1 00:00:06,090 --> 00:00:07,467 Dáste conta do que dis? 2 00:00:07,467 --> 00:00:10,845 Non me preocupa tanto o que fixeron como o que van facer. 3 00:00:10,845 --> 00:00:12,388 - Outro ataque? - Si. 4 00:00:12,388 --> 00:00:13,431 Quero que pase. 5 00:00:13,431 --> 00:00:15,600 Que fas? Chamábate eu ao acabar. 6 00:00:15,600 --> 00:00:17,602 - Necesito outra cousa. - O que? 7 00:00:18,519 --> 00:00:19,520 Non! 8 00:00:19,520 --> 00:00:20,813 Cala. 9 00:00:21,731 --> 00:00:23,274 ANTERIORMENTE 10 00:00:23,274 --> 00:00:27,070 - Necesitan axuda? - Íalle ensinar ao meu home onde me criei. 11 00:00:27,070 --> 00:00:28,613 Queres entrar? 12 00:00:31,157 --> 00:00:32,116 Atopeina! 13 00:00:34,827 --> 00:00:38,790 Moitos dos cartos de Turn Lake foron ao vicepresidente Redfield. 14 00:00:38,790 --> 00:00:42,001 Wick soubo da Acción Nocturna por alguén da Casa Branca. 15 00:00:42,001 --> 00:00:44,629 Sutherland e Larkin saben de ti e de Wick. 16 00:00:44,629 --> 00:00:47,673 Non podo ocuparme disto. Desapareceume a filla. 17 00:00:47,673 --> 00:00:50,134 Poderías ocuparte ti como prometiches? 18 00:00:50,134 --> 00:00:51,427 Que queres facer? 19 00:00:51,427 --> 00:00:56,057 Mando deter a Peter e que o illen ata que decidamos como incomunicalo. 20 00:00:56,057 --> 00:00:57,308 Teño a Sutherland! 21 00:01:00,103 --> 00:01:01,729 Eu non quedara con vós. 22 00:01:01,729 --> 00:01:03,564 Cancela e faime un favor. 23 00:01:15,785 --> 00:01:20,039 Impórtame unha merda quen está ao mando. O que importa é atopar a Maddie. 24 00:01:20,039 --> 00:01:22,458 Aquí non hai xefe. 25 00:01:22,458 --> 00:01:25,962 Se non silenciamos a Peter, igual podemos desacreditalo. 26 00:01:25,962 --> 00:01:29,257 Miña filla foi secuestrada a noite pasada. 27 00:01:29,257 --> 00:01:33,136 Os Servizos Secretos identificaron un sospeitoso na desaparición. 28 00:01:33,136 --> 00:01:37,390 Chámase Peter Sutherland júnior. 29 00:01:54,115 --> 00:01:57,326 {\an8}CATORCE ANOS ANTES 30 00:01:59,328 --> 00:02:01,164 Como conseguen o financiamento? 31 00:02:01,164 --> 00:02:06,169 Escóitame, os nosos votantes non teñen banda ancha. Internet non me interesa. 32 00:02:06,169 --> 00:02:09,005 - Quéroo eu! - Consígueme doazóns grandes. 33 00:02:09,005 --> 00:02:11,716 - Para! - Os votantes non te poñen no poder. 34 00:02:11,716 --> 00:02:14,760 Son os directores executivos, os súper PAC... 35 00:02:14,760 --> 00:02:16,554 - Non! - Espera. 36 00:02:16,554 --> 00:02:19,223 Maddie! Dálle o xoguete a Sarah. 37 00:02:19,223 --> 00:02:20,391 Pero é meu. 38 00:02:20,391 --> 00:02:22,185 Comparte ou quítocho. 39 00:02:24,395 --> 00:02:27,565 Perdoa, estou lidando con dúas cativas eu só. 40 00:02:27,565 --> 00:02:30,943 Ás veces, dan ganas de cravar un coitelo ardendo no ollo. 41 00:02:30,943 --> 00:02:34,405 Non, non o vou dicir en alto. Estoucho dicindo a ti. 42 00:02:36,490 --> 00:02:37,325 Sarah? 43 00:02:38,117 --> 00:02:38,951 Sarah? 44 00:02:40,036 --> 00:02:42,205 Non! 45 00:02:47,501 --> 00:02:48,336 Sarah! 46 00:02:54,091 --> 00:02:55,092 Maddie! 47 00:02:55,927 --> 00:02:57,094 Maddie! 48 00:03:08,689 --> 00:03:10,650 Sarah vai volver, papá. 49 00:03:12,026 --> 00:03:12,860 Que dis? 50 00:03:13,527 --> 00:03:16,948 Colleume a moneca e desexei que se fose para sempre. 51 00:03:19,325 --> 00:03:20,743 Por iso pasou. 52 00:03:21,244 --> 00:03:22,912 Pero podo desexar que volva. 53 00:03:22,912 --> 00:03:25,539 - Tiñas que vixiala. - Xa sei. 54 00:03:25,539 --> 00:03:26,582 Podo desexar... 55 00:03:26,582 --> 00:03:28,918 Non funciona así, Maddie. 56 00:03:29,752 --> 00:03:32,421 Cando desexas que alguén morra, acabou. 57 00:03:32,922 --> 00:03:35,007 Sarah foise, entendido? 58 00:03:36,008 --> 00:03:37,426 Foise para sempre. 59 00:03:38,052 --> 00:03:40,554 E ti tiñas que vixiala. 60 00:04:24,807 --> 00:04:25,933 Onde estou? 61 00:04:27,268 --> 00:04:28,936 Quen es? De que vai isto? 62 00:04:28,936 --> 00:04:30,146 - Dimo. - Levanta. 63 00:04:32,648 --> 00:04:33,691 Levanta. 64 00:04:38,154 --> 00:04:39,322 Agarra o xornal. 65 00:04:43,284 --> 00:04:44,327 A portada. 66 00:04:46,454 --> 00:04:47,288 Máis alto. 67 00:04:47,872 --> 00:04:51,959 Meu pai pódeche dar o que queiras. Déixame falar con el, por favor. 68 00:04:53,794 --> 00:04:54,670 Por favor. 69 00:04:56,797 --> 00:04:58,424 Que queres de min? 70 00:05:00,593 --> 00:05:02,470 Que queres de min? 71 00:05:35,961 --> 00:05:37,296 Nin dubidou. 72 00:05:42,009 --> 00:05:43,386 Chameino unha vez. 73 00:05:45,012 --> 00:05:45,888 E alí estaba. 74 00:05:47,431 --> 00:05:50,017 Xa, pero ti terías feito o mesmo por el. 75 00:05:50,976 --> 00:05:53,646 Temos que seguir ou haberá moitas vítimas. 76 00:05:53,646 --> 00:05:56,315 - Xa houbo moitas. - E non foi culpa túa. 77 00:06:07,701 --> 00:06:11,747 Peter, eu non estaría aquí se ti non estiveses aí para min. 78 00:06:12,331 --> 00:06:13,541 Cisco, Lorna... 79 00:06:14,750 --> 00:06:18,504 non quererían que nos rendésemos. E meus tíos menos aínda. 80 00:06:20,256 --> 00:06:22,174 Por como falaba deles Lorna... 81 00:06:24,176 --> 00:06:25,219 debían ser... 82 00:06:27,471 --> 00:06:28,639 Eran os mellores. 83 00:06:31,725 --> 00:06:32,560 Síntoo. 84 00:06:39,358 --> 00:06:41,318 Non sei que vou facer sen eles, 85 00:06:41,902 --> 00:06:43,737 pero sei que non me vou render. 86 00:06:45,573 --> 00:06:48,075 Peter, vou descubrir a verdade 87 00:06:49,535 --> 00:06:51,328 e vou rematar o que empezaron. 88 00:06:53,122 --> 00:06:54,373 Ou poderiamos... 89 00:06:56,375 --> 00:06:59,837 navegar a algún sitio e esquecer a merda esta. 90 00:07:00,337 --> 00:07:02,381 Poderiamos, pero ti non es así. 91 00:07:03,883 --> 00:07:06,302 Lembras cando chamei á Acción Nocturna? 92 00:07:06,302 --> 00:07:09,680 O que me dixeches cando estaba morta de medo no armario? 93 00:07:10,389 --> 00:07:12,725 - Non. - Que pelexase con toda. 94 00:07:14,435 --> 00:07:16,562 Agora necesito que o fagas ti. 95 00:07:18,063 --> 00:07:18,939 Por min. 96 00:08:01,815 --> 00:08:02,775 Ai, Deus. 97 00:08:03,275 --> 00:08:04,193 Estás ben? 98 00:08:04,693 --> 00:08:06,570 - Perdoa. - Si. 99 00:08:12,785 --> 00:08:14,078 Si, estou ben. 100 00:08:25,005 --> 00:08:29,760 O FBI estará orgulloso. Adestrouno tan ben en contravixilancia que se esfumou. 101 00:08:29,760 --> 00:08:34,098 Vou falar cos amigos da universidade. Dave vai chamar a exnoiva, a Texas. 102 00:08:34,098 --> 00:08:35,808 Moi ben. Ídeme informando. 103 00:08:41,855 --> 00:08:45,192 Supoño que non hai notas de confesión nin manifestos. 104 00:08:45,192 --> 00:08:48,946 Non me pega con Sutherland. Pero podes mirar no estante. 105 00:08:56,495 --> 00:08:58,664 - Garda libros que non le? - Por aparentar. 106 00:08:58,664 --> 00:09:01,917 Como pasa co 90 % das copias de Infinite Jest. 107 00:09:06,255 --> 00:09:07,214 Xa o collo eu. 108 00:09:15,389 --> 00:09:16,473 "Con cariño, Jim." 109 00:09:16,473 --> 00:09:18,225 Non hai remitente. 110 00:09:19,643 --> 00:09:20,728 Outra de Jim. 111 00:09:20,728 --> 00:09:23,772 A Sutherland non lle ía o gusto literario de Jim. 112 00:09:23,772 --> 00:09:26,191 Pero gardou as tarxetas e os libros. 113 00:09:26,775 --> 00:09:28,861 Patrick, busca impresións dixitais. 114 00:09:28,861 --> 00:09:31,572 Buscamos un remitente de nome Jim ou James. 115 00:09:33,741 --> 00:09:37,286 O tal Jim pode saber a onde puido ir Sutherland con Maddie. 116 00:09:37,870 --> 00:09:40,080 - Non ten sentido. - Que parte? 117 00:09:40,080 --> 00:09:43,083 Este sitio, este tipo. Non creo que teña a Maddie. 118 00:09:43,876 --> 00:09:46,086 Nada no piso do profesor o implicaba. 119 00:09:46,086 --> 00:09:48,255 Nin no despacho nin na residencia. 120 00:09:49,506 --> 00:09:51,342 A min tampouco me cadra. 121 00:09:51,342 --> 00:09:55,679 Que nos oculta a Casa Branca de Sutherland que o converte en sospeitoso? 122 00:09:55,679 --> 00:09:58,932 - Non o sei. - Se se enganan, onde queda Maddie? 123 00:09:58,932 --> 00:10:02,478 - Debiamos enfocalo desde varios ángulos. - Cal é a idea? 124 00:10:02,478 --> 00:10:04,063 Aínda tes o folleto? 125 00:10:18,661 --> 00:10:21,038 - Seguide insistíndolle. - Si, señora. 126 00:10:22,915 --> 00:10:23,749 Valerie. 127 00:10:25,042 --> 00:10:27,670 Chama o senador Blaine e cancela o de mañá. 128 00:10:30,339 --> 00:10:31,423 Señora presidenta. 129 00:10:31,924 --> 00:10:34,468 - Podía ir eu ao oval. - Non fai falta. 130 00:10:36,345 --> 00:10:37,179 Grazas, Val. 131 00:10:41,058 --> 00:10:44,311 - Novas de Maddie? - Aínda non, pero ten que estar viva. 132 00:10:44,311 --> 00:10:47,314 Se van pola filla do vicepresidente, queren algo. 133 00:10:47,314 --> 00:10:50,359 E o seu benestar é o único que teñen para negociar. 134 00:10:50,359 --> 00:10:52,945 Se é Peter Sutherland, que raio quere? 135 00:10:52,945 --> 00:10:55,948 É un supoñer, pero ten aí unha espiña polo do pai. 136 00:10:55,948 --> 00:10:59,076 Acusación inxusta, "a verdade está aí fóra" e tal. 137 00:10:59,076 --> 00:11:02,162 Pode ser para chamar a atención sobre iso. 138 00:11:02,162 --> 00:11:04,164 E que pasou onte á noite? 139 00:11:04,998 --> 00:11:06,834 Tráelo aquí e logo pérdelo? 140 00:11:06,834 --> 00:11:09,545 Están todas as axencias federais buscándoo. 141 00:11:09,545 --> 00:11:12,756 O control de danos non chega neste caso, Diane. 142 00:11:12,756 --> 00:11:15,259 O que quero saber é como puido pasar. 143 00:11:15,843 --> 00:11:19,388 Como foi? Chegou, falastes do caso dos Campbell... 144 00:11:19,388 --> 00:11:23,934 Pedinlle que trouxese a Rose, pero veu só. Non me dixo onde estaba ela 145 00:11:23,934 --> 00:11:27,146 nin por que foi cheirar a Georgetown atrás de Maddie. 146 00:11:27,146 --> 00:11:30,065 Só me dixo que non nos pensaba axudar máis. 147 00:11:30,649 --> 00:11:31,775 É un renegado. 148 00:11:32,735 --> 00:11:35,904 Polo que sei, tamén colleu a Larkin como refén. 149 00:11:35,904 --> 00:11:40,159 - Prometíchesme que ía estar segura. - Se o soubese, non o metía nisto. 150 00:11:40,159 --> 00:11:42,619 Concordas en que che fallou o criterio? 151 00:11:43,954 --> 00:11:46,540 Empezo a pensar se me fallou a min. 152 00:11:46,540 --> 00:11:48,292 - Como te atreves? - Ollo. 153 00:11:48,292 --> 00:11:51,336 Cubrinche as costas toda a túa carreira política. 154 00:11:51,336 --> 00:11:54,631 Axudeiche a gañar o Congreso, o Senado, a Presidencia, 155 00:11:54,631 --> 00:11:56,592 e agora non confías en min? 156 00:11:56,592 --> 00:11:59,470 En ti non, no teu criterio neste caso. 157 00:11:59,470 --> 00:12:02,097 Fíxeno todo por aquilo no que ti cres. Todo! 158 00:12:02,097 --> 00:12:05,893 Non porque sexamos amigas e nos agarrásemos o pelo na universidade, 159 00:12:05,893 --> 00:12:07,519 senón porque creo en ti. 160 00:12:07,519 --> 00:12:12,149 O teu programa faríalle moi ben ao país e eu nunca intentaría sabotalo. 161 00:12:12,733 --> 00:12:16,320 Enganeime con Peter, si, pero ímolo atopar e salvar a Maddie. 162 00:12:19,364 --> 00:12:21,867 Michelle, estou do teu lado. 163 00:12:27,164 --> 00:12:29,291 Si que vivimos moito xuntas. 164 00:12:30,083 --> 00:12:31,293 É certo. 165 00:12:31,877 --> 00:12:33,962 Pero creo que tes demasiado enriba. 166 00:12:33,962 --> 00:12:38,509 Se queres protexer o programa, céntrate no día a día... 167 00:12:39,468 --> 00:12:42,596 De agora en diante, terás que distanciarte deste caso. 168 00:12:53,232 --> 00:12:56,235 - Benvidos a New Leaf. - Que silencio. 169 00:12:56,235 --> 00:13:00,197 - Tes o persoal de vacacións? - Foron á protesta de Capitol Hill. 170 00:13:00,197 --> 00:13:02,658 Eu son Dylan. Pódovos axudar? 171 00:13:03,158 --> 00:13:04,535 Servizos Secretos. 172 00:13:05,494 --> 00:13:07,079 É por Maddie Redfield? 173 00:13:07,079 --> 00:13:08,372 Coñécela? 174 00:13:08,372 --> 00:13:11,416 - Sei quen é e que está desaparecida. - E este? 175 00:13:11,917 --> 00:13:14,378 Si, é Paulo. Paulo Bonetto. 176 00:13:14,378 --> 00:13:17,047 Un socio comprometido, profesor en Georgetown. 177 00:13:17,047 --> 00:13:21,093 Falou de traer a Maddie por aquí, pero aínda non a trouxo. 178 00:13:21,093 --> 00:13:22,970 Creo que llo ía comentar onte. 179 00:13:22,970 --> 00:13:26,932 Sabías que Paulo planeaba unha cita secreta con Maddie Redfield? 180 00:13:27,432 --> 00:13:30,936 Non pensaredes que Paulo tivo que ver co secuestro, non? 181 00:13:30,936 --> 00:13:32,563 - El nunca... - Está morto. 182 00:13:33,522 --> 00:13:35,899 - Que? - Disparoulle quen levou a Maddie. 183 00:13:35,899 --> 00:13:39,403 Alguén que sabía que Paulo e Maddie quedaran en segredo. 184 00:13:40,696 --> 00:13:41,780 Paulo está morto? 185 00:13:42,281 --> 00:13:43,115 Si. 186 00:13:43,615 --> 00:13:45,367 E ti onde estabas á noite? 187 00:13:46,493 --> 00:13:48,245 Merda. Necesito un avogado? 188 00:13:48,829 --> 00:13:50,998 - Só se agochas algo. - Non, nada. 189 00:13:50,998 --> 00:13:54,960 - Pasei aquí a noite. - Como sabías que Maddie estivera con el? 190 00:13:56,336 --> 00:13:57,963 Dixéramo el. 191 00:13:57,963 --> 00:14:02,426 Paulo pensaba que, se a recrutaba, faría de voceira da mensaxe de New Leaf 192 00:14:02,426 --> 00:14:05,888 e quería convencela para facernos un vídeo de publicidade. 193 00:14:05,888 --> 00:14:08,932 Íame mandar o vídeo, pero non me contestou máis. 194 00:14:08,932 --> 00:14:10,434 Quen máis sabía do plan? 195 00:14:10,934 --> 00:14:13,687 - A ver, non era un plan. - Este? 196 00:14:15,022 --> 00:14:15,856 Non. 197 00:14:17,065 --> 00:14:18,108 E este? 198 00:14:21,570 --> 00:14:23,280 Non vas ter problemas, Dylan. 199 00:14:23,280 --> 00:14:24,406 Por agora. 200 00:14:25,949 --> 00:14:27,159 Dinos quen é. 201 00:14:29,161 --> 00:14:30,996 - É Matteo. - Matteo? 202 00:14:30,996 --> 00:14:33,332 - Matteo que? - Non lle sei o apelido. 203 00:14:33,332 --> 00:14:36,668 Empezou a saír con Paulo hai oito ou nove meses, 204 00:14:36,668 --> 00:14:38,503 pero levo semanas sen velo. 205 00:14:42,883 --> 00:14:44,509 O Rome Tome díxoo primeiro. 206 00:14:44,509 --> 00:14:48,472 Se a xente nos fixese caso sobre Sutherland e a bomba do metro, 207 00:14:48,472 --> 00:14:51,183 Maddie Redfield estaría a salvo na casa. 208 00:14:51,767 --> 00:14:55,228 Esta mensaxe é para os meus leais espectadores. 209 00:14:55,228 --> 00:15:01,276 Temos a responsabilidade moral de atopar o merdas ese e levalo ante a xustiza. 210 00:15:01,276 --> 00:15:03,695 Nestes casos, a rede non trae nada bo. 211 00:15:04,655 --> 00:15:05,614 Xa. 212 00:15:11,495 --> 00:15:14,289 Sempre quixera estar máis cerca de meu pai. 213 00:15:15,207 --> 00:15:16,541 Desexo concedido. 214 00:15:17,042 --> 00:15:19,753 De que o acusaran exactamente? 215 00:15:24,383 --> 00:15:26,468 Filtráronse documentos clasificados 216 00:15:26,468 --> 00:15:30,055 que comprometían as nosas estratexias de defensa polo mundo. 217 00:15:30,722 --> 00:15:34,559 A filtración viña da división de contraintelixencia do FBI. 218 00:15:35,060 --> 00:15:39,898 - Meu pai era xefe do departamento. - E atoparon probas ou...? 219 00:15:42,234 --> 00:15:44,569 Morreu antes de que presentasen cargos. 220 00:15:46,196 --> 00:15:50,158 - As probas non se fixeron públicas. - Se sabías que era inocente, 221 00:15:50,158 --> 00:15:52,619 por que entraches no FBI? Debes odialos. 222 00:15:54,871 --> 00:15:55,872 Meu pai... 223 00:15:56,707 --> 00:15:59,918 sempre tivo fe na institución, sabes? 224 00:16:00,419 --> 00:16:02,629 Ensinoume a crer nos xuízos xustos, 225 00:16:03,422 --> 00:16:06,049 na presunción de inocencia e eu... 226 00:16:08,301 --> 00:16:10,846 pensei que, se mantiña esa fe... 227 00:16:10,846 --> 00:16:13,849 - Poderías limpar o seu nome algún día. - Si. 228 00:16:16,059 --> 00:16:18,478 - Que puto inxenuo. - A min non mo parece. 229 00:16:18,478 --> 00:16:23,692 É unha batalla que non podes gañar agora. Pero igual hai outra máis importante. 230 00:16:24,693 --> 00:16:25,736 Si, pode ser. 231 00:16:28,739 --> 00:16:31,658 Que imos facer? O país enteiro anda na miña busca. 232 00:16:31,658 --> 00:16:34,578 Levar as probas que temos a alguén da prensa. 233 00:16:34,578 --> 00:16:37,706 Ningún xornalista nos vai crer sen probas tanxibles. 234 00:16:38,206 --> 00:16:39,958 Pois vamos atopalas. 235 00:16:39,958 --> 00:16:42,252 Que máis lembras do terrorista? 236 00:16:42,252 --> 00:16:46,256 Díxenllo todo ao FBI. Interrogaron centos de sospeitosos. 237 00:16:47,049 --> 00:16:50,052 - Podemos ver ese traballo? - Quitáronme o acceso. 238 00:16:53,346 --> 00:16:55,974 Collícheslle a placa a alguén da Casa Branca. 239 00:16:56,850 --> 00:16:57,934 A de Liam? 240 00:16:59,770 --> 00:17:02,105 Si, pero necesitamos o seu contrasinal. 241 00:17:02,689 --> 00:17:05,567 Coñeces alguén coas ferramentas para descifralo. 242 00:17:05,567 --> 00:17:08,779 - Agora es unha sombreiro negro? - E ti, un fuxitivo. 243 00:17:08,779 --> 00:17:10,655 Supoño que somos un bo equipo. 244 00:17:14,993 --> 00:17:17,662 Recibín isto hai 20 minutos. 245 00:17:18,371 --> 00:17:21,291 Queiras o que queiras, meu pai pódecho conseguir. 246 00:17:21,291 --> 00:17:22,876 Déixame falar con el. 247 00:17:23,460 --> 00:17:24,711 Dille o que pide. 248 00:17:25,420 --> 00:17:26,296 Só unha cousa. 249 00:17:29,883 --> 00:17:32,135 "Tes dous días. 250 00:17:32,135 --> 00:17:35,514 Confesa que planeaches o atentado e o encubriches... 251 00:17:38,975 --> 00:17:40,852 e quen foron os teus cómplices, 252 00:17:40,852 --> 00:17:44,064 ou fago que Maddie lle conte ao mundo o que fixeches 253 00:17:44,064 --> 00:17:46,817 e despois mátoa diante de todos." 254 00:17:47,734 --> 00:17:50,779 Quen hostia é? E por que cho manda só a ti? 255 00:17:50,779 --> 00:17:54,157 Non o teño claro, pero os meus están rastrexando o email. 256 00:17:54,157 --> 00:17:56,201 - Que facemos? - Seguimos adiante. 257 00:17:56,201 --> 00:17:59,079 Temos dous días para atopala. Vai saír ben. 258 00:17:59,079 --> 00:18:02,040 Ben? É a miña familia. É a vida de Maddie. 259 00:18:02,040 --> 00:18:06,086 Non hai cámaras, podes deixar de facer de pai preocupado. 260 00:18:06,086 --> 00:18:08,505 Vai tomar polo cu! É a miña filla. 261 00:18:08,505 --> 00:18:10,924 É algo tarde para preocuparte por ela. 262 00:18:10,924 --> 00:18:15,595 O secuestrador non só pide que caias ti. Quérenos colgar a todos. 263 00:18:16,179 --> 00:18:17,013 Ten razón. 264 00:18:19,349 --> 00:18:20,851 Cristo bendito. 265 00:18:24,855 --> 00:18:25,730 De acordo. 266 00:18:28,900 --> 00:18:30,443 E se confeso? 267 00:18:30,443 --> 00:18:32,279 Quen o ía crer? 268 00:18:32,279 --> 00:18:37,367 Un pai diría calquera cousa con tal de liberar a súa filla dun secuestro, non? 269 00:18:38,368 --> 00:18:40,162 Xa está, confeso. 270 00:18:40,162 --> 00:18:44,082 Cando a teñamos de volta, négoo e ninguén vai crer unha palabra. 271 00:18:44,082 --> 00:18:48,003 Ata que alguén empece a seguir o fume e atope o puto incendio. 272 00:18:48,670 --> 00:18:50,297 Non vas ceder ao que piden. 273 00:18:50,297 --> 00:18:53,800 Se lle conta a Maddie o que sabe, que facemos cando volva? 274 00:18:53,800 --> 00:18:55,760 - Pódoa controlar. - Podes? 275 00:18:55,760 --> 00:18:58,471 Si, como fixen sempre. 276 00:18:59,848 --> 00:19:03,977 E se che digo que Maddie tiña todo listo para humillarte publicamente? 277 00:19:04,561 --> 00:19:05,645 De que falas? 278 00:19:15,071 --> 00:19:17,324 - Que hostia é isto? - Ábreo. 279 00:19:22,662 --> 00:19:24,414 É o teu vixiabebés. 280 00:19:24,414 --> 00:19:26,708 Maddie foise da lingua coa psicóloga, 281 00:19:26,708 --> 00:19:31,546 e, por sorte, a doutora Hennings avisoume do que lle pensaba ensinar ao mundo. 282 00:19:32,047 --> 00:19:33,006 Debías velo. 283 00:19:33,673 --> 00:19:34,507 Eu xa o vin. 284 00:19:35,508 --> 00:19:38,511 - Túa filla quérete afundir. - Por que fas isto? 285 00:19:38,511 --> 00:19:42,349 Pedíchesme que limpase a túa merda, lembras? E fíxeno. 286 00:19:42,349 --> 00:19:46,853 De mala gana, con resentimento, pero con eficacia. 287 00:19:46,853 --> 00:19:50,607 Así que xa podes deixar de queixarte e dar pena 288 00:19:50,607 --> 00:19:53,151 e asumir a puta realidade. 289 00:19:53,652 --> 00:19:57,322 Vas no avión con nós os dous e non nos imos estrelar por ti. 290 00:19:58,281 --> 00:20:01,034 Podes quedar con iso. Fixemos copias dixitais. 291 00:20:05,622 --> 00:20:07,624 Non estabamos no mesmo equipo? 292 00:20:07,624 --> 00:20:10,126 Estamos, si. Isto é para facelo oficial. 293 00:20:18,802 --> 00:20:20,679 Socorro! 294 00:20:21,263 --> 00:20:22,806 Que alguén me axude! 295 00:20:58,967 --> 00:21:01,344 Berra o que queiras, ninguén te vai oír. 296 00:21:17,277 --> 00:21:19,404 - Por que o mataches? - A Paulo? 297 00:21:19,404 --> 00:21:21,740 Non te preocupes, non lle gustabas. 298 00:21:21,740 --> 00:21:24,659 - Só eras un obxectivo. - Planeou isto contigo? 299 00:21:24,659 --> 00:21:27,245 Paulo usábate para a súa propaganda. 300 00:21:28,663 --> 00:21:30,665 E eu usábao a el para chegar a ti. 301 00:21:30,665 --> 00:21:33,251 Sexa o que sexa, non fai falta que sigas. 302 00:21:33,251 --> 00:21:35,420 Aínda podes facer o correcto. 303 00:21:35,420 --> 00:21:37,297 Non me interesa o correcto. 304 00:21:38,673 --> 00:21:40,008 Que che interesa? 305 00:21:40,675 --> 00:21:41,718 A vinganza. 306 00:21:42,469 --> 00:21:43,470 Por que? 307 00:21:46,264 --> 00:21:47,640 É meu pai, non? 308 00:21:49,559 --> 00:21:51,311 Ten que ser. Que fixo? 309 00:21:54,356 --> 00:21:56,983 - Poderíache axudar. - Axúdasme estando aquí. 310 00:21:56,983 --> 00:21:59,944 Non o entendes. Odio a meu pai. 311 00:22:03,698 --> 00:22:05,867 Quérelo afundir? Pódoche axudar. 312 00:22:06,701 --> 00:22:07,786 Bo intento. 313 00:22:07,786 --> 00:22:12,749 Vinte nos anuncios. Axitando a bandeiriña e enchéndoo de orgullo e satisfacción. 314 00:22:12,749 --> 00:22:15,460 Tragaches con esa merda? É todo actuación. 315 00:22:16,044 --> 00:22:18,588 Se o queres afundir, teño algo que o faría. 316 00:22:19,506 --> 00:22:21,800 Teño un vídeo que acabaría con el. 317 00:22:23,009 --> 00:22:24,511 Só temos que conseguilo. 318 00:22:25,470 --> 00:22:26,763 Aquí non hai "nós". 319 00:22:29,057 --> 00:22:33,228 Está en Racine, Wisconsin. No 419 de North Lake Drive. 320 00:22:34,604 --> 00:22:36,564 Vale a pena, prométocho. 321 00:22:41,277 --> 00:22:45,865 A semana que morreu, Hawkins investigaba estes 12 sospeitosos. 322 00:22:46,366 --> 00:22:50,703 Se é de Turn Lake, buscamos alguén con formación militar e menor de 35. 323 00:22:51,204 --> 00:22:52,330 Vale. 324 00:22:53,123 --> 00:22:55,667 - Iso déixanos dous. - Pedro Navarro. 325 00:22:55,667 --> 00:22:58,378 Ten unha coartada firme... Quen é o outro? 326 00:23:00,046 --> 00:23:02,173 Colin Worley. Morreu? 327 00:23:03,299 --> 00:23:07,011 Morreu o día antes de que o FBI fose interrogalo. 328 00:23:07,011 --> 00:23:11,766 - Unha coincidencia sospeitosa. - Non aparece nin o motivo da morte. 329 00:23:11,766 --> 00:23:14,644 Non hai nada. Nin se molestaron en investigalo. 330 00:23:14,644 --> 00:23:16,896 Ou alguén manipulou o expediente. 331 00:23:19,524 --> 00:23:23,319 Vale. Se demostramos que Colin Worley puxo a bomba, 332 00:23:23,319 --> 00:23:26,114 podemos relacionalo con Turn Lake. Pode ser el. 333 00:23:26,114 --> 00:23:29,284 Hackea o Rexistro do condado e busca a autopsia. 334 00:23:29,284 --> 00:23:31,578 - Que o hackee? - Si, hackéao. 335 00:23:31,578 --> 00:23:34,080 Non estará dixitalizado, estará en papel. 336 00:23:34,080 --> 00:23:38,585 Mañá atracamos no peirao e imos ao Rexistro coma a xente normal. 337 00:23:40,712 --> 00:23:43,047 Nin os amigos nin a exnoiva saben del. 338 00:23:43,047 --> 00:23:47,427 Como Sutherland sabe de contravixilancia, non hai pistas do seu paradoiro. 339 00:23:47,427 --> 00:23:51,389 Pero descubrimos que o profesor quería captar a Maddie en New Leaf 340 00:23:51,389 --> 00:23:52,891 e o mozo del, Matteo... 341 00:23:52,891 --> 00:23:55,935 - O home dos debuxos? - Si. Puido participar. 342 00:23:55,935 --> 00:23:59,105 O tal Matteo pode ser a mellor pista cara a Maddie. 343 00:23:59,689 --> 00:24:02,567 Porén, Peter Sutherland segue a ser o sospeitoso. 344 00:24:04,527 --> 00:24:06,696 Foi a Georgetown ameazando a Maddie. 345 00:24:06,696 --> 00:24:10,200 Preguntaba por un suceso no que Maddie podía ser o obxectivo. 346 00:24:10,200 --> 00:24:13,953 Fuxiu da Casa Branca polo túnel para evitar as preguntas. 347 00:24:13,953 --> 00:24:18,208 - Un inocente non fai iso. - Podería estar traballando co tal Matteo. 348 00:24:18,208 --> 00:24:21,586 Hai moitos axentes aí fóra na busca de Sutherland. 349 00:24:21,586 --> 00:24:25,965 Arrington e eu só recomendamos traballar nisto desde outro ángulo. 350 00:24:25,965 --> 00:24:28,635 Estamos baixo unha lupa de proporcións colosais. 351 00:24:28,635 --> 00:24:32,096 A xente deste país está nerviosa, asustada, 352 00:24:32,096 --> 00:24:35,016 preguntando quen matou o director adxunto do FBI. 353 00:24:35,600 --> 00:24:40,772 Se nos ven abandonar a busca de Sutherland e ir por un abraza-árbores con chinelas, 354 00:24:40,772 --> 00:24:43,525 xa nos podemos ir despedindo do goberno. 355 00:24:43,525 --> 00:24:46,069 - Non é cousa dos Servizos Secretos? - Frea. 356 00:24:47,862 --> 00:24:49,072 Farr ten razón. 357 00:24:50,240 --> 00:24:52,492 - Monks, sigue con Sutherland. - Señor... 358 00:24:52,492 --> 00:24:55,453 Ti deixaches a Maddie ir ás mans do secuestrador. 359 00:24:57,372 --> 00:25:00,750 Supoño que dedicarás todas as túas enerxías a atopala. 360 00:25:01,417 --> 00:25:03,545 Iso empeza e acaba en Sutherland. 361 00:25:05,088 --> 00:25:06,130 Ide indo. 362 00:25:15,932 --> 00:25:19,269 Os relatos das noticias de hoxe son espantosos. 363 00:25:19,269 --> 00:25:22,981 Mostras de abandono, de negación de medicación para a dor... 364 00:25:22,981 --> 00:25:27,735 cando lles pedimos que arrisquen todo por protexernos a nós e a nosa democracia. 365 00:25:30,113 --> 00:25:32,240 - Non teño novidades. - Eu, pode ser. 366 00:25:32,240 --> 00:25:37,412 Dous escoltas de Maddie teñen unha pista. Volveron a Peter, pero hai que seguila. 367 00:25:37,412 --> 00:25:39,330 - Tes un nome? - Só o de pía. 368 00:25:39,330 --> 00:25:41,833 Matteo. Diche algo? 369 00:25:41,833 --> 00:25:45,878 - Non. - É membro dun grupo polo clima, New Leaf. 370 00:25:45,878 --> 00:25:48,715 Supoño que entre Greenpeace e o ecoterrorismo. 371 00:25:48,715 --> 00:25:50,633 Teño un retrato. Mándocho. 372 00:25:55,179 --> 00:25:56,347 Recoñécelo? 373 00:25:58,474 --> 00:26:00,518 Si, recoñézoo. 374 00:26:18,119 --> 00:26:22,165 A casa de Racine é dunha parella, Frank e Denise Gimble. 375 00:26:22,165 --> 00:26:25,543 - Mudámonos cando nomearon a meu pai. - A Denise matárona 376 00:26:25,543 --> 00:26:29,672 e a policía só atopou na escena do crime un bebé roubado. 377 00:26:30,548 --> 00:26:32,550 Raro de carallo, diría eu. 378 00:26:33,134 --> 00:26:35,303 - Un bebé? - Devolvéronlla á nai. 379 00:26:35,303 --> 00:26:39,390 Pero tamén había danos nunha parede do soto 380 00:26:39,390 --> 00:26:41,768 e a policía pensa que levaron algo. 381 00:26:43,436 --> 00:26:46,397 Agochei o vídeo no soto, pero era un segredo. 382 00:26:46,397 --> 00:26:48,232 Non o sabía ninguén máis que... 383 00:26:50,068 --> 00:26:51,235 a miña psicóloga. 384 00:26:54,572 --> 00:26:55,698 Por que ía...? 385 00:26:57,867 --> 00:26:59,243 Que había no vídeo? 386 00:27:03,247 --> 00:27:05,667 - Por que non estás vestida? - Non vou. 387 00:27:05,667 --> 00:27:07,377 Para de ser tan egoísta. 388 00:27:07,377 --> 00:27:12,298 O acto patrocínao a fundación de túa irmá. A túa presenza non é negociable. 389 00:27:12,799 --> 00:27:15,468 Non penso sentar alí a escoitarte mentir. 390 00:27:18,262 --> 00:27:19,263 Como dis? 391 00:27:19,847 --> 00:27:24,560 Vas subir ao estrado a choricar contando que Sarah morreu porque eu non a vixiei. 392 00:27:24,560 --> 00:27:27,605 Empezo a lembrar o que pasou aquel día na piscina. 393 00:27:27,605 --> 00:27:30,108 Dicías que Sarah afogara pola miña culpa, 394 00:27:30,108 --> 00:27:33,486 pero deixaras ti a cancela aberta, deixárasnos alí soas. 395 00:27:33,486 --> 00:27:38,324 Sinto que teñas que inventar iso para ter a conciencia tranquila, pero perdóote. 396 00:27:38,324 --> 00:27:40,410 Sarah afogou pola túa culpa, papá! 397 00:27:40,410 --> 00:27:43,496 Bótasme a min a culpa, pero fuches ti. Non eu, ti! 398 00:27:43,496 --> 00:27:45,081 E voullo contar ao mundo. 399 00:27:45,081 --> 00:27:48,710 Es una desagradecida e unha puta mentireira! 400 00:27:50,628 --> 00:27:51,754 Sóltame! 401 00:27:51,754 --> 00:27:53,548 Vas baixar agora mesmo 402 00:27:54,048 --> 00:27:56,926 e vas ler o maldito guión, coma sempre. 403 00:28:10,398 --> 00:28:12,567 Queríalle ensinar ao mundo quen é. 404 00:28:12,567 --> 00:28:15,653 - E por que non o fixeches? - Porque é certo. 405 00:28:15,653 --> 00:28:17,280 Habíame matar. 406 00:28:19,574 --> 00:28:23,661 Logo manipuloume tanto que empecei a dubidar se alguén me escoitaría. 407 00:28:28,416 --> 00:28:31,961 Sexa o que sexa que queiras ou planeases para meu pai, 408 00:28:31,961 --> 00:28:33,504 podémolo facer xuntos. 409 00:28:37,592 --> 00:28:38,509 Xa veremos. 410 00:28:43,097 --> 00:28:44,307 Non, por favor. 411 00:28:45,391 --> 00:28:46,309 Por favor. 412 00:29:46,619 --> 00:29:48,412 Ignoras as miñas chamadas. 413 00:29:48,412 --> 00:29:51,123 Mandeille a el o código de suspender misión. 414 00:29:52,416 --> 00:29:56,671 As cousas estanse poñendo feas. Canto menos contacto teñamos, mellor. 415 00:29:58,214 --> 00:29:59,507 Está morto. 416 00:30:00,758 --> 00:30:01,801 Xa o sei. 417 00:30:04,470 --> 00:30:07,139 A misión está moi lonxe de suspenderse. 418 00:30:07,139 --> 00:30:10,852 - Mira, entendo como te sentes. - Cala a puta boca. 419 00:30:12,270 --> 00:30:13,896 Ti non entendes nada. 420 00:30:15,439 --> 00:30:16,524 El e mais eu... 421 00:30:18,568 --> 00:30:20,570 encaixabamos neste mundo... 422 00:30:21,779 --> 00:30:22,780 xuntos. 423 00:30:26,492 --> 00:30:27,952 E agora xa non está. 424 00:30:28,870 --> 00:30:32,582 Así que me vas dicir onde está Peter Sutherland. 425 00:30:32,582 --> 00:30:34,000 Non o sei. 426 00:30:35,251 --> 00:30:38,045 - Búscao o país enteiro. - Tómasme por parva? 427 00:30:38,045 --> 00:30:40,214 Non, diso nada. 428 00:30:40,214 --> 00:30:42,800 A ver, propóñoche un trato. 429 00:30:43,551 --> 00:30:47,430 Sei quen secuestrou a Maddie. Douche o último enderezo que teño. 430 00:30:47,430 --> 00:30:50,057 Atópalo, ocúpaste del 431 00:30:51,350 --> 00:30:53,603 e eu localízoche a Peter Sutherland. 432 00:30:55,980 --> 00:30:56,814 Hai trato? 433 00:31:01,861 --> 00:31:02,862 Aquí ten. 434 00:31:06,782 --> 00:31:08,451 APARCACOCHES GRATUÍTO 435 00:31:13,539 --> 00:31:14,707 - Ei. - Ei. 436 00:31:16,042 --> 00:31:18,419 Apárcanos nun garaxe á volta da esquina. 437 00:31:18,419 --> 00:31:20,630 - Hai que coller as chaves xa. - Si. 438 00:31:23,174 --> 00:31:24,091 En serio? 439 00:31:31,349 --> 00:31:32,224 Vale. 440 00:31:32,767 --> 00:31:33,601 Ten coidado. 441 00:31:33,601 --> 00:31:35,353 Si, ti tamén. Non tardes. 442 00:31:55,164 --> 00:31:55,998 Merda. 443 00:31:58,292 --> 00:32:01,212 Obxectos persoais e bolsos ás caixas da dereita. 444 00:32:04,131 --> 00:32:05,007 Avance. 445 00:32:07,176 --> 00:32:08,052 Pode pasar. 446 00:32:09,261 --> 00:32:12,056 Obxectos persoais e bolsos ás caixas da dereita. 447 00:32:26,988 --> 00:32:28,447 - Ola. - Necesitas axuda? 448 00:32:28,948 --> 00:32:33,786 Quería copias dos rexistros públicos dun tal Colin Worley. 449 00:32:33,786 --> 00:32:35,454 - Colin Worley? - Si. 450 00:32:35,955 --> 00:32:40,960 Só tes que cubrir este formulario e ensinarme o documento de identidade. 451 00:32:44,338 --> 00:32:45,798 Ai, fuches a Cal? 452 00:32:46,716 --> 00:32:48,134 Non. Quere ir meu fillo. 453 00:32:48,134 --> 00:32:51,762 Ser doutro estado non o favorece, pero intento atraer a sorte. 454 00:32:51,762 --> 00:32:56,142 Se me dás o seu nome e o instituto, podo falar ben del. 455 00:32:56,642 --> 00:32:59,520 Son antiga alumna e coñezo xente en Admisións. 456 00:32:59,520 --> 00:33:01,313 - Farías iso? - Encantada. 457 00:33:03,524 --> 00:33:07,361 A esa universidade viríalle ben algo de talento de fóra do estado. 458 00:33:07,361 --> 00:33:08,654 Max vaise emocionar. 459 00:33:08,654 --> 00:33:11,532 Aparcaches aquí? Valídoche o tícket? 460 00:33:11,532 --> 00:33:13,075 Non, non fai falta. 461 00:33:13,659 --> 00:33:15,995 Pero si que me poderías botar unha man. 462 00:33:17,204 --> 00:33:22,084 O tal Worley ía casar con miña irmá. Sempre pensei que había algo raro nel, 463 00:33:22,084 --> 00:33:25,254 pero miña irmá non me cría, ata que el desapareceu. 464 00:33:25,254 --> 00:33:26,672 Esfumouse. 465 00:33:26,672 --> 00:33:29,717 Só quero saber de que vai Colin e onde está. 466 00:33:29,717 --> 00:33:33,429 Vaia. Pódoche sacar os rexistros en canto cubras o formulario. 467 00:33:34,138 --> 00:33:35,431 A cousa é... 468 00:33:35,431 --> 00:33:38,893 que os seus socios son perigosos e están ben relacionados. 469 00:33:38,893 --> 00:33:43,230 Se tiveron que ver coa desaparición, van saber que estiven preguntando. 470 00:33:43,230 --> 00:33:47,359 Hai xeito de conseguir os rexistros sen deixar rastro por escrito? 471 00:33:47,359 --> 00:33:51,197 Síntoo, pero non podo sacar rexistros sen documentación. 472 00:33:51,197 --> 00:33:55,743 Por favor. Só quero protexer a miña irmá e darlle respostas ou algo. 473 00:33:55,743 --> 00:33:59,497 Entendo que é delicado, pero eu podería perder o traballo. 474 00:34:00,164 --> 00:34:03,125 Iso é o último que quero. 475 00:34:04,376 --> 00:34:05,711 Xa me apañarei. 476 00:34:06,837 --> 00:34:11,008 E non te preocupes, que lles falo de Max aos de Admisións. 477 00:34:26,607 --> 00:34:27,942 Oe! 478 00:34:30,694 --> 00:34:31,904 Mire, perdoe! 479 00:34:31,904 --> 00:34:34,657 TRIBUNAL DO DISTRITO DE MARYLAND 480 00:34:35,991 --> 00:34:37,201 Esqueceuche isto. 481 00:34:38,577 --> 00:34:40,329 Hai cámaras na oficina. 482 00:34:43,415 --> 00:34:47,878 - Que haxa respostas para ti e túa irmá. - Iso espero. Moitas grazas. 483 00:35:03,394 --> 00:35:04,436 Oe. 484 00:35:04,436 --> 00:35:08,816 Ti non ías no coche con Peter Sutherland? Es a informática desaparecida? 485 00:35:09,483 --> 00:35:11,402 Estades equivocados. 486 00:35:11,902 --> 00:35:12,903 Onde está? 487 00:35:13,404 --> 00:35:16,615 Estate coaccionando? Podémoste protexer do mamón ese. 488 00:35:16,615 --> 00:35:19,535 - Ide ao carallo! - Só queremos falar. Ven aquí! 489 00:35:20,035 --> 00:35:23,372 - Estaslle axudando ao traidor? - Non é traidor ningún. 490 00:35:23,873 --> 00:35:26,250 - Arresto cidadán. Chama a poli. - Solta! 491 00:35:26,250 --> 00:35:28,711 Os patriotas facémolo así. 492 00:35:30,671 --> 00:35:32,339 Rapaces! É el! 493 00:35:32,840 --> 00:35:35,593 - Soltádea! - Ímoste entregar tamén a ti! 494 00:35:36,218 --> 00:35:37,761 - Hostia! - Baixa iso! 495 00:35:39,847 --> 00:35:41,891 - Vamos, Rose! Estás ben? - Si. 496 00:35:48,564 --> 00:35:50,232 - En que pensabas? - Que? 497 00:35:50,232 --> 00:35:54,486 - Os conspiranoicos eses non razoan. - Falaban mal de ti! 498 00:35:54,486 --> 00:35:56,238 - A quen lle importa? - A min! 499 00:35:56,238 --> 00:36:00,034 Non te podes poñer en perigo así por min. Non vale a pena. 500 00:36:00,034 --> 00:36:04,413 A xente ten que saber quen es. Ti es o bo aquí e eu vou loitar por iso. 501 00:36:06,582 --> 00:36:09,126 - Imos de volta para o barco ou...? - Si. 502 00:36:09,627 --> 00:36:12,713 Si, pero víronnos o coche. Hai que conseguir outro. 503 00:36:16,383 --> 00:36:17,426 Jim Wilson? 504 00:36:18,719 --> 00:36:19,845 Ese son eu. 505 00:36:21,180 --> 00:36:25,100 Servizos Secretos. Temos unhas preguntas sobre Peter Sutherland. 506 00:36:25,684 --> 00:36:28,103 Pensa que eu sei onde está, axente Monks? 507 00:36:29,647 --> 00:36:34,693 Cando levou o balazo polo presidente, a súa cara quitou o meu artigo da portada. 508 00:36:35,778 --> 00:36:37,696 Son xornalista do Baltimore Sun. 509 00:36:37,696 --> 00:36:40,783 Señor Wilson, mandoulle a Peter unhas tarxetas. 510 00:36:41,283 --> 00:36:42,326 Mandei, si. 511 00:36:44,286 --> 00:36:45,704 Tenas gardadas, non? 512 00:36:48,374 --> 00:36:49,625 Pasen e falamos. 513 00:36:53,379 --> 00:36:55,881 - Que relación teñen? - É o meu afillado. 514 00:36:56,715 --> 00:36:59,593 Ou era. É complicado. 515 00:37:00,094 --> 00:37:01,178 Senten. 516 00:37:05,766 --> 00:37:08,727 O pai de Peter foi o meu mellor amigo moitos anos. 517 00:37:09,520 --> 00:37:13,941 Eu non tiven fillos, así que sempre tratei a Peter coma se fose meu. 518 00:37:14,441 --> 00:37:18,654 Pasabamos fins de semana ao aire libre. 519 00:37:19,154 --> 00:37:21,407 Unímonos moito cando morreu a nai. 520 00:37:22,199 --> 00:37:24,368 Unha traxedia o que viviu ese rapaz. 521 00:37:24,994 --> 00:37:26,662 Unha perda tras outra. 522 00:37:26,662 --> 00:37:29,957 Primeiro a nai, logo o pai e logo vostede. 523 00:37:31,333 --> 00:37:33,836 - Intentei manter o contacto. - Por que se distanciaron? 524 00:37:35,129 --> 00:37:36,630 Diferenza de opinións. 525 00:37:38,048 --> 00:37:40,301 Despois de morrer o pai, investiguei. 526 00:37:40,301 --> 00:37:44,346 Quen podía ter filtrado aqueles expedientes clasificados do FBI? 527 00:37:44,346 --> 00:37:45,723 Pasei meses con iso. 528 00:37:46,307 --> 00:37:50,894 E todo levaba á mesma conclusión. O culpable máis claro era Peter. 529 00:37:51,770 --> 00:37:52,855 Peter sénior. 530 00:37:52,855 --> 00:37:56,191 - Tomaba o seu amigo por un traidor? - Non quería crelo, 531 00:37:56,191 --> 00:37:58,902 pero tiña a obriga de informar sobre aquilo. 532 00:37:58,902 --> 00:38:02,823 - E Peter júnior non o tomou ben. - Non. Sentiuse traizoado. 533 00:38:03,532 --> 00:38:06,327 Intentei explicarllo, pero o dano estaba feito. 534 00:38:06,327 --> 00:38:09,580 Cando foi para a universidade, cortou a relación 535 00:38:10,331 --> 00:38:12,875 e levo sen velo nin oír del desde aquela. 536 00:38:14,668 --> 00:38:18,213 Así que, para contestar a súa pregunta do millón: non. 537 00:38:19,214 --> 00:38:21,675 Non sei onde está, non sei onde estivo 538 00:38:21,675 --> 00:38:23,135 nin sei a onde vai ir. 539 00:38:24,094 --> 00:38:27,681 O que sei é que están a bater na porta equivocada 540 00:38:27,681 --> 00:38:30,100 - no caso de Maddie Redfield. - Por que? 541 00:38:30,100 --> 00:38:34,271 Peter preocúpase pola xente, sexan amigos ou descoñecidos. 542 00:38:34,271 --> 00:38:36,940 Tamén lle preocupa o que pensen del. 543 00:38:37,441 --> 00:38:39,360 Nunca salta as regras. 544 00:38:39,943 --> 00:38:44,740 Non é alguén que vai e secuestra a filla do vicepresidente. 545 00:38:44,740 --> 00:38:47,743 Sexa como sexa, temos que atopalo e descartalo. 546 00:38:48,327 --> 00:38:49,953 Sabe onde podería estar? 547 00:38:53,791 --> 00:38:55,876 Isto foi hai só dúas horas. 548 00:38:55,876 --> 00:38:57,044 Arresto cidadán... 549 00:38:57,044 --> 00:39:00,714 Temos que atopalo antes de que o manquen ou manque a alguén. 550 00:39:00,714 --> 00:39:01,799 Soltádea! 551 00:39:01,799 --> 00:39:03,509 Ímoste entregar tamén a ti! 552 00:39:03,509 --> 00:39:05,260 - Hostia! - Peter, baixa iso! 553 00:39:06,136 --> 00:39:09,181 Non sei que dicirlles. Non sei onde está. 554 00:39:09,181 --> 00:39:11,934 Pasaban fins de semana ao aire libre? Onde? 555 00:39:11,934 --> 00:39:15,437 Por todas as partes. Blue Ridge, Catskills, Adirondacks... 556 00:39:15,437 --> 00:39:18,524 Ten caravana? Vin o enganche da camioneta. 557 00:39:18,524 --> 00:39:20,818 Na casa vella, ao lado de Shenandoah. 558 00:39:21,652 --> 00:39:22,611 Enderezo? 559 00:39:25,614 --> 00:39:27,908 - Outro sitio onde buscalo? - Nin idea. 560 00:39:27,908 --> 00:39:28,826 Ese é el? 561 00:39:29,952 --> 00:39:30,786 Si. 562 00:39:31,745 --> 00:39:33,705 - O barco é seu? - Si. 563 00:39:33,705 --> 00:39:35,249 Xa non o uso moito. 564 00:39:35,249 --> 00:39:38,293 Dubido que Peter lembre onde o teño atracado. 565 00:39:39,711 --> 00:39:41,422 E onde o ten atracado? 566 00:39:45,092 --> 00:39:49,888 A autopsia di que foi sobredose. O forense non viu indicios de violencia. 567 00:39:49,888 --> 00:39:53,392 Os antecedentes penais indican ordes de desintoxicación, 568 00:39:53,392 --> 00:39:56,478 así que unha sobredose é posible. 569 00:39:57,062 --> 00:39:57,980 Merda. 570 00:39:59,314 --> 00:40:02,526 Os efectos persoais enviáronselle a un parente próximo. 571 00:40:02,526 --> 00:40:07,448 Non hai nome, pero si un enderezo. Nos efectos persoais ían carteira, chaves 572 00:40:07,990 --> 00:40:11,160 e unha tarxeta de acceso a Allontine Manufacturing. 573 00:40:11,952 --> 00:40:12,995 Busca aí. 574 00:40:14,830 --> 00:40:17,749 Allontine Manufacturing. 575 00:40:19,418 --> 00:40:21,253 Non hai rastro dixital. 576 00:40:21,879 --> 00:40:25,674 Raro, pero non debía ser problema. Só necesito saber onde buscar. 577 00:40:29,678 --> 00:40:30,679 Ai, Deus. 578 00:40:31,346 --> 00:40:32,181 Que? 579 00:40:32,181 --> 00:40:34,892 É unha filial de Turn Lake Industries. 580 00:40:37,144 --> 00:40:38,228 Hostia. 581 00:40:39,146 --> 00:40:40,772 As fotos da detención. 582 00:40:42,024 --> 00:40:45,319 - É el. Colin Worley puxo a bomba. - Como o sabes? 583 00:40:45,319 --> 00:40:48,405 O tipo que perseguín aquela noite tiña esa tatuaxe. 584 00:40:48,405 --> 00:40:53,452 Turn Lake sabería como matar alguén, saír impune e que parecese unha sobredose. 585 00:40:53,452 --> 00:40:57,289 Turn Lake encárgallo a Colin Worley, ti impídesllo, escápache... 586 00:40:57,289 --> 00:40:59,458 E eles mátano para borrar pistas. 587 00:41:00,209 --> 00:41:02,836 Hai que atopar o dono do apartado de correos. 588 00:41:02,836 --> 00:41:05,881 Igual ese familiar sabe a que andaba Worley. 589 00:41:05,881 --> 00:41:07,883 Descubrindo a quen quería matar... 590 00:41:07,883 --> 00:41:11,595 Impedimos que Farr e Redfield volvan intentalo dentro de dous días. 591 00:41:15,182 --> 00:41:16,350 Vale, grazas. 592 00:41:16,350 --> 00:41:18,727 Vémonos no campus cando acabemos aquí. 593 00:41:19,728 --> 00:41:24,566 A policía de Shenandoah foi á caravana. Por alí non pasou ninguén desde hai meses. 594 00:41:25,067 --> 00:41:27,569 Almora vaime quitar do caso se non atopamos algo. 595 00:41:27,569 --> 00:41:29,321 Non te preocupes por Almora. 596 00:41:29,321 --> 00:41:33,325 Non é por min. Preocúpame non estar aí para axudar a Maddie, 597 00:41:33,951 --> 00:41:37,246 onde estará agora mesmo e o que estará pasando. 598 00:41:39,289 --> 00:41:43,919 As dúas imaxinabamos distintas situacións de emerxencia nas que se puidese ver. 599 00:41:44,419 --> 00:41:48,257 Parecíalle absurdo, pero gustáballe como xogo. 600 00:41:49,299 --> 00:41:53,929 Supoño que para min tamén era un xogo. Nunca pensei que lle fose pasar... 601 00:41:59,518 --> 00:42:02,312 Mans arriba! Dixen mans arriba! Solta a mochila! 602 00:42:02,312 --> 00:42:04,898 - Mans arriba, hostia! - Ao chan, os dous! 603 00:42:04,898 --> 00:42:06,733 De xeonllos, xa! 604 00:42:08,068 --> 00:42:08,986 Téñoos. 605 00:42:18,078 --> 00:42:20,747 - Peter... - Si. Vai ir todo ben. 606 00:42:24,334 --> 00:42:25,419 Vai ir todo ben. 607 00:44:25,247 --> 00:44:28,417 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández