 00:13:56,877 Trataba de axudar. 203 00:14:01,507 --> 00:14:03,300 Ao menos, acertei. 204 00:14:04,552 --> 00:14:07,221 - Os coreanos argallaban algo. - Merda. 205 00:14:07,304 --> 00:14:09,515 Xa vexo o USB. 206 00:14:11,100 --> 00:14:12,268 Que ben! 207 00:14:12,935 --> 00:14:14,687 Foi por poñerte de crequenas? 208 00:14:14,770 --> 00:14:16,438 Ola, Eunice, son eu. 209 00:14:16,522 --> 00:14:19,859 Teño o USB. Chámame e dime onde teño que ir. 210 00:14:19,942 --> 00:14:21,193 Oxalá esteas ben. 211 00:14:25,698 --> 00:14:28,325 Bo foi que non comiches tanto doce coma min. 212 00:14:29,869 --> 00:14:33,706 Que forte que estea a pasar isto. Xa sei que se oen cousas así… 213 00:14:33,789 --> 00:14:38,377 Estas cousas pasan, pero paréceme incrible que estea a pasar. 214 00:14:38,961 --> 00:14:40,129 Sabes o que digo? 215 00:14:47,595 --> 00:14:49,221 Sinto a reacción exaxerada. 216 00:14:49,972 --> 00:14:52,099 Pensaba que me poñías os cornos. 217 00:14:52,182 --> 00:14:54,852 Sei que sempre fago igual, pero vou mellorar. 218 00:14:54,935 --> 00:14:56,854 Baixei unha app de meditación. 219 00:14:56,937 --> 00:14:58,439 Non estou namorado de ti. 220 00:15:01,317 --> 00:15:04,028 Xúroche que non che puxen os cornos, 221 00:15:04,111 --> 00:15:06,530 pero os últimos meses déronme… 222 00:15:08,324 --> 00:15:10,242 unha perspectiva distinta. 223 00:15:12,119 --> 00:15:13,829 Estamos mellor. 224 00:15:13,913 --> 00:15:17,458 Miráchesme o móbil no hospital e mentiches. 225 00:15:18,125 --> 00:15:20,377 Mataches o can do teu xefe e mentiches. 226 00:15:21,211 --> 00:15:23,964 Non quero nin saber que máis me ocultas. 227 00:15:24,924 --> 00:15:26,634 Pois imos ter un bebé… 228 00:15:36,060 --> 00:15:39,229 Sinto que o vaias ter con alguén que odias tanto. 229 00:15:43,609 --> 00:15:45,694 - A Virxe. - Si. 230 00:15:52,826 --> 00:15:53,994 Imos ser pais? 231 00:15:57,289 --> 00:15:58,290 Se queremos. 232 00:15:59,917 --> 00:16:01,752 Temos un embrión viable. 233 00:16:05,506 --> 00:16:06,799 - Non collas. - Debo. 234 00:16:06,882 --> 00:16:08,550 Teño que saber se está ben. 235 00:16:08,634 --> 00:16:10,886 - Non tal. - Si. 236 00:16:11,387 --> 00:16:13,514 Estou namorado de Eunice. 237 00:16:14,139 --> 00:16:14,974 O que? 238 00:16:15,474 --> 00:16:18,435 Non, cres que o estás. 239 00:16:19,019 --> 00:16:21,897 Pero é demasiado pronto para sabelo. 240 00:16:22,481 --> 00:16:26,568 Ao menos, xa sabes de que pé coxeo, e eu tamén o sei de ti. 241 00:16:26,652 --> 00:16:29,113 Como sabes que o dela é mellor? 242 00:16:29,196 --> 00:16:32,908 Como sabes que non repetirás o mesmo ciclo con ela? 243 00:16:34,702 --> 00:16:36,495 Atende… 244 00:16:37,371 --> 00:16:39,540 Temos algo que Park cobiza. 245 00:16:40,916 --> 00:16:42,459 E, se llo damos, 246 00:16:43,043 --> 00:16:45,379 poderemos ter o que nós cobizamos. 247 00:16:47,214 --> 00:16:50,175 Podes pechar os ollos un segundo 248 00:16:51,301 --> 00:16:54,471 e imaxinarnos de aquí a dez anos 249 00:16:54,972 --> 00:16:57,057 co noso neniño perfecto? 250 00:16:59,184 --> 00:17:01,061 Ten o teu sorriso. 251 00:17:01,770 --> 00:17:03,230 E os meus ollos. 252 00:17:03,313 --> 00:17:05,441 E é lindísimo. 253 00:17:06,650 --> 00:17:09,945 E temos unha casa con xardín, 254 00:17:10,571 --> 00:17:13,240 e podes aprenderlle a pasar a pelota. 255 00:17:13,323 --> 00:17:16,744 E os domingos farei bocadillos antes do partido. 256 00:17:19,413 --> 00:17:20,247 Austin, 257 00:17:21,373 --> 00:17:23,459 agora sabemos como vai o mundo. 258 00:17:25,961 --> 00:17:27,713 O duro que é. 259 00:17:37,056 --> 00:17:38,307 Ten o meu sorriso? 260 00:17:39,725 --> 00:17:40,768 Ten! 261 00:17:42,311 --> 00:17:44,480 E o teu sentido do humor, 262 00:17:45,439 --> 00:17:47,149 e o teu bo corazón. 263 00:17:47,941 --> 00:17:51,862 E podería estar aquí en nove meses se lle levamos isto a Park. 264 00:17:51,945 --> 00:17:54,948 Pero, se non, quen sabe? 265 00:17:56,408 --> 00:17:58,494 Vímolo cos nosos ollos. 266 00:17:58,577 --> 00:18:01,455 Ten todo o diñeiro do mundo. Pode acabar con nós. 267 00:18:02,539 --> 00:18:05,667 Fariamos o que debemos, pero para que? 268 00:18:10,172 --> 00:18:11,423 Podes… 269 00:18:12,424 --> 00:18:13,926 pensalo esta noite? 270 00:18:14,885 --> 00:18:15,719 Por favor? 271 00:18:17,179 --> 00:18:21,058 Se pola mañá aínda te sentes así, imos á policía. 272 00:18:21,642 --> 00:18:22,768 Prométocho. 273 00:18:29,024 --> 00:18:29,858 Vale. 274 00:18:31,985 --> 00:18:33,070 Vouno pensar. 275 00:18:42,454 --> 00:18:45,040 Chamas a Lindsay. Deixa unha mensaxe. 276 00:18:45,541 --> 00:18:47,626 Acabo de chegar. 277 00:18:48,127 --> 00:18:49,878 Vou onda ti, si? 278 00:18:50,671 --> 00:18:52,297 Vou dereito ao teu hotel. 279 00:18:52,965 --> 00:18:55,467 Chámame en canto oias a mensaxe. 280 00:18:55,551 --> 00:18:57,511 Quérote. Abur. 281 00:18:59,012 --> 00:18:59,847 Ei! 282 00:19:00,806 --> 00:19:02,808 Libre? Ben? Veña. 283 00:19:03,308 --> 00:19:05,727 Non! Oe! Espera! 284 00:19:09,189 --> 00:19:10,440 Onde está, Ash? 285 00:19:13,152 --> 00:19:14,278 Que fixeches? 286 00:19:14,361 --> 00:19:15,654 Que pasa? 287 00:19:16,196 --> 00:19:17,531 Está todo ben? 288 00:19:18,031 --> 00:19:20,200 Deixei o USB aquí. Onde está? 289 00:19:20,909 --> 00:19:22,161 Non sei, non me… 290 00:19:22,661 --> 00:19:23,996 Non me acheguei. 291 00:19:24,079 --> 00:19:27,583 Aquí non entrou ninguén máis. Dámo agora mesmo. 292 00:19:27,666 --> 00:19:28,584 Austin. 293 00:19:29,084 --> 00:19:31,753 Xúrocho polo noso fillo, non sei onde está. 294 00:19:32,588 --> 00:19:35,382 Durmín toda a noite. Teño jet lag. 295 00:19:35,465 --> 00:19:36,466 Merda. 296 00:19:39,261 --> 00:19:41,096 Igual entrou alguén de noite. 297 00:19:41,638 --> 00:19:43,515 Unha vez quedei nun motel, 298 00:19:43,599 --> 00:19:45,559 e entraron para limpar. 299 00:19:51,899 --> 00:19:52,941 Austin… 300 00:19:56,987 --> 00:19:58,906 Ten moito poder. 301 00:20:00,949 --> 00:20:02,826 Non caerá facilmente. 302 00:20:03,952 --> 00:20:05,287 Que facemos, logo? 303 00:20:08,207 --> 00:20:10,375 Non podemos facer moito. 304 00:20:10,459 --> 00:20:15,005 Poderiamos preguntar no hotel, pero, quen sabe, igual están da súa parte. 305 00:20:16,215 --> 00:20:17,549 Só podemos… 306 00:20:17,633 --> 00:20:21,053 facer coma se nada e volver á casa enteiros. 307 00:20:31,104 --> 00:20:32,272 Diga? 308 00:20:32,356 --> 00:20:33,190 Bo día. 309 00:20:33,273 --> 00:20:35,025 A presidenta comunícalles 310 00:20:35,108 --> 00:20:38,654 que o seu mellor garda espera abaixo para levalos á clínica. 311 00:20:50,832 --> 00:20:55,462 Hai un coreano enterrado baixo a cuberta do meu xardín. 312 00:20:55,545 --> 00:20:57,839 Non entraba nos nosos plans, non? 313 00:20:58,340 --> 00:21:02,761 Temos un obstáculo común. Por que non colaboramos? 314 00:21:02,844 --> 00:21:07,766 Sr. Martín, cometeu delitos moi graves. Non hai trato posible. 315 00:21:07,849 --> 00:21:09,851 Non, sempre é posible un trato. 316 00:21:10,727 --> 00:21:12,312 É posible sempre. 317 00:21:12,396 --> 00:21:15,357 Teñen que encubrir a morte en Trochos, non si? 318 00:21:15,440 --> 00:21:16,692 Eu dirixo ese club. 319 00:21:16,775 --> 00:21:20,237 Pensan que todo irá vento en popa cando se desfagan de min? 320 00:21:20,737 --> 00:21:25,075 Haberá cabos soltos. Sempre os hai cando se traballa con xente. 321 00:21:25,158 --> 00:21:28,287 Axúdolles a deixalos ben atalos. Atámolos xuntos. 322 00:21:28,370 --> 00:21:31,415 A morte debeuse a unha doenza previa. 323 00:21:31,498 --> 00:21:33,834 É algo que pasa de cando en vez, 324 00:21:33,917 --> 00:21:37,379 por iso os pacientes asinan un consentimento informado. 325 00:21:40,382 --> 00:21:42,843 Vaia, outra manifestación. 326 00:21:42,926 --> 00:21:45,971 Sempre causan atascos. Merda. 327 00:21:46,054 --> 00:21:49,308 Por iso suxerín a ruta máis longa, doutor. 328 00:21:53,228 --> 00:21:57,357 Mira que pailáns. 329 00:21:57,441 --> 00:22:00,027 Pensan que van cambiar algo? 330 00:22:00,110 --> 00:22:02,404 Está todo amañado desde arriba. 331 00:22:02,487 --> 00:22:06,283 Pero a ilusión da democracia é necesaria. 332 00:22:06,366 --> 00:22:09,202 Iso xa o sei! Quen non o sabe? 333 00:22:09,286 --> 00:22:11,663 Xa, pero é frustrante. 334 00:22:11,747 --> 00:22:14,750 Ai, mira. Non é Hae-mi? Hae-mi? 335 00:22:14,833 --> 00:22:15,667 Onde? 336 00:22:15,751 --> 00:22:17,919 Alá! Hae-mi! 337 00:22:18,003 --> 00:22:21,548 Que fai aí en vez de estar traballando? 