1 00:00:20,061 --> 00:00:23,690 {\an8}O rei Wapol volveu para salvar o reino de Drum. 2 00:00:24,190 --> 00:00:27,068 O único home que podía salvar este reino 3 00:00:28,737 --> 00:00:30,697 estourounos diante. 4 00:00:34,200 --> 00:00:37,162 Este reino é meu por dereito de nacemento. 5 00:00:37,245 --> 00:00:38,997 É meu! 6 00:00:43,168 --> 00:00:46,212 E ninguén mo volverá quitar. 7 00:00:46,296 --> 00:00:48,173 Non hai trono 8 00:00:48,673 --> 00:00:51,509 para un rei que abandona o seu pobo. 9 00:01:15,992 --> 00:01:17,285 Un froito do demo. 10 00:01:17,368 --> 00:01:20,288 O meu corpo é coma unha fábrica, 11 00:01:20,789 --> 00:01:26,753 capaz de consumir, transformar e combinar o que como 12 00:01:27,462 --> 00:01:29,422 no que eu queira. 13 00:01:30,381 --> 00:01:31,466 Es un monstro. 14 00:01:31,549 --> 00:01:34,260 Eu non son o único monstro que hai aquí, 15 00:01:34,844 --> 00:01:36,096 Dalton. 16 00:01:36,179 --> 00:01:38,389 Ensínoche eu o que é un monstro. 17 00:01:50,110 --> 00:01:51,903 Aí a está. 18 00:01:51,986 --> 00:01:54,197 A besta que me xuraba lealdade. 19 00:02:02,622 --> 00:02:03,540 Por fin 20 00:02:03,623 --> 00:02:06,876 me mostras o respecto que merezo. 21 00:02:06,960 --> 00:02:09,254 Non mereces respecto de ninguén! 22 00:02:10,004 --> 00:02:11,673 Onde van os teus soldados? 23 00:02:11,756 --> 00:02:17,762 Vinte médicos e dous babecos non abondan para che devolveren o trono. 24 00:02:18,346 --> 00:02:19,597 Non te apures. 25 00:02:21,850 --> 00:02:24,352 Os meus soldados non se amotinaron. 26 00:02:27,355 --> 00:02:29,232 Só estaban en plena dixestión. 27 00:02:51,796 --> 00:02:53,756 Un lirio do deserto. 28 00:02:54,799 --> 00:02:57,343 Perdidiña de todo no medio da neve. 29 00:03:02,056 --> 00:03:03,433 Miss All Sunday. 30 00:03:04,225 --> 00:03:06,144 Sobreviviches a Xardín Pequeno. 31 00:03:07,687 --> 00:03:10,607 Pero aínda estás moi lonxe do teu propio castelo. 32 00:03:12,108 --> 00:03:14,360 Non paras de perseguirnos. 33 00:03:14,986 --> 00:03:17,280 Tes contas pendentes coa Gavela. 34 00:03:17,864 --> 00:03:21,326 Non te cansa estares sempre á disposición dun sociópata? 35 00:03:23,286 --> 00:03:25,121 Coma en calquera boa alianza, 36 00:03:26,539 --> 00:03:28,875 el ten os seus obxectivos e eu os meus. 37 00:03:30,126 --> 00:03:31,961 Ás veces, coma agora, 38 00:03:33,671 --> 00:03:34,756 coinciden. 39 00:03:36,132 --> 00:03:37,884 Quen acertará contigo? 40 00:03:38,635 --> 00:03:39,802 El? 41 00:03:40,470 --> 00:03:42,764 - Ou eu? - Pódesme intentar matar, 42 00:03:43,640 --> 00:03:45,433 pero non vou caer sen pelexar. 43 00:03:45,516 --> 00:03:47,435 Iso é o que me intriga de ti. 44 00:03:48,686 --> 00:03:52,899 Que saibas que Mr. 0 lle deu a Wapol un froito do demo. 45 00:03:54,651 --> 00:03:57,362 O froito de rilla rilla, en concreto. 46 00:03:58,488 --> 00:04:01,324 E agora vén de camiño a reclamar o seu trono. 47 00:04:01,407 --> 00:04:02,951 Por que me contas isto? 48 00:04:05,119 --> 00:04:07,038 Quero saber se o dades parado. 49 00:04:07,121 --> 00:04:08,790 Isto non é un xogo. 50 00:04:10,375 --> 00:04:13,253 E non é a loita deles. Só me están a axudar. 51 00:04:13,336 --> 00:04:15,797 Anda, princesa. 52 00:04:16,589 --> 00:04:22,053 Como boa líder e muller forte que es, vas protexer os demais e levar a culpa. 53 00:04:22,804 --> 00:04:24,472 E eu vin para dicirche 54 00:04:25,556 --> 00:04:26,683 que fas ben. 55 00:04:28,601 --> 00:04:30,895 Cando vexas morrer os teus amigos, 56 00:04:31,396 --> 00:04:35,650 ten por seguro que o mesmo destino lles espera ás xentes de Alabasta. 57 00:04:37,610 --> 00:04:39,529 E é todo culpa túa. 58 00:04:44,784 --> 00:04:45,827 Xa me esquecía. 59 00:04:46,327 --> 00:04:50,081 Vaiche encantar o que fixo co seu exército. 60 00:04:52,583 --> 00:04:53,710 Zoro... 61 00:05:20,403 --> 00:05:21,404 Merda. 62 00:05:21,487 --> 00:05:23,531 Usopp! Zoro! 63 00:05:25,074 --> 00:05:25,908 Hai problemas. 64 00:05:25,992 --> 00:05:27,327 O rei Wapol volveu. 65 00:05:27,410 --> 00:05:30,163 Vai cara ao castelo. E comeu un froito do demo. 66 00:05:30,246 --> 00:05:33,416 De aí o exército de monstros que marchan cara á aldea. 67 00:05:33,499 --> 00:05:34,542 E Dalton? 68 00:05:34,625 --> 00:05:37,295 Baixou a recoñecer o terreo. Non volveu. 69 00:05:38,671 --> 00:05:41,257 - Colleríano. - Hai que ir por Luffy. 70 00:05:41,341 --> 00:05:44,552 Dalton mandoume protexer a aldea. Tes que ir ti, Usopp. 71 00:05:44,635 --> 00:05:46,387 Non, vou eu. 72 00:05:47,305 --> 00:05:49,140 Vin do que sodes capaces. 73 00:05:49,640 --> 00:05:52,810 Os aldeáns precisan o capitán Usopp e o señor Bushido. 74 00:05:54,604 --> 00:05:57,148 - Vou eu por Luffy. - Como chegarás a tempo? 75 00:06:00,318 --> 00:06:01,486 Podo axudar eu. 76 00:06:02,862 --> 00:06:04,947 Imaxinaba que podía pasar algo así. 77 00:06:05,448 --> 00:06:08,493 O camiño é longo e non somos tan fortes coma Luffy, 78 00:06:08,576 --> 00:06:10,370 así que necesitamos un plan B. 79 00:06:11,204 --> 00:06:12,246 Probáchelo? 80 00:06:12,330 --> 00:06:13,873 Acabeino agora, así que... 81 00:06:13,956 --> 00:06:14,916 non. 82 00:06:15,666 --> 00:06:16,667 Vale. 83 00:06:19,128 --> 00:06:20,338 Como vai? 84 00:06:20,838 --> 00:06:23,049 O mecanismo para lanzar está aquí. 85 00:06:23,132 --> 00:06:27,220 O gancho vai coller cable do carrete e vaite subir. 86 00:06:27,720 --> 00:06:29,764 Non dás chegado arriba dunha vez. 87 00:06:29,847 --> 00:06:32,934 Afirma o pé, recarga e sigue disparando ata chegar. 88 00:06:33,017 --> 00:06:33,893 Vale. 89 00:06:38,022 --> 00:06:39,774 - Agárrate! - Canto tarda en...? 90 00:06:42,944 --> 00:06:44,570 Moi ben, princesa. 91 00:06:47,490 --> 00:06:48,741 Ben se amaña soa. 92 00:07:15,977 --> 00:07:17,895 Sempre intentando impresionarme. 93 00:07:17,979 --> 00:07:19,063 Intento axudar. 94 00:07:20,606 --> 00:07:22,817 Estás preocupado de verdade, eh? 95 00:07:22,900 --> 00:07:24,735 Estou mellor, prométocho. 96 00:07:24,819 --> 00:07:27,071 Eu estarei mellor cando saias da cama. 97 00:07:29,407 --> 00:07:30,575 Que tal sabe? 98 00:07:31,826 --> 00:07:34,203 Ten máis sabor, xa que volves ter gusto. 99 00:07:34,704 --> 00:07:36,164 - Está boísimo. - Si? 100 00:07:36,247 --> 00:07:37,790 Zeff ensinouche ben. 101 00:07:38,458 --> 00:07:43,087 O vello deume algún truco que outro, aínda que nunca o direi diante del. 102 00:07:43,171 --> 00:07:44,255 Pero... 103 00:07:45,381 --> 00:07:46,757 son autodidacta. 104 00:07:47,884 --> 00:07:48,801 Totalmente. 105 00:07:51,220 --> 00:07:52,680 Empecei con miña nai. 106 00:07:53,264 --> 00:07:54,599 Cociñabas con túa nai? 107 00:07:55,433 --> 00:07:56,517 Con ela non. 108 00:07:57,351 --> 00:07:58,186 Para ela. 109 00:07:59,687 --> 00:08:02,899 Estaba moi enferma cando eu era pequeno. Moi pequeno. 110 00:08:02,982 --> 00:08:04,859 Eu só quería que mellorase. 111 00:08:05,985 --> 00:08:08,154 Cociñar era unha mostra de cariño. 112 00:08:10,907 --> 00:08:12,408 Non empecei alá moi ben. 113 00:08:14,243 --> 00:08:16,037 Facíalle a comida 114 00:08:16,537 --> 00:08:18,789 co primeiro que atopaba pola cociña. 115 00:08:20,708 --> 00:08:22,585 Bocadiños de plátano pasado. 116 00:08:23,628 --> 00:08:25,838 Cabezas de peixe con arroz medio cru. 117 00:08:27,632 --> 00:08:29,509 Bufé libre de cousas vomitivas. 118 00:08:30,426 --> 00:08:32,345 E alá ía eu, polo corredor, 119 00:08:33,346 --> 00:08:34,889 coa cabeza ben alta. 120 00:08:35,723 --> 00:08:38,935 A cara da enfermeira poñíase verde cando me vía entrar. 121 00:08:39,602 --> 00:08:40,811 A da miña nai non. 122 00:08:43,022 --> 00:08:46,234 Ata parecía que xa estaba ben por como miraba para min. 123 00:08:47,151 --> 00:08:49,320 Saía un raio de sol daquela cama. 124 00:08:56,035 --> 00:08:57,286 E sempre dicía: 125 00:08:58,955 --> 00:09:01,707 "Meu principiño! Que me traes hoxe?" 126 00:09:04,585 --> 00:09:07,255 Miraba para a bandexa... 127 00:09:09,799 --> 00:09:11,551 e comía un bocado. 128 00:09:13,094 --> 00:09:14,053 E sorría. 129 00:09:16,722 --> 00:09:19,350 Facíame sentir que axudaba. 130 00:09:19,433 --> 00:09:20,810 Eu fun mellorando, 131 00:09:20,893 --> 00:09:25,481 perfeccionando as miñas habilidades, os perfís e combinacións de sabores... 132 00:09:27,567 --> 00:09:30,236 Pero, así como eu melloraba, ela empeoraba. 133 00:09:33,322 --> 00:09:34,865 E, cando acababa de comer, 134 00:09:34,949 --> 00:09:37,618 abrazábaa tan forte que lle quitaba o alento. 135 00:09:48,504 --> 00:09:51,924 E chegou o día no que xa non tiven que facer máis a comida. 136 00:09:58,431 --> 00:09:59,473 Así que... 137 00:10:00,808 --> 00:10:02,351 cada comida que fago... 138 00:10:05,688 --> 00:10:07,106 fágoa por ela. 139 00:10:12,903 --> 00:10:14,030 Sanji... 140 00:10:15,031 --> 00:10:16,240 Ei, xente! 141 00:10:16,324 --> 00:10:17,742 Chegou Vivi! 142 00:10:30,421 --> 00:10:31,756 Por iso vin. 143 00:10:32,882 --> 00:10:34,383 Wapol non ha estar lonxe. 144 00:10:34,467 --> 00:10:37,637 Sorpréndeme que unha raquítica coma ti chegase aquí. 145 00:10:38,554 --> 00:10:39,847 Tiña que ser. 146 00:10:39,930 --> 00:10:41,390 Esa é a nosa Vivi. 147 00:10:43,059 --> 00:10:45,686 Entón, o rei ese vén por nós. 148 00:10:46,187 --> 00:10:48,522 E agora ten poderes dun froito do demo? 149 00:10:48,606 --> 00:10:52,860 Os axentes da Gavela ían en serio co de non deixarnos en paz. 150 00:10:56,989 --> 00:10:57,948 Vale. 151 00:10:58,949 --> 00:10:59,909 Mallo eu nel. 152 00:11:01,160 --> 00:11:03,120 Temos que baixar a axudar. 153 00:11:03,204 --> 00:11:05,623 Si. Imos baixar, 154 00:11:05,706 --> 00:11:07,208 pero non para loitar. 155 00:11:08,376 --> 00:11:10,252 Ímonos volver agochar. 156 00:11:10,336 --> 00:11:14,131 Vas fuxir? Usa os teus poderes de bruxa para loitar. 157 00:11:15,466 --> 00:11:16,509 Queres pelexa? 158 00:11:17,009 --> 00:11:17,843 Pois moi ben. 159 00:11:18,469 --> 00:11:21,722 Eu vin a Wapol atemorizar este país durante anos. 160 00:11:21,806 --> 00:11:25,309 Xa era un miserable antes. Agora comeu un froito do demo? 161 00:11:25,810 --> 00:11:28,479 Non penso quedar a ver os horrores que traerá. 162 00:11:29,563 --> 00:11:32,608 Fai a maleta, Chopper. Imos por un dos pasadizos. 163 00:11:33,109 --> 00:11:34,527 Non podemos marchar. 164 00:11:35,569 --> 00:11:38,614 Se vai haber unha batalla, haberá feridos. 165 00:11:38,698 --> 00:11:41,325 - Temos que quedar a axudar. - Axudar a quen? 166 00:11:41,409 --> 00:11:43,828 Á xente que che chamaba monstro? 167 00:11:43,911 --> 00:11:46,622 Á xente que che disparou? Queres axudarlles? 168 00:11:47,707 --> 00:11:51,210 Si, porque iso é o que fan os médicos. 169 00:11:56,382 --> 00:11:57,883 Pásao ben morrendo, neno. 170 00:12:09,186 --> 00:12:11,439 Pois veña. Hai que ir por Nami. 171 00:12:12,398 --> 00:12:13,941 Está mellor? 172 00:12:14,859 --> 00:12:17,403 Todo grazas a este pequerrecho. 173 00:12:17,486 --> 00:12:18,571 Case. 174 00:12:18,654 --> 00:12:20,489 Aínda non acabou o tratamento. 175 00:12:20,573 --> 00:12:23,868 Pódolle poñer un goteiro móbil para poder movela. 176 00:12:23,951 --> 00:12:26,287 Moi ben! Pois a baixar a montaña, logo. 177 00:12:27,747 --> 00:12:28,998 Paréceche ben, Vivi? 178 00:12:29,498 --> 00:12:32,668 Si. Vou entrando en calor mentres preparades a Nami. 179 00:12:32,752 --> 00:12:34,545 - Pois veña, Chopper. - Vale. 180 00:12:41,343 --> 00:12:42,553 Ímolos conter nós. 181 00:12:43,596 --> 00:12:45,931 Collede o necesario e buscade refuxio. 182 00:12:46,015 --> 00:12:48,601 Por aquí. Rápido. 183 00:12:49,518 --> 00:12:51,145 - Ven. - Vamos. 184 00:12:53,856 --> 00:12:54,732 Rápido! 185 00:13:00,696 --> 00:13:02,364 Igual debía ir eu con eles, 186 00:13:03,532 --> 00:13:05,576 por se necesitan protección. 187 00:13:06,076 --> 00:13:09,246 Un exército de monstros non pode co heroe de Xardín Pequeno. 188 00:13:16,754 --> 00:13:18,088 Non é problema meu. 189 00:13:50,621 --> 00:13:51,539 Ei! 190 00:13:55,918 --> 00:13:57,670 A onde pensas que vas? 191 00:13:58,796 --> 00:13:59,839 A loitar. 192 00:14:01,423 --> 00:14:02,424 Vaia heroe. 193 00:14:02,925 --> 00:14:05,052 Á xente da aldea encantaralle 194 00:14:05,135 --> 00:14:09,306 ver chegar un cadáver arrastrándose xusto a tempo para morrer con eles. 195 00:14:15,604 --> 00:14:16,981 Cando morre un home? 196 00:14:26,490 --> 00:14:28,158 Non tes dereito a dicir iso. 197 00:14:28,742 --> 00:14:33,914 Tes o seu sangue nas mans, e non permitirei que lixes a súa memoria. 198 00:14:34,498 --> 00:14:36,125 Este país está enfermo. 199 00:14:37,001 --> 00:14:38,669 Sábelo tan ben coma min. 200 00:14:39,920 --> 00:14:41,839 O doutor Hiriluk tamén o sabía. 201 00:14:43,591 --> 00:14:45,301 El quería sandar esta terra 202 00:14:45,926 --> 00:14:47,428 e eu deixeino morrer. 203 00:14:49,096 --> 00:14:50,973 E síntoo na alma. 204 00:14:53,350 --> 00:14:55,686 Pero non podo cometer o mesmo erro. 205 00:14:56,437 --> 00:15:00,441 Non podo deixar que morra ninguén máis por culpa do tirano de Wapol. 206 00:15:02,693 --> 00:15:05,988 É a nosa última oportunidade de librarnos del. 207 00:15:08,824 --> 00:15:10,659 Se non nos poñemos en pé agora, 208 00:15:11,577 --> 00:15:13,495 viviremos oprimidos para sempre. 209 00:15:15,956 --> 00:15:17,249 Eu vou loitar, 210 00:15:17,958 --> 00:15:19,418 custe o que custe, 211 00:15:20,711 --> 00:15:22,922 coa túa axuda ou sen ela. 212 00:15:34,308 --> 00:15:35,392 Ao carallo. 213 00:15:40,189 --> 00:15:41,398 Pasácheste un pouco. 214 00:15:44,944 --> 00:15:46,236 Xa che cobrarei. 215 00:15:50,950 --> 00:15:53,702 Hai que apurar. Wapol xa pode estar na aldea. 216 00:15:54,203 --> 00:15:55,120 Que é iso? 217 00:15:55,621 --> 00:15:57,373 Collín a comida que atopei. 218 00:15:57,873 --> 00:16:00,125 Non a imos deixar perderse aquí. 219 00:16:00,209 --> 00:16:01,543 É o abrigo de Nami? 220 00:16:02,503 --> 00:16:05,714 Si. Lembráchesme o frío que vai fóra. 221 00:16:05,798 --> 00:16:08,592 Non atopo o meu, así que collín prestado o dela. 222 00:16:08,676 --> 00:16:10,803 Vaite matar como llo estragues. 223 00:16:10,886 --> 00:16:13,097 Tranquila. Que vai pasar? 224 00:16:22,231 --> 00:16:24,358 Vaia, vaia, vaia... 225 00:16:25,776 --> 00:16:28,487 A princesa Vivi 226 00:16:29,321 --> 00:16:31,782 de Alabasta. 227 00:16:33,117 --> 00:16:34,159 E este quen é? 228 00:16:35,202 --> 00:16:36,036 Wapol. 229 00:16:37,746 --> 00:16:40,249 O rei Wapol! 230 00:16:41,250 --> 00:16:44,712 E o capitán dos Piratas Bliking. 231 00:16:45,295 --> 00:16:49,633 E volvín para reclamar o que é meu! 232 00:16:50,467 --> 00:16:54,096 Cabreaches moita xente poderosa, princes... 233 00:16:54,179 --> 00:16:55,764 Que raio fai ese? 234 00:16:58,308 --> 00:16:59,476 Estirar. 235 00:17:01,145 --> 00:17:02,938 Con todo o que estás a dicir, 236 00:17:04,231 --> 00:17:06,150 dáme que imos ter que pelexar. 237 00:17:06,233 --> 00:17:07,943 Non che convén loitar comigo. 238 00:17:08,027 --> 00:17:11,780 Tes tanto corpo coma os paus de pretzel que como para almorzar! 239 00:17:12,489 --> 00:17:13,490 Pois... 240 00:17:16,285 --> 00:17:17,786 esperemos que teñas fame. 241 00:17:18,287 --> 00:17:19,538 Luffy, espera. 242 00:17:20,247 --> 00:17:21,498 Tócame a min. 243 00:17:21,582 --> 00:17:24,418 Tócache o que, exactamente? 244 00:17:25,127 --> 00:17:30,841 Segues sendo a mesma neniña medorenta de hai anos. 245 00:17:30,924 --> 00:17:32,217 Non pelexas. 246 00:17:32,718 --> 00:17:34,053 Non tes valentía. 247 00:17:34,762 --> 00:17:37,473 E esa falta de vontade 248 00:17:37,973 --> 00:17:40,893 é o que che vai custar a vida. 249 00:17:40,976 --> 00:17:44,480 A ti e a quen se interpoña no meu camiño. 250 00:17:44,563 --> 00:17:48,358 Porque iso, miña querida princesa, 251 00:17:48,859 --> 00:17:52,029 é o que distingue un verdadeiro... 252 00:17:52,946 --> 00:17:54,114 rei! 253 00:17:54,823 --> 00:17:57,785 Algo que o necio de teu pai 254 00:17:57,868 --> 00:18:00,120 nunca chegou a entender. 255 00:18:02,581 --> 00:18:04,124 Un rei é só un home 256 00:18:04,792 --> 00:18:06,585 e unha coroa, só un sombreiro. 257 00:18:08,295 --> 00:18:10,464 O sufrimento do teu pobo 258 00:18:10,547 --> 00:18:14,134 demostra que non sabes nada do que implica liderar. 259 00:18:15,427 --> 00:18:17,096 Meu pai si que o sabe. 260 00:18:17,763 --> 00:18:19,973 A Gavela dos Barrocos non o crebará. 261 00:18:20,057 --> 00:18:23,852 E ti non me crebarás a min. 262 00:18:24,770 --> 00:18:26,730 Hai un tempo para a diplomacia. 263 00:18:27,648 --> 00:18:28,649 Pero, agora, 264 00:18:29,525 --> 00:18:30,984 é o momento da acción. 265 00:18:31,068 --> 00:18:34,113 E eu, Nefertari Vivi, 266 00:18:34,196 --> 00:18:37,199 filla de Nefertari Cobra, 267 00:18:37,282 --> 00:18:39,535 non son unha covarde! 268 00:18:49,211 --> 00:18:50,379 Pois... 269 00:18:52,047 --> 00:18:55,384 se o que queres é acción, princesa... 270 00:18:59,638 --> 00:19:01,640 permíteme que cha conceda! 271 00:19:06,145 --> 00:19:07,938 Moi ben falado, Vivi. 272 00:19:09,690 --> 00:19:10,858 Agora tócame a min. 273 00:19:13,902 --> 00:19:15,529 Só quedamos ti e mais eu. 274 00:19:16,029 --> 00:19:17,281 Non. 275 00:19:24,288 --> 00:19:26,582 Wapol levounos o exército, 276 00:19:27,082 --> 00:19:29,543 pero non por iso estamos indefensos. 277 00:19:30,127 --> 00:19:32,004 Non só vos levou o exército. 278 00:19:32,087 --> 00:19:33,755 Comeuno 279 00:19:34,339 --> 00:19:35,716 e cuspiuno en forma de... 280 00:19:46,476 --> 00:19:47,436 Monstros. 281 00:20:03,869 --> 00:20:05,662 Isto amáñase coa espada. 282 00:20:07,623 --> 00:20:08,624 A cuberto! 283 00:20:08,707 --> 00:20:09,917 Non! 284 00:20:18,050 --> 00:20:19,176 A cuberto! 285 00:20:29,519 --> 00:20:30,687 Ei, cousa fea! 286 00:20:37,527 --> 00:20:38,987 Estrela de lume mortal! 287 00:20:47,287 --> 00:20:49,122 Igual non oíu o de "mortal". 288 00:21:11,395 --> 00:21:14,273 - Non caen! - Hai que seguir ata que caian. 289 00:21:25,450 --> 00:21:28,870 - Wapol volveu cun exército. Ven. - Que foi? Vivi está ben? 290 00:21:28,954 --> 00:21:32,833 - Si. Ímoste levar onda ela. - Non a movas. Cámbiolle a vía. 291 00:21:32,916 --> 00:21:34,876 - Ollo! Vala mancar! - Rapaces! 292 00:21:34,960 --> 00:21:37,754 - Quen é o médico? - Dixeches "médico" ou "cea"? 293 00:21:53,145 --> 00:21:57,441 Non sexas cabezón e déixame facer o meu traballo! 294 00:21:58,442 --> 00:21:59,985 Sanji, mellor faille caso. 295 00:22:04,906 --> 00:22:07,326 - Ala, merda. - Pero iso que é? 296 00:22:08,160 --> 00:22:11,747 Sexa o que sexa, hai que matalo e buscar a médica. 297 00:22:15,917 --> 00:22:17,586 Pero que está pasando? 298 00:22:17,669 --> 00:22:20,297 Os Barrocos mandaron un rei con superpoderes. 299 00:22:20,380 --> 00:22:22,132 E eses son os seus secuaces. 300 00:22:22,215 --> 00:22:25,469 Pero non imos deixar que se acheguen a ti nin a ninguén. 301 00:22:25,552 --> 00:22:28,722 Ti queda aquí. Abáixate e non quites a vía. 302 00:22:29,765 --> 00:22:32,059 Veña, Chopper. Tócanos ser monstros. 303 00:22:32,142 --> 00:22:32,976 Si! 304 00:23:45,632 --> 00:23:47,342 Alá vai! 305 00:23:48,301 --> 00:23:50,137 Espero que Nami non o note. 306 00:23:52,431 --> 00:23:54,141 Podes tomar isto en serio? 307 00:23:55,517 --> 00:23:57,102 Estou intentando matarte! 308 00:24:01,273 --> 00:24:03,108 Vas pagar por iso! 309 00:24:14,369 --> 00:24:15,579 Rachaneves! 310 00:24:55,702 --> 00:24:57,329 Acaba de arrincar pelo? 311 00:24:58,497 --> 00:24:59,331 Pois vale. 312 00:25:20,560 --> 00:25:22,145 Isto que é? 313 00:25:22,229 --> 00:25:24,814 A electricidade estática do afro faino superadhesivo. 314 00:25:25,398 --> 00:25:26,441 Quítamo! 315 00:25:29,611 --> 00:25:31,655 Adeus ao teu estilazo coas pernas. 316 00:25:48,004 --> 00:25:49,297 Son imparables! 317 00:25:51,299 --> 00:25:54,678 - Non eras o Señor da Destrución? - Si. E vannos destruír! 318 00:26:15,657 --> 00:26:16,658 Dalton! 319 00:26:19,536 --> 00:26:23,373 Comeu un froito do demo? Agora todos comeron froitos do demo? 320 00:26:29,921 --> 00:26:34,175 A ver a que sabe alguén con poderes dun froito do demo. 321 00:26:57,282 --> 00:26:59,743 Chopper, víñame ben unha axudiña! 322 00:27:00,994 --> 00:27:02,787 Píllasme un chisco ocupado! 323 00:27:03,371 --> 00:27:04,623 Acabamos logo, bicho! 324 00:27:05,206 --> 00:27:07,626 Chámome Tony Tony Chopper. 325 00:27:07,709 --> 00:27:11,046 Un nome que me puxo o mellor médico do mundo. 326 00:27:20,639 --> 00:27:23,975 Pónteme... 327 00:27:24,059 --> 00:27:26,019 fóra! 328 00:27:44,287 --> 00:27:46,289 Vai sendo hora de cerrares o bico. 329 00:27:59,761 --> 00:28:01,054 Sanji! 330 00:28:05,767 --> 00:28:07,435 - Que? - Sóltame! 331 00:28:07,519 --> 00:28:09,270 O que? Pegácheste ti a min! 332 00:28:09,354 --> 00:28:12,023 - Sóltame a perna! - Podes parar un momento? 333 00:28:14,067 --> 00:28:15,944 É a outra perna, parvo! 334 00:28:19,364 --> 00:28:21,324 - Así non axudas! - Ti tampouco! 335 00:28:21,408 --> 00:28:22,992 Facedes un equipo de pena. 336 00:28:23,076 --> 00:28:25,161 Non coma min co meu compañeiro. 337 00:28:30,208 --> 00:28:33,002 - Ala, merda. - Ala, merda. 338 00:28:46,099 --> 00:28:47,308 A ver, logo. 339 00:28:57,861 --> 00:28:59,779 Banquete con menú de patadas! 340 00:29:19,924 --> 00:29:23,219 - A iso lle chamo eu traballo en equipo. - Si. 341 00:29:24,387 --> 00:29:25,305 Si. 342 00:29:29,559 --> 00:29:31,269 - Rapaces. - Nami! 343 00:29:53,750 --> 00:29:54,834 Vaite! 344 00:30:04,511 --> 00:30:06,054 Non sabía se ías volver. 345 00:30:06,554 --> 00:30:08,848 A xente de Drum é o corazón deste país 346 00:30:08,932 --> 00:30:11,684 e non pararei de loitar para protexelos. 347 00:30:12,435 --> 00:30:14,938 Ollo aí. Xa empezas a falar coma un líder. 348 00:30:37,001 --> 00:30:38,795 - A bruxa! - Si. 349 00:30:40,296 --> 00:30:42,507 Mirade como fago maxia. 350 00:30:50,265 --> 00:30:51,224 Luffy? 351 00:30:51,891 --> 00:30:53,142 Vivi! 352 00:30:53,226 --> 00:30:55,478 - Sanji! Nami! O que perdestes! - Estás ben! 353 00:30:55,562 --> 00:30:56,980 Menos mal que ti tamén. 354 00:30:58,523 --> 00:30:59,941 Venceu a Wapol? 355 00:31:02,652 --> 00:31:03,862 Ese é o meu abrigo? 356 00:31:05,321 --> 00:31:06,656 Ese é Chopper? 357 00:31:22,463 --> 00:31:24,215 Como vos atrevedes? 358 00:31:24,299 --> 00:31:28,219 O reino de Drum é membro do Goberno Mundial. 359 00:31:28,303 --> 00:31:31,180 Atacarme a min é un crime internacional! 360 00:31:31,764 --> 00:31:33,766 Iso tanto lle ten a un pirata. 361 00:31:35,184 --> 00:31:36,936 Saberíalo se o foses de verdade. 362 00:31:37,645 --> 00:31:39,814 Chegou! 363 00:31:39,898 --> 00:31:43,401 Vouvos facer saltar a todos en anaquiños! 364 00:31:44,402 --> 00:31:48,364 Empezando por esa monstruosidade de bandeira pirata! 365 00:31:49,657 --> 00:31:51,117 Non! 366 00:31:55,830 --> 00:31:56,831 Luffy. 367 00:32:01,544 --> 00:32:02,420 Non... 368 00:32:05,590 --> 00:32:08,009 Aínda é máis parvo do que eu pensaba. 369 00:32:08,593 --> 00:32:10,970 Renunciar á súa vida 370 00:32:11,054 --> 00:32:16,392 por un retallo de tea cun borrancho parvo e sen sentido ningún. 371 00:32:17,602 --> 00:32:19,479 Xa se ve a pouca idea que tes, 372 00:32:20,104 --> 00:32:21,147 bocalán. 373 00:32:25,985 --> 00:32:28,947 O par de tibias e a caveira non se izan porque si. 374 00:32:29,030 --> 00:32:30,823 Son un símbolo inquebrantable. 375 00:32:37,497 --> 00:32:40,375 Un símbolo... de convicción. 376 00:32:40,458 --> 00:32:41,751 Pero como...? 377 00:32:42,460 --> 00:32:44,337 Foi un golpe directo! 378 00:32:44,921 --> 00:32:46,214 Desta bandeira 379 00:32:46,881 --> 00:32:48,925 non se burla ninguén! 380 00:32:49,425 --> 00:32:50,718 Nin se lle dispara! 381 00:32:54,389 --> 00:32:55,932 ¿Non é así, 382 00:32:56,015 --> 00:32:57,100 Chopper? 383 00:32:58,142 --> 00:32:59,143 Así é. 384 00:33:09,821 --> 00:33:12,490 Apartade, que o vou rematar. 385 00:33:20,123 --> 00:33:22,417 Se un canón non te mata, 386 00:33:22,500 --> 00:33:26,045 teño outras armas á miña disposición. 387 00:33:41,936 --> 00:33:43,479 Un pirata era isto. 388 00:33:46,399 --> 00:33:48,067 Non hai pirata coma Luffy. 389 00:34:07,754 --> 00:34:10,465 Zoro! Non os damos contido moito máis tempo! 390 00:34:20,308 --> 00:34:21,559 Temos que axudar. 391 00:34:29,734 --> 00:34:30,568 Agárrote eu! 392 00:34:56,511 --> 00:34:57,637 Zoro! 393 00:34:58,221 --> 00:34:59,388 Acabáronseme! 394 00:35:04,977 --> 00:35:07,355 Defraudeino en Vilalogue. Nunca máis. 395 00:35:07,438 --> 00:35:08,272 Luffy! 396 00:35:12,735 --> 00:35:14,362 Canón de goma goma con... 397 00:35:15,655 --> 00:35:18,116 - Asalto aéreo! - Asalto aéreo! 398 00:35:48,396 --> 00:35:50,398 Ben! 399 00:35:50,481 --> 00:35:51,816 Aí estás! 400 00:35:55,903 --> 00:35:56,946 Luffy, 401 00:35:57,446 --> 00:35:58,531 conseguíchelo. 402 00:36:01,868 --> 00:36:02,743 Doutor... 403 00:36:05,163 --> 00:36:06,956 o reino está salvado. 404 00:36:28,728 --> 00:36:30,271 Vai ir todo ben. 405 00:36:31,397 --> 00:36:33,357 Vai ir todo ben, xente! 406 00:36:35,693 --> 00:36:36,736 Conseguímolo. 407 00:36:37,778 --> 00:36:40,031 Ao estilo dos Sombreiros de Palla. 408 00:36:46,495 --> 00:36:48,164 Alguén está contento. 409 00:36:48,831 --> 00:36:49,707 Sigue así. 410 00:36:50,416 --> 00:36:55,504 Cando empecemos a tratar esas feridas igual xa non ris tanto. 411 00:37:14,190 --> 00:37:15,107 Acabou? 412 00:37:16,651 --> 00:37:17,526 Non. 413 00:37:18,027 --> 00:37:19,153 Isto é só o comezo. 414 00:37:19,779 --> 00:37:21,072 Ei! 415 00:37:21,155 --> 00:37:24,742 Quitade as cadeas e atendede os feridos. 416 00:37:24,825 --> 00:37:26,494 Poñédevos a traballar. 417 00:37:26,577 --> 00:37:27,578 Arreando! 418 00:37:27,662 --> 00:37:29,747 De acordo. Imos aló. 419 00:37:44,929 --> 00:37:46,389 O pasadizo vai ben, non? 420 00:37:47,223 --> 00:37:50,059 Eu escalaba sen problema. Estábao desexando. 421 00:37:50,142 --> 00:37:53,479 Ando polos carreiros do monte coma unha cabra montesa. 422 00:37:55,022 --> 00:37:56,899 Usopp! Zoro! 423 00:37:56,983 --> 00:37:58,901 Ei! Chegastes! 424 00:37:58,985 --> 00:38:02,655 - Menos mal que estades ben. - Nada, só loitamos cuns monstros. 425 00:38:03,364 --> 00:38:04,323 Onde vai Nami? 426 00:38:06,367 --> 00:38:07,868 Nami! Estás ben! 427 00:38:07,952 --> 00:38:09,161 Si, estou ben. 428 00:38:10,121 --> 00:38:11,998 Xa non son unha morta viva. 429 00:38:12,081 --> 00:38:13,249 De nada. 430 00:38:14,625 --> 00:38:15,543 O abrigo é meu? 431 00:38:17,128 --> 00:38:18,129 Métemo na conta. 432 00:38:18,212 --> 00:38:21,173 Que estivestes a facer aquí tanto tempo? 433 00:38:25,011 --> 00:38:26,429 Mallar no rei. 434 00:38:28,848 --> 00:38:30,474 Ese rapaz derrotou a Wapol? 435 00:38:30,558 --> 00:38:31,767 Manda truco... 436 00:38:31,851 --> 00:38:33,602 E os dous tenentes? 437 00:38:33,686 --> 00:38:35,354 Ocupáronse Sanji e Chopper. 438 00:38:35,438 --> 00:38:36,981 Pan comido, a verdade. 439 00:38:39,358 --> 00:38:40,276 Quen é Chopper? 440 00:38:42,403 --> 00:38:43,279 El! 441 00:38:50,703 --> 00:38:52,121 O fillo de Hiriluk. 442 00:39:04,925 --> 00:39:06,052 Grazas. 443 00:39:08,512 --> 00:39:09,638 A todos. 444 00:39:11,432 --> 00:39:13,267 Porque loitastes por nós, 445 00:39:14,018 --> 00:39:15,811 este reino pode renacer. 446 00:39:26,280 --> 00:39:28,783 Podes dar a conta por liquidada. 447 00:39:38,084 --> 00:39:40,836 O pobo terá o seu líder. 448 00:39:46,384 --> 00:39:47,510 Sae aquí, reno. 449 00:39:48,344 --> 00:39:49,220 Ven connosco. 450 00:39:50,554 --> 00:39:52,723 Que? Que queres dicir? 451 00:39:53,307 --> 00:39:55,059 Vamos ser piratas xuntos. 452 00:39:59,480 --> 00:40:01,816 Encantaríame ser pirata con vós, 453 00:40:02,358 --> 00:40:03,317 pero non podo. 454 00:40:04,318 --> 00:40:05,694 Como que non podes? 455 00:40:06,320 --> 00:40:07,822 Salváchesme a vida. 456 00:40:07,905 --> 00:40:11,826 Imos necesitar un médico, vendo a de cerellos nos que nos metemos. 457 00:40:11,909 --> 00:40:15,788 As túas transformacións viríannos moi ben para vindeiras batallas. 458 00:40:15,871 --> 00:40:16,872 Parade! 459 00:40:21,752 --> 00:40:23,337 Agradézovos a todos 460 00:40:23,921 --> 00:40:27,842 a vosa amabilidade e todo o que fixestes, pero... 461 00:40:28,592 --> 00:40:30,261 son un reno. 462 00:40:30,344 --> 00:40:33,597 Teño pezuños, cornos e o nariz azul. 463 00:40:33,681 --> 00:40:35,307 Non son humano coma vós. 464 00:40:35,391 --> 00:40:38,686 Nunca podería formar parte do voso grupo. É imposible! É... 465 00:40:38,769 --> 00:40:42,815 Cala e ven connosco! 466 00:40:46,444 --> 00:40:47,653 Así valo convencer. 467 00:41:03,335 --> 00:41:05,671 Vale. Vou convosco. 468 00:41:06,672 --> 00:41:10,676 Ben! 469 00:41:11,510 --> 00:41:15,473 Aparézovos fóra. Primeiro teño que facer unha cousa. 470 00:41:28,903 --> 00:41:29,987 Doctorine! 471 00:41:34,366 --> 00:41:35,784 Teño que falar contigo. 472 00:41:35,868 --> 00:41:38,662 Por fin aparece o meu axudante. 473 00:41:39,163 --> 00:41:40,998 Deixastes isto feito un cisco. 474 00:41:41,624 --> 00:41:45,336 Vas ter que saír a buscar repostos para as medicinas estragadas. 475 00:41:45,836 --> 00:41:47,922 Doctorine, vou marchar. 476 00:41:49,548 --> 00:41:53,260 Xa. Acáboche de dicir que vas ter que ir buscar... 477 00:41:53,344 --> 00:41:54,929 Marcho con eles. 478 00:41:57,556 --> 00:42:00,976 Vou ser o médico do barco e navegar polo mundo con eles. 479 00:42:06,148 --> 00:42:08,526 Desagradecido de merda. 480 00:42:10,152 --> 00:42:12,112 Con todo o que levo feito por ti... 481 00:42:13,239 --> 00:42:14,532 Deiche un fogar, 482 00:42:15,241 --> 00:42:16,492 ensineiche medicina... 483 00:42:17,451 --> 00:42:19,912 E agradézoche todo o que fixeches, 484 00:42:19,995 --> 00:42:22,289 pero teño que cumprir os meus soños. 485 00:42:22,790 --> 00:42:23,791 Ti? 486 00:42:24,291 --> 00:42:27,795 Un reno mexeriqueiro vai ser pirata? 487 00:42:29,004 --> 00:42:31,715 Non vas sobrevivir en alta mar. 488 00:42:34,385 --> 00:42:36,053 Se cadra todo iso é verdade, 489 00:42:36,136 --> 00:42:39,223 pero tamén son un home e teño os meus propios soños. 490 00:42:39,306 --> 00:42:42,977 E non vou navegar só. Teño os meus amigos. Ti... 491 00:42:43,477 --> 00:42:45,020 Ti non mo podes impedir! 492 00:42:45,521 --> 00:42:49,108 Entón, vas marchar para cumprires eses soños ridículos. 493 00:42:49,608 --> 00:42:51,360 Coma o vellouco matasáns! 494 00:42:51,443 --> 00:42:54,029 Vas acabar coma el. 495 00:42:56,407 --> 00:42:57,908 Ven acó! 496 00:43:04,415 --> 00:43:05,749 Aí vou! 497 00:43:06,375 --> 00:43:07,668 Por que tarda tanto? 498 00:43:09,086 --> 00:43:12,673 Non será fácil marchar da casa por primeira vez. 499 00:43:27,021 --> 00:43:28,022 Que é iso? 500 00:43:44,496 --> 00:43:47,499 Subide todos. Imos baixar a montaña e ir dar ao mar. 501 00:43:48,751 --> 00:43:50,502 Outro Chopper? 502 00:43:51,962 --> 00:43:53,130 Eu vou atrás! 503 00:44:24,161 --> 00:44:25,412 Luffy! 504 00:44:57,861 --> 00:44:59,530 Benvido a bordo, doutor. 505 00:45:00,989 --> 00:45:03,200 O meu primeiro barco pirata. 506 00:45:03,909 --> 00:45:06,453 Veña! É hora de arrancar! 507 00:45:06,954 --> 00:45:08,664 Vamos! 508 00:45:36,066 --> 00:45:37,067 Sei o que é. 509 00:45:39,236 --> 00:45:40,362 Marchar da casa. 510 00:45:43,907 --> 00:45:45,617 Pero podes estar tranquilo. 511 00:45:47,911 --> 00:45:49,413 Es un Sombreiro de Palla. 512 00:45:52,124 --> 00:45:54,251 O Espírito de Merry é o teu fogar. 513 00:45:55,544 --> 00:45:56,879 E tesnos a nós. 514 00:45:58,630 --> 00:45:59,590 Sempre. 515 00:46:02,885 --> 00:46:06,180 Merda! Deixei atrás a mochila coas provisións! 516 00:46:06,263 --> 00:46:07,306 Esta? 517 00:46:12,394 --> 00:46:13,479 Estaba na zorra. 518 00:46:13,562 --> 00:46:15,522 Pero eu non... 519 00:46:19,026 --> 00:46:20,319 Doctorine. 520 00:46:21,361 --> 00:46:22,738 Debeuse dar conta. 521 00:46:36,043 --> 00:46:37,461 Que son? 522 00:46:39,379 --> 00:46:40,839 É un segredo. 523 00:46:47,846 --> 00:46:49,097 Atopáchesmo. 524 00:46:52,893 --> 00:46:54,311 Había un na armería. 525 00:46:56,688 --> 00:46:57,940 Para que o necesitas? 526 00:46:58,023 --> 00:47:00,526 Non me gustan as despedidas lacrimóxenas. 527 00:47:03,737 --> 00:47:07,449 Hiriluk tiña unha idea moi peculiar sobre como curar este país. 528 00:47:08,700 --> 00:47:10,285 Ao final, descubriu como, 529 00:47:11,537 --> 00:47:13,747 pero non tivo oportunidade de facelo. 530 00:47:18,418 --> 00:47:19,294 Levántao. 531 00:47:28,887 --> 00:47:30,180 Doutora, que é iso? 532 00:47:31,014 --> 00:47:31,890 Ti mira. 533 00:47:40,107 --> 00:47:42,109 Imos comprobar se tiña razón. 534 00:48:24,359 --> 00:48:25,694 É moi... 535 00:48:26,194 --> 00:48:27,195 bonito. 536 00:48:29,656 --> 00:48:30,949 É neve, pero... 537 00:48:31,491 --> 00:48:32,326 parecen... 538 00:48:33,285 --> 00:48:35,329 Flores de cerdeira. 539 00:48:40,667 --> 00:48:42,711 Acende os focos. 540 00:48:45,756 --> 00:48:49,009 Cando a xente perde a esperanza, cede ante o medo. 541 00:48:49,801 --> 00:48:53,263 Temos que lles devolver a esperanza. 542 00:48:55,557 --> 00:49:00,812 Aquela emoción tan potente que experimentara ao mirar 543 00:49:00,896 --> 00:49:03,106 para as flores das cerdeiras 544 00:49:04,107 --> 00:49:05,400 curárao. 545 00:49:13,075 --> 00:49:15,327 Nada é imposible. 546 00:49:16,036 --> 00:49:19,623 Nunca, endexamais, nos rendemos. 547 00:50:18,056 --> 00:50:20,726 Adiante, meniño iluso. 548 00:50:24,771 --> 00:50:28,442 Se un home pode traer flores de cerdeira a esta terra xeada, 549 00:50:28,942 --> 00:50:31,319 se cadra un reno pode ser pirata. 550 00:50:32,779 --> 00:50:35,365 Os ilusos son capaces de cousas asombrosas. 551 00:50:36,366 --> 00:50:38,910 Foron uns ilusos os que salvaron este lugar. 552 00:50:39,536 --> 00:50:41,329 Non só o doutor Hiriluk. 553 00:50:44,207 --> 00:50:46,418 Monkey D. Luffy. 554 00:50:47,461 --> 00:50:49,046 É un mozo moi especial. 555 00:50:50,255 --> 00:50:52,924 Se cadra dá atopado el o One Piece. 556 00:50:56,053 --> 00:50:59,139 A verdade é que ten certo parecido con... 557 00:50:59,639 --> 00:51:01,058 Gol D. Roger. 558 00:51:01,141 --> 00:51:02,434 Gol D.? 559 00:51:03,810 --> 00:51:05,270 Dirás Gold Roger. 560 00:51:08,190 --> 00:51:10,525 Agora chámanlle así? 561 00:51:12,569 --> 00:51:17,866 O noso reno uniuse a alguén ben interesante, desde logo. 562 00:51:18,784 --> 00:51:21,870 A Vontade dos D. perdura. 563 00:51:23,705 --> 00:51:24,623 Saúde. 564 00:51:37,094 --> 00:51:38,261 A ver, xente! 565 00:51:39,721 --> 00:51:43,725 Deámoslle unha cálida benvida ao médico do noso barco. 566 00:51:44,226 --> 00:51:46,853 Tony Tony Chopper! 567 00:51:54,820 --> 00:51:56,822 Chopper! 568 00:52:03,036 --> 00:52:05,288 Chopper, mira para aquí! 569 00:52:05,372 --> 00:52:07,165 Iso! 570 00:52:18,593 --> 00:52:22,597 - Queda dinosauro do que matei? - Ti non mataches dinosauro ningún. 571 00:52:24,683 --> 00:52:27,018 Aí está! 572 00:52:27,102 --> 00:52:29,604 Nunca tan ben o pasara! 573 00:52:31,106 --> 00:52:33,275 Podo probar eu agora co coitelo? 574 00:52:35,235 --> 00:52:38,655 É demasiado? Pensei que estabas afeita ás nosas pallasadas. 575 00:52:38,738 --> 00:52:40,490 Non, é que... 576 00:52:40,574 --> 00:52:42,450 - Cervexa? - Mellor chocolate. 577 00:52:42,534 --> 00:52:45,162 - Vou estrañar isto. - Estrañalo? 578 00:52:46,037 --> 00:52:47,038 A onde vas? 579 00:52:48,290 --> 00:52:52,002 Cando cheguemos a Alabasta, terémonos que separar. 580 00:52:52,752 --> 00:52:55,463 Deixádesme alí e seguides cara ao One Piece. 581 00:52:55,964 --> 00:52:56,798 Si. 582 00:52:57,799 --> 00:52:59,634 Nós imos atopar o One Piece. 583 00:53:02,470 --> 00:53:05,724 Pero primeiro axudámosche a vencer a Gavela dos Barrocos 584 00:53:05,807 --> 00:53:07,309 e salvar o teu reino. 585 00:53:15,400 --> 00:53:16,484 De verdade? 586 00:53:17,903 --> 00:53:19,863 Pensabas que te iamos deixar soa? 587 00:53:21,156 --> 00:53:24,993 Como dicía, pensei que xa estabas afeita ás nosas pallasadas. 588 00:53:25,076 --> 00:53:27,662 Ti tamén es das nosas. 589 00:53:28,830 --> 00:53:30,874 E os amigos axúdanse entre eles. 590 00:53:32,042 --> 00:53:33,084 Parviña. 591 00:53:37,088 --> 00:53:38,673 Non debín dubidalo. 592 00:53:40,675 --> 00:53:42,469 Agradézovolo moitísimo. 593 00:53:51,186 --> 00:53:53,563 Se me ides axudar, tedes que saber algo. 594 00:53:54,314 --> 00:53:59,444 O motivo polo que me infiltrei e polo que Igaram perdeu a vida. 595 00:53:59,945 --> 00:54:02,489 Iso é xeito de falarlle ao teu superior? 596 00:54:02,572 --> 00:54:04,741 Pídolle perdón, Mr. 0. 597 00:54:04,824 --> 00:54:07,410 A Armada está ao tanto do que facemos. 598 00:54:08,036 --> 00:54:11,456 Enviar os Unluckies. Limpar os estragos. 599 00:54:13,124 --> 00:54:14,709 Os Sombreiros de Palla... 600 00:54:15,460 --> 00:54:16,962 ...levar a princesa Vivi... 601 00:54:21,132 --> 00:54:23,969 Vivi, a princesa desaparecida de Alabasta. 602 00:54:24,052 --> 00:54:27,681 Recoñezo unha desas voces. É un Sombreiro de Palla. 603 00:54:29,182 --> 00:54:32,435 - Pero o outro... - Mr. 0, o líder dos Barrocos. 604 00:54:32,519 --> 00:54:35,272 Descubrimos o seu segredo mellor gardado. 605 00:54:35,355 --> 00:54:37,482 A verdadeira identidade de Mr. 0. 606 00:54:37,983 --> 00:54:41,861 Para saber que a gravación existía, Mr. 0 debe ter información. 607 00:54:42,362 --> 00:54:43,196 Contactos. 608 00:54:43,280 --> 00:54:46,908 E Garp non quere revelar a identidade de Mr. 0 ata ter probas. 609 00:54:47,659 --> 00:54:50,578 Só a acusación faría tremer os cimentos da Armada. 610 00:54:50,662 --> 00:54:53,832 Se imos levar esta loita ata a Gavela dos Barrocos, 611 00:54:53,915 --> 00:54:56,251 tedes que saber a quen vos enfrontades. 612 00:54:56,334 --> 00:54:59,004 A Gavela dos Barrocos, os Sombreiros de Palla... 613 00:55:00,797 --> 00:55:02,507 Todo apunta a Alabasta. 614 00:55:05,135 --> 00:55:06,177 Imos para aló. 615 00:55:11,933 --> 00:55:16,271 Mr. 11 e Miss Thursday confirman a destrución da transmisión interceptada. 616 00:55:16,354 --> 00:55:20,942 Ben. Hai novas da identidade do tal Mr. Prince? 617 00:55:21,026 --> 00:55:22,152 Aínda non. 618 00:55:22,902 --> 00:55:24,070 Atoparémolo. 619 00:55:25,196 --> 00:55:26,990 E o noso benquerido rei Wapol? 620 00:55:27,073 --> 00:55:28,366 Borrado do mapa. 621 00:55:29,659 --> 00:55:32,746 Mesmo co teu xeneroso agasallo, fracasou. 622 00:55:35,665 --> 00:55:37,125 Sacámoslle o necesario. 623 00:55:38,126 --> 00:55:42,255 A súa facenda real dará para moito na loita pola nosa causa. 624 00:55:42,797 --> 00:55:44,966 Dirás a "túa" causa. 625 00:55:50,972 --> 00:55:53,183 {\an8}BÚSCASE, VIVO OU MORTO SEÑOR CROCODILO 626 00:55:53,266 --> 00:55:54,934 {\an8}RECOMPENSA CANCELADA 627 00:55:55,018 --> 00:55:56,269 A ver... 628 00:55:56,770 --> 00:55:57,979 o que é bo para min 629 00:55:58,480 --> 00:55:59,856 é bo para ti. 630 00:56:02,650 --> 00:56:03,943 Para todos nós. 631 00:56:05,278 --> 00:56:07,989 Convoquei os oficiais a reunírense en Alabasta. 632 00:56:08,073 --> 00:56:10,450 Debían ser máis eficientes ca os outros. 633 00:56:10,533 --> 00:56:14,329 Estoume fartando de amañar as chapuzas dos de rango inferior. 634 00:56:15,705 --> 00:56:18,541 Sempre es a alma da festa, Nico Robin. 635 00:56:19,876 --> 00:56:21,461 {\an8}BÚSCASE VIVA OU MORTA 636 00:56:24,005 --> 00:56:26,132 Xa che dixen que non me chames así. 637 00:56:28,551 --> 00:56:29,469 Tranquila. 638 00:56:30,720 --> 00:56:34,265 Todo o noso traballo pronto dará os seus froitos. 639 00:56:35,767 --> 00:56:39,104 Comezamos coa Operación Utopía. 640 00:56:39,771 --> 00:56:41,398 Alabasta caerá. 641 00:56:42,899 --> 00:56:43,858 E eu... 642 00:56:44,359 --> 00:56:46,319 estarei un paso máis cerca 643 00:56:47,821 --> 00:56:49,989 de obter o One Piece. 644 00:59:58,219 --> 01:00:02,640 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández