1 00:00:11,541 --> 00:00:12,416 ANTERIORMENTE EN TERRAS DE NINGUÉN 2 00:00:12,416 --> 00:00:14,625 O teu plan non está ben, Autumn. 3 00:00:14,625 --> 00:00:17,125 O teu camiño debe comezar para eu seguir. 4 00:00:17,125 --> 00:00:19,875 Creo que matei alguén e abandonei a Amy. 5 00:00:20,000 --> 00:00:21,958 - Fixéchelo. - Intento facelo ben. 6 00:00:21,958 --> 00:00:25,416 O maldito Perry Abbott está viaxando no tempo. 7 00:00:26,000 --> 00:00:29,208 - Pítame o oído. Leva todo o día así. - Volveu o burato. 8 00:00:29,208 --> 00:00:30,166 Lévame onda el. 9 00:00:30,166 --> 00:00:32,541 Déixame dunha vez, Billy! 10 00:00:32,666 --> 00:00:33,916 Cacho de merda! 11 00:00:36,166 --> 00:00:37,125 Billy! 12 00:00:37,125 --> 00:00:39,250 Quero falar da terra da túa familia. 13 00:00:39,250 --> 00:00:40,583 Deixa morrer o conto. 14 00:00:40,583 --> 00:00:42,833 Sería moi parva se o fago. 15 00:00:42,833 --> 00:00:45,041 Sobre todo, ó saber o que hai no pasto. 16 00:00:45,041 --> 00:00:46,625 Dixo que estabas con Rebecca. 17 00:00:46,625 --> 00:00:48,875 - Foi a un refuxio para mulleres. - Onde? 18 00:00:49,708 --> 00:00:51,125 Fourwing. 19 00:00:51,916 --> 00:00:54,458 Vai ser raro ver a Rebecca despois de todo. 20 00:01:01,083 --> 00:01:06,250 Entón, el estaba con aquela muller de preto de 80 anos 21 00:01:06,250 --> 00:01:09,125 e estaban mirando... 22 00:01:11,041 --> 00:01:13,916 E comeza a dar patadas no baño e toda esta merda... 23 00:01:15,541 --> 00:01:17,625 Perdón... 24 00:01:19,000 --> 00:01:21,750 E comeza a berrarme: "Sae de aí, hostia." 25 00:01:31,583 --> 00:01:33,583 Queres que conte a historia. 26 00:01:33,708 --> 00:01:35,708 Isto foi o que pasou. 27 00:01:44,750 --> 00:01:47,250 Non viña a esta zona dende hai moito. 28 00:01:48,250 --> 00:01:51,125 A última vez que viñemos foi na lúa de mel. 29 00:01:54,833 --> 00:01:56,666 Non lembro que fose tan bonito. 30 00:01:57,666 --> 00:01:59,333 Deberiamos saír máis. 31 00:02:00,125 --> 00:02:01,500 Quizais si. 32 00:02:04,583 --> 00:02:06,166 Gústame que esteamos xuntos. 33 00:02:07,000 --> 00:02:08,041 En calquera sitio. 34 00:02:09,125 --> 00:02:12,250 - En serio? - Si. Non o sabías xa? 35 00:02:13,125 --> 00:02:14,500 Non sei. 36 00:02:20,958 --> 00:02:24,125 Canta xente cres que se meteu polo burato? 37 00:02:24,583 --> 00:02:27,083 Quero dicir, non podes ser o único, non si? 38 00:02:27,083 --> 00:02:28,791 Non coñezo a ninguén máis. 39 00:02:29,625 --> 00:02:31,666 Non lle vexo o sentido. 40 00:02:33,750 --> 00:02:36,083 Gustaríame volver atrás e cambiar as cousas. 41 00:02:37,500 --> 00:02:38,708 Si. 42 00:02:38,708 --> 00:02:41,000 Temos que seguir adiante. Ir por Amy. 43 00:02:45,416 --> 00:02:48,208 - Espero que me perdoe. - Perdoarate. 44 00:02:49,791 --> 00:02:51,666 Quérete moito. 45 00:02:56,625 --> 00:02:57,916 Ti perdoáchesme? 46 00:02:59,125 --> 00:03:00,750 Por que? 47 00:03:01,916 --> 00:03:03,208 Por ser un testalán. 48 00:03:04,625 --> 00:03:06,791 Si, iso viña incluído. 49 00:03:10,416 --> 00:03:11,875 Xa te perdoei. 50 00:03:22,791 --> 00:03:25,416 Son Luke. Deixe unha mensaxe despois do sinal. 51 00:03:26,750 --> 00:03:28,625 Se soubese como eras de verdade, 52 00:03:29,500 --> 00:03:30,958 chamaríate Caín. 53 00:03:34,666 --> 00:03:36,583 O teu irmán sempre te quixo. 54 00:03:39,708 --> 00:03:41,416 Non o merecías. 55 00:03:44,833 --> 00:03:48,375 E polo que fixeches, 56 00:03:50,875 --> 00:03:53,208 o que che queda de alma 57 00:03:54,583 --> 00:03:57,125 consumirá o teu velenoso corazón. 58 00:04:24,583 --> 00:04:25,750 Fillo... 59 00:06:29,833 --> 00:06:33,541 TERRAS DE NINGUÉN 60 00:06:39,916 --> 00:06:43,291 Sabes a historia do que tentou montar un cabalo sen domar? 61 00:06:45,958 --> 00:06:47,000 Eran dous irmáns. 62 00:06:48,333 --> 00:06:49,541 Traballaban nun rancho. 63 00:06:51,041 --> 00:06:53,708 Un rancho que herdou o pai ó morrer o avó. 64 00:06:54,583 --> 00:06:56,250 El era o fillo máis vello. 65 00:06:56,250 --> 00:06:58,125 Co tempo, o pai recalcoulles 66 00:06:58,125 --> 00:07:00,125 que lles pasaría o mesmo. 67 00:07:01,708 --> 00:07:04,000 O primoxénito 68 00:07:04,375 --> 00:07:06,583 sabía que herdar non sería sinxelo. 69 00:07:08,333 --> 00:07:10,541 Cría que o pequeno era o favorito do pai. 70 00:07:11,458 --> 00:07:12,583 Co tempo, 71 00:07:13,583 --> 00:07:15,583 comezou a ter unha sensación. 72 00:07:18,333 --> 00:07:19,458 Un día, 73 00:07:20,666 --> 00:07:23,583 un cabalo salvaxe entrou nas terras da familia. 74 00:07:25,083 --> 00:07:27,375 Creron que era un milagre. 75 00:07:29,541 --> 00:07:31,458 O primoxénito decidiuse: 76 00:07:32,583 --> 00:07:35,458 "Se domo e ferro este cabalo...", 77 00:07:36,041 --> 00:07:38,541 o pai vería que el era moito mellor. 78 00:07:40,791 --> 00:07:43,208 Antes de achegarse, xa lle dera unha couce. 79 00:07:45,208 --> 00:07:46,333 Non o matou. 80 00:07:48,458 --> 00:07:51,208 Pero mallouno e deixouno paralizado. 81 00:07:52,208 --> 00:07:53,625 Porque non estaba pensando. 82 00:07:54,541 --> 00:07:58,041 Viu como o seu irmán herdaba todo o que consideraba seu. 83 00:07:59,750 --> 00:08:01,208 Que queres dicirme? 84 00:08:03,416 --> 00:08:07,541 Que se te metes no salvaxe, daranche unha couce. 85 00:08:10,250 --> 00:08:11,375 Non debes estar aquí. 86 00:08:12,958 --> 00:08:14,166 Vai para a casa, Perry. 87 00:08:44,708 --> 00:08:45,791 Estás ben? 88 00:08:47,708 --> 00:08:48,916 Si. 89 00:08:51,291 --> 00:08:52,291 Dóeme a cabeza. 90 00:08:54,000 --> 00:08:55,500 Chegaremos nunhas horas. 91 00:08:58,375 --> 00:09:00,166 Queres descansar? 92 00:09:03,416 --> 00:09:04,500 Estou ben. 93 00:09:09,333 --> 00:09:10,833 Grazas por vires. 94 00:09:13,708 --> 00:09:15,500 Axudareiche no que poida. 95 00:09:23,416 --> 00:09:24,916 Que queres, Luke? 96 00:09:27,791 --> 00:09:29,375 Quero o que imaxinei. 97 00:09:30,500 --> 00:09:31,708 O pasto oeste. 98 00:09:32,958 --> 00:09:34,958 E se non é para ti? 99 00:09:36,375 --> 00:09:38,208 Non o vou aceptar. 100 00:09:41,375 --> 00:09:43,708 Víchelo na túa visión? 101 00:09:44,708 --> 00:09:46,041 Vinnos a nós. 102 00:09:47,708 --> 00:09:49,250 Ti liderabas a xente. 103 00:09:50,708 --> 00:09:52,000 Eu estaba ó teu carón. 104 00:10:00,916 --> 00:10:03,250 Pertenceu a teu pai. 105 00:10:04,750 --> 00:10:06,541 Entón, non é teu? 106 00:10:08,208 --> 00:10:10,583 O meu pai non me incluíu nos seus plans. 107 00:10:12,416 --> 00:10:15,875 - Deixoulle todo a Billy. - Non cres que o compartiría? 108 00:10:21,125 --> 00:10:23,458 Agora non quero falar de Billy. 109 00:10:26,208 --> 00:10:28,458 Fuches á casa para velo, non si? 110 00:10:39,375 --> 00:10:40,458 Si. 111 00:10:42,375 --> 00:10:43,750 Está ben? 112 00:10:51,666 --> 00:10:52,666 Non. 113 00:10:56,875 --> 00:10:58,208 Fixécheslle dano? 114 00:11:04,375 --> 00:11:05,458 Si. 115 00:11:06,958 --> 00:11:08,333 Querías facelo? 116 00:11:14,833 --> 00:11:15,791 Luke. 117 00:11:16,458 --> 00:11:19,416 Se aprendín algo de todo isto, 118 00:11:20,833 --> 00:11:22,833 é que nada é para sempre. 119 00:11:25,000 --> 00:11:26,375 Nin sequera a morte. 120 00:12:10,125 --> 00:12:11,458 Chamáchesme. 121 00:12:14,333 --> 00:12:15,541 Agora, ensínamo. 122 00:13:52,541 --> 00:13:53,791 Fillo de puta. 123 00:13:55,625 --> 00:14:00,125 Deume mágoa que meu pai fose pola vosa terra. 124 00:14:00,125 --> 00:14:03,416 Agora impórtame unha merda. Quitarémosvos todo. 125 00:14:04,083 --> 00:14:06,375 O voso mundo vai desaparecer 126 00:14:06,375 --> 00:14:07,791 como a túa muller. 127 00:14:10,166 --> 00:14:13,375 Dáche vergonza admitir que atopou un home mellor? 128 00:14:13,375 --> 00:14:16,625 Ou é que marchou porque non te atura? 129 00:14:28,125 --> 00:14:29,250 Para! 130 00:14:31,000 --> 00:14:32,041 Para! 131 00:14:34,625 --> 00:14:35,625 Trevor! 132 00:14:40,583 --> 00:14:41,708 Merda. 133 00:15:42,583 --> 00:15:43,541 Perry. 134 00:15:48,166 --> 00:15:49,250 Perry! 135 00:16:10,375 --> 00:16:11,458 Perry. 136 00:16:32,458 --> 00:16:33,416 Joy? 137 00:16:36,000 --> 00:16:36,833 Ei. 138 00:16:41,166 --> 00:16:42,708 Ei, miña nena. 139 00:17:06,500 --> 00:17:08,000 Por que estás aquí? 140 00:17:12,125 --> 00:17:13,375 Non podía durmir. 141 00:17:20,958 --> 00:17:22,583 Joy, por favor. 142 00:17:23,875 --> 00:17:25,333 Que pasa? 143 00:17:58,083 --> 00:17:59,250 Que tal? 144 00:17:59,916 --> 00:18:02,916 Ola. Perdéstesvos? 145 00:18:05,333 --> 00:18:06,458 Estades ben? 146 00:18:07,166 --> 00:18:08,750 Veño ver a Rebecca Abbott. 147 00:18:11,500 --> 00:18:12,958 - Coñécela? - Non. 148 00:18:14,333 --> 00:18:16,166 Está aquí coa súa filla, Amy. 149 00:18:16,166 --> 00:18:17,875 Son a súa irmá, Autumn. 150 00:18:19,375 --> 00:18:20,833 Non hai ningunha Rebecca. 151 00:18:22,125 --> 00:18:23,583 Faloume de vós. 152 00:18:24,625 --> 00:18:27,750 Ti es Persia e ti Kelsey, non si? 153 00:18:31,000 --> 00:18:32,125 Este é Luke. 154 00:18:33,541 --> 00:18:36,375 Tróuxome en canto soubemos que estaba aquí. 155 00:18:37,833 --> 00:18:41,166 Por desgraza, é posible que o seu marido saiba que está aquí. 156 00:18:46,000 --> 00:18:47,666 Estiveron aquí uns días. 157 00:18:49,375 --> 00:18:51,291 A súa prima chámase Zora. 158 00:18:52,500 --> 00:18:53,958 Por favor, só... 159 00:18:55,458 --> 00:18:57,708 Quero ver a miña familia. 160 00:19:03,375 --> 00:19:04,625 El queda aquí. 161 00:19:09,000 --> 00:19:10,958 Se o teu cuñado tenta entrar, 162 00:19:10,958 --> 00:19:12,375 a policía bótao rápido. 163 00:19:12,375 --> 00:19:13,708 Non está cerca. 164 00:19:15,958 --> 00:19:17,208 Amy. 165 00:19:24,666 --> 00:19:26,875 Ola. Que fas aquí? 166 00:19:26,875 --> 00:19:28,625 Vin vervos a ti e a Rebecca. 167 00:19:29,958 --> 00:19:31,333 Está por alí. 168 00:19:33,875 --> 00:19:36,208 Podo falar con Rebecca a soas? 169 00:19:36,750 --> 00:19:38,458 Xa sabes como pode ir a cousa. 170 00:19:39,666 --> 00:19:41,500 Si, estarei cerca. 171 00:19:45,791 --> 00:19:47,000 Estás ben? 172 00:19:48,000 --> 00:19:49,125 Si. 173 00:19:51,625 --> 00:19:53,541 Mamá di que hai que empezar de novo. 174 00:19:54,500 --> 00:19:55,791 Está ben. 175 00:19:56,875 --> 00:19:58,041 Todos o necesitamos. 176 00:20:00,500 --> 00:20:02,791 - Como está meu pai? - O teu pai. 177 00:20:04,041 --> 00:20:05,916 Bótate moito de menos. 178 00:20:06,833 --> 00:20:10,000 E a túa avoa tamén. Está sufrindo moito por isto, Amy. 179 00:20:10,750 --> 00:20:12,166 Polo que lle dixen? 180 00:20:14,958 --> 00:20:16,125 Por todo. 181 00:20:17,500 --> 00:20:19,458 Creo que non o dicías de verdade. 182 00:20:22,833 --> 00:20:26,333 Boto de menos os avós e a papá. 183 00:20:28,375 --> 00:20:30,500 Quero volver á casa e velos. 184 00:20:31,375 --> 00:20:32,833 Pero a túa nai non quere? 185 00:20:34,125 --> 00:20:35,583 Non, está molesta. 186 00:20:37,750 --> 00:20:40,375 Se falo con ela para que deixe que marches 187 00:20:41,750 --> 00:20:43,125 e acepta, 188 00:20:44,750 --> 00:20:46,666 virías comigo? 189 00:20:53,208 --> 00:20:54,333 Si. 190 00:20:54,333 --> 00:20:56,208 Se di que si. 191 00:20:57,208 --> 00:20:58,625 Xenial. 192 00:20:59,458 --> 00:21:01,416 - Si. - Vale. 193 00:21:28,666 --> 00:21:29,833 Ola, Rebecca. 194 00:21:33,666 --> 00:21:35,833 Ola. Podo axudarche? 195 00:21:37,583 --> 00:21:39,875 Quero levar a Amy de volta ó rancho. 196 00:21:42,875 --> 00:21:44,125 Desculpa? 197 00:21:44,125 --> 00:21:46,958 Non está a salvo contigo e vin para levala á casa. 198 00:21:47,375 --> 00:21:50,458 Non sei quen es, pero ninguén vai levar a miña filla. 199 00:21:52,583 --> 00:21:53,500 Coñécesme. 200 00:21:54,416 --> 00:21:56,166 Saben quen es en realidade? 201 00:21:59,000 --> 00:22:00,833 Saben que secuestraches a Amy? 202 00:22:02,291 --> 00:22:04,625 ¿A túa prima Zora sabe que chamaches a Lewis 203 00:22:04,625 --> 00:22:06,375 para que a sacase do rodeo? 204 00:22:06,708 --> 00:22:09,041 ¿Saben que meditas 205 00:22:09,041 --> 00:22:13,041 porque che dá medo o soño da túa filla? 206 00:22:14,458 --> 00:22:17,000 Déronche medo os ollos negros? 207 00:22:23,875 --> 00:22:27,250 - Como...? - Estaba no outro lado do soño. 208 00:22:30,208 --> 00:22:31,500 Queres saber como? 209 00:22:34,000 --> 00:22:35,166 Porque son Amy. 210 00:22:40,000 --> 00:22:41,250 Lisca xa de aquí. 211 00:22:41,250 --> 00:22:43,750 O día que deixaches a papá estabamos sentados 212 00:22:43,750 --> 00:22:47,000 e ti facías encrucillados sen falar, 213 00:22:47,541 --> 00:22:49,583 pensando en como podías marchar. 214 00:22:50,791 --> 00:22:54,333 Dúas semanas despois, dixeches que iriamos ó cine, 215 00:22:55,791 --> 00:22:58,833 pero quedaches durmida porque beberas. 216 00:23:06,583 --> 00:23:09,250 O meu camiño e o de Amy están conectados. 217 00:23:09,750 --> 00:23:12,208 Queres saber o que sei pola conexión? 218 00:23:14,541 --> 00:23:17,375 Non nos levaches por amor, senón por rancor. 219 00:23:32,875 --> 00:23:34,291 Como sabes iso? 220 00:23:36,625 --> 00:23:38,208 O soño non era un soño. 221 00:23:39,333 --> 00:23:42,125 Deixa que marche ou cóntolle todo o que fixeches. 222 00:23:42,791 --> 00:23:45,333 - Non pode ser certo. - É gracioso. 223 00:23:45,333 --> 00:23:47,791 Iso foi o que dixo papá cando marchaches. 224 00:24:08,333 --> 00:24:09,583 Amy? 225 00:24:19,833 --> 00:24:21,041 Chámome Autumn. 226 00:24:24,916 --> 00:24:26,125 Si, mamá? 227 00:24:28,125 --> 00:24:33,375 Quero que volvas con Autumn á casa dos avós. 228 00:24:35,541 --> 00:24:37,916 - Segura? - Si. 229 00:24:41,041 --> 00:24:42,000 Vale. 230 00:24:43,500 --> 00:24:44,833 Podes volver ti tamén? 231 00:24:48,666 --> 00:24:49,833 Mamá? 232 00:24:53,083 --> 00:24:55,291 Sabes o que? Teño que facer unhas cousas, 233 00:24:55,291 --> 00:25:00,583 e entón, volverei, vale? Tardarei unhas semanas como máximo. 234 00:25:01,583 --> 00:25:02,666 Vale. 235 00:25:04,708 --> 00:25:07,375 Amy, colle as túas cousas. Vémonos na entrada. 236 00:25:07,375 --> 00:25:10,083 Mamá vai chamar a avoa para dicirlle que volves. 237 00:25:10,625 --> 00:25:12,458 Vale, ben. 238 00:25:13,375 --> 00:25:14,791 Adeus, mamá. 239 00:25:17,125 --> 00:25:18,375 Vémonos pronto. 240 00:25:39,166 --> 00:25:41,416 Cecilia fixo ben en botarte. 241 00:25:52,166 --> 00:25:53,541 Autumn! 242 00:26:05,041 --> 00:26:06,500 Nunca fuches unha nai. 243 00:26:07,625 --> 00:26:08,750 Nin antes. 244 00:26:09,708 --> 00:26:10,833 Nin agora. 245 00:26:32,916 --> 00:26:34,250 O móbil non parou de soar. 246 00:26:34,250 --> 00:26:35,500 Sodes amigos? 247 00:26:36,291 --> 00:26:37,958 - Claro. - Vale. 248 00:26:39,000 --> 00:26:40,166 CECILIA 11 CHAMADAS 249 00:26:40,583 --> 00:26:42,291 Podemos chamar os avós? 250 00:26:42,291 --> 00:26:44,541 E se chamamos cando cheguemos á estrada? 251 00:26:44,541 --> 00:26:46,041 - Vale, está ben. - Si. 252 00:26:53,500 --> 00:26:55,500 - Parade! - Ei! 253 00:26:56,166 --> 00:26:58,333 - Parade! - Ei, parade! 254 00:27:06,875 --> 00:27:07,958 Está ben. 255 00:27:30,166 --> 00:27:31,000 Ola. 256 00:27:35,625 --> 00:27:36,750 Aquí estou. 257 00:27:41,208 --> 00:27:42,500 Aquí estou. 258 00:27:51,791 --> 00:27:54,250 A última vez, vin pedir o que era meu. 259 00:27:56,166 --> 00:27:58,250 E agora estou de loito. 260 00:28:00,916 --> 00:28:02,791 Levaron a dous dos meus nenos. 261 00:28:05,958 --> 00:28:07,958 E o terceiro sería o orgullo de Xudas. 262 00:28:12,333 --> 00:28:13,708 Quero saber... 263 00:28:15,916 --> 00:28:17,375 se isto é unha proba. 264 00:28:21,708 --> 00:28:23,166 Porque se o é, 265 00:28:24,291 --> 00:28:26,000 móstrame todo 266 00:28:26,708 --> 00:28:28,583 dunha vez, ensina a orella! 267 00:28:28,583 --> 00:28:32,583 Quero saber por que a miña vida acabou así! 268 00:28:42,625 --> 00:28:47,000 Xa... Xa falamos algunha vez, non pases de min agora. 269 00:28:49,541 --> 00:28:50,666 Estou escoitando. 270 00:28:52,041 --> 00:28:53,416 Dáme un sinal. 271 00:28:55,958 --> 00:28:57,916 Este mundo non pode ser 272 00:28:58,791 --> 00:29:01,541 o que parece. 273 00:29:01,541 --> 00:29:04,541 Dáme un sinal. 274 00:29:29,875 --> 00:29:31,041 Non! 275 00:29:58,000 --> 00:29:59,208 Ten sentido. 276 00:30:03,791 --> 00:30:07,000 Ten todo o sentido do mundo. 277 00:30:56,958 --> 00:30:57,958 Rebecca? 278 00:30:57,958 --> 00:30:59,625 - Quen es? - Non te achegues. 279 00:30:59,625 --> 00:31:01,833 - Quen es? - É a miña nora. É da familia. 280 00:31:02,416 --> 00:31:04,208 Iso dixo a outra muller. 281 00:31:04,333 --> 00:31:06,208 - Escoita... - Autumn estivo aquí. 282 00:31:06,208 --> 00:31:08,666 Si, e dixo que era a irmá de Becca. 283 00:31:08,666 --> 00:31:10,958 - Levou a Amy? - Becca dixo que virías. 284 00:31:10,958 --> 00:31:12,208 Son a súa prima. 285 00:31:12,208 --> 00:31:13,625 Está xusto aí. 286 00:31:13,625 --> 00:31:15,541 Que lle pasa a Rebecca? 287 00:31:15,541 --> 00:31:18,166 - É Autumn, Ceci. - Coñécela? 288 00:31:18,166 --> 00:31:19,250 Onde está Amy? 289 00:31:22,083 --> 00:31:23,208 Veña, onde está Amy? 290 00:31:23,208 --> 00:31:26,041 Autumn levouna. Becca dixo que podía. 291 00:31:27,625 --> 00:31:30,833 Vino. 292 00:31:31,291 --> 00:31:33,041 Vino como se estivese aquí. 293 00:31:33,041 --> 00:31:34,250 Vamos, Ceci. 294 00:31:34,750 --> 00:31:36,458 - Temos que marchar. - Ten o don 295 00:31:37,500 --> 00:31:39,041 para o tempo. 296 00:31:39,791 --> 00:31:40,750 Ten un don. 297 00:31:42,041 --> 00:31:44,541 Ten un don. 298 00:31:47,666 --> 00:31:48,875 Para o tempo. 299 00:31:52,458 --> 00:31:55,125 - Veña, chámaa. - Vale. 300 00:32:05,166 --> 00:32:06,458 Ola, Cecilia. 301 00:32:06,458 --> 00:32:09,041 Autumn! Amy está ben? 302 00:32:09,458 --> 00:32:11,083 Por que lle faría dano? 303 00:32:11,083 --> 00:32:12,375 Porque estás tola. 304 00:32:13,500 --> 00:32:15,250 Sabes o mellor, Royal? 305 00:32:16,458 --> 00:32:19,166 Que non sabería que eramos a mesma persoa 306 00:32:19,166 --> 00:32:20,833 se non fose por ti. 307 00:32:20,833 --> 00:32:23,541 Autumn, escoita. Acollémoste na nosa casa. 308 00:32:23,541 --> 00:32:24,833 Aceptámoste. 309 00:32:24,833 --> 00:32:27,375 Non fagas que me arrepinta. 310 00:32:42,291 --> 00:32:43,958 Entendo todo o que me dis. 311 00:32:45,000 --> 00:32:47,708 Pero oxalá vises o que eu vexo. 312 00:32:47,708 --> 00:32:51,333 Todo ten que ver con ela, é a peza final do crebacabezas. 313 00:32:51,333 --> 00:32:53,458 Sabes o moito que queremos a esa nena. 314 00:32:53,458 --> 00:32:55,125 Non a metas nos teus plans. 315 00:32:55,125 --> 00:32:56,375 Non a necesitas. 316 00:32:56,375 --> 00:32:57,958 Pero eu son ela. 317 00:32:59,833 --> 00:33:02,708 E coma min, ten que cumprir co seu propósito. 318 00:33:02,708 --> 00:33:04,708 Autumn, escóitame. 319 00:33:04,708 --> 00:33:06,000 Se a botas polo burato, 320 00:33:06,000 --> 00:33:08,500 esnáquizote enteira da peor forma. 321 00:33:08,500 --> 00:33:10,791 Tes o mesmo destino cós demais. 322 00:33:10,791 --> 00:33:13,916 Non es mellor có resto, dá igual o que penses. 323 00:33:14,958 --> 00:33:16,166 Xa veremos. 324 00:33:26,250 --> 00:33:27,833 Ten a nosa Amy. 325 00:33:28,416 --> 00:33:29,791 Non a imos pillar. 326 00:33:31,166 --> 00:33:32,541 Dáme o móbil. 327 00:33:45,708 --> 00:33:48,000 - Son Joy. - Joy, son Royal. 328 00:33:50,000 --> 00:33:52,958 - Que pasou? - Joy, levaron a Amy. 329 00:33:52,958 --> 00:33:54,375 Autumn e Luke Tillerson. 330 00:33:54,375 --> 00:33:56,208 Van botar a Amy polo burato. 331 00:33:56,750 --> 00:33:58,250 Que? E por que? 332 00:33:58,375 --> 00:34:00,333 Cóntoche todo cando nos vexamos. 333 00:34:00,333 --> 00:34:03,250 Tes que ir alí e paralos como sexa. 334 00:34:04,250 --> 00:34:07,458 Como lle vou contar a unha chea de axentes o do burato? 335 00:34:07,458 --> 00:34:09,541 Non os leves... Vai ti soa. 336 00:34:13,666 --> 00:34:16,041 Royal, que queres que faga? 337 00:34:17,500 --> 00:34:19,000 O que poidas, Joy. 338 00:34:20,541 --> 00:34:21,750 O que poidas. 339 00:34:25,541 --> 00:34:26,625 Joy? 340 00:34:27,333 --> 00:34:31,291 Si, vale. Vou de camiño. 341 00:35:32,458 --> 00:35:37,416 O teu pai deixou isto como regalo de despedida cando falamos a última vez. 342 00:35:38,458 --> 00:35:40,375 Menos mal que te avisou. 343 00:35:42,208 --> 00:35:43,958 Non tentes intimidarme. 344 00:35:43,958 --> 00:35:47,083 Non o fago. O meu pai é como pensas que é. 345 00:35:47,833 --> 00:35:50,958 Sobre todo cando pensa que se aproveitan del. 346 00:35:51,666 --> 00:35:54,583 Non vai falar contigo porque non sabe como facelo. 347 00:35:55,291 --> 00:35:57,458 E viñeches para axudarme? 348 00:35:59,458 --> 00:36:01,583 A terra xa non ten débedas. 349 00:36:02,625 --> 00:36:03,666 En serio? 350 00:36:06,333 --> 00:36:07,541 Falarei con el. 351 00:36:08,458 --> 00:36:10,916 Direille o que me contaches no restaurante, 352 00:36:10,916 --> 00:36:12,791 que saiba o que ten que buscar. 353 00:36:15,083 --> 00:36:16,666 Pero ten un prezo. 354 00:36:21,583 --> 00:36:23,166 Vasme pagar abondo. 355 00:36:23,958 --> 00:36:25,166 Uns 30 000 dólares. 356 00:36:26,291 --> 00:36:28,041 Así convencerei a meu pai 357 00:36:28,041 --> 00:36:30,208 que nos beneficia traballar contigo. 358 00:36:31,250 --> 00:36:33,416 E entón, co tempo, pagarasme máis. 359 00:36:34,416 --> 00:36:36,458 Para que comprenda 360 00:36:36,458 --> 00:36:39,375 que se non se enfronta a isto, estará fodido. 361 00:36:40,625 --> 00:36:42,833 Queres que che pague por falar? 362 00:36:42,833 --> 00:36:45,750 Non, quero que me pagues por ser bo fillo. 363 00:36:46,375 --> 00:36:49,625 Ó mellor escóitame, ó mellor non. Nunca se sabe. 364 00:36:51,041 --> 00:36:53,375 Pero non terás que pelexar con el. 365 00:36:53,375 --> 00:36:56,791 Porque creme que é unha pelexa que non gañarás. 366 00:37:02,375 --> 00:37:03,416 Deixa que... 367 00:37:03,416 --> 00:37:06,041 O trato vence en canto suba no cabalo. 368 00:37:13,083 --> 00:37:14,208 Trato feito. 369 00:37:21,041 --> 00:37:22,375 Unha cousa máis. 370 00:37:23,583 --> 00:37:25,791 Vas facer todo o posible para protexer 371 00:37:25,791 --> 00:37:27,250 a terra de xente coma ti. 372 00:37:30,458 --> 00:37:32,458 Quero un cheque a finais da semana. 373 00:37:48,250 --> 00:37:51,625 Señor, non se fixo ningún depósito o venres. 374 00:37:59,916 --> 00:38:02,583 Vale, e cal é o apelido da conta? 375 00:38:03,416 --> 00:38:05,875 Moi ben. E dixo que veu o venres? 376 00:38:14,458 --> 00:38:17,291 Síntoo moito polas molestias. 377 00:38:17,291 --> 00:38:19,666 Vouno comprobar de novo. 378 00:38:23,166 --> 00:38:25,541 ...aquí está. De acordo? 379 00:38:25,541 --> 00:38:26,666 Vale. 380 00:38:27,291 --> 00:38:29,166 Si, véxoo. 381 00:38:29,166 --> 00:38:31,583 Fixeron un depósito o xoves. 382 00:38:31,583 --> 00:38:33,791 Vou levar isto á caixa forte. 383 00:38:34,833 --> 00:38:36,500 Vale, moi ben. Grazas. 384 00:41:15,166 --> 00:41:16,416 É Joy? 385 00:41:21,250 --> 00:41:23,416 Non ten sentido falar con ela. 386 00:41:23,416 --> 00:41:25,208 Vouna botar polo burato. 387 00:41:39,208 --> 00:41:41,500 - Estás ben? - Que pasa? 388 00:41:48,125 --> 00:41:49,541 Que carallo fas, Joy? 389 00:41:50,291 --> 00:41:52,916 Preocúpanche máis os Abbott có meu irmán... 390 00:41:55,500 --> 00:41:57,833 Autumn! Acabouse! 391 00:41:58,416 --> 00:42:01,083 Estás detida por secuestro e conduta temeraria. 392 00:42:01,083 --> 00:42:02,958 Sae da camioneta! 393 00:42:08,125 --> 00:42:09,916 Autumn! Sae xa! 394 00:42:14,500 --> 00:42:16,291 Que é iso? 395 00:42:17,458 --> 00:42:20,125 Amy, agarda. 396 00:42:34,416 --> 00:42:36,083 Quero ver que Amy está ben. 397 00:42:50,666 --> 00:42:52,583 Vale. 398 00:42:53,875 --> 00:42:56,041 Que che parece se falamos un anaco? 399 00:42:56,833 --> 00:42:58,375 Royal chamoute? 400 00:43:00,541 --> 00:43:01,666 Chamoume, si. 401 00:43:04,000 --> 00:43:06,833 Quere asegurarse de que non lle farás dano. 402 00:43:06,833 --> 00:43:08,958 Por que lle faría dano a Amy? 403 00:43:10,416 --> 00:43:13,166 Hai un patrón para todo. 404 00:43:13,166 --> 00:43:14,458 Autumn... 405 00:43:15,875 --> 00:43:17,041 Baixa a arma. 406 00:43:18,208 --> 00:43:20,083 Antes de que marchara Rebecca. 407 00:43:20,708 --> 00:43:22,250 Lembras a cea desa noite? 408 00:43:24,125 --> 00:43:26,291 Amy cría que todo estaba ben. 409 00:43:33,750 --> 00:43:35,666 Autumn, deixa que marche. 410 00:43:39,125 --> 00:43:40,458 Por favor! 411 00:43:41,708 --> 00:43:42,916 Royal. 412 00:43:45,750 --> 00:43:47,208 Deixa que marche! 413 00:43:47,666 --> 00:43:48,875 Non! 414 00:43:51,333 --> 00:43:52,541 Non! 415 00:44:01,458 --> 00:44:02,666 Royal. 416 00:44:04,541 --> 00:44:06,166 Royal, non. 417 00:44:17,875 --> 00:44:20,500 Non me deixes. 418 00:44:27,416 --> 00:44:28,916 A xente seguiranos. 419 00:44:42,500 --> 00:44:46,041 Un tubo torácico. A bala igual lle perforou o pulmón. 420 00:44:47,375 --> 00:44:48,500 Ei, Royal. 421 00:44:48,500 --> 00:44:51,833 Ten 60, non responde, mostra signos de parálise facial, 422 00:44:51,833 --> 00:44:54,750 ritmo cardíaco e presión elevados. Temos problemas. 423 00:44:54,750 --> 00:44:56,666 Poñeraste ben. 424 00:44:56,666 --> 00:44:59,833 Señora? Ten que agardar aquí 425 00:44:59,958 --> 00:45:01,958 mentres atendemos o seu marido. Vale? 426 00:45:01,958 --> 00:45:03,416 Xa vai agora alguén. 427 00:45:04,000 --> 00:45:05,333 Joy? 428 00:45:06,125 --> 00:45:08,541 Onde está Amy? 429 00:45:10,250 --> 00:45:13,166 Autumn está aquí. Estana operando. 430 00:45:14,708 --> 00:45:17,708 Apuntaba a Amy cunha arma e acabei disparándolle... 431 00:45:18,583 --> 00:45:19,791 Amy caeu. 432 00:45:21,416 --> 00:45:22,625 Cecilia. 433 00:45:23,583 --> 00:45:25,208 Correuse a voz sobre Autumn. 434 00:45:26,625 --> 00:45:30,125 Estivemos rezando por Autumn e Royal. Queres unirte? 435 00:45:30,125 --> 00:45:31,791 Si, agora vou. 436 00:45:31,791 --> 00:45:32,958 Vale. Joy. 437 00:45:36,833 --> 00:45:38,708 Fixeches o que puideches. 438 00:45:38,708 --> 00:45:41,416 Grazas. 439 00:45:45,166 --> 00:45:48,000 O corazón non lle bombea o sangue. 440 00:45:49,916 --> 00:45:50,833 Vamos. 441 00:46:05,458 --> 00:46:08,666 Hora da morte: 16:43 horas. 442 00:46:41,541 --> 00:46:43,166 Deus santo. 443 00:46:58,583 --> 00:46:59,708 Ola? 444 00:47:01,541 --> 00:47:02,833 Meu Deus. 445 00:47:03,875 --> 00:47:05,833 Estás ben? 446 00:47:14,250 --> 00:47:15,916 Sabes como chegaches aquí? 447 00:47:15,916 --> 00:47:17,500 Quen son os teus pais? 448 00:47:19,708 --> 00:47:20,750 Vale... 449 00:47:21,666 --> 00:47:23,875 - Sabes que día é? - Non. 450 00:47:25,666 --> 00:47:26,958 Como te chamas? 451 00:47:37,333 --> 00:47:39,583 Creo que me chamo Autumn. 452 00:48:05,541 --> 00:48:07,750 Que carallo pasa, Perry? 453 00:48:07,750 --> 00:48:09,291 Estívente buscando. 454 00:48:10,000 --> 00:48:11,250 Como volviches? 455 00:48:14,416 --> 00:48:15,750 Que pasou? 456 00:48:18,333 --> 00:48:20,166 Trevor e eu seguimos pelexando. 457 00:48:20,166 --> 00:48:22,708 Si, quitácheslle a fibela do cinturón. 458 00:48:23,625 --> 00:48:25,458 Por favor, dime que o mallaches. 459 00:48:27,875 --> 00:48:29,541 Os dous acabamos mallados. 460 00:48:38,250 --> 00:48:39,500 Ei, papá. 461 00:48:41,500 --> 00:48:43,708 Podes contarme un conto? 462 00:48:47,208 --> 00:48:48,625 Por suposto. 463 00:48:49,833 --> 00:48:51,750 Teño algúns moi bos. 464 00:48:53,041 --> 00:48:54,583 Que che pasou na cara? 465 00:48:56,000 --> 00:48:57,583 Unha liorta. 466 00:50:05,250 --> 00:50:08,750 O tempo é un río, Royal. Este é o teu destino. 467 00:50:09,375 --> 00:50:20,000 O tempo é un río, Royal. Este é o teu destino. 468 00:50:34,833 --> 00:50:35,750 Señor. 469 00:50:36,958 --> 00:50:38,666 Ten que volver á cama. 470 00:50:39,583 --> 00:50:41,500 - Ocúpome eu. - Señor, por favor. 471 00:50:41,500 --> 00:50:42,791 Ocúpome eu. 472 00:50:45,958 --> 00:50:47,583 Onde está? 473 00:50:47,583 --> 00:50:48,958 Por aí. 474 00:50:49,500 --> 00:50:50,833 Co pastor e con Rhett. 475 00:50:51,500 --> 00:50:52,541 Onde está Amy? 476 00:50:56,000 --> 00:50:58,041 - E Autumn? - Aquí. 477 00:51:00,000 --> 00:51:01,666 Dispareille. 478 00:51:02,416 --> 00:51:05,166 Non sei como, pero está viva. 479 00:51:06,750 --> 00:51:08,291 O futuro achégase, Joy. 480 00:51:09,375 --> 00:51:11,083 Tes que axudarme a paralo. 481 00:51:12,958 --> 00:51:14,958 Nada pode frear o futuro, Royal. 482 00:51:15,500 --> 00:51:16,625 Seino. 483 00:51:17,541 --> 00:51:18,750 Royal! 484 00:51:20,416 --> 00:51:21,833 Como estás? 485 00:51:21,833 --> 00:51:23,666 - Ben. - Si? 486 00:51:33,416 --> 00:51:35,250 Todo vai saír ben. 487 00:51:40,083 --> 00:51:45,833 O tempo é un río, Royal. Este é o teu destino. 488 00:51:47,708 --> 00:51:49,458 Isto é só o comezo. 489 00:53:57,541 --> 00:53:59,541 Subtítulos: Reme Fernández Montalt 490 00:53:59,541 --> 00:54:01,625 Supervisora creativa: Paula Maneiro