338 00:22:21,631 --> 00:22:23,383 Creo que non é ela. 339 00:22:23,467 --> 00:22:25,594 É ela, é. Míralle as tetas. 340 00:22:25,677 --> 00:22:27,846 Fíxenllas eu. 341 00:22:27,929 --> 00:22:30,140 Recoñeceríaas a máis dun quilómetro. 342 00:22:30,223 --> 00:22:32,017 Non é a miña especialidade. 343 00:22:34,061 --> 00:22:35,771 O carallo este tenta escapar! 344 00:22:35,854 --> 00:22:37,522 Estás ben? E ti? 345 00:22:37,606 --> 00:22:38,607 Cabrón! 346 00:22:39,691 --> 00:22:41,026 Veña, atízame! Pégame! 347 00:22:41,109 --> 00:22:42,110 - Dáme! - Doulle? 348 00:22:53,163 --> 00:22:54,498 Faime falta o móbil. 349 00:22:54,581 --> 00:22:56,833 Quérolle amosar unhas fotos ao médico. 350 00:22:56,917 --> 00:22:59,419 - Síntollo. - Veña, non é para tanto. 351 00:22:59,503 --> 00:23:02,381 Busque as fotos que queira no ordenador. 352 00:23:02,464 --> 00:23:04,257 Os móbiles están prohibidos. 353 00:23:04,341 --> 00:23:06,635 Dásme o móbil? Merda. 354 00:23:08,512 --> 00:23:11,223 Cando a súa amiga remate, póñanse cómodos. 355 00:23:11,890 --> 00:23:13,308 Moitas grazas. 356 00:23:16,228 --> 00:23:17,687 Ela élles así. 357 00:23:18,355 --> 00:23:21,358 E as fotos do seu móbil non están en Internet. 358 00:23:21,441 --> 00:23:25,112 Son dos extras do Blu-ray de Mockingjay Part 1. 359 00:23:25,612 --> 00:23:28,323 Quen non quere parecerse a Jennifer Lawrence? 360 00:23:29,491 --> 00:23:32,494 Tomen un café. Hai azucre e leite con crema. 361 00:23:32,994 --> 00:23:34,079 Volvo axiña. 362 00:23:34,162 --> 00:23:35,163 Grazas. 363 00:23:35,747 --> 00:23:38,917 Ola! O seu cuarto está listo. Veñan comigo. 364 00:23:49,678 --> 00:23:50,679 Estás enfadado? 365 00:23:50,762 --> 00:23:52,681 O que? 366 00:23:52,764 --> 00:23:54,808 Non toquei o USB. 367 00:23:54,891 --> 00:23:55,934 Xa o sei. 368 00:23:57,144 --> 00:23:58,437 Só quero ir á casa. 369 00:24:06,570 --> 00:24:08,905 A fiestra do vestiario non abre. 370 00:24:10,198 --> 00:24:11,324 Non te cambiaches. 371 00:24:11,408 --> 00:24:13,493 Claro que non, parva do carallo. 372 00:24:13,577 --> 00:24:15,912 Non estamos aquí para cambiar de imaxe. 373 00:24:15,996 --> 00:24:17,998 Temos que atopar unha saída. 374 00:24:18,498 --> 00:24:21,918 - Mellor non causar problemas. - Como estás tan tranquila? 375 00:24:22,586 --> 00:24:23,920 Que vos pasa? 376 00:24:24,004 --> 00:24:28,133 Nada. Só cómpre sermos discretos e facer o que viñemos facer. 377 00:24:28,216 --> 00:24:32,554 De que hostias falas? Hai homes armados por todas as partes. 378 00:24:32,637 --> 00:24:35,682 Están aquí para nos protexer. Austin, unha axudiña? 379 00:24:36,558 --> 00:24:37,476 Austin! 380 00:24:38,477 --> 00:24:39,644 Austin! 381 00:24:42,981 --> 00:24:44,816 Ei! 382 00:24:46,943 --> 00:24:48,862 É como que… 383 00:24:48,945 --> 00:24:52,699 no primeiro matrimonio, estades namorados, 384 00:24:52,782 --> 00:24:57,996 pero gozar da vida acaba cobrando máis importancia. 385 00:24:58,079 --> 00:24:59,998 Por iso, no segundo matrimonio, 386 00:25:00,081 --> 00:25:02,792 xa non buscas namorar. 387 00:25:02,876 --> 00:25:05,629 Buscas amar a vida con alguén. 388 00:25:05,712 --> 00:25:11,927 Díxomo a presidenta na nosa primeira cita. 389 00:25:12,427 --> 00:25:17,599 E daquela pensaba que igual tiña razón. 390 00:25:17,682 --> 00:25:19,267 Pero agora decátome… 391 00:25:19,976 --> 00:25:24,814 É unha perspectiva cegada polo privilexio. Non teñen nin idea. 392 00:25:25,732 --> 00:25:31,029 Para eles a vida é coma… 393 00:25:31,863 --> 00:25:37,536 un amante xeneroso, agradable e educado. 394 00:25:37,619 --> 00:25:40,247 Si, para eles é iso. 395 00:25:41,122 --> 00:25:43,583 Pero esa non é a cara real da vida. 396 00:25:44,459 --> 00:25:48,046 Leva unha máscara de cartos e poder. 397 00:25:48,547 --> 00:25:50,382 Se lle quitas a careta, 398 00:25:50,924 --> 00:25:54,636 ten uns ollos fríos a máis non poder. 399 00:25:55,178 --> 00:25:58,974 Agardando a que morras. 400 00:26:01,643 --> 00:26:02,727 Pero… 401 00:26:03,645 --> 00:26:07,274 a vida sempre acaba revelando a súa verdadeira natureza. 402 00:26:07,357 --> 00:26:10,527 Iso é así para un milmillonario e para calquera. 403 00:26:11,027 --> 00:26:14,030 E logo que? 404 00:26:14,698 --> 00:26:15,532 Eh? 405 00:26:16,283 --> 00:26:21,246 Se casou comigo porque amaba a vida e non a min, 406 00:26:21,329 --> 00:26:23,123 que pasa se a vida a traizoa? 407 00:26:23,206 --> 00:26:25,667 Que fariades vós? Eh? 408 00:26:26,167 --> 00:26:27,544 Que fariades? 409 00:26:30,171 --> 00:26:32,173 Eu non vos sei. 410 00:26:33,133 --> 00:26:38,597 Se cadra, esta é a proba definitiva da vida. 411 00:26:38,680 --> 00:26:40,181 Enfróntome a unha proba. 412 00:26:40,265 --> 00:26:44,144 Se quedamos con eles, nunca nos amarán de verdade. 413 00:26:44,769 --> 00:26:46,980 Pero aínda así seguimos con eles. 414 00:26:47,063 --> 00:26:49,983 Iso xa é unha proba en si. É o que digo. 415 00:26:52,527 --> 00:26:56,906 Secasí, sen o teléfono, só é cuestión de tempo que me traizoe. 416 00:26:57,407 --> 00:27:01,411 Por iso pensei en adiantarme e colaborar coas autoridades 417 00:27:01,494 --> 00:27:04,623 para que me reduzan a condena. Iso é o que digo. 418 00:27:04,706 --> 00:27:05,874 Estamos? 419 00:27:07,917 --> 00:27:11,504 Vale, seguro que dixo "frío" e sei que dixo "muller". 420 00:27:11,588 --> 00:27:13,423 E pareceume oír "sopa". 421 00:27:13,506 --> 00:27:18,303 Se cadra, a presidenta prepara unha especie de gaspacho coreano? 422 00:27:18,386 --> 00:27:21,765 Ai, claro… falaba da cea. 423 00:27:22,390 --> 00:27:26,102 Dille que non temos restricións alimentarias. 424 00:27:26,186 --> 00:27:27,937 - Non… - Si, non… 425 00:27:28,021 --> 00:27:30,649 Comida. Cea. Comemos de todo. 426 00:27:31,441 --> 00:27:33,401 Cago en todo. 427 00:27:35,028 --> 00:27:36,196 Non sei. 428 00:27:36,279 --> 00:27:39,783 Polas túas reaccións, pensaba que dominabas o coreano. 429 00:27:39,866 --> 00:27:41,242 Está ben, mirade aquí. 430 00:27:41,743 --> 00:27:43,620 Falo de policía. 431 00:27:44,579 --> 00:27:45,413 Si? Policía. 432 00:27:45,497 --> 00:27:47,082 - Dixo policía. - Ah! 433 00:27:47,165 --> 00:27:47,999 Policía! 434 00:27:48,083 --> 00:27:51,252 Digo que arrestemos a Park. Arrestar. 435 00:27:51,336 --> 00:27:54,047 - Policía, que? - Como se di "arrestar"? 436 00:27:55,298 --> 00:27:57,384 Arrestar… son a policía. 437 00:27:57,467 --> 00:27:58,593 Repetiu "policía". 438 00:27:58,677 --> 00:28:00,845 Digo que arrestemos a Park. 439 00:28:00,929 --> 00:28:03,556 Policía! Ah! Arrestar! 440 00:28:03,640 --> 00:28:06,976 - Arrestar! - Axudará a arrestar a Park! 441 00:28:07,060 --> 00:28:09,229 - Arrestar a Park. - Si! 442 00:28:09,312 --> 00:28:11,272 Colabora coa policía. Menos mal. 443 00:28:11,356 --> 00:28:12,232 Mi madriña. 444 00:28:13,983 --> 00:28:15,068 Amor! 445 00:28:16,277 --> 00:28:17,237 Merda. 446 00:28:18,279 --> 00:28:19,489 Deus santo! 447 00:28:20,156 --> 00:28:21,032 Vamos! 448 00:28:25,412 --> 00:28:26,413 Coidado! 449 00:28:27,247 --> 00:28:29,332 Merda! 450 00:28:31,543 --> 00:28:32,919 Hostia puta! 451 00:28:45,098 --> 00:28:45,932 Veña. 452 00:28:53,231 --> 00:28:54,357 - Ava! - Ava! 453 00:28:54,441 --> 00:28:57,861 Ava, esperta agora mesmo! 454 00:29:00,947 --> 00:29:02,157 Veña! 455 00:29:02,240 --> 00:29:03,199 Ai, Deus! 456 00:29:14,043 --> 00:29:15,295 Hai que saír de aquí! 457 00:29:15,378 --> 00:29:19,007 Como nos colla a presidenta, interróganos ata cagarmos sangue… 458 00:29:19,716 --> 00:29:21,426 Non lle disparedes ao resto! 459 00:29:21,509 --> 00:29:23,428 Quere que llos levemos. 460 00:29:27,807 --> 00:29:28,641 Austin! 461 00:29:28,725 --> 00:29:30,602 Mimá, estás ben? 462 00:29:33,730 --> 00:29:34,814 Veña! 463 00:29:50,538 --> 00:29:54,542 Só hai que distraer os gardas para chegarmos aí. 464 00:29:56,085 --> 00:29:58,922 Imposible, veñen cara a nós. 465 00:29:59,464 --> 00:30:00,590 Mirade. 466 00:30:01,090 --> 00:30:03,259 Non miro nada. Que fas? 467 00:30:03,343 --> 00:30:06,304 Lánzoo para que lles caia detrás, miran e corremos. 468 00:30:06,387 --> 00:30:07,764 Pim, pam, pum. 469 00:30:08,515 --> 00:30:11,267 - Seguro que chegas tan lonxe? - Pois claro. 470 00:30:11,351 --> 00:30:15,104 Amor, non é que non te vexa capaz, pero se non dás, mátannos. 471 00:30:15,188 --> 00:30:17,857 Dixeron de non dispararnos. Quérenos vivos. 472 00:30:17,941 --> 00:30:21,027 Iso dixeron? Non me fío nin chisco do teu coreano. 473 00:30:21,110 --> 00:30:22,862 Ten que haber outro xeito. 474 00:30:24,572 --> 00:30:25,448 Ao carallo. 475 00:30:32,705 --> 00:30:34,082 Vamos! 476 00:30:34,707 --> 00:30:36,793 Lindsay! Ola! 477 00:30:36,876 --> 00:30:38,837 Lindsay! Son eu! 478 00:30:38,920 --> 00:30:40,672 Mimá, Lindsay! 479 00:30:40,755 --> 00:30:43,174 Oe, Lindsay! 480 00:30:43,675 --> 00:30:44,801 Merda. 481 00:30:49,597 --> 00:30:51,975 O meu segundo marido sempre dicía: 482 00:30:52,058 --> 00:30:55,603 "Amar é pór a outra persoa por diante dun mesmo." 483 00:30:56,104 --> 00:31:01,109 Pero, desde que naces, choras polo leite de mamá. 484 00:31:01,192 --> 00:31:05,029 Ela dáche igual. O único que che importa es ti mesmo. 485 00:31:05,113 --> 00:31:07,198 Lindsay! 486 00:31:07,699 --> 00:31:11,619 Se cadra, algunha vez pos outras persoas por diante. 487 00:31:11,703 --> 00:31:14,289 Pero só cando é doado. 488 00:31:14,789 --> 00:31:17,458 O universo non está deseñado para iso. 489 00:31:19,002 --> 00:31:22,630 Menos mal que sobrevivimos miles de millóns de anos 490 00:31:22,714 --> 00:31:26,885 evolucionando desde células diminutas a bacterias e a simios, 491 00:31:26,968 --> 00:31:29,929 porque só nos preocupabamos por nós. 492 00:31:31,598 --> 00:31:34,350 Por iso funciona o capitalismo. 493 00:31:34,851 --> 00:31:37,353 É o sistema da natureza. 494 00:31:37,854 --> 00:31:39,689 O sistema do eu. 495 00:31:40,607 --> 00:31:43,151 O amor vive neste sistema. 496 00:31:43,651 --> 00:31:47,196 Todas as relacións existen neste sistema. 497 00:31:47,697 --> 00:31:49,198 Todas son iguais, 498 00:31:49,282 --> 00:31:51,659 outro xeito de servirse a un mesmo. 499 00:31:51,743 --> 00:31:54,495 Eu non era máis ca iso para o Dr. Kim. 500 00:31:54,996 --> 00:31:57,624 E el tampouco era nada máis para min. 501 00:31:59,208 --> 00:32:02,045 Por iso non choro. 502 00:32:02,545 --> 00:32:06,507 Por iso non me preocupades ningún de vós. 503 00:32:14,307 --> 00:32:18,561 Deixádeos aquí ata que decida que facer con eles. 504 00:32:20,730 --> 00:32:24,859 Se Park nos culpa a todos, repartimos os cargos e saímos antes. 505 00:32:24,943 --> 00:32:29,072 Coñecéndoos, hai que supoñer que tentarán cargarnos o morto. 506 00:32:29,656 --> 00:32:34,077 Nós iriamos ao cárcere máis tempo e eles nin o pisarían. 507 00:32:34,160 --> 00:32:39,624 Segundo esa lóxica, deberiamos culpalos de todo, non? 508 00:32:41,125 --> 00:32:42,460 E logo que pasa? 509 00:32:43,920 --> 00:32:48,383 Pois sería a nosa palabra contra a deles, ou… 510 00:32:49,425 --> 00:32:54,180 non sei, igual depende de quen apoie Park. 511 00:32:54,263 --> 00:32:56,683 Ou… Non che sei. Nin idea. 512 00:32:56,766 --> 00:32:58,643 Xa, eu tampouco. Non o sabemos. 513 00:32:59,727 --> 00:33:00,937 Non o sabemos. 514 00:33:02,105 --> 00:33:03,898 - Veña, senta. - Que? 515 00:33:03,982 --> 00:33:06,025 Queres sentar aquí comigo? 516 00:33:07,151 --> 00:33:09,570 Pero temos que argallar un plan. 517 00:33:10,446 --> 00:33:14,033 Se cadra, podemos sentar e non sabelo xuntos. 518 00:33:33,636 --> 00:33:34,554 Xa. 519 00:33:36,097 --> 00:33:37,223 Seino. 520 00:33:39,142 --> 00:33:40,184 Xa o sei. 521 00:33:43,312 --> 00:33:46,399 Sabes que nos fodiches co teu intento de escapar. 522 00:33:47,442 --> 00:33:48,901 Xa, fodinvos ben. 523 00:33:50,528 --> 00:33:52,238 Debín ir a Cuba. 524 00:33:55,992 --> 00:33:57,618 Non soportas a túa familia. 525 00:33:58,786 --> 00:34:00,288 Non a soportas ti. 526 00:34:00,371 --> 00:34:02,457 Creo que non lles caio ben. 527 00:34:11,841 --> 00:34:15,470 Vaste rir de min, pero nun pódcast que escoito dicían 528 00:34:16,471 --> 00:34:20,850 que o humano medio só vive 960 meses. 529 00:34:21,809 --> 00:34:23,269 - Que? - Si. 530 00:34:23,770 --> 00:34:26,522 - Novecentos sesenta? - Si, non é moi forte? 531 00:34:27,273 --> 00:34:28,649 Novecentos sesenta. 532 00:34:39,827 --> 00:34:41,621 Pois non os desaproveitamos. 533 00:34:52,006 --> 00:34:52,882 Non. 534 00:34:55,468 --> 00:34:56,552 Para nada. 535 00:35:09,190 --> 00:35:12,443 Oe, tes razón. 536 00:35:12,527 --> 00:35:15,363 Creo que nos cargarán o morto. 537 00:35:15,446 --> 00:35:18,199 Temos que facer o mesmo. Temos que protexernos. 538 00:35:18,282 --> 00:35:19,200 Si. 539 00:35:19,867 --> 00:35:21,911 Si, creo que é o seu. 540 00:35:22,495 --> 00:35:26,958 Cando volva o garda, voulle pedir unha reunión con Park. 541 00:35:28,334 --> 00:35:29,168 Si. 542 00:35:36,050 --> 00:35:37,510 Oxalá puidese verte. 543 00:35:40,596 --> 00:35:41,514 Si. 544 00:35:46,394 --> 00:35:47,270 Si. 545 00:35:48,646 --> 00:35:49,814 E eu a ti. 546 00:35:56,028 --> 00:35:57,613 Non oio o que din. 547 00:35:58,197 --> 00:36:00,116 Pero fixo que argallan algo. 548 00:36:00,825 --> 00:36:03,452 Fixo que nos van cargar o morto. 549 00:36:03,536 --> 00:36:05,329 Temos que adiantarnos. 550 00:36:11,669 --> 00:36:13,796 - Oíches? - Si. 551 00:36:15,214 --> 00:36:18,718 Veña, non nos podemos render. 552 00:36:20,011 --> 00:36:21,804 Podemos escapar polo teito. 553 00:36:21,888 --> 00:36:24,849 Non sei a onde levará, pero algo é algo. 554 00:36:25,349 --> 00:36:27,977 Sen o USB non facemos nada. 555 00:36:29,103 --> 00:36:30,938 E non sabes onde está, non? 556 00:36:32,106 --> 00:36:33,900 Podemos non empezar outra vez? 557 00:36:43,492 --> 00:36:44,368 Vale. 558 00:36:45,161 --> 00:36:49,498 Pensas que son unha merda de persoa e que cambiei e tal. 559 00:36:50,791 --> 00:36:53,628 Vale, pois igual si. 560 00:36:54,128 --> 00:36:56,881 Pero a xente cambia. 561 00:36:56,964 --> 00:36:59,133 Síntocho, pero éche o que hai. 562 00:36:59,217 --> 00:37:01,594 Medran e equivócanse. 563 00:37:01,677 --> 00:37:07,016 Tampouco é a fin do mundo equivocarse tratando de non perder a quen amas. 564 00:37:07,099 --> 00:37:09,518 E eu sempre me aferrarei a ti. 565 00:37:09,602 --> 00:37:11,604 Non me renderei nunca. 566 00:37:11,687 --> 00:37:13,314 Non me queres de verdade. 567 00:37:14,941 --> 00:37:15,775 Que? 568 00:37:17,068 --> 00:37:18,945 Es o que máis quero. 569 00:37:19,612 --> 00:37:20,738 Iso cres. 570 00:37:22,365 --> 00:37:24,742 Pero só tes problemas de abandono. 571 00:37:25,326 --> 00:37:26,452 Non teño tal. 572 00:37:27,995 --> 00:37:29,914 Oe, mírame cando che falo. 573 00:37:29,997 --> 00:37:32,083 Todo o que fas 574 00:37:32,166 --> 00:37:36,629 vén de que os teus pais se divorciaron cando eras un bebé 575 00:37:36,712 --> 00:37:39,507 e refixeron a súa vida sen ti. 576 00:37:42,510 --> 00:37:45,137 Iso non é certo. 577 00:37:45,888 --> 00:37:48,891 O único que queres é que alguén te poña por diante. 578 00:37:49,892 --> 00:37:50,810 Calquera. 579 00:37:56,857 --> 00:37:58,234 Non o xulgo. 580 00:38:00,278 --> 00:38:01,862 Cada un carga co seu. 581 00:38:03,281 --> 00:38:07,368 Todo o que facemos depende de algo que pasou antes. 582 00:38:09,412 --> 00:38:11,789 Pero ti non me queres. 583 00:38:13,874 --> 00:38:16,168 O que non queres é que te deixe. 584 00:38:22,133 --> 00:38:23,175 Síntoo. 585 00:38:24,093 --> 00:38:25,136 Pero acabouse. 586 00:38:50,328 --> 00:38:51,162 Non, agarda! 587 00:38:51,954 --> 00:38:53,205 Annyeonghaseyo. 588 00:38:55,750 --> 00:38:59,253 Presidenta. Eu. Reunión. 589 00:39:01,464 --> 00:39:04,800 Reunión… Park… eu… xuntos. 590 00:39:05,593 --> 00:39:07,887 Fala ben ou douche unha malleira. 591 00:39:07,970 --> 00:39:12,767 Vaia, desculpa. Gustaríame reunirme coa presidenta. 592 00:39:12,850 --> 00:39:14,352 Iso xa o pillara, hostia. 593 00:39:16,896 --> 00:39:19,482 Quero confesalo todo. Fun eu. 594 00:39:20,399 --> 00:39:22,777 - Quero poñelo fácil. - Josh, que fas? 595 00:39:22,860 --> 00:39:25,446 - Só quero que me asegure… - Josh! 596 00:39:25,529 --> 00:39:28,908 …que non culpará a ninguén máis e que Lindsay estará a salvo. 597 00:39:28,991 --> 00:39:31,577 Non! Josh, que fas? Josh! 598 00:39:31,660 --> 00:39:33,412 - Moi ben. - Non, para xa! 599 00:39:33,496 --> 00:39:35,247 Josh, que fas? 600 00:39:35,331 --> 00:39:36,332 Josh! 601 00:39:36,415 --> 00:39:38,417 Non! Josh! 602 00:39:38,501 --> 00:39:39,502 Josh? 603 00:39:40,378 --> 00:39:42,004 Josh! 604 00:39:58,229 --> 00:40:00,147 Sempre te quixen, Austin. 605 00:40:16,080 --> 00:40:17,039 Ashley… 606 00:40:20,918 --> 00:40:21,919 Síntoo. 607 00:40:57,705 --> 00:40:59,874 Taxi! 608 00:41:02,001 --> 00:41:02,960 Taxi! 609 00:41:03,043 --> 00:41:04,462 Merda, coreano. 610 00:41:05,296 --> 00:41:08,257 - Policía. Axiña. - Á comisaría? 611 00:41:08,757 --> 00:41:12,011 Déixame o móbil? Haendeupon? Para unha urxencia? 612 00:41:12,094 --> 00:41:12,970 Si, tome. 613 00:41:13,554 --> 00:41:14,680 Moitas grazas. 614 00:41:21,312 --> 00:41:22,271 Diga? 615 00:41:22,354 --> 00:41:24,106 - Eunice. - Austin! 616 00:41:24,190 --> 00:41:27,109 Vou de camiño á comisaría co USB. 617 00:41:27,193 --> 00:41:30,237 Mimá, moitas grazas. Informo os inspectores. 618 00:41:30,321 --> 00:41:31,864 Deixei a Ashley. 619 00:41:32,781 --> 00:41:33,782 Ah. 620 00:41:34,450 --> 00:41:35,576 Vale. 621 00:41:35,659 --> 00:41:38,162 Chamo as autoridades coas que colaboro 622 00:41:38,245 --> 00:41:40,623 e cóntolles as boas novas. 623 00:41:41,457 --> 00:41:42,833 Vale. 624 00:41:44,585 --> 00:41:45,503 Quérote. 625 00:41:46,212 --> 00:41:49,548 Dime a que comisaría vas e aviso de que te vaian buscar. 626 00:41:49,632 --> 00:41:50,591 Vale. 627 00:41:52,343 --> 00:41:53,427 Quérote. 628 00:41:55,804 --> 00:41:57,681 E eu a ti. Teño que deixarte. 629 00:42:26,210 --> 00:42:31,924 Léveme a outro enderezo. 630 00:43:12,923 --> 00:43:19,013 CORDÓN POLICIAL 631 00:43:22,391 --> 00:43:24,768 Josh! 632 00:43:32,151 --> 00:43:33,277 Josh! 633 00:43:59,053 --> 00:44:00,262 Síntoo. 634 00:44:09,021 --> 00:44:10,481 Todo sairá ben. 635 00:44:11,023 --> 00:44:12,483 Ti estarás ben? 636 00:44:12,983 --> 00:44:13,901 Si. 637 00:44:15,694 --> 00:44:16,528 Si. 638 00:44:17,196 --> 00:44:18,697 Agardarei por ti. 639 00:44:28,040 --> 00:44:29,041 Non. 640 00:44:31,627 --> 00:44:33,253 Quérote. 641 00:44:36,215 --> 00:44:38,467 - Quérote. - E eu a ti. Ten coidado. 642 00:44:53,816 --> 00:44:58,278 OITO ANOS DESPOIS 643 00:44:59,655 --> 00:45:02,408 Canta xente hoxe! 644 00:45:04,034 --> 00:45:07,913 É incrible ver como a nosa comunidade está cada vez máis unida. 645 00:45:08,706 --> 00:45:11,834 Din que, para chegar antes, cómpre ir só. 646 00:45:12,334 --> 00:45:14,962 E, para chegar lonxe, acompañado. 647 00:45:15,629 --> 00:45:19,967 Grazas de corazón aos nosos xenerosos patrocinadores: 648 00:45:20,050 --> 00:45:23,095 Montecito Jewelers e Lewis and Lewis. 649 00:45:23,178 --> 00:45:25,931 Descanse en paz, Sr. Young. Estrañámolo. 650 00:45:26,432 --> 00:45:30,185 Grazas aos nosos xenerosos socios e a noso incrible equipo, 651 00:45:30,269 --> 00:45:34,314 e, como non, á nosa abella raíña, a presidenta Park, 652 00:45:34,398 --> 00:45:36,942 que non puido vir hoxe, pero manda saúdos. 653 00:45:37,443 --> 00:45:38,527 Querémola. 654 00:45:39,027 --> 00:45:43,574 En certa maneira, somos coma as abellas que salvamos, 655 00:45:43,657 --> 00:45:47,035 traballando xuntos por un ben maior. 656 00:45:47,536 --> 00:45:51,165 Estou moi agradecida de servirvos a todos 657 00:45:51,248 --> 00:45:54,752 como directora xeral de Monte Vista Point, 658 00:45:56,545 --> 00:46:00,257 o que non sería posible sen o meu incrible marido, 659 00:46:00,340 --> 00:46:01,717 que non dá abasto. 660 00:46:01,800 --> 00:46:03,177 Di ola, Ashton. 661 00:46:03,260 --> 00:46:04,511 Ola! 662 00:46:11,226 --> 00:46:12,478 Vaia. 663 00:46:12,561 --> 00:46:16,273 Ash, fasnos sitio para o nove traseiro ás 10:00? 664 00:46:16,356 --> 00:46:17,316 Abofé. 665 00:46:17,399 --> 00:46:19,026 E temos que volver quedar. 666 00:46:19,109 --> 00:46:20,944 - Si. - A última vez foi máxica. 667 00:46:21,028 --> 00:46:23,405 Esta fin de semana estamos, non? 668 00:46:23,489 --> 00:46:25,574 Si, reservo en Lucky's. 669 00:46:25,657 --> 00:46:27,117 - Que gana. - Listo. 670 00:46:27,201 --> 00:46:29,077 Sodes os mellores, de verdade. 671 00:46:29,161 --> 00:46:30,496 - Querémosvos. - Ide amodo. 672 00:46:30,579 --> 00:46:31,997 Canto lles quero. 673 00:46:40,297 --> 00:46:42,132 Hoxe pódeslle ler ti? 674 00:46:42,716 --> 00:46:44,551 Teño moito que facer. 675 00:46:48,931 --> 00:46:50,015 Que che pasa? 676 00:46:50,974 --> 00:46:51,850 Nada. 677 00:46:58,941 --> 00:47:01,485 Ei, meu, que foi? Todo ben? 678 00:47:02,069 --> 00:47:04,404 Que ben. Non hai nada coma un agasallo. 679 00:47:06,031 --> 00:47:07,199 Estades ben? 680 00:47:07,741 --> 00:47:09,368 Oe, Damon, cabeza alta. 681 00:47:09,868 --> 00:47:11,745 - Que tal? - Ola. 682 00:47:15,207 --> 00:47:17,751 Papito, conseguinche os Lucky Strikes. 683 00:47:17,835 --> 00:47:20,629 Sei que tardei. Grazas por teres paciencia. 684 00:47:20,712 --> 00:47:23,549 Larpeiradas para o meu socio Wendell. 685 00:47:27,010 --> 00:47:27,970 Gav, 686 00:47:28,971 --> 00:47:30,597 custa de raio conseguilos. 687 00:47:30,681 --> 00:47:32,683 Son só para as unllas, verdade? 688 00:47:32,766 --> 00:47:33,851 - Só unllas. - Si. 689 00:47:33,934 --> 00:47:34,852 Vale. 690 00:47:35,477 --> 00:47:37,437 - Grazas. - A ti. 691 00:47:37,521 --> 00:47:41,650 O meu colega por fin conseguiu información de Lindsay. 692 00:47:42,442 --> 00:47:44,069 - Ai, si? - Si. 693 00:47:44,152 --> 00:47:46,989 Tiñas razón, mudouse. 694 00:47:47,489 --> 00:47:50,117 Ao campo. 695 00:47:50,617 --> 00:47:53,287 Cando comezou a chamar menos. 696 00:47:54,955 --> 00:47:55,831 Xa. 697 00:47:56,707 --> 00:47:57,791 Xa, ten sentido. 698 00:47:58,292 --> 00:48:00,627 Mira, non sei se o queres saber, 699 00:48:00,711 --> 00:48:02,462 pero volveu casar. 700 00:48:02,963 --> 00:48:04,923 Sei que che queda pouco aquí, 701 00:48:05,007 --> 00:48:07,301 queres o enderezo ou… 702 00:48:10,220 --> 00:48:11,138 Non. 703 00:48:11,930 --> 00:48:13,015 Está ben así. 704 00:48:19,271 --> 00:48:20,230 Está ben. 705 00:48:21,523 --> 00:48:22,566 Grazas. 706 00:48:24,568 --> 00:48:26,320 Como estamos? Todos ben? 707 00:48:26,403 --> 00:48:31,658 Hai oito anos do escándalo que sacudiu a comunidade de Montecito, California. 708 00:48:31,742 --> 00:48:33,285 Unha mañá de primavera, 709 00:48:33,368 --> 00:48:36,413 os socios do club de campo Monte Vista Point, 710 00:48:36,496 --> 00:48:40,667 souberon que Joshua Martín, o seu querido director xeral, 711 00:48:40,751 --> 00:48:42,836 desfalcara e branqueara diñeiro 712 00:48:42,920 --> 00:48:47,466 para axudar o doutor Kim a encubrir unha morte na súa clínica en Corea do Sur, 713 00:48:47,549 --> 00:48:50,719 onde Kim foi atopado morto despois de suicidarse. 714 00:48:50,802 --> 00:48:52,638 Conectamos con Elaine Percival 715 00:48:52,721 --> 00:48:55,182 para unha entrevista co Sr. Martín. 716 00:48:55,265 --> 00:48:57,726 Josh, que sentes ao volver ser libre? 717 00:48:57,809 --> 00:48:59,686 Que che pasa hoxe pola cabeza? 718 00:49:00,437 --> 00:49:02,981 Síntome moi ben. 719 00:49:04,650 --> 00:49:06,944 Tiven moito tempo para reflexionar 720 00:49:07,027 --> 00:49:09,905 e cometín moitos erros. 721 00:49:10,405 --> 00:49:11,615 Ferín a moita xente. 722 00:49:12,491 --> 00:49:16,036 E a vida non foi por onde esperaba, 723 00:49:16,912 --> 00:49:20,040 pero estou desexando saber que me depara. 724 00:49:20,123 --> 00:49:25,671 E, o máis importante, alégrame moito que os meus seres queridos sexan felices. 725 00:49:29,883 --> 00:49:32,594 - Papá fixo rolos de salchicha! - Que rico! 726 00:49:32,678 --> 00:49:34,596 Faille ilusión. Ti con calma. 727 00:49:34,680 --> 00:49:37,766 Non pasa nada. Doume unha ducha rápida, non tardo. 728 00:49:37,849 --> 00:49:39,351 - Quérote. - E eu! 729 00:49:39,434 --> 00:49:41,311 Querémoste. Vamos. 730 00:49:58,704 --> 00:50:02,124 Lembras o que dicía sempre? 731 00:50:03,208 --> 00:50:06,795 Non quería ser coma a miña nai, 732 00:50:07,587 --> 00:50:10,424 vella e chea de remordementos. 733 00:50:12,217 --> 00:50:13,927 Pois, malia os esforzos, 734 00:50:15,470 --> 00:50:17,681 agora son vella 735 00:50:18,682 --> 00:50:21,268 e estou chea de remordementos. 736 00:50:23,729 --> 00:50:26,314 Nin todo o diñeiro do mundo pode comprar 737 00:50:26,815 --> 00:50:30,610 o paso do tempo, o cambio de estacións. 738 00:50:33,155 --> 00:50:37,659 Este gran e fermoso ciclo da vida… 739 00:50:38,493 --> 00:50:44,166 o único que podemos facer é aceptalo con alegría. 740 00:50:52,466 --> 00:50:54,634 A xente rica dá noxo. 741 00:50:56,678 --> 00:50:57,721 Xa. 742 00:50:58,263 --> 00:50:59,222 Si. 743 00:50:59,723 --> 00:51:02,059 Póñome coa cuberta. Contenta? 744 00:51:02,142 --> 00:51:06,730 - Voume pór con ela. - Mimá, es peor ca un neno pequeno. 745 00:51:06,813 --> 00:51:09,858 Ha ser a hostia estar na túa puta torre británica. 746 00:51:09,941 --> 00:51:11,777 Deus, encántame esa cara. 747 00:51:11,860 --> 00:51:12,944 Quérote. 748 00:52:28,603 --> 00:52:33,525 Subtítulos: Jeiry Castellano