1 00:00:07,675 --> 00:00:08,926 - Iso é unha...? - Si. 2 00:00:08,926 --> 00:00:10,553 - Sabes como...? - Non. 3 00:00:15,099 --> 00:00:16,601 ANTERIORMENTE 4 00:00:16,601 --> 00:00:20,354 Cumpres co teu deber na Acción Nocturna, nesa sala infernal, 5 00:00:20,354 --> 00:00:23,274 atendendo unha liña que nunca soa, e virán cousas mellores. 6 00:00:23,274 --> 00:00:26,903 Para o ascenso, necesitas a miña sinatura e a de Hawkins. 7 00:00:26,903 --> 00:00:30,239 Estás baixo as ordes dos dous. Esqueceuche esa parte. 8 00:00:30,239 --> 00:00:32,450 Teño que declararme en bancarrota. 9 00:00:32,450 --> 00:00:36,037 Despois do cibersecuestro de datos, os clientes liscaron. 10 00:00:36,037 --> 00:00:37,747 Queda o tempo que necesites. 11 00:00:39,165 --> 00:00:41,209 - Que pasa? - Hai alguén fóra. 12 00:00:41,209 --> 00:00:43,211 Chama aí, di "Acción Nocturna". 13 00:00:51,761 --> 00:00:52,595 Acción Nocturna. 14 00:00:52,595 --> 00:00:55,598 - Director adxunto Hawkins. - Ti que fas aquí? 15 00:00:55,598 --> 00:00:58,518 - Farr mándame levar a señorita Larkin. - A onde? 16 00:00:58,518 --> 00:00:59,977 - Para quen traballas? - O FBI. 17 00:00:59,977 --> 00:01:01,479 Veñen por min, non? 18 00:01:01,479 --> 00:01:04,190 As miñas ordes son protexerte coa miña vida. 19 00:01:04,190 --> 00:01:06,150 Meus tíos eran espías? 20 00:01:06,150 --> 00:01:09,153 Eu estou no máis baixo da Casa Branca. 21 00:01:09,153 --> 00:01:10,780 De verdade, non sei nada. 22 00:01:13,407 --> 00:01:14,659 Atopeina! 23 00:01:16,119 --> 00:01:17,954 Dilles o que viches de verdade. 24 00:01:17,954 --> 00:01:20,915 Miña tía dixo que alguén da Casa Branca non é de fiar. 25 00:01:20,915 --> 00:01:24,627 - Queremos que esteas cómoda. - Sente, señorita Larkin. 26 00:01:24,627 --> 00:01:26,295 Temos moito do que falar. 27 00:01:43,146 --> 00:01:45,356 {\an8}- Cantos empregados? - Agora, 37. 28 00:01:45,356 --> 00:01:49,068 {\an8}Para finais de ano, 80. No terceiro trimestre do que vén, 200. 29 00:01:49,068 --> 00:01:51,946 - Poden asumir ese crecemento? - Imos con calma. 30 00:01:51,946 --> 00:01:54,615 Aceptamos só un de cada catro clientes. 31 00:01:54,615 --> 00:01:56,868 Como ve o sector da ciberseguridade? 32 00:01:56,868 --> 00:01:59,996 As empresas grandes necesitan protexer información, 33 00:01:59,996 --> 00:02:04,333 pero as máis pequenas e os particulares tamén valoran a privacidade. 34 00:02:04,333 --> 00:02:06,836 Silicon Valley pode ser implacable coas mulleres. 35 00:02:06,836 --> 00:02:11,257 É raro ver directoras executivas fóra do sector da beleza ou do benestar. 36 00:02:11,257 --> 00:02:14,594 Que a fixo crer no éxito onde moitas ven obstáculos? 37 00:02:14,594 --> 00:02:16,262 Perdón. 38 00:02:16,762 --> 00:02:17,597 Chámante. 39 00:02:17,597 --> 00:02:18,723 Pode esperar? 40 00:02:19,307 --> 00:02:21,642 - Quen é? - Lawrence Finster. 41 00:02:22,226 --> 00:02:25,730 - O noso cliente máis grande. Desculpe. - Non hai problema. 42 00:02:25,730 --> 00:02:27,064 - Aquí? - Aí, si. 43 00:02:31,611 --> 00:02:33,446 Señor Finster, son Rose Larkin. 44 00:02:33,446 --> 00:02:39,118 Hai alguén no noso sistema. Deixounos fóra. Caeu todo. 45 00:02:39,619 --> 00:02:42,955 - Desculpe, que pasa? - Os hackers acaban de contactar. 46 00:02:42,955 --> 00:02:48,085 Queren 7,2 millóns en Bitcoin ou expoñen a nosa tecnoloxía patentada na rede. 47 00:02:48,085 --> 00:02:51,964 - Iso afundiríanos. - Ten que haber algún erro. Un momento. 48 00:02:55,509 --> 00:02:56,510 Perdón, desculpa. 49 00:03:02,850 --> 00:03:05,937 - Khadim. - Xa, estou niso. Alguén fozou no código. 50 00:03:05,937 --> 00:03:09,148 - Alguén de nós? - Non ten sentido. Quen ía ser? 51 00:03:11,692 --> 00:03:14,028 Hostia, é Adam. Déixame entrar. 52 00:03:19,867 --> 00:03:21,661 Adam, que fixeches? Mira. 53 00:03:28,251 --> 00:03:31,462 Levamos horas con isto. Díganos a verdade dunha vez. 54 00:03:31,462 --> 00:03:33,839 - Que máis queren de min? - Que axude. 55 00:03:33,839 --> 00:03:38,052 - Cando chamou, dixo que lle vira a cara. - Vin a silueta, non a cara. 56 00:03:38,052 --> 00:03:41,931 - Dixo que lle vira a cara. - Equivoqueime. Estaría en shock. 57 00:03:41,931 --> 00:03:43,808 Díganos altura e constitución. 58 00:03:43,808 --> 00:03:45,601 Branco, negro, hispano? 59 00:03:45,601 --> 00:03:46,644 Nada? 60 00:03:47,144 --> 00:03:50,064 Por favor! Como sabemos que non está implicada? 61 00:03:50,064 --> 00:03:51,440 Jamie, iso é absurdo. 62 00:03:51,440 --> 00:03:53,943 Matan os tíos e a ela nin a rabuñan? 63 00:03:53,943 --> 00:03:54,986 Pare! 64 00:03:54,986 --> 00:04:00,199 Mire, non creo que estea implicada, pero tampouco me está a dicir a verdade. 65 00:04:00,199 --> 00:04:04,954 - Quere atopar o que matou a seus tíos? - Claro que si, pero iso é traballo seu! 66 00:04:04,954 --> 00:04:08,124 O meu é organizar un funeral pola miña única familia. 67 00:04:08,124 --> 00:04:10,793 - Estamos do mesmo lado. - Dígallo ao mamón. 68 00:04:10,793 --> 00:04:13,879 E alguén quere matarme. A ver se fan algo. 69 00:04:18,301 --> 00:04:21,304 - Que foi? - Esconde algo. 70 00:04:21,304 --> 00:04:24,223 - Pasou por algo terrible. - Si, certo. 