1 00:00:06,048 --> 00:00:07,508 Anteriormente en Cross… 2 00:00:07,591 --> 00:00:10,720 Quedan dous obxectivos na lista de Luz Porras. 3 00:00:10,803 --> 00:00:13,139 Nat Gancarz e Lance Durand. 4 00:00:13,222 --> 00:00:16,976 Coas probas que tes neste disco, podo destruír a Lance Durand. 5 00:00:17,059 --> 00:00:20,020 Dixeches que ninguén é máis importante cá misión. 6 00:00:20,312 --> 00:00:22,022 Que foi? Estás ben? Pasa algo? 7 00:00:22,106 --> 00:00:23,858 Estou perfectamente, xefe. 8 00:00:23,941 --> 00:00:25,151 Segues con esa merda? 9 00:00:25,234 --> 00:00:26,902 Non es o meu xefe ou que? 10 00:00:26,986 --> 00:00:29,613 Onde está túa irmá? 11 00:00:29,697 --> 00:00:31,490 Toledo… Ohio? 12 00:00:31,907 --> 00:00:33,159 Falei con LaDonna. 13 00:00:33,242 --> 00:00:35,911 Estaba nesta cadeira cando me dixeches que morrera. 14 00:00:35,995 --> 00:00:37,288 John. 15 00:00:37,913 --> 00:00:39,290 John! 16 00:00:40,416 --> 00:00:43,794 Lembras a última vez que Gabriela Porras rexeitou os cartos? 17 00:00:43,878 --> 00:00:44,879 Graveino. 18 00:00:46,297 --> 00:00:47,757 Necesitamos esa gravación. 19 00:00:47,840 --> 00:00:48,674 Conseguíchela? 20 00:00:49,633 --> 00:00:50,885 Conseguina, si. 21 00:00:51,802 --> 00:00:54,513 Donnie, fuches un bo amigo. 22 00:00:57,683 --> 00:00:59,518 Luz non pode escoitar isto. 23 00:00:59,602 --> 00:01:01,103 E Donnie? 24 00:01:01,187 --> 00:01:02,772 Foi Cross. 25 00:01:02,855 --> 00:01:06,484 Disque o sistema só funciona se todos seguimos as mesmas regras. 26 00:01:06,567 --> 00:01:08,152 E acaso funciona? 27 00:01:26,212 --> 00:01:29,757 Tiña nove anos cando descubrín que matabamos a metade das galiñas. 28 00:01:29,840 --> 00:01:30,758 GRANXA DOS DURAND 29 00:01:31,717 --> 00:01:33,551 Aliméntalas, críalas e mátalas. 30 00:01:33,886 --> 00:01:35,221 Pero non para comelas. 31 00:01:36,555 --> 00:01:37,890 Non me tiña sentido. 32 00:01:38,432 --> 00:01:40,142 Sabía o que era a fame 33 00:01:40,226 --> 00:01:44,229 e vira esas imaxes dos nenos cos estómagos inchados. 34 00:01:44,313 --> 00:01:45,689 E meu pai… 35 00:01:47,358 --> 00:01:52,988 Meu pai dixo que matabamos as galiñas para manter o prezo das aves 36 00:01:53,781 --> 00:01:55,866 e seguir co negocio sen arruinarnos. 37 00:01:58,285 --> 00:02:00,538 E nese mesmo intre, díxenlle: 38 00:02:02,206 --> 00:02:05,125 "Vou marcar a diferenza. Acabarei coa fame no mundo." 39 00:02:09,088 --> 00:02:10,130 E el… 40 00:02:10,923 --> 00:02:15,094 Miroume e riu diante de min. 41 00:02:19,056 --> 00:02:20,724 Dixo que era parvo. 42 00:02:22,518 --> 00:02:23,936 Díxome: "Madura. 43 00:02:26,772 --> 00:02:28,065 Madura, aparvado." 44 00:02:33,112 --> 00:02:35,447 Esa noite fun para a cama chorando. 45 00:02:37,241 --> 00:02:42,872 Máis tarde, miña nai foi ó cuarto e murmuroume á orella: 46 00:02:43,497 --> 00:02:47,459 "Non lle fagas caso. Cre en ti mesmo. Cre no teu destino. 47 00:02:48,252 --> 00:02:50,254 Tanto ten o que digan de ti. 48 00:02:52,548 --> 00:02:54,884 Non te vai parar nada no mundo." 49 00:02:54,966 --> 00:02:59,555 Mañá lanzamos a Semente da Prosperidade e cumprirei o meu destino. 50 00:03:00,389 --> 00:03:02,266 Cres no destino, Nat? 51 00:03:06,395 --> 00:03:08,105 Creo que por iso estou aquí. 52 00:03:10,274 --> 00:03:12,234 SEMENTE DA PROSPERIDADE 53 00:03:14,820 --> 00:03:15,738 Iso déixao atrás. 54 00:03:15,821 --> 00:03:17,448 Veña, movédevos. 55 00:03:18,032 --> 00:03:19,867 Engade outra fila de cadeiras. 56 00:03:32,338 --> 00:03:35,424 Espere, díxome que viron a Luz onte á noite. 57 00:03:35,507 --> 00:03:38,886 E enviei 40 axentes a Lansing. Era unha falsa alarma. 58 00:03:38,969 --> 00:03:41,722 Tiñan teléfono, vehículo e localización. 59 00:03:41,805 --> 00:03:43,015 Nada deu froito? 60 00:03:43,098 --> 00:03:44,475 Desfaríase do móbil. 61 00:03:44,558 --> 00:03:47,519 Desfíxose do vehículo. Atopárono en Virxinia. Queimado. 62 00:03:47,603 --> 00:03:49,313 Non ten nin idea de onde está. 63 00:03:49,396 --> 00:03:52,107 Sei cara a onde vai, se non é que chegou xa aquí. 64 00:03:52,191 --> 00:03:54,944 - Temos que cancelar isto. - Vai vir o gobernador. 65 00:03:55,027 --> 00:03:57,321 Dous senadores, o vicepresidente e… 66 00:03:57,404 --> 00:04:00,574 Prefire poñelos en perigo que cancelar a palla mental de Lance? 67 00:04:00,658 --> 00:04:02,826 Cancéleo pola seguridade do seu xefe… 68 00:04:02,910 --> 00:04:05,371 Leva toda a vida agardando este momento. 69 00:04:05,454 --> 00:04:07,998 - Está disposto a correr o risco. - E vostede? 70 00:04:08,082 --> 00:04:09,750 Luz vai en orde. É a seguinte. 71 00:04:09,833 --> 00:04:11,877 O meu traballo é correr perigo. 72 00:04:11,961 --> 00:04:14,421 Seralle difícil protexer a Lance se a mata. 73 00:04:14,505 --> 00:04:16,589 Quieto. Aquí non ha morrer ninguén. 74 00:04:16,673 --> 00:04:19,093 - Só queremos… - Non vai cambiar de idea. 75 00:04:19,426 --> 00:04:22,137 Vaise celebrar e garantirán a seguridade. 76 00:04:29,269 --> 00:04:32,064 Estes días priorizamos a seguridade, non o arresto. 77 00:04:32,898 --> 00:04:36,026 O equipo completo na cea, na entrega do premio 78 00:04:36,110 --> 00:04:37,528 e na sementeira. 79 00:04:37,611 --> 00:04:41,573 E baixo ningún concepto haberá outro puto desastre coma o da voda. 80 00:04:47,037 --> 00:04:50,707 Chámanlle o Premio Iowa sen máis? Chámase así en serio? 81 00:04:50,791 --> 00:04:53,836 Chámase así, si. A Herbert Hoover valeulle ben. 82 00:04:55,087 --> 00:04:57,881 O pilaf tamén? Ata o arroz. 83 00:04:57,965 --> 00:05:01,468 O arroz, o viño e mesmo os cubertos. 84 00:05:01,552 --> 00:05:05,514 Todo o que meterán esta noite na boca vén do gran estado de Iowa. 85 00:05:05,597 --> 00:05:08,642 Un brinde polo gran estado de Iowa. Saúde para todos! 86 00:05:08,726 --> 00:05:10,811 Sabes se leva pemento? 87 00:05:10,894 --> 00:05:13,605 Non leva. Avisáronnos da súa alerxia 88 00:05:13,689 --> 00:05:16,150 a asegurámonos ben de non usalo. 89 00:05:16,233 --> 00:05:17,735 Tranquilo. Estou ben. 90 00:05:19,278 --> 00:05:20,362 Desculpen. 91 00:05:23,282 --> 00:05:26,660 Perdoe. Tráiolle algo? Podo axudarlle? 92 00:05:26,744 --> 00:05:27,745 Estou ben. 93 00:05:28,871 --> 00:05:30,205 Non é a primeira vez. 94 00:05:30,289 --> 00:05:31,665 Non pensarás que… 95 00:05:31,749 --> 00:05:33,959 Sería un descoido. Punto. 96 00:05:38,172 --> 00:05:40,257 Que centro médico queda máis preto? 97 00:05:42,342 --> 00:05:45,929 MELLOR GALIÑA DO CONCURSO 98 00:05:46,013 --> 00:05:49,141 Está mal que ata me dean ganas de partirlle a cara de cativo? 99 00:05:50,350 --> 00:05:51,185 Non. 100 00:05:51,268 --> 00:05:52,978 Ei, traio novas. 101 00:05:53,062 --> 00:05:55,606 Nat vai a urxencias protexida polo FBI. 102 00:05:55,689 --> 00:05:59,068 É a seguinte na lista de Luz, non me parece unha coincidencia. 103 00:05:59,151 --> 00:06:01,195 E o irmán de Griffith espertou. 104 00:06:01,278 --> 00:06:03,197 Di que había unha gravación. 105 00:06:03,280 --> 00:06:06,283 Donnie Hayes foi por ela, o irmán deulle outra 106 00:06:06,366 --> 00:06:07,493 e quedou coa real. 107 00:06:07,576 --> 00:06:08,827 Unha gravación de que? 108 00:06:09,203 --> 00:06:13,123 Iowa de merda. De Lance e os amiguiños planeando matar a Gabriela. 109 00:06:13,749 --> 00:06:16,835 Non terá peso nun xuízo, pero se eu fose Luz… 110 00:06:16,919 --> 00:06:19,463 - E quen ten a gravación? - Nós. 111 00:06:19,546 --> 00:06:20,839 E hai unha sorpresa. 112 00:06:22,466 --> 00:06:26,053 Clare, prometíchesnos que convencerías a túa irmá. 113 00:06:26,136 --> 00:06:29,139 Gabriela é cabezona. Sempre o foi. 114 00:06:29,223 --> 00:06:32,683 Di que non deixaría de facer o correcto nin por millóns. 115 00:06:32,768 --> 00:06:34,645 A tía vendeu a nai de Luz? 116 00:06:50,828 --> 00:06:52,454 Nat Gancarz? 117 00:07:10,973 --> 00:07:12,099 Que pasa? 118 00:07:14,184 --> 00:07:16,603 Un coche alugado coa tarxeta de Clare Porras 119 00:07:16,687 --> 00:07:18,897 a menos dun quilómetro do local do premio. 120 00:07:18,981 --> 00:07:21,400 E viron a unha muller parecida a Luz Porras 121 00:07:21,483 --> 00:07:24,153 no 7-Eleven a menos de tres bloques de aquí. 122 00:07:24,236 --> 00:07:26,029 Desculpade. Perdón. 123 00:07:26,113 --> 00:07:30,033 - Se pasou algo, quero sabelo. - Métase no coche agora mesmo. 124 00:07:30,117 --> 00:07:32,369 Non podemos levalo á cidade. 125 00:07:32,452 --> 00:07:35,581 Cancelemos o banquete e levémolo a onde o poidamos controlar. 126 00:07:35,664 --> 00:07:38,207 Levarémolo de volta á granxa. Todo vai ben. 127 00:07:38,292 --> 00:07:41,503 Rodriguez, dille ó seu chofer que non pare para nada 128 00:07:41,587 --> 00:07:44,006 ata volver á granxa co axente Murray. 129 00:07:44,089 --> 00:07:46,466 - Díxenche que viría. - Non está confirmado. 130 00:07:47,009 --> 00:07:49,887 Se Cross tivese razón e Luz segue a súa orde, 131 00:07:49,970 --> 00:07:51,680 mataría antes a Nat. 132 00:07:51,763 --> 00:07:52,639 Kayla ten razón. 133 00:07:52,723 --> 00:07:56,685 O momento e o escenario de cada morte foron concretos, simbólicos. 134 00:07:56,768 --> 00:07:58,687 Non vai estragar agora a orde 135 00:07:58,770 --> 00:08:01,315 nin matar a Durand nun hotel calquera de Iowa. 136 00:08:01,398 --> 00:08:03,609 Tódolos asasinatos saíron en primeira plana. 137 00:08:03,692 --> 00:08:06,028 Non cres que se mata a Lance abriría portadas 138 00:08:06,111 --> 00:08:07,779 nas novas de todo o mundo? 139 00:08:07,863 --> 00:08:08,989 Sen riscos. 140 00:08:09,072 --> 00:08:11,575 Sigue o teu instinto. Eu coordino a busca na vila. 141 00:08:20,417 --> 00:08:24,796 Nat Gancarz, perdoe a espera, pero xa lle toca. 142 00:09:39,621 --> 00:09:43,040 GABRIELA PORRAS, URXENCIAS CURADORA, MESTRA 143 00:09:43,125 --> 00:09:46,545 E PROTECTORA DOS POBRES, MALTRATADOS E ESQUECIDOS 144 00:10:47,022 --> 00:10:48,023 Onde vai Durand? 145 00:10:48,106 --> 00:10:50,817 A xefa de seguridade escribiume hai uns minutos. 146 00:10:50,901 --> 00:10:53,236 Di que Durand volve ó hotel. 147 00:10:53,320 --> 00:10:55,197 Escribiuche? Nat Gancarz? 148 00:10:55,280 --> 00:10:57,699 Non, chama o axente do hospital. 149 00:11:01,036 --> 00:11:02,454 Onde está Nat Gancarz? 150 00:11:02,537 --> 00:11:04,748 Non abonda sabelo. Que a vexa en persoa. 151 00:11:04,831 --> 00:11:06,333 Quero confirmación visual. 152 00:11:13,382 --> 00:11:14,424 Nat non está. 153 00:11:16,551 --> 00:11:18,261 Chama xa o chófer de Lance. 154 00:11:28,188 --> 00:11:29,356 Que pasa? 155 00:11:30,440 --> 00:11:32,275 Díxome que o trouxera aquí. 156 00:11:32,359 --> 00:11:33,360 Que? Quen? 157 00:11:34,736 --> 00:11:35,821 Contéstame, Steven. 158 00:11:36,363 --> 00:11:38,115 Ei! Que fas? 159 00:11:39,282 --> 00:11:40,158 Ola, Lance. 160 00:11:40,659 --> 00:11:41,535 Non… 161 00:11:48,875 --> 00:11:51,002 - Equipo Delta, rastrexen a casa. - Todo. 162 00:11:51,086 --> 00:11:53,296 - Recibido. - Comproben o perímetro. 163 00:11:54,089 --> 00:11:57,050 Esta morte é a culminación de todo o que leva traballado. 164 00:11:57,134 --> 00:11:59,594 Quererá xustiza poética. 165 00:11:59,678 --> 00:12:03,473 O fogar dunha moza valente que se chama Xóchitl. 166 00:12:03,557 --> 00:12:08,520 Unha maquinaria depravada deseñada para enriquecer a Durand e ós amiguiños. 167 00:12:08,603 --> 00:12:12,357 O momento e o escenario de cada morte foron concretos, simbólicos. 168 00:12:12,441 --> 00:12:15,944 Coa Semente da Prosperidade acabaremos coa fame no mundo. 169 00:12:16,027 --> 00:12:19,739 Que o reguen en sangue, igual cá súa Semente da Prosperidade. 170 00:12:19,823 --> 00:12:21,783 E vostede debería deixarme vía libre. 171 00:12:23,034 --> 00:12:24,161 Que cavilas, Sugar? 172 00:12:26,872 --> 00:12:28,331 Sei a onde o levou. 173 00:12:35,881 --> 00:12:39,134 Mira, Luz, sei que me odias, si? 174 00:12:39,217 --> 00:12:42,345 Pero vas tomar medidas contra algo que cres que coñeces. 175 00:12:42,429 --> 00:12:45,015 Pero nós… Nin sequera… Nunca falamos. 176 00:12:45,098 --> 00:12:49,519 Si? Talvez poidamos… Sentar e falar un segundiño. 177 00:12:49,603 --> 00:12:52,063 Axuda! Socorro! 178 00:12:52,606 --> 00:12:54,858 Estamos ti e mais eu sós, La Corona. 179 00:12:57,277 --> 00:12:58,320 Métete. 180 00:12:58,403 --> 00:12:59,404 Que? 181 00:12:59,488 --> 00:13:02,240 Métete no buraco e saúda a túa amiga. 182 00:13:11,500 --> 00:13:13,001 Perdoa. 183 00:13:21,968 --> 00:13:23,220 Que che dean! 184 00:13:23,303 --> 00:13:25,972 Estás tola se pensas que vou facelo ó teu xeito! 185 00:13:26,056 --> 00:13:30,101 O meu xeito sería meterte no buraco extremidade a extremidade. Vivo. 186 00:13:31,061 --> 00:13:33,146 Ti e mais eu somos iguais. 187 00:13:33,855 --> 00:13:37,317 Dous guerreiros nunha misión, dispostos a facer o que sexa. 188 00:13:38,151 --> 00:13:39,778 Eu non mato inocentes. 189 00:13:39,861 --> 00:13:41,363 Si tal, Luz. 190 00:13:42,239 --> 00:13:44,574 Mira, nunca quixen mancar a ninguén. 191 00:13:44,658 --> 00:13:46,660 Pero ás veces deben perecer persoas 192 00:13:46,743 --> 00:13:49,704 en prol de novas cimas para a humanidade. 193 00:13:50,580 --> 00:13:53,458 As pirámides, a canle de Panamá, o transbordador espacial. 194 00:13:53,542 --> 00:13:56,002 Todo grande avance humano 195 00:13:56,086 --> 00:14:00,131 construíuse sobre unha morea de cadáveres. 196 00:14:02,175 --> 00:14:03,969 Non che importará sumar outro. 197 00:14:04,803 --> 00:14:06,012 Merda. 198 00:14:06,429 --> 00:14:07,430 Socorro! Axuda! 199 00:14:07,514 --> 00:14:08,723 Luz, non! 200 00:14:08,807 --> 00:14:10,559 Quietos. Marchen. 201 00:14:10,642 --> 00:14:12,561 Non podemos marchar e sábeo. 202 00:14:14,980 --> 00:14:18,191 - Sabe o que é, Alex. - Sei, si. 203 00:14:18,692 --> 00:14:21,319 Quere vinganza? Déixeo vivir. 204 00:14:21,403 --> 00:14:24,155 Así verá como destrúen todo o que ama. 205 00:14:24,239 --> 00:14:27,492 Prométolle que o conseguirei. 206 00:14:29,619 --> 00:14:30,829 Luz! 207 00:14:35,625 --> 00:14:36,710 Luz. 208 00:14:37,210 --> 00:14:38,211 Anícate! 209 00:14:42,132 --> 00:14:43,174 Luz! 210 00:14:45,552 --> 00:14:46,386 Luz! 211 00:14:53,101 --> 00:14:54,728 Sugar, vai afogar! 212 00:14:54,811 --> 00:14:56,396 Merda! 213 00:15:04,738 --> 00:15:06,448 Agárrese, agárrese! 214 00:15:06,531 --> 00:15:08,033 Veña. 215 00:15:08,658 --> 00:15:09,534 Vamos! 216 00:15:11,202 --> 00:15:12,621 Axuda! Tirade! 217 00:15:29,888 --> 00:15:30,722 2 DÍAS DESPOIS 218 00:15:30,805 --> 00:15:34,017 Menos de tres días despois de sobrevivir un brutal ataque, 219 00:15:34,100 --> 00:15:37,771 Lance Durand realizou a sementeira cerimonial da Prosperidade 220 00:15:37,854 --> 00:15:40,690 e inaugurou oficialmente a Fonte de Alimentos Mundial. 221 00:15:40,774 --> 00:15:43,276 Non tardará en chegar o día en que esta semente 222 00:15:43,360 --> 00:15:47,447 alimente literamente o planeta. Hoxe iniciamos a fin da fame no mundo. 223 00:15:47,530 --> 00:15:50,909 Hoxe construímos un mañá mellor 224 00:15:50,992 --> 00:15:53,745 sobre os ombros dos nosos predecesores. 225 00:15:53,828 --> 00:15:55,955 É unha beizón celebralo hoxe, 226 00:15:56,039 --> 00:16:00,960 mais non perdemos de vista o futuro e as ledicias que nos depara. 227 00:16:01,795 --> 00:16:05,298 A xente terá o que máis se lles debe no mundo: 228 00:16:05,382 --> 00:16:07,634 a capacidade de alimentarse… 229 00:16:07,717 --> 00:16:10,136 Iniciamos o embarque para San Francisco. 230 00:16:10,220 --> 00:16:11,971 É só o comezo. 231 00:16:13,264 --> 00:16:15,433 Nin a vin, nin falei con ela 232 00:16:15,517 --> 00:16:17,185 nin sei onde está. 233 00:16:17,268 --> 00:16:20,438 Mentes, só nos contas trolas, non sabes contar a verdade. 234 00:16:20,522 --> 00:16:22,065 Non se derruba. 235 00:16:22,148 --> 00:16:24,192 Non se derruba aínda. 236 00:16:24,818 --> 00:16:28,613 Alguén quere probar? Non me quedan ases na manga. 237 00:16:28,697 --> 00:16:30,240 NÚMERO DESCOÑECIDO 238 00:16:34,786 --> 00:16:37,247 É o número de prepagamento de Luz? 239 00:16:37,330 --> 00:16:39,040 É. Quererá falar con Clare. 240 00:16:39,124 --> 00:16:41,918 Daquela por que non a chantaxeamos coa súa tía? 241 00:16:42,001 --> 00:16:44,754 E convertemos o teléfono noutro punto morto. 242 00:16:44,838 --> 00:16:46,798 Podemos xogar outra carta contra a tía. 243 00:16:46,881 --> 00:16:50,844 Dirémoslle que sabemos que conspirou con Lance para asasinar a súa irmá. 244 00:16:50,927 --> 00:16:52,762 Talvez tamén matou a Donnie Hayes. 245 00:16:52,846 --> 00:16:55,473 Podemos xogar esa carta, pero non con Clare. 246 00:16:55,849 --> 00:16:57,016 Teño unha idea. 247 00:16:57,100 --> 00:17:00,019 Enviámoslle unha mensaxe a Luz e soltamos a tía. 248 00:17:00,103 --> 00:17:01,229 Déixame o móbil. 249 00:17:07,902 --> 00:17:09,738 Luz, non colgues. 250 00:17:09,820 --> 00:17:11,406 Vouche reproducir a proba 251 00:17:11,489 --> 00:17:13,950 de que a túa tía axudou a matar a túa nai. 252 00:17:14,784 --> 00:17:17,704 Gabriela é cabezona. Sempre o foi. 253 00:17:17,787 --> 00:17:21,249 Di que non deixaría de facer o correcto nin por millóns. 254 00:17:21,332 --> 00:17:24,252 Daquela temos que eliminala e tes que axudarnos. 255 00:17:24,335 --> 00:17:26,378 Aínda queres os 50 000 dólares? 256 00:17:27,297 --> 00:17:31,009 Quero. Eu… facilitarei as cousas. 257 00:17:32,844 --> 00:17:36,681 E quen pensas que foi a última persoa en ver a Donnie con vida? 258 00:17:38,266 --> 00:17:40,894 Pare! Espere! Teño que baixar. 259 00:17:41,603 --> 00:17:42,979 Teño que baixar do bus! 260 00:17:43,062 --> 00:17:46,941 Os EUA e Canadá comparten a fronteira internacional máis longa… 261 00:17:47,025 --> 00:17:48,026 FRONTEIRA EUA/CANADÁ 262 00:17:48,109 --> 00:17:51,404 …con 8893 quilómetros. 263 00:17:51,488 --> 00:17:55,200 Os dous países tamén colaboran dende hai moito tempo na defensa 264 00:17:55,283 --> 00:17:57,744 e seguridade nacional, 265 00:17:57,827 --> 00:18:01,831 e manteñen un forte compromiso sobre os recursos naturais compartidos. 266 00:18:01,915 --> 00:18:06,377 Agás por unhas cantas semanas en xuño de 1866, 267 00:18:06,461 --> 00:18:10,799 cando 1200 soldados fenianos irlandoamericanos 268 00:18:10,882 --> 00:18:15,011 cruzaron o río Niágara para atacar a Milicia Canadense. 269 00:18:16,971 --> 00:18:18,973 Tía, chegaches. 270 00:18:20,141 --> 00:18:24,062 Neniña, que fas aquí? Xa debías estar en México. 271 00:18:25,939 --> 00:18:28,399 Non podía marchar sen entregarche isto. 272 00:18:28,900 --> 00:18:31,277 Gabriela é cabezona. Sempre o foi. 273 00:18:31,361 --> 00:18:34,447 Di que non deixaría de facer o correcto nin por millóns. 274 00:18:34,531 --> 00:18:35,406 Mija, eu… 275 00:18:35,490 --> 00:18:38,201 Daquela temos que eliminala e tes que axudarnos. 276 00:18:38,284 --> 00:18:40,453 Aínda queres os 50 000 dólares? 277 00:18:40,829 --> 00:18:44,666 Quero. Eu… facilitarei as cousas. 278 00:18:46,876 --> 00:18:49,045 Tes que saber que non fun eu… 279 00:18:49,128 --> 00:18:50,547 Como se o foses. 280 00:18:54,175 --> 00:18:55,301 Foi doado? 281 00:18:55,385 --> 00:18:56,886 Levala ó matadoiro? 282 00:18:56,970 --> 00:18:59,055 Ían eliminala dun xeito ou doutro. 283 00:18:59,138 --> 00:19:04,853 Vendiches a miña nai por 50 000 dólares. Como carallo dormes polas noites? 284 00:19:04,936 --> 00:19:06,187 Non durmo. 285 00:19:08,147 --> 00:19:11,317 Pasei o resto da miña vida intentando compensárvolo. 286 00:19:12,193 --> 00:19:14,904 Criándote, queréndote, 287 00:19:16,239 --> 00:19:18,157 axudándoche a facelos pagar. 288 00:19:18,241 --> 00:19:19,742 Convertíchesme nunha arma. 289 00:19:19,826 --> 00:19:21,160 Nunha guerreira. 290 00:19:21,244 --> 00:19:23,746 Para que? Para acabar cos teus cómplices? 291 00:19:23,830 --> 00:19:25,707 - Para vingar a túa nai… - O carallo! 292 00:19:27,417 --> 00:19:31,963 Pasei máis da metade da vida a converterme no monstro que ti precisabas. 293 00:19:32,046 --> 00:19:35,508 Desfíxenme de todo o brando que tiña dentro. 294 00:19:36,217 --> 00:19:38,845 Da ledicia e ata do puto cansazo. 295 00:19:39,804 --> 00:19:41,598 Abandonei a conciencia e a alma 296 00:19:41,681 --> 00:19:43,683 para unha misión que nin era real! 297 00:19:43,766 --> 00:19:46,019 Era real! Mataron a túa nai! 298 00:19:46,102 --> 00:19:48,062 Matei inocentes. 299 00:19:50,189 --> 00:19:52,191 - Matei a Lincoln. - Tiñas que facelo. 300 00:19:52,275 --> 00:19:53,985 Lance Durand debía pagar. 301 00:19:54,068 --> 00:19:55,653 Debían pagar todos! 302 00:19:57,739 --> 00:19:58,698 Luz… 303 00:20:00,366 --> 00:20:03,286 ti e mais eu somos a única familia que nos queda. 304 00:20:03,369 --> 00:20:04,203 Non. 305 00:20:05,872 --> 00:20:08,750 Acabaches coa miña familia ó asasinar a Donnie. 306 00:20:12,420 --> 00:20:14,839 Móvanse! 307 00:20:17,592 --> 00:20:20,428 Xa está. Rematou. 308 00:20:25,475 --> 00:20:26,559 Quérote. 309 00:20:30,355 --> 00:20:31,481 Corre, mija. 310 00:20:43,868 --> 00:20:44,744 Luz. 311 00:20:50,249 --> 00:20:53,628 Luz. Agarde. Por favor, Luz! Agarde! 312 00:20:54,295 --> 00:20:55,296 Por favor. 313 00:20:55,964 --> 00:20:58,383 Veña, Luz, falemos. Non ten que rematar así. 314 00:20:59,342 --> 00:21:01,010 Non pode rematar doutro xeito. 315 00:21:03,763 --> 00:21:04,597 Xa non. 316 00:21:04,681 --> 00:21:08,017 - Non, Luz. - Non esqueza a súa promesa, Alex. 317 00:21:08,101 --> 00:21:09,185 Faga que o pague. 318 00:21:12,730 --> 00:21:13,690 Luz, non! Non! 319 00:21:15,274 --> 00:21:16,651 Non! 320 00:21:21,656 --> 00:21:23,616 Déchesme a vida. 321 00:21:28,621 --> 00:21:29,998 Cúbrote de flores. 322 00:21:31,207 --> 00:21:32,709 Atéigote de amor. 323 00:21:34,627 --> 00:21:36,129 Luz! 324 00:21:50,184 --> 00:21:53,730 UNHA SEMANA DESPOIS 325 00:22:06,492 --> 00:22:08,077 A nova directora adxunta! 326 00:22:08,161 --> 00:22:10,038 Non o esperabas, eh! 327 00:22:15,001 --> 00:22:18,629 En serio, parabéns por conseguir o crédito que mereces. 328 00:22:18,713 --> 00:22:19,672 Grazas. 329 00:22:19,756 --> 00:22:21,841 Quería dicircho en persoa, 330 00:22:21,924 --> 00:22:24,052 pensei que non botariamos tanto sen… 331 00:22:24,135 --> 00:22:26,971 - Eu tampouco. As cousas foron… - De tolos. 332 00:22:27,055 --> 00:22:27,889 Si. 333 00:22:29,891 --> 00:22:32,351 E Roy? Ascéndeno ou bótano? 334 00:22:32,435 --> 00:22:34,437 Ascéndeno. A subdirector. 335 00:22:34,520 --> 00:22:35,354 En serio? 336 00:22:36,147 --> 00:22:38,357 Vainos axudar a arrestar a Lance? 337 00:22:38,441 --> 00:22:40,276 - Non che sei dicir. - Tanto ten. 338 00:22:40,359 --> 00:22:44,197 O USB de Luz ten probas dabondo para que sexa irrefutable. 339 00:22:44,280 --> 00:22:45,740 É a fin de Lance. 340 00:22:48,242 --> 00:22:51,704 Cando xoga ó Jenga non pode quitar calquera bloque. 341 00:22:52,205 --> 00:22:54,707 Quero que o vexa dese xeito. 342 00:22:54,791 --> 00:22:56,876 Agora mesmo ten un bloque diante. 343 00:22:56,959 --> 00:22:59,879 Un bloque terrible, e quere quitalo. Coma todos nós. 344 00:23:00,421 --> 00:23:05,176 Pero eu vexo unha torre que sostén cousas moi importantes. 345 00:23:05,593 --> 00:23:09,972 Coma o produto que volverá lanzar os EUA á estratosfera dos heroes. 346 00:23:10,056 --> 00:23:14,310 Imos quedar de liberadores igual que na segunda guerra mundial. 347 00:23:14,393 --> 00:23:17,563 A non ser que quitemos o bloque que o sostén, 348 00:23:17,647 --> 00:23:21,859 a cara do produto, e lle botemos enriba o tufo dun escándalo. 349 00:23:21,943 --> 00:23:25,363 Porque se o mundo cre que esta semente milagreira 350 00:23:25,446 --> 00:23:28,116 non é máis ca outra desas… 351 00:23:28,866 --> 00:23:31,994 carralladas capitalistas e avarentas dos EUA, 352 00:23:32,078 --> 00:23:35,414 a puta torre enteira virá abaixo. 353 00:23:35,998 --> 00:23:37,166 Entende? 354 00:23:40,086 --> 00:23:44,382 Verá, na miña casa, ó quitar o bloque e caer a torre, vólvese comezar. 355 00:23:44,924 --> 00:23:47,468 Xa, pero isto non lle é o Jenga, non? 356 00:23:47,969 --> 00:23:49,220 Usaba a súa metáfora. 357 00:23:51,305 --> 00:23:52,181 Moi ben. 358 00:23:52,849 --> 00:23:54,892 Non digo que nunca quitemos o bloque. 359 00:23:55,726 --> 00:23:57,937 De feito, podemos ir facendo algo. 360 00:23:58,020 --> 00:24:01,065 Por exemplo, se ten probas de irregularidades laborais… 361 00:24:01,149 --> 00:24:05,486 Temos probas da implicación de Lance Durand na trata de persoas, 362 00:24:05,570 --> 00:24:08,447 escravismo, asasinato, explotación de menores 363 00:24:08,531 --> 00:24:10,825 e o que carallo agoche nese milleiral. 364 00:24:10,908 --> 00:24:12,493 Non imos tocar a Durand. 365 00:24:13,161 --> 00:24:14,537 Sei que non quere oílo, 366 00:24:14,620 --> 00:24:17,290 pero gústame ir de cara e iso é un feito. 367 00:24:17,874 --> 00:24:22,336 Porén, faremos que Crestbrook Industries limpe a merda decontado. 368 00:24:23,212 --> 00:24:26,799 Déanos as probas e poñerémonos a traballar. 369 00:24:33,306 --> 00:24:34,724 É que non as trouxen. 370 00:24:37,602 --> 00:24:39,228 Non ía traer o USB? 371 00:24:40,521 --> 00:24:42,064 Iso me dixeron. 372 00:24:42,857 --> 00:24:45,109 Moi ben. Por que non vai por el? 373 00:24:45,526 --> 00:24:48,404 Canto antes mellor, non? Roy, acompáñeo. 374 00:24:48,487 --> 00:24:50,072 Así non terá que volver. 375 00:24:50,156 --> 00:24:51,782 Claro, director Hemmet. 376 00:24:56,037 --> 00:24:59,081 O que non mencionou Hemmet é que o Departamento de Estado 377 00:24:59,165 --> 00:25:01,792 aliouse con catro países de África Occidental 378 00:25:01,876 --> 00:25:03,961 para lanzar a Semente da Prosperidade. 379 00:25:04,045 --> 00:25:05,338 Un deles é Burkina Faso… 380 00:25:05,421 --> 00:25:08,633 Xa, fantástico. Teño que facer unha paradiña. O baño? 381 00:25:09,508 --> 00:25:11,427 Claro, xusto aí tes o mexadoiro. 382 00:25:11,510 --> 00:25:12,386 Ben. 383 00:25:14,847 --> 00:25:16,557 Sei como vai, Alex. 384 00:25:17,850 --> 00:25:20,561 Medras crendo certas cousas. 385 00:25:20,645 --> 00:25:22,730 Coma os dez mandamentos, sabes? 386 00:25:24,106 --> 00:25:29,403 Logo daste conta de que xogas nun campo no que o bo e o malo 387 00:25:29,487 --> 00:25:32,698 non significan o mesmo que para a xente corrente. 388 00:25:33,908 --> 00:25:36,160 Es grandiño e tes que aprender a madurar, 389 00:25:36,244 --> 00:25:38,704 a vivir nun mundo sen finais felices. 390 00:25:38,788 --> 00:25:42,541 Se alguén pode facelo, ese é Alex Cross, non? 391 00:25:42,625 --> 00:25:45,419 Sóubeno cando vin como lidaches co caso Soneji. 392 00:25:45,503 --> 00:25:46,337 Levaches… 393 00:26:15,116 --> 00:26:17,368 - Moi chulo o Mustang. - Grazas. 394 00:26:17,451 --> 00:26:21,872 Alerta de seguridade. Varón negro, na trintena, traxe verde. 395 00:26:23,291 --> 00:26:24,250 MODO ACELERACIÓN 396 00:26:24,834 --> 00:26:26,085 Saia do coche! 397 00:26:26,168 --> 00:26:28,170 Alex Cross, saia do coche! 398 00:26:53,529 --> 00:26:55,031 - Ola. - Perdoa por molestar. 399 00:26:55,114 --> 00:26:57,325 Lembras a bolsa que che dei hai tempo? 400 00:26:58,951 --> 00:27:01,537 Si, claro. Si. 401 00:27:05,583 --> 00:27:08,502 Se te chaman os federais, non sabes nada de min. 402 00:27:09,128 --> 00:27:11,630 Se chaman Nana Mama e os nenos, di que estou ben. 403 00:27:11,714 --> 00:27:15,926 Alex, eu non te vexo ben. Que vas facer? 404 00:27:16,886 --> 00:27:19,096 Non sei, pero non podo pertencer a un sistema 405 00:27:19,180 --> 00:27:21,432 onde Luz morre intentando facer o correcto 406 00:27:21,515 --> 00:27:25,019 e Lance Durand anda por aí como se tal cousa. 407 00:27:27,438 --> 00:27:29,482 - Que? - Nada, eu… 408 00:27:30,608 --> 00:27:32,318 Sabía que este día ía chegar. 409 00:27:33,903 --> 00:27:34,737 En serio? 410 00:27:35,613 --> 00:27:38,699 Alex, o sistema é malo, pero ti es un home bo. 411 00:27:39,950 --> 00:27:42,870 Era cuestión de tempo que esas verdades chocasen. 412 00:27:44,038 --> 00:27:47,666 Alédame que che teña sentido. Eu non sei nin por onde me sopra o vento. 413 00:27:47,750 --> 00:27:51,754 Mira, podemos parar un segundo e falar dunha hipótese? 414 00:27:51,837 --> 00:27:55,132 - Elle, teño que… - Alex, por favor. 415 00:28:00,262 --> 00:28:03,432 Mira, que pasaría se lles deses o USB? 416 00:28:06,227 --> 00:28:08,062 Volverían agochar as probas. 417 00:28:08,437 --> 00:28:11,649 E Lance seguiría traficando e maltratando menores. 418 00:28:12,191 --> 00:28:13,567 E non podías permitilo. 419 00:28:14,110 --> 00:28:15,027 Non. 420 00:28:16,404 --> 00:28:17,696 Pero podo detelo? 421 00:28:18,823 --> 00:28:21,575 Basicamente son eu contra o mundo. 422 00:28:22,410 --> 00:28:23,619 - Ai, si? - Si. 423 00:28:23,702 --> 00:28:27,498 Ou es ti, Sampson, Malika, o barrio enteiro, eu? 424 00:28:29,291 --> 00:28:30,167 Ti? 425 00:28:31,043 --> 00:28:33,462 Non te animei a teres unha bolsa de fuxida? 426 00:28:40,970 --> 00:28:42,388 Grazas, Elle. 427 00:28:43,097 --> 00:28:43,931 Por todo. 428 00:28:45,307 --> 00:28:47,518 Es a persoa máis forte… 429 00:28:48,894 --> 00:28:51,105 e lista que coñezo. 430 00:28:53,274 --> 00:28:55,109 Quero… 431 00:28:59,321 --> 00:29:00,698 - Alex. - Si? 432 00:29:03,701 --> 00:29:04,994 Máis che vale non morrer… 433 00:29:06,162 --> 00:29:08,372 Así matareite eu cando remate todo. 434 00:29:11,125 --> 00:29:12,209 Intentareino. 435 00:30:08,015 --> 00:30:10,476 MENSAXES PATRULLA VECIÑAL 436 00:30:12,645 --> 00:30:14,396 Quentádeme o sitio, vou a todo dar. 437 00:30:37,211 --> 00:30:38,629 Brock está de camiño. 438 00:30:46,136 --> 00:30:47,221 Que foi, Malika? 439 00:30:47,304 --> 00:30:49,348 Ti dirás. Washington está que arde. 440 00:30:49,431 --> 00:30:51,308 A Patrulla Veciñal está en alerta. 441 00:30:51,392 --> 00:30:53,519 O Hawkmóbil agarda por ti aí atrás. 442 00:30:54,186 --> 00:30:55,646 BMW branco. 443 00:30:56,480 --> 00:30:57,565 Boa vixilancia, EZ. 444 00:30:57,648 --> 00:30:58,649 Grazas. 445 00:30:59,441 --> 00:31:01,318 Sacaron a Metropolitana do caso. 446 00:31:01,402 --> 00:31:03,904 Temos alguén dentro en quen confiar? 447 00:31:09,285 --> 00:31:10,828 Penso descubrilo agora. 448 00:31:13,455 --> 00:31:16,125 - Ola. - Deus, Alex, estás ben? 449 00:31:16,208 --> 00:31:20,170 Estou, a pesar de que Lance Durand ten a todo o FBI en nómina. 450 00:31:21,171 --> 00:31:22,298 Intentei avisarte. 451 00:31:22,381 --> 00:31:23,215 Si? 452 00:31:23,299 --> 00:31:26,635 Claro. Descubrín o de Durand uns tres minutos antes ca ti. 453 00:31:26,719 --> 00:31:29,388 Como de mal está a cousa? Emitiron orde de captura? 454 00:31:30,306 --> 00:31:31,849 Agora vante investigar. 455 00:31:31,932 --> 00:31:33,017 Merda. 456 00:31:33,100 --> 00:31:35,811 Pero se volves agora, podemos arranxalo. 457 00:31:35,894 --> 00:31:37,646 Pero é que nada está ben. 458 00:31:37,730 --> 00:31:40,024 Viches de que é capaz Durand. Víchelo. 459 00:31:40,107 --> 00:31:41,066 Vin, si. 460 00:31:41,150 --> 00:31:43,777 Se algo me ensinou o do especial do Tío Sam 461 00:31:43,861 --> 00:31:46,447 é que algunhas misións van a pique, Alex. 462 00:31:46,530 --> 00:31:50,200 Non é que vaian a pique, é que son un puto kraken. 463 00:31:50,993 --> 00:31:55,205 E como non nades rápido dabondo, arrástrante ó fondo con eles. 464 00:31:56,206 --> 00:31:58,334 Case temos a localización. 465 00:31:58,417 --> 00:31:59,710 Estou do teu lado. 466 00:31:59,793 --> 00:32:02,129 - Marcho. - Non, Alex. Non marches. 467 00:32:02,212 --> 00:32:03,213 Queda comigo. 468 00:32:03,297 --> 00:32:05,049 Falémolo. 469 00:32:07,426 --> 00:32:08,260 Claro. 470 00:32:08,344 --> 00:32:10,596 O de Durand é horrible, pero ás veces… 471 00:32:10,679 --> 00:32:12,348 Falamos de nenos. 472 00:32:12,431 --> 00:32:13,766 Quilómetro e medio. 473 00:32:13,849 --> 00:32:16,602 E os teus nenos que? Es o pai que lles queda. 474 00:32:16,685 --> 00:32:18,520 Non vaias por aí. 475 00:32:18,604 --> 00:32:20,105 Que van facer Damon e Jannie 476 00:32:20,189 --> 00:32:22,399 se sae mal e non volves á casa? 477 00:32:22,941 --> 00:32:26,111 Sabes que quero volver cos meus fillos. Sábelo ben. 478 00:32:26,195 --> 00:32:27,780 Menos dun quilómetro. 479 00:32:27,863 --> 00:32:29,198 Pero se deixo pasalo, 480 00:32:29,281 --> 00:32:33,243 se deixo que manquen e maten os fillos doutros… 481 00:32:33,327 --> 00:32:34,161 Témolo. 482 00:32:34,244 --> 00:32:36,580 Non poderei volver mirarme ó espello. 483 00:32:36,664 --> 00:32:38,457 - Xa. - Temos axentes na rúa. 484 00:32:39,416 --> 00:32:41,669 Seino. Déixame axudarche. 485 00:32:42,920 --> 00:32:46,507 Tocouche unha mala man. Pasa nas mellores familias. 486 00:32:47,091 --> 00:32:50,219 Pero aínda podemos atopar o xeito de arrestar a Lance 487 00:32:50,302 --> 00:32:51,970 e de volveres á casa cos nenos. 488 00:32:57,101 --> 00:33:00,312 Por que non me dis que está disposto a facer Hemmet? 489 00:33:01,105 --> 00:33:04,358 Podes deixar o USB nalgún sitio. 490 00:33:05,275 --> 00:33:06,902 Non tes que ir en persoa. 491 00:33:06,985 --> 00:33:08,612 Hai federais fóra. 492 00:33:13,659 --> 00:33:14,868 Estamos pechados. 493 00:33:16,120 --> 00:33:18,038 Dixen que estamos pechados. 494 00:33:20,874 --> 00:33:21,834 Teñen unha orde? 495 00:33:22,960 --> 00:33:25,921 Só vimos a un restaurante en horario de apertura. 496 00:33:26,004 --> 00:33:27,506 Así que vai apartando. 497 00:33:29,174 --> 00:33:31,218 A propietaria di que está pechado. 498 00:33:31,301 --> 00:33:33,220 Sen orde non se entra. 499 00:33:33,929 --> 00:33:35,013 Así que lisca ti. 500 00:33:36,140 --> 00:33:37,641 Non marchamos a ningures. 501 00:33:37,725 --> 00:33:38,976 Marchades, si. 502 00:33:39,852 --> 00:33:44,022 Podemos facelo polas boas ou ó estilo Sampson. 503 00:33:51,530 --> 00:33:53,407 Que lisquedes, hostia! 504 00:33:58,162 --> 00:34:00,080 - Estás seguro? - Pedido listo, John. 505 00:34:14,511 --> 00:34:16,346 …de investigado a sospeitoso. 506 00:34:16,429 --> 00:34:18,389 Non quero verte caer así. 507 00:34:19,056 --> 00:34:21,101 Alex, segues… Segues aí? 508 00:34:22,226 --> 00:34:23,061 Alex? 509 00:34:23,771 --> 00:34:24,605 Alex? 510 00:34:25,063 --> 00:34:26,063 Marchou. 511 00:34:43,498 --> 00:34:45,542 Ola, Elle. Son a axente… 512 00:34:45,626 --> 00:34:47,002 Sei quen es. 513 00:34:49,254 --> 00:34:53,050 Non nos presentaron, pero oín tanto de ti que é como se te coñecese. 514 00:34:53,592 --> 00:34:55,636 Vin porque necesito a túa axuda. 515 00:34:55,719 --> 00:34:58,847 Axente Craig, dirixo unha ONG para rapaces da cidade. 516 00:34:58,931 --> 00:35:01,767 A non ser que queira facer unha festa no noso centro, 517 00:35:01,850 --> 00:35:04,394 - non lle vou poder axudar. - Alex aínda te quere. 518 00:35:07,064 --> 00:35:10,359 E agora entrou en crise. 519 00:35:10,442 --> 00:35:12,903 Supuxen que viría pedirche consello 520 00:35:12,986 --> 00:35:14,571 porque confía en ti. 521 00:35:15,239 --> 00:35:19,034 E se ti tamén o queres, convénceo de que se entregue, por favor. 522 00:35:19,117 --> 00:35:20,744 Non sei onde está. 523 00:35:20,828 --> 00:35:22,454 Nin me importa. 524 00:35:25,374 --> 00:35:28,836 Espero que non sigas enfadada con Alex polo de Ramsey. 525 00:35:28,919 --> 00:35:31,505 Ás veces, queremos axudarlle tanto á xente 526 00:35:31,588 --> 00:35:33,507 que tan só… nos deixamos levar. 527 00:35:35,634 --> 00:35:37,678 Alex déixase levar ó axudarlle á xente. 528 00:35:38,971 --> 00:35:43,225 Polo que sei, ti déixaste levar axudándote a ti mesma. 529 00:35:45,102 --> 00:35:46,144 Esa doeume. 530 00:35:46,979 --> 00:35:48,021 É a verdade. 531 00:35:48,105 --> 00:35:50,607 Podes aforrar esas bágoas de crocodilo. 532 00:35:53,318 --> 00:35:55,153 Podo acusarte de cómplice. 533 00:35:55,237 --> 00:35:57,990 E despídete dos permisos da Fundación Somewhere. 534 00:35:58,073 --> 00:35:59,116 Velaí a está. 535 00:36:00,158 --> 00:36:03,078 A axente retorcida que sabía que eras. 536 00:36:25,475 --> 00:36:26,768 Que fas aquí? 537 00:36:27,561 --> 00:36:31,732 - Dixeron que… - Dixeron o que lles mandei dicir. 538 00:36:32,274 --> 00:36:34,526 Con quen pensas que estás a falar? 539 00:36:34,610 --> 00:36:37,529 Coa pendanga máis ruín que coñecín na vida. 540 00:36:43,744 --> 00:36:45,954 Sempre te criches mellor cá min. 541 00:36:46,997 --> 00:36:48,206 Non, sabía que o era. 542 00:36:49,166 --> 00:36:50,751 E vólvesmo demostrar. 543 00:36:51,293 --> 00:36:54,087 Elixes a un home antes có teu propio fillo. 544 00:36:55,339 --> 00:36:57,674 Non teño que darche explicacións. 545 00:36:57,758 --> 00:36:59,051 Tes razón. 546 00:36:59,134 --> 00:37:00,844 Non me debes nada. 547 00:37:02,804 --> 00:37:06,183 Pero poderías facer unha cousa boa polo meu neno. 548 00:37:18,654 --> 00:37:19,655 Onde está? 549 00:37:21,490 --> 00:37:23,158 Ai, rapaciña. 550 00:37:23,241 --> 00:37:25,744 Aínda has pensar que cho diría se o soubese. 551 00:37:25,827 --> 00:37:28,163 Váiseche a perola. 552 00:37:36,880 --> 00:37:39,841 Gabriela Porras demandounos por algo. 553 00:37:39,925 --> 00:37:43,011 Se facemos ruído dabondo, ó mellor creamos xurisprudencia. 554 00:37:44,554 --> 00:37:48,183 Acabamos con estas artimañas antes de que apareza outro Lance. 555 00:37:51,353 --> 00:37:52,646 Xa sei a onde foi. 556 00:37:53,105 --> 00:37:54,231 Deixádeo todo. 557 00:37:54,314 --> 00:37:57,401 Que o Equipo Táctico acuda xa ó despacho do senador Ashford. 558 00:38:09,371 --> 00:38:10,872 Saia coas mans en alto. 559 00:38:15,002 --> 00:38:17,713 Detective Cross, baixe do coche agora mesmo! 560 00:38:20,716 --> 00:38:22,968 Ó chan. As mans na cabeza. 561 00:38:24,553 --> 00:38:25,721 De que vai isto? 562 00:38:42,654 --> 00:38:43,989 Ola, John, son eu. 563 00:38:44,072 --> 00:38:45,365 O teu fuxitivo favorito. 564 00:38:45,449 --> 00:38:48,118 - Sabes algo? - Si, pedín algúns favores. 565 00:38:48,201 --> 00:38:50,078 Dos grandes. Podo coarte no edificio, 566 00:38:50,162 --> 00:38:51,705 pero despois estarás só. 567 00:38:51,788 --> 00:38:52,831 Que non te maten. 568 00:38:52,914 --> 00:38:55,834 Joan a Reboluda pensa que ides tomar algo esta noite. 569 00:39:07,763 --> 00:39:09,181 Alex, para. 570 00:39:09,765 --> 00:39:10,932 Alex, quieto! 571 00:39:21,068 --> 00:39:23,111 Perdoe por entrar así, é urxente. 572 00:39:23,195 --> 00:39:24,112 Abre a porta! 573 00:39:24,196 --> 00:39:25,947 Perségueno a vostede ou a min? 574 00:39:26,031 --> 00:39:28,075 Sei que non aproba o que fixo súa nai. 575 00:39:28,158 --> 00:39:29,534 Nin antes nin agora. 576 00:39:29,618 --> 00:39:32,370 Quere facer o correcto? A pesar dos custos? 577 00:39:33,121 --> 00:39:34,539 Traédeme a chave, xa! 578 00:39:34,623 --> 00:39:38,168 Sabe que si, pero só o conseguiremos se se suma Xustiza. 579 00:39:38,251 --> 00:39:40,837 - Dixo que se encargaría. - Tenos comprados. 580 00:39:40,921 --> 00:39:44,132 Comprou a moitos, pero vostede pode cambialo. 581 00:39:44,216 --> 00:39:46,760 O USB ten probas dos actos de Durand e Crestbrook. 582 00:39:46,843 --> 00:39:48,553 Falo de cousas que non crería, 583 00:39:48,637 --> 00:39:51,348 como nova información sobre os nenos desaparecidos. 584 00:39:53,725 --> 00:39:56,978 Senador, cando era neno, tiñan unha xuíz untada. 585 00:39:57,062 --> 00:39:59,189 Cantos cre que untaron agora? 586 00:39:59,648 --> 00:40:00,690 Cantos? 587 00:40:01,191 --> 00:40:04,861 A súa familia carga cunha débeda, senador. E vostede tamén. 588 00:40:04,945 --> 00:40:05,946 É hora de pagala. 589 00:40:06,029 --> 00:40:08,240 Temos as chaves, apártense! 590 00:40:09,699 --> 00:40:11,409 As putas mans arriba! 591 00:40:25,549 --> 00:40:27,092 Moi ben, sacádeo de aquí. 592 00:40:37,978 --> 00:40:39,354 Deulle algo? 593 00:40:40,021 --> 00:40:42,274 Non, só falamos. 594 00:40:49,030 --> 00:40:50,532 Nova de última hora, 595 00:40:50,615 --> 00:40:55,078 o condecorado detective Alex Cross foi arrestado no Capitolio. 596 00:40:55,162 --> 00:40:56,955 Non foi acusado formalmente, 597 00:40:57,038 --> 00:41:00,625 pero seguiremos a informar a medida que xurdan máis datos. 598 00:41:09,384 --> 00:41:11,178 Grazas a todos por vir. 599 00:41:11,261 --> 00:41:15,807 Sei que todos esperabamos o anuncio do Proxecto de Lei 7049 do Senado… 600 00:41:21,021 --> 00:41:23,523 para financiar a Semente da Prosperidade no mundo. 601 00:41:27,694 --> 00:41:30,155 Porén, vou retirar o meu apoio á lei. 602 00:41:35,243 --> 00:41:38,455 A Semente da Prosperidade desenvolveuse 603 00:41:38,538 --> 00:41:41,291 coa explotación laboral de menores inmigrantes. 604 00:41:42,584 --> 00:41:46,796 Oxalá poder dicir que veño de descubrilo, pero, sinceramente, non. 605 00:41:46,880 --> 00:41:49,633 Coma a maioría de estadounidenses, sei que a miña roupa, 606 00:41:49,716 --> 00:41:52,928 os zapatos e obxectos cotiáns están fabricados por nenos. 607 00:41:59,017 --> 00:42:03,438 A miña comida apáñana e procésana nenos. 608 00:42:03,521 --> 00:42:06,358 Sei todo isto e, aínda así, miro para outro lado. 609 00:42:06,441 --> 00:42:09,361 Cómplice de malas accións que perpetúo. 610 00:42:10,070 --> 00:42:12,948 Pero este non é o problema doutro. É meu. 611 00:42:13,031 --> 00:42:18,328 E non pasa no estranxeiro. Pasa cada día en solo estadounidense. 612 00:42:21,790 --> 00:42:25,669 De feito, temos nesta sala un dos perpetradores máis atroces. 613 00:42:28,338 --> 00:42:31,591 Hai cadáveres enterrados na granxa de Lance Durand. 614 00:42:34,803 --> 00:42:38,348 Os corpos de nenos que morreron en accidentes horribles 615 00:42:38,431 --> 00:42:40,850 mentres traballaban en Crestbrook Industries. 616 00:42:40,934 --> 00:42:45,313 Os corpos de nenos asasinados baixo as ordes de Lance Durand. 617 00:42:45,397 --> 00:42:49,651 Estas acusacións son totalmente falsas. Non penso permitilo. 618 00:42:49,734 --> 00:42:52,195 O Sr. Durand cría que destes menores sen papeis 619 00:42:52,279 --> 00:42:54,698 un podería desfacerse facilmente, 620 00:42:54,781 --> 00:42:56,408 que quedarían esquecidos. 621 00:42:56,992 --> 00:42:58,159 Mais non esquecemos. 622 00:42:59,244 --> 00:43:02,831 Polo que eu sei, pode ser un cemiterio dos nativos. 623 00:43:02,914 --> 00:43:05,792 Xa se identificaron sete dos menores. 624 00:43:07,335 --> 00:43:09,337 Sebastián Juan González… 625 00:43:09,421 --> 00:43:10,880 A onde cre que vai? 626 00:43:10,964 --> 00:43:14,592 Xírese e míreos ou pártolle a cara en directo para todo o país. 627 00:43:14,676 --> 00:43:16,177 Falo en serio, hostia. 628 00:43:16,261 --> 00:43:20,015 …Isabela Flores Jiménez, Camila Margarita Cruz, 629 00:43:21,057 --> 00:43:23,184 Mateo Raúl Hernández, 630 00:43:23,685 --> 00:43:26,146 Ricardo Luis Rivera 631 00:43:27,355 --> 00:43:29,566 e Santiago Cabral García, 632 00:43:31,359 --> 00:43:33,778 que tiña 11 anos cando desapareceu. 633 00:43:38,241 --> 00:43:41,494 Hoxe quero presentar unha nova lei. 634 00:43:42,412 --> 00:43:45,582 Os directivos levan demasiado tempo agochándose tras leis 635 00:43:45,665 --> 00:43:48,877 que os protexen de ser responsables das súas empresas. 636 00:43:48,960 --> 00:43:50,086 Nunca máis. 637 00:43:50,503 --> 00:43:55,425 Os dous partidos apoiamos a presentación da Lei de Responsabilidade Empresarial. 638 00:43:55,508 --> 00:43:59,012 Exixiralles responsabilidades persoais ós directivos 639 00:43:59,095 --> 00:44:01,556 polos crimes que cometan as súas empresas. 640 00:44:03,683 --> 00:44:05,977 Lance Durand responderá polos seus. 641 00:44:07,270 --> 00:44:10,065 E grazas a esta lei, será o primeiro de moitos. 642 00:44:10,148 --> 00:44:12,567 - Senador, de que crimes… - Algo máis. 643 00:44:12,650 --> 00:44:16,071 Quero darlles as grazas ós brillantes axentes do FBI 644 00:44:16,154 --> 00:44:20,700 e ós investigadores da propia Policía Metropolitana de Washington, 645 00:44:20,784 --> 00:44:22,869 especialmente ó detective Alex Cross. 646 00:44:24,662 --> 00:44:28,750 O seu excelente traballo sacou estes crimes á luz. 647 00:44:34,297 --> 00:44:38,385 Cando os soldados viron que o canto de Xóchitl xurdía efecto, 648 00:44:38,468 --> 00:44:42,972 arrastrárona ata o bordo do cráter e empurrárona dentro. 649 00:44:43,056 --> 00:44:47,394 Porén, seguiu a cantar dende o fondon do cráter. 650 00:44:47,477 --> 00:44:50,647 Aterrado, o comandante dos invasores 651 00:44:50,730 --> 00:44:56,403 ordenoulles ós soldados encher o cráter de terra para silenciar a Xóchitl. 652 00:44:56,486 --> 00:44:58,071 Os soldados obedeceron, 653 00:44:58,154 --> 00:45:02,534 pero aínda así, a súa voz resoáballes nas orellas. 654 00:46:48,389 --> 00:46:49,974 Blanca! 655 00:46:50,058 --> 00:46:52,769 Viñeches! Sabía que o farías! 656 00:47:07,283 --> 00:47:10,453 Sigo a pensar que tomei a decisión correcta. 657 00:47:11,162 --> 00:47:14,666 Sei que che doe que gardase o segredo 658 00:47:14,749 --> 00:47:16,918 e síntoo, de verdade. 659 00:47:18,545 --> 00:47:24,259 Nunca quixen que ninguén nin nada mancase os meus neniños, e menos eu. 660 00:47:28,555 --> 00:47:29,389 Eu… 661 00:47:32,475 --> 00:47:34,477 Teño algo para ti. 662 00:47:35,937 --> 00:47:40,858 Pode que traia máis dor aínda, ou outra cousa, non sei. 663 00:47:53,997 --> 00:47:55,123 "Ed Fettes"? 664 00:47:56,958 --> 00:47:58,626 É o nome de teu pai. 665 00:48:03,214 --> 00:48:04,716 Quere coñecerte. 666 00:48:28,239 --> 00:48:30,408 Tranquilo, meu ben. Non pasa nada. 667 00:49:20,291 --> 00:49:23,294 Queres falar diso que vas facer mañá? 668 00:49:25,672 --> 00:49:28,257 É como din nos tribunais, Two-John. 669 00:49:28,341 --> 00:49:30,426 "Res ipsa loquitur." 670 00:49:34,889 --> 00:49:36,432 Que carallo significa? 671 00:49:41,270 --> 00:49:43,398 "A cousa fala por si mesma." 672 00:50:09,215 --> 00:50:10,216 Boas, Cross. 673 00:50:10,717 --> 00:50:13,678 Xa oín o do teu 10-47 ó fuxir en coche dos federais. 674 00:50:13,761 --> 00:50:15,096 O Mustang está ben? 675 00:50:15,179 --> 00:50:16,681 Nin unha rabuñada. 676 00:50:18,307 --> 00:50:21,477 Meu, en serio, empeza unha colecta para o trebello ese. 677 00:50:21,561 --> 00:50:23,521 Debería. Poño eu os primeiros 50. 678 00:50:26,774 --> 00:50:29,902 Tes tempo? Teño unha pista dunha pistola misteriosa. 679 00:50:29,986 --> 00:50:32,113 Mencioneillo a Kayla hai semanas. 680 00:50:32,196 --> 00:50:35,158 Grazas por deixarlle ver a LaDonna á miña Nana. 681 00:50:35,241 --> 00:50:36,451 Para iso estamos. 682 00:50:36,826 --> 00:50:38,453 Jando, xa era hora. 683 00:50:38,870 --> 00:50:41,247 Un minuto máis e a autopsia ían facercha a ti. 684 00:50:42,457 --> 00:50:47,170 DOUNO TODO CADA DÍA 685 00:50:48,337 --> 00:50:51,215 O auditor quere comprobar as horas extra do trimestre. 686 00:50:51,299 --> 00:50:52,425 Enviáchelas? 687 00:50:52,967 --> 00:50:56,763 Daquela por que insisten? Dá igual. Chámote despois. 688 00:50:57,805 --> 00:51:00,433 Mira quen temos aquí. O home do momento. 689 00:51:00,516 --> 00:51:01,726 Cross. 690 00:51:02,810 --> 00:51:04,395 Hai que falar das distincións. 691 00:51:04,479 --> 00:51:08,566 Pensei nunha conferencia de prensa, unha boa medalla. 692 00:51:08,649 --> 00:51:09,776 Queres un despacho? 693 00:51:09,859 --> 00:51:11,944 Se queres o meu posto, cédocho. 694 00:51:29,962 --> 00:51:34,592 Isto que é? Unha cámara oculta? 695 00:51:35,468 --> 00:51:36,427 Non. 696 00:51:37,678 --> 00:51:38,805 Veña, ho. 697 00:51:39,931 --> 00:51:41,390 Sei que agora non estás ben… 698 00:51:41,474 --> 00:51:44,101 Desenterrar ósos de nenos é o que ten. 699 00:51:44,185 --> 00:51:47,438 Alex, por eses nenos facemos o que facemos. 700 00:51:48,022 --> 00:51:49,482 Arrestaches a Durand. 701 00:51:49,565 --> 00:51:51,692 Cambiaches a lei. 702 00:51:52,568 --> 00:51:55,947 Décheslles un final a moitas familias en dó. 703 00:51:56,823 --> 00:52:00,284 Nunca te tiven por un mal gañador. 704 00:52:00,785 --> 00:52:04,705 Algunha xente honesta deu un paso adiante, desta volta só gañei por iso. 705 00:52:04,789 --> 00:52:08,709 Xente honesta que estaba en contra de todo o que fixeron os federais. 706 00:52:09,210 --> 00:52:13,339 Cada lexislador, inspector, policía, xuíz, cómplice 707 00:52:13,422 --> 00:52:17,552 que sabía o que Durand levaba anos facendo e miraron para outro lado. 708 00:52:19,136 --> 00:52:22,765 Xefa, creo que non podo formar parte de algo 709 00:52:22,849 --> 00:52:26,185 onde hai tanta xente mirando para outro lado. 710 00:52:33,484 --> 00:52:39,448 Unha vez díxome que definise o que significaba ser un heroe. 711 00:52:41,909 --> 00:52:43,703 Non creo que sexa isto. 712 00:52:44,704 --> 00:52:45,872 Para min, non. 713 00:52:49,083 --> 00:52:51,252 E talvez leve tempo sen selo. 714 00:54:45,449 --> 00:54:47,451 Subtítulos: Abraham Díaz López 715 00:54:47,535 --> 00:54:49,537 Supervisora creativa: Paula Maneiro