1 00:00:07,050 --> 00:00:10,136 Mataron o director adxunto do FBI coma n'O Padriño. 2 00:00:10,136 --> 00:00:13,389 Non penso ir á Casa Branca e entregar o disco duro 3 00:00:13,389 --> 00:00:15,516 ata que saibamos quen é de fiar. 4 00:00:15,516 --> 00:00:17,143 ANTERIORMENTE 5 00:00:17,143 --> 00:00:18,227 Tes o disco? 6 00:00:18,227 --> 00:00:19,562 - Si. - Prioridade un. 7 00:00:19,562 --> 00:00:21,522 Peter, onde estiveches? 8 00:00:23,274 --> 00:00:25,151 Atopeino no muro de aire. 9 00:00:25,151 --> 00:00:28,196 Agora ben: pódesme convencer para que confíe en ti? 10 00:00:29,906 --> 00:00:32,200 Chegaches. Creo que atopei algo. Mira. 11 00:00:32,200 --> 00:00:33,117 Rose... 12 00:00:33,117 --> 00:00:35,328 - Que fai aquí? - Está do noso lado. 13 00:00:35,328 --> 00:00:38,998 Miña tía dixo que alguén da Casa Branca non é de fiar. 14 00:00:40,374 --> 00:00:43,878 - Canto levan contigo? - El, máis de oito anos. Excelente. 15 00:00:43,878 --> 00:00:46,464 Meteuna a ela hai dous anos. Fan un bo equipo. 16 00:00:46,464 --> 00:00:48,424 Queres ver a nosa casa nova? 17 00:00:48,925 --> 00:00:52,929 - Que buscas aquí? - Podiamos probar isto un tempo. 18 00:00:52,929 --> 00:00:54,263 Ver como é. 19 00:00:54,263 --> 00:00:55,890 Xoga ás casiñas comigo. 20 00:00:55,890 --> 00:00:58,309 Mándoche para o sitio a Erik Monks. 21 00:00:58,309 --> 00:01:01,062 Preséntoche un membro novo da seguridade. 22 00:01:01,062 --> 00:01:02,939 Erik, Maddie Redfield. 23 00:01:02,939 --> 00:01:05,691 Oirías que salvou o presidente hai anos. 24 00:01:05,691 --> 00:01:07,652 - O que levou o disparo? - Si. 25 00:01:07,652 --> 00:01:11,656 Salvas o presidente e acabas de escolta da filla do vicepresidente? 26 00:01:11,656 --> 00:01:14,700 A rehabilitación foi longa despois do disparo. 27 00:01:14,700 --> 00:01:17,495 É o xeito que teñen de deixar volver un vello. 28 00:01:17,495 --> 00:01:18,704 Necesito un favor. 29 00:01:18,704 --> 00:01:23,459 Descubrir como un heroe nacional acaba de escolta nese posto tan ingrato. 30 00:01:37,765 --> 00:01:39,225 Daredevil está chegando. 31 00:01:39,725 --> 00:01:41,269 Recibido. Todo despexado. 32 00:01:41,853 --> 00:01:45,898 {\an8}- Hai interferencias. Repite. - Todo despexado. 33 00:01:45,898 --> 00:01:47,108 {\an8}DOUS ANOS ANTES 34 00:01:53,239 --> 00:01:56,784 Señor presidente, grazas por apoiar os sindicalistas. 35 00:01:58,661 --> 00:02:00,413 Señor presidente, encantado. 36 00:02:02,206 --> 00:02:05,168 - Señor presidente, aquí! - Señor presidente! 37 00:02:05,751 --> 00:02:09,964 Grazas a vostede, estas instalacións seguen en territorio nacional. 38 00:02:09,964 --> 00:02:12,258 Todos lle queren dar a man. 39 00:02:12,258 --> 00:02:14,927 - Grazas! - O de barbas, ás doce en punto. 40 00:02:14,927 --> 00:02:16,179 Monks, a túa radio... 41 00:02:16,179 --> 00:02:18,890 Grazas. Grazas a todos. 42 00:02:18,890 --> 00:02:23,227 Aquí vese o valor do que fabricamos. Seguide traballando así de ben. 43 00:02:23,227 --> 00:02:25,563 Cando eu era un rapaz, 44 00:02:25,563 --> 00:02:28,816 un traballo por convenio significaba horario decente... 45 00:02:28,816 --> 00:02:32,403 O tipo da barba. Que alguén comprobe que fai. 46 00:02:32,403 --> 00:02:33,613 O que? 47 00:02:33,613 --> 00:02:35,740 Está montando algo. Non sei o que. 48 00:02:35,740 --> 00:02:38,242 Ofrece bos salarios, saúde, seguridade... 49 00:02:38,242 --> 00:02:39,619 Arma! 50 00:03:07,521 --> 00:03:08,356 Adiante. 51 00:03:19,742 --> 00:03:21,744 - Buscas algo? - Pastillas. 52 00:03:22,453 --> 00:03:24,997 Por que? Dóeche a cabeza? 53 00:03:24,997 --> 00:03:28,125 Eras adicto, obrigáronte a desintoxicarte 54 00:03:28,125 --> 00:03:33,297 e, se non foses o excompañeiro do xefe, nin de broma te poñían de escolta. 55 00:03:34,006 --> 00:03:36,717 - Deixei algo? - Non, tes razón en case todo. 56 00:03:36,717 --> 00:03:40,096 Despois do disparo, empecei cos analxésicos. 57 00:03:40,096 --> 00:03:45,184 Non ía dar boa imaxe quitarme do medio, así que me pediron aguantar limpo un ano 58 00:03:46,560 --> 00:03:47,979 e empezar desde abaixo. 59 00:03:47,979 --> 00:03:51,565 Non oín cousa máis condescendente e machista na miña vida. 60 00:03:52,775 --> 00:03:56,028 - Dixeches que teño razón en case todo. - Si. 61 00:03:57,989 --> 00:04:00,074 Dixeches que era adicto. 62 00:04:01,325 --> 00:04:03,327 Sígoo sendo. Vouno ser sempre. 63 00:04:03,327 --> 00:04:06,038 E así vou confiar máis nas túas capacidades? 64 00:04:06,038 --> 00:04:08,624 Non o digo para iso. É a verdade. 65 00:04:08,624 --> 00:04:13,421 Tamén é certo que agora estou limpo. Fago dúas análises á semana. 66 00:04:13,421 --> 00:04:16,674 O vicepresidente sabe que lle protexe a filla un adicto? 67 00:04:18,301 --> 00:04:19,844 Xa imaxinaba que non. 68 00:04:21,470 --> 00:04:22,888 Pois dillo. 69 00:04:27,393 --> 00:04:28,936 Fai que me boten. 70 00:04:28,936 --> 00:04:31,063 Chega cunha chamada. 71 00:04:31,564 --> 00:04:34,066 Mira, es ambiciosa. 72 00:04:34,900 --> 00:04:38,154 Queres subir postos e chegar á escolta da presidencia. 73 00:04:38,654 --> 00:04:40,489 Se cadra, eu pódoche axudar. 74 00:04:40,489 --> 00:04:42,700 - Como? - Pódoche ensinar cousas. 75 00:04:42,700 --> 00:04:44,452 Ensinarme cousas? 76 00:04:45,161 --> 00:04:47,163 - Como un mentor? - Si. 77 00:04:47,163 --> 00:04:50,458 Un mentor vello, lento e drogadicto? 78 00:04:51,417 --> 00:04:52,293 Si. 79 00:04:52,877 --> 00:04:57,006 Crecín rodeada de xonquis en East St. Louis. 80 00:04:58,507 --> 00:05:01,427 Meu tío desenganchouse, descubriu a Xesucristo, 81 00:05:01,427 --> 00:05:05,348 atopou traballo nun supermercado e seguiu sobrio ata que morreu. 82 00:05:05,348 --> 00:05:09,602 A relixión funciónalles a algúns. A outros, a meditación. 83 00:05:09,602 --> 00:05:11,270 A el foille ben o choio. 84 00:05:11,270 --> 00:05:14,607 Alégrome de que te desenganchases. Espero que sigas así. 85 00:05:14,607 --> 00:05:16,692 Pero este traballo non é para iso. 86 00:05:17,902 --> 00:05:20,112 - Non discrepo. - Ben. 87 00:05:20,613 --> 00:05:23,824 Aquí xógase moito máis que "papel ou plástico". 88 00:05:28,412 --> 00:05:30,581 Digamos que creo o que me conta. 89 00:05:30,581 --> 00:05:35,252 Entón, quen matase a meus tíos fíxoo polo que hai neste disco duro. 90 00:05:35,252 --> 00:05:37,463 - Por iso o necesito. - E logo que? 91 00:05:37,963 --> 00:05:40,883 Ensinarllo a quen, se non pode confiar en ninguén? 92 00:05:40,883 --> 00:05:43,886 - Podo confiar na presidenta. - Seguro? 93 00:05:43,886 --> 00:05:47,306 Travers é amiga miña desde que se presentou ao Congreso. 94 00:05:47,306 --> 00:05:50,684 Levamos traballando xuntas 23 anos. Coñézoa moi ben. 95 00:05:50,684 --> 00:05:53,854 Pensa nos feitos: Travers iniciou a Acción Nocturna, 96 00:05:53,854 --> 00:05:56,816 coñecía a teus tíos, encargóullelo expresamente. 97 00:05:57,316 --> 00:06:01,695 - Se alguén está do teu lado, é ela. - Se non os puxese na Acción Nocturna... 98 00:06:01,695 --> 00:06:03,572 Non se ía descubrir a verdade. 99 00:06:03,572 --> 00:06:08,160 Teus tíos eran patriotas, Rose. Coñecían os riscos desta misión. 100 00:06:08,160 --> 00:06:09,995 Temos que acabar o traballo. 101 00:06:10,663 --> 00:06:12,706 - Pois acáboo eu. - Como dis? 102 00:06:12,706 --> 00:06:15,501 Con Peter. Déixenos investigalo a nós. 103 00:06:15,501 --> 00:06:19,422 É o único que vexo seguro. Non lle penso dar o disco a ninguén. 104 00:06:19,422 --> 00:06:21,966 Antes dixeches que atoparas algo. O que? 105 00:06:24,677 --> 00:06:26,595 - Un enderezo. - De que? 106 00:06:28,097 --> 00:06:31,392 A ver que che parece. Vou marchar sen o disco duro. 107 00:06:31,392 --> 00:06:34,728 Vós os dous ide a ese enderezo e investigade. 108 00:06:34,728 --> 00:06:38,149 Mentres, eu penso como presentarlle o plan á presidenta 109 00:06:38,149 --> 00:06:40,776 para que non pareza unha temeridade. 110 00:06:44,989 --> 00:06:47,116 "Gabián" dille algo? 111 00:06:47,700 --> 00:06:50,494 "Gabián"? O nome do paxaro? Non. Por que? 112 00:06:51,078 --> 00:06:55,374 Oínlle a meu tío que tiñan que avisar a Gabián. 113 00:06:55,374 --> 00:06:57,168 Será un nome en clave. 114 00:06:57,960 --> 00:06:59,336 Vouno investigar. 115 00:07:00,796 --> 00:07:03,507 Non a perdas de vista nin un minuto. 116 00:07:03,507 --> 00:07:04,633 Si, señora. 117 00:07:17,813 --> 00:07:20,024 Os dous psicópatas veñen por nós. 118 00:07:20,649 --> 00:07:22,193 Non vén ninguén detrás. 119 00:07:22,193 --> 00:07:25,488 Por que non me chamaches antes? Pilláchesme desprevida. 120 00:07:25,488 --> 00:07:27,990 Para non arriscarme a que te rastrexasen. 121 00:07:28,574 --> 00:07:30,075 Pois prefería sabelo. 122 00:07:30,075 --> 00:07:32,786 Entendido. Acabáronse as sorpresas. 123 00:07:35,247 --> 00:07:36,999 Atopaches algo máis no disco? 124 00:07:36,999 --> 00:07:38,667 Miles de arquivos. 125 00:07:40,252 --> 00:07:42,004 Que sabes de Omar Zadar? 126 00:07:42,004 --> 00:07:45,049 É un disidente dos Balcáns que dirixe a FIP. 127 00:07:45,049 --> 00:07:48,511 Cando a FIP reivindicou o atentado do metro, el negouno. 128 00:07:48,511 --> 00:07:51,263 Farr di que a presidenta non cría que estivese implicado. 129 00:07:51,263 --> 00:07:52,264 E ti que cres? 130 00:07:53,015 --> 00:07:54,016 Nin idea. 131 00:07:54,600 --> 00:07:56,060 Disque vai polo legal, 132 00:07:56,060 --> 00:08:00,397 agora que se presenta ás eleccións, pero os seus bombardearon edificios. 133 00:08:00,397 --> 00:08:04,777 En todo caso, nunca houbo probas de que a FIP tivese que ver co atentado. 134 00:08:04,777 --> 00:08:07,238 Se cadra, Emma e Henry atoparon probas. 135 00:08:07,238 --> 00:08:10,574 Hai unha carpeta co nome del no disco duro. 136 00:08:10,574 --> 00:08:11,951 Algún outro nome? 137 00:08:11,951 --> 00:08:15,329 Busquei "Farr" e "Hawkins". Nada. 138 00:08:16,497 --> 00:08:17,498 É algo... 139 00:08:18,666 --> 00:08:22,419 É raro que unha empresa de enxeñería estea tan lonxe de todo. 140 00:09:03,335 --> 00:09:06,839 - Necesitades algo? - Bos días. Son Peter Sutherland. Ela é... 141 00:09:06,839 --> 00:09:07,756 Mans. 142 00:09:08,257 --> 00:09:10,718 - Como? - Ensinádeme as mans, por favor. 143 00:09:15,973 --> 00:09:18,100 Coñece a Emma e Henry Campbell? 144 00:09:18,100 --> 00:09:19,685 Non. Debía? 145 00:09:19,685 --> 00:09:22,187 Buscamos un enxeñeiro que traballaba con eles. 146 00:09:22,187 --> 00:09:25,232 - Investigamos un... - Para un artigo xornalístico. 147 00:09:25,232 --> 00:09:27,568 Traballamos no Richmond Daily News. 148 00:09:28,152 --> 00:09:30,279 Aquí non é. Síntovolo. 149 00:09:30,863 --> 00:09:32,281 Espere! Unhas preguntas... 150 00:09:32,281 --> 00:09:35,784 Non vou ter respostas para nada do que poidades preguntar. 151 00:09:36,910 --> 00:09:40,664 Vivo soa, non coñezo ningunha Ella nin ningún Harry 152 00:09:41,165 --> 00:09:44,168 e non trago que este sexa xornalista. 153 00:09:44,168 --> 00:09:45,502 Por favor, 154 00:09:46,295 --> 00:09:48,464 media volta e ide por onde viñestes. 155 00:09:50,341 --> 00:09:51,258 Veña. 156 00:10:00,517 --> 00:10:01,352 Que? 157 00:10:04,980 --> 00:10:07,900 Hai unha camioneta enferruxada detrás do pallal. 158 00:10:08,484 --> 00:10:09,318 Non. 159 00:10:09,318 --> 00:10:12,655 - Pero habíaa? - Non sei de que falas. 160 00:10:12,655 --> 00:10:15,658 Viña aquí de nena. Montaba en poni polo outeiro. 161 00:10:15,658 --> 00:10:19,036 Un día caín, manqueime no xeonllo e chorei. 162 00:10:19,036 --> 00:10:23,832 E facía barriñas de galleta coa tía Emma e outra muller. 163 00:10:25,417 --> 00:10:26,293 Eras ti? 164 00:10:29,630 --> 00:10:30,798 Seguíronvos? 165 00:10:30,798 --> 00:10:31,840 Non. 166 00:10:35,219 --> 00:10:36,428 Daquela, entrade. 167 00:10:42,643 --> 00:10:44,228 Quitade os zapatos. 168 00:10:44,228 --> 00:10:45,396 Normas da casa. 169 00:10:54,488 --> 00:10:55,364 Son Rose. 170 00:10:55,364 --> 00:10:56,281 Xa sei. 171 00:10:56,281 --> 00:10:57,241 Lorna. 172 00:11:00,452 --> 00:11:05,040 A hiena é un dos residentes máis curiosos da sabana. 173 00:11:08,544 --> 00:11:12,756 - Por que dixeches que non os coñecías? - E vós que erades xornalistas? 174 00:11:12,756 --> 00:11:14,758 Eu son axente do FBI. 175 00:11:14,758 --> 00:11:17,553 Non me digas! Déixasme asombradiña. 176 00:11:17,553 --> 00:11:20,931 - Cando os viches por última vez? - Hai anos. Por que? 177 00:11:21,640 --> 00:11:23,684 Matáronos hai tres días. 178 00:11:26,812 --> 00:11:28,522 - Onde? - Na súa casa. 179 00:11:29,773 --> 00:11:32,568 Eu tamén estaba alí. Fuxín polos pelos. 180 00:11:33,193 --> 00:11:34,319 Non oíra nada. 181 00:11:34,319 --> 00:11:37,239 En serio? Saíu en todas as noticias. 182 00:11:37,239 --> 00:11:40,117 Hai tempo que non vexo iso que chaman noticias. 183 00:11:40,117 --> 00:11:41,410 Como fuxiches? 184 00:11:41,410 --> 00:11:42,786 Tiven axuda. 185 00:11:43,829 --> 00:11:44,997 Síntoo moito. 186 00:11:45,831 --> 00:11:48,292 - Emma e Henry... - Sei que eran espías. 187 00:11:48,292 --> 00:11:52,087 Atopamos un disco duro deles e os datos trouxéronnos aquí. 188 00:11:52,713 --> 00:11:55,883 - Estiverades en contacto hai pouco. - E? 189 00:11:55,883 --> 00:11:59,178 Igual non o sabe, pero falamos de seguridade nacional. 190 00:11:59,178 --> 00:12:00,888 - Non me digas! - Si. 191 00:12:00,888 --> 00:12:03,348 Entón, vouche contar toda a miña vida. 192 00:12:03,348 --> 00:12:06,935 ¿Poderías baixar a arma antes de vires á miña casa 193 00:12:06,935 --> 00:12:10,105 a botarme un sermón sobre a puta seguridade nacional? 194 00:12:11,398 --> 00:12:13,817 Está ben. Só quería deixar algo claro. 195 00:12:13,817 --> 00:12:14,818 O que? 196 00:12:14,818 --> 00:12:18,113 - Non sabedes onde vos metedes. - Cóntenos, por favor. 197 00:12:18,113 --> 00:12:21,867 O único que sei é que, canto máis sabes, máis perigoso é. 198 00:12:21,867 --> 00:12:25,537 Iso xa o sabemos. Que alguén da Casa Branca é un traidor. 199 00:12:25,537 --> 00:12:29,458 Sexa quen sexa, sabemos que participou no atentado do metro 200 00:12:30,000 --> 00:12:31,335 e cremos que... 201 00:12:31,835 --> 00:12:33,545 vai haber outro atentado. 202 00:12:34,755 --> 00:12:37,424 Por favor, se che dixeron algo... 203 00:12:37,424 --> 00:12:41,678 Non. Eu recollía a información, non a analizaba. 204 00:12:42,763 --> 00:12:44,556 Suponse que estou xubilada. 205 00:12:45,057 --> 00:12:46,558 Claro que eles tamén. 206 00:12:46,558 --> 00:12:48,185 Que información buscaban? 207 00:12:48,852 --> 00:12:52,147 Proxectos. Infraestruturas públicas, permisos de obra. 208 00:12:52,147 --> 00:12:54,900 Eu fun enxeñeira civil e tiña os contactos. 209 00:12:54,900 --> 00:12:57,569 Non sei por que o querían. Non preguntaba. 210 00:12:57,569 --> 00:13:01,281 Pero algo detectarías. Algún patrón ou algún detalle. 211 00:13:01,281 --> 00:13:03,826 - Por que? - Es a última pista que temos! 212 00:13:04,409 --> 00:13:06,453 Levo tres días fuxindo. 213 00:13:06,453 --> 00:13:10,165 Os que mataron a meus tíos veñen por min. 214 00:13:10,958 --> 00:13:13,168 Por favor, dinos algo, o que sexa. 215 00:13:15,546 --> 00:13:17,256 Eran uns amigos marabillosos. 216 00:13:18,674 --> 00:13:19,633 Leais. 217 00:13:23,011 --> 00:13:26,390 Os expedientes que lles pasei eran sobre servizos urbanos, 218 00:13:26,390 --> 00:13:28,016 pero tamén querían outros. 219 00:13:28,016 --> 00:13:30,686 Planos de edificios dun mesmo bloque. 220 00:13:30,686 --> 00:13:31,603 Onde? 221 00:13:31,603 --> 00:13:33,522 - Non o ides entender. - O que? 222 00:13:33,522 --> 00:13:36,149 Que non ides entender os documentos sen min. 223 00:13:36,149 --> 00:13:38,026 Son planos complicados. 224 00:13:38,610 --> 00:13:39,528 Así que... 225 00:13:40,737 --> 00:13:42,531 haberá que ir dar un paseo. 226 00:13:59,923 --> 00:14:01,133 Que debuxas? 227 00:14:01,133 --> 00:14:02,509 Unha rapaza. 228 00:14:03,844 --> 00:14:05,262 Unha muller, máis ben. 229 00:14:05,929 --> 00:14:08,473 Coñécela? 230 00:14:09,433 --> 00:14:11,310 Gustaríame coñecela mellor. 231 00:14:13,228 --> 00:14:15,856 Encantaríame velo cando o acabes. 232 00:14:15,856 --> 00:14:17,441 Ensínocho encantado... 233 00:14:18,609 --> 00:14:20,110 cando acabe. 234 00:14:34,124 --> 00:14:35,292 Que tal vai? 235 00:14:37,502 --> 00:14:38,587 Non che sei. 236 00:14:41,340 --> 00:14:42,591 Igual necesito axuda. 237 00:14:44,301 --> 00:14:46,261 Non necesitas axuda ningunha. 238 00:14:46,970 --> 00:14:48,555 Que te animen, pode ser. 239 00:14:52,935 --> 00:14:56,980 Non teño claras as cores. 240 00:14:57,481 --> 00:14:59,107 Non te poñas en dúbida. 241 00:15:02,361 --> 00:15:04,071 Gústame esta parte. 242 00:15:05,572 --> 00:15:07,240 - Si? - Si. 243 00:15:09,910 --> 00:15:12,871 Que é o que máis che gusta? 244 00:15:15,248 --> 00:15:16,333 As capas. 245 00:15:18,835 --> 00:15:19,670 As... 246 00:15:20,963 --> 00:15:22,422 As pinceladas. 247 00:15:24,049 --> 00:15:25,258 O que hai de ti nel. 248 00:15:32,808 --> 00:15:37,020 Tes uns instintos incribles, Maddie. 249 00:15:38,689 --> 00:15:39,898 Confía neles. 250 00:15:54,037 --> 00:15:55,372 Perdoa. 251 00:15:55,372 --> 00:15:58,083 - Por que? - É impropio pola miña parte. 252 00:15:58,083 --> 00:15:59,292 Non é, non. 253 00:16:03,714 --> 00:16:06,008 Deus, isto... Isto é un erro. 254 00:16:07,634 --> 00:16:09,302 Non debín facelo. 255 00:16:10,137 --> 00:16:11,263 Perdoa. 256 00:16:21,565 --> 00:16:23,692 Coñecinos en Middlebury College. 257 00:16:24,192 --> 00:16:27,029 Middlebury? Miña tía foi a Vassar. 258 00:16:27,029 --> 00:16:29,698 Era un programa de verán de linguas. 259 00:16:29,698 --> 00:16:33,160 Emma ía comigo a intensivo de ruso e Henry estudaba árabe. 260 00:16:33,160 --> 00:16:35,537 Non sei cando se meteron no FBI, 261 00:16:35,537 --> 00:16:38,749 pero sei que os recrutaron como equipo. 262 00:16:38,749 --> 00:16:40,792 Logo fomos cada un polo seu lado. 263 00:16:40,792 --> 00:16:43,420 Eu fixen unha carreira normal, 264 00:16:44,254 --> 00:16:47,215 pero fixéronme algún encargo e presentáronme xente. 265 00:16:47,215 --> 00:16:50,052 Fixen o meu oco na compilación de intelixencia. 266 00:16:50,052 --> 00:16:52,345 Miña tía falaba ruso? 267 00:16:52,846 --> 00:16:53,847 E moi ben. 268 00:16:53,847 --> 00:16:57,017 Mesmo recrutou un par de rusos para o noso bando. 269 00:16:57,017 --> 00:16:59,895 - Iso non mo oístes a min. - É de tolos. 270 00:16:59,895 --> 00:17:04,357 Parecían xente corrente que compraba de segunda man e ía de cruceiro no verán. 271 00:17:04,357 --> 00:17:06,651 Non ían de cruceiro. 272 00:17:07,152 --> 00:17:09,946 Entón, toda a súa vida era unha mentira? 273 00:17:09,946 --> 00:17:12,115 Unha mentira non, un segredo, 274 00:17:12,115 --> 00:17:15,994 que che permite ver as cousas dun xeito diferente e te empodera. 275 00:17:16,787 --> 00:17:17,746 Algo importante. 276 00:17:17,746 --> 00:17:20,373 Ninguén sabe quen es. Que vida é esa? 277 00:17:20,373 --> 00:17:22,292 Unha vida que é a hostia. 278 00:17:27,380 --> 00:17:31,426 O nome en clave "Gabián" dille algo? 279 00:17:32,219 --> 00:17:33,053 Non. 280 00:17:34,721 --> 00:17:36,348 Ti como acabaches nisto? 281 00:17:36,348 --> 00:17:38,141 Traballa na Casa Branca. 282 00:17:38,642 --> 00:17:43,188 Cando chamei ao número de emerxencia que me deu meu tío, contestou Peter. 283 00:17:43,188 --> 00:17:46,733 - Servizo de guante branco. - Son o que colle o teléfono. 284 00:17:47,484 --> 00:17:51,571 Así que o fillo de Pete Sutherland atende a liña da Acción Nocturna. 285 00:17:53,573 --> 00:17:54,741 Coñecía a meu pai? 286 00:17:54,741 --> 00:17:55,826 Non. 287 00:17:56,910 --> 00:17:59,579 - Pero ías no metro aquela noite, non? - Si. 288 00:17:59,579 --> 00:18:00,705 Si que ía. 289 00:18:02,040 --> 00:18:03,458 Colle a seguinte saída. 290 00:18:10,757 --> 00:18:14,511 É aquí. Ou pasou algo ou vai pasar neste bloque. 291 00:18:14,511 --> 00:18:16,555 Ou iso pensaban Emma e Henry. 292 00:18:17,639 --> 00:18:21,852 Non hai obxectivos obvios. Hai edificios do goberno? Contratistas? 293 00:18:21,852 --> 00:18:22,769 Non. 294 00:18:24,938 --> 00:18:26,231 Saímos da rúa? 295 00:18:26,231 --> 00:18:28,400 Non me sinto segura aquí fóra. 296 00:18:28,400 --> 00:18:32,612 Hai unha cafetería. Intento descifrar os documentos con vós. 297 00:18:32,612 --> 00:18:34,531 Volvo dentro de dez minutos. 298 00:18:34,531 --> 00:18:36,700 - Vou botar unha ollada. - Boa idea. 299 00:18:37,909 --> 00:18:41,955 Esta parte do cadro cobre esta zona. Esa é a estación central. 300 00:18:41,955 --> 00:18:45,500 Por que querían datos sobre liñas eléctricas e de gas? 301 00:18:45,500 --> 00:18:50,005 Buscarían puntos vulnerables. Ou obxectivos de sabotaxes. 302 00:18:50,505 --> 00:18:53,675 Que hai por aquí tan importante para ser un obxectivo? 303 00:18:54,176 --> 00:18:55,427 Nin idea. 304 00:18:55,427 --> 00:18:57,345 Isto de "gravacións de vídeo"? 305 00:18:57,345 --> 00:18:59,097 Iso non é meu. Trae. 306 00:19:00,599 --> 00:19:03,727 - Parecen cámaras de tráfico. - Cámaras de seguridade. 307 00:19:03,727 --> 00:19:06,313 Unha carpeta para cada enderezo do bloque. 308 00:19:06,313 --> 00:19:08,315 Tamén hai unha para este sitio. 309 00:19:12,027 --> 00:19:14,029 A ver... Que buscarían? 310 00:19:15,614 --> 00:19:16,948 Desde cando o coñeces? 311 00:19:17,657 --> 00:19:20,493 A Peter? Desde hai uns días. 312 00:19:20,493 --> 00:19:23,914 Sabes o do pai, non? E de que o acusaban? 313 00:19:24,414 --> 00:19:26,833 - Sei algo. Por? - Non che parece raro? 314 00:19:27,375 --> 00:19:30,503 Ía no metro cando estoupou a bomba e agora investígao. 315 00:19:31,087 --> 00:19:31,963 E que? 316 00:19:31,963 --> 00:19:35,884 - Pois busca o seu nome no disco duro. - Por que? 317 00:19:35,884 --> 00:19:39,012 Non me gustan as coincidencias. A ti tampouco debía. 318 00:19:40,263 --> 00:19:41,139 Vale. 319 00:19:43,600 --> 00:19:45,644 Ei. Atopastes algo? 320 00:19:46,519 --> 00:19:47,562 Non. Ti? 321 00:19:47,562 --> 00:19:50,607 A consulta dun dentista e oficinas contables. Nada. 322 00:19:52,484 --> 00:19:54,194 - Todo ben? - Si. 323 00:19:55,612 --> 00:19:58,615 - Pódesme ir por algo de papel ao baño? - Si. 324 00:19:59,199 --> 00:20:01,284 - Claro. - Mira que son... 325 00:20:04,412 --> 00:20:05,997 Un pouco dramático, non? 326 00:20:10,627 --> 00:20:11,711 NON HAI RESULTADOS 327 00:20:12,295 --> 00:20:13,129 Nada. 328 00:20:13,755 --> 00:20:16,091 - Xa te sentes mellor? - Pode ser. 329 00:20:16,591 --> 00:20:17,425 Ti? 330 00:20:30,438 --> 00:20:34,651 - Perdoa. Iso que se sentiu era o metro? - Si. Pasa xusto por debaixo. 331 00:20:37,988 --> 00:20:39,906 - Grazas. - E se foi un erro? 332 00:20:39,906 --> 00:20:42,200 - O que? - A bomba do metro. 333 00:20:43,368 --> 00:20:44,202 Mirade. 334 00:20:45,328 --> 00:20:48,665 A bomba detonou aquí. Pero só porque eu parei o tren. 335 00:20:49,374 --> 00:20:52,043 - E se era para estoupar noutro sitio? - Aquí? 336 00:20:52,752 --> 00:20:55,839 Pero non hai outras paradas de metro cerca. 337 00:20:55,839 --> 00:20:58,800 Pero o túnel vai por debaixo de Wilson Boulevard. 338 00:20:58,800 --> 00:21:00,844 Antes fixo tremer o baño todo. 339 00:21:00,844 --> 00:21:05,932 Que diferenza hai entre detonar a bomba nun sitio ou no outro? 340 00:21:05,932 --> 00:21:11,062 - Igual aquí está máis cerca da rúa. - Non. Abre outra vez o plano do barrio. 341 00:21:11,855 --> 00:21:12,814 A ver... 342 00:21:14,774 --> 00:21:18,820 Hai un conduto de gas enorme que parte en dous un dos túneles. 343 00:21:18,820 --> 00:21:21,448 Se estoupase aquí embaixo, que pasaría? 344 00:21:21,448 --> 00:21:25,827 Se algo estoupase no conduto de gas, voaría dous bloques de edificios. 345 00:21:27,329 --> 00:21:28,747 Pero por que aquí? 346 00:21:28,747 --> 00:21:29,998 Non o sei. 347 00:21:29,998 --> 00:21:33,126 Ao subires ao metro aquela noite, impediches algo. 348 00:21:33,126 --> 00:21:35,879 Para saber que trama o traidor da Casa Branca, 349 00:21:35,879 --> 00:21:39,382 descubride que quería conseguir hai un ano e fallou. 350 00:21:41,092 --> 00:21:43,678 Tío, o mapa ese hai que pagalo. 351 00:21:46,639 --> 00:21:48,266 Vale, e que tal...? 352 00:21:48,767 --> 00:21:50,727 Esa é Charlotte. 353 00:21:51,728 --> 00:21:53,521 Harper. 354 00:21:54,189 --> 00:21:55,023 Harper, vale. 355 00:21:55,023 --> 00:21:59,110 Teixugo só pode con ela en doses pequenas. Eu, máis pequenas aínda. 356 00:22:02,030 --> 00:22:04,699 - Intégraste ben, eh? - É a idea. 357 00:22:05,950 --> 00:22:09,037 - Cáeslle ben. - Ti non lle caías ben ao presidente? 358 00:22:09,037 --> 00:22:12,916 Caía, si. Pero non publicaba selfies comigo. 359 00:22:14,167 --> 00:22:16,586 E eu pensando que me estabas gabando. 360 00:22:16,586 --> 00:22:19,339 - Cada un ten o seu estilo. - Certo. 361 00:22:19,339 --> 00:22:23,968 Polo meu estilo, son a única que Maddie non queimou nin mandou despedir. 362 00:22:23,968 --> 00:22:26,721 Non porque me integre, senón porque a entendo. 363 00:22:26,721 --> 00:22:29,099 Xa. Es a súa amiga. 364 00:22:29,099 --> 00:22:31,810 Non é ser a súa amiga, é que se abra comigo. 365 00:22:32,310 --> 00:22:36,981 O teu funcionará cun presidente de 65 anos e a axenda planificada para semanas, 366 00:22:36,981 --> 00:22:39,984 pero falamos dunha universitaria impulsiva de 20. 367 00:22:39,984 --> 00:22:42,904 Tes que coñecela mellor do que se coñece ela. 368 00:22:42,904 --> 00:22:44,114 E ti coñécela? 369 00:22:44,114 --> 00:22:46,699 Sei o que lle gusta, a que festas quere ir... 370 00:22:46,699 --> 00:22:50,537 E, de entre os seus amiguiños, quen é seguro, quen é dubidoso... 371 00:22:50,537 --> 00:22:54,874 Sei que Harper sae cun mamón que lle mandou a Maddie unha foto da pixa. 372 00:22:55,750 --> 00:22:58,878 Eu síntome máis cómodo observando desde a distancia. 373 00:22:58,878 --> 00:23:01,381 Ben. Pois voute manter aí. 374 00:23:05,468 --> 00:23:09,055 - Non queres que te levemos? - Mellor non vos atraso. 375 00:23:10,682 --> 00:23:13,643 Dá por suposto que te seguen sempre. Sigue adiante. 376 00:23:14,561 --> 00:23:16,146 Grazas por todo. 377 00:23:19,065 --> 00:23:21,025 Estaban orgullosos de ti, Rosie. 378 00:23:22,944 --> 00:23:24,779 - Dixéronche iso? - E máis. 379 00:23:26,698 --> 00:23:29,075 Cando acabe isto, podía ir por alá e... 380 00:23:29,075 --> 00:23:30,452 Si, encantada. 381 00:23:31,411 --> 00:23:32,495 Vale. 382 00:23:33,621 --> 00:23:34,539 Espera. 383 00:23:36,708 --> 00:23:37,876 Coñecíalo, non? 384 00:23:40,211 --> 00:23:42,422 Perdoa por poñerte nun apuro, pero... 385 00:23:43,089 --> 00:23:46,468 - Teño moitas preguntas. - Preguntas ou dúbidas? 386 00:23:46,468 --> 00:23:50,513 O goberno mantivo o seu caso clasificado. Se sabes algo... 387 00:23:50,513 --> 00:23:53,308 Síntocho, non o coñecía persoalmente. 388 00:23:53,808 --> 00:23:57,562 - Pero si a dous axentes do caso. - Pensas que era culpable. 389 00:23:57,562 --> 00:24:00,356 - Eles pensábano. - E por que non vin probas? 390 00:24:00,356 --> 00:24:02,525 Se atopases probas, que cambiaría? 391 00:24:02,525 --> 00:24:03,443 Todo. 392 00:24:05,320 --> 00:24:07,697 - A verdade é todo para min. - A verdade? 393 00:24:10,116 --> 00:24:14,537 Tamén che pode traer dor. Aconsélloche deixar de preocuparte por el 394 00:24:15,413 --> 00:24:16,623 e centrarte nela. 395 00:24:25,215 --> 00:24:26,633 - Grazas. - Nada. 396 00:24:33,848 --> 00:24:35,391 - Diga. - Ei. 397 00:24:35,892 --> 00:24:38,144 Recibín un aviso do coche que buscas. 398 00:24:38,144 --> 00:24:42,065 Viuno un axente nun barrio residencial ás aforas de Silver Spring. 399 00:24:42,065 --> 00:24:43,274 Abandonado? 400 00:24:43,274 --> 00:24:44,817 Non sei. Imos para alí. 401 00:24:44,817 --> 00:24:47,403 Cisco, escóitame ben. Esa xente é perigosa. 402 00:24:48,780 --> 00:24:50,615 - Isto ponse quente. - En serio. 403 00:24:50,615 --> 00:24:51,908 Vale? Ti... 404 00:24:52,575 --> 00:24:56,829 Non che podo contar máis, pero espera. Dáme o enderezo e non fagas nada. 405 00:24:56,829 --> 00:24:59,040 Vale, deixámoste vir á festa. 406 00:25:03,586 --> 00:25:04,837 Non cho dixera eu? 407 00:25:04,837 --> 00:25:05,922 VÉNDESE 408 00:25:08,216 --> 00:25:09,884 É unha gozada. 409 00:25:11,886 --> 00:25:14,806 Non podemos quedar moito. É perigoso. 410 00:25:16,724 --> 00:25:18,142 Non che gusta? 411 00:25:19,269 --> 00:25:20,520 Si que me gusta. 412 00:25:24,148 --> 00:25:26,109 Non me quero volver coma eles. 413 00:25:26,776 --> 00:25:29,445 - Coma quen? - Coma os que nos contratan. 414 00:25:31,698 --> 00:25:32,699 Nenos mimados... 415 00:25:35,368 --> 00:25:36,244 brandos... 416 00:25:38,413 --> 00:25:40,039 con aires de superioridade. 417 00:25:41,708 --> 00:25:43,835 Eu só quero traballar e... 418 00:25:45,044 --> 00:25:46,045 a ti. 419 00:25:56,931 --> 00:26:00,351 NADA DE LERIAS NA MIÑA COCIÑA 420 00:26:00,351 --> 00:26:02,562 - Como vai por aí? - Pinta mal. 421 00:26:02,562 --> 00:26:05,898 Macarróns precociñados, crema de champiñóns de bote. 422 00:26:05,898 --> 00:26:09,068 Esta xente quérese matar a base de conservantes. 423 00:26:10,361 --> 00:26:11,195 Espera. 424 00:26:14,907 --> 00:26:15,867 Salsa marinara. 425 00:26:16,451 --> 00:26:17,535 Váleme. 426 00:26:25,335 --> 00:26:26,169 Diga. 427 00:26:26,169 --> 00:26:27,211 Onde estás? 428 00:26:28,171 --> 00:26:29,505 Facendo a cea. 429 00:26:30,006 --> 00:26:33,134 Se che paso unhas coordenadas, canto tardas? 430 00:26:33,134 --> 00:26:35,386 Manda as coordenadas e saberalo. 431 00:26:39,932 --> 00:26:41,643 Mando as coordenadas. 432 00:26:42,977 --> 00:26:44,604 E supoño que o saberemos. 433 00:26:47,523 --> 00:26:48,941 Cisco, esta é Rose. 434 00:26:49,984 --> 00:26:51,444 - Ola. - Que hai? 435 00:26:51,444 --> 00:26:54,280 - Korman petou nas portas. - Tiñas que esperar. 436 00:26:54,280 --> 00:26:56,616 Calma, rosmón. Temos unha pista. 437 00:26:57,200 --> 00:27:01,454 Ves a que se vende? Os donos están fóra mentres está aberta ao público. 438 00:27:01,454 --> 00:27:03,873 Levan un par de noites vendo luces. 439 00:27:03,873 --> 00:27:05,166 Como agora? 440 00:27:05,166 --> 00:27:09,253 - A da inmobiliaria di que está baleira. - Os donos déixannos entrar. 441 00:27:09,253 --> 00:27:12,173 - Chamaches? - Mandáchesme esperar. A prepararse. 442 00:27:13,966 --> 00:27:18,304 Por fin conseguín unha cita. Vouna invitar a cear e vou cociñar eu. 443 00:27:18,304 --> 00:27:22,225 É algo moito para min, xa o sei, pero hai que apuntar alto, non? 444 00:27:22,225 --> 00:27:24,143 - Si, é moi guapa. - Si, non? 445 00:27:24,143 --> 00:27:26,145 Oe, e isto? 446 00:27:27,730 --> 00:27:28,856 Cachada. 447 00:27:28,856 --> 00:27:30,983 - Roubáchesme a Kevin. - Gañeino. 448 00:27:30,983 --> 00:27:32,068 Gañeino eu. 449 00:27:33,820 --> 00:27:36,239 Gárdame isto, Rose, por favor. Grazas. 450 00:27:38,282 --> 00:27:40,201 Teño unha chea de preguntas. 451 00:27:40,201 --> 00:27:43,454 - Vas estar ben no coche? - Si. Teño compañía. 452 00:29:47,036 --> 00:29:50,581 Pídolles aos invitados que quiten os zapatos antes de entrar. 453 00:29:50,581 --> 00:29:51,791 Non te preocupes. 454 00:29:52,959 --> 00:29:54,335 Logo limpamos. 455 00:30:10,560 --> 00:30:12,520 Só queremos xogar. 456 00:30:14,814 --> 00:30:16,691 Empezamos mal. 457 00:30:16,691 --> 00:30:20,987 Falaches coa sobriña e o seu amigo do FBI. 458 00:30:21,487 --> 00:30:22,905 Que lles dixeches? 459 00:30:22,905 --> 00:30:24,448 Ídevos foder. 460 00:30:27,034 --> 00:30:28,953 Moi ben o vou pasar contigo. 461 00:30:28,953 --> 00:30:30,371 Acabade xa. 462 00:30:31,330 --> 00:30:32,957 Non teño nada que dicirvos. 463 00:30:34,333 --> 00:30:35,167 Pode ser. 464 00:30:36,794 --> 00:30:40,882 Pero, por se che dese por cambiar de idea... 465 00:30:42,592 --> 00:30:43,968 imos coas formalidades. 466 00:30:50,558 --> 00:30:51,475 {\an8}Arma! 467 00:30:51,475 --> 00:30:53,728 {\an8}INTENTO DE MAGNICIDIO FRUSTRADO!!!!! 468 00:30:53,728 --> 00:30:54,979 {\an8}Rebobina un pouco. 469 00:30:56,063 --> 00:30:58,232 - ...é o pilar da... - Para. 470 00:30:58,232 --> 00:31:03,154 Mira, dáse conta de que vai levar o balazo e di: "Ao carallo, vou con todo." 471 00:31:03,154 --> 00:31:04,906 Con dous collóns. 472 00:31:05,615 --> 00:31:09,577 Merda. Os do club de fans, non tedes quenda? 473 00:31:09,577 --> 00:31:12,330 - Tiñas que ver o vídeo. - Xa o vin, grazas. 474 00:31:12,330 --> 00:31:14,957 Pero este vai a cámara lenta e con música. 475 00:31:14,957 --> 00:31:16,542 É o puto Capitán América. 476 00:31:16,542 --> 00:31:18,961 Si, coxo e cun burato de bala no ombro. 477 00:31:18,961 --> 00:31:22,506 Será, pero o tipo non vai volver pagar unha rolda na vida. 478 00:31:27,386 --> 00:31:29,180 Unha pena que non poida beber. 479 00:31:45,154 --> 00:31:48,616 {\an8}O PRESIDENTE VISITA O HEROE QUE LLE SALVOU A VIDA 480 00:31:53,746 --> 00:31:56,207 - Como vai? - Ben. 481 00:31:56,207 --> 00:31:58,793 Jeff deixou o portátil aquí outra vez. 482 00:32:02,630 --> 00:32:05,216 Contiguos non hai, pero si na mesma planta. 483 00:32:05,216 --> 00:32:06,842 Válenos. Grazas. 484 00:32:08,344 --> 00:32:10,805 Pois un cuarto. Con dúas camas. 485 00:32:13,099 --> 00:32:14,934 Vale. Un momento. 486 00:32:14,934 --> 00:32:17,186 Igual nos podes botar unha man. 487 00:32:17,687 --> 00:32:22,441 Está baixo a miña protección. Hai un home que a está acosando. 488 00:32:22,441 --> 00:32:24,485 O meu exmozo. 489 00:32:25,569 --> 00:32:28,781 Si. Non levou ben a ruptura. Queríame controlar. 490 00:32:28,781 --> 00:32:32,660 Empezou con ameazas e logo deulle por seguirme. 491 00:32:32,660 --> 00:32:34,829 - Ai, non. - Matoume o gato. 492 00:32:34,829 --> 00:32:35,746 Non pode ser! 493 00:32:35,746 --> 00:32:38,791 E agárrate, todo iso mentres andaba con outra. 494 00:32:39,375 --> 00:32:41,627 Pero, vaia, que agora quéreme morta. 495 00:32:42,128 --> 00:32:44,255 Que horror. 496 00:32:45,089 --> 00:32:48,467 Si. Pero non tes por que preocuparte. 497 00:32:48,467 --> 00:32:50,636 Se alguén pregunta por nós, 498 00:32:50,636 --> 00:32:54,098 fai que marchen e chama ao seu cuarto, por favor. 499 00:32:54,098 --> 00:32:55,516 - Claro. - Grazas. 500 00:32:56,726 --> 00:32:57,560 Grazas. 501 00:32:59,103 --> 00:33:00,229 Boas noites. 502 00:33:00,730 --> 00:33:01,605 Boas noites. 503 00:33:27,798 --> 00:33:29,175 - Ei. - Ei. 504 00:33:29,175 --> 00:33:30,217 Que hai de cear? 505 00:33:30,217 --> 00:33:31,510 Polo con gofres. 506 00:33:31,510 --> 00:33:34,013 Dous pratos. Si e si. 507 00:33:35,598 --> 00:33:37,058 Atopaches algo no disco? 508 00:33:37,058 --> 00:33:39,268 Estou lendo sobre o tal Zadar. 509 00:33:39,268 --> 00:33:43,147 - E o veredicto? - Pois aquí non hai nada de nada. 510 00:33:43,147 --> 00:33:48,402 Pero por que ía poñer unha bomba en solo estadounidense se quere ir pola vía legal? 511 00:33:49,487 --> 00:33:52,073 Se cadra, alguén da Casa Branca 512 00:33:52,073 --> 00:33:56,118 lle ofreceu algo para que o fixese el e así non manchar as mans. 513 00:33:57,661 --> 00:33:58,579 Si. 514 00:34:01,082 --> 00:34:02,166 Ven comer, anda. 515 00:34:02,666 --> 00:34:03,542 Rose. 516 00:34:04,710 --> 00:34:06,879 - Ven comer. - Si, perdón. 517 00:34:10,508 --> 00:34:13,844 Por que alguén da Casa Branca ía organizar un atentado? 518 00:34:13,844 --> 00:34:15,679 Non hai escusa. 519 00:34:16,180 --> 00:34:19,100 Se demostramos a implicación de Hawkins ou doutro, 520 00:34:19,767 --> 00:34:22,103 - o móbil non importa. - Discrepo. 521 00:34:22,103 --> 00:34:23,562 O porqué é todo. 522 00:34:26,857 --> 00:34:27,942 Ai, Deus. 523 00:34:28,526 --> 00:34:30,069 Que che parece? Está bo? 524 00:34:30,069 --> 00:34:33,114 O sitio é moi trapalleiro para esta cea gourmet. 525 00:34:33,114 --> 00:34:38,285 Xa, viñéronme ben os puntos do programa de fidelidade de moteis cutres. 526 00:34:38,285 --> 00:34:41,330 - Descontaríanche a tarifa de resort. - Non, pero... 527 00:34:41,330 --> 00:34:44,708 fun dar unha volta e, ao ver o tamaño da piscina, quedei... 528 00:34:44,708 --> 00:34:45,876 Hai piscina? 529 00:34:46,460 --> 00:34:47,336 Non. 530 00:34:58,472 --> 00:35:01,517 Viaxabas moito coa túa noiva? 531 00:35:02,309 --> 00:35:03,185 Con Zoe? 532 00:35:05,146 --> 00:35:05,980 Non. 533 00:35:07,106 --> 00:35:08,107 Vaia... 534 00:35:09,150 --> 00:35:10,818 non tanto como ela quería. 535 00:35:12,736 --> 00:35:15,406 - E eu quería tamén, pero... - O traballo. 536 00:35:16,115 --> 00:35:17,283 Non, foi... 537 00:35:17,950 --> 00:35:19,243 que me desconectei. 538 00:35:20,077 --> 00:35:22,580 Despois do atentado do metro e a... 539 00:35:23,706 --> 00:35:25,875 toda a merda da conspiración, foi... 540 00:35:28,085 --> 00:35:29,461 Non sei, cerreime. 541 00:35:30,045 --> 00:35:32,298 Xa lle dou voltas a todo sempre. 542 00:35:32,882 --> 00:35:35,009 Se che son sincero... 543 00:35:36,719 --> 00:35:41,056 supoño que debín falar máis con ela sobre o que me estaba pasando, 544 00:35:41,056 --> 00:35:44,226 tendo en conta que quería pasar a vida con ela, pero... 545 00:35:45,019 --> 00:35:50,649 Eu non creo que haxa que estar falando seguido para estar conectados. 546 00:35:51,233 --> 00:35:56,488 Hai parellas de vellos nos restaurantes que non falan nada e parecen moi felices. 547 00:35:56,488 --> 00:35:58,365 Non lles queda nada que dicir. 548 00:35:59,825 --> 00:36:01,243 Non creo que sexa iso. 549 00:36:01,869 --> 00:36:04,788 Eu creo que hai un entendemento. 550 00:36:06,290 --> 00:36:11,670 Séntense... cómodos estando xuntos en silencio. 551 00:36:21,388 --> 00:36:24,892 Podo pedir outro cuarto. Non pasa nada. 552 00:36:24,892 --> 00:36:26,018 Xa sei. 553 00:36:27,269 --> 00:36:28,395 Hai máis salsa? 554 00:36:28,395 --> 00:36:31,232 Aí tes. Canta necesitas? 555 00:36:33,943 --> 00:36:35,194 Unha cousa... 556 00:36:35,194 --> 00:36:36,153 Sinto moito... 557 00:36:37,321 --> 00:36:39,240 o que lle pasou ao teu gato. 558 00:36:39,823 --> 00:36:41,075 Pobre Bigotis. 559 00:36:41,659 --> 00:36:43,577 - Chamábase así o micho? - Micha. 560 00:37:20,155 --> 00:37:21,782 Levou máis do que esperaba. 561 00:37:24,076 --> 00:37:24,952 Xa. 562 00:37:25,619 --> 00:37:27,371 Sabía que non ía ser fácil. 563 00:37:29,707 --> 00:37:31,125 Era toda unha pro. 564 00:37:32,167 --> 00:37:33,085 Si que era. 565 00:37:37,506 --> 00:37:38,424 Tócame. 566 00:37:51,603 --> 00:37:54,440 Bos días. Roncas. 567 00:37:56,150 --> 00:37:58,110 Xa. Xa mo teñen dito. 568 00:37:59,028 --> 00:38:01,530 - Esperteite? - Un par de veces só. 569 00:38:01,530 --> 00:38:03,866 - Merda, perdón. - Non pasa nada. 570 00:38:05,659 --> 00:38:08,746 - Alégrome de que durmises por fin. - Igualmente. 571 00:38:09,371 --> 00:38:12,708 - Hai algo nos vídeos das cámaras? - Que eu vise, non. 572 00:38:12,708 --> 00:38:15,169 Son da semana antes do atentado, 573 00:38:15,169 --> 00:38:18,422 así que me vou fixando en calquera perfil dubidoso. 574 00:38:18,422 --> 00:38:22,801 Houbo algún sospeitoso do atentado? 575 00:38:22,801 --> 00:38:24,053 Á parte de min? 576 00:38:24,053 --> 00:38:25,220 En serio. 577 00:38:25,721 --> 00:38:26,847 Pois si. 578 00:38:29,725 --> 00:38:32,644 Levaba unha chaqueta negra e capucha por debaixo. 579 00:38:34,480 --> 00:38:36,148 Non lle dei visto a cara. 580 00:38:38,609 --> 00:38:39,985 Case o collo. 581 00:38:41,695 --> 00:38:46,033 Tiña unha tatuaxe dunha serpe no costado. 582 00:38:48,327 --> 00:38:51,538 Os que o investigaban non deron identificado a ninguén. 583 00:38:52,122 --> 00:38:53,165 Vale. 584 00:38:53,665 --> 00:38:55,209 Chaqueta negra. Busco. 585 00:39:03,842 --> 00:39:06,387 SON FARR. CHÁMAME A ESTE NÚMERO. 586 00:39:10,140 --> 00:39:12,518 - Peter. - Ola. Este é o número novo? 587 00:39:12,518 --> 00:39:16,772 Tiñas razón. Había programas espía no meu móbil. Rastrexáronvos así. 588 00:39:16,772 --> 00:39:19,566 Cambia de móbil prepago e mándame o número. 589 00:39:19,566 --> 00:39:22,778 - Vale. - Como estades? Había algo no enderezo? 590 00:39:22,778 --> 00:39:26,323 Os Campbell tiñan probas de que o atentado tiña outro obxectivo. 591 00:39:26,323 --> 00:39:28,617 - Como? - Algo no exterior. 592 00:39:28,617 --> 00:39:31,286 Non entendo. Esa liña non sae ao exterior. 593 00:39:31,286 --> 00:39:34,790 Explícollo en persoa, pero cremos que haberá outro ataque. 594 00:39:34,790 --> 00:39:35,999 Xesús. 595 00:39:36,500 --> 00:39:38,544 Peter, temos que informar o FBI. 596 00:39:38,544 --> 00:39:40,712 Ao final do día, entendido? 597 00:39:41,213 --> 00:39:42,214 Entendido. 598 00:39:52,558 --> 00:39:53,892 Isto abre? 599 00:39:53,892 --> 00:39:58,856 Estamos en horario lectivo. Veño todos os días. 600 00:40:00,107 --> 00:40:01,608 De acordo, todo ben. 601 00:40:08,824 --> 00:40:10,409 Tes o botón de alarma? 602 00:40:15,914 --> 00:40:17,541 Si. Grazas. 603 00:40:23,046 --> 00:40:25,132 Perdoa, o novo é moito de máis. 604 00:40:25,132 --> 00:40:27,217 O seu traballo é protexerte. 605 00:40:27,217 --> 00:40:28,802 Coma un carcereiro. 606 00:40:31,805 --> 00:40:34,641 Queríache pedir perdón. 607 00:40:35,225 --> 00:40:36,810 Síntome mal polo de onte 608 00:40:36,810 --> 00:40:40,105 e non te quero espantar nin... 609 00:40:44,318 --> 00:40:45,319 Non debo. 610 00:40:45,319 --> 00:40:47,988 Temos que seguir falando ou vai pensar que... 611 00:40:47,988 --> 00:40:49,448 Que está pasando isto. 612 00:40:52,826 --> 00:40:57,247 Se o sabe alguén, eu acabo sen traballo e ti, no medio dun escándalo. 613 00:40:57,247 --> 00:40:58,707 Non che podo facer iso. 614 00:40:59,750 --> 00:41:02,252 E se puidésemos estar sós unhas horas? 615 00:41:02,753 --> 00:41:04,713 Nun sitio tranquilo. A túa casa? 616 00:41:04,713 --> 00:41:05,714 Xa. 617 00:41:05,714 --> 00:41:08,550 E cos Servizos Secretos na porta mentres... 618 00:41:08,550 --> 00:41:09,801 Mentres que? 619 00:41:13,096 --> 00:41:14,765 Non o pode saber ninguén. 620 00:41:15,557 --> 00:41:16,433 Ninguén. 621 00:41:17,226 --> 00:41:20,437 Dixéchesme que confíe no meu instinto. Ti tamén debías. 622 00:41:22,105 --> 00:41:24,191 Libreime dos escoltas outras veces. 623 00:41:24,191 --> 00:41:27,110 Xúroche que imos estar sós. 624 00:41:29,279 --> 00:41:31,532 Se é o que queres. 625 00:41:44,211 --> 00:41:45,587 Que tal o ombro? 626 00:41:45,587 --> 00:41:47,381 Ben, grazas. 627 00:41:48,549 --> 00:41:49,633 Teño curiosidade. 628 00:41:50,217 --> 00:41:52,928 Que se sente ao levar un balazo coma o de Ohio? 629 00:41:56,640 --> 00:41:58,100 Pois doe. 630 00:41:59,351 --> 00:42:03,313 Sei que parece obvio, pero lembro como que me sorprendeu. 631 00:42:03,313 --> 00:42:05,566 Non sei ben o que esperaba, 632 00:42:05,566 --> 00:42:09,152 pero supoño que algúns se desmaian, outros quedan en shock. 633 00:42:09,152 --> 00:42:10,070 Eu? 634 00:42:11,446 --> 00:42:13,448 O único que lembro é a dor. 635 00:42:13,448 --> 00:42:14,658 Volveríalo facer? 636 00:42:19,246 --> 00:42:23,500 Mira, poida que necesite este choio para manterme limpo, vale? 637 00:42:24,751 --> 00:42:25,627 Pode ser. 638 00:42:26,461 --> 00:42:28,964 Pero non por iso estou menos capacitado. 639 00:42:29,548 --> 00:42:33,594 O do bar foi un fallo, admítoo, pero non cuestiones o meu compromiso. 640 00:42:34,177 --> 00:42:39,224 Teño un enfoque diferente ao teu e se cadra anticuado, pero adáptome. 641 00:42:40,851 --> 00:42:42,227 Aí vén Harper. 642 00:42:42,227 --> 00:42:44,354 Ola. Que tal? 643 00:42:51,486 --> 00:42:54,948 Ningunha chaqueta negra sospeitosa os días antes do ataque. 644 00:42:54,948 --> 00:42:57,826 - E a mesma mañá? - Estou aí agora. 645 00:42:58,327 --> 00:43:01,163 Só unha muller que pasa na cafetería cinco horas, 646 00:43:01,163 --> 00:43:03,915 a mirar pola ventá e a falar para ela. 647 00:43:05,709 --> 00:43:06,543 Déixame ver. 648 00:43:12,633 --> 00:43:15,427 Non fala para ela, fala por un micro. 649 00:43:15,927 --> 00:43:16,845 Acércaa. 650 00:43:17,596 --> 00:43:19,097 Voulle dar definición. 651 00:43:20,432 --> 00:43:25,270 - Como sabes que non están sobre a pista? - Os meus operativos falaron coa muller. 652 00:43:25,270 --> 00:43:27,272 Contoulles o pouco que sabía. 653 00:43:27,272 --> 00:43:30,275 Sutherland e a moza non teñen nada preocupante. 654 00:43:30,275 --> 00:43:32,569 Que foi dela? Da muller. 655 00:43:33,737 --> 00:43:35,322 Mellor non dicilo. 656 00:43:35,822 --> 00:43:36,990 Xesús. 657 00:43:37,491 --> 00:43:40,285 - Querías atar os cabos soltos. - Si, xa o sei. 658 00:43:41,161 --> 00:43:42,913 Cando vai acabar todo isto? 659 00:43:43,497 --> 00:43:44,498 Pronto. 660 00:43:45,624 --> 00:43:46,875 Que estou buscando? 661 00:43:46,875 --> 00:43:48,919 - Merda. - Que? 662 00:43:50,128 --> 00:43:52,798 - É dos Servizos Secretos. - Como o sabes? 663 00:43:52,798 --> 00:43:54,383 Porque a coñezo. 664 00:44:05,268 --> 00:44:06,978 Bo día, señor vicepresidente. 665 00:44:08,313 --> 00:44:09,314 Bo día. Está aí? 666 00:44:09,314 --> 00:44:11,108 - Si. Quere...? - Ocúpome eu. 667 00:44:12,275 --> 00:44:15,987 A ver. Se é dos Servizos Secretos, iso significa que... 668 00:44:15,987 --> 00:44:17,989 É membro dunha escolta. 669 00:44:19,074 --> 00:44:22,869 Isto xa non é un atentado terrorista. É un intento de magnicidio. 670 00:44:23,662 --> 00:44:24,496 Contra quen? 671 00:44:25,831 --> 00:44:26,873 Ola, cariño. 672 00:44:28,250 --> 00:44:31,503 - Esa mirada. - Os dous sabemos a que vés. Dálle. 673 00:44:31,503 --> 00:44:34,756 Fun a un bar, faloume un tío. Eu non controlo o que... 674 00:44:34,756 --> 00:44:37,509 Por que te esforzas para meterte en problemas? 675 00:44:37,509 --> 00:44:40,554 Ir a un bar é esforzarse para meterse en problemas? 676 00:44:40,554 --> 00:44:43,557 Non tes que ir a bar ningún! Proba a estudar! 677 00:46:43,969 --> 00:46:47,013 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández