1 00:00:06,049 --> 00:00:07,258 Rose! 2 00:00:08,259 --> 00:00:11,637 - Saben quen retirou os escoltas? - Desconvocounos Hawkins. 3 00:00:11,637 --> 00:00:14,640 Hawkins foi o supervisor de Emma e Henry Campbell? 4 00:00:14,640 --> 00:00:17,560 Alguén matou o director adxunto do FBI? 5 00:00:18,561 --> 00:00:20,021 ANTERIORMENTE 6 00:00:20,021 --> 00:00:22,273 - Necesito a Ramirez. - Cambio quendas... 7 00:00:22,273 --> 00:00:24,108 Mándoche alguén: Erik Monks. 8 00:00:24,108 --> 00:00:27,779 Salvas o presidente e acabas de escolta da filla do vicepresidente? 9 00:00:27,779 --> 00:00:30,490 Así é como deixan volver un vello coma min. 10 00:00:30,490 --> 00:00:31,866 Sóltame! 11 00:00:32,825 --> 00:00:34,494 - Que pasou? - Fallei. 12 00:00:34,494 --> 00:00:38,039 Salvarías moitos presidentes, pero aquí non a cagamos. 13 00:00:38,039 --> 00:00:40,333 - Axúdoche a buscar algo? - Pastillas. 14 00:00:40,333 --> 00:00:42,919 Eras adicto, obrigáronte a desintoxicarte 15 00:00:42,919 --> 00:00:47,673 e, se non foses o excompañeiro do xefe, nin de broma te poñían de escolta. 16 00:00:47,673 --> 00:00:51,511 Tamén é certo que estou limpo. Fago dúas análises á semana. 17 00:00:51,511 --> 00:00:53,096 Que che gusta máis? 18 00:00:55,348 --> 00:00:58,559 - Ninguén o pode saber. - Sei librarme dos escoltas. 19 00:00:59,727 --> 00:01:02,522 - HAI QUE APURAR. - ESTÁ CERCA. CÓNTOCHE NA CASA. 20 00:01:08,194 --> 00:01:11,322 Miña tía dixo que alguén da Casa Branca non é de fiar. 21 00:01:11,322 --> 00:01:13,199 - Cando vai acabar? - Pronto. 22 00:01:13,199 --> 00:01:14,242 Bos días, señor. 23 00:01:14,242 --> 00:01:15,743 - Está aí? - Si, señor. 24 00:01:16,619 --> 00:01:17,453 Ola, cariño. 25 00:01:17,453 --> 00:01:22,208 Esa muller pasa na cafetería cinco horas, a mirar pola ventá e a falar para ela. 26 00:01:22,208 --> 00:01:24,502 - É dos Servizos Secretos. - Como o sabes? 27 00:01:24,502 --> 00:01:25,670 Porque a coñezo. 28 00:01:25,670 --> 00:01:29,215 Isto xa non é un atentado terrorista. É un magnicidio. 29 00:01:40,726 --> 00:01:43,062 Os Servizos Secretos dos Estados Unidos 30 00:01:43,062 --> 00:01:46,274 {\an8}son a principal axencia de seguridade da nosa nación. 31 00:01:46,274 --> 00:01:47,358 {\an8}CATRO ANOS ANTES 32 00:01:47,358 --> 00:01:51,320 {\an8}Somos a mellor axencia de protección que existiu nunca. 33 00:01:51,821 --> 00:01:55,116 Temos unha misión de fracaso cero que cumprir, 34 00:01:55,616 --> 00:01:59,620 o que significa que esperamos nada menos que a perfección. 35 00:02:00,621 --> 00:02:01,789 Nada de erros. 36 00:02:02,957 --> 00:02:09,255 Cometer un erro nos Servizos Secretos supón cambiar o curso da historia. 37 00:02:09,839 --> 00:02:14,886 Afortunadamente, todos os homes e mulleres que teño ante min hoxe 38 00:02:15,386 --> 00:02:17,972 demostraron que están máis que preparados 39 00:02:18,639 --> 00:02:22,226 e que son merecedores da nosa confianza, 40 00:02:23,144 --> 00:02:24,353 con toda seguridade. 41 00:02:25,730 --> 00:02:28,524 Con grande orgullo, doulle a benvida 42 00:02:29,025 --> 00:02:32,486 ao futuro dos Servizos Secretos dos Estados Unidos. 43 00:02:33,070 --> 00:02:34,280 Parabéns, axentes. 44 00:02:34,280 --> 00:02:37,658 Agora, póñanse en pé para xuraren o cargo. 45 00:02:38,993 --> 00:02:39,994 Bo traballo. 46 00:02:45,416 --> 00:02:48,085 Podíasme avisar por mensaxe de que viñas. 47 00:02:48,085 --> 00:02:51,964 E perder a cara que puxeches? Dei saído do traballo polos pelos. 48 00:02:51,964 --> 00:02:53,883 Teu pai intentouno, pero... 49 00:02:56,344 --> 00:02:58,429 Veña, di o que estás pensando. 50 00:02:58,429 --> 00:03:02,558 É que pensei que non ías vir, despois da última vez que falamos. 51 00:03:03,309 --> 00:03:07,230 - Sei que non cres nisto. - Por que ía querer que miña filla 52 00:03:07,230 --> 00:03:10,983 arrisque a vida por un país ao que non lle importa unha merda? 53 00:03:10,983 --> 00:03:13,611 - Eu non o vexo así. - Non, xa o sei. 54 00:03:14,779 --> 00:03:18,241 Pero non necesito crer nisto para crer en ti. 55 00:03:18,824 --> 00:03:23,037 E, se hai alguén testana abondo para cambiar este mundo para mellor, 56 00:03:23,037 --> 00:03:25,122 esa vai ser a miña filla. 57 00:03:26,958 --> 00:03:31,170 Pero prométeme que non vas levar ese traxe a Acción de Grazas. 58 00:03:31,170 --> 00:03:33,965 Parece que vas entregar ordes de rexistro. 59 00:03:35,049 --> 00:03:35,967 Mamá. 60 00:03:36,467 --> 00:03:39,595 Que? Á tía Deborah dálle un ataque. 61 00:03:40,596 --> 00:03:41,472 Tomo nota. 62 00:03:43,891 --> 00:03:45,726 Alégrome moito de que viñeses. 63 00:03:49,188 --> 00:03:50,940 Estou moi orgullosa de ti. 64 00:03:51,524 --> 00:03:53,401 E teu pai tamén. 65 00:04:03,369 --> 00:04:05,997 Teñen moita sorte de terte. 66 00:04:06,747 --> 00:04:08,666 Espero que o saiban ver. 67 00:04:11,043 --> 00:04:11,877 Vano ver. 68 00:04:15,214 --> 00:04:18,467 Estudaría os mestres no lugar onde fixeron a súa arte. 69 00:04:18,467 --> 00:04:22,680 Non vas ir de pendoneo a Italia en vez de centrarte nos estudos. 70 00:04:22,680 --> 00:04:27,435 Pero perder clase para ir a mitins e facerche de manequín está ben, non? 71 00:04:27,935 --> 00:04:30,521 É un semestre. E é para estudar. 72 00:04:30,521 --> 00:04:33,816 Un semestre só de arte, non de estudos de verdade. 73 00:04:33,816 --> 00:04:36,736 É elitista, presuntuoso. Maddie, dá mala imaxe. 74 00:04:36,736 --> 00:04:39,447 As túas decisións afectan á túa familia. 75 00:04:39,447 --> 00:04:40,489 Ou sexa, a ti? 76 00:04:42,033 --> 00:04:43,367 Mándovos o calendario. 77 00:04:43,367 --> 00:04:47,204 Maddie vén comigo a Wisconsin para apoiar a campaña de Turner. 78 00:04:47,204 --> 00:04:48,205 Si, señor. 79 00:04:50,082 --> 00:04:53,210 - Aí o está! - Señor vicepresidente! Unha foto? 80 00:04:53,210 --> 00:04:56,047 Ola. Non pasa nada, deixádeos. Deixádeos pasar. 81 00:04:56,047 --> 00:04:57,256 Maddie, vente. 82 00:04:57,256 --> 00:04:59,717 Señor vicepresidente, son admirador seu! 83 00:05:00,676 --> 00:05:01,927 Quen vai primeiro? 84 00:05:07,266 --> 00:05:08,100 Grazas. 85 00:05:08,100 --> 00:05:09,894 Non podo crer que estea aquí! 86 00:05:14,440 --> 00:05:15,816 Podo facer algo? 87 00:05:16,317 --> 00:05:17,193 Non. 88 00:05:17,777 --> 00:05:21,822 Podemos poñer algunha escusa. Exames ou algo. Que non podes faltar. 89 00:05:22,406 --> 00:05:23,532 Non. Vou. 90 00:05:25,409 --> 00:05:26,619 Coma sempre. 91 00:05:30,164 --> 00:05:31,415 Non sei como o fas. 92 00:05:32,291 --> 00:05:33,334 Que parte? 93 00:05:34,877 --> 00:05:38,339 Os sorrisos, os abrazos... 94 00:05:38,339 --> 00:05:40,674 Sempre é difícil o primeiro segundo. 95 00:05:42,802 --> 00:05:44,178 Logo, entro en calor. 96 00:05:44,178 --> 00:05:47,181 Como que me meto no papel. 97 00:05:47,807 --> 00:05:49,892 Coma se actuases? 98 00:05:49,892 --> 00:05:52,937 Non, para min vólvese real. 99 00:05:58,901 --> 00:06:00,736 É de tolos, pero... 100 00:06:04,198 --> 00:06:05,741 gústame a mentira. 101 00:06:10,496 --> 00:06:12,790 É a persoa que desexo que fose sempre. 102 00:06:17,503 --> 00:06:20,714 Arrington, un axente do FBI da Casa Branca quérete ver. 103 00:06:20,714 --> 00:06:23,759 - Para que? - Di que só pode falar contigo. 104 00:06:24,927 --> 00:06:26,011 De acordo, espera. 105 00:06:26,971 --> 00:06:30,558 - Perdoa, teño que atender isto. - Non pasa nada, teño clase. 106 00:06:30,558 --> 00:06:33,227 Volvo en 20 minutos. Está Jeff no corredor. 107 00:06:40,025 --> 00:06:43,028 Axente Arrington. Grazas por dedicarnos un momento. 108 00:06:43,028 --> 00:06:44,655 Claro. Peter, non? 109 00:06:44,655 --> 00:06:47,450 Si. Xogamos ao baloncesto coa presidenta. 110 00:06:47,450 --> 00:06:49,201 Es o que lle fixo o bloqueo. 111 00:06:49,201 --> 00:06:51,996 Si. Pensei que me poñías as esposas alí mesmo. 112 00:06:53,497 --> 00:06:55,541 Podemos falar nalgún sitio? 113 00:06:57,835 --> 00:07:00,921 - Teño dez minutos, pero podemos andar. - Moi ben. 114 00:07:04,592 --> 00:07:08,888 Estou cunha investigación e necesitaba datos sobre o teu equipo 115 00:07:08,888 --> 00:07:10,848 o 27 de abril do ano pasado. 116 00:07:11,599 --> 00:07:14,143 - A data non me soa. - O atentado do metro. 117 00:07:15,811 --> 00:07:20,399 - Podes dicir a quen protexías? - Ao FBI? Sen solicitude oficial, non. 118 00:07:20,399 --> 00:07:21,901 Era Maddie Redfield? 119 00:07:22,776 --> 00:07:24,361 - E ti quen eras? - Rose. 120 00:07:24,361 --> 00:07:27,198 Nin do FBI nin xogadora de baloncesto. 121 00:07:27,198 --> 00:07:30,659 É unha misión de Diane Farr. Podes chamar e verificalo. 122 00:07:30,659 --> 00:07:34,163 Temos razóns para crer que, se estabas protexendo a Maddie, 123 00:07:34,163 --> 00:07:36,957 - pode estar en perigo. - Perigo de que tipo? 124 00:07:36,957 --> 00:07:41,504 - Non temos detalles agora mesmo. - Pero poida que a quixesen matar daquela. 125 00:07:41,504 --> 00:07:44,882 Se nos podes dicir se estaba alí, podémosche axudar. 126 00:07:44,882 --> 00:07:49,220 Non podo revelar datos de operacións a outra axencia. E menos a unha civil. 127 00:07:49,220 --> 00:07:51,931 Pero iso xa o sabes. E a xefa de gabinete. 128 00:07:51,931 --> 00:07:53,724 Sei que soa raro, vale? Pero... 129 00:07:53,724 --> 00:07:56,352 Sabes que teño que informar desta conversa? 130 00:07:57,102 --> 00:08:00,064 - Si. - Déixame consultalo cos de arriba. 131 00:08:00,064 --> 00:08:02,233 Se me autorizan, infórmote. 132 00:08:02,233 --> 00:08:03,192 Grazas. 133 00:08:03,859 --> 00:08:05,152 Douche o meu número. 134 00:08:05,152 --> 00:08:08,656 Pódoche asegurar que Maddie Redfield está a salvo con nós. 135 00:08:08,656 --> 00:08:13,327 Iso me dixeron antes de que uns sicarios me fixesen fuxir do hotel en albornoz. 136 00:08:15,246 --> 00:08:16,330 Tanto dá. 137 00:08:16,830 --> 00:08:19,291 - Disnos onde está a biblioteca? - Claro. 138 00:08:19,291 --> 00:08:23,128 Por aí á esquerda, pasades unhas residencias e xa a vedes. 139 00:08:23,128 --> 00:08:24,296 Grazas. 140 00:08:24,296 --> 00:08:26,173 - Que teñades bo día. - Grazas. 141 00:08:27,424 --> 00:08:30,261 - A biblioteca? - Si, aí penso mellor. 142 00:08:31,136 --> 00:08:34,682 Deume por ir cando a cousa ía mal na casa. Despois dun tempo, 143 00:08:34,682 --> 00:08:38,602 era máis por fuxir a un sitio que por fuxir dun sitio. 144 00:08:39,186 --> 00:08:41,897 Pensaba que entraría en Stanford a base de ler. 145 00:08:41,897 --> 00:08:44,191 - Carallo! Fuches a Stanford? - Non. 146 00:08:44,984 --> 00:08:46,777 Os cabróns rexeitáronme. 147 00:08:47,278 --> 00:08:50,155 Fun a unha pública e logo cambiei a Berkeley. 148 00:08:50,948 --> 00:08:55,119 Na empresa, contratei uns graduados de Stanford de mozos do café. 149 00:08:55,911 --> 00:08:57,329 Estrañas estar ao mando? 150 00:08:57,997 --> 00:08:59,873 Quen di que non estou ao mando? 151 00:09:01,792 --> 00:09:04,044 Se Arrington nos confirma o obxectivo, 152 00:09:04,044 --> 00:09:07,006 estamos un paso máis cerca de entender todo isto. 153 00:09:07,006 --> 00:09:09,883 Poñamos que era Maddie Redfield. 154 00:09:09,883 --> 00:09:10,801 Si. 155 00:09:10,801 --> 00:09:14,972 Alguén da Casa Branca estaría disposto a voar un barrio só por ela. 156 00:09:15,806 --> 00:09:18,892 Nada no disco duro indica por que nin quen. 157 00:09:19,393 --> 00:09:23,063 Así que temos que mirar para isto desde outra perspectiva. 158 00:09:24,815 --> 00:09:28,986 Agora que lle vimos a cara ao sicario, igual conseguimos identificalo. 159 00:09:28,986 --> 00:09:29,903 Como? 160 00:09:31,280 --> 00:09:33,490 Sabes a foto que saquei? A do anel? 161 00:09:33,991 --> 00:09:38,704 Segundo o FBI, viña de Iugoslavia, pero o rastro acababa aí, así que... 162 00:09:39,496 --> 00:09:43,042 igual pasamos algo por alto. Podemos buscar algunha relación. 163 00:09:43,042 --> 00:09:47,588 Se houbese algún lugar cheo de libros que fose perfecto para investigar... 164 00:09:49,882 --> 00:09:51,759 Espera aí. Isto que é? 165 00:09:55,721 --> 00:09:59,600 - Díxoche o nome de Diane Farr? - Si, señor. Unha misión especial. 166 00:10:01,018 --> 00:10:01,894 De acordo. 167 00:10:04,605 --> 00:10:08,734 Dille que Maddie non ten que ver. Que a deixe estar. Nin unha palabra máis. 168 00:10:08,734 --> 00:10:09,652 Si, señor. 169 00:10:11,320 --> 00:10:13,364 - Dime o que queres... - Temos que falar. 170 00:10:13,364 --> 00:10:14,907 Perdoa, chámote logo. 171 00:10:18,160 --> 00:10:22,164 - Que foi? Véxote cabreado. - Que fai o teu contestador en Georgetown 172 00:10:22,164 --> 00:10:24,833 - interrogándome os axentes? - De que falas? 173 00:10:24,833 --> 00:10:28,712 Peter preguntoulle á miña axente onde estaba Maddie o ano pasado. 174 00:10:28,712 --> 00:10:30,089 - Por que? - Dimo ti. 175 00:10:30,089 --> 00:10:33,801 - Di que o mandaches ti. - Non sei que fai en Georgetown. 176 00:10:33,801 --> 00:10:36,387 - Non o parece. - E que é o que parece? 177 00:10:36,387 --> 00:10:41,266 Que levas unha investigación extraoficial e, a verdade, iso incomódame moito. 178 00:10:41,266 --> 00:10:44,436 Achégate aquí, que che fago unha masaxiña nas costas. 179 00:10:44,436 --> 00:10:47,898 E logo vas tomar polo cu. Isto é cousa da presidenta. 180 00:10:47,898 --> 00:10:51,443 Se tes unha pista, sabes que tes que compartila cos demais. 181 00:10:51,443 --> 00:10:53,070 Quen sodes os demais, Ben? 182 00:10:53,654 --> 00:10:56,740 A integridade dos Servizos Secretos púxose en dúbida 183 00:10:56,740 --> 00:10:59,493 e o director adxunto do FBI acabou morto. 184 00:10:59,993 --> 00:11:03,080 Os teus homes deixaron tirada a Rose Larkin no hotel. 185 00:11:03,831 --> 00:11:06,709 Moi oportuno que empeces a fixarte agora. 186 00:11:06,709 --> 00:11:08,293 Oportuno, o carallo. 187 00:11:09,253 --> 00:11:13,298 Pedinlle a Peter que investigue a desfeita que temos entre mans. 188 00:11:13,298 --> 00:11:17,302 A menos que queiras ocultar algo, non sei por que che importa. 189 00:11:17,302 --> 00:11:21,807 Impórtame desde que Sutherland insinuou que alguén vai por Maddie, 190 00:11:21,807 --> 00:11:24,768 sen dar máis xustificación que o teu nome. 191 00:11:25,561 --> 00:11:30,983 Veñen aí a presidenta e o vicepresidente e van querer saber de onde saíu esa idea. 192 00:11:31,567 --> 00:11:34,236 Eu de ti, buscaba unha explicación... 193 00:11:35,154 --> 00:11:36,071 rapidiño. 194 00:11:51,170 --> 00:11:54,381 Sentímolo. O número ao que chama xa non está operativo. 195 00:11:55,132 --> 00:11:59,094 O máis parecido ao selo do anel é o escudo do reinado de Iugoslavia, 196 00:11:59,094 --> 00:12:01,847 que non existe desde a Segunda Guerra Mundial. 197 00:12:01,847 --> 00:12:04,683 Un anel que puido saír dunha casa de empeños. 198 00:12:04,683 --> 00:12:06,477 Si, pero mira ben. 199 00:12:08,771 --> 00:12:11,899 - Non é exactamente igual. - Resultado non concluínte. 200 00:12:11,899 --> 00:12:13,901 E preocúpame outra cousa. 201 00:12:13,901 --> 00:12:17,696 Cando se pensou que fora a FIP, pasou a ser operación militar. 202 00:12:17,696 --> 00:12:21,366 O FBI deixou de buscar sospeitosos, caso pechado, acabou. 203 00:12:21,366 --> 00:12:23,202 - Quen decidiu iso? - Hawkins. 204 00:12:23,202 --> 00:12:26,497 Hai forma de desandar os seus pasos ata a Casa Branca? 205 00:12:26,497 --> 00:12:29,750 - Entrarlle no ordenador? - Non dou chegado tan cerca. 206 00:12:32,461 --> 00:12:35,589 Pero está a viúva. Podemos intentar falar con ela. 207 00:12:36,089 --> 00:12:37,382 Vale. Vai ti. 208 00:12:37,382 --> 00:12:41,720 - Eu intento atopar algo máis do anel. - Non. Quedamos xuntos, vale? 209 00:12:41,720 --> 00:12:46,725 Peter, é unha biblioteca. Como moito, póñenche penalizacións por atrasos. 210 00:12:46,725 --> 00:12:48,852 Hai xente, cámaras... 211 00:12:49,561 --> 00:12:51,563 Vou estar ben un par de horas. 212 00:12:51,563 --> 00:12:55,692 Por favor, déixao para outro momento. Primeiro ven comigo e logo xa... 213 00:12:55,692 --> 00:12:58,570 Non é por protección, é por xestión do tempo. 214 00:12:58,570 --> 00:13:00,447 E o tempo vai acabando. 215 00:13:02,866 --> 00:13:03,700 Vale, veña. 216 00:13:06,411 --> 00:13:09,540 Douche o número do meu prepago. O teu aínda o teño. 217 00:13:11,208 --> 00:13:12,084 Chámame. 218 00:13:12,084 --> 00:13:14,294 Non só para urxencias, vale? 219 00:13:14,294 --> 00:13:15,462 - Para... - Darche leria? 220 00:13:15,462 --> 00:13:18,966 - Non. Xa me entendes. - Para contarche chismes? Chistes? 221 00:13:18,966 --> 00:13:21,468 Non. Para confirmarme que estás ben. 222 00:13:21,468 --> 00:13:25,305 Ti chámame se che intentan disparar. Teño algún consello. 223 00:13:25,305 --> 00:13:26,223 - Ai, si? - Si. 224 00:13:26,223 --> 00:13:28,058 Aprendíchelos en Stanford? 225 00:13:28,058 --> 00:13:30,227 Que vaian á merda. Non me merecían. 226 00:13:34,940 --> 00:13:35,774 Si? 227 00:13:35,774 --> 00:13:37,651 - Axente Sutherland? - Si. 228 00:13:37,651 --> 00:13:42,489 Confírmoche que non estaba con Maddie e o que buscas non ten que ver con ela. 229 00:13:42,489 --> 00:13:45,200 Pódesme dicir algo sobre a quen escoltabas? 230 00:13:45,200 --> 00:13:47,202 Non teño autorización para máis. 231 00:13:47,202 --> 00:13:49,663 Terías que ir polas canles oficiais. 232 00:13:50,539 --> 00:13:54,626 Se tes unha ameaza que denunciar contra a miña protexida, é o momento. 233 00:13:54,626 --> 00:13:59,172 Se non a escoltabas a ela na cafetería, tes razón: non ten que ver con isto. 234 00:14:00,215 --> 00:14:01,466 Que dis da cafetería? 235 00:14:02,801 --> 00:14:03,927 Dimo ti. 236 00:14:04,511 --> 00:14:05,387 Vou colgar. 237 00:14:05,387 --> 00:14:07,806 O nome "Gabián" diche algo? 238 00:14:11,393 --> 00:14:12,311 Adeus. 239 00:14:17,190 --> 00:14:18,567 Moi bo traballo, xente. 240 00:14:18,567 --> 00:14:21,153 Que teñades moi bo día e ata mañá. 241 00:14:21,153 --> 00:14:23,071 Grazas, profesor. Ata mañá. 242 00:14:57,606 --> 00:14:59,608 Cando acaba a túa quenda? 243 00:15:00,275 --> 00:15:02,235 Dentro de catro horas. Por? 244 00:15:02,736 --> 00:15:06,865 Necesito roupa para o de Harper. Podíasme axudar a escoller algo. 245 00:15:06,865 --> 00:15:10,118 E non hai clase de desenvolvemento político dos EUA? 246 00:15:10,118 --> 00:15:14,915 Despois da visita de papá, xa me chegou de política dos EUA para todo o día. 247 00:15:14,915 --> 00:15:18,210 Mellor facemos un pouco de terapia de tendas. 248 00:15:18,210 --> 00:15:19,795 Vale, aviso o equipo. 249 00:15:22,673 --> 00:15:26,176 Teño reunión de orzamentos dentro de cinco minutos. Que foi? 250 00:15:26,176 --> 00:15:28,553 Grazas polo seu tempo, señora. 251 00:15:28,553 --> 00:15:31,598 Hai unhas horas, o axente do FBI Peter Sutherland 252 00:15:31,598 --> 00:15:36,395 apareceu no campus de Georgetown acompañado por unha civil, Rose Larkin. 253 00:15:36,979 --> 00:15:39,564 - Se cadra sóalle o nome de... - Sei quen é. 254 00:15:39,564 --> 00:15:41,149 Un momento. Sutherland? 255 00:15:41,149 --> 00:15:44,736 Que fai por aí cunha testemuña clave nunha investigación do FBI? 256 00:15:44,736 --> 00:15:49,616 Afirma que Farr o mandou a investigar unha ameaza á vida de Maddie Redfield. 257 00:15:51,201 --> 00:15:53,036 Pódesnolo explicar, Diane? 258 00:15:53,036 --> 00:15:56,540 Despois do que pasou no hotel e do asasinato de Hawkins, 259 00:15:56,540 --> 00:16:00,335 puxen a Rose baixo a supervisión do único en quen podía confiar. 260 00:16:00,335 --> 00:16:04,464 Iso non explica que fai en Georgetown seguindo a miña filla. 261 00:16:04,464 --> 00:16:06,049 Non sei por que está alí. 262 00:16:06,550 --> 00:16:10,512 - Non me colle o teléfono. - Eu pensando que ese era o seu traballo. 263 00:16:10,512 --> 00:16:13,432 Está ausente sen permiso? Coa testemuña? 264 00:16:13,432 --> 00:16:17,519 Non, limitamos a comunicación para evitar que os rastrexen. 265 00:16:17,519 --> 00:16:18,937 É un despropósito. 266 00:16:18,937 --> 00:16:22,983 Quere que os Servizos Secretos deteñan a Sutherland en Georgetown? 267 00:16:22,983 --> 00:16:24,234 Un pouco extremo. 268 00:16:24,234 --> 00:16:26,153 - Maddie está segura? - Si. 269 00:16:26,153 --> 00:16:29,448 E, polo que sabemos, Maddie non ten nada que ver 270 00:16:29,448 --> 00:16:33,910 coa investigación que Sutherland estea levando en nome de Diane Farr. 271 00:16:33,910 --> 00:16:37,122 - Pero prefería preguntarllo en persoa. - Eu tamén. 272 00:16:37,122 --> 00:16:40,542 Peter é leal. Vai informar. Terei resposta a última hora. 273 00:16:40,542 --> 00:16:42,794 - Señora, creo que non... - Deixádenos. 274 00:16:45,297 --> 00:16:46,339 Xa. 275 00:16:59,436 --> 00:17:00,312 A ver... 276 00:17:01,897 --> 00:17:02,981 Que está pasando? 277 00:17:02,981 --> 00:17:05,150 - Atopou algo. - E como o sabes? 278 00:17:05,150 --> 00:17:08,195 El e Larkin están retomando o traballo dos Campbell 279 00:17:08,195 --> 00:17:10,197 para acabar a súa investigación. 280 00:17:10,197 --> 00:17:12,574 E levounos a Maddie Redfield? 281 00:17:12,574 --> 00:17:14,242 - Como? - Non o sei. 282 00:17:16,703 --> 00:17:17,704 Non di ben de ti. 283 00:17:18,413 --> 00:17:20,290 As súas vidas están en perigo. 284 00:17:21,583 --> 00:17:24,252 - Tráeos antes de que sexa tarde. - Entendido. 285 00:17:33,845 --> 00:17:34,763 Señora Hawkins. 286 00:17:35,472 --> 00:17:36,890 Son Peter Sutherland. 287 00:17:36,890 --> 00:17:38,850 Traballaba co seu home. 288 00:17:40,519 --> 00:17:42,479 Sinto moito a súa perda. 289 00:17:42,479 --> 00:17:45,232 É o que hai que dicir, non? 290 00:17:46,316 --> 00:17:51,113 Só lle quería facer unhas preguntas sobre algo que o seu home e eu estabamos... 291 00:17:52,114 --> 00:17:54,658 Estabámolo investigando antes de el morrer. 292 00:18:00,247 --> 00:18:01,081 Grazas. 293 00:18:09,381 --> 00:18:12,008 - Tamén estaba no FBI? - Coñecémonos alí. 294 00:18:12,008 --> 00:18:13,593 Viñeches por iso? 295 00:18:14,427 --> 00:18:17,180 Non. O director Hawkins e eu 296 00:18:17,180 --> 00:18:20,684 estabamos nun grupo que investigaba o atentado do metro... 297 00:18:20,684 --> 00:18:23,854 Mira, xa lles dixen aos outros que non sei nada. 298 00:18:23,854 --> 00:18:26,857 Jamie non podía falar do seu traballo comigo. 299 00:18:26,857 --> 00:18:30,110 Eu deixei o FBI hai 20 anos. 300 00:18:30,861 --> 00:18:32,988 Cos fillos, non fun capaz de seguir. 301 00:18:32,988 --> 00:18:36,324 Enténdoo. Se cadra oíulle algo sen moita importancia. 302 00:18:36,324 --> 00:18:38,577 Deixaría algo onde eu poida buscar? 303 00:18:38,577 --> 00:18:40,078 Ti que cres que pasa 304 00:18:40,078 --> 00:18:43,790 cando matan o director adxunto do FBI e ninguén sabe por que? 305 00:18:45,458 --> 00:18:47,002 Vouche ensinar algo. 306 00:18:52,799 --> 00:18:55,677 Durante dous días, o FBI fritiume a preguntas. 307 00:18:56,178 --> 00:18:57,387 Limpáronnos a casa. 308 00:18:57,387 --> 00:19:00,098 Revisaron todos os seus arquivos, 309 00:19:00,098 --> 00:19:02,350 a súa mesa, os seus libros, 310 00:19:02,350 --> 00:19:03,727 o seu ordenador... 311 00:19:03,727 --> 00:19:04,686 e o meu. 312 00:19:06,354 --> 00:19:07,272 Adiante. 313 00:19:11,610 --> 00:19:14,154 Trinta anos de servizo 314 00:19:14,154 --> 00:19:16,114 e trátano como un delincuente. 315 00:19:16,698 --> 00:19:18,491 Xa. Entendo como se sente. 316 00:19:19,075 --> 00:19:20,368 Non o podes entender. 317 00:19:23,663 --> 00:19:24,998 Pois si. 318 00:19:25,665 --> 00:19:31,588 O FBI rexistroume a casa aos 16 anos porque meu pai era sospeitoso de algo. 319 00:19:32,172 --> 00:19:36,384 Entendo o fácil que é sentir que todo isto vai pasar nuns días. 320 00:19:37,135 --> 00:19:40,555 Pero e se pasan semanas? Ou meses? 321 00:19:40,555 --> 00:19:43,141 E todos seguen dicindo que é culpable? 322 00:19:43,141 --> 00:19:46,269 Non me interesa o que opine ninguén do meu home. 323 00:19:47,646 --> 00:19:48,480 Eu coñecíao. 324 00:19:48,480 --> 00:19:50,815 Xa. Eu tamén a meu pai. 325 00:19:51,691 --> 00:19:53,526 E logo pasan uns poucos anos. 326 00:19:54,402 --> 00:19:55,570 Cinco anos, 327 00:19:56,071 --> 00:19:56,947 seis, 328 00:19:57,906 --> 00:19:58,782 sete. 329 00:19:59,616 --> 00:20:02,285 E non hai máis respostas. Só máis preguntas. 330 00:20:02,285 --> 00:20:06,456 Como: "Por que están tan seguros de que é culpable, se eu o coñecía?" 331 00:20:08,375 --> 00:20:09,251 Si. 332 00:20:12,254 --> 00:20:14,547 Chega un punto en que... 333 00:20:18,802 --> 00:20:20,303 pasou tempo abondo 334 00:20:21,012 --> 00:20:22,097 e empezas... 335 00:20:23,974 --> 00:20:25,517 Empezas a preguntarte... 336 00:20:26,893 --> 00:20:28,395 Empezas a pensar... 337 00:20:31,189 --> 00:20:32,440 "E se teñen razón?" 338 00:20:34,109 --> 00:20:34,985 Non sabe? 339 00:20:38,530 --> 00:20:40,657 De súpeto, xa non é tan doado 340 00:20:41,157 --> 00:20:44,869 defender a memoria de alguén que se foi. 341 00:20:47,330 --> 00:20:48,707 Porque a verdade é que... 342 00:20:51,584 --> 00:20:52,419 só... 343 00:20:53,128 --> 00:20:55,547 Ano tras ano, só te preguntas a ti mesmo: 344 00:20:56,381 --> 00:20:58,008 "Que hostia pasou, meu?" 345 00:21:01,678 --> 00:21:04,055 Non lle desexo iso a ninguén. 346 00:21:05,223 --> 00:21:06,349 Sutherland. 347 00:21:08,893 --> 00:21:11,062 - Penseino ao oír o teu nome. - Si. 348 00:21:13,064 --> 00:21:15,275 Sinto que tiveses que crecer con iso. 349 00:21:16,860 --> 00:21:17,736 Mire... 350 00:21:19,321 --> 00:21:23,241 igual o seu home era culpable e o matou algún dos seus cómplices. 351 00:21:23,241 --> 00:21:27,120 Ou igual se achegou tanto á verdade que iso foi o que o matou. 352 00:21:28,455 --> 00:21:30,832 Só sei que, se iso queda sen resposta, 353 00:21:32,000 --> 00:21:33,793 logo é moito peor. 354 00:21:47,682 --> 00:21:49,601 Tiña que ser un calabozo, claro. 355 00:22:15,668 --> 00:22:16,961 GUÍA DE HERÁLDICA 356 00:23:14,018 --> 00:23:16,396 Se traballabas con Jamie na Casa Branca, 357 00:23:16,396 --> 00:23:19,774 debías saber máis ca min do tema no que estaba implicado. 358 00:23:19,774 --> 00:23:20,733 Grazas. 359 00:23:22,068 --> 00:23:23,611 Que che era o meu home? 360 00:23:28,199 --> 00:23:29,951 Perdoe, pero antes mentín. 361 00:23:29,951 --> 00:23:33,872 Si que traballaba co seu home, pero creo que non lle caía moi ben. 362 00:23:34,372 --> 00:23:38,376 Pensaría que meu pai era un traidor e tivo o que merecía. 363 00:23:39,502 --> 00:23:43,006 Iso non quita que el mereza que se demostre a súa inocencia. 364 00:23:43,006 --> 00:23:46,217 - E ti que sacas? - A miña protexida está en perigo. 365 00:23:46,217 --> 00:23:49,846 O que sexa que investigaba o seu home ten que ver con iso. 366 00:23:49,846 --> 00:23:51,806 Eu só quero mantela a salvo. 367 00:24:05,570 --> 00:24:07,489 Eu tamén mentín antes. 368 00:24:12,577 --> 00:24:14,454 {\an8}ESCUDO DE ARMAS FAMILIA PAVELIĆ 369 00:24:29,177 --> 00:24:30,470 FAMILIA PAVELIĆ 370 00:24:31,471 --> 00:24:33,139 PAVELIĆ DENUNCIA... 371 00:24:38,645 --> 00:24:40,980 Jamie si que me falaba dos seus casos. 372 00:24:41,648 --> 00:24:43,733 Compartía ideas comigo seguido. 373 00:24:43,733 --> 00:24:46,402 Valoraba a miña opinión. 374 00:24:47,737 --> 00:24:50,823 Traballou no caso do atentado do metro un tempo. 375 00:24:52,951 --> 00:24:56,871 Detectou algunha incoherencia. 376 00:24:56,871 --> 00:24:57,789 De que tipo? 377 00:24:57,789 --> 00:25:01,209 Cría que alguén interferira na investigación do FBI. 378 00:25:01,209 --> 00:25:04,546 As pezas que lles deixaran non encaixaban. 379 00:25:04,546 --> 00:25:07,257 Fala de Omar Zadar e a FIP? 380 00:25:07,257 --> 00:25:09,050 Dicía que era todo mentira. 381 00:25:09,050 --> 00:25:12,679 Aquela confesión apareceu practicamente da nada. 382 00:25:12,679 --> 00:25:17,559 O FBI xa tiña unha lista de sospeitosos, ningún relacionado con Zadar. 383 00:25:18,434 --> 00:25:23,815 Jamie volveu revisar expedientes do caso e creo que atopou algo 384 00:25:23,815 --> 00:25:29,028 que apuntaba directamente a un contratista do goberno chamado Turn Lake Industries. 385 00:25:30,947 --> 00:25:32,574 - Oíches falar deles? - Non. 386 00:25:32,574 --> 00:25:37,745 O día que Jamie desapareceu, tiña unha reunión secreta con eles. 387 00:25:38,246 --> 00:25:41,958 Non sei con quen. Parecía que co director executivo. 388 00:25:42,917 --> 00:25:46,170 Estaba algo nervioso. 389 00:25:46,838 --> 00:25:48,256 Non parecía el. 390 00:25:48,256 --> 00:25:49,632 Dixo algo máis? 391 00:25:51,968 --> 00:25:52,802 Non. 392 00:25:55,221 --> 00:25:57,015 Saíu para o traballo... 393 00:26:01,060 --> 00:26:02,604 e xa non volveu. 394 00:26:03,104 --> 00:26:04,689 PAVELIĆ SEGUE DESAPARECIDO 395 00:26:04,689 --> 00:26:06,024 A POLICÍA BUSCA... 396 00:26:07,650 --> 00:26:09,777 {\an8}A POLICÍA BUSCA SOSPEITOSO DA DESAPARICIÓN 397 00:26:17,118 --> 00:26:18,578 Hostia. 398 00:26:18,578 --> 00:26:22,040 Non lle falou disto a ningún outro axente nas entrevistas? 399 00:26:22,040 --> 00:26:25,001 Non. Jamie non sabía en quen podía confiar. 400 00:26:25,001 --> 00:26:29,797 E había quedar aínda peor se soubesen que me contaba cousas. 401 00:26:31,382 --> 00:26:32,967 Pero nós eramos así. 402 00:26:35,261 --> 00:26:36,679 Compartiámolo todo. 403 00:26:38,056 --> 00:26:39,974 Jamie coñecía os Campbell. 404 00:26:41,559 --> 00:26:44,937 Na súa época na contraintelixencia, fora o seu supervisor. 405 00:26:46,522 --> 00:26:48,858 Tomou as súas mortes como algo persoal. 406 00:26:50,318 --> 00:26:51,569 Aquela noite, chorou. 407 00:26:53,571 --> 00:27:00,370 Que tivo que ver iso con Turn Lake ou co caso do metro? Nin idea. 408 00:27:02,914 --> 00:27:05,249 Pero Jamie andaba cerca de sabelo. 409 00:27:06,376 --> 00:27:07,210 Grazas. 410 00:27:08,044 --> 00:27:09,504 Por todo. 411 00:27:12,590 --> 00:27:13,466 Ti... 412 00:27:15,051 --> 00:27:16,636 fai que valla a pena. 413 00:27:29,982 --> 00:27:30,858 Que? 414 00:27:32,735 --> 00:27:33,986 Vén á noite. 415 00:27:43,538 --> 00:27:45,790 Está toliña por ti, non? 416 00:27:46,457 --> 00:27:50,211 - Darase librado dos escoltas? - Di que non é a primeira vez. 417 00:27:51,546 --> 00:27:52,380 Ben. 418 00:28:02,056 --> 00:28:02,932 Que foi? 419 00:28:03,433 --> 00:28:06,185 Non está ben manipulala así. 420 00:28:07,854 --> 00:28:08,896 É boa persoa. 421 00:28:08,896 --> 00:28:12,066 Se nos axuda, podemos cambiar o mundo. 422 00:28:13,735 --> 00:28:15,153 Ti o dixeches. 423 00:28:16,404 --> 00:28:20,241 Vas convencela, como me convenciches a min. 424 00:28:21,451 --> 00:28:22,326 Ei. 425 00:28:23,077 --> 00:28:24,871 É polo ben común. 426 00:28:25,580 --> 00:28:29,375 En canto o vexa así, entenderá que tiñamos que ser discretos 427 00:28:30,001 --> 00:28:30,960 e facelo así. 428 00:28:32,378 --> 00:28:33,504 Sorrí. 429 00:28:34,505 --> 00:28:37,675 Todos estes meses de traballo duro van dar froitos. 430 00:28:53,399 --> 00:28:58,029 Perdoa, teño que verte enchelo. Os do laboratorio son moi estritos. 431 00:29:03,117 --> 00:29:04,327 Claro, perdoa. 432 00:29:11,250 --> 00:29:13,795 - Impórtache dar un paso atrás? - Xa. 433 00:29:13,795 --> 00:29:14,754 Claro. 434 00:29:38,486 --> 00:29:40,655 Soñaba con traballar na Casa Branca. 435 00:29:41,697 --> 00:29:43,324 Grazas polo teu servizo. 436 00:29:46,619 --> 00:29:48,287 Queríame ver, xefe? 437 00:29:50,164 --> 00:29:51,541 O informe de Arrington. 438 00:29:54,669 --> 00:29:56,003 Queres engadir algo? 439 00:30:00,758 --> 00:30:03,678 Podíalle deixar algo á imaxinación. 440 00:30:04,720 --> 00:30:06,180 Hai inexactitudes? 441 00:30:10,059 --> 00:30:10,893 Non. 442 00:30:11,811 --> 00:30:13,437 Non. É duro, pero xusto. 443 00:30:14,814 --> 00:30:18,150 Veña, Erik. Ese informe non me chega só a min. 444 00:30:20,152 --> 00:30:23,823 Agora é cando che boto o sermón e ti dis que non volverá pasar. 445 00:30:24,448 --> 00:30:27,076 - Saltamos o primeiro? - Se che preocupa o meu traballo... 446 00:30:27,076 --> 00:30:30,913 Déixate de hostias. O traballo? Preocúpasme ti. 447 00:30:31,873 --> 00:30:33,791 Estou ben. Só me estou... 448 00:30:36,127 --> 00:30:37,003 aclimatando. 449 00:30:37,753 --> 00:30:38,880 Ben. 450 00:30:41,173 --> 00:30:42,800 Que me dis de Arrington? 451 00:30:45,052 --> 00:30:45,887 É nova. 452 00:30:45,887 --> 00:30:48,264 - Entón, nós somos... - Nova, pero lista. 453 00:30:48,264 --> 00:30:51,058 Ten un xeito diferente de facer as cousas. 454 00:30:51,058 --> 00:30:53,728 - En que sentido? - É coma se fosen amigas. 455 00:30:53,728 --> 00:30:58,399 Eu non enfocaría así o traballo, pero se cadra é algo xeracional. 456 00:30:58,399 --> 00:30:59,859 Cres que é un problema? 457 00:30:59,859 --> 00:31:00,776 Non. 458 00:31:02,528 --> 00:31:03,362 Por agora. 459 00:31:05,364 --> 00:31:06,949 - Maddie? - Pasa. 460 00:31:09,327 --> 00:31:11,829 - Cortina da ducha? - Para devolver? 461 00:31:13,122 --> 00:31:14,957 Aínda non decidín que poñer. 462 00:31:23,674 --> 00:31:24,926 E este que? 463 00:31:25,593 --> 00:31:28,095 Non sei eu se me quedará ben. 464 00:31:29,555 --> 00:31:30,389 Espera. 465 00:31:37,271 --> 00:31:42,151 Será que hai algún rapaz na exposición esa que queiramos impresionar? 466 00:31:43,861 --> 00:31:45,947 Non teño nin idea do que falas. 467 00:31:45,947 --> 00:31:46,906 Xa. 468 00:31:47,448 --> 00:31:48,658 Como se chama? 469 00:31:49,575 --> 00:31:50,910 Chámase... 470 00:31:51,911 --> 00:31:52,787 Cala! 471 00:31:54,580 --> 00:31:56,832 Vale, ben. Non mo digas. 472 00:31:56,832 --> 00:31:59,585 Xa farei a comprobación de antecedentes. 473 00:32:01,712 --> 00:32:02,588 A ver. 474 00:32:03,923 --> 00:32:06,801 - Opinión. - Si. É ese, seguro. 475 00:32:12,139 --> 00:32:15,393 Chelsea Arrington, especialista en terapia de tendas. 476 00:32:16,644 --> 00:32:19,105 Só que non teño nada para este escote. 477 00:32:20,731 --> 00:32:22,149 Iso arránxocho eu. 478 00:32:26,195 --> 00:32:27,446 Que bonito. 479 00:32:28,698 --> 00:32:31,492 Miña avoa deullo a miña nai cando era pequena. 480 00:32:32,410 --> 00:32:35,204 Xa casada con meu pai, pasaron dificultades 481 00:32:35,204 --> 00:32:37,832 e tivo que empeñalo para non perder a casa. 482 00:32:37,832 --> 00:32:42,003 Meu pai pasou dous anos facendo quendas dobres 483 00:32:42,003 --> 00:32:44,922 para aforrar e volvelo comprar polo aniversario. 484 00:32:45,756 --> 00:32:48,092 Miña nai deumo cando eu tiña sete anos, 485 00:32:48,801 --> 00:32:52,596 para lembrarme non perder a esperanza, porque as cousas melloran. 486 00:32:55,891 --> 00:32:58,144 Agora non podo aceptalo. 487 00:32:58,144 --> 00:32:59,895 É unha noite. Non pasa nada. 488 00:33:01,480 --> 00:33:03,441 Non merezo unha amiga coma ti. 489 00:33:04,191 --> 00:33:08,404 Sabes que máis me dicía miña nai? Merecemos o que dicimos que merecemos. 490 00:33:21,959 --> 00:33:22,835 Peter. 491 00:33:26,964 --> 00:33:28,424 - Ola. - Estás ben? 492 00:33:28,424 --> 00:33:29,550 Si. 493 00:33:29,550 --> 00:33:32,470 Houbo un momento que pensei que me seguían, pero... 494 00:33:32,470 --> 00:33:33,471 - Quen? - Nada. 495 00:33:33,471 --> 00:33:35,723 Eran uns estudantes meténdose man. 496 00:33:36,724 --> 00:33:39,810 Aínda así, alégrome de que esteas aquí. 497 00:33:39,810 --> 00:33:41,353 Atopaches algo? 498 00:33:41,353 --> 00:33:44,815 Si. Resulta que Hawkins coñecía a teus tíos do FBI. 499 00:33:45,316 --> 00:33:49,153 Por como falaba do tema a súa muller, debían ser íntimos. 500 00:33:49,653 --> 00:33:51,655 Creo que o mataron por investigar. 501 00:33:52,406 --> 00:33:54,825 - Non foi el? - Non. O día que o mataron, 502 00:33:54,825 --> 00:33:59,038 íase reunir cun alto cargo dunha empresa, Turn Lake Industries. 503 00:34:00,790 --> 00:34:02,625 Pois mira isto. 504 00:34:06,796 --> 00:34:07,671 É el. 505 00:34:07,671 --> 00:34:11,383 Non hai nome nin nada, pero é o sospeitoso nunha desaparición. 506 00:34:11,383 --> 00:34:17,098 O nome do desaparecido é Andrej Pavelić, membro dunha familia real extinta. 507 00:34:17,098 --> 00:34:20,601 E mira o escudo de armas da familia. 508 00:34:22,019 --> 00:34:23,979 - Igual que o do anel. - Si. 509 00:34:24,480 --> 00:34:25,981 Antes de desaparecer, 510 00:34:25,981 --> 00:34:29,735 criticaba na prensa un contratista de defensa estadounidense 511 00:34:29,735 --> 00:34:32,571 por dirixir operacións na sombra nos Balcáns. 512 00:34:32,571 --> 00:34:34,990 Adiviña quen é o contratista. 513 00:34:34,990 --> 00:34:36,450 Turn Lake Industries. 514 00:34:38,327 --> 00:34:39,286 Si. 515 00:34:39,286 --> 00:34:42,248 Esta empresa está implicada no asasinato de meus tíos. 516 00:34:42,248 --> 00:34:44,917 Pode ser. A ver que máis atopas deles. 517 00:34:44,917 --> 00:34:46,252 Voulle contar a Farr. 518 00:34:53,467 --> 00:34:56,762 - Farr. - Son Peter. Temos algo dun dos sicarios. 519 00:34:56,762 --> 00:35:00,307 Non sei por que acosas os Servizos Secretos en Georgetown, 520 00:35:00,307 --> 00:35:02,226 pero a xente está moi cabreada. 521 00:35:02,226 --> 00:35:06,105 Cremos que ían pola filla do vicepresidente. Pero quedou en nada. 522 00:35:06,605 --> 00:35:09,233 Creo que os Servizos Secretos teñen a clave. 523 00:35:09,233 --> 00:35:12,945 E temos algo máis. Oíu falar da empresa Turn Lake Industries? 524 00:35:12,945 --> 00:35:15,489 - O contratista de seguridade? - Coñéceos? 525 00:35:15,489 --> 00:35:18,909 Teñen contratos activos co Pentágono e polo mundo. Por? 526 00:35:18,909 --> 00:35:22,037 Os sicarios dos Campbell poderían traballar para Turn Lake. 527 00:35:22,037 --> 00:35:25,249 - Tes probas? - Abondo para abrir unha investigación. 528 00:35:25,249 --> 00:35:27,751 Xunta todo para informarmos a presidenta. 529 00:35:27,751 --> 00:35:30,838 Ti e Rose tedes que volver á Casa Branca pero xa. 530 00:35:30,838 --> 00:35:32,006 Si, señora. 531 00:35:32,006 --> 00:35:33,757 Rose, temos que marchar. 532 00:35:33,757 --> 00:35:35,843 Espera, creo que atopei algo. 533 00:35:35,843 --> 00:35:37,052 Que é todo isto? 534 00:35:37,052 --> 00:35:40,222 A lista pública oficial de doazóns ás campañas. 535 00:35:40,222 --> 00:35:43,726 - Buscamos o malo da Casa Branca, non? - Si. 536 00:35:43,726 --> 00:35:47,354 Se queres saber con quen se deitan os malos, sigue os cartos. 537 00:35:47,354 --> 00:35:50,649 Parece que moitos dos cartos de Turn Lake foron a... 538 00:35:51,525 --> 00:35:54,028 VICEPRESIDENTE GOBERNADOR 539 00:35:54,820 --> 00:35:56,488 O vicepresidente Redfield. 540 00:35:56,488 --> 00:35:57,656 Isto é real? 541 00:35:58,240 --> 00:35:59,283 Benvido á festa. 542 00:36:01,952 --> 00:36:06,207 A ver, dixeches que Hawkins se reunira cun alto cargo, non? 543 00:36:06,207 --> 00:36:07,166 Si. 544 00:36:08,542 --> 00:36:11,712 O nome do director executivo é Gordon Wick. 545 00:36:13,923 --> 00:36:15,466 Nunca oíra falar del. 546 00:36:15,466 --> 00:36:17,259 Igual o vicepresidente si. 547 00:36:18,510 --> 00:36:20,221 ASHLEY REDFIELD E GORDON WICK 548 00:36:21,472 --> 00:36:23,307 Hostia. Parece que se coñecen. 549 00:36:23,307 --> 00:36:27,102 Desde hai tempo. Actos sociais, congresos, grupos de expertos... 550 00:36:27,978 --> 00:36:31,482 - Creo que o temos. - Imprime todo e levámosllo a Travers. 551 00:36:31,482 --> 00:36:34,526 Espera. A presidenta quere vernos? 552 00:36:34,526 --> 00:36:36,028 Benvida á festa. 553 00:36:42,201 --> 00:36:43,953 Descansa mentres podemos. 554 00:36:46,497 --> 00:36:48,749 Cando me prometiches deixar os moteis, 555 00:36:49,333 --> 00:36:52,378 non pensei que fósemos vivir nun aparcadoiro. 556 00:36:55,047 --> 00:36:57,424 - Estraño os baños. - Xa. Eu tamén. 557 00:36:58,384 --> 00:37:00,552 Pero non imos estar aquí moito máis. 558 00:37:01,220 --> 00:37:04,390 - Así que descansa. - Polo menos, o motel tiña tele. 559 00:37:04,390 --> 00:37:06,475 Razón de máis para descansar, non? 560 00:37:07,476 --> 00:37:08,310 Vale. 561 00:37:15,859 --> 00:37:17,528 Puidemos quedar co bebé. 562 00:37:18,529 --> 00:37:19,613 O de Wisconsin. 563 00:37:20,864 --> 00:37:22,157 Era un accesorio. 564 00:37:23,450 --> 00:37:24,326 Xa o sei. 565 00:37:25,244 --> 00:37:26,120 Pero... 566 00:37:27,496 --> 00:37:28,914 e se quedásemos con ela? 567 00:37:30,291 --> 00:37:32,584 - Agora queres o bebé? - Ese non. 568 00:37:34,128 --> 00:37:36,755 Podiamos buscar outro bebé. 569 00:37:37,339 --> 00:37:40,301 - Por que? - Así teriamos un. Estasme a escoitar? 570 00:37:40,301 --> 00:37:41,802 Non, intento descansar. 571 00:37:42,803 --> 00:37:43,637 Descansar. 572 00:37:45,597 --> 00:37:51,020 Cando nos coñecemos, dixeches que o choio era máis fácil cunha muller ao lado. 573 00:37:51,020 --> 00:37:53,605 Ninguén se fixa na parella que vai detrás. 574 00:37:53,605 --> 00:37:57,401 Iso. Co bebé, a muller aquela deixounos entrar na casa. 575 00:37:57,985 --> 00:38:00,779 Pensa o fácil que sería se fósemos unha familia. 576 00:38:00,779 --> 00:38:05,576 Nós non podemos coidar un bebé. Sería un encordio e non sobreviviría. 577 00:38:05,576 --> 00:38:07,578 - E os que nos contratan? - Vale. 578 00:38:07,578 --> 00:38:10,539 Non nos ían dar máis choio se tivésemos un bebé. 579 00:38:10,539 --> 00:38:12,124 E que ías facer ti...? 580 00:38:12,124 --> 00:38:13,417 Vale! 581 00:38:16,253 --> 00:38:18,589 Tampouco era unha idea para agora. 582 00:38:19,089 --> 00:38:22,801 Se cadra para máis adiante, no futuro, non o descartes. 583 00:38:24,219 --> 00:38:26,847 Eu descártoo. Está descartado. 584 00:38:41,445 --> 00:38:43,405 - Monks, podo falar contigo? - Si. 585 00:38:44,490 --> 00:38:47,659 - Todo ben? - Vou quedar eu para a exposición. 586 00:38:47,659 --> 00:38:48,994 Colle a noite libre. 587 00:38:50,662 --> 00:38:51,497 De acordo. 588 00:38:52,414 --> 00:38:54,041 - Tes algún problema? - Non. 589 00:38:55,000 --> 00:38:56,377 Non, é que... 590 00:38:57,753 --> 00:39:02,549 estaba pensando canto tempo ma vas gardar, en vez de darme outra oportunidade. 591 00:39:02,549 --> 00:39:03,967 - Gardarcha? - Si. 592 00:39:03,967 --> 00:39:07,137 Isto non vai de ti, vai da protexida. Quero estar eu. 593 00:39:07,137 --> 00:39:09,515 Teño que prescindir de alguén e es o novo. 594 00:39:09,515 --> 00:39:13,435 E o único do meu equipo que a cagou nunha situación de alto risco. 595 00:39:13,435 --> 00:39:17,398 De verdade cres que o do bar era alto risco? 596 00:39:19,817 --> 00:39:22,277 - Tómalo a broma... - Eu non dixen tal! 597 00:39:22,277 --> 00:39:23,987 Pero dino todos os demais. 598 00:39:24,905 --> 00:39:27,574 Sabes por que nunca viras alguén coma min ao mando? 599 00:39:27,574 --> 00:39:29,201 Porque nunca pasa, hostia. 600 00:39:29,785 --> 00:39:33,038 Isto será parte da rehabilitación para ti. Para min, é a guillotina. 601 00:39:33,038 --> 00:39:36,041 Todo isto afecta á miña imaxe e non a podo cagar. 602 00:39:36,041 --> 00:39:39,461 Un erro e alá vai a miña carreira. Ti debías sabelo ben. 603 00:39:39,461 --> 00:39:42,589 Si. Eu seino mellor ca ninguén! 604 00:39:49,638 --> 00:39:50,514 Perdón. 605 00:39:52,891 --> 00:39:57,146 Mira, sei que che parecín algo tradicional ao principio, 606 00:39:58,105 --> 00:39:59,064 pero enténdoo. 607 00:39:59,565 --> 00:40:02,484 Enténdoo. Estás ao mando. Respéctoo. 608 00:40:02,985 --> 00:40:04,653 Quero que che vaia ben. 609 00:40:06,155 --> 00:40:06,989 Si? 610 00:40:07,865 --> 00:40:09,491 Aprende a acatar unha orde. 611 00:40:10,617 --> 00:40:13,078 Isto non ten que ver co que pasou no bar. 612 00:40:13,078 --> 00:40:16,915 Maddie pasouno mal á mañá. Quedo con ela por se me necesita. 613 00:40:16,915 --> 00:40:20,210 Sei que non estás de acordo, pero a decisión é miña. 614 00:40:21,712 --> 00:40:22,963 E, por certo, 615 00:40:22,963 --> 00:40:27,092 se non che quixese dar outra oportunidade, non seguirías aquí. 616 00:40:37,686 --> 00:40:40,689 Como se paga a terapia de tendas? Quero un aumento. 617 00:40:41,565 --> 00:40:43,108 Tiñas a noite libre. 618 00:40:43,108 --> 00:40:46,445 Pensei que estarías máis tranquila comigo que co novo. 619 00:40:46,445 --> 00:40:48,864 Chelsea, non. Sempre me estás coidando. 620 00:40:48,864 --> 00:40:52,284 Sempre pido de máis. Mereces unha noite libre para ti. 621 00:40:52,284 --> 00:40:56,497 Gústame a arte. E igual precisas máis trucos de alta costura federal. 622 00:40:58,040 --> 00:40:59,041 Botón de alarma? 623 00:40:59,917 --> 00:41:00,751 Si, mamá. 624 00:41:27,528 --> 00:41:28,987 - Aí está. - Vale. 625 00:41:32,449 --> 00:41:33,492 Harper. 626 00:41:33,492 --> 00:41:34,451 - Ola! - Ola! 627 00:41:34,451 --> 00:41:36,620 - Parabéns. - Moitas grazas. 628 00:41:41,750 --> 00:41:44,920 Si. Volvo agora. 629 00:41:44,920 --> 00:41:45,879 Vale. 630 00:41:49,299 --> 00:41:51,927 - Vou ao baño. - De acordo. 631 00:41:52,636 --> 00:41:53,720 Vai ao baño. 632 00:41:56,515 --> 00:41:57,349 Recibido. 633 00:42:24,668 --> 00:42:25,586 Despexado. 634 00:43:00,454 --> 00:43:02,205 Ei. Son eles. 635 00:43:12,799 --> 00:43:13,717 RASTREXANDO 636 00:43:15,510 --> 00:43:16,845 Por fin. 637 00:43:16,845 --> 00:43:19,222 Veña, vamos. 638 00:43:39,868 --> 00:43:41,328 Maddie, todo ben? 639 00:43:45,332 --> 00:43:46,208 Maddie? 640 00:43:51,254 --> 00:43:52,506 Hostia, non. 641 00:43:52,506 --> 00:43:54,299 CHELSEA, PERDOA. VOLVO AXIÑA 642 00:44:01,682 --> 00:44:02,516 Xúrovolo. 643 00:44:02,516 --> 00:44:06,895 Esa noite, Almora non daba articulado unha frase nin para salvar a vida. 644 00:44:06,895 --> 00:44:09,940 Se o acoitelasen, sangraba Jose Cuervo. 645 00:44:10,982 --> 00:44:15,404 - O xefe non sabe beber? - Non. Beber sabía, pero non moito máis. 646 00:44:15,404 --> 00:44:18,073 Beber sabía. Pero vaia, tanto dá. 647 00:44:18,573 --> 00:44:20,867 Señores, a ensinanza desa noite é: 648 00:44:20,867 --> 00:44:23,578 nada de pelexas de bar cos Servizos Secretos. 649 00:44:23,578 --> 00:44:26,748 - Arrington non permitiría merdas desas. - Certo. 650 00:44:27,416 --> 00:44:29,668 Facédeme caso, é mellor así. 651 00:44:34,673 --> 00:44:35,966 Teixugo desapareceu! Vamos! 652 00:44:46,977 --> 00:44:50,897 Podería usar o seu teléfono? Creo que me perdín. 653 00:44:51,398 --> 00:44:52,774 Estás impresionante. 654 00:44:59,698 --> 00:45:02,325 - Seguro que non te seguiron? - Segurísimo. 655 00:45:04,286 --> 00:45:07,664 E segurísimo que aquí podería pasar días. 656 00:45:09,249 --> 00:45:10,834 Canto tempo temos? 657 00:45:10,834 --> 00:45:12,669 - Un par de horas. - Vale. 658 00:45:12,669 --> 00:45:17,507 Máis ca iso e a crise nacional sería a hostia. 659 00:45:18,008 --> 00:45:21,094 - Pois á cea fáltalle pouco. - Si? 660 00:45:22,471 --> 00:45:23,805 ¿E se... 661 00:45:24,806 --> 00:45:26,641 quero empezar pola sobremesa? 662 00:45:27,142 --> 00:45:30,187 Creo que debiamos falar primeiro. 663 00:45:31,480 --> 00:45:33,565 Eu creo que debiamos falar despois. 664 00:45:37,235 --> 00:45:41,948 Saíu por unha ventá a unha rúa lateral. Puido entrar nun vehículo. 665 00:45:41,948 --> 00:45:45,869 Eli, David, trazade un perímetro cos nosos e a policía cando cheguen. 666 00:45:45,869 --> 00:45:49,706 Seis bloques. E ampliade. Estade comunicados por se usa o botón. 667 00:45:49,706 --> 00:45:50,916 Vamos. 668 00:45:50,916 --> 00:45:55,879 Jeff, saca as gravacións das cámaras. Comproba cada dez minutos. 669 00:46:00,717 --> 00:46:02,344 Dime para que me necesitas. 670 00:46:03,595 --> 00:46:06,473 Hai algo que me escapa. Tíñao planeado. 671 00:46:06,473 --> 00:46:09,351 A leria do vestido... É coma se tivese unha cita. 672 00:46:09,351 --> 00:46:11,686 - É raro? - Non, ten tido outras citas. 673 00:46:11,686 --> 00:46:15,398 Nunca pasara nada. Está desexando contarme quen lle gusta. 674 00:46:15,398 --> 00:46:18,860 Que foi diferente hoxe? Querería encontrarse con alguén? 675 00:46:18,860 --> 00:46:21,613 Non, iso é o que me escapa. Por que escondelo? 676 00:46:24,115 --> 00:46:27,244 Notaches algo raro co seu profesor de arte? 677 00:46:27,244 --> 00:46:32,207 - Como que? - Onte, notei algo de tensión entre eles. 678 00:46:32,207 --> 00:46:34,209 Pensei que non era nada, pero... 679 00:46:36,545 --> 00:46:40,632 A xente esconde cousas cando pensa que os demais non as van aprobar. 680 00:46:44,553 --> 00:46:48,181 Merda. Informa e consigue o seu enderezo. Conduzo eu. 681 00:46:54,271 --> 00:46:55,230 Non pasa nada. 682 00:46:56,147 --> 00:46:57,065 Quero que pase. 683 00:46:59,860 --> 00:47:01,945 Quéroche falar dunha cousa. 684 00:47:11,997 --> 00:47:13,164 Ai, Deus! 685 00:47:13,748 --> 00:47:16,418 Que fas? Díxenche que te chamaba ao acabar. 686 00:47:17,168 --> 00:47:19,379 - Pero coñécelo? - Pódocho explicar. 687 00:47:19,963 --> 00:47:23,633 Por favor, non a tes que obrigar. Vai dicir o que necesitemos. 688 00:47:25,510 --> 00:47:27,429 - Necesito outra cousa. - O que? 689 00:47:29,890 --> 00:47:33,310 Non chores por el. Usoute para as súas merdas ecoloxistas. 690 00:47:33,310 --> 00:47:35,270 O meu é moito máis importante. 691 00:47:37,147 --> 00:47:38,106 Non! 692 00:47:41,234 --> 00:47:42,152 Non! 693 00:48:06,885 --> 00:48:08,595 Espera aquí. Miro por atrás. 694 00:48:19,564 --> 00:48:20,774 Entra! 695 00:48:30,617 --> 00:48:31,451 Maddie? 696 00:48:37,624 --> 00:48:38,625 Despexado. 697 00:50:51,424 --> 00:50:54,844 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández