1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX
2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX
3
00:01:26,375 --> 00:01:27,208
Amanda?
4
00:01:28,875 --> 00:01:29,791
Que fas?
5
00:01:30,583 --> 00:01:32,582
Pois non podía durmir
6
00:01:32,666 --> 00:01:35,791
e, como sabes,
foi un ano horrible para os dous,
7
00:01:35,875 --> 00:01:39,124
e parece que traballo todos os días
sen darme conta.
8
00:01:39,208 --> 00:01:41,916
E ti estás sempre preocupado
polo teu traballo
9
00:01:42,000 --> 00:01:44,916
polos recortes de presuposto.
Así que esta mañá
10
00:01:45,000 --> 00:01:47,125
aluguei unha casa preciosa na praia.
11
00:01:47,708 --> 00:01:50,832
Foi un roubo, e iso que estamos case
en tempada baixa.
12
00:01:50,916 --> 00:01:53,707
Espera, estás facendo a maleta?
13
00:01:53,791 --> 00:01:55,750
Si. Xa me adiantei.
14
00:01:56,750 --> 00:01:58,458
Espera. Non entendo.
15
00:01:59,625 --> 00:02:01,000
Para cando a alugaches?
16
00:02:01,791 --> 00:02:03,291
Para hoxe.
17
00:02:03,375 --> 00:02:05,124
Se facía a reserva
18
00:02:05,208 --> 00:02:07,875
e as maletas,
non habería motivos para non ir.
19
00:02:09,541 --> 00:02:12,832
Ah, e impriminche o chisme ese
da páxina web.
20
00:02:12,916 --> 00:02:15,249
Telo xunta o café. Como a ti che gusta.
21
00:02:15,333 --> 00:02:17,916
Non quixen espertar os nenos,
non lles fixen a maleta.
22
00:02:18,000 --> 00:02:21,624
Pero, a verdade,
creo que lles vai entusiasmar.
23
00:02:21,708 --> 00:02:26,041
Entre ti mais eu,
unhas vacacións sempre prestan.
24
00:02:26,125 --> 00:02:29,500
Sobre todo cos rapaces.
Hai tempo que non o facemos.
25
00:02:31,666 --> 00:02:35,041
Pero axúdame a entendelo.
A ver, por que hoxe?
26
00:02:38,333 --> 00:02:42,125
Esta mañá,
cando non era capaz de durmir, vin aquí.
27
00:02:43,166 --> 00:02:44,624
Mirei o amencer
28
00:02:44,708 --> 00:02:46,832
e vin toda esta xente
29
00:02:46,916 --> 00:02:50,791
que comezaba o día
con tenacidade e ímpeto.
30
00:02:51,833 --> 00:02:53,291
Un esforzo para...
31
00:02:54,583 --> 00:02:56,291
chegar a ser algo.
32
00:02:57,583 --> 00:02:59,250
Cambiar este mundo.
33
00:03:00,666 --> 00:03:02,708
Sentíame afortunada de ser parte diso.
34
00:03:04,875 --> 00:03:06,250
Pero logo lembrei...
35
00:03:07,666 --> 00:03:09,333
como é o mundo en realidade.
36
00:03:11,166 --> 00:03:14,000
E deime conta de algo moi acertado.
37
00:03:17,458 --> 00:03:18,916
Odio a puta xente.
38
00:03:22,000 --> 00:03:25,666
UN FILME DE SAM ESMAIL
39
00:04:47,791 --> 00:04:51,624
"Deixar o mundo atrás".
Iso é o que poñía no anuncio da casa.
40
00:04:51,708 --> 00:04:53,291
Xenial! East Hampton, non?
41
00:04:53,375 --> 00:04:56,957
Non, é unha pequena vila preciosa.
Creo que lle chaman casarío.
42
00:04:57,041 --> 00:04:58,249
Imaxina o preciosa que é.
43
00:04:58,333 --> 00:05:03,416
Está moito máis preto de Nova York
e aínda así está lonxe de todo o mundo.
44
00:05:03,500 --> 00:05:05,832
Parece xusto o que necesitas agora.
45
00:05:05,916 --> 00:05:09,416
Logo de responder unhas preguntas
da conta Confictura.
46
00:05:09,500 --> 00:05:11,291
Por favor? Porfa?
47
00:05:21,708 --> 00:05:22,666
Foi un peido?
48
00:05:23,208 --> 00:05:24,333
Archie, déixaa.
49
00:05:24,833 --> 00:05:28,207
Tanto me ten que botase un peido,
pero que non minta.
50
00:05:28,291 --> 00:05:29,957
Temos a súa despedida de solteira.
51
00:05:30,041 --> 00:05:32,333
Si. Síntoo, esta atracción pecha.
52
00:05:42,625 --> 00:05:44,750
Si, xa. Claro.
53
00:05:47,708 --> 00:05:48,999
Papá, cando volvamos
54
00:05:49,083 --> 00:05:51,541
podemos ir ver a cafetería de Friends?
55
00:05:52,875 --> 00:05:56,250
Creo que non existe de verdade, rula,
é un estudio.
56
00:05:58,541 --> 00:06:00,500
SAÍDA 76
POINT COMFORT
57
00:06:37,125 --> 00:06:38,250
Carreira á piscina.
58
00:06:38,750 --> 00:06:45,125
PRIMEIRA PARTE
A CASA
59
00:06:50,000 --> 00:06:51,249
Ai, que bonita.
60
00:06:51,333 --> 00:06:52,458
É preciosa.
61
00:06:57,083 --> 00:06:57,958
BENVIDOS Á CASA
62
00:07:11,125 --> 00:07:14,041
Parece que aquí temos bebida de calidade.
63
00:07:16,083 --> 00:07:17,791
Pon que non é para nós.
64
00:07:20,125 --> 00:07:20,958
Intenteino.
65
00:07:29,500 --> 00:07:31,416
O contrasinal da wifi é un libro.
66
00:07:32,208 --> 00:07:35,333
O dono debe ser
un friqui da ciberseguridade.
67
00:07:36,208 --> 00:07:38,000
Os rapaces están contentos.
68
00:07:42,083 --> 00:07:43,791
Vou coller as cousas ao coche.
69
00:07:43,875 --> 00:07:46,916
Cando acabes,
vou ir á vila por algo de comida.
70
00:09:10,291 --> 00:09:16,541
MERCADO DE POINT COMFORT
71
00:09:49,916 --> 00:09:51,333
Intenta o terceiro hit.
72
00:09:53,875 --> 00:09:55,458
E seguen adiante.
73
00:10:00,166 --> 00:10:03,041
Non é meu. Xúrocho, non é meu.
74
00:10:03,125 --> 00:10:04,583
Tranquilo, compreino eu.
75
00:10:05,500 --> 00:10:07,374
Sei que che gusta fumar ao tapado.
76
00:10:07,458 --> 00:10:09,374
Xa que estamos de vacacións...
77
00:10:09,458 --> 00:10:12,749
Quero que o pases ben,
pero que non te vexan os rapaces.
78
00:10:12,833 --> 00:10:14,832
Vale. Eh, eh.
79
00:10:14,916 --> 00:10:18,208
Ocórreseme outra forma de pasalo ben.
80
00:10:21,041 --> 00:10:21,875
Non?
81
00:10:26,458 --> 00:10:28,958
Temos 15 minutos
antes de que pidan ir á praia.
82
00:10:29,875 --> 00:10:30,875
Chega ben.
83
00:10:50,208 --> 00:10:57,208
BENVIDOS AO PORTO DE CHARLESTON
84
00:11:20,166 --> 00:11:21,249
Crema de sol?
85
00:11:21,333 --> 00:11:22,166
- Si.
- Si.
86
00:11:24,708 --> 00:11:26,458
A praia case para nós sós.
87
00:11:51,625 --> 00:11:52,625
Mira ese barco.
88
00:11:56,416 --> 00:11:57,291
Que grande.
89
00:12:15,541 --> 00:12:17,041
TAYLOR
UNHA FOTO ADXUNTA
90
00:12:19,041 --> 00:12:19,874
LOCALIZACIÓN
91
00:12:19,958 --> 00:12:22,207
Mamá, Taylor envioume a súa localización.
92
00:12:22,291 --> 00:12:24,416
Mira a ver se a súa casa está lonxe.
93
00:12:25,791 --> 00:12:30,125
Ti mira. Dixeches que se cadra
podiamos ir, non? Podemos?
94
00:12:31,291 --> 00:12:33,791
É en Sag Harbor,
está a unha hora polo menos.
95
00:12:33,875 --> 00:12:34,875
Achégase.
96
00:12:35,458 --> 00:12:36,958
- O que?
- O barco.
97
00:12:37,458 --> 00:12:41,291
Xa, que bonitura. Parece un petroleiro.
98
00:12:42,541 --> 00:12:45,166
Haberá un porto por aquí.
Lin en The Atlantic
99
00:12:45,250 --> 00:12:48,583
que Nova York
ten un dos portos naturais máis grandes.
100
00:13:12,666 --> 00:13:13,583
Estás ben, Rose?
101
00:13:14,125 --> 00:13:16,166
Creo que o barco vén cara a nós.
102
00:13:16,833 --> 00:13:18,041
Como, rula?
103
00:13:27,916 --> 00:13:28,750
Clay?
104
00:13:31,375 --> 00:13:32,208
- Clay.
- Dime.
105
00:13:37,208 --> 00:13:39,625
Vaia. Si que se achega.
106
00:13:41,291 --> 00:13:42,500
É un problema.
107
00:13:43,750 --> 00:13:46,750
Non creo. Vai parar. Ten que parar.
108
00:13:49,500 --> 00:13:50,333
Non?
109
00:13:54,625 --> 00:13:57,457
Esperta. Archie, veña,
axúdanos a recoller.
110
00:13:57,541 --> 00:13:59,458
Xa marchamos? Por que?
111
00:14:00,333 --> 00:14:01,207
Hostia puta.
112
00:14:01,291 --> 00:14:02,625
Archie, vamos.
113
00:14:05,541 --> 00:14:06,750
Vamos!
114
00:14:17,666 --> 00:14:24,666
LEÓN BRANCO
115
00:14:56,958 --> 00:14:58,666
Veña, sigan andando.
116
00:14:58,750 --> 00:15:00,749
Perdoe, axente, sabe que pasou?
117
00:15:00,833 --> 00:15:02,624
Houbo moitos encallamentos
118
00:15:02,708 --> 00:15:05,666
polo sistema de navegación.
Teñen que seguir andando.
119
00:15:06,958 --> 00:15:08,041
Sigan andando.
120
00:15:09,083 --> 00:15:12,958
LEÓN BRANCO
121
00:15:21,791 --> 00:15:22,833
Un Starbucks.
122
00:15:26,791 --> 00:15:29,749
Quero ler que pasou na praia,
pero a wifi non vai.
123
00:15:29,833 --> 00:15:31,499
Haberá que reiniciar o encamiñador?
124
00:15:31,583 --> 00:15:35,041
Aí non te podo axudar.
Ti es a experta en informática.
125
00:15:35,125 --> 00:15:39,833
A televisión tampouco funciona.
Intentei poñer o partido e non hai sinal.
126
00:15:41,000 --> 00:15:42,624
Apetéceche hamburguesa hoxe?
127
00:15:42,708 --> 00:15:44,375
Si, non está mal.
128
00:15:47,666 --> 00:15:51,082
Mentres, os rapaces seguen coma se nada,
129
00:15:51,166 --> 00:15:53,124
como se o que viron fose dunha serie.
130
00:15:53,208 --> 00:15:55,000
Xa van polo seguinte capítulo.
131
00:16:01,083 --> 00:16:01,916
Clay.
132
00:16:03,333 --> 00:16:04,166
Ven, mira.
133
00:16:08,416 --> 00:16:10,083
Vaia.
134
00:16:12,333 --> 00:16:15,250
É un bo presaxio. Ver cervos.
135
00:16:16,916 --> 00:16:19,375
Segundo a mitoloxía mesoamericana.
136
00:16:24,000 --> 00:16:25,666
Vasme axudar?
137
00:16:29,333 --> 00:16:32,083
Eh, si. Si, vouche axudar.
138
00:17:12,208 --> 00:17:15,750
SEN INTERNET
COMPROBAR CONEXIÓN
139
00:17:22,416 --> 00:17:25,707
- Non collas a do medio.
- Si, vou coller a do medio.
140
00:17:25,791 --> 00:17:29,791
Porque así éche máis difícil.
Non é o propósito da miña vida?
141
00:17:37,916 --> 00:17:39,666
Vas coller máis? Enche a miña.
142
00:17:41,041 --> 00:17:44,457
Vale, pero eu non quero máis.
Necesito auga,
143
00:17:44,541 --> 00:17:47,000
ou mañá vou ter unha resaca da hostia.
144
00:17:47,833 --> 00:17:52,000
Recordas a estudante á que lle publicaron
un libro o ano pasado? Maria Miller?
145
00:17:52,833 --> 00:17:56,791
Pois quere que lle escriba
o prólogo do seu segundo libro.
146
00:17:57,625 --> 00:18:00,749
Xa sabes que di
que son unha grande inspiración.
147
00:18:00,833 --> 00:18:02,999
Nunca sei se consigo algo co alumnado
148
00:18:03,083 --> 00:18:04,458
e logo pasa algo así.
149
00:18:08,166 --> 00:18:09,166
Escoitaches iso?
150
00:18:10,291 --> 00:18:13,166
O seu segundo libro estuda
151
00:18:13,250 --> 00:18:17,749
como os medios de comunicación
son unha escapatoria e un reflexo.
152
00:18:17,833 --> 00:18:20,666
É unha contradición
que consegue compaxinar.
153
00:18:21,166 --> 00:18:22,083
Hai alguén.
154
00:18:23,583 --> 00:18:24,708
Colle un bate.
155
00:18:25,708 --> 00:18:26,750
- Un bate?
- Si.
156
00:18:27,833 --> 00:18:29,041
Por que ía ter un bate?
157
00:18:36,625 --> 00:18:37,833
Perdoade. Ola?
158
00:18:40,583 --> 00:18:42,791
Seguro que non é nada. Ocúpome eu.
159
00:18:45,875 --> 00:18:47,582
Sabes que? Colle o móbil.
160
00:18:47,666 --> 00:18:49,000
Por se acaso.
161
00:18:54,583 --> 00:18:56,041
Sinto molestar.
162
00:18:56,875 --> 00:18:58,125
Boas. Ola.
163
00:18:59,375 --> 00:19:01,625
- Sinto molestar.
- Por se non o sabías.
164
00:19:04,375 --> 00:19:05,291
Podo axudarvos?
165
00:19:05,375 --> 00:19:08,791
Sei que non son horas
de vir petar á porta.
166
00:19:09,500 --> 00:19:12,541
Levamos un anaco pensando
se petar na porta principal
167
00:19:12,625 --> 00:19:14,249
ou na do lado.
168
00:19:14,333 --> 00:19:16,832
Eu dixen de petar na do lado
porque é de cristal
169
00:19:16,916 --> 00:19:19,500
e así podiades vernos porque...
170
00:19:20,666 --> 00:19:22,000
Ti debes ser Amanda.
171
00:19:23,416 --> 00:19:25,000
Amanda Sandford, non?
172
00:19:27,333 --> 00:19:28,957
Coñecédesvos?
173
00:19:29,041 --> 00:19:31,291
Non, aínda non nos vimos en persoa.
174
00:19:31,375 --> 00:19:33,333
Son G.H. G.H. Scott.
175
00:19:35,125 --> 00:19:38,249
George. É George.
É o nome que ten no correo.
176
00:19:38,333 --> 00:19:41,375
Ai, perdoade. Esquecíame.
177
00:19:42,000 --> 00:19:44,333
Por iso prefería a vida antes de Internet,
178
00:19:44,833 --> 00:19:48,124
porque falariamos por teléfono,
recoñecerías a miña voz
179
00:19:48,208 --> 00:19:49,708
e saberías que é a nosa casa.
180
00:19:52,791 --> 00:19:53,707
Como?
181
00:19:53,791 --> 00:19:58,375
É a nosa casa. Son o George
co que intercambiaches correos.
182
00:19:59,583 --> 00:20:01,666
Xa, lembro o nome, é que...
183
00:20:03,500 --> 00:20:05,833
É a vosa casa?
184
00:20:11,375 --> 00:20:13,541
Perdoade, podemos pasar?
185
00:20:13,625 --> 00:20:16,166
Si, claro. Pasade.
186
00:20:16,250 --> 00:20:18,250
Si. De súpeto vai frío.
187
00:20:22,916 --> 00:20:24,749
Sei que vos debe parecer raro
188
00:20:24,833 --> 00:20:27,333
que aparezamos aquí sen avisar.
189
00:20:28,166 --> 00:20:31,500
Iamos chamar,
pero os móbiles non funcionan.
190
00:20:32,291 --> 00:20:34,833
Si, o meu móbil está fóra de servizo.
191
00:20:35,416 --> 00:20:37,500
Parece que dicimos a verdade.
192
00:20:41,166 --> 00:20:42,707
Ola. Son Clay.
193
00:20:42,791 --> 00:20:43,916
- Ruth.
- Ola.
194
00:20:44,000 --> 00:20:45,457
- De novo, son G.H.
- G.H.
195
00:20:45,541 --> 00:20:46,708
- Un pracer.
- Igualmente.
196
00:20:47,666 --> 00:20:50,332
Por que non nos sentamos?
197
00:20:50,416 --> 00:20:51,791
E falamos.
198
00:20:51,875 --> 00:20:53,374
Os rapaces dormen.
199
00:20:53,458 --> 00:20:56,541
Non me preocuparía.
Archie non esperta nin cunha bomba.
200
00:20:56,625 --> 00:20:58,875
Vamos á cociña.
201
00:21:04,375 --> 00:21:08,708
Hoxe vimos a Orquestra Sinfónica no Bronx.
Fostes?
202
00:21:10,458 --> 00:21:11,291
Non.
203
00:21:11,375 --> 00:21:13,249
Os seus concertos son únicos.
204
00:21:13,333 --> 00:21:15,541
Está na xunta da Filharmónica.
205
00:21:15,625 --> 00:21:18,874
Anima a todo o mundo
a que se interese pola música clásica.
206
00:21:18,958 --> 00:21:21,875
En outras palabras,
son unha filla con sorte.
207
00:21:24,708 --> 00:21:26,333
Podo coller un vaso de auga?
208
00:21:26,916 --> 00:21:29,166
Claro. Sírvete.
209
00:21:30,083 --> 00:21:33,541
Iamos de camiño á casa, en Nova York.
210
00:21:33,625 --> 00:21:35,666
E pasou algo.
211
00:21:35,750 --> 00:21:37,249
Unha apagada.
212
00:21:37,333 --> 00:21:38,250
Unha apagada?
213
00:21:39,208 --> 00:21:41,166
As luces parecen funcionar ben.
214
00:21:44,125 --> 00:21:47,666
Xusto, claro, e... pensamos...
215
00:21:49,666 --> 00:21:54,082
Con todo o que estará pasando
en Nova York, non queriamos...
216
00:21:54,166 --> 00:21:57,541
Vivimos nun piso 14
e non pode subir andando polo xeonllo.
217
00:21:58,416 --> 00:21:59,666
Os semáforos non van.
218
00:21:59,750 --> 00:22:02,208
De irmos,
estariamos seis horas nun atasco.
219
00:22:03,083 --> 00:22:07,207
Houbo unha apagada
e decidistes vir ata aquí?
220
00:22:07,291 --> 00:22:10,791
Coñecemos a estrada. Nin sequera o pensei.
221
00:22:11,500 --> 00:22:13,874
Ao ver as luces acesas, mirei a Ruth...
222
00:22:13,958 --> 00:22:16,166
E dixo que estariamos mellor aquí.
223
00:22:16,916 --> 00:22:19,000
Xa sabedes, na súa casa.
224
00:22:20,958 --> 00:22:25,541
Espera. Queredes quedar aquí? Estamos nós.
225
00:22:25,625 --> 00:22:28,916
Dadas as circunstancias,
pensamos que o entenderiades.
226
00:22:30,583 --> 00:22:33,333
Claro, si, é que...
227
00:22:34,916 --> 00:22:39,082
O que quere dicir é que o entendemos,
claro...
228
00:22:39,166 --> 00:22:41,874
Sei que é unha sorpresa,
pero se nos deixades quedar...
229
00:22:41,958 --> 00:22:42,958
Porque, de novo...
230
00:22:44,208 --> 00:22:46,875
Xa sabedes, é coma...
231
00:22:48,041 --> 00:22:48,958
A nosa casa.
232
00:22:50,875 --> 00:22:54,208
O que quere dicir
é que queriamos estar a salvo.
233
00:22:54,791 --> 00:22:56,958
Estamos de vacacións.
234
00:22:57,458 --> 00:23:00,375
Clay, Amanda,
podemos reembolsarvos todos os cartos.
235
00:23:01,500 --> 00:23:02,832
Queredes que marchemos?
236
00:23:02,916 --> 00:23:05,832
Son as tantas.
Os meus fillos están durmindo.
237
00:23:05,916 --> 00:23:07,791
Vindes falando dun reembolso.
238
00:23:07,875 --> 00:23:10,874
Vou chamar a empresa.
Non creo que poidas facer isto.
239
00:23:10,958 --> 00:23:12,582
Ten que haber un número...
240
00:23:12,666 --> 00:23:14,582
Non é necesario.
241
00:23:14,666 --> 00:23:15,499
Por que non?
242
00:23:15,583 --> 00:23:18,541
Porque non dicimos que debades marchar.
243
00:23:18,625 --> 00:23:22,708
Poderiamos reembolsarvos
o 50 % do que pagastes.
244
00:23:23,750 --> 00:23:26,082
Hai unha suite abaixo para invitados.
245
00:23:26,166 --> 00:23:26,999
Abaixo?
246
00:23:27,083 --> 00:23:27,916
O 50 %?
247
00:23:28,000 --> 00:23:30,832
Temos que revisar os termos e condicións.
248
00:23:30,916 --> 00:23:33,249
Temos que atopar o encamiñador da wifi.
249
00:23:33,333 --> 00:23:35,207
- Conéctoo ao móbil.
- Hai que reinicialo.
250
00:23:35,291 --> 00:23:38,541
Os móbiles non funcionan, Clay.
De que vai valer iso?
251
00:23:38,625 --> 00:23:40,791
Creo que non funciona Internet...
252
00:23:40,875 --> 00:23:43,416
Mirade. Síntoo.
253
00:23:43,500 --> 00:23:47,958
É que non me sinto cómoda nunha casa con...
254
00:23:50,000 --> 00:23:51,416
xente que non coñezo.
255
00:23:51,500 --> 00:23:54,666
É unha apagada. Pasará nun par de horas.
256
00:23:55,916 --> 00:23:56,750
Podo?
257
00:24:14,375 --> 00:24:17,083
Tiña que facerlle caso á miña muller
e etiquetalas.
258
00:24:31,833 --> 00:24:32,791
Agora si.
259
00:24:50,708 --> 00:24:53,166
Podo darvos mil dólares por esta noite.
260
00:24:53,250 --> 00:24:56,375
Iso cobre case a metade do que pagastes.
261
00:24:57,875 --> 00:24:59,166
Son mil dólares.
262
00:24:59,250 --> 00:25:00,791
Estaremos agradecidos.
263
00:25:00,875 --> 00:25:04,041
Mañá saberemos algo máis
e xa solucionamos todo.
264
00:25:04,125 --> 00:25:07,124
Ademais isto non funciona.
265
00:25:07,208 --> 00:25:10,582
De todas formas, é unha noite, é...
266
00:25:10,666 --> 00:25:12,708
Temos que falar en privado.
267
00:25:15,708 --> 00:25:17,875
Imos falar no outro cuarto, vale?
268
00:25:20,166 --> 00:25:23,708
- Impórtache se me sirvo unha copa?
- Claro, coma se...
269
00:25:25,083 --> 00:25:25,916
Si.
270
00:25:27,208 --> 00:25:30,582
- Por que lles dixeches que podían quedar?
- É unha apagada.
271
00:25:30,666 --> 00:25:32,332
Cres que menten?
272
00:25:32,416 --> 00:25:35,082
É unha rapaza e o seu pai,
parecen inocentes.
273
00:25:35,166 --> 00:25:35,999
Son estraños.
274
00:25:36,083 --> 00:25:37,541
Presentáronse.
275
00:25:37,625 --> 00:25:39,707
Petaron na porta na metade da noite.
276
00:25:39,791 --> 00:25:41,374
Preferías que entrasen?
277
00:25:41,458 --> 00:25:42,666
Déronme un bo susto.
278
00:25:42,750 --> 00:25:45,582
Pois creo que eles tamén están asustados.
279
00:25:45,666 --> 00:25:48,041
Non cres? Non sabían que máis facer.
280
00:25:48,125 --> 00:25:50,124
Teño unha idea: ir a un hotel.
281
00:25:50,208 --> 00:25:53,457
Esta é a súa casa, xa o repetiu a rapaza.
282
00:25:53,541 --> 00:25:57,207
Non lles pedimos probas.
Non escoitei o coche. Ti si?
283
00:25:57,291 --> 00:25:59,457
Non, pero vai vento. Se cadra non o oímos.
284
00:25:59,541 --> 00:26:00,916
Ou achegáronse en silencio.
285
00:26:01,000 --> 00:26:03,416
Ou se cadra temos que calmarnos.
286
00:26:03,500 --> 00:26:08,207
Perdoa, é que...
Non parece a súa casa, de verdade.
287
00:26:08,291 --> 00:26:10,125
A xunta da Filharmónica?
288
00:26:10,916 --> 00:26:13,666
Non sei. Paréceme todo un engano.
289
00:26:13,750 --> 00:26:15,916
Queren quedar aquí? Con nós?
290
00:26:16,000 --> 00:26:19,083
Esquécete. Eu non podería durmir
con estraños na casa.
291
00:26:19,583 --> 00:26:23,207
Rose está ao final do corredor.
E se entra ao calado...
292
00:26:23,291 --> 00:26:24,374
Nin quero pensalo.
293
00:26:24,458 --> 00:26:26,916
Nin cres que quixese abusar de Archie.
294
00:26:28,208 --> 00:26:29,499
De que falas?
295
00:26:29,583 --> 00:26:33,124
Eu só digo
que non me gusta como pinta isto, vale?
296
00:26:33,208 --> 00:26:36,166
Vén aquí porque non quere subir
unhas putas escaleiras?
297
00:26:36,250 --> 00:26:39,416
Non me fodas, parece improvisado.
298
00:26:40,750 --> 00:26:42,291
E se é un calote?
299
00:26:42,791 --> 00:26:47,332
E se a apagada e o que sexa
só é unha parte da historia?
300
00:26:47,416 --> 00:26:48,749
Non o inventarían.
301
00:26:48,833 --> 00:26:51,416
Por iso os móbiles
e Internet non funcionan.
302
00:26:51,500 --> 00:26:53,916
E ademais tiña as chaves.
303
00:26:54,000 --> 00:26:56,124
Abriu o armario das bebidas, lembras?
304
00:26:56,208 --> 00:26:57,624
E que se ten as chaves?
305
00:26:57,708 --> 00:27:01,166
Se cadra el é o milmañas
e ela a ama de chaves.
306
00:27:01,250 --> 00:27:03,957
A ama de chaves
sempre sabe onde están os cartos.
307
00:27:04,041 --> 00:27:06,749
E estaba de costas. Se cadra rompeuno.
308
00:27:06,833 --> 00:27:09,999
Non vexo que pode ganar
ao darnos mil pesos.
309
00:27:10,083 --> 00:27:14,999
Por que queres crerlle a todo o mundo
menos á túa muller?
310
00:27:15,083 --> 00:27:17,874
Está pasando algo, non me fío deles.
311
00:27:17,958 --> 00:27:22,750
Creo que son boa xente asustada
que necesitan onde pasar a noite.
312
00:27:23,541 --> 00:27:26,499
Vou baixar e vou falar con eles,
313
00:27:26,583 --> 00:27:30,166
e se non me dan boa sensación, vou dicir:
"Non.
314
00:27:30,250 --> 00:27:32,916
Non estamos conformes con este acordo."
315
00:27:33,000 --> 00:27:36,041
Vale? Pero se todo vai ben, que queden.
316
00:27:37,541 --> 00:27:39,166
Oxalá confiase coma ti.
317
00:27:49,666 --> 00:27:53,541
O meu cóctel de autor.
Fágoche un se queres.
318
00:27:54,166 --> 00:27:55,541
Vale, tomo unha copa.
319
00:27:56,375 --> 00:27:57,916
Non o toquei, para ti.
320
00:27:58,000 --> 00:27:59,125
Vaia, grazas.
321
00:28:02,666 --> 00:28:03,666
E ti, Amanda?
322
00:28:04,958 --> 00:28:06,208
Que leva exactamente?
323
00:28:09,208 --> 00:28:10,957
É un cóctel caralludo.
324
00:28:11,041 --> 00:28:12,833
Próbao, amor. Vaiche encantar.
325
00:28:13,875 --> 00:28:14,875
Paso.
326
00:28:17,875 --> 00:28:19,458
Necesito tomar o aire.
327
00:28:31,625 --> 00:28:32,916
É unha casa preciosa.
328
00:28:33,750 --> 00:28:35,666
Encántanos. Que ben que a vos tamén.
329
00:28:36,583 --> 00:28:37,666
Canto levades aquí?
330
00:28:38,750 --> 00:28:41,957
Comprámola hai case 20 anos.
331
00:28:42,041 --> 00:28:44,082
A estas alturas xa é o noso lar.
332
00:28:44,166 --> 00:28:46,582
Ou un lar lonxe da casa.
333
00:28:46,666 --> 00:28:50,416
Restaurámola hai uns cinco anos.
Tivemos un bo contratista.
334
00:28:50,500 --> 00:28:52,624
Moitos detalles foron idea súa.
335
00:28:52,708 --> 00:28:55,041
E onde vivides en Nova York?
336
00:28:55,125 --> 00:28:57,833
Vivimos en Park, entre a 81 e a 82.
337
00:28:58,541 --> 00:28:59,416
E vós?
338
00:28:59,500 --> 00:29:01,707
Brooklyn. Sunset Park.
339
00:29:01,791 --> 00:29:03,499
É Park Slope máis ben.
340
00:29:03,583 --> 00:29:05,582
Ah, que ben.
341
00:29:05,666 --> 00:29:08,500
É onde todo o mundo quere vivir,
e é económico.
342
00:29:09,541 --> 00:29:11,957
Creo que Ruth mirou de ir para aí
343
00:29:12,041 --> 00:29:13,791
cando quería independizarse.
344
00:29:14,375 --> 00:29:18,041
E a túa muller?
Preocúpache que ela estea en Nova York?
345
00:29:19,291 --> 00:29:21,625
Está nunha viaxe de traballo en Marrocos.
346
00:29:22,333 --> 00:29:24,416
É marchante de arte, viaxa moito.
347
00:29:24,500 --> 00:29:26,625
O seu voo chega mañá pola mañá.
348
00:29:28,666 --> 00:29:29,957
Podo ver o teu carné?
349
00:29:30,041 --> 00:29:30,916
Ai, Amanda.
350
00:29:31,000 --> 00:29:32,332
É xusto preguntar.
351
00:29:32,416 --> 00:29:34,624
Es un estraño que aparece de noite
352
00:29:34,708 --> 00:29:36,207
e os meus fillos están arriba.
353
00:29:36,291 --> 00:29:38,166
Claro. Enténdoo.
354
00:29:45,708 --> 00:29:46,708
Vale...
355
00:29:48,208 --> 00:29:50,500
Non me vas crer, pero...
356
00:29:51,416 --> 00:29:55,374
deixei a carteira no peto do abrigo,
co que entrei no concerto.
357
00:29:55,458 --> 00:29:57,833
Co escándalo debino esquecer alí.
358
00:29:58,875 --> 00:30:02,583
Dixeches que soubeches da apagada
de camiño á casa.
359
00:30:10,333 --> 00:30:12,582
Isto é unha emerxencia nacional.
360
00:30:12,666 --> 00:30:17,333
Todas as emisoras de radio e televisión
suspenderán os seus programas.
361
00:30:18,708 --> 00:30:22,166
Pois parece que fixestes ben
ao non ir a Nova York.
362
00:30:23,625 --> 00:30:24,832
Será un desastre.
363
00:30:24,916 --> 00:30:26,124
ALERTA NACIONAL
364
00:30:26,208 --> 00:30:28,332
A ver, só é unha apagada.
365
00:30:28,416 --> 00:30:30,416
Unha apagada significa algo.
366
00:30:31,125 --> 00:30:34,957
Podería ser algo, un sinal
de algo máis grande, coma terrorismo
367
00:30:35,041 --> 00:30:38,416
ou a bomba coa que dixeches
que o teu fillo non espertaba.
368
00:30:38,500 --> 00:30:39,541
Ruth.
369
00:30:43,208 --> 00:30:45,375
Deberiades quedar aquí esta noite.
370
00:30:46,291 --> 00:30:49,458
Mañá xa aclararemos todo.
371
00:30:49,958 --> 00:30:52,250
Vese todo distinto á luz do día.
372
00:30:53,750 --> 00:30:57,000
Supoño que os tópicos de autoaxuda
teñen algo de certo.
373
00:31:08,875 --> 00:31:11,207
É incrible que quedemos no soto.
374
00:31:11,291 --> 00:31:13,583
Que imos facer maña? A súa coada?
375
00:31:19,875 --> 00:31:21,791
Durme na cama, eu quedo no chan.
376
00:31:31,750 --> 00:31:33,291
Hai que botalos de aquí.
377
00:31:36,291 --> 00:31:38,208
Asustándoos non o conseguiremos.
378
00:31:40,083 --> 00:31:42,083
Teñen que pensar que todo vai ir ben.
379
00:31:44,541 --> 00:31:46,583
Vai ir todo ben, non si?
380
00:31:58,666 --> 00:32:00,541
Que pasa? En que pensas?
381
00:32:01,166 --> 00:32:03,666
O teu cliente non che dixo nada máis, non?
382
00:32:04,916 --> 00:32:07,500
Non ten sentido falar disto
ata sabermos máis.
383
00:32:12,541 --> 00:32:13,833
Iso penso.
384
00:32:21,583 --> 00:32:23,374
Isto é unha emerxencia nacional.
385
00:32:23,458 --> 00:32:28,124
Todas as emisoras de radio e televisión
suspenderán os seus programas.
386
00:32:28,208 --> 00:32:30,207
Isto é unha emerxencia nacional.
387
00:32:30,291 --> 00:32:34,708
Todas as emisoras de radio e televisión
suspenderán os seus programas.
388
00:32:38,375 --> 00:32:40,166
Ela estábanos fodendo.
389
00:32:40,250 --> 00:32:42,582
A rapaza estaba fisgando.
390
00:32:42,666 --> 00:32:44,624
Non o tomes tan a peito.
391
00:32:44,708 --> 00:32:48,000
Creo que non aguanto máis sarcasmo.
392
00:32:48,833 --> 00:32:50,749
Nin aínda que sexa a súa casa.
393
00:32:50,833 --> 00:32:51,957
Segues con iso?
394
00:32:52,041 --> 00:32:54,791
Non teñen nin unha foto nas paredes.
395
00:32:54,875 --> 00:32:58,582
Nin unha foto da voda
da suposta muller que é marchante de arte
396
00:32:58,666 --> 00:33:00,832
ou da nena malcriada de bebé. Pénsao.
397
00:33:00,916 --> 00:33:05,582
Seguro que as quitan cando alugan a casa
pola súa privacidade.
398
00:33:05,666 --> 00:33:07,541
Danme que pensar.
399
00:33:11,500 --> 00:33:15,000
Por que non dixeches nada
do que pasou na praia? O barco.
400
00:33:15,791 --> 00:33:17,041
Era un petroleiro.
401
00:33:17,625 --> 00:33:19,583
E por que non llelo dixeches?
402
00:33:21,458 --> 00:33:25,666
Non sei. Xa me parecía abondo.
403
00:33:26,375 --> 00:33:27,375
E ti?
404
00:33:29,666 --> 00:33:30,500
Tiña medo.
405
00:33:32,375 --> 00:33:33,375
Medo de que?
406
00:33:35,416 --> 00:33:36,958
De que confirmase algo.
407
00:33:46,291 --> 00:33:50,583
Todas as emisoras de radio e televisión
suspenderán os seus programas.
408
00:33:51,291 --> 00:33:53,416
Isto é unha emerxencia nacional.
409
00:33:53,500 --> 00:33:57,833
Todas as emisoras de radio e televisión
suspenderán os seus programas.
410
00:34:00,708 --> 00:34:04,958
ÚLTIMA HORA
CIBERATAQUE EN TODO O PAÍS
411
00:34:08,333 --> 00:34:12,208
SEGUNDA PARTE
A CURVA
412
00:34:27,833 --> 00:34:28,666
Mamá.
413
00:34:29,583 --> 00:34:30,416
Mamá.
414
00:34:31,666 --> 00:34:32,707
Mamá.
415
00:34:32,791 --> 00:34:34,666
Rosie. Rose.
416
00:34:34,750 --> 00:34:38,957
Mamá, teño dous problemas.
Un: ía ver o final da serie de Friends,
417
00:34:39,041 --> 00:34:41,749
pero non me funciona o Internet no iPad.
418
00:34:41,833 --> 00:34:45,416
Intentei velo na televisión
porque lin que...
419
00:34:45,500 --> 00:34:48,166
Como se chama
cando poñen o mesmo unha e outra vez?
420
00:34:50,625 --> 00:34:51,458
Repeticións.
421
00:34:52,375 --> 00:34:53,541
E por que o fan?
422
00:34:54,375 --> 00:34:56,750
Non o sei, Rosie.
Daquela estabamos aburridos.
423
00:34:57,666 --> 00:35:00,791
Escoita, á televisión pásalle algo.
Avariouse.
424
00:35:00,875 --> 00:35:03,666
Ese é o segundo problema.
Arránxao, por favor.
425
00:35:03,750 --> 00:35:06,791
Dáme moita ansiedade
non saber como vai acabar.
426
00:35:06,875 --> 00:35:09,332
Non cres que o tomas moi en serio?
427
00:35:09,416 --> 00:35:11,999
Non é xusto. Estamos de vacacións.
428
00:35:12,083 --> 00:35:15,249
Papá di que nas vacacións
podemos ver a tele cando queiramos.
429
00:35:15,333 --> 00:35:18,708
Vale. Un: eu non dixen iso,
430
00:35:19,291 --> 00:35:22,416
e dous: papá aínda está durmindo.
431
00:35:23,000 --> 00:35:25,583
Espera no salón, xa vou.
432
00:35:44,375 --> 00:35:47,374
A COSTA ESTE DOS EUA
SOFRE UNHA APAGADA DA LUZ
433
00:35:47,458 --> 00:35:49,582
HACKERS DETRÁS DO CORTE DA LUZ
434
00:35:49,666 --> 00:35:50,500
Clay.
435
00:35:51,875 --> 00:35:53,750
Esperta. Mira.
436
00:35:59,625 --> 00:36:01,416
- Non hai nada.
- Que?
437
00:36:02,458 --> 00:36:04,541
- Estaba aí.
- Seguro? Que dicía?
438
00:36:05,125 --> 00:36:06,791
Claro que estou segura.
439
00:36:07,500 --> 00:36:10,083
Había catro noticias.
440
00:36:10,750 --> 00:36:16,374
Dúas da apagada e unha que dicía
que o corte da luz foi obra dos hackers.
441
00:36:16,458 --> 00:36:18,124
- Hackers?
- Si.
442
00:36:18,208 --> 00:36:21,832
E unha dicía: "última hora",
pero eran símbolos raros.
443
00:36:21,916 --> 00:36:23,916
Sen palabras, letras aleatorias.
444
00:36:24,000 --> 00:36:26,500
Hackearían a rede móbil?
445
00:36:28,500 --> 00:36:32,000
É unha pregunta?
Pregúntasme a min? Eu que cona sei.
446
00:36:32,833 --> 00:36:35,374
Por que non te inmutas con todo isto?
447
00:36:35,458 --> 00:36:37,999
Esqueciches que seguen na nosa casa?
448
00:36:38,083 --> 00:36:39,916
Confiei en ti nisto.
449
00:36:41,666 --> 00:36:42,999
Vou ir á vila.
450
00:36:43,083 --> 00:36:45,707
Vou á tenda comprar un xornal
451
00:36:45,791 --> 00:36:48,249
a ver se hai alguén que saiba algo máis.
452
00:36:48,333 --> 00:36:50,750
Vale? Xa me encargo eu.
453
00:36:58,708 --> 00:36:59,708
E ese coche?
454
00:37:01,000 --> 00:37:02,041
Parece caro.
455
00:37:03,666 --> 00:37:04,791
Vamos almorzar.
456
00:37:12,666 --> 00:37:15,791
Escoita, rula, falando do coche.
457
00:37:16,791 --> 00:37:19,458
Onte á noite, dúas persoas,
458
00:37:20,125 --> 00:37:23,291
os Scott, tiveron que vir aquí.
459
00:37:23,375 --> 00:37:24,375
Houbo...
460
00:37:26,208 --> 00:37:29,832
Tiveron un problema e non estaban lonxe,
así que viñeron.
461
00:37:29,916 --> 00:37:31,582
Pero de que falas?
462
00:37:31,666 --> 00:37:32,957
Vou tomar ese café.
463
00:37:33,041 --> 00:37:35,291
Estáballe falando dos Scott.
464
00:37:36,250 --> 00:37:38,291
- A tele non funciona.
- Amodo, rula.
465
00:37:38,375 --> 00:37:39,750
Pódela arranxar?
466
00:37:41,375 --> 00:37:42,291
Si.
467
00:37:43,958 --> 00:37:47,666
Vale, agora é ruído estático.
Onte á noite era todo azul.
468
00:37:48,250 --> 00:37:50,083
- A saber que significa.
- Que?
469
00:37:51,375 --> 00:37:52,291
Mira, ves?
470
00:37:53,750 --> 00:37:56,457
Non, non funciona.
471
00:37:56,541 --> 00:37:58,957
Xa vexo. Podes reiniciala ou algo?
472
00:37:59,041 --> 00:38:01,708
- Ou subir ao tellado?
- Ninguén vai ao tellado.
473
00:38:02,250 --> 00:38:04,374
Eu desde logo non subo ao tellado.
474
00:38:04,458 --> 00:38:06,791
Vale? Pero logo vou ir comprar
475
00:38:06,875 --> 00:38:09,374
e se cadra atopo algo que poida valer.
476
00:38:09,458 --> 00:38:12,166
Unhas antenas da televisión ou algo así.
477
00:38:12,250 --> 00:38:14,000
De que van valer as antenas?
478
00:39:43,291 --> 00:39:44,125
Bo día.
479
00:39:45,041 --> 00:39:46,374
Podo tomar un café?
480
00:39:46,458 --> 00:39:48,916
Sírvete. Xa sabes onde están as cuncas.
481
00:39:54,791 --> 00:39:57,666
Esta mañá
saíronme unhas noticias no móbil.
482
00:39:57,750 --> 00:39:59,332
- Funciónache o móbil?
- Non.
483
00:39:59,416 --> 00:40:03,083
Deberon chegar pola noite,
e logo desapareceron.
484
00:40:04,458 --> 00:40:05,458
Que poñía?
485
00:40:06,666 --> 00:40:10,749
Dúas falaban da apagada e unha poñía
que era obra dos hackers.
486
00:40:10,833 --> 00:40:11,833
Hackers?
487
00:40:12,625 --> 00:40:14,707
Onde están as centrais eléctricas?
488
00:40:14,791 --> 00:40:17,332
Deben estar en Queens. Ou preto do río.
489
00:40:17,416 --> 00:40:19,332
Por que preguntas polas centrais?
490
00:40:19,416 --> 00:40:22,749
Os hackers entran nas centrais.
Así causarían o apagado.
491
00:40:22,833 --> 00:40:25,041
Lémbraste do que pasou en Jersey?
492
00:40:25,125 --> 00:40:26,666
Case hai unha catástrofe.
493
00:40:29,583 --> 00:40:30,958
Esa é a túa filla?
494
00:40:33,291 --> 00:40:35,416
Que guapa. Cantos anos ten?
495
00:40:36,375 --> 00:40:37,958
Fixo 13 o mes pasado.
496
00:40:39,333 --> 00:40:41,083
Pero é unha bebé no fondo.
497
00:40:43,000 --> 00:40:46,749
Se che parece ben, gustaríame
manter o que pasa entre os adultos.
498
00:40:46,833 --> 00:40:48,166
Gústalles a piscina.
499
00:40:48,250 --> 00:40:51,124
Intentarei que sigan aí ata sabermos máis.
500
00:40:51,208 --> 00:40:52,999
Non quero que se asusten por nada.
501
00:40:53,083 --> 00:40:55,708
Non quero asustalos,
pero non estou de acordo.
502
00:40:56,916 --> 00:40:58,708
En que non estás de acordo?
503
00:40:59,583 --> 00:41:01,375
Non creo que non sexa nada.
504
00:41:07,166 --> 00:41:09,875
Ben, e a que te dedicas?
505
00:41:13,333 --> 00:41:17,416
Traballo en publicidade,
axudo o cliente. Xestiono as relacións.
506
00:41:19,416 --> 00:41:20,958
Non o imaxinaría.
507
00:41:21,833 --> 00:41:23,458
E o teu marido?
508
00:41:23,958 --> 00:41:26,291
Clay é profesor no City College.
509
00:41:26,375 --> 00:41:28,000
Inglés e comunicación.
510
00:41:28,500 --> 00:41:31,624
Tiña moitas amigas
que estudaban comunicación,
511
00:41:31,708 --> 00:41:33,500
pero non sei de que vai.
512
00:41:35,375 --> 00:41:36,875
E ti que fas?
513
00:41:37,708 --> 00:41:42,874
Eu estou intentando aclararme
e non precipitarme demasiado.
514
00:41:42,958 --> 00:41:45,707
O último que quero
é que me absorba un traballo
515
00:41:45,791 --> 00:41:46,999
do que me arrepinta
516
00:41:47,083 --> 00:41:49,999
e no que estarei atrapada
pola presión de seguir adiante
517
00:41:50,083 --> 00:41:52,833
porque xa serei vella para volver empezar.
518
00:41:53,333 --> 00:41:55,791
Bo día. Algunha novidade?
519
00:41:58,083 --> 00:41:59,832
Os móbiles non funcionan.
520
00:41:59,916 --> 00:42:02,416
E a televisión tampouco. E Clay?
521
00:42:02,500 --> 00:42:04,499
Foi comprar un xornal.
522
00:42:04,583 --> 00:42:08,541
Ou buscar alguén con quen falar
para ver se saben que pasa.
523
00:42:08,625 --> 00:42:12,500
Moi listo. Eu pensei en ir
á casa dos veciños, os Huxley.
524
00:42:13,083 --> 00:42:16,124
- Viven a un par de quilómetros.
- Estarán na casa?
525
00:42:16,208 --> 00:42:17,208
Non creo.
526
00:42:17,750 --> 00:42:19,749
Nesta época non hai ninguén,
527
00:42:19,833 --> 00:42:21,416
pero vou ir mirar.
528
00:42:22,166 --> 00:42:25,083
Antes de ir,
se cadra queres saber o das noticias.
529
00:42:27,166 --> 00:42:28,208
Noticias?
530
00:42:29,541 --> 00:42:32,041
Esta mañá tiña noticias no móbil.
531
00:42:32,125 --> 00:42:34,291
Dúas falaban da apagada,
532
00:42:34,375 --> 00:42:38,958
pero unha dicía algo
de que se cadra foi obra dos hackers.
533
00:42:42,083 --> 00:42:45,000
Que? Ti tamén cres
que vai haber unha catástrofe?
534
00:42:46,416 --> 00:42:49,541
- Díxocho Ruth?
- Iso e outras cousas horribles, si.
535
00:42:49,625 --> 00:42:52,541
Evidentemente, Ruth é algo paranoica.
536
00:42:52,625 --> 00:42:54,249
Non dicías ti sempre:
537
00:42:54,333 --> 00:42:57,125
"Se non es paranoico agora,
logo será tarde."?
538
00:42:59,791 --> 00:43:02,374
Seguro que isto non é nada á fin.
539
00:43:02,458 --> 00:43:04,541
Coma o virus "I Love You".
540
00:43:06,666 --> 00:43:07,500
Hai café?
541
00:43:10,083 --> 00:43:12,375
Perdoa. Que é o virus "I Love You"?
542
00:43:13,958 --> 00:43:17,332
Foi un verme informático
que houbo en Internet no 2000.
543
00:43:17,416 --> 00:43:20,416
Recibías un correo
cun asunto que poñía "Quérote".
544
00:43:20,500 --> 00:43:23,916
Se premías no arquivo adxunto,
enviáballelo a todos os contactos.
545
00:43:24,000 --> 00:43:27,082
Prexudicou empresas
e causou danos de miles de millóns.
546
00:43:27,166 --> 00:43:30,000
Resulta que foran dous rapaces
nas Filipinas.
547
00:43:31,541 --> 00:43:33,333
Pode ser igual de inofensivo.
548
00:43:46,875 --> 00:43:48,666
Voulle meter présa a Archie.
549
00:44:03,500 --> 00:44:04,666
Preocúpame mamá.
550
00:44:06,250 --> 00:44:07,791
Non terá problemas co voo?
551
00:44:11,291 --> 00:44:12,125
Non.
552
00:44:15,875 --> 00:44:17,166
De feito, seguro que...
553
00:44:18,375 --> 00:44:20,583
o desviaron a algún aeroporto de Ohio.
554
00:44:22,500 --> 00:44:24,874
Estará insultando
os de atención ao cliente
555
00:44:24,958 --> 00:44:26,333
ata que a manden á casa.
556
00:44:29,791 --> 00:44:32,000
Lembras cando fomos os tres a Italia?
557
00:44:34,791 --> 00:44:35,791
Lembro, si.
558
00:44:40,250 --> 00:44:41,333
Por que pensas niso?
559
00:44:42,875 --> 00:44:44,583
Non sei en que máis pensar.
560
00:44:57,708 --> 00:44:59,416
OVOS
561
00:45:15,791 --> 00:45:20,208
NON HAI SINAL GPS
562
00:46:07,458 --> 00:46:10,375
OS HUXLEY
563
00:46:26,291 --> 00:46:28,916
INTENTEI CONTACTAR CONTIGO.
ESTÁS NO AEROPORTO?
564
00:46:29,000 --> 00:46:31,041
O VOO É O AT200? NON APARECE.
565
00:46:31,125 --> 00:46:33,041
IMOS A LONG ISLAND. CHÁMOTE.
566
00:46:37,791 --> 00:46:38,666
MAYA?
567
00:46:38,750 --> 00:46:40,832
DIME QUE ESTÁS BEN, POR FAVOR.
568
00:46:40,916 --> 00:46:42,208
NON ENTREGADO
569
00:47:04,375 --> 00:47:06,125
A ORQUESTRA FILHARMÓNICA DO BRONX
570
00:47:42,291 --> 00:47:44,208
Quen dixo mamá que eran estes?
571
00:47:47,583 --> 00:47:48,541
Que miras?
572
00:48:23,833 --> 00:48:25,541
SEN SINAL - 1619 MHZ
573
00:48:25,625 --> 00:48:28,916
...infórmannos dos efectos colaterais
do ciberataque.
574
00:48:29,000 --> 00:48:32,082
Hai un desastre medioambiental
catastrófico no sur,
575
00:48:32,166 --> 00:48:34,500
que afecta a migración dos animais...
576
00:49:39,791 --> 00:49:41,583
Archie, vin algo esta mañá.
577
00:49:43,166 --> 00:49:44,041
Cervos.
578
00:49:44,125 --> 00:49:45,750
Están por todo, parva.
579
00:49:46,791 --> 00:49:49,624
Son coma esquíos ou pombas.
580
00:49:49,708 --> 00:49:50,916
Que máis dá?
581
00:49:51,000 --> 00:49:52,625
Non, foi distinto, coma se...
582
00:49:53,208 --> 00:49:54,875
intentasen dicirnos algo.
583
00:49:57,166 --> 00:49:58,625
A ver que máis hai.
584
00:50:00,875 --> 00:50:04,208
Tan aburrida estás?
É porque non podes ver a serie?
585
00:50:05,583 --> 00:50:06,416
Eu vou.
586
00:50:21,166 --> 00:50:24,791
Ola, hai alguén? Son G.H. Entrei só.
587
00:50:36,041 --> 00:50:37,541
NON HAI SINAL GPS
588
00:50:57,583 --> 00:50:58,416
Ola?
589
00:51:04,750 --> 00:51:05,791
Que hai aí?
590
00:51:09,416 --> 00:51:10,416
Vaiamos ver.
591
00:51:42,416 --> 00:51:44,250
Si? Ola, boas.
592
00:51:51,416 --> 00:51:55,125
Non entendo que dis.
Non falo a túa lingua.
593
00:52:13,083 --> 00:52:15,000
Este sitio é un puto fastío.
594
00:52:17,291 --> 00:52:18,125
Xa.
595
00:52:24,250 --> 00:52:26,750
Pero se cadra é onde dorme.
596
00:52:28,583 --> 00:52:29,583
Onde se agocha.
597
00:52:31,083 --> 00:52:31,916
Quen?
598
00:52:33,791 --> 00:52:35,083
Quen deixou esa marca.
599
00:53:13,250 --> 00:53:16,833
Non sei onde estou. Intento chegar á vila.
600
00:53:18,458 --> 00:53:21,458
Non, eu tampouco teño rede.
601
00:53:32,250 --> 00:53:33,416
Mira, ten...
602
00:53:34,166 --> 00:53:35,791
Ten unha xanela aquí.
603
00:53:36,833 --> 00:53:38,375
Para poder ver...
604
00:53:40,125 --> 00:53:40,958
O que?
605
00:53:57,375 --> 00:53:58,916
Perdoa.
606
00:54:54,916 --> 00:54:55,957
Eh.
607
00:54:56,041 --> 00:54:58,500
Non é ese o cuarto no que dormes?
608
00:55:34,041 --> 00:55:35,041
Hostia...
609
00:55:48,083 --> 00:55:49,083
Imaxina...
610
00:55:49,833 --> 00:55:51,375
que está todo escuro.
611
00:56:05,083 --> 00:56:06,666
Miña nai!
612
00:56:10,000 --> 00:56:12,291
Tes a luz da lampadiña acesa.
613
00:56:23,208 --> 00:56:24,250
Ai, cona.
614
00:56:27,583 --> 00:56:28,416
Merda!
615
00:56:28,500 --> 00:56:31,833
Podería seguir esa luz ata ti.
616
00:56:41,666 --> 00:56:42,833
Hostia puta.
617
00:56:48,291 --> 00:56:50,541
Non é gracioso, Archie. Doeume.
618
00:56:50,625 --> 00:56:51,582
Has estar ben.
619
00:56:51,666 --> 00:56:52,707
Non hei tal.
620
00:56:52,791 --> 00:56:55,416
Tía, reláxate, ho. Era unha broma.
621
00:56:58,458 --> 00:57:00,332
Esta mañá vin cervos.
622
00:57:00,416 --> 00:57:03,499
Non un cervo, a hostia de cervos. Cen.
623
00:57:03,583 --> 00:57:06,499
Se cadra máis. No xardín da casa.
624
00:57:06,583 --> 00:57:08,582
Foi moi raro, Archie.
625
00:57:08,666 --> 00:57:10,916
Acostuman andar en grandes mandas?
626
00:57:11,916 --> 00:57:13,750
Que hostia sei eu de cervos?
627
00:57:15,541 --> 00:57:17,957
Se che preocupa,
pregúntalles a mamá e papá.
628
00:57:18,041 --> 00:57:19,791
Coma se lles importase.
629
00:57:22,708 --> 00:57:24,458
A ninguén lle importa o que digo.
630
00:57:27,541 --> 00:57:28,708
Iso é verdade.
631
00:58:19,375 --> 00:58:20,291
Vaste meter?
632
00:58:21,125 --> 00:58:22,208
Non. Ti?
633
00:58:24,083 --> 00:58:25,458
Que fastío.
634
00:58:25,958 --> 00:58:28,000
Por que? Polo pelo ou...?
635
00:58:30,791 --> 00:58:34,291
Non me fío de que os teus fillos
non mexasen na piscina.
636
00:58:35,750 --> 00:58:36,957
Non o farían.
637
00:58:37,041 --> 00:58:40,000
E aínda así non o podemos saber, eh?
638
00:58:49,916 --> 00:58:51,541
FRIENDS
T10 E17: O ÚLTIMO
639
00:58:51,625 --> 00:58:53,291
A túa filla ve esa serie?
640
00:58:55,333 --> 00:58:58,750
"Ver" non lle fai xustiza.
Máis ben adóraa.
641
00:59:02,916 --> 00:59:03,750
Que?
642
00:59:05,291 --> 00:59:07,000
Eu tamén a vin, eh, non penses,
643
00:59:07,625 --> 00:59:12,583
pero é case nostálxico
para unha época que nunca existiu, sabes?
644
00:59:19,250 --> 00:59:21,583
Espero que os rapaces non fosen lonxe.
645
00:59:39,875 --> 00:59:40,875
Archie.
646
00:59:43,083 --> 00:59:44,291
Archie, mira.
647
00:59:47,875 --> 00:59:49,000
Podes mirar?
648
00:59:52,458 --> 00:59:53,291
Que?
649
00:59:56,208 --> 00:59:57,291
Debiamos ir alí.
650
00:59:58,000 --> 01:00:00,666
Non, diso nada. Teño fame. Veña, vamos.
651
01:00:16,000 --> 01:00:17,375
Rose, vamos.
652
01:00:24,375 --> 01:00:25,208
Ben...
653
01:00:26,291 --> 01:00:28,166
Vasnos contar por que estás pingando?
654
01:00:32,583 --> 01:00:33,791
Caín na piscina.
655
01:00:34,916 --> 01:00:37,375
Caíches na... piscina.
656
01:00:38,041 --> 01:00:39,624
Tropecei con algo.
657
01:00:39,708 --> 01:00:41,457
Si, caín na piscina.
658
01:00:41,541 --> 01:00:44,124
E que facías preto da piscina?
Non buscabas a Rich?
659
01:00:44,208 --> 01:00:46,875
Podes ir ao meu despacho collerme roupa?
660
01:00:47,625 --> 01:00:50,458
Esta é a única muda que tiña abaixo.
661
01:01:01,083 --> 01:01:02,791
Vino, sabías?
662
01:01:04,666 --> 01:01:06,458
Antes de que todo isto pasase.
663
01:01:08,791 --> 01:01:10,166
Mirei o mercado.
664
01:01:11,375 --> 01:01:13,208
E sabía que ía pasar algo.
665
01:01:16,083 --> 01:01:17,083
A que te refires?
666
01:01:21,166 --> 01:01:25,333
No meu traballo hai que entender
os mecanismos que controlan o mundo.
667
01:01:26,208 --> 01:01:28,166
Hai que aprender a ler a curva.
668
01:01:29,083 --> 01:01:32,374
Se levas tanto tempo coma min,
pode axudarte a ver o futuro.
669
01:01:32,458 --> 01:01:35,874
Se se mantén firme, augura harmonía.
670
01:01:35,958 --> 01:01:38,958
Se sobe ou baixa,
sabes que significa algo.
671
01:01:44,000 --> 01:01:47,500
G.H., por que me contas isto?
672
01:01:48,458 --> 01:01:50,250
Díxoche algo o veciño?
673
01:01:51,125 --> 01:01:52,791
Non, non estaba na casa.
674
01:01:52,875 --> 01:01:55,625
Ten un teléfono satelital,
pensei que nos axudaría.
675
01:01:56,458 --> 01:02:00,333
Intentei usalo. Non funcionou,
e iso que tiña batería abonda.
676
01:02:01,166 --> 01:02:04,124
Cun teléfono satelital sempre tes sinal
677
01:02:04,208 --> 01:02:06,541
se o ceo está despexado, e estaba.
678
01:02:08,750 --> 01:02:10,207
Só deixaría de funcionar
679
01:02:10,291 --> 01:02:12,583
se os satélites quedasen fóra de servizo.
680
01:02:15,666 --> 01:02:16,708
Os satélites.
681
01:02:18,625 --> 01:02:22,624
Cres que lle pasou algo
aos satélites do espazo.
682
01:02:22,708 --> 01:02:25,333
Os satélites
están conectados aos ordenadores.
683
01:02:29,708 --> 01:02:34,791
Cres que os hackers ou o que fosen
anularon os nosos satélites?
684
01:02:36,250 --> 01:02:38,832
Non cres que te estás deixando levar?
685
01:02:38,916 --> 01:02:40,332
Se cadra non o usaches ben.
686
01:02:40,416 --> 01:02:43,708
Vin un avión caer en picado no mar.
687
01:02:50,291 --> 01:02:51,583
E non era o primeiro.
688
01:03:02,083 --> 01:03:05,166
Xa non creo
que sexan uns rapaces en Filipinas.
689
01:03:14,083 --> 01:03:15,000
Que hostia é iso?
690
01:03:16,958 --> 01:03:17,958
Que hostia é?
691
01:03:26,583 --> 01:03:27,583
E os meus fillos?
692
01:04:44,708 --> 01:04:49,791
TERCEIRA PARTE
O RUÍDO
693
01:04:59,583 --> 01:05:00,416
Mamá.
694
01:05:07,500 --> 01:05:08,333
E papá?
695
01:05:09,041 --> 01:05:10,000
Volverá axiña.
696
01:05:11,791 --> 01:05:12,791
Por que estás mollado?
697
01:05:14,958 --> 01:05:16,583
Tiña que tapar as orellas antes.
698
01:05:17,166 --> 01:05:18,583
Noto a cabeza rara.
699
01:05:19,666 --> 01:05:22,666
Supoño que é normal. Estaba moi alto.
700
01:05:26,625 --> 01:05:30,999
Era coma se un avión
rompese a barreira do son?
701
01:05:31,083 --> 01:05:35,124
Ou o que... Unha explosión sónica.
Foi unha explosión sónica?
702
01:05:35,208 --> 01:05:37,833
Os avións non rompen a barreira do son.
703
01:05:38,541 --> 01:05:40,416
O Concorde xa non voa.
704
01:05:40,500 --> 01:05:42,625
Puido ser un avión que non coñecemos.
705
01:05:44,916 --> 01:05:46,791
Archie, vaite cambiar.
706
01:05:48,083 --> 01:05:49,666
Rose, ti tamén deberías.
707
01:05:51,583 --> 01:05:52,541
Boa idea.
708
01:05:52,625 --> 01:05:55,208
Vai á cama de mamá
e le o libro que che deu papá.
709
01:06:03,291 --> 01:06:06,208
Imos estar ben, verdade?
710
01:06:07,250 --> 01:06:08,083
Imos.
711
01:06:16,333 --> 01:06:19,124
Como es o da bóla de cristal, que foi iso?
712
01:06:19,208 --> 01:06:20,999
Foi unha bomba? Un mísil?
713
01:06:21,083 --> 01:06:23,207
Puido estoupar unha central eléctrica.
714
01:06:23,291 --> 01:06:24,832
Non sabemos nada certo.
715
01:06:24,916 --> 01:06:28,375
Hai un minuto estabas segurísimo
con ese discurso evocador.
716
01:06:28,916 --> 01:06:30,083
Non cambiou nada.
717
01:06:31,875 --> 01:06:33,625
Que non cambiou nada?
718
01:06:35,375 --> 01:06:37,499
Cambiou todo.
719
01:06:37,583 --> 01:06:40,082
E estamos aquí sentados coma non sei que.
720
01:06:40,166 --> 01:06:43,332
Así fan as presas fáciles?
Esperan a que lles disparen?
721
01:06:43,416 --> 01:06:45,791
Non cambiou nada do que facermos.
722
01:06:46,625 --> 01:06:49,541
Esperamos que chegue Clay,
a ver que descubriu.
723
01:06:49,625 --> 01:06:51,791
Debería ir buscar por el?
724
01:06:51,875 --> 01:06:53,457
Hai que encher as bañeiras.
725
01:06:53,541 --> 01:06:57,541
Hai baterías abondas, Tylenol,
comida, un xerador,
726
01:06:57,625 --> 01:06:59,999
unha desas radios de manivela
727
01:07:00,083 --> 01:07:02,041
e unha palla
para facer potable auga sucia.
728
01:07:02,125 --> 01:07:03,916
Non faremos nada ata que volva Clay.
729
01:07:04,000 --> 01:07:05,749
E se non volve?
730
01:07:05,833 --> 01:07:07,749
Vale, meu pai ten razón.
731
01:07:07,833 --> 01:07:09,582
Aquí estamos a salvo. A esperar.
732
01:07:09,666 --> 01:07:10,791
E estamos a salvo
733
01:07:10,875 --> 01:07:12,124
sen saber que cona pasa?
734
01:07:12,208 --> 01:07:14,541
Igual foi coma... como era? Ten Mile Island?
735
01:07:14,625 --> 01:07:16,791
Aquí hai centrais eléctricas, non?
736
01:07:16,875 --> 01:07:19,291
- Three Mile Island.
- Que tes coas centrais?
737
01:07:19,375 --> 01:07:21,791
Tes razón. Non debemos conxecturar nada.
738
01:07:21,875 --> 01:07:22,957
Non digas iso!
739
01:07:23,041 --> 01:07:25,916
Quero que me digas
que hostia estás pensando.
740
01:07:26,000 --> 01:07:29,500
Primeiro a apagada,
logo ves os avións estrelarse e...
741
01:07:31,291 --> 01:07:32,416
Que?
742
01:07:33,583 --> 01:07:34,541
É adulta.
743
01:07:34,625 --> 01:07:37,250
Non a podes protexer, nin a min tampouco.
744
01:07:37,958 --> 01:07:42,166
O teléfono satelital que non funciona,
logo o ruído, e agora que?
745
01:07:42,250 --> 01:07:44,457
Que vai pasar a continuación?
746
01:07:44,541 --> 01:07:46,207
Díxenche todo o que sei.
747
01:07:46,291 --> 01:07:47,874
Non te creo.
748
01:07:47,958 --> 01:07:50,624
Non te crin
desde que entraches por esa porta.
749
01:07:50,708 --> 01:07:54,166
Vaites, por que será que desconfía de ti?
750
01:07:54,250 --> 01:07:55,124
Ruth...
751
01:07:55,208 --> 01:07:58,332
Sempre cres que sabes de que falas,
non si?
752
01:07:58,416 --> 01:08:00,874
Díxolle o pote ao caldeiro.
753
01:08:00,958 --> 01:08:01,791
Ruth.
754
01:08:33,416 --> 01:08:34,333
Sabíao.
755
01:08:36,916 --> 01:08:38,832
Onte, no supermercado da vila,
756
01:08:38,916 --> 01:08:40,916
había un tipo no aparcadoiro.
757
01:08:41,000 --> 01:08:44,875
Comprou botellas de auga
e latas de conserva.
758
01:08:51,166 --> 01:08:52,666
Sabía que ía pasar isto.
759
01:08:54,083 --> 01:08:54,958
Con barba?
760
01:08:57,125 --> 01:08:58,791
Cun sombreiro de vaqueiro?
761
01:09:00,333 --> 01:09:04,083
É Danny. O contratista do que che falei.
762
01:09:05,958 --> 01:09:07,666
O que traballou na casa.
763
01:09:08,500 --> 01:09:11,916
Eu non lle daría importancia.
Vive preparado para o peor.
764
01:09:12,000 --> 01:09:14,416
Esa compra
sería a normal dunha fin de semana.
765
01:09:19,041 --> 01:09:20,416
Meu Deus.
766
01:09:21,416 --> 01:09:25,082
Cheguei. Estou ben, ti estás ben?
E os rapaces?
767
01:09:25,166 --> 01:09:27,291
- Estamos todos ben.
- Vale.
768
01:09:27,375 --> 01:09:29,000
Que pasou? Fuches á vila?
769
01:09:32,000 --> 01:09:35,833
Non fun moi lonxe.
E logo escoitei ese ruído.
770
01:09:37,000 --> 01:09:40,791
Como dis? Onde estiveches?
Que fixeches? Ía tolear.
771
01:09:40,875 --> 01:09:44,416
Non sei, comecei a conducir
772
01:09:44,500 --> 01:09:48,832
e logo escoitei ese ruído
e volvín decontado.
773
01:09:48,916 --> 01:09:52,250
Daquela non viches ninguén
que saiba que está a pasar.
774
01:09:52,750 --> 01:09:54,375
Non, non vin ninguén.
775
01:09:55,916 --> 01:09:58,000
Pero vin algo, vin...
776
01:10:01,083 --> 01:10:03,791
Era un dron xigante.
777
01:10:03,875 --> 01:10:06,957
Apareceu voando de nada
e deixou miles destes papeis.
778
01:10:07,041 --> 01:10:08,708
Nin idea de que pon.
779
01:10:20,583 --> 01:10:21,666
"Morte aos EUA"?
780
01:10:25,375 --> 01:10:26,208
Que?
781
01:10:27,583 --> 01:10:28,916
"Morte aos EUA."
782
01:10:31,958 --> 01:10:34,749
A ver, o resto non sei que significa,
783
01:10:34,833 --> 01:10:37,208
pero aquí pon "Morte aos EUA".
784
01:10:38,125 --> 01:10:39,625
Lémbrome por un xogo.
785
01:10:46,166 --> 01:10:47,791
Nada disto ten sentido.
786
01:10:47,875 --> 01:10:50,332
Se nos atacasen,
por que o ían anunciar así?
787
01:10:50,416 --> 01:10:53,207
Nin está en inglés.
Para que os ían soltar?
788
01:10:53,291 --> 01:10:56,999
Creo que se xiro á dereita,
vou directo á autoestrada, non?
789
01:10:57,083 --> 01:10:59,832
Co que sabemos,
Nova York é o peor sitio para irdes.
790
01:10:59,916 --> 01:11:02,957
Non imos alí,
imos xunta da miña irmá, a Jersey.
791
01:11:03,041 --> 01:11:05,874
Para ir a Nova Jersey
tedes que pasar por Nova York.
792
01:11:05,958 --> 01:11:09,207
Entón xiro á dereita
e busco os sinais da autoestrada.
793
01:11:09,291 --> 01:11:12,582
Si, igual que para vir.
Pero escóitame, por favor.
794
01:11:12,666 --> 01:11:15,124
É perigoso para ti e para a túa familia.
795
01:11:15,208 --> 01:11:16,041
Papá.
796
01:11:16,625 --> 01:11:18,000
Déixaos ir.
797
01:11:20,625 --> 01:11:23,249
Agradézoche que te preocupes por nós.
798
01:11:23,333 --> 01:11:25,041
Temos que pensar na nosa familia.
799
01:11:26,041 --> 01:11:27,833
É o mellor para todos.
800
01:11:43,458 --> 01:11:44,666
É o mellor.
801
01:11:47,958 --> 01:11:48,791
Para quen?
802
01:11:50,750 --> 01:11:51,875
Para nós.
803
01:11:57,500 --> 01:12:01,166
Non quero darlle a razón a esa muller,
pero tiña razón.
804
01:12:01,791 --> 01:12:03,666
E debiches dicirme que viches.
805
01:12:03,750 --> 01:12:05,166
Xa sei que pensas,
806
01:12:05,250 --> 01:12:07,832
pero seguro que non era
o avión de túa nai.
807
01:12:07,916 --> 01:12:09,291
Non era a mesma liña aérea.
808
01:12:13,166 --> 01:12:14,207
Morreu?
809
01:12:14,291 --> 01:12:17,207
Veña, anda. Por que pensas niso?
810
01:12:17,291 --> 01:12:19,416
Xa cho dixen, non era a mesma liña aérea.
811
01:12:19,500 --> 01:12:21,500
Si, pero paréceche que morreu?
812
01:12:24,791 --> 01:12:26,375
Porque a min si.
813
01:12:31,458 --> 01:12:35,124
Se hai tráfico,
sequera podemos falar coa xente,
814
01:12:35,208 --> 01:12:37,332
a ver se alguén sabe que pasa.
815
01:12:37,416 --> 01:12:38,916
Non vimos ninguén, é raro.
816
01:12:40,500 --> 01:12:42,916
Habemos ver alguén
ao entrar na autoestrada.
817
01:12:44,625 --> 01:12:46,624
Se cadra en Nova Jersey van os móbiles.
818
01:12:46,708 --> 01:12:49,874
En realidade non sabemos
que pasa fóra de Long Island.
819
01:12:49,958 --> 01:12:52,666
Poden ter Internet
e funcionarlles a rede móbil.
820
01:12:53,625 --> 01:12:56,582
Algún día recordaremos este día e riremos.
821
01:12:56,666 --> 01:12:59,249
Son unhas vacacións no inferno.
822
01:12:59,333 --> 01:13:01,541
Disque co tempo todo é máis divertido.
823
01:13:02,291 --> 01:13:04,041
Creo que non se di así.
824
01:13:04,125 --> 01:13:06,250
Pero sei a que te refires.
825
01:13:08,041 --> 01:13:09,125
Sirenas.
826
01:13:11,375 --> 01:13:12,832
Pensei que durmías.
827
01:13:12,916 --> 01:13:13,999
Non podo.
828
01:13:14,083 --> 01:13:15,250
Por que?
829
01:13:16,000 --> 01:13:17,125
Polas sirenas.
830
01:13:20,583 --> 01:13:21,416
Que é iso?
831
01:13:43,791 --> 01:13:45,666
Queda cos rapaces, vou mirar.
832
01:14:27,333 --> 01:14:30,166
Nenos, quedade quietos, vale?
833
01:14:32,583 --> 01:14:33,416
Ves alguén?
834
01:14:35,458 --> 01:14:36,750
Non hai ninguén.
835
01:14:41,041 --> 01:14:43,541
TESLA
SEGURIDADE CONDUCIÓN AUTÓNOMA
836
01:14:45,291 --> 01:14:46,458
Son todos novos.
837
01:14:47,291 --> 01:14:48,125
Que?
838
01:14:50,916 --> 01:14:53,582
Eh, vén alguén.
839
01:14:53,666 --> 01:14:54,500
Eh!
840
01:14:57,166 --> 01:15:01,500
PLENA CAPACIDADE DE CONDUCIÓN AUTÓNOMA
841
01:15:13,791 --> 01:15:14,833
Clay!
842
01:15:15,583 --> 01:15:18,291
- Clay, sube ao coche!
- Non falamos con eles?
843
01:15:18,375 --> 01:15:20,750
- Sube ao puto coche!
- Vale.
844
01:15:25,208 --> 01:15:28,124
Que fas? Non os paramos?
Se cadra saben algo.
845
01:15:28,208 --> 01:15:29,750
Non hai ninguén no coche!
846
01:15:34,208 --> 01:15:36,833
Mamá? Mamá, acelera. Dálle!
847
01:16:18,916 --> 01:16:24,916
CURTA PARTE
A INUNDACIÓN
848
01:16:25,916 --> 01:16:27,458
E se imos a un refuxio?
849
01:16:29,583 --> 01:16:32,582
O exército non ten un refuxio
ou unha base por aquí?
850
01:16:32,666 --> 01:16:35,083
Non teñen que ter sempre refuxios para...
851
01:16:36,083 --> 01:16:37,666
emerxencias así?
852
01:16:40,041 --> 01:16:41,250
Non sei onde están.
853
01:16:42,875 --> 01:16:45,916
E aínda que soubese,
os coches eran dun concesionario.
854
01:16:47,166 --> 01:16:51,291
Se pasou iso en todos,
vai haber atascos nas estradas.
855
01:16:52,250 --> 01:16:54,207
Quedamos aquí ata saber máis.
856
01:16:54,291 --> 01:16:55,457
Canto hai que saber?
857
01:16:55,541 --> 01:16:57,374
Estamos en zona de guerra.
858
01:16:57,458 --> 01:16:59,500
A xente que coñecemos estará morta.
859
01:17:02,375 --> 01:17:03,208
Ruth.
860
01:17:11,125 --> 01:17:11,958
Temos...
861
01:17:12,583 --> 01:17:13,916
Necesitamos un plan.
862
01:17:14,000 --> 01:17:16,332
Non podemos quedar sentados.
Hai que facer algo.
863
01:17:16,416 --> 01:17:18,750
Ten razón, Amanda. É moi perigoso.
864
01:17:19,583 --> 01:17:22,832
Esta noite quedamos aquí
e se cadra pola mañá...
865
01:17:22,916 --> 01:17:24,875
- Se cadra que?
- Non sei.
866
01:17:34,166 --> 01:17:35,333
Faltábame moi pouco.
867
01:18:21,000 --> 01:18:21,833
Que fas?
868
01:18:24,083 --> 01:18:25,541
Encher a bañeira.
869
01:18:26,458 --> 01:18:28,083
É o que mandan facer para...
870
01:18:29,083 --> 01:18:31,083
Xa sabes, ter auga.
871
01:18:32,916 --> 01:18:33,750
Vapeas?
872
01:18:34,625 --> 01:18:35,541
Pois non.
873
01:18:36,041 --> 01:18:38,957
A ver, é... marihuana?
874
01:18:39,041 --> 01:18:42,291
Sei que agora
teñen diferentes sabores de froitas ou...
875
01:18:42,375 --> 01:18:43,416
É marihuana.
876
01:18:49,666 --> 01:18:51,291
Fodiches con algunha estudante?
877
01:18:55,666 --> 01:18:57,582
Incrible que me preguntes iso.
878
01:18:57,666 --> 01:19:00,582
A ver, iso é o que cres?
Parezo ese tipo de home?
879
01:19:00,666 --> 01:19:04,583
Pareces un home
ao que as cousas lle resultan sinxelas.
880
01:19:05,583 --> 01:19:06,666
Sobre todo as mulleres.
881
01:19:07,750 --> 01:19:09,916
Supoño que iso é un cumprimento.
882
01:19:31,833 --> 01:19:34,833
Sempre me considerei un home sofisticado.
883
01:19:35,666 --> 01:19:38,125
Alguén que vía o mundo polo que era.
884
01:19:38,791 --> 01:19:41,166
Pero nunca antes vira algo así.
885
01:19:43,625 --> 01:19:47,250
Agora pregúntome
se o que pensaba de min mesmo era mentira.
886
01:19:49,000 --> 01:19:50,207
Non sexas tan duro.
887
01:19:50,291 --> 01:19:52,750
Se indagas a fondo, é todo unha mentira.
888
01:19:54,125 --> 01:19:56,000
O teu traballo, por exemplo.
889
01:19:56,791 --> 01:19:58,291
Números imaxinarios
890
01:19:58,833 --> 01:20:03,124
que moven cartos imaxinarios
que levan a un éxito imaxinario.
891
01:20:03,208 --> 01:20:07,291
Persoalmente, creo que o meu negocio
é moito menos complicado.
892
01:20:07,375 --> 01:20:11,082
Basicamente, o meu traballo é,
e sempre foi, tratar coa xente.
893
01:20:11,166 --> 01:20:13,957
- Daquela dásme moita mágoa.
- E por que?
894
01:20:14,041 --> 01:20:16,041
Porque a xente é horrible.
895
01:20:16,125 --> 01:20:19,041
Hostia, mira como te tratei eu.
896
01:20:29,750 --> 01:20:32,375
E agora gozamos dunha copa xuntos.
897
01:20:48,208 --> 01:20:50,125
Por certo, síntoo.
898
01:20:51,208 --> 01:20:55,624
Polo que dixen, fixen, pensei, tanto ten.
899
01:20:55,708 --> 01:20:57,500
Equivoqueime, síntoo.
900
01:21:00,416 --> 01:21:03,750
Algúns dos meus clientes máis listos
perderon moitos cartos
901
01:21:04,333 --> 01:21:09,583
porque basearon as súas escollas
en crenzas preconcibidas, non na verdade.
902
01:21:11,958 --> 01:21:14,875
Ver a diferenza
é do máis difícil para as persoas.
903
01:21:16,041 --> 01:21:19,166
Que non o vexan e ti si
ten que ser exasperante.
904
01:21:20,000 --> 01:21:21,707
Depende da persoa.
905
01:21:21,791 --> 01:21:25,583
Ás veces é unha satisfacción
ver como o mercado os castiga.
906
01:21:27,000 --> 01:21:29,666
Os que dan medo son os que non aprenden.
907
01:21:29,750 --> 01:21:32,750
Mesmo cando perden moitos moitos cartos.
908
01:21:35,041 --> 01:21:37,457
Nada asusta máis
que quen non quere aprender,
909
01:21:37,541 --> 01:21:38,958
aínda á custa deles.
910
01:21:41,583 --> 01:21:43,958
É unha ignorancia que nunca entenderei.
911
01:21:55,041 --> 01:21:56,541
Que silencio máis ruidoso.
912
01:21:58,583 --> 01:22:01,416
É do primeiro que notei
cando empezamos a vivir aquí.
913
01:22:02,666 --> 01:22:04,125
Custábame durmir.
914
01:22:05,375 --> 01:22:07,208
Non coma en Nova York, onde oes todo.
915
01:22:08,666 --> 01:22:11,500
Sirenas, tráfico, xente.
916
01:22:12,750 --> 01:22:14,125
Estráñoo.
917
01:22:15,000 --> 01:22:16,583
As sirenas ou a xente?
918
01:22:23,833 --> 01:22:25,625
Empézasme a caer ben,
919
01:22:26,333 --> 01:22:28,916
e para ser eu
é un comentario audaz porque...
920
01:22:31,000 --> 01:22:33,166
non lembro a última vez
que me caeu ben alguén.
921
01:22:34,416 --> 01:22:37,457
Teño que dicir que me pareciches
moi puntillosa,
922
01:22:37,541 --> 01:22:38,958
pero cáesme ben.
923
01:22:48,666 --> 01:22:50,125
Por que viñestes aquí?
924
01:22:51,666 --> 01:22:53,791
E non me digas que foi polo xeonllo.
925
01:22:54,291 --> 01:22:57,374
Non era mentira. Opereime do xeonllo.
926
01:22:57,458 --> 01:23:00,582
Escordeino xogando ao béisbol na YMCA.
927
01:23:00,666 --> 01:23:02,541
Pero non viñeches por iso.
928
01:23:08,125 --> 01:23:13,041
A razón pola que vin está relacionada
con algo que me pasou hai uns anos.
929
01:23:15,916 --> 01:23:19,291
Un cliente invitounos a min
e á miña muller a un evento privado.
930
01:23:19,958 --> 01:23:21,333
O meu cliente...
931
01:23:22,416 --> 01:23:23,250
Ben,
932
01:23:24,500 --> 01:23:28,375
non vou dicir como se chama
porque o recoñecerías ao momento.
933
01:23:28,958 --> 01:23:31,499
- É famoso?
- Non, nada diso.
934
01:23:31,583 --> 01:23:34,625
Pero no mundo dos negocios
é un peixe gordo.
935
01:23:35,333 --> 01:23:39,291
Ocúpase, sobre todo,
de contratos de defensa.
936
01:23:39,375 --> 01:23:43,457
Falo de cartos confidenciais
e secretos do Pentágono.
937
01:23:43,541 --> 01:23:45,375
A persoa máis influínte que coñezo.
938
01:23:46,250 --> 01:23:49,999
Vale, pois estamos
nunha velada na súa casa.
939
01:23:50,083 --> 01:23:53,166
Faise tarde e a miña muller quere marchar,
940
01:23:53,250 --> 01:23:57,166
pero el mais eu pasámolo ben
e non quere que a noite acabe.
941
01:23:57,250 --> 01:23:59,582
Logo de fulminarme coa mirada,
942
01:23:59,666 --> 01:24:03,291
a miña muller colle un taxi
e eu marcho máis tarde.
943
01:24:03,958 --> 01:24:05,875
Seguro que lle sentou moi ben.
944
01:24:07,208 --> 01:24:12,082
Tomamos un par de copas máis,
xa iamos borrachos, e de súpeto
945
01:24:12,166 --> 01:24:15,999
el xa non se mantiña en pé
e eu estaba cambaleando.
946
01:24:16,083 --> 01:24:18,291
Non sei de que me fala, señor.
947
01:24:19,708 --> 01:24:22,832
Daquela lévame ao seu despacho.
948
01:24:22,916 --> 01:24:24,666
Fumamos uns cigarros
949
01:24:24,750 --> 01:24:28,957
e estabamos alucinando
e ríndonos de case todo.
950
01:24:29,041 --> 01:24:31,374
Empeza a dicirme o ben que lle caio
951
01:24:31,458 --> 01:24:35,083
e que lle gustaría invitarme
a unha viaxe que vai facer.
952
01:24:35,666 --> 01:24:37,999
Que viaxe? A onde vai?
953
01:24:38,083 --> 01:24:40,208
Iso foi xusto o que preguntei eu.
954
01:24:41,708 --> 01:24:42,708
Entón...
955
01:24:43,625 --> 01:24:44,958
mírame,
956
01:24:45,541 --> 01:24:46,791
moi serio.
957
01:24:48,666 --> 01:24:49,666
E dime:
958
01:24:50,750 --> 01:24:52,166
"Xa sabes,
959
01:24:52,250 --> 01:24:53,791
a reunión anual
960
01:24:53,875 --> 01:24:56,750
coa camarilla malvada
que goberna o mundo."
961
01:25:02,250 --> 01:25:04,874
É un tipo que sempre fai bromas dese tipo.
962
01:25:04,958 --> 01:25:07,957
Se che dixese o seu nome, entenderíalo.
963
01:25:08,041 --> 01:25:10,624
Terei que tomarche a palabra.
964
01:25:10,708 --> 01:25:13,791
E se me desculpas,
vou encher a copa de viño.
965
01:25:15,791 --> 01:25:19,041
Onte, antes do concerto da orquestra,
966
01:25:19,125 --> 01:25:20,625
o meu amigo chámame.
967
01:25:22,750 --> 01:25:25,166
Sen cita previa, non como de costume.
968
01:25:25,250 --> 01:25:27,250
Chámame de súpeto
969
01:25:27,916 --> 01:25:29,791
e quere que lle transfira cartos.
970
01:25:31,916 --> 01:25:34,208
E falamos de moitos cartos, ata para el.
971
01:25:36,250 --> 01:25:39,250
Antes de colgar,
pregúntolle se quere tomar algo.
972
01:25:39,958 --> 01:25:42,166
Dime que vai marchar un tempo.
973
01:25:43,333 --> 01:25:44,916
E dígolle de broma:
974
01:25:45,000 --> 01:25:48,332
"Ai, si? Vas esta fin de semana
coa camarilla malvada?
975
01:25:48,416 --> 01:25:50,458
Non era só no solsticio de inverno?"
976
01:25:54,708 --> 01:25:56,083
Pero el non ri.
977
01:25:57,666 --> 01:26:00,291
E sempre ri, ata cos chistes malos.
978
01:26:02,125 --> 01:26:03,291
Só dixo:
979
01:26:04,916 --> 01:26:06,208
"Cóidate."
980
01:26:08,000 --> 01:26:09,666
Coma se sentise pena por min.
981
01:26:12,333 --> 01:26:14,541
E non puiden sacalo da cabeza.
982
01:26:22,541 --> 01:26:23,832
Estás dicindo que...?
983
01:26:23,916 --> 01:26:27,832
Pensas que o teu amigo
está detrás do que está pasando?
984
01:26:27,916 --> 01:26:29,082
Non, para nada.
985
01:26:29,166 --> 01:26:32,499
Unha conspiración de xente misteriosa
que controla o mundo
986
01:26:32,583 --> 01:26:34,625
é unha explicación moi vaga.
987
01:26:36,500 --> 01:26:38,583
Sobre todo cando a verdade dá medo.
988
01:26:40,166 --> 01:26:41,666
Cal é a verdade?
989
01:26:42,583 --> 01:26:44,374
Non hai ninguén ao mando.
990
01:26:44,458 --> 01:26:46,333
Ninguén manexa os fíos.
991
01:26:47,375 --> 01:26:49,291
Hai xente coma o meu amigo
992
01:26:49,375 --> 01:26:52,791
que deben ter o acceso axeitado
á información correcta.
993
01:26:53,458 --> 01:26:55,958
Pero cando pasan cousas así no mundo,
994
01:26:56,666 --> 01:26:59,500
o que poden esperar
as persoas máis poderosas
995
01:27:00,500 --> 01:27:02,250
é un aviso.
996
01:27:11,291 --> 01:27:12,291
Perdoa, esta...
997
01:27:13,833 --> 01:27:15,750
Esta historia é un fastío.
998
01:27:18,541 --> 01:27:21,208
Cambiei de idea, xa non me caes ben.
999
01:27:29,500 --> 01:27:30,333
Veña.
1000
01:27:32,125 --> 01:27:32,958
Vamos.
1001
01:27:33,750 --> 01:27:34,916
A onde?
1002
01:27:35,000 --> 01:27:36,458
Vouche caer ben de novo.
1003
01:27:41,250 --> 01:27:42,416
Véxote, Rose.
1004
01:27:47,375 --> 01:27:48,250
Que queres?
1005
01:27:50,875 --> 01:27:53,791
Nunca vou saber
como acaban Ross e Rachel, non?
1006
01:27:53,875 --> 01:27:55,624
Segues con esa leria?
1007
01:27:55,708 --> 01:27:57,082
A quen lle importa?
1008
01:27:57,166 --> 01:27:59,916
A min, obviamente.
1009
01:28:00,000 --> 01:28:02,041
Por que che importa tanto esa serie?
1010
01:28:05,583 --> 01:28:06,833
Faime feliz.
1011
01:28:08,041 --> 01:28:10,125
Necesítoo agora mesmo, ti non?
1012
01:28:17,833 --> 01:28:20,124
Se queda esperanza neste mundo de merda,
1013
01:28:20,208 --> 01:28:22,500
sequera saber como acaban eles.
1014
01:28:28,416 --> 01:28:29,625
Impórtanme.
1015
01:28:32,791 --> 01:28:33,916
Non deberían.
1016
01:28:35,041 --> 01:28:36,083
Só cho digo.
1017
01:28:36,958 --> 01:28:39,749
E seguro que tes razón, tal como vai isto,
1018
01:28:39,833 --> 01:28:41,708
non vas volver ver a serie.
1019
01:28:43,125 --> 01:28:45,791
Eu de ti
buscaba outra cousa da que preocuparme.
1020
01:28:52,625 --> 01:28:55,041
Que raro, non se oen cantariñas.
1021
01:28:58,458 --> 01:28:59,458
Hoxe perdinme.
1022
01:29:01,916 --> 01:29:03,166
Esta mañá, cando saín.
1023
01:29:05,416 --> 01:29:06,875
Como que te perdiches?
1024
01:29:08,750 --> 01:29:10,416
Pensei que sabía a onde ía,
1025
01:29:10,500 --> 01:29:13,708
pero ningunha das estradas
tiña sinalización.
1026
01:29:14,458 --> 01:29:16,916
Así que conducín.
1027
01:29:17,833 --> 01:29:19,541
E seguín conducindo.
1028
01:29:20,833 --> 01:29:25,666
E logo dei volta
e estaba totalmente perdido,
1029
01:29:25,750 --> 01:29:28,333
e non teño nin idea de como souben volver.
1030
01:29:33,625 --> 01:29:35,208
Pero vin alguén.
1031
01:29:39,583 --> 01:29:40,708
Unha muller.
1032
01:29:42,208 --> 01:29:43,208
Na estrada.
1033
01:29:45,041 --> 01:29:48,250
Fíxome acenos e...
1034
01:29:48,875 --> 01:29:50,541
falaba español.
1035
01:29:51,208 --> 01:29:53,249
Estaba alí.
1036
01:29:53,333 --> 01:29:55,541
Eu estaba na estrada, no medio de nada.
1037
01:29:56,041 --> 01:29:57,041
E...
1038
01:29:59,250 --> 01:30:00,083
deixeina alí.
1039
01:30:02,833 --> 01:30:03,916
Necesitaba axuda.
1040
01:30:05,416 --> 01:30:06,333
E deixeina alí.
1041
01:30:21,916 --> 01:30:24,208
Hai algo máis que non nos contaras?
1042
01:30:25,583 --> 01:30:28,041
Xa que te abres, digo.
1043
01:30:31,458 --> 01:30:35,957
Non vos dixemos
que vimos encallar un petroleiro.
1044
01:30:36,041 --> 01:30:37,916
Xusto na praia.
1045
01:30:38,000 --> 01:30:39,499
Un petroleiro?
1046
01:30:39,583 --> 01:30:42,916
Si, é un barco moi grande.
1047
01:30:43,000 --> 01:30:47,916
E vermello tamén.
A ver, non creo que todos sexan vermellos,
1048
01:30:48,000 --> 01:30:51,833
pero este era vermello,
e encallou xusto na praia.
1049
01:30:52,500 --> 01:30:54,249
Por que non o dixestes?
1050
01:30:54,333 --> 01:30:57,541
Creo que naquel momento tiñamos medo.
1051
01:31:00,333 --> 01:31:01,541
Do que puidese significar.
1052
01:31:02,750 --> 01:31:04,041
E que podía significar?
1053
01:31:04,625 --> 01:31:06,499
Se nos atacaban,
1054
01:31:06,583 --> 01:31:10,332
e sei que soa estraño,
pero o petróleo é unha substancia
1055
01:31:10,416 --> 01:31:13,749
que quererías ter en abundancia
para defenderte.
1056
01:31:13,833 --> 01:31:15,791
Non podo crer que falemos disto.
1057
01:31:15,875 --> 01:31:18,041
De verdade, creo que estaremos ben.
1058
01:31:18,125 --> 01:31:20,874
No fondo creo que si, en serio.
1059
01:31:20,958 --> 01:31:22,832
Aínda que sexa unha invasión.
1060
01:31:22,916 --> 01:31:23,749
Unha invasión?
1061
01:31:23,833 --> 01:31:25,457
Ou unha ocupación.
1062
01:31:25,541 --> 01:31:27,999
Mira, tío, sei que tes boas intencións,
1063
01:31:28,083 --> 01:31:31,750
pero as palabras que usas
asústanme de carallo.
1064
01:31:35,000 --> 01:31:35,833
Que foi iso?
1065
01:31:55,041 --> 01:31:57,375
Son... flamengos.
1066
01:31:59,250 --> 01:32:00,416
Son flamengos?
1067
01:32:02,041 --> 01:32:03,583
Son flamengos.
1068
01:32:07,250 --> 01:32:08,083
Por que?
1069
01:32:10,791 --> 01:32:13,833
Vaia. É unha colección impresionante.
1070
01:32:15,791 --> 01:32:16,958
Gústache o jazz?
1071
01:32:18,541 --> 01:32:20,416
Queres escoitar jazz?
1072
01:32:20,500 --> 01:32:22,041
Claro, por que non?
1073
01:32:22,125 --> 01:32:25,041
Porque pensei
que nos iamos divertir un pouco.
1074
01:32:26,083 --> 01:32:28,332
Quero algo que se poida bailar.
1075
01:32:28,416 --> 01:32:30,166
Podes bailar jazz.
1076
01:32:30,250 --> 01:32:32,249
De feito, cando comprei o primeiro...
1077
01:32:32,333 --> 01:32:34,249
Por favor, outra historia non.
1078
01:32:34,333 --> 01:32:38,291
Déixanme moi afectada.
Espera, que son estes discos?
1079
01:32:38,375 --> 01:32:40,291
Pasa diso, son da miña filla.
1080
01:32:40,375 --> 01:32:43,791
Tivo unha época
de disc-jóckey na universidade.
1081
01:32:43,875 --> 01:32:47,291
Unha dama
pode bailar perfectamente con isto.
1082
01:32:47,375 --> 01:32:50,541
Veña, ho.
Non te trouxen aquí para poñeres iso.
1083
01:32:54,625 --> 01:32:57,000
Querías caerme ben de novo.
1084
01:32:57,583 --> 01:32:58,791
Así podes.
1085
01:34:33,666 --> 01:34:34,832
Estamos borrachos.
1086
01:34:34,916 --> 01:34:35,791
Estamos.
1087
01:34:36,458 --> 01:34:39,416
Estamos casados.
Estou casada. Ti tes muller.
1088
01:34:41,041 --> 01:34:42,041
Teño, si.
1089
01:34:45,833 --> 01:34:47,000
Quéroa moito.
1090
01:34:53,291 --> 01:34:54,125
Estráñoa...
1091
01:34:58,958 --> 01:35:00,125
Estráñoa moito.
1092
01:35:01,416 --> 01:35:02,541
Verala de novo.
1093
01:35:08,666 --> 01:35:09,500
Non.
1094
01:35:23,291 --> 01:35:24,833
Non, creo que non.
1095
01:35:30,333 --> 01:35:31,166
E Ruth.
1096
01:35:34,416 --> 01:35:37,708
E se lle pasa algo?
Non podería vivir con ese peso.
1097
01:35:38,791 --> 01:35:41,708
Non lle vai pasar nada a Ruth. Prométocho.
1098
01:35:42,333 --> 01:35:45,375
Estamos xuntos en isto
ata volver á normalidade.
1099
01:35:47,541 --> 01:35:50,000
Amanda, hai que ver as cousas como son.
1100
01:35:53,041 --> 01:35:54,832
Non hai volta á normalidade.
1101
01:35:54,916 --> 01:35:56,458
Non digas iso. Hai que...
1102
01:36:41,833 --> 01:36:43,083
Está ben?
1103
01:36:46,250 --> 01:36:48,375
Ten algo de febre, pero hase poñer ben.
1104
01:36:51,208 --> 01:36:52,541
Que fas esperta?
1105
01:36:55,250 --> 01:36:58,375
Non paro de pensar
nun capítulo de The West Wing.
1106
01:36:59,041 --> 01:37:01,124
Alguén lle di ao presidente...
1107
01:37:01,208 --> 01:37:03,125
Viches The West Wing?
1108
01:37:03,708 --> 01:37:05,541
Só cando sae Aaron Sorkin.
1109
01:37:07,333 --> 01:37:12,541
Ben, era a historia dun home
que vivía preto do río.
1110
01:37:12,625 --> 01:37:15,749
Escoita na radio
que o río vai anegar a vila
1111
01:37:15,833 --> 01:37:17,457
e que deben marchar todos.
1112
01:37:17,541 --> 01:37:22,124
Pero o home non vai a ningures
porque reza todos os días.
1113
01:37:22,208 --> 01:37:24,500
Sabe que Deus o quere e que o salvará.
1114
01:37:25,083 --> 01:37:27,207
Pero chega a inundación,
1115
01:37:27,291 --> 01:37:29,999
e un tipo nun bote a remos ve o home
1116
01:37:30,083 --> 01:37:32,916
e dille: "Eh, ven, podo salvarte."
1117
01:37:33,000 --> 01:37:35,041
Pero dille que el non vai a ningures.
1118
01:37:35,708 --> 01:37:39,832
Logo pasa voando un helicóptero,
e o piloto baixa a escaleira,
1119
01:37:39,916 --> 01:37:42,291
pero o home dille que non vai a ningures.
1120
01:37:43,041 --> 01:37:45,541
Logo, o home afoga na riada.
1121
01:37:45,625 --> 01:37:49,416
Sube ao ceo e está moi enfadado con Deus,
1122
01:37:50,208 --> 01:37:54,124
e dille: "Recei todos os días.
Pensei que me querías.
1123
01:37:54,208 --> 01:37:55,666
Por que non me salvaches?"
1124
01:37:56,291 --> 01:37:57,791
E Deus dille:
1125
01:37:57,875 --> 01:37:59,625
"Envieiche un informe de radio,
1126
01:38:00,500 --> 01:38:02,624
un bote a remos e un helicóptero.
1127
01:38:02,708 --> 01:38:04,666
Que máis queres?"
1128
01:38:06,750 --> 01:38:08,041
A que vén isto, Rose?
1129
01:38:16,500 --> 01:38:17,958
Estou cansa de esperar.
1130
01:38:51,041 --> 01:38:51,875
Papá?
1131
01:38:52,458 --> 01:38:53,750
Dormes comigo na cama?
1132
01:38:54,750 --> 01:38:55,583
Segura?
1133
01:38:57,625 --> 01:39:00,582
Non é grande,
non me importa durmir no chan.
1134
01:39:00,666 --> 01:39:01,999
É bo para as costas.
1135
01:39:02,083 --> 01:39:03,041
Teño medo.
1136
01:39:09,250 --> 01:39:10,750
Estamos os dous sós, non?
1137
01:39:14,000 --> 01:39:15,083
A que te refires?
1138
01:39:16,750 --> 01:39:18,000
O que digo é que,
1139
01:39:18,666 --> 01:39:22,583
se as cousas van mal,
fíaste desta xente que está na nosa casa?
1140
01:39:23,458 --> 01:39:25,666
A muller é moi nerviosa,
1141
01:39:25,750 --> 01:39:28,457
o rapaz sacoume fotos na piscina,
1142
01:39:28,541 --> 01:39:31,457
a rapaza mira o bosque coma Donnie Darko
1143
01:39:31,541 --> 01:39:33,875
e seguro que o marido quere foderme.
1144
01:39:35,916 --> 01:39:37,000
Como o sabes?
1145
01:39:38,041 --> 01:39:40,041
Non vai facer nada, non é así.
1146
01:39:40,125 --> 01:39:42,583
Pero se quere? Carallo se non!
1147
01:39:43,666 --> 01:39:46,000
O caso é que non me fío deles.
1148
01:39:57,625 --> 01:40:00,916
Non vou deixar que che pase nada,
se é o que me pides.
1149
01:40:03,041 --> 01:40:07,207
Quero que lembres que,
se o mundo se vai derrubar,
1150
01:40:07,291 --> 01:40:10,041
non podes confiar na xente tan rápido.
1151
01:40:10,125 --> 01:40:11,875
Sobre todo na xente branca.
1152
01:40:12,583 --> 01:40:14,541
Mamá estaría de acordo niso.
1153
01:40:18,125 --> 01:40:18,958
Enténdoo.
1154
01:40:21,750 --> 01:40:22,583
Entendes?
1155
01:40:23,750 --> 01:40:27,250
Porque é a segunda noite
que durmimos no soto da nosa casa.
1156
01:40:28,958 --> 01:40:32,125
Por que os deixaches volver á casa?
1157
01:40:34,166 --> 01:40:35,500
Era o correcto.
1158
01:40:37,625 --> 01:40:41,208
E xusto iso
é o que vai acabar por fodernos.
1159
01:41:17,833 --> 01:41:18,750
Bebe.
1160
01:41:29,583 --> 01:41:30,624
Onde vai Rosie?
1161
01:41:30,708 --> 01:41:33,000
Non sei. Espertou antes ca nós.
1162
01:41:35,416 --> 01:41:37,833
Vou botar unha ollada. Levanta.
1163
01:41:45,625 --> 01:41:47,041
Como estás, amor?
1164
01:41:48,291 --> 01:41:49,125
Veña.
1165
01:41:50,125 --> 01:41:51,666
Sei que tes sono,
1166
01:41:51,750 --> 01:41:53,832
pero teño que tomarche a temperatura.
1167
01:41:53,916 --> 01:41:55,666
Onte tiñas moita febre.
1168
01:41:57,750 --> 01:41:59,416
Agora xa non tes.
1169
01:42:00,208 --> 01:42:01,041
Ben.
1170
01:42:01,916 --> 01:42:03,208
Dóeche a gorxa?
1171
01:42:04,041 --> 01:42:05,333
- Non.
- Mellor.
1172
01:42:14,416 --> 01:42:17,125
Que é iso? É sangue?
1173
01:42:21,916 --> 01:42:22,750
Que...?
1174
01:42:24,166 --> 01:42:25,000
Pero que...?
1175
01:42:25,708 --> 01:42:26,708
Que hostia fas?
1176
01:42:31,000 --> 01:42:33,125
Que carallo? Son os teus dentes?
1177
01:42:38,000 --> 01:42:38,833
Archie.
1178
01:42:41,625 --> 01:42:43,541
Para de facer iso. Clay.
1179
01:42:50,416 --> 01:42:51,291
Os meus dentes.
1180
01:42:51,916 --> 01:42:52,749
Clay!
1181
01:42:52,833 --> 01:42:54,041
Que me pasa?
1182
01:42:54,125 --> 01:42:54,957
Clay!
1183
01:42:55,041 --> 01:42:56,125
Vai todo ben?
1184
01:42:56,750 --> 01:42:59,374
- A Archie pásalle algo.
- Pero que carallo?
1185
01:42:59,458 --> 01:43:00,332
O que dixen eu.
1186
01:43:00,416 --> 01:43:02,666
Notaba os dentes raros,
1187
01:43:02,750 --> 01:43:04,582
toqueinos e caeron.
1188
01:43:04,666 --> 01:43:06,749
Onte tiña febre, pero xa non sei.
1189
01:43:06,833 --> 01:43:09,541
Vale, moi ben. Estás ben.
1190
01:43:09,625 --> 01:43:11,041
Non me sinto ben.
1191
01:43:14,625 --> 01:43:18,541
QUINTA PARTE
A ÚLTIMA
1192
01:43:18,625 --> 01:43:19,541
Que tal?
1193
01:43:22,541 --> 01:43:24,666
Á parte de que che caian os dentes.
1194
01:43:24,750 --> 01:43:26,791
Que pregunta é esa? Está enfermo.
1195
01:43:26,875 --> 01:43:30,416
Non estou enfermo, mamá.
Só me caeron os dentes.
1196
01:43:32,166 --> 01:43:33,749
Será do bicho que me picou.
1197
01:43:33,833 --> 01:43:34,666
Que bicho?
1198
01:43:35,666 --> 01:43:38,082
Onte no bosque picoume un bicho.
1199
01:43:38,166 --> 01:43:39,249
Debe ser iso.
1200
01:43:39,333 --> 01:43:43,416
Sería unha carracha, enfermidade de Lyme.
Vin síntomas máis raros.
1201
01:43:43,500 --> 01:43:44,832
Máis que estes?
1202
01:43:44,916 --> 01:43:47,457
Hai que ir por urxencias, ao hospital.
1203
01:43:47,541 --> 01:43:50,125
Non podemos.
A única saída é a autoestrada.
1204
01:43:50,833 --> 01:43:53,457
E se hai atascos,
ninguén poderá axudarnos.
1205
01:43:53,541 --> 01:43:55,916
Hai que facer algo.
Archie necesita un médico.
1206
01:43:57,333 --> 01:44:01,250
Non podo crer que isto estea pasando.
1207
01:44:05,125 --> 01:44:08,041
Iremos á casa do meu contratista,
non está lonxe.
1208
01:44:08,125 --> 01:44:10,500
Non o viches collendo provisións?
1209
01:44:11,083 --> 01:44:12,832
Danny está preparado para todo.
1210
01:44:12,916 --> 01:44:14,166
Terá algo que nos valla.
1211
01:44:14,250 --> 01:44:15,916
Antibióticos, medicinas.
1212
01:44:16,583 --> 01:44:17,875
Saberá que facer.
1213
01:44:19,125 --> 01:44:19,958
Escoita,
1214
01:44:20,708 --> 01:44:23,541
prométoche que conseguirei axuda
para o teu fillo.
1215
01:44:25,333 --> 01:44:26,166
E Rose?
1216
01:44:28,375 --> 01:44:29,458
Non a atopei.
1217
01:44:30,750 --> 01:44:32,291
Que significa iso?
1218
01:44:32,375 --> 01:44:34,291
Mirei en toda a casa, non está.
1219
01:44:34,375 --> 01:44:35,707
Non está no xardín.
1220
01:44:35,791 --> 01:44:38,124
Miro abaixo, estará explorando a casa.
1221
01:44:38,208 --> 01:44:40,124
Ou xogando fóra, vou mirar.
1222
01:44:40,208 --> 01:44:41,749
Xa mirei, pero mirade vós.
1223
01:44:41,833 --> 01:44:43,749
Onde está? Ten que estar en algures.
1224
01:44:43,833 --> 01:44:48,207
Non está! Xa che dixen
que mirei en todos os sitios e non está.
1225
01:44:48,291 --> 01:44:51,541
- Estará no garaxe.
- Xa mirei no garaxe.
1226
01:44:51,625 --> 01:44:53,750
E onde cona non miraches, Clay?
1227
01:44:55,166 --> 01:44:56,166
Abaixo non está.
1228
01:44:56,916 --> 01:44:58,582
É de tolos, onde está?
1229
01:44:58,666 --> 01:44:59,666
Fóra non,
1230
01:44:59,750 --> 01:45:02,041
pero se cadra colleu unha bici do garaxe.
1231
01:45:02,125 --> 01:45:03,916
Colleu unha bici. Onde vai?
1232
01:45:04,000 --> 01:45:05,875
Sabes onde pode estar a túa irmá?
1233
01:45:06,458 --> 01:45:10,207
Non sei. Onte estabamos
ao lado do alpendre, así que...
1234
01:45:10,291 --> 01:45:11,541
Que alpendre?
1235
01:45:11,625 --> 01:45:12,999
O... alpendre.
1236
01:45:13,083 --> 01:45:17,416
Viu cervos e quixo buscalos.
Se cadra está alí, non sei.
1237
01:45:17,500 --> 01:45:18,500
Aló vou.
1238
01:45:21,708 --> 01:45:24,125
Archie, estás ben?
1239
01:45:25,833 --> 01:45:26,666
Estás...?
1240
01:45:26,750 --> 01:45:28,374
Necesita axuda.
1241
01:45:28,458 --> 01:45:29,457
Vale, vamos.
1242
01:45:29,541 --> 01:45:30,582
Vou convosco.
1243
01:45:30,666 --> 01:45:31,999
Non, non é seguro.
1244
01:45:32,083 --> 01:45:34,166
Queda con Amanda. Atopade a Rose.
1245
01:45:34,250 --> 01:45:36,291
Non. Que? Non me podes deixar soa.
1246
01:45:36,375 --> 01:45:37,207
Estarás ben.
1247
01:45:37,291 --> 01:45:39,791
Papá, xa o falamos.
Non me podes deixar soa.
1248
01:45:39,875 --> 01:45:41,124
Está enfermo, non ves?
1249
01:45:41,208 --> 01:45:42,957
Papá, non vas volver.
1250
01:45:43,041 --> 01:45:46,332
Non ves que está a pasar algo?
Está pasando agora mesmo.
1251
01:45:46,416 --> 01:45:49,207
O que sexa pásalle a Archie e a todos nós.
1252
01:45:49,291 --> 01:45:51,916
Non podes marchar, o mundo pode acabar.
1253
01:45:52,000 --> 01:45:53,250
Por iso quero que quedes.
1254
01:45:54,458 --> 01:45:55,541
Colle o móbil.
1255
01:45:56,791 --> 01:45:58,374
Veña, cólleo.
1256
01:45:58,458 --> 01:45:59,833
Cronometra unha hora.
1257
01:46:00,666 --> 01:46:01,583
Volverei.
1258
01:46:02,833 --> 01:46:03,833
Non vai funcionar.
1259
01:46:04,458 --> 01:46:05,499
Non vai saír ben.
1260
01:46:05,583 --> 01:46:07,207
Vai tal, non queda outra.
1261
01:46:07,291 --> 01:46:09,958
Virei buscarte antes de que acabe o tempo.
1262
01:46:19,541 --> 01:46:22,541
Unha hora.
É o tempo que tes, prometíchelo.
1263
01:46:32,166 --> 01:46:35,832
Rose? Rose!
1264
01:46:35,916 --> 01:46:38,333
Rosie! Rose!
1265
01:46:57,541 --> 01:46:59,500
Isto é un pesadelo.
1266
01:47:00,083 --> 01:47:01,750
É un puto pesadelo.
1267
01:47:03,625 --> 01:47:06,750
Onde irá Rose? Por que ía marchar?
1268
01:47:07,333 --> 01:47:09,875
Dixo que estaba cansa de esperar. A que?
1269
01:47:12,125 --> 01:47:15,166
E se imos á casa
e esperamos que volva meu pai?
1270
01:47:16,416 --> 01:47:17,416
E logo que?
1271
01:47:18,166 --> 01:47:19,624
Atopará el a Rose?
1272
01:47:19,708 --> 01:47:21,791
Non sei, pero axudaranos.
1273
01:47:22,458 --> 01:47:24,749
Quero saber que hostia está pasando.
1274
01:47:24,833 --> 01:47:26,541
Cal é o puto plan.
1275
01:47:26,625 --> 01:47:30,791
Quero saber que imos atopar a miña filla
e que imos subir no puto coche
1276
01:47:30,875 --> 01:47:33,749
e ir a un hospital, que un médico me diga
1277
01:47:33,833 --> 01:47:36,582
que o meu fillo está ben,
que todo vai saír ben
1278
01:47:36,666 --> 01:47:38,749
e que poidamos volver á nosa casa.
1279
01:47:38,833 --> 01:47:40,124
E se non se pode?
1280
01:47:40,208 --> 01:47:44,791
Quero saír de aquí dunha puta vez,
lonxe de vós e do que sexa que pase.
1281
01:47:44,875 --> 01:47:46,124
Pásanos a todos.
1282
01:47:46,208 --> 01:47:48,166
Xa sei que nos pasa a todos!
1283
01:47:48,250 --> 01:47:49,708
Deixa de berrar!
1284
01:47:59,666 --> 01:48:00,666
Non che importa.
1285
01:48:03,416 --> 01:48:04,875
Non che importo.
1286
01:48:06,250 --> 01:48:10,250
E seguramente miña nai
estea no fondo do mar.
1287
01:48:14,416 --> 01:48:17,208
Non teño ninguén máis na miña vida.
1288
01:48:18,375 --> 01:48:22,458
Eles son todo o que teño. Enténdelo?
1289
01:48:24,833 --> 01:48:28,041
E necesito a miña nai máis ca nunca.
1290
01:48:30,041 --> 01:48:32,333
E seguramente non a volva ver.
1291
01:48:42,500 --> 01:48:44,166
Impórtasme.
1292
01:48:47,125 --> 01:48:50,250
Non sei que debo facer ao respecto,
pero impórtasme.
1293
01:48:53,500 --> 01:48:54,875
Por que es así?
1294
01:48:58,416 --> 01:49:01,375
Que ganas con estar anoxada todo o tempo?
1295
01:49:13,416 --> 01:49:18,083
Todos os días, todo o día, o meu traballo
1296
01:49:19,041 --> 01:49:22,916
é entender ben a xente
para poderlles mentir
1297
01:49:23,000 --> 01:49:25,750
e venderlles cousas
que en realidade non queren.
1298
01:49:26,625 --> 01:49:28,708
E cando analizas xente así,
1299
01:49:29,500 --> 01:49:32,250
cando ves como se tratan entre si, pois...
1300
01:49:33,875 --> 01:49:34,791
Non es parva.
1301
01:49:35,916 --> 01:49:39,916
Ves que fan, e fano sen sequera pensalo.
1302
01:49:40,000 --> 01:49:44,000
Merda, e fíxencho a ti e ao teu pai
e nin sei por que.
1303
01:49:45,333 --> 01:49:47,000
Amolamos os demais.
1304
01:49:47,708 --> 01:49:50,374
Todo o tempo, sen darnos conta.
1305
01:49:50,458 --> 01:49:55,082
Amolamos todos os putos seres
e cremos que non pasará nada
1306
01:49:55,166 --> 01:49:59,166
porque usamos pallas de papel
e comemos polos de curral.
1307
01:50:00,625 --> 01:50:05,249
E o peor é, creo eu, que no fondo
sabemos que non enganamos a ninguén.
1308
01:50:05,333 --> 01:50:07,291
Sabemos que vivimos unha mentira.
1309
01:50:07,375 --> 01:50:09,874
Un engano de masas en consenso
1310
01:50:09,958 --> 01:50:13,666
para axudarnos a seguir ignorando
a maldade que temos.
1311
01:50:21,416 --> 01:50:25,250
Non estou de acordo
coa maioría de cousas que fas e dis, pero...
1312
01:50:27,250 --> 01:50:30,125
Esta é a parte do diagrama de Venn
onde solapamos.
1313
01:50:32,000 --> 01:50:34,000
Estou de acordo co que dixeches.
1314
01:50:36,416 --> 01:50:41,000
Con todo, por moi mala que sexa a sente...
1315
01:50:43,416 --> 01:50:46,125
iso non cambia
que somos o único que temos.
1316
01:50:51,125 --> 01:50:52,708
Non quero ser así.
1317
01:51:00,541 --> 01:51:02,375
Odio ser así de mala.
1318
01:51:04,666 --> 01:51:07,332
E sei que digo que odio a xente, pero...
1319
01:51:07,416 --> 01:51:09,958
Faría o que fose por recuperala.
1320
01:52:12,041 --> 01:52:13,291
Eh, papá.
1321
01:52:13,875 --> 01:52:15,291
Taylor estará ben?
1322
01:52:16,708 --> 01:52:17,541
Quen?
1323
01:52:23,750 --> 01:52:24,875
Archie, queda aquí.
1324
01:52:26,500 --> 01:52:27,416
Vamos.
1325
01:52:45,333 --> 01:52:46,166
George.
1326
01:52:46,750 --> 01:52:50,124
Danny, perdoa
por virte molestar así á casa.
1327
01:52:50,208 --> 01:52:52,332
Ides ter que saír do soportal
1328
01:52:52,416 --> 01:52:53,916
e achegarvos ao coche.
1329
01:52:55,125 --> 01:52:55,958
Que?
1330
01:52:56,458 --> 01:52:58,833
Saíde do soportal e ide cara ao coche.
1331
01:53:20,750 --> 01:53:21,791
Que necesitas?
1332
01:53:27,333 --> 01:53:28,791
Viñemos ver como estás.
1333
01:53:30,041 --> 01:53:32,166
Ver se estabas e se estás ben.
1334
01:53:33,541 --> 01:53:36,124
Se sabes algo do que está pasando.
1335
01:53:36,208 --> 01:53:37,624
Si, son Clay.
1336
01:53:37,708 --> 01:53:41,166
A miña familia
alugou a casa de G.H., de George.
1337
01:53:41,250 --> 01:53:42,707
Somos de Nova York.
1338
01:53:42,791 --> 01:53:44,957
Unha sorte para a túa familia.
1339
01:53:45,041 --> 01:53:47,541
Imaxina que desastre ten que ser aquilo.
1340
01:53:48,583 --> 01:53:51,541
Se son sincero,
sorpréndeme que saísedes da casa.
1341
01:53:52,416 --> 01:53:54,958
Viñemos porque o meu fillo necesita axuda.
1342
01:53:56,750 --> 01:53:58,041
Está a vomitar...
1343
01:53:58,125 --> 01:54:01,124
Quedou sen dentes.
Caéronlle, sen explicación.
1344
01:54:01,208 --> 01:54:03,166
Ah, así que os dentes.
1345
01:54:04,541 --> 01:54:06,708
Seguro que ten que ver co ruído.
1346
01:54:10,250 --> 01:54:11,874
Sabes algo do ruído?
1347
01:54:11,958 --> 01:54:16,749
É bastante parecido
ao que pasou en Cuba non hai moito.
1348
01:54:16,833 --> 01:54:19,666
Chámanlle armas de microondas,
producen radiación
1349
01:54:19,750 --> 01:54:21,958
que se emite a través do son.
1350
01:54:22,833 --> 01:54:25,166
Houbo xente que tamén quedou sen dentes.
1351
01:54:25,958 --> 01:54:27,916
Á parte diso, o que sei certo
1352
01:54:28,000 --> 01:54:30,625
é que non hai moita información, así que...
1353
01:54:32,416 --> 01:54:33,625
será unha guerra.
1354
01:54:35,625 --> 01:54:37,207
A ver, o comezo dunha.
1355
01:54:37,291 --> 01:54:38,957
Disque se falaba.
1356
01:54:39,041 --> 01:54:41,249
Sería diso do que falaban.
1357
01:54:41,333 --> 01:54:43,541
Como que se falaba?
1358
01:54:45,250 --> 01:54:47,916
Non hai que ler
só a primeira páxina do xornal.
1359
01:54:48,708 --> 01:54:52,124
Os rusos retiraron
os seus axentes de Washington.
1360
01:54:52,208 --> 01:54:53,791
Décheste de conta?
1361
01:54:53,875 --> 01:54:57,082
Avecíñase algo.
O que exactamente, non o sei.
1362
01:54:57,166 --> 01:54:58,957
Se cadra non sabemos máis,
1363
01:54:59,041 --> 01:55:03,041
se cadra hai que esperar
e poñerse a salvo.
1364
01:55:04,541 --> 01:55:06,500
Rezar, o que mellor vos vaia.
1365
01:55:09,750 --> 01:55:10,583
Danny.
1366
01:55:12,416 --> 01:55:14,208
Díxocho Clay, o seu fillo está mal.
1367
01:55:15,458 --> 01:55:17,749
Imos necesitar máis que oracións.
1368
01:55:17,833 --> 01:55:20,082
E como estás preparado para todo,
1369
01:55:20,166 --> 01:55:22,207
se cadra tiñas medicinas que lle axuden.
1370
01:55:22,291 --> 01:55:24,875
O que teño non é cousa túa.
1371
01:55:28,583 --> 01:55:29,458
Danny.
1372
01:55:30,041 --> 01:55:31,958
Veña, son eu, coñecémonos.
1373
01:55:33,375 --> 01:55:34,374
Somos amigos.
1374
01:55:34,458 --> 01:55:38,541
Iso foi hai moito tempo, George.
Non pensas con claridade.
1375
01:55:38,625 --> 01:55:40,541
Danny, que dis?
1376
01:55:40,625 --> 01:55:42,791
Que non vas axudar o seu fillo?
1377
01:55:42,875 --> 01:55:44,332
Nada ten sentido.
1378
01:55:44,416 --> 01:55:47,541
Cando o mundo non ten sentido,
podo facer o lóxico,
1379
01:55:47,625 --> 01:55:49,250
protexerme a min mesmo.
1380
01:55:50,125 --> 01:55:52,957
O que ti fagas é cousa túa.
1381
01:55:53,041 --> 01:55:56,291
Pensei que facía o correcto
ao traelo aquí.
1382
01:55:56,375 --> 01:55:58,416
Se tes medicinas que o axuden...
1383
01:55:58,500 --> 01:56:00,000
Podemos pagarche.
1384
01:56:02,541 --> 01:56:04,791
Que tal mil dólares?
1385
01:56:04,875 --> 01:56:07,374
O efectivo non ten valor
se o goberno se derruba.
1386
01:56:07,458 --> 01:56:10,749
A rede está caída.
As tarxetas non van funcionar.
1387
01:56:10,833 --> 01:56:13,624
Non hai Venmo nin Apple Pay.
1388
01:56:13,708 --> 01:56:16,500
O efectivo
será o único que valla para algo.
1389
01:56:19,041 --> 01:56:22,333
O meu fillo está moi enfermo,
necesita axuda. Ten 16 anos.
1390
01:56:30,833 --> 01:56:31,708
Aquí nada.
1391
01:56:50,291 --> 01:56:51,125
Rosie.
1392
01:56:54,625 --> 01:56:56,166
Estás nunha posición difícil.
1393
01:56:57,000 --> 01:56:58,041
Enténdoo.
1394
01:56:58,625 --> 01:57:01,082
Eu faría o que fose pola miña familia.
1395
01:57:01,166 --> 01:57:02,582
E iso fago.
1396
01:57:02,666 --> 01:57:05,458
Pecho as portas, espero, miro
1397
01:57:06,125 --> 01:57:07,499
e saco as armas.
1398
01:57:07,583 --> 01:57:10,041
Á parte diso, non teño respostas.
1399
01:57:14,083 --> 01:57:15,708
Ruth, as rodas da bici...
1400
01:57:22,416 --> 01:57:25,332
Agora vou volver á miña casa.
1401
01:57:25,416 --> 01:57:28,416
Voume despedir e deséxovos boa sorte.
1402
01:57:28,500 --> 01:57:30,457
Se volvedes saír, podedes vir,
1403
01:57:30,541 --> 01:57:33,041
pero non vos ofrezo
máis que unha conversa.
1404
01:57:34,291 --> 01:57:37,457
Podes probar cos veciños, os Thorne.
1405
01:57:37,541 --> 01:57:38,832
Renovaron o soto
1406
01:57:38,916 --> 01:57:41,332
ás caladas hai un tempo, sen permisos.
1407
01:57:41,416 --> 01:57:43,957
Un colega traballou alí,
nin me ensinou os planos.
1408
01:57:44,041 --> 01:57:45,416
Pero, se son sincero,
1409
01:57:45,500 --> 01:57:48,582
é un búnker que faría un rico
para a fin do mundo.
1410
01:57:48,666 --> 01:57:51,083
Veña, Danny, non nos podes botar así.
1411
01:57:53,333 --> 01:57:57,833
É que non caes na conta
do que está a pasar, George?
1412
01:57:58,416 --> 01:57:59,958
Botáronnos a todos.
1413
01:58:30,041 --> 01:58:31,458
Con todo respecto.
1414
01:58:32,541 --> 01:58:35,166
Gustaríame que saísedes
da miña propiedade.
1415
01:58:36,458 --> 01:58:37,291
Xa.
1416
01:58:51,583 --> 01:58:54,041
Non marchamos
ata que nos deas o que necesitamos.
1417
01:59:11,333 --> 01:59:12,958
Que hostia está pasando?
1418
01:59:17,541 --> 01:59:19,666
Prometinlle á nai que lle axudaría.
1419
01:59:19,750 --> 01:59:21,832
Se non baixas a arma, axudaraslle
1420
01:59:21,916 --> 01:59:22,957
a morrer antes.
1421
01:59:23,041 --> 01:59:25,957
G.H., baixa a pistola.
Chegaremos ao hospital doutro xeito.
1422
01:59:26,041 --> 01:59:28,625
Non hai outro xeito! E non vai disparar.
1423
01:59:29,750 --> 01:59:30,832
Parece que si.
1424
01:59:30,916 --> 01:59:31,749
É un farol.
1425
01:59:31,833 --> 01:59:32,916
Farol de carallo.
1426
01:59:41,416 --> 01:59:43,041
Esperade!
1427
01:59:43,125 --> 01:59:44,499
- Sae do medio!
- Papá!
1428
01:59:44,583 --> 01:59:46,166
Intento razoar con el!
1429
01:59:53,625 --> 01:59:55,332
Isto só remata
1430
01:59:55,416 --> 01:59:58,082
se volvedes ao coche e marchades.
1431
01:59:58,166 --> 02:00:01,041
A onde marchamos?
As estradas están bloqueadas.
1432
02:00:01,125 --> 02:00:03,582
Estamos no medio de nada. Non hai ninguén.
1433
02:00:03,666 --> 02:00:06,832
Non teño nin idea de que debo facer.
1434
02:00:06,916 --> 02:00:10,832
Non podo facer case nada
sen o móbil nin o GPS.
1435
02:00:10,916 --> 02:00:13,541
Non sirvo para nada.
1436
02:00:14,791 --> 02:00:16,833
Pero o meu fillo está enfermo.
1437
02:00:17,916 --> 02:00:20,666
E a milla filla está desaparecida.
1438
02:00:21,833 --> 02:00:23,583
E non sei que facer.
1439
02:00:24,916 --> 02:00:28,541
Pero ti es un home moi preparado.
1440
02:00:28,625 --> 02:00:29,749
Son, carallo.
1441
02:00:29,833 --> 02:00:31,416
Por iso viñemos aquí,
1442
02:00:31,500 --> 02:00:33,416
es o único que o pode axudar.
1443
02:00:33,500 --> 02:00:36,416
- Non é problema meu.
- Tes razón, non o é.
1444
02:00:36,500 --> 02:00:39,250
Pero é o que dixeches.
1445
02:00:39,833 --> 02:00:43,041
Que farías se fose a túa familia?
Iso fago.
1446
02:00:43,125 --> 02:00:44,875
É o único que podo facer.
1447
02:00:45,458 --> 02:00:47,332
Suplícocho.
1448
02:00:47,416 --> 02:00:48,333
Por favor,
1449
02:00:49,458 --> 02:00:51,375
por favor, axuda o meu fillo.
1450
02:01:33,375 --> 02:01:37,500
Supoño que era de esperar
un sistema de troco á antiga.
1451
02:01:38,833 --> 02:01:41,291
É efectivo, non é un sistema de troco.
1452
02:01:41,375 --> 02:01:43,250
Teño máis información.
1453
02:01:43,916 --> 02:01:45,583
E de balde, se queredes.
1454
02:01:47,833 --> 02:01:49,958
Son os coreanos os responsables.
1455
02:01:51,041 --> 02:01:51,958
Coreanos?
1456
02:01:55,791 --> 02:01:57,166
Por que o dis?
1457
02:01:57,250 --> 02:02:01,375
Facédeme caso, son os coreanos.
Ou os chineses, unha de dúas.
1458
02:02:05,208 --> 02:02:06,041
Ensínallo.
1459
02:02:10,208 --> 02:02:12,499
Onte ía conducindo,
1460
02:02:12,583 --> 02:02:15,582
e un dron xigante
soltou estes papeis por todo.
1461
02:02:15,666 --> 02:02:20,833
Significa: "Morte aos EUA."
Pensamos que poden ser os iranianos.
1462
02:02:21,875 --> 02:02:25,666
Lembro escoitar na radio
falar das súas capacidades cibernéticas.
1463
02:02:29,333 --> 02:02:30,250
Por que ris?
1464
02:02:32,916 --> 02:02:35,207
Antes de quedarmos sen móbiles,
1465
02:02:35,291 --> 02:02:39,166
un amigo meu en San Diego
díxome que pasara algo semellante,
1466
02:02:39,250 --> 02:02:42,999
uns drons soltaron folletos,
pero estaban en coreano.
1467
02:02:43,083 --> 02:02:46,207
Ou mandarín. Non sabía ben cal.
1468
02:02:46,291 --> 02:02:49,999
Pero tendo en conta
que estivo catro veces en Iraq,
1469
02:02:50,083 --> 02:02:52,583
sabería ben se fosen coma estes.
1470
02:02:58,416 --> 02:03:01,291
Fixemos moitos inimigos en todo o mundo.
1471
02:03:01,375 --> 02:03:03,958
Se cadra algúns uniron forzas.
1472
02:03:12,541 --> 02:03:14,500
Onte vin flamengos na piscina.
1473
02:03:17,750 --> 02:03:19,708
Os animais intentan avisarnos.
1474
02:03:22,208 --> 02:03:23,583
Saben algo.
1475
02:03:24,875 --> 02:03:26,416
Saben algo que nós non.
1476
02:03:27,208 --> 02:03:29,666
Coma cando os cans
saben que hai tormentas.
1477
02:03:31,708 --> 02:03:33,500
Hai máis marcas das rodas.
1478
02:03:40,125 --> 02:03:42,958
Deberiamos volver á casa,
meu pai xa estará alí.
1479
02:03:43,458 --> 02:03:45,750
Se cadra pode axudarnos.
1480
02:03:48,500 --> 02:03:50,375
Non penso marchar sen Rosie.
1481
02:03:56,250 --> 02:03:59,291
Esa casa. Seguro que foi alí.
1482
02:04:01,708 --> 02:04:04,000
Vale, a ver se atoparon a Rose.
1483
02:04:19,375 --> 02:04:22,166
G.H.? Que pasa?
1484
02:04:24,916 --> 02:04:26,041
Antes de marchar,
1485
02:04:28,833 --> 02:04:31,041
necesito saber que es honesto comigo.
1486
02:04:33,750 --> 02:04:37,124
Non importa o alcance disto,
necesito saber que somos un,
1487
02:04:37,208 --> 02:04:39,666
porque se isto pasa en todo o mundo,
1488
02:04:39,750 --> 02:04:43,083
hai que ir ao búnker
do que nos falou Danny.
1489
02:04:44,333 --> 02:04:45,875
De que falas?
1490
02:04:50,333 --> 02:04:51,458
Sabes algo.
1491
02:04:56,833 --> 02:04:59,875
Sospeitaba algo,
pero quería máis información.
1492
02:05:00,958 --> 02:05:03,000
Todo apuntaba ao mesmo, pero...
1493
02:05:04,166 --> 02:05:05,958
non quería asustar a ninguén.
1494
02:05:06,583 --> 02:05:08,791
Chamaríasme tolo, é unha tolería.
1495
02:05:08,875 --> 02:05:11,707
Tería máis sentido se nos fosen invadir,
1496
02:05:11,791 --> 02:05:12,916
pero isto...
1497
02:05:15,541 --> 02:05:17,374
Non pensei que puidese pasar.
1498
02:05:17,458 --> 02:05:18,791
Eramos máis listos.
1499
02:05:18,875 --> 02:05:20,000
Pasar o que?
1500
02:05:24,333 --> 02:05:26,582
Un cliente meu traballa en defensa,
1501
02:05:26,666 --> 02:05:30,500
pasei moito tempo analizando o custo
e beneficio das campañas militares.
1502
02:05:31,708 --> 02:05:35,250
Había un programa en especial
que asustou o meu cliente.
1503
02:05:36,000 --> 02:05:39,875
Unha manobra de tres fases que derrubaría
o goberno dun país desde dentro.
1504
02:05:43,125 --> 02:05:46,249
A primeira fase é o illamento.
1505
02:05:46,333 --> 02:05:48,916
Inhabilitar a comunicación e o transporte.
1506
02:05:49,916 --> 02:05:53,291
Que os obxectivos estean xordos,
perplexos e paralizados,
1507
02:05:53,375 --> 02:05:55,458
preparándoos para a segunda fase:
1508
02:05:56,041 --> 02:05:58,041
o caos sincronizado.
1509
02:05:58,125 --> 02:06:02,041
Aterralos con ataques encubertos
e desinformación,
1510
02:06:02,125 --> 02:06:03,957
exceder as súas capacidades de defensa
1511
02:06:04,041 --> 02:06:08,124
deixando o armamento vulnerable
a extremistas e ao propio exército.
1512
02:06:08,208 --> 02:06:12,291
Sen un inimigo ou razón clara,
a xente comezaría a atacarse entre si.
1513
02:06:15,416 --> 02:06:19,375
Se logran iso,
a terceira fase chegará soa.
1514
02:06:21,625 --> 02:06:23,041
Cal é a terceira fase?
1515
02:06:27,833 --> 02:06:28,833
Golpe de Estado.
1516
02:06:31,541 --> 02:06:32,541
Guerra civil.
1517
02:06:36,541 --> 02:06:37,458
Colapso.
1518
02:06:43,541 --> 02:06:46,124
Este programa era o xeito máis rendible
1519
02:06:46,208 --> 02:06:47,750
de desestabilizar un país.
1520
02:06:49,166 --> 02:06:52,082
Porque se o país era disfuncional abondo,
1521
02:06:52,166 --> 02:06:54,833
basicamente faría todo o traballo.
1522
02:07:01,208 --> 02:07:03,583
Quen comezou isto quere que o acabemos.
1523
02:08:51,958 --> 02:08:55,000
OS THORNE
1524
02:09:31,916 --> 02:09:32,916
Rose!
1525
02:11:10,333 --> 02:11:12,291
ALERTA DE EMERXENCIA
1526
02:11:12,375 --> 02:11:15,291
A CASA BRANCA E AS CIDADES PRINCIPAIS
SOFREN ATAQUES
1527
02:11:15,375 --> 02:11:17,166
DAS FORZAS ARMADAS INIMIGAS.
1528
02:11:17,250 --> 02:11:19,749
NIVEIS ELEVADOS DE RADIACIÓN
1529
02:11:19,833 --> 02:11:22,082
PRETO DOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN.
1530
02:11:22,166 --> 02:11:24,250
BUSCADE REFUXIO INMEDIATO.
1531
02:11:59,958 --> 02:12:01,124
BENVIDA!
1532
02:12:01,208 --> 02:12:02,250
LENDO
1533
02:12:13,791 --> 02:12:18,291
CAPÍTULOS
1534
02:12:18,375 --> 02:12:20,000
O ÚLTIMO
1535
02:12:21,750 --> 02:12:23,125
REPRODUCIR
1536
02:18:57,500 --> 02:19:00,291
EN RECORDO DE PATRICK SHELBY
E ROCKY BABCOCK
1537
02:19:24,666 --> 02:19:29,666
Subtítulos: María Suárez Seijas