1 00:00:06,048 --> 00:00:08,175 Previamente en Inseparables... 2 00:00:08,175 --> 00:00:09,510 Imos ter un bebé. 3 00:00:09,510 --> 00:00:10,803 - Seino. - Un bebé. 4 00:00:10,928 --> 00:00:12,430 - Seino. - Un bebé! 5 00:00:14,974 --> 00:00:18,811 E Elliot non está aquí para estragalo. Ai, Deus! 6 00:00:21,063 --> 00:00:24,108 Xa expiaches a culpa por asasinar a anciás. 7 00:00:24,108 --> 00:00:26,152 Como dixeches: Nunca ocorreu. 8 00:00:26,152 --> 00:00:29,822 Non hai cadáver. Só foi unha mala viaxe. 9 00:00:30,448 --> 00:00:33,534 Centros de maternidade por todo o país. Pa, pa, pa! 10 00:00:33,534 --> 00:00:34,785 Que investigas? 11 00:00:34,785 --> 00:00:35,745 Carallo. 12 00:00:35,745 --> 00:00:36,662 Todo. 13 00:00:36,662 --> 00:00:37,621 Queres unha cobaia? 14 00:00:37,621 --> 00:00:39,707 Por que non pides cita? 15 00:00:39,707 --> 00:00:42,126 Ás veces, turnámonos. 16 00:00:42,126 --> 00:00:44,420 Quería conseguirche, así que o fixen. 17 00:00:44,420 --> 00:00:46,380 Genevieve. 18 00:00:48,632 --> 00:00:49,550 Non. 19 00:01:31,717 --> 00:01:33,093 Beverly. 20 00:01:40,518 --> 00:01:43,604 Non escribín unha palabra en 17 meses. 21 00:01:45,481 --> 00:01:50,069 Ningunha. E non esaxero. 22 00:01:51,862 --> 00:01:55,491 Non collín papel e bolígrafo en todo este tempo. 23 00:01:56,325 --> 00:02:01,956 Enfermei de ansiedade e suminme nun tipo de depresión. 24 00:02:02,081 --> 00:02:04,416 Estaba apático, irascible. 25 00:02:05,793 --> 00:02:09,588 Desencanteime do mundo e de todos os que están nel, 26 00:02:09,713 --> 00:02:10,840 mais, sobre todo, 27 00:02:12,299 --> 00:02:14,134 de min. 28 00:02:14,260 --> 00:02:15,469 Ata que... 29 00:02:17,680 --> 00:02:21,767 INSEPARABLES 30 00:02:21,767 --> 00:02:22,977 Preciso un favor. 31 00:02:22,977 --> 00:02:25,062 - Ola, Rebecca. - Non fagas iso. 32 00:02:25,187 --> 00:02:28,107 - Como estades Susan e ti...? - Non cha vou cuspir 33 00:02:28,107 --> 00:02:29,692 antes de meterma, Silas. 34 00:02:29,817 --> 00:02:31,318 Preciso un artigo. 35 00:02:31,569 --> 00:02:32,486 Non, síntoo. 36 00:02:32,486 --> 00:02:35,114 "As Mantle: peculiares doutoras de vaxinas." 37 00:02:35,239 --> 00:02:37,449 - Bonito titular. - Un artigo adulador. 38 00:02:37,575 --> 00:02:41,036 Imos abrir unha clínica de maternidade en Alabama. 39 00:02:41,036 --> 00:02:43,914 Sígueas, escribe sobre a puta marabilla que son. 40 00:02:43,914 --> 00:02:46,750 - Non. - Non é unha petición. 41 00:02:46,750 --> 00:02:49,003 Non podes darte o luxo de rexeitalo. 42 00:02:50,838 --> 00:02:52,089 Ola. 43 00:03:06,395 --> 00:03:07,438 Estás ben? 44 00:03:09,481 --> 00:03:12,109 - Segura? - Si. 45 00:03:14,153 --> 00:03:15,988 É un milagre. 46 00:03:17,072 --> 00:03:19,700 Cres nos milagres, Beverly? 47 00:03:24,997 --> 00:03:27,958 Adéntrate no bosque. 48 00:03:29,585 --> 00:03:33,255 Escoita o triscar das follas baixo os pés. 49 00:03:33,255 --> 00:03:39,345 Das follas, ramas e terra suave e fértil entre os dedos dos pés. 50 00:03:39,345 --> 00:03:41,639 Alza a vista 51 00:03:42,848 --> 00:03:46,477 ó verde, ós paxaros e ó ceo azul. 52 00:03:46,810 --> 00:03:49,313 Máis alá das árbores. 53 00:03:50,773 --> 00:03:52,900 Coloca as mans sobre o bebé. 54 00:03:54,151 --> 00:03:56,862 Inhala profundamente. 55 00:04:02,159 --> 00:04:03,619 Exhala completamente. 56 00:04:05,162 --> 00:04:09,667 Camiña ata a claridade. Escoita o son da fervenza. 57 00:04:13,087 --> 00:04:15,547 Aí está, xusto diante. 58 00:04:17,007 --> 00:04:19,176 Sinte o sol nos ombreiros, 59 00:04:19,802 --> 00:04:23,055 nas costas e no ventre. 60 00:04:23,639 --> 00:04:26,100 Aí vén a luz. 61 00:04:26,850 --> 00:04:29,061 Aí vén a luz. 62 00:04:32,314 --> 00:04:33,857 Vai todo ben? 63 00:04:34,441 --> 00:04:36,276 Xa tes as maletas feitas. 64 00:04:36,402 --> 00:04:40,280 - Bárbaro. Grazas. - Desfrútao moito. 65 00:04:53,419 --> 00:04:54,336 Estás ben? 66 00:04:57,131 --> 00:04:58,549 Estás contenta? 67 00:05:05,639 --> 00:05:07,057 Quérote, Elly. 68 00:05:09,643 --> 00:05:11,020 Irmanciña. 69 00:05:22,031 --> 00:05:23,824 - Isto é... - Perfecto. 70 00:05:23,824 --> 00:05:24,950 Dirás horrible. 71 00:05:24,950 --> 00:05:28,829 Si. Imos directiños ó inferno. 72 00:05:31,540 --> 00:05:33,792 Describiríaste como unha adicta? 73 00:05:34,043 --> 00:05:35,461 - Non. - Non! 74 00:05:35,586 --> 00:05:37,296 Non estás en rehabilitación? 75 00:05:37,296 --> 00:05:41,341 - Eu nunca o diría así. - Falas como unha adicta. 76 00:05:41,967 --> 00:05:43,260 Estás nun programa? 77 00:05:43,260 --> 00:05:44,386 - Non. - Non. 78 00:05:44,386 --> 00:05:45,554 - Tes padriño? - Non. 79 00:05:45,679 --> 00:05:48,182 - Grupo de apoio? - Teño á miña irma. 80 00:05:50,350 --> 00:05:54,188 E xa está? É todo o teu grupo de apoio? 81 00:05:54,188 --> 00:05:57,983 É imposible explicar esta relación a alguén que non está nela. 82 00:05:58,692 --> 00:06:00,569 Non precisamos a ninguén máis. 83 00:06:00,569 --> 00:06:02,696 - Sempre foi así. - Non era saudable. 84 00:06:02,863 --> 00:06:04,406 A bebida, as drogas. 85 00:06:04,531 --> 00:06:05,741 Non era divertido. 86 00:06:06,575 --> 00:06:07,659 De verdade? 87 00:06:08,327 --> 00:06:09,953 Alucinaba, tiña depresión, 88 00:06:09,953 --> 00:06:12,790 sufría e todo ía moi rápido para nós. 89 00:06:12,790 --> 00:06:15,250 - O centro... - O laboratorio. 90 00:06:15,375 --> 00:06:17,461 Temos todo o que queriamos. 91 00:06:17,461 --> 00:06:19,296 Imos ser nais. 92 00:06:20,005 --> 00:06:21,340 "Imos" no sentido... 93 00:06:21,340 --> 00:06:24,676 Vou ter xemelgos, Silas. Ímolos criar xuntas. 94 00:06:24,927 --> 00:06:27,471 - Nai un e nai dous. - Ben. 95 00:06:27,471 --> 00:06:29,932 - Dous bebés, Silas. - Escoiteino. 96 00:06:30,057 --> 00:06:33,060 Todo o que queriamos. 97 00:06:33,060 --> 00:06:35,354 Non vos sentides agoniadas? 98 00:06:35,979 --> 00:06:38,315 Sinceramente, non. 99 00:06:38,440 --> 00:06:39,733 En conflito? 100 00:06:42,569 --> 00:06:45,739 No avión privado de Rebecca Parker que vos leva 101 00:06:45,739 --> 00:06:47,908 ó segundo centro de maternidade, 102 00:06:48,033 --> 00:06:49,868 nunha cidade descoñecida, 103 00:06:49,868 --> 00:06:55,874 nun estado descoñecido, antes de que o primeiro cumpra tres meses? 104 00:06:56,166 --> 00:06:58,836 Iso é o que queriades? 105 00:07:02,256 --> 00:07:03,382 Si. 106 00:07:05,843 --> 00:07:07,678 É o que sempre quixestes? 107 00:07:09,054 --> 00:07:09,972 Si. 108 00:07:15,602 --> 00:07:17,229 Que tal foi o voo? 109 00:07:17,229 --> 00:07:21,233 O avión é un agasallo de Rebecca. Non che parece fermoso? 110 00:07:21,942 --> 00:07:25,863 Pois benvidos a Montgomery! Listos para cometer asasinatos? 111 00:07:25,988 --> 00:07:29,074 Claro. Un pouco de estrangulamento lixeiro. 112 00:07:29,199 --> 00:07:31,827 - Estás cansa, Beverly? - Non, estou ben. 113 00:07:31,827 --> 00:07:35,414 Tes a habitación preparada. Se queres descansar, avísame. 114 00:07:35,539 --> 00:07:36,790 Onte tiven un soño. 115 00:07:36,915 --> 00:07:38,792 - Vaia. - Que o avión espichaba. 116 00:07:38,792 --> 00:07:41,795 No medio do campo, ardía e ningún de nós sabíao. 117 00:07:41,795 --> 00:07:46,216 - Esperabamos a que chegásedes. - Bonita historia. 118 00:07:46,383 --> 00:07:49,094 Espero que sexas benévolo coas miñas Mantles. 119 00:07:49,094 --> 00:07:50,596 É un artigo adulador. 120 00:07:50,596 --> 00:07:53,682 - Si, lémbrome. - Nada das túas feroces críticas. 121 00:07:53,682 --> 00:07:56,268 Só buscamos eloxios. 122 00:07:56,393 --> 00:07:58,145 Vinde coñecer a papá. 123 00:07:58,145 --> 00:08:00,480 Morre por coñecervos. Tamén é médico. 124 00:08:00,606 --> 00:08:01,481 Non me digas! 125 00:08:01,481 --> 00:08:03,483 Nunca o comentaches. 126 00:08:03,483 --> 00:08:06,445 Claro que o comentei, rapazas. 127 00:08:11,700 --> 00:08:14,912 Papá, preséntoche ás xemelgas. 128 00:08:16,038 --> 00:08:20,250 Beverly, Elliot, el é papá, o doutor Marion James. 129 00:08:21,418 --> 00:08:23,837 - Ola. - Boas. 130 00:08:23,962 --> 00:08:26,965 Estas son as miñas irmás e ela a miña avoíña. 131 00:08:27,090 --> 00:08:28,592 Que tal? 132 00:08:28,717 --> 00:08:30,677 E, papá, el é Silas Jordan. 133 00:08:30,886 --> 00:08:33,472 - Xa escoitaches falar del. - Para nada. 134 00:08:34,181 --> 00:08:35,807 Claro que si, papá. 135 00:08:35,933 --> 00:08:38,310 Gañou un Pulitzer. Agora está cun artigo 136 00:08:38,310 --> 00:08:41,480 sobre as xemelgas. Só dirá cousas bonitas. 137 00:08:41,605 --> 00:08:43,774 Non debería ser complicado. 138 00:08:44,816 --> 00:08:46,360 Non son marabillosas? 139 00:08:47,402 --> 00:08:50,572 Si, parécenmo bastante. 140 00:09:04,878 --> 00:09:06,296 Como o leva, Florence? 141 00:09:07,130 --> 00:09:09,591 Moi ben. 142 00:09:09,716 --> 00:09:13,136 Grazas, doutora. Estou ilusionada. 143 00:09:13,136 --> 00:09:15,764 Non está incómoda? 144 00:09:16,807 --> 00:09:19,059 Non me queixo. Síntome afortunada. 145 00:09:19,268 --> 00:09:23,313 E xa estamos na recta final, así que podo soportalo unha noite máis. 146 00:09:24,606 --> 00:09:28,151 Quere examinar a nai, doutora? 147 00:09:29,152 --> 00:09:30,487 Non é necesario. 148 00:09:30,654 --> 00:09:33,365 Xa limos o papelame. Todo está listo para mañá, 149 00:09:33,365 --> 00:09:36,994 - mentres Florence se sinta ben. - así é. 150 00:09:37,160 --> 00:09:39,705 E recibiu unha excelente atención médica. 151 00:09:39,705 --> 00:09:42,708 - Tívoa, non é? - Pois si. 152 00:09:42,708 --> 00:09:45,002 Papá coidou de min moi ben. 153 00:09:47,129 --> 00:09:50,007 Pois... si. 154 00:09:50,007 --> 00:09:53,135 Coido que non será necesario un exame físico. 155 00:09:53,135 --> 00:09:56,722 Mañá pola mañá dará a luz ós cuadrixemelgos desta muller. 156 00:09:57,347 --> 00:10:00,976 Será a primeira paciente do centro. Queres facer un reconto? 157 00:10:02,060 --> 00:10:05,897 Vai ter cuadrixemelgos, así que un bebé 158 00:10:05,897 --> 00:10:09,067 - irá agochado detrás doutro. - É a súa paciente. 159 00:10:09,192 --> 00:10:11,695 - Si, e... - Nunca tivo un bebé. 160 00:10:11,862 --> 00:10:12,779 Está nerviosa. 161 00:10:12,779 --> 00:10:15,699 - Seguro, pero... - Gustaríame que o fixeran. 162 00:10:20,871 --> 00:10:21,913 Está ben. 163 00:10:23,874 --> 00:10:25,250 Podemos ir a outro lado? 164 00:10:25,250 --> 00:10:28,795 Non me refería a un exame vaxinal, doutora. 165 00:10:28,920 --> 00:10:29,921 Basta con sentir. 166 00:10:33,133 --> 00:10:35,344 Quere algo de privacidade, Florence? 167 00:10:35,469 --> 00:10:39,056 Que vou querer! É a miña familia. 168 00:11:11,213 --> 00:11:12,964 Imos alá. 169 00:11:12,964 --> 00:11:13,965 Un. 170 00:11:18,387 --> 00:11:20,222 Dous. 171 00:11:20,347 --> 00:11:22,391 Tres. 172 00:11:26,645 --> 00:11:27,646 Catro. 173 00:11:33,193 --> 00:11:34,111 Alabama. 174 00:11:35,987 --> 00:11:38,949 - Xa estiveches? - Non. 175 00:11:39,074 --> 00:11:44,871 Un centro Mantle-Parker en Alabama. Por que? 176 00:11:45,330 --> 00:11:46,748 É a cidade natal de Susan. 177 00:11:49,418 --> 00:11:51,795 Non me parece un bo motivo. 178 00:11:51,962 --> 00:11:56,675 Alabama é o sexto estado coa taxa de mortalidade materna máis alta. 179 00:11:56,842 --> 00:12:00,971 Queremos traballar neses lugares, a medida que nos expandamos. 180 00:12:01,763 --> 00:12:04,933 Montades no cabalo branco inglés 181 00:12:05,058 --> 00:12:07,436 para salvar ós afroamericanos do sur 182 00:12:07,436 --> 00:12:10,522 dos que non sabedes nada. 183 00:12:11,022 --> 00:12:12,691 Nós non facemos iso. 184 00:12:12,816 --> 00:12:17,279 Certo. Darédeslle a benvida á descendencia das mulleres brancas e ricas 185 00:12:17,279 --> 00:12:19,406 mentres os afroamericanos miran. 186 00:12:21,116 --> 00:12:22,784 Nós non facemos iso. 187 00:12:24,202 --> 00:12:25,412 Vale. 188 00:12:26,955 --> 00:12:29,499 Entón, que facedes? 189 00:12:35,046 --> 00:12:35,922 Ai, si. 190 00:13:03,617 --> 00:13:06,578 Beverly, Elliot, hai xemelgos na súa familia? 191 00:13:07,120 --> 00:13:08,747 Non, fomos as primeiras. 192 00:13:09,498 --> 00:13:11,249 É un presente. 193 00:13:11,249 --> 00:13:14,085 E hai xemelgos na súa? 194 00:13:14,753 --> 00:13:18,089 Nos predecesores: eu son xemelga e Marion tamén o foi. 195 00:13:18,465 --> 00:13:21,009 - Fun. - Morreu ó nacer el. 196 00:13:21,134 --> 00:13:26,806 Era moi pequeno e Marion moi gordo. Coido que se alimentaba del. 197 00:13:27,390 --> 00:13:28,517 Nunca o saberemos. 198 00:13:28,642 --> 00:13:32,270 Abraceino e levárono a incinerar. 199 00:13:32,270 --> 00:13:33,688 Iso foi o que pasou. 200 00:13:33,855 --> 00:13:36,066 Avoa, non é un tema agradable. 201 00:13:36,066 --> 00:13:39,569 O parto é violento, Florence James, e non estás preparada. 202 00:13:40,612 --> 00:13:43,031 Creo que mos van sacar. 203 00:13:43,031 --> 00:13:45,867 Non será violento mentres teñas ás Mantle. 204 00:13:46,076 --> 00:13:47,869 Seguro? 205 00:13:47,994 --> 00:13:51,039 Elliot, cóntalle a papá sobre o voso último bebé. 206 00:13:51,164 --> 00:13:53,708 Ten 24 semanas e prospera. 207 00:13:55,126 --> 00:13:58,964 - En serio? - Non só está san, senón que prospera. 208 00:13:59,089 --> 00:14:02,509 Dígoo en serio. Ninguén o cría, verdade, Silas? 209 00:14:02,509 --> 00:14:04,177 Non, era extraordinario. 210 00:14:05,387 --> 00:14:06,805 Impresionante. 211 00:14:06,930 --> 00:14:10,850 É o bebé máis novo que asistiron con éxito no centro? 212 00:14:10,976 --> 00:14:12,060 É. 213 00:14:12,978 --> 00:14:15,272 Poderían xestionar un máis novo? 214 00:14:15,272 --> 00:14:16,189 Por suposto. 215 00:14:17,732 --> 00:14:19,317 Non o poderiamos dicir. 216 00:14:20,902 --> 00:14:23,405 Depende da contorna na que se desenvolvan. 217 00:14:23,405 --> 00:14:24,906 Certo. 218 00:14:25,031 --> 00:14:29,202 Iso non vai da man ó debate sobre o aborto? 219 00:14:31,663 --> 00:14:34,583 Canto antes sexa viable a vida fóra do útero, 220 00:14:34,583 --> 00:14:38,420 máis poderoso será o argumento do movemento antiaborto, non? 221 00:14:40,422 --> 00:14:43,717 Salva un bebe de 16, 17 ou 18 semanas 222 00:14:43,717 --> 00:14:48,346 e unha muller perderá o dereito a interrumpir un embarazo de forma segura. 223 00:14:48,638 --> 00:14:51,933 Isto non é un tema agradable para cear. 224 00:14:52,058 --> 00:14:53,685 Non, mamá. É fascinante. 225 00:14:53,893 --> 00:14:55,729 Eu tamén o creo. 226 00:14:55,729 --> 00:15:00,025 É posible salvar un bebe tan novo, Elliot? 227 00:15:00,025 --> 00:15:02,652 Como de 15 ou 14 semanas? 228 00:15:04,195 --> 00:15:05,655 Non. 229 00:15:06,406 --> 00:15:10,493 Neste caso, cantos abortos tivo a nai? Catro, cinco? 230 00:15:10,493 --> 00:15:13,913 - Si. - E fíxolle unha reprodución asistida? 231 00:15:14,623 --> 00:15:15,540 Non. 232 00:15:18,627 --> 00:15:19,544 Fíxolla. 233 00:15:20,337 --> 00:15:22,255 A ciencia é fascinante. 234 00:15:22,380 --> 00:15:27,510 Non, ela tratouse noutra clínica e, logo, non recibiu apoio médico. 235 00:15:27,510 --> 00:15:29,471 Foi algo moi raro. 236 00:15:29,846 --> 00:15:32,057 Fixo o tratamento con vostede. 237 00:15:33,433 --> 00:15:38,063 Temos coñecementos moi limitados sobre a vida nas súas primeiras etapas. 238 00:15:38,229 --> 00:15:41,024 Estivemos, si. 239 00:15:41,149 --> 00:15:44,486 Florence sufriu varios abortos. Non che molesta? 240 00:15:44,611 --> 00:15:45,445 Si. 241 00:15:45,445 --> 00:15:48,239 - E non. - E mirádea agora. 242 00:15:48,406 --> 00:15:50,950 Si, son moi afortunada. 243 00:15:51,076 --> 00:15:53,953 Cuadrixemelgos monocoriais. 244 00:15:54,079 --> 00:15:56,915 - E iso que é? - Que os catro comparten placenta. 245 00:15:57,916 --> 00:16:00,794 Iso non ten un risco moi alto? 246 00:16:00,919 --> 00:16:02,754 - Pode. - Ela non debería...? 247 00:16:02,754 --> 00:16:05,840 Perdón. Vostede non debería ir a un hospital? 248 00:16:05,965 --> 00:16:09,386 Non está enferma, Silas. O embarazo non é unha enfermidade. 249 00:16:11,054 --> 00:16:13,014 Como che gusta dicilo, Beverly. 250 00:16:13,973 --> 00:16:15,684 Dixen que nada de críticas. 251 00:16:15,850 --> 00:16:19,771 Non, escoiteillo a Beverly en catro ocasións diferentes. 252 00:16:20,230 --> 00:16:23,692 É unha frase da hostia. Anótaa no caderno. 253 00:16:23,858 --> 00:16:25,318 - Susan! - Perdón. 254 00:16:26,277 --> 00:16:29,030 Entón, sempre viviu aquí, señor James? 255 00:16:29,197 --> 00:16:31,408 Vivimos aquí durante séculos. 256 00:16:32,492 --> 00:16:35,829 Debeu de ser moi difícil criar só ás súas fillas. 257 00:16:35,829 --> 00:16:37,372 Non o fixo só. 258 00:16:38,039 --> 00:16:39,290 Non, perdón. Certo. 259 00:16:39,290 --> 00:16:42,961 Referíame a que a morte dunha nai é un suceso moi traumático. 260 00:16:44,087 --> 00:16:45,588 A morte dunha nai? 261 00:16:49,551 --> 00:16:52,679 Perdón, pensei... 262 00:16:53,471 --> 00:16:56,641 A nai non morreu, marchou. 263 00:16:59,102 --> 00:17:01,646 Foi o mesmo cunha morte, Beverly. 264 00:17:07,944 --> 00:17:10,196 Eu só era un médico de familia. 265 00:17:10,530 --> 00:17:15,452 Axudaba no que fixese falta. Facía visitas a domicilio. 266 00:17:16,411 --> 00:17:20,665 De home da casa e muller da casa, ás nenas, institutrices e invitados. 267 00:17:20,665 --> 00:17:22,208 O que fixera falta. 268 00:17:22,333 --> 00:17:24,169 Quen me necesitase. 269 00:17:25,253 --> 00:17:27,714 Fíxenme coñecido por axudar ás mulleres. 270 00:17:27,839 --> 00:17:31,259 Especialiceime na saúde da muller. Non sei por que. 271 00:17:31,384 --> 00:17:33,720 Elexiume a min. 272 00:17:33,720 --> 00:17:35,764 Quizais pola compaña que tiña. 273 00:17:38,808 --> 00:17:41,811 Non parecía importarlle moito a ninguén. 274 00:17:42,687 --> 00:17:47,108 A saúde da muller? Era como empezar dende a nada. 275 00:17:47,108 --> 00:17:48,902 Ser o primeiro en chegar. 276 00:17:49,778 --> 00:17:50,737 O corpo da muller. 277 00:17:52,071 --> 00:17:55,950 Un territorio inexplorado. Unha terra por descubrir. 278 00:17:56,451 --> 00:18:00,580 Novas fronteiras, novos contornos, novos terreos. 279 00:18:00,789 --> 00:18:04,709 É marabilloso chegar onde ningún home chegou antes. 280 00:18:06,169 --> 00:18:11,007 Estar dende o principio. Ser a primeira páxina. Moldear o futuro. 281 00:18:12,592 --> 00:18:16,721 Instalei consultorios aquí, no meu propio e pequeno hospital. 282 00:18:16,846 --> 00:18:22,310 Construímos o que era necesario. Creamos instrumentos que non existían. 283 00:18:22,435 --> 00:18:28,274 Puxémoslle nome a partes, afeccións e doenzas que ninguén descubrira. 284 00:18:28,274 --> 00:18:32,403 Displasia cervical, hiperplasia endometrial, 285 00:18:32,946 --> 00:18:37,116 prolapso do solo pélvico, sangrado uterino anormal. 286 00:18:37,242 --> 00:18:42,872 Parto, fertilidade, parto, fertilidade, 287 00:18:43,039 --> 00:18:45,542 parto, fertilidade. 288 00:18:46,167 --> 00:18:48,169 Non obstante, non era comparable 289 00:18:48,169 --> 00:18:52,340 coa cantidade de pacientes cos que vostedes practicaron. 290 00:18:52,465 --> 00:18:55,802 Tiven que apañarmas con elas moitas veces. 291 00:19:01,391 --> 00:19:05,019 Nós non practicamos coas nosas pacientes, señor James. 292 00:19:05,144 --> 00:19:06,813 Por suposto que si. 293 00:19:06,813 --> 00:19:09,524 A súa profesión é parte da nosa linguaxe. 294 00:19:09,649 --> 00:19:13,444 Non lles parece que melloran con cada incisión e sutura? 295 00:19:13,570 --> 00:19:15,989 Nunca cometeron un erro cunha paciente, 296 00:19:15,989 --> 00:19:19,284 aprenderon dela e aplicaron o aprendido coa seguinte? 297 00:19:19,409 --> 00:19:21,286 Non aproveitaron a oportunidade, 298 00:19:21,578 --> 00:19:27,584 un corpo presente, un momento para mellorar, practicar, 299 00:19:27,834 --> 00:19:30,545 coa finalidade de evolucionar a profesión? 300 00:19:30,670 --> 00:19:32,714 Eu non o vexo asi. 301 00:19:36,593 --> 00:19:37,510 Elliot, si. 302 00:19:40,805 --> 00:19:43,224 Pode que non o vexa así, Beverly, 303 00:19:43,224 --> 00:19:46,269 pero non significa que non o sexa. 304 00:19:49,397 --> 00:19:53,651 Penso no inicio, en como comezamos. 305 00:19:53,818 --> 00:19:58,573 Os ombreiros nos que nos apoiamos. Os doutores e pacientes, Beverly. 306 00:19:59,449 --> 00:20:05,079 Unha moza de 1840, 1850, de 17 anos, embarazada, 307 00:20:05,079 --> 00:20:08,374 tiña un raquitismo grave 308 00:20:08,374 --> 00:20:11,794 causado pola desnutrición e a falta de vitamina D. 309 00:20:12,045 --> 00:20:14,797 Tiña a pelve gravemente desfigurada. 310 00:20:15,298 --> 00:20:21,137 O parto da rapaza durou varios días, pero foille imposible dar a luz. 311 00:20:21,346 --> 00:20:25,350 Avisaron tarde ó doutor e, cando chegou, o bebé xa morrera. 312 00:20:26,225 --> 00:20:28,519 Levárona de volta ó doutor. 313 00:20:28,770 --> 00:20:31,356 Choraba das fístulas que tiña na vaxina. 314 00:20:31,564 --> 00:20:33,942 Sufría unha dor descomunal. 315 00:20:35,193 --> 00:20:39,197 Por suposto, iso non era nada raro para a época. 316 00:20:39,197 --> 00:20:42,700 Todo o contrario. As mozas sufríano constantemente. 317 00:20:43,493 --> 00:20:45,828 Pero non tiña cura nin tratamento. 318 00:20:47,538 --> 00:20:51,334 Ninguén buscaba a forma de solucionalo. 319 00:20:51,334 --> 00:20:53,419 Como melloralo. 320 00:20:53,586 --> 00:20:57,507 Así que, tanto ela como o doutor, puxéronse mans á obra. 321 00:20:58,758 --> 00:21:03,096 O doutor e a moza levaron a cabo 30 procedementos diferentes. 322 00:21:03,429 --> 00:21:04,722 Sen anestesia. 323 00:21:05,014 --> 00:21:09,602 Trinta procedementos para solucionalo, e o doutor conseguiuno. 324 00:21:10,687 --> 00:21:15,775 O cal requeriu moita práctica e esforzo. 325 00:21:15,900 --> 00:21:19,153 Pero conseguiuno. Conseguírono. 326 00:21:19,153 --> 00:21:22,907 E ese traballo transmitiuse de doutor a doutor, 327 00:21:23,074 --> 00:21:26,160 a doutor, a doutor, ata que chegou ás miñas mans. 328 00:21:27,996 --> 00:21:29,038 Ás súas mans. 329 00:21:33,167 --> 00:21:37,630 É unha barbarie. É historia. 330 00:21:38,965 --> 00:21:41,467 Iso xa non pasa. 331 00:21:42,844 --> 00:21:46,264 Non. Nunca nos afastamos tanto da nosa historia. 332 00:22:22,133 --> 00:22:23,634 E que fixo, Elliot? 333 00:22:24,635 --> 00:22:28,681 Coa súa muller unha vez estéril e agora fecunda? 334 00:22:30,892 --> 00:22:33,728 Foi Deus? É Deus? 335 00:22:36,022 --> 00:22:39,525 Como creou vida de onde non crecía? 336 00:22:47,533 --> 00:22:50,369 Combinei varios factores. 337 00:22:50,536 --> 00:22:52,080 Como cales? 338 00:22:59,253 --> 00:23:00,838 Pode contarme que pasou? 339 00:23:00,838 --> 00:23:04,133 - Rompín augas. - Hai dúas horas. 340 00:23:04,133 --> 00:23:08,262 - Vale. Respire. - Que temos? 341 00:23:08,805 --> 00:23:10,598 Un parto moi prematuro. 342 00:23:10,598 --> 00:23:12,809 - De 24 semanas. - Elliot... 343 00:23:12,975 --> 00:23:15,061 Respire comigo, Lenka. 344 00:23:15,186 --> 00:23:16,896 Podes botarme unha man? 345 00:23:16,896 --> 00:23:19,941 Non son obstetra, Elliot. 346 00:23:20,066 --> 00:23:22,902 Veño agora. Un momento. 347 00:23:23,027 --> 00:23:24,237 Axúdasme? 348 00:23:24,237 --> 00:23:26,072 É unha clínica de maternidade. 349 00:23:26,072 --> 00:23:27,782 - Pídello a outro. - Non podo. 350 00:23:28,908 --> 00:23:30,243 - A Beverly. - Non podo. 351 00:23:30,243 --> 00:23:31,369 Tranquila. 352 00:23:32,912 --> 00:23:36,916 Someteuse a un procedemento ilegal de implantación de alto risco 353 00:23:36,916 --> 00:23:40,336 e non teño nin puta idea das implicacións que pode haber. 354 00:23:41,420 --> 00:23:44,215 Sufriu abortos espontáneos. Descoñecemos a razón, 355 00:23:44,215 --> 00:23:48,845 así que desenvolvín o embrión un pouco máis antes de implantarllo. 356 00:23:48,970 --> 00:23:51,013 Canto? 357 00:23:53,224 --> 00:23:54,350 Catro semanas. 358 00:23:55,977 --> 00:23:58,396 Implantácheslle un embrión de catro semanas? 359 00:23:58,396 --> 00:24:02,692 Rompeu augas hai catro horas. Axúdame, por favor. 360 00:24:04,026 --> 00:24:06,154 Por favor. Axúdaa, por favor. 361 00:24:09,448 --> 00:24:12,743 Respire. 362 00:24:12,743 --> 00:24:15,454 Ben, vale, respire. 363 00:24:15,580 --> 00:24:21,377 Ola, son Tom. Faino moi ben. Imos coñecer o seu bebé. 364 00:24:25,840 --> 00:24:26,757 É un segredo? 365 00:24:28,801 --> 00:24:29,635 Quizais. 366 00:24:31,679 --> 00:24:34,849 Fixo algo intelixente de máis? 367 00:24:37,727 --> 00:24:39,270 Quizais. 368 00:25:02,585 --> 00:25:06,130 Carafio! Vou por un pano. 369 00:25:06,255 --> 00:25:08,507 - Vou por auga. - Estás ben? 370 00:25:08,507 --> 00:25:10,468 Viches o parto? 371 00:25:10,760 --> 00:25:13,638 Presenciouno Elliot. 372 00:25:13,763 --> 00:25:15,514 Non é o normal. 373 00:25:16,807 --> 00:25:20,019 - Presenciouno ela. - Sairá adiante? 374 00:25:21,312 --> 00:25:24,398 Non mo creo. Nin o entendo. 375 00:25:24,523 --> 00:25:28,945 Pero pode respirar pola súa conta. Non presenta signos de ictericia. 376 00:25:28,945 --> 00:25:31,405 Isto non ten pés nin cabeza. 377 00:25:31,530 --> 00:25:34,492 Temos a CPAP, o tubo endotraqueal, ventiladores, 378 00:25:34,492 --> 00:25:38,454 catéteres... pero non precisa nada diso, en realidade. 379 00:25:40,373 --> 00:25:42,333 Incrible. 380 00:25:44,293 --> 00:25:46,504 E ti como levas o teu? 381 00:25:53,094 --> 00:25:59,100 Pódoche preguntar algo, Beverly? Tes contacto con Genevieve? 382 00:26:05,564 --> 00:26:07,650 Sei dela polos seus avogados. 383 00:26:08,901 --> 00:26:11,696 Por temas de visitas e prácticas, en realidade. 384 00:26:11,821 --> 00:26:15,324 Está bastante claro. Non é traumático nin... 385 00:26:16,909 --> 00:26:19,453 Sairá do país nunhas semanas para gravar, 386 00:26:19,453 --> 00:26:21,998 e non me quere ver. 387 00:26:23,749 --> 00:26:26,544 Apetéceche vela? 388 00:26:31,090 --> 00:26:33,676 Tiveches que querela moito. 389 00:26:34,969 --> 00:26:37,013 Dáme o corpo. 390 00:26:42,810 --> 00:26:45,646 - Síntoo, non era a miña intención. - Nin existe. 391 00:26:49,150 --> 00:26:52,069 Teño que facer coma se nunca existise. 392 00:27:11,297 --> 00:27:13,090 Que triste. 393 00:27:14,675 --> 00:27:16,052 Que triste. 394 00:27:18,095 --> 00:27:20,348 Moi, moi triste. 395 00:27:28,022 --> 00:27:32,401 Triste hoxe. Triste mañá. 396 00:27:38,616 --> 00:27:39,533 Beverly? 397 00:27:43,162 --> 00:27:44,372 Beverly? 398 00:27:46,332 --> 00:27:47,458 Irmanciña? 399 00:27:50,294 --> 00:27:51,420 Irmanciña? 400 00:27:58,761 --> 00:27:59,720 Irmanciña? 401 00:28:06,018 --> 00:28:07,686 Estou ben. 402 00:28:10,147 --> 00:28:11,524 Que pasou? 403 00:28:12,441 --> 00:28:13,776 Non o sei. 404 00:28:15,277 --> 00:28:17,738 Sentíame mal, Elliot. 405 00:28:24,537 --> 00:28:28,040 Todo isto foi unha parvada, unha broma. 406 00:28:28,040 --> 00:28:30,334 Non ía en serio, Beverly. 407 00:28:46,934 --> 00:28:48,144 Beverly. 408 00:28:49,603 --> 00:28:50,563 Ola. 409 00:29:14,211 --> 00:29:15,212 Vaites. 410 00:29:16,505 --> 00:29:17,506 Atopáchesme. 411 00:29:22,678 --> 00:29:25,139 Estaba moi triste. 412 00:29:28,225 --> 00:29:29,935 Constantemente. 413 00:29:30,060 --> 00:29:34,064 Non tes que contarmo. Non é da miña incumbencia. 414 00:29:35,024 --> 00:29:36,609 Bebía moito. 415 00:29:39,361 --> 00:29:43,741 Ás veces, aparecía na escola fóra de si, 416 00:29:45,910 --> 00:29:47,661 e era moi embarazoso. 417 00:29:51,123 --> 00:29:52,291 Odiábaa. 418 00:29:54,460 --> 00:29:59,048 Poñíase a chorar ou a berrarnos. 419 00:30:02,009 --> 00:30:05,763 Dicía que oxalá tivese morto no noso parto. 420 00:30:07,848 --> 00:30:10,100 Ou que tivesemos morto dentro dela. 421 00:30:11,477 --> 00:30:15,147 Por iso cóntolle á xente o que pasou. 422 00:30:18,651 --> 00:30:21,654 Convertémola nun anxo, xusto como ela quería. 423 00:30:26,367 --> 00:30:30,746 Ela estaba emperrenchada con nós, pero non sei por que. 424 00:30:33,290 --> 00:30:35,125 Adoitaba pensar que era 425 00:30:36,919 --> 00:30:40,506 porque ela cría que se poría mellor de cada vez, 426 00:30:44,134 --> 00:30:47,680 pero non era certo, porque nunca tivo esperanza. 427 00:30:49,181 --> 00:30:50,849 Tiñamos a papá. 428 00:30:50,975 --> 00:30:53,727 Levávanos nas capeliñas dos ollos. 429 00:30:54,979 --> 00:30:57,273 A que é marabilloso? 430 00:31:01,652 --> 00:31:03,445 Deberías durmir. 431 00:31:11,495 --> 00:31:13,914 Vas ser unha nai marabillosa. 432 00:31:38,939 --> 00:31:40,149 Bebés. 433 00:31:41,317 --> 00:31:45,237 Parásitos do carallo. 434 00:31:48,991 --> 00:31:50,993 Tes fillos? 435 00:31:51,118 --> 00:31:53,829 Estás capacitada para preguntalo? 436 00:31:53,829 --> 00:31:54,913 Ás mulleres, si. 437 00:31:56,832 --> 00:32:00,836 - Nunca quixeches ter fillos? - Vounos ter, Silas. 438 00:32:00,836 --> 00:32:01,754 Que? 439 00:32:01,754 --> 00:32:04,048 - Vainos ter Beverly. - As dúas. 440 00:32:04,173 --> 00:32:06,759 Lin a entrevista que lle fixeron a Genevieve 441 00:32:06,884 --> 00:32:11,221 hai un tempo, e falaba do anhelo. 442 00:32:11,388 --> 00:32:12,556 Usou esa palabra. 443 00:32:14,224 --> 00:32:17,645 Un "anhelo" por eles. Unha dor física. 444 00:32:19,271 --> 00:32:20,522 Non o experimentas? 445 00:32:20,522 --> 00:32:22,149 - Non. - Non o sintes así? 446 00:32:22,149 --> 00:32:24,234 - Non. - Non tes instinto maternal? 447 00:32:24,401 --> 00:32:25,235 Non. 448 00:32:25,235 --> 00:32:28,238 - Impórtanche unha merda os bebés? - Exacto. 449 00:32:28,238 --> 00:32:30,866 - Neste xogo científico? - Si. 450 00:32:33,118 --> 00:32:37,122 Pois aí o tes: uns bebés, 451 00:32:37,373 --> 00:32:40,084 unha casa, un can... 452 00:32:40,542 --> 00:32:41,627 Que cambiou? 453 00:33:03,065 --> 00:33:06,151 Teño dúas fillas e un fillo. 454 00:33:09,697 --> 00:33:11,490 E que tal? 455 00:33:12,616 --> 00:33:15,869 Levei moi ben todo o tema do embarazo. 456 00:33:19,123 --> 00:33:21,291 Cando todos aínda temos o potencial. 457 00:33:30,342 --> 00:33:33,512 Crin que xa o deixaras, Elliot. 458 00:33:37,391 --> 00:33:38,308 Non o deixei. 459 00:33:39,935 --> 00:33:44,064 Claro. E funciónache? 460 00:33:46,734 --> 00:33:48,277 Es un alcohólico. 461 00:33:50,279 --> 00:33:51,363 Son un alcohólico. 462 00:33:52,698 --> 00:33:57,327 Estás a pensar no terceiro trago mentres tomas o primeiro. 463 00:33:58,162 --> 00:33:59,288 Penso. 464 00:33:59,413 --> 00:34:01,832 Algunha vez o abandonaches por alguén? 465 00:34:01,832 --> 00:34:05,502 A ninguén lle impota, Elliot. 466 00:34:05,502 --> 00:34:07,588 Pero dixeches que tes fillos. 467 00:34:09,089 --> 00:34:11,258 O meu barco xa partiu. 468 00:34:15,387 --> 00:34:17,931 E ti? Vas ser nai. 469 00:34:19,683 --> 00:34:20,976 Unha mamá. 470 00:34:22,060 --> 00:34:25,606 Estás no comezo dunha fermosa viaxe. 471 00:34:25,606 --> 00:34:28,066 Intentaches inscribirte nalgún programa? 472 00:34:28,066 --> 00:34:29,318 Como A.A.? 473 00:34:30,527 --> 00:34:31,862 Claro. 474 00:34:31,987 --> 00:34:34,114 - Non funcionou? - Funciona ben. 475 00:34:35,199 --> 00:34:37,284 Podo parar sempre que queira. 476 00:34:37,284 --> 00:34:38,327 Só que... 477 00:34:39,912 --> 00:34:40,996 nunca quero. 478 00:34:47,127 --> 00:34:48,504 Non teño ningún trauma. 479 00:34:48,712 --> 00:34:53,050 É que me encanta beber. 480 00:34:56,637 --> 00:35:00,182 E con que alucinaches? 481 00:35:04,520 --> 00:35:07,773 Cunha vella vagabunda chamada Agnes. 482 00:35:07,940 --> 00:35:08,941 Vaia. 483 00:35:10,025 --> 00:35:11,527 Non vivín nada tan intenso. 484 00:35:11,527 --> 00:35:15,531 Quedei completamente convencida de que a empurrara polo balcón. 485 00:35:15,531 --> 00:35:18,951 Vaia animalada. 486 00:35:18,951 --> 00:35:20,035 Pois si. 487 00:35:20,035 --> 00:35:22,454 Adoitas alucinar? 488 00:35:22,454 --> 00:35:23,455 Non. 489 00:35:27,000 --> 00:35:28,210 Por que fas isto? 490 00:35:31,296 --> 00:35:33,882 - É o meu traballo. - Non é polas preguntas. 491 00:35:33,882 --> 00:35:35,175 Isto. 492 00:35:35,300 --> 00:35:39,847 Esta revista de xemelgas sorrintes, que che martela a alma. 493 00:35:39,847 --> 00:35:42,307 - Escribes libros. - Escribía. 494 00:35:42,432 --> 00:35:43,934 Pois eran bos. 495 00:35:45,018 --> 00:35:48,730 Es o señor Pulitzer. Es escritor! 496 00:35:51,066 --> 00:35:54,236 Son un docente que fodía coas súas alumnas. 497 00:35:55,946 --> 00:35:57,364 Ninguén ve o Pulitzer. 498 00:35:58,490 --> 00:36:00,784 Xa non se pode foder con ninguén! 499 00:36:00,784 --> 00:36:01,910 Boa frase. 500 00:36:02,035 --> 00:36:04,329 Nin pacientes nin estudantes. 501 00:36:04,329 --> 00:36:07,958 - Ti falo cos pacientes. - Sería groseiro non facelo. 502 00:36:10,168 --> 00:36:11,587 Fodiches a Genevieve? 503 00:36:13,338 --> 00:36:15,424 Ou só foi a túa irmá? 504 00:36:20,637 --> 00:36:23,056 Xa. Xa. 505 00:36:24,725 --> 00:36:26,560 Que pasa no teu laboratorio? 506 00:36:31,273 --> 00:36:33,400 Como embarazaches a aquela muller? 507 00:36:37,070 --> 00:36:39,406 Por que ese bebé é un milagre? 508 00:36:44,953 --> 00:36:50,125 Que merda tipo Frankenstein tramas? 509 00:39:13,435 --> 00:39:15,520 Deus santo, perdón... 510 00:39:20,942 --> 00:39:23,028 Levaron unha moza a xunto dun home. 511 00:39:24,613 --> 00:39:26,865 Tiña 17 anos. 512 00:39:26,990 --> 00:39:29,201 Era unha escrava. 513 00:39:29,201 --> 00:39:31,578 Tiña un raquitismo grave. 514 00:39:32,996 --> 00:39:36,625 Estaba embarazada e o parto durou tres días. 515 00:39:37,751 --> 00:39:41,797 Tiña a pelve desfigurada e imposibilitaba o nacemento do bebé. 516 00:39:43,298 --> 00:39:44,925 O bebé naceu morto. 517 00:39:50,680 --> 00:39:56,353 Tralo nacemento do bebé morto, a moza, unha escrava de 17 anos 518 00:39:56,561 --> 00:39:58,522 que padecía un raquitismo grave 519 00:39:58,522 --> 00:40:02,484 causado pola desnutrición e a falta de vitamina D, 520 00:40:02,609 --> 00:40:07,280 foi levada a xunto dun home cunha dor insoportable polas fístulas 521 00:40:07,280 --> 00:40:11,618 que se produciron pola lesión que sufriu no parto. 522 00:40:12,494 --> 00:40:16,665 A súa situación era común entre as escravas da época. 523 00:40:17,791 --> 00:40:21,962 A moza, unha escrava de 17 anos que padecía 524 00:40:21,962 --> 00:40:25,632 un raquitismo grave, tiña a pelve desfigurada 525 00:40:25,882 --> 00:40:30,262 e deu a luz a un bebé morto cando tiña 17 anos e, escravizada, 526 00:40:30,428 --> 00:40:33,723 pasou máis de 30 operacións realizadas por ese home, 527 00:40:34,015 --> 00:40:38,436 nun transcurso de cinco anos e sen anestesia, 528 00:40:38,770 --> 00:40:42,691 a pesar de que xa existía dende había pouco. 529 00:40:43,275 --> 00:40:48,446 O único que sabemos desta moza, Anarcha, é que tiña 17 anos, era unha escrava, 530 00:40:48,572 --> 00:40:51,366 forzárona a dar a luz ó seu bebé morto, 531 00:40:51,533 --> 00:40:54,661 operárona 30 veces sen anestesia 532 00:40:54,870 --> 00:40:56,496 cunha pelve desfigurada, 533 00:40:56,496 --> 00:41:00,625 sufría un raquitismo grave, tiña 17 anos e era unha escrava. 534 00:41:00,917 --> 00:41:03,628 Só o sabemos por un home branco, 535 00:41:03,837 --> 00:41:08,758 especificamente o home branco que torturou á moza de 17 anos 536 00:41:08,967 --> 00:41:14,723 e experimentou con ela para que o nomeasen Pai da Xinecoloxía, 537 00:41:14,890 --> 00:41:17,976 o honrasen con estatuas, medallas, 538 00:41:18,143 --> 00:41:23,106 posicións de exames e instrumentos médicos co seu nome. 539 00:41:23,273 --> 00:41:27,319 A información que escribiu aquel home branco 540 00:41:27,319 --> 00:41:29,905 é o único que temos sobre a moza de 17 anos 541 00:41:30,030 --> 00:41:31,865 que era escrava, 542 00:41:31,865 --> 00:41:35,327 padecía un raquitismo grave, tiña a pelve desfigurada 543 00:41:35,535 --> 00:41:38,330 e deu a luz a un bebé morto. 544 00:41:39,206 --> 00:41:41,666 Non sabemos quen era en realidade 545 00:41:42,209 --> 00:41:46,046 ou o que sentiu ó coller nos brazos ó seu bebé morto, 546 00:41:46,171 --> 00:41:49,758 se é que algunha vez o chegou a coller. 547 00:41:49,883 --> 00:41:52,928 Non sabemos cal era o seu maior medo. 548 00:41:52,928 --> 00:41:55,639 Podemos adiviñalo 549 00:41:56,014 --> 00:42:00,852 pola lesión que tivo que soportar, pero non a coñecemos. 550 00:42:01,311 --> 00:42:05,398 Non sabemos como se movía, que comía, 551 00:42:05,523 --> 00:42:11,404 que amaba, que a facía chorar nin que sentía no seu propio corpo. 552 00:42:11,905 --> 00:42:16,576 Non a coñecemos nin é túa para sabelo. 553 00:42:18,119 --> 00:42:20,580 Non podes ter a súa lesión 554 00:42:20,705 --> 00:42:23,708 nin a esperanza que albergaba. 555 00:42:25,293 --> 00:42:29,256 Non é o teu recurso, nin parche, 556 00:42:29,464 --> 00:42:33,468 nin proxección, nin romantización, 557 00:42:33,927 --> 00:42:38,431 nin túa en ningún sentido. 558 00:42:38,556 --> 00:42:40,100 De feito... 559 00:43:21,516 --> 00:43:22,892 Non podes seguir. 560 00:43:24,644 --> 00:43:28,356 Existe a alegría ó outro lado, 561 00:43:29,816 --> 00:43:31,985 pero non é túa. 562 00:44:03,767 --> 00:44:05,018 Beverly! 563 00:44:08,480 --> 00:44:09,314 Beverly? 564 00:44:11,608 --> 00:44:15,320 Estou ben. Non é meu. 565 00:44:15,737 --> 00:44:18,531 Non é o meu sangue. 566 00:44:30,460 --> 00:44:31,461 Abur. 567 00:45:00,198 --> 00:45:02,659 Podes contarnos que pasou, polo menos? 568 00:45:02,659 --> 00:45:07,163 Que pasa? Que están facendo? 569 00:45:11,626 --> 00:45:15,880 É unha anciá. Estaba na quenlla posterior do edificio. 570 00:45:16,923 --> 00:45:21,094 Supoño que saltou á rúa e golpeouse polo camiño. 571 00:45:24,681 --> 00:45:26,891 Levaba anos vivindo aí. 572 00:45:27,016 --> 00:45:28,059 Merda. 573 00:45:39,237 --> 00:45:41,489 Empeza, empeza. 574 00:45:44,409 --> 00:45:46,953 Elliot, non che molesta, non? 575 00:45:51,207 --> 00:45:52,792 Como queira Florence. 576 00:45:53,585 --> 00:45:54,919 Estou moi contenta. 577 00:46:17,484 --> 00:46:19,319 Como se atopa, Florence? 578 00:46:19,444 --> 00:46:20,862 Marabillosa, grazas. 579 00:46:21,112 --> 00:46:22,739 Aspiración, por favor. 580 00:46:22,864 --> 00:46:26,242 - A piques de coñecer ó primeiro bebé. - Ai, Deus. 581 00:46:26,618 --> 00:46:29,078 - Estou moi orgulloso. - E eu agradecida. 582 00:46:29,078 --> 00:46:32,665 Queremos sacar os catro bebés rapidamente, vale, Florence? 583 00:46:32,665 --> 00:46:36,252 De cero a catro nuns minutos, vale? 584 00:46:37,253 --> 00:46:38,963 Non podo da emoción. 585 00:46:40,757 --> 00:46:41,758 Imos aló. 586 00:46:42,967 --> 00:46:45,553 Imos alá, Florence. O primeiro bebé. 587 00:46:45,553 --> 00:46:47,347 Teño a cabeza. 588 00:46:47,514 --> 00:46:48,848 Ai, Deus. 589 00:46:49,933 --> 00:46:51,142 Preparada? 590 00:46:55,313 --> 00:46:57,524 Aí está. Ben feito, Florence. 591 00:46:57,732 --> 00:47:01,361 - A súa primeira filla. - Ai, Deus, está ben? 592 00:47:01,486 --> 00:47:04,656 Estupenda, si. 593 00:47:05,406 --> 00:47:10,286 Imos centrarnos no seguinte. 594 00:47:16,084 --> 00:47:17,168 O segundo. 595 00:47:17,669 --> 00:47:20,088 Imos alá. Aspiración, por favor. 596 00:47:28,638 --> 00:47:31,808 Aquí vén o segundo bebé. 597 00:47:32,934 --> 00:47:35,562 Parabéns, Florence. 598 00:47:39,440 --> 00:47:42,110 Podo facervos outra pregunta? 599 00:47:42,235 --> 00:47:43,486 - Claro. - Claro. 600 00:47:43,611 --> 00:47:46,406 Por que vos seguides mentindo a unha á outra? 601 00:47:46,990 --> 00:47:49,117 Cando credes que empezou? 602 00:47:49,117 --> 00:47:51,911 Aquí vén o terceiro bebé. 603 00:47:52,120 --> 00:47:54,205 Beverly nunca quixo a Genevieve. 604 00:47:54,372 --> 00:47:55,832 Ai, Deusiño! 605 00:47:56,499 --> 00:48:00,003 As fantasías de laboratorio de Elliot só son fantasías. 606 00:48:00,837 --> 00:48:01,754 A xente importa. 607 00:48:01,963 --> 00:48:03,381 Cuarto bebé. 608 00:48:03,381 --> 00:48:04,757 A xente importa. 609 00:48:04,882 --> 00:48:06,926 Os demais importan. 610 00:48:07,051 --> 00:48:10,930 Non son soamente un experimento para Elliot. 611 00:48:10,930 --> 00:48:12,223 Case está, cariño. 612 00:48:12,223 --> 00:48:15,518 Ambas queredes eses bebés. Eses malditos bebés. 613 00:48:15,518 --> 00:48:16,686 Vai ben? Que pasa? 614 00:48:16,811 --> 00:48:19,772 Genevieve non existe, e volas dúas... 615 00:48:19,772 --> 00:48:21,941 - viviredes felices... - Elliot! 616 00:48:22,317 --> 00:48:23,443 Deus! 617 00:48:23,443 --> 00:48:25,111 ...polos séculos... 618 00:48:25,111 --> 00:48:26,779 Elliot, apártate dela! 619 00:48:26,904 --> 00:48:28,740 ...dos séculos. 620 00:48:59,312 --> 00:49:01,189 Isto foi unha cagada, 621 00:49:01,189 --> 00:49:05,151 pero queda entre nós, por así dicilo. 622 00:49:05,985 --> 00:49:07,028 Como dis? 623 00:49:07,403 --> 00:49:09,947 Dixen que queda entre nós, Marion. 624 00:49:10,073 --> 00:49:11,866 A ver, é a túa filla, 625 00:49:11,866 --> 00:49:14,911 pero son os meus cartos, o meu apelido e a miña casa. 626 00:49:14,911 --> 00:49:18,956 Son dona de todo o que hai nela, o que minimiza o problema. 627 00:49:18,956 --> 00:49:19,957 E a túa irmá? 628 00:49:21,751 --> 00:49:22,710 Fóra. 629 00:49:23,628 --> 00:49:27,006 - Botastela da Gran Mansión? - Si, botámola. 630 00:49:27,006 --> 00:49:28,841 Mutilou á miña filla. 631 00:49:28,966 --> 00:49:32,637 Mutilar mulleres soa algo que ti farías, Marion. 632 00:49:32,637 --> 00:49:34,806 Está en Twitter, de aí o problema. 633 00:49:34,806 --> 00:49:36,015 Pois elimínao. 634 00:49:36,015 --> 00:49:39,352 Iso intento, cariño, pero grazas. 635 00:49:40,228 --> 00:49:41,813 Non entendo o problema. 636 00:49:41,938 --> 00:49:43,898 - Susan! - É unha vexiga. 637 00:49:44,023 --> 00:49:46,192 Ninguén se porá triste por unha vexiga 638 00:49:46,192 --> 00:49:49,278 nin escribirá unhas miserables memorias sobre iso. 639 00:49:49,445 --> 00:49:52,323 Podedes deixar de estar tan deprimidos, hostia? 640 00:49:52,323 --> 00:49:56,703 Saquemos a Elliot de aquí no seu triste cochiño alugado e sigamos. 641 00:49:56,703 --> 00:49:58,204 - Susan! - Que che dean! 642 00:49:58,204 --> 00:50:01,332 - Susan! - Non a Susanees, Marion. 643 00:50:02,625 --> 00:50:05,461 Por que lle puxeches un nome de muller? 644 00:50:05,628 --> 00:50:08,756 Esperabas un maldito psicópata dende o berce? 645 00:50:11,676 --> 00:50:15,596 Sempre souben que era bo que fósedes dúas. 646 00:50:15,722 --> 00:50:18,141 É unha pena. 647 00:50:19,142 --> 00:50:20,518 Ela é a miña favorita. 648 00:51:02,059 --> 00:51:03,227 Non podo explicalo. 649 00:51:07,231 --> 00:51:08,816 É un milagre. 650 00:51:32,548 --> 00:51:33,466 Beverly! 651 00:51:44,101 --> 00:51:45,520 Beverly! 652 00:51:58,199 --> 00:52:02,078 Non! 653 00:52:03,287 --> 00:52:05,957 Non! 654 00:52:14,215 --> 00:52:15,383 Remataches? 655 00:52:19,804 --> 00:52:21,639 Queres que conduza? 656 00:53:18,154 --> 00:53:21,115 Ola. Estás ben? 657 00:53:21,282 --> 00:53:23,993 Non podo facelo sen ti. 658 00:53:24,118 --> 00:53:26,996 Non quero facer nada sen ti. 659 00:53:27,163 --> 00:53:30,458 Genevieve, deixeina. 660 00:53:32,168 --> 00:53:36,297 Deixeina. Xa non existe. 661 00:53:47,975 --> 00:53:49,560 Deixa de escribir, Silas. 662 00:53:51,437 --> 00:53:52,772 Silas. 663 00:53:53,940 --> 00:53:58,653 A ninguén lle interesa xa o artigo, Silas. Xa non hai historia. 664 00:53:59,236 --> 00:54:03,407 - Levo meses sen escribir. - Pois segue así. 665 00:54:03,574 --> 00:54:06,452 Non me importaba nada. 666 00:54:06,577 --> 00:54:07,453 Ben. 667 00:54:07,453 --> 00:54:09,288 Non afondaba na verdade. 668 00:54:09,413 --> 00:54:12,124 Nada tiña sentido, Rebecca. 669 00:54:12,249 --> 00:54:16,420 Deixar de escribir foi un proxecto, unha obsesión que atender e nutrir. 670 00:54:16,420 --> 00:54:20,007 Estasme a ler o teu diario? Vas sacar a guitarra? 671 00:54:20,007 --> 00:54:23,469 Esquecín que era escritor. Esquecínme de quen era... 672 00:54:23,469 --> 00:54:24,762 ATOPAN UN CÁDAVER NUNHA AZOTEA 673 00:54:24,762 --> 00:54:26,806 Pois segue así. 674 00:54:29,767 --> 00:54:33,229 ...ata que coñecín ás xemelgas Mantle. 675 00:57:24,400 --> 00:57:26,402 Subtítulos: Estefanía Prol Lusquiños 676 00:57:26,402 --> 00:57:28,487 Supervisora creativa: Natalia L. Prieto