1 00:00:06,049 --> 00:00:07,800 Maddie. Cremos que a secuestraron. 2 00:00:07,800 --> 00:00:12,305 Dedicarás toda a túa enerxía a atopala. Iso empeza e acaba en Sutherland. 3 00:00:12,305 --> 00:00:14,390 E enfocalo desde varios ángulos? 4 00:00:14,390 --> 00:00:16,350 - Cal é a idea? - Tes o folleto? 5 00:00:16,851 --> 00:00:17,769 ANTERIORMENTE 6 00:00:17,769 --> 00:00:22,273 Paulo pensaba que, se a recrutaba, faría de voceira da mensaxe de New Leaf. 7 00:00:22,273 --> 00:00:24,984 - Quen máis sabía do plan? Este? - É Matteo. 8 00:00:24,984 --> 00:00:29,197 Paulo usábate para a súa propaganda e eu usábao a el para chegar a ti. 9 00:00:29,197 --> 00:00:30,239 Pódoche axudar. 10 00:00:30,239 --> 00:00:34,160 E se che digo que Maddie planeaba humillarte publicamente? 11 00:00:34,160 --> 00:00:37,205 - De que falas? - Debías velo. 12 00:00:37,205 --> 00:00:39,624 Sarah afogou pola túa culpa, papá! 13 00:00:39,624 --> 00:00:41,250 Es unha puta! 14 00:00:41,250 --> 00:00:44,462 Sexa o que sexa que planees, podémolo facer xuntos. 15 00:00:44,462 --> 00:00:45,671 Recoñécelo? 16 00:00:45,671 --> 00:00:46,589 Si. 17 00:00:46,589 --> 00:00:47,799 Colin Worley. 18 00:00:47,799 --> 00:00:51,219 Morreu o día antes de que o FBI fose interrogalo. 19 00:00:51,219 --> 00:00:55,556 Quería copias dos rexistros públicos dun tal Colin Worley. 20 00:00:55,556 --> 00:00:58,810 - Miña tía dixo que faltan sete días. - Para que? 21 00:00:58,810 --> 00:01:00,394 Vai haber outro atentado. 22 00:01:00,394 --> 00:01:03,356 Fíxeno todo por aquilo no que ti cres. Todo! 23 00:01:03,356 --> 00:01:05,608 Terás que distanciarte deste caso. 24 00:01:07,777 --> 00:01:11,197 Dixéchesme que pelexase con toda. Agora tes que facelo ti. 25 00:01:11,781 --> 00:01:15,034 Vasme dicir onde está Peter Sutherland. 26 00:01:15,034 --> 00:01:16,410 Propóñoche un trato. 27 00:01:16,410 --> 00:01:20,414 Sei quen secuestrou a Maddie. Douche o último enderezo que teño. 28 00:01:20,414 --> 00:01:24,836 Atópalo, ocúpaste del e eu localízoche a Peter Sutherland. 29 00:01:24,836 --> 00:01:27,463 Mans arriba! Dixen arriba! Solta a mochila! 30 00:01:27,463 --> 00:01:29,090 Mans arriba, hostia! 31 00:01:29,757 --> 00:01:30,716 Peter... 32 00:01:30,716 --> 00:01:32,176 Si. Vai ir todo ben. 33 00:01:46,566 --> 00:01:49,360 {\an8}Parece unha conmoción. Vaite mirar un sanitario. 34 00:01:49,360 --> 00:01:50,820 {\an8}Cantos mortos hai? 35 00:01:50,820 --> 00:01:53,197 Só un. Puido ser moito peor. 36 00:01:53,698 --> 00:01:54,782 Queda aquí. 37 00:01:57,160 --> 00:01:58,744 Ei, é... É el. 38 00:02:01,289 --> 00:02:02,248 É el! 39 00:02:03,249 --> 00:02:04,083 - Ei! - Para! 40 00:02:04,083 --> 00:02:05,334 Coidado! 41 00:02:29,275 --> 00:02:30,151 Home! 42 00:02:32,486 --> 00:02:33,654 Ti que fas aquí? 43 00:02:34,447 --> 00:02:35,990 Kendra botoume. 44 00:02:35,990 --> 00:02:39,911 - Non podes estar aquí. - Déixame quedar uns días e xa lle pasa. 45 00:02:39,911 --> 00:02:43,831 Tes que marchar. Non é bo momento. Págoche un hotel e marchas. 46 00:02:44,332 --> 00:02:45,541 Vas posto? 47 00:02:45,541 --> 00:02:46,834 Non. 48 00:02:47,752 --> 00:02:49,670 - Volviches caer? - Non. 49 00:02:49,670 --> 00:02:52,924 - Dimo. Estou aquí para axudarche. - Que non, hostia! 50 00:02:52,924 --> 00:02:55,509 Teño moito enriba e a cousa está... 51 00:02:56,177 --> 00:02:57,887 intensa no traballo, vale? 52 00:02:59,013 --> 00:03:01,849 Lembras a última vez que a cousa se puxo intensa? 53 00:03:03,643 --> 00:03:04,977 Teño que coller. 54 00:03:10,733 --> 00:03:12,902 - Si? - Que hostia saíu mal? 55 00:03:12,902 --> 00:03:16,864 Pararon o tren cando eu deixei o paquete. Non estoupou onde debía. 56 00:03:16,864 --> 00:03:18,324 Viute alguén? 57 00:03:19,075 --> 00:03:20,701 - Non. - Estás seguro? 58 00:03:20,701 --> 00:03:22,119 Que si, hostia! 59 00:03:24,622 --> 00:03:25,706 Perdón, é que... 60 00:03:25,706 --> 00:03:29,377 O vicepresidente vai amañar isto, non? Ocuparase do meu? 61 00:03:29,377 --> 00:03:31,003 Si, non te preocupes. 62 00:03:31,837 --> 00:03:33,089 Vaite cubrir. 63 00:03:34,006 --> 00:03:36,550 Ti pasa desapercibido mentres o arranxamos. 64 00:03:36,550 --> 00:03:37,510 Vale. 65 00:03:38,344 --> 00:03:39,262 Si, vale. 66 00:03:39,262 --> 00:03:40,721 Xa te chamarei. 67 00:03:44,058 --> 00:03:45,059 ÚLTIMA HORA 68 00:03:59,073 --> 00:04:01,325 Hoxe pedimos algo para cear. 69 00:04:02,326 --> 00:04:03,286 Que che apetece? 70 00:04:06,205 --> 00:04:07,123 Matteo? 71 00:04:12,503 --> 00:04:13,796 Matteo? 72 00:04:13,796 --> 00:04:14,797 Matteo. 73 00:04:14,797 --> 00:04:15,715 Ai, Deus! 74 00:04:17,842 --> 00:04:18,843 Veña! 75 00:04:18,843 --> 00:04:21,095 Ei! Esperta! Esperta! 76 00:04:21,095 --> 00:04:22,013 Ei! 77 00:05:10,478 --> 00:05:12,396 CARNÉ DE CONDUCIR WORLEY, MATTEO 78 00:05:32,917 --> 00:05:34,210 Meu pai dixo algo? 79 00:05:37,505 --> 00:05:38,339 Come. 80 00:05:45,304 --> 00:05:48,391 Nin rastro dela. A policía local estará a chegar. 81 00:05:48,391 --> 00:05:51,936 Eu non tiven que ver coa desaparición de Maddie Redfield. 82 00:05:51,936 --> 00:05:54,438 Por se acaso, cala a puta boca e quieto. 83 00:05:54,438 --> 00:05:55,940 Nós non a temos, vale? 84 00:05:55,940 --> 00:05:59,193 O vicepresidente e Diane Farr tendéronlle unha trampa. 85 00:05:59,193 --> 00:06:03,531 Farr? Para quen investigabas hai dous días? Tivestes un desacordo? 86 00:06:03,531 --> 00:06:08,202 Pois si, cando descubrín que está detrás do atentado do metro de hai un ano. 87 00:06:08,786 --> 00:06:09,912 É a verdade! 88 00:06:09,912 --> 00:06:13,707 Descubrimos a identidade do terrorista. Teño probas na mochila. 89 00:06:21,882 --> 00:06:23,008 ACTA DE DETENCIÓN 90 00:06:23,717 --> 00:06:24,552 Monks. 91 00:06:37,606 --> 00:06:38,941 Grazas polos reforzos. 92 00:06:39,733 --> 00:06:41,527 - É pola filla de Redfield? - Si. 93 00:06:41,527 --> 00:06:44,613 Criamos que tiñamos unha pista, pero quedou en nada. 94 00:06:44,613 --> 00:06:47,450 - Perdoade as molestias. - Sen problema. 95 00:06:47,450 --> 00:06:50,536 Oe, es ti, non? 96 00:06:51,287 --> 00:06:52,413 O do...? 97 00:06:52,413 --> 00:06:55,249 Si. Si, son eu. 98 00:06:55,249 --> 00:06:57,960 - Sabes quen é? - Sei, si. 99 00:06:57,960 --> 00:07:01,547 Que pasada, meu. Podo sacar unha foto contigo? 100 00:07:02,173 --> 00:07:03,299 - Claro. - Si? 101 00:07:06,677 --> 00:07:08,637 E fai unha en vertical. 102 00:07:08,637 --> 00:07:09,889 Iso. 103 00:07:10,848 --> 00:07:12,766 Caralludo. Grazas. 104 00:07:14,393 --> 00:07:17,521 - Necesitades axuda con algo máis? - Grazas, todo ben. 105 00:07:17,521 --> 00:07:20,524 - Grazas por virdes ata aquí. - Moi ben. 106 00:07:22,151 --> 00:07:23,694 Non te acaba amolando? 107 00:07:23,694 --> 00:07:24,862 Si. 108 00:07:26,322 --> 00:07:29,116 Pero á miña filla gústalle velo pola rede. 109 00:07:29,116 --> 00:07:30,409 Tes unha filla? 110 00:07:31,118 --> 00:07:32,036 Si. 111 00:07:36,582 --> 00:07:39,251 Cres a estes dous? Aínda que só sexa un pouco? 112 00:07:39,251 --> 00:07:40,377 Non, ho! 113 00:07:40,377 --> 00:07:43,464 Pero, se nos axudan a atopar a Maddie, escoitámolos. 114 00:07:43,464 --> 00:07:47,051 Se desconfiamos de que están detrás disto, entregámolos. 115 00:07:47,051 --> 00:07:48,802 Veña, facémolo ao teu xeito. 116 00:07:51,305 --> 00:07:54,475 Segundo as probas do disco, se estoupase onde querían, 117 00:07:54,475 --> 00:07:56,519 voaría dous bloques de edificios. 118 00:07:56,519 --> 00:08:01,565 O obxectivo de Farr e Redfield debe ser a persoa que protexías na cafetería. 119 00:08:01,565 --> 00:08:03,317 Dinos a quen escoltabas... 120 00:08:03,317 --> 00:08:07,112 Non. Céntrate en Worley. Onde entra el nesta teoría? 121 00:08:07,112 --> 00:08:11,158 Estaba na lista de sospeitosos do FBI antes da declaración da FIP. 122 00:08:11,158 --> 00:08:15,204 O momento da súa morte era sospeitoso, así que fomos ao Rexistro. 123 00:08:15,204 --> 00:08:19,250 O expediente di que Worley traballaba para unha filial de Turn Lake. 124 00:08:19,250 --> 00:08:22,002 Fixádevos na tatuaxe da serpe das fotos. 125 00:08:22,628 --> 00:08:26,966 O terrorista tiña esa mesma tatuaxe. Vinlla aquela noite. 126 00:08:26,966 --> 00:08:29,385 - Sei como soa todo isto. - De verdade? 127 00:08:31,470 --> 00:08:33,347 Vós xa vistes a Worley. 128 00:08:33,931 --> 00:08:34,974 Que sabedes del? 129 00:08:38,644 --> 00:08:41,564 Maddie estaba co profesor de arte cando a levaron. 130 00:08:42,189 --> 00:08:45,317 Isto é un debuxo do mozo do seu profesor. 131 00:08:47,152 --> 00:08:49,280 Non, iso é imposible. 132 00:08:49,863 --> 00:08:54,118 Worley morreu dunha sobredose hai un ano, un día antes do interrogatorio. 133 00:08:54,118 --> 00:08:57,329 Agora faise chamar Matteo. Hai quen o viu esta semana. 134 00:08:57,329 --> 00:09:01,500 O informe da autopsia indica que non había tatuaxes nin marcas. 135 00:09:01,500 --> 00:09:03,002 Como é posible? 136 00:09:03,836 --> 00:09:06,839 Hai un certificado de nacemento, non? Mirade aí. 137 00:09:09,466 --> 00:09:12,052 {\an8}CERTIFICADO DE NACEMENTO XEMELGO 138 00:09:17,016 --> 00:09:18,017 Ten un xemelgo. 139 00:09:19,685 --> 00:09:20,519 Vale. 140 00:09:21,145 --> 00:09:23,105 Mataron o xemelgo que non era. 141 00:09:23,105 --> 00:09:25,482 E o terrorista faise pasar polo irmán? 142 00:09:25,482 --> 00:09:27,776 - Isto como leva a Maddie? - Non sei. 143 00:09:27,776 --> 00:09:32,948 A pista que nos queda é o enderezo dese familiar próximo que sae na autopsia. 144 00:09:32,948 --> 00:09:35,951 Un apartado de correos. Xusto saïamos para alá. 145 00:09:35,951 --> 00:09:40,456 Agora xa teño curiosidade, pero aínda tedes moito que demostrarme. 146 00:09:40,456 --> 00:09:44,627 Dádeme unha boa razón para non levarvos a rastro á Casa Branca 147 00:09:44,627 --> 00:09:46,587 e que amañen isto os de arriba. 148 00:09:46,587 --> 00:09:50,466 Os de arriba mataron a meus tíos, tendéronlle unha trampa a Peter 149 00:09:50,466 --> 00:09:52,843 e van buscar o xeito de matalo. 150 00:09:52,843 --> 00:09:55,929 E teñen outro ataque planeado para mañá. 151 00:09:55,929 --> 00:09:57,431 Escoitádeme. 152 00:09:57,431 --> 00:10:00,434 Se Colin Worley se está facendo pasar polo irmán, 153 00:10:00,434 --> 00:10:05,064 atopalo é a solución aos nosos problemas. Buscamos o mesmo tipo. 154 00:10:05,064 --> 00:10:08,400 Debiamos axudarnos, traballar xuntos. 155 00:10:13,822 --> 00:10:17,660 "Confesa que planeaches o atentado do metro e o encubriches. 156 00:10:17,660 --> 00:10:20,454 Dá nomes e asume a responsabilidade. 157 00:10:21,538 --> 00:10:24,083 Se non, vanme matar dentro de dúas horas. 158 00:10:24,792 --> 00:10:26,001 Por favor, papá, 159 00:10:26,710 --> 00:10:28,379 di a verdade para salvarme." 160 00:10:32,549 --> 00:10:34,843 Meu pai participou na bomba do metro? 161 00:10:36,220 --> 00:10:37,096 Si. 162 00:10:41,016 --> 00:10:44,311 - Morreu unha persoa. - Tiñan que morrer moitos máis. 163 00:10:44,978 --> 00:10:45,938 Moitos máis. 164 00:10:48,190 --> 00:10:49,817 Se meu pai fixo todo iso... 165 00:10:50,984 --> 00:10:53,570 merece todo o que teñas planeado para el. 166 00:10:56,240 --> 00:10:57,533 Estou nisto contigo. 167 00:11:15,008 --> 00:11:16,927 Viches o que lle fixen a Paulo? 168 00:11:21,140 --> 00:11:24,601 Vouche facer o mesmo a ti se non calas a puta boca. 169 00:11:26,395 --> 00:11:28,897 Ti e mais eu non estamos no mesmo bando. 170 00:11:46,206 --> 00:11:48,250 Vanme matar dentro de dúas horas. 171 00:11:48,876 --> 00:11:51,503 Por favor, papá, di a verdade para salvarme. 172 00:11:52,087 --> 00:11:54,006 Xesús, está aterrorizada. 173 00:11:54,006 --> 00:11:56,842 Debiamos entrar e informar a Ashley. 174 00:11:56,842 --> 00:11:58,343 Non llo podemos ensinar. 175 00:11:59,928 --> 00:12:00,763 Ten que ser. 176 00:12:00,763 --> 00:12:03,557 Xa o oíches, falaba de ceder ante o tío ese. 177 00:12:03,557 --> 00:12:07,186 Se ve isto, sae na tele a chorar e a confesar todo. 178 00:12:07,186 --> 00:12:10,564 - E ti e mais eu estamos acabados. - E que suxires? 179 00:12:13,567 --> 00:12:15,569 Ashley, como estás? 180 00:12:17,070 --> 00:12:19,573 Non moi alá, Diane. Non che estou moi alá. 181 00:12:20,115 --> 00:12:21,241 Tedes novidades? 182 00:12:24,077 --> 00:12:25,204 Vou comparecer. 183 00:12:25,204 --> 00:12:29,917 Non, iso está discutido e descartado. Non pensas con claridade e entendémolo. 184 00:12:29,917 --> 00:12:32,211 Non lles dou os vosos nomes, vale? 185 00:12:32,211 --> 00:12:34,755 Non é unha opción. Para con iso, hostia! 186 00:12:34,755 --> 00:12:37,090 É a única filla que me queda. 187 00:12:37,674 --> 00:12:43,096 Maddie e eu tivemos problemas, pero non serei o pai que vin nesa cámara. 188 00:12:43,096 --> 00:12:44,264 Xa non. 189 00:12:44,264 --> 00:12:46,725 Queríallo ensinar ao mundo. Ódiate. 190 00:12:46,725 --> 00:12:47,976 E que, hostia? 191 00:12:47,976 --> 00:12:50,854 Que che pode facer moito dano se non temos tino. 192 00:12:50,854 --> 00:12:52,314 Algo teño que facer! 193 00:12:53,649 --> 00:12:54,483 Son seu pai. 194 00:12:54,483 --> 00:12:56,735 Teño alguén buscándoa, vale? 195 00:12:57,319 --> 00:13:00,155 Ten unha pista e interésalle pechar isto rápido. 196 00:13:00,155 --> 00:13:02,199 Se damos parado o secuestrador... 197 00:13:02,908 --> 00:13:04,409 Como sabes que só é un? 198 00:13:05,786 --> 00:13:09,414 E por que che mandan o vídeo só a ti? 199 00:13:12,543 --> 00:13:14,461 Sabes quen é, non? 200 00:13:15,671 --> 00:13:19,132 Hostia, ti sabes quen ten a miña filla. 201 00:13:20,133 --> 00:13:22,344 É o que nos puxo a bomba no metro. 202 00:13:23,345 --> 00:13:24,847 Non nos ocuparamos del? 203 00:13:24,847 --> 00:13:28,767 Seica o meu equipo se enganou. Neutralizaron o irmán. 204 00:13:28,767 --> 00:13:30,102 Como puido pasar iso? 205 00:13:30,811 --> 00:13:35,107 Son os que intentan salvar a miña filla? Porque han de ser bos de carallo. 206 00:13:35,107 --> 00:13:36,859 Quere coñecelos, señor? 207 00:13:37,568 --> 00:13:40,946 Porque, se segue usando termos coma "comparecer", 208 00:13:40,946 --> 00:13:43,907 ben lles podo pedir que lle fagan unha visitiña. 209 00:13:43,907 --> 00:13:45,492 Estasme a ameazar? 210 00:13:48,245 --> 00:13:49,997 Conque así estamos. 211 00:13:53,125 --> 00:13:54,251 Eu ou Maddie? 212 00:13:58,422 --> 00:13:59,965 Pódome encargar dela. 213 00:14:00,465 --> 00:14:02,050 Non vai ser un problema. 214 00:14:02,551 --> 00:14:07,180 Faremos o posible por mantela sa e salva, pero haberá que valoralo no momento. 215 00:14:08,015 --> 00:14:11,226 - Se lle pasa algo, é culpa vosa. - Podo vivir con iso. 216 00:14:12,352 --> 00:14:13,395 E ti? 217 00:14:15,981 --> 00:14:16,815 Diane? 218 00:14:19,401 --> 00:14:21,695 Eu quero a miña filla. 219 00:14:22,654 --> 00:14:23,530 Eu... 220 00:14:24,615 --> 00:14:25,699 Xa o sei. 221 00:14:30,162 --> 00:14:33,206 Pero non te podemos perder nesta loita, Ashley. 222 00:14:34,249 --> 00:14:36,460 Estamos moi cerca da meta. 223 00:14:37,711 --> 00:14:38,670 Xa. 224 00:14:44,676 --> 00:14:46,303 Isto non é só por nós, 225 00:14:46,803 --> 00:14:48,388 é polo país. 226 00:14:49,473 --> 00:14:52,267 Necesitamos saber que vas manter o tipo. 227 00:14:57,314 --> 00:14:58,357 Estou ben. 228 00:14:59,858 --> 00:15:00,859 Estou ben. 229 00:15:02,653 --> 00:15:06,573 Vós... traédema para a casa sa e salva, si? 230 00:15:07,282 --> 00:15:08,492 Por suposto. 231 00:15:23,548 --> 00:15:24,883 A túa empregada? 232 00:15:24,883 --> 00:15:28,095 Comprobando enderezos e lugares de traballo de Worley. 233 00:15:29,680 --> 00:15:31,515 Tranquila, vaise ocupar del. 234 00:15:33,266 --> 00:15:34,184 Só del? 235 00:15:37,396 --> 00:15:38,814 Podo cambiar o encargo. 236 00:15:46,655 --> 00:15:47,739 Avísoa. 237 00:15:59,459 --> 00:16:01,795 IMPOSTOS SEN REPRESENTACIÓN 238 00:16:13,473 --> 00:16:15,600 - Non vos movades. - Aquí estaremos. 239 00:16:20,814 --> 00:16:24,443 BRIDGEVIEW ALMACENAMENTO PARA USO PROPIO 240 00:16:27,029 --> 00:16:30,782 Desculpa, necesitamos acceso a un apartado de correos. 241 00:16:32,034 --> 00:16:32,993 Sodes polis? 242 00:16:32,993 --> 00:16:34,453 Dos Servizos Secretos. 243 00:16:34,453 --> 00:16:38,165 Tedes unha orde? Porque isto soa inconstitucional. 244 00:16:38,165 --> 00:16:41,960 Quen o ten alugado puido secuestrar unha rapaza na nosa tutela. 245 00:16:42,794 --> 00:16:45,047 Mi ma, é pola filla de Redfield, non? 246 00:16:49,676 --> 00:16:50,594 É este. 247 00:16:56,725 --> 00:16:57,684 Mandádelo vós. 248 00:16:58,393 --> 00:16:59,227 Que é? 249 00:16:59,227 --> 00:17:01,563 Un aviso de impago do alugueiro. 250 00:17:01,563 --> 00:17:05,984 - Debe ter unha unidade de almacenamento. - Podes saber cal é? 251 00:17:06,568 --> 00:17:08,403 Esperade na entrada un momento. 252 00:17:12,532 --> 00:17:14,409 Por que tardan tanto? 253 00:17:15,577 --> 00:17:17,204 Igual atoparon algo. 254 00:17:17,788 --> 00:17:19,623 Tomaríannos por tolos. 255 00:17:20,457 --> 00:17:23,085 Teñen un punto de vista moi distinto ao noso. 256 00:17:24,586 --> 00:17:26,004 Cando protexes alguén... 257 00:17:27,422 --> 00:17:28,673 aféctache. 258 00:17:30,008 --> 00:17:32,260 Sobre todo, se non che sae ben. 259 00:17:33,428 --> 00:17:35,180 Eu sigo dunha peza. 260 00:17:37,057 --> 00:17:37,891 Xa... 261 00:17:38,809 --> 00:17:39,643 Supoño. 262 00:17:40,310 --> 00:17:41,144 Ei. 263 00:17:41,978 --> 00:17:43,438 Déboche a vida. 264 00:17:44,815 --> 00:17:45,982 Igualmente. 265 00:17:57,494 --> 00:17:58,620 Tes unha foto? 266 00:18:00,163 --> 00:18:01,164 De túa filla. 267 00:18:14,594 --> 00:18:16,763 - Moi feitiña. - Si. 268 00:18:16,763 --> 00:18:19,391 Por sorte, non sae ao pai. 269 00:18:20,308 --> 00:18:21,393 É... 270 00:18:21,893 --> 00:18:23,061 É de hai tempo. 271 00:18:24,437 --> 00:18:27,315 Vive coa miña ex desde hai uns anos. 272 00:18:27,315 --> 00:18:30,986 - Non a ves moito? - Non... Desde a desintoxicación. 273 00:18:31,695 --> 00:18:34,197 Pero vouna levar de acampada este verán. 274 00:18:34,698 --> 00:18:35,907 Tiven que gañalo. 275 00:18:36,867 --> 00:18:38,493 O dereito de ver a filla? 276 00:18:38,493 --> 00:18:41,288 Si, manténdome limpo, conservando o traballo... 277 00:18:41,288 --> 00:18:44,207 - Sendo o que era antes. - Antes de ser un heroe. 278 00:18:46,334 --> 00:18:50,297 Que te vexan como un heroe tanto ten se túa filla ve outra cousa. 279 00:18:52,257 --> 00:18:54,176 Foi duro desengancharse? 280 00:18:55,260 --> 00:19:00,056 Estábame custando volver ao traballo e só quería librarme da dor do ombro, 281 00:19:00,056 --> 00:19:02,517 así que empecei a tomar unhas pastillas. 282 00:19:02,517 --> 00:19:06,062 As pastillas leváronme á oxicodona día tras día, tras día... 283 00:19:06,062 --> 00:19:08,315 ata que iso me levou a cousas malas. 284 00:19:09,858 --> 00:19:11,359 Moi malas. 285 00:19:12,777 --> 00:19:15,989 Si, desengancharme foi duro, pero tamén tiven sorte. 286 00:19:16,489 --> 00:19:19,576 A formación dos Servizos Secretos serviume moito. 287 00:19:20,327 --> 00:19:23,163 Pensan que o facemos para protexer o presidente, 288 00:19:24,080 --> 00:19:27,209 un home ou muller aleatorios, 289 00:19:28,335 --> 00:19:30,128 pero protexemos a institución. 290 00:19:31,171 --> 00:19:33,256 Sempre me gustou iso dos Servizos. 291 00:19:34,007 --> 00:19:36,801 Facíame sentir parte dunha tribo sagrada. 292 00:19:37,928 --> 00:19:41,598 Cando oín falar dos 12 pasos, pensei: 293 00:19:41,598 --> 00:19:42,641 "Que carallo, 294 00:19:44,059 --> 00:19:45,560 isto sóame a min. 295 00:19:45,560 --> 00:19:47,270 Sei de que vai. 296 00:19:49,231 --> 00:19:51,566 Lévoo facendo desde que son adulto." 297 00:19:53,610 --> 00:19:54,486 Atopeina. 298 00:19:55,195 --> 00:19:56,279 Unidade J3. 299 00:20:27,644 --> 00:20:30,063 - Vamos. - A onde nos levades? 300 00:20:30,063 --> 00:20:33,692 Matteo ten unha unidade de almacenamento e necesitamos ollos. 301 00:20:34,943 --> 00:20:36,569 Hora de gañardes o pan. 302 00:20:42,617 --> 00:20:44,411 Que carallo construía? 303 00:20:45,620 --> 00:20:49,040 Unha nómina para Matteo Worley de Pykemoor Security. 304 00:20:49,040 --> 00:20:51,835 - De hai un mes. - Vounos chamar. 305 00:20:52,961 --> 00:20:53,878 Isto que é? 306 00:20:53,878 --> 00:20:55,797 O profesor de Maddie, Paulo. 307 00:20:55,797 --> 00:20:57,799 Carallo, un expediente completo. 308 00:20:57,799 --> 00:20:59,134 E non só sobre el. 309 00:20:59,634 --> 00:21:02,012 Hai unha copia do horario de Maddie, 310 00:21:02,012 --> 00:21:05,098 fichas de todos os seus profesores e amigos. 311 00:21:05,098 --> 00:21:09,394 Paulo non era a única vía cara a Maddie que explorou, só a máis débil. 312 00:21:09,394 --> 00:21:11,730 Matteo debe levar meses planeándoo. 313 00:21:12,230 --> 00:21:13,356 Agora crédelo? 314 00:21:14,774 --> 00:21:16,568 Eu non secuestrei a Maddie. 315 00:21:17,652 --> 00:21:22,615 O dono di que nos contesta o que sexa, pero só se ve a miña placa en persoa. 316 00:21:22,615 --> 00:21:25,493 Quero vixiar esta unidade por se volve Matteo. 317 00:21:25,493 --> 00:21:26,953 Non te vou deixar soa. 318 00:21:26,953 --> 00:21:28,038 Quedamos nós. 319 00:21:29,789 --> 00:21:30,999 Podo ben con estes. 320 00:21:32,250 --> 00:21:33,668 Pois ti vés comigo. 321 00:21:34,169 --> 00:21:37,380 - Non, nós estamos xuntos. - Ti estás onde eu diga. 322 00:21:37,380 --> 00:21:39,215 Que estamos no mesmo bando. 323 00:21:39,215 --> 00:21:42,510 Axudádenos a atopar a Maddie e xa vos volvedes xuntar. 324 00:21:45,347 --> 00:21:47,223 Tranquilo, está en boas mans. 325 00:21:56,399 --> 00:21:57,692 "R142." 326 00:22:28,056 --> 00:22:28,973 Contestou? 327 00:22:29,974 --> 00:22:30,809 Non. 328 00:22:31,476 --> 00:22:33,603 Seica non lle importa a túa vida. 329 00:22:34,437 --> 00:22:36,815 Como sabes que lle chegaron os vídeos? 330 00:22:36,815 --> 00:22:40,318 O tipo ao que llos mandei, o meu antigo xefe, 331 00:22:40,318 --> 00:22:43,363 é íntimo de teu pai, así que sei que lles chegaron. 332 00:22:43,363 --> 00:22:46,032 Igual non llos ensinou a meu pai. Igual... 333 00:22:46,032 --> 00:22:49,452 Igual tería problemas se o fixese. Non o pensaches? 334 00:22:51,496 --> 00:22:52,914 Grava outro vídeo. 335 00:22:53,790 --> 00:22:56,418 Mándao directamente ao número de meu pai. 336 00:22:56,918 --> 00:23:01,339 Déixame dicilo coas miñas palabras e consígoche unha confesión pública. 337 00:23:02,882 --> 00:23:03,967 Como queres. 338 00:23:10,056 --> 00:23:12,475 Era Monks. Están en Pykemoor Security, 339 00:23:12,475 --> 00:23:15,520 esperando que lles saquen o expediente de Worley. 340 00:23:17,021 --> 00:23:19,566 - Pódoche preguntar algo? - A ver. 341 00:23:19,566 --> 00:23:22,861 Cando che preguntei a quen escoltabas o día do atentado 342 00:23:22,861 --> 00:23:26,156 e dixeches que non era Maddie, era mentira? 343 00:23:26,739 --> 00:23:29,576 Non. Daquela nin estaba na súa escolta. 344 00:23:30,160 --> 00:23:31,870 E a quen escoltabas? 345 00:23:34,205 --> 00:23:37,584 Sabendo quen era o obxectivo da bomba do metro, 346 00:23:37,584 --> 00:23:40,837 podería descubrir por quen van Farr e Redfield mañá. 347 00:23:42,422 --> 00:23:47,469 Maddie podería estar implicada. Igual ten que ver co seu secuestro. 348 00:23:49,053 --> 00:23:50,430 Omar Zadar. 349 00:23:51,389 --> 00:23:54,517 É o líder da FIP. O seu nome en clave é Gabián. 350 00:23:55,685 --> 00:23:57,312 Hostia, Zadar é Gabián. 351 00:23:58,688 --> 00:23:59,898 Pero era sospeitoso. 352 00:24:00,523 --> 00:24:03,443 - Nin sabía que estaba nos EUA. - Ninguén o sabía. 353 00:24:03,443 --> 00:24:07,697 Tiña unha reunión secreta con alguén do goberno naquela cafetería. 354 00:24:07,697 --> 00:24:09,616 Das 18:00 ás 21:00. 355 00:24:10,200 --> 00:24:11,868 A hora do atentado do metro. 356 00:24:13,411 --> 00:24:16,664 Entón, non era o cabeza de turco. É o obxectivo. 357 00:24:16,664 --> 00:24:18,208 Por que ían matalo así? 358 00:24:18,208 --> 00:24:21,503 Se matas a Zadar, a metade do seu país bótase ás rúas. 359 00:24:21,503 --> 00:24:25,256 Se tamén voas dous bloques de edificios e un vagón de metro... 360 00:24:25,256 --> 00:24:27,425 Sería só unha vítima máis. 361 00:24:29,552 --> 00:24:30,386 E eu tamén. 362 00:24:38,728 --> 00:24:39,896 Quen é? 363 00:24:40,438 --> 00:24:41,272 Maddie. 364 00:24:42,899 --> 00:24:44,651 Papá, son eu. 365 00:24:44,651 --> 00:24:49,364 Sei que isto é duro, pero ti e eu xa nos vimos obrigados 366 00:24:49,364 --> 00:24:52,659 a transitar polas vías máis difíciles da vida. 367 00:24:53,368 --> 00:24:55,578 Primeiro, mamá. Despois, Sarah. 368 00:24:56,162 --> 00:24:59,582 Eu aprendín a ser forte. A seguir erre que erre. 369 00:25:00,291 --> 00:25:03,169 Só tes un modo de salvarme, papá. 370 00:25:03,169 --> 00:25:05,964 Confesa que participaches no atentado do metro. 371 00:25:07,298 --> 00:25:08,132 Por favor. 372 00:25:09,050 --> 00:25:11,302 Por nós... os catro. 373 00:25:11,302 --> 00:25:15,848 Para reunirnos os dous, mándalle un vídeo ao mundo, por favor. 374 00:25:16,891 --> 00:25:19,310 Se non, vanme matar dentro de 30 minutos. 375 00:25:19,310 --> 00:25:20,687 Quen o manda? 376 00:25:21,604 --> 00:25:25,567 Un anónimo, só a min. Maddie debeulle dar o meu número. 377 00:25:25,567 --> 00:25:28,027 Fíxate no que di cando toca o colgante. 378 00:25:28,027 --> 00:25:29,529 Non son nervios? 379 00:25:29,529 --> 00:25:32,115 Non o notaches, ben. Igual Matteo tampouco. 380 00:25:32,115 --> 00:25:36,452 É o noso sinal para pedirme que a saque dunha reunión ou conversación. 381 00:25:36,452 --> 00:25:40,290 Creo que o usa como código. Só o toca cando di certas palabras. 382 00:25:41,499 --> 00:25:43,042 Sei que isto é duro, 383 00:25:43,042 --> 00:25:46,337 pero vímonos obrigados a transitar polas vías... 384 00:25:46,337 --> 00:25:47,797 Primeiro toque, "vías". 385 00:25:47,797 --> 00:25:48,881 ...da vida. 386 00:25:48,881 --> 00:25:51,009 Primeiro, mamá. Despois, Sarah. 387 00:25:51,009 --> 00:25:54,679 Pero eu aprendín a ser forte. A seguir erre que erre. 388 00:25:54,679 --> 00:25:56,139 Segundo toque, "erre". 389 00:25:56,139 --> 00:25:58,891 - Só tes un modo de salvarme, papá. - "Un". 390 00:25:58,891 --> 00:26:03,062 Confesa que participaches no atentado do metro. Por favor. 391 00:26:03,646 --> 00:26:05,231 - Por nós... os catro. - "Catro". 392 00:26:05,231 --> 00:26:06,858 Para reunirnos os dous, 393 00:26:06,858 --> 00:26:09,444 - "Dous". - ...mándalle un vídeo ao mundo. 394 00:26:09,944 --> 00:26:12,447 Se non, vanme matar dentro de 30 minutos. 395 00:26:12,947 --> 00:26:15,366 Xa está. Non hai máis toques. 396 00:26:16,242 --> 00:26:18,411 "Vías, erre, un, catro, dous." 397 00:26:18,995 --> 00:26:20,830 "Vías, erre, un, catro, dous." 398 00:26:21,831 --> 00:26:24,334 As vías do tren, a letra R, 399 00:26:24,334 --> 00:26:26,461 números un, catro, dous. 400 00:26:27,545 --> 00:26:28,838 Iso, o tren R142. 401 00:26:29,505 --> 00:26:31,883 - O número dunha ruta? - Que fas? 402 00:26:31,883 --> 00:26:35,303 - Avisar os de arriba. - Na Casa Branca non son de fiar. 403 00:26:35,303 --> 00:26:39,098 Non sei cantos son, pero Farr e Redfield están ao mando. 404 00:26:39,098 --> 00:26:41,100 Se llo mandas a quen non debes, 405 00:26:41,100 --> 00:26:43,770 van descubrir que Maddie sabe o do atentado. 406 00:26:43,770 --> 00:26:44,896 E ti tamén. 407 00:26:44,896 --> 00:26:48,316 E van mandar alguén a matarte, como con Rose e comigo. 408 00:26:49,609 --> 00:26:52,320 Tes que ir á prensa, facelo público. 409 00:26:52,320 --> 00:26:54,197 Non penso ir á prensa. 410 00:26:54,197 --> 00:26:56,949 Se o fago, podería matala antes de atopármola. 411 00:26:56,949 --> 00:26:58,701 Hai que saber que significa. 412 00:26:59,202 --> 00:27:02,246 Antes desta merda, isto era o que facía para o FBI. 413 00:27:02,246 --> 00:27:04,123 Faime caso, pódoche axudar. 414 00:27:06,125 --> 00:27:06,959 Vale. 415 00:27:07,794 --> 00:27:09,045 Demóstramo. 416 00:27:11,881 --> 00:27:13,091 Veña! 417 00:28:14,694 --> 00:28:15,778 Val? 418 00:28:16,446 --> 00:28:17,613 Valerie? 419 00:28:18,364 --> 00:28:19,198 Señora? 420 00:28:19,198 --> 00:28:21,951 Tes os puntos da reunión sobre Zadar das tres? 421 00:28:21,951 --> 00:28:24,537 - Aínda non. - Pregunta no despacho do DNI, 422 00:28:24,537 --> 00:28:27,957 por se a cagaron coa lista de distribución. Outra vez. 423 00:28:31,961 --> 00:28:35,715 - Ashley, que fas aquí? - Queríate ver antes do de Zadar. 424 00:28:35,715 --> 00:28:38,426 A xente entenderíao se prefires non asistir. 425 00:28:38,426 --> 00:28:41,179 - Estou ben. - Infórmote eu despois. 426 00:28:41,179 --> 00:28:44,265 Dixen que estou ben. Hai que ir indo, vai empezar. 427 00:28:44,932 --> 00:28:46,392 Quedan un par de horas. 428 00:28:46,392 --> 00:28:48,853 Cambiárona á mañá. Quedan cinco minutos. 429 00:28:49,771 --> 00:28:50,772 Non recibín nada. 430 00:28:50,772 --> 00:28:54,984 Falei co despacho do DNI. Enviaron os puntos do día hai dúas horas. 431 00:28:54,984 --> 00:28:56,903 Non sei por que non os recibiu. 432 00:28:56,903 --> 00:28:59,363 Chama outra vez e mírame a quen despido. 433 00:29:09,123 --> 00:29:11,918 Señora, a presidenta di que non ten que asistir. 434 00:29:12,418 --> 00:29:16,839 - Son a xefa de gabinete. Por que non? - Céntrese na reunión con Watkins. 435 00:29:16,839 --> 00:29:19,300 - Watkins? - Distrito 22 de Texas. 436 00:29:19,300 --> 00:29:22,220 - Ten reunión dentro de dez minutos. - Está Michelle? 437 00:29:22,220 --> 00:29:24,222 - Si - Déixame falar con ela. 438 00:29:24,222 --> 00:29:26,098 Vai empezar a sesión. 439 00:29:26,098 --> 00:29:31,187 Insistiu en que necesitamos o voto de Watkins para a lei de incentivos. 440 00:29:32,355 --> 00:29:34,649 Dille que logo necesito cinco minutos. 441 00:29:35,149 --> 00:29:35,983 Feito. 442 00:29:36,484 --> 00:29:38,402 Pois xa te informarei eu a ti. 443 00:29:46,661 --> 00:29:49,455 Se Zadar está disposto a facer estas concesións, 444 00:29:49,455 --> 00:29:52,792 falaremos de apoialo nas eleccións. Nada oficial, claro. 445 00:29:52,792 --> 00:29:54,794 Asegurar que as eleccións vaian... 446 00:29:54,794 --> 00:29:58,297 Perdón, pero, hostia, é un erro de proporcións colosais. 447 00:29:59,841 --> 00:30:03,344 Zadar é a mellor baza para apuntalar a democracia na rexión. 448 00:30:03,928 --> 00:30:05,847 Mellor que o autócrata de agora. 449 00:30:05,847 --> 00:30:08,850 Zadar é un maldito terrorista! 450 00:30:08,850 --> 00:30:10,685 Son o único que o ve? 451 00:30:10,685 --> 00:30:11,936 A ver... 452 00:30:13,312 --> 00:30:17,024 Cinco minutos. Xa levamos un bo anaco con isto hoxe. 453 00:30:28,119 --> 00:30:30,162 Como o estás levando, Ashley? 454 00:30:31,122 --> 00:30:33,457 - Teño estado mellor. - Almora, Willett... 455 00:30:33,457 --> 00:30:37,962 todos me aseguran que estamos facendo todo para traer a Maddie sa e salva. 456 00:30:37,962 --> 00:30:40,882 Si, cada un asegura o seu. 457 00:30:40,882 --> 00:30:43,092 Ninguén espera que veñas traballar. 458 00:30:43,092 --> 00:30:47,430 Xa, pero toleo se quedo na casa a esperar sentado. 459 00:30:47,430 --> 00:30:48,389 Xa. 460 00:30:49,265 --> 00:30:50,224 Enténdoo. 461 00:30:50,725 --> 00:30:52,476 Díxeno en serio, presidenta. 462 00:30:52,476 --> 00:30:55,229 Zadar é unha forza desestabilizadora. 463 00:30:55,229 --> 00:31:00,693 Un país dirixido por un grupo terrorista non pode ser un aliado militar fiable. 464 00:31:00,693 --> 00:31:03,487 Zadar condenou as escisións da FIP. 465 00:31:03,487 --> 00:31:06,657 Agora é un político con lexitimidade. A xente adórao. 466 00:31:06,657 --> 00:31:11,120 Se o queren no poder, que gañamos opoñéndonos? 467 00:31:11,704 --> 00:31:14,081 Mellor aproveitar que necesita un amigo. 468 00:31:15,791 --> 00:31:18,294 Escollo a esperanza nun futuro democrático 469 00:31:18,294 --> 00:31:21,130 sobre a certeza dun autoritarismo inminente. 470 00:31:22,214 --> 00:31:23,591 É decisión túa, pero... 471 00:31:25,051 --> 00:31:27,178 eu non ía durmir tranquilo sen... 472 00:31:28,763 --> 00:31:30,431 darche a miña opinión. 473 00:31:30,431 --> 00:31:33,059 Por iso te quixen no meu equipo, Ashley. 474 00:31:33,059 --> 00:31:36,771 Perdoa pola saída de ton. Sempre está Diane para berrarme. 475 00:31:38,773 --> 00:31:39,941 Onde está hoxe? 476 00:31:42,068 --> 00:31:43,861 Entre ti e mais eu, 477 00:31:44,362 --> 00:31:46,822 estou valorando un cambio na Ala Oeste. 478 00:31:48,240 --> 00:31:49,075 Ai, si? 479 00:32:03,422 --> 00:32:06,342 BRIDGEVIEW ALMACENAMENTO PARA USO PROPIO 480 00:32:07,677 --> 00:32:08,761 NON HAI RESULTADOS 481 00:32:08,761 --> 00:32:12,723 - Non hai ruta de tren R142. - E os números de serie dos vagóns? 482 00:32:14,308 --> 00:32:16,102 - Non. - Merda. 483 00:32:16,102 --> 00:32:18,562 Pero non todos os trens levan vagóns. 484 00:32:18,562 --> 00:32:22,441 Algúns de mercadorías levan contedores, así que... 485 00:32:25,736 --> 00:32:26,570 Si. 486 00:32:27,071 --> 00:32:29,991 Hai oito contedores con iso no número de serie, 487 00:32:29,991 --> 00:32:31,993 en cinco estacións e depósitos. 488 00:32:31,993 --> 00:32:35,538 Non nos vai dar o tempo se non podo pedir reforzos. 489 00:32:35,538 --> 00:32:40,251 - E, se volve, non estou para collelo. - Se destes con nós, podedes dar con el. 490 00:32:41,961 --> 00:32:43,629 E como destes con nós? 491 00:32:45,006 --> 00:32:46,882 As tarxetas de teu padriño. 492 00:32:48,718 --> 00:32:50,177 Falastes con el? 493 00:32:51,679 --> 00:32:52,513 Que dixo? 494 00:32:53,681 --> 00:32:56,767 Que non o fixeras ti, que escoitásemos a túa versión. 495 00:33:00,229 --> 00:33:01,188 Que atopaches? 496 00:33:01,188 --> 00:33:03,941 Worley leva de garda de seguridade seis meses. 497 00:33:03,941 --> 00:33:05,943 Sobre todo, para tres empresas. 498 00:33:07,570 --> 00:33:09,030 Busca isto. Adiante. 499 00:33:09,030 --> 00:33:10,865 Apreton Machinists, 500 00:33:10,865 --> 00:33:12,324 Opti-Vera Electric 501 00:33:12,324 --> 00:33:13,826 e CMV Manufacturing. 502 00:33:15,870 --> 00:33:19,498 As tres teñen almacéns a menos de 1,5 km do depósito de D. C. 503 00:33:19,498 --> 00:33:22,376 Espera, Monks. Algún dos contedores coincide? 504 00:33:24,170 --> 00:33:27,548 - Si. - Tena no depósito de contedores de D. C. 505 00:33:27,548 --> 00:33:30,092 Mándoche parte do número de serie. Vémonos alí. 506 00:33:30,092 --> 00:33:32,178 Vale. Cren que atoparon a Maddie. 507 00:33:32,178 --> 00:33:33,179 Onde? 508 00:33:33,179 --> 00:33:36,057 Un depósito de contedores. Cóntoche de camiño. 509 00:33:55,618 --> 00:33:58,329 Monks, hai un oco no extremo oeste do peche. 510 00:33:58,329 --> 00:34:00,414 - Verás o meu coche. - Recibido. 511 00:34:24,522 --> 00:34:25,564 R142. 512 00:34:26,607 --> 00:34:27,525 Vale... 513 00:34:40,871 --> 00:34:43,415 REDFIELD, O SANGUE DE TÚA FILLA ESTÁ... 514 00:34:45,751 --> 00:34:46,585 NAS TÚAS MANS 515 00:34:46,585 --> 00:34:48,587 MOVEMENTO DETECTADO 516 00:35:19,618 --> 00:35:21,078 Ímonos ter que separar. 517 00:35:23,122 --> 00:35:24,498 Non hai tempo. 518 00:35:25,499 --> 00:35:26,333 Veña. 519 00:35:27,918 --> 00:35:28,794 Merda. 520 00:35:49,148 --> 00:35:50,024 Algo? 521 00:35:50,024 --> 00:35:51,358 Non. Ti? 522 00:35:57,156 --> 00:35:57,990 Non. 523 00:36:00,409 --> 00:36:03,996 - Vale, tiro para o sur. - Recibido. Vou eu polo leste. 524 00:36:14,757 --> 00:36:16,217 Queda aquí. Péchate. 525 00:36:16,800 --> 00:36:20,095 - Que? Non vou quedar aquí. - Escoita, é perigoso. 526 00:36:20,596 --> 00:36:24,725 Non saias ata que un de nós che dea o sinal de despexado. Entendido? 527 00:36:26,060 --> 00:36:27,770 - Arrington, cheguei. - Ben. 528 00:36:27,770 --> 00:36:31,065 - Necesitamos axuda. Todo recto ao entrar. - Recibido. 529 00:36:31,649 --> 00:36:33,317 Queda aquí. Pecha as portas. 530 00:37:02,388 --> 00:37:03,430 Hai que marchar. 531 00:37:09,812 --> 00:37:10,646 Hostia! 532 00:37:14,358 --> 00:37:16,026 Disparos. Arrington? 533 00:37:18,445 --> 00:37:19,655 Arrington, todo ben? 534 00:37:20,239 --> 00:37:21,323 Non era eu. 535 00:37:49,351 --> 00:37:51,437 Estou na esquina nordeste. Ti? 536 00:37:53,814 --> 00:37:54,940 Arrington? 537 00:37:55,983 --> 00:37:57,109 Sutherland? 538 00:38:35,314 --> 00:38:36,148 Non! 539 00:38:49,453 --> 00:38:50,329 Lémbrasme? 540 00:38:51,330 --> 00:38:52,164 Do metro? 541 00:38:52,164 --> 00:38:55,292 Dime quen te contratou para poder limpar o meu nome. 542 00:38:55,292 --> 00:38:57,753 Sóltame e dígoche o que queiras. 543 00:39:00,881 --> 00:39:01,799 Estás segura. 544 00:39:01,799 --> 00:39:03,384 - Vale. - Estás segura. 545 00:39:11,850 --> 00:39:12,935 Monks, estás ben? 546 00:39:14,228 --> 00:39:15,187 Si. 547 00:39:17,689 --> 00:39:18,524 E ti? 548 00:39:20,359 --> 00:39:21,443 Non o sei. 549 00:39:22,111 --> 00:39:25,614 - Non o sei. - Xa pasou. Imos informar. 550 00:39:26,907 --> 00:39:27,741 Rose? 551 00:39:28,575 --> 00:39:29,952 Témolo. Vou de camiño. 552 00:39:37,459 --> 00:39:38,293 Xa pasou. 553 00:39:38,794 --> 00:39:39,670 Si. 554 00:39:43,382 --> 00:39:44,216 Francotirador! 555 00:39:52,349 --> 00:39:53,267 Non! 556 00:40:01,567 --> 00:40:04,987 Arrington, no depósito de contedores de D. C., extremo nordeste. 557 00:40:04,987 --> 00:40:07,865 Dispárannos desde un punto elevado ao oeste. 558 00:40:07,865 --> 00:40:09,199 Non podemos quedar. 559 00:40:11,743 --> 00:40:15,497 Teixugo ferida. Repito: Teixugo ferida. Enviade reforzos xa. 560 00:40:15,497 --> 00:40:17,624 É metralla. Non vai ser nada. 561 00:40:17,624 --> 00:40:19,334 - Dás andado? - Creo que si. 562 00:40:20,252 --> 00:40:24,506 Ben. Mírame. Vesme? Estou aquí, vale? Vai ao meu lado. 563 00:40:30,471 --> 00:40:32,306 Preparadas? Xa! 564 00:40:43,442 --> 00:40:44,943 - Non pasa nada. - Arrington! 565 00:40:46,904 --> 00:40:48,489 Estades ben? Vamos, agora! 566 00:40:57,498 --> 00:40:58,373 Monks! 567 00:41:14,348 --> 00:41:15,224 Arrington! 568 00:41:15,224 --> 00:41:16,225 Queda aí. 569 00:41:21,146 --> 00:41:21,980 Ei! 570 00:41:36,203 --> 00:41:37,037 Rose! 571 00:41:49,967 --> 00:41:51,885 Chelsea, vaise poñer ben? 572 00:41:57,766 --> 00:41:58,600 Chelsea? 573 00:42:00,435 --> 00:42:02,646 Chelsea, vaise poñer ben? 574 00:44:14,528 --> 00:44:17,572 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández