1 00:00:45,171 --> 00:00:50,259 O 20 de decembro é o peor día do ano para pasar polo aeroporto John F. Kennedy. 2 00:00:50,259 --> 00:00:54,180 Máis de 193 000 pasaxeiros chegan e marchan ese día. 3 00:00:55,223 --> 00:01:00,812 Isto atrasa 23 minutos de media facturar e eleva ata 117 minutos pasar o control. 4 00:01:01,729 --> 00:01:04,774 Mais de tódolos pasaxeiros atrancados neste atranco... 5 00:01:04,774 --> 00:01:05,691 Desculpe. 6 00:01:05,691 --> 00:01:08,152 ...só nos interesa a historia dunha delas, 7 00:01:08,152 --> 00:01:10,780 porque hoxe esa pasaxeira vai con atraso. 8 00:01:10,780 --> 00:01:11,697 Perdón. 9 00:01:14,367 --> 00:01:15,201 Desculpen! 10 00:01:15,201 --> 00:01:18,412 Hadley Sullivan perderá o voo a Londres por 4 minutos. 11 00:01:18,412 --> 00:01:20,373 Agarde! Por favor, xa cheguei. 12 00:01:20,373 --> 00:01:23,167 Síntoo, señorita, chega demasiado tarde. 13 00:01:29,465 --> 00:01:33,386 Hai 367 almas no voo TA-5120, 14 00:01:33,386 --> 00:01:36,430 412 pezas de equipaxe, 344 obxectos persoais, 15 00:01:36,430 --> 00:01:39,392 catro animais de apoio emocional e 62 coxíns. 16 00:01:39,976 --> 00:01:44,021 Estes pasaxeiros viaxarán xuntos durante seis horas e 47 minutos, 17 00:01:44,021 --> 00:01:46,023 todos eles sen Hadley. 18 00:01:46,023 --> 00:01:49,235 Dirán que é mala sorte perder un voo por catro minutos 19 00:01:49,235 --> 00:01:52,071 ou podedes pensar que todo pasa por un motivo. 20 00:01:52,071 --> 00:01:55,199 Mais para Hadley non será para nada desafortunado, 21 00:01:55,199 --> 00:01:58,661 porque moi pronto unha rapaza e un rapaz coñeceranse 22 00:01:59,162 --> 00:02:01,372 e iso cambiarao todo. 23 00:02:04,000 --> 00:02:05,459 Mais que quede claro, 24 00:02:05,459 --> 00:02:07,503 esta non é unha historia de amor. 25 00:02:08,171 --> 00:02:10,381 É unha historia sobre o destino 26 00:02:11,799 --> 00:02:13,050 ou sobre estatística. 27 00:02:13,885 --> 00:02:15,720 Depende de con quen faledes. 28 00:02:18,306 --> 00:02:20,349 A rapaza é Hadley Ella Sullivan. 29 00:02:20,349 --> 00:02:22,602 Ten vinte anos e mide 1,65. 30 00:02:22,602 --> 00:02:24,478 Vai tarde o 21 % do tempo, 31 00:02:24,478 --> 00:02:27,565 que é casualmente a media de carga do seu móbil. 32 00:02:27,565 --> 00:02:34,322 Tenlle medo a tres cousas: a maionesa, os espazos reducidos e os dentistas. 33 00:02:34,322 --> 00:02:37,450 Porén, nunca pensara que a asustaría unha cousa. 34 00:02:37,450 --> 00:02:38,534 Só é un semestre. 35 00:02:38,534 --> 00:02:42,580 Papá, vas ensinar poesía no país de Shakespeare, literalmente. 36 00:02:42,580 --> 00:02:45,666 - Como non estás dos nervios? - Abofé que o estou. 37 00:02:45,666 --> 00:02:48,711 - É xenial, sempre quixen estudar fóra... - A ver... 38 00:02:48,711 --> 00:02:52,256 ceo, ti e mais eu quedamos aquí. 39 00:02:52,256 --> 00:02:53,466 E logo? 40 00:02:54,634 --> 00:02:57,887 Non estaba lista para admitilo, mais, na lista de medos, 41 00:02:57,887 --> 00:03:01,432 de súpeto o divorcio superou por moito a maionesa. 42 00:03:03,351 --> 00:03:08,272 Como moito, podemos metela no próximo voo. Quedan dous asentos, en clase executiva. 43 00:03:08,272 --> 00:03:09,440 Cando sae? 44 00:03:09,440 --> 00:03:12,860 Nunha hora e media e chega a Londres ás 9:55 da mañá. 45 00:03:12,860 --> 00:03:15,821 - Meu pai casa ao mediodía. - Quere pensalo? 46 00:03:17,198 --> 00:03:18,699 Pode darme un segundo? 47 00:03:18,699 --> 00:03:20,868 Perdón, só será un segundo. 48 00:03:22,453 --> 00:03:23,329 Só será... 49 00:03:29,252 --> 00:03:31,087 Ola, cariño, que foi? 50 00:03:31,087 --> 00:03:33,422 - Ola, perdín o voo. - O que? 51 00:03:33,422 --> 00:03:37,468 Podo ir no seguinte, mais só hai en clase executiva e chega ás dez. 52 00:03:37,468 --> 00:03:38,886 Mañá? 53 00:03:38,886 --> 00:03:42,223 - Non, esta noite. Viaxaría nun cometa. - Hadley. 54 00:03:42,223 --> 00:03:43,349 Síntoo. 55 00:03:43,349 --> 00:03:46,811 De acordo, merca o billete e xa che darei os cartos. 56 00:03:47,520 --> 00:03:49,647 - Non, págoo eu. - Non sexas absurda. 57 00:03:49,647 --> 00:03:52,066 - Non cho podes permitir. - Ben, grazas. 58 00:03:52,066 --> 00:03:53,567 Hei colgar. 59 00:03:54,068 --> 00:03:57,488 Ben, ti escríbeme xusto cando aterres, oes? 60 00:03:57,488 --> 00:03:58,656 De acordo. 61 00:03:58,656 --> 00:04:00,283 - Adeus. - Adeus. 62 00:04:03,160 --> 00:04:06,497 Ben, un billete en clase executiva a Londres, por favor. 63 00:04:08,332 --> 00:04:09,709 Grazas. 64 00:04:10,376 --> 00:04:11,210 Perdón. 65 00:04:21,929 --> 00:04:23,097 Oh, non funciona, 66 00:04:23,681 --> 00:04:24,890 por iso está aberto. 67 00:04:26,517 --> 00:04:27,393 Obviamente. 68 00:04:28,644 --> 00:04:29,478 O que? 69 00:04:30,271 --> 00:04:32,148 Dá igual. Non é nada, grazas. 70 00:04:32,148 --> 00:04:36,360 Aviso para embarcar no voo AI-3670... 71 00:04:36,861 --> 00:04:38,237 Podes usar o meu. 72 00:04:44,452 --> 00:04:48,289 Como imaxinariades, este é o mozo, Oliver Martin Jones. 73 00:04:48,289 --> 00:04:51,000 Ten 20 anos e mide 1,80. 74 00:04:51,000 --> 00:04:53,085 Vai con tempo o 94 % do tempo, 75 00:04:53,085 --> 00:04:56,339 que é casualmente a media de carga do seu móbil. 76 00:04:56,922 --> 00:04:59,383 Tamén sempre lle tivo medo a tres cousas: 77 00:04:59,383 --> 00:05:01,469 os xermes, a escuridade 78 00:05:02,261 --> 00:05:03,679 e as sorpresas. 79 00:05:05,556 --> 00:05:06,807 Velaquí o pergamiño... 80 00:05:06,807 --> 00:05:07,725 O pergamiño? 81 00:05:07,725 --> 00:05:09,393 ...no que escrito está 82 00:05:09,393 --> 00:05:14,815 o nome de tódolos homes aptos de todo... 83 00:05:17,568 --> 00:05:19,362 Polo momento está localizado. 84 00:05:19,862 --> 00:05:24,408 Co tratamento axeitado ten moitas posibilidades, mais isto é impredicible. 85 00:05:24,408 --> 00:05:28,788 Entón, Oliver decidiu non volver sorprenderse así nunca máis. 86 00:05:28,788 --> 00:05:31,499 Agora todo na vida se mide cos macrodatos. 87 00:05:31,499 --> 00:05:34,877 Os contactos, os hábitos de consumo e incluso os pasos. 88 00:05:34,877 --> 00:05:39,090 Iso implica que co tempo, un día, todo nas nosas vidas será predicible. 89 00:05:39,090 --> 00:05:42,009 Sempre haberá cousas que nos collan por sorpresa. 90 00:05:43,594 --> 00:05:45,137 Non con macrodatos abondo. 91 00:05:46,013 --> 00:05:50,142 Cando temes as sorpresas, pode semellar mellor non deixar nada ao azar... 92 00:05:51,143 --> 00:05:52,228 Podes usar o meu. 93 00:05:52,228 --> 00:05:56,357 ...ata que coñeces unha estadounidense que quedou sen carga no móbil. 94 00:05:57,900 --> 00:06:01,237 Perdón, non comparto ningún aparello ata a terceira cita. 95 00:06:03,406 --> 00:06:05,658 Claro, entendo que é bastante privado. 96 00:06:11,205 --> 00:06:12,998 Rematei, por se o queres usar. 97 00:06:13,874 --> 00:06:16,794 Grazas, é que sempre quedo sen carga. 98 00:06:16,794 --> 00:06:21,507 Cumprirá revisalo. Os ciclos de carga das baterías dos móbiles son limitados. 99 00:06:21,507 --> 00:06:23,634 Es un friqui da tecnoloxía, ou? 100 00:06:23,634 --> 00:06:24,927 Un friqui das mates. 101 00:06:25,719 --> 00:06:27,513 Estudo Estatística en Yale. 102 00:06:28,472 --> 00:06:29,306 Vaia. 103 00:06:31,350 --> 00:06:32,601 Un zasca de nivel. 104 00:06:34,979 --> 00:06:36,814 Son inglés, non o podo evitar. 105 00:06:40,067 --> 00:06:41,193 Son Oliver. 106 00:06:42,319 --> 00:06:43,279 Coma Twist. 107 00:06:44,196 --> 00:06:46,282 E din que os dos EUA son incultos. 108 00:06:47,241 --> 00:06:51,537 Abofé que o somos, mais cadra que eu son fan de Dickens. Chámome Hadley. 109 00:06:51,537 --> 00:06:53,038 Un pracer coñecerte. 110 00:06:53,998 --> 00:06:54,832 Encantada. 111 00:06:56,792 --> 00:06:59,128 Que estudas, Hadley fan de Dickens? 112 00:06:59,712 --> 00:07:01,464 - Literatura inglesa? - Pois... 113 00:07:02,214 --> 00:07:03,215 non o decidín. 114 00:07:03,215 --> 00:07:07,470 Non me erguín un día dicindo "serei avogada de Dereito Tributario". 115 00:07:07,470 --> 00:07:09,430 Pásalle a alguén? 116 00:07:09,430 --> 00:07:11,390 Aos avogados tributarios será. 117 00:07:14,393 --> 00:07:15,811 Onde vas? 118 00:07:16,729 --> 00:07:18,063 A Londres, e ti? 119 00:07:18,814 --> 00:07:20,441 Tamén. De feito... 120 00:07:21,233 --> 00:07:24,945 habería estar voando agora, mais perdín o voo por catro minutos. 121 00:07:27,239 --> 00:07:31,118 Diría que é o destino, mais elixirías chegar catro minutos tarde. 122 00:07:37,458 --> 00:07:40,336 Ía comer algo, quéresme acompañar? 123 00:07:41,086 --> 00:07:44,340 Ou éche cousa de terceiras citas? 124 00:07:46,759 --> 00:07:48,135 Non, ir comer está ben. 125 00:07:49,303 --> 00:07:54,099 Polo xeral, a eterna tardanza e o móbil sen carga de Hadley metíana en problemas. 126 00:07:54,600 --> 00:07:57,144 Hoxe, levárona a Oliver. 127 00:07:57,144 --> 00:07:59,355 Vas á casa pasar as vacacións? 128 00:07:59,355 --> 00:08:01,315 Intúo que Londres é a túa casa. 129 00:08:01,982 --> 00:08:05,361 Preferiría quedar aquí e non atrasarme coa investigación. 130 00:08:05,361 --> 00:08:06,362 Que investigas? 131 00:08:06,862 --> 00:08:08,989 Cantos estadounidenses perden o voo. 132 00:08:11,200 --> 00:08:12,743 Pártome, moi gracioso. 133 00:08:14,954 --> 00:08:16,038 Que noxo. 134 00:08:16,997 --> 00:08:19,208 Téñoche unha toalliña. 135 00:08:19,208 --> 00:08:21,627 Para o teu móbil sucio e agonizante. 136 00:08:22,253 --> 00:08:23,087 Grazas. 137 00:08:24,255 --> 00:08:26,340 Sempre odiei os aeroportos. 138 00:08:26,840 --> 00:08:28,759 En serio? A min encántanme. 139 00:08:29,301 --> 00:08:32,763 - E logo? - Gústame non estar aquí nin alá, estar... 140 00:08:33,931 --> 00:08:35,140 en terra de ninguén. 141 00:08:35,140 --> 00:08:37,726 Vaites, soa xenial, coma o purgatorio. 142 00:08:41,438 --> 00:08:44,775 - Es anticarbohidratos? - Non, odio a maionesa. 143 00:08:45,818 --> 00:08:46,777 - En serio? - Si. 144 00:08:46,777 --> 00:08:49,488 - É un condimento repugnante... - Tamén o odio. 145 00:08:50,072 --> 00:08:53,409 É... o segundo dos meus tres maiores medos. 146 00:08:53,409 --> 00:08:56,036 - E o resto? - Dentistas e espazos cativos. 147 00:08:56,870 --> 00:08:58,747 - Telo pensado. - Non tanto. 148 00:08:58,747 --> 00:09:02,501 Se che preguntase a que lle temes, non o pensarías, saberíalo. 149 00:09:02,501 --> 00:09:04,253 E se non lle temo a nada? 150 00:09:04,253 --> 00:09:07,256 Comes comida preparada con coitelo e garfo. 151 00:09:12,386 --> 00:09:14,305 - Perdoa, hei collelo. - Adiante. 152 00:09:16,807 --> 00:09:19,435 - Chegas ás once mañá? - Non, ás dez. 153 00:09:20,144 --> 00:09:21,812 - Mandei un correo. - Ai, si? 154 00:09:22,313 --> 00:09:24,440 A wifi do ximnasio falla moito. 155 00:09:24,440 --> 00:09:28,152 - Mañá tes unha tarefa, recólleme ás dez. - Descoida, irei. 156 00:09:28,152 --> 00:09:32,031 Por certo, téñoche preparada unha sorpresiña. Está preparado. 157 00:09:32,031 --> 00:09:35,743 - Que? Non me gustan as sorpresas. - É boa, non pode anoxarte. 158 00:09:35,743 --> 00:09:38,954 - Avisei, non podes cabrearte tanto. - Iso ten lóxica? 159 00:09:39,622 --> 00:09:43,417 Luther, non quero sorpresas. Crelas todas boas e ningunha o é. 160 00:09:43,417 --> 00:09:45,836 Perdoa, vaise a wifi, non te escoito. 161 00:09:45,836 --> 00:09:47,671 Luther. 162 00:09:56,722 --> 00:09:58,474 - Perdoa. - Non pasa nada. 163 00:09:59,224 --> 00:10:02,519 Daquela, se a claustrofobia é un dos teus maiores medos, 164 00:10:02,519 --> 00:10:05,147 por que embarcas nun voo de sete horas? 165 00:10:05,147 --> 00:10:06,649 É unha pregunta moi boa. 166 00:10:07,232 --> 00:10:08,067 Por unha voda. 167 00:10:08,942 --> 00:10:11,362 - Igual ca ti? - Ah. 168 00:10:12,571 --> 00:10:16,950 É a roupa de estar por casa, gústame relaxarme nun traxe ben alisado. 169 00:10:16,950 --> 00:10:19,870 Enténdote, as engurras son estresantes. 170 00:10:22,456 --> 00:10:25,042 - Acaba de chamar polo noso voo? - Xa? 171 00:10:26,377 --> 00:10:28,170 Contra, non podo perder outro. 172 00:10:31,507 --> 00:10:32,591 - A mochila. - Vou. 173 00:10:32,591 --> 00:10:33,509 Grazas. 174 00:10:34,551 --> 00:10:35,552 Todo un detalle. 175 00:10:53,696 --> 00:10:55,239 Agarde! 176 00:10:58,325 --> 00:11:00,411 Xenial, chegamos. Conseguímolo. 177 00:11:01,954 --> 00:11:02,913 Grazas. 178 00:11:06,917 --> 00:11:08,043 Grazas. 179 00:11:11,672 --> 00:11:12,965 Es moi rápida. 180 00:11:25,811 --> 00:11:26,937 Eu vou aquí. 181 00:11:28,605 --> 00:11:29,523 Que chulo. 182 00:11:30,482 --> 00:11:33,610 - Eu vou máis atrás... - Axúdoa a atopar o seu asento? 183 00:11:33,610 --> 00:11:35,738 - Vou aquí, grazas. - Claro. 184 00:11:35,738 --> 00:11:37,114 - Perdoe. - Claro. 185 00:11:37,114 --> 00:11:38,198 Grazas. 186 00:11:38,198 --> 00:11:40,576 - Deixa que cha colla. - Grazas. 187 00:11:42,995 --> 00:11:43,871 Perdoe. 188 00:11:46,874 --> 00:11:49,752 Hei retomar o ximnasio. Perdoe un segundo. 189 00:11:50,252 --> 00:11:53,172 - Foi un pracer coñecerte, Hadley. - Claro. 190 00:11:53,756 --> 00:11:55,382 - Boa sorte. - Ti tamén. 191 00:11:58,469 --> 00:12:00,512 "Boa sorte?" Que paspán. 192 00:12:22,326 --> 00:12:23,702 - Boa noite. - Como vai? 193 00:12:45,182 --> 00:12:46,266 Perdoe, señorita. 194 00:12:47,893 --> 00:12:50,229 - Dígame. - Coido que o cinto está roto. 195 00:12:50,229 --> 00:12:51,230 Podo? 196 00:12:52,564 --> 00:12:54,066 Non, sente. 197 00:12:57,361 --> 00:12:58,654 Ten razón, santo ceo! 198 00:12:59,196 --> 00:13:02,157 - Que foi? - Non pode voar sen o cinto ben. 199 00:13:02,157 --> 00:13:04,284 - Hei voar. - É por seguridade. 200 00:13:04,284 --> 00:13:07,830 Podo sentar noutro sitio? Amárrome na bodega se é preciso. 201 00:13:08,539 --> 00:13:11,458 - Agarda, ceo. Verei se podo cambiarte. - Grazas. 202 00:13:12,459 --> 00:13:17,130 Mamá, ola. Perdín o voo, mais collín o seguinte, así que non hai problema. 203 00:13:17,130 --> 00:13:19,758 Chámote cando aterre, eh? Quérote, adeus. 204 00:13:21,051 --> 00:13:23,345 - Moitas grazas por isto. - Non é nada. 205 00:13:23,846 --> 00:13:26,723 Non se nos permite mover de turista a executiva. 206 00:13:28,600 --> 00:13:30,185 Tiveches sorte hoxe. 207 00:13:32,020 --> 00:13:32,855 Hadley. 208 00:13:32,855 --> 00:13:33,856 Oliver. 209 00:13:35,315 --> 00:13:38,151 - Que fas...? - O cinto estaba roto e cambiáronme. 210 00:13:38,694 --> 00:13:40,988 Perdón, coñecédesvos? 211 00:13:40,988 --> 00:13:42,781 - Si... - Máis ou menos. 212 00:13:44,032 --> 00:13:46,076 Daquela, abofé que tiveches sorte. 213 00:13:48,287 --> 00:13:49,746 Que inesperado. 214 00:13:49,746 --> 00:13:53,458 Pensaba que o virías vir, don Análise Preditiva. 215 00:13:54,626 --> 00:13:57,629 Vaia, moi boa. Ben pensada. 216 00:13:58,839 --> 00:14:00,591 Sempre vos dan pixamas? 217 00:14:01,258 --> 00:14:03,260 Eu tampouco viaxara en executiva. 218 00:14:05,304 --> 00:14:06,763 Impórtache se...? 219 00:14:07,431 --> 00:14:10,934 - Oh, grazas. - Límpoche...? Non quería dicir iso. 220 00:14:10,934 --> 00:14:13,645 O 29 % dos avións non os limpan a conciencia. 221 00:14:15,272 --> 00:14:16,440 Iso inventeino. 222 00:14:24,031 --> 00:14:26,241 Nas próximas seis horas e 47 minutos, 223 00:14:26,241 --> 00:14:29,036 Hadley Sullivan e Oliver Jones namoraranse. 224 00:14:33,165 --> 00:14:35,167 Mais, 18 minutos logo de aterrar, 225 00:14:35,167 --> 00:14:38,462 separaranse no xentío e non se volverán ver nunca. 226 00:14:39,588 --> 00:14:44,134 A non se que se dean o teléfono ou o correo, 227 00:14:44,134 --> 00:14:46,929 o Instagram, o LinkedIn, o Twitter, o Facebook... 228 00:14:47,471 --> 00:14:49,473 Haivos moitas opcións. 229 00:14:51,016 --> 00:14:51,975 Xenial. 230 00:14:57,606 --> 00:15:00,025 No caso de aterrar de emerxencia na auga, 231 00:15:00,025 --> 00:15:02,486 o chaleco salvavidas está baixo o asento 232 00:15:02,486 --> 00:15:04,279 e inflarase automaticamente. 233 00:15:04,279 --> 00:15:06,990 Ten un chifre para chamar a atención 234 00:15:06,990 --> 00:15:09,159 e unha luz para ver na escuridade... 235 00:15:09,993 --> 00:15:13,080 - Que foi? - Nunca vira ninguén ler iso. 236 00:15:13,080 --> 00:15:15,457 Entón tes sorte de estar a meu carón. 237 00:15:15,457 --> 00:15:16,500 Dis en xeral? 238 00:15:17,376 --> 00:15:18,794 E en caso de emerxencia. 239 00:15:18,794 --> 00:15:21,171 Claro, se nos estrelamos no charco 240 00:15:21,171 --> 00:15:26,093 o teu escaso metro e medio vaime erguer e sacar de aí. 241 00:15:26,093 --> 00:15:30,263 A probabilidade de estrelarmos é dunha entre cinco millóns e medio. 242 00:15:30,263 --> 00:15:33,892 - É maior a de morrer do aeroporto á casa... - Basta coa morte. 243 00:15:35,477 --> 00:15:36,728 - Perdón. - Descoida. 244 00:15:38,855 --> 00:15:41,149 Tripulación, prepárese. Alzamos o voo. 245 00:16:11,179 --> 00:16:12,139 Estás ben? 246 00:16:17,978 --> 00:16:20,230 Cal é o teu color favorito? 247 00:16:21,523 --> 00:16:22,357 A comida? 248 00:16:22,858 --> 00:16:23,734 O animal? 249 00:16:26,319 --> 00:16:27,154 En serio? 250 00:16:27,738 --> 00:16:28,572 Veña. 251 00:16:30,699 --> 00:16:32,617 Amarela, mexicana, cans. E ti? 252 00:16:33,410 --> 00:16:35,412 Azul, curry e paxaros. 253 00:16:35,412 --> 00:16:36,329 Paxaros. 254 00:16:37,456 --> 00:16:40,417 - Ag. - Ag de que? Son o símbolo da liberdade. 255 00:16:40,417 --> 00:16:41,626 Cágano todo. 256 00:16:42,210 --> 00:16:44,588 - E os cans. - Os cans non dan mal lerio. 257 00:16:45,130 --> 00:16:47,090 Ben, cal é o teu número favorito? 258 00:16:48,800 --> 00:16:50,343 O dous, e o teu? 259 00:16:50,927 --> 00:16:52,095 O i. 260 00:16:53,346 --> 00:16:56,933 É a unidade imaxinaria, a raíz cadrada do un negativo. 261 00:16:58,643 --> 00:17:00,103 - Xa sei. - Es un friqui. 262 00:17:00,687 --> 00:17:03,106 Se cadra, mais coido que funciona. 263 00:17:04,149 --> 00:17:05,525 O que, seres cativador? 264 00:17:06,443 --> 00:17:08,070 Non, distraerte. 265 00:17:11,573 --> 00:17:13,784 Mais é bo saber que me ves cativador. 266 00:17:18,622 --> 00:17:21,166 O capitán acaba de apagar a luz dos cintos, 267 00:17:21,166 --> 00:17:23,543 de modo que poden moverse polo avión. 268 00:17:23,543 --> 00:17:26,505 Nuns intres, a tripulación pasará a... 269 00:17:26,505 --> 00:17:27,506 Grazas por iso. 270 00:17:28,131 --> 00:17:29,216 Descoida. 271 00:17:30,509 --> 00:17:31,760 Deixe que a axude. 272 00:17:31,760 --> 00:17:34,137 - Grazas, mozo. - Non é nada. 273 00:17:35,889 --> 00:17:37,724 - Tocouche un dos bos. - Grazas. 274 00:17:38,225 --> 00:17:39,518 Como vos coñecestes? 275 00:17:40,102 --> 00:17:42,979 - A verdade é... - Nun aeroporto, o crea ou non. 276 00:17:42,979 --> 00:17:44,189 En serio? 277 00:17:44,189 --> 00:17:49,319 Si, quedou sen batería no móbil e eu ofrecinlle cortesmente o meu cargador. 278 00:17:50,070 --> 00:17:52,614 Comezamos a falar, unha cousa levou á outra... 279 00:17:52,614 --> 00:17:55,283 e leva dende entón cargando a miña batería. 280 00:17:55,283 --> 00:17:56,493 Alégrome por vós. 281 00:17:58,370 --> 00:18:00,789 - En fin, tede un bo voo. - Vostede tamén. 282 00:18:03,125 --> 00:18:04,501 Cóntame máis desa voda. 283 00:18:05,627 --> 00:18:06,461 Claro. 284 00:18:07,796 --> 00:18:08,755 Pois... 285 00:18:10,340 --> 00:18:16,304 é o segundo matrimonio de meu pai, cunha muller que non coñezo, de modo que... 286 00:18:17,430 --> 00:18:19,141 - Vas á voda de teu pai. - Si. 287 00:18:19,724 --> 00:18:21,518 E non coñeces a súa prometida. 288 00:18:21,518 --> 00:18:22,978 - Non. - E iso? 289 00:18:25,147 --> 00:18:25,981 Pois... 290 00:18:27,107 --> 00:18:32,070 comezou cando conseguiu un traballo para ensinar poesía en Oxford. 291 00:18:32,070 --> 00:18:34,823 Logo de prometer que só sería un semestre, 292 00:18:34,823 --> 00:18:38,201 pediulle o divorcio a miña nai, 293 00:18:38,201 --> 00:18:41,329 namorou dunha muller chamada Charlotte 294 00:18:41,329 --> 00:18:43,832 e procedeu a pedirlle que casase con el. 295 00:18:43,832 --> 00:18:47,419 E logo fai que ti, quen non viu dende hai máis dun ano, 296 00:18:47,419 --> 00:18:50,172 atraveses o océano voando nun cacho de lata 297 00:18:50,172 --> 00:18:53,633 para estar xunta el cun vestido do color dun negrón. 298 00:18:53,633 --> 00:18:55,051 É terrible. 299 00:18:55,051 --> 00:18:56,261 Xa. 300 00:18:57,387 --> 00:19:01,933 Se che serve de consolación, o 50 % dos matrimonios acaban en divorcio. 301 00:19:02,559 --> 00:19:03,894 Por tanto, o 50 % non. 302 00:19:03,894 --> 00:19:08,356 Xa, mais as probabilidades de que ocorrese eran incriblemente altas. 303 00:19:08,356 --> 00:19:10,150 Ha facerme sentir mellor? 304 00:19:10,150 --> 00:19:11,651 - Non o fai? - Non. 305 00:19:12,235 --> 00:19:13,236 É un fastío. 306 00:19:14,070 --> 00:19:18,366 Sabes cal é a peor parte? Que estará en fronte de todo o mundo 307 00:19:18,366 --> 00:19:21,244 e fará as mesmas promesas que xusto rompeu. 308 00:19:21,995 --> 00:19:23,705 Entendo que un volva namorar, 309 00:19:23,705 --> 00:19:27,042 mais, se é real, por que esforzarse tanto en demostralo 310 00:19:27,042 --> 00:19:32,380 e montar unha troula colosal para refregárllelo a todos na cara? 311 00:19:33,256 --> 00:19:36,009 Creo que o amor de verdade non é así. 312 00:19:37,052 --> 00:19:39,429 O amor de verdade é atopar a alguén 313 00:19:39,971 --> 00:19:42,641 que te colla da man cando a vida se complica. 314 00:19:43,266 --> 00:19:44,100 E xa está? 315 00:19:45,227 --> 00:19:49,773 Sen voda nin matrimonio, só... alguén que te leve da man pola vida? 316 00:19:51,483 --> 00:19:52,317 Si, mormente. 317 00:19:56,446 --> 00:19:59,741 Coido que me gustan as vodas porque son unha promesa. 318 00:20:01,993 --> 00:20:03,954 Non todos cumpren as promesas. 319 00:20:07,123 --> 00:20:07,958 En fin, 320 00:20:08,833 --> 00:20:09,918 esa é a miña voda. 321 00:20:10,669 --> 00:20:12,963 E a túa? Prégoche que contes un drama. 322 00:20:12,963 --> 00:20:15,715 Que túa madrasta casa co teu tío ou algo así. 323 00:20:17,759 --> 00:20:18,802 Que quererán? 324 00:20:18,802 --> 00:20:20,887 Un polo delicioso con verduras ou... 325 00:20:21,596 --> 00:20:22,806 un peixe moi seco? 326 00:20:23,390 --> 00:20:24,474 Polo, por favor. 327 00:20:25,976 --> 00:20:28,144 Eu probarei o peixe... 328 00:20:29,938 --> 00:20:30,772 o polo. 329 00:20:30,772 --> 00:20:32,274 Unha elección excelente. 330 00:20:33,733 --> 00:20:37,112 Vaia, é a nosa segunda cita para cear. A cousa vai rápida. 331 00:20:47,998 --> 00:20:49,040 LIBRE OCUPADO 332 00:20:59,968 --> 00:21:02,679 OUR MUTUAL FRIEND CHARLES DICKENS 333 00:21:06,766 --> 00:21:07,851 Todo ben? 334 00:21:07,851 --> 00:21:09,185 Si, perdón, eu... 335 00:21:10,061 --> 00:21:11,104 Xesús. 336 00:21:12,147 --> 00:21:14,065 - En plan... - Atractivo, xa o sei. 337 00:21:14,691 --> 00:21:16,526 - Queda perfecto. - Iso pensaba. 338 00:21:16,526 --> 00:21:17,777 Estou curriño. 339 00:21:19,446 --> 00:21:21,031 Non mentías sobre Dickens. 340 00:21:22,615 --> 00:21:24,534 En verdade este non o lin. 341 00:21:25,076 --> 00:21:26,786 - Semella que alguén si. - Xa. 342 00:21:28,246 --> 00:21:30,915 Era de meu pai, deumo logo do divorcio. 343 00:21:30,915 --> 00:21:35,545 Era algo que facía, darme libros que lle encantaran e logo encantábanme a min. 344 00:21:38,631 --> 00:21:42,052 É un dos mellores del, lino unha ducia de voltas ao menos. 345 00:21:42,677 --> 00:21:45,680 Sabes? Agora xa non che recomendo tantos libros, 346 00:21:46,306 --> 00:21:49,809 mais algúns deles merecen moito que manteñamos este costume. 347 00:21:51,603 --> 00:21:52,437 Grazas. 348 00:21:52,979 --> 00:21:54,731 Imos ás pistas? 349 00:21:58,276 --> 00:21:59,110 Claro. 350 00:21:59,611 --> 00:22:00,779 Hei mexar antes. 351 00:22:10,830 --> 00:22:15,585 "É mellor ter algo bo e perdelo ou non o ter nunca?" 352 00:22:21,591 --> 00:22:23,176 Por iso vouno devolver. 353 00:22:23,676 --> 00:22:24,969 Sen lelo sequera. 354 00:22:25,470 --> 00:22:26,471 Sen lelo sequera. 355 00:22:27,472 --> 00:22:28,431 Pois ben. 356 00:22:33,353 --> 00:22:35,021 Queres ir ao cine comigo? 357 00:22:36,189 --> 00:22:39,442 A primeira cita con cea e unha boa comedia romanticona. 358 00:22:40,276 --> 00:22:42,112 Apúntome á comedia romanticona. 359 00:22:43,279 --> 00:22:45,115 Sempre que teña un final feliz. 360 00:22:46,199 --> 00:22:47,117 Xa sabes. 361 00:22:48,159 --> 00:22:52,080 - Un final feliz no que os personaxes... - Se me parece ben. 362 00:22:52,080 --> 00:22:54,207 Gústanme os finais felices. 363 00:22:58,628 --> 00:23:02,549 FIN 364 00:23:27,031 --> 00:23:31,661 - Déixanos acompañarte á porta. - Mamá, teño 21 anos. Non! 365 00:23:31,661 --> 00:23:35,123 De acordo. Traballa duro, mais non esquezas divertirte. 366 00:23:35,123 --> 00:23:36,040 Fareino. 367 00:23:36,040 --> 00:23:38,418 - E come ben. - O mesmo che digo. 368 00:23:39,002 --> 00:23:40,545 Estou moi orgullosa de ti. 369 00:23:41,045 --> 00:23:42,172 Veña, vai. 370 00:23:42,172 --> 00:23:43,173 Arrea, 371 00:23:44,007 --> 00:23:44,966 vive a túa vida, 372 00:23:45,508 --> 00:23:47,135 vive unha gran aventura. 373 00:23:48,303 --> 00:23:50,180 - Adeus! - Aburiño! 374 00:23:50,930 --> 00:23:51,848 Adeus! 375 00:24:10,033 --> 00:24:11,284 Escribes un discurso? 376 00:24:12,827 --> 00:24:13,661 Escribo, si. 377 00:24:14,704 --> 00:24:15,705 Es o padriño? 378 00:24:17,081 --> 00:24:18,291 Iso me din. 379 00:24:20,293 --> 00:24:21,377 Descansas? 380 00:24:21,920 --> 00:24:22,754 Un chisco. 381 00:24:24,839 --> 00:24:28,343 Estaba pensando niso e non creo que o debas devolver. 382 00:24:29,052 --> 00:24:29,886 O libro. 383 00:24:30,470 --> 00:24:31,304 E logo? 384 00:24:32,680 --> 00:24:35,642 Historicamente ti e teu pai estabades moi unidos, 385 00:24:35,642 --> 00:24:39,812 o que quere dicir que todo apunta a que acabarás por perdoalo. 386 00:24:40,772 --> 00:24:42,690 Daquela mellor que o perdoes xa. 387 00:24:43,650 --> 00:24:45,151 Ti e as matemáticas. 388 00:24:47,779 --> 00:24:49,739 Xa, a meu irmán tamén o alporizo. 389 00:24:49,739 --> 00:24:50,740 Tes irmáns? 390 00:24:51,241 --> 00:24:52,367 Teño un. 391 00:24:52,992 --> 00:24:55,078 Ten dous anos menos ca min, Luther. 392 00:24:55,078 --> 00:24:58,164 - Vive en Londres? - Si, coa nosa nai e o noso pai. 393 00:24:58,706 --> 00:25:02,919 Ata que hai uns meses mercou unha furgoneta Sprinter verde viva. 394 00:25:04,212 --> 00:25:05,046 Son chulas. 395 00:25:07,465 --> 00:25:08,424 Iso me di el. 396 00:25:08,967 --> 00:25:10,093 Estades unidos? 397 00:25:10,969 --> 00:25:11,886 Historicamente. 398 00:25:14,889 --> 00:25:17,141 - Fas moitas preguntas, eh? - Estádelo? 399 00:25:19,644 --> 00:25:24,440 Miña nai enfermou cando eramos cativos, de modo que si, mais somos moi diferentes. 400 00:25:25,692 --> 00:25:27,485 Mais non é nada, estou afeito. 401 00:25:29,821 --> 00:25:31,197 Agora túa nai está ben? 402 00:25:31,948 --> 00:25:35,159 Remitiulle durante 14 anos, mais volveulle. 403 00:25:36,995 --> 00:25:37,829 Síntoo. 404 00:25:39,622 --> 00:25:40,456 Deixa. 405 00:25:50,383 --> 00:25:52,051 Es perigosa, sabes? 406 00:25:53,428 --> 00:25:54,470 Eu? 407 00:25:58,224 --> 00:25:59,058 Si. 408 00:25:59,976 --> 00:26:01,644 Contigo son sincero de máis. 409 00:26:07,692 --> 00:26:12,322 En fin, coido que habería ir ao aseo e logo botar unha sesta. 410 00:26:13,531 --> 00:26:14,532 Si, eu tamén. 411 00:28:02,682 --> 00:28:05,184 Señoras e señores, fálalles o capitán. 412 00:28:05,184 --> 00:28:07,729 Comezamos o descenso a Heathrow 413 00:28:07,729 --> 00:28:10,440 e tocaremos terra nuns 15 minutos. 414 00:28:10,440 --> 00:28:13,901 De parte de toda a tripulación, grazas por viaxar connosco 415 00:28:13,901 --> 00:28:16,696 e agardamos que gocen da súa estada en Londres. 416 00:28:20,199 --> 00:28:21,075 Bo día. 417 00:28:21,617 --> 00:28:22,452 Bo día. 418 00:28:24,579 --> 00:28:25,621 - Ía... - Creo que... 419 00:28:25,621 --> 00:28:26,831 - Perdoa, ti... - Non. 420 00:28:27,832 --> 00:28:28,666 Non, ti. 421 00:28:29,167 --> 00:28:31,669 Só che ía preguntar se... 422 00:28:33,880 --> 00:28:36,090 Esa voda que tes, onde é? 423 00:28:40,636 --> 00:28:42,472 En Shoreditch, creo. 424 00:28:42,472 --> 00:28:45,141 Shoreditch, moi chulo e moi hípster. 425 00:28:45,141 --> 00:28:47,310 E a túa onde é? 426 00:28:48,686 --> 00:28:53,065 En Peckham á unha, nunha capela antiga onde meus pais facían drama amateur. 427 00:28:53,065 --> 00:28:55,109 Polo menos tes ata a unha. 428 00:28:55,109 --> 00:28:58,112 - A miña cerimonia comeza ao mediodía... - Mediodía? 429 00:28:58,613 --> 00:29:00,364 Non é a reacción que preciso. 430 00:29:00,364 --> 00:29:01,574 Non terás problema, 431 00:29:02,200 --> 00:29:03,034 se bules. 432 00:29:03,034 --> 00:29:04,660 E se vai rápido o control. 433 00:29:05,828 --> 00:29:06,704 Xesús. 434 00:29:08,664 --> 00:29:11,209 Cúmulos, as mellores nubes do mundo. 435 00:29:13,085 --> 00:29:16,506 O único da Terra que é igual ca como o debuxas de cativo. 436 00:29:17,924 --> 00:29:20,593 Daquela a túa familia non é de plastilina? 437 00:29:20,593 --> 00:29:22,804 - Abofé que a miña si. - Hei de velo. 438 00:29:22,804 --> 00:29:26,432 Laméntoo, mais nada de coñecer á familia ata a quinta cita. 439 00:29:26,432 --> 00:29:28,851 Dío a que se durmiu comigo na primeira. 440 00:29:31,562 --> 00:29:33,272 Crebo as miñas regras por ti. 441 00:29:35,316 --> 00:29:36,150 Eu tamén. 442 00:29:45,117 --> 00:29:46,953 Pasaportes ingleses á esquerda. 443 00:29:46,953 --> 00:29:48,746 - O resto, á dereita. - Lista? 444 00:29:48,746 --> 00:29:55,127 Pasaportes ingleses á esquerda, o resto á dereita. 445 00:29:55,920 --> 00:29:59,215 Señor, señorita, han de continuar. 446 00:29:59,215 --> 00:30:00,883 - Dáme o número. - Señor. 447 00:30:00,883 --> 00:30:03,803 - Non poden bloquear a cola. - Son dous segundos. 448 00:30:03,803 --> 00:30:05,555 Este é o meu teléfono. 449 00:30:05,555 --> 00:30:09,058 - ...o resto á dereita. Señor, xa. - Escríbeme e gardo o teu. 450 00:30:09,058 --> 00:30:10,893 - Perfecto. - Vou. 451 00:30:11,519 --> 00:30:13,020 Vémonos no outro lado. 452 00:30:13,020 --> 00:30:14,063 Agarda, que? 453 00:30:14,063 --> 00:30:15,690 Vémonos no outro lado. 454 00:30:15,690 --> 00:30:19,110 - De acordo. - Nin que as filas levasen a outro país. 455 00:30:21,571 --> 00:30:22,446 Merda. 456 00:30:28,536 --> 00:30:29,745 Seguinte, por favor. 457 00:30:38,212 --> 00:30:39,046 Seguinte! 458 00:30:44,010 --> 00:30:45,261 Seguinte, por favor. 459 00:30:48,556 --> 00:30:49,390 Seguinte! 460 00:30:51,934 --> 00:30:53,644 - Bo día, señorita. - Bo día. 461 00:30:54,478 --> 00:30:55,479 Ola, desculpe. 462 00:30:57,773 --> 00:30:59,775 - Aquí ten. - Que a trae a Londres? 463 00:30:59,775 --> 00:31:01,027 Unha voda. 464 00:31:01,027 --> 00:31:02,612 E canto estará? 465 00:31:02,612 --> 00:31:04,113 Só a fin de semana. 466 00:31:05,156 --> 00:31:06,866 Ten o seu nome ou o teléfono? 467 00:31:09,035 --> 00:31:10,036 O que? 468 00:31:10,036 --> 00:31:12,288 Da persoa coa que queda. 469 00:31:14,081 --> 00:31:15,166 Ai, si. 470 00:31:15,833 --> 00:31:17,710 Andrew Sullivan, é meu pai. 471 00:31:17,710 --> 00:31:21,339 Imos ao Hotel Spitalfield para a voda. 472 00:31:21,339 --> 00:31:24,550 - Quedamos aí para a voda de meu pai... - Goce da viaxe. 473 00:31:24,550 --> 00:31:25,843 CONTROL FRONTEIRIZO 474 00:32:11,389 --> 00:32:12,223 Ola! 475 00:32:12,807 --> 00:32:13,891 Podo...? 476 00:32:15,559 --> 00:32:16,477 Un segundo. 477 00:32:16,477 --> 00:32:18,479 Creo que vou a Shoreditch. 478 00:32:19,730 --> 00:32:21,065 VODA 479 00:32:21,065 --> 00:32:23,651 Á igrexa de San Lucas. Si, en Shoreditch. 480 00:32:46,716 --> 00:32:48,009 Un conselliño. 481 00:32:48,009 --> 00:32:51,679 Se só tes un 2 % de posibilidades de namorar nun aeroporto 482 00:32:51,679 --> 00:32:56,058 e o mozo dáche o seu número, asegúrate de ter ben cargado o móbil. 483 00:32:56,851 --> 00:32:57,768 Non será. 484 00:32:57,768 --> 00:33:00,062 E consegue o seu apelido. 485 00:33:05,276 --> 00:33:07,069 PAPÁ 486 00:33:08,904 --> 00:33:10,823 Ola, xusto estou nun taxi. 487 00:33:10,823 --> 00:33:12,158 Ben, canto che queda? 488 00:33:12,867 --> 00:33:14,618 Estamos a media hora. 489 00:33:14,618 --> 00:33:17,580 Ben, as amigas de Charlotte quedan á espera. 490 00:33:18,205 --> 00:33:19,206 De que? 491 00:33:20,249 --> 00:33:21,083 De ti. 492 00:33:21,083 --> 00:33:22,376 Tárdame moito verte. 493 00:34:11,300 --> 00:34:14,970 Hadley chegou á voda de seu pai con sete minutos de sobra. 494 00:34:16,931 --> 00:34:20,142 Xusto dabondo para que as damas de honor fixesen maxia. 495 00:34:20,684 --> 00:34:22,311 - Chega tarde. - Tranquila. 496 00:34:22,311 --> 00:34:24,605 - Como se pode chegar tarde? - É ela? 497 00:34:24,605 --> 00:34:26,190 - Es Hadley? - Boas. 498 00:34:26,190 --> 00:34:27,191 - Ola. - Hadley. 499 00:34:27,191 --> 00:34:29,193 - Grazas a Deus. - Son Bertie. 500 00:34:29,193 --> 00:34:32,029 E estas son Violet, Jasmine e Shanti. 501 00:34:32,029 --> 00:34:34,073 Ola, sinto chegar tan tarde. 502 00:34:34,073 --> 00:34:37,118 Descoida, tortiña de mazá, o tempo corre. 503 00:34:37,952 --> 00:34:42,373 - Deixa que che alise isto. - O teu cabelo é delicioso. 504 00:34:42,373 --> 00:34:44,708 - E a túa pel... - Non a vaias comer. 505 00:34:44,708 --> 00:34:47,503 Podería lambela. Non, ho. 506 00:34:49,004 --> 00:34:49,839 A piña. 507 00:34:49,839 --> 00:34:52,091 Moi poucas poden lucila ben. 508 00:34:54,051 --> 00:34:54,885 Grazas. 509 00:34:55,886 --> 00:34:57,179 - Tequila? - Iso é. 510 00:34:57,179 --> 00:34:59,390 Primeira regra dunha voda británica. 511 00:34:59,932 --> 00:35:02,268 - Pórse caneca. - Si! 512 00:35:16,991 --> 00:35:21,954 Malia toda a leria, a segunda voda de Andrew Sullivan só se atrasou dez minutos. 513 00:35:22,454 --> 00:35:25,332 Durou 52 minutos e 18 segundos. 514 00:35:25,332 --> 00:35:27,626 Houbo 760 flores, 515 00:35:27,626 --> 00:35:29,044 cinco damas de honor 516 00:35:29,044 --> 00:35:31,297 e 48 sombreiros. 517 00:35:49,690 --> 00:35:52,818 O 100 % opina que Charlotte Engleby desbordaba ledicia 518 00:35:52,818 --> 00:35:55,905 e que Andrew Sullivan estaba profundamente namorado. 519 00:35:58,073 --> 00:36:00,201 O cura falou demasiado tempo, 520 00:36:00,201 --> 00:36:03,579 contáronse sete chistes e catro historias 521 00:36:04,079 --> 00:36:06,457 e a palabra amor usouse 12 voltas. 522 00:36:09,084 --> 00:36:13,505 Ao 31 % dos convidados mollóuselles o ollo, intercambiáronse dous aneis 523 00:36:13,505 --> 00:36:18,052 e unha dama de honor non puido parar de pensar no mozo do avión. 524 00:36:18,552 --> 00:36:20,304 ...ata que a morte vos separe. 525 00:36:20,930 --> 00:36:21,931 Si. 526 00:36:22,598 --> 00:36:24,266 Perdón, é dicir "si, quero". 527 00:36:25,726 --> 00:36:29,188 Daquela eu declárovos marido e muller. 528 00:36:58,342 --> 00:37:02,638 De media, hai unha pausa de 75 minutos entre a cerimonia e o banquete. 529 00:37:02,638 --> 00:37:05,849 En cambio, a voda de hoxe ten un lapso de 240 minutos, 530 00:37:05,849 --> 00:37:08,686 o que quere dicir que nas próximas dúas horas 531 00:37:08,686 --> 00:37:11,605 Hadley había pensar que diaño dicirlle a seu pai. 532 00:37:11,605 --> 00:37:12,523 Hadley? 533 00:37:14,525 --> 00:37:15,526 - Ola. - Ola. 534 00:37:15,526 --> 00:37:17,486 Mi madriña, alégrome de verte. 535 00:37:20,114 --> 00:37:22,074 Mira ti, estás diferente. 536 00:37:22,783 --> 00:37:24,702 - Medraches. - Abofé. 537 00:37:25,577 --> 00:37:26,912 É curioso como ocorre. 538 00:37:28,664 --> 00:37:30,624 En fin, parabéns. 539 00:37:31,250 --> 00:37:32,668 - Un gran día. - Grazas. 540 00:37:33,919 --> 00:37:37,172 Significa moito e alégranos moito que esteas aquí. 541 00:37:37,172 --> 00:37:40,092 Xa sabes que intentei o imposible para perdermo. 542 00:37:40,759 --> 00:37:42,386 Xa. 543 00:37:42,386 --> 00:37:43,804 Era unha broma. 544 00:37:43,804 --> 00:37:45,597 Si, unha broma graciosa. 545 00:37:46,348 --> 00:37:48,809 Oe, quería preguntarche unha cousa 546 00:37:48,809 --> 00:37:52,604 que coido que non era para comentala por mensaxe ou polo móbil. 547 00:37:52,604 --> 00:37:53,772 - Celular. - Xa. 548 00:37:55,899 --> 00:37:58,152 Charlotte e mais eu preguntabámonos 549 00:37:59,570 --> 00:38:02,364 se farías un baile co teu pai no banquete. 550 00:38:03,699 --> 00:38:05,576 Dixen que o verías unha bobada... 551 00:38:05,576 --> 00:38:06,702 De acordo. 552 00:38:07,411 --> 00:38:08,829 En serio che parece ben? 553 00:38:08,829 --> 00:38:09,997 Si, seméllame ben. 554 00:38:10,581 --> 00:38:11,707 Iso era todo...? 555 00:38:11,707 --> 00:38:14,543 - Si, é xenial. - Perfecto. 556 00:38:15,336 --> 00:38:18,255 Hadley, alégrome moito de coñecerte á fin. 557 00:38:19,882 --> 00:38:24,178 Teu pai estaba dos nervios, cría que non chegarías e quería cancelar todo. 558 00:38:24,178 --> 00:38:25,095 En serio? 559 00:38:25,095 --> 00:38:28,724 Claro, e logo? Non ía facelo sen estares aquí, es miña filla. 560 00:38:29,475 --> 00:38:33,604 O fotógrafo díxome que che dixese que has estar lista en cinco minutos. 561 00:38:33,604 --> 00:38:38,233 Dille que achante, estou coa convidada de honor... Nin se che ocorra. 562 00:38:42,613 --> 00:38:45,199 Vamos ás fotos. Día especial só hai un, ou? 563 00:38:45,199 --> 00:38:47,034 Estatisticamente non. 564 00:38:47,034 --> 00:38:49,536 - Uns convidados queren despedirse. - Ben. 565 00:38:51,705 --> 00:38:54,833 Tom, Karen, lograstes chegar. Sodes un amor. 566 00:38:54,833 --> 00:38:57,294 Volveremos para o banquete, 567 00:38:57,294 --> 00:39:01,173 mais habemos de pasarnos por un funeral en Peckham House. 568 00:39:01,173 --> 00:39:02,966 Santo ceo, síntoo moito. 569 00:39:03,592 --> 00:39:06,220 - Quen foi? - Unha amiga de Tom do teatro. 570 00:39:06,220 --> 00:39:08,263 Unha historia realmente tráxica: 571 00:39:08,263 --> 00:39:13,018 casado, con dous fillos, vencera o cancro ía 12 anos e volveulle de súpeto. 572 00:39:13,519 --> 00:39:16,897 Un dos fillos veu á casa dende a universidade, nos EUA. 573 00:39:17,398 --> 00:39:22,361 Xesús, imaxinas facer esa viaxe totalmente soa para asistires ao funeral de túa nai? 574 00:39:23,362 --> 00:39:24,571 Vou a unha voda. 575 00:39:25,072 --> 00:39:26,281 Igual ca ti, non si? 576 00:39:26,990 --> 00:39:31,537 É a roupa de estar por casa, gústame relaxarme nun traxe ben alisado. 577 00:39:33,372 --> 00:39:37,459 Só hai un 0,2 % de posibilidades de que as familias de Oliver e Hadley 578 00:39:37,459 --> 00:39:38,919 teñan amigos en común. 579 00:39:39,753 --> 00:39:42,381 Hadley, ceo, imos tomar unhas fotos. 580 00:39:43,632 --> 00:39:47,886 En 13 minutos, un bus londiniense partirá de Shoreditch cara a Peckham, 581 00:39:48,387 --> 00:39:53,183 o que quere dicir que Hadley Sullivan só ten dous minutos para decidir se vai nel. 582 00:39:54,184 --> 00:39:57,187 Se non o fai, haberá unha probabilidade menor do 6 % 583 00:39:57,187 --> 00:39:59,940 - de que volva ver a Oliver Jones. - Xa. 584 00:40:01,024 --> 00:40:03,735 Veredes, o destino só pode ser o destino 585 00:40:04,611 --> 00:40:07,197 se decidimos que queremos que o sexa. 586 00:40:11,285 --> 00:40:13,078 - Hadley, que fas? - Perdón... 587 00:40:13,954 --> 00:40:15,914 - Hei marchar. - O que? 588 00:40:15,914 --> 00:40:18,792 Hei marchar facer unha cousa, 589 00:40:18,792 --> 00:40:21,253 mais volverei. 590 00:40:21,253 --> 00:40:23,046 - Arestora, en Londres? - Si. 591 00:40:23,046 --> 00:40:25,257 En canto é o banquete, a barra e...? 592 00:40:25,257 --> 00:40:28,719 - Catro horas. - Ben, vémonos entón. Prométoo. 593 00:40:29,344 --> 00:40:30,721 Que...? Onde vas? 594 00:40:30,721 --> 00:40:32,139 Descoida, estarei ben. 595 00:41:04,505 --> 00:41:06,798 Hadley non sabía se era o correcto, 596 00:41:06,798 --> 00:41:10,719 mais algo dentro dela non paraba de dicirlle que había estar alí. 597 00:41:10,719 --> 00:41:12,179 Este bus vai a Peckham? 598 00:41:12,179 --> 00:41:13,555 Vai se pagas hoxe. 599 00:41:13,555 --> 00:41:14,765 Como o fago? 600 00:41:14,765 --> 00:41:16,475 Achegando a túa Oyster. 601 00:41:17,059 --> 00:41:18,393 Achegando a miña...? 602 00:41:19,269 --> 00:41:22,439 - Usa a tarxeta do banco. - Claro, ten sentido. 603 00:41:26,151 --> 00:41:27,819 - Arreando. - Xenial, perdón. 604 00:41:32,115 --> 00:41:33,325 Os rapaces de agora. 605 00:41:35,077 --> 00:41:35,911 Un segundo. 606 00:41:36,703 --> 00:41:38,997 Non creriades que é toda a historia, ou? 607 00:42:38,265 --> 00:42:39,099 Ollie! 608 00:42:40,434 --> 00:42:44,229 Ei, meu irmán, aquí tes o teu tema de benvida. 609 00:42:44,229 --> 00:42:46,148 Desculpen. Luther. 610 00:42:46,148 --> 00:42:48,317 DJ Jonesy, estou en Instagram. 611 00:42:49,943 --> 00:42:51,737 - Sorpresa. - Vannos arrestar. 612 00:42:51,737 --> 00:42:56,199 Por delinquir con este musicote? DJ Jonesy, procurádeme en Instagram. 613 00:42:58,744 --> 00:43:01,204 Vaites, se cadra deberiamos marchar. 614 00:43:03,290 --> 00:43:07,586 Antes de que diga nada, non pedía, dáballe a benvida a meu irmán dos EUA. 615 00:43:07,586 --> 00:43:10,589 - Mellor se o fas noutro lado. - Entendido, señor. 616 00:43:10,589 --> 00:43:14,593 - Xa marchabamos, non si, Ollie? - Eu estaba agardando por alguén. 617 00:43:14,593 --> 00:43:16,303 Vai ser que non me importa. 618 00:43:17,095 --> 00:43:18,680 Moi ben, vamos. 619 00:43:22,517 --> 00:43:24,019 - E iso? - Alégrame verte. 620 00:44:10,899 --> 00:44:12,192 Alégrome de verte. 621 00:44:13,902 --> 00:44:15,529 Como foi o voo, roñón? 622 00:44:16,279 --> 00:44:17,280 Pois estivo ben. 623 00:44:17,781 --> 00:44:18,990 Sorprendente. 624 00:44:19,658 --> 00:44:24,204 - En serio farás un panexírico da EDM? - Xesús, de que irá o teu? De mates? 625 00:44:24,204 --> 00:44:26,873 Darei un discurso como unha persoa normal. 626 00:44:27,541 --> 00:44:28,750 Vaia tedio. 627 00:44:32,546 --> 00:44:33,797 Á fin en Peckham, 628 00:44:33,797 --> 00:44:36,508 Oliver Jones preparouse para o evento do día, 629 00:44:37,008 --> 00:44:40,512 que, naturalmente, implicaba poñer un vestido shakesperiano. 630 00:44:40,512 --> 00:44:42,305 Como vai iso, Romeo? 631 00:44:42,305 --> 00:44:45,058 Non son Romeo, son Macbeth. 632 00:44:45,892 --> 00:44:48,645 Vaites... estás que o rompes. 633 00:44:49,271 --> 00:44:51,690 Moi ben, Bugs Bunny, facemos isto ou que? 634 00:44:52,649 --> 00:44:54,151 - Eu son Bottom. - Bottom? 635 00:44:54,651 --> 00:44:57,654 - O personaxe de Shakespeare. - O Bottom do montón. 636 00:44:58,238 --> 00:45:02,242 Malia que só había un Puck, dous Hamlets e cinco Xulietas, 637 00:45:02,242 --> 00:45:05,287 non era a típica festa temática shakesperiana. 638 00:45:05,787 --> 00:45:09,040 De feito, non era para nada unha festa. 639 00:45:17,841 --> 00:45:18,800 Ola, papá. 640 00:45:20,051 --> 00:45:21,178 Alégrome de verte. 641 00:45:21,970 --> 00:45:23,764 - Que bo verte. - O voo ben? 642 00:45:23,764 --> 00:45:26,892 - Foi sorprendente, mais non di por que. - Todo ben? 643 00:45:26,892 --> 00:45:28,518 - Onde está mamá? - Aquí. 644 00:45:30,687 --> 00:45:31,521 Ola, mamá. 645 00:45:33,523 --> 00:45:34,357 Oliver. 646 00:45:37,903 --> 00:45:41,698 Bo día a vós, bos amigos. Moitas grazas por virdes 647 00:45:41,698 --> 00:45:47,496 ao que só se pode describir coma o funeral en vida de Tess Jones. 648 00:45:48,580 --> 00:45:51,958 Ou, como lle gusta chamalo a Luther, a festa de despedida. 649 00:45:51,958 --> 00:45:54,836 Aínda que é un pouco simple, nós querémolo. 650 00:45:55,420 --> 00:46:00,592 Así que grazas por axudala a cumprir o seu soño de que tódolos seus amigos 651 00:46:00,592 --> 00:46:03,512 e algúns dos seus inimigos actúen para ela. 652 00:46:04,054 --> 00:46:07,224 Acéptanse coma panexíricos os números musicais, 653 00:46:07,974 --> 00:46:10,936 as danzas interpretativas... Moitas grazas, Gloria. 654 00:46:10,936 --> 00:46:13,563 E os pentámetros iámbicos dun servidor. 655 00:46:14,731 --> 00:46:18,985 Sen máis dilación, a estrela desta noite e o centro de atención 656 00:46:19,569 --> 00:46:21,196 quere dicir unhas palabras. 657 00:46:21,196 --> 00:46:22,447 Así que aquí está, 658 00:46:23,990 --> 00:46:25,200 o amor da miña vida, 659 00:46:26,201 --> 00:46:27,369 o meu día de estío. 660 00:46:33,041 --> 00:46:33,875 Tess. 661 00:46:41,299 --> 00:46:43,760 Grazas a todo o mundo por... 662 00:46:46,513 --> 00:46:48,765 estardes aquí hoxe. 663 00:46:49,891 --> 00:46:54,521 O que pasou foi que Val e mais eu planeabamos o meu funeral 664 00:46:54,521 --> 00:46:57,732 e estaba a se converter nun espectáculo tan abraiante 665 00:46:57,732 --> 00:47:00,777 que me decatei de que quería estar viva para velo. 666 00:47:00,777 --> 00:47:02,404 E tes razón, 667 00:47:03,113 --> 00:47:07,659 odio cando a xente di cousas boas sobre min ás miñas costas. 668 00:47:07,659 --> 00:47:09,870 Coido que é unha perda tráxica. 669 00:47:12,497 --> 00:47:18,336 Realmente só sabes que tipo de historia é a túa cando coñeces o final. 670 00:47:19,045 --> 00:47:19,880 E... 671 00:47:22,841 --> 00:47:26,970 eu sei que a miña é unha historia de amor. 672 00:47:28,847 --> 00:47:32,642 Sinto que a miña vida comezou de verdade o día que coñecín a Val, 673 00:47:33,268 --> 00:47:34,895 nunca clase de Shakespeare. 674 00:47:35,812 --> 00:47:38,732 Foi na universidade. El facía de Ricardo III. 675 00:47:38,732 --> 00:47:40,191 - Brillante. - Terrible. 676 00:47:42,152 --> 00:47:47,866 Mais como di o Bardo: "Quen amou que non amase a primeira vista?" 677 00:47:48,491 --> 00:47:50,911 Que podo dicir? Teño gustos excéntricos. 678 00:47:52,579 --> 00:47:55,165 E dende aquela escribimos 679 00:47:55,165 --> 00:47:59,961 a historia máis bonita xuntos, cos nosos dous queridos, apostos 680 00:48:00,879 --> 00:48:02,380 e afoutos fillos. 681 00:48:03,465 --> 00:48:07,427 E estou moi agradecida a cada un de vós por serdes parte dela. 682 00:48:11,014 --> 00:48:12,015 Foi gloriosa. 683 00:48:13,433 --> 00:48:15,101 De modo que esteamos ledos 684 00:48:15,810 --> 00:48:20,857 comamos tanto como podamos e poñámonos coma unha cuba. 685 00:48:21,566 --> 00:48:24,861 A única regra hoxe é... 686 00:48:30,825 --> 00:48:32,661 non esqueceres de vos despedir. 687 00:48:33,161 --> 00:48:34,829 Moi ben. Tachán! 688 00:48:35,914 --> 00:48:38,708 - Fin. - Tachán! Grazas. 689 00:48:39,417 --> 00:48:41,211 Estaremos unha noite non máis. 690 00:48:43,588 --> 00:48:46,383 Sacade esta veterana do escenario. 691 00:48:50,178 --> 00:48:54,599 E agora compráceme anunciar que representarei un popurrí de Shakespeare... 692 00:48:54,599 --> 00:48:58,311 O funeral de Tessa Jones durou unha hora e 32 minutos. 693 00:48:59,521 --> 00:49:03,441 Representáronse 26 panexíricos, que foron nove monólogos... 694 00:49:04,025 --> 00:49:05,360 ...honradez ou... 695 00:49:06,236 --> 00:49:07,487 O carallo, fóiseme. 696 00:49:07,487 --> 00:49:10,865 Esquecino por completo, foi un pesadelo memorizalo. 697 00:49:11,408 --> 00:49:12,701 ...cinco poemas... 698 00:49:13,576 --> 00:49:16,413 Quéreme. 699 00:49:17,288 --> 00:49:18,206 ...oito cancións, 700 00:49:19,916 --> 00:49:21,334 tres danzas, 701 00:49:22,794 --> 00:49:24,421 un rap improvisado 702 00:49:25,797 --> 00:49:27,799 e unha sesión de DJ. 703 00:49:30,635 --> 00:49:32,804 Cando diga "DJ", dicide "Jonesy". 704 00:49:32,804 --> 00:49:33,722 DJ! 705 00:49:33,722 --> 00:49:35,348 - Que? Quen? - Que? 706 00:49:35,348 --> 00:49:36,725 Mellor ca iso, ho! 707 00:49:36,725 --> 00:49:41,896 - DJ! - Jonesy! 708 00:49:44,357 --> 00:49:46,943 Ao 87 % dos convidados mollóuselles o ollo, 709 00:49:48,153 --> 00:49:50,655 a palabra "amor" usouse 39 voltas 710 00:49:51,573 --> 00:49:56,453 e un fillo desexou seguir amarrado da man da rapaza do avión. 711 00:50:16,973 --> 00:50:19,934 Oliver Jones ausentábase un intre do funeral da nai 712 00:50:20,643 --> 00:50:24,397 e Hadley Sullivan dirixíase alí a unha media de 19 km por hora. 713 00:50:29,360 --> 00:50:31,863 O CEO É O LÍMITE CO BANCO ESM 714 00:50:34,532 --> 00:50:35,533 Peckham House. 715 00:50:35,533 --> 00:50:36,701 PARADA 716 00:50:58,348 --> 00:50:59,432 Desculpe. 717 00:50:59,933 --> 00:51:01,059 - Si. - Ola. 718 00:51:01,059 --> 00:51:04,521 Pode axudarme? Quedei sen batería e vou a Peckham House. 719 00:51:04,521 --> 00:51:06,022 Oh, claro. 720 00:51:06,022 --> 00:51:09,859 Colle á dereita en Queens Road e á esquerda en King's Grove. 721 00:51:09,859 --> 00:51:12,070 Está á dereita, atravesando a reixa. 722 00:51:12,070 --> 00:51:13,530 Xenial, grazas. 723 00:51:13,530 --> 00:51:16,783 - Non sabe canto me axuda. - Agardo que o atopes. 724 00:51:20,662 --> 00:51:21,496 Agarde. 725 00:51:30,547 --> 00:51:31,422 Aquí estás. 726 00:51:32,298 --> 00:51:33,216 Que foi? 727 00:51:34,384 --> 00:51:35,343 Estou ben, mamá. 728 00:51:36,678 --> 00:51:38,346 - Fálame. - Vai tomar asento. 729 00:51:40,140 --> 00:51:42,642 - Arrea, vas perder a túa festa. - Oliver... 730 00:51:46,688 --> 00:51:47,605 Fala comigo. 731 00:51:49,524 --> 00:51:50,358 É que... 732 00:51:50,900 --> 00:51:53,278 non entendo porque non te tratas. 733 00:51:54,988 --> 00:51:56,114 Ollei os datos. 734 00:51:57,574 --> 00:52:01,786 Sei que, se comezases coa quimioterapia e cunha dieta antiinflamatoria, 735 00:52:01,786 --> 00:52:04,956 poderías ter seis, 12 ou incluso 18 meses máis. 736 00:52:04,956 --> 00:52:05,874 Para que? 737 00:52:08,960 --> 00:52:10,044 Pregunto en serio. 738 00:52:11,504 --> 00:52:12,338 Para poder 739 00:52:13,131 --> 00:52:13,965 estar doente 740 00:52:14,757 --> 00:52:15,758 todo o tempo? 741 00:52:18,178 --> 00:52:19,179 Seguirías aquí. 742 00:52:23,308 --> 00:52:25,852 Xa o sei e síntoo. 743 00:52:26,519 --> 00:52:30,648 Mais tres, seis ou 12 meses non fan moita diferencia. 744 00:52:30,648 --> 00:52:33,067 Morrerei de todas maneiras. 745 00:52:36,946 --> 00:52:38,615 Quero seguir sendo eu mesma. 746 00:52:41,201 --> 00:52:43,453 Gustaríame vivir algo antes de morrer. 747 00:52:46,956 --> 00:52:48,750 - Por favor. Ven aquí. - Ben. 748 00:52:52,337 --> 00:52:55,423 Quérote moito. 749 00:52:57,592 --> 00:53:00,720 Veña, ven e vive comigo. Sabes que queres. 750 00:53:00,720 --> 00:53:03,014 Fagamos un tremendo, enorme 751 00:53:03,014 --> 00:53:06,517 - e inesquecible espectáculo de noso. - Preciso un segundo. 752 00:53:08,353 --> 00:53:09,229 De acordo. 753 00:53:13,066 --> 00:53:14,275 - Quérote. - Quérote. 754 00:53:30,625 --> 00:53:33,628 AUDITORIO 755 00:53:46,224 --> 00:53:47,058 Perdón. 756 00:53:47,642 --> 00:53:48,893 É aquí o funeral? 757 00:53:48,893 --> 00:53:50,728 Ah, o de Tessa? Si. 758 00:53:51,271 --> 00:53:53,731 Sabedes se está un tal Oliver? 759 00:53:53,731 --> 00:53:56,609 Xa hai que non o vexo, pode que Luther o saiba. 760 00:53:57,193 --> 00:53:58,486 Ben, grazas. 761 00:54:11,499 --> 00:54:12,333 Luther? 762 00:54:13,334 --> 00:54:16,713 - Si? - Es o irmán de Oliver, certo? 763 00:54:18,256 --> 00:54:19,382 Es estadounidense. 764 00:54:20,174 --> 00:54:21,009 Son, si. 765 00:54:21,968 --> 00:54:24,053 Oliver está aquí? Son unha amiga. 766 00:54:24,554 --> 00:54:25,596 Está, si. 767 00:54:25,596 --> 00:54:27,890 - Unha dentadura espléndida. - Grazas. 768 00:54:28,391 --> 00:54:29,392 Bonita furgoneta. 769 00:54:29,392 --> 00:54:31,269 Si, é unha Sprinter. 770 00:54:31,894 --> 00:54:33,021 Xa o vexo. 771 00:54:33,688 --> 00:54:35,398 Procuremos a Ollie. Por aquí. 772 00:54:41,321 --> 00:54:43,156 - Ola, mamá, papá. - Aquí estás. 773 00:54:43,156 --> 00:54:44,574 Vistes a Ollie? 774 00:54:44,574 --> 00:54:47,368 - Non desde que marchou, por? - Alguén o busca. 775 00:54:47,368 --> 00:54:49,954 Preséntovos a amiga de Oliver. 776 00:54:49,954 --> 00:54:51,331 Amiga de Oliver! 777 00:54:51,331 --> 00:54:54,208 Ola, si, Hadley. Encantada de coñecervos. 778 00:54:55,168 --> 00:54:56,085 Val. 779 00:54:56,586 --> 00:54:57,462 Tessa. 780 00:54:57,462 --> 00:54:58,504 Hadley. 781 00:54:59,839 --> 00:55:03,134 Estás ben, preciosa? Semella que vises unha pantasma. 782 00:55:05,094 --> 00:55:06,054 Perdón, é que... 783 00:55:06,554 --> 00:55:07,930 dixéranme... cría... 784 00:55:09,390 --> 00:55:10,600 que era un funeral... 785 00:55:10,600 --> 00:55:12,977 Ah, pensabas que estaba morta. 786 00:55:13,686 --> 00:55:15,396 Alégrome de que non o esteas. 787 00:55:15,396 --> 00:55:16,522 Eu tamén. 788 00:55:18,232 --> 00:55:23,613 Trouxen... non sei se será raro, mais teño isto. Daquela aquí tes. 789 00:55:23,613 --> 00:55:27,909 - Coido que agora é menos raro. Grazas. - De nada. 790 00:55:28,701 --> 00:55:30,870 E non te preocupes pola confusión, 791 00:55:30,870 --> 00:55:35,124 é moi inusual que celebren o funeral de alguén antes de morrer. 792 00:55:35,124 --> 00:55:37,251 Mais é unha xenialidade. 793 00:55:37,251 --> 00:55:42,465 Que sentido ten que esta xente veña dicir fermosuras de ti e non poder escoitalas? 794 00:55:43,091 --> 00:55:44,300 É xusto o que penso. 795 00:55:45,885 --> 00:55:47,011 Bailemos un pouco. 796 00:55:47,011 --> 00:55:48,262 Veña, mamá. 797 00:55:48,971 --> 00:55:50,681 - Vamos daquela. - Érgueme. 798 00:55:50,681 --> 00:55:53,017 - Aí estamos. - Encantada de coñecerte. 799 00:55:53,017 --> 00:55:54,477 - Eu tamén. - Un pracer. 800 00:56:50,324 --> 00:56:51,200 Ola. 801 00:57:12,221 --> 00:57:13,097 Que foi? 802 00:57:13,097 --> 00:57:14,182 O teu vestido. 803 00:57:15,850 --> 00:57:16,684 É horrendo. 804 00:57:17,435 --> 00:57:18,728 - Gústame. - Non tal. 805 00:57:18,728 --> 00:57:20,062 - Que si. - Que non. 806 00:57:20,062 --> 00:57:20,980 É bonito. 807 00:57:22,023 --> 00:57:23,149 Para ser un negrón. 808 00:57:26,068 --> 00:57:26,903 Entón que tal? 809 00:57:27,737 --> 00:57:28,905 - A voda? - Si. 810 00:57:30,573 --> 00:57:31,741 Tanto dá. 811 00:57:31,741 --> 00:57:32,658 Veña. 812 00:57:34,285 --> 00:57:35,119 Foi... 813 00:57:36,704 --> 00:57:37,914 irritantemente ben. 814 00:57:37,914 --> 00:57:42,251 É imposible odiar a Charlotte e meu pai está francamente ledo, daquela... 815 00:57:42,251 --> 00:57:44,253 Mi madriña, soa espantoso. 816 00:57:44,253 --> 00:57:45,254 É o peor. 817 00:57:51,511 --> 00:57:55,556 Síntome coma unha merda por laiarme de meu pai durante todo o voo. 818 00:57:56,682 --> 00:57:57,517 Por que? 819 00:57:59,977 --> 00:58:02,230 Porque non está a morrer. 820 00:58:07,401 --> 00:58:08,778 Por que non o dixeches? 821 00:58:11,197 --> 00:58:13,157 É un chisco complicado, non cres? 822 00:58:14,492 --> 00:58:18,746 "Un pracer coñecerte. Por certo, miña nai morre dun cancro de pulmón, 823 00:58:18,746 --> 00:58:22,792 de modo que vou a Londres ao seu funeral. Mais, nun xiro inesperado, 824 00:58:22,792 --> 00:58:24,252 aínda non está morta. 825 00:58:24,252 --> 00:58:27,505 Celebra unha festa temática de Shakespeare para ela, 826 00:58:27,505 --> 00:58:30,800 que é o que se fai cando debes estar en tratamento." 827 00:58:37,223 --> 00:58:38,182 Estás ben? 828 00:58:41,227 --> 00:58:42,270 Estou ben, si. 829 00:58:45,648 --> 00:58:46,566 En serio. 830 00:58:48,025 --> 00:58:51,028 Só o 9 % con cancro de pulmón dura máis de dez anos. 831 00:58:52,738 --> 00:58:54,323 Por que sempre fas iso? 832 00:58:55,449 --> 00:58:56,284 O que? 833 00:58:56,784 --> 00:59:01,038 Explicar as cousas con números e tal, no canto de... 834 00:59:02,498 --> 00:59:03,666 dicir algo sincero. 835 00:59:06,419 --> 00:59:07,253 Como... 836 00:59:09,964 --> 00:59:15,386 Como... non che sei. O que sexa, algo que sintas de verdade. 837 00:59:26,981 --> 00:59:27,940 Perdón, é que... 838 00:59:29,525 --> 00:59:34,030 - Si que quero, mais creo que este non é... - Dixeches de ser sinceros. 839 00:59:34,030 --> 00:59:36,490 - Xa. - É o máis sincero que fixen hoxe. 840 00:59:39,035 --> 00:59:39,994 Perdón. 841 00:59:47,460 --> 00:59:52,548 Creo que se che xuntaron moitas cousas e finxes que non che importan. 842 00:59:54,425 --> 00:59:55,635 Que queres que diga? 843 00:59:56,552 --> 00:59:59,221 Queres que diga que estou totalmente desfeito? 844 00:59:59,722 --> 01:00:01,557 Que xa a boto en falla? 845 01:00:01,557 --> 01:00:05,269 Que é o peor día da miña vida á parte do outro que vai chegar? 846 01:00:06,479 --> 01:00:08,147 Intento apoiarte, non sei. 847 01:00:08,147 --> 01:00:11,901 Talvez non queira desafogarme cunha que xusto coñecín no avión. 848 01:00:16,697 --> 01:00:17,531 Oe, Ollie. 849 01:00:18,491 --> 01:00:21,535 A xente marcha. Se vas dar o discurso, é o momento. 850 01:00:22,119 --> 01:00:22,995 Si, claro. 851 01:00:24,038 --> 01:00:24,872 Haberías ir. 852 01:00:28,250 --> 01:00:31,128 - Foi unha estupidez vir. - Non quería dicir iso. 853 01:00:32,463 --> 01:00:33,506 Non pasa nada. 854 01:00:34,548 --> 01:00:36,092 Tiña que marchar, así que... 855 01:00:40,054 --> 01:00:42,098 Dille á familia que foi un pracer. 856 01:00:42,890 --> 01:00:43,974 Veña, Ollie. 857 01:00:47,311 --> 01:00:48,562 - Síntoo. - Descoida. 858 01:00:52,525 --> 01:00:54,151 - Estás ben, Romeo? - Estou. 859 01:00:55,277 --> 01:01:00,658 Aproximadamente o 17,6 % da xente fuxirá do amor da súa vida. 860 01:01:01,450 --> 01:01:03,828 Oliver estaba a piques de ser un deles. 861 01:01:12,837 --> 01:01:16,215 Desculpa, creo que esqueciches a túa mochila. 862 01:01:16,215 --> 01:01:17,174 Ah, non é... 863 01:01:20,428 --> 01:01:21,262 Grazas. 864 01:01:47,037 --> 01:01:51,667 Ben, non tiven a oportunidade de falar durante os panexíricos, de modo que... 865 01:01:53,002 --> 01:01:53,836 alá vai. 866 01:01:57,506 --> 01:01:58,340 Foron 37 867 01:01:59,633 --> 01:02:04,680 as obras que escribiu Shakespeare e tamén as que leu ou representou miña nai 868 01:02:04,680 --> 01:02:06,682 para min e meu irmán de cativos. 869 01:02:08,309 --> 01:02:13,856 Foron 1900 os días que nos levou á escola antes de que eu comezase a conducir. 870 01:02:16,734 --> 01:02:17,693 Foron dúas veces 871 01:02:18,652 --> 01:02:23,365 as que me fixo brazos de xitano de amorodo cando unha rapaza me rompeu o corazón. 872 01:02:30,122 --> 01:02:30,956 O tema é que... 873 01:02:34,502 --> 01:02:35,336 eu... 874 01:02:38,798 --> 01:02:41,967 intentei medir a vida de miña nai con números. 875 01:02:44,970 --> 01:02:46,347 É o que fago. 876 01:02:47,765 --> 01:02:49,099 Mamá, sábelo ben. 877 01:02:50,226 --> 01:02:51,769 É o que fago con todo. 878 01:02:53,562 --> 01:02:54,480 Axúdame... 879 01:02:56,732 --> 01:02:58,818 a atoparlle sentido ao mundo, creo. 880 01:03:04,949 --> 01:03:06,867 Mais a cuestión é que... 881 01:03:11,080 --> 01:03:13,999 Tessa Jones non é un número. 882 01:03:16,544 --> 01:03:18,796 Non é as obras nas que actuou ou... 883 01:03:19,880 --> 01:03:23,217 as comidas que preparou ou os consellos que deu. 884 01:03:33,394 --> 01:03:34,228 É miña nai. 885 01:03:40,609 --> 01:03:42,111 Botareite moito en falla. 886 01:03:51,537 --> 01:03:53,873 Desculpe, vaise por aquí á estación? 887 01:03:53,873 --> 01:03:54,915 Non sei, síntoo. 888 01:04:04,341 --> 01:04:05,175 Hostia, 889 01:04:06,093 --> 01:04:07,177 a mochila. 890 01:04:41,795 --> 01:04:44,131 Estaría disposto a facer un troco? 891 01:04:53,015 --> 01:04:54,350 Desculpe. 892 01:04:55,059 --> 01:04:58,979 - Estamos preto de Spitalfields? - Un segundo, estou cunha clienta. 893 01:04:58,979 --> 01:05:00,564 - Perdón. - Síntoo. 894 01:05:18,874 --> 01:05:21,418 Señor, deixaríame o móbil un segundiño? 895 01:05:21,418 --> 01:05:23,295 Grazas, será só un segundo. 896 01:05:29,551 --> 01:05:30,886 - Ola? - Papá? 897 01:05:30,886 --> 01:05:33,722 Hadley, estás ben? Chegamos agora ao banquete. 898 01:05:34,306 --> 01:05:38,268 - Non collías o teléfono. - Quedei sen carga. Perdón, estou... 899 01:05:41,271 --> 01:05:42,231 Que foi? 900 01:05:47,778 --> 01:05:48,696 Perdinme. 901 01:05:50,447 --> 01:05:51,824 En que rúa? Onde estás? 902 01:05:53,951 --> 01:05:55,661 Na rúa Ezra, E2. 903 01:05:57,162 --> 01:05:59,456 De acordo, non te movas. Vou por ti. 904 01:06:00,332 --> 01:06:01,375 Ben, grazas. 905 01:06:18,559 --> 01:06:19,393 Hadley! 906 01:06:21,687 --> 01:06:22,521 Ola. 907 01:06:24,273 --> 01:06:26,066 Perdón por arruinar o teu día. 908 01:06:26,608 --> 01:06:27,985 Só estaba preocupado. 909 01:06:32,865 --> 01:06:33,741 Que pasou? 910 01:06:35,868 --> 01:06:41,582 - Prometes que non te porás histérico? - Non. Aínda así, quero saber que pasou. 911 01:06:43,876 --> 01:06:44,752 Eu... 912 01:06:46,879 --> 01:06:49,757 fun por un tío que coñecín no avión. 913 01:06:51,675 --> 01:06:52,509 Un tío. 914 01:06:54,053 --> 01:06:55,721 - Cantos anos ten? - Papá. 915 01:06:56,680 --> 01:06:59,016 - Perdoa. - Chámase Oliver. 916 01:07:00,976 --> 01:07:05,022 É un friqui das matemáticas e é... 917 01:07:06,398 --> 01:07:07,357 bo e... 918 01:07:09,234 --> 01:07:10,444 sorprendente e... 919 01:07:11,695 --> 01:07:14,615 pensaba que viña a unha voda, coma min, 920 01:07:14,615 --> 01:07:17,326 mais resulta que era un funeral para súa nai, 921 01:07:17,326 --> 01:07:19,661 que non está morta, senón moi enferma. 922 01:07:21,038 --> 01:07:21,872 E... 923 01:07:24,625 --> 01:07:27,002 sentín que había estar aí para apoialo. 924 01:07:29,546 --> 01:07:31,256 Sei que soa absurdo. 925 01:07:31,256 --> 01:07:33,175 Por que habería soar absurdo? 926 01:07:33,175 --> 01:07:37,054 Porque o coñezo de hai unhas oito horas e... 927 01:07:37,638 --> 01:07:42,309 Sentei xunta el no avión e vou e déixote plantado na túa voda para ir procuralo. 928 01:07:42,851 --> 01:07:44,394 De tolos, non ten sentido. 929 01:07:45,437 --> 01:07:46,563 Non ten por que. 930 01:07:47,815 --> 01:07:49,108 Creo que es afouta. 931 01:08:00,536 --> 01:08:02,371 Por que non loitaches por mamá? 932 01:08:04,331 --> 01:08:07,417 - Por que non loitaches por nós? - Oh, Hadley. 933 01:08:09,711 --> 01:08:10,546 Por que? 934 01:08:11,130 --> 01:08:12,172 Por que non? 935 01:08:16,718 --> 01:08:19,346 Non sei se che teño unha boa resposta. 936 01:08:20,764 --> 01:08:21,723 É difícil. 937 01:08:24,852 --> 01:08:26,812 Nalgún punto do camiño nós... 938 01:08:28,438 --> 01:08:30,774 ambos deixamos de esforzarnos. 939 01:08:31,900 --> 01:08:33,110 Cando vin aquí... 940 01:08:34,736 --> 01:08:35,571 xa o sabiamos. 941 01:08:38,782 --> 01:08:40,033 O amor é traballoso. 942 01:08:41,451 --> 01:08:44,246 Por iso elixiches a Charlotte? Por ser fácil ou... 943 01:08:44,913 --> 01:08:45,747 Non. 944 01:08:47,207 --> 01:08:49,418 Non, aprendín a lección. 945 01:08:50,502 --> 01:08:52,129 E non quero perderte tamén. 946 01:08:57,134 --> 01:08:58,468 Gustábame a nosa vida. 947 01:09:03,599 --> 01:09:05,058 Non quería que cambiase. 948 01:09:07,519 --> 01:09:08,562 Síntoo. 949 01:09:11,607 --> 01:09:13,233 Nunca quixen facerche dano. 950 01:09:15,068 --> 01:09:15,903 Xa o sei. 951 01:09:25,662 --> 01:09:26,496 Non pasa nada. 952 01:09:30,334 --> 01:09:31,460 En serio, descoida. 953 01:09:36,548 --> 01:09:38,091 Alégrame que esteas feliz. 954 01:09:39,259 --> 01:09:40,177 Alégrate? 955 01:09:42,137 --> 01:09:44,389 Xa, a min tamén me choca, mais... 956 01:09:46,308 --> 01:09:47,142 si, alégrome. 957 01:09:50,812 --> 01:09:51,688 Grazas. 958 01:09:53,899 --> 01:09:54,775 De nada. 959 01:09:56,902 --> 01:09:58,195 Alégrome de falarmos. 960 01:10:00,280 --> 01:10:01,281 Boteite a faltar. 961 01:10:06,036 --> 01:10:08,080 Imos á festa dunha vez? 962 01:10:10,374 --> 01:10:12,292 Vaia, que chulos os tenis. 963 01:10:12,292 --> 01:10:13,460 Zapas, papá. 964 01:10:16,672 --> 01:10:19,424 - Charlotte. - Se lle deses unha oportunidade... 965 01:10:19,424 --> 01:10:20,676 Non, Charlotte. 966 01:10:20,676 --> 01:10:22,052 Vaites, ola, amor! 967 01:10:22,052 --> 01:10:23,345 Ola, ceo. 968 01:10:23,345 --> 01:10:27,641 Morro de fame, non comín en todo o día. En todo o mes, para ser sincera. 969 01:10:27,641 --> 01:10:29,810 - Queres un pouco? - Non, estou ben. 970 01:10:30,435 --> 01:10:34,064 - Vai todo ben? - Si, estivemos falando. 971 01:10:36,358 --> 01:10:38,694 Perdón por liscar así. 972 01:10:38,694 --> 01:10:43,991 Descoida, con toda a presión que che puxen co do da dama de honor e o baile 973 01:10:43,991 --> 01:10:45,325 eu tamén liscaría. 974 01:10:45,325 --> 01:10:46,368 Non é iso. 975 01:10:46,368 --> 01:10:51,331 Sei o importante que es para teu pai e só quero caerche ben, de veras. 976 01:10:52,457 --> 01:10:54,501 Perdón por ser tan intensa. 977 01:10:54,501 --> 01:10:55,502 Tranquila. 978 01:10:57,170 --> 01:10:58,588 Seguro que non queres? 979 01:10:58,588 --> 01:11:00,674 - Non tomo maionesa. - Non toma. 980 01:11:01,675 --> 01:11:02,509 Así é. 981 01:11:11,143 --> 01:11:16,690 Sabes que? Gústame de verdade. Non lle sería doado presentarse aquí. 982 01:11:16,690 --> 01:11:21,069 - Ademais gústaslle! - Mamá, cala. 983 01:11:22,029 --> 01:11:24,948 - Imos falar dela, ou? - Vai ser que non. 984 01:11:26,116 --> 01:11:29,995 Sabes a probabilidade de éxito das relacións a distancia? O 56 %. 985 01:11:29,995 --> 01:11:30,912 Non o farei. 986 01:11:30,912 --> 01:11:34,791 Agarda aí, Hadley Ella Sullivan naceu o 16 de xaneiro. 987 01:11:34,791 --> 01:11:36,084 - Que bonito. - Veña. 988 01:11:36,626 --> 01:11:38,211 Has devolverllo si ou si. 989 01:11:38,211 --> 01:11:41,673 - Non podo. Non sei onde esta, ou? - Para iso é Internet. 990 01:11:41,673 --> 01:11:42,591 É incrible. 991 01:11:43,216 --> 01:11:45,052 - Oe! - Non é... 992 01:11:45,052 --> 01:11:46,720 Non vos pelexedes. 993 01:11:46,720 --> 01:11:49,931 Estou morrendo, non pelexedes. Parade, déixao en paz! 994 01:11:53,393 --> 01:11:55,771 - Caramelos. - É un libro moi bo. 995 01:11:57,606 --> 01:11:58,523 E que é isto? 996 01:11:59,024 --> 01:12:00,734 Na igrexa de San Lucas. 997 01:12:00,734 --> 01:12:04,404 Banquete posterior, no Colexio Naval ás seis da tarde. 998 01:12:04,404 --> 01:12:08,617 - Aí o tes, é xenial. - E irrompo nunha voda sen invitación? 999 01:12:08,617 --> 01:12:11,912 - Vai e punto. - A quen lle importan as probabilidades? 1000 01:12:13,538 --> 01:12:16,208 - Veña, mamá, vamos á casa. - Si, boa idea. 1001 01:12:17,334 --> 01:12:19,252 Veña, arriba. 1002 01:12:19,252 --> 01:12:20,545 Xa collo o osíxeno. 1003 01:12:20,545 --> 01:12:21,922 - Ben. - Has marchar. 1004 01:12:28,637 --> 01:12:29,554 Sabes que? 1005 01:12:30,555 --> 01:12:34,559 Se coñecese a probabilidade de que túa nai contraese cancro... 1006 01:12:35,560 --> 01:12:37,979 e de que morrese cando namorei dela, 1007 01:12:39,898 --> 01:12:41,650 sabes o que faría diferente? 1008 01:12:46,196 --> 01:12:47,322 Absolutamente nada. 1009 01:13:59,352 --> 01:14:00,562 Malditas vodas. 1010 01:14:01,813 --> 01:14:04,774 Perdón. Ola, é que sempre chego tarde. 1011 01:14:06,985 --> 01:14:10,113 Se te fai sentir mellor, eu levo a rastro todo o día. 1012 01:14:10,906 --> 01:14:12,574 Haberá unha historia detrás. 1013 01:14:13,909 --> 01:14:14,910 Algo así. 1014 01:14:16,495 --> 01:14:17,579 Tivo un bo final? 1015 01:14:21,833 --> 01:14:22,709 Non o sei. 1016 01:14:24,628 --> 01:14:28,089 Abofé que hai cousas que me gustaría que saísen diferente, 1017 01:14:29,382 --> 01:14:30,300 mais... 1018 01:14:31,510 --> 01:14:32,344 Si. 1019 01:14:33,929 --> 01:14:35,305 Eu diría que si o tivo. 1020 01:14:37,098 --> 01:14:38,600 Talvez non debía pasar. 1021 01:14:48,068 --> 01:14:49,152 Ola. 1022 01:14:50,362 --> 01:14:51,571 Tócache. 1023 01:14:56,826 --> 01:15:01,289 Oe, grazas por faceres isto, e non só me refiro ao baile, senón a todo. 1024 01:15:01,289 --> 01:15:02,874 Alégrame que esteas aquí. 1025 01:15:04,000 --> 01:15:05,710 A min tamén, de verdade. 1026 01:15:05,710 --> 01:15:08,505 Estás convidada a quedar o Nadal se queres. 1027 01:15:08,505 --> 01:15:09,422 Sen presión. 1028 01:15:09,422 --> 01:15:13,301 Sei que non será o mesmo ca antes, con túa nai, mais estaría ben. 1029 01:15:15,595 --> 01:15:19,266 "É mellor ter algo bo e perdelo ou non o ter nunca?" 1030 01:15:19,849 --> 01:15:21,851 Our Mutual Friend, líchelo. 1031 01:15:21,851 --> 01:15:23,436 Aínda non, mais fareino. 1032 01:15:24,104 --> 01:15:25,438 Creo que xa o entendo. 1033 01:15:26,815 --> 01:15:29,150 Pois, nese caso, teño outra pregunta. 1034 01:15:29,150 --> 01:15:31,736 - Oh, non. - Lista para mover o esqueleto? 1035 01:15:32,988 --> 01:15:35,031 Estouno? Veña, dálle. 1036 01:15:37,659 --> 01:15:38,618 Moi ben. 1037 01:16:23,163 --> 01:16:23,997 Ei. 1038 01:16:25,624 --> 01:16:27,125 Levádesme a Greenwich? 1039 01:16:29,919 --> 01:16:31,880 - Condutor, en marcha. - Sube. 1040 01:16:33,673 --> 01:16:34,674 Todos a bordo! 1041 01:16:36,509 --> 01:16:38,011 Isto non vai máis rápido? 1042 01:17:11,294 --> 01:17:15,715 O 21 de decembro é o mellor día do ano para estar namorado en Londres. 1043 01:17:16,966 --> 01:17:21,721 Con 2,38 millóns de luces de Nadal iluminando a cidade 1044 01:17:22,389 --> 01:17:26,017 e centos de cuncas de chocolate quente fumeando en mans frías, 1045 01:17:26,643 --> 01:17:30,730 é o cuarto día máis popular para unha petición de matrimonio. 1046 01:17:30,730 --> 01:17:37,821 Serán 422 parellas as que casen, 39 as que celebren o seu 45 aniversario de voda 1047 01:17:39,030 --> 01:17:42,992 e miles de descoñecidos os que crucen miradas por vez primeira. 1048 01:17:43,618 --> 01:17:46,996 Mais, de tódalas parellas que namoran neste día fabuloso, 1049 01:17:47,497 --> 01:17:51,000 interésanos sobre todo a historia dunha delas. 1050 01:17:51,000 --> 01:17:53,086 - Oh, non. Foi así! - Non tal. 1051 01:17:53,086 --> 01:17:55,755 - Non foi así. - Metiches o gato na neveira. 1052 01:17:55,755 --> 01:17:58,299 Dixeras que o gato semellaba ter calor. 1053 01:17:59,259 --> 01:18:02,512 Non hai nada coma unha excursión en familia. Xa chovera. 1054 01:18:02,512 --> 01:18:05,014 - Abofé, é xenial... - Non imos ben, non é... 1055 01:18:05,014 --> 01:18:07,267 Escoita, dígoche que imos chegar. 1056 01:18:07,267 --> 01:18:11,354 - Si, na furgoneta máis rápida de Londres. - Hai máis tráfico indo de fronte. 1057 01:18:11,354 --> 01:18:14,941 - Sabes que a razón...? - Estresádesme, non podo conducir así. 1058 01:18:57,442 --> 01:18:59,819 Era á esquerda aí atrás. 1059 01:18:59,819 --> 01:19:01,696 Estamos na estrada equivocada. 1060 01:19:01,696 --> 01:19:04,282 - Sigo o GPS. - É no outro lado do parque. 1061 01:19:18,797 --> 01:19:21,716 - Vas en contrasenso. - Non podo achegarme máis. 1062 01:19:21,716 --> 01:19:23,259 É isto, é aí. 1063 01:19:23,259 --> 01:19:25,386 - Santo ceo. - Que queres que faga? 1064 01:19:25,386 --> 01:19:26,638 Ir campo a través? 1065 01:19:26,638 --> 01:19:28,848 - Has confiar en min. - Para o coche. 1066 01:19:28,848 --> 01:19:30,517 - Como? - Para o coche. 1067 01:19:34,729 --> 01:19:35,814 - Luth! - Que foi? 1068 01:19:35,814 --> 01:19:36,731 Para o coche. 1069 01:19:37,315 --> 01:19:39,442 - Que? - Foi divertido. 1070 01:19:43,321 --> 01:19:46,658 - Grazas, encántame a furgoneta - Vai por ela, Macbeth. 1071 01:19:53,498 --> 01:19:54,332 Hadley! 1072 01:20:34,247 --> 01:20:35,164 Di algo. 1073 01:20:40,336 --> 01:20:41,379 Dío ti. 1074 01:20:44,299 --> 01:20:45,300 Moi ben, pois... 1075 01:20:50,638 --> 01:20:51,472 As sorpresas. 1076 01:20:53,433 --> 01:20:54,475 Diso teño medo. 1077 01:20:56,144 --> 01:20:57,770 Diso e da escuridade. 1078 01:20:58,813 --> 01:20:59,856 E dos xermes. 1079 01:21:01,983 --> 01:21:02,817 De acordo. 1080 01:21:04,444 --> 01:21:05,862 Por que me contas isto? 1081 01:21:07,030 --> 01:21:10,533 Porque me preguntaches de que tiña medo cando nos coñecemos. 1082 01:21:12,035 --> 01:21:12,911 Aí o tes. 1083 01:21:14,162 --> 01:21:15,330 Teño medo 1084 01:21:16,039 --> 01:21:20,752 de que me collan coa garda baixa cousas coma o cancro ou... 1085 01:21:22,003 --> 01:21:22,837 o desamor. 1086 01:21:28,968 --> 01:21:31,054 Sería xenial se dixeses algo agora. 1087 01:22:00,124 --> 01:22:01,501 Gustouche esa sorpresa? 1088 01:22:03,211 --> 01:22:05,296 Gustoume. Podería afacerme a estas. 1089 01:22:07,215 --> 01:22:09,342 Dunha que xusto coñeciches no avión? 1090 01:22:10,468 --> 01:22:12,887 Mormente dunha que xusto coñecín no avión. 1091 01:22:20,770 --> 01:22:21,604 Has de volver? 1092 01:22:23,231 --> 01:22:24,357 Aínda teño tempo. 1093 01:22:25,024 --> 01:22:27,652 Planeo perder o voo mañá, de modo que... 1094 01:22:29,070 --> 01:22:29,988 Ai, si? 1095 01:22:31,906 --> 01:22:35,785 Sabías que unha de cada 50 relacións comeza nun aeroporto? 1096 01:22:36,285 --> 01:22:37,453 - Ai, si? - Abofé. 1097 01:22:37,954 --> 01:22:42,250 De feito arredor dun 8 % das parellas coñécense por perder unha conexión. 1098 01:22:44,460 --> 01:22:46,421 Que estás a investigar realmente? 1099 01:22:48,673 --> 01:22:49,799 Realmente? 1100 01:22:49,799 --> 01:22:50,842 Realmente, si. 1101 01:22:50,842 --> 01:22:51,759 De acordo. 1102 01:22:54,929 --> 01:22:57,849 A probabilidade estatística do amor a primeira vista. 1103 01:23:13,573 --> 01:23:19,620 Hadley Sullivan e Oliver Jones bicaranse 12 872 voltas na súa vida xuntos. 1104 01:23:20,747 --> 01:23:22,915 Estarán casados 58 anos, 1105 01:23:22,915 --> 01:23:26,127 rifarán 1462 voltas 1106 01:23:26,753 --> 01:23:31,090 e farán o amor 5787 voltas. 1107 01:23:32,008 --> 01:23:36,095 Hadley sosterá a man de Oliver cando Tessa exhale o derradeiro alento. 1108 01:23:36,888 --> 01:23:39,807 Oliver sosterá a de Hadley cando ela exhale o seu. 1109 01:23:40,600 --> 01:23:43,936 E ambos sosterán a da súa filla o día que naza 1110 01:23:43,936 --> 01:23:46,439 e abraiarán cos seus dediños cativos 1111 01:23:46,439 --> 01:23:48,566 e con como nada diso sería posible 1112 01:23:48,566 --> 01:23:51,903 se non fose por un avión perdido, un cinto roto 1113 01:23:52,612 --> 01:23:55,615 e unha decisión de amarse o un ao outro cada día. 1114 01:23:55,615 --> 01:23:59,911 O COMEZO... 1115 01:29:25,236 --> 01:29:30,241 Subtítulos: Bruno Martínez Pita