1 00:00:07,168 --> 00:00:10,001 ANTERIORMENTE EN FALLOUT 2 00:00:11,459 --> 00:00:15,626 A audiencia quere ver que ata os homes bos coma ti 3 00:00:15,626 --> 00:00:18,293 - poden chegar tan lonxe. - Pero non é o meu. 4 00:00:25,126 --> 00:00:26,501 Non te podes mover? 5 00:00:26,501 --> 00:00:28,126 Roubaronme o núcleo de fusión. 6 00:00:28,126 --> 00:00:29,793 Que suxires? 7 00:00:29,793 --> 00:00:33,293 Viaxar xuntos, recuperar a cabeza e levarla á Irmandade. 8 00:00:33,709 --> 00:00:36,959 Ti deixarasme os teus cabaleiros para salvar o meu pai. 9 00:00:38,751 --> 00:00:41,376 Nunca antes fixera publicidade. 10 00:00:46,834 --> 00:00:48,668 Sobreviviría alguén? 11 00:00:49,543 --> 00:00:50,376 Eu. 12 00:00:51,876 --> 00:00:53,001 Lucy. 13 00:00:58,918 --> 00:00:59,834 Onde estamos? 14 00:01:00,334 --> 00:01:01,834 No mellor lugar do mundo. 15 00:01:05,376 --> 00:01:06,293 Nun Refuxio. 16 00:01:23,251 --> 00:01:25,168 VAULT-TEC PRESENTA... 17 00:01:30,668 --> 00:01:31,834 Ei, ola. 18 00:01:32,334 --> 00:01:36,126 Si, son eu, Cooper Howard, a estrela de teatro e de cine. 19 00:01:37,126 --> 00:01:40,209 Pero hoxe non vou falar da miña última película. 20 00:01:40,209 --> 00:01:45,084 Non, hoxe quero ensinarvos un lugar vasto e marabilloso. 21 00:01:45,793 --> 00:01:49,001 Non foi feito por Deus, senón por homes traballadores. 22 00:01:49,834 --> 00:01:52,626 Un auténtico oasis trala guerra nuclear. 23 00:01:53,418 --> 00:01:55,334 Que tal se prendemos as luces? 24 00:01:57,751 --> 00:01:59,084 Así está mellor. 25 00:02:03,084 --> 00:02:04,084 SUXEITOS DO TEST 26 00:02:04,084 --> 00:02:09,668 Fálovos dende as entrañas do compartimento de vivendas 96 JQ 1164. 27 00:02:09,668 --> 00:02:11,709 E vaia fermosura! 28 00:02:13,043 --> 00:02:15,001 Música para os oídos. 29 00:02:15,001 --> 00:02:18,626 Isto é a comporta do Refuxio 4, dun metro de grosor. 30 00:02:19,168 --> 00:02:22,751 Resistente para manter á raia a radiación e os comunistas. 31 00:02:26,709 --> 00:02:29,793 Cada unha destas xoias vén con modernas instalacións, 32 00:02:29,793 --> 00:02:33,376 o que se pode esperar da nosa gloriosa república. 33 00:02:33,376 --> 00:02:35,959 Este corredor é a rúa Sycamore, 34 00:02:35,959 --> 00:02:39,293 onde poderás saudar a calquera dos teus 200 veciños 35 00:02:39,293 --> 00:02:42,668 mentres volves á casa para cear cos teus seres queridos. 36 00:02:44,376 --> 00:02:46,043 Eles son os Hawthorne. 37 00:02:46,043 --> 00:02:48,959 Non forman unha típica familia americana. 38 00:02:49,459 --> 00:02:51,876 Non. Lloyd e Cassandra son científicos 39 00:02:51,876 --> 00:02:55,334 especializados nos efectos da radiación no ADN humano. 40 00:02:55,334 --> 00:02:56,501 Así é, 41 00:02:56,501 --> 00:02:59,751 e viviremos e traballaremos aquí, no Refuxio 4, 42 00:02:59,751 --> 00:03:03,001 liderando unha comunidade formada só por científicos. 43 00:03:03,001 --> 00:03:05,001 Como? Dis que ides vivir aquí? 44 00:03:05,501 --> 00:03:07,918 Pero non houbo ningún incidente nuclear. 45 00:03:07,918 --> 00:03:09,376 Non, aínda non. 46 00:03:09,376 --> 00:03:13,209 Pero a nosa familia e un grupo de 80 voluntarios 47 00:03:13,209 --> 00:03:16,126 faremos unha proba de cinco anos no Refuxio 4 48 00:03:16,126 --> 00:03:21,251 para demostrarlle ó mundo que, pase o que pase, 49 00:03:21,251 --> 00:03:23,168 os EUA estaremos listos. 50 00:03:23,168 --> 00:03:24,626 Cinco anos? 51 00:03:25,209 --> 00:03:28,084 Si, eu fago de heroe nas películas, 52 00:03:28,084 --> 00:03:29,918 pero vós sódelo de verdade. 53 00:03:29,918 --> 00:03:31,001 {\an8}CHAMA XA! 213-25-REFUXIO 54 00:03:31,001 --> 00:03:32,751 {\an8}Ti tamén podes ser un heroe 55 00:03:32,751 --> 00:03:35,834 {\an8}se reservas a túa praza nun Refuxio Vault-Tec. 56 00:03:35,834 --> 00:03:37,834 {\an8}Porque, de pasar o peor mañá, 57 00:03:37,834 --> 00:03:40,501 {\an8}o mundo precisará americanos coma ti 58 00:03:40,501 --> 00:03:42,793 {\an8}para construír un futuro mellor. 59 00:03:42,793 --> 00:03:44,876 {\an8}Corten! 60 00:03:44,876 --> 00:03:47,084 Que boa toma. Estades conformes? 61 00:03:47,084 --> 00:03:48,543 Conformes, amigos? 62 00:03:50,001 --> 00:03:52,209 - Podo marchar, Gary? - Si, señor. 63 00:03:52,209 --> 00:03:53,793 - Que tal? - Fixémolo ben? 64 00:03:53,793 --> 00:03:55,459 - Que nervios. - Moi ben. 65 00:03:55,459 --> 00:03:57,876 Alégrame coñecervos. Grazas por vir. 66 00:03:57,876 --> 00:03:59,709 Moitísimas grazas. Encantada. 67 00:04:00,918 --> 00:04:02,251 Fabuloso, Sr. Howard. 68 00:04:02,251 --> 00:04:03,459 Grazas, rapaz. 69 00:04:03,459 --> 00:04:06,793 Bud Askins. Supervisor de operacións no sur de California. 70 00:04:06,793 --> 00:04:11,043 Comecei a traballar en Vault-Tec despois de dez anos en West-Tek. 71 00:04:11,043 --> 00:04:12,418 West-Tek? 72 00:04:12,418 --> 00:04:14,001 Un provedor de defensa. 73 00:04:14,001 --> 00:04:18,168 Coñézovos ben. Deseñastes a armadura T-45. 74 00:04:18,168 --> 00:04:19,543 Primeira do seu tipo. 75 00:04:19,668 --> 00:04:21,668 Supervisei o seu lanzamento. 76 00:04:21,668 --> 00:04:25,334 Os fallos de deseño foron tremendos, pero lucían incribles. 77 00:04:25,334 --> 00:04:29,834 Eu usei a T-45 cando case perdemos Alasca contra os comunistas. 78 00:04:29,834 --> 00:04:33,293 Eses fallos custáronlle a vida a homes e mulleres de ben. 79 00:04:33,293 --> 00:04:35,709 Xa. O deseño nunca foi o meu forte. 80 00:04:35,709 --> 00:04:38,418 Eu céntrome en recursos humanos. 81 00:04:38,418 --> 00:04:40,834 Supervisar procesos de traballo, 82 00:04:40,834 --> 00:04:43,084 organizar horarios, o tema da escala. 83 00:04:43,084 --> 00:04:46,209 Moitos cren que se trata de aumentar as vendas globais. 84 00:04:46,209 --> 00:04:48,834 Pensan en tres dimensións. Eu penso en catro. 85 00:04:48,834 --> 00:04:52,418 Cal é a arma definitiva para destruír os competidores? 86 00:04:52,418 --> 00:04:54,793 Non é vender máis nin ser máis listos. 87 00:04:56,001 --> 00:04:57,126 É o tempo. 88 00:04:58,001 --> 00:05:00,084 O tempo é a arma definitiva. 89 00:05:01,834 --> 00:05:03,084 - Xa. - Soa complicado, 90 00:05:03,084 --> 00:05:06,334 pero o futuro da humanidade redúcese a unha palabra. 91 00:05:06,334 --> 00:05:07,543 Si? E cal é? 92 00:05:07,543 --> 00:05:08,834 Xestión. 93 00:05:12,001 --> 00:05:13,834 Alégrome por ti, Buck. 94 00:05:14,709 --> 00:05:16,334 Bud. Bud Askins. 95 00:05:18,501 --> 00:05:19,501 Ola. 96 00:05:21,668 --> 00:05:24,126 - Estou traballando. - E se marchamos xa? 97 00:05:24,126 --> 00:05:27,334 Non teño nada contra os teus colegas. Pero, ¿que tal 98 00:05:27,334 --> 00:05:29,876 se marchamos e imos tomar unha piña colada 99 00:05:29,876 --> 00:05:31,168 e poñemos musiquiña? 100 00:05:31,168 --> 00:05:33,376 Hai unha festa de despedida. 101 00:05:33,376 --> 00:05:35,709 - Unha festa de despedida? - Si. 102 00:05:35,709 --> 00:05:37,001 - Por isto? - Si. 103 00:05:38,793 --> 00:05:42,043 Vale, pois imos un par de horas. Saudamos a xente... 104 00:05:42,043 --> 00:05:43,709 É na nosa casa. 105 00:05:45,876 --> 00:05:47,543 As cousas que fago por ti. 106 00:05:47,543 --> 00:05:49,626 Non deixan de sorprenderme. 107 00:06:05,084 --> 00:06:07,918 {\an8}REVOLUCIONANDO A SEGURIDADE PARA UN FUTURO INCERTO 108 00:06:10,668 --> 00:06:13,793 Sinto que non poidas baixar, Roosevelt. 109 00:06:13,793 --> 00:06:15,751 Diríxome a territorio inimigo. 110 00:06:20,293 --> 00:06:22,501 Sé bo canciño. Vai durmir. 111 00:06:25,084 --> 00:06:28,084 OS COMUNISTAS PERDEN TERRITORIO TROPAS DESPREGADAS NO EXTREMO ORIENTE 112 00:06:28,084 --> 00:06:34,168 COOPER HOWARD EN... UN HOME E O SEU CAN 113 00:06:37,626 --> 00:06:39,626 Esa película é incrible. 114 00:06:40,751 --> 00:06:43,918 A min tamén me gustou. Era o meu can de verdade. 115 00:06:44,751 --> 00:06:46,251 Bonita casa, Sr. Howard. 116 00:06:46,251 --> 00:06:47,334 Grazas. 117 00:06:47,334 --> 00:06:48,834 Acaba de pasar Cooper? 118 00:06:48,834 --> 00:06:50,376 Vaia papelón fixo. 119 00:06:57,626 --> 00:06:58,918 É el. 120 00:07:05,418 --> 00:07:06,959 - Señor Howard. - Ola. 121 00:07:08,001 --> 00:07:11,918 As negociacións en Anchorage teñen un grande impacto nas vendas. 122 00:07:11,918 --> 00:07:14,001 Temos que falar con Washington. 123 00:07:14,001 --> 00:07:16,793 Pois que sexa antes do informe trimestral. 124 00:07:18,126 --> 00:07:20,918 Señor Howard? 125 00:07:22,501 --> 00:07:23,834 Bud Askins. 126 00:07:24,751 --> 00:07:25,918 Claro que si. 127 00:07:26,751 --> 00:07:30,751 Poderías poñer a voz da peli, a do mordomo? 128 00:07:30,751 --> 00:07:33,876 Veña. Só a fago para amigos e mulleres bonitas, 129 00:07:33,876 --> 00:07:35,876 e vós xa estades a medio camiño. 130 00:07:36,668 --> 00:07:40,918 "Eu, Bartholomew Codsworth, estou sempre listo para servir." 131 00:07:42,959 --> 00:07:44,626 Cando rematedes a quenda, 132 00:07:44,626 --> 00:07:47,876 podemos seguir a festa no jacuzzi. Que dicides? 133 00:07:47,876 --> 00:07:49,251 Ai, non. 134 00:07:49,251 --> 00:07:50,501 - Non? - Non, grazas. 135 00:07:52,543 --> 00:07:53,543 Pois vale. 136 00:07:54,126 --> 00:07:55,543 Perdoa. Impórtache? 137 00:07:56,084 --> 00:07:57,543 Carallo, Sebas. 138 00:07:57,543 --> 00:08:00,793 Debes ser o único do meus convidados que apareceu. 139 00:08:02,668 --> 00:08:04,918 Xa. Isto a nós non nos vai moito. 140 00:08:04,918 --> 00:08:06,001 Xa sei. 141 00:08:06,001 --> 00:08:08,501 Cres que os nosos amigos de Hollywood 142 00:08:08,501 --> 00:08:11,251 queren estar co representante da fin do mundo? 143 00:08:11,251 --> 00:08:13,418 Non sabes nin a metade. 144 00:08:13,418 --> 00:08:15,418 Perdín unha peli polos anuncios. 145 00:08:15,418 --> 00:08:17,251 Aparecín na rodaxe. 146 00:08:17,251 --> 00:08:19,418 Os actores non saíron dos tráilers. 147 00:08:19,418 --> 00:08:21,959 Bonnie Lewis argumentou motivos morais. 148 00:08:21,959 --> 00:08:23,168 Bonnie Lewis? 149 00:08:23,168 --> 00:08:25,418 Se fixo un milleiro de anuncios. 150 00:08:25,418 --> 00:08:27,418 - Xa. - Putos comunistas! 151 00:08:27,418 --> 00:08:30,334 O radicalismo espállase por Hollywood 152 00:08:30,334 --> 00:08:32,293 coma se fose gonorrea. 153 00:08:32,293 --> 00:08:34,543 Ata pillou ó teu amigo Whiteknife. 154 00:08:34,543 --> 00:08:36,043 En serio? Charlie? 155 00:08:36,668 --> 00:08:37,793 Servín con ese tipo. 156 00:08:37,793 --> 00:08:41,001 Teñen reunións e todo. Éche unha boa lea. 157 00:08:41,001 --> 00:08:44,126 Pero ti, amigo, sabes de onde sopra o vento. 158 00:08:44,126 --> 00:08:46,251 O mundo diríxeo xente que leva 159 00:08:46,251 --> 00:08:48,959 protectores de peto nunha festa na piscina. 160 00:08:50,084 --> 00:08:51,918 Xa, pode que teñas razón. 161 00:08:51,918 --> 00:08:55,126 A ver, que eu tamén fixen ese tipo de cousas. 162 00:08:55,126 --> 00:08:57,709 Vendínlle os dereitos vocais a ese robot 163 00:08:57,709 --> 00:09:00,584 que venden a amas de casa e a pervertidos. 164 00:09:00,584 --> 00:09:02,293 Adiviña canto me pagaron. 165 00:09:02,751 --> 00:09:03,751 Dez millóns? 166 00:09:08,418 --> 00:09:10,376 Non. 186, sen contar os impostos. 167 00:09:10,376 --> 00:09:11,668 Podías pedir máis. 168 00:09:11,668 --> 00:09:13,918 - Xa o fixen. - E que dixeron? 169 00:09:13,918 --> 00:09:16,418 Déronlle un robot ó meu representante. 170 00:09:16,418 --> 00:09:18,168 En que carallo pensaban? 171 00:09:18,168 --> 00:09:20,209 Cada vez que entro na miña casa, 172 00:09:20,209 --> 00:09:23,251 a miña propia voz di: "Ola, señor. Quere sentar?" 173 00:09:25,751 --> 00:09:27,376 É horrible! 174 00:09:27,376 --> 00:09:29,209 Cría que o estudio era o dono. 175 00:09:29,209 --> 00:09:31,293 Si, pero Rob-Co comprou o estudio. 176 00:09:32,084 --> 00:09:35,043 Escoita. Esquece Hollywood, é o pasado. 177 00:09:35,043 --> 00:09:37,543 O futuro son os produtos, amigo. 178 00:09:38,001 --> 00:09:39,751 Ti es un produto. Eu tamén. 179 00:09:39,751 --> 00:09:42,459 A fin do mundo é un produto. 180 00:09:43,584 --> 00:09:47,126 E para aqueles de nós que saiban aceptalo, 181 00:09:47,126 --> 00:09:48,709 o futuro será dourado. 182 00:09:49,251 --> 00:09:50,584 Polo futuro. 183 00:09:51,584 --> 00:09:52,918 Polo futuro. 184 00:09:58,293 --> 00:10:02,418 Eu, Barth-Bartholomew Codsworth, estou sempre listo para servir. 185 00:10:10,584 --> 00:10:12,668 Ola, rapaces. 186 00:10:12,668 --> 00:10:15,834 Se vides tomar un xeado, 187 00:10:15,834 --> 00:10:18,918 teño malas novas para vós. Pero... 188 00:10:18,918 --> 00:10:21,584 Imos... imos aló. Vamos? 189 00:10:21,584 --> 00:10:22,751 Esperando. 190 00:10:22,751 --> 00:10:24,126 Colle o núcleo. 191 00:10:24,126 --> 00:10:28,001 Non hai núcleo. Só átomos nucleares inter... 192 00:10:29,543 --> 00:10:32,751 Destruíndo un negocio lexítimo. 193 00:10:33,626 --> 00:10:36,043 Iso é ilegal por aquí. 194 00:10:36,043 --> 00:10:37,418 Quen o di? 195 00:10:38,709 --> 00:10:40,126 O Gobermento. 196 00:11:09,209 --> 00:11:11,668 Dentes vellos como munición. 197 00:11:11,668 --> 00:11:15,168 Sempre atopan novos xeitos de matarse, non si? 198 00:11:15,668 --> 00:11:17,751 - Precisamos antibiótico. - Si, doutor. 199 00:11:17,751 --> 00:11:19,834 Sei que queredes marchar, 200 00:11:19,834 --> 00:11:21,751 pero o teu amigo debe descansar 201 00:11:21,751 --> 00:11:23,543 durante un par de días. 202 00:11:23,543 --> 00:11:25,084 Non, estou ben. 203 00:11:25,084 --> 00:11:26,584 Estou ben. 204 00:11:26,584 --> 00:11:29,334 Tiñas un dente humano podre no ombreiro. 205 00:11:29,334 --> 00:11:30,543 Non estás ben. 206 00:11:30,543 --> 00:11:32,793 Titus, este é un doutor de Refuxio. 207 00:11:33,418 --> 00:11:35,043 Deberías facerlle caso. 208 00:11:35,793 --> 00:11:38,876 Agradézolles que nos deixaran pasar e nos coidaran. 209 00:11:38,876 --> 00:11:40,293 É o que facemos aquí. 210 00:11:40,293 --> 00:11:42,584 Atopamos a súa armadura. 211 00:11:42,584 --> 00:11:44,918 Os buscadores traerana agora. 212 00:11:44,918 --> 00:11:46,668 Marabilloso. Grazas. 213 00:11:46,668 --> 00:11:49,334 Non é ideal quedar aquí, 214 00:11:49,334 --> 00:11:52,501 pero teño que admitir que é xenial estar nun Refuxio. 215 00:11:52,501 --> 00:11:55,959 Non sei se estiveches na superficie, pero non é... 216 00:11:56,918 --> 00:11:57,918 nada xenial. 217 00:11:58,376 --> 00:11:59,876 Nacín na superficie. 218 00:12:02,918 --> 00:12:05,001 Síntoo. Non o sabía. Pareces tan... 219 00:12:05,001 --> 00:12:06,209 Normal? 220 00:12:07,793 --> 00:12:09,376 A miña nai era mensaxeira. 221 00:12:09,376 --> 00:12:11,876 Tiña 11 anos e viaxaba con ela ata Filly. 222 00:12:13,084 --> 00:12:16,834 Andamos durante tres días e aínda sentiamos a calor da explosión. 223 00:12:17,876 --> 00:12:20,293 - Es de Shady Sands. - Coma moitos. 224 00:12:20,293 --> 00:12:23,376 Tivemos sorte ó atopar a hospitalidade do Refuxio 4. 225 00:12:24,126 --> 00:12:25,876 Si, e nós tamén. 226 00:12:25,876 --> 00:12:28,793 Tedes que estar en corentena unhas horas máis 227 00:12:28,793 --> 00:12:31,334 por se traedes contaminación convosco. 228 00:12:33,418 --> 00:12:34,876 Moitas grazas. 229 00:12:55,251 --> 00:12:56,751 Cheiras ben. 230 00:12:58,043 --> 00:12:59,168 Que? 231 00:13:08,418 --> 00:13:10,043 Queres ter sexo? 232 00:13:12,918 --> 00:13:14,668 Usar a miña pirola? 233 00:13:16,126 --> 00:13:17,209 Si. 234 00:13:20,334 --> 00:13:21,626 Non sei. Eu... 235 00:13:21,626 --> 00:13:23,668 Podería pasar esa cousa rara. 236 00:13:23,668 --> 00:13:25,793 Que cousa rara? 237 00:13:26,459 --> 00:13:28,834 Pásalles a algúns, a min non. 238 00:13:28,834 --> 00:13:31,584 Cando a moven, a algúns deles 239 00:13:32,834 --> 00:13:35,626 pónselle dura. É coma un enorme gran que explota. 240 00:13:36,459 --> 00:13:39,751 Din que lle pode pasar a todos, pero, aínda así... 241 00:13:39,751 --> 00:13:41,043 É noxento. 242 00:13:41,668 --> 00:13:44,959 É algo totalmente normal. 243 00:13:44,959 --> 00:13:46,376 Pasa todo o tempo. 244 00:13:46,376 --> 00:13:48,709 Todas as veces, idealmente. 245 00:13:56,709 --> 00:13:58,043 Son un cabaleiro 246 00:14:00,168 --> 00:14:01,668 da Irmandade. 247 00:14:03,251 --> 00:14:04,668 Non debemos... 248 00:14:06,918 --> 00:14:08,001 Moi ben. 249 00:14:23,959 --> 00:14:29,501 SUXEITOS DO TEST 250 00:14:43,751 --> 00:14:46,043 Non deberiamos perder tempo aquí. 251 00:14:46,043 --> 00:14:47,501 Xa oíches o doutor. 252 00:14:48,126 --> 00:14:51,209 Ademais, temos que atopar a cabeza xuntos. 253 00:14:51,209 --> 00:14:52,834 Non me serves se morres. 254 00:14:54,084 --> 00:14:55,584 E sentiríame mal. 255 00:14:55,584 --> 00:14:57,334 Esta xente tenta atraparnos. 256 00:14:57,334 --> 00:14:58,959 Claro que non. 257 00:14:58,959 --> 00:15:02,043 Algúns deles son da superficie, coma ti. 258 00:15:08,334 --> 00:15:11,126 Isto é unha seita coma outra calquera. 259 00:15:11,126 --> 00:15:13,209 - Non é unha seita. - Todos sorrín. 260 00:15:13,209 --> 00:15:15,709 Titus, este é un lugar seguro, 261 00:15:16,418 --> 00:15:18,626 onde se coidan uns ós outros. 262 00:15:19,834 --> 00:15:21,043 Pero por que? 263 00:15:21,043 --> 00:15:25,209 Porque nos Refuxios recoñecemos que nos necesitamos. 264 00:15:25,209 --> 00:15:27,334 Coma eu a ti na superficie. 265 00:15:30,043 --> 00:15:32,584 Estamos atrapados ata que poidas viaxar. 266 00:15:32,584 --> 00:15:35,084 Dáslle unha oportunidade a este lugar? 267 00:15:38,459 --> 00:15:40,418 Desculpade a interrupción, 268 00:15:40,418 --> 00:15:43,709 pero o noso supervisor quería saudar rapidamente. 269 00:15:44,459 --> 00:15:47,251 Supervisor Benjamin, estes son Lucy e Titus. 270 00:15:47,251 --> 00:15:50,334 Ola, rapaces. Só quería saudar. 271 00:15:50,334 --> 00:15:51,876 - Ola. - E, obviamente, 272 00:15:51,876 --> 00:15:54,418 darvos a benvida ó Refuxio 4. 273 00:15:54,418 --> 00:15:56,959 Algúns datos de utilidade: 274 00:15:56,959 --> 00:15:59,293 prohibido ir ó andar 12, obviamente. 275 00:15:59,293 --> 00:16:01,334 Preferimos que non vaiades. 276 00:16:01,959 --> 00:16:03,834 É só temos un futbolín. 277 00:16:03,834 --> 00:16:06,876 Se queredes xogar, tedes que inscribirvos. 278 00:16:06,876 --> 00:16:08,959 Se non hai lapis para apuntarvos, 279 00:16:08,959 --> 00:16:10,584 falade comigo. 280 00:16:10,584 --> 00:16:13,168 Eu teño lapis. 281 00:16:14,209 --> 00:16:17,751 Se non sabedes como funciona o baño, preguntade. 282 00:16:17,751 --> 00:16:20,793 Preguntar é menos vergoñento que facelo mal. 283 00:16:20,793 --> 00:16:25,168 De verdade. Tivemos xa moitos accidentes cos novos. 284 00:16:25,168 --> 00:16:27,501 Ben, pois iso sería todo. 285 00:16:28,418 --> 00:16:32,709 Para preguntas que non teñan que ver co futbolín, co lapis ou cos baños... 286 00:16:32,709 --> 00:16:34,293 falade con Birdie. 287 00:16:34,293 --> 00:16:36,668 E, de novo, benvidos ó Refuxio 4. 288 00:16:36,668 --> 00:16:38,168 Alédanos tervos aquí. 289 00:16:39,126 --> 00:16:40,209 Grazas. 290 00:17:07,918 --> 00:17:11,918 O supervisor é un pouco raro, non? 291 00:17:11,918 --> 00:17:14,043 Xa. Cando a xente é tan amable... 292 00:17:14,043 --> 00:17:17,418 Non, Titus. Falo do seu ollo. 293 00:17:17,418 --> 00:17:19,001 Moitos teñen un só ollo. 294 00:17:19,001 --> 00:17:20,626 Pois si. 295 00:17:22,084 --> 00:17:24,084 Pero o seu estaba no medio. 296 00:17:24,084 --> 00:17:25,293 Algo á esquerda. 297 00:17:25,293 --> 00:17:27,459 E a leria do andar 12... 298 00:17:34,876 --> 00:17:35,959 Desculpe. 299 00:17:36,751 --> 00:17:37,959 Que teña bo día! 300 00:17:59,001 --> 00:18:01,168 Non se pode estar mellor. 301 00:18:01,168 --> 00:18:03,876 Pois non, non se pode. 302 00:18:08,084 --> 00:18:11,834 Non pensas en mudar de traballo? 303 00:18:13,543 --> 00:18:14,751 Antes si. 304 00:18:15,543 --> 00:18:19,918 Pero ó estares ti facendo os anuncios, é coma un negocio familiar. 305 00:18:21,043 --> 00:18:24,209 Pode que Janey comece a traballar alí ós 15 anos. 306 00:18:25,543 --> 00:18:26,543 Que bonitiño es! 307 00:18:26,543 --> 00:18:27,626 Eu si o penso. 308 00:18:28,418 --> 00:18:29,834 Deixar o espectáculo. 309 00:18:31,376 --> 00:18:35,001 Comprarnos un rancho en Bakersfield. 310 00:18:36,001 --> 00:18:38,418 Ser un vaqueiro de verdade outra vez. 311 00:18:38,418 --> 00:18:40,251 E eu que faría? 312 00:18:40,251 --> 00:18:42,876 Ser preciosa 313 00:18:42,876 --> 00:18:45,543 e axudarme a criar galiñas. 314 00:18:47,334 --> 00:18:48,334 Non. 315 00:18:48,334 --> 00:18:50,418 Estarías tan guapa cun mono. 316 00:18:50,418 --> 00:18:52,251 Que che deu agora? 317 00:18:52,251 --> 00:18:53,918 Un martini con xenebra. 318 00:18:56,626 --> 00:18:57,751 Non sei. 319 00:18:57,751 --> 00:19:00,293 Ultimamente leo unha chea de noticias. 320 00:19:01,834 --> 00:19:05,543 Faime cuestionarme a vida na cidade. 321 00:19:14,459 --> 00:19:16,709 Xa viras estas cousas. 322 00:19:16,709 --> 00:19:18,043 Non en ti. 323 00:19:18,043 --> 00:19:20,543 Bud Askins tróuxoas de Rob-Co. 324 00:19:20,543 --> 00:19:23,501 Integrámolas co sistema de emisións de Vault-Tec. 325 00:19:23,501 --> 00:19:26,876 Bud Askins. Si, xa o sei. 326 00:19:26,876 --> 00:19:29,043 Na empresa todos son coma el. 327 00:19:29,043 --> 00:19:32,293 Pero Vault-Tec existe con ou sen min. 328 00:19:32,751 --> 00:19:35,459 Non ten sentido queixarse dende fóra. 329 00:19:35,459 --> 00:19:38,126 Soamente digo que só temos unha vida. 330 00:19:38,126 --> 00:19:40,293 De verdade queres pasar o día 331 00:19:40,293 --> 00:19:41,793 con estes mamalóns...? 332 00:19:41,793 --> 00:19:43,501 Preciso este traballo. 333 00:19:44,418 --> 00:19:46,334 Garántenos praza nos Refuxios. 334 00:19:46,334 --> 00:19:48,418 Temos cartos. Podemos mercala. 335 00:19:48,418 --> 00:19:50,293 Nun dos Refuxios bos. 336 00:19:51,959 --> 00:19:53,876 E iso que quere dicir? 337 00:20:01,459 --> 00:20:04,334 Fago o que podo, vale? 338 00:20:04,334 --> 00:20:07,543 Ti... confía en min. 339 00:20:09,501 --> 00:20:10,709 Por favor. 340 00:20:12,834 --> 00:20:14,043 De acordo. 341 00:20:22,084 --> 00:20:25,543 Mentres as nacións intentan conseguir uranio para o futuro... 342 00:20:25,543 --> 00:20:26,626 NEGOCIACIÓN PARADA 343 00:20:26,626 --> 00:20:28,043 ...a crecente escaseza 344 00:20:28,043 --> 00:20:31,334 provoca que os aliados sexan potenciais competidores. 345 00:20:31,334 --> 00:20:36,043 Subirá o prezos da enerxía no inverno? Conducirá a unha guerra estendida? 346 00:20:36,043 --> 00:20:38,959 Máis detalles despois do patrocinador, Nuka Cola. 347 00:20:38,959 --> 00:20:42,251 Sinto que non puideras ir á festa o outro día, Charlie. 348 00:20:42,251 --> 00:20:44,168 Terías unha das túas reunións. 349 00:20:44,793 --> 00:20:47,293 Unha reunión comunista? Veña, meu! 350 00:20:47,293 --> 00:20:50,668 Vimos morrer xente loitando. Todo iso son caralladas. 351 00:20:50,668 --> 00:20:52,084 Si. E para que? 352 00:20:52,084 --> 00:20:53,668 Que queres dicir? 353 00:20:53,668 --> 00:20:55,334 Polo soño americano. 354 00:20:55,918 --> 00:20:57,084 Somos actores. 355 00:20:57,084 --> 00:20:58,918 Facemos películas, Charlie. 356 00:20:58,918 --> 00:21:01,334 Por iso sempre me dabas malleiras. 357 00:21:01,334 --> 00:21:04,084 Tes cinco acres en Tarzana. Non me das pena. 358 00:21:04,084 --> 00:21:05,793 Iso tanto ten, Coop. 359 00:21:06,501 --> 00:21:08,543 Vault-Tec é o puto demo, tío. 360 00:21:08,543 --> 00:21:10,126 A miña muller traballa alí. 361 00:21:10,126 --> 00:21:13,168 - Cres que Barb é o demo? - Non, pero... 362 00:21:13,834 --> 00:21:15,418 Barb cáeme ben, vale? 363 00:21:17,293 --> 00:21:19,626 Sóache a "responsabilidade fiduciaria"? 364 00:21:19,626 --> 00:21:21,126 - Fiduciaria? - Si. 365 00:21:21,126 --> 00:21:22,376 Non. 366 00:21:22,376 --> 00:21:25,751 Non teño nin idea. Dedícome a interpretar vaqueiros. 367 00:21:25,751 --> 00:21:27,834 Ben. O Goberno dos EUA 368 00:21:27,834 --> 00:21:30,834 subcontratoulle a supervivencia humana a Vault-Tec. 369 00:21:31,709 --> 00:21:33,626 Vault-Tec é unha empresa privada 370 00:21:33,626 --> 00:21:36,626 que debe facer cartos para os inversores. 371 00:21:36,626 --> 00:21:38,126 E como fai cartos? 372 00:21:40,001 --> 00:21:42,293 - Vendendo Refuxios. - É capitalismo. 373 00:21:42,293 --> 00:21:45,376 Non poderán vendelos se se chega a un acordo de paz. 374 00:21:45,376 --> 00:21:48,959 Así que Vault-Tec ten a responsabilidade fiduciaria 375 00:21:48,959 --> 00:21:51,418 de facer que non saia adiante. 376 00:21:51,418 --> 00:21:53,126 Xa, e como o farán? 377 00:21:54,418 --> 00:21:55,626 Non o sei. 378 00:21:58,334 --> 00:22:00,543 Lembras aquela peli con Johnny Morton? 379 00:22:00,543 --> 00:22:03,084 Ti eras o shériff e eu un indio xenérico. 380 00:22:03,084 --> 00:22:04,418 Non digas iso, meu. 381 00:22:04,418 --> 00:22:06,501 Mudlake falaba cos cabalos. 382 00:22:06,501 --> 00:22:08,543 Interpretáchelo con dignidade. 383 00:22:08,543 --> 00:22:09,918 Foi un gran papel. 384 00:22:09,918 --> 00:22:12,084 Morton era un podente gandeiro. 385 00:22:12,084 --> 00:22:14,834 Que pasa se o gandeiro ten máis poder có shériff? 386 00:22:14,834 --> 00:22:16,959 - A cidade arde. - A cidade arde. 387 00:22:16,959 --> 00:22:19,001 - Xa. - Vault-Tec ten billóns, 388 00:22:19,001 --> 00:22:20,334 é dona de case todo. 389 00:22:20,334 --> 00:22:23,334 Dez anos de guerra e o Goberno está arruinado. 390 00:22:23,334 --> 00:22:25,751 Os gandeiros mandan, Coop. 391 00:22:25,751 --> 00:22:26,751 Veña. 392 00:22:27,584 --> 00:22:29,543 A non ser que a xente faga algo. 393 00:22:29,543 --> 00:22:31,626 É todo unha conspiración, non si? 394 00:22:31,626 --> 00:22:33,584 Parece que esteas nunha seita. 395 00:22:33,584 --> 00:22:35,084 Ti defendes o sistema 396 00:22:35,084 --> 00:22:37,418 que vai estragar o mundo, Cooper. 397 00:22:37,418 --> 00:22:39,126 Pode que o esteas ti. 398 00:22:39,626 --> 00:22:40,709 Xa. 399 00:22:43,293 --> 00:22:44,459 Mira. 400 00:22:45,543 --> 00:22:47,043 Ven a unha reunión. 401 00:22:47,043 --> 00:22:49,168 Descubre onde traballa Barb. 402 00:22:49,168 --> 00:22:51,501 HOLLYWOOD FOREVER: FUNERARIA CEMITERIO - MAUSOLEO - CREMATORIO 403 00:22:53,001 --> 00:22:54,209 Polo seu ben. 404 00:23:06,959 --> 00:23:08,626 Camareiro, ponme outra. 405 00:23:19,209 --> 00:23:20,209 Ola? 406 00:23:20,209 --> 00:23:22,209 Podo falar con Barb, por favor? 407 00:23:22,209 --> 00:23:23,918 - Quen é? - Henry. 408 00:23:23,918 --> 00:23:26,376 Do programa de adestramento de Vault-Tec. 409 00:23:26,376 --> 00:23:28,001 Falo co señor Cooper Howard? 410 00:23:28,001 --> 00:23:31,793 Síntoo, pero a miña muller non colle chamadas polas tardes. 411 00:23:31,793 --> 00:23:33,001 Serán uns minutos. 412 00:23:33,001 --> 00:23:35,626 - Teño que preguntarlle... - Abur. 413 00:23:35,626 --> 00:23:38,001 Era Henry, do traballo. 414 00:23:38,668 --> 00:23:40,918 Tes un asistente novo? 415 00:23:40,918 --> 00:23:42,043 Si. 416 00:23:42,043 --> 00:23:44,751 Si? Janey está durmindo? 417 00:23:44,751 --> 00:23:47,293 Está léndolle A casa da pradería ó can. 418 00:23:48,251 --> 00:23:49,751 E gústalle? 419 00:23:54,418 --> 00:23:55,418 Que? 420 00:23:56,543 --> 00:23:59,168 Vaino pasar moi mal, a verdade. 421 00:24:00,334 --> 00:24:01,751 Por que? 422 00:24:01,751 --> 00:24:03,668 Non se permiten cans nos Refuxios. 423 00:24:12,626 --> 00:24:13,793 Quen o di? 424 00:24:18,126 --> 00:24:20,834 Non poden entrar cans. Quen o di? 425 00:24:24,043 --> 00:24:26,876 Pois... son as normas. 426 00:24:28,001 --> 00:24:29,334 Os cans comen carne. 427 00:24:30,084 --> 00:24:32,001 É unha ineficacia evitable. 428 00:24:35,001 --> 00:24:36,459 Xa. 429 00:24:40,126 --> 00:24:41,709 Esa non era a pregunta. 430 00:24:42,543 --> 00:24:47,501 Pregunto quen decide que non entran cans nos Refuxios. 431 00:24:47,501 --> 00:24:50,959 É unha preocupación trivial, 432 00:24:50,959 --> 00:24:54,793 dadas as condicións para que nós poidamos vivir nun refuxio. 433 00:24:54,793 --> 00:24:58,584 Pois eu non creo que o sexa, a verdade. 434 00:24:58,584 --> 00:24:59,918 Que? 435 00:24:59,918 --> 00:25:01,084 Falo en serio. 436 00:25:01,751 --> 00:25:03,418 Quen pon esas normas? 437 00:25:04,293 --> 00:25:07,126 Que non se permitan cans é algo novo. 438 00:25:07,126 --> 00:25:10,584 Alguén o decidiu e non consultou con ninguén. 439 00:25:12,459 --> 00:25:15,918 Que máis sorpresas hai? Levaremos monos azuis? 440 00:25:15,918 --> 00:25:19,001 E se non quero levar un? E se quero un verde? 441 00:25:19,001 --> 00:25:21,459 Cae unha bomba e pensas no vestiario? 442 00:25:21,459 --> 00:25:23,293 Preocúpame a miña liberdade. 443 00:25:23,293 --> 00:25:26,793 Non fun á guerra defendendo a liberdade para vivir nun soto 444 00:25:26,793 --> 00:25:29,251 baixo as botas do presidente Bud Askins. 445 00:25:29,251 --> 00:25:33,293 E cando ti estabas na guerra, eu quedei na casa. 446 00:25:34,001 --> 00:25:36,543 - Xa o sei. - Vía o correo todos os días. 447 00:25:36,543 --> 00:25:38,876 Esperaba xunto ó teléfono cada noite. 448 00:25:38,876 --> 00:25:42,001 E, tódalas noites, volvíame tola. 449 00:25:42,001 --> 00:25:43,584 Imaxinaba o peor. 450 00:25:43,584 --> 00:25:47,043 Non preciso que me digas o mala que é a guerra, Coop. 451 00:25:47,043 --> 00:25:51,126 Cada día vou ó traballo e penso como a humanidade 452 00:25:51,126 --> 00:25:55,293 pode sobrevivir unha catástrofe nuclear que matará o 90 % da poboación. 453 00:25:55,293 --> 00:25:56,501 E volvo á casa 454 00:25:56,501 --> 00:26:00,084 e ti falas de agochármonos nun rancho en Bakersfield. 455 00:26:00,626 --> 00:26:04,001 Ás veces non sei en que planeta vives, Coop. 456 00:26:04,001 --> 00:26:07,376 Pero non pararás as bombas viaxando dúas horas. 457 00:26:07,376 --> 00:26:10,793 Pois si, non haberá cans nos Refuxios. 458 00:26:10,793 --> 00:26:13,459 E non, nada disto é o ideal, 459 00:26:13,459 --> 00:26:16,543 pero se mil millóns de persoas van perder a vida, 460 00:26:16,543 --> 00:26:19,293 asegurareime de que a xente que quero, 461 00:26:19,293 --> 00:26:22,751 ou sexa, ti e mais Janey, non esteades entre eles. 462 00:26:25,251 --> 00:26:28,084 Traballei moi duro 463 00:26:28,084 --> 00:26:32,626 para asegurarme de que entremos nun Refuxio para altos cargos, 464 00:26:32,626 --> 00:26:35,918 onde supervisemos o resto de Refuxios. 465 00:26:38,668 --> 00:26:42,334 Non o entendes. É o mellor ó que podemos aspirar. 466 00:26:43,584 --> 00:26:45,126 Para Janey. 467 00:26:52,959 --> 00:26:55,334 Ei. 468 00:26:56,793 --> 00:26:58,001 Ven aquí. 469 00:27:01,168 --> 00:27:02,418 Síntoo. 470 00:27:03,043 --> 00:27:05,834 Sei que o fas o mellor que podes. 471 00:27:07,668 --> 00:27:09,501 É o que máis me gusta de ti. 472 00:27:24,709 --> 00:27:28,126 E cando lle dás á asa, todo desaparece. 473 00:27:29,001 --> 00:27:32,334 Si, así funciona o váter. 474 00:27:33,293 --> 00:27:35,084 Eu veño dun Refuxio. 475 00:27:35,543 --> 00:27:36,751 Que ti que? 476 00:27:36,751 --> 00:27:38,334 Que son dun Refuxio. 477 00:27:38,334 --> 00:27:41,334 Ai, si. "Goosey" MacLean? 478 00:27:41,334 --> 00:27:43,709 Non. Son Lucy. 479 00:27:48,251 --> 00:27:50,918 Non, aquí pon "Goosey". 480 00:27:52,084 --> 00:27:53,709 Pero iso xa é algo. 481 00:27:53,709 --> 00:27:57,001 Non se coñece unha refuxiada real tódolos días. 482 00:27:57,001 --> 00:27:58,584 Estamos en extinción. 483 00:27:58,584 --> 00:28:00,709 Ti es de aquí? 484 00:28:00,709 --> 00:28:03,543 Cinco xeracións. Estou orgulloso. 485 00:28:03,543 --> 00:28:05,084 Eu pensaba que... 486 00:28:07,668 --> 00:28:12,709 Parecía que a maioría aquí eran refuxiados da superficie. 487 00:28:12,709 --> 00:28:14,043 Non me digas máis. 488 00:28:14,876 --> 00:28:17,043 Vaia xente, non si? 489 00:28:19,084 --> 00:28:20,418 Collín unha con mofo. 490 00:28:20,418 --> 00:28:22,418 - Que queres dicir? - Pois... 491 00:28:22,418 --> 00:28:25,168 non hai ninguén máis aberto de mente ca min. 492 00:28:25,168 --> 00:28:28,751 Pero veñen aquí coa súa comida cheirenta, 493 00:28:28,751 --> 00:28:30,918 as súas ideas extravagantes... 494 00:28:32,459 --> 00:28:34,376 Ti vés dun Refuxio. Enténdelo. 495 00:28:34,376 --> 00:28:36,668 Se non che gusta a xente de fóra, 496 00:28:36,668 --> 00:28:38,251 por que os acolles? 497 00:28:38,251 --> 00:28:40,418 É unha política antiga. 498 00:28:40,418 --> 00:28:42,543 Pero esta xente nova? Arre demo! 499 00:28:42,543 --> 00:28:45,876 Para que che voten, tes que respectar as súas costumes, 500 00:28:45,876 --> 00:28:49,626 toleralos e non chamalos "surfis". É terrible. 501 00:28:50,709 --> 00:28:53,543 Vós non acolledes habitantes da superficie? 502 00:28:53,543 --> 00:28:55,251 Pois, a dicir verdade... 503 00:28:55,876 --> 00:28:57,251 Non. Nós non. 504 00:28:57,251 --> 00:28:58,584 E como é? 505 00:28:58,584 --> 00:29:01,668 Penso que facedes unha boa obra. 506 00:29:01,668 --> 00:29:03,584 Vin os restos de Shady Sands. 507 00:29:03,584 --> 00:29:07,334 Unha cidade enteira destruída nun momento. É... 508 00:29:09,418 --> 00:29:11,418 Moita xente perdeuno todo. 509 00:29:11,418 --> 00:29:13,918 E foi unha traxedia. 510 00:29:13,918 --> 00:29:16,959 Deixamos que algúns quedaran e démoslles un fogar. 511 00:29:16,959 --> 00:29:19,043 Porque iso é o que facemos. 512 00:29:19,043 --> 00:29:22,043 Xa non se poden facer bromas! Oféndense por todo. 513 00:29:22,043 --> 00:29:25,293 Unha bromiña de nada que dixen unhas dez veces. 514 00:29:25,834 --> 00:29:27,626 Cal era a broma? 515 00:29:27,626 --> 00:29:28,709 Non me lembro. 516 00:29:28,709 --> 00:29:31,543 Todo o que sei é que era unha bomba. 517 00:29:33,293 --> 00:29:35,084 É boa, non si? 518 00:29:35,793 --> 00:29:36,959 Non o pilla. 519 00:29:37,751 --> 00:29:38,959 Máis preguntas? 520 00:29:38,959 --> 00:29:40,376 Teño unha. 521 00:29:41,709 --> 00:29:43,918 Por que non podemos ir ó andar 12? 522 00:29:44,918 --> 00:29:46,418 Non falamos diso. 523 00:29:46,418 --> 00:29:48,376 - Que raios che pasa? - Perdón. 524 00:29:48,376 --> 00:29:49,959 - Eu só... - Lisca. 525 00:29:49,959 --> 00:29:52,376 - Só quería... - Adeus, "Goosey". 526 00:29:59,376 --> 00:30:00,584 Bule. 527 00:30:48,043 --> 00:30:49,293 Ola. 528 00:30:53,168 --> 00:30:55,168 De onde sacades a enerxía? 529 00:31:24,876 --> 00:31:26,918 {\an8}NÚCLEO DE FUSIÓN 530 00:31:44,418 --> 00:31:46,418 Atopaches o núcleo de fusión. 531 00:31:50,709 --> 00:31:52,959 Que tal te adaptas á vida aquí abaixo? 532 00:31:52,959 --> 00:31:54,459 Que importancia ten? 533 00:31:55,168 --> 00:31:56,668 Vou marchar pronto. 534 00:32:00,584 --> 00:32:01,668 Non si? 535 00:32:04,251 --> 00:32:09,001 A moitos cústalles adaptarse cando por fin están a salvo. 536 00:32:10,209 --> 00:32:13,793 Tedes moi presentes as cousas que fixestes para sobrevivir. 537 00:32:17,751 --> 00:32:22,043 A confianza non é algo sinxelo para os que sentimos culpabilidade. 538 00:32:26,501 --> 00:32:27,501 Toma. 539 00:32:27,501 --> 00:32:29,209 Unidade 428. 540 00:32:29,584 --> 00:32:30,459 BENVIDOS 541 00:32:30,459 --> 00:32:33,043 E se dormes no teu propio cuarto hoxe? 542 00:32:33,043 --> 00:32:34,918 Dúchate con auga quente. 543 00:32:35,959 --> 00:32:38,126 Non ten nada de malo estar cómodo. 544 00:32:45,584 --> 00:32:49,209 Que queres dicir exactamante con "ducha quente"? 545 00:33:26,418 --> 00:33:27,959 UNIDADE 428 546 00:33:32,584 --> 00:33:34,626 CONECTANDO 547 00:33:46,501 --> 00:33:51,168 {\an8}BENVIDO Á CASA? BIRDIE E OS TEUS AMIGOS DO REFUXIO 4 548 00:35:28,918 --> 00:35:31,001 - Perdoa. - Si. 549 00:35:38,751 --> 00:35:39,918 Que é isto? 550 00:35:57,793 --> 00:35:59,793 LEMBRANDO SHADY SANDS 551 00:36:23,834 --> 00:36:25,418 {\an8}SHADY SANDS: FUNDADA EN 2142 552 00:36:25,418 --> 00:36:28,876 {\an8}REPÚBLICA DA NOVA CALIFORNIA CREADA EN 2189 553 00:36:28,876 --> 00:36:31,168 {\an8}SHADY SANDS CONVÉRTESE NA CAPITAL DA REPÚBLICA EN 2198 554 00:36:32,126 --> 00:36:35,209 {\an8}A REPÚBLICA CONVÉRTESE NA POTENCIA MÁIS GRANDE EN 2241 555 00:36:35,209 --> 00:36:39,668 {\an8}A CAÍDA DE SHADY SANDS EN 2277 556 00:36:55,834 --> 00:37:00,376 REPÚBLICA DA NOVA CALIFORNIA 557 00:37:04,251 --> 00:37:05,751 Xa empeza. 558 00:37:24,209 --> 00:37:26,209 Desculpe, que está a pasar? 559 00:37:26,209 --> 00:37:28,001 Unha tradición da superficie. 560 00:37:28,001 --> 00:37:30,418 Un tanto bulideira para o meu gusto. 561 00:37:33,876 --> 00:37:35,376 Podes vir connosco. 562 00:37:37,584 --> 00:37:38,751 Vale. 563 00:37:55,001 --> 00:37:58,168 O GOBERMENTO 564 00:38:03,501 --> 00:38:05,126 BÚSCASE 565 00:38:05,126 --> 00:38:06,459 Carallo. 566 00:38:08,084 --> 00:38:09,543 Sorrel Booker. 567 00:38:13,293 --> 00:38:17,418 Sabía que un necrófago armara unha boa na tenda Caralluda. 568 00:38:17,418 --> 00:38:19,668 Non sabía que era "o" Necrófago. 569 00:38:22,543 --> 00:38:23,543 QUISTES 570 00:38:23,543 --> 00:38:25,709 Sabedes a quen trouxestes, mozos? 571 00:38:26,293 --> 00:38:29,584 Este fillo de puta era o mellor cazador de recompensas 572 00:38:29,584 --> 00:38:31,918 que existiu xamáis. 573 00:38:31,918 --> 00:38:34,418 Estes nenos non saben a súa historia. 574 00:38:34,876 --> 00:38:36,626 Tedes agulla e fío? 575 00:38:37,793 --> 00:38:41,334 Síntoo, non tecemos moito. 576 00:38:41,751 --> 00:38:43,043 Dise "coser". 577 00:38:43,876 --> 00:38:45,876 Creo que me queda algo na mochila. 578 00:39:05,501 --> 00:39:07,251 Impórtache? 579 00:39:08,959 --> 00:39:12,293 Veña, Sorrel, somos vellos amigos, non? 580 00:39:20,751 --> 00:39:22,001 Mírate. 581 00:39:22,709 --> 00:39:24,168 Douscentos anos. 582 00:39:24,709 --> 00:39:27,334 Non sei que che motiva. 583 00:39:28,084 --> 00:39:32,459 Igual simplemente che gusta sentir o sol californiano 584 00:39:32,459 --> 00:39:34,834 na túa cara engurrada. 585 00:39:37,293 --> 00:39:40,668 Ou pode que a sigas buscando. 586 00:39:44,543 --> 00:39:45,918 Pois, Sorrel, 587 00:39:45,918 --> 00:39:49,126 ben podo riscar unha das cousas da lista. 588 00:39:50,209 --> 00:39:54,209 Éche certo que non sigo vivo para manter conversacións banais 589 00:39:54,209 --> 00:39:56,084 con papahostias coma ti. 590 00:39:58,459 --> 00:40:00,543 Esa boquiña. 591 00:40:00,543 --> 00:40:03,209 Estás a falar co presidente do Gobermento. 592 00:40:09,918 --> 00:40:11,959 Agora es presidente? 593 00:40:11,959 --> 00:40:13,876 Non vexo por que non. 594 00:40:13,876 --> 00:40:16,543 Pode que queiras contratar un publicista. 595 00:40:16,543 --> 00:40:19,043 É a primeira vez que escoito falar disto. 596 00:40:19,834 --> 00:40:24,418 O que si oín son moitas historias sobre unha muller 597 00:40:24,418 --> 00:40:25,876 chamada Moldaver. 598 00:40:30,793 --> 00:40:32,459 Chámana " A Chama Madre". 599 00:40:33,459 --> 00:40:35,126 Esa puta é perigosa. 600 00:40:35,126 --> 00:40:37,793 Hoxe en día, cando falamos de liderado, 601 00:40:37,793 --> 00:40:40,126 que sexa perigosa é indispensable. 602 00:40:40,126 --> 00:40:43,418 Alguén ten que ter iniciativa e poñer orde por aquí. 603 00:40:44,168 --> 00:40:46,334 Sabes por que te detiveron os rapaces? 604 00:40:46,334 --> 00:40:50,334 Estragueille o negocio a unha pobre banda de tratantes de órganos. 605 00:40:50,334 --> 00:40:51,418 Efectivamente. 606 00:40:52,126 --> 00:40:53,459 Sempre me caíches ben. 607 00:40:53,459 --> 00:40:56,001 - Ti a min tamén. - Que riquiño, non? 608 00:40:56,459 --> 00:41:00,501 Pero nós protexiamos a tenda Caralluda que botaches a perder. 609 00:41:01,459 --> 00:41:04,126 Se deixo que marches sen máis, 610 00:41:05,043 --> 00:41:09,126 a xente deixaría de crer no que estamos a facer. E logo que? 611 00:41:10,543 --> 00:41:12,501 Anarquía nas rúas. 612 00:41:12,501 --> 00:41:13,834 Exactamente. 613 00:41:14,834 --> 00:41:17,709 Tes algo que dicir na túa defensa? 614 00:41:17,709 --> 00:41:19,376 Son culpable de todo. 615 00:41:19,376 --> 00:41:21,001 Así, sen máis? 616 00:41:22,459 --> 00:41:24,668 Sen máis. 617 00:41:25,876 --> 00:41:27,959 Se precisas máis probas, 618 00:41:27,959 --> 00:41:31,584 podo contarche cousiñas sobre Filly, a cidade que tiroteei. 619 00:41:31,584 --> 00:41:35,126 Matei nove ou dez persoas. 620 00:41:35,126 --> 00:41:37,293 O meu pai vive en Filly. 621 00:41:37,293 --> 00:41:39,209 Pois eu diría que xa non. 622 00:41:39,209 --> 00:41:40,793 A non ser que sexa covarde. 623 00:41:41,709 --> 00:41:43,376 Non mordas o cebo, fillo. 624 00:41:43,376 --> 00:41:44,834 Non estou a pescar. 625 00:41:44,834 --> 00:41:47,168 Encaixo as pezas do crebacabezas. 626 00:41:47,168 --> 00:41:48,793 Na miña experiencia, 627 00:41:48,793 --> 00:41:51,876 de tal pau, tal racha. 628 00:41:53,209 --> 00:41:55,168 É verdade no teu caso? 629 00:41:55,168 --> 00:41:57,626 O meu pai non é covarde ningún. 630 00:41:58,543 --> 00:42:03,376 Entón, a pregunta é: e ti? 631 00:42:05,751 --> 00:42:06,834 Shériff Rex, 632 00:42:07,959 --> 00:42:10,084 quítalle as armas ó shériff Troy. 633 00:42:13,459 --> 00:42:15,751 Que acto tan presidencial. 634 00:42:17,293 --> 00:42:19,626 Levádeo e alimentade con el os porcos. 635 00:42:40,543 --> 00:42:42,084 Cago no demo. 636 00:42:43,334 --> 00:42:45,501 Teño unha pregunta para ti, amigo. 637 00:42:46,543 --> 00:42:47,626 {\an8}¿Por que... 638 00:42:51,501 --> 00:42:54,418 tes ese retrato na túa parede? 639 00:42:54,834 --> 00:42:56,626 Esa é Moldaver. 640 00:42:58,168 --> 00:42:59,251 Por que? 641 00:43:01,709 --> 00:43:03,959 Non é como a lembraba. 642 00:43:05,209 --> 00:43:06,334 Non? 643 00:43:07,459 --> 00:43:09,459 E como a lembrabas, entón? 644 00:43:13,376 --> 00:43:18,376 FUNERARIA - CEMITERIO - CREMATORIO 645 00:44:30,668 --> 00:44:31,959 16:00 646 00:45:57,793 --> 00:45:58,793 Grazas por vir. 647 00:45:58,793 --> 00:46:00,418 A ver se quedo. 648 00:46:00,959 --> 00:46:01,959 Quedarás. 649 00:46:15,376 --> 00:46:19,209 - Chama Madre, nós recordamos. - Chama Madre, nós recordamos. 650 00:46:20,459 --> 00:46:25,876 E mentres recordamos, volvemos ó pasado. 651 00:46:25,876 --> 00:46:30,001 - Volvemos a Shady Sands. - Volvemos a Shady Sands. 652 00:46:30,001 --> 00:46:32,168 Mentres recordamos. 653 00:46:32,168 --> 00:46:36,501 - Recordamos a quen nos arrebataron. - Recordamos a quen nos arrebataron. 654 00:46:36,501 --> 00:46:40,709 Recordamos a quen nos arrebataron. 655 00:46:40,709 --> 00:46:45,834 Cubríndonos coas súas cinzas. 656 00:46:45,834 --> 00:46:50,168 Recordamos a quen nos arrebataron cubríndonos coas súas cinzas. 657 00:46:50,168 --> 00:46:52,376 Cubríndonos coas súas cinzas. 658 00:46:52,376 --> 00:46:58,334 Para revivir Shady Sands, hai que derramar sangue. 659 00:46:58,334 --> 00:47:01,418 - Deberías coñecer alguén. - Si, a quen? 660 00:47:01,418 --> 00:47:05,959 Hai que derramar sangue. 661 00:47:05,959 --> 00:47:07,293 hai que derramar sangue. 662 00:47:07,293 --> 00:47:13,293 Para revivir Shady Sands, hai que derramar sangue. 663 00:47:13,293 --> 00:47:15,668 - Chama Madre... - Chama Madre... 664 00:47:15,668 --> 00:47:21,668 Chama Madre, serás a nosa salvación. 665 00:47:25,918 --> 00:47:27,001 Señor Howard? 666 00:47:33,251 --> 00:47:36,918 Chama Madre, serás a nosa salvación. 667 00:47:37,709 --> 00:47:39,126 Son admiradora súa. 668 00:48:04,918 --> 00:48:06,001 Titus! 669 00:48:08,168 --> 00:48:09,376 Temos que falar. 670 00:48:10,959 --> 00:48:11,959 Si. 671 00:48:14,459 --> 00:48:16,334 Tiñas razón sobre este lugar. 672 00:48:16,334 --> 00:48:20,126 Non, tíñala ti. Mira isto. 673 00:48:20,126 --> 00:48:22,376 Chámanse ostras. Queres unha? 674 00:48:22,376 --> 00:48:24,001 Fanche sentir fabuloso. 675 00:48:24,001 --> 00:48:26,001 Queres que me explote a pirola? 676 00:48:26,001 --> 00:48:28,584 - Que? - Síntoo. Sexo? 677 00:48:28,584 --> 00:48:29,959 Non, Titus. 678 00:48:30,668 --> 00:48:32,959 Non, temos que marchar decontado. 679 00:48:32,959 --> 00:48:34,668 Esta xente está tola. 680 00:48:34,668 --> 00:48:37,293 Si, son coma ti. Raros, pero riquiños. 681 00:48:38,084 --> 00:48:41,209 Ademais... o meu brazo. Debería darlle máis tempo. 682 00:48:44,668 --> 00:48:46,543 Vale. Mira, Titus, eu entendo 683 00:48:47,543 --> 00:48:48,959 por que queres quedar. 684 00:48:48,959 --> 00:48:50,793 De verdade. 685 00:48:50,793 --> 00:48:53,626 Sei que isto parece xenial comparado con... 686 00:48:53,626 --> 00:48:55,709 toda a merda que hai aí fóra. 687 00:48:55,709 --> 00:48:58,293 Non te culpo se queres romper o trato 688 00:48:58,293 --> 00:49:01,876 e quedar nun lugar agradable e seguro. 689 00:49:04,001 --> 00:49:05,084 Pero este non o é. 690 00:49:05,709 --> 00:49:08,043 - Se me deron unha bata. - Xa o sei. 691 00:49:08,751 --> 00:49:10,043 E zapatillas. 692 00:49:11,793 --> 00:49:13,626 Esa xente agocha algo. 693 00:49:13,626 --> 00:49:15,709 Voucho demostrar, vale? 694 00:49:15,709 --> 00:49:17,418 Non vou marchar sen ti. 695 00:52:48,126 --> 00:52:52,376 CRYO-TEC CRYO-POD ESTADO DO SOPORTE VITAL: DORMENTE 696 00:53:21,459 --> 00:53:22,876 Alédame que esteades ben. 697 00:53:25,126 --> 00:53:28,543 Vin a porta aberta e tiña medo de que marcharades. 698 00:53:42,543 --> 00:53:43,543 Ola? 699 00:53:53,668 --> 00:53:56,043 UNIDADE DE CONTROL DE EXEMPLARES 700 00:54:10,876 --> 00:54:11,918 Ei, para! 701 00:54:11,918 --> 00:54:13,001 Collédea! 702 00:54:28,584 --> 00:54:30,876 Non! Estades tolos! 703 00:54:31,376 --> 00:54:32,959 Estades todos tolos! 704 00:54:32,959 --> 00:54:35,584 A vosa cultura é unha tolemia! 705 00:54:35,584 --> 00:54:38,626 Seguro que diría o mesmo se vou á túa casa. 706 00:54:40,876 --> 00:54:42,126 Non! 707 00:57:32,751 --> 00:57:34,751 Subtítulos: Natalia L. Prieto 708 00:57:34,751 --> 00:57:36,834 Supervisora creativa: Paula Maneiro