1 00:00:43,086 --> 00:00:45,463 Tentaches á sorte vindo aquí, Emma. 2 00:00:47,090 --> 00:00:50,051 - Xa descubriches como me chamo. - Sei o teu nome. 3 00:00:52,178 --> 00:00:53,679 Sei que tocas o violín, 4 00:00:54,764 --> 00:00:56,015 e sei que hoxe morrerás. 5 00:01:10,404 --> 00:01:11,906 Espera! Hai fume. 6 00:01:12,698 --> 00:01:15,118 Hai lume e a túa bomba está no medio. 7 00:01:15,118 --> 00:01:17,245 Cando rebente, ímonos á merda. 8 00:01:17,245 --> 00:01:20,581 Aínda que me encantaría pegarche un tiro, necesitámonos. 9 00:01:20,581 --> 00:01:23,835 Temos que unir forzas para saír de aquí ou morreremos. 10 00:01:26,087 --> 00:01:28,297 - Como saímos? - Pola ventilación. 11 00:01:29,257 --> 00:01:30,508 Necesitamos subir aí. 12 00:01:31,092 --> 00:01:34,345 Para que me poidas arrestar ao chegar á superficie? 13 00:01:35,221 --> 00:01:38,558 Unha vez que saiamos, iremos cada un polo seu lado. 14 00:01:38,558 --> 00:01:40,893 Confiei en ti e traizoáchesme. 15 00:01:42,645 --> 00:01:45,898 Agora mesmo non che queda outra opción. 16 00:02:04,250 --> 00:02:06,586 Necesitarás a axuda de Deus se decides enganarme. 17 00:02:08,337 --> 00:02:12,884 Considerando a situación, aceptarei calquera axuda que Deus reparta. 18 00:02:17,513 --> 00:02:19,807 Ben, Roo, agora tes que sentalo. 19 00:02:19,807 --> 00:02:23,144 En 45 grados, que pase o brazo por encima da cabeza. 20 00:02:23,144 --> 00:02:24,061 Estou mareado. 21 00:02:24,061 --> 00:02:28,858 Normalmente estás saído, así que é unha experiencia nova. 22 00:02:28,858 --> 00:02:32,069 Veña, levanta o brazo e pásao por encima da cabeza. 23 00:02:33,070 --> 00:02:34,989 - Temos que movelo xa. - Non. 24 00:02:34,989 --> 00:02:37,033 No seu estado podería morrer. 25 00:02:37,033 --> 00:02:39,785 Poderá moverse cando recupere algo de osíxeno. 26 00:02:39,785 --> 00:02:40,828 Que sexa rápido. 27 00:02:40,828 --> 00:02:42,997 - Imos voar polos aires. - Emma? 28 00:02:42,997 --> 00:02:45,041 Quedou atrapada pola explosión. 29 00:02:45,041 --> 00:02:46,334 - Roo. - Que pasa? 30 00:02:46,334 --> 00:02:47,627 Axúdao a atopala. 31 00:02:47,627 --> 00:02:49,086 Non, ten que coidarte. 32 00:02:49,086 --> 00:02:51,672 Eu buscarei a Emma. Encárgate del rápido. 33 00:02:51,672 --> 00:02:52,715 Vale. 34 00:02:54,091 --> 00:02:56,344 Escollín o peor día para pillar un colocón. 35 00:02:56,344 --> 00:02:58,846 Repítese a cerimonia de circuncisión do meu sobriño. 36 00:02:58,846 --> 00:02:59,847 Novidades. 37 00:03:00,640 --> 00:03:04,143 A temperatura é alta. Faltarán 15 minutos para a detonación. 38 00:03:07,438 --> 00:03:08,439 Merda. 39 00:03:09,440 --> 00:03:12,944 Derrubouse todo o soto. Non podo acceder ao ala leste. 40 00:03:12,944 --> 00:03:14,820 Ten coidado cos homes de Boro. 41 00:03:14,820 --> 00:03:16,864 Houbo unha explosión nun dos reactores, 42 00:03:16,864 --> 00:03:18,032 morreron todos. 43 00:03:18,032 --> 00:03:20,701 O goberno tardará horas en avaliar os riscos 44 00:03:20,701 --> 00:03:22,370 e enviar as tropas. 45 00:03:22,370 --> 00:03:23,496 Estou a salvo. 46 00:03:23,496 --> 00:03:24,914 Non ten horas, Luke. 47 00:03:24,914 --> 00:03:26,707 Con sorte, ten 15 minutos. 48 00:03:26,707 --> 00:03:27,875 É complicado, 49 00:03:27,875 --> 00:03:30,670 pero cal é a probabilidade de que siga viva? 50 00:03:30,670 --> 00:03:31,587 Por que? 51 00:03:31,587 --> 00:03:33,631 Teño tres axentes en perigo. 52 00:03:33,631 --> 00:03:36,300 - Se non hai motivo para buscala... - Un 50%. 53 00:03:36,300 --> 00:03:38,010 Dea unha avaliación real. 54 00:03:41,847 --> 00:03:45,559 Tendo en conta a forza da explosión e os danos... 55 00:03:47,228 --> 00:03:48,521 talvez un 10%. 56 00:03:48,521 --> 00:03:50,147 Pero é a miña filla. 57 00:03:50,147 --> 00:03:51,816 É dura como unha roca. 58 00:03:51,816 --> 00:03:53,609 A explosión foi subterránea. 59 00:03:53,609 --> 00:03:56,821 - Os pisos superiores están intactos? - A maioría si. 60 00:03:56,821 --> 00:03:58,823 Podería haber burbullas de aire. 61 00:03:58,823 --> 00:04:01,701 Se Emma está nunha, ten posibilidades de saír. 62 00:04:02,285 --> 00:04:03,953 Fiestras e ventilacións. 63 00:04:03,953 --> 00:04:06,080 Iso é o que necesitas buscar. 64 00:04:06,080 --> 00:04:07,290 Se sobreviviu, 65 00:04:08,040 --> 00:04:09,041 sairá por aí. 66 00:04:09,041 --> 00:04:10,167 Catorce minutos. 67 00:04:10,835 --> 00:04:12,295 Luke, doulle 12 minutos, 68 00:04:12,295 --> 00:04:14,797 logo a orde será abortar a misión. 69 00:04:14,797 --> 00:04:17,216 Dot, respéctoa moito, 70 00:04:18,050 --> 00:04:22,722 pero está mal da cabeza se cre que marcharei sen a miña filla. 71 00:04:25,474 --> 00:04:26,684 Está atascado. 72 00:04:27,893 --> 00:04:29,353 Veña, empuxa. 73 00:04:33,858 --> 00:04:36,319 En todo o tempo que pasou Finn contigo, 74 00:04:37,236 --> 00:04:38,863 non te ensinou a adestrar? 75 00:04:38,863 --> 00:04:40,489 Manqueime na explosión. 76 00:04:41,073 --> 00:04:42,825 Claro que adestrou comigo. 77 00:04:45,578 --> 00:04:46,829 Leume a Sun Tzu, 78 00:04:47,455 --> 00:04:49,165 ensinoume aos Rolling Stones. 79 00:04:49,749 --> 00:04:50,583 É curioso, 80 00:04:51,417 --> 00:04:54,378 mírame como a un prato do que non soporta o sabor, 81 00:04:56,422 --> 00:04:58,799 pero foi el quen botou os ingredientes. 82 00:05:02,511 --> 00:05:03,387 Emma! 83 00:05:11,187 --> 00:05:12,438 Mangueira desinfectada. 84 00:05:12,438 --> 00:05:15,816 Agora esteriliza a zona entre a cuarta e a quinta costela 85 00:05:15,816 --> 00:05:17,485 no lado da ferida. 86 00:05:17,485 --> 00:05:19,945 - Por que? - Aí é onde farás a incisión. 87 00:05:20,738 --> 00:05:21,614 E unha merda. 88 00:05:21,614 --> 00:05:24,283 Roo, tes que drenarlle os pulmóns. 89 00:05:24,283 --> 00:05:26,160 Non dixeches nada de abrilo. 90 00:05:26,160 --> 00:05:27,370 Entón a mangueira? 91 00:05:27,370 --> 00:05:31,707 Pensei que con só soprar xa lle sairían as cousas do peito. 92 00:05:31,707 --> 00:05:32,958 E o bote de urina? 93 00:05:32,958 --> 00:05:36,170 Non sei. Ti es o rariño. Eu só che seguín a corrente. 94 00:05:36,170 --> 00:05:40,216 Axente Russell, saque o seu coitelo e faga o seu traballo. 95 00:05:40,216 --> 00:05:41,884 Non o teño. 96 00:05:41,884 --> 00:05:44,845 Só levo a navalla de Roy Rogers. 97 00:05:44,845 --> 00:05:45,888 E o seu equipo? 98 00:05:45,888 --> 00:05:48,349 Sempre levo encima a navalla do meu pai. 99 00:05:48,849 --> 00:05:50,810 Ademais, non foi culpa miña. 100 00:05:50,810 --> 00:05:53,813 O meu coitelo estaba no vehículo que voei. 101 00:05:53,813 --> 00:05:56,232 Supoño que tecnicamente foi culpa miña. 102 00:05:56,232 --> 00:05:57,608 Aldon. 103 00:05:58,818 --> 00:05:59,693 Merda. 104 00:06:00,736 --> 00:06:03,280 Está inconsciente. O seu pulso é débil. 105 00:06:03,280 --> 00:06:06,450 Roo, se non o abres morrerá en cuestión de minutos. 106 00:06:13,541 --> 00:06:14,500 Emma! 107 00:06:26,637 --> 00:06:29,098 Emma. Podes oírme? 108 00:06:44,697 --> 00:06:45,823 Axúdate das pernas. 109 00:06:45,823 --> 00:06:48,492 - Sei levantar peso. - Vale, escaralla o lombo. 110 00:06:52,413 --> 00:06:53,247 Que é iso? 111 00:06:53,247 --> 00:06:55,416 Emma? 112 00:06:56,625 --> 00:06:57,585 É código morse. 113 00:07:09,680 --> 00:07:15,269 Si. Estou con Boro. 114 00:07:16,061 --> 00:07:17,021 Menos mal. 115 00:07:17,021 --> 00:07:17,938 Está viva. 116 00:07:19,440 --> 00:07:20,691 O tempo corre. 117 00:07:20,691 --> 00:07:23,944 Luke, pode sacar a Emma e acabar coa misión de Boro? 118 00:07:23,944 --> 00:07:25,154 Non sei. 119 00:07:25,154 --> 00:07:28,574 Imos subir polo conduto de ventilación. 120 00:07:30,826 --> 00:07:35,039 Tedes 10 minutos. 121 00:07:35,039 --> 00:07:39,168 Dádevos présa! 122 00:07:40,586 --> 00:07:41,962 - É Finn Hoss? - Si. 123 00:07:41,962 --> 00:07:43,214 Que dixo? 124 00:07:43,214 --> 00:07:45,049 Que cales a boca e traballes. 125 00:07:45,049 --> 00:07:45,966 Vamos. 126 00:07:49,011 --> 00:07:52,556 Tres, catro, cinco. 127 00:07:53,140 --> 00:07:54,600 - Atopeina. - Ben. 128 00:07:54,600 --> 00:07:58,395 Colle a navalla esterilizada e fai unha incisión de 3 cm. 129 00:08:01,982 --> 00:08:03,776 ROY ROGERS E O CABALO TRIGGER 130 00:08:05,736 --> 00:08:07,154 Estás chorando? 131 00:08:08,364 --> 00:08:11,033 Estou asustada. Non podo perder a alguén máis. 132 00:08:11,033 --> 00:08:13,786 Roo, aínda non perdemos a ninguén. 133 00:08:15,162 --> 00:08:16,830 Non falas de Emma. 134 00:08:17,790 --> 00:08:21,293 Roo, por que levas encima a navalla do teu pai? 135 00:08:24,255 --> 00:08:25,923 Pensei que non pasaría nada. 136 00:08:25,923 --> 00:08:28,926 Díxome que eran medicamentos e que non os tocara, 137 00:08:28,926 --> 00:08:30,678 pero había moitos policías. 138 00:08:31,512 --> 00:08:36,225 E os policías querían saber onde gardaba as drogas que vendía? 139 00:08:37,017 --> 00:08:38,102 Tiña sete anos. 140 00:08:41,480 --> 00:08:45,067 Non podo perder a alguén máis pola miña culpa. 141 00:08:45,568 --> 00:08:46,860 Sabes que creo, Roo? 142 00:08:47,611 --> 00:08:50,739 Que tes medo de perder a Aldon, un home ao que queres, 143 00:08:50,739 --> 00:08:52,533 igual que querías ao teu pai, 144 00:08:53,117 --> 00:08:55,452 e non queres volver ser a responsable. 145 00:08:55,452 --> 00:08:57,621 O do teu pai non foi culpa túa. 146 00:08:58,122 --> 00:08:59,456 Eras unha nena. 147 00:08:59,957 --> 00:09:02,209 Aldon tampouco morrerá pola túa culpa. 148 00:09:02,793 --> 00:09:04,128 Non tes sete anos. 149 00:09:04,128 --> 00:09:06,297 Es unha muller valente y forte, 150 00:09:06,297 --> 00:09:08,882 e non vas defraudar o teu amigo. 151 00:09:09,925 --> 00:09:11,343 Agora fai o corte. 152 00:09:25,065 --> 00:09:27,860 Vale, incisión feita. 153 00:09:28,736 --> 00:09:30,654 Bo traballo, doutor! 154 00:09:30,654 --> 00:09:32,906 Temos ó propio Sigmund Freud diante. 155 00:09:46,962 --> 00:09:48,047 Luke, como va? 156 00:09:49,632 --> 00:09:52,676 Intento quitar a tapa de metal que cubre o conduto. 157 00:09:52,676 --> 00:09:54,637 - Oito minutos. - Como moito. 158 00:09:54,637 --> 00:09:57,056 Busca ao teu Hulk interior e quita esa merda. 159 00:10:11,195 --> 00:10:13,197 Non o conseguirá a tempo. 160 00:10:13,197 --> 00:10:14,698 Non se renderá. 161 00:10:14,698 --> 00:10:16,992 Perdóame por non confiar tanto nel. 162 00:10:17,660 --> 00:10:19,703 Só me esnaquizou a vida. 163 00:10:19,703 --> 00:10:21,163 Colle esa caixa. 164 00:10:22,831 --> 00:10:25,459 Es unha putiña bastante choricas. 165 00:10:25,959 --> 00:10:26,794 Perdón? 166 00:10:26,794 --> 00:10:29,880 "Finn Hoss foi quen botou os ingredientes." 167 00:10:29,880 --> 00:10:31,715 "Finn Hoss esnaquizoume a vida." 168 00:10:31,715 --> 00:10:34,885 Non cres que acabaches así polas túas decisión? 169 00:10:35,386 --> 00:10:36,261 Recapitulemos. 170 00:10:37,054 --> 00:10:39,640 Asasinar ao meu pai? A súa decisión. 171 00:10:39,640 --> 00:10:42,685 Enviarme a un internado lonxe do mundo que coñecía? 172 00:10:42,685 --> 00:10:44,061 A súa decisión. 173 00:10:44,061 --> 00:10:46,730 Destruír o meu traballo? A súa decisión. 174 00:10:46,730 --> 00:10:49,483 - Finn Hoss... - Finn Hoss non é o teu problema! 175 00:10:49,483 --> 00:10:53,737 As túas decisións encerráronte cunha bomba nuclear a punto de estalar. 176 00:10:53,737 --> 00:10:55,989 Sé responsable dos teus actos. 177 00:10:55,989 --> 00:10:58,659 Deixa de culpalo polos teus erros. 178 00:11:01,161 --> 00:11:03,247 Ese é un consello da hostia. 179 00:11:03,247 --> 00:11:06,083 Alégrome de que te impresione a túa sabedoría. 180 00:11:06,083 --> 00:11:08,711 Marchemos antes de que nos voen en pedazos. 181 00:11:09,712 --> 00:11:10,796 Vale. 182 00:11:20,347 --> 00:11:21,682 Case non respira. 183 00:11:21,682 --> 00:11:23,684 - Non mellora. - Paciencia. 184 00:11:23,684 --> 00:11:27,813 Cando o fluído sae da cavidade pleural, a presión aumenta e os pulmóns expándese. 185 00:11:27,813 --> 00:11:29,481 Como saberei cando ocorre? 186 00:11:37,114 --> 00:11:37,948 Ola, Roo. 187 00:11:38,532 --> 00:11:39,700 Que tal? 188 00:11:47,332 --> 00:11:49,251 Teño unha mangueira enorme colgando. 189 00:11:49,835 --> 00:11:51,211 Iso dislle ao médico. 190 00:11:51,211 --> 00:11:54,089 Temos que saír a toda hostia. Isto vai explotar. 191 00:12:07,060 --> 00:12:08,270 Mantén a túa palabra. 192 00:12:10,481 --> 00:12:12,399 Sóltame ou pégoche unha patada. 193 00:12:26,497 --> 00:12:27,372 Case está. 194 00:12:28,832 --> 00:12:30,334 Apóiate en min. 195 00:12:33,712 --> 00:12:35,714 - Podedes oírme? - Xa imos. 196 00:12:35,714 --> 00:12:37,674 Rápido. Faltan cinco minutos. 197 00:12:37,674 --> 00:12:38,801 Vela, Luke? 198 00:12:38,801 --> 00:12:40,969 Non, pero escoito como se achega. 199 00:12:44,389 --> 00:12:46,767 - Danielle. - Tranquilo, sabe o meu nome. 200 00:12:47,392 --> 00:12:49,311 Poderías dicirme o teu, Finn. 201 00:12:49,311 --> 00:12:51,230 Descubrireino ao saír de aquí. 202 00:12:51,230 --> 00:12:53,315 Cando saias estarás arrestado. 203 00:12:53,315 --> 00:12:54,775 Acordamos unha tregua. 204 00:12:54,775 --> 00:12:57,736 Saímos xuntos e cada un marcha polo seu lado. 205 00:12:57,736 --> 00:12:58,946 Luke, coñece as ordes. 206 00:12:58,946 --> 00:13:01,573 Polonia non pode saír dese conduto. 207 00:13:01,573 --> 00:13:02,991 Vale, sube. 208 00:13:08,580 --> 00:13:10,624 - Non chego. - Eu son máis alto. 209 00:13:10,624 --> 00:13:12,543 - Ela primeiro. - Quedarei aquí. 210 00:13:12,543 --> 00:13:14,795 Non. Douche a miña palabra. 211 00:13:14,795 --> 00:13:16,755 Luke, non desobedeza unha orde. 212 00:13:16,755 --> 00:13:18,423 Súbea e logo saes ti. 213 00:13:19,007 --> 00:13:21,969 Non hai tempo, Bengal. Morreredes nuns minutos. 214 00:13:21,969 --> 00:13:23,095 Concretamente en tres. 215 00:13:29,434 --> 00:13:30,644 Vamos, Emma. 216 00:13:34,314 --> 00:13:35,148 Tira forte. 217 00:13:46,785 --> 00:13:47,703 Menos mal. 218 00:13:48,871 --> 00:13:51,164 - A túa cabeza. - Arreoume coa pistola. 219 00:13:52,082 --> 00:13:53,542 Tranquilo, estou ben. 220 00:13:54,126 --> 00:13:55,878 Veña, Finn, sácame de aquí. 221 00:13:58,881 --> 00:14:02,050 Nuns minutos, todo o teu traballo converterase en po. 222 00:14:02,050 --> 00:14:03,969 E nunca nos perdoaras, 223 00:14:03,969 --> 00:14:05,888 e non deixarás de perseguirnos. 224 00:14:05,888 --> 00:14:08,265 A túa nova misión será a vinganza. 225 00:14:08,265 --> 00:14:10,392 - Déchesme a túa palabra! - Síntoo. 226 00:14:10,392 --> 00:14:13,353 - Non deixarei que a persigas. - Non fagas isto. 227 00:14:13,353 --> 00:14:14,771 Fun coma un fillo! 228 00:14:22,863 --> 00:14:24,364 Eras coma un fillo, 229 00:14:25,699 --> 00:14:27,242 pero ela é a miña filla. 230 00:14:29,286 --> 00:14:31,079 - Adeus, Bengal. - Non! 231 00:14:31,079 --> 00:14:33,457 A temperatura alcanzou a masa crítica. 232 00:14:33,457 --> 00:14:35,000 Luke, botade a correr. 233 00:14:36,627 --> 00:14:39,171 Non me podes facer isto, Finn! Finn! 234 00:14:48,847 --> 00:14:50,307 Deus te salve, María, 235 00:14:52,184 --> 00:14:53,518 chea es de gracia, 236 00:14:55,020 --> 00:14:56,355 o Señor é contigo. 237 00:14:57,940 --> 00:15:00,317 Bendita ti sexas entre tódalas mulleres... 238 00:15:18,919 --> 00:15:21,922 Directora, bomba detonada pero controlada. 239 00:15:21,922 --> 00:15:23,465 Obxectivo neutralizado. 240 00:15:23,465 --> 00:15:26,969 Todo o persoal da CIA vivo e localizado. 241 00:15:26,969 --> 00:15:29,471 Misión completada. Iso é así e iso é todo. 242 00:15:29,471 --> 00:15:30,764 Somos uns máquinas! 243 00:15:31,682 --> 00:15:34,643 Parabéns. Acabou cun terrorista de alto nivel. 244 00:15:34,643 --> 00:15:36,895 Foi un traballo en equipo. 245 00:15:37,688 --> 00:15:38,605 Ben feito. 246 00:15:46,905 --> 00:15:49,825 O helicóptero chegará en 12 minutos. 247 00:15:50,409 --> 00:15:52,619 Ben. Que tal a túa cabeza? 248 00:15:53,203 --> 00:15:54,121 Mellor. 249 00:15:54,705 --> 00:15:57,582 E a túa? Non foi unha decisión fácil. 250 00:15:58,166 --> 00:15:59,126 Pois non. 251 00:16:00,002 --> 00:16:01,044 Papá... 252 00:16:03,797 --> 00:16:09,177 levo tempo culpándote de cousas das que non es responsable. 253 00:16:10,053 --> 00:16:14,516 Supoño que me negaba a aceptar a miña parte de culpa. 254 00:16:15,225 --> 00:16:16,601 Comporteime fatal. 255 00:16:17,936 --> 00:16:19,604 E non é xusto. Síntoo. 256 00:16:21,023 --> 00:16:22,107 Eu tamén o sinto. 257 00:16:23,150 --> 00:16:24,651 Tamén foi culpa miña. 258 00:16:24,651 --> 00:16:27,779 Falo en serio. Non debín meterme nos teus asuntos. 259 00:16:27,779 --> 00:16:30,282 Debín manterme á marxe. Fíxeno mal. 260 00:16:30,282 --> 00:16:33,076 Como o chaman? Pai escolta? 261 00:16:33,618 --> 00:16:34,453 Sobreprotector. 262 00:16:35,787 --> 00:16:41,043 Se alguén che intenta facer dano, terá unha bonita charla cos meus puños. 263 00:16:41,918 --> 00:16:45,380 Pero enténdeme, fago todo iso porque te quero moito. 264 00:16:46,298 --> 00:16:47,132 Pero... 265 00:16:47,716 --> 00:16:49,634 sei que non é unha escusa. 266 00:16:51,011 --> 00:16:54,222 E non é o único erro que debo admitir. 267 00:16:57,017 --> 00:16:58,602 "Iso é así e iso é todo?" 268 00:16:59,853 --> 00:17:00,687 Si? 269 00:17:00,687 --> 00:17:03,440 Roubeina de Tira a mamá do tren. 270 00:17:05,025 --> 00:17:05,901 Sabíao. 271 00:17:05,901 --> 00:17:07,444 Encántame Danny DeVito. 272 00:17:07,444 --> 00:17:08,945 É tan pequeniño. 273 00:17:08,945 --> 00:17:10,947 Quero metermo no peto. 274 00:17:17,079 --> 00:17:17,913 Barry. 275 00:17:18,622 --> 00:17:22,375 Recibín unha mensaxe da NSA de que cancelaron o meu traslado. 276 00:17:22,375 --> 00:17:23,335 Podo quedarme. 277 00:17:23,335 --> 00:17:24,878 É fantástico. 278 00:17:27,255 --> 00:17:28,757 Queres contarme algo? 279 00:17:29,633 --> 00:17:31,134 Quen sabe. 280 00:17:31,134 --> 00:17:32,844 A burocracia gobernamental. 281 00:17:35,347 --> 00:17:36,181 Seino todo. 282 00:17:37,140 --> 00:17:39,309 Vinte por aí facendo chamadas. 283 00:17:39,893 --> 00:17:42,020 Que fixeches por min, Barry Putt? 284 00:17:42,020 --> 00:17:43,522 Só me custou un cómic. 285 00:17:43,522 --> 00:17:46,316 O tomo 298 de Amazing Spider-Man. 286 00:17:46,316 --> 00:17:48,443 Feito a lapis por Todd McFarlane. 287 00:17:48,443 --> 00:17:49,736 "Don't Worry Be Happy." 288 00:17:49,736 --> 00:17:51,029 Ese é Bobby McFerrin. 289 00:17:51,029 --> 00:17:51,947 Vale. 290 00:17:52,614 --> 00:17:56,451 A obra de Todd McFarlane ten unha beleza moi delicada. 291 00:17:56,451 --> 00:17:59,704 Desde o momento en que o vin, 292 00:18:01,998 --> 00:18:03,166 pareceume especial. 293 00:18:13,176 --> 00:18:14,845 Respondéronme os do cuartel. 294 00:18:14,845 --> 00:18:18,348 A ambulancia está na pista e o cirurxián está á espera. 295 00:18:18,348 --> 00:18:20,600 Non quero a ambulancia. Lévame ti. 296 00:18:20,600 --> 00:18:22,477 Non discutas coa Dra. Roo. 297 00:18:22,477 --> 00:18:24,312 Sube á ambulancia sen protestar. 298 00:18:24,312 --> 00:18:27,524 - Menos ordes, princesiña. - Estou da túa parte. 299 00:18:27,524 --> 00:18:30,068 Aínda teño un bote de mexo nas mans, 300 00:18:31,194 --> 00:18:32,654 así que non me andes con lerias. 301 00:18:32,654 --> 00:18:35,365 - Podes deixar de finxir. - Finxir o que? 302 00:18:35,365 --> 00:18:36,408 Que me odias. 303 00:18:36,408 --> 00:18:39,995 Estiveses drogada ou non, dixéchesme cousas moi bonitas. 304 00:18:39,995 --> 00:18:42,706 - Sabes que significa? - Que che vou dar unha malleira? 305 00:18:42,706 --> 00:18:46,459 Que no fondo che caio ben, así que somos amigas. 306 00:18:47,878 --> 00:18:50,714 Pero iso non significa que nos vaiamos maquillar xuntas 307 00:18:50,714 --> 00:18:52,841 para gravar vídeos de TikTok. 308 00:18:52,841 --> 00:18:54,467 - Entendido? - Entendido. 309 00:18:54,467 --> 00:18:55,760 Deixando iso claro, 310 00:18:56,887 --> 00:18:58,930 alégrome de que non acabaras feita pedaciños. 311 00:19:00,056 --> 00:19:00,891 Bo cumprido. 312 00:19:09,274 --> 00:19:11,109 Tiña razón. 313 00:19:12,527 --> 00:19:16,114 Aínda que non o vía coma o meu fillo, 314 00:19:16,114 --> 00:19:18,283 era un rapaz do que me preocupaba, 315 00:19:18,283 --> 00:19:23,580 e non me podo sacar da cabeza a idea de que debín facer algo para detelo 316 00:19:24,247 --> 00:19:26,082 e evitar que tomara ese camiño. 317 00:19:26,082 --> 00:19:27,792 Papá, Boro era maiorciño. 318 00:19:27,792 --> 00:19:29,669 Todo o que lle pasou na vida 319 00:19:30,921 --> 00:19:31,963 é culpa súa. 320 00:19:33,465 --> 00:19:34,299 Tes razón. 321 00:19:36,635 --> 00:19:37,761 Chegara a súa hora. 322 00:19:42,098 --> 00:19:43,767 As mensaxes son escasas, 323 00:19:43,767 --> 00:19:45,477 algunha de cando en vez. 324 00:19:45,477 --> 00:19:49,147 Tina estivo vixiando, pero todo apunta á mesma conclusión. 325 00:19:49,147 --> 00:19:52,025 Lape Pa Lanmo deuse á fuga. 326 00:19:52,025 --> 00:19:55,654 A comuna está desarmada, rota e anulada. 327 00:19:55,654 --> 00:19:57,280 Que boas noticias. 328 00:19:57,280 --> 00:20:02,869 Sen embargo, revisei o informe final e hai algo que non acabo de entender. 329 00:20:03,787 --> 00:20:04,621 O que? 330 00:20:04,621 --> 00:20:07,123 Estaba en apuros en Sardovia. 331 00:20:07,123 --> 00:20:09,834 Atrapada baixo terra nun tugurio radioactivo, 332 00:20:09,834 --> 00:20:11,711 encerrada cun asasino psicópata, 333 00:20:11,711 --> 00:20:15,215 rodeada do material adecuado para improvisar armas. 334 00:20:15,215 --> 00:20:17,801 O instinto de supervivencia puido apoderarse de vostede, 335 00:20:17,801 --> 00:20:20,220 levándose a cabo unha matanza, 336 00:20:20,220 --> 00:20:23,765 e o seu testudo pai seguiría buscándoa, 337 00:20:23,765 --> 00:20:25,267 e seguramente morrería. 338 00:20:25,850 --> 00:20:28,186 Pero nalgún momento, 339 00:20:28,186 --> 00:20:31,856 vostede e Boro, contra todo prognóstico, 340 00:20:31,856 --> 00:20:34,359 traballaron xuntos para intentar escapar. 341 00:20:34,359 --> 00:20:36,152 Así que debo preguntar, 342 00:20:37,028 --> 00:20:38,571 como chegaron a ese punto? 343 00:20:39,656 --> 00:20:41,366 Convencino para colaborar. 344 00:20:41,366 --> 00:20:44,786 E como diantres o fixo? 345 00:20:45,453 --> 00:20:46,579 Razoei con el. 346 00:20:47,497 --> 00:20:48,331 Entendo. 347 00:20:48,331 --> 00:20:51,876 Xa non queda nada daquela impulsiva axente sen escrúpulos 348 00:20:51,876 --> 00:20:54,421 que tivemos que rescatar de Güiana. 349 00:20:54,421 --> 00:20:58,258 Esperamos que esta nova mentalidade a axude co seu novo destino. 350 00:20:58,258 --> 00:20:59,551 Novo destino? 351 00:20:59,551 --> 00:21:03,513 De acordo cos informes de progreso que recibín do seu superior, 352 00:21:04,139 --> 00:21:06,474 cre que lle irá ben pola súa conta de novo. 353 00:21:06,474 --> 00:21:08,518 - E eu tamén. - Papá. 354 00:21:08,518 --> 00:21:12,272 Preferiría que foses unha bibliotecaria ou algo así, pero... 355 00:21:14,357 --> 00:21:17,110 sendo sincero, se queres seguir neste traballo, 356 00:21:18,486 --> 00:21:19,863 xa non me necesitas. 357 00:21:19,863 --> 00:21:22,490 - Si que te necesito. - Non. 358 00:21:23,366 --> 00:21:24,784 Síntome afagada, 359 00:21:24,784 --> 00:21:27,454 e aínda que nunca pensei que diría isto, 360 00:21:28,830 --> 00:21:31,249 aprendín unha burrada traballando con el. 361 00:21:31,833 --> 00:21:33,376 Como lidera o equipo, 362 00:21:33,376 --> 00:21:34,878 como mantén a calma, 363 00:21:34,878 --> 00:21:37,756 como degolar a un home para que se desangre máis rápido. 364 00:21:40,175 --> 00:21:41,885 Quero quedarme no seu equipo. 365 00:21:42,469 --> 00:21:43,553 Non podes, ruliña. 366 00:21:44,179 --> 00:21:45,305 Voume xubilar. 367 00:21:45,305 --> 00:21:47,557 Volveron presentar a miña baixa. 368 00:21:50,727 --> 00:21:51,853 É a túa nai. 369 00:21:52,604 --> 00:21:53,480 Desculpe. 370 00:21:55,940 --> 00:21:58,610 Tally, que tal? Alégrome de falar contigo. 371 00:21:59,611 --> 00:22:00,737 Si, é verdade. 372 00:22:05,116 --> 00:22:06,242 Que fixeches que? 373 00:22:07,369 --> 00:22:10,205 {\an8}MESES DESPOIS 374 00:22:10,789 --> 00:22:12,665 Listo. Fóra imperfeccións. 375 00:22:12,665 --> 00:22:14,167 Un gran o día da voda. 376 00:22:15,126 --> 00:22:16,211 Serán os nervios. 377 00:22:16,795 --> 00:22:19,381 Estás preciosa, avoa. A que si? 378 00:22:21,049 --> 00:22:22,133 Moi guapa. 379 00:22:23,009 --> 00:22:26,221 - Miña rula, pareces unha princesa. - Grazas. 380 00:22:26,221 --> 00:22:27,931 Estás preciosa, mamá. 381 00:22:29,682 --> 00:22:30,600 Toc, toc. 382 00:22:30,600 --> 00:22:33,019 Non podes ver a noiva antes da voda. 383 00:22:33,019 --> 00:22:35,897 Pero xa a vin miles de veces antes da voda. 384 00:22:36,481 --> 00:22:37,982 Pero nunca desta maneira. 385 00:22:37,982 --> 00:22:39,484 Estás impresionante. 386 00:22:39,484 --> 00:22:40,985 Pero teño un gran. 387 00:22:41,986 --> 00:22:47,033 E eu teño a certeza de que hoxe vai ser o mellor día da miña vida. 388 00:22:47,617 --> 00:22:50,870 Só vos viña dicir que os colegas se dirixen á igrexa, 389 00:22:50,870 --> 00:22:52,622 así que nos vemos enseguida. 390 00:22:52,622 --> 00:22:53,873 Espérote no altar, 391 00:22:53,873 --> 00:22:55,708 pero non me deixes plantado. 392 00:22:56,751 --> 00:22:57,710 Non son unha flor. 393 00:23:00,880 --> 00:23:04,008 - Marcho. - Vale. Vémonos alí. 394 00:23:07,178 --> 00:23:09,013 - Mamá, estás ben? - Moi ben. 395 00:23:09,681 --> 00:23:10,640 Desde logo. 396 00:23:19,441 --> 00:23:22,235 Que pasa, rapaces? Traio o betume. 397 00:23:22,235 --> 00:23:24,737 Cor medianoite, non o confundas co vilán Medianoite, 398 00:23:24,737 --> 00:23:27,031 inimigo do Cabaleiro Lúa, superheroe de Marvel. 399 00:23:27,031 --> 00:23:28,700 Fantástico. Moitas grazas. 400 00:23:29,492 --> 00:23:31,911 Tíos, non o ides crer. Estou alucinando. 401 00:23:31,911 --> 00:23:34,330 Negociei cunha cadea de tinturarías. 402 00:23:34,330 --> 00:23:37,125 Cren que coa miña aplicación poden organizar o inventario. 403 00:23:37,125 --> 00:23:39,252 Queren comprala por 4,8 millóns. 404 00:23:39,252 --> 00:23:40,879 Tanta pasta por unha aplicación? 405 00:23:40,879 --> 00:23:42,464 Si, por MeuCorredor. 406 00:23:42,464 --> 00:23:44,674 Os investimentos multiplícanse por oito. 407 00:23:45,258 --> 00:23:48,011 Entón acabo de gañar 70 dos grandes? 408 00:23:48,011 --> 00:23:53,308 Para ser exactos, 70 432,18 dólares. 409 00:23:53,308 --> 00:23:54,434 Que pasada! 410 00:23:54,434 --> 00:23:56,394 - Parabéns! - Es millonario! 411 00:23:57,854 --> 00:24:02,275 Pois o teu tío botoulle o ollo á gaiola orixinal do mogwai de Gremlins. 412 00:24:03,776 --> 00:24:06,571 Mellor deixemos isto para mañá, non si? 413 00:24:06,571 --> 00:24:09,532 Hoxe é o día de mamá. Non lle quero roubar o protagonismo. 414 00:24:09,532 --> 00:24:10,575 Ben pensado. 415 00:24:12,285 --> 00:24:14,579 Este home non sabe cando parar. 416 00:24:15,246 --> 00:24:16,206 Ola a todos. 417 00:24:16,206 --> 00:24:17,999 - Ola, Luke. - Que tal? 418 00:24:17,999 --> 00:24:19,042 Veño en son de paz. 419 00:24:19,709 --> 00:24:22,629 Só vos quería desexar a todos un bo día. 420 00:24:23,129 --> 00:24:26,007 Trouxen unhas flores para a noiva. 421 00:24:26,716 --> 00:24:28,676 Luke, es moi amable. Grazas. 422 00:24:28,676 --> 00:24:30,887 - E parabéns, Donnie. - Grazas. 423 00:24:30,887 --> 00:24:32,430 Dígocho por experiencia, 424 00:24:32,430 --> 00:24:35,141 casar con Tally será o mellor da túa vida. 425 00:24:35,141 --> 00:24:37,769 - Xa. - Alégrome de que atopara un bo home. 426 00:24:37,769 --> 00:24:39,729 Agradezo as túas palabras. 427 00:24:39,729 --> 00:24:43,233 Decepcionounos saber que non virías á cerimonia. 428 00:24:43,233 --> 00:24:46,861 É algo íntimo, pero hai sitio para un mangallón coma ti. 429 00:24:46,861 --> 00:24:50,114 Agradézocho, pero hoxe é o voso día. 430 00:24:50,114 --> 00:24:52,408 Por se cambias de idea, 431 00:24:52,408 --> 00:24:54,744 o banquete é en Luigi's. Estás máis que invitado. 432 00:24:54,744 --> 00:24:56,538 - Temos que marchar. - Grazas. 433 00:24:56,538 --> 00:24:57,997 - Grazas, Luke. - Adeus. 434 00:24:57,997 --> 00:24:59,791 Estou orgulloso de ti, papá. 435 00:25:00,542 --> 00:25:01,459 Grazas. 436 00:25:01,459 --> 00:25:02,377 Vémonos. 437 00:25:04,712 --> 00:25:05,922 Eu tamén o estou. 438 00:25:05,922 --> 00:25:07,465 Parece que o levas ben. 439 00:25:08,716 --> 00:25:10,635 Por dentro estou roto. 440 00:25:11,219 --> 00:25:12,136 Imaxinábamo. 441 00:25:14,973 --> 00:25:16,349 Síntoo moito, colega. 442 00:25:32,365 --> 00:25:33,199 Luke. 443 00:25:38,621 --> 00:25:39,455 Estás ben? 444 00:25:40,123 --> 00:25:41,374 Estupendamente. 445 00:25:45,211 --> 00:25:46,629 Estás preciosa. 446 00:25:48,089 --> 00:25:51,301 É coma un truco de maxia que me deixa sempre coa boca aberta. 447 00:25:51,301 --> 00:25:54,137 Es un encanto. 448 00:25:54,137 --> 00:25:55,930 Tróuxenche flores. 449 00:25:57,640 --> 00:25:58,516 Margaridas. 450 00:25:59,350 --> 00:26:00,476 As miñas favoritas. 451 00:26:01,603 --> 00:26:03,271 As mellores do supermercado. 452 00:26:06,566 --> 00:26:12,071 Só che quería dicir algo que probablemente xa dixen moitas veces. 453 00:26:12,071 --> 00:26:15,533 Sinto moitísimo facerte sufrir tanto. 454 00:26:16,284 --> 00:26:18,036 Desde que nos coñecemos, 455 00:26:18,036 --> 00:26:21,706 o único que quería era que foses feliz, 456 00:26:23,041 --> 00:26:25,043 e alégrome de que ese día chegase. 457 00:26:26,502 --> 00:26:27,462 Grazas, Luke. 458 00:26:33,051 --> 00:26:35,845 - Estarás ben? - Si, non te preocupes por min. 459 00:26:35,845 --> 00:26:39,641 Voume relaxar e tomar unha cervexa con Napoleón, 460 00:26:39,641 --> 00:26:43,603 Thomas Dewey, os Buffalo Bills, e tódolos perdedores da historia. 461 00:26:50,360 --> 00:26:51,778 Grazas por ser como es. 462 00:27:04,624 --> 00:27:07,043 - Pois iso é así e iso é todo. - En serio? 463 00:27:08,294 --> 00:27:10,880 - Volvícheslle romper o corazón. - Como dis? 464 00:27:10,880 --> 00:27:12,423 Intento facer o correcto. 465 00:27:12,423 --> 00:27:14,008 Pois só fas estupideces. 466 00:27:14,801 --> 00:27:17,679 Estaba borracha e cabreada cando lle propuxo matrimonio. 467 00:27:17,679 --> 00:27:20,890 Quizais o quere, pero non está namorada del. 468 00:27:22,642 --> 00:27:24,268 Non o entendes. 469 00:27:24,268 --> 00:27:28,981 Vin a mamá forzar un sorriso ante unha das estúpidas bromas de Donnie 470 00:27:28,981 --> 00:27:33,486 dous minutos antes de que a fixeras rir no día máis triste da súa vida. 471 00:27:35,488 --> 00:27:39,409 Segue namorada do teu estúpido cu austríaco. 472 00:27:40,618 --> 00:27:43,705 Ninguén a fai rir e desfrutar coma ti. 473 00:27:43,705 --> 00:27:45,331 Nin sufrir coma min. 474 00:27:45,331 --> 00:27:48,000 Sufría polo traballo, pero xa se acabou. 475 00:27:48,000 --> 00:27:50,837 Eles non están destinados a estar xuntos. 476 00:27:50,837 --> 00:27:54,257 Nunca os debín xuntar. Síntoo. 477 00:27:55,800 --> 00:27:56,926 Cagueina. 478 00:27:57,510 --> 00:27:58,720 Esa boca. 479 00:28:02,265 --> 00:28:03,641 Vas deixar que casen? 480 00:28:13,901 --> 00:28:14,736 Vémonos mañá. 481 00:28:18,281 --> 00:28:20,575 Mañá verás que o botaches todo a perder. 482 00:28:25,329 --> 00:28:26,164 Quérote. 483 00:28:42,430 --> 00:28:43,264 Merda. 484 00:28:43,264 --> 00:28:45,266 IGREXA CATÓLICA DE SAN XOSÉ 485 00:28:49,771 --> 00:28:51,355 - Anda, ola. - Ola. 486 00:28:52,106 --> 00:28:55,693 Que ben. Esperaba poder verte tocar hoxe. 487 00:28:55,693 --> 00:28:56,611 Pois si. 488 00:28:56,611 --> 00:29:00,031 Levo tempo sen tocar en público, pero pediumo a miña nai. 489 00:29:00,031 --> 00:29:01,783 Faralo xenial. 490 00:29:01,783 --> 00:29:03,951 Non soará tan ben coma un Raphael Carmellini. 491 00:29:03,951 --> 00:29:08,164 Por certo, grazas por devolverme o outro violín. 492 00:29:09,457 --> 00:29:12,960 Por sorte puiden vendelo e saquei algo de beneficio. 493 00:29:12,960 --> 00:29:14,212 - Xenial. - Si. 494 00:29:14,921 --> 00:29:17,381 Quedarmo non me parecía correcto. 495 00:29:20,176 --> 00:29:21,552 Isto é algo incómodo. 496 00:29:21,552 --> 00:29:24,138 Iamos casar nesta igrexa. 497 00:29:24,138 --> 00:29:25,515 Moi incómodo. 498 00:29:27,683 --> 00:29:28,976 Estás con alguén? 499 00:29:28,976 --> 00:29:32,271 - Non, desfruto da vida de solteira. - Que ben. 500 00:29:35,149 --> 00:29:38,152 E ti? Segues quedando coa rapaza do golf? 501 00:29:38,152 --> 00:29:40,488 Bernadette. E era do crícket. 502 00:29:40,488 --> 00:29:44,283 Pero xa rompemos. 503 00:29:45,076 --> 00:29:46,911 Que pena. Síntoo. 504 00:29:46,911 --> 00:29:49,455 Non importa. É normal que a xente rompa. 505 00:29:49,455 --> 00:29:52,041 - Supoño que si. - En fin. 506 00:29:55,545 --> 00:29:56,546 Debería... 507 00:29:58,548 --> 00:30:01,175 - Alégrome de verte. - Eu tamén, Em. 508 00:30:05,221 --> 00:30:06,931 Aínda non rematei aquí. 509 00:30:07,515 --> 00:30:11,978 Queríame escapulir, pero os de Lape Pa Lanmo non calan. 510 00:30:11,978 --> 00:30:13,688 E de que están falando? 511 00:30:13,688 --> 00:30:15,356 As mensaxes seguen cifradas. 512 00:30:15,356 --> 00:30:20,027 Serán soldados tratando de localizar algúns activos non incautados de Boro. 513 00:30:20,653 --> 00:30:22,029 Dot quere que me ocupe. 514 00:30:22,613 --> 00:30:25,032 - Irei en canto poda. - Vale. 515 00:30:25,032 --> 00:30:27,660 Pero apresúrate que a voda vai empezar. 516 00:30:28,452 --> 00:30:30,413 Converteraste en Batman se faltas á misa. 517 00:30:31,831 --> 00:30:34,000 Serás Christian Bale. Píllalo? 518 00:30:34,500 --> 00:30:36,294 Unha cristiá baleira de fe. 519 00:30:36,294 --> 00:30:39,964 Son hindú e con esa broma perdo a fe nos deuses. 520 00:30:40,673 --> 00:30:41,591 Ata agora. 521 00:30:46,929 --> 00:30:48,097 Mal asunto. 522 00:30:50,141 --> 00:30:52,810 Non é boa idea. E se nos encerran de novo? 523 00:30:53,728 --> 00:30:56,814 Pasamos semanas na prisión por traficar con lagartos. 524 00:30:56,814 --> 00:30:58,774 Os cabróns tendéronnos unha trampa. 525 00:30:58,774 --> 00:31:00,860 - Travis, déixao estar... - Cala. 526 00:31:02,653 --> 00:31:04,530 Poñemos a gravadora no asento, 527 00:31:04,530 --> 00:31:07,909 pillámolos nun descoido e listo. Forza a puta fechadura. 528 00:31:09,285 --> 00:31:10,244 Eu cúbrote. 529 00:31:17,168 --> 00:31:18,336 Luke. 530 00:31:19,795 --> 00:31:23,174 - Que fas aquí? - Arranxar o erro que cometín hai décadas. 531 00:31:24,258 --> 00:31:26,052 Estou namorado de ti, Talulah, 532 00:31:26,052 --> 00:31:29,972 pero levo anos mentíndoche, e quero contarche a verdade. 533 00:31:31,349 --> 00:31:34,143 Se despois aínda queres casar con Donnie, 534 00:31:34,143 --> 00:31:36,687 non me interpoñerei no teu camiño. 535 00:31:38,105 --> 00:31:39,523 Manda carallo. 536 00:31:40,107 --> 00:31:44,445 Apareces minutos antes da voda como se foses un bo samaritano 537 00:31:44,445 --> 00:31:47,031 para contarme dunha vez a verdade? 538 00:31:47,031 --> 00:31:48,699 Afórroche o mal trago. 539 00:31:49,283 --> 00:31:55,373 Nada do que poidas dicir fará que cambie de opinión ou crea que... 540 00:31:55,373 --> 00:31:58,960 Son un espía da CIA desde antes de coñecernos. 541 00:31:58,960 --> 00:32:02,296 Nunca vendín material deportivo. Iso eran bobadas. 542 00:32:02,296 --> 00:32:05,633 Non estaba contigo porque tiña misións internacionais 543 00:32:05,633 --> 00:32:07,885 para acabar con delincuentes. 544 00:32:08,469 --> 00:32:11,764 E oculteino porque quería protexer á miña familia. 545 00:32:12,473 --> 00:32:15,434 Pero agora xa se acabou para sempre. 546 00:32:16,143 --> 00:32:18,020 Mira, atenta. 547 00:32:19,063 --> 00:32:22,692 É a medalla do Premio Nacional ao Servizo Distinguido. 548 00:32:24,568 --> 00:32:26,237 Non a dan cos Cheetos. 549 00:32:26,862 --> 00:32:28,864 Por favor, 550 00:32:29,448 --> 00:32:30,992 non te cases con Donnie. 551 00:33:01,105 --> 00:33:02,982 ALERTA 552 00:33:02,982 --> 00:33:03,941 Merda. 553 00:33:09,864 --> 00:33:11,157 Barry! 554 00:33:13,576 --> 00:33:14,618 Contestador! 555 00:33:27,006 --> 00:33:29,050 Espera! Teño unha idea. 556 00:33:37,016 --> 00:33:37,850 Ide rañala. 557 00:33:40,686 --> 00:33:43,773 Sei que é moito que asimilar, 558 00:33:43,773 --> 00:33:45,107 pero demostrareicho. 559 00:33:45,608 --> 00:33:48,069 Son imaxes dunha redada en Mozambique. 560 00:33:48,069 --> 00:33:49,904 Cando me perdín o bautizo? 561 00:33:49,904 --> 00:33:51,238 - Recordas? - Si. 562 00:33:51,238 --> 00:33:55,326 Advírtote de que as imaxes son moi sanguentas e escabrosas. 563 00:33:55,951 --> 00:33:57,411 Matei a moita xente. 564 00:33:57,411 --> 00:33:58,329 - Como? - Si. 565 00:33:58,329 --> 00:33:59,580 Pero eran uns cabróns. 566 00:34:00,498 --> 00:34:01,332 En serio? 567 00:34:01,332 --> 00:34:05,211 Tes que crerme, estiven namorado de ti tódolos días. 568 00:34:06,504 --> 00:34:07,880 E prométoche... 569 00:34:07,880 --> 00:34:08,798 Ao chan! 570 00:34:11,675 --> 00:34:12,551 Un coche bomba. 571 00:34:17,181 --> 00:34:19,558 Non te levantes. Vou polos rapaces. 572 00:34:20,059 --> 00:34:22,770 Mantede a calma todos, non pasa nada. 573 00:34:25,397 --> 00:34:27,858 Vou buscar ao teu pai. Está detrás coa túa nai. 574 00:34:27,858 --> 00:34:28,984 Como? 575 00:34:28,984 --> 00:34:31,946 Emma, que fas cunha pistola? 576 00:34:36,283 --> 00:34:37,159 Agachádevos! 577 00:35:45,853 --> 00:35:48,355 Adiante, manifesten as súas emocións. 578 00:35:49,023 --> 00:35:50,107 Vale. 579 00:35:51,358 --> 00:35:54,612 Non debín xubilarme. Non debín abandonar ós meus amigos. 580 00:35:55,196 --> 00:35:56,405 Equivoqueime, Aldon. 581 00:35:56,947 --> 00:35:58,407 Serías un xenro estupendo. 582 00:35:58,407 --> 00:35:59,950 Quero que cases con Emma 583 00:35:59,950 --> 00:36:02,995 e que teñades moitos fillos para facerme avó. 584 00:36:02,995 --> 00:36:05,789 Moi ben. Bo comezo. Roo, é a súa rolda. 585 00:36:06,373 --> 00:36:08,959 Nunca biquei a unha muller, 586 00:36:08,959 --> 00:36:11,086 pero creo que serías boa profesora... 587 00:36:11,086 --> 00:36:13,130 Rapaces! Tedes que ir á igrexa! 588 00:36:27,061 --> 00:36:28,103 Non podo falar. 589 00:36:28,771 --> 00:36:29,980 Non, síntoo. 590 00:36:31,065 --> 00:36:32,149 É un mal momento. 591 00:36:34,235 --> 00:36:35,486 Chámote logo. 592 00:36:36,403 --> 00:36:37,947 Teño un asunto entre mans. 593 00:37:02,012 --> 00:37:03,514 Está todo controlado. 594 00:37:03,514 --> 00:37:04,640 Non hai perigo. 595 00:37:30,833 --> 00:37:31,750 Mamá. 596 00:37:34,128 --> 00:37:35,129 Boro? 597 00:37:35,713 --> 00:37:37,131 Lembras esta harmónica? 598 00:37:37,715 --> 00:37:40,175 Regaláchesma cando aínda me querías. 599 00:37:40,175 --> 00:37:42,219 Como carallo nos atopaches? 600 00:37:42,219 --> 00:37:44,138 O anel da túa filla? 601 00:37:44,722 --> 00:37:47,016 Busquei o nome de Emma 602 00:37:47,516 --> 00:37:49,310 nos anuncios de compromisos. 603 00:37:49,310 --> 00:37:52,896 Un rapaz posto de Red Bull ata o cu atopou un no periódico. 604 00:37:55,107 --> 00:37:56,483 Pero non da voda de Emma... 605 00:37:59,069 --> 00:38:00,321 senón da súa nai. 606 00:38:00,946 --> 00:38:03,115 Emma Brunner era unha dama de honra. 607 00:38:03,615 --> 00:38:06,076 Co seu nome foi fácil atopar ao seu pai. 608 00:38:08,120 --> 00:38:10,289 Luke Brunner. 609 00:38:10,956 --> 00:38:12,416 Vendedor de material deportivo. 610 00:38:13,000 --> 00:38:16,712 Tardaron dous días en rescatarme, pero valeu a pena que me enterraras vivo. 611 00:38:17,713 --> 00:38:19,465 E a intoxicación pola radiación. 612 00:38:19,965 --> 00:38:23,761 Sobrevivín a base de sangue de rata e odio. 613 00:38:24,636 --> 00:38:25,721 Tranquila, Tally. 614 00:38:25,721 --> 00:38:27,598 Non te quere a ti. 615 00:38:27,598 --> 00:38:28,849 Quéreme a min. 616 00:38:28,849 --> 00:38:30,517 Non é de todo certo. 617 00:38:31,101 --> 00:38:33,896 O plan era facela voar polo aire despois da voda 618 00:38:34,772 --> 00:38:38,359 e cargarme ao resto da familia mentres corrían a axudala. 619 00:38:40,736 --> 00:38:43,322 Pero gústavos arruinar os meus plans. 620 00:38:43,322 --> 00:38:47,242 Eu fun quen te traizoou, así que déixaa ir e mátame. 621 00:38:47,826 --> 00:38:49,161 Acabemos dunha vez. 622 00:38:49,161 --> 00:38:50,746 Que dis, Bengal? 623 00:38:51,830 --> 00:38:53,832 Non me chames así! 624 00:38:53,832 --> 00:38:55,667 Non finxas que che importo! 625 00:38:57,836 --> 00:38:59,296 Mira o que me fixeches. 626 00:38:59,880 --> 00:39:01,090 Queres que se acabe? 627 00:39:01,090 --> 00:39:02,466 Só hai unha solución. 628 00:39:03,509 --> 00:39:04,760 Unha solución xusta. 629 00:39:05,928 --> 00:39:08,639 Vós, os dous embusteiros! 630 00:39:09,306 --> 00:39:10,391 Fronte a fronte. 631 00:39:11,016 --> 00:39:14,019 Collede as armas e apuntádeas á cabeza do outro, 632 00:39:15,979 --> 00:39:17,898 e apertaredes o gatillo xuntos. 633 00:39:17,898 --> 00:39:19,233 Por favor, non! 634 00:39:20,067 --> 00:39:22,277 Facédeo e ela vivirá. 635 00:39:23,904 --> 00:39:27,658 Se non, mátoa agora mesmo. 636 00:39:27,658 --> 00:39:28,867 Mamá, é culpa nosa. 637 00:39:28,867 --> 00:39:29,868 Miña nena. 638 00:39:38,377 --> 00:39:39,378 Non. 639 00:39:39,378 --> 00:39:41,088 Quérote, ruliña. 640 00:39:42,506 --> 00:39:43,340 Quérote, papá. 641 00:39:45,509 --> 00:39:46,343 Non! 642 00:39:46,343 --> 00:39:49,638 Tally, es o amor da miña vida. 643 00:39:49,638 --> 00:39:51,974 Con todo o que sufriches comigo, 644 00:39:53,434 --> 00:39:54,768 mereces unha medalla. 645 00:39:56,854 --> 00:39:58,105 Escóitasme, Tally? 646 00:39:58,730 --> 00:39:59,606 Unha medalla. 647 00:40:35,100 --> 00:40:35,934 Morto. 648 00:40:40,606 --> 00:40:42,483 É do cuartel xeral. Ola? 649 00:40:42,483 --> 00:40:43,817 Difundiron os vosos nomes. 650 00:40:43,817 --> 00:40:45,736 Estades todos en perigo. 651 00:40:45,736 --> 00:40:48,780 Recibiredes unha furgoneta en menos de 20 segundos. 652 00:40:51,783 --> 00:40:53,619 Todos á furgoneta agora mesmo! 653 00:40:54,828 --> 00:40:56,788 - Falta Tina! - Estamos en perigo. 654 00:40:57,372 --> 00:41:00,292 Tina non quere que morras. Sube o cu á furgoneta. 655 00:41:03,921 --> 00:41:05,714 - Vamos. - Estamos dentro. 656 00:41:11,178 --> 00:41:13,931 Sodes todos da CIA? 657 00:41:13,931 --> 00:41:16,016 Non, só eu. 658 00:41:16,016 --> 00:41:17,100 E Luke. 659 00:41:18,519 --> 00:41:20,062 E Emma. 660 00:41:20,062 --> 00:41:22,523 - E eu. - E comigo somos cinco, Sra. B. 661 00:41:22,523 --> 00:41:23,815 Desembucha, xefe. 662 00:41:23,815 --> 00:41:24,858 É moi grave? 663 00:41:25,567 --> 00:41:27,694 Boro era un terrorista internacional 664 00:41:27,694 --> 00:41:29,738 e tíñanola xurada a Emma e a min. 665 00:41:29,738 --> 00:41:32,658 A saber desde cando coñece a nosa identidade. 666 00:41:32,658 --> 00:41:36,745 Puido vender a nosa información a tódolos nosos inimigos. 667 00:41:36,745 --> 00:41:38,622 Quero ir a casa. 668 00:41:38,622 --> 00:41:40,082 - Non podes. - Por que? 669 00:41:40,082 --> 00:41:43,669 As nosas casas, os nosas contas bancarias, os nosos bens, 670 00:41:44,336 --> 00:41:46,171 non nos podemos achegar a eles. 671 00:41:46,171 --> 00:41:47,798 Podería haber terroristas... 672 00:41:47,798 --> 00:41:49,925 - Traficantes de persoas. - E de droga. 673 00:41:49,925 --> 00:41:51,176 Asasinos. 674 00:41:51,176 --> 00:41:53,637 ...arredor do planeta seguíndonos a pista, 675 00:41:53,637 --> 00:41:54,846 esperando a atacar. 676 00:41:55,514 --> 00:41:57,641 Quedamos co cu ao aire. 677 00:41:58,183 --> 00:41:59,518 Ningún lugar é seguro. 678 00:42:00,602 --> 00:42:01,937 E agora que facemos? 679 00:42:03,313 --> 00:42:04,273 Non sei. 680 00:42:07,276 --> 00:42:08,819 Estamos fodidos. 681 00:44:05,894 --> 00:44:09,690 Subtítulos: Selena González Rodríguez