1 00:00:06,049 --> 00:00:10,011 O FBI rexistroume a casa aos 16 anos porque meu pai era sospeitoso. 2 00:00:10,094 --> 00:00:11,846 Miña filla foi secuestrada. 3 00:00:11,929 --> 00:00:14,432 Os Servizos Secretos teñen un sospeitoso. 4 00:00:14,515 --> 00:00:18,686 Chámase Peter Sutherland júnior. 5 00:00:19,437 --> 00:00:20,438 Oe! 6 00:00:22,690 --> 00:00:23,983 ANTERIORMENTE 7 00:00:24,067 --> 00:00:26,861 - Servizos Secretos. Que relación teñen? - É o meu afillado. 8 00:00:26,944 --> 00:00:29,989 Peter nunca secuestraría a filla do vicepresidente. 9 00:00:30,073 --> 00:00:33,576 Cando chamei á Acción Nocturna, dixéchesme que pelexase. 10 00:00:33,659 --> 00:00:35,661 Agora necesito que o fagas ti. 11 00:00:36,704 --> 00:00:40,541 - Agora non podo aceptalo. - É unha noite, non pasa nada. 12 00:00:42,668 --> 00:00:44,378 Quen es? De que vai isto? 13 00:00:44,462 --> 00:00:46,172 - Vinganza. - É meu pai, non? 14 00:00:46,255 --> 00:00:48,174 Odio a meu pai. 15 00:00:48,257 --> 00:00:51,636 Se lle conta a Maddie o que sabe, que facemos cando volva? 16 00:00:51,719 --> 00:00:53,513 - Pódoa controlar. - Podes? 17 00:00:53,596 --> 00:00:55,890 Si, como fixen sempre. 18 00:00:55,973 --> 00:00:57,475 Vai haber outro atentado. 19 00:00:57,558 --> 00:00:59,811 Miña tía dixo que faltan sete días. 20 00:00:59,894 --> 00:01:01,145 - Valerie. - Señora? 21 00:01:01,229 --> 00:01:05,233 - Os puntos da reunión sobre Zadar? - A presidenta di que non asista. 22 00:01:05,316 --> 00:01:08,319 - Estou valorando un cambio de persoal. - Si? 23 00:01:08,402 --> 00:01:10,905 O único que importa é atopar a Maddie. 24 00:01:10,988 --> 00:01:13,366 Aquí non hai xefe, só compañeiros. 25 00:01:13,449 --> 00:01:16,119 Worley leva de garda de seguridade seis meses. 26 00:01:16,202 --> 00:01:19,789 Teñen almacéns a menos de quilómetro e medio do depósito de D. C. 27 00:01:19,872 --> 00:01:21,999 Tena no depósito de contedores. 28 00:01:22,083 --> 00:01:24,502 Dime onde está Peter Sutherland. 29 00:01:24,585 --> 00:01:27,630 Propóñoche un trato. Sei quen secuestrou a Maddie. 30 00:01:27,713 --> 00:01:30,633 Ocúpaste del e eu localízoche a Peter Sutherland. 31 00:01:41,310 --> 00:01:42,186 Ei! 32 00:01:57,493 --> 00:02:01,622 Policía e axentes federais veno como un posible atentado terrorista. 33 00:02:01,706 --> 00:02:05,501 Mentres tanto, vexo varias ambulancias na boca do metro 34 00:02:05,585 --> 00:02:08,754 e sanitarios tratando feridos, entre eles, unha nena. 35 00:02:08,838 --> 00:02:11,507 Aínda por confirmar, infórmannos dun falecido… 36 00:02:12,091 --> 00:02:12,967 Si? 37 00:02:13,050 --> 00:02:16,929 Willett e Hawkins están na Sala de Crises. A presidenta tarda 20 minutos. 38 00:02:17,013 --> 00:02:20,057 Eu tardo cinco. Non os deixes… Un momento. 39 00:02:20,141 --> 00:02:21,184 Diga. 40 00:02:21,267 --> 00:02:22,810 Temos que falar, Diane. 41 00:02:22,894 --> 00:02:27,190 Déixate de lerchear, Ashley. Non sei se sabes que acaban de atacar o país. 42 00:02:27,273 --> 00:02:29,233 É do que quero falar. 43 00:02:39,702 --> 00:02:40,995 - Onde está? - Señora. 44 00:02:42,163 --> 00:02:44,373 Vale, estou aquí. Empeza a falar. 45 00:02:44,999 --> 00:02:47,835 Diane, este é Gordon Wick. 46 00:02:47,919 --> 00:02:49,128 Xa sei quen é. 47 00:02:50,046 --> 00:02:51,422 Que hostia fixestes? 48 00:02:53,591 --> 00:02:55,092 Había que facelo. 49 00:02:55,176 --> 00:02:59,180 En que mundo había que voar un metro cheo de cidadáns estadounidenses 50 00:02:59,263 --> 00:03:02,391 para matar un político estranxeiro en solo estadounidense? 51 00:03:02,475 --> 00:03:05,519 As explosións no palacio de xustiza en 2014, 52 00:03:05,603 --> 00:03:07,980 os ataques a autobuses en 2016. 53 00:03:08,064 --> 00:03:12,902 Omar Zadar pode negar a súa implicación, pero sabemos que é un terrorista. 54 00:03:12,985 --> 00:03:15,071 Tamén llo chamaron a Mandela. 55 00:03:15,154 --> 00:03:16,656 Este non che é Mandela. 56 00:03:16,739 --> 00:03:19,325 É mellor que o fanático que teñen no poder. 57 00:03:19,408 --> 00:03:21,410 Ese fanático é o malo coñecido. 58 00:03:21,494 --> 00:03:24,247 O que che paga miles de millóns en contratos. 59 00:03:24,330 --> 00:03:26,457 Isto non vai só de negocios. 60 00:03:26,540 --> 00:03:32,338 Temos 50 cabezas explosivas nese país. E se Zadar se fai con esas armas? 61 00:03:33,256 --> 00:03:34,090 Entón que? 62 00:03:34,173 --> 00:03:37,051 Expliqueillo á presidenta, pero non escoita. 63 00:03:37,134 --> 00:03:39,971 - Tiñamos que intentalo. - Por que mo contades? 64 00:03:40,054 --> 00:03:42,431 Houbo erros. Se hai unha investigación… 65 00:03:42,515 --> 00:03:44,767 Claro que haberá unha investigación! 66 00:03:44,850 --> 00:03:47,019 Se se desvela a nosa implicación, 67 00:03:47,103 --> 00:03:51,565 o goberno ao completo estará en perigo. A primeira, a presidenta. 68 00:03:55,027 --> 00:03:57,280 Por enriba do meu cadáver, cabrón! 69 00:03:57,363 --> 00:04:00,449 Os plans de Travers para enerxía, comercio, traballo… 70 00:04:00,950 --> 00:04:01,909 todo ao garete. 71 00:04:01,993 --> 00:04:07,915 Se todos os membros do seu goberno son citados a comparecer en Capitol Hill… 72 00:04:07,999 --> 00:04:11,210 Queres usar a miña lealdade á presidenta para salvarte. 73 00:04:11,294 --> 00:04:13,754 Non. Para salvarnos a todos, Diane. 74 00:04:14,255 --> 00:04:17,633 Pénsao. Se roda a miña cabeza, a de Michelle tamén. 75 00:04:18,134 --> 00:04:19,093 E a túa tamén. 76 00:04:19,677 --> 00:04:21,345 Por iso te necesitamos. 77 00:04:25,599 --> 00:04:28,352 Necesito un minuto… eu soa. 78 00:04:28,978 --> 00:04:29,937 Por suposto. 79 00:04:30,438 --> 00:04:32,690 De acordo, saímos. 80 00:04:34,191 --> 00:04:35,735 O tempo que necesites. 81 00:05:15,566 --> 00:05:17,151 Imos facer o seguinte. 82 00:06:14,959 --> 00:06:16,544 - Peter. - Si. 83 00:06:17,503 --> 00:06:18,796 - Estás ben? - Si. 84 00:06:20,756 --> 00:06:21,674 Si? 85 00:06:22,299 --> 00:06:23,634 Atopaches o meu amigo? 86 00:06:24,677 --> 00:06:26,178 Ai, si? E a rapaza? 87 00:06:26,262 --> 00:06:27,263 Si, tamén. 88 00:06:27,847 --> 00:06:29,056 E que fixeches? 89 00:06:29,640 --> 00:06:31,267 O que me pediches. 90 00:06:32,226 --> 00:06:33,185 Moi bo traballo. 91 00:06:33,978 --> 00:06:35,771 Vai para o piso franco xa. 92 00:06:37,815 --> 00:06:39,400 Si, pásame a localización. 93 00:06:39,483 --> 00:06:40,443 Debías tela. 94 00:06:40,943 --> 00:06:42,570 Iso levábao o meu socio. 95 00:06:43,237 --> 00:06:44,488 O teu socio? 96 00:06:45,406 --> 00:06:46,240 Xa… 97 00:06:46,824 --> 00:06:48,033 Como se chamaba? 98 00:06:53,289 --> 00:06:55,207 Merda, hostia. Quen era? 99 00:06:55,291 --> 00:06:56,125 Non sei. 100 00:06:57,793 --> 00:06:59,753 - Veña, temos que marchar. - Vale. 101 00:07:02,131 --> 00:07:05,759 - Arrington! Temos que marchar xa. - Que? Diso nada. 102 00:07:05,843 --> 00:07:08,762 Eu non marcho. O meu compañeiro acaba de… Hostia! 103 00:07:08,846 --> 00:07:11,515 De verdade meu pai fixo o que dicía ese tío? 104 00:07:11,599 --> 00:07:12,641 Que che dixo? 105 00:07:12,725 --> 00:07:17,563 Que meu pai organizou o atentado do metro, intentou encubrilo e matou o irmán del. 106 00:07:17,646 --> 00:07:19,607 - É verdade? - Está implicado, si. 107 00:07:20,316 --> 00:07:22,443 - Por que? - Para matar a Omar Zadar. 108 00:07:22,526 --> 00:07:26,197 Saíu mal e intentou culpar a Zadar. El non é o único implicado. 109 00:07:26,280 --> 00:07:28,824 Tamén Diane Farr e un contratista militar. 110 00:07:28,908 --> 00:07:31,368 Si, Gordon Wick. Leva anos financiándoo. 111 00:07:31,452 --> 00:07:33,746 - Hai que marchar! - Non o vou deixar. 112 00:07:33,829 --> 00:07:38,083 Están preparando outro ataque. Temos menos de 24 horas para impedilo. 113 00:07:38,167 --> 00:07:40,753 Se nos collen, vai morrer máis xente. 114 00:07:40,836 --> 00:07:41,879 Non podo. 115 00:07:42,379 --> 00:07:43,339 Eu podo axudar. 116 00:07:44,173 --> 00:07:48,511 Se me rescatan, a presidenta quererá verme. E Almora e o director Willett. 117 00:07:49,011 --> 00:07:49,929 Son de fiar? 118 00:07:50,012 --> 00:07:52,890 Travers, si. Willett, nin idea. 119 00:07:52,973 --> 00:07:55,226 Pero eu apartaríame de Almora. 120 00:07:55,309 --> 00:07:58,145 Non. Erik confiaba en Almora, foran compañeiros. 121 00:07:58,229 --> 00:08:02,149 Pode ser a nosa mellor baza. Con Farr non se levaba moi ben. 122 00:08:02,233 --> 00:08:05,611 ¿E se lles levo unha mensaxe á presidenta ou a Almora 123 00:08:05,694 --> 00:08:08,364 para avisalos do de meu pai e Farr? 124 00:08:08,447 --> 00:08:11,200 Necesitarías probas irrefutables. 125 00:08:11,283 --> 00:08:14,161 A francotiradora levaba isto. Igual ten algo. 126 00:08:14,245 --> 00:08:15,913 Vale. Vanme coller o móbil. 127 00:08:15,996 --> 00:08:18,415 - Non falamos ata que vos escriba. - Oído. 128 00:08:18,499 --> 00:08:20,751 Explícoo eu todo, si? 129 00:08:20,834 --> 00:08:22,711 Ti non viches eses dous. 130 00:08:22,795 --> 00:08:25,923 Enviáchesme o vídeo, Erik e eu descifrámolo e viñemos. 131 00:08:26,006 --> 00:08:27,967 - Só nós os dous, si? - Si. 132 00:08:28,050 --> 00:08:30,219 Aquí! Vamos. 133 00:08:31,679 --> 00:08:34,265 Vai ir todo ben. Aquí. 134 00:08:51,115 --> 00:08:55,619 - Que é unha proba irrefutable? - Nin idea. Pero coñezo alguén que o sabe. 135 00:08:57,413 --> 00:09:00,207 Se non colleu ela o teléfono, quen era? 136 00:09:01,417 --> 00:09:02,918 - Non o sei. - Vale. 137 00:09:03,544 --> 00:09:05,296 De acordo, grazas. 138 00:09:07,673 --> 00:09:09,049 Era o director Willett. 139 00:09:09,133 --> 00:09:14,221 A policía local avisou o FBI de disparos no depósito de contedores de D. C. 140 00:09:14,805 --> 00:09:19,101 Atoparon a Maddie e a súa escolta, Chelsea Arrington, vivas. 141 00:09:21,312 --> 00:09:23,147 - Algo máis? - Tres mortos. 142 00:09:23,230 --> 00:09:27,484 O secuestrador, un dos Servizos Secretos e unha muller sen identificar. 143 00:09:27,568 --> 00:09:29,528 Acompáñote no sentimento. 144 00:09:30,112 --> 00:09:32,072 Collería o teléfono Arrington? 