71 00:04:25,016 --> 00:04:27,268 - Pero esconde algo. - Como o sabe? 72 00:04:27,268 --> 00:04:29,186 Trinta anos de axente federal. 73 00:04:30,980 --> 00:04:32,315 Dime que non o viches. 74 00:04:35,026 --> 00:04:36,819 Igual ti consegues que fale. 75 00:04:40,197 --> 00:04:42,199 - E agora que? - Hai un coche fóra. 76 00:04:42,199 --> 00:04:45,161 Os Servizos Secretos lévante ao Hotel Remborne. 77 00:04:45,161 --> 00:04:48,122 Alí vante escoltar ata que poidas volver á casa. 78 00:04:48,622 --> 00:04:51,208 - Vou a pé. Necesito aire. - Non pode ser. 79 00:04:51,208 --> 00:04:54,128 A menos que pense arrestarme, vai ter que ser. 80 00:04:56,297 --> 00:05:00,009 Escóltoa eu e os axentes poden vir atrás de nós. 81 00:05:01,594 --> 00:05:05,097 Sutherland non ten a formación para tratar cunha testemuña 82 00:05:05,097 --> 00:05:07,308 e logo non hai tempo para arranxos. 83 00:05:07,308 --> 00:05:10,561 Que ti o subestimes non significa que eu tamén. 84 00:05:10,561 --> 00:05:13,356 Levo un ano supervisándoo. Pódese ocupar disto. 85 00:05:14,482 --> 00:05:17,276 Ou temes que faga ben o que ti non deches feito? 86 00:05:19,153 --> 00:05:22,698 - Non lles dixeches o que viches? - Non. Xa sabes por que. 87 00:05:23,199 --> 00:05:24,909 Que plan tes, Rose? 88 00:05:25,409 --> 00:05:27,370 Seguir viva o tempo que poida. 89 00:05:29,455 --> 00:05:31,165 Que é o que non contaches? 90 00:05:31,749 --> 00:05:33,250 Agora non te fías de min? 91 00:05:33,918 --> 00:05:36,295 Si, pero alguén da Casa Branca quéreme morta. 92 00:05:36,295 --> 00:05:39,757 E se oíches mal? E se túa tía se enganaba? Descríbeo. 93 00:05:39,757 --> 00:05:43,511 Se esa xente sabe que recoñecín un dos asasinos, estaría segura? 94 00:05:44,470 --> 00:05:47,348 Se tanto cres nos teus xefes, dilles que mentín. 95 00:05:47,348 --> 00:05:48,599 A ver que pasa. 96 00:05:49,100 --> 00:05:52,019 Só está en xogo a miña vida. Se cadra tamén a túa. 97 00:06:00,403 --> 00:06:02,988 Moi ben, é aquí. A ver... 98 00:06:03,656 --> 00:06:05,366 Lonxe desa terraza. 99 00:06:05,866 --> 00:06:10,413 E, en xeral, intenta que ninguén te vexa, de acordo? 100 00:06:11,247 --> 00:06:12,081 Por favor. 101 00:06:12,832 --> 00:06:14,333 É coma un cárcere? 102 00:06:15,251 --> 00:06:16,085 Que? Non. 103 00:06:16,085 --> 00:06:19,088 Non. Pide o que queiras ao servizo de cuartos. 104 00:06:19,880 --> 00:06:24,218 Tes minibar, dous dos Servizos Secretos no corredor e catro na entrada. 105 00:06:24,218 --> 00:06:25,428 Vai ir todo ben. 106 00:06:25,428 --> 00:06:26,512 Vaia vida. 107 00:06:26,512 --> 00:06:29,723 Sen portátil nin libros para ler. Aquí atrapada. 108 00:06:31,183 --> 00:06:32,560 Pódeslle dar ao billar. 109 00:06:32,560 --> 00:06:35,855 - Vai ser a miña carreira nova? - Xogadora de bóla 9? 110 00:06:36,647 --> 00:06:39,692 Con práctica, quen sabe? Pódelo conseguir. 111 00:06:43,320 --> 00:06:44,363 Oe. 112 00:06:45,156 --> 00:06:48,117 Imos coller eses tipos, confía en min. 113 00:06:48,617 --> 00:06:50,786 Necesitas algo antes de que marche? 114 00:06:51,579 --> 00:06:52,872 Non vas quedar? 115 00:06:54,081 --> 00:06:56,917 - Teño que traballar. - Pero traballas de noite. 116 00:06:56,917 --> 00:06:59,086 Farr quería que axudase con isto. 117 00:06:59,086 --> 00:07:02,673 E xa está? Adeus para sempre? 118 00:07:05,176 --> 00:07:07,094 Non sei. Pode ser. 119 00:07:07,887 --> 00:07:13,100 Os dos Servizos Secretos vante protexer moito mellor ca min. 120 00:07:14,727 --> 00:07:16,061 Ti non o fixeches mal. 121 00:07:16,729 --> 00:07:18,689 Grazas. Ti tampouco. 122 00:07:20,357 --> 00:07:21,567 - Grazas. - De nada. 123 00:07:32,536 --> 00:07:35,623 - Mirade por ela, si? - Por suposto. 124 00:07:36,624 --> 00:07:38,209 - Grazas. - Feito. 125 00:07:54,308 --> 00:07:59,230 LIBROS 126 00:07:59,230 --> 00:08:02,816 Ola. Poden levar estes ao cuarto 610, por favor? 127 00:08:02,816 --> 00:08:04,568 - Agora mesmo. - Grazas. 128 00:08:05,736 --> 00:08:08,572 - Pódenlle dicir que os manda Peter? - De acordo. 129 00:08:14,453 --> 00:08:16,080 Que haberá na bolsa? 130 00:08:17,957 --> 00:08:19,208 Non tes curiosidade? 131 00:08:19,208 --> 00:08:21,669 Non. Antes era curioso, 132 00:08:21,669 --> 00:08:25,798 pero aprendín axiña que certas cousas hai que deixalas estar. 133 00:08:26,966 --> 00:08:29,677 Sobre que tiñas curiosidade? 134 00:08:30,261 --> 00:08:31,971 Sobre cando te coñecería. 135 00:08:33,597 --> 00:08:35,224 - Que? - Veña, dimo. 136 00:08:37,017 --> 00:08:41,188 Por que a xente actúa en contra dos seus propios intereses. 137 00:08:42,147 --> 00:08:43,357 E que concluíches? 138 00:08:44,066 --> 00:08:49,363 Que a xente necesita arriscar a vida para sentir algo... 139 00:08:50,447 --> 00:08:51,323 diferente. 140 00:08:52,533 --> 00:08:53,867 A canto ías? 141 00:08:54,577 --> 00:08:55,536 Rápido. 142 00:08:57,204 --> 00:08:58,914 Quería chegar canto antes. 143 00:08:58,914 --> 00:09:00,916 Reduce amodo, si? 144 00:09:08,632 --> 00:09:12,094 {\an8}PATRULLA DA ESTRADA ESTATAL DE OHIO 145 00:09:14,221 --> 00:09:15,180 Ei... 146 00:09:15,806 --> 00:09:16,640 Por se acaso. 147 00:09:17,600 --> 00:09:22,438 O carné e os papeis están limpos. Sorrí e acepta a multa, está? 148 00:09:30,988 --> 00:09:33,073 Ía rápido de máis, non, axente? 149 00:09:47,171 --> 00:09:48,047 Grazas. 150 00:09:50,883 --> 00:09:52,676 AXENTE ESPECIAL DO FBI 151 00:09:52,676 --> 00:09:54,803 - Señor, a chave. - Grazas. 152 00:10:03,020 --> 00:10:04,730 - Que tal Rose? - Ben. 153 00:10:04,730 --> 00:10:07,733 - Sacácheslle algo máis? - Nada novo, non. 154 00:10:07,733 --> 00:10:09,568 É o sitio de Hawkins. 155 00:10:12,029 --> 00:10:12,946 Perdón, señor. 156 00:10:15,991 --> 00:10:19,453 Catorce horas desde o asasinato de Emma e Henry Campbell. 157 00:10:19,453 --> 00:10:22,247 A presidenta pregunta que sabemos. Que sabemos? 158 00:10:22,998 --> 00:10:24,500 A investigación continúa. 159 00:10:25,334 --> 00:10:28,462 Non son do puto Washington Post. Déixate de historias. 160 00:10:30,923 --> 00:10:34,259 Os Campbell traballaban para nós en contraintelixencia, 161 00:10:34,259 --> 00:10:36,845 recrutando recursos estranxeiros na casa. 162 00:10:36,845 --> 00:10:38,472 Retiráranse hai uns anos. 163 00:10:38,472 --> 00:10:42,810 Se mandaron chamar á Acción Nocturna, andaban en algo extraoficial. 164 00:10:42,810 --> 00:10:45,604 Fixeron inimigos cando traballaban para o FBI? 165 00:10:45,604 --> 00:10:47,898 - Ninguén capaz disto. - Como o sabes? 166 00:10:47,898 --> 00:10:50,359 Porque así non se xoga entre espías. 167 00:10:50,359 --> 00:10:51,443 Entre espías? 168 00:10:51,443 --> 00:10:54,988 Se cadra alguén cambiou as regras do xogo. 169 00:10:55,572 --> 00:10:57,741 E as cámaras de arredor da casa? 170 00:10:57,741 --> 00:10:58,992 Nada relevante. 171 00:10:58,992 --> 00:11:00,744 Entón, o FBI non ten nada. 172 00:11:00,744 --> 00:11:03,747 Se cadra teñen que intervir os Servizos Secretos. 173 00:11:03,747 --> 00:11:04,873 Se cadra si. 174 00:11:04,873 --> 00:11:08,460 Quietiño no teu terreo, neno. O FBI teno todo controlado. 175 00:11:08,460 --> 00:11:09,753 E ningún sospeitoso. 176 00:11:11,296 --> 00:11:14,258 Quería volver probar coa moza, a ver que esconde. 177 00:11:14,258 --> 00:11:19,138 - Non está traumatizada abondo, señor? - Isto chámase levar unha investigación. 178 00:11:19,138 --> 00:11:21,932 E dá grazas que te deixamos estar cos maiores. 179 00:11:21,932 --> 00:11:25,018 A túa testemuña estrela non estaría viva sen el. 180 00:11:25,018 --> 00:11:27,730 Que máis non estás contando da investigación? 181 00:11:31,984 --> 00:11:33,694 Iso é o que teño que contar. 182 00:11:33,694 --> 00:11:38,240 Para o mundo exterior, eran empresarios asasinados nun roubo a un domicilio. 183 00:11:38,240 --> 00:11:40,200 Pero canto tempo se vai soster? 184 00:11:40,200 --> 00:11:44,371 Cando se desmonte, que pareza que temos idea do que estamos facendo. 185 00:11:45,873 --> 00:11:46,707 Iso é todo. 186 00:11:53,964 --> 00:11:54,882 Peter. 187 00:11:56,508 --> 00:11:57,384 Mande. 188 00:11:59,970 --> 00:12:02,097 Que opinas? De Hawkins. 189 00:12:02,097 --> 00:12:05,851 - Non lle gustou verme no seu sitio. - Comproba o seu traballo. 190 00:12:06,351 --> 00:12:09,229 Pásoche os expedientes dos Campbell destes anos. 191 00:12:09,229 --> 00:12:12,232 - Non estou acreditado. - Consígoche acreditación. 192 00:12:13,150 --> 00:12:14,818 Que quere que busque? 193 00:12:14,818 --> 00:12:18,280 Por que foron por eles. O que nos está ocultando Hawkins. 194 00:12:18,864 --> 00:12:19,782 Mira, Peter, 195 00:12:20,407 --> 00:12:24,244 fuches un bo soldado, cumpriches sempre na Acción Nocturna. 196 00:12:24,244 --> 00:12:28,332 Sei que podes facer máis. Queres facer máis e estouche pedindo máis. 197 00:12:28,832 --> 00:12:30,834 Entramos en terreo pantanoso. 198 00:12:30,834 --> 00:12:34,254 Estás disposto a facer o que sexa para chegar ao fondo? 199 00:12:34,755 --> 00:12:36,465 E manter a Rose a salvo? 200 00:12:37,216 --> 00:12:38,133 Por suposto. 201 00:12:39,134 --> 00:12:39,968 Ben. 202 00:12:42,513 --> 00:12:46,141 Levo 12 meses formándote para algo. Non sabía ben para que. 203 00:12:47,559 --> 00:12:49,520 Agora sabémolo. Era para isto. 204 00:12:51,146 --> 00:12:52,231 Hora de actuar. 205 00:12:55,818 --> 00:12:56,819 Si, señora. 206 00:13:02,699 --> 00:13:04,076 Ola, Liam. 207 00:13:05,118 --> 00:13:07,371 Tes algo da captura que che mandei? 208 00:13:07,871 --> 00:13:10,415 Si. Non sei se axudará moito. 209 00:13:10,999 --> 00:13:13,919 Este é o anel que pillaches onte coa cámara. 210 00:13:13,919 --> 00:13:16,171 - Si. - Atopei este selo. 211 00:13:17,297 --> 00:13:20,092 - Parécese moito. - De que é? 212 00:13:20,092 --> 00:13:22,886 O escudo de armas da casa real de Iugoslavia. 213 00:13:23,470 --> 00:13:26,014 Hai algunha diferenza, así que intúo 214 00:13:26,014 --> 00:13:30,185 que o propietario orixinal do anel é descendente do príncipe herdeiro. 215 00:13:30,185 --> 00:13:34,273 Podemos sacar algo máis? Mirar en museos... 216 00:13:34,273 --> 00:13:36,358 non sei, poxas ou algo así? 217 00:13:36,358 --> 00:13:39,278 A ver, agora es o meu xefe, mozo do teléfono? 218 00:13:40,571 --> 00:13:41,697 Por favor. 219 00:13:42,281 --> 00:13:45,450 Non podo, estou ao tope. De que vai isto? 220 00:13:46,034 --> 00:13:49,121 - Non estás acreditado para sabelo. - Veña, en serio. 221 00:13:51,623 --> 00:13:52,457 En serio? 222 00:14:44,384 --> 00:14:46,470 - Grazas. - De nada. 223 00:14:47,846 --> 00:14:50,015 - Que é? - Pu-erh. 224 00:14:50,015 --> 00:14:51,975 - Té chinés? - Creo que si. 225 00:14:51,975 --> 00:14:54,895 Non me dará sono, non? Vai ser unha noite longa. 226 00:14:54,895 --> 00:14:57,439 Non, debía darlle enerxía. Comprobado. 227 00:14:57,439 --> 00:14:58,607 De acordo, grazas. 228 00:15:01,860 --> 00:15:03,111 Peter, vai todo ben? 229 00:15:03,111 --> 00:15:07,282 Sabía que Hawkins foi o supervisor de Emma e Henry Campbell? 230 00:15:07,282 --> 00:15:08,408 - O que? - Si. 231 00:15:08,408 --> 00:15:13,538 É moi difícil atopalo, pero recoñezo as súas iniciais nunhas autorizacións. 232 00:15:13,538 --> 00:15:14,539 Remóntanse... 233 00:15:15,207 --> 00:15:16,500 anos. 234 00:15:16,500 --> 00:15:17,459 Merda. 235 00:15:18,377 --> 00:15:21,046 - Estás seguro? - Non lle dixo que os coñecía? 236 00:15:21,046 --> 00:15:25,050 Non. Sabía que traballara na contraintelixencia antes do ascenso... 237 00:15:26,677 --> 00:15:27,552 Arre demo. 238 00:15:27,552 --> 00:15:29,721 Merda. Por que non llo dixo? 239 00:15:30,806 --> 00:15:32,557 Que máis estará ocultando? 240 00:15:32,557 --> 00:15:36,019 Aparta os casos que supervisou. Quéroos na mesa pola mañá. 241 00:15:36,520 --> 00:15:38,438 E que quede entre nós por agora. 242 00:15:38,438 --> 00:15:39,356 Si. 243 00:15:58,458 --> 00:15:59,418 Si, diga. 244 00:15:59,918 --> 00:16:00,961 Peter, es ti? 245 00:16:02,212 --> 00:16:03,964 - Rose? - Si. 246 00:16:03,964 --> 00:16:05,757 Non dou durmido e... 247 00:16:07,217 --> 00:16:08,969 acordeime do número. 248 00:16:08,969 --> 00:16:11,596 Espera, acordácheste deste número? 249 00:16:11,596 --> 00:16:13,515 Si, o meu cerebro funciona así. 250 00:16:14,016 --> 00:16:15,892 Esperaba que contestases ti. 251 00:16:16,810 --> 00:16:19,521 Claro, son eu. É tarde. Estás ben? 252 00:16:19,521 --> 00:16:20,439 Non. 253 00:16:20,439 --> 00:16:24,609 Só necesitaba oír unha voz e non teño a ninguén, así que... 254 00:16:25,527 --> 00:16:27,070 Estou... estou aquí. 255 00:16:28,071 --> 00:16:29,364 Sabes algo máis... 256 00:16:29,364 --> 00:16:31,491 do que lles pasou a meus tíos? 257 00:16:31,491 --> 00:16:34,244 Estamos investigando algunha cousa, de acordo? 258 00:16:35,912 --> 00:16:38,707 A ver a onde nos leva. Hai avances, de verdade. 259 00:16:38,707 --> 00:16:42,878 Espera. Non tiñas que deixar a liña libre por se chama outra persoa? 260 00:16:42,878 --> 00:16:46,465 Cres que ía comunicar se chama un axente nocturno en apuros? 261 00:16:46,465 --> 00:16:48,967 Dixérasme que tiñas que deixala libre. 262 00:16:48,967 --> 00:16:53,472 - Porque non me contestabas as preguntas. - Era só para colgarme? 263 00:16:54,097 --> 00:16:55,015 Vaia modais. 264 00:16:55,807 --> 00:16:59,186 Vale, perdoa. Hoxe non che colgo. Prometido. 265 00:16:59,186 --> 00:17:03,148 - Máis che vale. Podo ser moi vingativa. - Non quero comprobalo. 266 00:17:06,651 --> 00:17:08,153 Pódoche preguntar algo? 267 00:17:09,654 --> 00:17:10,989 Si. Si, dálle. 268 00:17:13,784 --> 00:17:15,827 Sabes que vai pasar comigo agora? 269 00:17:17,370 --> 00:17:19,414 Oxalá o soubese, Rose. 270 00:17:33,303 --> 00:17:35,430 Tanto dá o que haxa na bolsa. 271 00:17:36,431 --> 00:17:38,558 É algo polo que vale a pena matar. 272 00:17:39,059 --> 00:17:40,977 Ninguén nos mandou matala. 273 00:17:41,561 --> 00:17:45,440 Non. Pero era máis rápido, máis seguro 274 00:17:45,440 --> 00:17:47,818 e el non nos dixo que non a matásemos. 275 00:17:53,365 --> 00:17:54,574 Ti que cres que hai? 276 00:17:55,492 --> 00:17:57,702 Deixa de torturarte, vale? 277 00:18:00,205 --> 00:18:01,123 Tes razón. 278 00:18:02,499 --> 00:18:03,583 Vou mirar e listo. 279 00:18:06,753 --> 00:18:08,088 Vasme querer igual. 280 00:18:14,928 --> 00:18:16,388 Que hostia é isto? 281 00:18:20,350 --> 00:18:21,685 Contenta? 282 00:18:23,145 --> 00:18:24,521 É unha cámara de bebé. 283 00:18:25,105 --> 00:18:27,065 Con que cable se descarga isto? 284 00:18:27,899 --> 00:18:30,569 A expectativa sempre é mellor que a realidade. 285 00:18:31,319 --> 00:18:32,195 Faime caso. 286 00:18:33,989 --> 00:18:34,865 Vale. 287 00:18:36,533 --> 00:18:37,367 É el. 288 00:18:39,536 --> 00:18:41,663 - Si? - Xa estades de volta? 289 00:18:41,663 --> 00:18:45,167 - Acabamos de chegar. - Teño información sobre o obxectivo. 290 00:18:45,167 --> 00:18:47,043 De acordo. Estamos preparados. 291 00:18:47,544 --> 00:18:48,962 Desta vez, rematade. 292 00:18:48,962 --> 00:18:52,132 É probable que te vise na casa e poida identificarte. 293 00:18:52,632 --> 00:18:54,926 Por se necesitas máis incentivos. 294 00:18:55,594 --> 00:18:56,595 Quen é? 295 00:18:58,013 --> 00:19:00,807 Alguén con especial interese en que saia ben. 296 00:19:00,807 --> 00:19:03,351 E ten razón. A moza é un problema. 297 00:19:03,351 --> 00:19:05,353 Ti dime onde está, si? 298 00:19:07,105 --> 00:19:07,939 Espera. 299 00:19:14,529 --> 00:19:15,363 Xa o teño. 300 00:19:17,240 --> 00:19:19,284 Xa está, todo controlado. 301 00:19:19,284 --> 00:19:21,661 Canto levan traballando para ti? 302 00:19:21,661 --> 00:19:24,873 El, máis de oito anos. Con resultados excelentes. 303 00:19:25,457 --> 00:19:27,417 Meteuna a ela hai un par de anos. 304 00:19:28,376 --> 00:19:29,669 Fan un bo equipo. 305 00:19:30,170 --> 00:19:32,380 Ninguén pediu o reembolso por agora. 306 00:19:34,174 --> 00:19:35,634 Todo isto ponme malo. 307 00:19:37,177 --> 00:19:39,262 Sempre quixeches ser axente do FBI? 308 00:19:40,180 --> 00:19:42,557 Non. A verdade... 309 00:19:44,684 --> 00:19:46,686 é que quería xogar na NBA. 310 00:19:46,686 --> 00:19:48,188 Por que non o fixeches? 311 00:19:48,188 --> 00:19:50,273 Era malísimo na universidade. 312 00:19:50,857 --> 00:19:54,986 Se es malo na universidade, non che deixan pasar a profesional. 313 00:19:54,986 --> 00:19:58,365 Ese xeito de pensar non vale en Silicon Valley. 314 00:19:58,949 --> 00:20:01,243 Se tes un soño, faino realidade, 315 00:20:01,243 --> 00:20:03,828 por moitas regras que teñas que romper. 316 00:20:03,828 --> 00:20:05,247 Que pasou co teu soño? 317 00:20:05,247 --> 00:20:08,583 Non tiñas un negocio ou algo así? 318 00:20:12,671 --> 00:20:13,630 Pois... 319 00:20:15,966 --> 00:20:17,968 voou todo polos aires e... 320 00:20:18,969 --> 00:20:22,681 cando mirei ao meu redor, era a única sen paracaídas. 321 00:20:24,182 --> 00:20:25,600 Era a xefa e... 322 00:20:27,811 --> 00:20:29,771 deixeime traizoar por un amigo. 323 00:20:32,023 --> 00:20:33,566 Saíume ben cara a lección. 324 00:20:34,651 --> 00:20:35,860 Síntoo moito. 325 00:20:41,449 --> 00:20:42,534 Estás aí? 326 00:20:44,995 --> 00:20:46,079 Si... 327 00:20:46,621 --> 00:20:48,248 creo que estou adormecendo. 328 00:20:49,124 --> 00:20:51,626 Iso é bo. Necesitas durmir. 329 00:21:01,219 --> 00:21:02,095 Peter. 330 00:21:04,139 --> 00:21:05,265 Dime, que foi? 331 00:21:08,643 --> 00:21:10,145 Síntome moi soa... 332 00:21:12,188 --> 00:21:13,398 todo o tempo. 333 00:21:17,610 --> 00:21:20,196 Sobre todo agora que non están eles e... 334 00:21:25,035 --> 00:21:27,287 Podes almorzar comigo mañá? 335 00:21:27,787 --> 00:21:29,122 Ao saíres do traballo? 336 00:21:33,877 --> 00:21:34,919 Si, claro. 337 00:21:35,420 --> 00:21:38,548 Algo do servizo de cuartos, porque non me deixan saír. 338 00:21:40,008 --> 00:21:41,468 Xa imaxinaba. 339 00:21:42,844 --> 00:21:45,930 Moi ben. Ás 10:30? Almorzo tardío? 340 00:21:47,182 --> 00:21:48,016 Vale. 341 00:21:49,184 --> 00:21:50,477 - Vémonos. - Adeus. 342 00:21:55,273 --> 00:21:56,524 A última. 343 00:22:02,572 --> 00:22:06,534 Val, tráesme outro té chinés coma o da noite? Deume un bo xute. 344 00:22:06,534 --> 00:22:09,913 Si, señora. E avísoa de que ten un ocupa. 345 00:22:26,262 --> 00:22:27,597 Cóbroche o alugueiro? 346 00:22:28,765 --> 00:22:32,894 Perdoe, íalle poñer iso na mesa, tombeime un pouco aquí e quedei... 347 00:22:32,894 --> 00:22:35,814 Atopaches relacións entre Hawkins e os Campbell? 348 00:22:35,814 --> 00:22:37,732 Ideas de quen os puido matar? 349 00:22:37,732 --> 00:22:41,277 Pois non, pero marqueille todos os casos que supervisou. 350 00:22:42,195 --> 00:22:44,030 Grazas. Vaia durmir de verdade. 351 00:22:44,030 --> 00:22:48,326 Non podo. Voume duchar e ir ver a Rose ao hotel. 352 00:22:48,326 --> 00:22:51,204 - Prometinlle que ía vela. - Contactou contigo? 353 00:22:51,204 --> 00:22:53,081 Si, quéreme ver. 354 00:22:53,081 --> 00:22:54,207 Ben. 355 00:22:54,707 --> 00:22:57,210 Estades conectando. Pode valernos de moito. 356 00:22:57,919 --> 00:23:00,463 - Necesita algo antes de que marche? - Vai. 357 00:23:01,589 --> 00:23:03,049 Avísame se se abre. 358 00:23:03,049 --> 00:23:03,967 Si. 359 00:23:25,113 --> 00:23:26,406 - Desculpe. - Ola. 360 00:23:26,406 --> 00:23:28,575 Onde van os dos Servizos Secretos? 361 00:23:29,784 --> 00:23:31,244 Estaban aí antes. 362 00:24:06,571 --> 00:24:07,489 Rose? 363 00:24:08,323 --> 00:24:09,449 Rose. 364 00:24:10,825 --> 00:24:11,659 Rose? 365 00:24:11,659 --> 00:24:13,244 - Que? - Ei! 366 00:24:15,455 --> 00:24:17,582 - Que pasa? - Temos que saír de aquí. 367 00:24:17,582 --> 00:24:20,084 - Como entraches? - Cortaron a corrente. 368 00:24:20,084 --> 00:24:23,171 O pecho da porta non vai. Temos que marchar. Vamos! 369 00:24:33,515 --> 00:24:34,641 Limpeza! 370 00:24:37,477 --> 00:24:38,394 - Ven. - Vale. 371 00:24:42,899 --> 00:24:44,025 Limpeza! 372 00:24:53,576 --> 00:24:56,287 - Non está. - Recibido. Vémonos na escaleira. 373 00:25:18,184 --> 00:25:19,727 Ven comigo. Vamos! Rose. 374 00:25:24,774 --> 00:25:25,608 Vai! 375 00:25:26,359 --> 00:25:27,443 Por aquí, vamos! 376 00:25:45,503 --> 00:25:46,379 Estás ben? 377 00:25:47,547 --> 00:25:50,049 - Vai! - E os dos Servizos Secretos? 378 00:25:50,049 --> 00:25:51,759 - Mandáronos retirarse. - Que? 379 00:26:01,394 --> 00:26:02,520 - Vai! - Vale. 380 00:26:09,319 --> 00:26:10,987 - Peter! - Si, estou aquí. 381 00:26:19,078 --> 00:26:19,996 Merda! 382 00:26:24,292 --> 00:26:26,502 Chegas tarde outra vez. Que sorpresa. 383 00:26:40,016 --> 00:26:41,142 Por aquí. Vai! 384 00:26:43,728 --> 00:26:44,562 Por aquí. 385 00:26:48,983 --> 00:26:50,151 Non podemos volver. 386 00:27:00,620 --> 00:27:01,621 O plan é este. 387 00:27:01,621 --> 00:27:04,165 Esperamos, entra e dispáraslle no corazón. 388 00:27:04,165 --> 00:27:05,333 Acabáronseme! 389 00:27:05,333 --> 00:27:07,627 O que? As balas? 390 00:27:07,627 --> 00:27:08,795 Si. 391 00:27:08,795 --> 00:27:10,963 - A el acabaríanselle? - Non creo. 392 00:27:10,963 --> 00:27:12,048 E que plan tes? 393 00:27:35,488 --> 00:27:37,532 Xa vexo como baixar, veña. 394 00:27:37,532 --> 00:27:38,700 Unha merda. 395 00:27:38,700 --> 00:27:40,827 Rose. Rose, vai saír ben. 396 00:27:40,827 --> 00:27:42,161 - Dáme a man. - Vale. 397 00:27:42,662 --> 00:27:43,705 Veña. 398 00:27:46,207 --> 00:27:47,125 Ai, Deus! 399 00:27:49,961 --> 00:27:50,962 Estás ben? 400 00:27:52,171 --> 00:27:53,005 Peter? 401 00:27:54,382 --> 00:27:55,216 Tócache. 402 00:27:55,216 --> 00:27:57,093 - Non vou saltar. - Cóllote eu. 403 00:27:57,093 --> 00:27:58,219 - Cóllesme? - Si. 404 00:27:58,219 --> 00:28:00,888 - Toleaches! - Mellor esperas polo teu amigo? 405 00:28:03,933 --> 00:28:07,437 - Como é mellor que salte? - Non sei, pero tes que saltar! 406 00:28:12,900 --> 00:28:16,529 Caio para adiante, para que o peso se distribúa mellor. 407 00:28:16,529 --> 00:28:18,364 Perfecto. Pero salta, veña! 408 00:28:19,365 --> 00:28:20,783 Rose! 409 00:28:28,458 --> 00:28:29,375 Veña. 410 00:28:38,468 --> 00:28:41,179 Están na rúa, en fronte do hotel. 411 00:28:55,401 --> 00:28:57,945 Hai que comprarche roupa. Cruzamos aquí. 412 00:29:00,698 --> 00:29:01,741 Por aquí, veña. 413 00:29:07,663 --> 00:29:09,624 Ola. Necesitan axuda? 414 00:29:09,624 --> 00:29:12,126 Teño unha urxencia coa roupa. 415 00:29:14,045 --> 00:29:15,004 Grazas. 416 00:29:22,386 --> 00:29:23,221 Si. 417 00:29:39,237 --> 00:29:41,739 Que fas? Non lle podes roubar o móbil. 418 00:29:41,739 --> 00:29:44,784 - Non teño móbil para que non nos sigan. - Si. 419 00:29:44,784 --> 00:29:46,285 Pois seguiunos alguén. 420 00:29:46,285 --> 00:29:49,372 Pregunta na Casa Branca quen retirou a seguridade. 421 00:30:08,140 --> 00:30:10,560 Señora, Peter Sutherland na liña dúas. 422 00:30:16,148 --> 00:30:16,983 Farr. 423 00:30:16,983 --> 00:30:19,777 Son Peter. Que pasou coa protección de Rose? 424 00:30:19,777 --> 00:30:20,736 De que falas? 425 00:30:20,736 --> 00:30:25,241 Cando cheguei, os escoltas non estaban, pero si os que buscan a Rose. 426 00:30:25,241 --> 00:30:26,742 Case a matan. E a min. 427 00:30:26,742 --> 00:30:29,328 Todos menos estes dous, fóra da sala. 428 00:30:30,204 --> 00:30:31,038 Xa! 429 00:30:35,877 --> 00:30:39,797 Estás en mans libres comigo, Ben Almora e Nathan Briggs, dos Servizos Secretos. 430 00:30:39,797 --> 00:30:41,382 Repite o que me dixeches. 431 00:30:41,382 --> 00:30:46,345 Retiraron os escoltas do hotel de Rose. Case nos matan. Era o mesmo tipo. 432 00:30:46,345 --> 00:30:48,931 Vímoslle a cara os dous. Que hostia pasou? 433 00:30:48,931 --> 00:30:51,767 - Imposible. - Cambia a definición da palabra. 434 00:30:51,767 --> 00:30:53,060 Ben? 435 00:30:53,603 --> 00:30:54,854 - Nathan? - Compróboo. 436 00:30:55,354 --> 00:30:56,272 Ola. 437 00:30:57,023 --> 00:30:58,149 Necesita axuda? 438 00:30:58,774 --> 00:31:00,776 Estou buscando uns amigos. 439 00:31:00,776 --> 00:31:02,570 Isto é o que sabemos. 440 00:31:02,570 --> 00:31:08,242 Hai 30 minutos, enviouse por Pegasus a orde de retirada dos nosos axentes. 441 00:31:08,242 --> 00:31:09,952 - Como é posible? - Non debía. 442 00:31:09,952 --> 00:31:11,370 Quen pode autorizalo? 443 00:31:11,370 --> 00:31:14,624 A presidenta, eu, Ben e Nathan, o director Willett e... 444 00:31:14,624 --> 00:31:16,709 O director adxunto Jamie Hawkins. 445 00:31:17,960 --> 00:31:18,836 Correcto. 446 00:31:22,214 --> 00:31:23,799 E onde está Hawkins agora? 447 00:31:23,799 --> 00:31:24,800 Ímolo chamar. 448 00:31:29,472 --> 00:31:31,933 Peter, Rose está ben? E ti? 449 00:31:31,933 --> 00:31:35,645 - Estaremos mellor se nos explican isto. - Niso estamos. 450 00:31:36,562 --> 00:31:39,315 No despacho de Hawkins non o dan localizado. 451 00:31:39,315 --> 00:31:41,275 Sospeitoso de carallo. 452 00:31:41,275 --> 00:31:43,778 - Rastréxao, Nathan. - Si, señor. 453 00:31:49,659 --> 00:31:51,994 Peter, onde estás? Mandámosche alguén. 454 00:31:52,703 --> 00:31:53,704 Non. 455 00:31:54,580 --> 00:31:56,832 Ata que teñan isto baixo control, non. 456 00:31:57,500 --> 00:32:00,878 Ocúpome eu de Rose ata que saiban quen está detrás disto. 457 00:32:00,878 --> 00:32:04,382 - Peter, que fas? - O que sexa para protexela, lembra? 458 00:32:06,509 --> 00:32:07,593 Estou en contacto. 459 00:32:14,725 --> 00:32:19,146 - Vou buscar onde pasar desapercibidos. - E seguir esperando a que me maten? 460 00:32:19,146 --> 00:32:20,481 Temos que actuar. 461 00:32:20,481 --> 00:32:24,110 Descubrir o que investigaban meus tíos e a quen ameazaba. 462 00:32:25,027 --> 00:32:26,153 E como se fai iso? 463 00:32:26,153 --> 00:32:29,740 Non teño nin idea, pero sei por onde empezar. 464 00:32:39,500 --> 00:32:41,711 Seguro que queres facer isto? 465 00:32:42,294 --> 00:32:43,170 Non. 466 00:33:10,448 --> 00:33:11,699 Disparáronlle? A ela? 467 00:33:13,576 --> 00:33:14,702 Cantas veces? 468 00:33:17,121 --> 00:33:17,955 Seis. 469 00:33:23,502 --> 00:33:25,546 Aquí xogabamos ás agachadas. 470 00:33:27,673 --> 00:33:29,633 Aquí ensinoume a facer origami. 471 00:33:31,177 --> 00:33:32,553 Xogabamos ao Scrabble. 472 00:33:36,474 --> 00:33:39,518 Agora é o sitio onde alguén a asasinou. 473 00:33:45,691 --> 00:33:47,526 Quero coller eses cabróns. 474 00:33:51,030 --> 00:33:51,906 Eu tamén. 475 00:33:59,121 --> 00:34:00,706 Aínda non cho contei todo. 476 00:34:03,834 --> 00:34:05,920 Como? O que non me contaches? 477 00:34:13,427 --> 00:34:16,555 O que lles oín a meus tíos aquela noite. 478 00:34:17,556 --> 00:34:18,682 Como que? 479 00:34:21,393 --> 00:34:23,104 Estás do meu lado de verdade? 480 00:34:24,730 --> 00:34:27,108 Cantas veces máis me teñen que disparar? 481 00:34:29,777 --> 00:34:31,695 Sabes quen é Gabián? 482 00:34:31,695 --> 00:34:35,157 - Gabián? - Si, falaban dun tal Gabián seguido, 483 00:34:35,157 --> 00:34:38,828 de avisalo ou avisala do que pasa na Casa Branca. 484 00:34:39,620 --> 00:34:43,874 Non che sei. Soa a nome en clave. Podería ser o seu supervisor. 485 00:34:45,376 --> 00:34:49,255 Tamén mencionaron uns expedientes e un enxeñeiro. 486 00:34:50,589 --> 00:34:52,049 Igual os agocharon aquí. 487 00:34:52,049 --> 00:34:55,344 O FBI e a policía do estado rexistraron todo. 488 00:34:55,344 --> 00:34:58,597 Se había algo útil, como expedientes, téñenos eles. 489 00:35:01,225 --> 00:35:02,393 Ei! 490 00:35:02,977 --> 00:35:05,855 Rose, respira, si? Que máis dixeron? 491 00:35:05,855 --> 00:35:07,940 Tes moi boa memoria. 492 00:35:07,940 --> 00:35:11,694 Se memorizaches o número da Acción Nocturna. E víralo unha vez. 493 00:35:12,695 --> 00:35:13,821 Que máis dixeron? 494 00:35:16,407 --> 00:35:18,868 Que o país estaba en perigo. 495 00:35:19,910 --> 00:35:21,036 E dixeron por que? 496 00:35:21,537 --> 00:35:25,749 Non, pero miña tía dixo que hai alguén na Casa Branca que non é de fiar. 497 00:35:26,250 --> 00:35:28,752 Que só faltan sete días para que pase. 498 00:35:28,752 --> 00:35:30,838 - O que? - Non o sei. 499 00:35:31,338 --> 00:35:33,132 Pero parecía asustada. 500 00:35:33,966 --> 00:35:35,551 Vale. Dixeron algo máis? 501 00:35:35,551 --> 00:35:39,930 Meu tío dixo algo da memoria do bosque. 502 00:35:40,431 --> 00:35:43,058 - A memoria do bosque? Que é iso? - Non sei. 503 00:35:43,058 --> 00:35:46,145 A ver, que dixo exactamente? 504 00:35:47,146 --> 00:35:50,900 "Aínda temos unha memoria no bosque." 505 00:35:50,900 --> 00:35:52,026 "Unha" memoria? 506 00:35:52,943 --> 00:35:55,321 Pode ser un...? Un disco de memoria? 507 00:35:56,488 --> 00:35:59,658 - Un disco duro. - En que bosque? Onde? De que fala? 508 00:36:00,618 --> 00:36:01,994 Sei onde é. 509 00:36:03,537 --> 00:36:04,872 Imos no coche deles. 510 00:36:06,040 --> 00:36:08,250 Colle algo de roupa antes de saír. 511 00:36:09,460 --> 00:36:11,337 - Si. - E uns zapatos, non? 512 00:36:14,298 --> 00:36:15,507 Si. Arriba. 513 00:36:19,178 --> 00:36:22,556 - Rose, conduzo eu. As chaves. - Só porque conduce o home? 514 00:36:22,556 --> 00:36:27,728 Porque conduce quen ten formación en manobras evasivas e contravixilancia. 515 00:36:28,854 --> 00:36:30,522 Argumento válido. 516 00:36:31,357 --> 00:36:34,276 E hai que pillar un móbil prepago de camiño. 517 00:36:34,276 --> 00:36:37,363 - E balas, non? - Si, e balas tamén. 518 00:36:58,801 --> 00:36:59,885 Ola. 519 00:37:22,199 --> 00:37:24,201 Un par de quilómetros e á dereita. 520 00:37:26,120 --> 00:37:27,538 Vasme dicir a onde imos? 521 00:37:28,372 --> 00:37:29,206 Ao bosque. 522 00:37:32,668 --> 00:37:36,213 Ron, o irmán de meu tío, construíu unha cabana hai 30 anos. 523 00:37:36,213 --> 00:37:38,257 Deixou de ir ao mudarse ao Xapón. 524 00:37:38,257 --> 00:37:41,719 Meus tíos ían para alí cando querían escapar do mundo. 525 00:37:42,803 --> 00:37:44,596 Cando querían un pouco de paz. 526 00:37:46,265 --> 00:37:47,975 Non tes que facer todo isto. 527 00:37:48,642 --> 00:37:50,769 Intentar descubrir que pasou. 528 00:37:51,270 --> 00:37:53,397 Ese é o traballo do FBI. 529 00:37:54,148 --> 00:37:57,651 Só temos que manterte a salvo mentres o facemos. 530 00:37:59,403 --> 00:38:01,905 O que pasou no hotel non vai volver pasar. 531 00:38:02,406 --> 00:38:03,324 Prométocho. 532 00:38:40,611 --> 00:38:41,945 Viñas moito? 533 00:38:42,780 --> 00:38:43,614 Bastante. 534 00:38:59,338 --> 00:39:01,298 Parece que a limparon hai pouco. 535 00:39:02,341 --> 00:39:05,636 Si. Á tía Emma gustáballe a limpeza. 536 00:39:08,472 --> 00:39:10,682 Non hai moitos sitios onde buscar. 537 00:39:12,101 --> 00:39:12,935 Xa. 538 00:39:25,239 --> 00:39:26,990 Oe. 539 00:39:26,990 --> 00:39:28,700 Ven, non pasa nada. 540 00:39:29,785 --> 00:39:30,953 Non pasa nada. Ven. 541 00:39:31,995 --> 00:39:32,830 Oe. 542 00:39:33,455 --> 00:39:35,040 Temos que ter paciencia. 543 00:39:36,125 --> 00:39:36,959 Si? 544 00:39:38,127 --> 00:39:39,294 Paciencia. 545 00:39:42,047 --> 00:39:43,757 Non me gusta perder. 546 00:39:45,342 --> 00:39:47,094 Eles teñen que gañar sempre. 547 00:39:47,678 --> 00:39:49,346 Nós, só unha vez. 548 00:39:51,515 --> 00:39:53,308 Xa me gustaría pensar coma ti. 549 00:39:54,059 --> 00:39:54,935 Non... 550 00:39:56,353 --> 00:39:57,354 Non che gustaría. 551 00:40:02,443 --> 00:40:04,403 Quérote con todo o meu ser. 552 00:40:06,321 --> 00:40:07,448 Eu tamén te quero. 553 00:40:27,092 --> 00:40:28,469 Intenta foderme. 554 00:40:29,928 --> 00:40:32,222 Para. Non vai. Xa sabes que non vai. 555 00:40:32,222 --> 00:40:33,849 Coa man. 556 00:40:34,683 --> 00:40:36,768 Faimo coa man, como me gusta. 557 00:40:43,817 --> 00:40:44,985 Ai, Deus! 558 00:40:44,985 --> 00:40:46,278 Hostia. 559 00:40:47,613 --> 00:40:48,447 Si? 560 00:40:48,447 --> 00:40:49,615 Cambio de plans. 561 00:40:50,657 --> 00:40:52,159 Tedes que actuar. 562 00:40:52,159 --> 00:40:53,160 Cando? 563 00:40:54,119 --> 00:40:54,953 Xa. 564 00:40:56,163 --> 00:40:57,372 Estades ocupados? 565 00:40:57,372 --> 00:40:58,499 De acordo. 566 00:40:59,124 --> 00:40:59,958 Si. 567 00:41:04,755 --> 00:41:05,631 Que? 568 00:41:08,509 --> 00:41:09,760 Temos que marchar. 569 00:41:18,519 --> 00:41:21,188 Se cadra agochárono fóra. 570 00:41:21,188 --> 00:41:23,774 E por onde empezamos a buscar? 571 00:41:23,774 --> 00:41:25,609 Polo soportal. 572 00:41:43,168 --> 00:41:44,503 Hostia, non pode ser. 573 00:41:56,598 --> 00:41:57,891 Rose, ven! 574 00:41:59,434 --> 00:42:00,352 Mira. 575 00:42:07,401 --> 00:42:08,318 A ver... 576 00:42:08,318 --> 00:42:10,904 A que andaban meus tíos? 577 00:42:13,407 --> 00:42:14,324 [ENCRIPTADO] 578 00:42:15,826 --> 00:42:16,660 Que? 579 00:42:18,203 --> 00:42:20,747 O disco ten seguridade adicional. 580 00:42:20,747 --> 00:42:23,750 Non será problema. Necesito as miñas ferramentas. 581 00:42:23,750 --> 00:42:24,835 FORMATADO RÁPIDO 582 00:42:26,920 --> 00:42:28,130 Hostia, non... 583 00:42:28,130 --> 00:42:30,340 Que? Que pasa? 584 00:42:30,340 --> 00:42:31,925 Está protexido. 585 00:42:31,925 --> 00:42:34,720 Pois hackéao. Non te dedicas á ciberseguridade? 586 00:42:34,720 --> 00:42:38,098 Isto non é seguridade de segundo nin de terceiro nivel. 587 00:42:38,098 --> 00:42:40,684 Miña tía finxía que nin entendía o módem, 588 00:42:40,684 --> 00:42:44,187 pero esta seguridade é do nivel da intelixencia nacional. 589 00:42:50,986 --> 00:42:52,279 2781 [ENCRIPTADO] 590 00:42:52,738 --> 00:42:54,156 Está bloqueado. 591 00:42:54,740 --> 00:42:56,033 E non podes ver nada? 592 00:42:56,033 --> 00:43:00,078 Hai unha carpeta cun nome, pero non abre. 593 00:43:02,998 --> 00:43:05,042 2781 [ENCRIPTADO] 594 00:43:05,626 --> 00:43:06,460 Non pode ser. 595 00:43:10,589 --> 00:43:12,674 - Que? - Hostia, non. 596 00:43:12,674 --> 00:43:16,178 2781 é o número do metro no que ía eu. 597 00:43:16,178 --> 00:43:17,679 O do atentado, Rose. 598 00:43:17,679 --> 00:43:20,223 Que facían teus tíos investigando iso? 599 00:43:20,223 --> 00:43:24,019 Non o vou saber ata que o abra, pero non podo sen o hardware. 600 00:43:26,813 --> 00:43:28,106 Ei, a quen chamas? 601 00:43:28,106 --> 00:43:31,401 - Diane Farr pódeche conseguir o hardware. - Para aí. 602 00:43:31,401 --> 00:43:35,280 Non sabemos quen é de fiar na Casa Branca. E se o rastrexa e manda alguén? 603 00:43:35,280 --> 00:43:38,200 Non pode rastrexalo se chamo á Acción Nocturna. 604 00:43:41,161 --> 00:43:42,079 Farr. 605 00:43:42,079 --> 00:43:44,706 Acción Nocturna. Teño aquí a Sutherland. 606 00:43:44,706 --> 00:43:45,749 Pásamo. 607 00:43:46,458 --> 00:43:48,418 - Onde estás? E Rose? - A salvo. 608 00:43:48,418 --> 00:43:50,462 Saben quen retirou os escoltas? 609 00:43:50,462 --> 00:43:53,006 Hawkins desconvocou os Servizos Secretos. 610 00:43:53,006 --> 00:43:53,924 Está segura? 611 00:43:54,466 --> 00:43:57,177 A orde saíu dun ordenador do seu despacho. 612 00:43:57,177 --> 00:43:58,428 Confesou? 613 00:43:58,428 --> 00:44:02,766 Non. Os seus cómplices aseguráronse de que non nos contase nada. 614 00:44:04,184 --> 00:44:06,687 Atopouno un gandeiro nun campo de Maryland. 615 00:44:07,270 --> 00:44:08,230 Asasinado. 616 00:44:09,106 --> 00:44:11,608 Alguén matou o director adxunto do FBI? 617 00:44:11,608 --> 00:44:13,360 Seis disparos polas costas. 618 00:44:14,152 --> 00:44:14,986 Seis? 619 00:44:14,986 --> 00:44:18,323 Non é seguro que esteades por aí. Que estás facendo? 620 00:44:21,243 --> 00:44:22,744 Atopamos un disco duro. 621 00:44:22,744 --> 00:44:25,038 Os tíos de Rose tíñano agochado. 622 00:44:25,038 --> 00:44:29,918 Non podemos entrar, está encriptado. Parece relacionado co atentado do metro. 623 00:44:29,918 --> 00:44:33,547 Peter, ven para acá xa. Trae a Rose e vide para acá. 624 00:44:33,547 --> 00:44:38,176 Se Hawkins estaba detrás, os cómplices matarán a quen consideren unha ameaza 625 00:44:38,176 --> 00:44:40,429 e agora ti e Rose sodes unha ameaza. 626 00:44:41,513 --> 00:44:42,889 Peter, é unha orde. 627 00:44:42,889 --> 00:44:46,643 Ven para acá xa e trae a Rose e o disco duro contigo. 628 00:46:52,769 --> 00:46:56,189 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández