1 00:00:06,043 --> 00:00:08,084 Esta serie está baseada en feitos reais. 2 00:00:08,084 --> 00:00:11,834 Porén, algúns personaxes, nomes, acontecementos, localizacións 3 00:00:11,834 --> 00:00:14,626 e conversas son ficticios para fins dramáticos. 4 00:00:15,293 --> 00:00:18,293 O que non é ficción é a miña filla Elizabeth. 5 00:00:18,876 --> 00:00:22,209 A miña filla, Elizabeth, morreu por adicción aos opiáceos. 6 00:00:22,209 --> 00:00:25,043 Estaba chea de vida e amor, bótoa en falta. 7 00:00:25,584 --> 00:00:27,293 Estraño todo dela. 8 00:00:27,293 --> 00:00:29,918 Esperto tódolos días mirando para ela, 9 00:00:29,918 --> 00:00:32,418 porque non quero pasar nin un día 10 00:00:32,418 --> 00:00:34,751 sen lembrar a alegría que me deu. 11 00:00:41,543 --> 00:00:43,501 Pintarei os cadros... 12 00:00:46,084 --> 00:00:46,918 Esperade. 13 00:00:47,959 --> 00:00:49,251 Grazas. 14 00:00:49,251 --> 00:00:51,293 - Que planta? - Nove. 15 00:00:51,293 --> 00:00:53,251 Imos ao mesmo sitio. 16 00:00:53,251 --> 00:00:55,334 - Tamén vos chamaron? - Si. 17 00:00:55,334 --> 00:00:57,709 "Ven dereitiña a Connecticut." 18 00:01:01,751 --> 00:01:04,793 Credes que é malo? Estamos en problemas? 19 00:01:04,793 --> 00:01:06,584 Eu vou a onde me mandan. 20 00:01:27,793 --> 00:01:31,293 Vin unha paciente do doutor Cooper esmagalo e nifralo. 21 00:01:31,293 --> 00:01:32,793 Que fas? 22 00:01:34,459 --> 00:01:35,918 Anoteino. 23 00:01:35,918 --> 00:01:37,918 Deborah Marlowe, oficina de Howard Udell. 24 00:01:37,918 --> 00:01:40,376 Quere que te reúnas con el en Connecticut. 25 00:01:44,459 --> 00:01:45,626 Shannon Shaeffer. 26 00:01:47,293 --> 00:01:49,001 Boas tardes. 27 00:01:49,001 --> 00:01:51,793 Grazas por vir con tan pouca antelación. 28 00:01:52,459 --> 00:01:54,334 Chámome Howard Udell. 29 00:01:54,334 --> 00:01:58,918 Son vicepresidente e avogado xefe de Purdue Pharmaceuticals. 30 00:02:02,126 --> 00:02:03,668 Mirádevos. 31 00:02:06,668 --> 00:02:08,959 Sodes o futuro desta empresa. 32 00:02:09,626 --> 00:02:12,043 Estades aquí porque sodes as máis novas 33 00:02:12,043 --> 00:02:13,876 do Club de Elite, 34 00:02:13,876 --> 00:02:17,293 as dez mellores axentes de vendas do país. 35 00:02:17,793 --> 00:02:20,209 Parabéns, dádevos un aplauso. 36 00:02:22,126 --> 00:02:27,543 Rapazas, recibiredes unha prima considerable 37 00:02:27,543 --> 00:02:29,209 e un ascenso. 38 00:02:29,209 --> 00:02:30,959 Tamén seredes responsables 39 00:02:30,959 --> 00:02:33,251 de recrutar unha nova xeración. 40 00:02:33,251 --> 00:02:34,501 CERTIFICADO DE EXCELENCIA 41 00:02:34,501 --> 00:02:37,209 É unha gran responsabilidade, pero cremos 42 00:02:37,209 --> 00:02:38,668 que seredes competentes. 43 00:02:38,668 --> 00:02:42,293 De novo, parabéns a todas vós. 44 00:02:42,876 --> 00:02:46,876 Creo que estas mulleres organizaron un refrixerio no soportal, 45 00:02:46,876 --> 00:02:48,251 seguídeas. 46 00:02:48,251 --> 00:02:52,376 Moitas grazas, fixéstelo xenial e espero seguir traballando convosco. 47 00:02:52,376 --> 00:02:55,126 - Grazas. - Grazas a vós. 48 00:02:56,418 --> 00:02:57,334 Señorita Shaeffer. 49 00:02:59,001 --> 00:03:01,043 - Un momento? - Claro. 50 00:03:04,584 --> 00:03:06,126 Parabéns. 51 00:03:06,126 --> 00:03:07,834 - Grazas. - Bo traballo. 52 00:03:07,834 --> 00:03:11,959 Impresiónanos o comprometida que estás cos teus doutores 53 00:03:11,959 --> 00:03:15,293 e queremos incentivar ese compromiso. 54 00:03:15,876 --> 00:03:16,876 Vale. 55 00:03:17,376 --> 00:03:19,543 Pero cando teñas preocupacións, 56 00:03:19,543 --> 00:03:21,251 é mellor que nos chames. 57 00:03:22,084 --> 00:03:23,584 Que non o anote? 58 00:03:25,168 --> 00:03:27,001 Dixen que o anotases? 59 00:03:27,834 --> 00:03:28,834 - Non. - Non. 60 00:03:29,959 --> 00:03:30,876 Que dixen? 61 00:03:31,709 --> 00:03:32,793 - Chamar. - Chamar. 62 00:03:33,418 --> 00:03:35,418 - Vale. - Ti chama. 63 00:03:36,376 --> 00:03:38,001 - Vale? - Encantada. 64 00:03:38,001 --> 00:03:39,459 - Grazas. - Igualmente. 65 00:03:40,376 --> 00:03:41,709 Por que estou no Club? 66 00:03:41,709 --> 00:03:44,334 - Que? - Por que estou no Club de Elite? 67 00:03:44,334 --> 00:03:47,334 Porque che contei o de Cooper e a rapaza? 68 00:03:47,334 --> 00:03:48,376 Porque o anotei? 69 00:03:48,376 --> 00:03:50,626 Non, polas túas cifras. 70 00:03:50,626 --> 00:03:52,043 É unha adicta. 71 00:03:52,043 --> 00:03:54,209 - Non é o teu problema. - Non? 72 00:03:54,209 --> 00:03:56,584 Porque alguén non se queira abondo 73 00:03:56,584 --> 00:03:59,459 e non mire a etiqueta das lambadas e vexa que é todo azucre, 74 00:03:59,459 --> 00:04:01,626 ou non use un fármaco como se debe, 75 00:04:01,626 --> 00:04:03,209 non é o noso problema. 76 00:04:03,209 --> 00:04:05,084 Nós preocupámonos de nós. 77 00:04:05,084 --> 00:04:07,334 Hostia, xa parezo miña nai! 78 00:04:09,043 --> 00:04:11,501 Iso non nos fai mala xente? 79 00:04:12,001 --> 00:04:14,543 Cres que un home cuestionaría a súa valía 80 00:04:14,543 --> 00:04:17,043 despois de que lle desen un ascenso? 81 00:04:17,043 --> 00:04:18,501 - Seguro que non. - Non. 82 00:04:18,501 --> 00:04:21,084 Cando os ascenden, córrense por todo, 83 00:04:21,084 --> 00:04:22,459 enchen caldeiros. 84 00:04:22,459 --> 00:04:24,584 Ser unha muller e querer algo 85 00:04:24,584 --> 00:04:26,043 non te fai mala persoa. 86 00:04:26,043 --> 00:04:27,418 Que lle dean. 87 00:04:27,418 --> 00:04:31,001 Podes facer o ben neste mundo e gañar moitos cartos, 88 00:04:31,001 --> 00:04:33,334 e podes gastalo no que queiras. 89 00:04:33,334 --> 00:04:34,543 Merécelo. 90 00:04:34,543 --> 00:04:37,209 Queres sabas de luxo? Un plan de pensións? 91 00:04:37,209 --> 00:04:39,251 - Un ático? - Quero. 92 00:04:39,251 --> 00:04:40,501 - Si? - Si! 93 00:04:41,751 --> 00:04:43,251 Non miramos cara a atrás. 94 00:04:43,876 --> 00:04:45,334 Miramos cara a adiante. 95 00:04:45,334 --> 00:04:48,376 - Estás moi guapa. - Si, xa o sei. 96 00:04:56,126 --> 00:04:59,709 Á xente de clase alta nunca lle importou unha merda 97 00:04:59,709 --> 00:05:01,793 que lles pasa aos de clase baixa. 98 00:05:01,793 --> 00:05:04,501 Para os de clase baixa, as cousas eran malas. 99 00:05:07,168 --> 00:05:08,793 {\an8}BLACKSBURG VIRXINIA 100 00:05:12,543 --> 00:05:14,543 Saca a man de aí, Nadine! 101 00:05:16,543 --> 00:05:17,709 E Scoop? 102 00:05:20,459 --> 00:05:21,626 Scoop! 103 00:05:23,959 --> 00:05:26,918 - Kenny. Kenny volveu! - Tes a tarxeta? 104 00:05:27,918 --> 00:05:30,918 Moi ben. Sube atrás co resto. 105 00:05:30,918 --> 00:05:33,126 Non toques a Nadine. Non está de humor. 106 00:05:35,751 --> 00:05:37,626 - Eh, Dickerson. - Si, señor? 107 00:05:38,376 --> 00:05:41,793 Kenny hoxe está moi ocupado. Moito. 108 00:05:41,793 --> 00:05:42,709 Bo día. 109 00:05:42,709 --> 00:05:48,668 Shériff Baker, condado de Summers. Detiven traficantes, médicos, adictos... 110 00:05:48,668 --> 00:05:53,751 Os traficantes enviaban drogadictos a clínicas para conseguir receitas de Oxy 111 00:05:53,751 --> 00:05:56,626 e logo ás farmacias para que llelo desen. 112 00:05:58,501 --> 00:06:02,709 DÓENCHE AS COSTAS? ABERTO ATA AS 22:00 - URXENCIAS 113 00:06:02,709 --> 00:06:06,334 Algúns médicos danlle Oxy a calquera que teña pulso. 114 00:06:09,418 --> 00:06:11,209 Shaunette, que tal? 115 00:06:11,209 --> 00:06:12,918 - Ola, Scoop. - Que tal? 116 00:06:12,918 --> 00:06:14,501 Scoop! Veña! 117 00:06:14,501 --> 00:06:16,876 - Vamos! - Pásome logo. 118 00:06:16,876 --> 00:06:19,293 Veña! Apura! 119 00:06:21,584 --> 00:06:22,543 A ver. 120 00:06:23,626 --> 00:06:26,084 Roubaron nas farmacias do meu condado. 121 00:06:29,668 --> 00:06:33,334 Identifícanse ben, camisetas con raias verdes e amarelas. 122 00:06:33,334 --> 00:06:36,168 Aquí viñan todos os rapaces arrimarse. 123 00:06:36,168 --> 00:06:38,959 Iso é, acaban e marchan. 124 00:06:41,001 --> 00:06:43,501 FARMACIA MADRESELVA 125 00:06:44,334 --> 00:06:46,876 Ve o po? Iso é OxyContin. 126 00:06:46,876 --> 00:06:50,626 Esmagan isto ata facelo po e logo nífrano. 127 00:06:50,626 --> 00:06:54,001 Unha dose ten efecto 12 horas. 128 00:06:55,418 --> 00:06:57,168 - Boa mercadoría. - Amén. 129 00:06:58,626 --> 00:06:59,918 Hoxe tócanos un par. 130 00:06:59,918 --> 00:07:01,251 - Amén. - Sube. 131 00:07:01,251 --> 00:07:03,209 Isto é do que falo. 132 00:07:03,209 --> 00:07:06,501 - Kenny, dáme unha das de 40. - Unha pequena parada. 133 00:07:09,418 --> 00:07:10,418 TENDA PEQUENA 134 00:07:11,001 --> 00:07:13,418 OxyContin non é máis ca heroína. 135 00:07:13,418 --> 00:07:17,001 Esganaron un fontaneiro de 32 anos o xoves nun supermercado 136 00:07:17,001 --> 00:07:18,584 por tres putas pastillas. 137 00:07:19,668 --> 00:07:23,376 Era unha nova economía da droga que carrexou caos. 138 00:07:23,959 --> 00:07:25,209 Será boa. 139 00:07:28,834 --> 00:07:30,084 Dickerson, ves iso? 140 00:07:30,084 --> 00:07:32,209 - Si, shériff. - A por el. 141 00:07:34,584 --> 00:07:36,001 Merda. 142 00:07:40,834 --> 00:07:42,043 Merda! 143 00:07:42,043 --> 00:07:44,793 Este fármaco infíltrase en toda a comunidade: 144 00:07:44,793 --> 00:07:48,584 escolas, hospitais, e sen esquecer os cárceres. 145 00:07:55,793 --> 00:07:56,918 Fóra de aí! 146 00:07:56,918 --> 00:07:59,834 Heroína envolta nunha pastilliña. 147 00:07:59,834 --> 00:08:02,084 Os policías locais non daban feito. 148 00:08:11,001 --> 00:08:13,251 Non lles aprenderan iso na academia. 149 00:08:17,626 --> 00:08:18,918 Hostia puta! 150 00:08:27,376 --> 00:08:29,209 DAVE E DAN ELIMINACIÓN RESIDUOS 151 00:08:32,043 --> 00:08:34,959 Preciso varias ambulancias na décima con Emerald. 152 00:08:34,959 --> 00:08:36,584 Enviade todo o que teñades. 153 00:08:36,584 --> 00:08:39,793 Señor, dígollo, vannos dar unha malleira. 154 00:08:39,793 --> 00:08:40,959 Hai que cambiar. 155 00:08:42,001 --> 00:08:44,626 Precisamos axuda. 156 00:08:47,918 --> 00:08:49,209 Escóitovos. 157 00:08:49,209 --> 00:08:51,334 Escóitovos a todos, 158 00:08:51,334 --> 00:08:54,751 e a miña oficina toma isto moi en serio 159 00:08:54,751 --> 00:08:57,126 e imos facer algo ao respecto. 160 00:08:57,126 --> 00:08:58,209 Tedes a miña palabra. 161 00:08:59,043 --> 00:09:00,834 - Señor. - Que pensas? 162 00:09:00,834 --> 00:09:02,751 Señor, isto non vai parar 163 00:09:02,751 --> 00:09:05,668 ata que os médicos deixen de receitalo. 164 00:09:05,668 --> 00:09:06,876 Xa. 165 00:09:06,876 --> 00:09:11,168 E non podemos deter a alguén que non está facendo nada ilegal. 166 00:09:11,751 --> 00:09:12,918 - Entende? - Si. 167 00:09:12,918 --> 00:09:14,293 - Encargámonos. - Vale. 168 00:09:14,293 --> 00:09:17,418 Hai un monstro solto. Hai que cortarlle a cabeza. 169 00:09:17,418 --> 00:09:20,459 Que leis infrinxe Purdue? Enuméramas. 170 00:09:21,834 --> 00:09:24,084 Non podo facelo sen un delito. 171 00:09:24,084 --> 00:09:25,376 Atopareino. 172 00:09:29,668 --> 00:09:33,168 Procesaches algunha empresa tan grande coma Purdue Pharma? 173 00:09:36,084 --> 00:09:37,334 - Non. - Ninguén. 174 00:09:37,334 --> 00:09:40,668 - Con todo respecto... - Con todo respecto, non vou parar. 175 00:09:41,251 --> 00:09:42,376 Non podes... 176 00:09:42,376 --> 00:09:47,834 Esas Barbies de Malibú de Purdue están facendo exactamente o mesmo. 177 00:09:47,834 --> 00:09:51,251 Fan o mesmo que calquera traficante 178 00:09:51,251 --> 00:09:55,293 por todos os EUA, mais a elas danlles recompensas, 179 00:09:55,293 --> 00:09:57,043 fanse ricas con iso. 180 00:09:57,043 --> 00:10:00,084 Meu irmán estase amolando nunha cela. 181 00:10:00,084 --> 00:10:01,793 Cal é a diferencia? 182 00:10:01,793 --> 00:10:04,209 Saben que están a matar xente. 183 00:10:04,793 --> 00:10:05,626 Sábeno. 184 00:10:06,126 --> 00:10:09,418 Andan polas rúas, e sábeno, e van facer as uñas. 185 00:10:09,418 --> 00:10:12,709 Miña nai é un vexetal por culpa diso. 186 00:10:12,709 --> 00:10:16,126 Dano cerebral por fumar esa merda. Tiven que estar con ela. 187 00:10:16,126 --> 00:10:19,834 Tiven que quedar con ela e coidala ata que morreu. 188 00:10:19,834 --> 00:10:22,584 Non había ninguén, só eu. 189 00:10:23,418 --> 00:10:25,043 Non vou parar. 190 00:10:27,251 --> 00:10:28,918 Sinto o de túa nai. 191 00:10:30,709 --> 00:10:35,293 Mais se queres collelos, se queres acabar con estes fillos de puta, 192 00:10:36,209 --> 00:10:39,043 temos que atopar un delito, entendes? 193 00:10:40,626 --> 00:10:42,126 Queres destruílos? 194 00:10:45,293 --> 00:10:46,209 Atopa o delito. 195 00:10:53,668 --> 00:10:57,043 "Persecución policial dunha furgoneta con 17 indixentes 196 00:10:57,043 --> 00:11:00,293 aos que usaban como mulas do OxyContin." 197 00:11:00,293 --> 00:11:01,334 Sei ler. 198 00:11:02,334 --> 00:11:04,418 Hai unha nova droga polas rúas, 199 00:11:04,418 --> 00:11:08,001 e seica é a droga máis potente que probaron. 200 00:11:08,001 --> 00:11:11,418 OxyContin é máis popular nas rúas que a éxtase. 201 00:11:11,418 --> 00:11:14,501 - "Seis mortos, varias amputacións." - Sei ler. 202 00:11:14,501 --> 00:11:17,501 Nos 21 anos que levo como fiscal federal, 203 00:11:17,501 --> 00:11:20,001 nunca vin un problema de drogas así. 204 00:11:20,001 --> 00:11:23,418 - Un praga de adicción. - Unha fascinante adicción... 205 00:11:23,418 --> 00:11:27,209 É popular e rápida. A xente róubao das caixas de urxencias. 206 00:11:27,209 --> 00:11:30,418 "OxyContin, un opiáceo tan forte como a heroína." 207 00:11:30,418 --> 00:11:33,793 Si, sei ler. Estou a ler o mesmo artigo ca ti. 208 00:11:33,793 --> 00:11:36,918 {\an8}Roubaron OxyContin nun asilo en Boston. 209 00:11:36,918 --> 00:11:40,251 O uso ilegal deste opiáceo sintético supera a policía 210 00:11:40,251 --> 00:11:43,126 - en moitos estados. - ...rouban OxyContin... 211 00:11:43,126 --> 00:11:44,668 OxyContin creou unha onda... 212 00:11:44,668 --> 00:11:47,209 {\an8}O abuso de OxyContin é coma unha epidemia. 213 00:11:47,209 --> 00:11:51,543 Isto non se vai evaporar no ciclo de noticias, Richard, 214 00:11:51,543 --> 00:11:52,834 isto é real. 215 00:11:52,834 --> 00:11:55,043 Este problema é real. 216 00:11:55,709 --> 00:11:56,543 Pode ser. 217 00:11:56,543 --> 00:11:59,334 "Mula de OxyContin" non é unha boa frase 218 00:11:59,334 --> 00:12:01,084 para dicir canda o produto. 219 00:12:01,668 --> 00:12:02,501 Non. 220 00:12:04,459 --> 00:12:07,543 Abordar o problema sería prexudicial para nós, 221 00:12:08,209 --> 00:12:12,001 xa que se pode dicir que somos o problema. 222 00:12:12,001 --> 00:12:13,418 Non somos o problema. 223 00:12:14,001 --> 00:12:15,668 Só somos os provedores. 224 00:12:17,043 --> 00:12:18,543 Ataca a demanda. 225 00:12:19,293 --> 00:12:22,626 Ataca os adictos que son escoura. 226 00:12:27,959 --> 00:12:32,293 {\an8}Busco a axuda da comunidade médica 227 00:12:32,293 --> 00:12:35,918 {\an8}para combater un problema cada vez máis grave en Maine. 228 00:12:36,501 --> 00:12:39,626 Falo do abuso e do uso incorrecto de OxyContin. 229 00:12:39,626 --> 00:12:43,334 A xente quería respostas e Purdue tiña cada vez máis presión. 230 00:12:44,543 --> 00:12:48,418 O primeiro avogado en aparecer foi Jay McCloskey, de Maine. 231 00:12:48,418 --> 00:12:52,751 Enviou unha carta aos membros do Congreso e a 5000 médicos que exercían 232 00:12:52,751 --> 00:12:55,334 alertando dos problemas de OxyContin. 233 00:12:55,334 --> 00:12:59,459 Creo que OxyContin é a ameaza social e delituosa máis grande... 234 00:12:59,459 --> 00:13:00,668 Apágao. 235 00:13:00,668 --> 00:13:05,459 - Agora. - Ben, e cal vai ser a resposta? 236 00:13:07,126 --> 00:13:08,084 Comunicado. 237 00:13:08,084 --> 00:13:10,293 Como cidadán corporativo responsable. 238 00:13:10,293 --> 00:13:12,543 Si, creo que deberiamos facelo xa. 239 00:13:12,543 --> 00:13:15,959 - Ofrecer arranxos, compromiso, doazóns... - Canto vai custar? 240 00:13:15,959 --> 00:13:18,876 - Pailán lambecús! - Un par de arranxos... 241 00:13:18,876 --> 00:13:19,918 Compremos AA! 242 00:13:19,918 --> 00:13:22,626 - Cidadán corporativo responsable. - E onde? 243 00:13:22,626 --> 00:13:25,584 - ...en tres meses acabouse. - NAI, AI-Anon. 244 00:13:25,584 --> 00:13:28,459 - Quen escribe o borrador? - Vale, calade! 245 00:13:35,376 --> 00:13:37,209 Debemos apoiar as forzas da orde. 246 00:13:38,126 --> 00:13:41,209 Howard, fala con McCloskey. Dille que ten o noso apoio. 247 00:13:41,209 --> 00:13:45,876 É hora de esmagar os adictos. O abuso é un delito. 248 00:13:45,876 --> 00:13:48,709 - Así de doado. - E iso que vai resolver? 249 00:13:48,709 --> 00:13:52,751 Os ionquis non son vítimas, son vitimarios. 250 00:13:53,418 --> 00:13:55,959 Se non lles dás nada, marchan. 251 00:13:55,959 --> 00:13:56,959 Gústame. 252 00:13:56,959 --> 00:13:59,584 Non me vou axeonllar ante un puto ionqui. 253 00:13:59,584 --> 00:14:02,084 Esmagar, esmagar, esmagar... 254 00:14:02,084 --> 00:14:05,168 - Esmagar os ionquis! - A esmagalos. 255 00:14:05,959 --> 00:14:08,918 Putos ionquis. Merda. 256 00:14:10,376 --> 00:14:13,793 - Putos ionquis. - Si. 257 00:14:17,626 --> 00:14:18,543 Si. 258 00:14:26,626 --> 00:14:29,418 - A onde cres que imos? - Ao coche. 259 00:14:29,418 --> 00:14:33,168 Si, imos ao coche porque imos ao colexio. 260 00:14:34,418 --> 00:14:35,334 Onde estabas? 261 00:14:35,334 --> 00:14:37,584 Pitando, agardando por vós. 262 00:14:37,584 --> 00:14:40,084 Ao coche, e logo a onde imos? 263 00:14:40,084 --> 00:14:41,918 - Veña! - Vas así vestido? 264 00:14:41,918 --> 00:14:43,793 Xa che contesto despois. 265 00:14:43,793 --> 00:14:45,376 Ao colexio en pixama. 266 00:14:46,334 --> 00:14:47,668 Pensáchelo ti só? 267 00:14:57,584 --> 00:14:59,334 Si. Non, sigo esperando. 268 00:15:00,001 --> 00:15:01,876 - Frank, a última hora. - Vale. 269 00:15:01,876 --> 00:15:03,126 Virá buscalo. 270 00:15:03,126 --> 00:15:05,251 Viches os meus lentes de ler? 271 00:15:05,251 --> 00:15:07,793 - Non, pero podes collela? - Si. 272 00:15:09,084 --> 00:15:11,751 Vale. Non, queriamos os sintéticos. 273 00:15:13,209 --> 00:15:16,126 Vai con papá, veña! 274 00:15:18,084 --> 00:15:21,001 - Vamos buscar os lentes de papá. - Sigo aquí. 275 00:15:21,543 --> 00:15:23,334 Os lentes de papá. 276 00:15:25,459 --> 00:15:27,168 Si, cantas pezas? 277 00:15:28,459 --> 00:15:30,126 Si, así está ben. 278 00:15:30,126 --> 00:15:32,293 Vale, grazas. 279 00:15:32,293 --> 00:15:35,459 - O hipopótamo precisa os lentes. - Non tal! 280 00:15:35,459 --> 00:15:36,668 Onde están? 281 00:15:37,376 --> 00:15:41,501 Vale, vamos asegurarnos. 282 00:15:41,501 --> 00:15:44,959 - Espera, hai que atopar os lentes. - Papá! 283 00:15:44,959 --> 00:15:46,959 Loita de melóns? 284 00:15:47,501 --> 00:15:48,501 Vou ganar. 285 00:15:48,501 --> 00:15:50,543 Sabes que? Estás acabado. 286 00:15:51,418 --> 00:15:53,459 Si! Abur! 287 00:15:57,168 --> 00:15:58,209 A onde imos? 288 00:16:28,834 --> 00:16:30,293 A onde vas? 289 00:16:31,834 --> 00:16:34,709 - Beber auga. - Pódesme coller...? 290 00:17:14,376 --> 00:17:16,001 Tony! 291 00:17:16,001 --> 00:17:17,876 - Ola! - Meu Deus! 292 00:17:17,876 --> 00:17:19,709 - Canto tempo. - Que guapa. 293 00:17:19,709 --> 00:17:21,043 - Grazas. - Guapísima. 294 00:17:21,043 --> 00:17:22,626 - Quen é? - A nova. 295 00:17:22,626 --> 00:17:23,834 Shannon Shaeffer. 296 00:17:23,834 --> 00:17:26,751 - Gústanche os coches rápidos? - Encántanme. 297 00:17:26,751 --> 00:17:29,043 Isto é auténtico e do máis rápido. 298 00:17:29,043 --> 00:17:31,376 Carrera negro do 98. 299 00:17:31,376 --> 00:17:34,793 Condúcese moi ben e soa aínda mellor. 300 00:17:34,793 --> 00:17:37,168 Shannon, a ver os ollos. 301 00:17:37,168 --> 00:17:39,168 Tes ollos azuis, 302 00:17:39,168 --> 00:17:41,876 só hai unha opción para Shannon Shaeffer. 303 00:17:43,793 --> 00:17:44,751 Que tal? 304 00:17:45,959 --> 00:17:47,376 Moi ben. 305 00:17:47,376 --> 00:17:50,418 Se estás ben e te sentes ben, é bo, Shannon Shaeffer. 306 00:17:51,793 --> 00:17:52,751 Dállas ti. 307 00:17:56,709 --> 00:17:57,876 Quérelas? 308 00:17:59,168 --> 00:18:00,918 - Canto? - Moito! 309 00:18:00,918 --> 00:18:02,001 Moito? 310 00:18:07,168 --> 00:18:09,293 Que está pasando? 311 00:18:13,293 --> 00:18:14,168 Teu. 312 00:18:16,459 --> 00:18:18,084 - Que? - É teu! 313 00:18:18,084 --> 00:18:19,209 - Non. - Si. 314 00:18:19,209 --> 00:18:21,126 Por traballares duro. 315 00:18:21,126 --> 00:18:23,043 - Vivo aquí? - Vives aquí. 316 00:18:23,043 --> 00:18:24,126 Eu soa? 317 00:18:24,126 --> 00:18:26,043 Gústame moitísimo. 318 00:18:26,668 --> 00:18:29,293 É a televisión máis grande que vin nunca. 319 00:18:30,918 --> 00:18:32,751 Mira que grande é! 320 00:18:35,168 --> 00:18:36,793 Agora a correrse! 321 00:18:47,918 --> 00:18:51,876 E se vos dixese que é posible marcar a diferencia? 322 00:18:51,876 --> 00:18:56,293 E se vos dixese que podedes gañar moitos cartos facéndoo? 323 00:18:56,293 --> 00:18:58,334 Quen escoitou falar de OxyContin? 324 00:19:02,626 --> 00:19:05,834 Se sodes tan cagainas para admitir que sabedes o que é, 325 00:19:05,834 --> 00:19:07,459 como o ides vender? 326 00:19:08,543 --> 00:19:09,459 Como te chamas? 327 00:19:09,459 --> 00:19:11,043 - Molly. - Ola, Molly. 328 00:19:11,626 --> 00:19:14,918 Molly está lista para dar un gran paso. 329 00:19:14,918 --> 00:19:17,001 E o resto que? Chanel? 330 00:19:17,001 --> 00:19:18,751 Gústanvos os Porsche? 331 00:19:18,751 --> 00:19:21,543 Mercedes? Os cartos? Un Ferrari. 332 00:19:21,543 --> 00:19:22,918 - Que coche? - McClaren! 333 00:19:22,918 --> 00:19:26,001 Teredes Mercedes, Porsche, Maserati, 334 00:19:26,001 --> 00:19:30,168 Tommy Hilfiguer, Tom Ford, Saint Laurent. 335 00:19:30,168 --> 00:19:32,793 Gústavos a roupa? Mirade os cartos! 336 00:19:32,793 --> 00:19:35,501 Gústanvos os cartos? Marc Jacobs? 337 00:19:35,501 --> 00:19:37,293 Podedes cumprir os soños. 338 00:19:37,293 --> 00:19:39,459 Este home non acepta. Non é así? 339 00:19:39,459 --> 00:19:41,834 - Totalmente. - Moi ben. 340 00:19:41,834 --> 00:19:43,084 REZA O ROSARIO XOÁN 3:16 341 00:19:43,084 --> 00:19:45,418 Volvemos cun invitado especial. 342 00:19:45,418 --> 00:19:47,918 - A quen temos? - O doutor D. 343 00:19:47,918 --> 00:19:48,959 Ben... 344 00:20:57,043 --> 00:20:59,626 Ai, meu Deus! Miña nai! 345 00:20:59,626 --> 00:21:03,209 Estás ben? Mírame. 346 00:21:03,209 --> 00:21:04,876 Mírame. 347 00:21:05,418 --> 00:21:07,293 Estás ben? Que pasou? 348 00:21:07,293 --> 00:21:09,793 Non sei. Rompeu o elevador. 349 00:21:09,793 --> 00:21:13,251 Non sei, se cadra esquecinme de bloquealo. 350 00:21:13,251 --> 00:21:15,918 - Hai que chamar o seguro. - Que che pasa? 351 00:21:15,918 --> 00:21:17,584 Mírame. Que pasa? 352 00:21:17,584 --> 00:21:20,626 - Mírame. - Esquecín o ferrollo. Non podo! 353 00:21:20,626 --> 00:21:22,959 Cres o que está a dicir? 354 00:21:22,959 --> 00:21:25,084 Sae no medio da noite 355 00:21:25,084 --> 00:21:27,001 para tomar pastillas no coche. 356 00:21:27,001 --> 00:21:29,959 - O elevador rompeu. - Debías prestar atención. 357 00:21:29,959 --> 00:21:33,251 - É un adicto. - Eh, mírame. 358 00:21:33,251 --> 00:21:34,251 Estás ben? 359 00:21:35,001 --> 00:21:37,209 - Que che pasa? - Rompeu o ferrollo! 360 00:21:37,209 --> 00:21:40,209 Non sei. Se cadra esquecín o ferrollo. 361 00:21:40,209 --> 00:21:42,793 - De que falas? - Por que te fas a parva? 362 00:21:42,793 --> 00:21:45,251 Sabes que fai! Mírao. 363 00:21:45,251 --> 00:21:47,668 Mírao, nin está aí. 364 00:21:47,668 --> 00:21:50,418 - Vino. - Saíde de aquí, hostia. 365 00:21:50,418 --> 00:21:52,751 - Vino no... - Para! 366 00:21:52,751 --> 00:21:55,751 Vino tomar pastillas antes de ir traballar! 367 00:21:55,751 --> 00:21:58,001 Cáeche o coche do elevador? 368 00:21:58,001 --> 00:21:59,459 Espera, espera... 369 00:22:00,043 --> 00:22:02,543 - Víchelo facendo iso? - Si! 370 00:22:02,543 --> 00:22:06,001 - Si, iso intento dicir. - E por que non mo dixeches? 371 00:22:06,709 --> 00:22:07,626 Que dis? 372 00:22:07,626 --> 00:22:10,793 Por que non mo dixeches en canto o viches, hostia? 373 00:22:12,001 --> 00:22:14,376 Non é culpa miña. 374 00:22:14,376 --> 00:22:17,001 Por que non mo dixeches en canto o viches? 375 00:22:17,001 --> 00:22:20,709 - Vai á merda, se cres que é culpa miña... - Non! Vai á merda! 376 00:22:20,709 --> 00:22:23,293 É adicto ás pastillas e ten dor 377 00:22:23,293 --> 00:22:25,793 porque ti fuches un puto cretino! 378 00:22:26,459 --> 00:22:27,959 Sae de aquí, hostia! 379 00:22:27,959 --> 00:22:29,876 É culpa túa! Fóra! 380 00:22:30,459 --> 00:22:31,418 Fóra! 381 00:22:32,251 --> 00:22:33,084 Vai! 382 00:22:33,626 --> 00:22:35,126 - Esquecinme. - Cala. 383 00:22:35,793 --> 00:22:37,043 Esquecinme. 384 00:22:47,959 --> 00:22:52,043 Vouno volver dicir porque paga a pena repetilo. 385 00:22:52,626 --> 00:22:56,626 Os opiáceos non só destrúen as vidas dos que os consumen, 386 00:22:57,168 --> 00:23:00,251 destrúen as vidas de todo o mundo ao seu redor. 387 00:23:04,418 --> 00:23:05,959 Que pasa? Que é isto? 388 00:23:05,959 --> 00:23:11,251 Non sei. Os manifestantes están tolos. Creo que me están tirando cousas. 389 00:23:11,251 --> 00:23:12,626 COOPER AO CÁRCERE 390 00:23:12,626 --> 00:23:14,251 - Resolverémolo. - É de tolos! 391 00:23:14,251 --> 00:23:15,834 - Todo o día! - Estás ben? 392 00:23:15,834 --> 00:23:18,043 Tíranme cousas ao consultorio! 393 00:23:18,043 --> 00:23:20,334 Axudarémoste, vale? 394 00:23:20,334 --> 00:23:23,543 - Vou resolver isto. - Puxéchesme nesta situación. 395 00:23:23,543 --> 00:23:26,418 Xa. Si, seino. Resolverémolo. 396 00:23:26,418 --> 00:23:28,334 - Que fará Purdue? - Mentireiro! 397 00:23:28,334 --> 00:23:29,709 Vale? Vale. 398 00:23:31,209 --> 00:23:32,584 Non cedemos. 399 00:23:32,584 --> 00:23:34,251 Esmagar os adictos. 400 00:23:38,334 --> 00:23:41,709 Carol Brewster e os medios infunden medo e preocupacións 401 00:23:41,709 --> 00:23:43,209 por desinformación. 402 00:23:43,209 --> 00:23:44,751 Esmagar os adictos. 403 00:23:45,751 --> 00:23:49,251 Malia que a morte da súa filla é unha traxedia, 404 00:23:49,251 --> 00:23:53,334 temos información adicional sobre a señorita Brewster. 405 00:23:53,334 --> 00:23:54,918 Cal é o plan, Shannon? 406 00:23:54,918 --> 00:23:56,959 - Arruíname a vida. - Respira. 407 00:23:56,959 --> 00:23:58,709 Súa nai sae na televisión chorando. 408 00:23:58,709 --> 00:24:01,334 - Di que matei a súa filla. - A súa filla morreu. 409 00:24:01,334 --> 00:24:03,751 - Claro que chora. - A súa filla era ionqui. 410 00:24:03,751 --> 00:24:07,459 Non pode mirarse e dicir: "A miña filla era unha drogadicta." 411 00:24:07,459 --> 00:24:10,501 Ten que culpar a alguén. E ese alguén es ti. 412 00:24:10,501 --> 00:24:12,168 Es o médico. 413 00:24:12,168 --> 00:24:13,834 Sabes que pasou. 414 00:24:13,834 --> 00:24:17,126 Ela non é médico. É unha nai triste. 415 00:24:17,126 --> 00:24:19,584 - E que vou facer? - Cúbrote. 416 00:24:19,584 --> 00:24:21,043 Es do meu equipo. 417 00:24:21,626 --> 00:24:22,668 Non te agoches. 418 00:24:22,668 --> 00:24:26,334 Quero que saias diante dos outros médicos. 419 00:24:26,334 --> 00:24:28,501 Creo que es unha inspiración. 420 00:24:28,501 --> 00:24:32,834 O teu volume de receitas... é ouro. 421 00:24:34,418 --> 00:24:36,418 E tanta fascinación polos cartos? 422 00:24:36,418 --> 00:24:39,626 - De onde veñen? - Non che gustan? 423 00:24:39,626 --> 00:24:42,459 - E o teu reloxo? - Eu... 424 00:24:43,918 --> 00:24:45,959 Vale, si, enténdoo. 425 00:24:47,084 --> 00:24:50,334 Purdue ía facer o necesario para protexer a galiña dos ovos de ouro, 426 00:24:50,334 --> 00:24:53,668 así que cambiaron a historia dos que apoiaban o Oxy. 427 00:24:53,668 --> 00:24:57,168 Deixaron moi claro que o problema eran os adictos, non eles. 428 00:24:57,168 --> 00:25:01,626 {\an8}Como médico, indígname que a xente abuse deste fármaco. 429 00:25:01,626 --> 00:25:04,834 Por desgraza, os adictos tamén descubriron como usalo. 430 00:25:04,834 --> 00:25:07,584 {\an8}Glorifican os adictos e algunhas persoas... 431 00:25:07,584 --> 00:25:12,001 O problema non é o abuso de OxyContin, senón o abuso das drogas. 432 00:25:12,001 --> 00:25:14,043 Esmagar os adictos. 433 00:25:14,043 --> 00:25:16,543 Neste momento, entendemos 434 00:25:16,543 --> 00:25:20,168 que había varias drogas no sistema da señorita Brewster, 435 00:25:20,876 --> 00:25:24,418 así que non está claro se está relacionado co OxyContin 436 00:25:24,418 --> 00:25:29,293 ou co historial da señorita Brewster de consumo de drogas ilegais. 437 00:25:29,876 --> 00:25:32,751 Acabouse a declaración. Non haberá preguntas. 438 00:25:32,751 --> 00:25:34,376 - Grazas. - Como te atreves? 439 00:25:34,376 --> 00:25:35,793 Coñecía a súa filla? 440 00:25:36,959 --> 00:25:38,043 Si, axudeina a nacer. 441 00:25:39,251 --> 00:25:40,626 Era unha boa rapaza. 442 00:25:40,626 --> 00:25:44,959 Todos os médicos que investiguei aumentaran as receitas de Oxy. 443 00:25:44,959 --> 00:25:47,501 Pero atopei o Dr. Gregory Fitzgibbons. 444 00:25:47,501 --> 00:25:49,876 Só receitou Oxy dúas veces. 445 00:25:49,876 --> 00:25:51,376 A primeira para o cáncer. 446 00:25:51,376 --> 00:25:52,834 A segunda tamén. 447 00:25:55,543 --> 00:26:00,668 Aquí están todos os artigos e cartas que enviei a Purdue Pharma en 1998. 448 00:26:08,668 --> 00:26:13,168 Non cabe dúbida de que as medicinas máis fortes para a dor son os opiáceos, 449 00:26:13,168 --> 00:26:17,376 pero estes fármacos teñen fama de causar adicción e cousas horribles. 450 00:26:17,376 --> 00:26:18,959 Por que cre que é? 451 00:26:18,959 --> 00:26:21,418 A taxa de adicción de pacientes con dor... 452 00:26:21,418 --> 00:26:24,668 - Espera. - ...é de menos do un por cento. 453 00:26:26,543 --> 00:26:28,043 ...é de menos do un por cento. 454 00:26:29,376 --> 00:26:31,293 Menos do un por cento? 455 00:26:31,293 --> 00:26:32,501 É unha mentira. 456 00:26:33,251 --> 00:26:34,793 É unha mentira das gordas. 457 00:26:35,709 --> 00:26:38,459 Pero Purdue afirma que iso é dun estudo 458 00:26:38,459 --> 00:26:40,709 no New England Journal of Medicine. 459 00:26:40,709 --> 00:26:42,043 - Si? - Si. 460 00:26:42,043 --> 00:26:44,334 Menos do un por cento, unha cita directa 461 00:26:44,334 --> 00:26:45,834 dun estudo fundamental 462 00:26:45,834 --> 00:26:48,459 - dos doutores Porter e Jick... - Porter e Jick. 463 00:26:48,459 --> 00:26:51,751 ...no New England Journal of Medicine en xaneiro do 1980. 464 00:26:51,751 --> 00:26:53,209 Ah, claro. 465 00:26:56,293 --> 00:27:00,084 Vale, agarde un momento. Avogados, armas e cartos. 466 00:27:00,084 --> 00:27:01,751 Xaneiro de 1980. 467 00:27:03,668 --> 00:27:05,834 Ese é o seu estudo fundamental. 468 00:27:10,126 --> 00:27:12,918 Non é un artigo, é unha carta ao editor. 469 00:27:17,334 --> 00:27:19,001 Este é o estudo fundamental? 470 00:27:24,834 --> 00:27:27,376 A ver, non é un artigo, é... 471 00:27:27,376 --> 00:27:28,751 BOSTON FACULTADE DE MEDICINA 472 00:27:28,751 --> 00:27:32,251 A enquisa do uso de opiáceos a corto prazo nun espazo controlado 473 00:27:32,251 --> 00:27:35,668 non está relacionada co seu uso a longo prazo e sen supervisión. 474 00:27:35,668 --> 00:27:39,001 {\an8}Doutor Jick, a súa carta é a verdade fundadora 475 00:27:39,001 --> 00:27:40,626 do tratamento da dor. 476 00:27:40,626 --> 00:27:42,001 Vai por aí! 477 00:27:42,001 --> 00:27:44,959 Está nos materiais de formación de Purdue. 478 00:27:44,959 --> 00:27:48,918 Non. Escribinlle esta carta ao editor hai 20 anos. 479 00:27:48,918 --> 00:27:53,584 {\an8}Como lles permite a FDA terxiversar a miña carta? 480 00:27:53,584 --> 00:27:54,959 Boa pregunta. 481 00:27:54,959 --> 00:27:58,626 O maior problema é a lingua, que di cousas coma: 482 00:27:58,626 --> 00:28:01,126 "crese que reduce o abuso do fármaco." 483 00:28:01,126 --> 00:28:04,168 - Quen o cre? - Exacto. 484 00:28:04,168 --> 00:28:06,459 Si, díxenlles que non tiña sentido. 485 00:28:06,459 --> 00:28:08,001 E por que o aprobaches? 486 00:28:08,001 --> 00:28:11,376 Eu non era a encargada de revisar a solicitude. 487 00:28:12,709 --> 00:28:13,543 Quen era? 488 00:28:13,543 --> 00:28:15,043 - Curtis Wright. - Wright. 489 00:28:15,043 --> 00:28:17,126 - Curtis Wright. - O puto Wright. 490 00:28:17,126 --> 00:28:18,709 É moi persuasivo. 491 00:28:19,918 --> 00:28:21,626 Bo día, doutor Wright! 492 00:28:21,626 --> 00:28:23,501 Non sabía que seriades tantos. 493 00:28:24,084 --> 00:28:25,668 Son moi bos. 494 00:28:28,376 --> 00:28:30,876 A presión xa era implacable para Purdue, 495 00:28:31,584 --> 00:28:35,751 pero Richard Sackler e a publicidade de Purdue seguiron avanzando. 496 00:28:35,751 --> 00:28:37,876 Vin a revolución de primeira man. 497 00:28:37,876 --> 00:28:41,001 Vina no traballo. Permitíalles aos meus pacientes 498 00:28:41,001 --> 00:28:44,418 controlar a súa dor de maneira constante. 499 00:28:45,001 --> 00:28:48,584 E non só un tratamento para a mellora das enfermidades 500 00:28:48,584 --> 00:28:50,168 ou dos síntomas, 501 00:28:50,168 --> 00:28:53,376 senón un camiño de verdade cara á liberdade. 502 00:28:53,376 --> 00:28:54,626 Grazas. Ei! 503 00:28:54,626 --> 00:28:57,001 Señor, ten un talento natural! 504 00:28:57,001 --> 00:28:59,626 - Ai, grazas! - Saúde! 505 00:28:59,626 --> 00:29:01,959 É o que todos queremos, non? 506 00:29:01,959 --> 00:29:04,626 Ensínasme que é crer en algo de verdade. 507 00:29:04,626 --> 00:29:06,418 - Ai, que ben! - Si. 508 00:29:06,418 --> 00:29:08,418 E os honorarios por falar máis. 509 00:29:08,418 --> 00:29:09,501 Cala. 510 00:29:09,501 --> 00:29:11,501 Crede en OxyContin. 511 00:29:11,501 --> 00:29:13,334 Non estaría aquí de non ser por ti. 512 00:29:13,334 --> 00:29:15,209 Confiade en OxyContin. 513 00:29:15,209 --> 00:29:16,209 Téñoche algo. 514 00:29:16,209 --> 00:29:19,376 - Non facía falta. - Cambiáchesme a vida, que menos. 515 00:29:19,376 --> 00:29:22,293 E a receitar OxyContin, hostia! 516 00:29:25,168 --> 00:29:27,418 - Ai, non... - Non tes que dicir nada. 517 00:29:27,418 --> 00:29:30,168 Vereivos no bar para tomar unhas copas, 518 00:29:30,168 --> 00:29:32,501 cortesía do gran Richard Sackler. 519 00:29:34,751 --> 00:29:36,834 Gardade algo para min! 520 00:29:36,834 --> 00:29:38,293 Non teñen que sabelo. 521 00:29:38,293 --> 00:29:41,251 Quero levarte ao meu cuarto e foderte. 522 00:29:41,834 --> 00:29:42,793 Si, corazón! 523 00:29:43,376 --> 00:29:46,209 - Poderías non...? - Se podería que? 524 00:29:46,209 --> 00:29:49,168 Darche isto? É o que querías. 525 00:29:49,168 --> 00:29:51,084 Ven á consulta á noite. 526 00:29:51,084 --> 00:29:52,668 OxyContin para relaxarte? 527 00:29:52,668 --> 00:29:55,043 Vés ás conferencias con vestidos así. 528 00:29:55,043 --> 00:29:56,126 - Arteira! - Si! 529 00:29:56,126 --> 00:29:58,626 ...día substancioso, señorita. 530 00:30:02,293 --> 00:30:05,084 Fóra, era un negocio como de costume. 531 00:30:05,084 --> 00:30:09,543 Mais dentro de Purdue, as paredes estaban a derrubarse. 532 00:30:09,543 --> 00:30:11,543 Pola carta de McCloskey, 533 00:30:11,543 --> 00:30:14,293 pedíronnos que testifiquemos ante o Congreso. 534 00:30:25,168 --> 00:30:26,918 Como que nos pediron? 535 00:30:26,918 --> 00:30:29,584 Ten que ser un representante da empresa, 536 00:30:29,584 --> 00:30:32,209 é dicir, temos que decidilo. 537 00:30:32,209 --> 00:30:34,084 Non. Eu non. 538 00:30:34,084 --> 00:30:36,209 Es o presidente da empresa. 539 00:30:36,209 --> 00:30:41,251 O tío Arthur non tivo ningunha empresa ao seu nome xustamente por isto. 540 00:30:41,251 --> 00:30:45,334 Poñeremos unha devasa entre o nome e o produto. 541 00:30:45,334 --> 00:30:47,418 El fíxoo, nós farémolo tamén. 542 00:30:49,293 --> 00:30:50,209 Deus! 543 00:30:51,209 --> 00:30:52,126 Estamos... 544 00:30:54,418 --> 00:30:55,376 fodidos! 545 00:30:56,209 --> 00:30:58,334 Merda, cona! Merda! 546 00:31:01,959 --> 00:31:02,876 Mortimer! 547 00:31:05,209 --> 00:31:06,501 Iredes vós os tres. 548 00:31:07,459 --> 00:31:08,334 Eu? 549 00:31:08,959 --> 00:31:11,293 - Quen? Nós? - Diante do Congreso? 550 00:31:11,293 --> 00:31:13,543 Ámbito médico, de márketing e legal. 551 00:31:13,543 --> 00:31:15,709 Podedes xestionar o que vos veña. 552 00:31:15,709 --> 00:31:16,876 Nós? 553 00:31:17,918 --> 00:31:19,251 Tedes algún problema? 554 00:31:19,251 --> 00:31:21,584 - Non, non. - Apoiámolo, señor. 555 00:31:21,584 --> 00:31:23,626 - Merda! - Testificaremos. 556 00:31:24,709 --> 00:31:25,793 Mortimer! 557 00:31:25,793 --> 00:31:27,126 Ah, vale! 558 00:31:27,126 --> 00:31:29,459 Vale. Tyler debeu esquecer chamarme. 559 00:31:29,459 --> 00:31:31,501 Quería asegurarme. Vale. 560 00:31:32,209 --> 00:31:34,293 Si, todo vai ben. Moitas grazas. 561 00:31:34,293 --> 00:31:35,418 Cóidate. Abur. 562 00:31:37,501 --> 00:31:38,543 Kaylee dorme. 563 00:31:40,918 --> 00:31:42,501 Está na casa de Jack. 564 00:31:43,084 --> 00:31:43,918 Vale. 565 00:31:45,001 --> 00:31:47,918 Como que vale? Estás durmido? Non vale, hostia. 566 00:31:47,918 --> 00:31:51,001 - Non me gusta que vaia alí. - Hai sitios peores. 567 00:31:51,709 --> 00:31:53,501 Díxenlle que era culpa súa. 568 00:31:53,501 --> 00:31:55,918 Sabes que? Déixame ir a min, 569 00:31:56,626 --> 00:31:59,751 fágoo entrar en razón e tráioo para a casa. 570 00:32:01,001 --> 00:32:04,001 Déixame arranxalo. Foi culpa miña. Perdoa. 571 00:32:05,126 --> 00:32:06,793 Non me gustas así. 572 00:32:06,793 --> 00:32:08,709 - Xa. - Vale. 573 00:32:12,293 --> 00:32:13,751 Deixa esa puta merda. 574 00:32:14,459 --> 00:32:16,209 - Xa. - Falo en serio. 575 00:32:17,293 --> 00:32:19,834 É culpa miña. Vouno arranxar. 576 00:32:21,418 --> 00:32:24,084 Tranquila. O mundo aínda non se acaba. 577 00:32:26,001 --> 00:32:26,834 Ata logo. 578 00:32:29,709 --> 00:32:31,168 Non rifes con Jack. 579 00:32:31,168 --> 00:32:33,334 Xa non. Quérote. 580 00:33:03,959 --> 00:33:04,834 Merda. 581 00:33:36,168 --> 00:33:37,043 Ei, Ty. 582 00:33:38,001 --> 00:33:40,168 Vin levarte á casa. 583 00:33:42,876 --> 00:33:45,209 - Ola, Tina. - É Tanya. 584 00:33:47,084 --> 00:33:49,209 Glen, que queres? 585 00:33:50,668 --> 00:33:53,584 Ei, Jack, alégrome de verte. 586 00:33:53,584 --> 00:33:55,084 - Eu... - Ide para dentro. 587 00:33:57,168 --> 00:33:59,501 Veño levar a Ty, ten cousas que coller. 588 00:33:59,501 --> 00:34:02,126 Polo amor de Cristo, iso non vai pasar. 589 00:34:02,126 --> 00:34:04,084 Iso non vai pasar agora. 590 00:34:04,084 --> 00:34:06,293 - Veña, tes que marchar. - Ei. 591 00:34:06,293 --> 00:34:08,876 Eh, que te calo, hostia. 592 00:34:08,876 --> 00:34:11,501 Cres que podes agocharme esa merda? 593 00:34:11,501 --> 00:34:13,126 Sube ao puto coche. 594 00:34:13,126 --> 00:34:15,209 Houbo un malentendido... 595 00:34:15,209 --> 00:34:18,459 Xa, porque estás drogado a máis non poder. 596 00:34:18,459 --> 00:34:19,959 - Fóra. - Non, esta mañá 597 00:34:19,959 --> 00:34:22,459 - houbo un malentendido. - Sube ao coche. 598 00:34:22,459 --> 00:34:24,334 Abonda. Sube ao coche. 599 00:34:26,709 --> 00:34:29,668 - Jack... - Vaite á casa, Glen! 600 00:34:29,668 --> 00:34:32,001 - Ty, as túas cousas... - Sube ao coche. 601 00:34:32,001 --> 00:34:33,209 Esperta, hostia. 602 00:34:33,209 --> 00:34:36,834 - Sube ao puto coche e vai á casa. - Vai para a casa! 603 00:34:36,834 --> 00:34:38,709 - Vale. - Vai e deixa esa merda. 604 00:34:40,251 --> 00:34:42,418 - Vale. - Vaia puta lea. 605 00:34:43,751 --> 00:34:46,168 - Es unha puta vergoña. - Eu... 606 00:34:46,168 --> 00:34:49,501 Jack, non podo marchar sen el. 607 00:34:50,001 --> 00:34:53,334 Díxenlle a Lil que o ía levar á casa. 608 00:34:53,334 --> 00:34:55,376 Preocúpate por ti, non por Lil. 609 00:34:55,376 --> 00:34:56,501 Vai á puta casa. 610 00:34:57,293 --> 00:34:58,543 Vai á casa, Glen. 611 00:35:28,959 --> 00:35:31,668 Sinto chegar tarde, señor. Por Deus! 612 00:35:33,209 --> 00:35:38,376 Non. Levo cinco minutos falando coa miña muller desta situación. 613 00:35:38,376 --> 00:35:40,376 Chamárona do colexio. 614 00:35:40,376 --> 00:35:42,501 Déronlle unha malleira ao meu fillo. 615 00:35:42,501 --> 00:35:45,209 Tres rapaces collérono e acurralárono 616 00:35:45,209 --> 00:35:47,001 e partíronlle a cara. 617 00:35:47,001 --> 00:35:48,793 E rompéronlle o... 618 00:35:48,793 --> 00:35:50,834 - O óso orbital? - O óso orbital. 619 00:35:50,834 --> 00:35:53,584 Podería perder o ollo. Envioume unha foto. 620 00:35:53,584 --> 00:35:57,376 Por Deus. Os rapaces dixeron que seu pai era un asasino. 621 00:35:57,376 --> 00:36:00,918 Que seu pai vendíalle veleno á xente. 622 00:36:01,793 --> 00:36:03,459 E agora teño que testificar. 623 00:36:05,043 --> 00:36:06,501 Estás sucio. 624 00:36:07,876 --> 00:36:08,834 Señor? 625 00:36:10,709 --> 00:36:13,418 - Tes sucia a lapela. - Sucia? 626 00:36:14,626 --> 00:36:15,543 Déixame. 627 00:36:22,001 --> 00:36:23,209 É difícil. 628 00:36:24,543 --> 00:36:25,459 Grazas, señor. 629 00:36:31,251 --> 00:36:34,043 Grazas aos representantes de Purdue Pharma por comparecer. 630 00:36:34,043 --> 00:36:36,709 {\an8}O seu fármaco é un alivio para moita xente. 631 00:36:36,709 --> 00:36:40,334 {\an8}Por desgraza, tamén carrexou consigo moitos problemas. 632 00:36:40,334 --> 00:36:42,001 {\an8}En vez de testificar, 633 00:36:42,001 --> 00:36:47,168 {\an8}enviou a Michael Friedman, Howard Udell e Paul Goldenheim ante o Congreso. 634 00:36:47,168 --> 00:36:48,334 Poden sentar. 635 00:36:51,876 --> 00:36:55,418 Señor presidente, en nome de Purdue Pharma, 636 00:36:55,418 --> 00:36:59,501 o distribuidor das pastillas de OxyContin, 637 00:37:00,126 --> 00:37:02,668 grazas por convocar esta audiencia. 638 00:37:03,543 --> 00:37:08,543 O testemuño de hoxe focalízase nunha cuestión importante 639 00:37:08,543 --> 00:37:10,293 da política sanitaria: 640 00:37:10,293 --> 00:37:14,376 como xestionar os problemas de abuso e de descontrol, 641 00:37:14,376 --> 00:37:18,168 que se asocian coa venda do fármaco controlado OxyContin. 642 00:37:18,168 --> 00:37:22,209 Debería empregarse para que os doutores xestionen 643 00:37:22,209 --> 00:37:24,501 de maneira efectiva a dor dos pacientes. 644 00:37:24,501 --> 00:37:31,293 Malia que todas as voces deste debate son importantes, 645 00:37:31,293 --> 00:37:36,793 debemos escoitar con sumo coidado os pacientes 646 00:37:36,793 --> 00:37:41,334 que, sen fármacos coma OxyContin, estarían sen tratamento. 647 00:37:41,334 --> 00:37:43,001 - Merda. - Hai moitos... 648 00:37:43,001 --> 00:37:45,418 {\an8}Aumentou o número de corpos. 649 00:37:45,418 --> 00:37:49,959 {\an8}O señor Hodges falou coa xente que morreu de sobredose. 650 00:37:49,959 --> 00:37:54,251 A comunidade do condado de Lee está totalmente devastada. 651 00:37:54,251 --> 00:38:00,918 Senador, tomamos moi en serio o abuso das receitas e de OxyContin. 652 00:38:00,918 --> 00:38:04,334 OxyContin non é só un fármaco do que abusan, 653 00:38:04,334 --> 00:38:06,668 é o fármaco de moda en moitos sitios, 654 00:38:06,668 --> 00:38:08,626 e temos que tomalo en serio. 655 00:38:08,626 --> 00:38:10,251 Créame, señor, así é. 656 00:38:10,251 --> 00:38:12,834 Mentres o toman en serio, pregunto: 657 00:38:12,834 --> 00:38:16,709 cal é a súa responsabilidade para lidar con este problema? 658 00:38:16,709 --> 00:38:18,501 Como traballas, nena. 659 00:38:18,501 --> 00:38:23,668 Facemos o que podemos en canto á proactividade, a avanzar, 660 00:38:23,668 --> 00:38:25,709 a conter a marea. 661 00:38:25,709 --> 00:38:28,209 - Abusan moito deste fármaco. - Que tal? 662 00:38:28,209 --> 00:38:30,376 Acaban con eses fillos de puta? 663 00:38:30,376 --> 00:38:32,168 Moi poucos abusan do Tylenol. 664 00:38:32,168 --> 00:38:34,959 Si, están acabando con eses fillos de puta. 665 00:38:34,959 --> 00:38:39,418 Algúns, logo de consumir Tylenol, entraron a roubar nun asilo en Boston. 666 00:38:39,418 --> 00:38:44,501 Non controlamos como se usa o produto. 667 00:38:44,501 --> 00:38:49,084 - Confiamos na FDA... - Creo que vai bastante ben, non? 668 00:38:49,084 --> 00:38:51,793 - Non me fodas. - ...nos doutores, 669 00:38:51,793 --> 00:38:54,418 e aquí enfrontámonos 670 00:38:54,418 --> 00:38:58,043 á xente que ten outro problema médico serio, 671 00:38:58,043 --> 00:39:00,543 un problema de adicción, de abuso, 672 00:39:00,543 --> 00:39:02,001 e precisan tratamento. 673 00:39:02,001 --> 00:39:04,418 Precisan tratamento, coma os que teñen dor. 674 00:39:04,418 --> 00:39:07,043 Chamaches a Glen Kryger, deixa unha mensaxe. 675 00:39:07,043 --> 00:39:08,959 Pódesme chamar, por favor? 676 00:39:08,959 --> 00:39:11,043 Déixeme aclarar algo. 677 00:39:11,043 --> 00:39:17,209 Estame a dicir que a xente que é adicta ao seu fármaco, 678 00:39:17,209 --> 00:39:21,418 por así dicilo, tamén é adicta a outras cousas? 679 00:39:21,418 --> 00:39:23,751 Nós non danamos nin matamos xente. 680 00:39:23,751 --> 00:39:27,543 A xente abusaba do noso fármaco, que é totalmente seguro. 681 00:39:27,543 --> 00:39:29,876 - Abusaban del. - Tes Oxy? 682 00:39:29,876 --> 00:39:31,751 - Descontrolábanse. - Tes cartos? 683 00:39:31,751 --> 00:39:33,251 Non tiñamos que ver. 684 00:39:33,251 --> 00:39:36,043 Chamaches a Glen Kryger, deixa unha mensaxe. 685 00:39:36,043 --> 00:39:39,959 Glen! Está Tyler contigo? Contéstame, hostia! 686 00:39:41,334 --> 00:39:46,501 Como dixen, estamos no negocio de axudar a xente que ten dor. 687 00:39:46,501 --> 00:39:47,584 É o noso negocio. 688 00:39:47,584 --> 00:39:52,084 A dispoñibilidade de OxyContin é fundamental para moitos pacientes. 689 00:39:52,084 --> 00:39:55,126 A xente esmágao e nífrao. 690 00:39:55,709 --> 00:39:58,459 Lamentamos profundamente as consecuencias tráxicas 691 00:39:58,459 --> 00:40:01,543 que carrexou o mal uso deste fármaco. 692 00:40:04,293 --> 00:40:07,209 Chamaches a Glen Kryger, deixa unha mensaxe. 693 00:40:07,209 --> 00:40:09,126 Glen, que carallo fas? 694 00:40:09,709 --> 00:40:11,959 Estás drogado agora? 695 00:40:12,793 --> 00:40:13,876 Non volvas! 696 00:40:13,876 --> 00:40:16,626 Merda! Non volvas, hostia! 697 00:40:17,126 --> 00:40:19,959 {\an8}Ata o ano pasado 698 00:40:19,959 --> 00:40:22,876 OxyContin non saía tanto nos medios de prensa. 699 00:40:22,876 --> 00:40:27,834 Soubemos que, de vez en cando, 700 00:40:27,834 --> 00:40:32,293 esmagaban o OxyContin e inxectábano por vía intravenosa. 701 00:40:32,293 --> 00:40:35,668 Señor presidente, non o sabiamos. 702 00:40:35,668 --> 00:40:38,709 {\an8}Escoitamos falar diso logo do problema en Maine. 703 00:40:39,251 --> 00:40:41,168 {\an8}Cando Jay McCloskey nos informou. 704 00:40:41,918 --> 00:40:43,501 - Antes... - Iso é mentira. 705 00:40:43,501 --> 00:40:46,751 ...non tiñamos nin idea do abuso do noso produto. 706 00:40:46,751 --> 00:40:48,084 E podo demostralo. 707 00:40:50,584 --> 00:40:57,001 Non, señor, Purdue non tiña coñecemento do que estaba a pasar en Maine 708 00:40:57,501 --> 00:40:59,251 nin noutro sitio dos EUA. 709 00:41:05,834 --> 00:41:10,293 Hai un doutor en Virxinia que lle estivo escribindo a Purdue 710 00:41:10,293 --> 00:41:14,001 contándolle o do abuso anos antes de que McCloskey abrise a boca. 711 00:41:14,001 --> 00:41:15,418 Acaban de mentir. 712 00:41:15,418 --> 00:41:17,834 Mentíronlle baixo xuramento ao Congreso. 713 00:41:19,293 --> 00:41:23,043 Ningún de nós en Purdue Pharma somos ou fomos conscientes 714 00:41:23,043 --> 00:41:26,543 ata este momento dos problemas de abuso. 715 00:41:26,543 --> 00:41:29,459 Non digo que non se abuse do OxyContin. 716 00:41:29,459 --> 00:41:31,376 - Aí tes o delito. - Só digo... 717 00:41:31,376 --> 00:41:34,626 - Ese é o delito. - ...que non o soubemos ata o 2000. 718 00:41:34,626 --> 00:41:37,959 Señor Udell, entende que testifica baixo xuramento? 719 00:41:37,959 --> 00:41:39,584 Si, señor. É correcto. 720 00:41:45,043 --> 00:41:46,126 Tiñámolos. 721 00:41:47,709 --> 00:41:50,709 Meu, tiñámolos ben collidos. 722 00:43:19,543 --> 00:43:22,043 Subtítulos: María Suárez Seijas