145 00:09:32,156 --> 00:09:33,741 Isto é un puto cristo! 146 00:09:38,370 --> 00:09:40,414 Como vai o de mañá pola mañá? 147 00:09:41,248 --> 00:09:42,166 Todo listo. 148 00:09:42,666 --> 00:09:45,586 O avión de Zadar aterra ás 0400 na base Andrews. 149 00:09:46,253 --> 00:09:49,340 O coche estará preparado. Deixará de ser un problema. 150 00:09:49,423 --> 00:09:51,925 Necesito confirmación en canto estea feito. 151 00:09:52,551 --> 00:09:54,762 Non podo lidar con máis cagadas túas. 152 00:09:55,346 --> 00:09:58,307 - Estás moi ocupada coas propias? - De que falas? 153 00:09:58,390 --> 00:10:01,310 Como vai na Ala Oeste coa túa colega, Michelle? 154 00:10:01,393 --> 00:10:03,270 - Contáchesllo? - É que… 155 00:10:04,146 --> 00:10:05,898 Ten a mosca detrás da orella. 156 00:10:05,981 --> 00:10:09,818 - Cando empece a facerche preguntas, que? - Dela ocúpome eu. 157 00:10:09,902 --> 00:10:12,613 - De Zadar ocúpome eu. - Xa está ben. 158 00:10:13,489 --> 00:10:15,407 Que imos facer con Maddie? 159 00:10:16,575 --> 00:10:20,996 Temos que descubrir o que saben ela e Arrington, o que cren. 160 00:10:21,080 --> 00:10:23,499 Vixiarei o interrogatorio a Arrington. 161 00:10:23,582 --> 00:10:26,085 Fala con túa filla, mira onde ten a cabeza. 162 00:10:26,168 --> 00:10:28,295 Reagrupámonos e miramos como seguir. 163 00:10:28,379 --> 00:10:32,675 Liñas de comunicación abertas entre nós os tres e todo polo puto guión. 164 00:10:45,145 --> 00:10:49,191 Se Diane non dá controlado a presidenta, perdeu a utilidade toda. 165 00:10:52,486 --> 00:10:53,529 Un segundo. 166 00:11:03,789 --> 00:11:06,417 Tío Jim, sei que pasou moito tempo, pero… 167 00:11:07,668 --> 00:11:08,877 necesitamos axuda. 168 00:11:10,212 --> 00:11:11,672 - Esta é… - Rose Larkin. 169 00:11:12,381 --> 00:11:13,799 Oíno nas noticias. 170 00:11:13,882 --> 00:11:14,967 Pasade. 171 00:11:15,551 --> 00:11:16,385 Veña. 172 00:11:17,803 --> 00:11:20,013 - Ide para abaixo. - Grazas. 173 00:11:32,359 --> 00:11:33,610 Poñédevos cómodos. 174 00:11:36,488 --> 00:11:38,907 - Moitas grazas por acollernos. - De nada. 175 00:11:38,991 --> 00:11:41,994 Tedes pinta de necesitar un médico ou… unha ducha. 176 00:11:42,077 --> 00:11:44,371 - Mi ma, si! - Traio toallas. 177 00:11:44,997 --> 00:11:47,583 Eses aparatos non son cousa dos corpos de seguridade? 178 00:11:47,666 --> 00:11:52,045 Dirixía unha startup de ciberseguridade. Viña coa miña liquidación. 179 00:11:54,506 --> 00:11:55,549 INICIAR 180 00:11:56,133 --> 00:11:57,760 - Aquí tedes. - Grazas. 181 00:11:58,552 --> 00:12:00,679 - Grazas. - A ducha boa está arriba. 182 00:12:00,763 --> 00:12:03,182 - Final do corredor e… - Última á dereita. 183 00:12:03,891 --> 00:12:05,100 Moitas grazas. 184 00:12:10,397 --> 00:12:15,068 Por que o mundo pensa que o meu afillado secuestrou a Maddie Redfield? 185 00:12:22,409 --> 00:12:24,328 Xa está. Así queda suxeito. 186 00:12:25,704 --> 00:12:27,164 - Grazas. - De nada. 187 00:12:32,127 --> 00:12:33,003 Toma. 188 00:12:37,800 --> 00:12:39,009 Moi intelixente. 189 00:12:39,718 --> 00:12:40,844 O do vídeo. 190 00:12:43,514 --> 00:12:45,390 Sen iso, non te atopabamos. 191 00:12:52,022 --> 00:12:53,398 Síntoo moitísimo. 192 00:12:55,484 --> 00:12:56,652 Mira para min. 193 00:12:57,778 --> 00:13:00,239 Non é culpa túa, está? 194 00:13:00,322 --> 00:13:02,574 Non che debín fuxir. El seguiría vivo. 195 00:13:03,575 --> 00:13:04,993 Non é culpa túa. 196 00:13:06,203 --> 00:13:07,246 Arrington! 197 00:13:08,288 --> 00:13:10,207 Briggs. Onde vai Almora? 198 00:13:10,290 --> 00:13:13,335 Está fóra. Un encargo imprevisto da presidenta. 199 00:13:13,836 --> 00:13:18,382 Señorita Redfield, non sabe o alivio que é vela viva e ben. 200 00:13:18,465 --> 00:13:20,592 - Necesito falar con Almora. - Claro. 201 00:13:20,676 --> 00:13:23,554 O primeiro é o primeiro. Arma, placa, teléfono. 202 00:13:27,099 --> 00:13:29,560 Douchos despois do informe tras a acción. 203 00:13:30,853 --> 00:13:35,440 Por favor, síganme. O vicepresidente quere ver a súa filla canto antes. 204 00:13:37,067 --> 00:13:39,862 Ten cama de hospital e un equipo de médicos na casa. 205 00:13:40,445 --> 00:13:44,199 - E o informe tras a acción? - Willett e Farr queren estar. 206 00:13:44,283 --> 00:13:45,492 Aparecen alí. 207 00:13:47,661 --> 00:13:49,538 Estou desexando levala á casa. 208 00:13:58,964 --> 00:14:00,132 Isto é todo, non? 209 00:14:00,215 --> 00:14:01,425 Si. 210 00:14:02,009 --> 00:14:03,760 É circunstancial. 211 00:14:03,844 --> 00:14:08,223 Quen máis ía saber que os tíos de Rose investigaban o atentado do metro? 212 00:14:08,307 --> 00:14:10,517 - Quen ía mandar os sicarios? - Peter… 213 00:14:10,601 --> 00:14:15,981 Só necesitamos que nos crea alguén con poder para parar o próximo atentado. 214 00:14:16,064 --> 00:14:16,899 Eu créote. 215 00:14:16,982 --> 00:14:21,570 O caso é convencer alguén que non estivese na sala de espera cando naciches. 216 00:14:21,653 --> 00:14:25,991 Necesitas as impresións dixitais de Farr ou Redfield nun delito. 217 00:14:28,327 --> 00:14:29,786 Esperas alguén? 218 00:14:29,870 --> 00:14:34,791 - Non te culparía se chamases a policía. - Peter, sei que non a secuestraches. 219 00:14:34,875 --> 00:14:37,085 O resto da xente teno bastante claro. 220 00:14:37,169 --> 00:14:39,504 - Non te coñecen. - Ti coñecías a meu pai. 221 00:14:40,380 --> 00:14:44,801 Pero non o criches. Escribiches un artigo: "O meu mellor amigo, o traidor." 222 00:14:44,885 --> 00:14:49,348 O titular non era meu. Eu son escritor, proceso o mundo escribindo. 223 00:14:49,431 --> 00:14:53,143 Unha merda. Non tiñas que procesar as túas dúbidas no papel. 224 00:14:53,226 --> 00:14:56,605 - A xente cría en ti e ti debías crer nel. - Escóitame. 225 00:14:56,688 --> 00:15:00,525 Eras un neno ao morrer túa nai e un adolescente ao morrer el. 226 00:15:00,609 --> 00:15:04,571 - E que? - Aínda non vías os defectos de teus pais. 227 00:15:04,655 --> 00:15:07,866 Eu coñecía a teu pai. E tiña moitos. 228 00:15:08,367 --> 00:15:11,119 Oxalá crese na súa inocencia coma ti. 229 00:15:11,203 --> 00:15:16,792 Cando descubra a verdade sobre meu pai e cha pase, ten os collóns de imprimila. 230 00:15:16,875 --> 00:15:19,002 Nada me faría máis feliz. 231 00:15:19,086 --> 00:15:23,757 A ver se así te dás conta de que á xente á que lle importas, que te quere, 232 00:15:23,840 --> 00:15:27,219 importoulle sempre unha merda se era inocente ou non. 233 00:15:30,180 --> 00:15:32,724 Entrei no teléfono. Poida que atopase algo. 234 00:15:32,808 --> 00:15:33,809 Moi ben. 235 00:15:41,984 --> 00:15:44,319 - Queres falar? - Mellor non. Que tes? 236 00:15:49,282 --> 00:15:50,367 A ver… 237 00:15:50,450 --> 00:15:52,411 Estaba case baleiro de primeiras, 238 00:15:52,494 --> 00:15:55,414 pero dei restaurado as mensaxes e fotos borradas. 239 00:15:55,998 --> 00:15:57,958 Xa esquecía o ben que se me dá. 240 00:15:58,458 --> 00:16:00,460 Atopei isto. 241 00:16:01,378 --> 00:16:02,629 Túa tía. 242 00:16:03,130 --> 00:16:06,466 Si. Meu tío tamén está, e os seus nomes en clave. 243 00:16:06,550 --> 00:16:08,010 Tamén atopei isto. 244 00:16:08,093 --> 00:16:10,095 O ficheiro da Acción Nocturna. 245 00:16:10,178 --> 00:16:14,224 E hai fotos de ducias de páxinas, ordenadas polos nomes en clave. 246 00:16:14,307 --> 00:16:16,727 Supoño que cada unha dun axente nocturno. 247 00:16:18,812 --> 00:16:21,398 Para. Sacáronas na sala da Acción Nocturna. 248 00:16:21,481 --> 00:16:23,275 Tes a data e hora? 249 00:16:24,860 --> 00:16:25,694 Espera. 250 00:16:26,319 --> 00:16:27,863 Metadatos, imos aló. 251 00:16:28,405 --> 00:16:29,948 A ver… 252 00:16:30,032 --> 00:16:32,409 9 de xaneiro, 02:37. 253 00:16:32,492 --> 00:16:35,287 Non… non pode ser. É a miña quenda. 254 00:16:35,871 --> 00:16:36,913 Espera… 255 00:16:38,582 --> 00:16:40,834 É que ese día non fun traballar. 256 00:16:40,917 --> 00:16:43,628 Tiña gastroenterite. Farr buscou un substituto. 257 00:16:44,379 --> 00:16:46,757 E quen máis tiña acceso a esa sala? 258 00:16:47,424 --> 00:16:51,386 Á parte de min, outros dous operadores, Farr e Hawkins. 259 00:16:51,887 --> 00:16:56,224 - Podemos confirmar que as sacou Farr? - Mirando o historial de accesos. 260 00:16:56,308 --> 00:16:59,144 Cada vez que se escanea unha placa para entrar, 261 00:16:59,227 --> 00:17:01,438 queda rexistrada, así que aparecería. 262 00:17:01,938 --> 00:17:04,524 Farr puido manipular os rexistros. 263 00:17:04,608 --> 00:17:07,319 Non. Pódense solicitar aos Servizos Secretos, 264 00:17:07,402 --> 00:17:10,238 pero só pode modificalos manualmente Almora. 265 00:17:10,322 --> 00:17:12,616 - Chelsea podería acceder? - Pode ser. 266 00:17:12,699 --> 00:17:15,577 Non sei, pero quen sabe cando volverá contactar? 267 00:17:15,660 --> 00:17:19,247 Non podemos esperar. Necesitamos alguén que o solicite. 268 00:17:19,998 --> 00:17:23,919 - Alguén que non me queira disparar. - Iso limita as posibilidades. 269 00:17:33,845 --> 00:17:34,888 Ai, mi ma. 270 00:17:35,388 --> 00:17:37,766 Véñenme buscar agora. Tedes que marchar. 271 00:17:38,350 --> 00:17:40,769 - Perdoa as molestias. - Non, enténdoo. 272 00:17:40,852 --> 00:17:44,397 Vou para a redacción e empezo a confirmar o que me deches. 273 00:17:44,481 --> 00:17:46,525 Se atopades algo máis, mandádemo. 274 00:17:47,109 --> 00:17:47,943 Claro. 275 00:17:48,777 --> 00:17:49,778 Grazas. 276 00:17:56,660 --> 00:17:58,662 - Cóidamo. - Agora dedícome a iso. 277 00:19:04,394 --> 00:19:08,523 Nin presidenta Travers nin Almora. Cal é o plan C? 278 00:19:09,191 --> 00:19:13,153 A última vez que Zadar estivo no país, a presidenta púxolle escolta. 279 00:19:13,236 --> 00:19:16,948 Se é o obxectivo de mañá, é que está outra vez nos EUA. 280 00:19:17,032 --> 00:19:19,576 E halle poñer escolta dos Servizos Secretos. 281 00:19:19,659 --> 00:19:23,205 Podo mirar onde está e alertar os axentes. Pero cun teléfono. 282 00:19:23,288 --> 00:19:25,248 Non me van dar o meu esta noite. 283 00:19:25,749 --> 00:19:28,251 Teño un móbil vello nunha caixa no soto. 284 00:19:28,335 --> 00:19:29,753 Collémolo e intentamos… 285 00:19:32,714 --> 00:19:34,841 Estás mellor, xa situada? 286 00:19:34,925 --> 00:19:35,842 Si. 287 00:19:36,343 --> 00:19:38,303 - Moi ben se está na casa. - Si. 288 00:19:39,054 --> 00:19:40,597 Tíñasme moi preocupado. 289 00:19:42,140 --> 00:19:45,727 Arrington, Willett e Farr estante esperando abaixo. 290 00:19:46,478 --> 00:19:48,939 Ten que marchar? Síntome… 291 00:19:49,564 --> 00:19:51,274 Síntome máis segura con ela. 292 00:19:51,358 --> 00:19:53,568 Nunca vas estar máis segura que agora 293 00:19:54,069 --> 00:19:55,904 e quero estar un pouco contigo. 294 00:19:57,739 --> 00:19:58,823 Volvo axiña. 295 00:20:16,383 --> 00:20:17,300 Empezamos. 296 00:20:23,848 --> 00:20:26,059 Díxoche por que o fixo? 297 00:20:26,559 --> 00:20:28,061 Non recibiches os vídeos? 298 00:20:28,144 --> 00:20:29,145 Que vídeos? 299 00:20:30,563 --> 00:20:32,649 Gravoume un par de veces. 300 00:20:33,775 --> 00:20:38,029 Fíxome acusarte de cousas absurdas, ler as súas reivindicacións. 301 00:20:38,989 --> 00:20:40,949 Dixo que chos mandara. 302 00:20:41,032 --> 00:20:43,994 Maddie, non recibín vídeo ningún. 303 00:20:44,661 --> 00:20:47,163 Se os recibise, había facer o que pedía. 304 00:20:47,747 --> 00:20:49,624 O que fose por terte de volta. 305 00:20:53,211 --> 00:20:54,462 Que dixo de min? 306 00:20:56,089 --> 00:20:59,759 Dixo que estabas implicado no atentado do ano pasado, 307 00:20:59,843 --> 00:21:02,679 que mataches a seu irmán. 308 00:21:03,179 --> 00:21:04,556 Non tiña sentido. 309 00:21:06,141 --> 00:21:10,895 O FBI conseguiu reunir uns datos moi inquietantes sobre o tipo. 310 00:21:11,396 --> 00:21:12,439 Exmilitar, 311 00:21:12,522 --> 00:21:14,149 historial de drogadicción, 312 00:21:14,649 --> 00:21:17,193 o irmán xemelgo morreu o ano pasado. 313 00:21:17,861 --> 00:21:21,948 Parece ser que lle desencadeou algún tipo de brote psicótico. 314 00:21:22,032 --> 00:21:23,867 Estaba moi trastornado. 315 00:21:24,367 --> 00:21:25,410 Delirante. 316 00:21:29,456 --> 00:21:30,332 Mira… 317 00:21:31,833 --> 00:21:33,793 Sei que non fun un pai perfecto… 318 00:21:34,294 --> 00:21:35,337 ou nin sequera… 319 00:21:36,254 --> 00:21:38,423 un bo pai. 320 00:21:38,923 --> 00:21:41,718 Pero isto foi un aviso. 321 00:21:42,677 --> 00:21:44,304 Es o único que me queda. 322 00:21:45,263 --> 00:21:46,890 A miña única familia. 323 00:21:48,641 --> 00:21:49,684 Quérote… 324 00:21:51,519 --> 00:21:52,687 moitísimo. 325 00:21:53,605 --> 00:21:56,024 Non sei o que había facer se… 326 00:21:56,107 --> 00:21:57,776 Eu tamén te quero, papá. 327 00:22:16,461 --> 00:22:17,754 Disparei en resposta. 328 00:22:17,837 --> 00:22:20,840 Cunha das descargas, a tiradora perdeu o equilibrio. 329 00:22:20,924 --> 00:22:23,635 Caeu polo lateral do guindastre. 330 00:22:24,302 --> 00:22:28,139 Cando fun acudirlle ao axente Monks, xa non respiraba. 331 00:22:29,349 --> 00:22:30,934 E chegou a policía local. 332 00:22:32,560 --> 00:22:37,232 Gustaríame volver ao vídeo que recibiches da señorita Redfield no teu móbil. 333 00:22:37,315 --> 00:22:41,444 O da mensaxe en clave. Que dicía no vídeo? 334 00:22:42,570 --> 00:22:46,908 Acusaba ao pai de estar implicado no atentado do metro do ano pasado. 335 00:22:47,867 --> 00:22:50,036 O secuestrador estaba trastornado. 336 00:22:50,120 --> 00:22:52,705 Aínda así, gustaríame botarlle un ollo. 337 00:22:52,789 --> 00:22:54,040 Nathan? 338 00:22:54,124 --> 00:22:57,627 Buscámolo no móbil de Arrington e entregámosllo canto antes. 339 00:22:57,710 --> 00:22:59,421 E Peter Sutherland que? 340 00:23:00,547 --> 00:23:01,548 Que lle pasa? 341 00:23:01,631 --> 00:23:03,967 É o principal sospeitoso do secuestro. 342 00:23:04,050 --> 00:23:05,510 Cómplice, se cadra. 343 00:23:06,094 --> 00:23:07,971 Había sinais del no depósito? 344 00:23:08,555 --> 00:23:11,433 Non. Se cadra, engánase sobre a súa implicación. 345 00:23:12,434 --> 00:23:14,602 Non sabemos o que aínda non sabemos. 346 00:23:17,981 --> 00:23:19,441 Algo máis que engadir? 347 00:23:21,276 --> 00:23:22,652 Pois é todo. Grazas. 348 00:23:27,699 --> 00:23:32,245 Director Willett, hai avances nos asasinatos de Hawkins ou dos Campbell? 349 00:23:32,328 --> 00:23:36,833 Nada. Entre eses dous casos e o de Maddie, a axencia está sen recursos. 350 00:23:36,916 --> 00:23:39,419 E teño que poñer alguén a analizar o vídeo. 351 00:23:39,502 --> 00:23:42,589 É prioritario? O tal Worley parece que deliraba. 352 00:23:42,672 --> 00:23:46,384 Colin Worley estaba nunha longa lista de sospeitosos do atentado 353 00:23:46,468 --> 00:23:48,887 - antes de dármolo por morto. - En serio? 354 00:23:48,970 --> 00:23:51,598 O que teña que dicir sobre o tema interésame, 355 00:23:51,681 --> 00:23:53,349 delirase ou non. 356 00:24:05,445 --> 00:24:08,323 As luces seguen apagadas e non vexo o seu coche. 357 00:24:08,406 --> 00:24:10,200 Dálle outros 30 minutos. 358 00:24:17,123 --> 00:24:18,791 Ei, estás ben? 359 00:24:19,959 --> 00:24:21,085 Si, non é nada. 360 00:24:23,421 --> 00:24:24,547 Non che sei, o… 361 00:24:25,048 --> 00:24:27,675 O atentado, sexa o que sexa, 362 00:24:27,759 --> 00:24:29,427 vai pasar mañá, non? 363 00:24:29,511 --> 00:24:30,929 Iso pensamos. 364 00:24:31,513 --> 00:24:35,725 Entón, dentro de 24 horas, acaba todo. 365 00:24:36,976 --> 00:24:40,772 Ou o impedimos ou probablemente nos deteñan 366 00:24:41,564 --> 00:24:42,524 ou nos maten. 367 00:24:44,234 --> 00:24:47,403 Despois de impedírmolo, que? 368 00:24:48,321 --> 00:24:50,448 Despois dos informes, 369 00:24:51,241 --> 00:24:52,825 dos interrogatorios… 370 00:24:52,909 --> 00:24:55,620 De que os conspiranoicos nos acosen… 371 00:24:58,998 --> 00:25:00,583 Despois dos funerais… 372 00:25:03,878 --> 00:25:04,754 Si. 373 00:25:06,130 --> 00:25:07,423 Despois de todo iso. 374 00:25:09,133 --> 00:25:10,009 Non che sei. 375 00:25:12,554 --> 00:25:16,516 O primeiro que vou facer é botar unha sesta de cinco días. 376 00:25:19,394 --> 00:25:21,854 Si. Si, unha sesta estaría ben. 377 00:25:23,231 --> 00:25:24,566 E despois diso? 378 00:25:26,985 --> 00:25:28,528 Creo que quero volver. 379 00:25:29,362 --> 00:25:30,572 A California. 380 00:25:31,489 --> 00:25:33,950 - Quero volvelo intentar. - Coa empresa? 381 00:25:34,742 --> 00:25:35,743 Si, vaia… 382 00:25:37,287 --> 00:25:39,205 Nome novo e empezar de novo. 383 00:25:40,248 --> 00:25:41,666 Aprender dos meus erros. 384 00:25:42,625 --> 00:25:45,003 E ti? Vas volver á Acción Nocturna? 385 00:25:45,086 --> 00:25:47,130 Non, hostia. 386 00:25:47,880 --> 00:25:49,841 Cunha chamada, chegoume. 387 00:25:51,009 --> 00:25:51,884 Xa. 388 00:25:52,885 --> 00:25:53,970 Non che sei… 389 00:25:55,346 --> 00:25:58,308 Compraría unha cabana e desaparecería un tempo. 390 00:25:58,391 --> 00:26:00,268 Estaría ben. Onde? 391 00:26:00,768 --> 00:26:01,686 Nin idea. 392 00:26:03,688 --> 00:26:05,481 Seica California está moi ben. 393 00:26:11,779 --> 00:26:12,655 É esa. 394 00:26:27,712 --> 00:26:28,546 Vamos. 395 00:26:45,438 --> 00:26:47,523 - Val, ola. - Peter, que hostia fas? 396 00:26:47,607 --> 00:26:49,359 - Déixame explicarcho. - Para! 397 00:26:50,109 --> 00:26:52,445 Vas facer o que nós digamos, hostia. 398 00:26:52,528 --> 00:26:53,696 Que? 399 00:26:53,780 --> 00:26:55,865 - Era por axilizar. - Non axilices. 400 00:26:55,948 --> 00:26:57,575 Lévanos ao teu piso. 401 00:26:58,785 --> 00:26:59,869 Veña, vamos. 402 00:27:12,215 --> 00:27:14,008 Ala, enviado. 403 00:27:14,092 --> 00:27:15,551 Canto vai tardar? 404 00:27:15,635 --> 00:27:16,511 Non o sei. 405 00:27:17,512 --> 00:27:19,514 Aí hai información confidencial. 406 00:27:19,597 --> 00:27:21,474 - Iso espero. - Val, veña. 407 00:27:21,557 --> 00:27:23,893 - En serio? - Si, en serio. Veña. 408 00:27:30,274 --> 00:27:34,404 Mira, non teño tempo para explicarcho, pero estamos facendo o correcto. 409 00:27:34,487 --> 00:27:36,072 - De verdade? - Si. 410 00:27:36,155 --> 00:27:37,865 Sei o que parece… 411 00:27:38,908 --> 00:27:40,159 pero Farr trama algo. 412 00:27:40,243 --> 00:27:43,329 É a xefa de gabinete. Sempre está tramando algo. 413 00:27:43,413 --> 00:27:46,374 Está detrás do asasinato dos tíos de Rose, Val. 414 00:27:46,457 --> 00:27:47,542 En que te baseas? 415 00:27:48,876 --> 00:27:52,422 Nunca pensaches que igual es ti o que está do lado que non é? 416 00:27:59,262 --> 00:28:00,430 Síntoo. 417 00:28:00,513 --> 00:28:01,347 Non… 418 00:28:05,643 --> 00:28:06,477 Sen resposta? 419 00:28:07,311 --> 00:28:09,021 Aínda nada, pero atopei isto: 420 00:28:09,522 --> 00:28:12,108 un correo para o secretario da presidencia. 421 00:28:12,191 --> 00:28:15,570 Travers excluíu a Farr dunha reunión sobre Omar Zadar. 422 00:28:16,237 --> 00:28:18,740 - Valerie preguntaba por que. - E? 423 00:28:18,823 --> 00:28:20,450 Non lle contestaron. 424 00:28:26,080 --> 00:28:28,541 - Ola, Arrington. - Ola. A arma e a placa? 425 00:28:29,125 --> 00:28:32,628 - Autorizouno Briggs? - Dixo que despois do interrogatorio. 426 00:28:32,712 --> 00:28:34,505 Voulle preguntar. 427 00:28:34,589 --> 00:28:36,215 Grazas. Non hai présa. 428 00:28:40,970 --> 00:28:42,305 CALENDARIO 429 00:28:45,725 --> 00:28:47,226 Onde estás, Almora? 430 00:28:47,310 --> 00:28:48,644 NOME EN CLAVE: VIAXEIRO 431 00:28:48,728 --> 00:28:49,854 CALENDARIO: DÍA 432 00:28:49,937 --> 00:28:53,107 RECADACIÓN, ROLDA DE PRENSA CHAMADA PRIMEIRO MINISTRO DO LÍBANO 433 00:28:54,400 --> 00:28:55,234 O que? 434 00:28:56,027 --> 00:28:57,320 CONFIDENCIAL 435 00:28:58,404 --> 00:29:00,448 ASUNTOS PROPIOS CAMP DAVID 436 00:29:00,531 --> 00:29:02,283 Camp David? 437 00:29:04,076 --> 00:29:05,328 NOME EN CLAVE: GABIÁN 438 00:29:05,411 --> 00:29:09,081 6:00 CHEGADA A BLAIR HOUSE 439 00:29:09,749 --> 00:29:10,958 Vale, xa llo digo. 440 00:29:17,507 --> 00:29:18,341 Arrington. 441 00:29:18,966 --> 00:29:22,762 Ola. Viña pola arma e a placa para volver á escolta de Teixugo. 442 00:29:22,845 --> 00:29:27,975 Xa. Falei con Almora e mandounos esperar ata que poida falar contigo. 443 00:29:28,059 --> 00:29:30,895 Está ocupado con algo da presidenta e volve mañá. 444 00:29:32,605 --> 00:29:35,399 Falaches con el? Contácheslle o de Erik? 445 00:29:35,483 --> 00:29:38,236 Si. Estaba moi afectado. 446 00:29:38,986 --> 00:29:41,989 Unha traxedia. Monks era moi bo axente. 447 00:29:43,616 --> 00:29:44,909 E mellor persoa. 448 00:29:56,379 --> 00:29:57,588 Temos que falar. 449 00:30:37,461 --> 00:30:38,296 Que dixo? 450 00:30:38,880 --> 00:30:41,257 Que non creu nada do que el lle dixo. 451 00:30:41,340 --> 00:30:44,886 - E ti crela? - De todo non, pero non vai dar problemas. 452 00:30:46,470 --> 00:30:49,265 - E Arrington? - Sabe máis do que conta. 453 00:30:49,348 --> 00:30:51,142 E non é por botar máis leña, 454 00:30:51,225 --> 00:30:54,896 pero Willett xa relacionou a Worley co atentado do metro. 455 00:30:56,188 --> 00:30:57,106 Ocúpome eu. 456 00:30:58,399 --> 00:30:59,483 Como? 457 00:30:59,567 --> 00:31:03,237 Falaches coa presidenta desde que te deixou fóra do de Zadar? 458 00:31:04,238 --> 00:31:06,574 Só necesitamos atrasalo un pouco máis. 459 00:31:07,199 --> 00:31:10,995 Cando vos ocupedes de Zadar, ocúpome eu de Arrington e Maddie… 460 00:31:11,078 --> 00:31:13,414 - Dixen que Maddie non é problema. - Xa. 461 00:31:13,497 --> 00:31:16,000 Tamén ías confesar na televisión nacional, 462 00:31:16,083 --> 00:31:19,921 así que perdoa se acepto a túa valoración con reservas. 463 00:31:20,922 --> 00:31:24,884 Cando Travers saiba que apareceu, quererá velas a ela e a Arrington. 464 00:31:24,967 --> 00:31:27,803 Se din algo que non deben, estamos todos fodidos. 465 00:31:28,596 --> 00:31:31,933 Como comprenderás, Ashley, iso non pode ser unha opción. 466 00:31:38,022 --> 00:31:39,941 Valorámolo despois desta noite. 467 00:31:43,319 --> 00:31:45,821 Que me chame Wick cando acabe con Zadar. 468 00:31:48,282 --> 00:31:50,660 Ocúpome eu do resto desde a Casa Branca. 469 00:31:58,501 --> 00:32:01,253 Concordo en que Diane xa non é útil, 470 00:32:01,337 --> 00:32:03,214 así que conta comigo, 471 00:32:03,714 --> 00:32:05,007 cunha condición. 472 00:32:06,550 --> 00:32:10,054 Síntoo, Gordon, pero só vou colaborar así. 473 00:32:10,137 --> 00:32:11,222 É a miña filla. 474 00:32:12,181 --> 00:32:13,391 Si, xa… 475 00:32:14,892 --> 00:32:16,686 Xa a poño eu a raia despois. 476 00:32:17,645 --> 00:32:22,024 E Sutherland e a sobriña? E se llo contaron a alguén? 477 00:32:24,777 --> 00:32:25,778 Supoño. 478 00:32:26,278 --> 00:32:27,488 No peor dos casos, 479 00:32:28,114 --> 00:32:31,283 mañá á noite, póñome a conceder indultos a eito. 480 00:32:34,578 --> 00:32:35,496 Si. 481 00:33:30,009 --> 00:33:33,345 - Perdón, non sabía que estaba aquí. - Non pasa nada. 482 00:33:34,096 --> 00:33:35,890 Grazas por traela de volta. 483 00:33:35,973 --> 00:33:36,807 De nada. 484 00:33:37,808 --> 00:33:38,934 É o meu traballo. 485 00:33:41,687 --> 00:33:44,356 Señor, a presidenta ao teléfono. 486 00:33:48,069 --> 00:33:49,111 Vixíama, si? 487 00:33:57,953 --> 00:33:59,038 Telo? 488 00:34:02,750 --> 00:34:04,668 - Ti? - Si. 489 00:34:04,752 --> 00:34:06,378 Esperemos que nos escoiten. 490 00:34:06,879 --> 00:34:08,047 - Peter? - Dime. 491 00:34:08,130 --> 00:34:09,757 Teño o historial de acceso. 492 00:34:12,843 --> 00:34:14,553 Seis, sete, oito… 493 00:34:15,596 --> 00:34:19,016 Aquí. 9 de xaneiro, ás 02:35. 494 00:34:20,476 --> 00:34:21,602 Foi a placa dela. 495 00:34:21,685 --> 00:34:26,023 Foi Farr. Sacou as fotos do ficheiro da Acción Nocturna. É irrefutable. 496 00:34:26,107 --> 00:34:28,651 - Mándallo a Jim. - Vou. 497 00:34:29,360 --> 00:34:30,528 - Diga. - Peter? 498 00:34:30,611 --> 00:34:32,863 - Si. Estades a salvo? - Estamos vivas. 499 00:34:32,947 --> 00:34:34,198 A salvo, non sei eu. 500 00:34:34,782 --> 00:34:37,118 - Vós? - Temos datos que vinculan a Farr 501 00:34:37,201 --> 00:34:39,537 - co asasinato dos tíos de Rose. - Hostia! 502 00:34:39,620 --> 00:34:42,665 Mándochos ao colgar. Falaches con Travers ou Almora? 503 00:34:42,748 --> 00:34:46,836 Están de viaxe imprevista ata mañá e Almora non colle o teléfono. 504 00:34:46,919 --> 00:34:49,672 - E a escolta de Zadar? - En teoría, en Blair House, 505 00:34:49,755 --> 00:34:53,259 pero chamei e non van recibir ninguén esta semana. 506 00:34:53,342 --> 00:34:54,760 - Onde está? - Non mo dixeron. 507 00:34:54,844 --> 00:34:57,304 - A onde o levarían? - Á Casa Branca ou… 508 00:34:59,140 --> 00:35:00,266 a Camp David. 509 00:35:00,891 --> 00:35:03,936 A viaxe da presidenta. Vaise reunir con Zadar alí. 510 00:35:04,019 --> 00:35:08,357 - Por que non aparece no horario de Zadar? - Para ocultarllo a Farr. 511 00:35:08,440 --> 00:35:10,317 - Que? - Atopei un correo. 512 00:35:10,401 --> 00:35:13,445 Hoxe excluíron a Farr dunha reunión sobre Zadar. 513 00:35:13,529 --> 00:35:18,242 A presidenta puido desconfiar de Farr e cambiar o lugar da reunión sen avisala. 514 00:35:18,325 --> 00:35:22,288 - Por que pensa que Zadar está en perigo? - Almora debeu atar cabos 515 00:35:22,371 --> 00:35:25,875 cando me fostes preguntar a quen escoltaba o día do atentado. 516 00:35:25,958 --> 00:35:29,211 Entón, Farr e Redfield deberon abortar o atentado. 517 00:35:29,295 --> 00:35:32,548 Non ían intentar matar a Zadar en Camp David, non? 518 00:35:32,631 --> 00:35:34,175 Coa presidenta alí. 519 00:35:35,467 --> 00:35:36,719 Ou si. 520 00:35:36,802 --> 00:35:40,306 - Que? - Acabo de oír a meu pai ao teléfono. 521 00:35:40,890 --> 00:35:44,018 Mencionou algo sobre conceder indultos mañá á noite. 522 00:35:44,727 --> 00:35:47,521 Os indultos só os pode conceder a presidencia. 523 00:35:47,605 --> 00:35:51,275 Merda. Non só intentan matar a Zadar, tamén a presidenta. 524 00:35:51,358 --> 00:35:53,777 - Mándame as probas. - Si, e informádeme. 525 00:35:54,361 --> 00:35:55,446 Como o impedimos? 526 00:35:56,488 --> 00:36:00,534 Só sei dunha persoa que pode abortalo. Val ten a chave da súa casa. 527 00:36:04,830 --> 00:36:07,541 Está chamando a Ben Almora. Deixe unha mensaxe. 528 00:36:07,625 --> 00:36:09,293 Sáltame o contestador. 529 00:36:13,797 --> 00:36:15,257 Vou. Un segundo. 530 00:36:20,054 --> 00:36:21,347 Ben, estás esperta. 531 00:36:22,556 --> 00:36:24,683 - Temos que marchar. - A onde? 532 00:36:24,767 --> 00:36:28,729 A Camp David. A presidenta quere vervos a ti… e a ti. 533 00:37:02,471 --> 00:37:05,724 FORZA AÉREA DOS ESTADOS UNIDOS 534 00:37:15,150 --> 00:37:18,362 Señor Zadar, Servizos Secretos. Tivo boa viaxe? 535 00:37:18,445 --> 00:37:22,324 - A canto está Camp David? - Algo menos dunha hora. Sígame. 536 00:37:22,408 --> 00:37:23,701 Gabián vai de camiño. 537 00:37:33,252 --> 00:37:34,086 Todo listo. 538 00:37:45,973 --> 00:37:47,516 Todo ben? 539 00:38:24,636 --> 00:38:26,889 SELO DA PRESIDENCIA DOS ESTADOS UNIDOS 540 00:38:51,288 --> 00:38:52,289 Ola, cariño. 541 00:39:05,219 --> 00:39:07,388 Nunca vira eses axentes. 542 00:39:37,334 --> 00:39:41,380 PASAPORTE 543 00:39:55,769 --> 00:39:58,522 Cando vexas a Wick, dálle esta mensaxe. 544 00:39:58,605 --> 00:39:59,690 Dálla ti. 545 00:40:00,732 --> 00:40:03,152 Xa non estou ás túas ordes. Acabouse. 546 00:40:03,235 --> 00:40:06,363 Temos probas da túa implicación no asasinato de meus tíos. 547 00:40:06,447 --> 00:40:07,281 Ai, tedes? 548 00:40:07,364 --> 00:40:09,825 Fotos xeoetiquetadas do ficheiro da Acción Nocturna 549 00:40:09,908 --> 00:40:12,077 e a data na que entraches a sacalas. 550 00:40:12,161 --> 00:40:14,079 Ten as probas The Baltimore Sun. 551 00:40:14,163 --> 00:40:16,165 Se é certo, a que viñeches, Peter? 552 00:40:16,248 --> 00:40:19,918 A deleitarte? Non dá imaxe de moita confianza, precisamente. 553 00:40:20,002 --> 00:40:22,754 Dilles a Redfield e Wick que paren o magnicidio. 554 00:40:22,838 --> 00:40:25,299 Viñeches a mal sitio, eu xa non sei nada. 555 00:40:25,382 --> 00:40:26,467 Para de mentir! 556 00:40:26,550 --> 00:40:30,762 Sabémolo todo. Que ti, Redfield e Wick estabades detrás do atentado 557 00:40:30,846 --> 00:40:33,557 e que os tres ides encubrir a vosa implicación 558 00:40:33,640 --> 00:40:36,268 matando a Zadar e a presidenta en Camp David. 559 00:40:37,060 --> 00:40:38,479 - O que? - Párao. 560 00:40:38,562 --> 00:40:39,897 De que falas? 561 00:40:39,980 --> 00:40:41,106 Para de actuar! 562 00:40:41,190 --> 00:40:44,109 En serio! Por que credes que van por Michelle? 563 00:40:44,193 --> 00:40:46,904 Maddie oíu falar ao pai de conceder indultos. 564 00:40:46,987 --> 00:40:48,780 - Cando? - Hai unhas horas. 565 00:40:49,490 --> 00:40:52,075 Redfield e Wick non me collen o teléfono. 566 00:40:52,159 --> 00:40:54,953 Pensei que erades os sicarios de Wick. 567 00:40:55,621 --> 00:40:57,498 - Deus… - A quen chamas? 568 00:40:57,581 --> 00:41:00,250 Á presidenta, hostia! Teño que avisala. 569 00:41:01,460 --> 00:41:05,088 - Este é o contestador de… - Merda, cortaron as comunicacións. 570 00:41:05,589 --> 00:41:07,299 - Xa está en marcha. - O que? 571 00:41:08,217 --> 00:41:09,259 Fala. 572 00:41:09,843 --> 00:41:14,056 Ían atentar contra Zadar á mañá ao aterrar o avión, pero non estoupou. 573 00:41:14,640 --> 00:41:17,851 Redfield e Wick deixáronme fóra porque mudaron o rumbo. 574 00:41:18,352 --> 00:41:20,270 Viraron contra Michelle sen min. 575 00:41:20,354 --> 00:41:21,230 Por que? 576 00:41:21,313 --> 00:41:24,358 Sabían que por aí non ía pasar e non o ía permitir. 577 00:41:25,067 --> 00:41:27,736 Eu nunca lle faría dano a Michelle Travers. 578 00:41:28,487 --> 00:41:33,367 Todo o que fixen foi para axudarlle a ela, a este goberno e a este país a triunfar. 579 00:41:33,450 --> 00:41:34,535 Aforra o discurso. 580 00:41:35,118 --> 00:41:36,328 Axúdanos a impedilo. 581 00:41:37,120 --> 00:41:38,830 Que non te engane outra vez. 582 00:41:39,623 --> 00:41:40,499 Peter… 583 00:41:42,543 --> 00:41:43,919 Imos para Camp David. 584 00:41:47,172 --> 00:41:48,549 Vasnos meter ti. 585 00:43:48,001 --> 00:43:51,171 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández